xoves, maio 23, 2019

Pancho Casal, deputado de En Marea no Parlamento Galego, abordou o impacto do Estaleiro 4.0 e o dique seco cuberto sobre o barrio de Caranza - E previsión de actividades para mañá venres 24 de maio: Distribución de info electoral e acto festivo de peche de campaña en Esteiro, no SCRD San Carlos


PREVISIÓNS DE MAREA DE FERROL PARA MAÑÁ VENRES 24 DE MAIO


Detallamos a continuación a previsión de actividades de Marea de Ferrol para  mañá venres 24 de maio:

1. Durante o día, faremos os últimos repartos da síntese do noso programa electoral aberto entre a veciñanza.

2. Ás 20.00 horas, no SCRD San Carlos en Esteiro, terá lugar o noso acto festivo de peche de campaña.


MAREA DE FERROL E PANCHO CASAL ANALIZAN O ESTALEIRO 4.0 COA VECIÑANZA DE CARANZA

Onte, mércores 22 de maio, Marea de Ferrol mantivo un encontro veciñal no CC Caranza, no que nos acompañou Pancho Casal, deputado de En Marea no Parlamento Galego, para informar sobre o impacto do Estaleiro 4.0 e o dique seco cuberto sobre o barrio de Caranza.

Este encontro organizouse en resposta ás preocupacións a este respecto que a A.VV de Caranza nos trasladou na xuntanza que mantivemos no mes de abril.

Pancho Casal explicou que o proxecto do Estaleiro 4.0 para Navantia Ferrol o convertería no segundo estaleiro máis competitivo de Europa e con grande capacidade para diversificar a produción, mais hai que valorar moi rigorosamente o xeito de facelo, desbotando actuacións inaceptables e minimizando o impacto da construción dun dique seco cuberto que terá unhas dimensións que impactarán a varios niveis (visual, psicolócico, social...) na veciñanza de Caranza. Neste sentido, defendeuse que é preciso analizar os impactos positivos e negativos dun proxecto deste calado estratéxico, e estudar as compensacións necesarias, xustas e equilibradas, para a poboación afectada.

Pancho Casal tamén se lamentou de que o Concello de Ferrol non respostou responsablemente aos informes solicitados desde o Ministerio, e recalcou a necesidade de dar a coñecer o proxecto para tomar decisións informadas e beneficiosas para o conxunto da poboación ferrolá.

Pola súa banda, Bernardo Lorenzo Cuétara, candidato á alcaldía por Marea de Ferrol, e concordando co expresado pola directiva da asociación de veciñas, afondou no noso compromiso de velar polos intereses de Ferrol e a súa veciñanza. Non se trata de estar en contra desta intervención de interese xeral, estratéxico e fundamental para garantir a continuidade do estaleiro, do emprego e o futuro de Ferrol, pero debemos prever os impactos económicos, visuais, sociais... para que, no caso de haber prexuízos, se busquen solucións satisfactorias anticipadamente, e por descontado, participadamente.

Neste sentido, Bernardo Lorenzo comprometeuse, unha vez que Marea de Ferrol chegue ao concello, a organizar unhas xornadas de traballo e análise deste proxecto antes de que remate este ano, contando con todos os actores implicados e fomentando o diálogo e a participación da cidadanía.

Marea de Ferol
Local: Rúa Dores, 20 Baixo.
Correo-e: mareadeferrol@gmail.com
http://mareadeferrol.gal/
Twitter | Facebook

Enviada por:
Marea de Ferrol
-mareadeferrol@gmail.com-
23 de maio de 2019 13:02
23 de maio de 2019 12:29

_________________

André Abeledo candidato a Alcaldía de Narón por Diante, acompañado de Antón Sánchez, parlamentario de En Marea, rexistrou unha proposta de acordo sobre política de vivenda no Concello


Antón Sánchez e André Abledo explican que 10 anos despois do comezo da crise o problema de acceso á vivenda segue en Galiza.

O dereito recollido na Constitución a desfrutar dunha vivenda digna segue a estar tan lonxe coma nos peores anos da crise, cando miles de persoas eran expulsadas das súas casas por execucións hipotecarias.

Baixan os lanzamentos por execucións hipotecarias pero sube os derivados de non pagos de alugueiros.

Os desafiuzamentos e a exclusión do dereito ao acceso á vivenda de miles de persoas é algo estrutural e non conxuntural como nos pretenderon vender os gobernos durante estes anos.

É consecuencia de dous vectores. Un o modelo laboral do desemprego, da precariedade, da inestabilidade laboral, dos salarios de miseria que da lugar ás “pobrezas” sectoriais, denominación que buscan maquillar unha pobreza real, que son a pobreza, enerxética, alimentaria, ou a da exclusión do dereito á vivenda.

Outro vector é a política de vivenda, que no fundamental nada ten mudado nestes anos nos que supostamente os gobernos se preocuparon de atallar o drama da xente sen casa e das casas sen xente. Nada máis lonxe da realidade.

A vivenda segue a ser concibido como un ben de inversión, e non como un dereito.

O Estado español rescatou con miles de millóns, xa renunciou a recuperar 40.000 millóns dese rescate, aos bancos e mercoulles os “activos tóxicos” para sanear os seus balances, atopándose cunha boa oportunidade, nun momento en que miles de persoas estaban a quedar literalmente na rúa, de facer coas vivendas propiedade da SAREB un parque público de alugueiro a prezos sociais, e non se fixo.

Narón é unha cidade que sufriu tamén as consecuencias do modelo da burbulla inmobiliaria e do seu estoupido.

Os desafiuzamentos ou os problemas da xente para poder pagar a vivenda conviviron con promocións baleiras propiedade de grandes posuidores.

Nin unha medida de cambio de modelo a pesar da dramática experiencia destes anos. Só medidas de maquillaxe como reacción a un posible desgaste electoral, e pouco máis.

Ao contrario, a Lei de Arrendamentos Urbanos rebaixou o período mínimo de alugueiro de 5 a 3 anos, restando estabilidade aos inquilinos, sen introducir nin unha soa liña para a regulación dos prezos, duración de 5 anos recentemente restaurada vía RDL, medida positiva pero insuficiente para dar estabilidade ao arrendatario.

O Partido Popular e o PSOE incluso negáronse durante 15 anos a cumprir cun mandato lexislativo, para desenvolver regulamentariamente o concepto de vivenda baleira, paso indispensable para que os Concellos que así o desexen poidan aplicar recargos a esas vivendas que non se poñen a disposición da xente, en cumprimento do aprobado na Lei 2/2004 Reguladora de Facendas Locais.

Para as entidades financeiras ter un piso baleiro segue a ser tan barato coma antes da crise.

Un dos elementos reguladores do mercado e indispensables para unha política que defenda por riba de todo o dereito á vivenda é a creación dun Parque público de vivenda de alugueiro cunha dimensión axeitada.

Na maioría dos países europeos supera o 10 % do parque de vivendas, en Galiza e no Estado español non chega nin ao 1%.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo conta na actualidade cunhas 3.500 vivendas sobre un total de 1.600.000 vivendas que hai en Galiza, sendo a todas luces insuficiente, aínda máis si temos en conta que unha mala xestión nos procesos de adxudicación fai que haxa vivendas baleiras.

A pesar de anunciar con moita espectacularidade medidas que conducirían a liberar vivenda baleira para poñelas a disposición da xente, a Xunta de Galicia nos últimos 9 anos non incrementou ese parque, e non foi por falla de oportunidades, nun contexto onde se podía facer por varias vías; incorporación das vivendas da SAREB, de vivendas baleiras que se adquirisen, construción de vivenda nova, etc.

E con esta situación chega a chamada recuperación, que ven a consolidar o modelo da desigualdade, da perda de dereitos laborais, da precariedade e da miseria salarial.

Hai aproximadamente 300.000 traballadores e traballadoras que perciben menos do salario mínimo interprofesional.

Moitos deles mozos, que encadean traballos precarios e temporais.

A maioría das mozas e mozos, a diferencia de hai 10 anos, non poden acceder a unha hipoteca, e optan maioritariamente polo alugueiro.

En 2008 o 41% dos mozos que desfrutaban dunha vivenda o facían baixo a fórmula de alugueiro. No 2016 xa o fai o 71%.

Isto non tería porque ser malo si houbese un mercado de alugueiro público e privado que dotase de estabilidade e seguridade a estes mozos, cousa que non existe.

Aumenta a demanda de alugueiro, sobre todo nas áreas urbanas, e como non hai ningunha medida que regule prezos, e hai medidas que favorecen a expulsión dos arrendatarios, sube os prezos, como o fixeron en 2017 e 2018 onde medraron nalgunhas cidades de Galiza por riba do 10%.

Incluso, neste contexto, as axudas ao alugueiro contribúen a esta subida, ao carecer de elementos que limiten os prezos do mercado libre.

Os desafiuzamentos por impago de alugueiros sube, si non se quere remediar, seguirá subindo.

En Narón tampouco se artellou unha política de vivenda que atendese as necesidades de toda a sociedade desatendendo unha das cuestións prioritarias para clase traballadora.

Reivindicamos o papel central que deben de xogar os concellos, a administración máis próxima, na política de vivenda, a través da creación dun parque público municipal de vivenda en alugueiro social, da implantación dunha política fiscal que desincentive a especulación e incentive a función social da vivenda.

Dita política fiscal deberá de contar cos novos instrumentos que permite o RDL sobre medidas urxentes en materia de vivenda recentemente aprobado polo Estado, como é por exemplo o recargo no Imposto de Bens Inmobles á vivenda baleira dos grandes posuidores.

Ter a  vivenda baleira para especular non pode saír gratis.

Paralelamente estableceranse bonificacións en función da renda.

É preciso que Narón priorice a creación dun parque público de vivenda en alugueiro con prezos sociais para dar solución a aqueles colectivos con especiais dificultades económicas pero tamén que serva como elemento regulador do mercado da vivenda evitando a suba espectacular dos últimos anos nos prezos dos alugueiros, onde nas zonas urbanas de Galiza tiveron incrementos anuais de máis do 10 %.

O dereito a unha vivenda digna non está garantido neste país, e por elo compre mudar as políticas que nos trouxeron ata aquí.

A Moción solicita os seguintes acorgos ao Pleno do Concello, e pretende ser o primeiro paso para a creación dese parque de vivenda social que Narón tanto precisa.

➤ O Concello de Narón fixa como un obxectivo prioritario a implementación de políticas que incrementen substancialmente o parque público de vivenda en alugueiro, cunha intervención pública coordinada para a xeración suficiente de vivenda de promoción pública en alugueiro e desenvolver as posibilidades de incorporar ao patrimonio público de edificios e vivendas xa construídas de titularidade privada.

➤ Demande do Goberno do Estado a cesión das vivendas propiedade da SAREB en Galiza, para que se incorporen a dito Parque público de alugueiro mediante o oportuno convenio.

➤ A establecer os correspondentes orzamentos para as políticas de acceso á vivenda e liñas de axudas ás persoas economicamente máis vulnerables priorizando a xente moza, unidades familiares con baixos ingresos económicos e familias monoparentais con nenos a cargo.

➤ A implantar recargos no IBI á vivenda baleira sobre os grandes posuidores unha vez que entre en vigor o conceito de vivenda baleira definido pola Xunta de Galicia ou o Goberno do Estado como se determina no Real Decreto-ley 7/2019, de 1 de marzo, de medidas urxentes en materia de vivenda e alugueiro.

➤ Demande do Goberno español a iniciativa lexislativa para a modificación da Lei de Arrendamentos Urbanos que mellore a estabilidade dos contratos, limite o incremento dos prezos entre contrato e contrato, e limite as fianzas.

➤ Desenvolvemento, en coordinación coa Xunta de Galicia dun programa para prevención dos desafiuzamentos que sexa eficaz, que incremente a coordinación e conexión co sector do traballo social e, en última instancia que garanta o realoxo.

#AbrindoAsPortas
#AbrindoAsPortasDoRural
#AbrindoAsPortasDaIlusion

Programa Electoral 2019 de Narón por Diante. | Baixar/Acceder.

NARÓN POR DIANTE- SON EN COMÚN
Local de campaña
Praza de A Gándara (Rúa Vigo, 20, Narón).
Facebook | Twitter




Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
23 de maio de 2019 12:31

_______________

Trala boa acollida da primeira presentación de 'En Inédito Silencio', o poemario preséntase de novo este venres 24 de maio, ás 8 da tarde, no Centro Cívico de Canido - Na obra mestúrase a poesía, as ilustracións e a creación sonora




EN INÉDITO SILENCIO

Trala boa acollida da primeira presentación de En Inédito Silencio, o poemario preséntase de novo este venres 24 de maio, ás 20:00 hrs, no Centro Cívico de Canido.

En Inédito Silencio é unha suite versada dividida en tres partes (Amencida, Latexo e Partida) escrita por André Cerdido Pastor, ilustrada por Esther G. Raíndo e impulsada por Ana Fernández. Na obra mestúrase a poesía, as ilustracións e a creación sonora.

No transcorrer do acto falarase da iniciativa autónoma Edicións Imaxinarias, proxectaranse debuxos da ilustradora e o autor dos versos recitará algúns dos poemas, coa colaboración de Ana Santiago "Lucecú". O acto estará conducido pola locutora de Rádio Filispim Esperanza Vázquez Dopico e será retransmitido ao vivo ao través do 93.9 da FM.

Trala presentación, poderase adquirir o libro, e a súa versión audio-CD, cuxa distribución é fóra dos circuítos comercias. Ademais, a organización ofrecerá uns petiscos e uns viños.

+ info:
Book art-trailer (nº3): https://youtu.be/ewq2v8CGKys
Contacto: edicionsimaxinarias@gmail.com



https://youtu.be/ewq2v8CGKys

-
Edicións Imaxinarias©
https://www.instagram.com/edicions_imaxinarias/
https://www.facebook.com/edicionsimaxinarias/

Enviado por:
Edicións Imaxinarias
-edicionsimaxinarias@gmail.com-
23 de maio de 2019 09:24
___________

Debate sobre impostos no acto de campaña en San Xiao de Eliximos Narón, onde abordaron, entre outros temas, a evolución do IBI e o rodaxe nesta lexislatura



Debate sobre impostos no acto de campaña en San Xiao.


Eliximos continúa cos seus acto de campaña. Na tarde do mércores día 22 estibemos en San Xiao, onde falamos, entre outros temas, da evolución do IBI e o rodaxe nesta lexislatura.

O rodaxe esta a ser o máis caro da provincia nos turismos máis comúns, e os ingresos polo mesmo se elevaron un 16,0% nesta lexislatura, mentres que o IBI tivo uns ingresos un 22,7% maiores, pero cun reparto desigual sendo a subida moito maior no IBI rústico, no que se duplicaron practicamente os ingresos.

O IBI foi maior, a pesar de algunhas baixadas aplicados aos coeficientes aprobados, porque se recibiron os ingresos da revisión catastral das construcións (o catastrazo de Montoro) e pola subida programada dun 10% anual que se pactou entre TEGA e o Catastro no ano 2008.

A subida dos impostos lles permitiu ir subindo os orzamentos ata os máis altos da historia. En contra do que di a alcaldesa, non se pode ter maior orzamento sen maiores ingresos, o que implica necesariamente máis ingresos por impostos, ben transferidos polo estado e a autonomía ou ben directos (como é o caso).

A subida dos impostos xunto coa mala xestión, levou a TEGA a deixar 17 millóns de euros de remanente no último ano, dos que 13 M€ son con dispoñibilidade inmediata, é dicir, moitos mais cartos sen inverter que os invertidos en toda a lexislatura, dado que nos 4 anos da lexislatura se gastaron en Investimentos Reais 10,62 millóns de euros.

Todo isto mentres os servicios básicos non están cubertos (especialmente no rural, como é o saneamento) e a atención as persoas necesitadas é deficiente.
As actuacións de carácter económico, que son as que poderían revitalizar a economía e fomentar a creación de traballo, tampouco foron as axeitadas, pois foron de só 1,87 millóns de euros nos últimos 3 anos (se excluímos os gastos do persoal funcionario de 2,7 millóns). Tivemos cero euros en:

➤ Agricultura-Gandería-Pesca,
➤ Industria y enerxía,
➤ Infraestruturas (engano 1,3 M€ con gastos de departamento de servizos externos)
➤ I+D+I,
➤ Sociedade información + Xestión coñecemento + Protección consumidor y usuarios, (camuflados gastos informática concello)
➤ Comercio, turismo e pequenas e medianas empresas, 300.000 €/año 1/3 subcontratación
➤ Transporte 100.000 €/ano, metade en bicicletas, resto subvención a Transp. Metropolitano.

Por estas razóns, opinamos que a política económica de TEGA, BNG e PSOE foi nefasta para os naroneses, e a pesar de que falan da débeda bancaria cero, non din nada dos 2 millóns que se deben á Deputación e os 6,5 que deben a Acuaes, que con intereses chegarán aos 8,5 millóns, pero que teñen disfrazada como parte do recibo do saneamento.

Eliximos Narón
(Recortes Cero – Grupo Verde)

673141822 - eliximos@gmail.com
Narón, moito  por facer
...fagámolo, xuntos podemos.
Web  |  TwitterFacebook



Enviado por:
ENE Eliximos Narón Electores
-eliximos@gmail.com-
23 de maio de 2019 02:04

_______________

Foi o acto central de Ferrol en Común coa presencia do lider de Podemos Pablo Iglesias, o deputado Antón Gómez Reino e a deputada Yolanda Díaz, e Jorge Suárez Alcalde de Ferrol e de novo candidato


Deixámosvos unhas imaxes e unhas frases que resumen perfectamente o acto de onte:

"A voz de Galicia volverá a publicar o luns 27 unha foto dun rapaz, con máis canas e un pouco máis vello, co puño en alto e dicindo «cambio histórico".

"É momento de facer balance… tivemos un mandato con moitas dificultades, tivemos pactos do PP e PSOE que nos quitaron os nosos soldos, tivemos concelleiras que foron tratadas de forma machistas nas comisións sistemáticamente, tivemos unha concelleira á que lle quemaron o coche, tivemos múltiples dificultades nos medios de comunicación para expresar as nosas propostas en positivo…".

"É o momento de escoller, un goberno coma vos ou un goberno cun conselleiro de benestar antisocial e de reganosa, que esconde as siglas do seu partido, seguramente porque é o máis corrupto de toda a historia da democracia" dicía Jorge Suárez.
"Quero abrir unha ventá de esperanza. O 26M a opción é Ferrol en Común ou o partido dos recortes. Ferrol en Común é un cambio histórico" Jorge Suárez.

"Se non nos mobilizamos Rey Varela terá a alcaldía. Fago un chamamento aos barrios de Ferrol para revalidar de novo a Jorge Suárez".

"O 26M hai que dicirlle á xente do naval, ás mulleres, ás traballadoras e ás persoas en paro que teñen que erguerse para votar a Ferrol en Común" berraba Yolanda Díaz.

"Ferrol é referente nas loitas obreiras, cidade que sabe poñer o común por diante. Queríannos separadas, pero estamos en Ferrol construíndo unha Galicia en común".

"Un bo resultado a nivel europeo e local é fundamental para construír un Goberno forte e progresista. Este 26M todas con Ferrol en Común" amosaba Antón Gómez Reino.

Pablo Iglesias comeza destacando que "es un orgullo estar en Ferrol apoyando a nuestro Alcalde, que ha sido ejemplar".

"Es muy importante que en las elecciones del domingo el peso que podamos tener en el poder municipal, en los gobiernos autonómicos.. sea grande, para que estemos más cerca de administraciones que trabajen al servicio de la gente" Pablo Iglesias.

"Por eso es tan importante que Jorge siga siendo Alcalde, porque lo que ha hecho en esta ciudad nos da fuerza, es un ejemplo de que se pueden cambiar las cosas desde los gobiernos. Adelante! Si se puede! Jorge va a seguir siendo Alcalde!" así remataba a súa intervención Pablo Iglesias.

Fonte: Web FeC.

#LugarDeTodas #FeCSI

http://ferrolencomun.gal/

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
23 de maio de 2019 14:20

_________________________

Foi o acto público do BNG cun Teatro Jofre ateigado de xente, participaron o cantante de Nao Jasper, a candidata Maria do Mar López, a eurodeputada e de novo candidata á eurocamara Ana Miranda, a portavoz nacional Ana Pontón e o candidato á alcaldía de Ferrol Iván Rivas - Axenda para a xornada do xoves 23 de maio: Acto público no local da asociación veciñal de Mandía, reparto electoral por barrios e participación nos debates da Cadena Ser e na TV de Ferrol


Axenda do BNG - Ferrol, para a xornada do xoves 23 de maio: Acto público no local da asociación veciñal de Mandiá, reparto electoral por barrios e participación nos debates, na primeira hora da tarde na Cadena Ser e pola noite na TV de Ferrol

Ás 11:30 hs. Reparto de material electoral polos barrios.

Ás 13:05 hs. Debate Cadena Ser (93.0 FM) coa participación de Iván Rivas.

Ás 17:00 ha. Reparto de material electoral polos barrios.

Ás 19:00 hs. Acto público na A.V.V. de Mandiá. Intervirán: Tania Rei e Iván Rivas.

Ás 22:00 hs. Debate TV Ferrol, coa participación de Iván Rivas..


Foi o acto público do BNG cun Teatro Jofre ateigado de xente, participaron o cantante de Nao Jasper, a candidata Maria do Mar López, a eurodeputada  e de novo candidata á eurocamara Ana Miranda, a portavoz nacional Ana póntón e o candidato á alcaldía Iván Rivas.

➤ María do Mar López destacou o traballo conxunto coa veciñanza de parroquias e barrios e sinalando "os soños que queremos acadar nestes catro anos".

➤ O avance do Bloque este 26M será a antesala da derrota de Feixóo e abriría un temo novo “que estamos en posición de liderar”, destaca Ana Miranda: “Só un BNG forte en Bruxelas garante a presenza de Galiza na axenda europea”.

➤ Ana Pontón pide concentrar todo o voto de país e inconformista no BNG “...única garantía do cambio real que precisa Ferrol”.

➤ Iván Rivas dixo: "Se o que queren para o futuro de Ferrol é unha alternativa totalmente diferente, o BNG é a súa opción".

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol organizou hoxe o seu acto público central da campaña, que tivo lugar ás 20:15 horas no Teatro Jofre. No acto interviron a candidata nº2, María do Mar López, a eurodeputada galega e de novo candidata ao Parlameto Europeo, Ana Miranda, a voceira nacional do BNG e do grupo parlamentario Ana Pontón e o concelleiro e voceiro do grupo municipal, candidato á alcaldía, Iván Rivas.

O acto comezou coa actuación Jasper (Cantante de Nao) que interpretou dúas cancións acompañado á guitarra.

Maria do Mar López, interveu en primeiro lugar enumerando os logros do @bngferrol na oposición, o traballo conxunto coa veciñanza de parroquias e barrios e sinalando "os soños que queremos acadar nestes catro anos".

O voceiro do BNG de Ferrol dirixiuse na súa intervención aos veciños e veciñas de Ferrol apelando a que reflexionasen sobre as posibilidades que se abren na cidade tras os comicios do vindeiro domingo. “O que lles quixera propoñer aos que me escoitan é que reflexionen sobre que é o que lles poden ofrecer os diferentes candidatos e candidatas que se presentan a estas eleccións municipais; que lles poden ofrecer que non tivesen experimentado xa”, apuntou Rivas.

O voceiro incidiu en que o BNG representa a única alternativa que supón un cambio real para a cidade. “Eu propóñovos un camiño diferente, no que rematemos cos abusos e os privilexios”, sostivo Rivas. “Nunca dixen que fose fácil. Este 26 M, Ferrol, tedes dúas opcións: un goberno continuador das experiencias do pasado (...) ou novos camiños que está a abrir o BNG xunto á veciñanza, que implicarán unha ruptura con todo anterior encarando o futuro con determinación”, engadiu.

E o certo é que Ferrol é unha cidade que leva tanto tempo sobrevivindo rodeada por muros que moitas veces somos incapaces de velos a pesar de telos diante dos ollos e que nos están a impedir ver o futuro. Muros físicos e muros mentais”, explicou o candidato á alcaldía. “Muros físicos como a muralla do Arsenal que divide a cidade en dous. Pero tamén muros mentais, porque en Ferrol non somos todos iguais, administracións públicas como o Mº de Defensa, a Autoridade Portuaria ou Navantia non pagan os tributos que pagamos os demais. As transnacionais enchen o seu bandullo cos nosos cartos xestionando os servizos básicos privatizados como o auga ou o lixo e o resto do noso aforro vai directo aos bancos mentres a cidade se cae”, remarcou o voceiro do BNG de Ferrol.

O candidato á alcaldía rematou a súa intervención apelando á veciñanza a confiar no BNG. “Se o que queren para o futuro desta cidade é unha alternativa totalmente diferente que enfronte os problemas con determinación, o BNG é a súa opción. A súa única opción”, sentenciou.

Pola súa banda, portavoz nacional, Ana Pontón, apelou a concentrar todo o voto de país e inconformista na candidatura de Rivas, a única que garante un cambio real na cidade cun proxecto de ideas claras para mellorar a vida da veciñanza e poñer o concello ao servizo da maioría social. “É a opción de cambio real porque temos un equipo e candidato preparado, un proxecto serio, solvente, unido e coa man tendida para transformar esta cidade a favor das persoas. Por iso, pido concentrar todo o voto de país e todo o voto inconformista no BNG,  para abrir un novo rumbo nesta cidade e mirar cara o futuro con ilusión, porque sabemos que outro Ferrol é posible e queremos empezar a construílo a partir do 26M”, destacou.

Pontón declarouse convencida de que a veciñanza non vai optar por un PP que só ofrece “receitas fracasadas”, por un PSOE que só mira cara Madrid, -“o vello bipartidismo que se alterna na discriminación a Ferrol”, alegou-, nin tampouco se vai resignar á repetir a decepción dos que prometeron cambialo todo e nin foron capaces de xestionar con eficacia o día a día.

Por contra, o Bloque representa unha alternativa de transformación real. “Rivas ten a decisión para facer o que outros non souberon ou nin se atreveron: para que o Ministerio de Defensa deixe de actuar como un señor feudal e pague os impostos que lle corresponden ao concello, para sacar adiante a peatonalización integral do Barrio da Magdalena, para defender a veciñanza dos abusos na prestación de servizos básicos para beneficio de multinacionais”, argumentou.

Tras o 26M, concluíu Pontón, o Bloque “vai ser determinante e terá a forza necesaria para abrir un cambio real na cidade, para que Ferrol recupere a ilusión e a esperanza no futuro da man do BNG con proxecto, con equipo e con liderado”.

Pola súa parte, a candidata nas eleccións europeas, Ana Miranda, destacou a importancia de ter en Bruxelas “unha voz nacionalista” que dea a cara por Ferrolterra e evitar que quede no ostracismo o que a condenan as forzas estatais tamén na Eurocámara.

En defensa da construción naval, do saneamento integral das rías, pero tamén para facilitar a interlocución directa dos concellos da comarca nas institucións comunitarias, e para condicionar en positivo a repercusión da PAC nos municipios con territorio rural. A loita contra os efectos do cambio climático, contra os incendios e as súas consecuencias serán tamén obxecto do traballo político na UE.

Miranda fixo especial fincapé en que a recuperación integral das rías en Ferrol, Ares, Cabanas volverán ser un cabalo de batalla para o Bloque no Parlamento europeo da man dun BNG “que demostrou todos estes anos que é unha forza fiable e eficaz na defensa de Galiza fronte ao desleixo das forzas estatais”. “Sen o BNG na Eurocámara, Galiza desaparece, Ferrolterra desaparece da axenda política de Bruxelas, alí onde se toman decisións que nos afectan directamente. Por iso pido o voto para o Bloque para este país volva ter un escano do pobo galego aínda con máis forza tras o 26M”, concluíu.

Ferrol, 22 de maio de 2019.

#AgoraEuropa #AgoraRepublicas #AgoraBNG

Coas Ideas Claras
http://ideasclaras.bng.gal/

Ferrol | Web | Facebook | Twitter.
#AgoraGaliza
#AgoraBNG
#Agora Ferrol
Local Electoral BNG Ferrol
Rúa Galiano, 66 Baixo.
BNG



Enviado por:
BNG Ferrol
-bngferrol@gmail.com-
22 de maio de 2019 17:21
22 de maio de 2019 17:28

______________________

mércores, maio 22, 2019

Nova marcha baixo o berro 'Poligal non se pecha', este xoves 23 de maio, desde as instalacións da fábrica n'A Gándara, ás 7 da tarde, até o Edificio da Xunta en Ferrol - Coincidindo coa resolución do Xulgado do Mercantil de Barcelona que acordou paralizar temporalmente o ERE de Poligal


Co lema "Poligal non se pecha", as traballadoras e traballadores da fábrica de plásticos localizada no polígono d'A Gándara, no concello de Narón, convocaron unha nova marcha, para este xoves 23 de maio que sairá, ás 7 da tarde, desde as instalacións da empresa, até a Praza Amada Garcia, en Ferrol, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

Unha marcha en defensa do postos de traballo, contra o peche da fábrica que pretende, desde o pasado mes de febreiro, o grupo empresarial Peralada que presentou un ERE de extinción total, ao tempo que presenta concurso de acredores, alegando a insolvencia da empresa súa de Narón (O citado grupo ten outras dúas fábricas de plásticos en Polonia e Portugal).

Unha convocatoria que coincide coa paralización temporal do ERE por parte do Xulgado do Mercantil de Barcelona, segundo nota da CIG - Industria que a continuación reproducimos.

O xulgado do mercantil paraliza temporalmente o ERE de Poligal.  |
Tras da parte social reclamar a presenza do resto das fábricas do grupo na mesa de negociación.


O xuíz do Mercantil de Barcelona que leva o concurso de Poligal comunicou o pasado xoves a paralización temporal do expediente de extinción de contratos mentres avalía se debe participar tamén na mesa de negociacións unha representación das fábricas que a empresa ten Portugal e Polonia. Esta é unha das demandas que a parte social vén facendo dende a presentación do ERE, ao entender que as distintas plantas forman un mesmo grupo. E así o requiriu por escrito a CIG no xulgado do mercantil, que agora deberá aclara este punto.

Aínda que se descoñece por canto tempo permanecerá suspendido o período de consultas, polo pronto, as reunións previstas para esta semana xa foron desconvocadas. Neste senso, Alberte Amado, da CIG-Industria de Ferrol, subliñou a importancia de que o propio xuíz valore a necesidade de incorporar á representación do resto das fábricas, tendo en conta a vinculación que existe entre todas elas tanto a nivel organizativo como produtivo. Ademais, lembrou que arredor do 70% da débeda coa que Poligal pretende xustificar o peche é con outras plantas do grupo, que á súa vez teñen pendente de abonarlle á fábrica de Narón contías por valor de case oito millóns de euros.

"Non ten xeito avanzar no concurso sen a presenza dos responsábeis de todas as empresas do grupo e que se vexa a situación destas en conxunto", sinala Amado, quen apunta á importancia de gañar tempo de cara a facilitar unha alternativa de futuro para a planta de Narón.

Por iso mesmo, dende a representación dos traballadores e das traballadoras xa se ten solicitado tamén que o período de consultas non se limite aos 30 días recollidos na lexislación. Ademais, no caso de que o xuíz determinara que na mesa do ERE ten que haber representación de todas as fábricas "habería que retrotraer todo o proceso de negociación ao primeiro día".

Xuntanza da mesa técnica

A pasada semana tivo lugar tamén unha nova xuntanza da mesa técnica creada no IGAPE para a busca de inversores que dean continuidade á fábrica de Poligal. Por parte da Administración informouse que se continúa a traballar na busca de posíbeis interesados (neste momento hai tres posíbeis proxectos) e adiantouse que unha das empresas pediu máis datos e ten intención mesmo intención de visitar a planta nas vindeiras semanas.

Diante disto, dende a CIG-Industria reclamaron a Xunta intensificar os contactos e as xestións e á administración concursal que dea tempo suficiente para facilitar que as posíbeis alternativas se convertan en realidade.

Así mesmo, a central critica que, malia as boas palabras do delegado do Goberno na reunión do pasado 8 de maio, nin dende a Delegación nin dende o Ministerio de Industria se puxeron en contacto coa representación do persoal para informar das xestións que se comprometeron a realizar.

Fonte: Propia e do xornal sindical da CIG Avantar.
____________

Este xoves 23 de maio ás 19:30hs, segunda tanda de debates no Ateneo Ferrolán, diante da Eleccións Municipais do 26M, coa participación dos candidatos á alcaldía por En Marea Bernardo Lorenzo Cuétara, por Centristas Jorge Juan Alvarez Castrillón, por LiGanDo Iolanda Teixeiro Rei e por Xuntos Actúa Carlos del Río


Mesas de Debate no Ateneo Ferrolán en colaboración do Club de Prensa de Ferrol

Eleccións Municipais 2019

Xoves día 23 de maio ás 19:30 hs.

⏩ Cos representantes dos Grupos Políticos que buscan obter representación nestas eleccións municipais: por En Marea Bernardo Lorenzo Cuétara, por Centristas Jorge Juan Alvarez Castrillón, por LiGanDo Iolanda Teixeiro Rei e por Xuntos Actúa Carlos del Río.

Nota.-
Sentimiento Ferrolano foi invitado pero mandounos un correo desculpándose por non poder acudir ao debate do día 23 xa que lles coincidía a data co seu mitin central.

Bloques e apartados a debate:

➤ Cultura, Educación e Deportes

➤ Modelo de Cidade, Patrimonio, Urbanismo e Turismo

➤ Servizos Sociais, Formación e Emprego, Inclusión Social

Duración exposición por apartado e candidato 4' (tempo estimado), as intervencións serán asinadas por sorteo ao comezo do debate, os últimos axustes virán dados pola moderadora.

Modera: CLUB DE PRENSA

Entrada libre

#Ferrol

--
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)

Síguenos:
TWITTER: @ateneoferrolan
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
FACEBOOK:
Faite soci@ on line! Colabora con nos!

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
22 de maio de 2019 12:43

____________

Marea de Ferrol, dentro das roldas de reunións que manteñen con diferentes asociacións e entidades da cidade escoitaron as demandas que se fan desde o eido do deporte e visitaron o mercado municipal de Recimil - E previsión de actividades para o xoves 23 de maio: xuntanzas coa asociacións veciñais de Ultramar e San Xoán -Bertón, coa Cooordinadora de Equipas de Normalización Lingüística e participación no debate desta tarde no Ateneo Ferrolán, coordinado polo Club de Prensa



PREVISIÓNS DE MAREA DE FERROL PARA MAÑÁ XOVES 23 DE MAIO


Detallamos a continuación a previsión de actividades de Marea de Ferrol para  mañá xoves 23 de maio:

➤1. Ás 12.30 horas, teremos unha xuntanza coa A.VV. Ultramar

➤2. Ás 17.00 horas xuntarémonos no noso local electoral coa Cooordinadora de Equipas de Normalización Lingüística

➤3. Ás 19.30 horas, terá lugar un encontro veciñal na A.VV. San Xoán.

4. Tamén ás 19.30 horas, participaremos no debate moderado polo Club de Prensa no Ateneo Ferrolán.

➤3. Así mesmo, o noso local electoral (Rúa Dolores, 20) permanecerá aberto mañá e tarde -en horario de 10:00 a 14:00 hh. e de 17:30 a 19:30 hh.- como espazo de encontro e de conversa con todos os/as veciños/as que queiran achegarse.

MAREA DE FERROL XÚNTASE CO ASOCIACIONISMO DEPORTIVO E VISITA O MERCADO DE RECIMIL

Onte, martes 21 de maio, Marea de Ferrol mantivo un encontro co movemento asociativo deportivo, nas insatalacións do Club Ría de Ferrol.

Na liña das xuntanzas que levamos mantendo nestas últimas semanas con diferentes movementos asociativos, tanto territoriais como sectoriais, escoitamos as demandas que se fan desde o eido do deporte, entre as que se atopan os problemas que se atopan á hora de xestionar as subvencións municipais, unha cuestión que preocupa a todas as asociacións coas que vimos falando. Ademáis, recollimos a necesidade de renovar os convenios suscritos co Concello, que a área de deporte conte cun orzamento propio, tanto para mantemento como para investimento, e unha maior asignación de persoal, que a día de hoxe considérase totalmente insuficiente.

Desde Marea de Ferrol valoramos que moitos dos problemas nacen da situación vivida no último mandato, no que un goberno moi feble xestionou durante anos uns presupostos de dereitas prorrogados, sen partidas suficientes para deportes.
Ademais, volvimos facer a proposta de constituír unha mesa de traballo organizada polo concello, axeitadamente dinamizada (convocatorias, actas, conclusións...), para elaborar participadamente unha planificación a medio prazo realizada a partir de diagnósticos e obxectivos concretos.

VISITA AO MERCADO DE RECIMIL

Máis tarde, visitamos o mercado de Recimil, na que puidemos constatar o deplorable estado e o abandono no que se atopa. Desde Marea de Ferrol seguimos a defender a realización dun Plan de Mantemento dos equipamentos municipais, programando técnica e financeiramente as intervencións necesarias.

Marea de Ferol
Local: Rúa Dores, 20 Baixo.
Correo-e: mareadeferrol@gmail.com
http://mareadeferrol.gal/
Twitter | Facebook
Enviado por:
Marea de Ferrol
-mareadeferrol@gmail.com-
22 de maio de 2019 12:53
22 de maio de 2019 12:26
______________

Narón por Diante retrasa o seu peche de campaña para participar na manifestación xunto cós traballadores de Poligal - E solicita un acordo en Política de Vivenda no Concello



NARÓN POR DIANTE SOLICITA UN ACORDO SOBRE POLÍTICA DE VIVENDA NO CONCELLO DE NARÓN


Mañá Xoves 23 de Maio as 11:30 André Abeledo, candidato a Alcaldía de NARÓN POR DIANTE, xunto ao voceiro de EnMarea  Antón Sánchez darán entrada por rexistro a unha PROPOSTA DE ACORDO SOBRE POLÍTICA DE VIVENDA NO CONCELLO DE NARÓN, en modo de moción.

Unha vez rexistrada a Moción André Abeledo e Antón Sánchez farán unhas declaracións a prensa na porta do Concello.

Acto seguido Antón Sánchez xunto a compañeiras e compañeiros de NARÓN POR DIANTE farán un reparto de dípticos e papeletas pedindo o voto para NARÓN POR DIANTE o 26M.


NARÓN POR DIANTE retrasa o seu peche de campaña para participar na manifestación xunto cós traballadores de POLIGAL
.

Mañá Xoves día 23 as compañeiras e compañeiros de NARÓN POR DIANTE, encabezados polo noso candidato a Alcaldía André Abeledo, participarán na manifestación en defensa dos postos de traballo en POLIGAL (A manifestación partirá ás 19:00has das instalacións da compañía, no polígono d'A Gándara, até a Praza Amada Garcia, diante do edificio da Xunta).

Por ese motivo o acto de campaña previsto con Yolanda Díaz, deputada de UNIDAS PODEMOS, no noso Local de campaña situado na Praza de A Gándara, vaise atrasar ata o remate da manifestación.

André Abeledo indicou que debemos loitar xunto coas traballadoras e traballadores de POLIGAL na defensa dos seus postos de traballo, por unha banda porque son fundamentais para Narón, e por outra porque a unidade debe darse a todos os niveis en defensa ao dereito a un traballo digno.

#AbrindoAsPortas
#AbrindoAsPortasDoRural
#AbrindoAsPortasDaIlusion

Programa Electoral 2019 de Narón por Diante. | Baixar/Acceder.

NARÓN POR DIANTE- SON EN COMÚN
Local de campaña
Praza de A Gándara (Rúa Vigo, 20, Narón).
Facebook | Twitter


Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
22 de maio de 2019 09:19
22 de maio de 2019 09:32
__________________

O mércores 29 de maio, a partir das 7 da tarde no Ateneo Ferrolán, Agamme organiza a Palestra: 'Lingua, poder e adolescencia no proceso de substitución lingüística', a cargo do profesor Miguel Rodríguez Carnota - A mantenta da discriminación lingüística do alumnado galego falante


O vindeiro mércores 29 de maio, a partir das 19:00h no Ateneo Ferrolán, AGAMME organiza a  PALESTRA “Lingua, poder e adolescencia no proceso de substitución lingüística”, a cargo do profesor Miguel Rodríguez Carnota.

A través do seu relatorio, Carnota expoñerá os resultados da súa tese doutoral na que investiga a existencia dunha realidade de acoso escolar por razón de lingua no noso sistema educativo que non se está a identificar nin abordar.

Miguel Rodríguez Carnota é mestre de lingua inglesa, Licenciado en Filosofía e en Ciencias da Educación. Master of arts in education and applied linguistics pola Open University. É autor de diversas publicacións sobre a temática da discriminación lingüística do alumnado galego falante e dun método de aprendizaxe de inglés a partir da lingua galega. É coautor do método de lectoescritura Chirlo Merlo (Ir Indo, 1991).

Agamme.org

FACEBOOK | TWITTER

Enviado por:
Agamme Ferrol
agammeferrol gmail.com
21 de maio de 2019 22:53

_________________

Este mércores 22 de maio debate na TVG entre cinco dos candidatos á alcaldía de Ferrol - Será ás 10:15 horas, mais tamén retransmitira-se pola noite, ás 22:45h pola TVG2 - Non o Perdas!


Debate na TVG de cinco candidatos á Alcaldía do Concello de Ferrol de organizacións que xa teñen representación no Concello, nestas eleccións presentanse 11 candidaturas.


Este mércores 22 de maio debate na TVG entre cinco dos candidatos á alcaldía de Ferrol - Será ás 10:15 horas, mais tamén retransmitira-se pola noite, ás 22:45h pola TVG2.

PARTIDO POPULAR  (PP)
Candidato á Alcaldía: JOSÉ MANUEL REY VARELA

FERROL EN COMÚN-SON EN COMUN (FERROL EN COMUN)
Candidato á Alcaldía: JORGE JUAN SUAREZ FERNANDEZ

PARTIDO DOS SOCIALISTAS DE GALICIA-PSOE (PSdeG-PSOE)
Candidato á Alcaldía:  ANGEL MANUEL MATO ESCALONA

BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (BNG)
Candidato á Alcaldía:  ANTONIO IVÁN RIVAS RICO

CIUDADANOS-PARTIDO DE LA CIUDADANIA (Cs)
Candidato á Alcaldía:  ALEJANDRO  LANGTRY CAINZOS

Agora naTVG en directo:

http://www.crtvg.es/tvg/tvg-en-directo


______

O BNG de Ferrol sobre o benestar animal: 'Ferrol debe asegurar o benestar animal se quere ser unha cidade saudable e sustentable' - E Axenda para hoxe 22 de maio, detacando o Acto Central no Teatro Jofre, ás 20:15hs, coas intervencións de Ana Pontón, Ana Miranda, María do Mar López e Iván Rivas, e participación de Jasper (Cantante de Nao)


O BNG de Ferrol celebrara hoxe mércores 22 de maio o seu Acto Central no Teatro Jofre


Na axenda para hoxe mércores 22 de maio, detaca o Acto Central no Teatro Jofre, ás 20:15hs, coa participación Jasper (Cantante de Nao) e as intervencións de Ana Pontón (portavoz nacional do BNG e do grupo parlamentario),  Ana Miranda (eurodeputada e de novo candidata ao Parlamento Europeo por BNG - Agora Repúblicas), María do Mar López (nº2 da candidatura ao Concello de Ferrol) e Iván Rivas (candidato á alcaldía)


A cidade de Ferrol debe asegurar o benestar animal se quere ser unha cidade saudable e sustentable

O benestar animal é un dos obxectivos que definen ás cidades saudables e sustentables. Isto supón máis que un concurso escolar ou charlas divulgativas sobre a tenencia responsable de mascotas; boas iniciativas pero que non amañan os problemas que xorden da convivencia e que non garanten os dereitos das outras especies. Dende o BNG de Ferrol consideramos que Ferrol tamén pode ter oportunidades no desenvolvemento de políticas de benestar animal.

Existen na actualidade dous marcos lexislativos para a regulación da protección e o benestar animal, unha lei autonómica e unha ordenanza municipal. A regulamentación autonómica é basicamente un regulamento sancionador que non responde a unha verdadeira planificación da nosa convivencia con outras especies. Por pór un exemplo, exclúe da protección e benestar a todos os animais que participen en espectáculos taurinos. Mentres, a ordenanza municipal está sen desenvolver con políticas concretas, por exemplo no relativo ás colonias de gatos, ao refuxio mancomunado de Mougá ou á participación do movemento asociativo nestas políticas.

Unha cidade saudable é tamén a que ordena estas relacións, á que lle dedica recursos suficientes e ve tamén oportunidades para criar empregos e tecer redes de participación cidadá para a resolución dos problemas de convivencia que xorden.

Ferrol non pode seguir dando as costas aos aspectos relacionados co benestar animal. É preciso desenvolver o marco legal e dotalo de recursos económicos, atendendo aos puntos máis quentes nestas políticas (o refuxio e coidado de mascotas en situación de abandono, o control e ordenación das colonias de gatos ou a irrupción de animais salvaxes en zona urbana).

A concellaría que asuma Benestar Animal debe contar cunha partida orzamentaria específica e desenvolver un "Plan anual de actuación para o benestar animal e a convivencia cidadá". Desde esta concellaría débese constituír unha "Mesa de traballo e participación", onde estean representadas as asociacións que traballan neste ámbito e profesionais veterinarios que dun xeito altruísta están a colaborar con elas; impulsar o compromiso dos outros Concellos para ampliar e mellorar as instalacións de Mougá, asegurando os dereitos dos animais acollidos e canalizando unha liña de adopcións responsábeis.

Ferrol ten que habilitar espazos adecuados para a socialización canina, actualmente insuficientes; axilizar a inspección e trámite das denuncias por maltrato animal e os expedientes por molestias á veciñanza, derivados da tenencia de animais de compañía; aprobar un Protocolo de actuación  ante  un  animal abandonado, ferido, enfermo ou morto, e un "Plan colonial felino" do Municipio que contemple a esterilización, a atención sanitaria, a resolución de conflitos e a creación da figura urbana colaboradora no seguimento destas colonias.

Ferrol, 21 de maio de 2019.


https://youtu.be/YcpGMV5YLAE

O país que a grande maioría queremos é diferente ao que hoxe temos. Mais en moitos concellos o BNG demostra xa, no ámbito local, que a Galiza viva, dinámica e con futuro que soñamos, é posíbel e xa está en marcha. Con voz propia, coas ideas claras. O 26M, súmate á Galiza que vén, co BNG.

#AgoraEuropa #AgoraRepublicas #AgoraBNG

Coas Ideas Claras
http://ideasclaras.bng.gal/

Ferrol | Web | Facebook | Twitter.
#AgoraGaliza

#Agora Ferrol
#AgoraBNG
Local Electoral BNG Ferrol
Rúa Galiano, 66 Baixo.
BNG

Enviado por:
BNG Ferrol
-bngferrol@gmail.com-
21 de maio de 2019 17:44

_______________

Este mércores 22 de maio, ás 7 da tarde, Marea de Ferrol terá un Encontro Veciñal no Centro Cívico de Caranza, para analizar o impacto do estaleiro 4.0 e o dique seco cuberto sobre o barrio - E outras actividades de Marea de Ferrol para hoxe mércores 22 de maio de maio


PREVISIÓNS DE MAREA DE FERROL PARA O MÉRCORES 22 DE MAIO

Detallamos a continuación a previsión de actividades de Marea de Ferrol para  hoxe mércores 22 de maio de maio:

⏩ 1. Ás 11.00 horas, Bernardo Lorenzo Cuétara será entrevistado en Radio Voz

⏩ 2. Ás 19.00 horas teremos un Encontro Veciñal no CC Caranza, para analizar o impacto do Estaleiro 4.0 e o dique seco cuberto sobre o barrio. Intervirán Lucía Vizoso (nº 2 da nosa candidatura), Pancho Casal (deputado no Parlamento Galego por En Marea) e Bernardo Lorenzo Cuétara (candidato á alcaldía por Marea de Ferrol).

⏩ 3. Así mesmo, o noso local electoral (Rúa Dolores, 20) permanecerá aberto mañá e tarde -en horario de 10:00 a 14:00 hh. e de 17:30 a 19:30 hh.- como espazo de encontro e de conversa con todos os/as veciños/as que queiran achegarse.

ENCONTRO VECIÑAL NO CC CARANZA - 19.00 HORAS - ANÁLISE DO IMPACTO DO DIQUE SECO CUBERTO NO BARRIO

Este mércores 22 de maio, ás 19.00 horas, Marea de Ferrol terá un Encontro Veciñal no CC Caranza, para analizar o impacto do estaleiro 4.0 e o dique seco cuberto sobre o barrio. O motivo de organizar este encontro nace da preocupación que sobre este tema nos trasladou  a A.VV de Caranza  na xuntanza que mantivemos no mes de abril.

Intervirán Lucía Vizoso Amado, nº 2 da nosa candidatura, Pancho Casal, deputado de En Marea no Parlamento Galego, e Bernarndo Lorenzo Cuétara, candidato á alcaldía por Marea de Ferrol.

Marea de Ferol
Local: Rúa Dores, 20 Baixo.
Correo-e: mareadeferrol@gmail.com
http://mareadeferrol.gal/
Twitter | Facebook

Enviado por:
Marea de Ferrol
-mareadeferrol@gmail.com-

21 de maio de 2019 12:44
21 de maio de 2019 12:54
__________________

A eurodeputada Lídia Senra, candidata de En Marea - Compromiso por Europa, estivo en Ferrol, acompañada por membros de Marea de Ferrol, onde mantivo dúas reunións: Unha primeira con operadores dos mercados da cidade (A Magadalena, Caranza e Recimil) e unha segunda con membros do Movemento Galego pola Defensa das Pensións Públicas (MODEPEN)



MAREA DE FERROL E A EURODIPUTADA LIDIA SENRA XÚNTANSE COS OPERADORES DE MERCADOS E MODEPEN

A eurodeputada Lídia Senra, candidata de En Marea - Compromiso por Europa ás eleccións europeas do 26 de maio, estivo este luns pola tarde en Ferrol, no local da Marea de Ferrol, acompañada por membros da candidatura municipal, onde mantivo dúas reunións: Unha primeira con operadores dos mercados da cidade (A Magadalena, Caranza e Recimil) e unha segunda con membros do Movemento Galego pola Defensa das Pensións Públicas (MODEPEN).

En declaracións aos medios, Lídia Senra aproveitou para facer un chamamento ao voto para este domingo e cualificou de moi importantes as eleccións europeas, xa que o 80% das decisións políticas que afectan directamente ás persoas tómanse na UE.

A europarlamentaria e candidata defendeu que para o mercado local é preciso un impulso da comercialización do produto local e de proximidade.
Desde Marea de Ferrol, recollimos tamén as diferentes demandas que se realizaron sobre a deplorable situación na que se atopan os mercados de Recimil e Caranza, e salientaron a ausencia de convocatorias da Mesa Local de Comercio por parte do goberno municipal durante todo o anterior mandato.

Nese sentido, e como vimos facendo en todas as xuntanzas que estamos realizando co movemento asociativo, Bernardo Lorenzo fixo a proposta en firme de crear mesas de traballo con representación tanto do concello como dos diferentes sectores do comercio ferrolá, para recoller demandas, e pensar xuntas o modelo de cidade que queremos.

Desde Marea de Ferrol, consideramos a necesidade de potenciar a capacidade competitiva e o comercio local e de proximidade.

Por outro lado, tivo lugar unha moi enriquecedora xuntanza con MODEPEN, na que se dialogou e compartiron demandas e preocupacións con respecto ás pensións e outros dereitos sociais. Lidia Senra comprometeuse a seguir loitando duramente, igual que fixo neste mandato, na defensa dos sistemas públicos de pensións e das pensións dignas para que ningunha persoa entre na pobreza unha vez que chega ao remate da súa vida laboral.

Desde Marea de Ferrol, recordamos a importancia que ten para unha candidatura municipalista e veciñal como a nosa, manter lazos de colaboración con organizacións a nivel galego e neste caso europeo, dado que hai moitas competencias que están fóra do ámbito municipal pero que inciden fortemente sobre a vida das persoas, que nós propoñemos acompañar con propostas a nivel local como a Renda Mínima Municipal.

En Marea - Compromiso por Europa | Ir á Web.

Marea de Ferol
Local: Rúa Dores, 20 Baixo.
Correo-e: mareadeferrol@gmail.com
http://mareadeferrol.gal/
Twitter | Facebook

Enviado por:
Marea de Ferrol
-mareadeferrol@gmail.com-
21 de maio de 2019 11:26

_____________

Programa Electoral 2019 de Narón por Diante - #AbrindoAsPortas - Facemos unha aposta pola proximidade e a defensa do común


UN CONCELLO PARA A VECIÑANZA

POLÍTICA DO COMÚN. PARA GOBERNAR DÍA A DÍA

Facemos unha aposta pola proximidade e a defensa do común. Daqueles elementos que configuran a vida cotiá do noso concello, entendendo que as politicas públicas deben ser accesibles a toda a veciñanza  mediante criterios obxectivos e sen lugar para amiguismos e redes clientelares.

Unha politica de proximidade, de rúa que practique a escoita activa e que artelle mecanismos de participación e de emponderamento cidadá. Queremos que o concello sexa teu, do conxunto da veciñanza , sen lugar para o caciquismo , para o inmobilismos de governos de demasiados anos no poder, sen exclusión para ninguén, queremos abrir as portas.

As portas do traballo, da transparenza na xestión municipal, do pazo do concello que é do pobo, do futuro cara unha cidade eficaz e eficiente, xusta socialmente, sostible medioambeltalmente, accesible para todos e todas , abrir as portas a equidade entre homes e mulleres, entre as opcións sexuais das persoas ... queremos abrir as portas a un concello onde as persoas poidan desenvolver todo o seu potencial e non teñan que marchar.

#AbrindoAsPortas
#AbrindoAsPortasDoRural
#AbrindoAsPortasDaIlusion

Programa Electoral 2019 de Narón por Diante. | Baixar/Acceder.

NARÓN POR DIANTE- SON EN COMÚN
Local de campaña
Praza de A Gándara (Rúa Vigo, 20, Narón).
Facebook | Twitter



Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
21 de maio de 2019 10:09

_____________