Amosando publicacións coa etiqueta Ría de Ferrol. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ría de Ferrol. Amosar todas as publicacións

luns, novembro 30, 2015

Colectivos denunciarán diante da Dirección Xeral de Medioambiente da Comisión Europea a situación das rías e ríos galegos


Colectivos denunciarán diante da Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea a situación das rías e ríos galegos. | Unha delegación de 18 persoas acudirá ao PE o vindeiro mércores 2 de decembro en representación de distintas asociacións e entidades. | A eurodeputada Lídia Senra promoveu esta viaxe co obxectivo de denunciar a contaminación e realizar unha posta en común das loitas.


Este mércores 2 de novembro integrantes do Comité Cidadán de Emerxencia para Ría de Ferrol, Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra, a Plataforma de Defensa do Río Baa, SOS Río Miño, Agrupación de Mariscadoras a Pé da Confraría de Pescadores de San Telmo de Pontevedra, Plataforma Sarriana polo Río, Plataforma de Cospeito, Asociación Xentes de Mar Viva e representantes do sector acuícola de Burela e artes menores de Narón, acudirán ao Parlamento Europeo (Bruxelas) para trasladar as súas experiencias de loita e denuncia da contaminación das rías e ríos galegos.

Así, de 9.30 a 12.00hrs. as 18 persoas integrantes desta delegación galega manterán unha xuntanza ca eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra [1], co obxectivo inmediato realizar unha posta en común das problemáticas derivadas da contaminación das rías e ríos galegos, "unha cuestión de importante impacto para o noso País, tanto a nivel medioambiental como social e produtivo", valora a eurodeputada galega.

Durante a tarde será o momento de trasladar directamente as súas reivindicacións á Comisión Europea (CE), no marco da xuntanza que terá lugar de 16.15hrs. a 18.00hrs. [Sala PHS1C051] con Jose Manuel Servert, representante da Dirección Xeral de Medio Ambiente da CE na unidade adicada ao seguimento de infraccións e cuestións xurídicas.

Alternativa Galega de Esquerda en Europa tense dirixido xa en repetidas ocasións á Comisión Europea denunciando a situación de moitas das canles hidrográficas galegas a través de preguntas parlamentarias, como por exemplo as realizadas ao respeito das sendas fluviais do río Tea e Castro da Croa (LIC Río Tea), Ría de Ferrol (Reganosa, Forestal del Atlántico e marisqueo) ou a depuradora de Coruxo.

Aliás, Senra promoveu o pasado 7 de novembro un seminario en Cangas o baixo o título “As pescas e a acuicultura na Galiza no contexto da Política Pesqueira Común (PPC): retos e propostas de futuro”, articulada en torno a oito mesas temáticas integradas por máis de quince representantes directos do sector.

Bruxelas, 30 Novembro 2015.

[1] Sala PHS1C051, Parlamento Europeo (Bruxelas).

Máis información:
Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) | lidia.senra@europarl.europa.eu | http://ageuropa.gal/ | https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez.

Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
30 de novembro de 2015 17:41

_____________

Foto de Satélite: Ría de Ferrol.
_________________________

venres, abril 10, 2015

Charla Debate organizado pola Marea Ártabra: Que está a ocurrir na Ría de Ferrol?, con Meli Criado e Joam Luís Ferreiro, o Sábado 11 de Abril ás 6 da tarde e o Domingo 12 Asemblea Extraordinaria para aprobar a lista definitiva ás eleccións locais do 24M


Charla Debate organizado pola marea Ártabra


Que está a ocurrir na Ría de Ferrol?

O Sábado 11 de abril, ás 6 da tarde, Charla-Debate no Local electoral de Marea Ártabra, na Rúa Rochel, nº5 e Magdalena nº14.

Intervirán:
  • Meli Criado, activista en prol dun modelo económico máis sustentable para a Ría de Ferrol.
  • Joam Luís Ferreiro, biólogo da Confraría de Pescadores de Barallobre.
---
Asemblea Xeral Extraordinaria

O Domingo 12 de Abril, ás 11:30hs, Asemblea Extraordinaria para aprobar a lista definitiva ás eleccións municipais do 24.

Hai que levar fotocopia do DNI e asinar a aceptación da candidatura.

Mareaartabra.gal
| #MareaArtabra | @mareaartabra | info@mareaartabra.gal | Facebook


A Marea Ártabra é un proceso asambleario para acadar unha maioría social ferrolá, unha candidatura de unidade popular para as eleccións municipais.



Como asinar o manifesto e unirse á 'Marea Ártabra'
Pode-se asinar o manifesto de apoio cubrindo un formulario no seu sitio na rede: Acceder.

WEB: Mareaartabra.gal
TWITTER: @mareaartabra | #MareaArtabra
E-MAIL: info@mareaartabra.gal
FACEBOOK: Marea Ártabra
YOUTUBE: Marea-Ártabra

Local electoral:

Rúa Rochel, nº5 e Magdalena nº14.
Teléfono: 633 352 131

Enviado por:
MAREA ÁRTABRA
-mareaartabra@gmail.com-
8 de abril de 2015 20:02
__________

luns, marzo 30, 2015

A Comisión Europea investiga o posíbel incumprimento da Directiva europea sobre tratamento de augas na Ría de Ferrol - Lidia Senra reclama que, no caso de existir sancións, estas estean orientadas a subsanar os danos e non simplemente a "pagar por contaminar"


A CE investiga o posíbel incumprimento da Directiva europea sobre tratamento de augas na Ría de Ferrol. | Resposta a unha pregunta de AGEe sobre a contaminación da Ría de Ferrol por parte de Forestal del Atlántico ca complicidade da Xunta. | Lidia Senra reclama que, no caso de existir sancións, estas estean orientadas a subsanar os danos e non simplemente a "pagar por contaminar".

A Comisión Europea (CE), a través do Comisario de Medio Ambiente, Asuntos Marítimos e Pesca, Karmenu Vella, vén de confirmar a Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) que está a investigar o posíbel incumprimento por parte do Estado español dos  requisitos sobre o tratamento de augas residuais establecidos na Directiva 91/271/CE[1] en relación ás "aglomeracións urbanas" Ferrol-Narón e Ares-Mugardos-Fene[2].

A eurodeputada de AGE denunciou diante da Comisión Europea, a través dunha pregunta parlamentaria escrita[3] rexistrada no mes de xaneiro, a irresponsabilidade do Goberno da Xunta ao ter concedido o pasado 25 de febreiro unha autorización ambiental integrada  ao complexo industrial Forestal del Atlántico que lle permite verter cerca de 27 millóns de toneladas anuais de residuos contaminantes durante oito anos, obviando o Goberno galego o feito de que a depuradora ubicada na parte sur da ría unicamente ten capacidade para tratar aproximadamente seis millóns de toneladas ao ano.

Pola súa banda, a CE sinala na súa resposta a responsabilidade dos Estados de garantir que "tanto as empresas como as autoridades competentes adopten as medidas apropiadas para cumprir as condicións aplicábeis aos permisos e que se respecten as normas de calidade medioambientais, incluso recorrendo a inspeccións e sancións en materia de medio ambiente".

Sen embargo, cómpre lembrar tamén que nos últimos anos a Comisión Europea ten iniciado varios procedementos de infracción contra o Estado español, sendo determinado polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea o incumprimento da Directiva sobre moluscos no ano 2005 (asunto C-26/04) e, no ano 2011, a Directiva sobre o tratamento de augas residuais (asunto C- 343/10) e a Directiva Marco sobre o auga (asunto C403/11).

Para a eurodeputada Lídia Senra,  as sancións por incumprimento de normativas europeas, en lugar de ter como única consecuencia o retraemento de recursos públicos, "débense materializar na resolución do problema causado; os Gobernos non deben entrar na dinámica de poder destruír o medioambiente a cambio do prezo estipulado nunha sanción, iso é como pagar polo dereito a contaminar", denunciou.

Bruxelas, 30 de Marzal 2015. 

Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) | Tlf: 609 845 861, lidia.senra@europarl.europa.eu | http://lidiasenra.com/

[1] DO L 135 de 30.5.1991, pp. 40–52.
[2] Resposta da Comisión de Medio Ambiente, Asuntos Marítimos e Pesca: Acceder.
[3] Pregunta de Lidia Senra. PE Autorización ambiental integrada a Forestal del Atlántico 15-01-15 gal.pdf | Acceder/Baixar.

Enviado por:
AGEe Europa
-ageeneuropa@gmail.com-
30 de março de 2015 17:43
_________________

mércores, marzo 11, 2015

Podemos Narón organiza unha Andaina polo Xuvia, este sábado 14 de marzo ás 5 da tarde - Lecer e Primeiro debate que afrontará o estado de degradación da ría na que vivimos


O vindeiro sábado 14 de marzo, concentrarémonos fronte á igrexa de Santa María de Neda (a beiras do Río Belelle) ás cinco da tarde, para realizar unha camiñada na contorna do estuario do río Grande de Xuvia. Con iso daremos a coñecer o primeiro dos Grupos de Debate nos que está traballando o CCM coa participación de colaboradores externos. Si fai bo tempo aproveitaremos para merendar, así que trae as túas viandas, roupa e calzado cómodo, a ruta non ten dificultade algunha, polo tanto, podedes vir acompañade@s de vos@s peques, familia e/ou amigos.

Alí presentaremos o cartel do primeiro debate programado que afrontará o estado de degradación da ría na que vivimos. Durante a camiñada non imos centrarnos en exclusiva neste problema senón que faremos unha introdución ao coñecemento que temos da mesma e segundo se vaia desenvolvendo a marcha falaremos da súa historia, a súa morfoloxía, a súa biodiversidade, a situación da pesca, o marisqueo, a industria, os deportes náuticos e todo o que é característico a este contorna.

Isabel Allegue.
Prensa e Redes de Podemos en Narón
podemosnaron@gmail.com
http://www.facebook.com/podemosnaron
http://www.facebook.com/groups/podemos.naron/
https://twitter.com/PodemosNaron
Whatsapp e Telegram 687 464 463

Enviado por:
Podemos Narón
podemos.naron@gmail.com-
9 de março de 2015 20:00

Boas tardes: De novo por aquí, achégote unha nova iniciativa do Consello Cidadan de Podemos en Narón. Vaise a levar a cabo esta fin de semana. Graciñas pola difusión, Unha aperta. Isabel Allegue. Prensa e Redes de Podemos en Narón.

_____________

mércores, novembro 26, 2014

Concentración e Asemblea Aberta d@s Mariscador@s sen Carnet diante do edificio da Xunta en Ferrol


Os/as Mariscador@s sen Carnet, concentraranse este mércores 26 de novembro, ás 11 hs, diante do Edificio da Xunta de Galicia (Praza Amada García - Ferrol)

Celebrarán unha Asemblea aberta para informar e exixir resposta á súa solicitude de entrevista conxunta coa Cofradía de Ferrol e a Consellería de Pesca da Xunta de Galicia.
___________________

luns, abril 07, 2014

'Salvemos a Malata' a plataforma cidadá que se opón á construción do viaduto do tren ao porto exterior pola Ría realizou unha concentración este domingo día 6 de abril


'Salvemos a Malata' a plataforma cidadá que se opón á construción do viaduto do tren ao porto exterior pola Malata realizou unha concentración este domingo día 6 de abril de 2014, sobre as 12 do mediodía na pasarela peonil que está na entrada do peirao carboeiro de Ferrol.

Coincidía, a mobilización, co aniversario da publicación da DIA do proxecto, que  “sentencia de morte” á enseada d'A Malata - A Cabana.

Segundo o activista ecoloxista e biólogo, Xandro Garcia, en representación das entidades que conforman a plataforma cidadá: "o viaduto pola Malata vai provocar nesta enseada unha alteración crítica sobre o ecosistema mariño desta zona que aínda conserva unha gran biodiversidade a pesar dos constantes recheos que veu sufrindo nas últimas décadas".

Continua manifestando, Xandro Garcia, que coa construción deste viaduto "ademais de matar a fauna e flora que viven na enseada, condenaríase á mesma a non ser navegable polo que non tería acceso por mar, ate de embarcacións pequenas, polo que no caso de calquera verquido, fuga de sustancias contamiñantes, ..., sería imposible o acceso por mar para controlar as posible incidencias, debendo terse en conta que o tránsito de convois con 'todo tipo de mercancías' incrementa o risco de posibles incidencias e posibles verquidos".

O pasado ano, a plataforma 'Salvemos a Malata'  presentou un recurso de reposición contra a DIA, por considerar que esta "entraba a valorar cousas que non lle correspondía, e porque as conclusións da mesma alonxábanse moito do rigor científico e medioambiental exisido pola lexislación tanto española como europea", di Xandro Garcia .

Cun cómplice silencio da Xunta de Galicia e do goberno municipal de Ferrol, a pesares do citado recurso,  "o Goberno español mantense no proxecto da vía sur de acceso ao porto exterior alegando o criterio económico como criterio fundamental, pasando por riba de que este proxecto vai supoñer a morte da enseada da Cabana – A Malata e o futuro 'recheo e asfaltado' da mesma" di o ecoloxista e  biólogo mariño.


http://youtu.be/iVpnAJTp33E



http://youtu.be/cFyKGRsQYu4


Simulación: A Malata que queren.
A enseada ao fin, sen lingua de mar, convertida nun polígono industrial pantasma.


Blog: http://oqueescondeotrenaoportoexterior.blogspot.com
Facebook: http://www.facebook.com/pages/O-que-esconde-o-tren-ao-Porto-Exterior-de-Ferrol/490570557646538
Contacto: queescondeotrenaoportoexterior@gmail.com
Video en Galego: http://youtu.be/ui4UQA4MAus
Video en Castellano: http://youtu.be/1fR7lcgHRHE
_______

martes, novembro 19, 2013

Guillermo Castro e José María Hernández, serán os relatores da quinta xornada sobre a Ría de Ferrol e o seu Saneamento: 'Presente e Futuro' - Esta terá lugar este mércores 20 de Novembro, cos títulos “O convenio de xullo do 2012” e “A auga como dereito e non como mercaduría”, ás 19:30hs en Ferrol, na Sala de Actividades do Ateneo Ferrolán (Madalena 202)


XORNADAS SOBRE A RÍA DE FERROL E O SEU SANEAMENTO:
PRESENTE E FUTURO


OLLO: TRASLADAMOS AS XORNADAS AO LOCAL DO ATENEO FERROLÁN

Estamos no ecuador das
Xornadas sobre o Saneamento da Ría de Ferrol e esta semana nos trasladamos ao Ateneo Ferrolán, onde terán lugar as xornadas todos os mércores até o día 4 de Decembro. Mañá teremos os seguintes relatorios:

Mércores 20 de Novembro.
Lugar e hora :
  • As 19:30hs, no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán (Rúa Madalena, 202).
Quinta Xornada:
  • O convenio de xullo do 2012A auga como dereito e non como mercaduría”.
Relatores:
  • José María Hernández (A.VV. de Recimil)
  • Guillermo Castro (cooperante de Enxeñeiros sen Fronterias).
Pequeno resumo dos relatorios:

O convenio de xullo do 2012
O convenio firma-se o 14 de xullo de 2012 por parte da Xunta de Galicia, Entidade Publica Empresarial Augas de Galicia, Concellos de Ferrol e Narón e a sociedade anónima estatal ACUAES e é o marco lexislativo que vai regular a construción e a explotación da actuación  "interceptores xerais da marxe dereita da ría de Ferrol" e que vai permitir a esta sociedade estatal a súa explotación durante 45 años o ven facer unha encomenda da mesma a entidade titular do sistema de depuración da marxe dereita  da ría.

A auga como dereito e non como mercaduría
O segundo relatorio se falará sobre as estratexias que se desenvolveron dende a creación da Organización Mundial do Comercio (OMC) en 1995 en canto a un avance na mercantilización dos denominados "bens comúns", en especial da auga potable. Neste sentido analizarase o proceso de mercantilización mediante a expansión da axenda da OMC cos chamados "novos temas" ou "temas de Singapore" incorporados no Cumio Ministerial da OMC de 1996 na devandita cidade. Con esta ampliación da axenda de libre comercio posibilítase que bens como a auga potable sexan tratados como mercadoría dentro do réxime de liberalización proposto polo sistema multilateral de comercio, o cal tamén dispara a necesidade de reflexionar acerca das posibles consecuencias de considerar á auga como mercadoría ou como ben básico universal.

Organizan as Xornadas:
Comisión de Medio Ambiente da Asociación Veciñal de Recimil
ADEGA
SGHN
VERDAGAIA

Información baseada na enviada por:
Pablo Iglesias
-cidadansversustanquestormentas@gmail.com-
19 de novembro de 2013 12:00
Entra no noso blog para máis información:
http://www.cidadansversustanquesdetormentas.blogspot.com.es/ |
Unete ao noso grupo:
cidadansversustanquestormentas@googlegroups.com
_______________

Enlaces relacionados de Interese:
Sitio na Rede, de información e documentación, para apoiar e facilitar, a loita e o traballo social que procura que o Sistema de Saneamento, nas marxes da Ría de Ferrol, sexa Integral. Saneamento si, mais non así!!!

http://ria-de-ferrol.blogspot.com.es/

O noso 'Informe' >>> Análise crítico do Proxecto de Saneamento acordado, polo Goberno, para a marxe norte da Ría de Ferrol | ALTERNATIVA ELABORADA POLA COMISIÓN DE SEGUIMENTO - GRUPO DE TRABALLO.

http://alternativa-proxecto-saneamento.blogspot.com.es/
_______________________

martes, novembro 12, 2013

Victoriano Urgorri e Joam Luis Ferreiro, serán os relatores da terceira xornada sobre a Ría de Ferrol e o seu Saneamento: 'Presente e Futuro' - Esta terá lugar este mércores 13 de Novembro, co título “Situación actual da ría de Ferrol: aspectos biolóxicos e marisqueo”, ás 19:30hs en Canido, na Sala de Actividades da SGHN


Terceira Xornada


Dentro das Xornadas sobre o Saneamento da Ría de Ferrol que se están celebrando todos os mércores entre os días 30 de Outubro e 4 de Decembro, este mércores 13 de Novembro toca: “Situación actual da ría de Ferrol: aspectos biolóxicos e marisqueo”.

XORNADAS SOBRE A RÍA DE FERROL E O SEU SANEAMENTO:
PRESENTE E FUTURO


Mércores 13 de Novembro.

Lugar e hora :
  • As 19:30hs, na sede da SGHN, na rotonda de Canido (Antiga Casa do Coronel).
Teceira Xornada:
  • Situación actual da ría de Ferrol: aspectos biolóxicos e marisqueo.
Relatores :
  • Victoriano Urgorri (Director da Estación Biolóxica da Graña).
  • Joam Luis Ferreiro (Membro da SGHN).

Organizan as Xornadas:

Comisión de Medio Ambiente da Asociación Veciñal de Recimil
ADEGA
SGHN
VERDAGAIA

Enlaces relacionados de Interese
:
Sitio na Rede, de información e documentación, para apoiar e facilitar, a loita e o traballo social que procura que o Sistema de Saneamento, nas marxes da Ría de Ferrol, sexa Integral. Saneamento si, mais non así!!!

http://ria-de-ferrol.blogspot.com.es/

O noso 'Informe' >>> Análise crítico do Proxecto de Saneamento acordado, polo Goberno, para a marxe norte da Ría de Ferrol | ALTERNATIVA ELABORADA POLA COMISIÓN DE SEGUIMENTO - GRUPO DE TRABALLO.

http://alternativa-proxecto-saneamento.blogspot.com.es/
______________

sábado, outubro 26, 2013

Xornadas sobre o Saneamento da Ría de Ferrol - 30 de Outubro; 6, 13, 16, 20, 27, de Novembro e 4 de Decembro - Áudio do arquitecto Alber Cuchi sobre unha estratexia verde para as cidades


A partires do vindeiro mércores 30 de Outubro escomenzamos unhas xornadas que terán lugar tódolos mércores ata o 4 de decembro co fin de acercar este tema a tódala cidadanía da comarca.

Achegamos un cronograma das xornadas e uns cartaces:

https://drive.google.com/file/d/0B5j3jCwagHGLMVhpMm5EOFVLWDg/edit?usp=sharing
https://drive.google.com/file/d/0B5j3jCwagHGLSTYybkU2aTU5c3c/edit?usp=sharing

Aquí achegamos un escrito que remitimos aos partidos políticos presentes no concello de Ferrol e que manifestaron interés pola información na que estamos a traballar:

https://drive.google.com/file/d/0B5j3jCwagHGLUW5hYXNWd2w1ZWc/edit?usp=sharing

Aquí unha nova publicada nun diario onde fala de posibles sancions a España por incumplir a Directiva Marco da Auga:

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/10/24/actualidad/1382637597_827378.html

E por último, e non por iso menos importante, una charla maxistral do arquitecto Alber Cuchi no Ateneo Ferrolán onde fala dunha estratexia verde para as cidades e a centra no modelo a implantar nos vindeiros anos en Santiago.

http://www.ivoox.com/charla-albert-cuchi-no-ateneo-ferrolan-audios-mp3_rf_2487399_1.html

Enviado por:
Pablo Iglesias
-cidadansversustanquestormentas@gmail.com-
25 de outubro de 2013 23:36
http://cidadansversustanquesdetormentas.blogspot.com.es/
__________________

Enlaces relacionados de Interese:
Sitio na Rede, de información e documentación, para apoiar e facilitar, a loita e o traballo social que procura que o Sistema de Saneamento, nas marxes da Ría de Ferrol, sexa Integral. Saneamento si, mais non así!!!

http://ria-de-ferrol.blogspot.com.es/

O noso 'Informe' >>> Análise crítico do Proxecto de Saneamento acordado, polo Goberno, para a marxe norte da Ría de Ferrol | ALTERNATIVA ELABORADA POLA COMISIÓN DE SEGUIMENTO - GRUPO DE TRABALLO.

http://alternativa-proxecto-saneamento.blogspot.com.es/
_______________________

luns, setembro 30, 2013

O grupo de Traballo da Comisión Social de Seguimento por un saneamento inegral para a Ría de Ferrol, remite un documento a todos os partidos políticos con representación no Paralmento Galego


Informe remitido aos grupos políticos


Porque o noso único obxectivo é o saneamento integral da ría, e isto implica defender a utilización eficaz do diñeiro que se está a investir construindo unhas infraestructuras eficaces e con futuro que non virtan nunca mais augas fecais á ría, mesturadas ou non. entendemos que quen xestiona diñeiro público ten que dar conta do que fai con el e utilizalo con eficacia, garantindo ademais o futuro, non só do investimento realizado senón do obxectivo do mesmo, e dicir, o saneamento integral da ría sen mais vertidos. é por iso que enviamos este documento a todos os partidos políticos con representación no paralmento galego para que o asuman e defendan.

Acceder ou baixar o Informe.

ASINANTES: ADEGA, SGHN, Verdegaia, Comisión de Medio da A.VV. Recimil.

Enviado por:
Pablo Iglesias
-cidadansversustanquestormentas gmail.com-
30 de setembro de 2013 11:57

http://cidadansversustanquesdetormentas.blogspot.com.es/
___________

mércores, setembro 18, 2013

Foi a concentración no 'Parque Pablo Iglesias' de Ferrol, por un outro modelo de saneamento e contra a construción, no mesmo parque público, do mal chamado "tanque de tormentas" - Polo saneamento integral da Ría de Ferrol - Vídeos, fotos e enlaces de interese


Moitas persoas acudiron á chamada das organizacións ecoloxistas e veciñais concentrando-se nun moi concorrido 'Parque Pablo Iglesias'. Parque público onde está previsto construír un mal chamado "tanque de tormentas". Chema Hernández Roca, membro da Comisión de Medio Ambiente da Asociación Veciñal de Recimil, leu un comunicado consensuado polos colectivos convocantes (Escoitar nos vídeos). Ademais das entidades ADEGA, a SGHN, Verdegaia e a xa mencionada entidade veciñal, participaron na concentración veciñas e veciñas usuarias do parque, diferentes activistas de asociacións culturais, sindicais e do movimento social de Ferrol Terra; políticos de dous dos grupos municipais da oposición (BNG e EU) que fixeron expreso o apoio ás demandas da concentración; tamén apoiaron outros partidos como Equo Galicia, Espazo Ecosocialista Galego e mesmo ANOVA que contou co deputado de AGE Antón Sánchez. A concentración, deste martes, 17 de Setembro de 2013, reivindicou a paralización da construción do "tanque de tormentas" cuxas obras se ten previsto iniciar antes de que remate o presente mes, e abrir un debate sobre o modelo de saneamento que queremos para a nosa Ría baixo o lema “Saneamento sí, mais non así”.

Ao final do acto anunciaron-se outros actos como o do vindeiro Sábado 21 de Setembro, no mesmo Parque Pablo Iglesias, unha actividade reivindicativa (conferencia, concerto, recital de poesía, teatro...) e na segunda quincena de Outubro unhas Xornadas nas que se traten os aspectos técnicos, lexislativos  e ambientais, co fin de axudar á cidadanía a entender o modelo de saneamento da Ría así como os seus inconvenientes e facer propostas que contemplen outro modelo de tratamento.

O vindeiro Xoves, 18 de Sembro,  vai ter lugar unha Xuntanza da Comisión de Seguimento - Grupo de Traballo. Será ás 20:30hs, no barrio de Recimil, frente ao nº6 da rúa Euzkadi, nun local da asociación veciñal. Esta será a segunda sesión da Comisión que queda aberta a novas incorporacións.


http://www.youtube.com/watch?v=pYTVlVwlB5k&feature=share&list=UUEsyIpC9Y8SoVla3A-qmvlw


http://youtu.be/JoThnPHvxM4


http://youtu.be/_-UcVGTT0yk

Enlaces relacionados de Interese:
Sitio na Rede, de información e documentación, para apoiar e facilitar, a loita e o traballo social que procura que o Sistema de Saneamento, nas marxes da Ría de Ferrol, sexa Integral. Saneamento si, mais non así!!!

http://ria-de-ferrol.blogspot.com.es/

O noso 'Informe' >>> Análise crítico do Proxecto de Saneamento acordado, polo Goberno, para a marxe norte da Ría de Ferrol | ALTERNATIVA ELABORADA POLA COMISIÓN DE SEGUIMENTO - GRUPO DE TRABALLO.

http://alternativa-proxecto-saneamento.blogspot.com.es/
________________

martes, setembro 17, 2013

O caso do "tanque de tormentas" que se está construíndo en Gondomar - Un moi interesante 'Informe', de 'Salvemos Monteferro'


Activistas da 'Asociación de Defensa Medio Ambiental Salvemos Monteferro', pasaron-nos un completo 'Informe' sobre o "tanque de tormentas" que se está construíndo en Gondomar. O citado informe, ten data do 21 de Xuño de 2013, polo que é moi recente.

Isto pasou en Vilaza, parroquia de Gondomar, concello duns 14.000 habitantes, situado no Val Miñor, na comarca de Vigo. A veciñanza atopou-se unha mañá de Setembro do pasado ano 2012, diante das súas casas, con moita maquinaria pesada traballando na escavación do que sería un grande furado, para albergar un mal chamado "tanque de tormentas".  A partir de aí, comezou a organización da veciñanza e o estudo do sistema de saneamento acordado pola administración sen participación veciñal, en relación co que se estaba facendo no parque diante das súas casas. Logo pasaron xa ás protestas e á denuncia da obsoleta infraestrutura. O proxecto non foi sometido a Avaliación Ambiental nin a exposición pública, e a licitación da obra no DOG era indetectábel para calquera cidadán común. A ficha técnica do proxecto afirma que se pretenden construír dous "tanques de tormentas" que ao final quedou só nun. Mais o problema real é a ausencia dunha rede separativa de augas pluviais e fecais, e este problema non pode ser solucionado nin paliado por un, neste caso, mal chamado "tanque de tormentas".

Paga a pena para-se a ler, e mesmo estudar, este 'Informe' moi ben elaborado polas compañeiras e compañeiros  de Salvemos Monteferro. Este traballo é unha moi boa ferramenta para a loita que estamos levando en Ferrol, no 'Parque Pablo Iglesias' e por un saneamento integral para as marxes da Ría.

Informe da 'Asociación de Defensa Medio Ambiental Salvemos Monteferro', sobre o "Tanque de Tormentas" que se está construíndo en Gondomar. 14 Páxinas en formato PDF | Monteferro, 21 de Xuño de 2013 [Acceder] | O informe en formato web [Acceder].

Relacionado:

O noso 'Informe' >>>

Análise crítico do Proxecto de Saneamento acordado, polo Goberno, para a marxe norte da Ría de Ferrol | ALTERNATIVA ELABORADA POLA COMISIÓN DE SEGUIMENTO - GRUPO DE TRABALLO | [IR AO BLOGUE].

Fonte: Sitio na Rede, de información e documentación, para apoiar e facilitar, a loita e o traballo social que procura que o Sistema de Saneamento, nas marxes da Ría de Ferrol, sexa Integral. Saneamento si, mais non así!!!

http://ria-de-ferrol.blogspot.com.es/

__________________

luns, setembro 16, 2013

Axenda de actividades, acción e traballo social dos colectivos opositores ao obsoleto modelo de saneamento que se está executando nas marxes da ría de Ferrol - Este Martes 17 de Setembro, Concentración no Parque Pablo Iglesias

Axenda de actividades
  • Martes, 17 de Setembro | Concentración no Parque Pablo Iglesias, ás 19:30hs | Contra o tanque de Tormentas e o Modelo de saneamento | Cartaz | Nota de Prensa.
  • Xoves, 19 de Setembro | Xuntanza da Comisión de Seguimento - Grupo de Traballo, ás 20:30hs, no barrio de Recimil, frente ao nº6 da rúa Euzkadi, nun local da asociación veciñal. Esta será a segunda sesión da Comisión que queda aberta a novas incorporacións.
  • Sábado 21 de Setembro | Acto reivindicativo no Parque Pablo Iglesias (conferencia, concerto, recital de poesía, teatro...).
  • A mediados de Outubro | Entrando nas propostas de actividades, se fala de facer unhas xornadas para mediados de outubro nas que se traten os aspectos técnicos, lexislativos (inclúe o convenio que se asina en xullo do 2012) e ambientais co fin de axudar á cidadanía a entender o modelo de saneamento da ría así como os seus inconvenientes e facer propostas que contemplen outro modelo de tratamento das augas pluviais e residuais (domésticas e industriais) máis sostible e económico. Estas xornadas desenvolveríanse ao longo dun mes. Constarían de diferentes paneis que se levarían a cabo un par de días á semana. Isto daría unha presenza continuada nos medios de comunicación. Sería interesante mesmo que nestas xornadas participasen tamén técnicos da empresa acuaES e do Concello para que explicasen a súa postura e así a cidadanía puidese ter unha visión dos puntos de vista das diferentes partes. Para tal fin, quédase en que se vai contactar con persoas entendidas nas diferentes materias para que veñan dar os relatorios.
Fonte: Sitio na Rede, de información e documentación, para apoiar e facilitar, a loita e o traballo social que procura que o Sistema de Saneamento, nas marxes da Ría de Ferrol, sexa Integral. Saneamento si, mais non así!!!

http://ria-de-ferrol.blogspot.com.es/

__________________

NÓS-Unidade Popular defende um verdadeiro saneamento das águas de Ferrol, por isso se opom ao “tanque de tempestades”

A anunciada construçom do chamado “tanque de tempestades”, que supostamente deveria contribuir para a regeneraçom e reutilizaçom das águas pluviais e doutro tipo nom consideradas como residuais, nasce deformada por um péssimo planeamento que pode piorar as cousas, em lugar de vir melhorá-las.

Diferentes setores sociais, ambientalistas e vicinais tenhem anunciado o seu rejeitamento ao plano da direita governante. NÓS-Unidade Popular quer somar a sua voz à desses setores, com um claro rejeitamento do “tanque de tempestades” tal e como ele está previsto, por motivos ambientais e económicos.

Do ponto de vista ambiental, todo indica que a falta de separaçom em origem vai levar à mistura de todo o tipo de águas no interior do tanque, que deveria recolher unicamente as diretamente reutilizáveis. Nos termos atuais do projeto, o tanque poderá chegar a constituir mais um foco de poluiçom aquífera, que em ocasions despejará as águas residuais diretamente à ria.

De facto, se a diferenciaçom entre águas pluviais, industriais e domésticas nom for feita em origem, o tanque perderá a sua funçom originária. Mais umha vez, assistimos, portanto, à deturpaçom de um objetivo justo, marcado inclusive por normas europeias que vam ser manipuladas para evitar abordar de maneira integral um assunto tam importante para a saúde pública e para o aproveitamento racional da ria, como é a qualidade das nossas águas.

Todos os dados apontam para que a atuaçom trapalheira e precipitada do governo municipal do PP vai converter-se no enésimo projeto inútil que, após gastar importantes somas de dinheiro público, terá que ser descartado no futuro, quando se deva realizar um verdadeiro saneamento das águas de Ferrol. Ou isso, ou forçar umha depuraçom massiva e cara de um grande volume de águas, devido à indistinçom prevista no projeto atual.

Chegamos assim ao ponto de vista económico do projeto, que suporá uns 2 milhons de euros de investimento. A isso há que somar outras quantidades, como o 1,6 milhons de euros já investidos na separaçom de águas do rio do Tronco em 2011, para agora voltar a misturá-las no anunciado tanque.

Porém, o malgasto nom vai acabar aí. O projeto está ligado com as políticas municipais do PP, sempre comprometidas com a entrega de serviços públicos ao setor privado. Neste caso, a privatizaçom do serviço encarecerá a fatura, polo saneamento massivo de águas que deveriam ter sido separadas em funçom da sua natureza, como já indicamos.

Esse futuro é tam próximo como 2015, quando a nova normativa europeia será de aplicaçom e obrigará a umha reutilizaçom das águas que o atual projeto do governo de José Manuel Rei nom vai permitir.

Por último, haverá que indicar a pouco adequada localizaçom anunciada para o tanque: o parque público Pablo Iglésias, em Esteiro.

Por todo o anterior, NÓS-Unidade Popular reclama a suspensom do projeto de “tanque de tempestades” tal como está programado, substituindo-o por um estudo rigoroso e integral que conduza a um plano de tratamento das águas para o conjunto de concelhos que rodeiam a ria de Ferrol.

Adiantamos que a esquerda independentista parte para isso de um fator fundamental que garanta o domínio público de um bem público: A municipalizaçom do serviço, evitando que, mais umha vez, fique em maos privadas que converterám o lucro económico em critério central na gestom das águas da nossa comarca e do nosso concelho.

Um caro e deficiente saneamento das águas é umha fatura que o povo de Ferrol e dos restantes concelhos da comarca nom podem assumir.

Em conclusom: É preciso dizer nom ao atual projeto de “tanque de tormentas” e exigir aos governantes que abordem um verdadeiro saneamento das águas, com critérios de interesse público nos aspetos ambiental e económico.

Assembleia Comarcal de Trasancos de NÓS-Unidade Popular

Ferrol, Galiza, 11 de setembro de 2013


Enviado por:
Nós-UP-Trasancos
-nosup-trasancos@nosgaliza.org-
13 de setembro de 2013 11:22
Para: nosup-trasancos@nosgaliza.org

________________

venres, setembro 06, 2013

Vai-se constituír unha comisión de seguimento e un grupo de traballo para velar polo saneamento integral da Ría de Ferrol - Actualizado 9 de setembro ás 13:07hs.


En proceso de constitución unha Comisión de Seguimento para realizar un control social das iniciativas levadas a cabo polas distintas administracións relacionadas co saneamento da Ría de Ferrol. Esta Comisión deberá velar para que estas iniciativas non se contrapoñan, desvíen recursos públicos ou obedezan a outros obxectivos alleos a conseguir a recuperación integral da Ría.

As asociacións ecoloxistas ADEGA, SGHN e VERDEGAIA xunto ao Colectivo Veciñal Opositor ao 'Tanque de Tormentas' no parque público 'Pablo Iglesias', e  a Comisión de Medio Ambiente da Asociación Veciñal de Recimil, realizaron unha asembleia celebrada no Carvalho Calero o pasado día 3 de Setembro. Na Asemblea na que houbo unha importante representación do movemento asociativo, tamén dos grupos políticos de ámbito municipal a excepción dos que conforman o goberno da cidade, informouse e debateuse sobre o proxecto de saneamento en execución na comarca de Ferrol (Condución de augas residuais, depuración e vertido de Ferrol), aprobado polos gobernos municipal de Ferrol e Narón, acuaNorte, Aguas de Galicia e Xunta de Galicia. Que con un elevado custe pretenden levar acabo e que todos e todas teremos que costear, un custe que non vai rematar cos vertidos á Ría, e que vai hipotecar a futura rexeneración integral da mesma.

Nesta asemblea chegouse ao acordo de crear unha 'comisión de seguimento' e un 'grupo de traballo', na que se van a integrar diversos colectivos participantes na mesma, co obxecto de iniciar un proceso de debate social de formación e información coa cidadanía comarcal, para defender unha proposta de saneamento integral real da Ría, que tenda como mínimo a separación de augas fecais e pluviais, a separación de augas en orixe e a reutilización en todo o posible das augas pluviais. Que cambie un modelo de saneamento obsoleto e desfasado. Quedou claro nesta asemblea que co actual sistema de saneamento en proxecto vanse seguir producindo verquidos contaminantes a Ría. O fin último da constitución deste grupo de traballo e da comisión de seguimento será a recuperación da ría de Ferrol, patrimonio de toda a veciñanza, fonte de riqueza e lugar de lecer ao que todos e todas temos dereito.

A partires do martes 10 de Setembro, na próxima semana, comezarán as sesións do grupo traballo que queda aberto a novas incorporacións.

Nota de URXENCIA:
Xa que o martes 10 hai unha concentración en contra do ataque a Siria que coincide coa xuntanza da comisión, pospoñemos a xuntanza para o vindeiro xoves 12 de Setembro, ás 20:30h. no mesmo sitio (rúa Euzkadi, núm.6). Un saúdo a todxs.

Para contactar:
Colectivo Veciñal
cidadansversustanquestormentas@gmail.com

ADEGA
adegatrasancos@adega.info

SGHN
ferrol@sghn.org

VERDAGAIA
ferrol@verdegaia.org

Información baseada na enviada por:
Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
6 de setembro de 2013 12:44

_______________

mércores, setembro 04, 2013

EQUO Galicia denuncia a tardanza no informe da UE sobre a situación das Rías Galegas

Ría de Ferrol

EQUO-Galicia denuncia a tardanza e falta de consenso na redacción do informe  final sobre o estado das Rías de Vigo, O Burgo e Ferrol que a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo ten pendente, trala petición de varias entidades ecoloxistas e plataformas galegas ante a degradación das rías e falta de saneamento destas augas.   

Lembramos que o pasado 12 e 13 de Febreiro, durante a visita oficial desta Comisión de Peticións foi informada por distintas asociacións e grupos de cidadáns, que presentaron estas denuncias en Bruxelas, como a Plataforma Pola Defensa da Ría de Vigo, a Plataforma en Defensa da Enseada de San Simón, as confrarías de pescadores e mariscadores de Ferrol, Barallobre, A Coruña, ou o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. Esta  delegación parlamentaria estaba composta polo eurodeputado conservador francés do PPE, Philippe Boulland, a austriaca do Grupo ALDE Angelika Werthmann, a letona do Grupo Verdes/EFA Tatjana Zdanoka. Acompañaron, ademais, os eurodeputados españois Francisco Millán Mon (PPE), Carlos Iturgaiz (PP), Antolín Sánchez Presedo(PSOE-PSdeG); a eurodiputada do BNG, Ana Miranda e Willy Meyer de IU.

Os eurodeputados desta comisión tiveron a oportunidade de comprobar o lamentable deterioro das rías de Vigo, O Burgo e Ferrol, chegando a detectar sedimentos e lodos contaminantes de máis dun metro de espesor nas súas ribeiras, como así comentaba o Xefe da delegación e representante do PPE, Philippe Boulland aos membros do Comité de Emerxencia da Ría de Ferrol.

A Delegación visitou a Planta de Gas de Reganosa dentro da Ría de Ferrol, nas inmediacións das vivendas da Vila de Mugardos, denunciada dende hai 13 anos polo Comité de Emerxencia por ser innecesaria, ilegal e perigosa. EQUO Galicia coincide co Comité en que esta Planta de gas é unha verdadeira aberración política por representar unha constante ameaza a poboación civil da comarca de Ferrolterra.

 Consideramos que un retraso de seis meses na redacción do informe final e conclusións a presentar ante a Comisión Europea e as propias entidades galegas denunciantes e a falta de consenso da Comisión de Peticións, foi roto polo eurodiputado do PPE, Philippe Boulland,  obedecendo a unha clara estratexia política coa intención de ocultar a falta de políticas medio ambientais do Partido Popular de Galicia e quedar cuestionados ante esta falta de dilixencia de ecoloxía política e aplicacións da normativa europea. pensamos que esta falta de consenso por parte do eurodeputado do PPE , Philippe Boulland

Non entendemos un pacto de excluír á Ría de Ferrol deste informe, como apunta o eurodeputado do PPE, Carlos Iturgaiz. Confiamos na eurodiputada do grupo VERDES, Tatjana Zdanoka que denuncia a degradación da Ría de Ferrol como un  dos principais problemas a resolver. A eurodeputada liberal Angelika Werthmann defenderá tamén esta inclusión no informe final.

A pesar de transcorrer xa seis meses da visita a esta Rías, o informe está bloqueado polo que a presidenta da Comisión de Peticións da eurocámara, a eurodeputada popular italiana Erminia Mazzoni, propuxo aos servizos xurídicos da cámara varias propostas, votacións  e amendas , estas foron rexeitadas.

Dende EQUO Galicia esperamos o desbloqueo e a presentación neste vindeiro mes de setembro dun Informe final fiel a situación real das Rías de Vigo, O Burgo e Ferrol, baixo o criterio medio ambiental que esixe a normativa europea.

Correo-e:
equogalicia@proyectoequo.org

Web:
http://equogalicia.proyectoequo.org/

Equo nas redes sociais:
Facebook     EQUO Galicia
Twitter         @EQUOGalicia
Google+       EQUO Galicia
______________________

luns, setembro 02, 2013

O Sistema de Saneamento da Ría de Ferrol - O vindeiro Martes 3 de Setembro, terá lugar unha Asamblea Cidadán Aberta, de información e debate


O saneamento da Ría de Ferrol que non hai que confundir coa súa recuperación integral, xa que o saneamento é só un paso previo á mesma, non só é unha obriga moral coa natureza; unha débeda coa auga, a terra e o mar que nos dá a vida e benestar; unha necesidade para a nosa saúde e a do resto dos seres vivos, senón que tamén é unha obriga legal. As leis e as directivas europeas esixen-no e deron prazos concretos, sempre incumpridos pola mala administración. Hai máis de 15 anos que o sistema de saneamento tiña que estar a pleno funcionamento (remataba o prazo o 31 de Decembro de 1998).

Trala visita, fai máis de seis meses, dunha delegación de eurodiputad@s para comprobar in situ a situación das rías galegas, e tendo pactado non incluír no informe a Ría Ferrol, deron-se conta de que non tiñan mais remedio que informar da grave contaminación da zona. Isto causo unha grande controversia na Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, que despois de varios adiamentos aínda a día de hoxe non consensuaron os dous informes emitidos, polo que quedou aprazada a súa votación sine die , por presións do Partido Popular que prefire seguir ocultando a grave situación que vivimos.

O problema é tan evidente que xa existe unha consciencia colectiva de que a situación da Ría de Ferrol é insostíbel e que require dunha recuperación integral. A contaminación da Ría afecta de xeito directo á saúde das persoas, pois consumen-se peixes e mariscos que se extraen a diario e mesmo hai moita xente que se baña nas praias, aínda que estexan clasificadas non aptas para o baño (e a calidade das augas sexa insuficiente). Tamén afecta a todos os seres vivos tanto mariños como da contorna terrestre, e como non, é a ameaza que pende sobre os centos de postos de traballo que dependen do sector marisqueiro.

Na actualidade a Ría é un sumidoiro e un vertedoiro onde botamos de todo (residuos urbanos, verquidos incontrolados, refugallos industriais, ...). As organizacións ecoloxistas veñen demandando, dende que existen, unha recuperación integral da Ría e polo tanto un sistema de tratamento integral das augas pluviais e residuais que permita a recuperación das augas pluviais non contaminadas, para usos de utilidade pública ou para a súa chegada natural á Ría. Demandan un sistema de saneamento integral, pois a Ría non permite un verquido máis. A Ría esta declarada como 'zona sensíbel' que require un tratamento especial e o grado máis alto de depuración. Non é de recibo pois, que o Sistema de Saneamento previsto contemple verquidos contaminados de forma sistemática e non só como algo extraordinario, por forza maior.

O sistema de saneamento da marxe esquerda (Sur) da Ría, está practicamente terminado. O da marxe dereita (Norte) que vai desde Xuvia (Neda), pasando polos concellos de Narón e Ferrol, até Prioriño Chico, leva moito tempo conformando-se. Xa están construídos: o emisario terrestre A Malata - EDAR de Cabo Prioriño, cruce e impulsión da Malata, e o EDAR e emisario submarino de Cabo Prioriño. Mais  apenas deron comezo as obras, denominadas "interceptores xerais da marxe dereita da ría de Ferrol", de reparación e construción de colectores e inicio de construción dalgúns tanques de tormenta, .... Prevé-se máis de tres anos de obras segundo consta no 'Pliego de Prescripcións Técnicas' e no 'Pliego Cont... Execución Obras...'.

Non se pode entender que se, aproximadamente o 80% das edificacións en Ferrol teñen feita a separación de augas residuais das pluviais, como así ordena o PXOM vixente (Art. 178. Rede de saneamento), e mesmo que haxa pouco tempo que rematou unha actuación de case 4 millóns de euros para sanear e recuperar uns tramos dos ríos do Tronco e Inxerto, entre outras actuacións, separando as augas pluviais das residuais,  este novo proxecto de sistema de saneamento, non contemple este grande esforzo económico e medio ambiental, feito pola cidadanía de Ferrol. O modelo que se decidiu construír é o sistema de saneamento unitario, descartando o máis sustentábel: o sistema separativo.

A voz crítica ante este proxecto deu-na un colectivo veciñal que vive nas inmediacións do Parque Público 'Pablo Iglesias' e que son usuarios habituais do mesmo. Decataron-se do ilóxico da construción dun enorme 'tanque de tormentas' -o Esteiro 2, no mesmo parque público (moi concorrido), cando podía ser instalado perfectamente ao lado do Esteiro-1, que está previsto construír pola parte de fóra do recinto militar, mesmo á beira da porta do almacén de subministros da armada (dentro do recinto militar hai espazo máis que suficiente onde pode ser instalado). Ante a negativa do concello e a empresa acuaNorte de contemplar outra posibilidade de localización do 'tanque' que non fose o parque, a veciñanza comezou a mobilizar-se e investigar sobre o sistema de saneamento proxectado, detectando un sistema non conforme cos expectativas de saneamento integral da Ría, que vai verquer sistematicamente augas contaminadas,  cunha manutención moi custosa, que non contempla a separación de augas pluviais das residuais, non sustentábel e en poucos anos obsoleto.

Por todo o exposto, as organizacións Sociedade Galega de Historia Natural -SGHN, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza -Adega, e a Asociación Ecopacifista Galega Verdegaia -Verdegaia, xunto  ao Colectivo Veciñal Opositor ao 'Tanque de Tormentas' no parque público 'Pablo Iglesias', e a comisión de Medio Ambiente da Asociación Veciñal de Recimil, decidiron convocar, para o vindeiro martes  3 de Setembro ás 19:30hs unha Asemblea Cidadá Aberta, de información e debate, para tratar o proxecto de saneamento que se está levando acabo na Ría de Ferrol. A Asemblea terá lugar no Centro Cultural Carvalho Calero, do Inferniño.

__________

martes, agosto 27, 2013

Saneamento si, mais non así (II), ... Por Miguel Reimúndez e Alexandre Carrodeguas - A mantenta dos 'tanques de tormenta' nos parques públicos


Por Miguel Reimúndez e Alexandre  Carrodeguas [*]
27.08.2013


Se os déficits ambientais do modelo de saneamento adoptado para a ría de Ferrol son graves, as consecuencias económicas que vai ter para os cidadáns nas vindeiras décadas non o son menos, sobre todo tendo en conta a perspectiva da privatización total do servizo.

A chave destas contas está la lectura do convenio asinado entre os Concellos de Ferrol e Narón e acuaNorte. Repetiuse unha e outra vez que o financiamento das obras de saneamento da marxe dereita da ría de Ferrol tiñan un custe de 37,6 millóns de euros, e que este corre nun 80% por conta da UE, un 10% por parte de augas de Galicia e outro 10% por parte do Estado.

Sen embargo esta obra non é a única que falta por acometer, e tanto o tramo de interceptor entre Cadaval e Neda como o interceptor da Malata, cun custe conxunto de case 23 millóns de euros, van ser financiados integramente por Augas de Galicia. Outro tanto acontece para o saneamento da Graña e San Felipe, aínda pendente de proxecto.

O Goberno de España non vai poñer un peso. Eses 3,76 millóns de euros aportados pola sociedade pública acuaNorte, agora integrada en Acuaes, non son unha subvención a fondo perdido, senón que constitúen un adianto do estado aos abonados de Ferrol e Narón. Segundo o convenio, esta cantidade deberá ser devolta á acuaNorte nos vindeiros 45 anos. Incluídos os gastos financeiros e o IVE, o montante desta devolución ascende a cantidade de 23,5 millóns de euros, a repercutir nos abonados do servizo ou a detraer dos respectivos orzamentos municipais.

Tendo en conta estas cifras, as obras que restan para completar o saneamento da marxe dereita de Ría de Ferrol vanse financiar nun 40% con fondos europeos, un 30% con fondos de Augas de Galicia e un 30% a cargo dos concellos de Ferrol e Narón. A repercusión da parte municipal sobre os abonados suporá, como mínimo, a duplicación da actual tarifa de saneamento do recibo da auga. Se lle engadimos os gastos de mantemento da infraestrutura, a tarifa actual, como mínimo, triplícase.

Mais isto, con ser preocupante, non é a peor das perspectivas posibles. A cláusula décima do convenio citado insta aos Concellos de Ferrol e Narón a crear unha entidade supramunicipal de xestión das infraestruturas que se están a construír antes de finais do ano 2015, con participación pública ou non. Isto abre a porta á posibilidade da privatización total do servizo.

O modelo escollido para o saneamento da ría mistura augas pluviais e residuais nos "tanques de tormenta", do que resulta un maior volume de auga a tratar. Canta máis auga se transporte ata a depuradora, maiores serán o custe de construción das infraestruturas, o seu financiamento e os custes enerxéticos e de mantemento. Maior será, polo tanto, o beneficio da empresa que xestione o servizo e das compañías eléctricas, e a inxección de liquidez que obterán os gobernos municipais que privaticen a auga. Maior tamén o perxuizo aos cidadáns en forma de débeda, que teremos que pagar nas vindeiras décadas coa subida do canon de saneamento sen saneamento real.

Compre, porén, replantearmos o sistema de saneamento escollido para a ría de Ferrol, reducindo a cantidade de auga a tratar por medio da recollida e tratamento diferenciado das augas residuais e pluviais. E ir así o tantas veces demandado saneamento "integral" da ría. Esta solución, ademais de supor evidentes vantaxes ambientais, reduciría a factura a pagar polos cidadáns no futuro.

Mais para poder adoptar outro modelo en función do interese común, é tempo de municipalizar o servizo de augas de Ferrol e Narón. Cidades europeas como París ou Berlín xa o fixeron ou o están a facer, con grandes melloras no servizo e rebaixas de tarifas para os seus aboados. A propia UE vai retirar en breve a auga da directiva de servizos a fin de rexeitar a procura da competitividade no servizo e así considerar o acceso a este ben un dereito básico dos cidadáns europeos. Se é importante aplicar hoxe criterios ambientais no saneamento que van ser obrigatorios no futuro, garantir o acceso á auga dos cidadáns é fundamental. E abandonar modelos obsoletos e gravosos para a toda a cidadanía.

[*] Miguel Reimúndez e Alexandre Carrodeguas, membros de Verdegaia.

Enviado por:
Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
26 de agosto de 2013 02:39

_____________

Enlace relacionado:

Ártabra 21: Saneamento si, mais non así (I), ... Por Miguel Reimúndez e Alexandre Carrodeguas - A mantenta dos 'tanques de tormenta' nos parques públicos
___________________

venres, agosto 16, 2013

Denuncia pública do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol sobre o Bunkering


Sobre o Bunkering na Ría de Ferrol


A Autoridade Portuaria de Ferrol-S.Cibrao ven de autorizar un servizo móbil de repostaxe de combustible aos navíos na Ria de Ferrol. Unha nova agresión dende unha institución -a Autoridade Portuaria-, cando unha das súas funcións é a protección e que ven a sumarse ás perpetradas ao longo dos ultimos anos: Reubicación da planta de gas no interior da Ria, dinamitado da súa canle, pretensión de levar o ferrocarril pola enseada da Malata, autorizar a Forestal e Reganosa o verquido de 400.000 Tons/día de augas residuais sen depuración previa etc etc., reflicten o carácter ecocida do PP, instrumento político por antonomasia do capitalismo mais depredador. Urxe a súa expulsión das Institucións.

Máis información:

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada por:

comitecidadan
-comitecidadan@gmail.com-
15 de agosto de 2013 12:09

___________________

mércores, agosto 14, 2013

Saneamento si, mais non así (I), ... Por Miguel Reimúndez e Alexandre Carrodeguas - A mantenta dos 'tanques de tormenta' nos parques públicos


Por Miguel Reimúndez e Alexandre  Carrodeguas [*]
14.08.2013


As obras de saneamento da marxe dereita da Ría de Ferrol estanse a xustificar no cumprimento da normativa europea e na recuperación da ría para o marisqueo. Sen embargo, en primeiro lugar, o modelo escollido é insuficiente e insubstentable dende o punto de vista ambiental e económico: non elimina totalmente os verquidos de augas residuais á ría e ten e vai ter uns enormes custos construtivos, de mantemento e enerxéticos a asumir por tódolos cidadáns nas próximas décadas, vía endebedamento público e subida da tarifa do servizo.

A Directiva Marco da Auga do ano 2000 obriga a disminuir a niveis aceptables a contaminación dos ecosistemas acuáticos a fin de protexer o medio e a saúde humana. Antes de fins do 2018 tódolos estados membros da UE deberán demostrar que as augas costeiras, esteiros, ríos, lagos, augas territoriais mariñas e augas subterráneas se axustan a estes límites.

Mais a Ría de Ferrol vaino ter moi crú. Despois de investimentos de perto de douscentos millóns de euros, no 2015 seguirán sen depurar, entre outras, tanto as augas residuais daqueles núcleos urbanos que os novos interceptores non recollen, como as augas suxas ocasionadas polo “lavado” que a chuvia produce nos materiais almacenados á intemperie nas instalacións portuarias (chatarra, carbón, áridos contaminantes...) continuarán a verquerse directamente á ría.

Esta obra inclúe, aparte do colector xeral, un feixe de tanques de tormenta. A función lóxica destes depósitos soterrados, ademais de evitar inundacións, é separar as augas pluviais limpas das suxas. Mentres as primeiras pódense aliviar a un cauce ou ao medio mariño, as segundas, orixinadas polo arrastre de residuos presentes nos espazos públicos cando chove intensamente, deben ser depuradas.

Mais en Narón e Ferrol os tanques de tormenta van misturar augas brancas (freáticas), augas residuais e augas de chuvia, e as van enviar todas xuntas ao colector xeral para ser depuradas, impedindo a súa reutilización. No caso dunha chuvia forte que comprometa a capacidade de retención dos tanques, esta mistura de augas vai ser derivada directamente á ría, provocando un verquido contaminante.

A razón esgrimida para “perverter” así o funcionamento dos tanques de tormentas é que a cidade non conta cunha rede de saneamento separativo, pero esta é só unha verdade e medias. Boa parte da rede de saneamento da cidade (Bertón, Pérez Parallé, Esteiro, Recimil, Estradas de Catabois e Castela e rúas da Magdalena, Ferrol Vello, Canido e Ensanches) contan con colectores separados para augas pluviais e residuais.

Facendo caso das directrices do vixente PXOM, deberíase ir completando progresivamente a rede separativa dos diferentes barrios, ao tempo que se implementa un tratamento diferente das augas de chuvia de diversa procedencia, co obxectivo de reutiliza-las para procesos industriais, rega de zonas verdes ou limpeza de rúas.

Na mesma liña cumpriría permeabilizar os espazos públicos da cidade e incorporar sistemas de drenaxe sostible que reproduciran no medio urbano o ciclo natural da auga, diminuíndo así o volume de auga a tratar, especialmente no caso de chuvias intensas, reducindo así a sección dos colectores e a capacidade de bombeo, o caudal a tratar pola depuradora, o volume de lodos resultantes e a súa carga contaminante. Os custes enerxéticos e de mantemento do sistema serían así moito menores e o tratamento dos lodos resultantes da depuración sería máis viable.

Mais a obra en execución non conduce á posta en marcha de ningunha destas medidas, que a Nova Política Europea da Auga, centrada na re-utilización da auga de saneamento, vai esixir a partir do 2015.

Despois desta data seguramente asistiremos a outra posta en escena na que se nos explicará que o saneamento que agora se está construír non vale, e que, para evitar sancións da UE, hai que construír novas infraestruturas cuxo custe millonario só pode saír dos nosos petos.

Non estaría mal que, por unha vez, nos adiantáramos ao futuro.

[*] Miguel Reimúndez e Alexandre Carrodeguas, membros de Verdegaia.

Enviado por:
Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
13 de agosto de 2013 14:51

_____________