mércores, xuño 03, 2009

Folga do metal em Ponte-Vedra e solidariedade

Por Joám Francisco López Pérez

As notícias que chegam de Vigo som alarmantes. Umha parte importante da classe obreira está acometendo um combate duro, mais exemplar. As forças da orde estám ao serviço do capital, empregando-se com contundência contra @s grevistas. A patronal nom quere mover-se rem. A repressom policial e laboral semelha querer dar umha liçom a estes companheiros e companheiras, que estám a luitar por umhas condiçons de trabalho dignas.

É hora de que funcione o punho. Esse símbolo de mao fechada como exemplo da irmandade do proletariado. Nada somos sós todo junt@s. O secretário comarcal da CIG comentou-me que tem intençom de convocar às outras centrais e iniciar actos de solidariedade para a semana. Adiante a unidade e a solidariedade. A nossa mobilizaçom é imprescindível para que o conflito remate em vitória. Nós, que tantas vezes temos recibido a solidariedade, temos que ser quem de estar a altura das circunstâncias.

Joam Tavia -jtavia@gmail.com-
3 de junho de 2009 22:51
_________________

Anuncianse tres novas xornadas de folga no Metal para a semana, e o último dia será unha folga xeral do sector [+Info]

[21.05.2009 - Cuarto día de Folga - Os traballadores do Metal bloquean en oito puntos os accesos de Vigo e provocan un colapso total - Forzas antidisturbios acosaron aos folguistas, cargando en varias ocasións, polo que se refuxiaron nos estaleiros Fonte: CIG]



[ 22.05.2009 - Quinto día de Folga do Metal en Vigo e Pontevedra- Fonte: CIG]



[03.06.2009 - Anuncianse tres novas xornadas de folga no Metal para a semana, e o último dia será unha folga xeral do sector - Marchas, mobilizacións e cargas policiais nesta nova xornada de folga - Fonte: CIG]


__________

Actos no Día Mundial do Medio Ambiente e publicación do último número de Cerna

Vindeiros eventos e actividades da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza - ADEGA

Sábado 6 de xuño: Acto central do Día Mundial do Medio Ambiente 2009
  • Con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente [5 de xuño], ADEGA está a organizar unha serie de actos reivindicativos e participativos dentro da Semana Galega do Medio Ambiente. O lema que a ONU propón este ano é "Unid@s contra o cambio climático: o teu planeta necesítate". Por iso, alén da batería de actividades que vos propuxemos, o sábado 6 de xuño celebraremos unha concentración e un acto reivindicativo no mercado de Compostela [Praciña de San Fiz, xunto a praza de abastos] de 11 a 13h. Aló darémonos cita todas as organizacións asinantes dun manifesto (12 h) para expresar o noso compromiso persoal e colectivo na loita contra os efectos do cambio climático.
Xa está na rúa o nº 58 de CERNA, tamén en formato dixital
  • O número 58 da revista de ADEGA "CERNA" ten como tema central o futuro de ENCE. Debruzamos algunhas propostas en clave ambiental que ADEGA le fai ao novo governo como a protección do litoral. Seguindo este fío, CERNA 58, inclúe un artigo sobre as repercusións do Informe Auken, aprobado polo Parlamento Europeo e que reprime por primeira vez á política urbanística depredadora do Estado español e ameaza con retirarlle os Fondos de Cohesión. Non perdemos de vista a s nosas reivindicacións da ampliación da Rede Natura ou dunha nova política de residuos para corrixir o fracaso de SOGAMA.
Acceder ou Baixar o nº 58 de CERNA en formato -pdf- (3,7 MB)

ACUDE A COMPOSTELA O SÁBADO 6 de Xuño e deixa ouvir a túa voz: QUE O AMBIENTE NON PAQUE A CRISE!

Máis información: Local nacional (981 570099) ou na nosa web:
www.adega.info

Enviado por:
ADEGA -adega@adega.info-
3 de junho de 2009 20:58

__________________________

A Confederación Internacional Sindical denuncia a detención de sindicalistas en Turquía

Bruxelas, 2 de xuño de 2009- A CSI e a Internacional da Educación (IE) protestan enerxicamente pola intervención da policía turca na Confederación de Sindicatos de Empregados Públicos (KESK) e o sindicato de docentes Egitim Sen (afiliado á súa vez á KESK).

O xoves 28 de maio de 2009 a policía turca invadiu a sede da KESK en Ankara así como as oficinas das seccións locais en Izmir, Istambul, Van e Manisa. Segundo a información recibida pola CSI, máis de 30 membros de Egitim Sen foron arrestados. Seis deles foron postos en liberdade o mesmo día, unha vez que a policía lles tomou declaración, mais os demais seguen detidos, e aparentemente algúns foron acosados sexualmente. Segundo a prensa turca, a operación foi "organizada no marco dunha operación de maior envergadura cuxo obxectivo é a aplicación de duras medidas contra a organización terrorista PKK" (Partido dos Traballadores de Kurdistán).

"O sucedido a semana pasada en Turquía é francamente inaceptable", dixo Guy Ryder, Secretario Xeral da CSI. "É simplemente parte dun plan de acoso antisindical que vai contra o Convenio 87 da Organización Internacional do Traballo sobre liberdade sindical, ratificado por Turquía fai 16 anos. Os sindicalistas encarcerados deben ser liberados, e han de retirarse todas as demais ameazas de detención que pesan sobre sindicalistas independentes por mor das súas actividades lexítimas. As autoridades seguen denegando os dereitos fundamentais á liberdade sindical e á negociación colectiva dos traballadores e traballadoras de Turquía. Reclamámoslles que respecten estes dereitos, consagrados nos Convenios da OIT".

Nunha carta enviada ao goberno turco, a CSI e a IE instan ao Primeiro Ministro Recep Tayyip Erdogan a ordenar ás autoridades a posta en liberdade inmediata e incondicional de todos os sindicalistas arrestados e a respectar sen demora os dereitos fundamentais en Turquía.

A CSI representa a 170 millóns de traballadoras e traballadores de 157 países, e conta con 312 centrais sindicais afiliadas.

Para máis información:

Telefonos do Servizo de Prensa da CSI:
32 2 224 0204 ou 32 476 621 018.

A web:
www.ituc-csi.org

Canle Youtube:
http://www.youtube.com/ITUCCSI
___________________

Enlaces de Interese:

http://www.kesk.org.tr/

http://www.egitimsen.org.tr/
______________

EĞİTİM-SEN YamanHaber.Com

_______________

martes, xuño 02, 2009

Participación Cidadán en Ferrol: Acta da reunión do Grupo de Análise e Proposta do 20 de Maio de 2009

Acta do GAP e información proceso aprobación

Achégase a acta do pasado 20 de maio, que incorpora tamén a información relativa á presentación de "Cidadanía, S.Coop." (táboas de investimento, etc.)

Na reunión de onte da comisión informativa de Participación, o secretario xeral deu conta do informe que solicitou á FEMP para aclarar de novo o sistema de aprobación da figura do valedor da cidadanía. Non obstante, a decisión é seguir adiante coa fixación dunha data para levar a pleno a normativa.

Atentamente,

Área de Participación Cidadá E DEPORTES
Maica Rodríguez Freire, técnica en Participación Cidadá
Praza de Armas, s/n. 1º andar. 15402 Ferrol
Tel.: 981.944.015 / Móbil: 696.112.691
participacion@ferrol.es


Proceso piloto para a implantación dos Orzamentos Participativos

Acta da reunión do Grupo de Análise e Proposta (GAP)
Mércores 20 de maio de 2009, Salón de Sesións. Casa do Concello, de 19,00 a 20:15 horas.

O listado das persoas e entidades participantes é o seguinte:

Colectivos e persoas
AA VV Ferrol Vello Alberto Saavedra
AA VV Prioriño Magdalena González Grandal
AA VV Cuco Ruíz de Cortazar Pilar Rodríguez Venancio
AA VV O Rosario Inferniño Xosé Manuel SanXoán
AA VV Fontelonga-Esteiro Xosé Miguel López Pérez
AAVV Centro Luis M. Taboada
AVV San Pablo de Catabois Ana Beceiro Mosquera
AVV Pedro Padrón do barrio da Madalena César Manso Platas
AVV Ensanche A e Federación Roi Xordo Fernando Ocampo Aneiros
AVV Ultramar Arcadio Ares Arias
AVV Santa Mariña José María Fontao Pita

A título iudividual Ramiro Santalices Martínez
Grupo Diversidade funcional Ferrol e comarca Pili Mata
Escola Deportiva Inferniño Emilio López Pérez

Concellería Participación Cidadá
Manuel Santiago Concelleiro de Participación Cidadá
Maica Rodríguez Freire Área de Participación Cidadá

Equipa Técnica
Rosa Muñiz Castro e Luis García García Cidadania, Soc Coop Galega

A xuntanza de traballo tiña a seguinte orde do día:
  • Aclaración sobre o proceso de implantación dos Orzamentos Participativos
  • Selección do barrio urbano para a posta en marcha dos Orzamentos Participativos durante o 2009-2010.
  • Papel das entidades sociais ferrolás nos OP e reformulación das funcións do Grupo de Análise e Proposta (GAP).
Desenvolvemento da reunión e acordos tomados

Presenta a reunión Manuel Santiago, quen dá a benvida ás persoas participantes e recorda os asuntos a tratar na reunión.

Desde a equipa técnica se fai unha exposición da situación do proceso para a implantación dos Orzamentos Participativos. Como primeira cuestión se aclara as premisas xerais; tempos e partida orzamentaria. Nese sentido recórdase o acordo do Concello de implantar o proceso de OP ao longo dos anos 2009 e 2010. A partida orzamentaria a xestionar é de 2 millones de euros, dos que 350.000 serán xestionados ao longo do presente ano, quedando o resto para o ano seguinte.

Os barrios que participen este ano terán como referencia os 350.000 euros, ampliándose a participación doutras zonas da cidade no 2010.

Esta cuestión conviña aclarala de cara a selección do barrio da zona urbana pendente de decidir, xa que a selección do barrio non impide a apertura de novas zonas para o seguinte ano.

Aclarado esta información a equipa técnica fai unha exposición dos argumentos técnicos, sobre datos recollidos do concello, que orienten a selección do barrio. Aclárase que, polas dificultades de sistematización e actualización da información, tan só se poden xustificar unha serie de datos en base ás aos seguintes criterios técnicos:

Ámbito rural e urbano

Este criterio responde á necesidade de implementar os OP tendo en conta as diferencias que conforman a identidade e convivencia dos territorios do concello. Considerando a forte influencia da zona rural no concello (amplitude do territorio, número de habitantes da zona, etc) e ás necesidades específicas que estes espazos demandan en canto carencias de inversións e proxectos, infraestructuras, etc, cómpre recoñecer ao medio rural facéndoo participe na proposta de OP. Tendo en conta estes criterios, durante este ano os OP desenvolveranse nunha zona rural, como é a de Doniños-San Xurxo, tal e como se consensuou a súa elección por parte das entidades sociais na xuntanza do Grupo de Análise e Proposta celebrada o pasado 28 de abril.

Poboación beneficiaria

Número de persoas (veciños e veciñas) que se poden beneficiar do proceso, do alcance dos proxectos seleccionados.

Como documento informativo achégase a táboa da distribución da poboación do concello segundo os barrios que o conforman. A táboa recolle os barrios urbanos ou semiurbanos, atendendo que a selección da zona rural está pechada.

Os datos recollidos na táboa teñen unha compoñente provisional, seguindo criterios estatísticos, facilitados a través do CRI, atendendo a datos xeorreferenciados que se tratarán de forma desagregadas cando se determine a demarcación de cada barrio.

Barrios e zonas Habitantes Nivel de Preferencia
Caranza 12.271 - Preferencia 1
Ensanche A (Inferniño) (8665)- Estación (1668) 10.333 Preferencia 1
Ensanche B (Ultramar)(7733) - O Bertón (267) 8.000 Preferencia 2
Centro 7.601 Preferencia 2
Esteiro 6.353 Preferencia 2
San Xoán (3086)-Faxardo (2952) 6.038 Preferencia 2
Canido 6.043 Preferencia 2
Santa Mariña 3.134 Preferencia 3
Recimil (O Pilar) 2.498 Preferencia 3
San Pablo (629) – Catabois (1407) 2.036 Preferencia 3
Ferrol Vello 1.663 Preferencia 4
San Felipe-A Graña 480 Preferencia 4
Total 67.492

Tendo en conta o número de persoas por barrio, establecemos unha proposta inicial de ordenación ou preferencia:

1. Entre 15.000 e 9.000 habitantes: Preferencia 1.
2. Entre 8.999 e 5.000 habitantes: Preferencia 2.
3. Entre 4.999 e 2.000 habitantes: Preferencia 3.
4. Menos de 1.999 habitantes: Preferencia 4.

Dinamización comunitaria

A traxectoria do barrio desde o punto de vista de dinamización social e participación cidadá non só se mide en función do número de entidades e colectivos sociais que existen no barrio, tampouco en relación á cantidade de persoas socias de ditas entidades. Cando falamos de dinamización social referímonos ás dinámicas comúns, en torno a un proxecto ou proxectos conxuntos de mellora da calidade de vida das persoas, sobre o que pivotan dinámicas relacionais e espazos para o encontro. A finalidade é contribuír ao desenvolvemento das persoas, grupos e comunidades, capacitando, animando e motivando a utilización dos seus propios recursos para que a comunidade sexa protagonista do seu propio desenvolvemento.

Ao tempo, cómpre ter en conta a presenza doutro tipo de actores, espazos dinamizadores (os centros de ensino, os mercados, os centros de saúde, universidades, etc) entendidos como axentes e lugares de encontro de colectivos cidadás.

A continuación recóllese información que identifica, inicialmente, algunha das posibles dinámicas das que estamos a falar:

Barrios e zonas urbanas Número de colectivos sociais
Caranza 33
Ensanche A (Inferniño)- Estación 16
Ensanche B (Ultramar) - O Bertón 7
Centro 47
Esteiro 22
San Xoán 7
Canido 17
Santa Mariña 4
Recimil (O Pilar) 9
San Pablo – Catabois 5
Ferrol Vello 7
Total 174

o Investimentos proxectados

Os proxectos desenvoltos nos últimos anos (cuantitativa como cualitativamente falando) ou os previstos (infraestruturas, dotación de recursos e servizos públicos) dentro do barrio, son outro elemento de referencia á hora da selección da zona de intervención. Seguramente compartamos a idea de que as necesidades dun barrio nunca chegan a estar cubertas ao cen por cen; son moitas as melloras que se poden facer de cara a mellora da calidade de vidas das persoas que nel conviven; sempre queremos o mellor para o noso barrio. Sen embargo, deberamos ter presente o comportamento solidario que nos leve a actuar de forma democrática a través da colaboración, participación, equilibrio e apoio entre os diferentes territorios que conforman o concello. Comprender que as melloras que se desenvolvan nunha parte da cidade, do concello, son melloras dirixidas aos nosos veciños e veciñas, colectivo do que tamén formamos parte.

Fondo Estatal de Investimento Local. Ministerio de Administraciones Públicas

Barrios e zonas Orzamento barrio Orzamento por habitante Diferencia media -
Caranza 1.827.359,67 - 148,9 - -2,7
Ensanche A e Ensanche B 2.214.124,27 - 120,78 - -30,82
Centro 548.074,61 - 72,1 - -79,5
Esteiro 445.462,41 - 70,11 - -81,49
San Xoán 829.562,24 - 268,81
(só San Xoán) - 117,21 - 137,4
(San Xoán-Faxardo) - -14,2
Canido 929.091,39 - 153,7 - 2,1
Santa Mariña 254.030,08 - 81 - -70,6
Recimil (O Pilar) 2.066.430,84 827,2 675,4
San Pablo 794.999,99 - 1263,9
(só San Pablo) - 1112,3 - 390
(San Pablo-Catabois) 238,4
Total 9.909.135,5 - 151,6

Táboa de equipamentos:

Barrios Centros de ensino Sanitarios
- Caranza CEIP Manuel Madias, Centro de Educación Adultos, Colexio La Salle, Colexio Santa Juana Lestonnac, IES Ucha Piñeiro, IES Carballo Calero, Conservatorio de Música Xan Viaño ( 7) Fundación Hospital de Caridad, Unidade Drogodependencias (2)
- Ensanche A (Inferniño)- Estación Colexio Ludy, IES Concepción Arenal, Colexio Belén (3) Centro Saúde Fotenla Maristany, Punto de Atención Continuada, Unidade de Saúde Mental (3)
- Ensanche B (Ultramar)- O Bertón CEIP Ponzos (1) Sagrado Corazón (1)
- Centro Colexio Cristo Rei, Colexio Jesús Maestro, Colexio Tirso de Molina, Escola Oficial de Idiomas (4) Santa Teresa (1)
- Esteiro CEIP Esteiro CEIP Isaac Peral, Sofia Casanova, Saturnino Montojo, Colexio Compañía de María (5)
- San Xoán-Faxardo CEIP San Xoán (1)
-Canido CEIP Cruceiro de Canido, Gardería San Rosendo (2)
- Santa Mariña CPR Valle Inclán I (1)
- Recimil (O Pilar) CEIP Ibañez Martin, IES Marques de Suanzes (2)
- San Pablo – Catabois Juan de Gándara, Carmen Polo, IES Catabois (2)
- Ferrol Vello IES Ferrol Vello (1) Consultor Manuel Comellas (1)
Total 29 8

Expostos estes argumentos, faise unha rolda para recoller a opinión dos colectivos

Respecto dos datos expostos dubídase da certeza en canto ao número de habitantes identificados por barrio; nalgún dos casos pode ser real pero noutros se entende vive maior, ou menor, número de poboación, influíndo a distribución que fai o Censo electoral por barrio. O mesmo acontece cos datos referidos aos colectivos sociais rexistrados e a actividade real das entidades. Explícase que fontes de información ten o concello e que os barrios están xeorreferenciados de forma provisional dende o CRI.

A exposición da entidades:

- AVV Esteiro: Valórase positivamente ter deseñado o Regulamento de Participación Cidadá e dar saída á demanda exposta no Foro Cívico de iniciar unha experiencia piloto de Orzamentos Participativos no concello. Respecto da selección do barrio urbano, enténdese que se pode facer por consenso desde as entidades posto que calquera barrio que se elixa supón facer operativo a demanda cidadá. En todo caso a preferencia do barrio vén marcada polas características de desestruturación da zona e a inexistencia de planes específicos de intervención (excluídos do Urban, do Fondo Estatal de Inversión Local, etc). A opción, para esta experiencia piloto, é a de Santa Mariña-San Xoán-San Pablo.
- AVV Santa Mariña: por ser un dos barrios máis necesitado, mesmo abandonado polas administracións, elixen Santa Mariña-San Xoán-San Pablo.
- AVV Caranza: non fan proposta concreta. Ao fío da intervención deixa constancia do malestar na anterior reunión do GAP pola asistencia doutras entidades e da forma na que manifestaron a súa postura respecto do proceso de selección.
- Escola Deportiva Inferniño: Valórase a premisa de que todos os barrios teñen dereito a participar na experiencia piloto, polo que calquera elección é ben recibida.
- AVV O Rosario-Inferniño: Referencia a importancia do proceso participativo, independentemente do orzamento a xestionar. Ao marxe de elixir a zona de Santa Mariña-San Xoán-San Pablo, anima a que se faga extensible ao resto do barrios do concello.
- AVV O Prioriño: fai referencia á ausencia de colectivos rurais na reunión, entendo que a selección da zona rural non quita de estar presente no proceso de identificación do barrio urbano. Identifican Ferrol Vello como barrio onde comezar o proceso piloto.
- AVV Cruceiro de Canido. Comparte a elección da zona de Santa Mariña.
- AVV Ferrol Vello. Manifesta a urxencia de comezar o proceso e da necesidade de que a xente participe. Defende a selección de Ferrol Vello atendendo a deixadez do barrio, á ubicación e aos posibles problemas de poder participar activamente, desde as entidades, nos investimentos derivados do Plan Urban no propio barrio.
- AVV San Pablo de Catabois. Identifican a zona de Santa Mariña-San Xoán-San Pablo.
- AVV Ultramar: apoian a intervención en Santa Mariña-San Pablo-San Xoán.
- AVV Pedro Padrón. Identifican a zona de Santa Mariña-San Xoán-San Pablo. Ao tempo demandan a participación cidadá nos barrios de Ferrol Vello, A Madalena e Canido dentro do proxecto Urban.
- AVV Ensanche A e Federación Roi Xordo: apoian a proposta de Santa Mariña-San Xoán e San Pablo.
- Valoración do acordo e o consenso na toma de decisión para que a experiencia sexa crible e asegure unha garantía ao desenvolvemento de outros procesos participativos no concello.

Despois da rolda de intervencións queda consensuada a zona de Santa Mariña-San Xoán e San Pablo como barrio urbano para a o deseño do proceso piloto de OP para o 2009.

O papel da entidades sociais no proceso de OP: reformulación do GAP

Considerando preciso contar cun espazo de traballo e seguimento do proceso de OP por parte das entidades sociais, tal e como se fixo desde o GAP para a reforma do Regulamento, formúlase a necesidade de reformular dito espazo. Se o GAP se constitúe inicialmente cuns obxectivos de traballo específicos aos que dar resposta ata ter aprobado o Regulamento é lóxico que haxa que dotalo de novos cometidos unha vez que o proceso finaliza.

É por iso que querendo abrir a participación ás entidades se poida dar saída ao que o propio Regulamento de Participación establece como é creación de espazos para o seguimento das accións en fomento da participación cidadá. A tal efecto, a norma local fala da constitución do Consello da Veciñanza ao que lle precede, mentres non se constitúe, a Comisión Permanente ou de Seguimento. Este órgano ampliaría o espazo de áreas de traballo do actual GAP, asumindo novos retos, facendo un seguimento das accións de promoción da participación cidadá desde o concello, e abrindo a presenza de novas entidades que queiran formar parte deste espazo. A súa constitución ten sentido sexa aprobado en asemblea desde o Foro Cívico. Mentres, e ata a aprobación do Regulamento, o GAP segue estando activo.

Outros asuntos: proceso de aprobación do Regulamento de Participación Cidadá

Desde a área de participación cidadá se informa da recepción, nesa mesma mañá, do Informe da FEMP referida á consulta formulada sobre a elección do Valedor da Cidadanía. O informe é favorable á demanda cidadá respecto da maioría necesaria no Pleno para elixir figura do Valedor.

O informe será estudiado desde o Concello e trasladado aos grupos políticos. Unha vez se atenda a estas fases, o proceso continuará ata a aprobación do Regulamento en Pleno extraordinario.

Enviado por:
Participación Cidadá -participacion@ferrol.es- 2 de junho de 2009 11:59

______________________

luns, xuño 01, 2009

Convidamos a que tomedes un pouco de tempo para escoitar estas crónicas, paga a pena

Hai uns días, en diferentes post, publicamos as crónicas -até a sexta- de Ivan Prado desde Palestina, na segunda xira -do 21 Abril ao 5 de Maio- de Pallasos en Rebeldía [*] polo País Ocupado, a primeira tivera lugar en 2002.

Pallasos en Rebeldía levou
"o espírito da risa e do clown a Palestina, nunha viaxe de fraternidade humana a través do riso tamén cun outro obxectivo e igualmente importante como é o de dar apoio ao pobo palestino e denunciar, mais unha vez, a continua e reiterada opresión que sofre por parte de Israel".

Escoitando o estupendo programa "Divertimento para pequenos monstros" en Rádio Filispím, do compañeiro André C. Pastor, fixo máis interesantes e necesarias estas crónicas que seguro que non só foron un gozo de escribir para Iván, senón un grande esforzo que paga a pena transcribir e como non escoitar na voz de André acompañada dunha selecionada música e cancións que ben merecen a súa difusión. Convidamos a que tomedes un pouco de tempo para escoitar estas crónicas, paga a pena.

Crónicas da 6ª á 9ª
Descargar o arquivo


Crónicas da 1ª á 5ª
Descargar o arquivo


O clown galego solidario volve a terras palestinas 7 anos despois
[+Info]

Cronicas 7, 8 e 9 de Pallasos en Rebeldía desde Palestina - Palestina 2009



CRÓNICA 7 DE PALLASOS EN REBELDÍA DESDE PALESTINA

Por Iván Prado

Onte foi o dia máis estraño de toda a miña vida. Empezarei polo final a modo de conta atrás. Tres da mañá. Salón da casa dos pais do responsable da organización que nos trouxo a Nablús. Retirámonos á cama despois dun debate de toda a caravana sobre a resistencia armada, o motivo: temos adrenalina para cazar unha manda de elefantes e logo botar unha pachanga.

Dúas horas antes cruzamos o casco vello desta cidade ocupada co corazón nun puño e como di Leo Bassi co ano estretto, e todo porque estivemos ata as doce e media no local de Human Suporters debatendo se ao día seguinte iamos facer unha acción pallasil a un chek point (o debate estaba en táboas e eu den o brazo a torcer. Non iríamos facer a acción para non fraccionar o grupo nin forzar a xente que dubidaba).

Saímos ás 12.30 do local e o noso guía empezou a facer cousas estrañas como correr de esquina a esquina, mandarnos esperar en silencio ata que el comprobase primeiro se o camiño estaba libre … , total, que de novo nola estabamos xogando. Era a hora das bruxas, a hora na que baixa o exército, e en calquera momneto nos podíamos atopar cunha columna israelita.

Cruzamos como pantasmas a cidade ata o momento no que escoitamos o ruido dun enorme camión que na distancia parecía igual aos que transportan tropas israelitas. Nese intre de pánico colectivo a nosa expedición correu como se o demo nos levase (no meu interior sinto que esa rúa e esa noite estrelada son unha metáfora perfecta da miña vida. A modo de foto fixa síntome parte dun xogo secular ao que pertenzo). Finalmente chegamos á casa. As palpitacións escóitanse a dez quilómetros á redonda. O camión era de borralla e esa noite o exército non baixaría, pero para a nosa experiencia supuxo tres voltas seguidas a este dragón kanh sionista que se chama Cisxordania ocupada.

Antes de sair por patas, celebramos o cumpreanos -pastel incluido- de Laila, a nosa incrible tradutora-guia-loxista e inmellorable embaixadora galaico-palestina. Sempre é algo extraño para min celebrar un cumpreanos en medio dunha vaixe deste tipo, pero o que fixo desta celebración algo único foi estar metidos nun bar ateigado de homes e pipas árabes vendo o histórico 6 a 2 do clásico da liga española (penso que é a primeira vez que vexo un partido de futbol enteiro pola tele na miña vida).

A proporción de fans dun e outro equipo foi a mesma que o resultado pero á inversa. En Palestina calquera escusa é boa para sair da rutina xenocida, así que a controversia barsa "rial" madrid é o primeiro tema de conversación que se nos presenta pola rúa. O caso é que aos 5 minutos de partido xa me estou abrazando e pegando botes cos seguidores do Barça que temos ao noso carón. E eu que penso que o futbol televisado é o opio do pobo! O que non me pase en Palestina non me pasa en ningún sitio.

Antes do partido viñamos de dar o obradoiro máis difícil da miña vida. O grupo era grande pero moi interesante e aínda eu tiña que loitar contra a dificultade de traballar con homes e mulleres no mesmo espazo. O que facia deste obradoiro o máis duro que nunca dei foi o xeito de empezar a mañá, algo que non esquecerei nunca.

Son as 10 da mañá e saímos da casa camiño a unha xuntanza co pequeno circo, unha entidade de circo, pero antes agárdanos un percorrido turistico absolutamente dantesco. O noso guía lévanos polo roteiro do terror en Nablús, un combinado que mistura historia de resistencia heroica coa depravación humana máis sangrante.

Nablús é unha cidade con máis de 2000 anos de historia, un lugar histórico merecedor de todos os apoios internacionais posibles pero está en ruinas, as ruínas que provoca esta guerra de ocupación. Os sionistas deixaron e deixan (nestes intres estannos sobrevoando os F16 -que se fabrican en Europa ou Estados Unidos-) un rastro de sangue case imborrable.

En cada esquina da ciadade hai fotos dos mártires da causa Palestina, en cada ruela hai bandeirolas contando o sufrimento desta población, casas derrubadas polos bulldozers, edificios enteiros bombardeados para que as tropas poidan entrar no corazón do casco antigo, casas e pedras que sepultaron familias enteiras mentres os veciños tiñan que esperar semanas para retirar os corpos ou salvar os supervivintes, historias de nenos asainados mentras xogaban nas terrazas, corpos en descomposición porque nesta cidade os mortos non teñen dereito nin sequera a seren recollidos polos seus seres queridos…

Despois de estar en Nablús a membrana do corazón que me une á humanidade está tan fráxil que teño medo de esbirrar. Dar un obradoiro de risoterapia depois deste percorrido polas venas abertas de Palestina, despois de escoitar máis dunha hora de testemuñas das aberracións cometidas polos soldados xudeos foi, sen lugar a dúbidas, o maior reto da miña vida como militante da fraternidade entre os pobos.

Aínda así, o obradoiro saiu moi ben e agora temos unha familia en Nablús, unha familia de varios miles de persoas que viven rodeadas por 6 cuarteis militares, 5 chek points e once cabezas nucleares que están nas súas montañas.

Non sei que vai pasar pola noite, se virán os soldados á casa ou non, ou se nos pararán no chek point. O que si sei é que nesta cidade, neste país, estase xogando o meu futuro e o da miña familia. O que está sobre a mesa é se a humanidade está disposta a seguir permitindo este novo holocausto ou non.


CRÓNICA 8 DE PALLASOS EN REBELDÍA DESDE PALESTINA
Por Iván Prado

Esta foi a viaxe máis dura da miña vida e non porque case morremos nun accidente de tráfico ou me apalean no aeroporto na viaxe de volta, non. O que fixo desta expedición unha experiencia máis dramática incluso que a anterior, na que nos bombardearon, vimos sair corpos destrozados das ambulancias por mor dos tomahauks israelitas, golpearon xente diante dos nosos ollos, e fomos testemuñas de agresivos combates nocturnos, foron as testemuñas que en cada sitio nos ían dando: unha terrorífica historia colectiva tallada a sange sobre a resistencia do pobo palestino.

Case toda a xente coa que falamos pasou pola cadea, case toda, e senón ten o seu parente mais querido está alí metido, e ás veces as dúas cousas á vez. En cada casa hai relatos de humillación, impotencia e xenocidio.

Estudantes universitarios, traballadores da sanidade, amas de casa, militantes sociais, nenos e nenas, anciáns ao final da súa vida… dá igual. Se son palestinos nas zonas ocupadas, só poden falar de paus, disparos, vexacións e torturas, un ronsel de atrocidades tan grande que para seguir escoitándoos co corazón teño que facer acopio de toda a miña reserva emocional de alegría e esperanza.

O que resulta increiblemente extraño é que falan sen odio na mirada, que despois de dicirche como foron torturados seguen amosándoche a súa humanidade, que despois de ensinar as balas na parede seguen servíndoche te con todo o cariño do mundo. Como pode ser que un pobo tan machacado non perda o sorriso, non perda a ocasión de ser amable e siga mantendo a bandeira da esperanza en alto, como pode ser que os seus rostros non sexan de granito, os seus cantos de odio e o seu camiñar de destrucción, despois de levar máis de 60 anos baixo un sistema que oprime, desprecia e os acaba?

Só teño unha resposta, a luz, pola luz interior que portan. E cando hai tanta luz, a sombra non deixa de perseguila.

Marchamos para Barcelona, pero no aeroporto de Tel Aviv espéranos o último capítulo desta demencia colectiva que chaman Israel. Revísannos todo o material, lévannos a unhas cabinas illadas e a min fan me desnudar (como non levo calzoncillos tráenme a miña mochila para que os poña). No meu inglés tarzánico dígolles que por favor non toquen o meu colgante. Despois de 5 veces bérrolle ao mamón do segurata xudío e pego un golpe contra a mesa. El acójonase e chama dúas veces ao timbre de seguridade. En 15 segundos aparecen 5 armarios empotrados israelitas dispostos a hostiarme. A situación cálmase e eu miro para eles con odio e desprezo.

Desta volta non hai golpes, libreime. Iso si, insisto vestido só co meu orgullo e uns gallumbos que non me toquen o colgante. 5 minutos despois bérrolle a unha da seguridade que si me entende en castelán que en Isarel non se respeta ás persoas, e a escena ameaza con repetirse, pero desta volta o calvo e o colega métennos na fila de embarque business diante de todo o mundo e pásannos por outro corredor á zona internacional. Vese que a mala hostia de Lugo ás veces axuda a non facer fileiras.

Na glamurosa parte internacional do aeroporto Ben Gurion vemos a metáfora perfecta desta ocupación sionista. Unha enorme fonte central baixo unha inmensa cúpula de cristal deixa caer do ceo, sen tubos nin estruturas, ríos de auga, a mesma auga que os palestinos non poden empregar para os seus campos porque os xudeos a teñen roubada, auga que cae do ceo, terras que caen do ceo, armas que lles caen do ceo a este pobo que tanto sufriu no pasado, todo lle vén dado hoxe por mandato divino, acaso non lle podería caer a humanidade enteira tamén desde o ceo?


CRÓNICA 9 DE PALLASOS EN REBELDÍA DESDE PALESTINA
Por Iván Prado

Isto non é unha crónica. Isto é unha ferida de bala. Por favor, absterse políticamente correctos e demais familia. Israel non é un estado, é o nome dun exército de ocupación en Oriente Medio e, ata onde eu alcanzo a saber, os estados democráticos non manteñen relacións diplomáticas con exércitos, senón cos seus gobernos, así que non entendo como os israelitas teñen embaixadas en territorio europeo.

Normalmente, os estados que se din democráticos teñen exércitos para que defendan (teóricamente) a súa poboación civil. No caso sionista é ao revés. O exército ten unha poboación civil para que os defendan das resolucións da ONU, para que os xustifiquen ante a opinión internacional e para que poñan fillos e corpos no proceso de avance sobre territorio árabe.

Isarel non é un país, é unha maquinaria -perfectamente engraxada- de expoliar, destruir, mentir e exterminar a unha poboación civil que ante tanques ten pedras, ante helicópteros, ten cometas e ante cabezas nucleares só conta coa súa dignidade e séculos de historia.

Pero volvendo a nós, a santa cuna da democracia e as liberdades, que fai Europa? que facemos ante o muro da vergoña, un muro que pesa sobre todos os seres humanos como unha lousa de morte e miseria? que fai o goberno Zapatero, ademais de venderlles armas aos sionistas e despois decir non foron usadas nas masacres de nadal en Gaza? que máis fai a Unión Europea ademais de regañar feblemente a comandancia xeral dese exército de ocupación que eles chaman goberno israelita mentres os tanques destrúen os hospitais palestinos financiados cos impostos de todos nós?

Sacamos as tropas españolas de Irak e non imos tirar un valado de 8 metros de alto que estrangula lentamente á poboación civil indefensa e inocente? saímos ás rúas e botamos un goberno mentiroso e cobarde pola guerra en Irak e non imos tomar os estrados e os medios de comunicación para acabar con este holocausto? que lles imos dicir ás vidnerias xeracions, que estabamos ocupados vendo o 2 a 6 da Liga mentres en Palestina esnaquizaban un pobo e á Declaración Universal dos Dereitos Humanos, torturando a ambos os dous en celas de 1 metro por 2?

O exército de ocupación israelita non só okupa inxustamente e de xeito criminal uns territorios en Oriente Medio, está okupando a nosa conciencia como seres humanos, non so humillan a palestinos e palestinas, humillan a toda aquelas persoas que sintan que forman parte dun ben común chamado humanidade.

Enlace de interese:
http://www.pallasosenrebeldia.org/


[*] Pallasos en Rebeldía - Globalizando a esperanza.
Pallasos en Rebeldía é un espazo do teatro galego, vencellado ao Festiclown, que traballa na cooperación internacional a través do riso. Esta entidade, que se creou en Chiapas no ano 2004 durante unha visita ás fervenzas do río Bascán no contexto da II Caravana de Pallasos aos Municipios Autónomos de Chiapas, permite ás artes e ao teatro galegos expresar a súa rebeldía en unión directa con proxectos de fraternidade humanitaria.
Neste novo século que vimos de inaugurar recentemente o pallaso ou clown segue a desempeñar un papel protector dos valores sociais máis humanos dentro das estructuras artísticas: a crítica social, o dereito ao riso dos máis desfavorecidos, a superación dos nosos complexos mediante a cura da garagllada son algunhas das aportacións imprescidibles que esta expresión teatral verte a diario en calquera recuncho do noso planeta.

___________________________

Non pode ser !! O raposo ao coidado do galiñeiro

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, remite-nos esta preocupante denuncia co prego de difusión. Non pode ser tanto despropósito xunto. Agora queren poñer ao director da empresa petroquímica que máis ilegalidades cometeu contra a nosa Ría - miles de metros cadrados de recheos ilegais-, a que máis contaminou e segue contaminando, si estamos falando de Forestal del Atlántico, S.A., Non pode ser !! ... O raposo ao coidado do galiñeiro!!

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, reunido de urxencia, acordou remitir sendos escritos ao Presidente da Xunta de Galicia e Presidentes dos Grupos Parlamentarios de Galicia, rexeitando o posible nomeamento de Francisco Silva Castaño (Director Xeral de Forestal del Atlántico) como Presidente da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao.

Engádese o escrito, e prégase difusión.

Comité Cidadán de Emerxencia

SR. PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA

Reunido de urxencia o Comité Cidadán de Emerxencia para valorar as noticias que anuncian o posibel nomeamento de Francisco Silva Castaño (Director Xeral de Forestal del Atlántico), como Presidente da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, nos diriximos a vostede e manifestamos o seguinte:
  1. Que Francisco Silva Castaño é Director dende hai mas de dez anos da empresa ”Forestal del Atlantico” coñecida pola vulneración sistemática das leis medioambientáis que afectan gravemente a Ría de Ferrol (recheos ilegais, enterramento de verquidos, falsificación de datos, etc.)
  2. É coñecida a oposición de Francisco Silva Castaño a iniciativa do Porto Exterior por parte da Administración Pública, para xustificar así, os recheos ilegais, poder implantar a planta de gas e que os tráficos nocivos e perigosos se mantiveran no interior da ría de Ferrol.
  3. Dende o ano 1998 está aberto un sumario pola venta ilegal de gasoil de importación, que saía dos depósitos de Forestal. Este sumario foi aberto polo xuiz D. Alejandro Morán Llorden, tras o traballo de investigación da Garda Civil, denominada “Operación Remolque”.
  4. Esta persoa é coñecida ademáis como impulsor e asinante do proxecto básico da planta de gas de Reganosa, iniciando un proceso de triquiñuelas, falsificacion de datos para facilitar coa complicidade das administracions o sortear a lei e acadar a aprobación do mesmo.
  5. 3º.- A Planta de Gas de Reganosa é unha instalación ilegal e perigosa que ameaza á población de Ferrolterra e acelera a destrucción do ecosistema da Ría de Ferrol. Os Tribunáis de Xusticia teñen admitidos a trámite doce contenciosos en contra. Así mesmo o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia xa fallou por tres veces anulando a tramitación ambiental de Reganosa.
Por último, este Comité Cidadán expresa o seu rexeitamento a que unha persoa con estos antecedentes e ligado a unhos intereses privados como os citados, que ademais incumpliría a Lei de Incompatibilidades de personal ao servicio das Administracións Públicas– en función da concesión marítimo-terrestre que ten outorgada e os cánons derivados dela, dependentes ambas das decisións da Autoridade Portuaria- poida ser barallado e menos nomeado Presidente dun Ente Público, encargado de velar polos intereses xerais e a defensa da legalidade. Sería como poñer ao raposo o coidado das galiñas.

Por todo elo, nos diriximos a vostede como Presidente do Goberno Galego para que se nomee a unha persona de probado respeto á legalidade e os intereses xerales.

Ferrol a 29 de maio de 2009

Manuel A. Rodriguez Carballeira
Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org


Enviada por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
1 de junho de 2009 00:34

_______________

Manifestación da Rede "Galiza Non Se Vende" en Vigo, celebrada este Domigo 31 de Maio


Moitas persoas de decenas de colectivos de toda Galiza, marcharon polas rúa de Vigo para denunciar os contínuos maltratos e agresións que soporta o noso litoral, fruto da especulación salvaxe e deste modelo depredador de crecemento economico ...


Fonte: gzvideos

"A privatización e venta da nosa costa, das nosas rías, do noso vento, dos nosos montes, dos nosos rios, do Courel, supón depredar o territorio físico común para mercantilizalo en beneficio de só duns poucos. Privatizando beneficios e socializando as perdas"...

Enlace de interese:
http://galizanonsevende.org/

_________

O vindeiro Venres, 5 de Xuño, vemo-nos en Ferrol, contra a Planta de Gas, nunha Manifestación - Roteiro para denunciar o despropósito de permanencia dunha Planta de Gas no corazón da nosa Ría. Manifestremo-nos polo desmantelamento de REGANOSA, por ilegal e perigosa, por ameazar a nosa vida e seguridade, porque empobrece a Ría, e porque foi construída utilizando a corrupción política, o engano e a manipulación, só por intereses espúreos, económicos e políticos, duns poucos ricos, poderosos e covizosos. A saída da Manifestación - Roteiro, será ás 8 da Tarde desde a Praza Amada García, diante do Edificio Administartivo da Xunta de Galicia.

Enlace de interese:
comitecidadan.org

___________________

sábado, maio 30, 2009

Chevron, Shell e o verdadeiro custo do gas e do petróleo

Por Amy Goodman
30.05.2009


A economía é un caos, o desemprego aumenta, a industria automotriz está colapsando. Pero as ganancias das empresas petroleiras Chevron e Shell son máis altas que nunca. Con todo, ao redor do mundo -desde a selva ecuatoriana, ata o Delta do Níxer en Nixeria, pasando polos tribunais e as rúas de Nova York e San Ramón, California - a xente está loitando contra as xigantes petroleiras do mundo. Shell e Chevron están no centro de atención debido ás súas asembleas de accionistas e a un xuízo histórico, dous feitos que están ocorrendo esta semana.

O 13 de maio, as Forzas Armadas Nixerianas lanzaron un ataque contra poboados no Delta do Níxer, unha zona do país rica en petróleo. Témese que centos de civís morran na ofensiva. Unha celebración no poboado de Oporoza, na área do delta, foi atacada, segundo Amnistía Internacional. Unha testemuña díxolle á organización: "Escoitei o son dunha aeronave; vin dous helicópteros militares disparando ás casas, ao palacio, disparándonos a nós. Tivemos que correr a un lugar seguro dentro da selva. Nas matogueiras, escoitei a adultos chorando, tantas nais que non podían atopar aos seus fillos; todos correron para salvar as súas vidas".

Shell afronta un xuízo nun tribunal federal de Estados Unidos, o caso Wiwa contra Shell, en base á suposta colaboración da petroleira na violenta represión do movemento de base do pobo Ogoni, do Delta do Níxer, levada a cabo pola ditadura nixeriana durante a década dos 90. Shell explota as riquezas petroleiras do Delta do Níxer, provocando desprazamentos, contaminación e deforestación. A demanda tamén afirma que Shell axudou a eliminar o Movemento pola Sobrevivencia do Pobo Ogoni e ao seu carismático líder, Ken Saro-Wiwa. Saro-Wiwa fora o guionista da telenovela máis popular de Nixeria, pero decidiu unirse aos Ogoni, cuxo territorio cerca do Delta do Níxer fora asucado por oleodutos. As crianzas de Ogonilandia , como se denomina a súa terra, non sabían o que era unha noite escura, vivían baixo os escintileos das llamaradas, llamaradas de gas do tamaño dun edificio de apartamentos que estaban acendidas día e noite, e que son ilegais en Estados Unidos.

Entrevistei a Saro-Wiwa en 1994. Díxome: "Ás empresas petroleiras gústanlles as ditaduras militares porque, basicamente, baixo estas ditaduras poden estafar. As ditaduras son brutais coa xente, e poden negar os dereitos humanos das persoas e das comunidades moi facilmente, sen escrúpulos", e agregou: "No que a min respecta, son un home marcado".

Saro-Wiwa regresou a Nixeria e foi arrestado pola Xunta Militar. O 10 de novembro de 1995, logo dun xuízo arranxado, foi colgado xunto con outros oito activistas Ogoni.

En 1998, viaxei ao Delta do Níxer co xornalista Jeremy Scahill. Un executivo de Chevron que se atopaba alí díxonos que a empresa transportou tropas da mal reputada Forza Policíal Móbil Nixeriana -coñecida pola súa política de "matar e irse"-, nun helicóptero que lle pertencía á compañía, ata unha lancha petroleira que fora ocupada por manifestantes non violentos. Dous manifestantes foron asasinados, e moitos outros foron arrestados e torturados.

Oronto Douglas, un dos avogados de Saro-Wiwa, díxonos: "Está moi claro que Chevron, do mesmo xeito que Shell, utiliza ás Forzas Armadas para protexer as súas actividades petroleiras. Perforan e matan".

Chevron é o segundo maior accionista (logo da empresa petroleira francesa Total) do proxecto do campo de gas natural e gasoduto de Yadana, en Birmania (que a Xunta Militar ha renombrado "Myanmar"). O gasoduto é a maior fonte primaria de ingresos da Xunta Militar, e as súas ganacias sumáronlle un total de ao redor de mil millóns de dólares en 2007. A Premio Nobel da Paz Aung San Suu Kyi, que foi elixida popularmente como líder de Birmania en 1990, estivo baixo arresto domiciliario durante 14 dos últimos 20 anos, e terá que comparecer ante os tribunais novamente esta semana (o martes, o goberno dixo que puxera fin ao arresto domiciliario de Suu Kyi, pero permanece detida, en espera do resultado do xuízo). O goberno de Estados Unidos prohibiu ás empresas estadounidenses investir en Birmania desde 1997, pero Chevron ten unha exoneración, que herdou cando adquiriu a empresa petroleira Unocal.

Unha longa lista na que se enumeran abusos similares labores por Chevron, desde Filipinas a Kazajistán, Chad, Camerún, Iraq, Ecuador e Angola, e en todo Estados Unidos e Canadá, é detallada nun "informe anual alternativo" preparado por un consorcio de organizacións non gobernamentais, que está sendo distribuído aos accionistas de Chevron na súa asemblea anual desta semana, e ao público en TrueCostofChevron.com.

Chevron está sendo investigada polo Fiscal Xeral do Estado de Nova York, Andrew Cuomo, acerca de se a empresa foi "precisa e exhaustiva" na descrición das súas potenciais responsabilidades legais. Con todo, goza dunha longa tradición de contratar a xente con poder político. Condoleezza Rice foi directora da empresa durante moito tempo (ata había un buque petroleiro co seu nome), e o novo asesor xeral recentemente contratado é nada menos que o desprestixiado avogado do Pentágono, William J. Haynes, quen defendeu as "técnicas de interrogatorio severas", ata o submarino. O xeneral James L. Jones, Asesor de Seguridade Nacional do Presidente Barack Obama, formou parte da Xunta de Directores de Chevron durante a maior parte de 2008, ata que recibiu a designación de alto nivel na Casa Branca.

[Clicar acima da foto para ampliar]

Saro-Wiwa dixo antes de morrer: "Imos esixir os nosos dereitos en forma pacífica, sen violencia, e venceremos". Un movemento popular mundial está crecendo para lograr xustamente iso.

———————————

Denis Moynihan colaborou na investigación desta columna.

Amy Goodman é presentadora de "Democracy Now!", un noticiero internacional diario dunha hora que se emite en máis de 550 emisoras de radio e televisión en inglés e en 200 emisoras en español. É co-autora do libro "Standing Up to the Madness: Ordinary Heroes in Extraordinary Estafes", recentemente publicado en edición de peto.

© 2009 Amy Goodman

Texto en inglés traducido por
Mercés Camps e Democracy Now! en español, spanish@democracynow.org

Texto en Galego traducido por Ártabra 21, utilizando os recursos públicos de tecnoloxía lingüística desenvolvidos polo o Seminario de Lingüística Informática (SLI) da Universidade de Vigo.

Democracy Now!
http://www.democracynow.org/
Democracia Xa!
Difundindo Democracy Now! desde Galiza
http://democracia-xa.blogspot.com/

_____________

Enlace relacionado:

Colectivo Ártabra 21: No delta do río Niger (Nixeria) estase levando o maior atropelo ecolóxico e humano de toda a historia do petróleo: Nixeria fornece de Gas a REGANOSA
_______________

Victor López Seoane, un naturalista de finais do século XIX

A maioría das veces, as persoas que moramos nesta cidade paseamos ou vivimos en rúas e prazas que levan o nome dunha persoa da que descoñecemos quen é e que foi ou que fixo para que o Concello se dignara conceder-lle que un dos espazos públicos da nosa cidade leve o seu nome.

Até non hai moito tempo as nosas rúas e prazas levaban nomes de fascistas que en moitos casos o seu mérito era o de asesinar a súa propia veciñanza para defender os privilexios burgueses e as ideas do fundamentalismo católico, antidemocrático, contra a liberdade, machista, ...

En Esteiro, unha das súas rúas, por iniciativa veciñal, iniciativa que tamén ten unha pequena historia, leva o nome dunha persoa digna, o ferrolán Victor López Seoane, un naturalista de finais do século XIX, do cal imos ter a oportunidade de coñecer a súa obra e vida, pola iniciativa da Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga" en colaboración coas alumnas e alumnos dos institutos IES Sofía Casanova e IES Saturnino Montojo, Universidade e Concello, que fixeron posíbel o que se chama "Proxecto Naturalista López Seoane" do cal se inaugurará a exposición o vindeiro 4 de Xuño, ás 7 da Tarde no Vicerreitorado de Esteiro e media hora máis tarde haberá unha conferencia de Xosé Antón Fraga, Director dos Museos Científicos da Coruña na Aula Magna de Humanidades.

O presidente da asociación veciñal, X. Miguel López, achega-nos unha imaxe de mostra da exposición, unha moi boa e interesante fotografía [que por razóns de espazo non podemos amosar con toda a súa resolución]

[Clicar acima da imaxe para ampliar]

A asociación veciñal convida á veciñanza a coñecer e gozar do traballo colectivo que é o "Proxecto Naturalista López Seoane" e participar nos actos e conferencias que se van realizar.

Baseado na información enviada pola:
Asociación Veciñal Fontelonga
-avvfontelonga@mundo-r.com-
29 de maio de 2009 19:28


ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Web veciñal
Blog veciñal

______________

Enlaces relacionados:
_________________

venres, maio 29, 2009

A Gripe "A" ou Gripe "Porcina": un operativo psicosocial de dimensión global


Esta gripe dos chanchos non é máis que un operativo psicosocial de dimensión global que cumpre dous obxectivos: o desmedido afán de lucro dalgúns e a estupidificación masiva dos desinformados.

PANDEMIA DE LUCRO

Que intereses económicos móvense detrás da gripe porcina?

No mundo, cada ano morren dous millóns de persoas vítimas da malaria, que se podería previr cun mosquitero.

E os noticieros non din nada disto.

No mundo, cada ano morren dous millóns de nenos e nenas de diarrea, que se podería curar cun soro oral de 25 céntimos.

E os noticieros non din nada disto.

Sarampelo, pneumonía, enfermidades curables con vacinas baratas, provocan a morte de dez millóns de persoas no mundo cada ano.

E os noticieros non informan nada?

Pero fai uns anos, cando apareceu a famosa gripe aviaria?

Os informativos mundiais alagáronse de noticias? chorros de tinta, sinais de alarma?

¡Unha epidemia, a máis perigosa de todas!... ¡Unha pandemia!

Só se falaba da terrorífica enfermidade dos polos.

E con todo, a gripe aviaria só provocou a morte de 250 persoas en todo o mundo. 250 mortos durante 10 anos, o que dá unha media de 25 vítimas por ano.

A gripe común mata medio millón de persoas cada ano no mundo.
Medio millón contra 25.

Un momento, un momento. Entón, por que se armou tanto escándalo coa gripe dos polos?

Porque atrás deses polos había un "galo", un galo de espuela grande.
A farmacéutica transnacional Roche co seu famoso Tamiflú vendeu millóns de doses aos países asiáticos.

Aíndaque o Tamiflú é de dubidosa eficacia, o goberno británico comprou 14 millóns de doses para previr á súa poboación. O mesmo fixeron gobernos de todo o mundo.

Coa gripe dos polos, Roche e Relenza, as dúas grandes empresas farmaceúticas que venden os antivirais, obtiveron miles de millóns de dólares de ganancias.
  • Antes cos polos e agora cos porcos.
  • Si, agora comezou a sicosis da gripe porcina. E todos os noticieros do mundo só falan disto?
  • Xa non se di nada da crise económica nin dos torturados en Guantánamo?
  • Só a gripe porcina, a gripe dos porcos?
  • E eu pregúntome: se atrás dos polos había un "galo"? atrás dos cerditos?
  • Non haberá un "gran porco"?
  • Miremos o que di un executivo dos laboratorios Roche?
  • ROCHE A nós preocúpanos moito esta epidemia, tanto dor? por iso, pomos á venda o milagroso Tamiflú.
  • E a canto venden o "milagroso" Tamiflú?
  • Bo, vexamos? 50 € a caixiña.
  • 50 dólares esa caixiña de pastillas?
  • Comprenda, señora, que? os milagres páganse caros.
  • O que comprendo é que esas empresas sacan boa tallada da dor allea?
A empresa norteamericana Gilead Sciences ten patentado o Tamiflú. O principal accionista desta empresa é nada menos que un personaxe sinistro, Donald Rumsfeld, o que foi secretario de defensa de George Bush, artífice da guerra contra Iraq ...

Os accionistas das farmaceúticas Roche e Relenza están fregándose as mans, están felices polas súas vendas novamente millonarias co dubidoso Tamiflú. A verdadeira pandemia é o lucro, as enormes ganancias destes mercenarios da saúde.

Non negamos as necesarias medidas de precaución que están tomando os países.

Pero se a gripe porcina é unha pandemia tan terrible como anuncian os medios de comunicación, Se á Organización Mundial da Saúde preocúpalle tanto esta enfermidade, por que non a declara como un problema de saúde pública mundial e autoriza a fabricación de medicamentos xenéricos para combatela?
Prescindir das patentes de Roche e Relenza e distribuír medicamentos xenéricos gratuítos a todos os países, especialmente os pobres. Esa sería a mellor solución.

ESTE ESCRITO É UNHA VACINA PARA QUE TOD@S COÑEZAN A REALIDADE DESTA "PANDEMIA".

29 de Maio de 2009

Fonte: Anónima
_________________

xoves, maio 28, 2009

Xoves día 4 de xuño: Exposición e Conferencia sobre o Naturalista López Seoane, en Esteiro

Inauguración da exposición sobre o Naturalista López Seoane o vindeiro xoves día 4 de xuño ás 19 horas no Vicerrectorado da Universidade en Esteiro. A dita inauguración asistirá o Vicerrector da Universidade, D. Luís Barral Losada, a Concelleira de Cultura, Dona Mercedes Carbajales, o Concelleiro de Participación Cidadá, D. Manuel Santiago e o Director dos Museos Científicos da Coruña, D. Xoán Antón Fraga, que posteriormente impartirá unha conferencia sobre o Naturalista López Seoane ás 19:30 na Aula Magna da Facultade de Humanidades en Esteiro.

[Clicar acima da imaxe para ampliar]

Enviado por:
Xosé Miguel López Pérez, presidente da
Asociacion Veciñal Fontelonga
-avvfontelonga@mundo-r.com-
28 de maio de 2009 17:25


ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Web veciñal
Blog veciñal

__________________

Enlaces relacionados:
_________________