Proceso participativo para a reforma do Regulamento de Participación Cidadá: Acta da reunión de conformación do Grupo de Traballo: Grupo de Análise e PropostaMércores 28 de maio de 2008, no Salón de Plenos do Concello de Ferrol, de 20:00 a 22:00 horas.O mércores 28 de maio, reuníronse no Salón de Plenos do Concello de Ferrol, algo máis de 60 persoas que traballarían entre as 20:00 e as 22:00 horas na definición das principais problemáticas que ten que confrontar o movemento asociativo ferrolá, e a cidadanía en xeral, de cara a unha estratexia de fomento da participación cidadá sobre a que desenvolver o Regulamento.
A reunión iniciouse cunha presentación dos obxectivos que persigue o proceso participativo de reforma do Regulamento por parte do Concelleiro de Participación Cidadá, Javier Galán Pérez. De seguido, a equipa técnica responsable do Plan de Participación da Axenda 21 Local, presentou a grandes trazos os espacios de participación e a dinámica de traballo que ía seguirse neste proceso de participación de reforma do Regulamento:
a) os obxectivos da participación dentro do proceso de reforma: a constitución de espazos de traballo desde o ámbito político e social.
b) identificación das problemáticas principais que existen hoxe de cara un fomento da participación cidadá e que convén ter en conta no proceso de elaboración do Regulamento.
De cara a identificación destas cuestións as persoas participantes estiveron traballando en grupo (conformáronse, aleatoriamente, un total de tres grupos de traballo, identificados segundo a cor das carpetas que se entregaron ao inicio da reunión) durante 45 minutos. Unha vez consensuadas as principais opinións, expuxéronse en plenario o traballo dos grupos.
Grupo 1 vermello:* Destaca a falta de implicación das administracións no fomento das políticas participativas. A falta de apoio das Institucións, trasládase á carencia de medios, a non fomentar o sector asociativo e ao escaso recoñecemento que as asociacións como interlocutoras coa Administración Local.
* Respecto á situación do movemento asociativo, compréndese a necesidade de superar a fragmentación que caracteriza ao tecido asociativo...e ter una participación responsable. Fálase, neste sentido, de participación “proactiva” e de ter capacidade de interlocución, “ter forza suficiente para influír”. Ponse o acento na vertebración das asociacións e en gañar capacidade de interlocución, asumindo responsabilidade na promoción deste tipo de iniciativas de “democracia participativa”.
* Destacase a convocatoria da xuntanza e o inicio do proceso polo que pon o acento nunha mellora do diálogo entidades-Concello e dos seus resultados.
* Moitas das entidades asociativas tampouco destacan por ser moi participativas (desde a base ou desde as Xuntas Directivas), destacando que é moi frecuente unha toma unipersoal de decisión. Ainda así valórase a actividade do tecido asociativo de Ferrol , destacando o nivel de resposta á convocatoria que axuda a que as entidades se coñezan, propiciando unha mellor cooperación e o diálogo entre as mesmas: (...) o importante é coñecernos nós a nós memos (as asociacións)”, e identificar intereses comúns e “puntos de unión”...mesmo proponse o interese de “facer unha guia sobre todas as asociacións”, que exprese o que fan, etc.
* A continuidade e sostenibilidade deste proceso vai depender en gran medida do movemento asociativo e da constancia no traballo e seguimento ao proceso.
Grupo 2 azul:* Valórase positivamente a convocatoria da xuntanza e o traballo desenvolto en cada un dos grupos.
* O descoñecemento que existe entre as entidades faise patente neste tipo de encontros, ao tempo que sirve para identificar colectivos e asociacións, xerar debate e comezar a tecer redes de traballo.
* Considérase a necesidade de ter en conta as decisións que se tomen desde os espazos participativos que se queren xerar (a través do Regulamento) como os xa existentes (Consellos Sectoriais, por exemplo), polo que cómpre sexan vinculantes e non consultivas.
* No que respecta á ordenación dos datos e actividades das asociacións (a través do Rexistro) cómpre se poida visualizar os datos referidos ás subvencións e axudas que reciben, procurando a máxima transparencia do proceso.
* Ao tempo, e en relación aos novos mecanismo administrativos que cómpre desenvolver de cara un mellor funcionamento do concello, e de mellora dos fluxos de comunicación e información que se inicien, proponse o deseño de protocolos administrativos. Ao tempo, e na liña de dotar ao concello de mecanismos de mellora e modernización administrativa, recoméndase a posibilidade de descentralizar o rexistro do concello ou de artellar recursos específicos de información cidadá (teléfono da cidadanía).
* Ampliar e propiciar a participación ao sectores sociais excluídos ou que menos participan.
* No que se refire ao movemento veciñal, identificouse como febleza a posible desmobilización e desmotivación do colectivo. Ligado a isto considérase preciso que as asociacións non se movan polos seus intereses políticos e que aposte por un traballo en común.
Grupo 3 amarelo:* Valórase positivamente o proceso iniciado, ainda que se cuestiona a pertinencia de abrir o Regulamento a un documento máis ambicioso que o está en vigor, cando este non se pon en marcha. A proposta de documento coa que se vai traballar da a sensación de promover máis espazos burocráticos e pouco dinámicos.
* Respecto da vontade política que debe estar presente no proceso, enténdese que é central recoller unha postura conxunta da institución cara este proceso por canto do seu compromiso, o Regulamento terá posibilidade de aplicarse ou non.
* Igual que noutro dos grupo, identifícanse carencias no funcionamento da Administración aos que dar saída de cara unha mellor efectividade da participación e da información dirixida á cidadanía. Neste sentido faise preciso mellorar os mecanismos de comunicación e dar a coñecer como funciona a institución por dentro: procesos, tempos e responsabilidades no que atinxe aos procedementos administrativos, etc.
* No referido á situación da participación, e as inercias instaladas nas propias entidades, como na cidadanía en xeral, identifícanse as seguintes eivas:a falta de hábitos por establecer estratexias colaborativas entre as entidades, mesmo a competitividade que se pode dar entre os barrios (cando menos pode chegar a transmitirse esa imaxe), a necesidade de motivar á cidadanía a participar nas asociacións o naquelas iniciativas que se inicien, o descoñecemento para animar á xente a participar, tamén de mellora da imaxe que se traslada á xente do que son as asociacións. Ligado a este punto identifícase outra carencia, a necesidade de aproveitar o entramado que existe no concello, abrindo a colaboración, participación e coñecemento a outro tipo de colectivos que traballan no ámbito do Tercer Sector (cooperativas, ONGDS, etc).
Finalmente, á saída, cada participante cubriu unha ficha onde recoller os seus datos e, no seu caso, da entidade á que representan. Nesa ficha facían constar a súa disponibilidade por formar parte do grupo de traballo para a reforma do Regulamento
Próxima reunión da Grupo de TraballoA próxima reunión está prevista para o
xoves 12 de xuño con horario de 20:00 a 22:00 horas. A carta de convocatoria será enviada a todas as persoas interesadas, comunicándoselles o lugar de reunión, ainda por determinar.
_____________
Enlaces Relacionados:
___________________