venres, xullo 18, 2014

O SLG participa con organizacións sociais de toda Europa nas estratexias contra o tratado de libre comercio cos EEUU (Acordo Transatlántico)


A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane [*], vén de participar no II Encontro da Sociedade Civil Europea contra o TTIP (Transatlantic Trade and Investment Partnership ou Acordo Transatlántico de Comercio e Investimentos), que se desenvolveu en Bruxelas os días 14 e 15 de xullo. Xunto ao Sindicato Labrego Galego, déronse cita todo tipo de organizacións sociais (ecoloxistas, agrarias, sindicais, etcétera) para debater e acordar estratexias comúns contra un TTIP que se está a negociar de costas á cidadanía e que está a ser deseñado, fundamentalmente, por empresas privadas e transnacionais.

Dende o Sindicato Labrego Galego xa temos criticado con dureza o TTIP pois, polo pouco que puido transcender das súas negociacións, derribará as barreiras arancelarias (as máis altas protexen produtos agrícolas e gandeiros) e numerosas normativas legais que existen na na Unión Europea en materia de seguridade alimentaria, medio ambiente ou dereitos laborais. Todo en detrimento dos dereitos e a seguridade da cidadanía europea e só co obxectivo de crear un marco para que as principais multinacionais de Europa e Estados Unidos maximicen o seu lucro.

Por exemplo, para que haxa libre comercio entre Estados Unidos e a Unión Europea, primeiro debemos eliminar, nesta beira do Atlántico, as restricións que existen en materia de organismos xeneticamente modificados (OXMs), carne e leite tratada con hormonas canceríxenas como a Somatotropina Bovina Recombinante, porcos engordados con Ractopamina (prohibida en 150 países pola súa perigosidade); ou permitir os máis de 30.000 produtos químicos aínda legais e comercializados nos Estados Unidos que están asociados a doenzas e enfermidades como cancro de mama e testicular, infertilidade masculina, diabete e obesidade. O TTIP tamén afectaría á Lei de Protección de Datos ou a servizos públicos como a sanidade cobizados polas transnacionais, que achan na súa privatización un fabuloso negocio.

Para que isto sexa posible, tanto a UE como os Estados Unidos pretenden crear unha especie de tribunal para resolver litixios entre inversores e países, que sería de ámbito supranacional e estaría por riba das leis e tribunais de cada estado: o Investor-state dispute settlement (ISDS). Deste xeito, o ISDS estaría por riba da soberanía de estados e pobos, e por riba das súas lexislacións en materias como dereitos laborais, protección do medio ambiente ou seguridade alimentaria. De ir para adiante o TTIP, unha empresa podería demandar a un país que teña prohibido, por exemplo, a extracción de gas por fracturación hidráulica (fracking) ou os transxénicos, como acontece hoxe en día, por poñer só dous exemplos. O país denunciado estaría na obriga de abonar indemnizacións millonarias á empresa denunciante para compensar a súa perda de negocio, tal e como ten acontecido en máis dunha ocasión entre Estados Unidos e Canadá, que tamén constituíron unha área de libre comercio.

Outra das críticas das organizacións sociais que participamos no encontro de Bruxelas foi a opacidade coa que se están a desenvolver estas negociacións entre a Unión Europea e os Estados Unidos. Pola parte europea, quen leva a voz cantante é a Comisión, estando o meirande da información e documentos das negociacións vetados aos e ás representantes do Parlamento Europeo. Un bo exemplo desta falta de transparencia é que, entre xaneiro de 2012 e abril de 2013, antes de comezar as negociacións oficiais entre EEUU e a UE, o 92% dos encontros auspiciados por Bruxelas (520 reunións dun total de 560) foron entre a Comisión Europea e lobbies privados e empresas, e só o 4% (26 reunións) tivo á sociedade civil como protagonista, segundo datos da ONG Observatorio Corporativo Europeo (CEO). A mesma organización revelou que, entre xullo de 2013 e febreiro de 2014, das 154 reunións mantidas, 113 foron con empresas privadas, o que supón o 74%.

Para o Sindicato Labrego Galego, o TTIP é unha das máis grandes ameazas a que se enfronta a cidadanía europea, que vai perder boa parte dos seus dereitos en aras de maximizar o negocio de grandes empresas multinacionais. Tamén queremos chamar especialmente a atención sobre o impacto demoledor que este tratado tería sobre os sectores agrogandeiros e forestais europeos e galegos, xa que se eliminarían os aranceis que protexen as nosas producións, baseadas maioritariamente en economías de escala familiar e estruturadoras do medio rural; fronte a megaexplotacións de corte industrial que maximizan e abaratan a súa produción a través de prácticas prohibidas hoxe na Unión Europea por motivos medioambientais, de saúde e de seguridade alimentaria. Un dato preocupante ao respecto tamén vén revelado pola CEO: de tódalas empresas que están participando nas negociacións do TTIP, son as relacionadas coa agricultura e a alimentación as que maior presión exerceron sobre os e as representantes de Bruxelas, o cal revela que serán precisamente estes sectores os máis afectados por un posible tratado e os que ser verán sometidos a unha auténtica demolición en materia de protección arancelaria e normativa.

17 de Xullo do 2014

Fonte: Sindicato Labrego Galego


[*] Isabel Vilalba Seivane, naceu en 1975 en Lourenzá. Fixo estudos de Filoloxía Hispánica, especialidade Galego-Portugués e o 2ª ciclo de Ciencias da Información. É labrega nunha explotación de leite e de fabas no concello de Lourenzá. Pertence ao Sindicato Labrego Galego dende hai 10 anos, e dende hai aproximadamente 6 é a responsable da Secretaría das Mulleres desta entidade. Representa ao Sindicato Labrego Galego na organización internacional Via Campesina, e na Marcha Mundial das Mulleres. Participou entre outros, nos seguintes foros internacionais:
  • Congreso Mundial de Mulleres da Vía Campesina (18-21 de outubro de 2006 en Compostela)
  • Foro Internacional de Soberanía Alimentaria (Febreiro 2007, Mali)
  • Foro Social Europeo ( Setembro 2008, Suecia)
  • V Conferencia Internacional da Vía Campesina (Maputo,Mozambique)
  • Reunión da Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación,FAO.( Roma)
  • Foro Europeo de Soberanía Alimentaria, (Krems, Austria)
No discurso de Isabel Vilalba, palabras como Soberania Alimentaria, Igualdade, produtor@s de alimentos, Xustiza... convertense en utopias postas ao noso alcance. E comprendémolas, asumímolas, e nolas apropiamos como parte do noso presente que faga posible o futuro.

De interese:

Isabel Vilalba regresa da asemblea da FAO en Roma tras defender a agricultura labrega e sustentábel como solución á fame no mundo - 15 de Outubro do 2010

Web oficial do Sindicato Labrego Galego - comisións Labregas:
http://www.sindicatolabrego.com/

Web oficial de "La Via Campesina":
http://viacampesina.org/

Web oficial da Coordenadora Europea de "La Via Campesina":
http://www.eurovia.org/
_____________

xoves, xullo 17, 2014

Desde Galiza SOS - Sanidade Pública, denuncia caza de bruxas na sanidade madrileña


Como resposta ao feito de que a Consellería de Sanidade de Madrid non conceda a prolongación do servizo activo Madrid, Mariano Sánchez Bayle, un dos portavoces da Marea Branca en Defensa da Sanidade Pública (que conseguiu paralizar a privatización dos hospitais e centros de saúde desa CCAA) a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia quere traslada á opinión pública e profesional que:
1.- Adiantar as xubilacións dos traballadores sanitarios aos 65 anos, lonxe de supoñer unha medida para rexuvenecer o sistema e dar oportunidade aos novos profesionais, está servindo para recortar brutalmente o persoal e deixar sen oportunidade de traballo aos novos sanitarios. Como consecuencia estes deben saír do Estado para poder exercer a súa profesión o que  supón unha descapitalización do sistema sanitario público que se gasta unha gran cantidade de recursos en formalos.

2.- O resultado desta estratexia é a perda de 28.496 empregados do sistema, contando só os persoais orgánicos dos hospitais e os centros de saúde, si cóntase ao persoal laboral e eventual o recorte e de máis de 53.000 traballadores (En Galicia estímase en máis de 1.000 prazas).

3.- Este tremendo recorte está repercutindo negativamente na calidade da atención, no crecemento das listas de espera e no aumento da mortalidade. Na atención de saúde non é posible substituír ao persoal por máquinas.

4.-Consideramos paradoxal que mentres a CCAA de Madrid (gobernada polo Partido Popular) prolonga o período activo á gran maioría dos médicos (consecuencia de que a brutalidade do recorte de persoais esta paralizando a actividade de moitos centros) lla denega o mesmo a un profesional comprometido coa Defensa da Sanidade Pública. Isto só pode atribuírse a unha represalia pola súa participación activa nas Mareas Brancas e no seu rexeitamento á privatización.
Consideramos que o Ministerio de Sanidade, a Consellería de Sanidade de Madrid, do mesmo xeito que a Consellería de Sanidade de Galicia, gobernadas polo Partido Popular están desenvolvendo unha estratexia de recorte desmantelamento e privatización do sistema sanitario, caracterizada polo amíguesmo e a arbitrariedade cos traballadores, especialmente con quen se enfrontan aos seus designios.

Manuel Martin
Portavoz SOS Sanidade Pública
669704177

info@sos-sanidadepublica.org

http://www.sos-sanidadepublica.org/

facebook  SOS Sanidade Pública

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
17 de julho de 2014 13:52

http://www.plataformadspferrol.blogspot.com

________________

Declaración da Marcha Mundial das Mulleres sobre Palestina - A violencia sistemática que miles de palestinos e palestinas soportan a diario ten que ser detida de inmediato - Enlaces

A Marcha Mundial das Mulleres condena os ataques de Israel contra a franxa de Gaza, Palestina.

A Marcha Mundial das Mulleres condena a violencia extrema que Israel está utilizando na franxa de Gaza e esixe que se pare de inmediato con calquera tipo de ataque, no leste ou outro territorio Palestino.

Desde fai máis de sesenta anos, e cunhas condicións de vida cada vez máis deterioradas, a poboación palestina sofre a diario nun estado de apartheid: expropiacións ilegais, brutais detencións, discriminación, acoso, graves limitacións no acceso aos seus dereitos básicos ... A violencia sistemática que miles de palestinos e palestinas soportan a diario ten que ser detida de inmediato, e a comunidade internacional non pode continuar calada.

As autoridades israelís, apoiándose no seu exército, intensificaron recentemente a súa escalada de violencia e os brutais ataques contra os dereitos de civís palestinos. Fai unha semana, ignorando todos os chamamentos internacionais, Israel lanzou unha ofensiva militar en Gaza chamada 'Eixe Protector' que se cobrou xa a vida de moitas persoas, incluíndo pícaros e pícaras, e causou graves danos materiais, nas (xa de por si precarias) infraestruturas civís palestinas.

A Marcha Mundial das Mulleres mostra a súa solidariedade coas nosas irmás e irmáns palestinos e esixe firmemente o inmediato cese dos ataques. Así mesmo, apela á Comunidade Internacional para reaccionar de forma contundente no cumprimento das súas obrigacións morais coa protección da poboación civil palestina, e traballar de forma coordinada na activación dos adecuados mecanismos de rendición de contas e enxuiciamento dos responsables desta masacre.

Mulleres do mundo, estaremos en marcha até que todas as mulleres sexamos libres!

Communication MMM / MMF / WMW
Marcha Mundial das Mulleres
http://marchemondiale.org/

Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
17 de julho de 2014 20:58

Marcha Mundial de Mulleres | Estimadas compañeiras, Enviamos abaixo e en anexo o comunicado de repudio da MMM sobre a masacre que Palestina esta sufrindo. Pedimos o voso apoio en todas as redes e foros que sexa posíbel. Está dispoñíbel en linea tamén no enlace:
http://www.marchemondiale.org/news/mmfnewsitem.2014-07-17.0008130964/es.
En anexo, compartimos tamén declaración e chamado a acción urxente, enviados polas nosas compañeiras da UPWC ? Sindicato/Unión de Comités de Mulleres Palestinas, grupo participante da MMM en Palestina. Así mesmo, tamén vos pedimos que nos enviedes información sobre as accións que están facendo nas vosas rexións para apoiar a causa palestina. Imos difundir para dar maior visibilidad ao apoio ás palestinas e palestinos. En solidariedade, e coa esperanza de que se oia a nosa mensaxe. O Secretariado Internacional


Ler tamén:

- Comunicado do Sindicato de Comités de Mulleres Palestinas (UPWC), en castelán, inglés ou francés .

- Chamamento urxente de UPWC á acción, dispoñíbel en castelán e inglés.

Enlaces de interese na Galiza:

www.feminismo.info

nacional@feminismo.info

https://www.facebook.com/>marchamundialmulleres.galiza

twitter.com/MMMGaliza

_________________

luns, xullo 14, 2014

O Prezo da auga en Ferrol, ... Por Alexandre Carrodeguas

Por Alexandre Carrodeguas [*]
12.07.2014


O presidente da multinacional da auga Agbar, Angel Simó nunhas recentes declaracións propon subir o prezo da auga para financiar infraestructuras hidráulicas. Estas declaracións enmarcanse na intención das grandes empresas de xestión da auga de cargar sobre os sufridos e asfixiados contribuintes, novas fases de expansión empresarial. Vemos, tamen en Ferrol, como se producen subidas desproporcionadas no prezo da auga, vemos como Emafesa (A empresa xestora) falla en trasparencia  e xestión, amparandose nun presunto dereito a confidencialidade empresarial, e vemos tamen  como se produce a perda do control efectivo por parte do concello da  xestón do ciclo integral da auga.

En Ferrol a subida do prezo da auga xustificase nos costes de mantemento e posta en funcionamento do novo saneamento da ría. Un proxecto que consiste nunha depuración intensiva e unitaria (mestura de augas residuais e pluviais), que implica ademais dunha depuración insuficiente e non sustentábel,  uns altísimos consumos enerxéticos que se pretenten cargar sobre a veciñanza ferrolá.

Ante este estado de cousas en Ferrol estase levando a cabo unha campaña pola remunicipalización da auga, unha campaña para que os veciños e veciñas non se convertan en simples mercados cautivos de intereses empresariais.

O pobo de Ferrol ten que ter o dereito a reapropiarse do que un día foi un servizo publico con xestión pública  e nunca debeu de deixar de selo. Animo desde aquí todos os veciños e veciñas a participar nesta campaña pola auga pública en Ferrol. Polo ben de todos.

E de xustiza. E poder podemos.

[*] Alexandre Carrodeguas, activista social de Ferrol Terra, promotor de plataformas cidadáns en defensa do patrimonio urbanístico e cultural; defensor dos espazos públicos e da rehabilitación dos cascos históricos; membro de Verdegaia e do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

Enviado por:
Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
12 de julho de 2014 15:25

_________________________________________

Convocadas mobilizacións en Ferrol, como no resto das cidades da Galiza e do mundo, para hoxe e mañá, 14 e 15 de Xullo


Mentres a maioría dos gobernos do mundo occidental miran para outro lado, centos de miles de persoas en todo o mundo saen á rúa para amosar a súa solidariedade co Pobo Palestino, cruelmente bombardeado polo Exercito Israelí. Nunha nova escalada, intensifica-se os bombardeos das poboacións palestinas. Gaza, a maior prisión do mundo, con máis de dous millóns de persoas no seu interior, leva unha semana de asedio e bombardeo,. case dous centenares de persoas asesinadas polas bombas xenocidas, lanzadas polo exercito israelí por terra, mar e aire.

Concentracións en Ferrol:

Luns 14 de Xullo, ás 20:00hs na Praza de Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia. Concentración solidaria en réxime de autoconvocatoria, para condenar os bombardeaos do Exército de Israelí e reclamar a liberdade para o co Pobo Palestino.

Martes 15 de Xullo, ás 20:00hs, na Praza do Concello de Ferrol, diante do Pazo Municipal, convocada pola Coordinadora Galega pola Paz en solidariedade co  Pobo Palestino, para:
1.- Solicitar do Parlamento Galego, do Español e do Europeo, así como dos concellos, sendas declaracións de condena da agresión israelí para remitir ó goberno de Israel, embaixada e consulados.

2.- Convocatoria de concentracións diante dos Concellos o vindeiro MARTES, 15 DE XULLO, ÁS 20:00 HORAS.

3.- Apoio a cantas mobilizacións pacíficas e democráticas se realicen para rematar coa escalada militar.

4.- Chamamento á mediación internacional e ó diálogo entre as partes en conflicto por medio de sancións económicas e políticas contra do goberno israelí.
NON AO XENOCIDIO CONTRA O POBO PALESTINO!!
SOLIDARIEDADE E LIBERDADE !!
PARTICIPA !!
______

martes, xullo 08, 2014

A supresión e externalización do laboratorio do novo hospital de Vigo atenta contra a saúde da poboación e os dereitos sociais e profesionais - O SERGAS pretende privatizar o servizo de análises clínicos do novo hospital

A SUPRESIÓN E EXTERNALIZACIÓN DO LABORATORIO DO NOVO HOSPITAL DE VIGO ATENTA CONTRA A SAÚDE DA POBOACIÓN E OS DEREITOS SOCIAIS E PROFESIONAIS

A Consellería de Sanidade ten decido, sen contar coa opinión e asesoría dos profesionais, que o Novo Hospital de Vigo non teña un Laboratorio Central. O novo centro de Valadares disporá soamente dun laboratorio de 24 horas (básico e reducido) afastado varios quilómetros do laboratorio situado no Hospital de Meixoeiro. Ademais sepárase dos laboratorios de Anatomía Patolóxica e de Investigación que si estarán no Novo hospital, o que obrigará a duplicar os recursos para extracción e traslados de probas e o equipamento, xa que obriga ao hospital a dispoñer de medios para transportar as mostras entre os dous centros. Aínda que a administración alega que esta decisión reducirá custos e mellorará a eficiencia, a realidade é que todo este embrollo incrementará innecesariamente os gastos.

Resulta paradoxal que un hospital presentado pola Consellería de Sanidade como un dos máis modernos e avanzados tecnoloxicamente de Europa, non dispoña dun servizo esencial como é un laboratorio dimensionado en magnitude e prestacións.

OBXECTIVOS QUE PERSEGUE A CONSELLERÍA AO SUPRIMIR O LABORATORIO DO NHV

Os laboratorios clínicos son servizos xeradores de produtos intermedios que teñen unha gran implicación nas decisións clínicas, aínda que a facilidade de mecanizar a súa actividade fainos moi apetecibles para o sector privado.

Entre os argumentos esgrimidos pola Consellería de Sanidade para xustificar esta decisión poderiamos destacar que a externalización reduce custos, permite o acceso a tecnoloxía de última xeración, mellora a calidade, incrementa a satisfacción ou simplifica a xestión. Realmente a Consellería de Sanidade, con esta ocorrencia, persegue dous obxectivos:

1.- Reducir custos ás empresas Concesionarias.

O modelo de financiamento e xestión privada do Novo Hospital a través dunha Unión Temporal de Empresas afines ao Partido Popular, constituíu un enorme fracaso dado que, ademais de multiplicar os custos, a creba de Bankia (dirixida por Rodrigo Rato), da Caixa de Aforros do Mediterráneo (en mans do ínclito Francisco Camps) e da construtora OCASA adxudicatarias da obra, paralizou durante anos o proxecto de construción e obrigou á Xunta a introducir recortes nos custos de construción para beneficiar ás empresas concesionarias (CONCESSIA) recortando de xeito brutal o proxecto arquitectónico, o equipamento e o plan funcional, que inclúe a supresión do Servizo de Laboratorio.

2.- Iniciar o proceso de privatización dos servizos de laboratorio dos hospitais públicos galegos:
Seguindo o exemplo da CCAA de Madrid a Consellería de Sanidade externalizou (privatizou) en marzo do 2014 o laboratorio Central de Galicia asignándoo ao laboratorio CERBA Internacional cuxo presidente é o propietario dos laboratorios Unilab do Fondo de Investimento multinacional CVC-Capio asociada á aseguradora privada norteamericana Centene (propietarios tamén do Laboratorio Central de Madrid, o que supón que unha parte importante dos laboratorios públicos do SNS pasarán a fondos de capital risco internacional). Este laboratorio privado ten asignada a realización de máis de 600 probas, que na súa inmensa maioría realizaban ata agora os laboratorios dos hospitais públicos, que como consecuencia van ser pechados progresivamente (como nos hospitais de Madrid) para trasladar a súa actividade ao macro laboratorio privado. Os hospitais públicos galegos quedaranse con microlaboratorios para atender as urxencias máis básicas.
CONSECUENCIAS DESTA MEDIDA

As probas de laboratorio esixen unha interacción continua e activa cos servizos clínicos para garantir unha boa atención aos pacientes. Separar fisicamente o laboratorio do resto do Hospital ameaza a calidade e seguridade dos enfermos hospitalizados, que en moitos casos precisan de decisións clínicas rápidas adoptadas en equipo por clínicos e analistas, sen estar sometidas aos riscos do trafico, ao estado das carretas ou a dispoñibilidade de medios de transporte. Esta distancia aumentará os custos da atención e favorecerá erros e atrasos na entrega de resultados, que poden poñer en risco a atención ou a vida dos pacientes. A fragmentación dos recursos impedirá, entre outras, a implantación das consultas de alta resolución, a continuidade dos transplantes de medula (os únicos que se fan ata agora en Vigo) e as actividades de investigación (xa recortadas ao suprimir os Módulos de Investigación e Docencia contemplados no proxecto inicial do Hospital).

Desde que en 2009 a Consellería de Sanidade de Madrid presidida por Juan José Güemes (que logo do seu cese pasou a traballar para o laboratorio Unilab) deixou en mans privadas as análises clínicas dos seis novos hospitais, sucedéronse graves incidencias (denunciadas por responsables e profesionais dos servizos) por atrasos na entrega de resultados, confusión e erros nas probas que non se correspondían coas que solicitaran os especialistas, ou que moitas análises tivesen que repetirse porque, logo de meses de espera, as probas xa non eran útiles (poñendo en risco a vida dos pacientes).

Este macro laboratorio privado marxinará aos profesionais dos laboratorios públicos (empezando polo CHUVI) ao apropiarse da parte máis innovadora dos mesmos, cuxa actividade quedará limitada á realización de probas rutineiras, marxinados das innovacións tecnolóxicas e condenados á obsolescencia. Isto suporá un novo paso na descapitalización, desmantelamento e privatización do sistema sanitario público galego. O peche dos laboratorios públicos ira acompañado do despedimento de parte dos seus traballadores, algúns poucos poderán quedarse no novo laboratorio e o resto serán recolocados en calquera dos centros do SERGAS. Todo isto explica o rexeitamento da medida polos traballadores, xefes de servizo dos laboratorios dos hospitais públicos de Galicia e da Sociedade Española de Enfermidades Infecciosas e Microbioloxía Clínica (SEIMC), que difundiu un comunicado cuestionando a decisión por razóns asistenciais porque, entre outras cousas, afasta o laboratorio de Microbioloxía do Hospital de referencia e a loxística para a recolleita e traslado das mostras micro biolóxicas afectará á calidade adecuada e ao mantemento da integridade e viabilidade das mesmas.

CONCLUSIÓNS:

A existencia dun laboratorio no Novo Hospital de Vigo constitúe un alicerce esencial do mesmo. O seu afastamento dos servizos clínicos, o seu fraccionamento e a prevista externalización dunha parte das probas ao laboratorio central privado, afectará á calidade e seguridade da atención dos pacientes, á eficiencia no uso dos recursos, aos dereitos dos profesionais e ao carácter estratéxico do centro.

A prevista extensión desta estratexia ao resto de hospitais públicos, coa externalización e concesión da realización das probas máis avanzadas a unha empresa privada (Unilab) xerará unha situación de monopolio privado que permitirá a esta impoñer condicións e prezos ao SERGAS contravindo as teóricas vantaxes do mercado e poñendo en risco a confidencialidade dos procesos asistenciais.

Por todo iso facemos un chamamento a cidadáns e profesionais de todos os hospitais, centros de Atención Primaria e áreas sanitarias de Galicia a mostrar o seu rexeitamento a esta medida que atenta contra a saúde e os dereitos sociais e profesionais.

Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública
669704177

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
8 de julho de 2014 15:22

http://www.plataformadspferrol.blogspot.com

____________

O LNG "Sonangol Benguela", cargado con miles de toneladas de GNL/LNG anuncia a súa entrada na Ría, para este Xoves 10 de Xullo - O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, desta vez no Porto de Ferrol

CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
 XOVES 10 DE XULLO, ÁS 8 DA TARDE (NOVO HORARIO)
NO PEIRAO DE CURUXEIRAS
FERROL VELLO (NOVO LUGAR)

O gaseiro LNG 'Sonangol Benguela', con bandeira de conveniencia das Bahamas, é un buque de grande porte, de 291m de eslora e 43,44m de manga e de calado 12m. Cunha capacidade, moi superior á permitida na normativa en vigor da Capitanía Marítima, de 160.500 m³ de GNL. Son miles as toneladas de GNL/LNG, para a ilegal e perigosa Reganosa. Este buque metaneiro ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Martes 17 de Xuño de 2014. Esta entrada, supon xa a 173, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora, o mesmo Xoves ás 8 da Tarde, en Ferrol, no Peirao de Curuxeiras, no Porto, barrio de Ferrol Vello.

Hai máis de dous anos (11 de maio de 2012) que se ditou a Sentenza polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel.


Tras a Sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a localización de Reganosa, temos que esixir o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PECHE XA!!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA  !!
---

VIII MARCHA A PÉ FERROL – MUGARDOS
Venres, 18 de Xullo 2014

Saída ás 17 hs Parque Carmelo Teixeiro, Caranza – Ferrol, e chegada ao Campo dos Carneiros en Mugardos.

MÓVETE contra a impunidade !
PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA !
PLANTA DE GAS: PECHE XÁ !

10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas?

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada polo:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
8 de julho de 2014 13:17
_______________

De fundo Reganosa: Hoxe un camión accidentado con gas natural licuado (LNG) corta unha estrada local de Lleida - Até pasadas máis de 12 horas, non se rematou de transpasar o gas a outra cisterna, mentras a estrada estivo cortada e desaloxado un perimetro de seguridade de centos de metros


Por todos os medios: radios, televisións, medios dixitais do xornais convencionais circulan novas como esta que publica o Departament d'Interior de la Generalitat :

Protección Civil mantén activada a alerta do Transcat polo camión envorcado en Navès (Solsonès)

A Dirección Xeral de Protección Civil da Generalitat (DGPC) mantén activada a fase de alerta do Plan especial de Emerrxencias no transporte de mercancías perigosas por estrada e ferrocarril en Cataluña (Transcat), polo camión que envorcou esta mañá na C462 km 18 do término municipal de Navès (Solsonès).

Un total de 12 dotaciones dos Bombeiros da Generalitat (9 vehículos lixeiros de mando e apoio e 3 camións) continúan no lugar onde se accidentou o camión que transportaba, segundo as últimas informacións, uns 19.300 Kg. de gas natural licuado (produto altamente inflamable).

Logo de establecer unha zona de seguridade e confirmar que a cisterna do camión non sufría ningunha fuga, os efectivos traballaron para deter a fuga de gasoil que proviña do depósito do vehículo. Unha vez controlada, recolléronse entre 200 e 300 litros de gasóleo en diferentes recipientes.

Posteriormente asegurouse a cabina para poder manipular con seguridade as billas da cisterna para liberar gas de forma controlada á atmosfera e así quitar presión antes de facer o trasvase. Doutra banda, e si é necesario, efectivos dos Bombeiros rozarán a zona de vegetación para facilitar o acceso e a localización dos guindastres que se desprazaron até o lugar.

No lugar xa chegou tamén a cisterna que ten que facer o trasvase do gas licuado. Estas tarefas, que se poden alargar durante unhas horas, serán levadas a cabo polos propios técnicos e responsables da empresa, baixo a supervisión e as manobras de protección dos efectivos dos Bombeiros da Generalitat.

Segundo informa o Servizo Catalán do Tráfico (SCT), a vía mantense aínda cortada en ambos sentidos e fanse desvíos pola LV-4241. O corpo de Mossos mantén ao lugar unha patrulla.

O Centro de Emerxencias de Cataluña (CECAT) contactou coa ACA para que faga a valoración da posíbel afectación ao medio acuático.
________________

xoves, xullo 03, 2014

Move-te contra a impunidade! - Convocada a 8ª Marcha a Pé Ferrol-Mugardos contra o despropósito gasista de Reganosa


O venres 18  de Xullo de 2014, terá lugar a 8ª Marcha a Pé de Ferrol a Mugardos, baixo lema 'Móvete contra a impunidade!'. A Marcha, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, ten prevista a súa saída desde o Parque Carmelo Teixeiro de Caranza, ás 5 da Tarde. Parara-se para avituallamento no Parque d'O Pote en Maniños. E rematará a Marcha, coa chegada ao Parque dos Carneiros en Mugardos. Participa !! contra o despropósito gasista de Reganosa, Planta de Gas Fora da Ría !!

Desde hai sete anos vimos marchando ano pos ano, desde que o fixeramos por primeira vez en Xullo de 2007, trataba-se de solizarizar-se coa veciñanza de Meá que comezara un peche na Casa do Concello de Mugardos, peche que durou 111 días. Na dura loita contra REGANOSA, o papel da veciñanza de Meá, perante estes 15 anos foi e segue sendo moi importante, mais estes 111 días de peche, foron enriquecedores para o movimento social e cidadán opositor a REGANOSA e ao seu despropósito gasístico no corazón da nosa Ría: a Planta de Gas. Podes-se ver a crónica destes 111 días, no blogue: "Rompendo muros de silencio".

REGANOSA: MAFIA, FRAUDE E CORRUPCIÓN

Sabías que a planta de REGANOSA é absolutamente innecesaria para o sistema gasista e que aporta tan só o 1 % do total do gas que chega ao estado español?

Sabías que REGANOSA só traballa ao 16% da súa capacidade por falta de clientes e que nos costa a todas e todos  os consumidores perto de 60 millóns de euros/ano?

Sabías que antes da entrada en funcionamento da planta de REGANOSA, Galicia xa estaba conectada a outras plantas por gaseoductos que agora se manteñen pechados?

Sabías que REGANOSA non ten Declaración de Impacto Ambiental a pesar de verter, no proceso de regasificación, na Ría de Ferrol máis de 300.000 Tons/día de auga contaminada con altas doses de hipoclorito sódico?

Sabías que o Tribunal Supremo sentenciou que a Planta de REGANOSA é ilegal ao anular a modificación do Plan de Ordenación pola que se lle outorgou a autorización?

Sabías que REGANOSA cobra a mesma cantidade de diñeiro independentemente do gas que sirva ao sistema gasista?

Sabías que o negocio de REGANOSA consiste en cobrar retribucións polo diñeiro que investiron na planta?

Sabías que os 400 millóns de euros que leva cobrados REGANOSA obedece a un proceso continuado de corrupción política e económica tras incrementar fraudulentamente as inversión realizadas?

Sabías que realizaron o fraude vendéndolle a REGANOSA,  os mesmos socios a prezos altísimos, os terreos onde se instalou a planta, e incluso transmitíndolle  ilegalmente por 25 millóns de euros unha concesión portuaria?

Sabías que no consello de administración está Jose Luis Méndez, expresidente de Caixa Galicia que a levou ao crack e da que arramplou 15 millóns de euros?

Sabías que un dos socios de REGANOSA é a compañía Gas Natural Fenosa que decidiu construir os gaseiros en Corea do Sur e Xapón e ten intervidas en Italia varias empresas por colaboración coa Mafia?

Sabías que a capacidade de almacenamento de gas natural licuado que ten Reganosa é equivalente a 12 millóns de bombonas de butano e que ten unha equivalencia enerxética a 120 bombas atómicas similares as de Hiroshima?

Sabías que o sector gasista do gas licuado (GNL) está tan mal en España que o mes pasado tivo que vender case a totalidade do gas que se importou?

Sabías que os promotores de Reganosa incumpren as condicións que levaron para a aprobación da planta, ao non construír as industrias químicas que ían absorber unha parte do gas licuado (GNL), e a administración de gas ás térmicas de Ciclo Combinado está paralizada?

Sabías que as plantas térmicas de ciclo combinado existentes en España están practicamente paradas debido ao elevado prezo do gas natural licuado (GNL), xerando o que se lle chama a "burbulla enerxética"?

Sabías que no caso de accidente dun camión cisterna de 25 Tons de gas establécese un perímetro de seguridade de 600 m?

Sabías que a Xunta ten aprobado temerariamente un Plan de Emerxencia Exterior para a planta de gas e o complexo petroquímico ”Forestal del Atlántico”, establecendo unha zona de alerta de 213 m a partires dos tanques, cando a planta de Bilbao, establece unha distancia de 3.049 m?

---

Tras a Sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a localización de Reganosa, temos que esixir o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PECHE XA!!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA  !!

10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas?

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

__________________

mércores, xullo 02, 2014

Rolda de Prensa para presentar a Iniciativa cidadá pola xestión pública e social do ciclo da auga e do saneamento en Ferrol - Vídeo


Presentou-se en Ferrol, unha iniciativa cidadá pola xestión pública e social do ciclo da auga e do saneamento en Ferrol.

Esta mañá foi presentada en rolda de prensa a inicitiva cidadá que ten por obxecto promover a apertura dun debate público aberto á cidadanía ao abeiro do artigo 17 sobre Audiencia Pública do Regulamento de Participación Cidada do Concello de Ferrol, onde se nos dea conta do conxunto de elementos que conforman o convenio sobre o saneamento, o protocolo, a encomenda de xestión e a ordenanza que regula a taxa, entre outros. E ao amparo do artigo 19 do citado Regulamento, presentamos unha Iniciativa Popular coa proposta para a remunicipalización da auga e o saneamento, que inclúa unha Consulta Popular, prevista en dito Regulamento de Participación Cidadá.


http://youtu.be/d79G3fXmvQ8

Documentación:

Manifesto: Iniciativa cidadá pola xestión pública e social do ciclo da auga e do saneamento en Ferrol | Acceder ou Baixar.

Pregos para a recollida de sinaturas para a solicitude de Audiencia Pública | Acceder ou Baixar.

Pregos para a recollida de sinaturas para a solicitude da Iniciativa Popular | Acceder ou Baixar.
____________

martes, xullo 01, 2014

Para militantes e activistas que buscan vías concretas para democratizar os servizos de auga e por unha xestión pública ao 100 % - Remunicipalización: O retorno da auga a mans públicas - Libro, Vídeo e Enlaces de interese


O pasado sábado 28 de Xuño de 2014, tiña lugar en Ferrol unha xornada de debate sobre a 'Remunicipalización da xestión do Ciclo Integral da Auga'. O acto estaba organizado polas entidades integrantes da Comisión Social de Seguimento do proxecto e obras do sistema de saneamento da marxe norte da Ría de Ferrol.

O obxectivo do acto era o da defensa dunha xestión pública do ciclo integral da auga e a 'remunicipalización' como alternativa, nos concellos onde a auga está en mans privadas. Nestes momentos de "destape" da corrupción xeneralizada que se esconde nas privatizacións dos servizos públicos, na contratación de obras e servizos, na construción de infraestruturas, mesmo na constitución de empresas mixtas de xestión privada, trataba-se de elaborar un argumentario, para a reivindicación da xestión pública ao 100 %.

O caso de Puxín

No acto interviñeron Joaquín Moldes e Juan Lage da Comisión da Auga de Punxín, que falaron sobre como conseguiron rescatar a concesión da auga no concello que estaba en mans de Aquagest.  Os de Punxín explicaron a loita que levaron a cabo para remunicipalizar o servizo da auga, nun municipio onde o goberno municipal xunto con Aquagest, subiron o recibo da auga que ademais abastecían envelenada con arsénico. A veciñanza organizada, elaboraron información e fixeron análises, entrevistas, mobilizaron-se e prepararon unha iniciativa popular que foi rexeitada polos gobernates no concello, o que lles obrigou a pechar-se nas dependencias municipais perante 18 días. Ante a presión veciñal e denuncias, ao final a empresa, abandona a concesión.

Desde Sevilla

Por outra banda desde Sevilla achegaron-se a Ferrol:  Joaquín Morell e Emilio Pachón do Consorcio Provincial de Augas de Sevilla e membros de AEOPAS (Asociación Española de Operadores Públicos de Abastecemiento e Saneamento) falaron do traballo  da asociación dedicada á defensa da Xestión Pública da auga; á creación de indicadores de xestión sostible da auga; á constitución de órganos reguladores públicos que supervisen o ciclo integrado da auga urbana; e á defensa do dereito humano á auga e o saneamento. O modelo de xestión pública da auga que se propón desde AEOPAS, basea-se nos principios: da planificación; a participación cidadá; a transparencia e rendemento público das contas; a responsabilidade social corporativa das empresas; a protección dos recursos naturais; a cooperación; e a solidariedade. Por último expuxo-se o caso concreto de xestión pública intermunicipal a través do Consorcio Provincial de Augas de Sevilla. Ao final desenvolveu-se o debate sobre os procesos de remunicipalización.

Remunicipalización, Audiencia Pública e Consulta Popular

Nos últimos días, a partires das entidades que participan apoiando á citada Comisión de Seguimento, xorde en Ferrol unha iniciativa de loita pola remunicipalización do ciclo integral da auga. Consideran necesario a "apertura dun debate público aberto á cidadanía ao abeiro do art. 17. Audiencia Pública do Regulamento de Participación Cidadá (RPC) vixente no Concello de Ferrol", onde se dea conta "do conxunto de elementos que conforman o convenio sobre o saneamento, o protocolo, a encomenda de xestión e a ordenanza que regula a taxa, entre outros". A tempo, tamén conforme ao disposto no artigo 19 do mencionado Regulamento de Participación Cidadá, presentan unha iniciativa popular baseada na remunicipalización da auga e o saneamento, que incorpore unha consulta popular.

Vídeo e libro de interese: O retorno da auga a mans públicas

O vídeo que presentamos agora que está baseado no libro ao que se pode acceder e baixar gratuitamente do servidor da Transnational Institute, constitúen ferramentas básicas, para construír o argumentario, xunto a diferentes artigos e relatorios de experiencias de remunicipalización da auga, un ben escaso e imprescindíbel para a vida.

Video: O retorno da auga a mans públicas | Remunicipalización | 27 Xullo 2013 | Servizos Públicos e Democracia | Proxecto do programa Xustiza Económica | Transnational Institute.


http://youtu.be/OTu74XhDjMQ

Unha animación de vídeo que explica de forma amena como cidades de todo o mundo están acabando coa privatización da auga para recuperar o control público.

Este video explica en 5 minutos os casos de 'remunicipalización' da auga nas cidades de Bos Aires e París, sinalando os retos e beneficios dos modelos públicos. Tamén fai un chamamento a que os cidadáns e as cidadás de todo o mundo se mobilícen a favor desta vía. ¡Fagámo-lo! ¡A remunicipalización funciona!.

O video foi producido polo Transnational Institute (TNI), o Proxecto Servizos Municipais (MSP) e Corporate Europe Observatory (CEO).

Para saber máis sobre outras cidades que tamén están pasando do suministo de auga privado ao público (Dar é Salaam, en Tanzania, Hamilton, en Canadá, e un experimento a escala nacional en Malasia), recomendamos ler este libro en que está baseado o video (descarga gratuita).

Tamén se pode visitar Remunicipalisation Tracker, un portal do TNI e CEO desde o que se fai un seguimiento das cidades, as rexións e os países que abandonaron a privatización dos servizos de auga e optaron por asumir a responsabilidade de garantir un modelo público para os seus cidadáns e cidadás.

Recomendamos ler libro:
http://www.tni.org/es/briefing/remunicipalizacion

Remunicipalisation Tracker:
http://www.remunicipalisation.org/

O video está gravado en inglés, pero conta con subtítulos en portugués, español e outros idiomas:
Francés https://www.youtube.com/watch?v=qdk0Jw6T080
Griego http://youtu.be/A1XAQwcmmnQ
Español https://www.youtube.com/watch?v=S-pi8Gckpx4
Alemán http://www.youtube.com/watch?v=bMwvzE-tEP8
Italiano http://www.youtube.com/user/AcquaBeneComune
Portugués http://ow.ly/jjWkK
Si desexa engadir subtítulos noutro idioma, póñase en contacto con Satoko en: satoko [en] tni [punto] org.

Fonte: http://www.tni.org/es/multimedia/video-el-retorno-del-agua-manos-publicas?context=597

---

Remunicipalización: O retorno da auga a mans públicas

Tras décadas de privatización errada, cidades como Paris están volvendo asumir o control público da auga. Velaquí unha lectura obrigada para políticos e activistas que buscan vías concretas para democratizar os servizos de auga.

Remunicipalización: O retorno da auga a mans públicas (pdf, 1.85MB) [Baixar].

Cidades de todo o mundo están experimentando o fracaso da privatización do auga. Acceso desigual, promesas rotas, obstáculos medioambientales e escandalosos marxes de ganancias están impulsando ás municipalidades a retomar o control deste servizo esencial.

A 'remunicipalización' da auga é unha tendencia nova e apaixonante que se explora ao longo deste libro. Os estudos de caso analizan a transición do abastecemento privado de auga ao público en París, Dar es Salaam, Bos Aires e Hamilton, e revisan un experimento a nivel nacional en Malasia. A travesía cara a un mellor servizo público de auga ilustra os beneficios e desafíos da propiedade municipal, e ao mesmo tempo destaca o dominio das institucións financeiras internacionais e o legado do controlo corporativo.

O libro sitúa estes acontecementos no marco de debates máis amplos achega "as alternativas á privatización" e extrae leccións destas experiencias para accións futuras a favor dos servizos públicos. É lectura obrigada para políticos e activistas que buscan vías concretas para democratizar os servizos de auga.

Marzo 2013Remunicipalización: O retorno da auga a mans públicas | Transnational Institute (eds.) | 156 pages | ISBN/ISSN: 978-94-6228-049-6

Remunicipalización: O retorno da auga a mans públicas (pdf, 1.85MB)
http://www.tni.org/sites/www.tni.org/files/download/pigeon-mcdonald-hoedeman-kishimoto_remunicipalizacion_retorno_del_agua_a_manos_publicas_2013_0.pdf

Sobre os autores

Olivier Hoedeman, (Países Baixos/Dinamarca, licenciado en Ciencias Políticas) é o coordinador de campañas e investigacións de Corporate Europe Observatory (CEO), un grupo da sociedade civil con sé en Bruxelas que traballa sobre as ameazas á democracia, a igualdade, a xustiza social e o medio ambiente que supón o poder económico e político das grandes empresas e os seus grupos de cabildeo. CEO coorganiza o proxecto Dereito ao Auga xunto co TNI.

Satoko Kishimoto, era participante activa de movementos ambientalistas e xuvenís de Xapón na década de 1990. Satoko comezou a traballar co TNI no ano 2003, con ocasión do III Foro Mundial do Auga, celebrado na cidade xaponesa de Kyoto. O TNI organizou alí un exitoso seminario sobre alternativas á privatización do auga, que se converteu no punto de partida do proxecto Dereito ao Auga. En 2005, creouse a rede Reclaiming Public Water (RPW) a raíz da publicación do libro Por un modelo público de auga, á que o TNI serve como centro de coordinación. A rede RPW conecta a activistas, sindicalistas, investigadores, activistas comunitarios e operadores públicos de auga de todo o mundo, e aboga por reformas progresistas en materia de auga pública e asociacións público-públicas como elementos crave para solucionar a crise global no acceso a auga potable e saneamiento.

Fonte: http://www.tni.org/es/briefing/remunicipalizacion

Enlaces:

Proxecto Dereito ao Auga
http://www.tni.org/es/work-area/water-justice

Rede Reclaiming Public Water (RPW)
http://www.tni.org/es/network/reclaiming-public-water-network

Por un modelo público de auga
http://www.tni.org/es/archives/books_publicwater-s?context=599

Tamén:

Remunicipalización no sector da auga: unha ola imparable
http://www.tni.org/es/article/remunicipalizacion-en-el-sector-del-agua-una-ola-imparable

Construíndo unha nova cultura pública da auga
http://www.tni.org/es/article/construyendo-una-nueva-cultura-publica-del-agua

Colectivo Ártabra 21
________________

Centos de persoas manifestaron-se en Ferrol, miles en toda Galiza, en solidariedade con Carlos, Serafín, Ana e Tamara, e en defensa das liberdades democráticas - Moi interesante Texto do comunicado Unitario - Vídeo da manifestación e comunicado lido en Vigo

"Non hai sentenza, nin reforma do código penal, nin criminalización das organizacións sindicais, nin limitación do dereito democrático a folga que logre frear a forza da clase traballadora na súa loita pola plena xustiza social"
Miles de traballadoras e traballadores, saíron á rúa en vilas e cidades de toda Galiza, en solidariedade con Carlos, Serafín, Ana e Tamara, e en defensa das liberdades democráticas. En Ferrol, centos de persoas manifestaron-se polas rúas da cidade. A manifestación partiu da Praza da Porta Nova (Praza de España) e rematou na Praza do Concello diante do Pazo Municipal, onde, despois dunha pequena presención de Manel Grandal no nome das centrais convocantes, leu o comunicado unitario, Joam Lôpes membro de EsCULcA - Observatorio para a Defensa dos Dereitos e Liberdades. A manifestación rematou co canto do Himno Galego.

A mobilización estaba convocada por CCOO, CIG e UGT, mais tamén contou cunha importante presencia da CNT que distribuíu unha folha informativa na marcha obreira. Diferentes colectivos e organizacións políticas repartiron no transcurso da marcha a súa visión e análise do momento político que estamos vivindo.

Texto do comunicado Unitario(Recomendamos a súa lectura)


Carlos, Serafín, Ana e Tamara continúan a agardar polo indulto que evite o seu ingreso en prisión por mor dunha sentenza inxusta.

Os casos de Ana, Tamara, Serafín e Carlos non son illados: no noso país xa houbo máis, pero tamén no resto do Estado, a día de hoxe hai preto de 350 casos similares. Repítense sempre as mesmas pautas, así como as condenas que solicitan as Fiscalías: penas desproporcionadas, inxustas e abusivas que pretenden amedrentarnos e debilitar a nosa capacidade de resposta como clase. Unha vez máis, vemos como os tribunais, ditando estas sentenzas inxustas, colaboran na máis brutal represión contra a clase traballadora, convertendo nun delito a defensa dos seus dereitos, a loita por condicións de vida e de traballo dignas. Estes compañeiros/as foron obxecto de condenas desmesuradas, polo feito de exerceren os seus dereitos fundamentais, como son o de folga, o de manifestación ou o de libre expresión.

A actuación xudicial, e singularmente o papel da fiscalía, deixan claro que o que se pretendía eran sentenzas exemplarizantes para sufocar a resposta social fronte o saqueo que padecemos en forma de brutal retallamento de dereitos e servizos públicos. O medo é a mensaxe que o Estado a través do poder xudicial quere enviarnos cando castiga con tres anos de cadea o feito de participar nun piquete informativo durante unha folga legal. A súa represión quere pararnos, mais non o lograrán. Non hai sentenza, nin reforma do código penal, nin criminalización das organizacións sindicais, nin limitación do dereito democrático a folga que logre frear a forza da clase traballadora na súa loita pola plena xustiza social.

Carlos, Serafín, Ana e Tamara seguen á espera de que o Goberno español en mans do Partido Popular resolva as súas solicitudes de indulto, apoiadas por un clamor social unánime. En troca, o Ministerio de Xustiza de Ruíz Gallardón amósase áxil e veloz para indultar a banqueiros e empresarios corruptos, a policías condenados por torturar, a un condutor kamikaze ou a un garda civil que gravou entre risas unha agresión sexual a unha muller. Esa é a súa Xustiza. Xustiza de clase, para a súa clase. Mentres Carlos, Serafín, Ana e Tamara, canda as súas familias e amigos, vense obrigadas a atravesar o doloroso calvario de ficaren ás portas de perder a liberdade por defender a clase traballadora, o Partido Popular afanouse estes días en asegurar a toda velocidade o aforamento para o Borbón saínte.

Á súa concepción clasista e sesgada da Xustiza, esa xustiza do funil de boca pequena para o pobo e con todo tipo de folguras e impunidades para os poderosos/as, engádese tamén a súa xordeira prepotente. Logo de meses de mobilizacións, de milleiros e milleiros de mostras de apoio a estes catro compañeiros/as, que exemplifican hoxe a toda a clase traballadora que padece nas súas carnes as diferentes formas de represión coa que a golpean; e das declaracións institucionais unánimes do Parlamento galego e de numerosos concellos. A pesar de que ninguén, absolutamente ninguén, pode defender que se poida acabar en prisión por reivindicar un convenio colectivo digno. Malia todo iso, o Partido Popular segue sen dar resposta.

É por iso que hoxe queremos esixir desde aquí ao Goberno español de Mariano Rajoy e ao seu ministro de Xustiza, coa forza da razón e do pobo, a concesión inmediata do indulto para Carlos, Serafín, Ana e Tamara. Indulto xa! porque esta incerteza constitúe un castigo engadido que non merecen. Reclamamos ao Partido Popular que sexa consecuente co que votou nos plenos municipais e no Parlamento de Galiza, e faga efectivo o obxectivo desas declaracións institucionais. Pedimos tamén á Xunta que deixe de ollar a outro lado, que non continúe dando as costas a estes compañeiros e compañeiras, e desenvolva todas as accións que sexan necesarias para urxir ao Goberno de Madrid. Non facelo, continuar a alongar esta agonía cruel contra catro traballadores e traballadoras, suporía deixar en evidencia que o seu apoio foi froito do oportunismo e unha mostra intolerábel de cinismo.

A fin do calvario inxusto que padecen Carlos, Serafín, Ana e Tamara, pode e debe ter unha solución. Só depende de ter ou non vontade política. Porque é unha decisión política, un acordo do Consello de Ministros, a que pode poñer fin dunha vez por todas a esta situación que nunca se debera ter producido. Porque é unha decisión do PP a que lles pode asegurar unha liberdade que, por xustiza, non poden perder.

Defender os nosos dereitos como clase traballadora non é delito!

Vídeo duns minutos da manifestación e comunicado unitario lido en Vigo


http://youtu.be/eAKwG0bKLtg

Nota.- Detalle da foto e vídeo tirados do xornal sindical Avantar, da Confederación Intersindical Galega -CIG.
______________

Centrais Sindicais

Na Galiza:
  • Central Obreira Galega - COG
  • Confederación Galaica da - CNT/AIT
  • Confederación Intersindical Galega - CIG
  • Confederación Unitaria de Traballadores - CUT
  • Confederación Xeral do Traballo en Galicia - CGT
  • Sindicato Nacional de CCOO de Galicia - CCOO
  • Unión Xeral de Traballadores en Galicia - UGT
  • Unión Sindical de Traballadores Galegos - USTG

  • Confederacións Internacionais:
  • Federación Sindical Mundial - FSM
  • Confederación Sindical Internacional - CSI
  • Asociación Internacional dos Traballadores - AIT
  • Global Unions
  • Confederación Europea de Sindicatos - CES

  • Outras centrais sindicais de interese:
  • Intersindical Portuguesa - CGTP
  • Sindicato Andaluz de Traballadores/as -SAT
  • Sindicato de Obreir@s do Campo e do medio Rural de Andalucia -SOC
  • Corrente Sindical de Esquerdas -CSI
  • Intersindical Canaria
  • ELA-STV / Sindicato Vasco
  • LAB / Sindicato Vasco
  • Intersindical -CSC / Sindicato Catalán
  • Confederación Intersindical
  • ______________

    luns, xuño 30, 2014

    O Grupo Municipal de Esquerda Unida contra unha revisión do modelo especulativo no PXOM

    Esquerda Unida fai un chamamento ao movemento asociativo, veciñal e á cidadanía activa en xeral para esixir que o PP poña as cartas enriba da mesa na revisión do PXOM |Todos os problemas e conflitos derivados dun modelo de crecemento urbanístico obsoleto teñen que ser debatidos pola veciñanza” afirma Javier Galán |Hai que desterrar a vella política do urbanismo, da xestión do público, dos servizos, non serven os modelos de construción especulativa do pasado”conclúe o portavoz do grupo ao mesmo tempo que anuncia xa alegacións ao plan especial de Ferrol Vello.

    Ferrol, 30 de xuño de 2014. O grupo municipal de Esquerda Unida manifesta, novamente, a súa preocupación pola, máis que probable, dinámica de feitos consumados a propósito das decisión que se están a tomar con respecto da revisión do plan de urbanismo e que van conformar unha dinámica de feitos consumados de difícil. No fondo estamos perante un capítulo máis do mesmo: de costas ás posibilidades que outorga o regulamento de participación cidadá o PP está a propoñer unha revisión do plan de urbanismo agochando baixo fórmulas vacuas (es una oportunidad”, “hay que adaptar el planeamiento a la realidad”...) o que xa se ve que vai ser unha nova volta de torca  do   modelo que nos levou á actual situación de ruína (e ruínas), de reurbanización descontrolada do medio, de aposta pola cidade dispersa , en crecemento continuo, e o seu corolario inevitable: o despoboamento e declive comercial da cidade e barrios tradicionais; da falta de servizos  e solo dotacional nos novos asentamentos e nos barrios exteriores, da falta de trenzado e trama urbana entre barrios etc. Todo isto ten que ser debatido xa, na opinión de Javier Galán. Desde o primeiro momento no que o goberno municipal adoptou a decisión de iniciar o proceso que levará á revisión do plan deberían estar convocados os órganos de participación cidadá.

    Hai debates que teñen que darse agora, non no momento das alegacións cando todo estea cociñado.  As vellas políticas e as vellas manobras deben ser desterradas para sempre da xestión e do planeamento urbanístico” conclúe o voceiro do grupo.

    Por último o voceiro do grupo anuncia a presentación no momento da  súa publicación inicial de alegacións ao Plan Especial de Ferrol Vello: “Por suposto  a comezar por unha primeira  que tamén repetiremos para a taxa de saneamento: non houbo nin información suficiente nin se garantiu un proceso participado; non vai con nós ese procedemento”. A maiores o grupo anuncia determinadas alegacións que afectan aos valores relativos ao modelo BIC, normas de uso que permiten unha excesiva proliferación de usos terciarios, e que indican por onde van ir os tiros para a revisión do plan en canto aos barrios tradicionais etc, ordenación do espazo público e mobilidade, a viabilidade económica do plan ou a (im)política de vivenda.

    Esquerda Unida de Ferrol
    R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda
    981944035

    www.euferrol.org
    https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
    https://twitter.com/EUFerrol
    http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html


    Enviado por:
    Ferrol Esquerda Unida
    -eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
    30 de junho de 2014 14:11

    Achegamos nota de prensa do grupo municipal de EU sobre a necesidade de que o goberno municipal implique a cidadanía na redacción do PXOM. Un saúdo. Secretaría do Grupo Municipal

    __________

    Alerta Feminista!!


    Grupo de traballo da Plataforma Galega polo dereito ao aborto en Ferrolterra.
    ABORTO LIBRE E GRATUÍTO, NOS PARIMOS NOS DECIDIMOS

    AlertaFeminista!!

    Prevese que a lei do aborto sexa levada ao Consello de Ministerial nas próximas datas por iso a Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto convoca á cidadania galega a permanecer alerta e a amosar a unidade, a enerxía de todas as mulleres galegas e mesmo o acompañamento de moitos na defensa dos nosos dereitos e saír á rúa no día en que a contrareforma for levada ao Consello ministerial polo misóxino ministro de (in)Xustiza Gallardón.

    Estamos a vivir nunha situación na que as mulleres vemos como os nosos Dereitos Sexuais e Dereitos Reprodutivos están a ser atacados, e no que non se nos deixa decidir sobre o noso corpo. Hoxe a loita feminista cobra moita máis importancia non só para combater as políticas de cortes da dereita, mas tamén na defensa das nosas liberdades, de ser nais ou de non o sermos, de ter dereito a un aborto libre, gratuíto e na sanidade pública.

    Continuamos na loita. Polo dereito das mulleres a decidirmos sobre os nosos corpos!!!

    http://feminismo.eu/PlataformaAborto/

    Enviado por:
    Polo Dereito ao Aborto Ferrolterra
    -dereitoabortoferrolterra@gmail.com-
    29 de junho de 2014 20:13
    ______________

    En Ferrol, como en toda Galiza, hoxe manifestación unitaria en defesa das liberdades democráticas, non á represión, viva o movimento obreiro - Solidariedade con Carlos, Serafín, Ana e Tamara


    Hoxe, 30 de Xuño de 2014, ás 8 da tarde, en Ferrol, como en toda Galiza, vai ter lugar mobilizacións diante da ofensiva represora do PP contra a resposta social aos recortes en dereitos laborais e sociais, as organizacións sindicais CIG, CCOO e UGT acordaron convocar unha serie de protestas en toda Galiza. Con estas convocatorias queren reclamar o indulto para os traballadores/as condenadas a prisión por exerceren o noso dereito á folga, como os casos dos compañeiros Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, e as compañeiras Ana e Tamara. Esta campaña conta co apoio da Alianza Social Galega. Mesmo a CNT pronuncio-se que ía participar nas mobilizacións contra a represión antisindical.

    O pasado venres 27 de Xuño, desenvolveu-se unha concentración diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza na Coruña, onde membros das tres centrais auto-inculparon-se por ter participado en actos en defensa da clase traballadora, de igual xeito que o fixeron as catro persoas inxustamente condenadas.

    Desde o movimento sindicalista fan un chamamento á clase traballadora para que amose na rúa o rexeitamento das políticas represoras e de a criminalización da protesta social, da ofensiva penal contra o dereito de folga por parte do Goberno Español do PP e dunha Xustiza ao seu servizo, e a amosar a nosa solidariedade de clase con todos e todas as compañeiras que están a padecer os efectos deste brutal ataque. Carlos, Serafín, Ana e Tamara son hoxe as vítimas directas, mais a a represión afecta a todo traballador e traballador que exerce con dignidade os seus dereitos fundamentais como son o de folga, manfiestación, sindicación e liberdade de expresión.

    Participa nas manifestacións que o vindeiro luns 30 terán lugar en diferentes cidades e vilas do pais.

    Lugares e horarios das mobilizacións:

    A Coruña: manifestación dende a Casa do Mar ás 20.00 h.
    Ferrol: manifestación dende a Praza da Porta Nova (Praza de España) ás 20.00 h.
    Compostela: concentración na Praza de Galiza ás 20.00 h.
    Ribeira:  concentración na Praza do Concello ás 20.00 h.
    Lugo: manifestación dende a Ronda da Muralla (edificio sindical) ás 20.00 h.
    Viveiro: concentración diante dos Xulgados ás 12.30 h.
    Monforte: concentración diante dos Xulgados ás 20.00 h.
    Ourense: manifestación dende a Praza Maior ás 20.00 h.
    Pontevedra: concentración na Praza da Peregrina ás 20.30 h.
    Vilagarcía: manifestación dende a Casa do Mar ás 20.30 h.
    Vigo: manifestación dende Vía Norte ás 20.00 h.
    _____________

    Xornada Sobre Vida Independente en Ferrol - Asociación Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas


    Xornada Sobre Asistencia Persoal: recurso para a Vida Independente

    Venres 4 de Xullo de 2014 en Ferrol
    No salón de actos do Centro Sociocultural Fundación NovaCaixaGalicia
    Praza da Constitución, s/n Ferrol

    PROGRAMA
    • 16:00hs Presentación Xornada e Entrega de Documentación
    • 16:15hs Dereito á Vida Independente e á Asistencia Persoal (convención da ONU - LEPAD)
    • 16:45hs Impacto da Terapia Ocupacional na Autonomía Persoal e Vida Independente: Natalia Otero (Terapeuta Ocupacional).
    • 17:15hs Mar Aguirremota (Asistente Persoal).
    • 17:35hs DESCANSO
    • 18:00hs Experiencias de Vida Non Paralelas: Juan José Maraña (Consultor, editor e activista do Movimento de Vida Independente e Membro do Foro de Vida Independiente e Divertade); Concepción Fírvida (Residente no CAMF Ferrol); Manolo López Berlanga (Miembro de Teima Down Ferrol e usuario do servicio de Promoción da Autonomía Persoal).
    • 19:30hs Clausura : “A INCLUSIÓN SOCIAL DAS PERSOAS”: Mercedes Alonso López (Psicóloga e coordinadora do Servicio de Promoción da Autonomía Persoal de Teima Down Ferrol).
    ASOCIACIÓN GRUPO DIVERSIDADE FUNCIONAL FERROL E COMARCAS
    R/Colon esq. Mendizabal B/4 P/5 Baixos 38-39 15406 Ferrol
    Tlf: 981930544, Mobil: 620485450
    E-mail: diversidadefuncionalferrol@hotmail.com
    Blog: http://rachandobarreiras.blogspot.com

    Información baseada na enviada por:
    Asoc. Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas
    -diversidadefuncionalferrol@hotmail.com-
    30 de junho de 2014 10:08

    Ola! Este venres, 4 de Xullo, temos previsto realizar unha xornada sobre a importancia da Vida Independente e esperamos contar convosco neste proxecto. Enviámosvos o cartel da mesma, no que vai explicado o programa a seguir. Non poñemos todos os nomes dos relatores pois algúns están pendentes de confirmación, ben por motivos de saúde ben por motivos de axenda. Esperamos que a todos vos pareza tan interesante e importante como o é para todo o colectivo de persoas con Diversidade Funcional, xa que a Autonomía Persoal é moi, moi importante para todas as persoas. Un saúdo. Mari Morado

    ____________

    venres, xuño 27, 2014

    Manifestación unitaria en Ferrol contra os recortes no cadro de persoal e por un servizo de correos público e de calidade - Vídeos


    Máis do 90% de traballadores e traballadoras de correos de Ferrol Terra e centos  doutros sectores, participaron na manifestación en defensa dos postos de traballo e dun servizo de correos sempre público.

    A decisión de convocar a mobilización, chegou logo de que a principios da semana pasada se presentara na carteiría da Oficina Principal da cidade a “equipa de redimensionamento” do cadro de persoal.

    Antes das 8 da tarde, saía desde a Praza da Porta Nova (Praza de España) de Ferrol, unha manifestación diversa e unitaria, convocada pola Plataforma Unitaria das Traballadoras e Traballadores de Correos de Ferrol Terra, onde participan todos os sindicatos con presencia no servizo postal público da Comarca. Centos de persoas en defensa dos postos de traballo, contra os recortes no cadro de persoal e por un servizo de correos público e de calidade.

    A denuncia da corrupción estivo presente na mobilización, nas alusións gráficas e sonoras, á imputación do Alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela na chamada 'Operación Pokémon'.

    Despois dun percorrido polas rúas do casco histórico da cidade, concentraba-se a marcha na Praza do Concello, diante do Pazo Municipal, onde o persoal de correos situou-se nas escaleiras de acceso principal ao Pazo, e desde unha megafonía se realizaron as intervencións de Chus, Ricardo Ledo e Carlos del Rio, precedidas da interpretación da Internaciona, levada por Suso Pintos e Vitor Agulló. Rematou co Himno Galego.


    http://youtu.be/1RQXXEywDUg


    http://youtu.be/OKXTyK8R9XU


    http://youtu.be/Edm7HOkYKVw

    ___________________