mércores, xaneiro 23, 2019

Asembleas locais Galegas 8M cara ao #8m2019, en Ferrol este xoves 24 de xaneiro ás 7 da tarde no Ateneo Ferrolán

#8mEuParo para colgar o Mandil e transformar a vida das mulleres!!!

Este xoves 24 de xaneiro, no Ateneo Ferrolán, ás 19 h. seguirán as Mesas de Traballo da Asemblea Aberta de Galegas 8M de Ferrol.

A Asemblea aberta Galegas 8M traballa na organización conxunta das mobilizacións feministas para este ano 2019.

Manifestación Nacional, Folga de Mulleres do 8 de marzo e a apoio ás convocatorias locais dese mesmo día!

Evento da Asemblea en Ferrol do 24 de xaneiro:

https://www.facebook.com/events/1013092692225672/


"As mulleres decidimos"

#Galegas8M | #8m2019  |  #8mEuParo

Web de Galegas8M:
https://galegas8m.wordpress.com/

Facebook Galegas8M:
https://www.facebook.com/Galegas8M/

Info baseada na enviada polo:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
22 de janeiro de 2019 12:47

________________

martes, xaneiro 22, 2019

O coordinador parental como expresión da violencia contra as mulleres. Cando a palabra é a arma, ... Por Estrela Gómez Viñas e Xabier Ron


Por Estrela Gómez Viñas  e Xabier Ron [*]
22.01.2019


A sabotaxe da ética na linguaxe do pensamento politicamente correcto

Na actualidade, nada semella librarse das gadoupas do pensamento politicamente correcto que, non obstante, e de forma nada paradoxal, representa unha perversión dos valores morais e da ética. Cando menos representa unha imposición dogmática, que foxe da reflexión, do debate e do diálogo. E quen ouse discutir os seus fundamentos será vilipendiado e exposto á turba dixital das redes sociais.
O termo coordinador parental véndese como neutro e pretende identificar unha realidade que é inventada para que a súa aplicación sexa lóxica
Non é nada estraño que sexa así se consideramos que o capitalismo neoliberal e hipertecnoloxizado converteu as nosas vidas nunha acelerada competición que nos aliena e nos somete a autoexplotación. Este capitalismo precisa que o pensamento sexa plano, superficial, fragmentario, desideoloxizado, que non conduza a ningures, pois sabe que o avance e o pensamento crítico se alimentan da controversia, da discrepancia, da dialéctica. E ese pensamento crítico suporía sempre e en todo momento un freo para a aceleración. E un freo significaría perda de rendibilidade económica para o capital.

Ademais, para que se dea ese diálogo, debe existir comunidade ou sociedade. Mais o capital abraza o hiperindividualismo antipático, que foxe do contacto e a quen lle resulta moi incómodo ter que escoitar ideas e opinións doutros seres. A empatía élles descoñecida, xa que a empatía representa o encontro co outro ser e do que derivaría, necesariamente, diálogo, enriquecemento mutuo, desprendimento e aprender a coñecerse a si mesmo desde o contacto co outro. A ausencia de empatía explica por que hoxe prenden con máis forza as ideas xenófobas e racistas.

Baixo estas condicións a existencia da turba dixital é necesaria, pois o anonimato e a ausencia de canles efectivas para o pensamento reflexivo e crítico facilitan a penetración da linguaxe e realidade do pensamento politicamente correcto, que se volve hexemónico e dominante. Toda esta andamiaxe é moi difícil de desmontar. Somete a abafo e desencadea a autocensura, mais cómpre resistir e expoñerse publicamente para que se entenda que a realidade que se transmite é unha realidade falaz.
A imposición dun coordinador obrigará á muller a ver como o maltratador accede a algún tipo de trato favorecedor con respecto aos seus fillos ou fillas
A linguaxe que usa o pensamento politicamente correcto emprega o eufemismo como ferramenta comunicativa, non quere aristas e procura palabras ‘positivas’, inventa termos ‘positivos’ e asigna funcións a estes termos nunha realidade que, ao ser nomeada desta maneira, é tan imposta e dogmática como a palabra que a identifica. Así, sobre todo coa guerra e coa crise xurdiron termos como ‘danos colaterais’, ‘comportamento disruptivo’, ‘fogo amigo’, reaxuste de persoal’, ‘crecemento negativo’, ‘desaceleración’, ‘neutralizar’, ‘desaparecido’, ‘hiperactivo’, ‘centros de internamiento’, ‘alivio fiscal’....ás que podemos engadir agora ‘coordinador parental’. O eufemismo serve para manter o control ideolóxico e escurecer deliberadamente a realidade que lle subxace. Se se emprega de forma inmoral, resulta evidente que o emprego dun eufemismo como ‘coordinador parental’ só poder servir para confundir.

O termo coordinador parental véndese como neutro e pretende identificar unha realidade que é inventada para que a súa aplicación sexa lóxica. En esencia, os seus ideólogos crean unha enorme mentira, pero véndena como verdade para dominar politicamente, o que Lee McIntyre define como Posverdade.

Os ideólogos do termo apelan, tal como se facía no período de entreguerras [aínda é imprescindible o traballo de Victor Klemperer sobre a apropiación da linguaxe realizada polo nazismo e como a linguaxe creou a exclusión que logo sería realidade], á existencia de supostas probas científicas para dotar de obxectividade algo que non o ten. Saben que co apoio da ciencia é máis doado ‘colocar’ o termo e a realidade que transmite na sociedade a través, neste caso, dos seus representantes políticos. Iso acontece co termo ‘coordinador parental’ que conta cun grupo de presión, Filia, que adorna a necesidade do termo-realidade apoiándose en supostos argumentos científicos –no fondo, como se detallará máis abaixo, unha patraña misóxina-. A escolla do termo nunca é inocente porque, quen non desexa que alguén ‘axude’ na tarefa de coordinar e solucionar un problema que se orixina entre a parella e a súa descendencia?
Pode un maltratador ser un bo pai?
O eufemismo crea un marco mental positivo. Un pensamento plano, superficial, fragmentario, hexemonizado pola ausencia de reflexión será incapaz de detectar a perversidade moral e ética que se agocha detrás do ‘coordinador parental’: someter á muller vítima de violencia machista a unha nova violencia institucional como sería a imposición dun coordinador que, forzosamente, obrigará á muller a ver como o maltratador accede a algún tipo de trato favorecedor con respecto aos seus fillos ou fillas. Pode un maltratador ser un bo pai?

O problema que subxace co politicamente correcto é que quere ‘quedar ben’ con todo o mundo. Mais iso é imposible: non se pode, nin se debe, estar ao mesmo tempo cos verdugos e coas vítimas, a menos que nos vistamos de indiferenza coa dor que experimentan as mulleres maltratadas. Os cálculos electoralistas non poden nunca servir de escusa para unha opción que incide na violencia machista.

O que hai detrás do 'coordinador parental'

Entendémolo perfectamente cando un Varoufakis nos fala de teorías tóxicas, pero esperta un sorriso escéptico cando nos referimos á violencia de xénero. No primeiro caso, a macroeconomía sucede no espazo público, é de interese xeral; en cambio, a violencia patriarcal pertence ao privado. Aínda que no discurso oficial é recoñecida como un problema colectivo, no escenario social real segue observándose como particular, un lugar cara onde non se debe mirar, do que non é lícito falar. De aí a enorme dificultade de facer comprender unha teoría xeral sobre a violencia de xénero, sobre as múltiples formas da violencia de patriarcal.
Tres exemplos desa teoría tóxica: a muller manipuladora como orixinadora da denuncia falsa, a idea de conflito como desencontro de intereses entre iguais e a coordinación parental para a resolución do mesmo
Destripando a linguaxe de Fundación Filia, como exemplo visible e actualmente activo no estado español dun grupo de presión que actúa simultaneamente nos parlamentos de países ao leste e oeste do Atlántico, toparemos con tres exemplos desa teoría tóxica: a muller manipuladora como orixinadora da denuncia falsa, a idea de conflito como desencontro de intereses entre iguais e a coordinación parental para a resolución do mesmo –en realidade son catro porque o propio concepto de conflito é tamén falaz. Catro exemplos que son os ingredientes básicos da teoría que Richard A. Gardner desenvolveu como perito en tribunais estadounidense aló polos anos 80 para eliminar a validez dos testemuños das vítimas en procedementos por abuso sexual incestuoso. Posteriormente, pasaría a utilizarse amplamente en casos de violencia de xénero e maltrato infantil.

Sucede que esa teoría, a suposta síndrome de alienación parental (ssap), é, a día de hoxe, un concepto hermo: a comunidade científica nega que sexa ciencia, numerosas entidades estatais e sociais advirten do risco de utilizala, os equipos e tribunais que a poñen en práctica rara vez a nomean, simplemente seguen a súa metodoloxía, os seus teóricos renoméana con novas etiquetas que non poden ocultar a súa esencia.

A suposta síndrome de alienación parental (ssap), é, a día de hoxe, un concepto hermo: a comunidade científica nega que sexa ciencia
A utilización do xénero na lingua non é carente de intención, unha vez que se identificou como inaceptable que unha teoría pretendese criminalizar ás mulleres polo seu xénero –na orixe dirixíase exclusivamente contra mulleres- pasouse a utilizar a referencia a ambos xéneros, a pesar de que as medidas seguían afectando a supostas manipuladoras. Neste senso é moi interesante o estudo xurisprudencial sobre a ssap realizado pola Asociación Abogadas Asturianas por la Igualdad, que demostra que, se ben se aplicou a etiqueta a algúns homes, non se tomou ningunha medida correctora contra eles, mentres que contra as nais se tomaron decisión drásticas como redución do tempo de contacto cos fillos ou fillas, cambio de custodia, etc.

Di Filia que existen en España 100.000 casos de “divorcios conflitivos”. Non informa da procedencia do dato nin especifica se inclúe na estatística casos con antecedentes por maltrato. O que si se pode comprobar é que no informe do seu proxecto piloto figuran casos nos que houbo denuncia previa.

Segundo este uso da palabra, o conflito non sería entendido como acontecemento violento e asimétrico, senón conflito entre iguais, conflito de intereses entre pares. Aquí nace e desemboca todo, nunha caste de pensamento autorreferencial ao estilo da escaleira de Penrose. En contexto de violencia, a igualdade é imposible pola propia natureza da relación: a asimetría de poder é e será o seu ingrediente básico, e en consecuencia, a mediación é inútil e potencialmente perigosa para a vítima. Pero se partimos do conflito entre iguais dáse unha situación na que a mediación é posible e incluso beneficiosa.

Por suposto, o argumento parte da afirmación de que eses 100.000 casos son tamén de denuncia falsa, desoíndo as estatísticas anuais oficiais. Ocúltase así a realidade das vítimas que permanecen invisibles para o sistema: as vítimas que nunca o denunciarán e aquelas que si o fixeron pero que a xustiza penal deixou fóra do sistema de protección ou contemplounas, pero non aos seus fillos e fillas –a lei non é concluínte aínda neste punto, é unha posibilidade pero non unha obriga do-a xuíz-a. Ocúltase tamén que as institucións españolas continúan a amparar as vinculacións paterno-filiais forzosas de nenos e nenas que rexeitan réximes de custodia ou visitas.
Isto é o que subxace a esta estratexia do patriarcado: renomear a violencia como conflito entre iguais, promover a mediación e, neste contexto, devolver ás vítimas ao escenario inicial, baixo o control do vitimario
Chegamos entón ao destino: o coordinador parental, a nova figura que se pretende establecer en todas as Comunidades Autónomas para resolver estes “divorcios conflitivos” e cuxo obxectivo é, segundo todas as previsións, levar a efecto estas vinculacións forzosas ou forzadas. Técnico de medidas coercitivas sería sen dúbida un termo máis acorde á súa función, nesta era dos conceptos confusos, da lingüística de fío de platino. Coordinar soa tan pacífico e cívico que custa representar mentalmente o verdadeiro cometido desta figura.

Na comparecencia de Filia na Comisión de Infancia do Congreso dos Deputados, a súa presidenta non dubida en manifestar que “los niños ponen denuncias falsas todos los días en los juzgados de España, los niños ponen denuncias falsas (…) de abuso sexual, cuando ni siquiera les han tocado, y les obligan a hacerlo”. Unha entidade coa que o goberno ten subcontratado o Teléfono do Menor.

Isto é o que subxace a esta estratexia do patriarcado: renomear a violencia como conflito entre iguais, promover a mediación e, neste contexto, devolver ás vítimas ao escenario inicial, baixo o control do vitimario.

Cómpre devolver a honestidade á linguaxe.

Publicado en Praza Pública - 21.01.2019

[*] Estrela Gómez Viñas, presidenta da Asociación Galega Contra o Maltrato a Menores - Agamme.

Xabier Ron, Docente, activista social, membro de EU e do Foro Galego de Inmigración.
---

Agamme

Asociación galega contra o maltrato a menores
http://www.agamme.org/

FACEBOOK | TWITTER

Enviado por:
Agamme
-agammeferrol@gmail.com
21 de janeiro de 2019 21:19

__________

luns, xaneiro 21, 2019

Pacto de silencio, ... Por Iván Rivas Rico


Por Iván Rivas [*]
21.01.2019


Imaxinen a Trump pronunciando o paternalista discurso de Acción de Gracias cargando contra os negros cunha foto de Malcon X morto ás costas. Como cren que o interpretarían os negros?

Agora pregúntense como deben interpretar os nacionalistas cataláns e galegos o discurso de fin de ano do presidente da Xunta, que decidiu cargar contra eles coa imaxe dun nacionalista asasinado ás costas. Que deben intuír do discurso de Feijoó con Bóveda morto de fondo? Quizais o mesmo que suxeriu o Master do universo e actual presidente do PP cando lles lembrou aos cataláns como rematou Companys?

Porque en Galiza a represión se construíu sobre pactos de silencio con mensaxes mudos que demostran que o problema xa non reside na hipocrisía das palabras ou no uso torticero de símbolos como o cadro de Castelao. O problema son as mensaxes explícitas e implícitas de sectarismo, intolerancia e matonismo. O problema é gardar silencio, porque hoxe xa non lles chega con que os débiles permanezamos calados. E senón que llo pregunten ao mimo de A Coruña.[1]

[1] Pep Bou, mimo catalán que actuou no Teatro Colón o 3 de xaneiro de 2019. La Voz..


Publicado no xornal comarcal 'Diario de Ferrol - 08.01.2019. | Artigos.

[*] Iván Rivas Rico, -A Pontenova 1976, é arquitecto de profesión, concelleiro e portavoz do grupo municipal do BNG en Ferrol desde xaneiro de 2012, na anterior etapa e na actualidade. Foi elixido cabeza de lista polo BNG, para as eleccións locais de maio deste 2019. No buscador libre DuckDuckGo.



Enviado por:
Inácio GZ
-inaciog@gmail.com-

9 de janeiro de 2019 00:28
_____________

Concentración en defensa do sistema público de pensións: O sábado 2 de febreiro, ás 12 do medio día, no Cantón de Ferrol, terá lugar unha concentración que será simultánea a outras que terán lugar en cidades e vilas da Galiza e do resto do territorio do Estado


Concentración no Cantón de Ferrol, como noutras cidades e vilas da Galiza e en máis de 200 lugares do resto do territorio do Estado, o sábado 2 de febreiro de 2019, ás 12 do mediodía, na defensa do sistema público de pensións.

Por un sistema Público de Pensións Digno, Xusto, Blindado e para asegurar o das novas xeracións.

Pola pensións presentes e futuras!!

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/599172450505774/

Para contactar coa Plataforma:

Correo-e:
plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com

Conta no Facebook:
https://www.facebook.com/DefensaPensionsFerrolterra/

---

Enlace relacionado:

Comunicado da III Asemblea da Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións - ...non imos abandonar a loita, nin as rúas, que nacemos coa vontade de quedarnos e que faremos todo o que podamos, para conseguir os nosos obxectivo. | Ir á Web.


____

Martes de Cine no Ateneo Ferrolán: O día 22 de xaneiro proxetara-se 'A voda do Monzón', de Mira Nair e o 29 'Lonxe da terra queimada', de Guillermo Arriaga



Martes de Cine 2019. Ciclo “FAMILIAS”

Martes día 22 de xaneiro – "La boda del Monzon"


Ano 2001 - Duración 114 min. - País India - Director Mira Nair -  Xénero: Comedia.

Reparto: Naseeruddin Shah, Lillete Dubey, Shefali Shetty, Vijay Raaz, Tilotama Shome,Vasundhara Das, Parvin Dabas, Kulbhushan Kharbanda, Kamini Khanna, Rajat Kapoor, Neha Dubey, Kemaya Kidwai

Sinopse: Os preparativos dunha elegante voda en Nova Deli, que durará catro días, reflicten os conflitos entre xeracións partidarias de seguir as tradicións e outras defensoras da modernidade. A Lalit Verma e á súa muller Pimmi a voda concertada da súa filla lévalles case ao bordo dun ataque de nervios e da quebra. Outras historias paralelas desenvólvense a medida que van chegando á cidade parentes procedentes de todo o mundo. O noivo chega de Houston ( Texas), onde traballa como enxeñeiro, para coñecer á noiva. A noiva, pola súa banda, acepta o compromiso de mala gana, pois está namorada dun presentador de televisión. Os preparativos da voda esixen contratar a un organizador profesional e o elixido será P. K. Dubey, que é un intelixente mozo de clase media.

Martes día 29 de xaneiro– "Lejos de la tierra quemada"

Ano 2008 - Duración 111 min. - País EEUU - Director Guillermo Arriaga - Xenero: Drama.

Reparto: Charlize Theron, Jennifer Lawrence, Kim Basinger, Joaquim de Almeida,Robin Tunney, José María Yazpik, Tessa Ia, Diego J. Torres, Danny Pino,Brett Cullen, TJ Plunkett

Sinopse: Sylvia (Charlize Theron), a xerente dun restaurante, trata aos clientes de maneira amable e profesional. Pero oculta un tormentoso pasado que sae á luz cando recibe a visita dun estraño que vén de México. En México, unha moza vive feliz co seu pai e o seu mellor amigo ata que un tráxico accidente arruína a súa vida. Na cidade fronteiriza das Cruces, dous adolescentes namorados loitan por saír adiante tras a repentina morte dos seus pais. Finalmente, un ama de casa que vive nunha caravana métese nun caso que fará que o mundo de Sylvia choque co destes personaxes.

Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

Ateneo Ferolán

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)

Síguenos:
TWITTER: @ateneoferrolan
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
FACEBOOK.
Faite soci@ on line! Colabora con nos!
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2007/12/faite-soci.html

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
21 de janeiro de 2019 11:40

_______

'Narón Por Diante' comeza neste mes de Xaneiro o proceso de elección dos primeiros postos da candidatura e a elaboración do Programa de cara as eleccións Municipais


Comunicado de Narón Por Diante de cara as eleccións municipais.


Narón Por Diante comeza neste mes de Xaneiro o proceso de elección dos primeiros postos da candidatura e a elaboración do Programa de cara as eleccións Municipais.

Despois da elección como candidato a Alcaldía de André Abeledo Fernández, actual Voceiro de EU Narón no Concello, comeza o traballo de dar forma a un espazo de confluencia da esquerda naronesa ilusiónante.

O proceso está aberto a toda persoa que queira axuntar forzas para traballar por Narón e a nosa veciñanza.

Somos xente de esquerdas, xenerosa, utópica e realista, capaces de chegar a acordos que nos permiten avanzar e medrar.

Estamos dispostos a perder parte da nosa razón sen renunciar nin ao primeiro dos nosos principios.

Neste momento en que a ultradereita medra no mundo, en Europa e no Estado español estendemos que a unidade da esquerda é a estratexia a seguir.

En Narón Por Diante participan persoas de diferentes organizacións e tamén independentes, as decisións son tomadas en conxunto e con absoluta transparencia, a participación no proxecto estivo sempre aberta e así imos continuar.

Nin partidismos, nin personalismos deben estar por diante do noso deber histórico de organizarnos.

A historia esta para que aprendamos dos erros do pasado, o capitalismo en tempos de crise sistémica volve a espertar ao fascismo. O discurso do odio e o medo volve a ser sementado entre a clase traballadora.

Hoxe a unidade da esquerda é unha necesidade e un deber.

Con NARÓN POR DIANTE abrimos un espazo de confluencia para que a esquerda naronesa medre e se organice. A nosa candidatura será plural e vai emanar das decisións tomadas nas asembleas abertas que foron dando forma ao proceso de unidade.

Axúntate a NARÓN POR DIANTE!

Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
21 de janeiro de 2019 13:43

______________

Lográmolo: en 2019 haberá un diario en galego - O representará un punto de inflexión no panorama mediático coa saída, a finais de ano, dun diario en papel en Galego - As máis de 3.000 presubscricións logradas até o momento supoñen o pasaporte para que a lingua galega e a defensa dos intereses galegos sexan protagonistas dun xornal aberto a todo o pobo

De esquerda a dereita: Xoán Colazo, Xurxo Souto, Nicolasa Castro, Roberto Vilameá, Marga Romero,
Xoán Costa, Rubén Lois, Nemésio Barxa, Sira Vidal e Manuel da Cal, diante do mapa de Fontán,
no Parlamento de Galiza. (Foto Xoan Muras.)
Un diario en papel en galego verá a luz a finais de 2019. O que naceu como un proxecto hai apenas un ano farase realidade ao lograrmos chegar ás 3.000 presubscricións, o obxectivo mínimo marcado para garantir a estabilidade financeira que permita afrontar os custos de edición do diario en papel e na internet. Unha cantidade que aspiramos a aumentar ao mantermos aberto o formulario de subscrición.

2019 representará un punto de inflexión no panorama mediático coa saída, a finais de ano, dun diario en papel en galego, como acordou na mañá do sábado o Consello de Administración de Sermos Galiza, S.A., que celebrou simbolicamente a decisión cunha fotografía no Parlamento galego ante o mapa de Fontán, quen permitiu descubrir Galiza no debuxo exacto do país.

Para uns a Terra é o pequeno berce no que naceron: apenas un fermoso val (...). Para outros, a Terra é tan grande que soamente alcanzan a vela no mapa de Fontán”, deixou escrito Castelao a respecto da célebre Carta Xeométrica. Adiantándose ás imaxes dos satélites, Domingo Fontán logrou fotografar Galiza e situala na vangarda científica. E Galiza é o norte do compás do diario en galego, que camiñará de maneira construtiva cara ao desenvolvemento e a transformación económica e social da realidade galega. Unha realidade esquecida nas páxinas dos xornais e que nos levarán a reflectir unha cartografía completa de Galiza onde teñan cabida temáticas como o traballo, a cultura, a ecoloxía, os feminismos, a lingua, a diáspora, a economía, a memoria, a historia ou os dereitos e liberdades civís.

As máis de 3.000 presubscricións logradas até o momento supoñen o pasaporte para que a lingua galega e a defensa dos intereses galegos sexan protagonistas dun xornal aberto a todo o pobo e que tratará cantos asuntos repercutan sobre o benestar económico, social e cultural de Galiza. O proxecto, presentado publicamente o 29 de xaneiro de 2018 en Compostela, perante unha nutrida representación da sociedade galega, nacía vinculado a conseguir o obxectivo de 3.000 subscricións, o mínimo que garantiría a estabilidade financeira precisa para afrontar os custos de edición do diario en papel e do diario dixital.

Subscricións abertas para sermos máis fortes


Unha vez acadada a cifra, o Consello de Administración de Sermos Galiza afanarase en ampliar apoios para dotar dunha maior fortaleza o diario. De aí que se manteña aberto o formulario de subscricións, que pode facerse chegar a través desta ligazón ou por correo postal. “Queremos ir a máis. Por iso nos diriximos a quen dubidaba do proxecto: coñeceremos as páxinas do xornal a finais de 2019”, salienta Xoán Costa, presidente e conselleiro delegado do Consello de Administración, que apela a xuntar máis apoio económico daquelas persoas cun pensamento e comportamento aberto, actual e implicado que non ven satisfeitas na prensa convencional as súas ideas de avanzo social.

Cantas máis sexamos, de maior calidade será un xornal nacional, profesional e colaborativo que ofrecerá información de terzas feiras a sábado, nun total de 260 edicións en papel ao ano, e todos os días na súa versión dixital. O futuro, expón Costa, pasa polo xornalismo multiplataforma e polas sinerxias entre a edición impresa –que segue a ser o soporte que maior credibilidade comporta– coas posibilidades audiovisuais que ofrece a rede. Acompañará o diario en papel –que constará de 32 páxinas a cor– Sermos Galiza que deixará de editarse de maneira autónoma como semanario para se converter no suplemento do novo xornal.

Agradecemento do Consello de Administración

O presidente do Consello de Administración lembra que “cando anunciamos o proxecto eramos conscientes de que partiamos coas limitacións de quen comeza sen apoios de ningunha grande empresa ou grupo de presión detrás, mais tiñamos o convencemento de lograrmos que as galegas e galegos non aforrarían esforzos para facer do soño unha realidade”.

Diciamos no final da campaña: se ti estás, chegamos. E así foi. De aí que o Consello de Administración de Sermos Galiza, S.A. queira expresar o seu agradecemento máis sincero a todas cantas persoas que procuran un cambio de seu no país e que acreditan nun diario imprescindíbel para que o pobo galego conforme a súa opinión sobre información obxectiva e contrastada”, conclúe Xoán Costa, que chama a seguir sumando mans baixo a convición de que para nos erixir nunha sociedade libre, necesitamos unha prensa incorruptíbel e independente dos grandes poderes.

Podes subscribirte ao diario en galego nesta ligazón.

https://www.sermosodiariogalego.gal/participa/

Fonte: Sermos Galiza. | Baixo Licenza Creative Commons - by-nc-nd/2.5.
________

O concelleiro de Esquerda Unida Narón, André Abeledo solicita o estudo de medidas en materia de vivenda e aluguer para Narón


Abeledo solicita o estudo de medidas en materia de vivenda e aluguer para Narón


André Abeledo rexistrou unha Moción onde solicita as seguintes medidas sobre vivenda:

1.- Elaborar un censo de vivendas desocupadas de acordo aos criterios establecidos no Real Decreto e instar a Xunta de Galicia a desenrolar o concepto de vivenda valeira.

2.- Estudar a posibilidade de modificar a ordenanza fiscal para establecer un recargo do 50% no IBI daquelas vivendas que se atopen desocupadas, sobre todo terceiras vivendas, vivendas propiedade de entidades bancarias, ou en mans do SAREB.

3.- Estudar a posibilidade de modificar a ordenanza fiscal para establecer un 95% de bonificación daquelas vivendas destinadas ao aluguer con renda limitada.

Abeledo explica que é  unha Moción necesaria logo da aprobación do Real Decreto-lei 21/2018, de 14 de decembro.

André Abeledo indica que no Estado español hai 3,5 millóns de vivendas valeiras, segundo o último censo de poboacións e vivendas dispoñible, realizado en 2011.

En EU Narón temos claro que hai que garantir a función social da vivenda. No seu momento propuxemos o recargo do IBI, as vivendas desocupadas en Narón, pero atopámonos con problemas legais pola ausencia dunha definición clara sobre o que é unha vivenda desocupada.

Pero agora despois da publicación no BOE do Real Decreto-lei 21/2018, de 14 de decembro, de medidas urxentes en materia de vivenda e aluguer, que entre outras cousas fai unha reforma da Lei de Facendas Locais regulando o recargo previsto para os inmobles de uso residencial desocupados con carácter permanente, mediante a súa remisión a correspondente normativa sectorial da vivenda, autonómica ou estatal, con rango de lei, ao obxecto de que poida ser aplicado polos concellos mediante a aprobación da correspondente ordenanza fiscal.

Sabemos e recoñecemos que este Decreto chega tarde, cando a maioría dos municipios xa temos aprobado as nosas Ordenanzas Fiscais. Aínda así abre un campo de posibilidades para traballar dende o ámbito municipal para que no haxa casas sen xente, ni xente sen casas.
Entendemos que xa non hai escusas, os Concellos poden a partir de agora adoptar unha serie de importantes medidas.

GRUPO MUNICIPAL
ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter. | Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.


Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
21 de janeiro de 2019 11:32

___________

André Abeledo pide ao Pleno a reprobación do ex-ministro Pedro Morenés ante a parálise dos contratos das fragatas 110 - O concelleiro fai fincapé no dano que a unha Comarca como a de Ferrolterra fixo a actuación do ex ministro do PP, tamén a Narón posto que nos nosos polígonos afincanse empresas dedicadas ao sector naval e vinculadas a NAVANTIA


ABELEDO PIDE AO PLENO A REPROBACIÓN DO EX MINISTRO PEDRO MORENÉS POLO ADIAMENTO E PARÁLISE DOS CONTRATOS DAS FRAGATAS F-110 PARA OS ESTALEIROS DE NAVANTIA


André Abeledo fai fincapé no dano que a unha Comarca como a de Ferrolterra fixo a actuación do ex ministro Morenés, tamén a Narón posto que nos nosos polígonos afincanse empresas dedicadas ao sector naval e vinculadas a NAVANTIA. Ademais moitos veciños e veciñas de Narón son traballadores e traballadoras que forman parte do plantel de NAVANTIA.

As ordes do goberno de Mariano Rajoy para contratar armamento á multinacional MBDA que Pedro Morenés presidiu en España (ata a súa entrada no goberno) adiou e paralizou a definición dun proxecto de 4 000 millóns de euros que garantía 10 anos de carga de traballo para o estaleiro da nosa comarca e que evitou a posta en marcha dun contrato para construír 5 fragatas no estaleiro de Navantia en Ferrol.

Esta situación causou 2 anos de adiamento do proxecto técnico, ademais de provocar un enfrontamento entre a Armada e a Dirección Xeral de Armamento controlada polo ministro, dada a oposición da primeira xa que mantiña criterios contrarios aos de instalar o armamento que solicitaba o executivo do Partido Popular.

Emporiso o Ministerio de Defensa (durante os gabinetes de Morenés e Cospedal) impulsou con carácter prioritario a implantación nesas cinco fragatas dos mísiles Sea Ceptor (non empregados nunca na Armada Española) que a compañía do ministro estaba tentando colocar no mercado internacional de Defensa, entre outros mercados en España.

A construción das Fragatas F-110 suporía un volume que daría carga de traballo aos estaleiros ferroláns durante alo menos unha década. Un contrato que asegura a xeración de 7.000 postos de traballo directos (1.300 empregos) e indirectos (2000 empregos) na comarca de Ferrolterra entre a empresa pública, auxiliares e subministradores (3.500 empregos).

Nunha Comarca que vive unha situación difícil cunha media desemprego por riba da media española e unha sangría demográfica que sufre dende a década dos 80 e 90, a decisión do goberno de PP cobra especial gravidade posto que supón dar prioridade aos “intereses empresariais e persoais” favorecendo a unha empresa vinculada co naquel momento titular da carteira de Defensa (e coa posterior xestión de María Dolores de Cospedal), por enriba dos intereses da veciñanza de toda a Comarca. Iso moi a pesares das declaracións do candidato regresado do futuro Rey Varela, que di “ven salvar Ferrol da parálise” e coa indiferenza por parte do presidente da Xunta, que di “non saber” e que tampouco atopa motivo para por en cuestión a xestión do anterior Ministerio de Defensa.

Pero esta situación non foi unha excepción nin un feito illado, do xeito de proceder do Ministerio de Defensa nos anos do goberno de Mariano Rajoy xa que foron adxudicados contratos por valor de 115 millóns de euros a empresas do grupo Segur Ibérica vinculadas ao ex- ministro Pedro Morenés, onde ocupou distintos postos de dirección. Dende o seu nomeamento como ministro o 4 de decembro de 2016 foron adxudicados directamente polo Ministerio de Defensa 21 dos 23 contratos polo procedemento negociado sen publicidade.

En resumo, estamos ante unha nova mostra do estilo de facer política do Partido Popular que busca o lucro propio que no caso das Fragatas causou un grave dano a toda a Comarca. O empeño en impoñer un armamento concreto (indo en contra dos criterios da Armada) para favorecer ao grupo de empresas vinculadas a Morenés deron lugar ao adiamento do proxecto técnico necesario para dar luz verde a construción das fragatas, danando de xeito lesivo un sector clave para a toda Comarca de Ferrolterra. CARGA DE TRABALLO, XA!

ACORDOS:

1. Condena enérxica do Pleno do Concello de Narón a xestión do Ministerio de Defensa e do ex- ministro Pedro Morenés.

2. Pedir a comparecencia do ex ministro Pedro Morenés no Congreso dos Deputados para explicar polo miúdo a paralización do proxecto técnico así como o motivo de ir en contra do criterio da Armada en canto a instalacións dos mísiles Sea Ceptor.

3. Instar ao Goberno Central a valorar a denuncia dos feitos anteditos ante a Fiscalía.

Grupo Municipal de EU NARÓN

GRUPO MUNICIPAL
ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter. | Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s. aaa


Enviado por:

Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
20 de janeiro de 2019 19:58
____

Diante do 'Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto' o venres 25 de xaneiro, terá lugar en Narón, entre outros actos,a inauguración e visita guiada á Exposición 'Galegos en Mauthausen' explicada por Enrique Barrera


O venres 25 de xaneiro de 2019, ás 11 da mañá na Biblioteca Municipal de Narón, inauguración e visita guiada a Exposición “Galegos en Mauthausen” explicada por Enrique Barrera, Historiador e Secretario da asociación Memoria Histórica Democrática, e ás12 do mediodía no Salón de Plenos do Concello Narón, o Acto Institucional de acendido das Veas polos alumnos do Colexio Santiago Apóstol.

En 2005 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas establece o 27 de Xaneiro de cada ano, como Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto, ratificando o seu compromiso na loita contra o antisemitismo, o racismo e toda forma de intolerancia que poida conducir a actos violentos contra grupos humanos determinados. A través dunha sinxela cerimonia préndense varias veas representativas dos colectivos implicados.

www.memoriahistoricademocratica.org
http://memoriahistoricademocratica.wordpress.com
en facebook: Memoria Historica Democratica.
en twitter: Memoria Ferrol  @memoriaferrol.

Foto de Bundesarchiv, Bild 183-N0827-318 / CC-BY-SA 3.0.
Para propósitos de documentación, o Arquivo Federal Alemán (Bundesarchiv) moitas veces conservaba as lendas orixinais de imaxe, que poden ser erróneas, tendenciosas, obsoletas ou politicamente extremas. KZ Auschwitz, Ankunft ungarischer Juden.

"Galegos en Mautthausen", por Enrique Barrera Beitia e outros libros do autor | Ir á Web.

---

Galegos asasinados en Mauthausen

  • Albedro Vilaverde, José: Natural de A Coruña. Morto o 24-1-1943 en Mauthausen.
  • Albite Miranda, Silvestre: Natural de Olveira. Morto o 9-11-1941 en Mauthausen.
  • Alonso Losada, Andrés: Natural de Peites. Morto o 6-1-1942 en Gusen.
  • Álvarez Fernández, Abilio: Natural de Olelas. Morto o 2-?-1942 en Mauthausen.
  • Araujo González, Antonio: Natural de Ourense. Morto o 11-10-1941 en Gusen.
  • Arias López, Jesús: Natural de Sarria. Morto o 14-2-1941 en Gusen.
  • Bailín Pérez, Liberio: Natural de As Nogais. Morto o 13-9-1944 en Mauthausen.
  • Batalla Caule, Fernando: Natural de A Coruña. Morto o 22-09-1941 en Gusen.
  • Becerra Linares, José: Natural de Arantón. Morto o 19-11-1941 en Gusen.
  • Bilar Febrero, Antonio: Natural de Santomé. Morto o 11-8-1941 en Gusen.
  • Caamaño Fernández, Francisco: Natural de Pobra do Caramiñal. Morto o 3-11-1941 en Gusen.
  • Cameán San Isidro, Juan: Natural de Pobra do Caramiñal. Morto o 29-9-1941 en Gusen.
  • Cameselle Fernández, Agustín: Natural de Vigo. Morto o 1-11-1941 en Gusen.
  • Cañeda Macía, José: Natural de Vilar de Donas. Morto o 7-1-1942 en Gusen.
  • Castillo Soutelo, Adriano: Natural de A Coruña. Morto o 24-4-1941 en Gusen.
  • Castro Morales, Domingo: Natural de Cebral. Morto o 2-2-1942 en Mauthausen.
  • Conde Ramos, Ramón: Natural de Maceda. Morto o 1-12-1941 en Gusen.
  • Coto Martínez, Manuel: Natural de Marcón. Morto o 2-06-1942 en Gusen.
  • Díaz Ortaz, Victoriano: Natural de Mosteiro. Morto o 6-1-1942 en Gusen.
  • Diéguez Blanco, Antonio: Natural de Freijido. Morto o 3-1-1942 en Gusen.
  • Fariña Choufino, Antonio: Natural de Malpica. Morto o 6-5-1941 en Gusen.
  • Fernández Fernández, Manuel: Natural de Lugo. Morto o 29-12-1941 en Gusen.
  • Fernández García, Manuel: Natural de Mugardos. Morto o 24-12-1941 en Gusen.
  • Fernández Gutiérrez, Manuel: Natural de Vigo. Morto o 4-11-1941 en Gusen.
  • Fernández Pastoriza, José: Natural de Bueu. Morto o 20-9-1941 en Gusen.
  • Fernández Pérez, José: Natural de Estremar. Morto o 26-2-1942 en Gusen.
  • Fernández Prada, Manuel: Natural de Ribeira. Morto o 13-5-1942 en Gusen.
  • Fernández Rodríguez, Jesús: Natural de Cotaróns. Morto o 7-11-1941 en Gusen.
  • Fernández Santín, José: Natural de San Miguel. Morto o 20-12-1941 en Gusen.
  • Fernánzez Lorenzo, Tiberio: Natural de Corzos. Morto o 11-12-1941 en Gusen.
  • Ferreiro Álvarez Martín: Natural de Pontevedra. Morto o 23-11-1941 en Gusen.
  • Fidalgo Antelo, Daniel: Natural de Castrarón. Morto o 3-2-1941 en Gusen.
  • Fidalgo Pérez, José: Natural de Castiñeira. Morto o 6-4-1941 en Gusen.
  • Folía Arias, Benedito: Natural de Freijido. Morto o 13-10-1942 en Gusen. Morreu electrocutado ó botarse ós aramados.
  • Formoso Fernández, Eligio: Natural de Riobodas. Morto o 3-12-1941 en Gusen.
  • García de la Cruz, J. Clemente: Natural de A Coruña. Morto o 29.9.1941 en Gusen.
  • García Lagares, Arturo: Natural de A Coruña. Morto o 12-7-1941 en Gusen.
  • García Rodríguez, José: Natural de Baltar. Morto o 19-12-1941 en Gusen.
  • García Rodríguez, José: Natural de Carril. Morto o 15-10-1941 en Gusen.
  • Gómez Cortés, Ángel: Natural de Camposancos. Morto o 14-01-1942 en Gusen.
  • Gómez Iglesias, Francisco: Natural de Ferrol. Morto o 30-12-1941 en Gusen.
  • Gómez López, Ramón: Natural de Buisán. Morto o 24-11-1941 en Gusen.
  • Gómez Torres, Antonio: Natural de Pontevedra. Morto o 17-02-1945 en Gusen.
  • González del Valle, Juan: Natural de A Coruña. Morto o 26-9-1941 en Gusen.
  • González Prada, Isauro: Natural de Castro Caldelas. Morto o 2-11-1941 en Gusen.
  • González Regueiro, José: Natural de P. Das Viñas. Morto o 26-7-1941 en Gusen.
  • González Vázquez, José. Natural de Quintela. Morto 18-01-1942 en Gusen.
  • Lamela Marcate, Ramón: Natural de Fisterra. Morto o 4-2-1942 en Gusen.
  • Lamelas, Manuel: Natural de Viveiro. Morto o 2-4-1943, en Mauthausen.
  • López Criado, Leopoldo: Natural de A Coruña. Morto o 3-11-1941 en Gusen.
  • López Digón, Jesús: Natural de Freijó. Morto o 26-7-1942 en Gusen.
  • López López, Ricardo: Natural de Belcigán. Morto o 11-9-1942 en Mauthausen.
  • López Raimóndez, Octavio: Natural de Villabol. Morto o 16-11-1941 en Gusen.
  • López Rama, José: Natural de Vilasantar. Morto o 21-12-1941 en Gusen.
  • María Díez, Camilo: Natural de Vigo. Morto o 1-11-1942 en Gusen.
  • Martínez Arias, Julio: Natural de A Coruña. Morto o 7-9-1941 en Gusen.
  • Martínez Cacheira, José: Natural de A Coruña. Morto o 23-11-1941 en Gusen.
  • Martínez Parada, Casto: Natural de Trascastro. Morto o 28-7-1941 en Gusen.
  • Martínez Pereira, Jaime: Natural de Panxón (Nigrán). Morto o 2-12-1941 en Gusen.
  • Méndez López, Jesús: Natural de Vilar de Cucos. Morto o 8-7-1941 en Gusen.
  • Miguel Pazos, Olimpio: Natural de Redondela. Morto o 18-04-1943 en Mauthausen.
  • Millán Martínez, José: Natural de Poboa do Caramiñal. Morto o 15-1-1942 en Gusen.
  • Mínguez Castro, José: Natural de Poboa do Caramiñal. Morto o 10-1-1943 en Gusen.
  • Murado Sazoy, Jesús: Natural de Bol Ría Juan. Morto o 6-11-1941 en Gusen.
  • Naveira Campos, José: Natural de Betanzos (?). Morto o 12-8-1941 en Gusen.
  • Naveira Couso, José: Natural de Poboa do Caramiñal. Morto o 18-12-1941 en Gusen.
  • Otero Avión, Marcial: Natural de Covelo. Morto o 28-09-1941 en Gusen.
  • Pardo Vallés, Rafael: Natural de Laxosa. Morto o 7-1-1942 en Gusen.
  • Peña Losada, José Andrés: Natural de Franza. Morto o 16-10-1941 en Gusen.
  • Peña Martínez, Manuel: Natural de Freixeiro. Morto o 24-11-1941 en Gusen.
  • Pereira Pérez, José: Natural de Mugardos. Morto o 30-12-1941 en Gusen.
  • Pérez López, Magín: Natural de Sarreaus. Morto o 8-11-1941 en Gusen.
  • Pérez Rodríguez, Avelino: Natural de Entrimo. Morto o 5-8-1941 en Gusen.
  • Permuy Pérez, Manuel: Natural de Iglesia. Morto o 7-4-1942 en Mauthausen.
  • Piñeiro Agulleiro, Manuel: Natural de Cumbria. Morto o 16-2-1942 en Mauthausen.
  • Piñeiro Otero, Antonio: Natural de Chapela. Morto o 24-02-1942 en Gusen.
  • Pontes Palmeiro, Manuel: Natural de Ferrol. Morto o 4-7-1941 en Gusen.
  • Quíntana Romero, Antonio: Natural de Carril. Morto o 19-3-1942 en Gusen.
  • Rafales Lamarca, Luis: Natural de A Coruña. Morto o 9-9-1941 en Mauthausen.
  • Rajo Lorenzo, Julio: Natural de Carbonillo. Morto o 1-10-1942 en Mauthausen.
  • Ramos González, Valentín: Natural de Bardomil. Morto o 9-9-1941 en Mauthausen.
  • Rei Domínguez, Demetrio: Natural de Santa Comba. 17-7-1942 en Gusen.
  • Rey Cruz, Manuel: Natural de Bueu. Morto o 30-5-1941 en Gusen.
  • Rey Lago, Juan: Natural de Lampo. Morto o 9-11-1941 en Gusen.
  • Rodríguez Abad, Antolín: Natural de Vilanova de Arousa. Morto o 1-12-1942 en Gusen.
  • Rodríguez Fernández, Ricardo: Natural de Vigo. Morto o 7-02-1941 en Mauthausen.
  • Rodríguez Louro, Manuel: Natural de Ézaro. Morto o 16-9-1941 en Gusen.
  • Rodríguez Trillo, Juan: Natural de Cordeira. Morto o 22-9-1942 en Gusen.
  • Romaní Abeijón, Eduardo: Natural de Muros. Morto o 8-7-1941 en Gusen.
  • Romero Rebón, Carlos: Natural de Cervás. Morto o 9-2-1942 en Gusen.
  • San Miguel Prada, Víctor: Natural de A Coruña. Morto o 10-1-1942 en Gusen.
  • Sanmartín Abilleira, Urbano: Natural de Mourente. Morto o 24-11-1941 en Gusen.
  • Santín Aria, Balbino: Natural de Sobras. Morto o 10-12-1941 en Gusen.
  • Seijas Aller, José: Natural de Castro. Morto o 28-11-1941 en Gusen.
  • Seijas Insua, José: Natural de Carral. Morto o 6-7-1942 en Gusen.
  • Souto Millares, Agustín: Natural de Santín. Morto o 9-12-1941 en Gusen.
  • Soutullo Iglesias, Manuel: Natural de Ourense. Morto o 20-?-1942 en Mauthausen.
  • Suárez Gallego, Alberto: Natural de A Veita. Sen data da morte.
  • Taller Charlón, Enrique: Natural de A Coruña. Morto o 7-12-1941 en Gusen.
  • Tizón Vázquez, Claudio: Natural de Pontevedra. Morto o 2-02-1942 en Mauthausen.
  • Varela Loreino, Francisco: Natural de Vilagarcía. Morto o 6-04-1941 en Gusen.
  • Vázquez González, Antonio: Natural de Ourense. Morto o 22-7-1941 en Gusen.
  • Vázquez Valdominos, Jesús: Natural de Cujas. Morto o 26-20-1941 en Gusen.
  • Villar Piñón, Manuel: Natural de Cervo. Morto o 27-12-1941 en Gusen.
  • Yabra Dacoba, Manuel: Natural de Seijo. Morto o 10-1-1942 en Gusen.
Fonte: Os galegos que morreron no inferno de Mauthausen, por Eduardo Rolland.- 24/04/2017. | GCiencia.

Info baseada na enviada pola:
Memoria Histórica Democrática
-memoriahistoricademocratica@gmail.com
14 de janeiro de 2019 21:03

_____________

O que ten sepultado o Pazo de Cultura, segundo Eliximos Narón


O que ten sepultado o Pazo de Cultura.


O goberno do Tripartito xa entrou na súa precampaña electoral, dirixido por TEGA pero co beneplácito de BNG e PSOE, están a publicitar todo o que lles interesa destacar que lles poida dar boa imaxe para afianzar o seu voto, e para que os “acomodados” queden en casa e non vaian votar, pois en Narón hai unha alta porcentaxe de abstencións nas eleccións municipais (48% fronte ao 36% de media na provincia no 2015) que beneficia a TEGA, pois o votante regular non adoita variar o seu voto, xeralmente son os que van ocasionalmente ao colexio electoral (que lles move o descontento) os que poden dar un envorco aos resultados.

Como consecuencia do crecemento do Concello, foi crecendo entre os naroneses o concepto de Narón como un concello coa súa propia identidade que, acompañado da bonanza económica e do boom da construción, levou a TEGA a pensar nas macro-construcións para o seu autobombo, sendo o seu máximo expoñente o Pazo dá Cultura. Unha obra cun custo xa de seu alto (12 millóns) pero que foi incrementándose polas deficiencias (tanto do deseño como da execución) que obrigaron a realizar reformas e que dispararon o custo moi por encima do seu prezo oficialmente recoñecido. Foi unha época na que como “novos ricos” quixeron vivir por encima das posibilidades do Concello alcanzando un gasto de 41,2 millóns en 2009 e unha débeda de 12,6 millóns.

Unha década despois a débeda está case igual, con 12,2 millóns, aínda que mellor “escondida”: 2 millóns de débeda coa Deputación para pagar en 10 anos, 8,7 millóns con ACUAES (a pagar en 46 anos no recibo do saneamento) e 1,5 millóns de COSMA (que tamén vai aos recibos de auga e saneamento). Así, que isto lles permite publicitar que xa non teñen débeda bancaria, e, estando todos os medios á súa disposición, é a única mensaxe que se transmite.

Unha década tamén pasou dende a apertura do Pazo dá Cultura, o que aproveitan para facerse propaganda indirecta de precampaña contando aquilo que lles interesa: a parte visible e maxestosa do Pazo pero, como di o famoso proverbio “Non hai que esquecer que o que a árbore ten de florido vive do que ten sepulto” xa que, ademais do elevado custo que supuxo a súa construción, existe un elevado custo para o seu funcionamento que se sustenta principalmente dos impostos dos naroneses, quen en moitos casos non pisaron nin unha soa vez o Pazo, mentres que o que de verdade necesitan é que se cubran os deficientes servizos básicos (auga, rede de sumidoiros, beirarrúas, contorna accesible, atención social, etc.).

Publicitan que 425.000 espectadores visitaron o pazo nos seus 10 anos de vida, aínda que non se sabe cantos deses espectadores son de Narón, tema que ao Tripartito non lle interesa tratar, pero ALGO QUE SI LLE INTERESA AOS NARONESES QUE VEN COMO SE SUBVENCIONAN COS SEUS IMPOSTOS AS ENTRADAS DE ESPECTADORES DE TODA A COMARCA a actuacións das que, en moitos casos, non poden gozar.

Pódese estimar que nos últimos 5 anos pasaron polo Pazo 240.000 espectadores que deixaron en entradas 1 millón de euros, pero os gastos do Pazo foron de 9,5 millóns, é dicir que, aproximadamente, por cada 10 euros gastados no Pazo os espectadores (sexan de Narón ou non) só poñen 1, os restantes 9 van a cargo dos naroneses, no que constitúen subvencións ocultas (non recoñecidas legalmente).

Eliximos Narón Electores (ENE)
Grupo Mixto do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n – Entrechán
15570 Narón (A Coruña)

673141822 - eliximos@gmail.com

Narón, moito  por facer
...fagámolo, xuntos podemos.

Web:
http://eliximos.es/

twitter:
https://twitter.com/eliximosnaron

facebook:
https://www.facebook.com/groups/Eleximos.Naron/

Enviado por:
ENE Eliximos Narón Electores
-eliximos@gmail.com-
20 de janeiro de 2019 16:47

_________

sábado, xaneiro 19, 2019

Contacontos e música para crianças este sábado 19 de janeiro, Xabier Longueirón trazerá-nos as suas contadas e músicas ao centro social da Fundaçom Artábria - Em Ferrol, na Travessa de Batalhons nº7 , no bairro de Esteiro


Contacontos e música para crianças este sábado


Sábado 19 haverá umha nova atividade para as crianças na Fundaçom Artábria.

Xabier Longueirón trazerá-nos as suas contadas e músicas ao centro social.

A atividade será às 19hs e a entrada de graça com inscriçom prévia no 671 200 160 (Lara) ou no correio: correiodeartabria@gmail.com
--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!

A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.


Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
17 de janeiro de 2019 16:16

________________

venres, xaneiro 18, 2019

Comunicado da III Asemblea da Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións - ...non imos abandonar a loita, nin as rúas, que nacemos coa vontade de quedarnos e que faremos todo o que podamos, para conseguir os nosos obxectivos


Reunida en Madrid este 11 de xaneiro de 2019, pasados uns meses do segundo ano da súa constitución, a III Asemblea da Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións, decidiu entre outros asuntos, continuar coas mobilizacións e emitir o seguinte comunicado:

COMUNICADO DA COORDINADORA ESTATAL NA SÚA III ASEMBLEA.

Compañeiros e compañeiras; o 10 de setembro de 2016, nacía nos xardíns do Paseo del Prado de Madrid esta Coordinadora, coa participación dunhas poucas CC.AA. e unha vintena de persoas. O pasado día 11 de xaneiro, apenas dous anos máis tarde, celebrouse en Madrid a III Asemblea da COESPE coa participación da práctica totalidade das CC.AA, e 70 persoas colaborando nas diferentes comisións de traballo, sen dúbida todo un éxito que vos debemos a vosoutr@s, pola vosa persistencia, resistencia e apoio a un movemento social que aínda ten moito traballo por diante, e moito que opinar sobre pensións e dereitos no noso país. Agradecemos todo o traballo realizado aos compañeiros/as saíntes, aínda que sabemos que no fondo seguirán con nosoutros, e toda a forza necesaria para os compañeiros/ as, que continúan na loita.

Dixémosllo á Ministra Magdalena Valerio o día 31 de xullo: nós queremos unha solución ao noso Sistema Público de Pensións; nós estamos dispostos a traballar nesa solución, a achegar o que sabemos, a fixar prazos realizables e con compromisos, onde todos/as podamos sentir cómodos/as, pero nós non abandonaremos as rúas e as prazas de pobos e cidades, se só tratades de poñer parches a unha situación que se vén degradando desde a firma do Pacto de Toledo.

Temos a impresión, máis ben a constatación, de que o Goberno non busca a solución do problema, de que non lle interesa realizar unha reforma integral do SPP, que proporcione unha vida digna a millóns de cidadáns/as que malviven con pensións de miseria; de que non quere un debate aberto á sociedade, nin do por que chegamos a esta situación, nin de como podemos entre todos abordar as solucións futuras.

Temos a constatación dun Goberno que nin tan só se atreveu a mellorar o pacto establecido entre PNV e PP. Non se atreveu a fixar a subida das pensións de acordo co IPC, nin ha derrogar a Reforma do ano 2013 e o Factor de Sustentabilidade, o que nos aboca de novo a que volva o 0,25%. Dicímoslle alto e claro, que esperabamos algo máis que declaracións de boas intencións. Podémolo dicir máis alto, pero non máis claro, queremos a derrogación das dúas reformas de pensións de 2011 e de 2013, así como a Reforma Laboral do PP que escraviza aos traballadores, e a Lei Mordaza que impide o libre exercicio das liberdades cidadás.

Pero tamén, imos dicirlle ao Goberno de Pedro Sánchez desde xá, sobre todo o próximo día 2 de febreiro, en que a III Asemblea convocou a primeira gran mobilización deste ano, que non imos abandonar a loita, nin as rúas, que nacemos coa vontade de quedarnos e que faremos todo o que podamos, para conseguir os nosos obxectivos.

INSISTIR, PERSISTIR, RESISTIR.
GOBERNE QUEN GOBERNE, AS PENSIÓNS DEFÉNDESE,

Comisión de Portavoces.
---

Por un sistema Público de Pensións Digno, Xusto, Blindado e para asegurar o das novas xeracións.

Pola pensións presentes e futuras!!

Para contactar coa Plataforma:

Correo-e:
plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com

Conta no Facebook:
https://www.facebook.com/DefensaPensionsFerrolterra/

Enviado por:
Plataforma Pensións Públicas Ferrol
plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com
6 de janeiro de 2019 09:53

_______

xoves, xaneiro 17, 2019

Esta Sexta-feira, 18 de janeiro, a organizaçom Corrente Vermelha organiza umha palestra sob a legenda 'Brasil ante Bolsonaro' com o militante do PSTU Paulo Brasil - Na Fundaçom Artábria, na Travessa de Batalhons nº7, en Esteiro (Ferrol)


Palestra sobre a situaçom do Brasil esta sexta-feira na Fundaçom Artábria


Sexta-feira, 18 de janeiro, a organizaçom Corrente Vermelha organiza umha palestra sob a legenda "Brasil ante Bolsonaro" com o militante do PSTU Paulo Brasil. Posteriormente haverá um debate entre as pessoas assistentes.

A charla dará início às 20.00hs.

--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!

A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.


Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
16 de janeiro de 2019 18:33

___________________

Presentación do libro 'Concepción Arenal, a camiñante e a súa sombra', de Anna Caballé, este venres 18 de xaneiro, ás 8 da tarde no Ateneo Ferrolán, organizado polo Club de Prensa de Ferrol - Participará a autora que será presentada por Fernando Bores


Presentación do libro “Concepción Arenal, la caminante y su sombra”. Vernes 18 de xaneiro ás 20 h.

O vindeiro vernes día 18 de xaneiro ás 20 h. no Ateneo Ferrolán terá lugar a presentación do libro “Concepción Arenal, la caminante y su sombra” cuxa autora é Anna Caballé que é profesora titular de Literatura española da Universidade de Barcelona e responsable da Unidade de Estudos Bibliográficos de dita universidade.

Autora de moitos libros, a súa liña de investigación é o estudo e divulgación da escritura autobiográfica en lingua española. Non é esaxerado manifestar que este libro que o vernes se presenta baixo os auspicios do Club de Prensa de Ferrol pode representar unha obra biográfica de referencia da nosa ilustre xurista Concepción Arenal.

O acto terá lugar no salón de actos do Ateneo e a autora será presentada por Fernando Bores, membro da directiva do Club de Prensa

Organiza: Club de Prensa de Ferrol

Apartado 283. 15480

Ferrol (Galicia)

Prensa, relaciones externas:
comunicacion@clubdeprensadeferrol.com

Secretaría, Tesorería:
info@clubdeprensadeferrol.com

Web:
http://www.clubdeprensadeferrol.com/

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
17 de janeiro de 2019 17:40

_________________

Depois de termos criado, há 3 anos, o espaço de Educaçom Infantil agora trabalhamos para impulsionar Primário na Comarca de Trasancos - Objetivo é comprar um espaço já adaptado para começar o Primário, situado no concelho de Neda (zona de antigos moinhos do Rio Belelhe) com umha ampla zona exterior acarom do rio - A Semente é um projeto de todas e todos para todas, das pessoas que queremos garantir umha educaçom em galego para as crianças - Campanha crowdfunding em Goteo.org


Depois de termos criado, há 3 anos, o espaço de Educaçom Infantil agora trabalhamos para impulsionar Primário na Comarca de Trasancos


Desde a Semente Trasancos levamos perto de 80 dias de campanha de micromecenato para pôr em andamento a escola de primário na nossa comarca, seguindo o caminho encetado por Compostela. Nestes setentaedous dias levamos angariado 47.794 euros dos 60.000 euros que nos marcamos como objetivo ótimo ao início da campanha.

Ás pessoas comprometidas com a nossa língua pedimos um pequeno esforço nestes últimos dias para que a escola de inmersom lingüística na idade de primário seja umha realidade.

Info geral

Somos a iniciativa comunitária que está a criar centros de imersom lingüística na Galiza, para garantir que as nossas crianças podam crescer na nossa língua, em liberdade e com atençom aos próprios processos de aprendizagem. Em Trasancos levamos funcionando três anos e na atualidade temos 20 crianças que assistem ao espaço diário.

Depois de termos criado, nos últimos anos, 5 escolas de Educaçom Infantil na Galiza (Lugo, Compostela- 2- Trasancos e Vigo), e 1 de Primário em Compostela, agora trabalhamos para impulsionar Primário na Comarca de Trasancos.

Neste este novo reto, precisamos de muito apoio económico e social, para poder manter os espaços e o pessoal necessário. No caso de Trasancos, o objetivo é comprar um espaço já adaptado para começar o Primário, situado no concelho de Neda (zona de antigos moinhos do Rio Belelhe) com umha ampla zona exterior acarom do rio.

É um prédio de dous andares já pronto para começar a atividade e um terreno com umha extensom de 5.000m2, muito bem situado, na comarca de Trasancos.

O movimento social contaria com o primeiro local em propriedade.

Estamos a tramitar o financiamento a través da cooperativa COOP57, que dispom dumha secçom para financiar a adquisiçom de locais a entidades com fins sociais. Solicitaremos umha percentagem do valor do prédio eo que resta assumiremo-lo com recursos próprios e com esta campanha crowdfunding em Goteo.org

Características básicas

Semente Trasancos nasce inicialmente como projeto de imersom lingüística em galego para a etapa de infantil, mas depois de quatro anos de estar en marcha a escola de Sam Mateu, o projeto tem ánsias de continuar a crescer e agora precisamos de um novo espaço para ter continuidade em primário e dar às nossas crianças a oportunidade de continuarem a sua educaçom em galego.

Motivación e a quen vai dirixido o proxecto

Este goteo.org surge da necessidade de conseguir esse espaço físico em que poder materializar Primário, un lugar, como o que temos para infantil, que esté en contato directo com a natureça, no que poidam desfrutar da observaçom do entorno, aperfecionar as suas destreças, com uns espaços abertos e adaptados às suas necessidades dimensionais e de movemento. Com o dinheiro arrecadado, cobriremos parte dos custos da aquisiçom do local que será o pontapé de saída para que Semente Trasancos Primário se ponha a caminhar na nossa Comarca.

A Semente é um projeto de todas e todos para todas, das pessoas que queremos garantir umha educaçom em galego para as crianças, nom só da nossa comarca se nom de todo o país, respeitosa com os seus ritmos e inquietaçons, em estreito contacto com o meio e, portanto, valorizando o nosso.

Em Trasancos já sabemos o que é luitarmos polo que queremos. Conseguimos, depois de muito esforço e dedicaçom, dum pequeno número de familias inicialmente, ter um projeto como a Semente numha comarca em que a nossa língua está tremendamente castigada e onde escuitar as crianças falar em galego era praticamente impossível. Na atualidade, há 16 familias utentes da Semente Trasancos, contamos com 20 crianças galego-falantes no nosso espaço e nom paramos de marcar objetivos.

Primário é o seguinte, porque sabemos que tanto trabalho vale a pena e apostamos fortemente no galego; a homologaçom já está em processo e é por isso que... vamos polo Primário!

Experiência previa e equipo

Contamos com umha experiência de 5 anos desde que um pequeno grupo punha a andar este projeto na nossa comarca, dando continuidade ao que outras familias, com as mesmas necessidades e compromisso com a nossa língua que nós, tinham começado em Compostela.

Nos dias de hoje, contamos com mais de 70 sócias, 20 crianças no noso espaço e 3 educadoras. Contamos com um local de Infantil em San Mateu, Narón no que o projeto de infantil fixo-se realidade e onde ponhemos em valor o nosso, língua, entorno, cultura, fazendo ateliers de sobre-mesas tradicionais, achegando palavras do nosso idioma que já davamos por esquencidas ampliando ao mesmo tempo o vocabulário das familias, festejando cada umha das celebraçons tradicionais do nosso país: magusto, samaín, entruido, chegada do Apalpador, solstício de verao... e sobre todo, inculcando-lhes às nossas crianças respeito por elas mesmas, polos demais e polo seu próprio entorno., e agora tentamos continuar a crescer, como as nossas crianças, comprando um local que cubra as necessidades de Primário. continuando a ter em conta todos estos pontos que comentamos tam importantes e que marcarám o desenrolo desta nova etapa do nosso projeto.

Compromisso social

As escolas Semente é um projeto educativo de imersom lingüística em galego. Na Semente sabemos que a imersom linguistica é a melhor ferramenta educativa para umha educaçom de qualidade, aberta à sociedade, mais justa.

Projeto e achegas:

https://gl.goteo.org/project/vamos-a-por-primario

#VamosPoloPrimário

Web de Semente Trasancos:

http://sementetrasancos.gal/

Enviado por:
Semente Trasancos
-info@sementetrasancos.gal-
17 de janeiro de 2019 02:05

___________________