xoves, outubro 30, 2008

Un cambio no que os grandes doantes poden confiar

Un cambio no que os grandes doantes poden confiar

Publicado o 22 de Outubro de 2008
Columna de Amy Goodman 29 de outubro de 2008 17:20 Por Amy Goodman

O cambio está moi preto. Salvo que se repita o prolongado reconto de votos do ano 2000 en Florida, pronto haberá un vencedor nas eleccións presidenciais de Estados Unidos.

En tempos de crise económica, o cambio é algo que un garda no peto e que quere conservar.

As campañas electorais, con todo, non funcionan con moedas de poucos centavos. As súas arcas, especialmente a dos demócratas, estanse enchendo de máis e máis fajos de diñeiro, o que asegura que os políticos quedarán en débeda cos intereses especiais e os doantes adiñeirados. Non esperen que as cadeas de televisión expoñan grandes discusións sobre isto, porque precisamente son as cadeas televisivas as que máis se benefician desta conxuntura.

Barack Obama bateu unha nova marca de recadación de fondos durante o mes de setembro, segundo indicouno a súa campaña recentemente, que superou todas as predicións, alcanzando os 150 millóns de dólares. Dado que Obama decidiu non acollerse ao sistema público de financiamento de campañas, pode gastar libremente todo o que as súas arcas permítanlle ata o día das eleccións. John McCain aceptou o financiamento público e iso significou para a súa campaña a imposición dun máximo de 84,1 millóns de dólares de diñeiro público para gastar nas eleccións xerais. A campaña de Obama gastou en publicidade catro veces máis que a de McCain. [Ler o interesante artigo completo]
_________

Democracy Now!
Democracia Xa!
Difundindo Democracy Now! desde Galiza
http://democracia-xa.blogspot.com/
_____________

mércores, outubro 29, 2008

Samaín e Magosto 2008 no Inferniño de Ferrol

De: Asociación Veciñal "O Rosario-Inferniño"
-avvorosario@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 29 de outubro de 2008 12:01
Asunto: SAMAIN -MAGOSTO-2008


SAMAIN -MAGOSTO-2008 NO INFERNIÑO - FERROL

A Xunta directiva convidavos a participar no SAMAIN este xoves a partir das 7 da tarde na Praza do Inferniño.

Os participantes estarán convidados ao BAILE INFANTIL DO SAMAIN para este venres as 6 da tarde con súas familias na DISCO COTTON, preto da Praza do Inferniño

Animamos a levar as cabazas deseñadas para esta celebración tradicional como traer COLARES DE ZONCHOS.

Saúdos veciñais.

Adso. Xosé M. Sanxoán - Secretario
asdo. Ana J. Lopez - Presidenta


ASOCIACIÓN VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
blog : orosario-inferninho.blogspot.com

________________

martes, outubro 28, 2008

Intervención do movimento social e veciñal de Ferrol no Pleno Extraordinario do 27 de Outubro de 2007

Un sector moi importante do movimento social e veciñal da cidade, que contribueu na elaboración do regulamento de Participación Cidadá e no Foro Cívico, decideu solicitar a súa intervención no Pleno Extraordinario do Concello de Ferrol celebrado onte, luns, 27 de Outubro de 2008, intervención que lle foi concedida, sendo Xosé Miguel López Pérez, presidente da Asociación Veciñal de Esteiro “Fontelonga ”, o encarregado de falar no Pleno en representación de nove entidades. A continuación transcribimos a declaración que se leu no citado Pleno.

Ferrol 27 de outubro de 2008.

Sr Alcalde, señoras concelleiras, señores concelleiros, veciñas e veciños de Ferrol, ¡ Boas tardes ¡.

No nome das nove entidades que solicitamos intervir neste Pleno Extraordinario do Concello de Ferrol ( AV de Ferrol Vello, AV de Caranza, AV O Rosario-Inferniño, AV de Covas, AV Prioriño, AV San Pablo de Catabois, ADEGA, Ateneo Ferrolán e AV de Esteiro- Fontelonga), queremos DEMANDAR a continuidade do proceso de participación cidadá posto en marcha por este Concello de Ferrol desde a Concellería de Participación Cidadá no presente ano 2008.

Hai máis entidades que xa nos amosaron o seu apoio como a Xunta Veciñal de Doniños, AV de Valón, AV San Salvador de Serantes, AV da Zona Centro e a Asociación Cultural “Lefre de Caldereta” e outras máis o irán facendo ó longo da semana.

Non vimos a ser portavoces de ningún grupo político, non vimos a censurar nin a atacar a ningún grupo municipal, todos eles nos merecen o maior respecto.

Vimos, exclusivamente, a que se recoñeza o traballo que vimos desenvolvendo, de maneira consensuada, desde o mes de maio na elaboración dunha ferramenta de participación cidadá: O novo Regulamento, e agardamos que hoxe non sexa o día no que no Concello de Ferrol morra ou se mate, por intereses partidarios, a participación cidadá.

DEMANDAMOS dos cinco grupos municipais o apoio ó proceso de participación cidadá e agardamos que Vostede, sr. Alcalde, faga o mesmo.

Non se converta vostede, sr Alcalde, na persoa que desde a Alcaldía de Ferrol, matou a participación do tecido asociativo da cidade na vida municipal, sería para vostede, sr Alcalde, un triste logro.

Se algún grupo municipal pretende utilizarnos no seu favor, está fondamente trabucado.

Se algún medio de comunicación, como sucedeu o sábado e o domingo, ve no noso comportamento e nas nosas demandas algún apoio á algún partido político, trabúcase moito máis.

So vimos aquí a demandar que os partidos políticos cumpran o que prometen nas campañas electorais: Gobernar para os cidadáns e as cidadás e sobre todo cos cidadáns e as cidadás.

Non vimos aquí a cuestionar a lexitimidade dos grupos municipais, nin moito menos os queremos suplantar, pero queremos que se aprobe urxentemente o Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Ferrol, elaborado e consensuado por máis de 70 entidades asociativas e por cidadáns e cidadás a título persoal, que fomos quen, por riba das nosas moitas maneiras de ver a vida, de chegar a un documento de todos e de todas, documento que, previo informe xurídico do Secretario Municipal, foi apoiado polos grupos municipais na xuntanza que mantivemos con eles.

Queremos que se poñan en marcha as asembleas de barrio e de parroquia.

Queremos que se poñan en marcha os consellos sectoriais.

Queremos que se poña en marcha o Consello da Cidade e o Valedor Veciñal.

Queremos que se poida intervir nos Plenos e nas Comisións Informativas.

Queremos, sobre todo, no 2009 que se poñan en marcha os Orzamentos Participativos, que unha experiencia piloto nun barrio ou parroquia ou nunha área de goberno municipal poña en marcha os orzamentos participativos.

Como saberán vostedes no veciño concello de Fene, vano facer con 240.000 euros, 120.000 na parroquia de San Valentín e 120.000 na parroquia de Sillobre. En Ferrol a cantidade terá que ser sensiblemente maior.

Non dubide, sr. Alcalde, de que chegaremos a un acordo de en que barrio ou en que parroquia se fai a experiencia piloto, nós sabemos e queremos o consenso e xa o temos demostrado ó longo do proceso de elaboración do Regulamento de Participación Cidadá.

Agardamos e demandamos dos Grupos Municipais, e sobre todo de Vostede sr. Alcalde, que hoxe non se aprobe un Regulamento de Administración e Goberno do Concello de Ferrol, que vaia contra o proceso participativo, nin contra o froito dese proceso o Regulamento de Participación Cidadá, deixando baleiro de contido e convertendo en papel mollado.

Se isto sucedese, sr Alcalde, se hoxe morre ou matan a participación cidadá, saiba Vostede que o tecido asociativo non imos ficar nin mudos e moito menos imos ficar quedos.

Nós non nos pronunciamos sobre quen ten que gobernar a cidade, non é a nosa competencia.

Nós demandamos a continuidade da participación cidadá na vida municipal de Ferrol.

Nós tamén formamos parte da cidade e colaboramos día a día na construción da mesma, no noso tempo libre, restandoo das nosas afeccións e roubándollo ás nosa familias, con moito esforzo e de maneira gratuíta, como non pode ser doutro xeito.

O tecido asociativo non pode ser só o río no que pescan os partidos políticos cando conforman as súas candidaturas as eleccións municipais, non somos entidades de usar e logo tirar, somos e temos vocación de ser moito mais.

Somos o tecido asociativo máis importante e máis vivo de toda Galicia e sempre que nos deixan ou nolo piden estamos dispostos a participar co noso traballo e co noso esforzo.

Non hai moitos días, sr Alcalde, e neste mesmo Salón de Plenos do Concello de Ferrol, Vostede recoñecía o importante labor desenvolvido por moitas entidades asociativas na elaboración do Plano Estratéxico de Servizos Sociais de Ferrol, posto en marcha desde a Concellería de Benestar Social, foron moitas horas, moito traballo e moito esforzo. Que non se pretenda hoxe deixarnos mudos.

Nun sistema democrático os comportamentos ególatras, irrespectuosos e “caudillistas”, están fóra de tempo e de lugar, Ferrol non os precisa e nós nin os practicamos nin os toleramos.

Queremos, xa para rematar, DEMANDAR dos Grupos Municipais do Concello de Ferrol, que non aproben ningún Regulamento de Administración e Goberno, que limite, menosprece ou minusvalore a participación cidadá.

DEMANDAMOS para o exercicio do 2009 orzamentos participativos, cunha partida económica importante.

DEMANDAMOS a aprobación e posterior desenvolvemento do Regulamento de Participación Cidadá, elaborado, de maneira consensuada e sen ningún dirixismo político, polo tecido asociativo.

Agardamos que os cinco Grupos Municipais aposten decididamente pola participación cidadá e agardamos que Vostede, Sr Alcalde, faga o mesmo.

¡ Moitas grazas !
_____________

O Sábado, 1 de Novembro, "A Ría, na Rúa" estará no Cantón de Ferrol



[Para ampliar clicar acima da imaxe]

O Sábado 1 de Novembro, terá lugar o acto final da Campaña "A Ría , na Rúa", onde 10 artistas encheron 10 prazas da cidade de arte, reivindicación e denuncia, en protesta polo despropósito gasístico de REGANOSA, que ameaza a vida de miles de persoas. As obras podense contemplar en cada praza, até o Sábado, onde, nun acto central, xuntaremos as 10 obras no Cantón, desde as 5 da tarde, onde non faltará música e un magosto popular, organizado polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

Participa !!


Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org


____________

Para acceder ou baixar a propaganda da campaña:

+ info nos enlaces:

______________

A abstención de EU e o rexeitamento da oposición tomba o regulamento de grandes cidades que pedía o PSOE en Ferrol

[Nunha foto de Kiko Delgado, o 16 de Xuño de 2007, logo de asinar o Pacto de Goberno entre o PSOE e EU-IU, Yolanda Díaz e Vicente Irisarri, fechan o acordo con abrazo e beixo]

[Nunha foto de Kiko Delgado, o 27 de Outubro de 2008, o desencontro no Pleno Municipal]

Pola importancia da noticia, transcribimos o publicado pola axencia Europa Press hai unhas horas, máis adiante publicaremos opinións e documentación ao respeito deste asunto.

AMP-A abstención de EU e o rexeitamento da oposición tomba o regulamento de grandes cidades que pedía o PSOE en Ferrol

Irisarri e Díaz piden desculpas polo "espectáculo" dos últimos días e o PSOE analizará desde mañá a situación do Goberno local

FERROL, 28 Oct. (EUROPA PRESS) -

A abstención de Esquerda Unida e os votos en contra dos tres grupos da oposición evitaron hoxe a aprobación no Concello de Ferrol do regulamento da Lei de grandes cidades que defendía o alcalde socialista, Vicente Irisarri, como "ferramenta" para afrontar un goberno en solitario sen os seus socios de EU.

Nun pleno municipal de case cinco horas de duración e coa presenza de máis de 200 veciños, o Goberno de coalición de PSOE e EU aparcou temporalmente as súas acusacións mutuas das últimas semanas, aínda que escenificou as súas discrepancias na votación do Regulamento da Lei de grandes cidades, que foi rexeitado cos votos en contra do PP (7), Independentes por Ferrol (3) e BNG (2) e coa abstención de EU (4), fronte aos votos afirmativos do PSOE (9).

A tenente de alcalde e líder de EU, Yolanda Díaz, pediu a retirada do regulamento da orde do día do pleno para tratar de chegar a un acordo co PSOE. Tras un receso, mantívose o punto no debate plenario e o PSOE defendeu a "imprescindible urxencia" da aprobación dunha norma que cualificou como necesaria para a "modernización" da cidade, pero que finalmente non foi aprobada.

Irisarri defendeu a norma por considerar que se trataba de "unha boa lei" que trata de buscar "a eficacia da xestión municipal" para calquera equipo de goberno e que permitirá a Ferrol "homologarse" co resto de cidades galegas que xa contan con esta normativa.

A primeira tenente de alcalde e portavoz de Esquerda Unida mostrou con todo o seu rexeitamento á norma --que si votara antes do período de alegacións, no debate plenario celebrado o 18 de xullo--, porque incide en formulacións dun "goberno tecnócrata", que non apoia a "participación cidadá" nin un modelo de "orzamento participativo".

Yolanda Díaz lamentou que non se aceptasen algunhas das alegacións presentadas por partidos políticos e colectivos veciñais, nas que se reclamaba a limitación das accións permitidas a cargos non electos ou a porcentaxe do 2,5 por cento previsto para altos cargos. Anunciou que non apoiaría ao PSOE nunha proposta "diametralmente oposta" aos seus posicionamentos políticos.

Así, o voto de abstención dos catro concelleiros de EU-EU deixou ao PSOE de Vicente Irisarri (nove concelleiros) a mercé da oposición, PP, IF e BNG, que finalmente rexeitou a normativa.

RUPTURA DE PACTO

En todo caso, a polémica sobre as acusacións cruzadas por PSOE e EU-EU durante a última semana estivo presente no debate plenario, e os distintos grupos da oposición reclamaron información sobre se a aprobación da lei suporía a ruptura efectiva do pacto de coalición, tras 16 meses de goberno, e o inicio dun mandato socialista en solitario e minoría.

Neste contexto, os aínda socios de goberno fixeron fronte común contra os envites da oposición e, en concreto, do portavoz do PP, José Manuel Rei Varela, quen reclamou información sobre o "grotesco espectáculo" dos últimos días, nos que Irisarri e Yolanda Díaz "rivalizaron" en "ver quen dicía a maior barbaridade".

"Vaia tropa temos no Concello", asegurou, parafraseando "a Romanones", e acusou á coalición de "unha irresponsabilidade" que puxo ao concello "ao bordo do abismo" e que "ha mancillado a imaxe de Ferrol" nunha "guerra sen cuartel".

O portavoz "popular" asegurou que o goberno de coalición foi "unha pantomima", "unha farsa", case como "un matrimonio non consumado" que hoxe "pide a nulidade matrimonial", nun pleno municipal que Rei Varela cualificou dun intento de Irisarri por obter a "confianza" da corporación.

DESCULPAS

Vicente Irisarri, que xunto con Yolanda Díaz pediu "desculpas" polo "espectáculo" e o "esperpento" dos últimos días, acusou a Rei Varela de "rezumar odio e rancor" e tratar de "ferir de morte" ao bipartito cun discurso "duro e agresivo" que faltaba á "verdade" dun goberno que só trata de "sacar a Ferrol do punto no que o deixou a dereita". Tamén a primeira tenente de alcalde, Yolanda Díaz, reprochou o discurso "frívolo" do PP e o seu intento de facer "carnaza".

As críticas á escenificación da crise dos últimos días tamén estivo presente no discurso de Independentes por Ferrol, que en todo momento insistiu en coñecer se os socios de goberno tiñan previsto finiquitar o seu pacto ou manter a súa coalición. Tampouco o BNG pasou por alto a crise, aínda que neste caso centrou o seu voto negativo nas consideracións de que a norma é "regresiva" e instaurará a "dedocracia".

A pesar de que o pleno municipal avanzou durante máis de catro horas na incerteza sobre a decisión que adoptarían os distintos socios de goberno, antes do debate sobre o regulamento, Esquerda Unida-Esquerda Unida escenificara na súa abstención sobre a reforma da praza de Armas unha primeira mostra das súas desavinzas co PSOE. Aínda así, o proxecto foi aprobado, xa que os socialistas contaron co apoio dos grupos da oposición.

Ao termo do pleno, tanto Vicente Irisarri como Yolanda Díaz declinaron realizar declaracións, pero fontes socialistas confirmaron que a partir de mañá o alcalde podería realizar valoracións sobre o sucedido nun pleno municipal, que chegou despois de que durante media hora, xusto antes do seu inicio, os 13 concelleiros de goberno tratasen de axuntar posturas, nun último intento de diálogo.
______________

luns, outubro 27, 2008

O mércores, 29 de Outubro, Asemblea Xeral da Plataforma Ártabra 21

Convocatoria da Asemblea Xeral da Plataforma Ártabra 21

Estimadas comañeiras e compañeiros, este vindeiro mércores, 29 de Outubro, está convocada unha Asembla Xeral da PA21, para facer un balanzo da actividade desenvolta até hoxe e analisar a coxuntura política, social e veciñal en Ferrol e comarca.

A Asemblea comezará ás 7 da tarde nos locais do Ateneo Ferrolán.

Participa !!
____________

DN!: Boletin Democracy Now! - 27 de Outubro de 2008

Este 25 de Outubro de 2008 a Ría estivo na Rúa

"Contra os que se empeñan en destruír e pórnos em perigo, tendo como obxectivo a súa riqueza e como aliada a irresponsabilidade de quen nos debería defender, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol quere construír. Coa inestimábel axuda de dez artistas plásticos da nosa cidade, totalmente desinteresada, ..." A Ría estivo na Rúa

As obras están expostas nas propias prazas onde foron realizadas, toda a semana, e o día 1 de novembro, reuniránse no Cantón, nunha gran Exposición Mural colectiva, que celebraremos ali mesmo con castañas, viño e música.


__________

Para acceder ou baixar:

Cartaz en formato pdf

Folleto en Formato pdf

+ info nos enlaces:

Sábado 25 Outubro: "A Ría, na Rúa"

Campaña "A Ría, na Rúa"

O Mural das Pías anunciando a Campaña "A Ría, na Rúa"
_________

venres, outubro 24, 2008

Entidades veciñais e sociais demandan a aprobación do Regulamento de Participación cidadá consensuado no Foro Cívico

De: AVV FERROL VELLO -avvferrolvello@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 24 de outubro de 2008 23:18
Asunto: COMUNICADO URXENTE A TODAS AS ENTIDADES SOCIAIS




COMUNICADO URXENTE A TODAS AS ENTIDADES SOCIAIS


Ferrol 24 outubro de 2008

As entidades abaixo asinantes que vimos participando desde o mes de maio na elaboración dun novo regulamento de Participación aprobado e aceptado por máis de 70 entidades de Ferrol no Campus de Esteiro queremos MANIFESTAR:
  • Que apoiamos o proceso de Participación Cidadá posto en marcha no Concello de Ferrol e reclamamos a súa continuidade.
  • Que demandamos, de manera inmediata, a convocatoria extraordinaria dun pleno para aprobar o novo regulamento de Participación Cidadá.
  • Demandamos que o regulamento de Goberno e Administración do Concello de Ferrol que se pretende aprobar o próximo luns non contradiga o regulamento de participación Cidadá consensuado polo Foro Cívico e non vaia en contra do proceso de participación Cidadá que se ven desenvolvendo en Ferrol.
AV. Caranza – AV. O Rosario-Inferniño – AV Prioriño, AV. San Pablo, AV Ferrol Vello, ADEGA, ATENEO, AV de Esteiro Fontelonga, AV Covas.

Sumarvos en favor dunha participación real e eficaz
_______________

O Mural das Pías anunciando a Campaña "A Ría, na Rúa"

De: Comité Cidadán de Emerxencia -comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 24 de outubro de 2008 19:48
Asunto: O Mural de As Pías.



O Mural das Pías.

[Clicar acima da imaxe, para entrar na Galería de Diapositivos en tamaño grande]

Como prólogo ás xornadas de "A Ría na Rúa" que comezarán mañá 25 de Outubro, compañeiras e compañeiros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, están confeccionando, con esforzo e bo ritmo, un Mural de gran tamaño, na parede do campo de deportes de A Parda, xunto á estrada das Pías, que anuncia esta actividade artística coa que o Comité quere, unha vez máis, chamar a atención en positivo, do perigo e perxuízo que ocasiona a ubicación no interior da nosa Ría, da Planta de Gas, e da ameaza que supón o continuo tráfico de gaseiros ao pé das nosas casas e as nosas vidas.

Mañá, sábado 25 de outubro, ás 11,30 horas, desde o Centro Cívico de Caranza, iniciarase o Roteiro que, durante dúas horas, percorrerá as 10 prazas de Ferrol, onde outros tantos artistas plásticos estarán realizando a súa obra pictórica, gozando da súa arte e animándoos e agradecendo a súa desinteresada colaboración.

O Comité Cidadán de Emerxencia invita a todas e todos, a lucir mañá a camiseta de "Planta de Gas Fora dá Ría" participando desta marcha artística e solidaria.

E a todo o público a gozar da obra artística que durante a próxima semana permanecerá nas nosas prazas e logo no Cantón, levando a ría e a vida ás rúas da nosa cidade.

Enlace ao album de fotos

¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡

Mural no campo de deportes de A Parda, prólogo das xornadas "A Ría na Rúa" Outubro-2008, realizado polos compañeir@s do CCE.
_________

Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

___________

Difundir:

Para acceder ou baixar:

Cartaz en formato pdf

Folleto en Formato pdf

+ info nos enlaces:

Sábado 25 Outubro: "A Ría, na Rúa"

Campaña "A Ría, na Rúa"




________________

No día internacional das Nacións Unidas 9 organizacións sociais galegas peden unha reforma en profundidade do sistema de institucións internacionais

De: Educación e Paz -paz@sgep.org-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 23 de outubro de 2008 13:06

Asunto: DECLARACION



24 de Outubro

No Día Internacional das Nacións Unidas
NOVE ORGANIZACIÓNS SOCIAIS GALEGAS PEDEN UNHA REFORMA EN PROFUNDIDADE DO SISTEMA DE INSTITUCIÓNS INTERNACIONAIS

A celebración do 24 de outubro como Día Internacional da ONU serve a nove organizacións sociais galegas para lembrar a necesidade dun profundo cambio no sistema de Institucións internacionais. O Seminario Galego de Educación pola Paz, a Fundación Galiza Sempre (FGS), a Coordinadora Galega de ONGDs, Esculca, o IGADI, o IGESIP, Xustiza e Sociedade e as fundacións FESGA e Luis Tilve crearon en 2007 un Comité Galego de Apoio á Campaña Mundial para unha profunda Reforma do Sistema de Institucións Internacionais, unha iniciativa apoiada por destacadas personalidades e máis de 100 redes sociais e cívicas internacionais. O principal obxectivo desta Campaña é contribuír á creación dunha orde mundial baseada no respecto e desenvolvemento da legalidade internacional, cunhas Nacións Unidas máis fortes, máis democráticas e con control efectivo sobre todos os seus órganos, axencias e sobre as outras organizacións multilaterais globais (Fondo Monetario Internacional, Banco Mundial, Organización Mundial do Comercio, etc).

O Manifesto da Campaña subscrita polas entidades galegas “coa intención de incorporar ao noso País a este movemento” denuncia, entre outros, os problemas da guerra e a pobreza, os riscos ambientais, a perda de diversidade cultural e a progresiva debilidade das institucións políticas perante mercados cada vez máis globais.

O Foro Social Galego a celebrar do 5 ao 7 de decembro será escenario dun novo debate sobre esta iniciativa que pretende cuestionar o unilateralismo, o desprezo da legalidade internacional e a imposición de políticas económicas ultraliberais desde organismos alonxados do control democrático que caracterizan a situación mundial.

Pódese consultar o Manifesto da Campaña en:
www.reformcampaign.net.
___________________
__________________

ADEGA denuncia altas concentracións de metais pesados nos afluentes do Eume

Logo de que Medio Ambiente anunciara a "normalización" do Eume e dera por "controlada" a acidez, ADEGA denuncia que persiste un grave risco ambiental e de saúde pública polas altas cantidades de metais pesados que amosan as augas. Recentes análises encargadas por ADEGA á UdC, dan valores moi por riba dos límites legais para determinados metais pesados nos ríos Lavadoiro e Chamoselo, que están sendo inxectados ao Eume. Particularmente preocupantes son os níveis de cromo, níquel, cadmio, arsénico e uranio, este último con valores que superan 24 veces o recomendado pola OMS. A situación no Eume está moi lonxe da "normalidade" que se quere vender. Ademáis dun encalado permanente para corrixir a acidez, como se vai solucionar o problema dos metais pesados? [+ Info na web de ADEGA]

O resultado da análise das mostras recollida nas augas do Eume e afluentes, augas superficiais de distintos treitos da bacía do Eume. Tomas realizadas o 3 de setembro de 2008, analise realizado na UDC [Departamento de Enxeñería Química], para ADEGA. [En formato -pdf-]

[Clicar acima da imaxe para ampliar]

A noticia nos medios:

- El País -22/10/2008
O uranio na conca do Eume supera o limiar recomendado

- La Voz de Galicia - 22/10/2008
Ecoloxistas denuncian elevados índices de metais pescados nos ríos Chamoselo e Fervedorio
_________________

mércores, outubro 22, 2008

A Asociación Cometa inicia accións para rexeitar o proxecto de canceira municipal de Ferrol

O meu nome é Juán Fernández Sixto e, como cidadá/n de Ferrol (opción para non ferroláns que queiran apoiar a campaña: como amante dos animais) gustaríame manifestar o meu rexeitamento ao proxecto actual de rehabilitación da vella canceira de Mougá e o intento por parte do Concello de dar unha imaxe falsa de este tema.

Non se pode dicir que a canceira vai ser un refuxio cando as instalacións carecen de hospital, sala de curas ou quirófano. Que ten pensado o Concello facer cos animais que ingresen enfermos ou feridos? Un animal enfermo ou ferido non pode estar aloxado nunha canceira, no exterior, e sen posibilidade de recibir, por exemplo, tratamento por vía intravenosa ou osixeno.

Non se pode chamar zona de corentena a tres canceiras sen illamento e situados no exterior. Qué pasará cando ingrese o cuarto animal se o primeiro inda non rematou o período de corentena?

Co gran problema que están a ser os gatos nas rúas da cidade, problema ao que o Concello leva anos dando as costas, por non falar dos gatos abandonados, como se pode construír no ano 2008 un centro para a recollida de animais abandonados sen un espacio especialmente habilitado para estes animais? (unha canceira non é adecuado para eles)

Que vai pasar cos cabalos, ovellas e outros animais que vemos a diario invadindo zonas públicas, as veces estradas, a miúdo mantidos en condicións penosas?

Se o Concello de Santiago no ano 2005 cunha inversión de 394.000 € levou a cabo a CONSTRUCCIÓN e EQUIPAMENTO dun refuxio de 15.000 m² con quirófano, hospital, zonas de illamento e corentena, espacio para gatos e outros animais, zonas de esparcemento para os animais e aula medioambiental, como pode o Concello de Ferrol gastar 300.000 € dos nosos impostos na REHABILITACIÓN dunha canceira de 1.000 m² construida hai dez anos, sen ter en conta os avances producidos nunca década e a experiencia acumulada noutras cidades? Por qué os nosos representantes municipais non visitan outros centros para coñecer o seu funcionamento e ver cales son as necesidades e os problemas de este tipo de instalacións? Por que non contan coas protectoras de animais locais que ademais de representar os intereses de moitos cidadáns de Ferrol preocupados polo benestar animal, poderían aportar ideas e experiencia?

Asociacións de defensa dos animais de todo o mundo levan anos loitando contra a adquisición compulsiva e irresponsable da animais, unha das principias causas de abandono. Entón ¿non resulta inda máis irresponsable que unha institución pública manifeste publicamente que os nenos que acudan en visita escolar á canceira poderán “escoller” alí mesmo o seu can? Por certo, os animais que habitualmente enchen estes centros son animais maltratados, con traumas e asustadizos, que o que menos necesitan é converterse en parte dun espectáculo para excursións, iso non é educar no respecto aos animais, máis ben o contrario.

Por todas estas razóns quero pedir a este goberno que recapacite e asuma unha iniciativa moderna e eficaz que resolva por fin un problema que preocupa cada vez mais aos cidadáns, a matanza continuada de animais abandonados, un problema, por certo, común a toda a comarca de Ferrolterra, e que debería ter unha solución conxunta.
____________
Asociación para un Comportamento Ético cos Animais COMETA
C/ Manoel Antonio 4, 1º
15570 Narón. A Coruña
Tlf: 617 040 992
Correo electrónico: correo@asociacioncometa.com
Páxina web: www.asociacioncometa.com
CIF: G-15963234

__________

Sábado 25 Outubro: "A Ría, na Rúa"

De: Comité Cidadán de Emerxencia -comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de outubro de 2008 21:23
Asunto: sábado 25 outubro: "A Ría, na Rúa"



Sábado 25 Outubro: "A Ría, na Rúa"

Organizado polo Comitá Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol:

25 de outubro, ás 10 h. 10 pintor@s en 10 prazas da nosa Cidade, comezaran a realizar sendas pinturas murais que trasladarán as nosas Rúas, a nosa Ría e a problemática da Planta de Gas,.

Ás 11,30 h., partindo do Centro Cívico de Caranza, iniciarase un Roteiro que percorrerá a cidade hasta o Peirao, visitando cada unha das obras pictóricas e amosando ós artistas o agradecemento pola súa colaboración e compromiso en defensa da Ría e da vida.

Invítase a toda a cidanía a participar neste Roteiro, portando as camisetas "Planta de Gas fora da Ría".

As obras ficarán expostas nas propias prazas, toda a semana,

O día 1 de novembro, reuniránse no Cantón, nunha gran Exposición Mural colectiva, que celebraremos ali mesmo con castañas, viño e música.

Colabora a Concellería de Cultura de Ferrol.

Itinerario do Roteiro:

[Clicar acima da imaxe para ampliar]

Saída ás 11,30 do Centro Cívico de Caranza – Avda. Castelao – Marques Sta. Cruz – Sartaña – Nova de Caranza – Chile – Praza de Ultramar – Venezuela – Villa Soledad – Estrada de Castela – Praza do Inferniño – Avda. Viveiro – Estrada de Castela – Monumento Porta Nova – Ramón y Cajal – Avda. Esteiro – Españoleto – Praza do Himno Galego – Españoleto – Praza de España – Galiano – Carmen – Sol – Terra – Praza de Canido – Concepción Arenal – María – Terra – Praza de Armas – Terra – Praza da Constitución – Igrexa – Concepción Arenal – Dolores – Amboaxe – Real – San Francisco – Praza Vella- Peirao de Coruxeiras. (Duración aprox. : 2 horas)
________________

Difundir:

Para acceder ou baixar:

Cartaz en formato pdf

Folleto en Formato pdf
_______________

Enlaces Relacionados:

A Ría na Rúa
____________

23 Outubro: Santiago Carrillo en Ferrol

De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de outubro de 2008 00:05
Asunto: 23 outubro: SANTIAGO CARRILLO en Ferrol


23 Outubro: SANTIAGO CARRILLO en Ferrol


Organizado por Fuco Buxán, A.C.
Xoves 23 de Outubro, ás 20 horas
Centro Cutural "Carvalho Calero"
Praza do Inferniño - Ferrol
SANTIAGO CARRILLO
Presenta o seu libro:
"Dolores Ibárruri
Pasionaria, una fuerza de la naturaleza"
A figura máis emblemática do Partido Comunista de España
durante a Guerra Civil e a posguerra
lembrada polo seu máis estreito colaborador.
____________

fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

______________

kit de urxencia para a poboación

De: suso -susopazos@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 20 de outubro de 2008 21:23
Asunto: kit de urxencia para a poboacion


kit de urxencia para a poboación

Plan de alerta en Mugardos Consellos da Xunta aos veciños ante un caso de urxencia

LORENA BUSTABAD - Ferrol - El Pais - 14/08/2008

Cinta illante para selar portas e fiestras, persianas pechadas baixo sete chaves, afastarse de interruptores e enchufes, prescindir do coche e os electrodomésticos e permanecer no interior das vivendas ou colexios. Son algunhas das recomendacións de seguridade que a Dirección Xeral de Interior e Protección Civil da Xunta, adscrita á Consellería de Presidencia, está facendo chegar estes días aos veciños do municipio coruñés de Mugardos.
___________

Convocatoria e Acta da sexta reunión do Grupo de Traballo: Grupo de Análise e Proposta

De: Participación Cidadá -participacion@ferrol.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 22 de outubro de 2008 09:19
Asunto: acta_sexto_gap e convocatoria do gap núm.8


Enviando por correo electrónico: acta_sexto_gap e convocatoria do gap núm.8

Acta da sexta reunión do Grupo de Traballo: Grupo de Análise e Proposta [Martes 14 de outubro de 2008] en formato -pdf-

Convocatoria do gap núm.8

Espero a vosa confirmación de recepción. Un saúdo
___________

    Estimada amiga, Estimado amigo:

    Despois das últimas reunións do Grupo Análise e Proposta, do día 14 de outubro (GAP) e do 16 de outubro (GAP e cinco grupos políticos), achegamos unha nova convocatoria para o Martes 28 ás 19,00 horas no Salón de Plenos, cos seguintes asuntos a tratar:

    • Valoración do proceso de reforma do regulamento e validación do texto coas recomendacións xurídicas para a aprobación e conformidade co futuro Regulamento orgánico de administración e goberno.
    • Elección de representantes para a exposición do borrador do Regulamento no Pleno.
    • Presentación das Primeiras Xornadas de Orzamentos Participativos.
    • Debate sobre os criterios e pautas de selección dun territorio ou sector na posta en marcha de orzamentos participativos.

    Para calquera cuestión, poden poñerse en contacto coa Concellaría de Participación Cidadá (981 944 000 ext 219; participacion@ferrol.es).

    Agradecendo de antemán a súa colaboración, reciba un cordial saúdo.

    Ferrol, 21 de outubro de 2008.

    Francisco Javier Galán Pérez

    Concelleiro delegado de Participación Cidadá

    _______________

O vindeiro 30 de outubro terá lugar nas Pontes ás 19:30 hrs na casa Dopeso a conferencia de Urmi Basu "Vida e traballo coa infancia en Calcuta"

De: Montserrat González (Concello das Pontes de García Rodríguez)
-montserrat.gonzalez@aytoaspontes.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 20 de outubro de 2008 14:42
Asunto:
Vida e traballo coa infancia en Calcuta

O vindeiro 30 de Outubro terá lugar nas Pontes, ás 19:30 hrs na casa Dopeso, a conferencia de Urmi Basu "Vida e traballo coa infancia en Calcuta"

Organizada polo Concello

Urmi Basú taballadora Social e presidenta da ONG New Light, é un referente na loita contra o tráfico de mulleres no seu pais, atende a mais de 200 nenos e nenas fillos e fillas das mulleres que se dedican a prostitución no barrio de Kaligaht. Nesta ocasión Urmi vestára acompañada por 9 nenos e nenas que por primeira vez saen de Calcuta.

A conferencia versará sobre a súa experiencia en prol da infancia e a loita dunha muller que quedou apartada da súa familia por dedicarse a atender os menores mais desfavorecidos da casta dos intocables.

Tedes mais información sobre Urmi Basu e os seus proxectos na seguinte dirección de correo


Estades todas e todos convidados para escoitar a esta muller tan loitadora e cunha vida adicaca a coidar da Infancia
________________

Protección de Datos avala e respalda a actividade do MpDC

A Axencia española de Protección de Datos trasladou o seu respaldo a actividade que está a levar a cabo o Movemento polos Dereitos Civís na defensa dos dereitos fundamentais dos cidadáns. A institución emitiu unha valoración, a petición da asociación, da sentenza do Xulgado Contencioso que obriga ao Concello de Compostela a retirar as cámaras de vídeovixilancia do centro histórico da cidade. Dende a Axencia recoñécese que a instalación descontrolada de cámaras e o tratamento posterior que se lle da ás imaxes obtidas "estase convertendo nunha preocupación cada vez maior dos cidadáns" e relaciónase esta situación co incremento considerable do número de denuncias presentadas por particulares perante a AEPD, "cuxa consecuencia directa supuxo un número superior a 120 inspeccións só no ano 2007".

As palabras do director da Axencia, agradecidas por parte desta asociación, non reflicten non obstante a realidade que estamos a vivir. O aumento do vídeocontrol tanto na Galiza como no resto do Estado estase a levar a cabo dun xeito irregular, sen que na meirande parte das instalacións se cumpran os requisitos mínimos para garantir o exercicio dos dereitos e das liberdades civís, principalmente pola falla dunha lexislación máis estricta e completa neste ámbito e pola desidia practicada dende as administracións encargadas de supervisar o cumprimento da normativa. A este feito, hai que engadir que a falla dunha lei que regule os dispositivos privados facilita que se produzan vulneracións dos dereitos en espazos que pertencen ao ámbito público, pero con impunidade salvagardada polo baleiro legal. Cicunstancia esta que dificulta máis aínda a defensa dos principios que asisten a todos os cidadáns, deixando a porta aberta ao mercadeo da imaxe propia en medios de comunicación, a Internet, etc. (tal e como se puido ver esta pasada fin de semana nun xornal galego que publicou as fotografías dunha parella tomadas por unha cámara ilegal privada).

Por iso agardamos que dende a AEPD se poñan en práctica os bos desexos do director de "manter o máis firme empeño en continuar coa nosa labor de velar polo cumprimento da normativa en protección de datos y control da súa aplicación".

Movemento polos Dereitos Civís | Rúa Rosalia de Castro - Galerías Belen - Local 108 (Santiago de Compostela) | Tel-Fax: 881972938 | Movil 610858850
__________________

60 Aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos

De: Educación e Paz -paz@sgep.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 20 de outubro de 2008 12:39
Asunto: 60 Aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos



60 Aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos

Benqueridas amigas e amig@s:

A Iniciativa polos Dereitos Humanos é unha plataforma unitaria creada hai dous anos para sensibilizar arredor da Declaración Universal e incentivar na sociedade o coñecemento dos dereitos que a conforman, denunciar a violación dos mesmos no mundo e contribuír á súa materialización e perfección.

Para este ano, no que conmemoramos o 60 Aniversario, mantivemos unha primeira reunión e teremos unha nova o vindeiro día 27 de Outubro, ás 18:00 horas, nos locais do Seminario Galego de Educación para a Paz (Rúa do Valiño 13- 1º en Compostela) co obxecto de analizar as posibilidades de apoiarnos mutuamente en actos conmemorativos que faremos e promover algunha actividade conxunta arredor do 10 de Decembro (algunha está prevista no propio FSG).

Acordamos tamén invitar ás organizacións do FSG que tiveran interese en participar nesta Iniciativa.

Na actualidade a Iniciativa polos Dereitos Humanos está conformada por distintas entidades (Amnistía Internacional, Coordinadora Galega de ONGDs, Coordinadora de Crentes Galegos, Encrucillada, Esculca, Fesga, Fundación Luis Tilve, Fundación 10 de Marzo, Foro da Inmigración, Irimia, Seminario Galego de Educación para a Paz e Xustiza e Sociedade).

Agradecendo de antemán a vosa participación, trasládovos un saúdo cordial.

Manuel Dios Diz
Seminario Galego de Educación para a Paz

________________

O BNG empraza ao Alcalde Irisarri a convocar o Pleno comprometido sobre o Sector Naval

De: BNG -bng@ferrol.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de outubro de 2008 13:29
Asunto: XOÁN XOSÉ PITA EMPRAZA A IRISARRI A CONVOCAR O PLENO COMPROMETIDO SOBRE O SECTOR NAVAL


XOÁN XOSÉ PITA EMPRAZA A IRISARRI A CONVOCAR O PLENO COMPROMETIDO SOBRE O SECTOR NAVAL

O portavoz municipal considera que "Irisarri foxe dos debates que comprometen a súa fidelidade ao PSOE"

Ferrol, 21 de outubro de 2008. O portavoz nacionalista no Concello de Ferrol emprazou esta mañá a Vicente Irisarri a convocar o Pleno que goberno local se comprometeu a convocar para analisar o futuro do sector naval e as reivindicacións dos Comités de Empresa de Navantia Ferrol-Fene.

Xoán Xosé Pita lamentou o comportamento do primeiro edil da cidade do que dixo que "segue a fuxir dos debates que comprometen a súa fidelidade ao PSOE". Así mesmo, evidenciou a negativa do Alcalde a que o conxunto da corporación municipal participe coa súa opinión neste asunto transcendental para o desenvolvemento industrial da nosa comarca, non convocando o Pleno comprometido e negando a participación dos grupos políticos nas reunións que mantivo cos representantes dos traballadores.

O BNG afirma que cumpre un posicionamento político que esixa a reapertura das tres mesas de negociación comprometidas pola Dirección de Navantia (SEPI). Mesas sobre o Novo Marco Regulador o Plan Industrial e a Regularización de actividade das compañías auxiliares, asemade quer que se concrete a contratación da 6 fragata prometida nas continuas visitas electorais dos Ministros a Ferrol, que Navantia Fene recupere a actividade civil e que se reactive a actividade que mantiña Navantia no sector eólico.

O portavoz nacionalista "esixe a SEPI que deixe de botar sombras sobre o futuro do sector Naval" e incide en que o BNG "non vai a xogar a lavarlle a cara a determinadas posturas políticas que no formal manteñen discursos diferentes en Ferrol e en Madrid".

Grupo Municipal do BNG no Concello de Ferrol.
--
Xosé Manuel Pazo Blanco
____________

'Ferrol e o que queda por chover' presentación do libro de Alberte Momán

De: Alberte Moman -albertemoman@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 19 de outubro de 2008 20:56
Asunto: 'Ferrol e o que queda por chover' na Galería Sargadelos


'Ferrol e o que queda por chover' na Galería Sargadelos

Xoves 23 de outubro, 20 horas, na Galería Sargadelos de Ferrol (Rubalcava, 30-32, 15402 Ferrol) presentación de Ferrol e o que queda por chover, coa presenza do propio autor e de Melba Couto, mestra de literatura e lingua galegas no IES Sofía Casanova.

Ferrol e o que queda por chover
Alberte Momán
Editado por Lulu.com
ISBN: 978-1-4092-1367-3


Ferrol e o que queda por chover. Ferrol ten sentido. Has horas son un estigma nesta cidade. Unha restrospectiva histórica moi persoal sobre o Ferrol que me tocou vivir. Tamén dese outro Ferrol que viviron por min, das súas experiencias plasmadas na miña imaxe.

Pódese adquirir en:
Galería Sargadelos de Ferrol
Lulu.com
Amazon.com
ou solicitándoo neste correo electrónico: albertemoman@gmail.com


Alberte Momán. (Ferrol, 1976), profesionalmente enxeñeiro técnico agrícola, é autor de diversas obras premiadas, como 'O lobo da xente' (Edicións Positivas, Premio Narrativas Quentes 2003), 'Erótica' (Premio Francisco Añón de Poesía 2004, publicado en Agosto de 2005 na editora arcosonline.com), 'O pasado nas horas' (Premio Rosalía de Castro, Cornellá, 2004), 'De ter un can chamaríalle Guenguis' Mención de honra no certame de poesía GZcrea 2006 (recollido no volume colectivo 'Isto é un poema e hai xente detrás' (Espiral Maior. 2007), 'Baile Àtha Cliath' (Premio de poesía erótica Illas Sisargas 2007). No ano 2008 edita 'Ferrol e o que queda por chover' e 'Erótica' con Lulu.com. É membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Ten colaboracións dispersas por diversos volumes colectivos, como a primeira edición de Relatos de Verán do diario La Voz de Galicia, ou a colectánea poética 'Xuro que nunca volverei pasar fame. Poesía escarlata' (Difusora de Letras, Artes e Ideas 2003). Colaborou, tamén, no volume de poesía 'Sempre mar. Cultura contra a burla negra', promovido e editado pola asociación Burla Negra con motivo do afundimento do Prestige. Tamén no libro publicado co gallo do certame de narrativa breve do concello de Curtis na edición do 2005, en que recibiu un accésit pola obra 'Benvidos á noite americana'. Colaborador do xornal A Peneira, é autor de 'Efecto Iguana', novela por entregas que se publicou no suplemento cultural deste xornal. En Maio de 2006 participa nos 'Dias da Criaçao' celebradas na Casa da Eira Longa en Vilar-Boticas (Trás-os-Montes). En Febreiro de 2007 publica 'O alento da musa' (Difusora de Letras, Artes e Ideas). No 2007 saca o volume colectivo de poesía 'A porta verde do sétimo andar', da agrupación do mesmo nome.

Tamén ten colaboracións en revistas como Madrygal, editada pola Universidade Complutense de Madrid, ou Dorna, que publica a Universidade de Santiago de Compostela.

--
http://moman.wordpress.com
________________

Vilar do Colo: Posición do BNG de Fene sobre o feito en Cabanas respecto ao Río Baa

De: Antonio Gª -angaji@yahoo.com-
xavi -xriveiro@ya.com-
ADEGA-TRASANCOS(FERROLIÑO)" -adegatrasancos@adega.info-

Para: artabra21@gmail.com

Data: 19 de outubro de 2008 18:29

Asunto: Vilar do Colo. Posición do BNG de Fene sobre o feito en Cabanas



Vilar do Colo: Posición do BNG de Fene sobre o feito en Cabanas e Convocatoria concentraicon entrada novo gaseiro

Boas a tod@s, os comentarios na ligazón de RadioFusión, estánse a poñer interesántes.
Invítovos a que participedes e volquedes as vosas impresións.
Un saúdo

Enlace en Radio Fusión sobre o Río Baa con comentarios

http://www.radiofusion.eu/rfusion/emisoras/ferrolterra


MANUEL POLO: 'SE CADRA EN CABANAS AS COUSAS NON SE RESOLVERON BEN CO RÍO BAA'
________________

Os grupos municipais apoian a proposta veciñal do novo regulamento

De: asociacion Veciñal O Rosario-Inferniño
Para: artabra21@gmail.com
Data: 18 de outubro de 2008 11:55
Asunto: Os grupos municipais apoian a proposta veciñal do novo regulamento



Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño" de Ferrol XUNTANZA DO GAP...
10/17/2008

Os grupos municipais apoian a proposta veciñal do novo regulamento.

A reunión celebrouse no salón de recepcións do Concello e durou máis de hora e media.

Diario de Ferrol.- -D. ALEXANDRE REDACCIÓN > FERROL

Os grupos municipais están conformes co avance do Regulamento de Participación Cidadá elaborado por entidades veciñais, colectivos, e cidadáns.

Os portavoces de PSOE, EU, PP, IF e BNG así llo manifestaron onte aos membros do Grupo de Análise e Proposta (GAP).

A reunión, coa que se pechou o proceso de elaboración do novo regulamento iniciado no pasado mes de maio e no que participaron unhas 70 asociacións locais, ademais de particulares, celebrouse a petición dos integrantes do GAP.

Estes estaban interesados en coñecer a opinión dos representantes municipais sobre este texto e manifestaron o seu desexo de que sexa aprobado por unanimidade cando leve ao pleno.

Neste sentido, tanto os concelleiros do Goberno (PSOE e EU) como da oposición (PP, IF e BNG) mostráronse de acordo co contido do documento e co método seguido pola Concellaría que dirixe Javier Galán (EU) para elaboralo, aínda que se reservaron o sentido do seu voto para a sesión plenaria.

Pero o que se convocou como posta en común do traballo levado a cabo polo grupo de veciños e a comisión política para mellorar o actual regulamento derivou nun debate sobre a compatibilidade deste coa lei de grandes cidades, cuxo desenvolvemento foi ratificado neste mandato.

Neste sentido, o concelleiro popular, José Manuel Rei, considerou conveniente perfilar primeiro como afectará esta lei aos órganos de xestión municipal antes de aprobar o novo regulamento.

Así, explicou que coa Lei de Grandes Cidades moitas das competencias que agora ten o pleno e que son tratadas previamente polos grupos en comisión asumiraas directamente o alcalde a través da Xunta de Goberno Local, polo que os cidadáns terán un maior nivel de participación nuns órganos do Concello cada vez máis baleiros de competencia, advertiu.

Nesta liña pronunciouse o independente Juan Fernández, que criticou ao rexedor por non explicar á oposición como aplicará a Lei de Grandes Cidades, non vaia ser que esteamos traballando nun novo regulamento de participación que non vai valer para nada.

Ante estas dúbidas, o edil de EU Javier Galán asegurou que non haberá contradición entre a lei e o regulamento, engadindo que se ou novo regulamento non se leva a cabo, dimitirei como concelleiro de Participación Cidadá.

Foi máis aló ao manifestar que EU non aceptará a Lei de Grandes Cidades cando contraveña a este regulamento de participación.

Pola súa banda, Manuel Santiago, representante do grupo municipal socialista na reunión, destacou que coa nova norma de participación Ferrol situarase á cabeza en canto ao traspaso de competencias á cidadanía da xestión municipal.

Co encontro de onte -que se iniciou ás sete da tarde e hora e media despois aínda continuaba- deuse por resolta a participación veciñal.

Agora serán os grupos municipais os que teñen que aprobar o texto que resultou deste proceso, primeiro en comisión informativa e logo en pleno, onde un portavoz veciñal defenderá o novo regulamento.

ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
blog : orosario-inferninho.blogspot.com
________________

Solidaridade cos traballadores de MEGASA

De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol -fucobuxan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 17 de outubro de 2008 16:53
Asunto: Solidaridade cos traballadores de MEGASA



A convocatoria de dez días de folga xeral dos TRABALLADORES DE MEGASA, en demanda dun convenio xusto e unhas condicións laborais propias dun sistema democrático, tiveron onte unha resposta cerril da patronal: o despido de dous traballadores (un deles membro do Comité de Empresa e de Folga).

Desde "Fuco Buxán" invitamos a toda a cidadanía, a expresar a súa solidaridade cos compañeiros de MEGASA, nesta loita democrática, por conquerir as condicións de traballo dignas e xustas que pretenden. [+ Info]

Engádese Artigo de Rafael Pillado (Vicepresidente de "Fuco Buxán, A.C."), publicado en "Diario de Ferrol" hai poucos días.
__________

MEGASA: O dereito a negociar un convenio razoable

Os compañeiros de Megasa pretenden negociar un convenio que sexa razoable. A empresa se nega a estudar as súas propostas e chegar a acordos cos lexítimos representantes dos traballadores, incluso apelando á intervención policial desmesurada, cando o conflito viña discurrindo pacífica y ordenadamente, e no marco pleno da legalidade.

Pois ben, estes días coñeciamos diversas opinións a través dos medios de comunicación, con algún dos cales discrepo diametralmente. Mentres Felipe do Muíño recorda a actitude serena dos traballadores o longo dos anos, sen renunciar nin os seus dereitos, nin o seu posto de traballo, Fernando Álvarez, sinala como prioritario “cuidar mucho a Megasa”, “y si una empresa para salvarse en época de crisis, tiene que reducir su plantilla … debe hacerlo…” E afirma que “… los acuerdos con los trabajadores es la diferencia entre la empresa privada y la pública”. Quere isto dicir que na empresa privada non caben os acordos? Que eu saiba, na nosa lexislación laboral, a negociación colectiva é un dereito dos traballadores. Incluso na Ditadura, tiveron que recoñecelo.

No caso de Megasa quen se nega a negociar é a Empresa. E quero dicir que esa empresa a compoñen o capital empresarial e os traballadores. A plusvalía non cae do ceo. ¡Sen traballadores, Megasa non sería Empresa!

E debemos saber que pese a constante redución de plantilla, Megasa duplicou a súa produción de aceiro. Iso chámase sobreexplotación.

E esa produción permitiulle á Empresa comprar a Siderúrxica Nacional Portuguesa. Supuxo convertela nunha multinacional, onde os recursos se moven a capricho do empresario. Un empresario paternalista que ten o concepto das relacións laborais propias do feudalismo. E xa sabemos o que pasa cando non se respecta o marco regulado polo Estado. ¡Mirade a EE.UU. hoxe!

Según o Sr. Álvarez, os traballadores son “servos da gleba”, e deben tragar o que se teña disposto polo patrón. (Por certo, faltoulle dicir no seu artigo que Segundo Vilaboi foi asasinado a garrote vil.)

Pero, Que piden os traballadores? Que barbaridade pretenden? Facerse coa empresa?

Pois o que queren e superar o convenio actual que está por debaixo do provincial do metal de A Coruña, pese a que o seu traballo se realiza en condicións durísimas.

Temas:

1.- “Contrato de relevo”, que permita renovar a plantilla, xa moi diminuída.
2.- Promoción interna. Como é posible que un 70% da plantilla sexan especialistas? ¡Así resulta máis barato!
3.- Cobrar efectivamente o 100% do salario no caso de accidente.
4.- Redución da xornada laboral, a máis alta do sector. Sobre 100 horas máis que na siderúrxica vasca.
5.- Un sistema de primas obxectiva, que non se rexan polo “dedo”.
6.- Aplicación do IPC real e non o previsto.
7.- Un plus por traballar na fin de semana.

E queren negociar, non ser só mandados. Para algo conquerimos a Democracia.

Por qué se nega a empresa a algo tan natural? Porque quere evitar ter que ceder unha parte dos beneficios xenerados polos traballadores. EI está movendo os traballadores dun posto de traballo a outro, para romper a súa resistencia. Pretende cortar as súas mobilizacións, buscando a división da plantilla e o seu cansancio polo custe económico das mobilizacións.

Estou seguro de que non o conquerirán, e algo terán que dicir os sindicatos e os traballadores de Ferrolterra. Solidariedade de clase.

___________
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

________________

Iniciativa sobre o control á Plataforma de apoio ao Cabo Gago

De: BNG -bng@ferrol.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 17 de outubro de 2008 10:08
Asunto: Iniciativa sobre o control á Plataforma de apoio ao Cabo Gago



Iniciativa sobre o control a Plataforma de apoio ao Cabo Gago

O BNG pregunta no Parlamento polas denuncias da Plataforma Cidadá en defensa do cabo Gago sobre a vixianza á que os somete o exército

Santiago de Compostela, 16 Outubro 08.- O deputado do BNG Fernando Blanco Parga vén de rexistrar no Parlamento Galego unha pergunta para a súa resposta escrita sobre as denucias da Plataforma Cidadá en Apoio do Cabo Gago sobre a vixianza que o exército mantén sobre este colectivo.

Tal e como explica o parlamentar na iniciativa, “representantes desta plataforma denunciaron publicamente que na realización dunha rolda de prensa e dun acto público celebrado na sede do Ateneo Ferrolán ese mesmo día estiveran situados nun local fronte o edificio dous militares de paisano, controlando e realizando fotografías das persoas que asistían a ese acto”.

Do mesmo xeito, a plataforma realizou outra denuncia pública ao remate da manifestación de apoio ao Cabo Gago o pasado 12 de outubro en Ferrol, “sobre a participación de militares de paisano na propia manifestación, co interese de informar sobre o que ali sucedía”.

O parlamentar pergunta no texto se o goberno considera que “é función das Forzas Armadas o control e información dos actos e manifestacións convocados por unha Plataforma Cívica”.

Blanco Parga quer saber se “o goberno vai demandar algún tipo de información ao respecto destas denuncias do goberno estatal, responsábel do funcionamento das Forzas Armadas”.


Baixar ou acceder ao documento "Iniciativa sobre o controlo á plataforma do Cabo Gago" en formato -pdf-
________________