O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, denuncia graves incumprimentos por parte de Reganosa que incrementan a ameaza permanente contra a vida das persoas na Ría de Ferrol
Una vez máis, o Comité Cidadán de Emerxencia, denuncia ante a Dirección Xeral da Mariña Mercante o incumprimento da normativa por parte de REGANOSA que incrementa a ameaza permanente contra a Vida das persoas na Ría de Ferrol.
O 29 de Febreiro o gaseiro “Yamal Spirit” entrou na ría con 3 remolcadores – cando son 4 os legalmente establecidos –e forza do vento 6, (22 a 27 KN), cando o legal é menos de 20 KN.
O día 2 de marzo, durante a descarga do gaseiro, o quimiqueiro "Imrikly" navegou a menos de 100 metros del, cando a normativa o prohibe a menos de 300 metros.
DENUNCIA
Á Dirección General de la Marina Mercante.
Rúa Ruiz de Alarcón, 28071 Madrid
Asunto: Nova Denuncia por incumprimento das Normas de Seguridade para gaseiros cargados con GNL (LNG) na Ría de Ferrol.
Referencia 1.-. Escrito desa Dilección Xeral de data 2 decembro de 2019, Nº rexistro 22360 do 04/12/2019.
Referencia 2.- O noso escrito de contestación do 23 decembro de 2019.
Manuel Ángel Rodríguez Carballeira, con DNI Nº **********, con domicilio a efectos de notificaciones en ********** (A Coruña), en nome e representación da "ASOCIACIÓN CULTURAL FUCO BUXÁN" co número de NIF **********, e Luz Marina Torrente Lopez, con DNI Nº ********** e domicilio a efectos de notificaciones en, ********** (A Coruña), en nome e representación da "PLATAFORMA DE VECIÑOS CRUCEIRO DE MEHA (MUGARDOS)" co número de CIF **********, integradas no COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL poñen en coñecemento desa Dirección Xeral:
Que aínda non se recibiu contestación ao escrito da referencia 2, malia transcorrer máis de 2 meses e medio desde o seu envío.
Como confirmación da reiterada transgresión que vimos denunciando das Normas de Seguridade para a entrada, atraque, de atraque e saída de buques gaseiros cargados, por parte da Capitanía Marítima e a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Ciprian, informámoslle o seguinte:
1.- En data 29 de febreiro de 2020, sobre as 18:22 inicia a manobra de entrada á canle de entrada a ría de Ferrol o LNG tanquer "Yamal Spirit", asistido polos remolcadores "Hocho", "Ramón Casas" e o "Ibaizabal Cinco". En Anexo 1, Achégase pantalla de Marine Traficc. Nese momento, as condicións de vento (segundo datos de Marine taficc para o gaseiro e os remolcadores na zona) eran forza 6 (22 a 27 KN) e mar de fondo de 4 m. As normas limitan a entrada para un límite de vento igual ou inferior a 20 KN e olas de 4 m. Estarían excedendo o límite de vento.
2.- O "Yamal Spirit" ten 294 m de eslora. Segundo as normas "Os buques de eslora comprendida entre 250 metros e 315 metros realizarán as manobras de entrada e saída da ría con catro remolcadores". Incumprinron este punto e máis irresponsábel xa que tamén estaban excedendo os límites de vento e na fronteira do de mar de fondo.
3.- Por si isto non fose suficiente, ao amencer do día 2 de marzo, o quimiqueiro Imrikly" dirixíase á estación desgasificadora de Forestal do Atlántico, que ten o peirao a continuación do de gaseiros. No transcurso da manobra navegou a menos de 100 m do costado de estribor do gasero Yamal Spirit". En Anexo 2 achégase captura de Marine Trafic. Nela, tendo en conta que a eslora do quimiquero é de tan só 105 m, pódese concluír que navegou a uns 100 m de distancia do gaseiro. Esta manobra está estritamente prohibida polas normas de navegación de gaseiros.
Para máis risco, nese momento había vento do Leste de forza 5 a 6, que podería achegar o quimiqueiro ao gasero, si coincide a racha co seu paso polo costado.
4.- As Normas de Seguridade para a entrada, atraque, de atraque e saída de buques gaseiros desenvolvéronse a partir do informe nº H3935 realizado por Marin-Delf Hydraulics do ano 2003, Punto-7 "Procedementos náuticos, resumo e conclusións". Achegáronse copias do informe no noso escrito de referencia 2.
É evidente que este informe segue sendo válido porque é o que a mesma empresa Reganosa achega en agosto de 2019 ao proxecto de construción (Volume 8 de 8), sometido a exposición pública na Delegación do Goberno, no procedemento de solicitude de novas autorizacións (administrativa e de construción).
No Punto-3.3 do informe do Punto-1 concrétase a necesidade dunha zona de seguridade durante a descarga de 300 m, en base á distancia ao Límite Inflamable Inferior, medido desde o lado do peirao.
5.- O Punto-3.3 deste informe aclara, por si houbese dúbida, que "Se advírta tamén que o tráfico que se dirixe a Forestal debe gardar esta distancia de seguridade". E engade: "Debe advertirse que cando o transporte de GNL estea descargando débense deixar libres 300 metros cara a popa do barco, non se permite ningún buque no peirao". Isto implica que mentres un gaseiro está descargando, non pode atracar ningún barco no mesmo peirao, que comparte coa empresa Forestal.
6.- Este mesmo informe di sobre o remolcador en espera: "A función do remolcador en espera é dobre: primeiro, impedir que os buques que pasan colisionen co buque de GNL e, segundo, asistir ao o barco do peirao en caso de urxencia". Si a primeira función é impedir que os buques que pasen poidan chocar co gasero, necesariamente debe estar nas proximidades e sen fondear, coa máquina en marcha. Dificilmente pode evitar esta posibilidade de choque si ten que arrincar máquina (supoñendo que a tripulación está a bordo, dispoñíbel e de garda co radar durante as case 12 horas de duración da descarga), desamarrar e desprazarse desde o peirao de remolcadores (en Ferrol) ate o peirao de Reganosa (a unha distancia de 0,7 millas).
7.- A ausencia deste remolcador, que xa denunciabamos no noso escrito de referencia 2, é o que permite que calqueira buque poida achegarse a un gaseiro en descarga ou carga, sen que ninguén llo impida. Como ocorreu neste caso. Estar atracado no peirao de Ferrol, con motor parado e sen tripulación, non garante de ningún xeito esta tarefa.
8.- Convén recordar que, en caso de accidente, agravado por efecto dominó entre os dous barcos próximos, a poboación afectada nun radio de 2.000 metros (Mugardos, Seixo, Ferrol) é superior a 30.000 persoas.
Recentemente vivimos o caos xerado pola varada dun quimiquero descargado na ría de Ares. Varada quizá motivada por non solicitar a tempo o auxilio dun remolcador cando quedou sen propulsión no medio dunha tormenta.
No caso de que un buque choque cun gaseiro cargado, dentro da Ría de Ferrol, non queremos pensar o caos que se pode montar.
SOLICITAMOS: Que esa Dirección Xeral actúe contra estas actuacións ilegais, xa que en caso de non facelo será tan responsábel como os que interveñen directamente.
Ferrol, a 9 de Marzo, de 2020
ANEXO 1: Pantalla e datos do "Yamal Spirit".
ANEXO 2: Pantalla e datos do "Imrikly".
--
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
12 de março de 2020 11:08
__________