domingo, xuño 10, 2012

Reganosa ilegal: Diante do Concello de Ferrol celebrouse unha Asemblea Cidadá Aberta, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol - Galería de Fotos


Este sábado 9 de xuño de 2012, diante do Concello de Ferrol celebrouse unha Asemblea Cidadá Aberta, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, para facer pública a satisfacción pola Sentenza do Tribunal Supremo que confirma outra do TSXG do ano 2008, declarando ilegal a Modificación do PXOM do Concello de Mugardos que permitiu a construción da Planta de Gas de Reganosa sen Declaración de Impacto Ambiental.

O Coordinador do CCE, Manuel Rodríguez Carballeira, manifestou na súa intervención que este fallo xudicial danos a razón nesta loita, emprendida hai 11 anos, e tivo verbas de agradecemento a cantos colaboraron e colaboran en facer valer a legalidade. Que os promotores de Reganosa falan pola boca do Alcalde de Mugardos dicindo “que se vai resolver en 15 días” as ilegalidades en 11 anos acumuladas. Porque Reganosa levantouse nun cúmulo de ilegalidades, desde o ano 1999, co recheo ilegal de 125.000 m2 en Forestal do Atlántico, a extracción de 200.000 m3 de áridos arruinando a riqueza dos bancos marisqueiros da zona.

As maquinacións do Grupo Tojeiro e do Presidente Fraga trocaron a localización inicial no Porto Exterior polo emprazamento en Punta Promontorio, tan só, para favorecer a operación especulativa que reportou ao Grupo Tojeiro un beneficio de 5.000 millóns de pesetas. Esta foi a única razón da ubicación no interior da nosa Ría de 150.000 Tm de gas, ao pe das casas de Mugardos, a 800 m. do Arsenal e a pouco máis dun quilómetro da cidade de Ferrol.

Unha Planta que está acelerando a destrución da Ría, utilizando a diario 300.000 Tm de auga de mar que esteriliza nun proceso de regasificación, que non constaba na autorización inicial pero que resulta máis barato para os promotores.

Unha Planta deficitaria que traballa por baixo do 40 % da súa capacidade de produción, e que nos custa máis de 58 millóns de euros anuais a toda a cidadanía e que forma parte das periódicas subidas nos nosos recibos de gas e electricidade.

Unha planta que forma parte da burbulla enerxética, similar á burbulla do ladrillo e que pon en perigo a vida das persoas polo beneficio económico duns poucos.

As deficiencias e as ilegalidades de Reganosa son totalmente insubsanables, e por iso, o CCE, a través dos seus asesores xurídicos, vai exixir a execución da Sentenza.

Vai pedir a anulación das decisións administrativas baseadas nestas decisións ilegais: Licencia de construción, Licencia de funcionamento, etc.

Os que non teñen escrúpulos de poñer en risco a vida da xente van seguir coas súas manobras dilatorias, por tanto, é preciso continuar e incrementar a presión e a mobilización social para exixir canto antes a execución desta Sentenza.

Anunciou as seguintes convocatorias:
  • Para o vindeiro mércores 13 de xuño nova Rolda de Prensa, coa participación dos Asesores Xurídicos e a representación do conxunto de Entidades Cidadás.
  • Para o venres 20 de xullo, a celebración da VI Marcha a Pé Ferrol – Mugardos, co lema: “Planta de Gas fóra da Ría. Reganosa ilegal, cese da súa actividade”.
Rematou a súa intervención dicindo: “Esta batalla continúa e ímola a gañar”.

Destacar das seguintes intervencións de integrantes do CCE:

Lupe Ces dixo que o CCE ten que ir pensando en reconverter as instalacións de Reganosa en algo útil para a cidadanía, deixando de ser unha ameaza para converterse en algo positivo, respectando os escasos postos de traballo. Fixo mención aos compañeiros nesta loita – Carmelo Teixeiro, José Gabeiras, Santiago Torrente, Tino Deibe - que hoxe xa non están entre nós.

Rafael Pillado manifestou que este acto é o inicio da celebración dunha sentenza histórica, que algúns consideraban que nunca se produciría. Formulou a necesidade de incrementar a participación, e co o esforzo de todas e todos, darlle a Asemblea Cidadá e á Marcha a Mugardos unha gran dimensión para facer posible a execución da sentenza.

Luz Mariña Torrente: Amosou a satisfacción da Asociación Veciñal de Mehá por esta sentenza e criticou a actitude do Presidente da Xunta e do Alcalde de Mugardos que seguen a “tachar de defecto ou erro o que é unha corrupción”.

Confirmou que desde o CCE e desde a A. V. de Mehá “seguirán loitando para que esta sentenza non caia en saco roto”.


Documentos:

RECURSO CASACIÓN Num.: 451212008 SENTENZA TRIBUNAL SUPREMO | SALA DO CONTENCIOSO·ADMINISTRATIVO SECCIÓN: QUINTA 11.05.2012

T.S.X.GALICIA A CORUÑA SENTENZA: 00311/2008 - COH/AD SEC.2 22.04.2008

--
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
9 de junho de 2012 19:07

Intervencións e fotos da Asemblea Cidadá de hoxe

_______________

Agora debemos lembrar tamén aos mariscadores represaliados e xulgados nesta desigual loita contra o despropósito de Reganosa, reivindicando unha vez máis a súa absolución

A nosa lembranza dos mariscadores represaliados e xulgados por mor das protestas pola entrada de gaseiros cargados con GNL/LNG na Ría para Reganosa. En concreto oito mariscadores foron procesados e xulgados (Marzo 2012)  por bloquear a planta de gas en 2007 - Pedían varios anos de cárcere por supostas coacciones e desobediencia, cando o que realmente aconteceu foi unha reacción cidadá e xusta ante un “disparate” da Administración.

Os mariscadores foron represaliados e xulgados, por defender a Ría, a nosa seguridade e os postos de traballo deles e do resto da xente do mar que faenan dentro da nosa Ría. As persoas que bloquearon a Ría non foron eses oito mariscadores, senón que fomos 100 no mar e máis de 500 en terra, as que secundaron o chamado do Comité Cidadán para impedir que se consumara o despropósito, pola vía dos feitos e a indiferenza das autoridades e políticos, cando non complicidade manifesta coa corrupción e o atropelo á cidadanía, por permitir a construción dunha planta de gas dentro da Ría, tan próxima aos núcleos de poboación e mesmo á beira dun complexo petroquímico xa de por si moi perigoso, aumentando aínda moito máis o potencial perigo e o deterioro da Ría para o seu goce e as faenas de pesca e marisqueo.


Enlaces relacionados:
Ártabra 21: Asemblea aberta na praza do Concello de Ferrol, do Comité Cidadán de Emerxencia, por mor da Sentenza do Tribunal Supremo que ven confirmar a anulación da modificación do PXOM de Mugardos que permitiu a construción de Reganosa sen Declaración de Impacto Ambienta - Sábado 9 de Xuño de 2012 - Vídeos e Fotos

Ártabra 21: Rolda de Prensa sobre a Sentenza do Tribunal Supremo que ven confirmar a anulación da modificación do PXOM de Mugardos que permitiu a construción de Reganosa sen Declaración de Impacto Ambiental - Fotos e Vídeo - Nota de Prensa, Audios e Fotos remitidas polo Comité
__________________

Unha indignación que se fai extensiva aos intentos de concertación sindical e de repetición das estratexias de pacto social, pola súa inutilidade e o seu papel desmobilizador fronte aos ataques antiobreiros, liquidadores e privatizadores deste goberno da oligarquía - Proclama comunista en apoio das traballadoras e traballadores do naval da Ría de Ferrol


OS COMUNISTAS COS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DO NAVAL EN LOITA

Pálpase indignación, pero indignación de clase, indignación obreira. Ese é o estado de ánimo do proletariado da bisbarra, nomeadamente dos operarios do sector naval, manifestada na crítica, denuncia e rexeitamento da pasividade das direccións sindicais pactistas, fronte á xestión comercial inoperante da SEPI e a negativa do goberno e da maioría parlamentaria do PP á infraestrutura do dique flotante e da súa indiferenza indolente e paternalista ante a sorte dos traballadores das empresas auxiliares, que veñen padecendo a lacra da subcontratación, da precariedade e da temporalidade, froito da política de pacto social e de entreguismo sindical levado a cabo durante as últimas décadas.

Unha indignación que se fai extensiva aos intentos de concertación sindical e de repetición das estratexias de pacto social, pola súa inutilidade e o seu papel desmobilizador fronte aos ataques antiobreiros, liquidadores e privatizadores deste goberno da oligarquía.

Hoxe as traballadoras e traballadores das auxiliares son as primeiras vítimas da falta de carga de traballo, situación que tarde ou cedo acabará por afectar tamén aos traballadores da principal. Por iso cómpre respostar con unidade de clase e non con división e pasividade. Hai que respostar ás políticas antiobreiras do mesmo xeito que o están a facer os mineiros e os traballadores do trasporte en folga indefinida polos seus dereitos. A resposta ten que ser a FOLGA XERAL, a RESISTENCIA CONTINUADA e o CONTRAATAQUE.

A inocente ou máis ben necia intención do reformismo político e tamén sindical de tratar de endereitar a crise do sistema, dentro do corrompido marco político e institucional que padecemos, xa non se sostén. Para o caduco sistema capitalista non hai outra saída que non pase pola superexplotación xeneralizada, pola negación dos dereitos políticos e sociais para as masas traballadoras, incluíndo tamén a represión, a guerra ou o fascismo, chegado o caso.

Porque nin se erguerán vetos sobre a antiga Astano, nin se impulsará a construción naval, nin se creará emprego neste e noutros sectores produtivos, se non se supera o esgotado e senil modo de produción capitalista, se non se derroca este goberno e con el se leva ao réxime monárquico á crise política, se antes non saímos do cárcere dos depredadores imperialistas que é a UE, o sistema monetario e a OTAN. Non se acadarán conquistas, nin das reivindicacións inmediatas, se o proletariado e os traballadores e traballadoras do capitalismo do século XXI en crise non loitamos como os nosos antergos, con combatividade, resolución e conciencia de clase, poñendo a ollada no mundo que temos que gañar, que non é senón o SOCIALISMO, pois do capitalismo pouco máis xa temos que perder.

Para iso a clase obreira ha de pór a punto as súas ferramentas de combate: a participación e a acción sindical e política pola base, coa asemblea como instrumento de debate, decisión e mobilización, ou como no caso concreto do naval mediante unha coordinadora obreira das empresas auxiliares, así como un comité de folga unitario e democrático que dea resposta aos intereses da maioría traballadora. Animamos aos traballadores e traballadoras avanzados, sindicados ou non sindicados, a xestar unha fronte militante unitaria para a intervención no conxunto do movemento obreiro e sindical, sobre a base dos Comités de Unidade Obreira (CUO), co obxectivo de impulsar a efectiva unidade de clase e orientar a loita de clases do proletariado a obxectivos revolucionarios e de quebra do sistema.

Queremos aproveitar esta folla para manifestar o noso apoio á Xornada de Loita convocada na nosa comarca para o día 28 de xuño e chamamos á clase traballadora da comarca e a todas as centrais, sindicatos e colectivos de traballadores/as a erguer a imprescindíbel UNIDADE DE CLASE que faga posible unha folga xeral unitaria e masiva.

UNIDADE, RESISTENCIA, CONTRAATAQUE!
FORXA! COLECTIVO MARXISTA LENINISTA
PCPE-COMUNISTAS DA GALIZA

Enviado por:
FranciscoXavier.Iglesias.Mouriz@sergas.es
-FranciscoXavier.Iglesias.Mouriz@sergas.es-
9 de junho de 2012 21:31

______________

sábado, xuño 09, 2012

Asemblea aberta na praza do Concello de Ferrol, do Comité Cidadán de Emerxencia, por mor da Sentenza do Tribunal Supremo que ven confirmar a anulación da modificación do PXOM de Mugardos que permitiu a construción de Reganosa sen Declaración de Impacto Ambienta - Sábado 9 de Xuño de 2012 - Vídeos e Fotos


Asemblea aberta do "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol" na Praza do Concello, sobre a Sentenza do Tribunal Supremo que ven confirmar a anulación da modificación do PXOM de Mugardos que permitiu a construción de Reganosa sen Declaración de Impacto Ambiental | Sábado 9 de Xuño de 2012.

Intervencións de Lalán, Lupe, Pillado e Luz Mariña. A lista de vídeos que publicamos está feita cun telefono móvil, polo que son de pouca calidade.


http://www.youtube.com/playlist?list=PLC01D78271B2B9DDF

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

Fotos: Susete'70.
_______________

venres, xuño 08, 2012

A privatización da sanidade pública. Qué significa? ... por Edmundo Fayanás Escuer


Dentro da política de recortes que está sufrindo o noso sistema de protección social, un dos máis significativos é o da sanidade pública. Debemos ser conscientes de que isto é totalmente evitable se aplicásemos unha política económica distinta do neoliberalismo.

Dinnos que esta política económica é a única posible, e en consecuencia, que debemos aceptala con resignación cristiá. Os que afirman isto, só fan política ideolóxica de dereitas, onde a única finalidade é preservar e aumentar os beneficios dos ricos, subtraéndoos da inmensa maioría dos cidadáns.

Que significa a privatización sanitaria?
O primeiro  argumento utilizado, é que se gasta moito na sanidade pública, cun custo que a nosa economía non pode soportar. Isto é mentira como veremos posteriormente.

Debemos saber, que o noso país é un dos países da Unión Europea dos 15 que gasta menos por habitante en sanidade. O seu custo é de 1.673 euros anuais fronte aos 2.103 euros da media europea. Só o 4,1 % da poboación adulta traballa no sector sanitario do noso país, un dos máis baixos, pois na UE-15 (países de desenvolvemento  parecido ao noso) é do 6,6%.

Nos últimos dez anos, o crecemento  sanitario foi do 2,7%, mentres que nos países da OCDE foi do 4,1%. Como di Vicenc Navarro “gran parte do crecemento sanitario en España foi no sector privado. España é un dos países nos que a poboación paga máis por servizos  sanitarios privados, e iso é consecuencia do subdesenvolvemento do sector sanitario público”. A solución pasa inevitablemente non por recortar en sanidade  pública, senón en investir  máis. Si impóñennos Europa, reclamemos ser europeos non só nos recortes, senón que queremos selo coas mesmas prestacións sociais.

O gran problema non é o gasto do Estado senón a falta de ingresos. No ano 2007, os ingresos do Estado español era do 41.1 % do seu PIB e a dos países da zona euro era do 45,5% do PIB. No ano 2011, os ingresos do Estado español baixa ao 34,5% do seu PIB, mentres que os da eurozona é do 44,4 % do seu PIB. Este é o problema, un problema de fiscalidad , onde os ricos néganse a pagar o que deben en función da súa riqueza económica.

É a sanidade privada máis barata e eficiente?
Desde fai anos, escoitamos á neoliberal Esperanza Aguirre, que hai que privatizar a sanidade pública, porque a privada é moito máis barata e eficiente. Que mellor que utilizar os datos, que aparecen nos orzamentos da Comunidade de Madrid, presidida por ela  mesma, para que non se me acuse de manipulador e podamos responder a este mantra neoliberal da Sra. Aguirre.

No ano 2010, a comunidade de Madrid tiña o presuposto /cama/ ano nos seus centros públicos en 277.375 euros, fronte aos 434.686 euros dos seus concertos cos hospitais de xestión  privada ou semiprivada. No ano 2011, o orzamento /cama/ano nos centros públicos foi de 307.187 euros, fronte aos 485.970 euros dos privados ou semiprivados, é dicir , un 58,2% máis cara a cama no sistema privado que no público onde está a eficiencia económica Sra. Aguirre? Por que sistematicamente nos minte. Estes datos están nos seus orzamentos, míreos e rectifique.

Vexamos outros datos. A Comunidade de Madrid concerta camas coa multinacional sanitaria sueca Capio nos seus distintos hospitais por 535.000 euros ou por exemplo  paga por unha cama na Fundación Jiménez Díaz por 675.000 euros. Que ten que dicir a Sra. Aguirre a estes  datos extraídos dos seus orzamentos? A pesar do escándalo destes  datos, nos orzamentos de 2011 incrementáronse os fondos destinados á sanidade privada nun 30%, mentres que os recortes na sanidade pública madrileña supuxeron un 9%.

Seguindo o modelo de xestión  semiprivada da sanidade, a Comunidade de Madrid abriu sete hospitais con criterios de xestión  semiprivada. O seu custo de construción  estaba presupostado en 701 millóns de euros. Con todo, a xestión semiprivada, cando se termine de pagalos resultará o seu custo nuns  5.000 millóns de euros, é dicir  cun encarecemento de máis de 700%. É isto unha xestión eficiente ou un saqueo?

En Navarra, a Cámara de Comptos  cuestionou os custos dos concertos coa Clínica Universitaria (OPUS DEI) e outros privados, ao consideralos excesivamente altos.
O modelo neoliberal, polo que se rexe Esperanza Aguirre, é o sistema sanitario norteamericano. Estados Unidos ten un gasto sanitario o máis elevado da OCDE, chegando ao 17% do seu PIB, sendo o reino do negocio das empresas privadas sanitarias. O 20% da poboación norteamericana non ten ningunha cobertura sanitaria e o resto con moi  escasas coberturas, por suposto moi lonxe das que dá calquera sistema sanitario público europeo. O seu sistema sanitario é pésimo, salvo en catro  hospitais de renome . As súas empresas sanitarias e farmacéuticas son as raíñas do beneficio en Wall  Street, onde o que importa é o beneficio e nunca a persoa.

O gasto sanitario español rolda entre o 9-9,5% do PIB e o do eurogrupo sobre o 12% con potentes sistemas públicos e amplas coberturas, atendendo ao cento por cento da poboación, cousa que non fai o sistema norteamericano. En calquera  avaliación obxectiva non ten cor entre o sistema europeo sanitario e o ínfimo norteamericano.

Si se consegue impoñer o sistema privatizador de Esperanza Aguirre temos asegurado, que teremos moitas menos prestacións e as que ofrezan moito máis caras, o negocio é o negocio. Denunciouse, que no sistema privado realízanse moitísimas intervencións quirúrxicas innecesarias coa finalidade de obter  máis beneficios.

Resulta descarado que os sectores que apoian a redución do gasto público sanitario por insostenible, son os mesmos que piden fortes desgravacións fiscais para  os seus seguros sanitarios privados.

Outro modelo a analizar é o sistema sanitario holandés de xestión  por mutuas, que foi imposto pola dereita política. A cobertura sanitaria é universal e obrigatoria. O Estado fixa os límites dos servizos de saúde  esenciais. A súa xestión está en mans  de aseguradoras privadas que non poden rexeitar a ninguén, xa sexan doentes crónicos ou anciáns. O custo  a pagar polo asegurado é duns 170 euros mensuais. Abarca esta cobertura a atención dos médicos de familia, hospitais, especialistas e obstetras.

O obxectivo  da dereita política holandesa era que deixando a sanidade en mans  de entidades privadas, lograríase un mellor servizo sanitario, libre de regulacións  e sen listas de esperas, é dicir , aplicar as ideas neoliberales. Que sucede dez anos logo da súa implantación? A revista Saúde 2000, ao falar do sistema holandés cuantifica, que hai uns 150.000 holandeses sen seguro sanitario e máis de 320.000 son insolventes e non poden pagar devandito seguro, polo que xa son un 5% da poboación que en 2011 están sen cobertura sanitaria.

O outro  obxectivo era conseguir unha redución do gasto sanitario. Seguindo os datos da Central de Estatística, Holanda destinou a sanidade  o 14,8% do seu PIB no ano 2009, moi por encima da media europea e case un 60% máis que o noso país. Nos datos sanitarios de 2010 houbo un desviou de máis de 1.400 millóns de euros. En consecuencia, a partir de 2012, son reducidas as prestacións da cobertura básica. Vexamos algunhas consecuencias, en fisioterapia, as vinte primeiras sesións correrán a cargo do paciente. Haberá que pagar unha parte maior das medicinas e a prima de seguranza sanitaria sobe un 30% pasando de 170 euros a 210, é dicir  pagar máis para que che dean menos. 

Este é o modelo fracasado de sanidade  privada que nos quere impoñer o PP. Poderíanos explicar Esperanza Aguirre quen son os membros executivos da multinacional sanitaria sueca Capio que tantos beneficios obtén en Madrid? Sóalles os Lamela, Guemes e compañía, todos eles conselleiros de sanidade  nos gobernos de Esperanza Aguirre.

Xa podemos ver que é o modelo neoliberal sanitario, onde a calidade e eficiencia económica brila pola súa ausencia, o que nos está a impoñer o Partido Popular. Privatización sanitaria significa un retroceso en prestacións, onde o benestar do home é substituído polo negocio. Hai uns dereitos humanos básicos, sanidade, educación, pensións…. Que nunca deben estar baixo a óptica privada, senón que deben ser uns bens exclusivamente públicos. Defendamos os dereitos públicos.

Edmundo Fayanás Escuer é Licenciado e Profesor de Historia e redactor de El Inconformista Digital

Fonte: Rebelión

Rebelión publicou este artigo  co permiso do autor mediante unha licenza de Creative  Commons, respectando a súa liberdade para publicalo noutras  fontes.


Manifesto contra a Lei Orgánica de Saúde sexual, reprodutiva e de interrupción voluntaria do embarazo


Ante o anuncio por parte do Goberno de reformar a actual Lei orgánica 2/2010 de Saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo, as organizacións de mulleres abaixo asinantes MANIFESTAMOS:

- A nosa total indignación ante o retroceso no recoñecemento dos dereitos sexuais i reprodutivos das mulleres que suporía a posible reforma da lei.

- A nosa absoluta negativa a aceptar un recorte na liberdade e autonomía das mulleres en relación á súa sexualidade e a decidir sobre a súa maternidade. Se non podemos decidir non somos libres.

- O noso desacordo co fondo argumental -retrógrado, manipulador e ideolóxico- polo que se quere levar a termo a reforma.

- A nosa repulsa porque a vulneración dos dereitos das mulleres convértase no selo ideolóxico da dereita.

Por todo iso:

DENUNCIAMOS que a perda de dereitos en saúde sexual e reprodutiva exporía a un maior risco a saúde e a propia vida das mulleres. AFIRMAMOS, pola contra, que o goberno está obrigado, de acordo á normativa europea e internacional, a referendar a protección e seguridade xurídica en materia de dereitos sexuais e reprodutivos.

DENUNCIAMOS Que “violencia de xénero estrutural” é a coacción e a limitación no uso das liberdades individuais. AFIRMAMOS, pola contra, a inquebrantable vontade das mulleres a vivir unha vida libre de Violencia e de coaccións.

DENUNCIAMOS que o recorte nas liberdades das mulleres sexa debido á presión da xerarquía eclesiástica e grupos ultraconservadores. AFIRMAMOS, pola contra, a necesidade dunha sociedade laica e democrática libre de imposicións relixiosas.

DENUNCIAMOS a lamentable argumentación decimonónica que salienta como único dereito da muller o da maternidade sen libre elección. AFIRMAMOS, pola contra, o noso dereito a decidir sobre os nosos corpos e as nosas vidas e non de acordo a un prototipo de feminidade que discrimina ás mulleres.

DENUNCIAMOS a arbitrariedade no manexo e uso do concepto “dereitos” e que a aceptación dos dereitos humanos das mulleres é incompatible coa súa regulación no código penal. AFIRMAMOS, pola contra, que onde hai ?dereitos? non hai ?supostos? e que o exercicio dun dereito non é punible.

DENUNCIAMOS que a negación dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres leva o retroceso en cuestións tan básicas como a educación sexual ou a mellora no acceso á anticoncepción, incluída a de urxencia. AFIRMAMOS, pola contra, que Si hai dereitos específicos da mulleres en saúde sexual e reprodutiva e debe haber, xa que logo, dereito a prestacións específicas na carteira nacional básica de servizos sanitarios.


Coordinadora de Organizaciones Feministas de Zaragoza
Federación de Planificación Familiar de España
Federación de Mujeres Jóvenes
Federación de Asistencia a Mujeres Violadas CAVAS
Asociación en Defensa de la Sanidad Pública ADSP
Federacióm de Mujeres Arena y Laurisilva
Federación de Asociaciónes de Mujeres Separadas y Divorciadas
Dones en Xarxa
FADEMUR Mujeres Rurales
Federación de Asoc Madres Solteras
Federación Mujeres Progresistas (FMP)
Federación María Laffitte
Fundación Mujeres
Asociación de Mujeres Juristas THEMIS
UGT-Secretaria Confederal Mujer
CCOO- Secretaria Confederal de la Mujer
UNAF
COGAM
Mujeres en Red
Plataforma Andaluza de Apoyo al Lobby Europeo de Mujeres.
Plataforma Catalana de Suport al Lobby Europeu de Dones
Eleusis
Enclave Feminista
ACAI
ACIAB Red Mujeres Latinoamericana y Caribe /España
AMES . Asociación de Mujeres por un Envejecimiento Saludable
Asociación Mujeres Solidaridad y Cooperación
Asociación Mujeres OPAÑEL
Asociación de Mujeres Progresistas de Tenerife
Asociación de Mujeres Vecinales
Asociación de Derechos Humanos de las Mujeres- DEHMUME.
Católicas por derecho a decidir
Ciudad de Mujeres
Centro Cultural de la Mujer
Plataforma Violencia Cero / Malaga
Grupo de Mujeres de Vallecas
UTO-UGT DE LA ONCE EN ARAGÓN
Asociación Planificación Familiar de Madrid  APFM
AMALTEA
AMPI de Alcobendas
Asoc.San Martín de Porres
Asociación Agora Fuenlabrada S XXI
Asociación de Mujeres “Puntos Subversivos”
Asociación de Mujeres Fasnieras AFAM
Asociación de Mujeres Gara
Asociación de Mujéres Jóvenes Ágora Violeta
Asociación de Mujeres PANDORA
Asociación Eleanor Roosevelt
Asociación Mararía
Asociación Musabem
Asociación para el Desarrollo Integral de las Mujeres MERCEDES
MACHADO
Asociación para la Defensa de la Imagen Publica de la Mujer
Asociación Sabina
Asociación Social y Cultural para las Mujeres Mararía
Asociación Solidaridad con Madres Solteras/ Canarias
Plataforma de Mujeres en la Diversidad de la CM
Red Ecofeminista
Red Feminista de Hombres y Mujeres Castilla La Mancha
Red de Salud de las Mujeres Latinoamericanas y el Caribe, RSMLAC
Fundación AMFE
Dator Medica
Clinica El Bosque
CRECUL Comité de culturas lesbiana
Concejalas79
Fundación AMFE
Fundación Mujeres
Grupo de Mujeres de Vallecas
Grupo Mujeres de Carabanchel
Integración de Pueblos y Culturas
Marea Violeta / Malaga
Mas mujer + igualdad
Mujeres de Centro
Mujeres Fuenlabrada
Mujeres para la Salud
Mujeres Safo
Nosotras mismas Chamberí
Otro Tiempo
SEDOAC (Servicio Doméstico Activo)
SOMOS LGTB+ Aragon
Asociación de Mujeres Nerea
Fademur-Aragón
Aramur
Asociación Foro De Mujeres Progresistas De Ejea
Asociación La Estanca El Gancho
Asociación De Mujeres La Val
Astarteia
Asociación  8 De Abril
Asociación La Verde Doncella
Foro De Mujeres Progresistas La Vicora
Asociación Cultural De Mujeres Santa Agueda
Asociación De Mujeres La Corona
Asociación De Mujeres La Fragua
Asociación De Mujeres El Cuco
Asociación De Mujeres El Arco
Asociación De Mujeres Juana Jimenez
Asociación De Mujeres Virgen Del Alba
Asociación La Milagrosa
Asociación De Mujeres La Carra
Asociación De Mujeres Virgen De Los Navarros
Asociación De Mujeres Camino Real
Asociación Las Fozinas
Asociación De Mujeres El Poyo Del Cid
Asociación De Mujeres Virgen Del Carmen
Asociación De Mujeres La Corona
Asociación De Mujeres San Blas
Asocicion De Mujeres La Bardena Negra
Mujeres Progresistas De Cariñena Pilar Pitarh
Asociación Circulo de Opinión Juan Sancho
Clínica La Almozara
Aa.Vv Cerro De Los Molinos
Aa.Vv Chasa
Aa.Vv Las Eras-La Fuente
AMPI Fuenlabrada
Asoc. Mujeres Creativas Rosa Montero
Asoc.Trece Rosas
Asoc. Mujeres Jovenes Pandora
Asoc. Sophias
CEMF
CODIF
COMDI
Creciendo Juntas
Aa. Vv.Fuensur
Germinal
Grupo De Apoyo A Familias Monoparentales
Mirando Al  Futuro
Mujeres Parque Miraflores
Secretaria De Mujer De Iu Fuenlabrada
Victorias
Asoc. Matices
Aa.Vv Provincias


XII Sesión Vermú para fechar a programación de Rádio FilispiM, por este curso 2011/1012

O vindeiro sábado 16 de xunho de 2012 na Traseira do Mercado de Caranza-Ferrol decorrerá a XII Sesión Vermú para fechar a programación de Rádio FilispiM, por este curso 2011/1012. A hora de comezo da Sesión Vermú está prevista para as 12:00 h. do mediodía e se prolongará até as 15:00 h.

Programa de radio en directo no 93.9 FM e vía streaming en: http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg, donde todos os programas de Rádio FilispiM avaliarán como ten sido este curso radifónico na libre e comunitaria de Trasancos que emite dende Ferrol.

Actuará o grupo folc da comarca ALÉN DE ANCOS -> http://www.reverbnation.com/alendeancos

Riquísimos pinchos filispinianos acompañados dun delicioso vermú.

Entrada de BALDE!

Colabora coa radio libre, mercando o material promo da Rádio FilispiM [chapas, camisolas...].

Máis info en: http://opaii.blogspot.com/

Sombras, ... Por Xosé María Dobarro Paz

Por Xosé María Dobarro [*]
08.06.2012


Na mañá de onte acudín á entrada do Teatro Jofre para escoitar a lectura do “Manifesto das Asociacións Culturais de Ferrol”, asinado por ducia e media delas, documento co que, unha vez escoitado e lido de vagar, coincido basicamente. Como desde hai moitos anos estou afastado do asociacionismo cultural ferrolán –no que a directivas se refire– ignoro as razóns polas que non asinaron o manifesto algunhas agrupacións. Se cadra hai máis, pero boto en falta o respaldo de “Toxos e froles”, “Sociedad Filarmónica Ferrolana”, “Sociedad Artística Ferrolana” e “Medulio”. Entendo que a cuarta non figura por carencia de vida e as tres primeiras por afinidade ideolóxica co goberno, ese que, na súa política do diálogo de ordeno, mando e fago saber, permite que “presuntamente” se saquen a labazadas dignos e educados usuarios das bibliotecas. Exceso de celo á marxe, quen ten a culpa de que poidan pasar estas cousas son os de arriba. Se non nos ensinan educación, se non sabemos comportarnos, pouco hai que facer. O señor Wert, o tesoiras da educación, que case parece un mago na arte do birlibirloque, anda coa supresión da educación para a cidadanía –a besta negra de toda a reacción ultracatólica– para sustituíla por outra materia que, dixo, non sexa “susceptible de adoutrinamento ideolóxico”. Será porque ese xa o poñen directamente eles, ou ¿que outra cousa son, senón, as materias de relixión? Todo apunta a que os nosos mandóns, tan “ilustrados” eles, non viron, nin polo forro, obras cumes da narrativa universal contemporánea, v.g., El siglo de las luces do excelso Carpentier. Élles así, ¿que lle imos facer?

Estribillando | Publicado en Diario de Ferrol | 08.06.2012

Dosier de Prensa da comparecencia ante os medios.

[*] Xosé María Dobarro Paz (Ferrol, 1950), é catedrático de Lingua e Literatura Galega na Universidade da Coruña.
--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
8 de junho de 2012 13:02

Artigo sobre o Manifesto das Asoc. Culturais de Ferrol

____________

Piden 5 anos de cadea para os sindicalistas da CIG Antolín Alcántara e Víctor García [Video]

O xuízo contra Antolín Alcántara e Víctor García constata a obsesión da Fiscalía por criminalizar os dirixentes da CIG.
A petición de cinco anos de cadea mantívose ao remate dun proceso penal quedou visto para sentenza despois de sete horas de sesión.
O xuízo celebrado o 7 de xuño de 2007 contra Antolín Alcántara e Víctor García constatou a obsesión do Ministerio Fiscal por conseguir a condena dos dous dirixentes da CIG que participaron na folga do Metal de 2007. O proceso penal no que están acusados de desordes públicos e danos pola ocupación do edificio da Xunta en Vigo quedou visto para sentenza tras máis de sete horas de sesión sen que a fiscal rebaixase a petición de cinco anos de cadea, a pesar de non quedar acreditada a súa responsabilidade.

Varios centos de persoas concentráronse dende primeira hora da mañá ás portas dos Xulgados vigueses para trasladarlles a súa solidariedade aos acusados. Alcántara, secretario confederal de Negociación Colectiva, e García, ex responsábel do Naval, accedían entre aplausos ás dependencias do Xulgado do Penal número 2 pasadas as 9.30 horas rodeados por un amplo despregue policial que impediu o acceso de parte dos concentrados/as ao interior das instalacións.

Sete horas despois, o xuízo quedaba visto para sentenza sen que a fiscal reducise a petición de cadea, que é de 2,6 anos para cada un deles por cada un dos dous delitos que se lles imputan, desordes públicos e danos, a pesar de que en ningún momento quedou constatada a súa participación nos feitos. Para a CIG isto demostra a “obsesión” do Ministerio Fiscal por criminalizar o movemento obreiro, en especial os dirixentes da CIG.

Pola sala desfilaron arredor de 20 testemuñas, entre policías, gardas xurados , ex responsábeis políticos e sindicalistas, e reproduciuse o contido das gravacións feitas polas cámaras de seguridade do edificio autonómico. En ningún momento quedou acreditada a participación dos acusados nin nos desordes públicos non nos danos que se lle imputan.

Neste senso expresouse o secretario comarcal da central nacionalista en Vigo. Serafín Otero incidiu en que “a actitude da Fiscalía supón un ataque ao sindicalismo e á democracia xa que quedou perfectamente evidenciado que non existe nada contra eles”, polo que se amosou convencido de que “se tiveran dignidade retirarían todos os cargos”.

O propio Antolín Alcántara explicou que “durante o xuízo quedou perfectamente claro que este proceso é unha persecución a dous sindicalistas; pretenden darlle un golpe de graza ao movemento obreiro nun momento tan duro para que non haxa contestación social”. Neste senso, asegurou que “comezaremos a crer nesta Xustiza se, no caso de ter que ir a prisión, nos acompañasen persoas como Rodrigo Rato ou o presidente do BBVA”.


Integrantes da mesa de negociación

Tanto Alcántara como García explicaron que se atopaban no edificio para participar na mesa de negociación do convenio coa patronal e que en ningún momento a intención dos manifestantes foi acceder ao edificio da Xunta. “Estabamos a piques de chegar a un acordo e estaba claro que non nos interesaba que tiveses escusas para botarse atrás”, indicaron. Atribuíron o sucedido a que un pequeno grupo perdeu a paciencia ao saber que a xuntanza non se ía celebrar porque un representante da patronal se atopaba atrapado co seu coche nun atasco.

O único que quedou acreditado durante o xuízo foi que a cuantificación dos desperfectos fíxose sen o máis mínimo rigor (non existen facturas das reparacións nin se desglosaron os conceptos que sumaban 30.000 euros), polo que a fiscalía non tivo máis remedio que rebaixar a petición de indemnización a 6.000 euros. Con todo, a letrada da Xunta non accedeu a modificar a súa petición.

Xunto a Alcántara e García sentábase no banco dos acusados un traballador do sector naval que tamén foi acusado pola Policía española de retirar unha bandeira española do edificio da Xunta e “tirar e queimar contenedores pola rúa”.

Mais informaciíon en: http://www.galizacig.com/

Onte 7 de Xuño o naval volveu saír á rúa - Fotos


As traballadoras e traballadores do naval da ría de Ferrol, volveron a mobilizar-se polo emprego. Case catromil na rúa, cortaron os accesos a Ferrol pola autopista desde o porto interior. Nos procesos asemblearios que tiveron lugar no interior dos estaleiros debateu-se sobre a necesaria unidade sindical e de clase para conseguir os obxectivos. o vindeiro domingo está convocada unha Manifestación Comarcal. Que partirá ás 12 do mediodía desde o Inferniño.

Fotos de Susete'70

Enviado por:
suso
-susopazos@yahoo.es-
7 de junho de 2012 13:42
_____

Fondo documental sobre Soberanía Alimentaria


Soberania Alimentaría.tv, é un fondo documental en temática de Soberania Alimentaria, loitas campesinas e conflictos no medio rural.

Acolle materiais de vídeo, de audio e de lectura e ofréceos todos eles sen ningún tipo de restrición para a súa libre descarga e difusión. Todos e cada un dos materiais dispoñibles foron cedidos desinteresadamente polos seus creadores e creadoras.

O obxectivo é xa que logo, constituír un fondo de referencia, que poida prover ás organizacións sociais e campesiñas dos materiais audiovisuais necesarios para levar a cabo as actividades de formación e sensibilización que planifiquen en temática de Soberanía Alimentaria.

Soberaniaalimentaria.tv é un proxecto conxunto do sindicato agrario vasco EHNE Bizkaia e a organización Bizilur, que conta co aval da Via Campesiña Internacional. As citadas organizacións non capitalizarán en ningún caso os materiais dispoñibles na web, soamente encargaranse da súa xestión e mantemento.

http://www.soberaniaalimentaria.tv/

Enviado por:
Paula
-pmeizoso@gmail.com-
8 de junho de 2012 10:49

http://trasancos.blogspot.com.es/
____________

Fuco Buxán valora a VII Asemblea Galega de Inmigración



Valoración da VII Asemblea Galega de Inmigración

O domingo 27 de Maio realizouse a VII Asemblea Galega de Inmigración e Emigración de Retorno.

Que buscabamos con esta Asemblea?

O endurecimiento das políticas migratorias, o recorte de dereitos, a crise económica, os diferentes discursos políticos, non fan máis que acentuar as desigualdades, e golpean máis directamente ás e os máis débiles.

Na historia das sociedades europeas, a desigualdade e a carencia dunha economía viable, foron o caldo de cultivo para impulsar o auxe da extrema dereita e manifestacións de índole fascista ou xenófobas, que lles botan a culpa aos inmigrantes de todas estas problemáticas .

No ano 2011, España preside a Unión Europea, e con ela a 4ta Reforma da Lei de Estranxeiría, que endurece aínda máis a xa existente. Controis policiais, identificacións arbitrarias, internamentos nos CIES, e o regulamento do DOGA de setembro /9 / 2012 e o do goberno Nacional, que deixa en réxime de exclusión aos inmigrantes irregulares. Por iso entendemos que as persoas migrantes estamos chamadas á construción dun mellor sistema social, a xogar un importante papel,a non converternos en simples espectadores ou convidados de pedra .

A Asemblea abre entón un espazo de reflexión e desenvolvimento de solucións comúns nun contexto de crise social, política e económica.

Con catro mesas de diálogo, de traballo, con catro temas específicos: Reparto de alimentos polos colectivos, restrición no acceso ao sistema sanitario, cambios na lesgislación de empregadas de fogar, e persecución policial .

Logo xuntámonos para transmitir os resultados do traballo, e ali coñecemos o de todas as mesas.

Foi unha xornada que comezou ás 10 da mañá, cunha acolleita de saúdos en distintos idiomas, un xantar onde a Casa Okupa de Coruña fíxonos unha paella e unha macedonia e onde compartimos tamén o que cada un levamos.

Terminamos cunha manifestación desde o CAMPO DE MARTE, PRAZA MARÍA PITA, ata o OBELISCO, onde se leu un manifesto.

Susana Alaníz
Área de Inmigración da A.C. Fuco Buxán
--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
8 de junho de 2012 00:19

_______________

En defensa dos nosos montes en defensa do noso agro - Este sábado e Domingo, 9 e 10 de Xuño, a cita é en Compostela - Manifestacións Nacionais por un agro vivo, racional e sustentábel - Na nosa Comarca tamén hai tres citas moi importantes: a defensa do Río Baa, a Asemblea Cidadá sobre Reganosa e a manifestación comarcal polo sector naval

Este fin de semana en Compostela van ter lugar dúas manifestacións nacionais en defensa do noso agro. Na nosa Comarca temos tamén varias citas moi importantes: a Segunda Andaina polo Río Baa, sobre as 10:45 horas, no Polígono Vilar do Colo, na defensa dun río ameazado, sobre todo pola presencia duns residuos tóxicos almacenados a intemperie; e ás 12 do mediodía unha Asemblea Aberta á Cidadanía para informar e debater sobre a última Sentenza do Tribunal Supremo sobre Reganosa que anula a modificación do PXOM, por carecer de Declaración de Impacto Ambiental que amparou a construción de Reganosa, desta vez na Praza do Concello de Ferrol, diante do Pazo Municipal. ADEGA tamén estará presente nestas dúas mobilizacións, polo medio ambiente, pola nosa seguridade e pola vida. E o domingo 10 de Maio a mobilización comarcal polo sector naval, ás 12 do mediodía desde o Inferniño.

9 de xuño, sábado - MANIFESTACIÓN POR UNHA LEI GALEGA DE MONTES MULTIFUNCIONAL E SUSTENTÁBEL

Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, convidámoste desde ADEGA, FRUGA, CIGA e ORGACCMM a acompañarnos na manifestación que terá lugar o sábado, día 9 de xuño ás 12h na estación do tren, en Santiago de Compostela "Por unha lei de montes de Galiza". SeÉ unha oportunidade para reivindicar un futuro para os nosos montes e contra a privatización, o monocultivo e a falta de políticas de prevención contra os lumes forestais que establece a nova lei de montes.

As nosas reivindicacións:
  • O recoñecemento dos montes comunais e dos seus dereitos.
  • A non privatización dos montes para intereses especulativos.
  • A non privatización da loita contra os lumes e a non derrogación da lei de prevención de incendios.
  • A non forestación das terras agrarias.
  • A non invasión do monte con cultivos enerxéticos.
  • Que o monte galego sexa multinfuncional e sostible.

Convoca: Organización Galega de Comunidades de Montes; Apoian: ADEGA, CIG, FRUGA (Alianza por un medio rural galego vivo).

BUSES DENDE LUGO: Desde Lugo (no caso de acadar un número mínimo de persoas), sairá un autobús de diante do edificio dos sindicatos, na ronda da muralla, ás 10 da mañá. É imprescindible apuntarse, chamando aos teléfonos 982.815678 ou 681.027859 (Lois). O prezo será de 5 euros, do resto do custe faranse cargo as organizacións convocantes.


10 de xuño, domingo - MANIFESTACIÓN CONTRA AS FUMIGACIÓNS EN COMPOSTELA

Únete ao enxamio que percorrerá Compostela este domingo 10 de xuño contra as fumigacións!

A Plataforma contra as fumigacións, da que fai parte ADEGA, vai defender un país sen pesticidas este domingo nas rúas de Compostela. As voces de abelleiros, labregos, ecoloxistas, e máis de 40 organizacións sociais de todo o país van crear un zunido imposible de calar! Agora non poderán borrar as nosas voces como fixeron con centos de protestas na súa páxina de Facebook.

 A Xunta de Galiza terá que escoitar o clamor en contra dunhas fumigacións que van contra o sentido común, contra as leis e o que é máis importante, contra o futuro da agricultura, dos ecosistemas e da saúde de milleiros de galegas e galegos que viven nas decenas de puntos que xa están marcados no mapa militar desta guerra contra a nosa soberanía alimentar e para maior gloria da auténtica praga: o eucalipto!

En Internet xa somos case 100.000 persoas a dicirlle NON ás fumigacións e SI á vida das abellas, vítimas na primeira liña deste ataque frontal contra a supervivencia da natureza da que nos alimentamos e da que somos parte intergrante. Agora xuntaremos milleiros de voces tamén nas rúas da capital de Galiza para deixarlles claro aos que poñen o diñeiro e asinan as autorizacións, que non imos permitilo e que coa comida e a auga que consumimos nós e os nosos fillos non se xoga. Co noso monte non se xoga! Nin unha pinga dese veleno na nosa auga, na nosa terra!

Xa o dicían os nosos vellos: se morren as abellas, morremos nós!

Máis información: local nacional (981 570099),  na nosa web: www.adega.info ou en Facebook

Máis información:

http://fumigacionsnon.org/


Enviado por:
ADEGA
-adega@adega.info-
8 de junho de 2012 00:06
ADEGA-Informa: vindeiros eventos e actividades
__________________

gzvideos STOP FUMIGACIÓNS TÓXICAS - Manifestación Nacional - 10/06/12 #fumigacionsNON


___________________________

Festival do Río Castro - 7 de Xullo de 2012



XIX FESTIVAL DO RÍO CASTRO EN NARAHÍO

O Castelo de Narahío - San Sadurniño

7 de Xullo às 12:00 até 8 de Julho às 03:00
   
Narahio

Pola mañá desde as 12:00 horas.
  • 12 da mañana chegada de merendas.
  • 15:30 xogos tradicionais para nenos e nenas ca Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional
  • 17:30 Tetro Ghazafelhos interpretando a obra "Non é País para Cabaleiros"
  • 18:30 Capionato de deporte Popular ,Tiro de corda, serrado de tronzador , chave.
Pola Noite a partir das 22:30 horas.
  • Escola de Música Tradicional do Concello de San Sadurniño
  • Habelas Haina.
  • Tanto Nos Ten.
  • Sacha na Horta
______________________

xoves, xuño 07, 2012

David Rodríguez: Palabras para a guerra en curso - Retomando a Palabra (Libro) - Descarga

David Rodríguez [*]

Palabras para a guerra en curso 

Entrevista a David Rodríguez en El País:
“De todas as tarefas que impón o neoliberalismo rampante, David Rodríguez (Vigo, 1975) escolleu a das palabras. O primeiro e decisivo campo de batalla. A linguaxe política, mais non a que enmascara o secuestro da democracia, senón aquela á que se refería Jacques Rancière en O tempo da igualdade. A dos guerreiros e os artesáns que, ao se apoderaren das palabras que non estaban destinadas a eles, crean un suxeito novo, o suxeito 'pobo'. Por aí quere ir Retomando a palabra (Estaleiro, 2012), unha escolma do blog que mantén na rede dende 2005 como O Funambulista Coxo. Oitenta artigos nunha caixa de ferramentas sen tornos nas portas nin grillóns na lingua. (…)”. Publicado o 30 Marzo 2012.

Fonte: axendaaelg.blogaliza.org


RETOMANDO A PALABRA
David Rodríguez
2012 |

Este Retomando a palabra. Das guerras culturais
ao crac financeiro pretende ser un máis de tantos esforzos dedicados a unha tarefa colectiva e urxente: a de rozar a linguaxe que nos dá acceso á realidade. Unha linguaxe que está a monte desde hai décadas. Na cal o boureo dos fentos e as xestas impiden escoitar o rumor das árbores. Unha linguaxe maltratada polas silvas da manipulación, da descontextualización e da subversión; e tan abandonada que os toxos da renuncia, do oportunismo e da desmemoria case
que a engolen de vez, e a nós con ela.

[*] David Rodríguez Rodríguez (Vigo, 1975) mantén o blogue http://ofunambulistacoxo.blogspot.com desde o ano 2005. É autor das obras de teatro radiofónico O Bambán e Nunca me esquecerei de ti (gañadora e finalista respectivamente do I e IV Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural). Escribiu o poemario Lapidarias. Os versos escuros e participou no libro colectivo Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural.

Pode-se descargar o libro en formato pdf.

Fonte: estaleiroeditora.blogaliza.org/
_______________

Campaña Stop Israel Nuclear - Un millóns de voces na ONU - Pode-se asinar a petición

Campaña Stop Israel Nuclear

UN MILLÓN DE VOCES NA ONU

(Pode-se asinar a petición)

Desde que en 1974 a ONU aprobara a Resolución 3263 (XXIX), instando o establecemento no Oriente Medio dunha zona libre de armamento nuclear e outras armas de destrución masiva, foron numerosas as ocasións en que as Nacións Unidas e outros organismos internacionais reiteraron o mesmo chamamento… e outras tantas as que fracasaron no seu propósito. A última, en 2010, cando a Conferencia de Revisión do Tratado de Non Proliferación Nuclear  (NPT) instou a convocatoria dunha conferencia en 2012 para pór en marcha o proceso e a iniciativa foi, mais unha vez, boicotada por Israel e os EUA.

A declaración do Oriente Medio como zona libre de armamento nuclear implicaría a adhesión de Israel ao TNP en calidade de estado non nuclear e a ubicación de todas as súas instalacións sob o control da Axencia Internacional de Enerxía Atómica (AIEA), ao igual que xa fixeron o resto dos estados da rexión.

Se  Israel abrise as súas instalacións ao escrutino dos inspectores da AIEA, o Consello de Seguranza da ONU (CS) podería coñecer a real envergadura do perigo que eses arsenais supostamente secretos representan e estaría obrigado a tomar as medidas necesarias para eliminar a ameaza que paira sobre a fráxil paz da zona.

No entanto nada é como debería. Coa súa insensata e interesada irresponsabilidade, o CS  deixa a Israel as mans libres para aumentar a súa potencia nuclear fora de calquera control, abstense de urxir o cumprimento das súas propias resolucións e revela a súa incapacidade para conxurar unha catástrofe de consecuencias facilmente previsíbeis.

Mais esta pasividade irresponsábel e os turbios intereses que a determinan non han de ser obstáculo que impida a cidadanía tomar nas súas mans a salvaguarda da paz e reclamar ao Consello de Seguranza, con voz plural e unánime, que tome as medidas precisas para obrigar Israel a abrir os seus arsenais ao escrutinio da AIEA.

Enlaza co Texto que se enviará á ONU.

Blogue da Campaña Stop Israel Nuclear:

 www.stopisraelnuclear.org


trabalho@bds-galiza.org
trabalhogz@stopisraelnuclear.org


Enlace de interese:

http://www.bds-galiza.org/


Enlaces relacionados:

ARMAS NUCLEARES | O FÍSICO NUCLEAR ISRAELÍ MORDECHAI VANUNU PASOU PRETO DE 20 ANOS NO CÁRCERE | O home que destapó o arsenal israelí | O recente cume nuclear estivo marcada por novas advertencias a Irán polos seus plans atómicos. Con todo, o arsenal nuclear israelí, segredo ata as denuncias de Vanunu, continúa sendo un tabú. [Ir a Diagonal]

Dobre rasero do Leviatán | Carlos Miguélez Monroy | Poucos días logo de comprar o seu sexto submarino nuclear alemán, Israel suaviza o seu discurso sobre un ataque preventivo contra Irán. Cada “arma do xuízo final” como se denomina a estes navíos custa 700 millóns de euros. [Ir a CSCAWEB]


Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
7 de junho de 2012 21:16
http://lupeces.blogspot.com/
_________

Rolda de Prensa onde se presentou o Manifesto das Asociacións Culturais de Ferrol ante a actitude despreciativa e de rexeitamento, mostrada polo Concelleiro de Cultura, Manuel-Reyes García Hurtado, co asociacionismo cultural de Ferrol


Hoxe, 7 de Xuño, pasadas as once e media da mañá unha numerosa representación de asociacións do mundo da cultura, comparecían ante os medios, para dar unha rolda de prensa, nos soportais do Teatro Jofre, onde se presentou un Manifesto das Asociacións Culturais de Ferrol. Guillermo Ferrández, foi a persoa que deu lectura ao manifesto unitario. Nunas declaracións posteriores no final do acto reiterou a súa idignación polo que está acontecendo no eido da cultura nesta cidade na que se multa a quen reivindica a figura de de Ricardo Carvalho Calero e policía municipal golpea a usuarios da biblioteca pública
.

Ante a actitude despreciativa e de rexeitamento, mostrada polo Concelleiro de Cultura, Manuel-Reyes García Hurtado, hacia as distintas asociacións culturais de Ferrol, concedendo entrevistas a horas intempestivas (7:00 e 8:00h) e mostrando, en ditas entrevistas, unha actitude nada dialogante, todo o contrario ao que debería ser nun cargo político elexido democráticamente pola cidadanía, as Asociacións Culturais de Ferrol, de tódolos ámbitos da cultura, vímonos obrigados a facer unha autoconvocato-ria de reunión, a que asistiron a case totalidade das asociacións locais, para tratar sobre este tema. En dita reunión, todos os presentes, coíncidiron no mesmo análisis.

É polo que nesa reunión, acordouse elaborar un Manifesto de repulsa da política cultural municipal e que sería sometido á corrección das distintas asociacións e posteriormente apoiado e firmado pola gran maioría.


MANIFESTO DAS ASOCIACIÓNS CULTURAIS DE FERROL

Ferrol, 7 de Xuño de 2012

Considerando a cultura, e mais en tempos escuros como os que estamos a vivir, como o medio polo cal as persoas e os pobos que habitan o mundo, fan posíbeis os días.

Considerando que só a través da cultura é posible enchermos de sentido a vida, achamos absolutamente evidente o papel esencial das Asociacións Culturais.

Por iso cumpre te-las en conta, respeitá-las, considerá-las á hora de deseñar a vida cultural, neste caso dunha cidade, deseño que xamais poderá ser somente un traballo burocrático, falando da vida como falamos, e sempre enraizado na base desta sociedade.

Isto só o poden levar cabo as Asociacións Culturais.

É por todo isto, polo que se nos fai intolerábel a caprichosa deriva cultural da que fai gala a Concellería de cultura da nosa cidade, e obrando en consecuencia, o conxunto das asociación culturais de Ferrol manifestamos a nosa preocupación pola incompetencia inusual do edil de cultura, á hora de desenvolver unha política cultural que recolla o sentir da cidadanía, representada en grande medida polas diferentes asociacións de sobrada e recoñecida traxectoria na nosa cidade.

O intento do concelleiro de deprestixiar o tecido asociativo cultural ferrolá no é máis do que unha manifestación da profunda iigorancia dun home que non sabe trazar as liñas mestras do camiño da cultura na nosa cidade e tenta facer valer o lema despótico de que “A Cultura son eu”.

A cultura cidadán fai parte dos sinais de identidade dun pobo e a través dela conservan-se en moitos casos as tradicións e os costumes do mesmo. Por iso a desconsideración e o desprezo da Concellería de cultura cara as nosas actividades é ben preocupante e lamentabel.

O profundo deterioramento das relacións entre o asociacionismo cultural e o edil de cultura, fai necesaria a figura dunha persoa técnica en cultura, que facilite o diálogo e sexa quen de canalizar as distintas inquedanzas culturais da cidadanía.

De non ser así pensamos que a ruptura poderá ser definitiva e daría-se o caso, por vez primeira na democracia, que un goberno municipal non escoitase o sentir popular á hora de deseñar a súa política cultural.

Esiximos, portanto, a restauración do diálogo das Asociación co Concello a través de técnicas/os en cultura e reprobamos a conduta anti-democrática, impropia dun concelleiro, que oculta a súa incapacidade por trás de xestos autoritarios que sen dúbida, avergoñan a quen os escoitar.

Non obstaculizar as súas iniciativas, facilitar os medios e os instrumentos necesarios para facer realidade os proxectos é unha das funcións que as institucións deben asumir. Manter un dialogo permanente, escoitar-nos.

Estes e non outros son os motivos deste manifesto que subscribimos as asociacións da cidade de Ferrol que a seguir detallamos:

A.C. LEFRE DE CALDERETA
A REVOLTA DE TRASANCOS COLECTIVO SOCIOCULTURAL
ASOCIACION AMIGOS DO TEATRO JOFRE
ASOCIACIÓN BARTOLETA
ASOCIACIÓN CULTURAL CONXEITO
ASOCIACIÓN CULTURAL O MAXOLO
ASOCIACIÓN FUCO BUXAN
ASOCIACIÓN LENDO POESÍA (POESÍA SALVAXE)
ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL LÓPEZ BOUZA
ASOCIACIÓN TEATRAL ESTUDIO DE TEATRO N+1
ASOCIACIÓN TEATRAL MAX TEATRO
ATENEO FERROLAN
CLUBE DE PRENSA
COLECTIVO OPAII - RÁDIO FILISPIM
FUNDAÇÓM ARTABRIA
LICEO RUBIA BARCIA
MAQUINARIAS TEATRO


Enviado por:
Asociacións Culturais Ferrol
-asocculturaisferrol@gmail.com-
7 de junho de 2012 12:34

________________

O filósofo esloveno, Slavoj Žižek, participou na campaña da Syriza e dixo que a coligazón da esquerda radical grega é hoxe "a única oportunidade para a Europa"


Interesantísimo video subtitulado do filósofo esloveno Slavoj Žižek participando nun acto da Syriza. A obra de Slavoj Žižek integra o pensamento de Jacques Lacan co de Marx e Hegel, e nela destaca unha tendencia a exemplificar a teoría coa cultura popular. 


Tirado de Esquerda.net 
 
Slavoj Žižek:
http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/1d/Slavoj_Zizek_in_Liverpool_2.jpg/200px-Slavoj_Zizek_in_Liverpool_2.jpgNascido na antiga Jugoslávia, em Liubliana, hoje capital da Eslovénia), doutorou-se em Filosofia na sua cidade natal e estudou Psicanálise na Universidade de Paris. Žižek é conhecido por seu uso de Jacques Lacan numa nova leitura da cultura popular, abordando temas como o cinema de Alfred Hitchcock e David Lynch, o leninismo e tópicos como fundamentalismo e tolerância, correcção política, subjectividade nos tempos pós-modernos e outros.
Em 1990, candidatou-se à presidência da República da Eslovénia.
Žižek é professor da European Graduate School e pesquisador sénior no Instituto de Sociologia da Universidade de Liubliana. É também professor visitante em várias universidades estadunidenses, entre as quais estão a Universidade de Columbia, Princeton, a New School for Social Research, de Nova Iorque, e a Universidade de Michigan.

Este sábado 9 de Xuño Segunda Andaina Reivindicativa polo Río Baa

Clicar acima da imaxe para ampliar


2º ROTEIRO REIVINDICATIVO POLO RÍO BAA

A mesa constituída en torno á problemática do depósito dos áridos almacenados nas inmediacións do Polígono de Vilar do Colo, proseguirá este próximo sábado día 9 de Xuño, coas actividades en defensa do entorno natural afectado por estes residuos perigosos, especialmente no que afecta  á conca do río Baa , espazo natural privilexiado, que transcurre polos concellos de Cabanas, Fene e Mugardos ,todo isto de un gran valor paisaxístico e ecolóxico.

Coa finalidade de demandar unha vez máis a súa retirada. Hai que ter en conta que a día de hoxe nin siquera se levaron a diante as disposicios esixidas no seu dia pola consellería: afastamento do domininio público, gávias perimetrais, cubertas dos acopios e  reducción nun cincuenta porcento do volume  dos materiais. 

Esta actividade consistirá nunha andaina que constará de dous tramos:

Primeiro Tramo: aqueolóxico- patrimonial, visitaremos restos prerrománicos onde arqueólogos e outras persoas especialistas, intervirán, dando unha visión socio-histórica do entorno.

Segundo Tramo: natural-reivindicativo, incidiremos especialmente na necesidade da restitución da rede fluvial afectada polas mega-infraestructuras industriais promovidas por este modelo económico e político insustentable. Intervirán especialistas en arquitectura y territorio que incidirán na necesidade de respecto ao medio.

Durante o percorrido realizarán-se actividades para nenos e nenas sobre medio natural e patrimonio

Facemos un chamamento á as istencia a esta Andaína para  protexer e poñer en valor este entorno natural, e seguir reivindicando a retirada  dos áridos contaminantes. O punto de encontro para a saída do roteiro é a estación de servizo do Polígono Vilar do Colo, ás 10,45h.

A mesa que promove este roteiro, está constiutida por PLATAFORMA DE AFECTADOS POLO POLÍGONO INDUSTRIAL DO VILAR DO COLO. PLATAFOMA DE DEFENSA DOS CAMIÑOS, ADEGA, VERDEGAIA, S.G.H.N.

Blogue:
Andainas polo Río Baaa na Comarca de Bezoucos

http://riobaa.blogspot.com.es/
______________