mércores, xuño 13, 2012

Chamamento a todo o tecido asociativo de Ferrol para participar nunha xuntanza aberta, hoxe Mércores 13 de Xuño en Esteiro - Xuntanza por un Ferrol saudábel, por un investimento xusto e racional: Non á dilapidación de centos de miles de euros máis na Praza de España -Porta Nova


Praza de España-Porta Nova-Mércores-13 xuño


Estades CONVOCAD@S para unha xuntanza este vindeiro Mércores-13 ás 20 h no local da A. Veciñal de Esteiro, co obxecto de informar da reunión mantida co alcalde este pasado venres sobre as obras de superficie da Praza de España, que teñen un custo inicial de 700.000 euros, máis os 56.000 que xa custou a elaboración do novo proxecto.
                           
Ante a decisión do goberno local de iniciar unhas obras innecesarias na praza, comentaremos que medidas imos tomar para tratar de evitar esta nova acción que como sabedes rexeita a cidadanía e queremos convocar a todo o tecido asociativo de Ferrol a que asista a esa xuntanza ou que nos faga chegar o seu apoio e incorporación a esta Plataforma Asociativa que demanda que se remate a Praza de España xa e que eses cartos se destinen a outras demandas que necesita a cidade de Ferrol e a súa cidadanía.

Nesta xuntanza queremos tamén acordar que accións e mobilizacións levamos a cabo para evitar que se sigan a enterrar cartos de maneira innecesaria na Praza de España, ocasionando un novo prexuizo para, ademais da cidadanía en xeral, os comerciantes e hostaleiro dese entorno que xa levan tendo que sofrir 10 anos de obras e, cando xa estaban case rematadas, o Concelleiro de Urbanismo e Obras, Guillermo Evia e o Partido Popular, quere levantar toda a Praza de novo.
                           
Convocan esta xuntanza:
                           
A. Veciñal de Esteiro; A.Veciñal San Xurxo; A.Veciñal San Pablo de Catabois; A.Veciñal Santa Mariña; A. Veciñal Prioriño; A. Veciñal San Román de Doniños; A. Veciñal O Rosario-Inferniño; A.Veciñal Ultramar; A. Veciñal San Xoán- Bertón; A. S.C. López Bouza; A. S.C. Fuco Buxán; Colectivo Ártabra21.

Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
11 de junho de 2012 10:49

________________

Cerco à Grécia: o fim das metáforas, ... Por Saul Leblon


Por Saul Leblon [*]
13.06.2012


O exército do dinheiro afia as armas e prepara o cerco à sociedade grega. Faz parte desse planejamento inocular doses crescentes de terror psicológico na sua população. O Brasil sabe como essa coisa funciona: vazamentos; chantagens; manchetes encadeadas; ataques a reputações, interditos e linchamentos ideológicos. Já está acontecendo; deve ganhar intensidade nesses cinco dias que antecedem o pleito de domingo na Grécia. É uma página da história que convém ler com vagar.

Onze milhões de pessoas decidirão se a economia que representa apenas 2% do PIB europeu passará a trabalhar pela sociedade ou contra ela para continuar a servir a banqueiros e credores que já ficam com 97% de suas receitas (inclusive linhas de 'socorro'). A crueza do conflito instalado pela desordem neoliberal no país - com o apoio ativo da elite local - é tal que colocou em desuso as metáforas.

A Grécia corrobora a tese de que a democracia promete mais do que o capitalismo pode dar e está disposto a conceder. Soberania na escolha do futuro, por exemplo, e direito de rejeitar as bases desastrosas do passado. A economia grega patina em recessão há quatro anos. O dado disponível para este ano aponta uma nova queda do PIB da ordem de 6,5% no primeiro trimestre. O desemprego de 21,9% é o segundo maior do euro.

Abaixo dele, apenas o da Espanha, 'socorrida' também pelos credores neste sábado em troca de contrapartidas que o governo direitista prefere até ocultar. Os gregos têm sacudido nas ruas a aparente frieza do desastre neoliberal. E o fazem também com a própria vida. As taxas de suicídio cresceram mais de 40% na crise, em chocante contraste com a boutade mercadista de Angela Merkel, para quem tudo ali se resume a uma indolência inata ao trabalho.

Os indolentes querem assumir o comando do seu destino nas eleições de domingo, mas uma gigantesca operação de asfixia está em curso para sufocar o levante antes que ele se cristalize. A sociedade que já perdeu 1/5 de quase tudo, empregos, salários, aposentadorias, leitos hospitalares etc está sendo ameaçada de confinamento financeiro e político se insistir em reinventar seu contrato social nas urnas.

Para que servem então as urnas se o anterior foi literalmente destruído "pelas imposições dos mercados', conforme disse à Carta Maior, Errikos Finalis, dirigente do secretariado do Syriza, em entrevista ao correspondente em Londres, Marcelo Justo.

Respostas nada amigáveis partem de Bruxelas, Berlim e do FMI. As setas advertem: se a esquerda vencer dia 17, os gregos perderão o direito de sacar livremente seu dinheiro nas agências bancárias; sua cidadania européia sofrerá uma cassação branca: acena-se com restrições à migração nas zonas de fronteiras do euro; o fluxo de capitais será administrado pelas autoridades de Bruxelas.

Involuntariamente, ou não, na forma e no conteúdo, o capital financeiro e seus aparatos assumem diante da audácia grega a natureza de uma força de ocupação que captura a máquina do Estado, domina as instâncias do mercado e desautoriza as prerrogativas da democracia - a menos que os eleitores se resignem ao estado de exceção permanente.

Publicado no o Blog das Frases no Portal Carta Maior | 11.06.2012

[*] Saul Leblon, é um jornalista brasileiro, São Paulo.,

Enlaces de interese:

Συνιστώσες ΣΥΡΙΖΑ
http://www.syriza.gr
ΑΚΟΑ
http://www.akoa.gr/
Αντικαπιταλιστική Πολιτική Ομάδα (ΑΠΟ)
http://antipol.wordpress.com/
ΔΕΑ
http://www.dea.org.gr/
ΔΗΚΚΙ
http://www.dikki.org/
ΕΝΕΡΓΟΙ ΠΟΛΙΤΕΣ
ΚΕΔΑ
ΚΟΕ
http://www.koel.gr/
ΚΟΚΚΙΝΟ
http://www.kokkino.org/
ΟΙΚΟΣΟΣΙΑΛΙΣΤΕΣ ΕΛΛΑΔΑΣ
http://www.ecosocialists.gr/
Ομάδα Ρόζα
http://www.omadaroza.blogspot.com/
ΡΙΖΟΣΠΑΣΤΕΣ
http://www.rizospastes.gr/
ΣΥΝΑΣΠΙΣΜΟΣ
http://www.syn.gr/

KKK
http://es.kke.gr/
_________________

martes, xuño 12, 2012

A xente de esquerda non debemos apoiar a estratexia imperialista en oriente próximo, ... Por Gonzalo Sánchez

O fotógrafo que tomou esa instantánea en Irak, Al Mussayyib, no 2003, Marco di Lauro, díxolle ao London Telegraph que estaba alucinado de que empregasen os medios esa foto para ilustrar a masacre de Houla. A foto mostra a un neno iraki saltando os corpos de civís iraquís mortos ¡e foi tomada fai 9 anos!.
Clicar acima da imaxe para ampliar

Por Gonzalo Sánchez [*]
12.06.2012


A falta dun mínimo de formación política adóitanos levar a cometer contradicións no máis elemental. Unha delas consiste en saír á rúa a protestar contra os banqueiros, políticos da burguesía e os grandes empresarios que nos están sumindo na miseria e logo crerse o que din os seus medios de comunicación. Tragarse polas boas os seus argumentos, os cales só serven para protexer os seus intereses, contrarios aos nosos.

Cando nos seus medios de comunicación din que Chávez é un dictador fano porque o presidente venezolano nacionalizou os sectores estratéxicos, os cales xa non poden ser explotados polas empresas accionistas deses medios de comunicación.

Pouco importa que as misións electorais da Unión Europea, que a mesma OEA que apoiou o golpe contra Chávez e que o expresidente norteamericano Carter digan que non hai fraude nas eleccións de Venezuela, esas empresas queren recuperar a explotación dos sectores estratéxicos venezolanos e mentirán nos seus medios de comunicación até que cheguen ao poder os mesmos políticos capitalistas que sufrimos aquí e lles devolvan os contratos para explotar o petróleo venezolano (entre outras cousas), co que o beneficio que está sendo empregado no pobo suramericano quede nas man de burgueses e oligarcas.

Non saber que se está sendo manipulado, non comprender que os intereses dos banqueiros dos que nos queixamos nas rúas e son difundidos polos seus medios de comunicación, non son os nosos, representa unha contradición insalvable que debemos superar. Crerse o que digan os empresarios nos seus medios de comunicación sen analizar críticamente esas informacións leva a situarnos, de boa intención, cos nosos inimigos enfrontándonos aos nosos aliados.

Non é sospeitoso que os únicos presidentes latinoamericanos atacados nos medios de comunicación masiva sexan os únicos que non asinan Tratados de Libre Comercio con EEUU e Europa? Non vén a mosca trala orella cando queren intervir (agora chaman así a bombardear poboacións) países orientais que non se pliegan ante os intereses do imperialismo norteamericano mentres que ditaduras do mesma contorna xeográfica son respectadas?

Todo isto vén ao ver as posicións dalgúns compañeiros sobre a situación en Siria. É perigoso que se crean o argumento imperialista de que é o propio goberno sirio o que masacra á súa poboación. Non pode ser que a esquerda defenda o modelo de terror estadounidense que persegue impoñer a súa influencia nos países que non se renden aos seus intereses en oriente neste caso, que quere calar as voces que se opoñen ao fascista goberno de Israel na súa desproporcionada represión sobre o pobo palestino.

A situación en Siria merece que analicemos coidadosamente os feitos:

Represión

Aquí pasa o mesmo que en Libia. Como sabemos que as fotos que mostran sobre as supostas masacres son feitas en Siria a día de hoxe? Creémonos a foto da BBC con aquel rapaz triste encima de centos de asasinados polo réxime da o Assad? Podemos facelo e odiar ao presidente sirio por sesgar a vida de centos de cidadáns. Pero só durante uns minutos, até que vén o fotógrafo que a fixo e diga que esa instantánea tomouna en Irak en 2003. Iso leva a pensar que non existe represión en Siria si teñen que coller fotos feitas fai anos noutro país. Si tanta represión hai, porqué non poñen unha foto dela?

A mesma comisión de investigación da ONU que o goberno sirio deixou entrar ao país, expresou que a masacre de Houla (onde foron sangrientamente asasinados máis de 100 persoas, moitas delas mulleres e nenos) foi perpetrada por grupos terroristas alleos ao goberno de Bashar Al Assad. Financiados por EEUU, tal e como o dixo a mesma Hillary Clinton.

O Plan de Kofi Annan

O enviado especial da ONU, Kofi Annan, desenvolveu un plan de paz para solucionar pola vía pacífica a delicada situación en Siria. O goberno da Al Assad cumpriuno. Retirou as súas tropas, liberou aos “prisioneiros políticos” que non son outra cousa que asasinos como os que perpetraron a matanza de Houla e deixou entrar ao país ao equipo técnico de Anann. Os grupos terroristas financiados por EEUU para derrocar o goberno da AL Assad non estiveron interesados en cumprilo porque non se lles paga para conseguir a paz, senón para eliminar a un inimigo do imperialismo nortamericano, polo que cada vez que Annan ía visitar Siria, atacaban á poboación civil, e até secuestraron a observadores da ONU. Como se sabe que non foi o “réxime” da AL Assad? Porque o mesmo Xefe da Misión da ONU en Siria, Robert Mood agradeceu a actuación do exército sirio -dependente da Al Assad- mentres chamou aos terroristas pagos por EEUU, tamén chamados “oposición armada” a non repetir actos similares. Xa sabemos que quen atacan á ONU en Siria son os mercenarios pagos polo imperialismo, o que supón unha boa pista para saber quen son os que atacan á poboación siria.

Potencias como Francia, EEUU e Israel nunca apoiaron o plan de paz en Siria e pediron (piden) unha intervención militar no país africano, menosprezando os intentos de Annan por conseguir a paz. A súa intención non é conseguir que o pobo sirio deixe de sufrir senón acabar co goberno da Al Assad.

Eleccións en Siria

Como forma de acougar a situación no país, Bashar Al Assad convocou eleccións en Siria. O seu partido presentouse en coalición co partido Comunista de Siria, socialistas árabes e os Nasseristas sirios. Esta xornada electoral (maio de 2012) efectuouse baixo a atenta mirada de persoal civil e militar enviado pola ONU, polo que as sospeitas de fraude deberían quedar eliminadas. Os medios de comunicación dos empresarios que conseguiron un bo anaco de pastel coa caída de Gadafi e se frotan as mans pensando o que poderían conseguir en Siria, menosprezaron a lexitimidade destas eleccións, ao efectuarse no medio de violencia. O que non dixeron é que a violencia estaba sendo provocada polos terroristas financiados por EEUU e fotografada en Irak en 2003.

A participación foi do 51% e Baaz, o partido de Al Assad obtivo o 60% dos votos. Non creo, nin moito menos, que o goberno sirio sexa perfecto, pero polo menos é laico e as mulleres non están esmagadas polo asfixiante machismo que impón a Sharía, lei ultra relixiosa pola que se rexen países como Libia logo da caída de Gadafi.

Siria diversificou moito o seu mercado, estreitando relacións comerciais con países que non forman parte do eixe do ben (Rusia, Irán, Chinesa, Venezuela, Ecuador, Cuba, Nicaragua, Brasil, Cuba…) frustrando as aspiracións comerciais das empresas privadas occidentais que non poden botarlle man ás riquezas de Siria. Ademais non apoia aos EEUU nas súas aspiracións por someter a Irán, polo que se interpón na estratexia imperialista, concretamente nas súas aspiracións de dominación mundial.

O goberno de Siria é culpable de opoñerse ao imperialismo norteamericano, e está sendo obxecto de ataques terroristas que a prensa mundial manipula para facer parecer á vítima como o verdugo. Abramos ben os ollos para que os nosos inimigos non nos coen nunca un cabalo como o de Troya.

[*] Gonzalo Sánchez, analista político, publica artigos en Rebelión e Tercera Información.


Publicado en librered.net | 10.06.2012

Enviado por:
LibreRed.net
-librered@hotmail.com-
12 de junho de 2012 07:03
___


Enlace relacionado:

A BBC e a propaganda de guerra en Siria

http://www.laproximaguerra.com/2012/05/bbc-y-la-propaganda-de-guerra-en-siria.html

________________

Concentración en solidariedade con dous compañeiros da CIG que serán xulgados este xoves por participar nunha acción sindical conxunta o pasado 19 de abril no Hipermercado Alcampo

Concentración no Xulgado de Ferrol

O vindeiro xoves, día 14 de xuño ás 11:20 se celebra o xuizo polos incidentes en Alcampo, contra dous compañeiros da CIG, Pintos, co-portavoz comarcal e contra un membro do Consello Federal do Metal. Faremos unha concentración ás 10,45 na entrada do Xulgado de Ferrol co fin de amosar a nosa solidaridade cos compañeiros e rexeitar a persecución sindical. Agardamos contar coa vosa presenza.

!!!!!!!NON A REPRESIÓN SINDICAL!!!!!!!

!!!!!!!NON AO RECORTE DE DEREITOS!!!!!!!



Lembramos que estes incidentes sucederonse ás portas do Hipermercado Alcampo nunha xornada informativa de sensibilización á cidadanía tras o comportamento do Hipermercado na xornada de folga xeral do pasado 29 de marzo de 2012. Esta acción sindical fora convocada por CCOO, CIG, UGT e USTG e na mesma participaron moitos traballadores e traballadoras da nosa comarca.

A infancia en España 2012-2013: O impacto da crise nas crianzas - Por primeira vez as crianzas son o colectivo máis pobre do Estado Español - Documentos e Vídeo

Por primeira vez as crianzas son o colectivo máis pobre do Estado Español. En só dous anos hai case 205.000 nenos máis por baixo do limiar da pobreza, segundo recolle un informe de UNICEF España. A pobreza crónica da infancia creceu nun 53% en tres anos.

Data de publicación (Ano):
2012

Como impacta a crise nas nenas e nenos no Estado Español? Cales son os efectos presentes e futuros da situación económica e das medidas tomadas respecto diso sobre o seu benestar e os seus dereitos? Con este segundo informe da infancia en España, UNICEF quere chamar a atención dos responsables políticos e da sociedade española sobre a importancia de ter en conta á infancia neste contexto de crise.

Para minimizar os impactos negativos (presentes e futuros) que este escenario pode ter sobre eles, pero tamén para identificar que papel poden xogar na nova sociedade que entre todos temos que construír. En base á súa experiencia en distintos países do mundo, UNICEF avoga por unha “recuperación con rostro humano” para saír desta situación. Para e cos nenos e nenas.

Navega polo informe da Infancia en España

Resumo

Baseándose nos datos dispoñibles, e facendo uso tamén da experiencia internacional de UNICEF, o informe expón como as crianzas están sendo afectadas pola crise, á vez que suscita a necesidade de terlles en conta para poder saír da mesma.  Unha parte do informe analiza as consecuencias, non só presentes senón tamén futuras, desta situación, realizando unha serie de propostas para a presente lexislatura.  Ademais, o informe contén un capítulo dedicado a dar voz á opinión dos nenos sobre o seu propio benestar, extracto dunha enquisa realizada a case 6.000 nenos de 1º diso desenvolvida co apoio do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e coa colaboración da Obra Social La Caixa. No anexo final de indicadores sobre benestar da infancia en España se actualizan e desenvólvense os presentados no primeiro informe de 2010, mostrando a súa evolución.

Contidos

INTRODUCIÓN.

O IMPACTO DA CRISE NOS NENOS.

Os impactos actuais
  • O crecemento da pobreza infantil e da demanda de axudas públicas
  • O desemprego, a baixada dos salarios e o incremento dos impostos
  • As medidas de austeridad no gasto publico
  • Como viven os nenos o impacto da crise? Que opinan sobre ela?
As consecuencias presentes e futuras
  • Increméntase a “débeda dos nenos”
  • A equidad en perigo
  • O custo de non intervir
  • Un aposta pola infancia para saír da crise
PROPOSTAS PARA ESTA LEXISLATURA.

UNHA FOTOGRAFÍA DA INFANCIA EN ESPAÑA TOMADA POLOS PROPIOS NENOS.

ANEXO: INDICADORES DE BENESTAR INFANTIL.

Descarga o informe:
Ano: 2012
Autores e autora: Gabriel González-Bo, Armando Belo, Marta Arias
Edita: UNICEF España, coa colaboración de Obra Social La Caixa
Páxinas: 52



http://youtu.be/vZQ8Jtg8Lzg

Canle Unicef-España


Enlace relacionado:

Ao colexio con fame e sen caderno: a crise cébase nas crianzas (Noticia na TVE)

Web oficial da UNICEF:

http://www.unicef.org/

Web oficial da UNICEF-España:

http://www.unicef.es/

_________

Presentación do libro "A saúde como negocio" o vindeiro 26 de xuño - Artigo de Pablo Vaamonde sobre o libro

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol organiza a presentación do libro "A saúde como negocio".

O acto será presentado por Xosé Miguel López Pérez, presidente da A.V. de Esteiro e portavoz da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol.

No mesmo intervirán, D. Francisco Pillado Maior, Director de Edicións Laiovento. D. Pablo Vaamonde, D. Jesús Rey e D. Manuel Martín, Especialistas en Medicina Familiar e Comunitaria e coautores do libro.

A presentación será o vindeiro 26 de xuño ás 19:30 horas na Galería Sargadelos Ferrol.

Colabora coa Plataforma: Descarga, imprime e reparte o cartaz (pdf e A3)



Artigo de Pablo Vaamonde, coordinador e coautor do libro sobre o mesmo:
“A saúde como negocio”
Neste tempo de incertezas sobre o noso futuro colectivo, Edicións Laiovento ven de publicar o libro “A saúde como negocio”, no que se describe a situación actual da sanidade pública, analízanse as actuacións realizadas polos actuais gobernantes e faise unha valoración das consecuencias negativas que estas intervencións poden ter para a sustentabilidade do sistema sanitario no porvir inmediato.

Trátase dun libro colectivo. Os seus autores son Mª Luísa Lores, Manuel Martín, Jesús Rey, Marciano Sánchez-Bayle e Pablo Vaamonde, todos eles persoas comprometidas coa defensa da sanidade pública. É un texto oportuno e necesario, que aporta información obxectiva, argumentos e análises para explicar como é posible facer outras políticas que, na vez de deteriorar e pór en risco o sistema público, procuren a súa mellora e consolidación.

De xeito didáctico e a grandes trazos podemos definir dúas posicións confrontadas en relación coa política sanitaria e a xestión dos servizos sanitarios públicos:
*Hai unha corrente progresista que entende a sanidade pública como un dos piares esenciais do estado do benestar, defende a atención sanitaria como un dereito dos cidadáns e promove o acceso aos servizos de forma universal e gratuíta, sen ningunha restrición. Esta corrente considera que o financiamento da sanidade debe realizarse cos impostos dos cidadáns e a prestación debe ser fundamentalmente pública, considerando o sector privado como subsidiario e complementario.
*Na outra banda existe un pensamento ultraliberal que considera que cadaquén debe acceder aos servizos sanitarios que poida custear persoalmente. Esta corrente, hoxe predominante, fixo circular nos últimos tempos unha argumentación elemental baseada en catro conceptos: a insustentabilidade do actual sistema sanitario, a utilidade de separar financiamento e prestación dos servizos para mellorar a eficiencia, a necesidade imperiosa de introducir o copagamento para o acceso aos servizos, e a crenza (non demostrada) de que a xestión da sanidade privada é mellor e máis eficiente que a pública.

Os autores deste libro partimos da hipótese de que as diferentes medidas adoptadas nos primeiros tres anos de goberno de PP en Galicia (redución dos orzamentos sanitarios, recorte das prestacións, restricións no acceso aos servizos, limitación dos recursos destinados a investigación e formación profesional etc.) están enmarcadas nesta corrente ultraliberal e motivadas pola mesma estratexia: a precarización dos servizos sanitarios públicos e a definición de espazos de negocio (a construción e xestión dos centros sanitarios, o control da tecnoloxía sanitaria etc.) que permitan a grupos empresariais afíns apropiarse dunha parte importante dos orzamentos públicos.

Neste libro presentamos un conxunto de textos de carácter divulgativo, dirixidos a un público non profesional, que pretende describir e analizar as decisións políticas levadas a cabo polo PP no terreo sanitario dende que no ano 2009 ocupou o poder na Xunta de Galicia. Tamén se valoran as actuacións realizadas pola dereita noutras latitudes: Valencia, Madrid, Castela-A Mancha, Catalunya etc. Consolidando a ruta trazada nas autonomías o goberno de Rajoy, aos cinco meses de ocupar o poder en Madrid, tamén realiza severos recortes que danan gravemente a sanidade pública. O Real Decreto ley 16/2012 recupera o concepto de “asegurado”. Os inmigrantes e outros colectivos cidadáns quedarán sen cobertura sanitaria. Esta norma deixa ver ás claras a intención do PP de retornar ao pasado; devólvenos a unha sanidade dualizada: de seguir adiante coa súa política nos hospitais haberá unha porta para os ricos e outra para os pobres.

Este libro é unha achega seria e documentada, mais non imparcial; pretendemos expoñer argumentos e análises que sexan útiles (aos cidadáns e ás organizacións políticas, sindicais e profesionais) para comprender as estratexias postas en marcha desde a Xunta de Galicia no terreo sanitario e o grave risco que representan para o futuro inmediato da sanidade pública. Poderá ser útil, tamén, ás distintas plataformas para a defensa da sanidade pública que, nos últimos tempos, están a traballar en distintos puntos da xeografía galega para evitar o desmantelamento dos servizos públicos, elementos clave do estado do benestar.

Pretendemos pór en evidencia, con datos e análises rigorosas, as políticas de deterioración dos servizos públicos que vén desenvolvendo o PP en Galicia e nas diferentes comunidades en que goberna. Por último, este libro quere ser unha contribución ao amplo movemento social que se está xerando en todo o Estado para frear esta dinámica destrutiva e privatizadora, que pon en grave risco a atención da saúde das futuras xeracións.

Pablo Vaamonde. Web persoal. Nado na Baña en 1956. É médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña). Foi fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005), presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005 e vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña e responsable do Programa de Formación Continuada de 1998 a 2005. Foi director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas entre 2005 e 2006. Tamén foi membro da Comisión Sectorial de Sanidade que elaborou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, colaborador habitual dos medios e autor de tres libros de narrativa: O fillo do emigrante (2002), O mes de abril (2004), Luz Divina e outros retratos (2006). Recibiu o Premio Lois Peña Novo en 2005, polo seu compromiso na promoción e defensa da língua de Galicia e é colexiado de Honra con Emblema de Prata (2007) do Colexio Oficial de Médicos da provincia de A Coruña.


Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol: www.plataformadspferrol.blogspot.com

A Asesora Xurídica do CCE Patricia Gabeiras, analiza a Sentenza do Tribunal Supremo sobre Reganosa, en Rolda e Prensa, este Mércores 13 de Xuño en Esteiro



Mércores 13 de Xuño, ás 17,30 h, Rolda de Prensa pública, do CCE no local A.VV.Esteiro

O Comité Cidadán de Emerxencia pra a Ría de Ferrol, convida ao tecido asociativo de Ferrolterra e as persoas interesadas a participar na celebración da seguinte:

ROLDA DE PRENSA
Mércores, 13 de xuño 2012, ás 17,30 hs,
Local da A. VV. Esteiro
(Rúa Fernando VI, Bloque 1 - Ferrol)

na que estará presente a Asesora Xurídica do CCE Dona Patricia Gabeiras, para analizar a sentenza -rotunda e inapelable- do Tribunal Supremo que confirma a do TSXG declarando a ilegalidade da Modificación do PXOM de Mugardos, e a ilegalidade por tanto da ubicación da Planta de Gas de Reganosa no interior da Ría.

--
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com
11 de junho de 2012 15:19
______________________

Concentración contra o rescate à Banca, este Martes 12 de Xuño

Concentración contra o rescate à Banca

A Executiva Nacional do BNG vén de acordar impulsar a convocatoria de concentracións contra o rescate bancario para mañán martes 12 de xuño ás 20 horas en todas as cidades e cabeceiras de comarca do país.

A concentración de Ferrol terá lugar diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza.

Facemos un chamamento especial a secundar esta convocatoria ao conxunto da sociedade comarcal aínda tendo en conta a premura; mais as circunstancias o requiren.

Sen outro particular, recebe un saúdo nacionalista.

Enviado por:
BNG
-bng@ferrol.es-
11 de junho de 2012 14:11

____________

Charla coloquio sobre as fumigacións masivas, contra o gorgollo do eucalipto, con Flufenoxuron, producto altamente tóxico - Venre !5 de Xuño




Charla coloquio sobre as fumigacións masivas con Flufenoxuron, producto altamente tóxico e prohibido pola UE.

Charla sobre fumigacións masivas contra o gorgollo do eucalipto

Venres 15 de Xuño, ás 20:00 horas no Museo da Sociedade Galega de Historia Natural (Praza de Canido, s/n).

Os poñentes son:
  • -Andrés Lamas Seco
  • Licenciado en Bioloxía
    Profesor de Ciencias Naturais
  • Director para Galicia do Instituto de Investigacións Científicas e Ecolóxicas
  • -Segundo Ruiz Lemos
    Enxeneiro Técnico Forestal
  • -Manuel Ferreira Rodríguez
    Presidente da Asociación "Casa do Mel" e da Delegación do Eume da Asoc. Galega de Apicultura

O enderezo é Praza de Canido s/n Ferrol

Enviado por:
Troco Ferrol
11 de junho de 2012 19:55
_________________________

luns, xuño 11, 2012

SOS sanidade Publica sobre o rescate á banca

Despois da concesión por parte do Eurogrupo dun creto de 100.000 millóns de euros para financiar á banca a petición do goberno español, SOS Sanidade Pública quere manifestar a súa total oposición a que esa medida se faga de  novo a recaer sobre as costas da cidadanía moi castigada xa pola crise e que, ademais, é totalmente inocente do descalabro do sistema financeiro.

SOS Sanidade Pública continuará a súa loita para impedir que coa desculpa do aumento do déficit público e da débeda pública que provocará nas contas do Estado (o avalista final do empréstito) os gobernos de Rajoy e Feijoo continúen coas súas políticas de de retallamentos, repagamentos e privatizacións da Sanidade Pública.

SOS Sanidade Pública reitera que este rescate, consecuencia da crise financeira debe ser pagado polos seus responsables directos e polos que máis teñen, e non polas clases populares esquilmadas ata agora a base de suba dos impostos indirectos, taxas, aumento dos re-pagamentos e a diminución das coberturas sociais en xeral, que colocan a colectivos e sectores cada vez máis empobrecidos nos límites da exclusión social.

Finalmente, SOS Sanidade Pública colaborará con todas as iniciativas cidadás dispostas a pararlle os pes a este goberno dos banqueiros.

---

Para contactar coa Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Área Sanitaria de Ferrol:

plataformadspferrol@gmail.com
http://plataformadspferrol.blogspot.com/

No local social da Asociación Veciñal de Esteiro
Rúa Fernando VI, Bloque I baixo.
Ferrol 15403 - Telef. 981933223.

PARÉMOSLLES OS PES XA, AGORA !!
NON ESPEREMOS A QUE DESMONTEN A SANIDADE PÚBLICA !!
NON AO PECHE DO CONSULTORIO !!
POR UNHA SANIDADE PÚBLICA, UNIVERSAL E GRATUITA !!

Sos Sanidade Pública

Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol


Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
11 de junho de 2012 08:51
Manuel Martín
-mmartin@nodo50.org-
11 de junho de 201 22:47
Nota SOS sanidade Publica rescate banca

___________
    

Rescate á banca española, ... Por Juan Torres López - videoblog



Juan Torres López [*]
11.06.2012


Neste videoblog, Juan Torres explica as orixes e causas da actual situación da banca española, a complicidade dos partidos políticos, as mentiras que se dixeron e as verdades que non se din sobre este rescate á banca. Juan Torres López é Catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Sevilla e membro do Consello Científico de Attac España.

ATTAC_TV


http://vimeo.com/43806034#at=0


[*] Juan Torres López, Granada -1954, Doutor en CC. Económicas e Empresariais, exerce na Universidade de Sevilla como catedrático de Economía Aplicada do Departamento de Teoría Económica e Economía Política. Escritor, investigador, analista de política económica e activista social. Manten unha páxina web "Ganas de Escribir" -www.juantorreslopez.com- e coordena a páxina web dedicada a información económica -www.altereconomia.org-


Enviado por:
ATTAC.TV
-attactv@gmail.com
11 de junho de 2012 20:28

_________

O Recuncho, programa radiofónico de Fuco Buxán AC que se emite en Rádio Filispim no 93.9 da FM e por internet, fai o nº 100


Este Martes 12 de Xuño de 2012, 'O Recuncho' fai 100 programas en Rádio Filispim


Este Martes 12 de Xuño de 2012, de 18:30 a 19:30 horas, no 93.9 da FM: "O Recuncho" nº 100, o programa semanal da A. C. Fuco Buxán en Rádio Filispim.

No 93.9 da FM Ràdio FilispiM, ou en internet no Blogue do Colectivo Opaii!  [ou neste mesmo sitio de Ártabra 21].

O Recuncho” nº 100, programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán,

Neste programa especial e durante dúas horas faremos unha recopilación de temas emitidos ao longo destes catro anos.

Entrevistas, Libros, Novas, Teatro, Poesía, Música, e a participación en directo dos compañeiros e compañeiras que con moita ilusión, desde 0utubro do 2008 até hoxe, fixeron posibles estes 100 programas: María Teresa Martínez, Lorena Calaza, José Torregrosa, Iago Montes, Miguel Castro e Fernando Ocampo.

ÁLBUM FOTOGRÁFICO

CARÁTULAS DOS PROGRAMAS

Todos os programas en:
http://recunchofuco.blogspot.com

e-mail: opafuco@gmail.com

telefº directo: 981371040

Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
10 de junho de 2012 21:38

______________________

Cúpula dos Povos para a Rio + 20 divulga atividades - Entre o 15 e o 23 de Junho

Foram inscritas mais de 1.200 propostas de autogestionadas e cerca de 200 para os Territórios do Futuro. Confira locais e horários das atividades confirmadas

A Cúpula dos Povos na Rio+20 por Justiça Social e Ambiental divulgou hoje as datas e horários das Atividades Autogestionadas de Articulação e dos Territórios do Futuro confirmados. A quantidade de inscrições superou as as expectativas: foram mais de 1.200 propostas de atividades autogestionadas e cerca de 200 inscrições para os Territórios do Futuro.

Com tanta iniciativa para distribuir pelos espaços da Cúpula, a programação é parcial e ainda não inclui as atividades culturais e de algumas tendas específicas, que serão divulgadas nos próximos dias. Em breve também será programa uma grade de programação completa da Cúpula dos Povos, com todas as atividades.

Além do nome das inscrições, a lista atual já traz o número de usuário e um código da inscrição. A partir de agora, estes números identificam as atividades confirmadas.

O Grupo de Metodologia da Cúpula dos Povos dedicou os últimos dias a confirmar as atividades alocá-las no Aterro do Flamengo e fez um esforço em alocar as atividades nos períodos solicitados mas, devido à grande quantidade de inscrições, foi necessário fazer algumas adaptações.

Por isso, questionamentos e dúvidas podem ser encaminhados a programa@rio2012.org.br, sempre indicando número, código e título da atividade. Em caso de cancelamento, é preciso colocar no assunto a palavra CANCELAR, mais os códigos.

Organizações que promovem atividades fora do Aterro do Flamengo, mas inscritas para a Cúpula, também devem escrever indicando no assunto: FORA DO ATERRO + código do usuário + código da atividade. Na mensagem deve ser indicado o local, o endereço completo e o horário já definidos para sua atividade.

Rio de Janeiro, domingo 10 de junho de 2012

Cúpula dos Povos na Rio+20 por Justiça Social e Ambiental é um evento organizado pela sociedade civil global que acontecerá entre os dias 15 e 23 de junho no Aterro do Flamengo, no Rio de Janeiro – paralelamente à Conferência das Nações Unidas sobre Desenvolvimento Sustentável (UNCSD), a Rio+20.

Web oficial:

Este é o site oficial da Cúpula dos Povos na Rio+20 por Justiça Social e Ambiental, contra a mercantilização da vida e em defesa dos bens comuns. Seja bem-vindo!

http://cupuladospovos.org.br/


Enlaces:

Informa:

Enviado por:
ciranda@ciranda.net
-ciranda@ciranda.net-
10 de junho de 2012 16:26

________

Traballadoras e traballadores da Comarca unid@s en defensa do Naval, en defensa do emprego, ...


Miles de traballadoras e traballadores saíron á rúa este Domingo 10 de Xuño de 2012, en defensa do emprego, en defensa do sector naval, ... esixindo carga de traballo para os estaleiros e políticas activas de emprego para esta Comarca, que está en declive industrial e social. Todas as centrais sindicais participaron na manifestación coas súas lexitimas consignas, criticas e posicionamentos sindicais. A unidade de clase foi marcada polas traballadoras e traballadores da industria auxiliar e principal que unid@s convocaron esta mobilización.


Fotos de de Susete'70 e Fuco Buxán AC.

Centrais Sindicais:
_______________

domingo, xuño 10, 2012

Quen a fai a paga ! - REGANOSA ILEGAL !

Clicar acima da imaxe para ampliar

No Boletím nº 16 de Marzo de 2010, publicabamos na páxina 11 o seguinte texto acompañado dunha imaxe coa copia do BOE e o enlace onde figura o detalle do que imos transcribir:

Quen a fai a paga !

REGANOSA está obrigada a manter unha conta con fondos para pagar os custes do desmantelamento

No documento de autorización administrativa previa, publicado no BOE do 24 do 7 do 2002, segundo o cual se permitía a Reganosa comezar a executar o seu proxecto, poñíanse condicións.

A condición sétima fai referencia á criación dunha conta con fondos que aseguren a restitución do terreo no que está instalada ao seu medio natural, no caso de que se decrete o seu desmantelamento.

A condición oitava fala do dereito da administración a deixar sen efeito esta autorización caso de incumprimento das condicións expresadas ou inexactitude nos datos aportados.

É a nosa esperanza que máis cedo que tarde, a Xustiza e as Institucións nos dean a razón e os fondos desa conta se destinen a reparar o dano feito por Reganosa.

Podes ler o BOE neste enlace: http://www.boe.es/boe/dias/2002/07/24/pdfs/B06032-06033.pdf

***

Reganosa xa ten cobrado moitos millóns de tod@s nós (perante a construción e nestes catro anos de funcionamento dúcias de millóns anuais que publica o BOE, polo investimento, servizo e gas almacenado), mais a súa autorización de instalación contemplaba o posíbel desmantelamento, para o cal tiña que facer un depósito. Ademais as súas licenzas de construción e actividade están supeditadas ao cumprimento dunha serie de condicións que todas e todos sabíamos que non cumpre, mais agora a mesma sentenza ven confirmar os incumprimentos.

Documentos:

RECURSO CASACIÓN Num.: 451212008 SENTENZA TRIBUNAL SUPREMO | SALA DO CONTENCIOSO·ADMINISTRATIVO SECCIÓN: QUINTA 11.05.2012

T.S.X.GALICIA A CORUÑA SENTENZA: 00311/2008 - COH/AD SEC.2 22.04.2008
_____

Enlaces relacionados:
Ártabra 21: Reganosa ilegal: Diante do Concello de Ferrol celebrouse unha Asemblea Cidadá Aberta, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol - Galería de Fotos

Ártabra 21: Asemblea aberta na praza do Concello de Ferrol, do Comité Cidadán de Emerxencia, por mor da Sentenza do Tribunal Supremo que ven confirmar a anulación da modificación do PXOM de Mugardos que permitiu a construción de Reganosa sen Declaración de Impacto Ambienta - Sábado 9 de Xuño de 2012 - Vídeos e Fotos


Ártabra 21: Rolda de Prensa sobre a Sentenza do Tribunal Supremo que ven confirmar a anulación da modificación do PXOM de Mugardos que permitiu a construción de Reganosa sen Declaración de Impacto Ambiental - Fotos e Vídeo - Nota de Prensa, Audios e Fotos remitidas polo Comité
_______________________

Reganosa ilegal: Diante do Concello de Ferrol celebrouse unha Asemblea Cidadá Aberta, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol - Galería de Fotos


Este sábado 9 de xuño de 2012, diante do Concello de Ferrol celebrouse unha Asemblea Cidadá Aberta, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, para facer pública a satisfacción pola Sentenza do Tribunal Supremo que confirma outra do TSXG do ano 2008, declarando ilegal a Modificación do PXOM do Concello de Mugardos que permitiu a construción da Planta de Gas de Reganosa sen Declaración de Impacto Ambiental.

O Coordinador do CCE, Manuel Rodríguez Carballeira, manifestou na súa intervención que este fallo xudicial danos a razón nesta loita, emprendida hai 11 anos, e tivo verbas de agradecemento a cantos colaboraron e colaboran en facer valer a legalidade. Que os promotores de Reganosa falan pola boca do Alcalde de Mugardos dicindo “que se vai resolver en 15 días” as ilegalidades en 11 anos acumuladas. Porque Reganosa levantouse nun cúmulo de ilegalidades, desde o ano 1999, co recheo ilegal de 125.000 m2 en Forestal do Atlántico, a extracción de 200.000 m3 de áridos arruinando a riqueza dos bancos marisqueiros da zona.

As maquinacións do Grupo Tojeiro e do Presidente Fraga trocaron a localización inicial no Porto Exterior polo emprazamento en Punta Promontorio, tan só, para favorecer a operación especulativa que reportou ao Grupo Tojeiro un beneficio de 5.000 millóns de pesetas. Esta foi a única razón da ubicación no interior da nosa Ría de 150.000 Tm de gas, ao pe das casas de Mugardos, a 800 m. do Arsenal e a pouco máis dun quilómetro da cidade de Ferrol.

Unha Planta que está acelerando a destrución da Ría, utilizando a diario 300.000 Tm de auga de mar que esteriliza nun proceso de regasificación, que non constaba na autorización inicial pero que resulta máis barato para os promotores.

Unha Planta deficitaria que traballa por baixo do 40 % da súa capacidade de produción, e que nos custa máis de 58 millóns de euros anuais a toda a cidadanía e que forma parte das periódicas subidas nos nosos recibos de gas e electricidade.

Unha planta que forma parte da burbulla enerxética, similar á burbulla do ladrillo e que pon en perigo a vida das persoas polo beneficio económico duns poucos.

As deficiencias e as ilegalidades de Reganosa son totalmente insubsanables, e por iso, o CCE, a través dos seus asesores xurídicos, vai exixir a execución da Sentenza.

Vai pedir a anulación das decisións administrativas baseadas nestas decisións ilegais: Licencia de construción, Licencia de funcionamento, etc.

Os que non teñen escrúpulos de poñer en risco a vida da xente van seguir coas súas manobras dilatorias, por tanto, é preciso continuar e incrementar a presión e a mobilización social para exixir canto antes a execución desta Sentenza.

Anunciou as seguintes convocatorias:
  • Para o vindeiro mércores 13 de xuño nova Rolda de Prensa, coa participación dos Asesores Xurídicos e a representación do conxunto de Entidades Cidadás.
  • Para o venres 20 de xullo, a celebración da VI Marcha a Pé Ferrol – Mugardos, co lema: “Planta de Gas fóra da Ría. Reganosa ilegal, cese da súa actividade”.
Rematou a súa intervención dicindo: “Esta batalla continúa e ímola a gañar”.

Destacar das seguintes intervencións de integrantes do CCE:

Lupe Ces dixo que o CCE ten que ir pensando en reconverter as instalacións de Reganosa en algo útil para a cidadanía, deixando de ser unha ameaza para converterse en algo positivo, respectando os escasos postos de traballo. Fixo mención aos compañeiros nesta loita – Carmelo Teixeiro, José Gabeiras, Santiago Torrente, Tino Deibe - que hoxe xa non están entre nós.

Rafael Pillado manifestou que este acto é o inicio da celebración dunha sentenza histórica, que algúns consideraban que nunca se produciría. Formulou a necesidade de incrementar a participación, e co o esforzo de todas e todos, darlle a Asemblea Cidadá e á Marcha a Mugardos unha gran dimensión para facer posible a execución da sentenza.

Luz Mariña Torrente: Amosou a satisfacción da Asociación Veciñal de Mehá por esta sentenza e criticou a actitude do Presidente da Xunta e do Alcalde de Mugardos que seguen a “tachar de defecto ou erro o que é unha corrupción”.

Confirmou que desde o CCE e desde a A. V. de Mehá “seguirán loitando para que esta sentenza non caia en saco roto”.


Documentos:

RECURSO CASACIÓN Num.: 451212008 SENTENZA TRIBUNAL SUPREMO | SALA DO CONTENCIOSO·ADMINISTRATIVO SECCIÓN: QUINTA 11.05.2012

T.S.X.GALICIA A CORUÑA SENTENZA: 00311/2008 - COH/AD SEC.2 22.04.2008

--
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
9 de junho de 2012 19:07

Intervencións e fotos da Asemblea Cidadá de hoxe

_______________

Agora debemos lembrar tamén aos mariscadores represaliados e xulgados nesta desigual loita contra o despropósito de Reganosa, reivindicando unha vez máis a súa absolución

A nosa lembranza dos mariscadores represaliados e xulgados por mor das protestas pola entrada de gaseiros cargados con GNL/LNG na Ría para Reganosa. En concreto oito mariscadores foron procesados e xulgados (Marzo 2012)  por bloquear a planta de gas en 2007 - Pedían varios anos de cárcere por supostas coacciones e desobediencia, cando o que realmente aconteceu foi unha reacción cidadá e xusta ante un “disparate” da Administración.

Os mariscadores foron represaliados e xulgados, por defender a Ría, a nosa seguridade e os postos de traballo deles e do resto da xente do mar que faenan dentro da nosa Ría. As persoas que bloquearon a Ría non foron eses oito mariscadores, senón que fomos 100 no mar e máis de 500 en terra, as que secundaron o chamado do Comité Cidadán para impedir que se consumara o despropósito, pola vía dos feitos e a indiferenza das autoridades e políticos, cando non complicidade manifesta coa corrupción e o atropelo á cidadanía, por permitir a construción dunha planta de gas dentro da Ría, tan próxima aos núcleos de poboación e mesmo á beira dun complexo petroquímico xa de por si moi perigoso, aumentando aínda moito máis o potencial perigo e o deterioro da Ría para o seu goce e as faenas de pesca e marisqueo.


Enlaces relacionados:
Ártabra 21: Asemblea aberta na praza do Concello de Ferrol, do Comité Cidadán de Emerxencia, por mor da Sentenza do Tribunal Supremo que ven confirmar a anulación da modificación do PXOM de Mugardos que permitiu a construción de Reganosa sen Declaración de Impacto Ambienta - Sábado 9 de Xuño de 2012 - Vídeos e Fotos

Ártabra 21: Rolda de Prensa sobre a Sentenza do Tribunal Supremo que ven confirmar a anulación da modificación do PXOM de Mugardos que permitiu a construción de Reganosa sen Declaración de Impacto Ambiental - Fotos e Vídeo - Nota de Prensa, Audios e Fotos remitidas polo Comité
__________________

Unha indignación que se fai extensiva aos intentos de concertación sindical e de repetición das estratexias de pacto social, pola súa inutilidade e o seu papel desmobilizador fronte aos ataques antiobreiros, liquidadores e privatizadores deste goberno da oligarquía - Proclama comunista en apoio das traballadoras e traballadores do naval da Ría de Ferrol


OS COMUNISTAS COS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DO NAVAL EN LOITA

Pálpase indignación, pero indignación de clase, indignación obreira. Ese é o estado de ánimo do proletariado da bisbarra, nomeadamente dos operarios do sector naval, manifestada na crítica, denuncia e rexeitamento da pasividade das direccións sindicais pactistas, fronte á xestión comercial inoperante da SEPI e a negativa do goberno e da maioría parlamentaria do PP á infraestrutura do dique flotante e da súa indiferenza indolente e paternalista ante a sorte dos traballadores das empresas auxiliares, que veñen padecendo a lacra da subcontratación, da precariedade e da temporalidade, froito da política de pacto social e de entreguismo sindical levado a cabo durante as últimas décadas.

Unha indignación que se fai extensiva aos intentos de concertación sindical e de repetición das estratexias de pacto social, pola súa inutilidade e o seu papel desmobilizador fronte aos ataques antiobreiros, liquidadores e privatizadores deste goberno da oligarquía.

Hoxe as traballadoras e traballadores das auxiliares son as primeiras vítimas da falta de carga de traballo, situación que tarde ou cedo acabará por afectar tamén aos traballadores da principal. Por iso cómpre respostar con unidade de clase e non con división e pasividade. Hai que respostar ás políticas antiobreiras do mesmo xeito que o están a facer os mineiros e os traballadores do trasporte en folga indefinida polos seus dereitos. A resposta ten que ser a FOLGA XERAL, a RESISTENCIA CONTINUADA e o CONTRAATAQUE.

A inocente ou máis ben necia intención do reformismo político e tamén sindical de tratar de endereitar a crise do sistema, dentro do corrompido marco político e institucional que padecemos, xa non se sostén. Para o caduco sistema capitalista non hai outra saída que non pase pola superexplotación xeneralizada, pola negación dos dereitos políticos e sociais para as masas traballadoras, incluíndo tamén a represión, a guerra ou o fascismo, chegado o caso.

Porque nin se erguerán vetos sobre a antiga Astano, nin se impulsará a construción naval, nin se creará emprego neste e noutros sectores produtivos, se non se supera o esgotado e senil modo de produción capitalista, se non se derroca este goberno e con el se leva ao réxime monárquico á crise política, se antes non saímos do cárcere dos depredadores imperialistas que é a UE, o sistema monetario e a OTAN. Non se acadarán conquistas, nin das reivindicacións inmediatas, se o proletariado e os traballadores e traballadoras do capitalismo do século XXI en crise non loitamos como os nosos antergos, con combatividade, resolución e conciencia de clase, poñendo a ollada no mundo que temos que gañar, que non é senón o SOCIALISMO, pois do capitalismo pouco máis xa temos que perder.

Para iso a clase obreira ha de pór a punto as súas ferramentas de combate: a participación e a acción sindical e política pola base, coa asemblea como instrumento de debate, decisión e mobilización, ou como no caso concreto do naval mediante unha coordinadora obreira das empresas auxiliares, así como un comité de folga unitario e democrático que dea resposta aos intereses da maioría traballadora. Animamos aos traballadores e traballadoras avanzados, sindicados ou non sindicados, a xestar unha fronte militante unitaria para a intervención no conxunto do movemento obreiro e sindical, sobre a base dos Comités de Unidade Obreira (CUO), co obxectivo de impulsar a efectiva unidade de clase e orientar a loita de clases do proletariado a obxectivos revolucionarios e de quebra do sistema.

Queremos aproveitar esta folla para manifestar o noso apoio á Xornada de Loita convocada na nosa comarca para o día 28 de xuño e chamamos á clase traballadora da comarca e a todas as centrais, sindicatos e colectivos de traballadores/as a erguer a imprescindíbel UNIDADE DE CLASE que faga posible unha folga xeral unitaria e masiva.

UNIDADE, RESISTENCIA, CONTRAATAQUE!
FORXA! COLECTIVO MARXISTA LENINISTA
PCPE-COMUNISTAS DA GALIZA

Enviado por:
FranciscoXavier.Iglesias.Mouriz@sergas.es
-FranciscoXavier.Iglesias.Mouriz@sergas.es-
9 de junho de 2012 21:31

______________

sábado, xuño 09, 2012

Asemblea aberta na praza do Concello de Ferrol, do Comité Cidadán de Emerxencia, por mor da Sentenza do Tribunal Supremo que ven confirmar a anulación da modificación do PXOM de Mugardos que permitiu a construción de Reganosa sen Declaración de Impacto Ambienta - Sábado 9 de Xuño de 2012 - Vídeos e Fotos


Asemblea aberta do "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol" na Praza do Concello, sobre a Sentenza do Tribunal Supremo que ven confirmar a anulación da modificación do PXOM de Mugardos que permitiu a construción de Reganosa sen Declaración de Impacto Ambiental | Sábado 9 de Xuño de 2012.

Intervencións de Lalán, Lupe, Pillado e Luz Mariña. A lista de vídeos que publicamos está feita cun telefono móvil, polo que son de pouca calidade.


http://www.youtube.com/playlist?list=PLC01D78271B2B9DDF

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

Fotos: Susete'70.
_______________

venres, xuño 08, 2012

A privatización da sanidade pública. Qué significa? ... por Edmundo Fayanás Escuer


Dentro da política de recortes que está sufrindo o noso sistema de protección social, un dos máis significativos é o da sanidade pública. Debemos ser conscientes de que isto é totalmente evitable se aplicásemos unha política económica distinta do neoliberalismo.

Dinnos que esta política económica é a única posible, e en consecuencia, que debemos aceptala con resignación cristiá. Os que afirman isto, só fan política ideolóxica de dereitas, onde a única finalidade é preservar e aumentar os beneficios dos ricos, subtraéndoos da inmensa maioría dos cidadáns.

Que significa a privatización sanitaria?
O primeiro  argumento utilizado, é que se gasta moito na sanidade pública, cun custo que a nosa economía non pode soportar. Isto é mentira como veremos posteriormente.

Debemos saber, que o noso país é un dos países da Unión Europea dos 15 que gasta menos por habitante en sanidade. O seu custo é de 1.673 euros anuais fronte aos 2.103 euros da media europea. Só o 4,1 % da poboación adulta traballa no sector sanitario do noso país, un dos máis baixos, pois na UE-15 (países de desenvolvemento  parecido ao noso) é do 6,6%.

Nos últimos dez anos, o crecemento  sanitario foi do 2,7%, mentres que nos países da OCDE foi do 4,1%. Como di Vicenc Navarro “gran parte do crecemento sanitario en España foi no sector privado. España é un dos países nos que a poboación paga máis por servizos  sanitarios privados, e iso é consecuencia do subdesenvolvemento do sector sanitario público”. A solución pasa inevitablemente non por recortar en sanidade  pública, senón en investir  máis. Si impóñennos Europa, reclamemos ser europeos non só nos recortes, senón que queremos selo coas mesmas prestacións sociais.

O gran problema non é o gasto do Estado senón a falta de ingresos. No ano 2007, os ingresos do Estado español era do 41.1 % do seu PIB e a dos países da zona euro era do 45,5% do PIB. No ano 2011, os ingresos do Estado español baixa ao 34,5% do seu PIB, mentres que os da eurozona é do 44,4 % do seu PIB. Este é o problema, un problema de fiscalidad , onde os ricos néganse a pagar o que deben en función da súa riqueza económica.

É a sanidade privada máis barata e eficiente?
Desde fai anos, escoitamos á neoliberal Esperanza Aguirre, que hai que privatizar a sanidade pública, porque a privada é moito máis barata e eficiente. Que mellor que utilizar os datos, que aparecen nos orzamentos da Comunidade de Madrid, presidida por ela  mesma, para que non se me acuse de manipulador e podamos responder a este mantra neoliberal da Sra. Aguirre.

No ano 2010, a comunidade de Madrid tiña o presuposto /cama/ ano nos seus centros públicos en 277.375 euros, fronte aos 434.686 euros dos seus concertos cos hospitais de xestión  privada ou semiprivada. No ano 2011, o orzamento /cama/ano nos centros públicos foi de 307.187 euros, fronte aos 485.970 euros dos privados ou semiprivados, é dicir , un 58,2% máis cara a cama no sistema privado que no público onde está a eficiencia económica Sra. Aguirre? Por que sistematicamente nos minte. Estes datos están nos seus orzamentos, míreos e rectifique.

Vexamos outros datos. A Comunidade de Madrid concerta camas coa multinacional sanitaria sueca Capio nos seus distintos hospitais por 535.000 euros ou por exemplo  paga por unha cama na Fundación Jiménez Díaz por 675.000 euros. Que ten que dicir a Sra. Aguirre a estes  datos extraídos dos seus orzamentos? A pesar do escándalo destes  datos, nos orzamentos de 2011 incrementáronse os fondos destinados á sanidade privada nun 30%, mentres que os recortes na sanidade pública madrileña supuxeron un 9%.

Seguindo o modelo de xestión  semiprivada da sanidade, a Comunidade de Madrid abriu sete hospitais con criterios de xestión  semiprivada. O seu custo de construción  estaba presupostado en 701 millóns de euros. Con todo, a xestión semiprivada, cando se termine de pagalos resultará o seu custo nuns  5.000 millóns de euros, é dicir  cun encarecemento de máis de 700%. É isto unha xestión eficiente ou un saqueo?

En Navarra, a Cámara de Comptos  cuestionou os custos dos concertos coa Clínica Universitaria (OPUS DEI) e outros privados, ao consideralos excesivamente altos.
O modelo neoliberal, polo que se rexe Esperanza Aguirre, é o sistema sanitario norteamericano. Estados Unidos ten un gasto sanitario o máis elevado da OCDE, chegando ao 17% do seu PIB, sendo o reino do negocio das empresas privadas sanitarias. O 20% da poboación norteamericana non ten ningunha cobertura sanitaria e o resto con moi  escasas coberturas, por suposto moi lonxe das que dá calquera sistema sanitario público europeo. O seu sistema sanitario é pésimo, salvo en catro  hospitais de renome . As súas empresas sanitarias e farmacéuticas son as raíñas do beneficio en Wall  Street, onde o que importa é o beneficio e nunca a persoa.

O gasto sanitario español rolda entre o 9-9,5% do PIB e o do eurogrupo sobre o 12% con potentes sistemas públicos e amplas coberturas, atendendo ao cento por cento da poboación, cousa que non fai o sistema norteamericano. En calquera  avaliación obxectiva non ten cor entre o sistema europeo sanitario e o ínfimo norteamericano.

Si se consegue impoñer o sistema privatizador de Esperanza Aguirre temos asegurado, que teremos moitas menos prestacións e as que ofrezan moito máis caras, o negocio é o negocio. Denunciouse, que no sistema privado realízanse moitísimas intervencións quirúrxicas innecesarias coa finalidade de obter  máis beneficios.

Resulta descarado que os sectores que apoian a redución do gasto público sanitario por insostenible, son os mesmos que piden fortes desgravacións fiscais para  os seus seguros sanitarios privados.

Outro modelo a analizar é o sistema sanitario holandés de xestión  por mutuas, que foi imposto pola dereita política. A cobertura sanitaria é universal e obrigatoria. O Estado fixa os límites dos servizos de saúde  esenciais. A súa xestión está en mans  de aseguradoras privadas que non poden rexeitar a ninguén, xa sexan doentes crónicos ou anciáns. O custo  a pagar polo asegurado é duns 170 euros mensuais. Abarca esta cobertura a atención dos médicos de familia, hospitais, especialistas e obstetras.

O obxectivo  da dereita política holandesa era que deixando a sanidade en mans  de entidades privadas, lograríase un mellor servizo sanitario, libre de regulacións  e sen listas de esperas, é dicir , aplicar as ideas neoliberales. Que sucede dez anos logo da súa implantación? A revista Saúde 2000, ao falar do sistema holandés cuantifica, que hai uns 150.000 holandeses sen seguro sanitario e máis de 320.000 son insolventes e non poden pagar devandito seguro, polo que xa son un 5% da poboación que en 2011 están sen cobertura sanitaria.

O outro  obxectivo era conseguir unha redución do gasto sanitario. Seguindo os datos da Central de Estatística, Holanda destinou a sanidade  o 14,8% do seu PIB no ano 2009, moi por encima da media europea e case un 60% máis que o noso país. Nos datos sanitarios de 2010 houbo un desviou de máis de 1.400 millóns de euros. En consecuencia, a partir de 2012, son reducidas as prestacións da cobertura básica. Vexamos algunhas consecuencias, en fisioterapia, as vinte primeiras sesións correrán a cargo do paciente. Haberá que pagar unha parte maior das medicinas e a prima de seguranza sanitaria sobe un 30% pasando de 170 euros a 210, é dicir  pagar máis para que che dean menos. 

Este é o modelo fracasado de sanidade  privada que nos quere impoñer o PP. Poderíanos explicar Esperanza Aguirre quen son os membros executivos da multinacional sanitaria sueca Capio que tantos beneficios obtén en Madrid? Sóalles os Lamela, Guemes e compañía, todos eles conselleiros de sanidade  nos gobernos de Esperanza Aguirre.

Xa podemos ver que é o modelo neoliberal sanitario, onde a calidade e eficiencia económica brila pola súa ausencia, o que nos está a impoñer o Partido Popular. Privatización sanitaria significa un retroceso en prestacións, onde o benestar do home é substituído polo negocio. Hai uns dereitos humanos básicos, sanidade, educación, pensións…. Que nunca deben estar baixo a óptica privada, senón que deben ser uns bens exclusivamente públicos. Defendamos os dereitos públicos.

Edmundo Fayanás Escuer é Licenciado e Profesor de Historia e redactor de El Inconformista Digital

Fonte: Rebelión

Rebelión publicou este artigo  co permiso do autor mediante unha licenza de Creative  Commons, respectando a súa liberdade para publicalo noutras  fontes.