Amosando publicacións coa etiqueta #NonInvasionEolica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #NonInvasionEolica. Amosar todas as publicacións

martes, xullo 06, 2021

Acto informativo do BNG sobre o impacto dos proxectos eólicos en Ferrol, este mércores 7 de xullo, ás 8 da tarde, no Galicia de Caranza


Acto informativo do BNG sobre o impacto dos proxectos eólicos en Ferrol, este mércores 7 de xullo, ás 20:00hs, no Galicia de caranza. Un encontro coa veciñanza sobre os parques eólicos que pretenden instalar en Ferrol e a súa repercusión.

#EolicaAsiNon.

Bloque Nacionalista Galego de Ferrol.


Ferrol | Web | Facebook | Twitter.

Ferrolterra | Web.

Enviado por:
Inacio GZ
inaciogz@gmail.com
06 de julho de 2021 15:10

_______

domingo, xullo 04, 2021

Boletín informativo ambiental de Radio Cerna: A paralización parcial da éolica mariña, o desmantelamento da térmica d'As Pontes, ou a volta da mina de Touro, algúns dos temas ambientais da semana. Escoita o resumo da actualidade ambiental da semana en Radio Cerna - Audio


Boletín informativo ambiental 02/07/2021

A paralización parcial da éolica mariña, o desmantelamento da térmica d'As Pontes, ou a volta da mina de Touro, algúns dos temas ambientais da semana. Escoita o resumo da actualidade ambiental da semana en Radio Cerna.

Queres coñecer a actualidade ambiental de Galiza? Escoita Radio Cerna!
[Boletín informativo ambiental 02/07/21]



Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

#EolicaAsiNon
#NonInvasionEolica
#GalizaContraAmezaEolica
#EolicaAsiNon
#MoratoriaEolica
#PorUnNovoModeloEolico
#RepartoXustoFondosEuropeosNextGeneration

Ferrolterra-Trasancos
adegatrasancos@adega.gal
Apartado 481
15480 Ferrol
http://adega.gal/

Enviado por:
adegatrasancos@adega.gal
-adegatrasancos@adega.gal-
2 de julho de 2021 12:12

_______

luns, xuño 28, 2021

Acto informativo do BNG sobre o impacto dos proxectos eólicos en Ferrol, este martes 29 de xuño, ás 8 da tarde, no Centro Cívico de Canido


Acto informativo do BNG sobre o impacto dos proxectos eólicos en Ferrol, este martes 29 de xuño, ás 20:00hs, no Centro Cívico de Canido. Un encontro coa veciñanza sobre os parques eólicos que pretenden instalar en Ferrol e a súa repercusión.

#EolicaAsiNon.

Bloque Nacionalista Galego de Ferrol.


Ferrol | Web | Facebook | Twitter.

Ferrolterra | Web.




Enviado por:
Inacio GZ
inaciogz@gmail.com
28 de junho de 2021 14:15

_______

luns, xuño 14, 2021

Acto informativo para analizar o impacto dos tres parques eólicos solicitados para construir na zona rural de Ferrol - O vindeiro mércores 16 de xuño, às 19.30 horas, no Local Social de Esmelle


Acto informativo en Esmelle sobre os proxectos eólicos


O vindeiro mércores 16 de xuño, ás 19.30 horas, no Local Social de Esmelle, desenvolvera-se un acto informativo para analizar o impacto dos tres parques eólicos que pretenden implantarse na nosa cidade.

Bloque Nacionalista Galego de Ferrol.


Ferrol | Web | Facebook | Twitter.

Ferrolterra | Web.




Enviado por:
BNG
-bng@ferrol.es-
14 de junho de 2021 10:58

_______

domingo, maio 30, 2021

Manifestación contra a invasión eólica de Galiza! - Sábado 5 de xuño, ás 12 horas na Alameda de Santiago de Compostela - Vídeo da Rolda de prensa - 50 colectivos e plataformas ecoloxistas, de toda Galiza, fan un chamado á participación na marcha contra a invasión eólica de Galiza

5X: Manifestación contra a invasión eólica de Galiza!

ADEGA, entre máis de 50 colectivos e plataformas ecoloxistas, veciñais, sociais, culturais, sindicais de toda Galiza, fai un chamado a toda a sociedade galega para que participe na Gran Marcha contra a invasión eólica de Galiza que terá lugar o vindeiro sábado 5 de xuño en Santiago de Compostela, con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente.

Apoiamos as enerxías renovábeis, pero non á costa da destrución do territorio. Non queremos seguir sendo unha zona de sacrificio, en favor das ansias especulativas e de negocio do oligopolio enerxético, coa conivencia da Xunta e do Estado.

O actual modelo de desenvolvemento eólico colonial, abusivo, inxusto coas persoas e pouco respectuoso co rural e co medio ambiente debe chegar ao seu fin! A preservación do noso territorio está en xogo!

Acode! Vémonos o sábado 5 de xuño, ás 12 horas na Alameda de Santiago de Compostela.


#NonInvasionEolica
#GalizaContraAmezaEolica
#MontesDeBrionPaqueEolicoNon
#EólicaAsíNon
#MoratoriaEolica
#PorUnNovoModeloEólico
#RepartoXustoFondosEuropeosNextGeneration

Ligazóns

Formulario para a adhesión de colectivos e entidades ao manifesto. | Acceder.

Galiza manifestarase o vindeiro 5 de xuño, Día do Medio Ambiente, contra a invasión eólica! | Ir á Web.

Descargas

Manifesto EÓLICA, ASÍ NON. | En formato pdf. | Acceder/Baixar.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal

Fonte: Adega
_______

Radio Cerna presenta o novo Boletín Informativo Medioambiental Semanal: Uns 50 colectivos de diversa índole convocan para o Día mundial do Medio Ambiente unha gran manifestación contra o actual modelo eólico que pretende inzar de aeroxeradores todo o territorio galego entre outras novas

Boletín informativo ambiental 28/05/20

Uns 50 colectivos de diversa índole convocan para o Día mundial do Medio Ambiente unha gran manifestación contra o actual modelo eólico que pretende inzar de aeroxeradores todo o territorio galego. A sacudida eólica que está a sufrir o país está espertando un rexeitamento social contra os proxectos eólicos que se leva manifestando nas últimas semanas a través de marchas locais e outros actos reivindicativos, como a andaina polo Suído, o recital nos penedos de Traba e Pasarela ou o roteiro polos montes de Brión. O caso do Eume volve resoar pola multa e indemnización de 2 millóns de euros que a Xunta lle reclama pola grave contaminación sufrida polo río o pasado mes de agosto. Isto e moito máis no programa Cerna de hoxe!.

Queres coñecer a actualidade ambiental de Galiza? Escoita Radio Cerna!
[Boletín informativo ambiental 28/05/21]



Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

#NonInvasionEolica
#GalizaContraAmezaEolica
#EolicaAsiNon
#MoratoriaEolica
#PorUnNovoModeloEolico
#RepartoXustoFondosEuropeosNextGeneration

Ferrolterra-Trasancos
adegatrasancos@adega.gal
Apartado 481
15480 Ferrol
http://adega.gal/

Enviado por:
adegatrasancos@adega.gal
-adegatrasancos@adega.gal-
29 de maio de 2021 03:49

_______

sábado, maio 29, 2021

Acto do BNG sobre o impacto dos parques eólicos en Ferrol e na Galiza - O martes, 1 de xuño, ás 8 da tarde no Patio do Centro Cultural Torrente Ballester - Coa participación de Iván Rivas e a deputada no Parlamento Galego, Noa Presas

Acto sobre o impacto dos parques eólicos en Ferrol e na Galiza

O vindeiro martes, 1 de xuño, às 20 horas no Patio do Centro Cultural Torrente Ballester imos celebrar un acto público baixo o título: “O impacto dos parques eólicos en Ferrol e na Galiza

No mesmo participará o portavoz municipal do BNG en Ferrol, Iván Rivas, e a Deputada do BNG no Parlamento Galego, Noa Presas.

Desta vez e por motivos de seguridade derivados da covid-19 temos un aforo limitado polo que pregamos confirmar antes a asistencia, enviando un mail a bngferrol@gmail.com.


Ferrol | Web | Facebook | Twitter.


bng@ferrol.es

Enviado por:
BNG
-bng@ferrol.es-
28 de maio de 2021 17:17

_______


#NonInvasionEolica

#GalizaContraAmezaEolica

#MontesDeBrionPaqueEolicoNon

#RepartoXustoFondosEuropeosNextGeneration

_______

xoves, maio 27, 2021

De fondo Montes de Brión (Ferrol): Así deixaron os montes na Serra do Iribio (Samos, Triacastela), logo de comezadas as obras dun macroparque eólico e agora paralizado este por decisión xudicial - Vídeo de moito interese - #NonInvasionEolica


Onte a Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal, publicou na súa canle este vídeo, un documento imprescindíbel, para comprender o impacto ambiental na construción dos macroparques eólicos no proceso de invasión eólica que se está producindo na Galiza.
 
En 2019, a xustiza paralizou as obras dun macroparque eólico na Serra do Iribio (Samos, Triacastela). Porén, a destrución do medio é xa irreparábel.

As compañeiras e compañeiros da ACLP "Roxín Roxal", comentan que esta lección, do que sucedeu na serra do Iribio, "serva de exemplo para o noso Monte do Gato (Aranga, Coirós, Oza-Cesuras) e para todos os lugares hoxe ameazados pola ofensiva dos macroparques!" O Monte do Gato, é un espazo natural ameazado pola ofensiva dos parques eólicos na Galiza. Como é o noso caso cos parques eólicos solicitados para os montes da costa de Ferrol e en particular para os Montes de Brión.


Canle da ACLP "Roxín Roxal".

#NonInvasionEolica

#GalizaContraAmezaEolica

#MontesDeBrionPaqueEolicoNon

#RepartoXustoFondosEuropeosNextGeneration
_______

luns, maio 24, 2021

Radio Cerna presenta o novo Boletín informativo ambiental semanal: Enerxía eólica, posible neglixencia da Xunta no ámbito forestal, xabaril e lobo... algúns dos temas sobre os que pivotou esta semana a actualidade ecoloxista de Galiza


Boletín informativo ambiental 21/05/20

Enerxía eólica, posible neglixencia da Xunta no ámbito forestal, xabaril e lobo... algúns dos temas sobre os que pivotou esta semana a actualidade ecoloxista de Galiza. Animámoste a escoitar a información completa.

Queres coñecer a actualidade ambiental de Galiza? Escoita Radio Cerna! [Boletín informativo ambiental 21/05/21]



Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

#NonInvasionEolica

#GalizaContraAmezaEolica

#RepartoXustoFondosEuropeosNextGeneration

Ferrolterra-Trasancos
adegatrasancos@adega.gal
Apartado 481
15480 Ferrol
http://adega.gal/

Enviado por:
adegatrasancos@adega.gal
-adegatrasancos@adega.gal-
21 de maio de 2021 13:46

_______

Foi a Marcha polos Montes de Brión ameazados polo macro proxecto eólico para os montes costeiros de Ferrol - #NonInvasionEolica - Vídeo- Fotos - Poema de Karlotti


Este domingo 23 de maio, foi a Marcha polos Montes de Brión

Este pasado domingo 23 de maio de 2021, tivo lugar polos montes de Brión (Ferrol), a Marcha para dar a coñecer o noso patrimonio natural, paisaxístico e arqueolóxico do lugar que está ameazado polo proxecto eólico. Visitamos os lugares onde pretenden poñer os eólicos. Coñecemos as mámoas visíbeis, as turbeiras e o lugar da Batalla de Brión. O vídeo de pouco máis de 23 minutos é unha lembranza da marcha de máis de tres horas de duración.



Baixo un ceo navegable
Os montes salvaxes de Brion
E mais nos
(A ameaza ven de lonxe
Un mantra letal:
rentabilidade
Poñer en valor)
Fai tempo que a palavra PROGRESO empodreceo

[Karlotti]


CONTRA A ESPECULACIÓN POR UN MONTE VIVO, NON INDUSTRIALIZADO

#NonInvasionEolica


#GalizaContraAmezaEolica

#RepartoXustoFondosEuropeosNextGeneration




Fotos anónimas.
Música autor:
http://www.ilyasounds.com/ [IlyaSound]
Título de música: Epic Cinematic Piano Orchestra
Licencia : CC BY-NC-ND.

_______

martes, maio 11, 2021

Debate no Pleno da moción do BNG, sobre os proxectos eólicos que están solicitados para instalar nos montes costeiros de Ferrol - O Pleno comezou coa intervención dunha representación de diferentes asociacións veciñais, culturais, ecoloxistas e sociais, na voz da asociación de comuneiros do monte do Chá de Brión-Doniños - Interesante vídeo do conxunto do debate onde quedan reflectidas as argumentacións dos diferentes grupos municipais


O pasado xoves 29 de abril de 2021, celebraba-se o Pleno Ordinario do Concello de Ferrol, onde, entre outros asuntos, tratou-se unha moción do grupo municipal do BNG, sobre os proxectos eólicos que están solicitados para instalar nos montes costeiros de Ferrol (Cha de Brión, Monteventoso, A Lagoa, Mouga, Chamorro, ...). O debate no Pleno comezou coa intervención dunha representación de diferentes asociacións veciñais, culturais, ecoloxistas e sociais, na voz da asociación de comuneiros do monte do Chá de Brión-Doniños. No transcurso do debate quedan reflectidas as argumentacións dos diferentes grupos municipais (PP, PSOE, Ferrol en Común e o BNG).


O grupo municipal do BNG, presentou unha moción para ser debatida no Pleno co obxectivo de "protexer a zona natural do Concello fronte a proliferación de proxectos eólicos". Propuña-se que "o pleno rexeite a instalación do 'parque eólico Brión', situado nos terreos de propiedade municipal, nos montes do Chá, e denegue esta solicitude". Na mesma moción propuxo-se que o Pleno tamén rexeitara "a instalación dos outros parques eólicos solicitados para o noso concello e solicitar à Xunta de Galiza a paralizar a tramitación dos mesmos". A citada moción foi só apoiada polo grupo municipal de Ferrol en Común e rexeitada polo Pleno cos votos dos grupos do PP e do PSOE.

#NonInvasionEolica

#GalizaContraAmezaEolica

#RepartoXustoFondosEuropeosNextGeneration
_______

martes, maio 04, 2021

Concentración na defensa do patrimonio arqueolóxico, natural e paisaxístico da costa ferrolá, contra os proxectos de parques eólicos no termo municipal de Ferrol, polo seu non asumíbel impacto ambiental - O vindeiro venres 7 de maio, ás 7 da tarde na Praza de Armas


Convocada unha concentración na defensa do patrimonio arqueolóxico, natural e paisaxístico da costa ferrolá, contra os proxectos de parques eólicos que pretenden construír no termo municipal de Ferrol, polo seu non asumíbel impacto no medio ambiente. Unha mobilización convocada por diferentes colectivos veciñais, ecoloxistas, sociais e culturais de Ferrol que o pasado xoves 27 abril interviñeron no Pleno solicitando que este organismo municipal, rexeitara os proxectos eólicos que se pretenden instalar nos montes do Chá de Brión, a Lagoa, Pedrouzo e Chamorro.

Día: Venres 7 de maio.
Hora: ás 7 da tarde.
Lugar: Praza de Armas.


- Torretas de 130 metros con aspas de 150 metros de diámetro: en total, monstros de 200 metros.

- Enriba dos eólicos haberá balizas con luces intermitentes (brancas de día e vermellas de noite), con destellos as 24 horas.

- As sombras das pas ao xirar proxéctanse ata 4 km de distancia.

- Ruídos constantes de ata 105 decibelios (dB) a 250 metros de aldeas de Brión, Doniños, Papoi ou Pradedo (parroquia de San Mateo). Hai que ter en conta que, segundo a OMS, a exposición máis de 85 dB durante oito horas ou 100 dB durante 15 minutos considérase prexudicial para a saúde.

- Movementos de terras para pistas, plataformas de formigón de 15 ha. soamente no Monte da Cha de Brion e Doniños no medio dunha necrópole de 39 mámoas de fai 5000 anos, aínda sen escavar.

- Pistas, desmontes e recheos enriba de turbeiras en fase de estudo, e enriba da lagoa do Cha (catalogada e rexistrada como lugar de interese e conservación de avifauna migratoria e local preto da Rede Natura 2000).

- Galiza xa se abastece de enerxía renovable. Todo o que se produza a partir de agora será para exporta a outras rexións.

- Agora mesmo Galiza ten 4000 aeroxeneradores e para 2030 queren duplicalos.

- Hai un desembarco de empresas enerxéticas e construtoras que veñen a facer 0 agosto aquí pola nosa normativa permisible, subvencións de financiamento publica (fondos Next Generation), e porque o capitalismo especula hoxe coa enerxía verde e renovable.

- Lantalia (antiga Isolux-Corsan a 2ª empresa que máis debe a Facenda e declarada en quebra en 2018 para non pagar 330 millóns de Euros) e a que se lucrará destes 3 parques de 100MW que lles dará 10 millóns de euros anuais e que a nos non nos vai baixar o recibo.

#NonInvasionEolica

#GalizaContraAmezaEolica

#RepartoXustoFondosEuropeosNextGeneration
_______

luns, maio 03, 2021

Diferentes entidades ecoloxista, veciñais e culturais de Ferrol dirixen-se ao Pleno do Concello de Ferrol solicitando o rexeitamento aos proxectos de parques eólicos no termo municipal de Ferrol, polo seu inasumíbel impacto no patrimonio arqueolóxico, natural e na paisaxe da costa ferrolá, sen xerar beneficios ningúns para o conxunto da cidadanía e a veciñanza


AO PLENO DO CONCELLO DE FERROL


A Asociación Comuneir@s do Chá, formada por veciños e veciñas das parroquias de Brión e Doniños, é a entidade xestora e usufrutuaria dos aproveitamentos do Monte do Chá tal como establece a Ordenanza Municipal reguladora dos aproveitamentos comunais do Monte do Chá, aprobada o 28 de marzo de 2019.

Na Asemblea Xeral Anual celebrada o sábado 6 de marzo do 2021 acordamos expresar o noso rotundo rexeitamento á pretensión da empresa privada Lan2030 S. L. de instalar un parque eólico (P.E. Brión) no monte do Chá e montes privados lindeiros.

Non estamos en contra das enerxías renovables pero si de que macroparques eólicos de alto impacto ambiental se impoñan de costas á veciñanza en lugares que deberían conservarse polos seus valores naturais, patrimoniais, sociais e paisaxísticos só para beneficio de empresas privadas.

Galiza xa alberga 4000 aeroxeradores, capaces (xunto coa hidroeléctrica) de fornecer de enerxía eléctrica renovable o consumo doméstico galego. O actual pelotazo eólico responde unicamente ós interese especulativos de empresas privadas de lucrarse espoliando os recursos naturais dos nosos montes e costas, así como os fondos públicos europeos de recuperación económica NEXT Generation que deberan destinarse ós sectores populares empobrecidos polas medidas tomadas pola pandemia.

Ante a falacia da creación de emprego, estes proxectos non crean durante o seu funcionamento un volume de emprego estable na zona que xustifique o seu grave impacto.

Denunciamos que o P.E. BRIÓN forma parte dun macroparque que ocuparía a maioría dos cumes dos montes do termo municipal de Ferrol, este macroparque de máis de 100 MW foi artificialmente fragmentado pola mesma empresa promotora en tres parques distintos (P.E BRIÓN, P.E. MONTEVENTOSO e P.E. FERROL) para poder tramitalo a través da Xunta e non do Ministerio, como corresponde ós parques eólicos de máis de 50 MW.

O monte do Chá alberga un patrimonio arqueolóxico de primeira orde, unha necrópole neolítica formada por 39 mámoas catalogadas por Patrimonio que a Asociación de Comuneir@s xa comezou a acondicionar para preservalas e divulgar este patrimonio. Nese sentido acabamos de asinar un convenio coa UDC para a investigación e posta en valor dese patrimonio.

É importante entender o valor das mámoas non como un conxunto de elementos illados, senón pola relación que establecen coa paisaxe e o entorno natural do monte. A preservación e posta en valor deste conxunto é incompatible coa implantación no monte do Chá dun parque eólico que a propia promotora recoñece no documento ambiental de inicio que afectaría a 33 mámoas, entrando en contradición coa protección das mesmas recollida no PXOM, polo que a autorización do parque eólico incorrería en prevaricación.

O P.E. FERROL tamén afectaría ó conxunto de 21 mámoas dos montes de Mougá – Campaíñas e ós acuíferos, fontes e traídas veciñais de Vilasánchez e Viladóniga.

A asociación Comuneiros do Chá estamos tamén traballando nas melloras medioambientais do monte mediante plantacións de frondosas e outros proxectos produtivos, esas melloras no non só repercuten na veciñanza das parroquias de Brión e Doniños, xa que o monte do Chá é frecuentado por moita veciñanza de Ferrol que desfruta a paisaxe tranquila e as magníficas vistas do monte para rutas de sendeirismo, bicicleta, cabalo, etc.

Non é lugar para instalar un parque eólico, o que implica desmontes, pistas de acceso e  movementos de terras, que afectarían a 15 Ha da area de protección das mámoas, á lagoa da Cova do Barro e ós acuíferos dos que se abastecen os núcleos de Liñares, Martín e o Espiño.

Así mesmo os parque eólicos implican liñas de alta tensión, ruído constante das palas, efecto sombra e interferencias nas telecomunicacións para as aldeas veciñas.

O artigo 21 da Ordenanza establece que o Concello de Ferrol velará pola mellora e aproveitamento do Monte Brión, polo seu carácter social. Entregalo a unha empresa privada para o seu lucro non é fomentar o carácter social do monte.

Non estamos a falar dos eólicos que se instalaron hai vinte anos, senón de torretas de 130 metros con aspas de 150 metros de diámetro de xiro; en total instalacións de 200 metros de altura sobre os montes que bordean a ría. O impacto visual dos aeroxeradores sería visible non só dende as parroquias rurais, senón dende as praias e a propia cidade.

A costa ferrolá foi declarada LIC Costa Ártabra e forma parte da Rede Natura 2000 polos seus valores naturais e paisaxísticos excepcionais a nivel europeo, os parques proxectados sitúanse fóra dos límites da Rede Natura pero o seu impacto visual ou sobre a avifauna afectan directamente ó LIC Costa Ártabra.

Non entendemos as declaracións do alcalde Ángel Mato na prensa, declarando o apoio do Concello a ese proxecto, sen ter informado previamente do mesmo ós lexítimos xestores e usufrutuarios do monte, é dicir, a veciñanza; nin entendemos que antepoña o lucro dunha empresa foránea ó desfrute por parte da cidadanía de Ferrol dos valores patrimoniais e medioambientais do monte.

Por todos eses motivos solicitamos do pleno que asuma o rexeitamento ós proxectos de parques eólicos no termo municipal de Ferrol polo seu inasumible impacto no patrimonio arqueolóxico, natural e na paisaxe da costa ferrolá, sen xerar beneficios ningúns para o conxunto da cidadanía e a veciñanza.

Este texto é respaldado polas seguintes entidades reunidas en Doniños o 23 de abril de 2021:

AV Castelao de Brión
AV de Prioriño
ADEGA
Asoc. Cultural Fuco Buxán
Asoc. Cultural Medulio
Asoc. Cultural Ferrolterra Antiga
Asoc. Custodia do territorio BETULA
Grupo de Arqueoloxía terra de Trasancos
Marcha Mundial das Mulleres Ferrolterra
VerdeGaia
---

#NonInvasionEolica

#GalizaContraAmezaEolica

#RepartoXustoFondosEuropeosNextGeneration
_______

domingo, maio 02, 2021

Asociación Betula, xunto con outras organizacións, posiciónase no rexeitamento a instalación dun macroparque eólico en montes da costa de Ferrol, por entender que suporía un gran deterioro medioambiental

Ante a solicitude por parte da empresa LAN2030 S.L. para a instalación dun macroparque eólico no concello de Ferrol (montes do Chá, Mougá e monte da Lagoa), en lugares de costa de gran valor natural, patrimonial, social e paisaxístico; a Asociación Betula, xunto con outras organizacións, posiciónase no rexeitamento a este proxecto por entender que suporía un gran deterioro medioambiental para a comarca de Ferrol. O escaso lucro económico e a nula enerxía que deixaría na comarca, non compensarían os danos irrevocaveis (54 mámos afectadas, destrución de acuíferos, fontes, traídas veciñais; ruído constante da pas, efectos sobre a avifauna, etc.) producidos pola súa instalación (accesos, desmontes, movementos de terras, muíños de 200m de altura, liñas de alta tensión, etc.).

Entendemos que é moi importante a divulgación entre a cidadanía de toda a información referida a este proxecto de cara a conseguir un amplo coñecemento das consecuencias derivadas da instalación deste macroparque eólico.

Adxunto enviamos diferentes documentos que explican gráfica e textualmente a realidade desta tipo de actuacións, que sendo locais, encádranse dentro dunha auténtica avalancha de parques eólicos en Galicia. Consultar Rede Galega Stop Eólicos; tamén, con tempo, podedes ver un interesante vídeo en Youtube: Roxin Roxal. Que pasa no monte do Gato?

 ✅ Texto ao Pleno do Concello de Ferrol, solicitando do mesmo, o rexeitamento ós proxectos de parques eólicos no termo municipal de Ferrol, polo seu inasumíbel impacto no patrimonio arqueolóxico, natural e na paisaxe da costa ferrolá, sen xerar beneficios ningúns para o conxunto da cidadanía e a veciñanza | 23 de abril de, 2021 | Acceder/Baixar.










Enviado por:
Asociación Custodia Bosque Atlántico BETULA
-custodia.betula@gmail.com-
28 de abril de 2021 22:50

_______

#NonInvasionEolica

#GalizaContraAmezaEolica

#RepartoXustoFondosEuropeosNextGeneration

_______

sábado, maio 01, 2021

ADEGA promove un Ciclo de 5 mesas redondas sobre enerxía eólica e os seus impactos na Galiza que comezará o vindeiro mércores 5 de maio, seguirá o resto dos mércores do mes de maio, finalizando o 2 de xuño - As tres primeiras mesas dos impactos sobre o Patrimonio, a Biodiversidade e o Socioeconómico, a cuarta coa participación dos colectivos de afectadas e a última coa participación das organizacións políticas


O mércores, 5 de maio, ADEGA dará comezo ao Ciclo de mesas redondas "Proxectos eólicos e os seus impactos na Galiza", que se celebrará todos os vindeiros mércores de maio, ata o 2 de xuño incluído. A través destas mesas de debate e reflexión ADEGA pretende analizar desde diferentes puntos de vista os impactos que poden carrexar para o noso territorio a actual enxurrada de proxectos eólicos que se está a tramitar tanto nos organismos da Xunta como do Estado. Arestora xa son máis de 130 proxectos eólicos, alén das súas infraestruturas de evacuación, os que se pretenden instalar en Galiza, e que en total suman máis de 10.000 MW de potencia en tramitación, case o triple do actualmente instalado.

Desde a asociación ecoloxista ADEGA rexeitamos este modelo de desenvolvemento eólico, entre outras razóns, por carecer dunha planificación racional e axeitada para afrontar o reto da descarbonización e do quecemento global, non ter en conta as necesidades enerxéticas de Galiza e reproducir o noso papel histórico como territorio colonizado e espoliado para a xeración de enerxía eléctrica en beneficio do grande capital e doutros territorios intensamente consumidores.

A actual carreira das empresas eólicas por chantar a súa bandeira en territorio galego está a poñer en risco, non só unha transición enerxética xusta, tamén a preservación do patrimonio cultural, da biodiversidade, a viabilidade dos sectores económicos primarios e estratéxicos, a nosa paisaxe, e demais, pode significar o golpe final para o futuro do rural galego. Todos estes impactos procedentes do actual modelo eólico serán tratados nas 5 mesas redondas previstas. Tamén se reservará espazo para coñecer e compartir as experiencias de colectivos e persoas directamente afectadas por esta nova e masiva vaga eólica que atenta contra os seus dereitos das persoas e a súa forma de vida.

Mesa 5 maio: Impactos sobre o Patrimonio

A primeira mesa redonda deste Ciclo de debate sobre a enerxía eólica e os seus impactos sobre o territorio celebrarase o mércores, 5 de maio, ás 19:30 horas e poderá visualizarse en directo desde a páxina web de ADEGA ou a súa canle de Youtube. As palestras desta mesa serán pronunciadas por:

Xabier Moure, Patrimonio dos Ancares.
Aurora Grandal, paleontóloga da UDC.
Pilar Sánchez, O Sorriso de Daniel.
Luis Leclere, Colectivo A Rula.

Modera: Xiana Iglesias, ADEGA.



Canle de Adega.

Programa Completo, información e enlaces. | Ir á Web.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza | Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela | Tlf/Fax: 981 570 099 | Email: adega@adega.gal

http://adega.gal/

#NonInvasionEolica

#GalizaContraAmezaEolica

#RepartoXustoFondosEuropeosNextGeneration

_______

Radio Cerna presenta o novo Boletín informativo ambiental semanal: O Senado aproba a lei de cambio climático, o goberno estatal frea o depósito de áridos a carón da illa Sálvora e comezan a agromar as mobilizacións presencias en contra dos macroproxectos eólicos...


O activismo ecoloxista rexorde en contra do que xa se denomina o novo "espolio" do territorio galego

Algunhas das novas que nos deixa a semana: O Senado aproba a lei de cambio climático, o goberno estatal frea o depósito de áridos a carón da illa Sálvora e comezan a agromar as mobilizacións presencias en contra dos macroproxectos eólicos. O activismo ecoloxista rexorde en contra do que xa se denomina o novo "espolio" do territorio galego. Queres coñecer a actualidade ambiental de Galiza? Escoita Radio Cerna! [Boletín informativo ambiental 30/04/21]



Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

#NonInvasionEolica

#GalizaContraAmezaEolica

#RepartoXustoFondosEuropeosNextGeneration

Foto: Illa de Sálvora.

Ferrolterra-Trasancos
adegatrasancos@adega.gal
Apartado 481
15480 Ferrol
http://adega.gal/

Enviado por:
adegatrasancos@adega.gal
-adegatrasancos@adega.gal-
30 de abril de 2021 10:43

_______

martes, abril 20, 2021

A Dirección Xeral de Enerxía e Minas, envía o Documento Ambiental de Inicio do Plan Eólico de Brión á Asociación Comuneiros do Chá - Convocada unha xuntanza onde se convida ao movemento veciñal e asociativo de Ferrol, para este venres 23 de abril, nos locais da Xunta Veciñal de Doniños


A asociación de Comuneiros do Chá de Brión - Doniños, difunde a información que facilitou a Dirección Xeral de Enerxía e Minas sobre Plan Eólico de Brión e convoca unha xuntanza do movemento asociativo e veciñal de Ferrol, para analizar a documentación sobre o proxecto eólico na zona e continuar coa constitución dunha plataforma para a defensa dp medio ambiente e a irracional invasión eólica que proxectan facer no termino municipal. A xuntanza terá lugar o vindeiro venres 23 de abril, ás 5 da tarde no baixo do local social da Xunta Veciñal de Doniños.

A Dirección Xeral de Enerxía e Minas, envía o Documento Ambiental de Inicio do Plan Eólico de Brión (Abril 2020)


A Asociación informa que segundo lles contestaron desde a citada Dirección Xeral:

Trátase do documento de inicio no que o promotor se fundamenta para solicitar o alcance que deberá ter o estudo de impacto ambiental. Tamén debe sinalarse que non existen expedientes abertos para as seguintes tramitacións e expedientes que menciona o interesado na súa solicitude:

Proxecto de instalación eléctrica de evacuación.
Expediente de autorización ambiental.
Expediente de autorización das instalacións ou informes sectoriais.
Expediente de declaración de utilidade pública/prevalencia.

Menciona que se fará un informe arqueolóxico aparte (que teriamos que solicitar se está feito). O propio documento actual recoñece que:

33 mámoas se verán afectadas, polos vías, gabias e aeroxeradores.

Tamén fala de que se fará outro informe de impacto e integración paisaxística.

Menciona que levará unha liña de evacuación de alta tensión de 2 Km dende a subestación do P.E (no medio da maior concentración de mámoas) ata a subestación do porto exterior. (proxecto aparte).

O informe sobre afeccións ás aves recoñecía que era medio alto.

As explanadas para a cimentación dos aeroxeradores son de máis de 2000 m2 cada unha e abranguen un total de 1,5 Ha e obviamente achaiarían os curutos.

A area total afectada por pistas, movementos de terras, acumulación de palas durante a montaxe, etc sería de máis de 14 Has.

En definitiva DESFARÍA a mellor zona do MONTE e deixaríao inutilizable para uso sociais e recreativos.

Ademais tivemos noticia da aparición na web do Rexistro eólico de OUTRA NOVA SOLICITUDE DE PARQUE EÓLICO no termo municipal de Ferrol, na zona dos montes de Mougá e Vilasánchez - A Bailadora, con 10 aeroxeradores, dúas torres meteorolóxicas e unha subestación.

Realmente enfrontamos, non tres parques eólicos senón un macroparque de máis de 50 MW fraccionado de xeito fraudulento.

Achegamos captura de pantalla da web do rexistro eólico de Galicia e localización aproximada das instalacións.

Tivemos noticia de que no pleno municipal de Ferrol do día 29 o BNG vai presentar unha moción acerca dos eólicos, tamén de que no pleno do concello de Lalín aprobouse por unanimidade unha moción de rexeitamento á avalancha de eólicos que vos enviamos adxunta. A asociación comuneiros do Chá vai solicitar estar presente nese pleno telemático.

Por todos estes motivos e tal como acordamos na reunión que tivemos antes de semana santa o tecido asociativo CONVOCAMOS:

A todas as ENTIDADES veciñais, culturais, deportivas, ecoloxistas, feministas e doutra índole que poidan sentirse afectadas por estes proxectos a REUNIRNOS para compartir información e coordinar accións.

O VENRES 23 DE ABRIL ÁS 5:00 H da tarde
Nos baixos do Local da XUNTA VECIÑAL DE DONIÑOS.


A reunión conta coa oportuna autorización e seguirá os protocolos covid.

AGARDÁMOSVOS e agradecemos a difusión desta convocatoria entre outras entidades que poidan estar interesadas en defender a nosa contorna.

Dende a asociación comuneiros do Chá recibimos da Dirección Xeral de Enerxía e Minas o documento de inicio do Proxecto Eólico, é un documento de hai un ano abril 2020. Co plano máis significativo da localización dos aeroxeradores:

Clicar na imaxe para acceder ao documento



Documento Ambiental de Inicio - Parque Eólico Brión | Promotor: LAN2030 BRIÓN, S.L. | Situación: TT.MM. FERROL (A CORUÑA). | Autor: MARÍA JESÚS IGLESIAS MOUTEIRA. | Ingeniera de Montes. Col. no 4278. Fecha: ABRIL 2020. 161 páxinas en formato pdf . 33,1 MB . | Acceder/Baixar.

#NonInvasionEolica

#GalizaContraAmezaEolica

Enviado por:
Comunidade Montes do Cha
-comunidade-montesdocha@hotmail.com-
20 de abril de 2021 19:34

_______

sábado, abril 17, 2021

Radio Cerna presenta o novo Boletín informativo ambiental semanal: O impacto dos novos proxectos eólicos na sociedade galega está a facer agromar novas plataformas que reivindican a defensa do rural e outras novas

Parque eólico en Corme (Costa da Morte)

Boletín informativo ambiental 16/04/21

O impacto dos novos proxectos eólicos na sociedade galega está a facer agromar novas plataformas que reivindican a defensa do rural. Nos últimos días nas comarcas do Deza e Bergantiños. Os sindicatos agrarios alertan das consecuencias para o agro, e, por primeira vez, alcaldes do PP din non ao actual modelo eólico. Tamén se manifestan os órganos xestores de Reservas da Biosfera (Mariñas-Terras do Mandeo), consellos regulares e selos denominación de orixe... Alén da revolución eólica, este espazo tamén se fai eco do informe de Ence sobre a contaminación por mercurio do recinto de Elnosa. [Boletín informativo ambiental 16/04/21]



Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

#NonInvasionEolica

#GalizaContraAmezaEolica

Ferrolterra-Trasancos
adegatrasancos@adega.gal
Apartado 481
15480 Ferrol
http://adega.gal/

Enviado por:
adegatrasancos@adega.gal
-adegatrasancos@adega.gal-
16 de abril de 2021 12:05

_______

venres, abril 16, 2021

Na defensa da Serra da Groba (Baixo Miño) contra a Ameaza Eólica - Colaboración audiovisual IEM e Tino Baz - A política enerxética da Xunta de Galicia é a barbarie contra o rural e o medio ambiente galego


Na defensa da 'Serra da Groba' (Baixo Miño) contra a Ameaza Eólica. Colaboración audiovisual do Instituto de Estudos Miñoráns IEM e Tino Baz - Baixo Miño.

Na Galiza esta-se producindo unha invasión eólica sen precedentes, irracional, desordenada e inxusta social e ecoloxicamente, necesitamos un modelo eólico racional, planificado sustentábel e ao servizo da sociedade.
 

Canle do Instituto de Estudos Miñoráns.

#GalizaContraAmezaEolica

#NonInvasionEolica

Relacionado en Ártabra 21

✅ Actúa contra a invasión eólica! - Enlace ao formulario para participar - Loita con nós por un modelo eólico racional, planificado sustentábel e ao servizo da sociedade - E axúdanos a parar esta barbarie contra o rural e o medio ambiente galego. | Ir á Web.

✅ Comuneiros do Cha de Brión-Doniños convocan ao tecido asociativo da Comarca ante o anuncio da instalación dun parque eólico no Monte do Cha - A reunión será o martes día 16 de marzo, ás 5 da tarde nos baixos do local da Xunta Veciñal de Doniños. | Ir á Web.
_______

venres, abril 02, 2021

O BNG pide ao goberno local que rexeite os parques eólicos nos montes do Chá - Iván Rivas solicitou hoxe ao Alcalde da cidade que negue a autorización, no monte de titularidade municipal para a instalación deste parque eólico - Así mesmo pídelle que esixa o estrito cumprimento dos requirimentos medioambientais e de protección nos terreos de titularidade privada que promovan este tipo de instalacións


O BNG pide ao goberno local que rexeite os parques eólicos nos montes do Chá

Iván Rivas solicitou hoxe ao Alcalde da cidade que negue a autorización, no monte de titularidade municipal para a instalación deste parque eólico.

Así mesmo pídelle que esixa o estrito cumprimento dos requirimentos medioambientais e de protección nos terreos de titularidade privada que promovan este tipo de instalacións.


O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol sinala que existe unha proposta que prevé a instalación de dous parques eólicos no concello, concretamente un nos montes do Chá, en terreos que contan cun importante patrimonio arqueolóxico, no que se atopan 39 mámoas, ademais de elementos naturais que precisan da súa protección e conservación.

Os impactos sobre estes bens patrimoniais non só virán determinados polos aeroxeneradores en si senón que xunto a eles será preciso desenvolver escavacións, cimentacións, canalizacións e instalacións complementarias que suporán unha alteración substancial da contorna, e sobre todo tendo en conta as grandes dimensións dos elementos que integran a proposta presentada.

Iván Rivas solicitou hoxe ao Alcalde da cidade que negue a autorización, no monte de titularidade municipal para a instalación deste parque eólico. Así mesmo pídelle que esixa o estrito cumprimento dos requirimentos medioambientais e de protección nos terreos de titularidade privada que promovan este tipo de instalacións.

O portavoz municipal do BNG de Ferrol lembra que a Ordenanza municipal de aproveitamento dos Montes do Chá sinala que os aproveitamentos forestais dos mesmos teñen que adaptarse aos requisitos contemplados no proxecto de ordenación do monte e que os aproveitamentos de contraprestacións por terceiros deben ser autorizados polo concello expresamente.

Ademais, a ordenanza advirte que o Concello debe velar polo carácter social do monte, e este carácter social dista moito de estar xustificado nun proxecto que exclusivamente persegue a rendibilidade económica dunha instalación eólica de promoción privada.

O BNG lembra que os impactos destes elementos non se limitan as afección sobre os bens patrimoniais dos montes do Chá antes sinalados senón que implicarán afeccións de carácter paisaxístico, atmosférico e medioambiental.

Iván Rivas lembrou que estamos a falar de aeroxeneradores dunhas dimensións salientables, que superarán os 200 m. de altura, equivalente, por exemplo, á altura da cheminea da térmica de Meirama e que no caso dos montes de Brión terán un diámetro de rotor de 150m. e no caso de Monteventoso de 175 m.

Para o BNG é evidente que un conxunto de elementos destas dimensións suporá un alto impacto paisaxístico. Si temos en conta que a presenza destas instalacións nun radio menor aos 5km pode considerarse de impacto visual alto, o feito de que algúns destes elementos se sitúen a menos de 500m. de núcleos de poboación e a menos de 2,5 Km. do peirao de Curuxeiras deixa as claras o importante impacto que estes aeroxeneradores provocarán na contorna.

Esta proximidade aos núcleos de poboación pode provocar ademais un efecto de sombra titilante sobre estes contornos habitados e ruídos e molestias ambientais xeradas polo seu funcionamento.

As afeccións sobre a fauna e sobre as aves serán tamén importantes dado que os proxectos están próximos a Zonas de Especial Protección para as Aves e a zonas declaradas como de Especial Conservación e sobre todo tendo en conta que este tipo de instalacións tipo provocan un incremento da mortalidade entre as aves por colisións contra as palas dos aeroxeneradores.

Por tanto o BNG considera que tanto pola proximidade a núcleos de poboación, como por localizarse nun espazo con alto valor patrimonial, como pola proximidade a zonas de protección ambiental, como por non estar xustificado o seu carácter social a localización destes aeroxeneradores nos ámbitos propostos debe ser denegada por parte do concello de Ferrol.

Ferrol, a 31 de marzo, de 2021

#NonInvasionEolica

#GalizaContraAmezaEolica

#RepartoXustoFondosEuropeosNextGeneration


Ferrol | Web | Facebook | Twitter.

Ferrolterra | Web.



Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
1 de abril de 2021 08:32

_______