venres, xuño 28, 2019

Nun acto en Canido, con numerosa presencia de veciñas e veciños, a Plataforma volve chamar a non pagar o recibo da depuración que se está pasando aos fogares, polo período no que non se prestaba o servizo


A Plataforma en Canido chama, de novo, a non pagar o recibo da depuración que se está pasando aos fogares, comercios, locais e empresas, polo período no que non se prestaba o servizo.


Nun acto onde asistiron un moi importante número de persoas, a Plataforma volveu a presentar os seus argumentos e razóns do porque non se tiña que pagar este recibo que ademais de ser un recibo inxusto e moi avultado, era un recibo que Emafesa pasaba ao cobro por un período onde non se prestaba o servizo, o sistema de depuración non funcionaba e non se pode alegar por parte de Emafesa que estaba nun período de "arranque e posta en marcha", prolongado durante 31 meses que son, os meses que nos pretenden cobrar agora en recibos fraccionados. Período que como é lóxico, á veciñanza de Narón (tamén cunha empresa mixta Cosma), non se lles esixe pagar. Só se lles pasou a cobro desde o 4 abril de 2017 que é cando realmente comezou o arranque e posta en marcha da depuradora, coa conexión dos colectores e interceptores xerais, e o bombeo da maioría das augas residuais á depuradora de Prioriño.

As preguntas da veciñanza, foron numerosas e volveron a reincidir, na inxustiza da situación e do porque temos que aguantar a xestión privada dunha empresa que nos maltrata e porque temos que asumir os acordos dun mal goberno que non foi capaz de tomar as decisións adecuadas, para resolver este conflito que non fose saquear o noso peto. Máis de 6 millóns que deixa de ter a veciñanza de Ferrol. Esta tarde segue a ronda de actos informativos na Praza do Inferniño.

Venres 28 de xuño, ás 8 da tarde, na Praza do Inferniño. | Evento no facebook.

Ferrol, a 28 de xuño de 2019

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
Fernando Ramos | Pablo Portero | Bernardo Rego | Lupe Ces | Alexandre Carrodeguas |

Correo-e:
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com

Blogue:
https://plataformaferrol.blogspot.com.es/

facebook (Páxina) |  facebook (Grupo) | twitter | youtube
__________ _______

xoves, xuño 27, 2019

En Ferrol, como nas outras cidades da Galiza, o vindeiro sábado 29 de Xuño, a CIG chama a participar nas convocatorias do 28X, 'Día do Orgullo LGTBIQ: medio século de loita e reivindicación da diversidade' - Declaración da CIG


A CIG esixe equiparación de dereitos para as persoas LGTBIQ, rememorando a revolta de Stonewall, 50 anos despois

Sumámonos ao orgullo pola diversidade afectivo sexual e de xénero, e á loita LGTBIQ facendo un chamamento a participar en todas aquelas actividades, concentracións e mobilizacións organizadas polos distintos colectivos.

En Ferrol: Manifestación (o 29 de xuño) ás 12 horas desde a Praza Amada García (Organiza: Avante LGTB Apoia: Marcha Mundial das Mulleres)



28-X, Día do Orgullo LGTBIQ: medio século de loita e reivindicación da diversidade

A CIG reitera o seu compromiso e a súa aposta pola igualdade social, a visibilidade da diversidade afectivo sexual e a non discriminación. Ao tempo, a central sindical denuncia que de nada vale contar con lexislacións efímeras como a Lei pola igualdade e non discriminación de persoas LGTBI en Galiza, aprobada  hai cinco anos e da que só coñecemos o Observatorio Galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero, recentemente constituído por tan só 3 colectivos LGTBI do total do 25 que o compoñen, ou a elaboración do Protocolo educativo para garantir a igualdade, a non discriminación e a liberdade de identidade de xénero, mais do que descoñecemos  a súa aplicación. De feito, se consultamos a información dispoñíbel na web da Consellaría de educación, comprobaremos como nin tan sequera contan con materiais didácticos propios para traballar na diversidade en educación primaria e secundaria, pendurando os elaborados por outras entidades, unha mostra clara do desleixo ante un tema que non foi nunca prioridade na súa actividade política, como se reflicte no rexeitamento da toma en consideración da lei trans no parlamento Galego no 2017.

DECLARACIÓN DA CIG

Hai 50 anos, na madrugada do 28 de xuño de 1969,  tivo lugar no Stonewall Inn, un bar do barrio Greenwich Village, de Nova Iorque, unha revolta levada a cabo por persoas negras, trans e migrantes, contra os abusos e persecucións das forzas policiais contra o movemento LGTBI, pola súa disidencia contra a heterosexualidade como norma, e que supuxo o inicio da visibilización das súas demandas nos espazos públicos, nas rúas.

Medio século dunha revolta nacida como loita de clase, antirracista e de xénero, que posibilitou a formación dunha comunidade unida e combativa contra todas as  barreiras e discriminacións que afectan ás persoas que defenden a diversidade sexual, ou que se identifican como gais, lesbianas, trans, bisexuais, intersexuais.... segue a ser necesario esixir o dereito das persoas a vivir en liberdade sexa cal sexa a súa opción afectiva e sexual, a identificación co rol de xénero ou a súa identidade.

Porque aínda que as imaxes que ao sistema capitalista lle interesa difundir da conmemoración do  28 de xuño é  a explotación económica da mobilización, reducidas a un formato estrictamente lúdico, desposuídas da súa carga reivindicativa, banalizando con demasiada frecuencia unha loita social, mesmo invisibilizando ou marxinando aos corpos que non responden ao patrón consumista que pretenden impoñer, cando segue a ser unha loita necesaria e urxente denunciar que as persoas que non encadran cunha identidade ou cunha opción afectiva sexual heternormativa seguen a sufrir hoxe en día diferentes opresións, acoso e mesmo agresións.

Porque debemos educar ás crianzas en liberdade. Aprenderlles que hai multitude de identidades, que poden ser cis, trans, heterosexuais, bisexuais, lesbianas, homosexuais, intersexuais, ou calquera outra coa que se sintan identificadas.

Porque tal e como pretenderon facer coa conmemoración do 8 de marzo, non debemos esquecer a orixe do 28 de xuño e renderlle homenaxe á denuncia, á reivindicación e á loita de moitas persoas que eran perseguidas polo propio sistema que debería protexer os seus dereitos.

Por iso, desde a CIG, ante a conmemoración dun novo 28X:

• Denunciamos as discriminacións, a vulneración de dereitos e as agresións contra as persoas que exercen unha disidencia de xénero, afectiva ou sexual diferente a heteronormativa nas escolas, nos xulgados, nos traballos, nas rúas ou nos lugares de ocio da Galiza.

• Denunciamos as discriminacións tanto no eido laboral (vulneración do dereito á intimidade nos procesos de selección, non renovación de contratos, acoso, dificultades na promoción, denegación de prestacións e permisos á parella, despedimentos...), como no social, e mesmo no ámbito educativo desde idades moi temperás (agresións, insultos, invisibilización, illamento, acoso e ciberacoso...), que sofren moitas galegas e galegos pola súa opción afectivo-sexual ou pola súa identidade de xénero.

• Que a pesares das múltiples denuncias contra o Plan galego anti VIH/sida e outras infeccións de transmisión sexual (ITS) 2015-2018, por vincular a homosexualidade cun maior consumo de drogas ou cunhas prácticas sexuais proclives a contraer sida, o plan non foi modificado, e pese a chegar ao seu remate, non se redactou un novo libre da estigmatización e os estereotipos que contén o anterior, aínda vixente.

• Que a Carteira de servizos comúns do Sistema Nacional de Saúde vincula  os  tratamentos de reprodución humana asistida (RHA) á existencia dun trastorno documentado da capacidade reprodutiva, constatada tras un protocolo diagnóstico, ou tras a ausencia de consecución de embarazo despois dun mínimo 12 meses de relacións sexuais con coito vaxinal sen emprego de métodos anticonceptivos, excluíndo por tanto, ás mulleres lesbianas da posibilidade de ser nais.

• Que a pesares dos distintos cambios de goberno que tiveron lugar no estado español, seguimos a sufrir os efectos dunha lei educativa, a LOMCE, que impide termos un sistema educativo propiamente galego, público, gratuíto, laico, científico, coeducativo e democrático; imposibilita un tratamento adecuado da diversidade afectivo sexual no ámbito educativo e, por tanto, fica lonxe o obxectivo de acadar unha educación igualitaria e respectuosa coa diversidade de opcións sexoafectivas e de identidade.

Por todo o exposto, esiximos, un ano máis ao goberno da Xunta:

• Que  garanta o dereito á protección da saúde das persoas trans, incluíndo os tratamentos clínicos necesarios que así se soliciten, como a vaxinoplastia, glotoplastia, faloplastia, mamoplastia, masectomia, entre outras no catálogo de prestacións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

• O respecto á diversidade das persoas cuxa identidade rexistral non coincide coa súa identidade de xénero.

• O acceso á reprodución asistida no sistema sanitario público galego por parte daquelas mulleres que así o soliciten, teñan ou non parella, sexan lésbicas ou bisexuais.

• Dotación orzamentaria que permita poñer en marcha á Lei de Igualdade 2/2014 de 14 abril pola igualdade e non discriminación de persoas LGTBI en Galiza,  e o Protocolo educativo para garantir a igualdade, a non discriminación e a liberdade de identidade de xénero, facendo as modificacións oportunas na lexislación vixente co obxecto de estabelecer un réxime sancionador, incluíndo a protección integral contra os delitos de odio, axilizando as denuncias e a protección das persoas afectadas, así como formación transversal en diversidade a todos os colectivos implicados (persoal sanitario, persoal do ensino, operadores xurídicos, forzas e corpos de seguridade do estado).

• Esiximos que todas as persoas, independentemente da súa orixe, do seu estado civil, ou da situación legal na que se atopen, poidan ser atendidas nos servizos públicos de saúde e teñan cubertos os seus tratamentos médicos, sen que teñan que facer alusión ás súas prácticas sexuais.

• A promoción dun ensino laico e de calidade que integre a dignificación e o recoñecemento das diferentes opcións sexuais e a diversidade familiar, educando na liberdade para enfocar a vida persoal e sexual de cada quen, a través da visibilidade desta realidade diversa nas materias educativas, impulsando e apoiando aquelas producións culturais que inclúan a realidade LGTBI para potenciar referentes positivos da homosexualidade, bisexualidade, transexualidade e intersexualidade, poñendo especial fincapé na súa divulgación nos centros de ensino infantil, medio e superior.

• Que se aprobe unha Lei Galega de Identidade de xénero que garanta o recoñecemento e a existencia da comunidade trans, a través da posta en marcha de medidas no ámbito educativo, sanitario e xudicial.

• Programas de  prevención da LGTBIfobia, e de asesoramento LGTBI, dirixidos aos departamentos de orientación dos centros educativos e mesmo ás asociacións de nais e pais, combinando con campañas específicas para a prevención e erradicación do acoso escolar LGTIfóbico.

• A nivel laboral, a erradicación das actitudes homo/lesbo/bifóbicas/transfóbicas, instando a adoptar medidas que eviten calquera tipo de discriminación no acceso e mantemento do emprego, que eviten e persigan o acoso laboral, propiciando a igualdade de oportunidades e de trato de todas e todos os traballadores. Para tal fin, promoverase a negociación dun protocolo de prevención e actuación ante o acoso por identidade afectiva ou sexual nas empresas.

Desde a CIG reiteramos un ano máis o noso compromiso e a nosa aposta pola igualdade social, a visibilidade e a non discriminación e sumámonos ao orgullo pola diversidade afectivo sexual e de xénero, e á loita LGTBIQ facendo un chamamento a participar en todas aquelas actividades, concentracións e mobilizacións organizadas polos distintos colectivos en torno ao 28 de xuño.

A Coruña: Manifestación no Obelisco ás 20:30 horas (Organizan: Alas Coruña, Les Coruña, Orgullo Coruña, Casco)
Ferrol: Manifestación (o 29 de xuño) ás 12 horas desde a Praza Amada García (Organiza: Avante LGTB Apoia: Marcha Mundial das Mulleres)
Lugo: Concentración na Praza da Horta do Seminario ás 19:30 horas (Organiza: Avante LGTB)
Santiago: Manifestación ás 20 horas desde a Praza 8 de marzo  (Organizan: Avante LGTB, Arelas Asociación de familias de menores trans, AmiZando)
Ourense: Marcha do Orgullo desde a Praza de San Marcial ((Organiza: Asembleia Orgulho Ourense)
Pontevedra: Concentración ás 20 horas na Peregrina (Organiza: Avante LGTB)
Vigo: Manifestación (o 29 de xuño) desde a Praza da Pedra ás 20:30 horas (Organiza: Asociación NósMesmas)

https://www.cig.gal/

Enviado por:
Confederación Intersindical Galega
-cig@cig.gal-
27 de junho de 2019 18:00

_____________

A montaxe poético-visual, 'En Inedito Silencio', de André Cerdido Pastor e Ana Fernández, este venres 28 de xuño en 'El Guarisnais', ás 8 da tarde



A montaxe poético-visual,
EN INÉDITO SILENCIO,
este venres 28 de xuño en El Guarisnais.


Este venres 28 de xuño ás 8 da tarde no Guarisnais (r/ Taxonera, 1. Esteiro-Ferrol).

Unha orixinal presentación audiovisual do poemario EN INÉDITO SILENCIO e da editorial autónoma Edicións Imaxinarias.

Coa participación creativa de
:

🔸Ana Fernández: deseño e arte.
🔸Esther Raíndo: ilustracións.
🔸André Cerdido Pastor - Pequeno Monstro-: textos, recitado e selección musical.
🔸Ana Santiago Lucecú: recitado.
🔸Miguel Castro: guión, presentación e control de son.

Evento en facebook:
https://www.facebook.com/events/636882643473045/ 

Contacto directo: 680730241 (André C. Pastor) / 678942949 (Ana Fernández)

Edicións Imaxinarias©
Instagram  |  Facebook

Enviado por:
Edicións Imaxinarias
-edicionsimaxinarias@gmail.com-
26 de junho de 2019 10:5
3

___________________

Homenaxe ao histórico dirixente comunista Fernando Miramontes - Documentario de Carlos A. Quirós - Vídeo


Documental realizado co gallo dos 40 anos da primeira corporación democrática no Concello de Ferrol, presentado o 14 de abril de 2019 nos actos correspondentes ao aniversario da 2ª República. Homenaxe ao histórico dirixente comunista Fernando Miramontes.


https://youtu.be/8fG6rsRHWHo

Dirección - Carlos A. Quirós

Cámaras - Cristina ESteiro e Carlos A. Quirós
Son - Nerea Guerreiro
Edición e posprodución - Nerea Guerreiro e Carlos A. Quirós
Etalonaxe e dixitalización - Cristina Esteiro

Agradecementos

Javier Galán
Manolo Sánchez
Suso Basterrechea
➤ Militantes de Esquerda Unida que aportaron información
➤ Consello político local de Esquerda Unida Ferrol
Gabriel Prada

Cuerda Floja Producciones 2019 | Ir ao Canle.

Categoria
:
➤ Filmes e desenhos

Música neste vídeo


➤ Ouça músicas sem anúncios com o YouTube Premium

Música

Le Chant De La Libération (Le Chant Des Partisans) [Song of Liberation]

Artista

➤ Yves Montand

Álbum

➤ Chanson Populaires De France: Yves Montand

Licenciado para o YouTube por
The Orchard Music, Entertainment One U.S., LP, SME (em nome de Monitor Records / Smithsonian Folkways Recordings); SODRAC, Muserk Rights Management e 1 associações de direitos musicais

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
27 de junho de 2019 11:00

_________

Primeiro acto informativo cun case cheo total do Centro Cívico de Caranza - A Plataforma fixo un chamamento a non pagar este primeiro recibo como medida de presión, agardando que o goberno municipal que se constituía aborde este conflito coa atención necesaria


A Plataforma realizou o primeiro acto informativo, sobre os recibos que Emafesa está enviando, de facturación de atrasos de depuración, polo período no que o sistema aínda non funcionaba. Sobre unhas 250 persoas, encheron o salón de actos do Centro Cívico de Caranza. Foron moitas as preguntas e dúbidas expostas pola veciñanza nesta ocasión (lecturas estimadas, cobros indebidos...)

A indefensión ante os abusos da empresa mixta Emafesa, era a situación compartida pola maioría de asistentes. Desde a Plataforma explicouse cal é a orixe dos recibos por atrasos que está enviando a empresa este mes de xuño. O camiño foi iniciado polo goberno de José Manuel Rey Varela, aprobando unha taxa inxusta e avultada, ademais de pasa-la ao cobro cando o sistema de depuración non funcionaba. Ese mesmo camiño foi seguido polo goberno de Ferrol en Común, con varias actuacións, a última, a firma das liquidacións, que agora se pasan a cobro, e que asinou o anterior alcalde Jorge Suárez.

Está pendente de resolver-se un recurso de apelación, no TSXG, a unha sentenza que gañou Socamex, a parte privada de Emafesa, en primeira instancia, que di que a suspensión da taxa non seguiu o procedemento adecuado, e di que o "feito  impoñíbel" comeza co "arranque e posta en marcha", aínda que non se depurara, pois o 98.5% das augas residuais seguina-se vertendo á Ría. Un "arranque e posta en marcha" que se prolongou por un longo período de 31 meses,  cando o verdadeiro arranque e posta en marcha, foi só de 4 meses, o comprendido entre abril e xullo de 2017.

O recurso que o Concello puxo contra a sentenza gañada en primeira instancia por Socamex, contrargumenta que non se pode aplicar o regulamento para a derogación ou modificación dunha ordenanza, ao simple feito de suspendela por entender que o servizo non se prestaba nese período. Por outra banda, no recurso queda demostrado, polos distintos informes externos emitidos e o do enxeñeiro municipal, que o sistema de depuración non funcionaba e que a depuradora fora entregada pola Xunta de Galicia con defectos estruturais que o impedía. As augas residuais non se comezaron a depurar até o 4 de abril de 2017, data na que se comezaron a conectar os interceptores e colectores xerais.

Sorprendeu á veciñanza asistente, coñecer que os veciños e veciñas de Narón non se lles esixía pagar o período no que non se depuraba. Só se lle comezaron a pasar recibos polo servizo de depuración a partir de abril de 2017. Como se pode xustificar que a veciñanza de Ferrol teña que pagar 31 meses máis que os de Narón, cando é a mesma depuradora e o mesmo sistema de saneamento que Ferrol?

A Plataforma fixo un chamamento a non pagar este primeiro recibo como medida de presión, agardando que o goberno municipal que se constitúa aborde este conflito coa atención necesaria, dedicación, reflexión, transparencia e participación, e que se lle dea unha solución a esta situación que non pase polo saqueo á veciñanza.

O 27 e 28 de xuño, xoves e venres desta mesma semana os actos informativos van-se realizar nos barrios de Canido e d'O Inferniño, todos ás 8 da tarde.

Ferrol, a 27 de xuño de 2019

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
Fernando Ramos | Pablo Portero | Bernardo Rego | Lupe Ces | Alexandre Carrodeguas |

Correo-e:
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com

Blogue:
https://plataformaferrol.blogspot.com.es/

facebook (Páxina) |  facebook (Grupo) | twitter | youtube
__________

martes, xuño 25, 2019

O Dia das Letras Galegas à figura de Ricardo Carvalho Calero e a aprobación do Decreto que establece os niveis de competencia do galego en Asturias aos efectos do Marco Común Europeo de Referencia das Linguas


COMUNICADO DE IMPRENSA SOBRE O DIA DAS LETRAS DE 2020 E O DECRETO DO PRINCIPADO DE ASTURIAS SOBRE OS NÍVEIS DE COMPETÊNCIA DO GALEGO EN ASTURIAS.


Desde LiGanDo queremos comunicar a nossa satisfação pelos avances que se dão esta semana em dois aspetos que nos consideramos fundamentais para o futuro do idioma galego.

O primeiro foi a decisão de adjudicar o Dia das Letras Galegas à figura de Ricardo Carvalho Calero. Entendemos que este feito vai permitir colar a figura do escritor no lugar que se merece e evidencia que a figura e obra de Carvalho Calero é merecedora deste reconhecimento. Entendemos que só os prejuízos de caráter ideológico impedirão que nos anos anteriores se aprovasse à sua designação pelos académicos da RAG. Os parabéns da nossa organização à RAG e os seus académicos pela retificação.

Com respeito ao Dia da Letras do 2020 LGD entendemos que não só tem que servir para profundar no estudo e dar conhecer a obra de Carvalho Calero senão também para abrir um debate cultural e social sobre o reintegracionismo como escolha válida a ora de escrever o galego. Entendemos que está escolha  converte o nosso idioma numa fala internacional usada por milhões de pessoas repartidos por todo o planeta. Com o reconhecimento da figura de Carvalho Calero para o ano 2020 há um avance importante no binormativismo que LGD já incluiu na sua ata de fundação.

Aproveitamos, também, esta comunicação para fazer um chamamento aos afiliados/as do BNG e das organizações da sua entorna (CIG, ADEGA, FRUGA, …) que defendem a normalização do uso da variante reintegracionista para que pressionem as suas direções na linha de avançar no reconhecimento do binormativismo como a melhor opção de defender o uso normalizado e super-vivéncia do galego.

Desde LGD esperamos que desde já as organizações citadas usem o galego internacional para a elaboração de comunicados e escritos sobre o Dia das Letras de 2020 e a figura de Carvalho Calero.

A segunda causa de satisfacción e a aprobación, este venres 21 de Xuño, por parte do Principado de Asturias do Decreto que establece os niveis de competencia do galego en Asturias (galego asturiano) aos efectos do Marco Común Europeo de Referencia das Linguas, e regula os exames oficiais. En concreto regula que haberá certificados a nivel básico (A1 e A2), medio (B1 e B2) e avanzado (C1). Estes Decreto iguala ao galego en Asturias con outros idiomas como o galego, euskera, castelán, inglés, … xa que contan co mesmo procedemento de certificación.* nota 1

Desde LGD entendemos que a elaboración do proxecto normativo para regular os niveis competencias do galego en Asturias  que aparece recoñecido como galego asturiano no Estatuto de Autonomía do Principado  debe avanzar no achegamento, desta variante do galego usado no occidente de Asturias e algún concello oriental da provincia de Lugo, cara o galego normativizado pola RAG como o mellor xeito de dar utilidade, futuro e alcance internacional á esta variante do galego tamén coñecida como galego oriental ou galego do Eo-Navia.

Nota 1: LiGanDo é unha organización política arredista que nace para traballar na CAG e nos territorios extremeiros e por iso esta legalizada diante do Ministerio do Interior para a actual Comunidade Autónoma de Galiza, e os territorios extremeiros do Eo-Navia e o Bierzo.
Galiza, 23 de Xuño de 2019.

LIGANDO-LGD

http://www.ligando.org/

Facebook | Twitter

Enviado por:
LiGanDo Lgd
-ligando.lgd@gmail.com-
24 de junho de 2019 14:54

____________-

A Fundaçom Artábria com o movimento normalizador, pola reivindicaçom prática de 'Carvalho Calero 2020'


A Fundaçom Artábria com o movimento normalizador, pola reivindicaçom prática de “Carvalho Calero 2020”

Foi em 2007 quando a nossa entidade lançou a primeira campanha explícita para reclamar um Dia das Letras, o de 2009, para o ferrolano Ricardo Carvalho Calero. Aí começou também a série consecutiva de negativas explícitas da Real Academia Galega a essa e a cada umha das petiçons que posteriormente realizárom outras entidades do País.

Posteriormente, a Fundaçom Artábria preferiu dedicar as suas energias a outras tarefas, evitando entregar à RAG umha centralidade que nom merecia e que o próprio Carvalho tinha questionado em vida. Durante todos estes anos, continuamos a desenvolver todo o tipo de actividades de promoçom da figura e obra de Carvalho Calero, em solitário ou em colaboraçom com outros muitos coletivos locais e nacionais.

Sabíamos que era questom de tempo que a RAG se visse obrigada a assumir a homenagem que o povo galego deve a um dos seus grandes filhos: o Carvalho antifascista, republicano, nacionalista, literato, ensaísta e defensor da nossa língua, com umha perspectiva inequivocamente reintegracionista.

Esse momento chega agora, com vinte anos de atraso, pois foi a partir do ano 2000, dez anos depois do seu falecimento, que a dedicatória do Dia das Letras se podia ter produzido. O sectarismo da RAG impediu-no.

Como é habitual nalguns setores acobardados e oportunistas do oficialismo cultural, a RAG atribuiu ao povo galego umha carência que correspondia à própria entidade interpelada: a de nom estar “preparado” para umha homenagem a um vulto tam “polémico”. Certamente, a homenagem da oficialidade chega tarde, pois a divulgaçom do ideário lingüístico de quem foi primeiro catedrático de Língua e Literatura Galegas teria ajudado a avançar a consciência nacional galega e estes som, nessa medida, anos perdidos.

Nom temos, portanto, nada que agradecer à Real Academia Galega, que deverá acrescentar à sua história a vergonha de negar durante duas décadas a homenagem devida a Carvalho Calero, polo simples facto de ser reintegracionista: defensor conseqüente da unidade lingüística galego-luso-brasileira. Conseqüentemente, e como defensor de umha Galiza soberana, foi crítico da ideologia isolacionista que alimentava e ainda alimenta a Galiza autonómica.

O nosso povo merece um confronto aberto de ideias que nos permita escolher livremente o melhor caminho para a completa recuperaçom da nossa língua, da nossa cultura e da nossa naçom. Oxalá seja possível fazê-lo durante este ano de maneira ampla e sem sectarismos.

Essa será a aposta da Fundaçom Artábria, aberta à colaboraçom com todo o movimento normalizador de base existente no nosso país, sem exclusons, e dando continuidade ao que foi um dos nossos objetivos fundacionais desde inícios da década de 90 do século passado até o presente: a defesa do legado intelectual de Ricardo Carvalho Calero.

Ferrol, 23 de junho de 2019

--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!

A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
23 de junho de 2019 11:05

______________

Marea de Ferrol valora o resultado electoral e a maneira en que abordarán, no futuro inmediato, o traballo político


O, venres, 21 de xuño, ás 20:00 hh. no Centro Cívico de Canido, celebramos a nosa Asemblea Xeral.

Esta Asemblea, valorou moi positivamente a campaña electoral realizada, que serviu para facer visible o proxecto político e as súas propostas.

Asumiuse o resultado electoral que nos coloca fóra da institución local desde a autocrítica, e valoramos, entre os motivos máis relevantes os seguintes:

➤ Unha incapacidade propia para facernos ver con propostas e actividades concretas no día a día, máis aló dos períodos electorais.

➤ Unha percepción social negativa dos proxectos municipalistas que, no caso concreto de Ferrol, ten a súa orixe no nefasto goberno municipal dos últimos catro anos.

➤ Unha actitude non suficientemente belixerante cos nosos adversarios na esquerda.

➤ Un ciclo político que colocaba en situación de vantaxe ao PSOE como voto útil na esquerda.

➤ Un desgaste profundo da marca En Marea coa que estamos asociados.

Así e todo, quíxose valorar e agradecer de novo, o apoio das 683 persoas que nos deron o seu voto nesta ocasión.

A maneira en que abordaremos no futuro inmediato o traballo político ocupou a maior parte da reunión:

➮ Apostar por actividades que incentiven a participación veciñal.

➮ A activación real dos mecanismos recollidos no Regulamento de Participación Veciñal.

➮ A colaboración con entidades sectoriais de todo tipo.

➮ A realización de encontros temáticos para analizar con rigor temas de interese local.

➮ A proposta de alternativas políticas ao conxunto da cidadanía e mesmo ao goberno municipal, desde unha actitude tan construtiva como contundente…

Por último, valorouse positivamente que Ferrol conte de novo cun goberno de esquerdas, ao que lle desexamos todo o mellor.

Nós manterémonos á expectativa, agardando que se conforme ao redor dun programa progresista que se cumpra; e cun goberno sólido, compacto e duradeiro.

Por último decidiuse a data da seguinte Asemblea Xeral, que será o venres 19 de xullo.

Ferrol, 22 de xuño de 2019


A Coordenadora de Marea de Ferrol

Correo-e: mareadeferrol@gmail.com
http://mareadeferrol.gal/
Twitter | Facebook

Enviado por:
Marea de Ferrol
-mareadeferrol@gmail.com-
22 de junho de 2019 13:20

_______________

domingo, xuño 23, 2019

A Plataforma convoca unha serie de Actos Informativos en diferentes barrios do Concello (Caranza, Canido e o Inferniño), ante o envio de recibos por parte de Emafesa da depuración, do período no que non se depuraba, unha taxa inxusta e avultada


A auga, o saneamento e a depuración hai que paga-la e sanear a Ría non ten prezo. Que non se vertan á Ría, os millóns de litros de augas residuais que se viñan vertendo todos os anos, durante décadas, é un dos feitos máis importantes, positivos e relevantes acontecidos na Comarca. Mais non pode ser que a veciñanza teña que pagar un recibo moi por encima do custe real, por un período no que non se depuraba e máis a unha empresa mixta xestionada 100% pola súa parte privada (Socamex), para facer negocio co dereito humano á auga e ao saneamento. Para que isto non suceda, a xestión da auga e o saneamento tiña que ser 100% pública.

Emafesa está enviando aos fogares abonados, o recibo da depuración do período no que non se depuraba. Mesmo está pendente dun recurso de apelación no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Mais independentemente deste recurso, estes cobros están baseados nunha taxa inxusta, moi avultada, contrastado por esta Plataforma e recoñecido polos propios concellos de Narón e Ferrol e dous estudos independentes (OTIMA e EUDITA). Pagamos o recibo máis caro de toda Galiza. Non estamos de acordo con este recibo, non só por tratar-se do cobro dun período no que non se depuraba, senón que parte do mesmo, basea-se nun período (De xaneiro a agosto de 2015) no que nin había persoal contratado, nin conexión á rede eléctrica.

O 20 de agosto de 2018, o anterior alcalde, Jorge Suárez, aprobaba as liquidacións comprendidas nos padróns de contribuíntes, presentados pola empresa xestora EMAFESA, polo servizo de “Depuración de augas residuais”, que inclúen os recibos correspondentes aos períodos dende o 1 de xaneiro de 2015 ao 31 de marzo de 2017, un total de 5.602.606,34, con IVA, son 6.162.899,79 de euros os que se nos vai pasar a cobra á veciñanza (BOP da Coruña, Nº 172, do 10 de setembro de 2018). Xustificaba o ex-Alcalde que o facía porque senón Emafesa entraría en situación concursal por falta de liquidez nas súas contas.

Emafesa adiantou-se a unha posibilidade de negociar co novo goberno municipal, unha saída que non fora lesiva para a veciñanza. Está Plataforma ten solicitado unha reunión co Alcalde que agardamos sexa o antes posíbel.

Para informar á veciñanza, a Plataforma ten convocados unha serie de actos informativos por diferentes barrios do Concello:

Mércores 26 de xuño, ás 8 da tarde, no Centro Cívico de Caranza. | Evento no facebook.

Xoves 27 de xuño, ás 8 da Tarde no Centro Cívico de Canido. | Evento no facebook.

Venres 28 de xuño, ás 8 da tarde, na Praza do Inferniño. | Evento no facebook.


PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!

Fernando Ramos | Pablo Portero | Bernardo Rego | Lupe Ces | Alexandre Carrodeguas |

remunicipalizacion.plataforma@gmail.com

https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
__________

venres, xuño 21, 2019

Proxección do documental: 'Federal' de Albert Solé, no Ateneo Ferrolán, o xoves 27 de xuño, ás 19:30hs

Proxección do documental: "Federal", de Albert Solé
Xoves 27 de xuño ás 19:30 hs, no Ateneo Ferrolán

Participará no debate: Jordi Pedret (Membro da xunta de Federalistes d’Esquerres).

Historia, presente e futuro dunha proposta que busca conciliar os beneficios da autonomía e a integración en sociedades marcadas pola presenza de identidades múltiples. O estado da cuestión da man de pensadores e líderes políticos de alcance internacional como Daniel Cohn-Bendit, Romano Prodi, Joan Botella, André Lecours ou Emma Bonino.

Pero tamén o federalismo explicado desde dentro, a partir da experiencia de cidadáns anónimos: que sabemos, de onde provén, cales son as súas posibilidades nun mundo cada vez máis globalizado. E unha mirada a experiencias e tradicións federais, os éxitos e fracasos do modelo.


https://minimalfilms.com/portfolio/items/federal/

#Ferrol

--
Ateneo Ferrolán
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)

TWITTER: @ateneoferrolan
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
FACEBOOK:
Faite soci@ on line! Colabora con nos!

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
21 de junho de 2019 12:07
___________

A Marea de Ferrol, realiza hoxe venres 21 de xuño, ás 8 da tarde, unha Asemblea Xeral Extrordinaria e Aberta, para analisar os resultados electorais e tomar decisións de futuro ao respecto


O vindeiro venres, 21 de xuño, ás 20:00 hh. no Centro Cívico de Canido, a Marea de Ferrol celebrará Asemblea Xeral.

Esta Asemblea, aberta a todas as persoas inscritas, ven precedida por unha reunión da súa Coordenadora e do Comité electoral, e servirá para valorar a campaña electoral e os resultados electorais obtidos nas pasadas eleccións locais.

Así mesmo, e á luz desa análise, abondarase nas perspectivas que se abren para a organización no futuro inmediato.

Ferrol, 20 de xuño de 2019

A Coordenadora de Marea de Ferrol

Correo-e: mareadeferrol@gmail.com
http://mareadeferrol.gal/
Twitter | Facebook

Enviado por:
Marea de Ferrol
-mareadeferrol@gmail.com-
20 de junho de 2019 12:17

_______________

A Plataforma solicita unha entrevista co Alcalde de Ferrol, Angel Mato e convoca unha serie de Actos Informativos por diferentes barrios do Concello - Considera que non se debe pasar a cobro os recibos da Depuración por un período no que non se realizaba o feito impoñíbel, dado que non se depuraba


VIII ediçom do afamado Concurso Ártabro de Elaboraçom de Tortilha de Patacas, sexta-feira 21 de junho


VIII ediçom do afamado Concurso Ártabro de Elaboraçom de Tortilha de Patacas.


Amanhá sexta-feira 21, chega a VIII ediçom do afamado Concurso Ártabro de Elaboraçom de Tortilha de Patacas.

Gloria Martínez Quintián ganhadora das três últimas ediçons, de participar, é a favorita. Borxa Martinez Louro e Francisco Maceira levam duas ediçons ganhadas cada um/umha.

Queres saber como participar?

É muito fácil: preparar umha tortilha de tamanho médio (Entre 20 e 25 cm de diámetro) que, obrigatoriamente, deverá incluir ovos e patacas, e trazê-la entre as 19.00 e 20.45 à Fundaçom Artábria na sexta-feira 21 de junho.

Poderá participar qualquer pessoa.

Podes acrescentar, se assim o desejares, os teus ingredientes secretos ou favoritos à base de ovos+patacas, para conseguir a melhor tortilha do concurso.

Cada concorrente apresentará umha só tortilha.

O júri popular avaliará o sabor, a criatividade, a grossura, a originalidade e a apresentaçom da mesma.

Cada tortilha será identificada com um número que se anotará no exterior dum envelope fechado, em cujo interior figurará a folha de inscriçom (nome da ou do concorrente, apelidos, correio-e, telefone)

A decisom do júri fai-se pública no fim da degustaçom das tortilhas.

O júri será composto polas pessoas que assim o desejarem, pagando umha inscriçom de 3 euros, que lhe permitirá degustar todas as tortilhas apresentadas.

Haverá 4 prémios, 3 para as primeiras classificadas e a clássica culher de pau para a última classificada.

A imagem pode conter: texto e comida

--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!

A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
21 de junho de 2019 00:41
________________

mércores, xuño 19, 2019

Xornada Mulleres Dinamizadoras do Rural en Áreas Naturais Protexidas, o venres, 12 de xullo, no Castelo de Santa Cruz (Oleiros)


Xornada Mulleres Dinamizadoras do Rural en Áreas Naturais Protexidas
    
O CEIDA e a Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, organizan a Xornada ‘Mulleres Dinamizadoras do Rural en Áreas Naturais Protexidas’, o venres, 12 de xullo, no Castelo de Santa Cruz (Oleiros).  A actividade pretende recoñecer o papel das mulleres na conservación da natureza e no uso sostible dos recursos naturais, dar visibilidade á súa labor nas áreas protexidas e en proxectos de dinamización do rural, e coñecer experiencias de éxito neste ámbito.

A asistencia é de balde, pero as prazas son limitadas.

Máis información e inscricións. | Ir á Web.

Área de Información e Comunicación | CEIDA - Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia. | Castelo de Santa Cruz, s/n
15179 - Liáns (Oleiros). | Tlf. 981 630 618 | www.ceida.org
    
facebook | twitter | instagram


ADEGA-Organización. | Secretaría Executiv. | organizacion@adega.gal . | Teléfono 981937252 | http://adega.gal | adegatrasancos@adega.gal | ADEGA (Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza) | Delegación de Ferrolterra Apartado de Correos 481, C.P.: 15480 - Ferrol

Enviado por:
ADEGA-Ferrolterra
-adegatrasancos@adega.gal-
19 de junho de 2019 11:31

________________

A Biblioteca municipal de Pontedeume acollerá o venres 21 de xuño, ás 8 da tarde, a presentación do libro ilustrado 'Rosalía de festa, unha viaxe ao Seixo do século XIX', de Anxos García Fonte, ilustrado por Carlos Sardiña


Rosalía de Castro, convidada de honor na biblioteca de Pontedeume


A Biblioteca municipal de Pontedeume acollerá o venres 21 de xuño ás 8 da tarde a presentación do libro ilustrado Rosalía de festa, unha viaxe ao Seixo do século XIX. Escrito por Anxos García Fonte e ilustrado por Carlos Sardiña, trátase dun relato gráfico que explica a conexión de Rosalía de Castro e O Seixo (Mugardos) e as razóns que levaron á famosa autora de Cantares gallegos a escribir un poema dedicado “á festa do Seixo na beira do mar”. Os autores explicarán as circunstancias que rodearon a publicación deste poema e as implicacións que pode ter no coñecemento da vida e obra de Rosalía de Castro. Ademais, mostrarán os desafíos que atoparon  durante o proceso de creación da parte artística do libro.

http://www.colectivoterra.gal/

Enviado por:
Colectivo Terra
-colectivoterra@gmail.com-
19 de junho de 2019 09:27

____________

venres, xuño 14, 2019

Conta-contos atelier de igualdade para crianças com Lidia Pena, o sábado 15 de junho às 19.00hs co seu espetáculo 'As Cores', na Fundaçom Artábria


Conta-contos atelier de igualdade para crianças com Lidia Pena

Lidia Pena Contacontos traz sábado 15 de junho às 19.00hs o seu espetáculo "As Cores" à Fundaçom Artábria, um conta-contos atelier de igualdade encaminhado para crianças de 3 a 9 anos. A entrada é de graça fazendo a reserva previamente no 671 200 160 (Lara) ou no correio-e: correiodeartabria@gmail.com 

--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!

A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.


Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
13 de junho de 2019 16:08

________________