xoves, setembro 20, 2007

22 e 23 de Setembro, novas actuacións solidarias na Casa do Concello de Mugardos

De: Plataforma Veciñal"OCruceiro de Meá"
ocruceiromeha@yahoo.es
Para: artabra21@gmail.com
Data: 20 de setembro de 2007 08:06
Asunto: ACTUACIONS NA CASA DO CONCELLO MUGARDES, 23 SETEMBRO


O vindeiro 23 de setembro cúmprese o segundo mes consecutivo de peche no concello mugardes por parte dos veciños contrarios á posta en funcionamento da planta de Gas Natural Licuado de REGANOSA, multitude de persoeiros ben coñecidos por todos, mostraron a súa intención de poder colaborar na loita que os veciños están levando a cabo. Entre outros poderemos destacar a actuación o sábado día 22 de setembro de María Manuela acompañada por Xurxo, quen actuarán a partir das 20:00 horas no casa do concello de Mugardos.

O 23 de setembro, a charanga AGRESCA paseará polas rúas da vila desde as 18:30. A continuación, sobre as 19:00 horas, Liño Braxe e Mabel Rivera entre outros, darán lugar a unha lectura dramatizada da obra ACURRADOS de XENARO MARINHAS DEL VALLE.

Ás 20:00 terá lugar a proxección do documental das ENCROVAS A CEO ABERTO, unha loita entre veciños das ENCROVAS e Unión Fenosa. Este documental estará asistido por xente do lugar ademais do seu director XOSÉ BOCIXA.



PLANTA DE GAS FORA DA RÍA
__________________
PLATAFORMA VECIÑAL "O CRUCEIRO DE MEÁ"
ocruceiromeha@yahoo.es
http://ocruceirodemea.blogaliza.org/
____________

martes, setembro 18, 2007

Programa do 5º Festival Fervesteiro en Ferrol: 21 e 22 de Setembro de 2007

De: fervesteiro@gmail.com
Para: artabra21@gmail.com

Data: 18 de setembro de 2007 21:00

Asunto: 5º festival fervesteiro







Saude!


Aqui vos enviamos o programa do 5º festival Fervesteiro en Ferrol. Pregamos a maior difusion posible.

Mais informacion en
www.fervesteiro.org
ou no TLF 657878541 (xabier).


Programa do 5º Fervesteiro


Venres 21

15:00h:
Apertura do espazo para graffities.
Na porta do asteleiro.

21:00h:
Cinema ao aire libre: "O salario do silencio". documental sobre a loita contra a planta de gas na ria de Ferrol.
Na praza do hinno galego.

22:00h:
Concertos.
Maladromena.(Hip-hop desde Compostela).
Lost psychotics( Punk-rock desde Ferrolterra).
Aljashsue and the visionaries.( Reagge-roots-ska desde A coruña).
Na porta do asteleiro.


Sabado 22

19:30h:
Roteiro polo barrio de esteiro.
Saida da porta do asteleiro.

22:00h:
Intervencion de Luz Mariña Torrente, membro do comite cidadan de emerxencia para a ria de Ferrol, e presidenta da AA.VV cruceiro de Mea, que levan dous meses ocupando o edificio do concello de Mugardos, en protesta pola ubicacion da planta de gas de Reganosa.
Na porta do asteleiro.

22:15h:
Cocertos.
Presa facil(rock de Ferrol).
Essenzia de lapo(Punk-glamour desde Vigo).
Som do galpom(Folck-fusion desde Compostela).
Dr Funkestein(Funk de Ferrolterra).
Na porta do asteleiro.

Ademais destas actividades, habera mercadillo artesanal, e tamen de colectivos. Entre grupo e grupo se proxectaran documentais e fotografias da loita contra a planta de gas. Asi como pinchadas varias despois dos concertos.

O espazo para os concertos esta cuberto baixo carpa, asi que si chove imos bailar igual!

Que aproveite.
A RIA E NOSA, E NON DE REGANOSA!!!!!!!!!!!!!


________

Acto do sábado 22 de setembro na facultade de Humanidades no Campus de Ferrol: Manifesto intelectuais e artistas contra Planta d Gas

De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 18 de setembro de 2007 19:45

Asunto: Acto día 22 Manifesto intelect. e artistas contra Planta d Gas




Con motivo da manifestación que vai ter lugar en Ferrol
o próximo dia 30 de setembro,

o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

invita a cidadanía a participar o próximo
SÁBADO, dia 22, ás 12 horas,
na Facultade de Humanidades (Campus de Esteiro), en Ferrol ,

a un acto simbólico e público de firma do manifesto,
no que participarán unha serie de persoas
vinculadas ós eidos artísticos e intelectuais.



MANIFESTO DE ARTISTAS E INTELECTUAIS CONTRA DA PLANTA DE GAS NA RÍA DE FERROL E APOIO Á MANIFESTACIÓN DO DÍA 30 DE SETEMBRO DE 2007

Os que abaixo asinan, manifestan o seu total desacordo coa ubicación da planta de gas natural licuado dentro da pequena e angosta Ría de Ferrol. Unha planta de gas que Reganosa está construíndo -sen ter acreditado que cumpre coa lexilación vixente- nas proximidades de núcleos de poboación que suman máis de 100.000 habitantes, cuxa vida quedaría ameazada en caso de entrar en funcionamento. Igualmente, a súa presencia suporía un risco permanente, xunto ó engadido polo complexo petroquímico chamado "Forestal del Atlántico S.A." e a entrada de buques gaseiros cargados de GNL, cuxa ruta de navegación pasaría a escasa distancia da poboación e do arsenal naval militar.

Igualmente, no caso de entrar en funcionamiento, Reganosa ameazaría a riqueza natural da Ría, que é o medio de vida de preto dun milleiro de mariscadores. Así mesmo, seria un grave obstáculo para a declaración de Patrimonio da Humanidade, proposta para os castelos e arsenais, ademas de provocar perdas no patrimonio histórico e na potencialidade turística.

Os abaixo asinantes denunciamos que é imposible que Reganosa poida cumprimentar os condicionados impostos na autorización da súa construcción, en canto a distancias de seguridade respecto das poboacións próximas e para unha saída de urxencia dos buques gaseiros, co cal non estarían salvagardadas nin as persoas nin os seus bens.


Por todo isto, manifestamos:

1. Anosa petición de que sexan retiradas tódalas denuncias que afectan ós traballadores do mar, na Ría de Ferrol, implicados neste proceso da súa defensa e en contra da ubicación da planta de gas de Reganosa.

2. O noso total desacordo coa ubicación da planta de gas natural licuado no interior da Ría de Ferrol. Asimesmo, solicitamos ó goberno da Xunta de Galicia que recupere o Porto Exterior como espacio axeitado para a instalación da Planta de gas, prevista nese lugar dende o ano 1994.

3. O noso apoio á manifestación que terá lugar en Ferrol o próximo día 30 de setembro, en protesta pola existencia dunha planta de gas nun lugar totalmente inadecuado e a nosa solicitude ás autoridades competentes de que non aproben a acta de explotación comercial ou de funcionamento definito de Reganosa, do mesmo modo que pedimos a reconversión do complexo petroquímico de Punta Promontoiro, por ameazar a vida da poboación e a riqueza marisqueira da Ría.

--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es
_______________

Cuñas radiofónicas convocando a manifestación cidadá do domingo 30 de Setembro en Ferrol

Cunhas radiofónicas que convocan a manifetación cidadá que está previsto que teña lugar o domingo 30 de setembro en Ferrol.
Planta de Gas Fora da Ría !!
A Ría e nosa e non de REGANOSA !!
REGANOSA ilegal e perigosa !!

Entra e copia o código para o teu Blog ou Web:
Cuña 01 - Planta de Gas Fora da Ría !!





Entra e copia o código para o teu Blog ou Web:
Cuña 02 - Planta de Gas Fora da Ría !!





Entra e copia o código para o teu Blog ou Web:
Cuña 03 - Planta de Gas Fora da Ría !!



_______

Algo estase movendo no seio do BNG, con respecto ao proxecto gasístico de REGANOSA

Segundo publica GZnacion, un xornal dixital na oŕbita do BNG, ademais de facerse eco as axencias de noticias, o Diputado Bieito Lobeira, inertveu no Parlamento Galego, cunha pregunta parlamentar á responsábel autonómica, Directora Xeral de Interior, Isabel Durántez, na Comisión Primeira do Parlamento. Fixo unha pergunta oral sobre a actuación policial, o pasado 30 de maio, sobre a xente do mar e membros da Asemblea Cidadá que se manifestaban en Ferrol. Mais a intervención conten unhas declaracións políticas que entrañan un cambio de rumo na postura que viña mantendo o BNG, no conflito de REGANOSA coa cidadanía que moramos nos concellos do contorno da Ría de Ferrol .

Os acontecimentos ocurriron logo de que a mobilización cidadá consiguira impedir a entrada na Ría de Ferrol do buque gaseiro "Mourad Didouche", o pasado 29 de maio, día no que detiveron ao Patrón Maior da Cofradía de Pescadores de Ferrol, Bernardo Bastida. Ese mesmo día xa houbo carga policial no peirao de Ferrol. Mais foi o día 30 no que Ferrol amaneceu ocupado policialmente. Forzas da policia nacional e da guardia civil tiñan tomado a cidade e todos os peiraos e embarcadeiros da Ría. Por terra mar e aire, nun despliegue sen antecedentes, temos que remontarnos 20 anos atrás cando as loitas contra a Reconversión [desmantelamento do sector naval]. O buque metaneiro consiguei entrar, ao día seguinte, na Ría coa perigosa carga para a ilegal REGANOSA. O Grupo Voz, intoxicou e manipulou todo o que poido a través dos seus medios na comarca: Radio Voz e La Voz de Galicia. Fronte a manipulación informativa; a actuación das autoridades que en vez de mirar pola vida e seguridade da cidadanía, puñase ao servizo do corrupto proxecto gasístico; fronte a detención do Patrón Maior e as cargas policiais; a indignación era enorme. O Comité Cidadán decideu concentrarse, ás 5 da tarde, diante dos xulgados onde ía ser posto a disposición xudicial Bernardo Bastida, a tensión durou varias horas, até a saída dos xulgados do Patrón Maior ao que decretaron prisión provisional sen fianza, nun alarde represivo de forte contido político. Convirteuse nun verdadeiro refén da administración e de REGANOSA. A guardia civil postada na porta antiga dos xulgados comezou a cargar contra as persoas concentradas o que tamén fixo a policia nacional que estaba na nova porta dos xulgados atrancando a Rúa dos Mortos, esta sen control e desesperada pola sorpresa da situación. Carga policial desmesurada e moi violenta que se saldou con numerosas persoas feridas e algunha detención.

Enlace cos arquivos da PA21:
Vídeo e fotos do acontecido o 30 de maio de 2007, así como un audio de Pichi Varela da RTVG

Artigo de opinión de Lupe Ces:
Hoje foi um dia moi duro

Enlace coa noticia nos nosos arquivos:
A mobilización cidadá consigueu impedir a entrada na Ría de Ferrol do buque gaseiro "Mourad Didouche", que pretende descargar GNL para REGANOSA


O BNG denuncia a carga policial do 30 de maio contra os mariscadores da Ría de Ferrol
Porén, a directora xeral de interior evita manifestarse ao respecto
[GZnación / Redacción / 17 Set 07]

O deputado do BNG Bieito Lobeira formulou esta tarde na Comisión Primeira do Parlamento unha pergunta oral sobre a actuación policial sobre os mariscadores que se manifestaban o pasado día 30 de maio en Ferrol no contexto do conflicto social xerado pola ubicación de Reganosa na ría. O parlamentar cualificou de “desafortunada” e “desproporcionada” a actuación das forzas da orde que rematou coa detención do patrón maior da confraría ferrolá que mesmo pasou tempo na cadea de Teixeiro.

A directora xeral de Interior, Isabel Durántez, asegurou que o goberno galego aposta pola vía do diálogo e a negociación, mais xustificou actuacións como a acontecida en Ferrol, que cualificou como a “última opción nunha situación de conflicto prolongada”. Durántez evitou manifestarse en contra da actuación policial e limitouse a dar dados sobre o despregamento de medios humans na zona, ao tempo que subliñou que “non podemos estar plenamente satisfeitos cando os conflictos non se resolven pola vía do diálogo”.

Lobeira asegurou, pola súa banda, que se tratou dunha “actuación unilateral por parte da delegación do goberno” e opinou que éste non é “o mellor xeito de resolver un conflicto enquistado coma este”.

De feito, o deputado nacionalista quixo levar o debate sobre este conflicto ao Parlamento porque, segundo dixo, “aqui pódese falar de todo” e lembrou que o BNG “aínda defendendo o carácter estratéxico dunha instalación enerxética destas características no noso país, foi a única forza política que presentou no seu día alegacións nas que se cuestionaban o emprazamento da pranta en Mugardos”, ao tempo que lembrou que, para o Bloque, a ubicación ideal sempre foi no Porto Exterior de Ferrol.

Lobeira recoñeceu que, neste contexto, “o debate agora é quen pode sufragar o traslado destas instalacións en función da súa adscrición ao dominio público portuario, ou mesmo á licenza de actividade outorgada polo Ministerio de Industria”.

Enlace coa noticia orixinal en GZnación
_____________

luns, setembro 17, 2007

Informando e difundindo a convocatoria da Manifestación do 30 de Setembro e Citas para esta semana

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, ven informando a poboación sobre o estado da situación da ilegal e perigosa planta regasificadora que lle deixaron construir a REGANOSA dentro da Ría e a súa vez convocando para a manifestación cidadá do vindeiro 30 de setembro. Que está previsto que saía desde o Porto de Ferrol, ás 12 do mediodía. Festivais populares e eventos que se producen na Comarca son visitados por activistas do Comité. Perante esta semana, partidos sindicatos e organizacións cidadáns van ser informadas de forma específica. Vai ser moi difícil contrarrestar a campaña mediática que REGANOSA co apoio das administracións está realizando, mais confiamos na capacidade de reflexión da cidadanía, para dar-se conta que o despropósito gasístico que REGANOSA instalou dentro da nosa Ría, é unha aberración que entraña un grande perigo para a vida e seguridade das persoas que moramos no contorno da Ría, como tamén pon en perigo os 600 postos de traballo da xente do mar, non só pola cantidade de buques gaseiros que está previsto entren e saían anualmente da Ría coa conseguinte paralización da actividade en varios dos bancos marisqueiros, senon polo obsoleto sistema de vaporización por auga mariña que utiliza REGANOSA que produce un impacto ambiental de enormes perxuicios á xa deteriorada Ría.
_____
+ Info na Folla Informativa da Convocatoria da Manifestación do 30 de Setembro en formato PDF, para reproduzir e fotocopiar:

Enlace co ficheiro da convocatoria en formato -PDF-


AS CITAS DESTA SEMANA:


- 20 de Setembro, Xoves, ás 20:00 hrs, na Biblioteca Municipal de Pontedeume, Organizado polo Colectivo Fusquenlla: Proxección de “O salario do silencio”. Será presentado pola actriz e produtora executiva do documental, Mabel Rivera, e por Enrique Banet, director. Tamén estarán presentes Miguel López (da Asoc. Veciñal Fontelonga), e Luz Marina Torrente (Presidenta da Plataf. de Veciños O Cruceiro de Mehá).

- 21 de Setembro, venres, proxeción pública do documentario "O salario do Silencio", ás 9 da noite na Praza do Hino Galego en Esteiro. Organizada pola A. V. Fontelonga, Fervesteiro, Fundaçom Artábria, NÓS-UP e Unión Libertaria. No caso de que chova realizara-se na carpa do Festival de Fervesteiro que estará situada no campo de Batallóns ao lado da muralla do asteleiro.

- 21 e 22 de Setembro, celebrarase en Esteiro o Festival Fervesteiro, adicado a Loita Cidadá contra REGANOSA, será apregoeira do Festival Luz Mariña Torrente, presidenta da Plataforma Veciñal "Cruceiro de Meá" e unha das portavoces da veciñanza pechada na Casa do Concello de Mugardos.

- 22 de Setembro, Sábado, ás 12 do mediodía, Salón de Actos da Universidade, Facultade de Humanidades - Campus de Esteiro, reunión de intelectuais, xente das letras e da cultura, para elaborar e asinar un manifesto contra o despropósito gasístico de REGANOSA.
__________

A Manifestación en Ribadavia do pasado sábado 15 de setembro en defensa da Comarca do Ribeiro, contra o macro-vertedoiro-incineradora

De: Plataforma Veciñal "Cruceiro de Meá"
ocruceiromeha@yahoo.es

Para: artabra21@gmail.com

Data: 16 de setembro de 2007 19:12

Asunto: A Manifestación en Ribadavia do pasado sábado 15 de setembro en defensa da Comarca do Ribeiro, contra o macro-vertedoiro-incineradora


Nin a calor, nin a distancia, nin as "ausencias" permitiron rebaixar o ánimo dos 5000 manifestantes que onte se reuniron na manifestación de Ribadavia contra o Parque mediambiental dá Carballeda.


Ás 18:30 horas partía a manifestación onde diferentes colectivos, Foro social TEMOS DEREITO A SABER, de Ribadavia (convocantes do evento social), SOS COUREL de Lugo, POLA DEFENSA DÁ RÍA de Pontevedra, Comité Cidadán de Emerxencia dá ría de Ferrol e PLATAFORMA DE VECIÑOS O CRUCEIRO DE MEHÁ estes últimos pechados dende fai hoxe 55 días no concello de Mugardos e opositores á localización no interior da ría Ferrolá da planta de gas de REGANOSA, lograron elevar o ánimo de unidade popular e de repulsa ás distintas aberracións que o capitalismo desatinado intenta impor nas distintas localidades da Galiza.

Unha vez na praza do concello o presidente do foro social TEMOS DEREITO A SABER, Clodomiro Montero, agradeceu entre outras cousas, a asistencia masiva da poboación así como da dos distintos colectivos que acudiron a devandita manifestación. Acto seguido presentou a unha madriña de luxo, MABEL RIVERA, quen, exultante, recordou aos presentes que se sentía manipulada polos señores que están no Goberno a quen se lles enche a boca de sustentabilidade e non saben de que están falando.

Neste ambiente de unidade popular, todas as organizacións alí representadas comprometéronse en acudir á manifestación convocada polo COMITE CIDADÁN DE EMERXENCIA de Ferrol, que o domingo día 30 de setembro, ás 12 do mediodía partirá dende o Peirao da cidade departamental baixo o lema :

"PLANTA DE GAS FORA DA RÍA"




PLATAFORMA DE VECIÑOS O CRUCEIRO DE MEHÁ
http://ocruceirodemea.blogaliza.org/
ocruceiromeha@yahoo.es


___________

DIFUNDE A CONVOCATORIA DE MANIFESTACIÓN EN FERROL, PARA O DOMINGO 30 DE SETEMBRO:

Folla Informativa da Convocatoria da Manifestación do 30 de Setembro en formato PDF, para reproduzir e fotocopiar:

Enlace co ficheiro da convocatoria en formato -PDF-


Cartaz da Convocatoria da Manifestación do 30 de Setembro en formato JPG, para reproduzir e fotocopiar::

Enlace co ficheiro onde está o cartaz en formato -JPG-


AVISO:
Nos locais do Ateneo Ferrolán de 10:00 a 13:00 hrs, poden-se recoller os cartaces e follas informativas da convocatoria que editamos en imprenta.
______________

sábado, setembro 15, 2007

Convocatoria da Asemblea da Plataforma Ártabra 21, para o martes 25 de Setembro, ás 19:30 hs, nos locais do Ateneo Ferrolán

XIII ASEMBLEA ORDINARIA DA PLATAFORMA ÁRTABRA 21

25 de Setembro de 2007

A Xunta Coordinadora da Plataforma Ártabra21, convócavos para unha ASEMBLEA ORDINARIA ás 7.30 h. da tarde, o martes día 25 de Setembro-07 no Ateneo Ferrolán. (confirmado).

Orde do día

1 .- Lectura e aprobación , se procede, da ACTA da ASEMBLEA anterior.

2 .- Estado de contas.

3 .- INFORMACION XERAL.-

a .- LEIXA – MANDIÁ; SARTAÑA; RECIMIL; PRAZA DE SARTAÑA; PRAZA DE PORTA NOVA ; OBRAS DA DEPURADORA; MENÁNCARO; EDIFICIO DO MERCADO.

4 .- PLANTA DE GAS .- MANIFA 30 SETEMBRO.

5 .- A XUNTA COORDINADORA PRESENTA UNHA RESOLUCIÓN PARA SOLICITAR UNHA REGULACIÓN SOBRE OS SOLDOS DOS CARGOS PUBLICOS.-

6 .- Próxima ASEMBLEA -

7 .- Suxestións e preguntas.

Ferrol a 12 de Setembro de 2007.

* A Xunta Coordinadora –

Asdo. Amadeo Varela / Ramón Regueiro / José R.Jove / Inacio Martinez / Bruno Lopes / Xosé M. Sanxoán






________________

Ramom Muntxaraz, Maria Ameneiro e Antom Moreda, que apresentarám em Ferrol a revista "Gaiola Aberta" em Artábria

De: Fundaçom Artábria
Para: artabra21@gmail.com
Data: 14 de setembro de 2007 15:51
Asunto:
Ramom Muntxaraz, Maria Ameneiro e Antom Moreda, que apresentarám em Ferrol a revista "Gaiola Aberta" em Artábria

No próximo sábado, dia 15 de Setembro, contaremos com a presença de Ramom Muntxaraz, Maria Ameneiro e Antom Moreda, que apresentarám em Ferrol a revista 'Gaiola Aberta', realizada por um grupo de trabalhadores, trabalhadoras e pessoas internas em centros de saúde mental da Galiza. Apresentamos-vos a seguir um texto sobre os 15 anos de história do colectivo, ao tempo que vos convidamos a participar no acto de apresentaçom, que começará às sete e meia da tarde.


[Mais:]




Agradecemos aos companheiros e companheiras da associaçom 'Gaiola' o envio desta informaçom, que a seguir reproduzimos polo seu interesse em relaçom a um movimento social de grande importáncia e pouco conhecido.


HISTÓRIA DA ASSOCIAÇOM GAIOLA

A Associaçom Cultural 'Gaiola' cria-se no ano 1.992 por iniciativa de um grupo de pessoas (internados/as e trabalhadores/as da Saúde Mental) dos 4 hospitais psiquiátricos galegos - 'San Rafael' de Castro de Ribeiras de Lea, Toém, Conxo e Rebulhom.

ANTECEDENTES

A 'Gaiola Aberta' da Unidade Semi-Fechada de Conxo

A ideia de criar um lugar de encontro e de comunicaçom entre doentes psíquicos com umha finalidade reabilitiva, alternativa aos alienantes sistemas de reabilitaçom manicomial, nasceu em 1987 no manicómio de Conxo, quando o psiquiatra Ramom Muntxaraz habilitara um espaço da Unidade Semifechada (assim se chamava esta Unidade para a distiguir da outra Unidade completamente 'fechada' situada numha cave e que os doentes conheciam como 'o submarino') para labores de reabilitaçom.

Os doentes e o pessoal da Unidade reuniam-se em assembleia, diariamente, na sala de estar da Unidade e ali intercambiavam opinions e falava-se sobre distintos aspectos problemáticos da convivência na Unidade, da relaçom entre os doentes e os enfermeiros e médicos, sobre as medicaçons, as saídas da Unidade, etc. Habilitárom um quarto para actividades recriativas e culturais (jogos, leitura, escuita de música). O quarto permanecia "aberto" durante todo o dia (manhá e tarde) e nom havia nengumha restriçom para entrar e sair nem para ninguém (pola primeira vez, os doentes nom tinham que pedir licença para entrarem ou saírem de algum sitio da Unidade). Era um espaço "aberto" onde os doentes podiam falar de quanto quigessem, pintar, ler, jogar aos naipes, escuitar música ou simplesmente falar, num espaço que (ainda sendo interior, dentro do manicómio) era desalienante. Chamárom a esse sitio "Gaiola Aberta" como contraponto à "gaiola fechada" manicomial. Naquela "Gaiola Aberta" do manicómio de Conxo estavam internados López Davila e Torrado que, anos depois, entrariam a fazer parte do grupo fundador da Associaçom "Gaiola" e da revista "Gaiola Aberta".

A experiência de "A Gaiola Aberta" manicomial apenas durou quatro meses pois o psiquiatra que a promovera (Ramom Muntxaraz) foi despedido depois que se negou a cumprir o mandado da Direcçom do manicómio para que fechasse a "Unidade Semifechada" e suprimisse as licenças domiciliares dos/as doentes.

A "Comunidade Terapêutica 6 de Maio e a revista "Maxi"

Em 1991, no hospital psiquiátrico "O Rebulhom" de Mós–Vigo, Ramom Muntxaraz cria a "Comunidade Terapêutica 6 de Maio" (chamada assim por ser esse dia do ano 1991 quando foi constituída oficialmente) que vinha ser umha experiência semelhante à antedita da Unidade Semifechada de Conxo, só que nesta ocasiom se contava com o apoio da Direcçom do Hospital e do Chefe do Serviço de Reabilitaçom, que outorgava plena liberdade à equipa assistencial da "CT 6 de Maio" para desenvolver a experiência, que duraria 4 anos (desde 1991 a 1995).

Ao longo da mesma, promoveu-se a participaçom activa dos doentes na sua reabilitaçom, estebelecendo-se um sistema de comunicaçom permanente entre estes e a equipa assistencial, através das assembleias diárias da Comunidade Terapêutica a que assistiam todos (doentes e equipa) e em que se falavam de todos os problemas individuais e colectivos de forma aberta (tratamentos, característica dos trastornos, saidas de permisos domiciliarios, visitas de familiares, problemas internos da Comunidade e problemas individuais). Paralelamente, os familiares e a equipa reuniam-se com umha periodicidade mensal para intercambiarem informaçons sobre os doentes e tratarem das principais problemáticas familiares relacionadas com os trastornos psíquicos.

A Comunidade Terapêutica promoveu dous tipos de actividades comunitárias: O invernadoiro (que foi posto em marcha polos doentes e pessoal da equipa assistencial da CT 6 de Maio) e a revista 'Maxi' escrita totalmente em idioma galego. Através destas actividades, os doentes e a equipa tinham umha tarefa comum orientada à reabilitaçom dos trastornos. Umha e outra actividade representárom um ponto de encontro dos doentes com a sociedade.

Antón Moreda e a revista "Falemos" do Sanatório Psiquiátrico 'S.Rafael' de Castro de Ribeiras de Lea.

O sucesso da revista 'Maxi' (de que chegárom a publicar-se três números) complementava-se com a que no Sanatório Psiquiátrico San Rafael (manicómio de Castro de Riveiras de Lea) tinha a revista 'Falemos', fundada, promovida e dirigida por Antón Moreda, com a colaboraçom cidadám e de doentes do manicómio . A revista 'Falemos' escrita íntegramente em galego publicou 50 números (desde 1982 a 1992) e deixou de publicar-se coincidindo com a publicaçom do primeiro número de 'Gaiola Aberta'.

A criaçom da Associaçom 'Gaiola' e da revista 'Gaiola Aberta'

A partir de 1991 a iniciativa de Antón Moreda e Ramom Muntxaraz tem lugar vários encontros entre doentes ingressados/as nos manicómios galegos e trabalhadores/as da saúde mental com o objectivo de impulsar a criaçom de um colectivo de doentes, trabalhadores da saúde mental dos 4 manicómios galegos com a finalidade de denunciar a situaçom de deterioro assistencial e marginalizaçom dos doentes internados/as.

No mês de Setembro de 1991, convocárom-se duas reunions (nas dependências interiores do cemitério de Conxo e no local social da Associaçom Cultural 'O Arco da Vella' de Conxo). Nessas juntas, às quais assistírom trabalhadores e doentes dos manicómios de Toém, Castro de Ribeiras de Lea, Conxo e 'O Rebulhom', acordou-se a constituiçom como Associaçom Cultural por ser esta forma associativa a que melhor podia efectivizar os objectivos marcados, acadar umha projecçom social e poder solicitar apoios económicos das instituiçons autonomicas (Conselharias da Cultura, Sanidade e Obras Sociais) já que o ámbito da actuaçom é a naçom galega e o idioma oficial da Associaçom Cultural Gaiola é o galego. Acordou-se por unanimidade adoptar como nome Associaçom Cultural 'Gaiola' e 'Gaiola Aberta' à revista que é o Vozeiro da Associaçom, tomando como referência o nome da experiência antedita da Unidade Semifechada de Conxo.

Constituiu-se a primeira Junta Directiva, formada por Antón Moreda, Joaquim López Davila, Alberte Martínez Vila, Xesús Seixas, Andrés Xaime Piñeiro, Pilara Martínez Otero, Ramón Muntxaraz e Francisco Girondo Colinas.

A ASSOCIAÇOM CULTURAL 'GAIOLA' HOJE

A actividade principal da Associaçom Cultural 'Gaiola'; é a publicaçom da revista 'Gaiola Aberta', da que editaram-se um total de cinco números. Os três primeiros correspondem à 1ª Época da revista (desde 1992 a 1994) e os dous últimos à 2ª Época, iniciada em 2005 na que levamos publicados dous números (em 2.006 e 2.007). A Associaçom Cultural Gaiola promove actos públicos sobre temáticas de actualidade (feminismo, anti-militarismo, anti-repressom, problemática da mocidade trabalhadora galega, a marginalizaçom dos enfermos mentais, saúde mental e ecologismo). Com motivo da publicaçom de cada número de Gaiola Aberta realizamos um acto público no que se tratam distintos temas de actualidade sempre relacionados com algumha problemática social de Galiza. No último acto, com motiv da apresentaçom do Nª 1 da segunda Época de Gaiola Aberta actuarom como conferenciantes Henrique Banet (sobre o conflito de REGANOSA) e Pedro Alonso Iglesias (sobre a necessidade de um ecologismo soberanista galego).

A Associaçom 'Gaiola' tem como principais objectivos a defesa dos direitos dos enfermos mentais e de toda classe de marginaçom em Galiza, defender o idioma e o património cultural galegos e luitar contra toda classe de discriminaçom de género, social, ideológica, racial ou política. As actividades da Associaçom Gaiola som também um instrumento de reabilitaçom da saúde mental através da interacçom grupal.

JUNTA DIRECTIVA ACTUAL

Presidente: Antom Moreda Rodríguez
Vice-presidente: Joaquim López Davila
Secretário: Luis Gonçáles Blasco ('Foz')
Tesoureiro: Carlos João Feáns García

Vogais:

Luz Fandiño
Pilara Martínez
Ramóm Muntxaraz
Andrés Xaime Pinheiro (Irmao falecido recentemente)
Manuel Varela Valinho


--
A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Código de Identificaçom Fiscal (CIF): G15645518.
Morada: Travessa de Batalhons nº7 Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone do Centro Social: +34 981369099
Fax do Centro Social: +34 981369920
Telefone do café-bar: +34 981369921

Sítio webda Fundaçom Artábria
http://www.artabria.net

Sítio web do festival da Terra e da Língua
http://www.artabria.net/festival

venres, setembro 14, 2007

Informe da Situación, para a Asemblea Cidadá do 13 de Setembro de 2007

Informe da Situación, para a Asemblea Cidadá do 13 de Setembro de 2007

[Clicar acima da imaxe paraampliar e leer]

__________________

Celebrada a XV Asemblea Cidadá, en Ferrol Vello, onde se analizou o estado da situación na loita contra o despropósito gasístico de REGANOSA

Celebrada a XV Asemblea Cidadá, en Ferrol Vello, onde se analizou o estado da situación na luita contra o despropósito gasístico e os dispositivos cidadáns para a celebración da manifestación do vindeiro 30 de setembro.

Comezou a Asemblea, ás 8 da tarde coa exposición do Informe de Situación, onde se analizou a actividade desenvolvida desde a pasada Asemblea; as mobilizacións; a recollida e entrega de asinaturas; a edición de material de difusión e propaganda; o peche na Casa do Concello de Mugardos; a constitución dunha Mesa de Traballlo do Comité Cidadán de Emerxencia; as entrevistas coa administración; os apoios e solidariedade recebida; ...... Valorandose a situación na que estamos, remitindose a nivel de sintese á folla informativa da convocatoria da Manifestación Cidadá do domingo 30 de Setembro. Considerase que estamos ao final dunha etapa que vai depender da concesión ou non da acta de funcionamento definitivo. Hai que ter en conta que a regasificadora, está funcionando en probas até o 8 de novembro, data na que finaliza o actual permiso provisional. Outro dos asuntos pendentes que afectan a situación é a decisión que ten pendente a Comisión Nacional de Enerxía en Madrid, sobre os contratos entre Gas Natural e ENDESA, para o suministro de gas á central de ciclos combinados das Pontes. Esta etapa, pois vai ser decisiva, para a resolución do confito, en termos positivos para a cidadanía ou para continuar baixo a ameaza de REGANOSA.

Informouse das declaracións de Felix Alonso, con motivo da visita do Presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, a REGANOSA, nunha ofensiva mediática, para paliar os efectos do derrube dos muros de silencio e a saída á luz dos argumentos opositores á localización da planta regasificadora dentro da Ría de Ferrol. Entre as sete e as oito e media da mañá do día de hoxe foron 7, as veces que saíron as declaracións de Felix Alonso na Radio Pública Galega. E todos os medios informativos e desinformativos, fanse eco das declaracións do mencionado. A ofensiva mediática e as palabras coas que se vitimiza o representante da ilegal e perigosa REGANOSA, van ser reproducidas centos de veces antes de que pase o día.

Informouse das próximas citas que temos antes da manifestación do 30 de setembro.

____

Folla Informativa da Convocatoria da Manifestación do 30 de Setembro en formato PDF, para reproduzir e fotocopiar:

Enlace co Ficheiro en formato -PDF-


Cartaz da Convocatoria:

Enlace co ficheiro onde está o cartaz en formato -JPG-


Informe apresentado na Asemblea Cidadá, nos Arquivos Ártabros:

Enlace onde está o Informe

_____



______
Próximas citas:

AS PRÓXIMAS CITAS

Nos próximos días temos unhas citas de moita importancia ás que lles debemos prestar atención:

- 15 de Setembro, sábado, reparto de follas informativas coa convocatoria e obxectivos da manifestacióna e mesa en Caranza, diante do Campeonato de España Cadete e Junior de Triatlón que terá lugar no barrio.

- 15 de Setembro, sábado, ás 2 da tarde, saída do autobus, diante do Edificio de Correos, na Praza de Galiza de Ferrol, para desprazar-nos até Ribadavia, atendendo a un convite do movimento popular desa comarca contra a pretensión de instalación dunha grande incineradora - vertedoiro de lixo, na comarca do Ribeiro, chamado eufemisticamente Parque Medioambiental de Carballeda de Avia. A veciñanza opon-se polos perxuizos que lles vai causar á agricultura da zona e por estar moi próximo a núcleos de poboación [+ info]. É unha mobilización cidadán que convoca a Plataforma Veciñal da Comarca do Ribeiro "Temos Dereito a Saber". [Coordena o Comité Cidadán de Emerxencia, quen queira desprazar-se até Ribadavia no autobus, ten que apontar-se no seguinte telefono 690612737].

- 16 de Setembro, domingo, reparto de follas informativas e mesa, no Feirón de Ferrol, desde as 11 da mañá.

- 20 de Setembro, Xoves, ás 20:00 hrs, na Biblioteca Municipal de Pontedeume, Organizado polo Colectivo Fusquenlla: Proxección de “O salario do silencio”. Será presentado pola actriz e produtora executiva do documental, Mabel Rivera, e por Enrique Banet, director. Tamén estarán presentes Miguel López (da Asoc. Veciñal Fontelonga), e Luz Marina Torrente (Presidenta da Plataf. de Veciños O Cruceiro de Mehá).

- 21 de Setembro, venres, proxeción pública do documentario "O salario do Silencio", ás 9 da noite na Praza do Hino Galego en Esteiro.

- 21 e 22 de Setembro, celebrarase en Esteiro o Festival Fervesteiro, adicado a Loita Cidadá contra REGANOSA, será a pregoeira do Festival Luz Mariña Torrente, presidenta da Plataforma Veciñal "Cruceiro de Meá" e unha das portavoces da veciñanza pechada na Casa do Concello de Mugardos.

- 22 de Setembro, Sábado, ás 12 do mediodía, Salón de Actos da Universidade, Facultade de Humanidades - Campus de Esteiro, reunión de intelectuais, xente das letras e da cultura, para elaborar e asinar un manifesto contra o despropósito gasístico de REGANOSA.

- 25 de Setembro, Martes, ás 19:30 hrs, no Ateneo Ferrolán, Asemblea Xeral da Plataforma Ártabra 21.

- 30 de Setembro, domingo, ás 12 do mediodía, MANIFESTACIÓN CIDADÁN, con saída desde o Porto de Ferrol, diante do edificio da Autoridade Portuaria, até a Praza do Concello de Ferrol, baixo o lema "PLANTA DE GAS FORA DA RIA".

_____________________

Seguiremos informando e completando a noticia nas próximas horas.
___________

Parte da veciñanza pechada na Casa do Concello de Mugardos acudirá á manifestación de Ribadavia na defensa da Comarca do Ribeiro

De: Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Méa"
ocruceiromeha@yahoo.es
Para: artabra21@gmail.com
Data: 13 de setembro de 2007 21:40
Asunto: adhesión con Ribadavia



Un numeroso grupo de veciños pechados no concello de Mugardos dende o día 23 de xullo, acudirá o vindeiro sabado día 15 de setembro ás 18:00 horas a Ribadavia. O motivo desta viaxe é a anexión cos veciños do foro social "TEMOS DEREITO A SABER" de Ribadavia, quen nos invitaron, coñecedores da nosa problemática, nos seguintes termos

O FORO SOCIAL "TEMOS DEREITO A SABER" PREGALLE A SÚA ASISTENCIA Á MANIFESTACION QUE SE CELEBRARÁ O VINDEIRO DIA 15 DE SETEMBRO AS 18:30 HORAS EN RIBADAVIA.

O MOTIVO DA MESMA É O NOSO REXEITAMENTO A UBICACIÓN EN CARBALLEDA DE AVIA DA MAIOR PRANTA DE BASURA DE GALICIA.

A MANIFESTACION SAIRÁ AS 18:30 DO INSTITUTO PERCORRENDO AS RÚAS DA VILA ATA CHEGAR A PRAZA MAIOR, ONDE SE LEERÁ UN MANIFESTO.

PARA MAIS INFORMACIÓN ENTRADE NA NOSO PÁXINA WEB:

http://www.espacioblog.com/avia

CORREO ELECTRÓNICO:
forosocialtemosdereitoasaber@hotmail.com

silviaforo@terra.es

FORO SOCIAL “TEMOS DEREITO A SABER”
PLAZA MAIOR Nº 14
32.400 RIBADAVIA, OURENSE.
TLF. 659077431

Nin que dicir ten que a unión de asociacións como de foros e todos os colectivos asi como persoas independentes que poidan adherirse a devandita manifestación, fará que os nosos amigos de Ribadavia teñan un maior apoio e unha demostración de unidade popular, imprescindible para que a súa loita sexa máis efectiva.

Desde a nosa Platafdorma de veciños O Cruceiro de Mehá, invitamos en nome deles a todos e a todas a acudir a Ribadavia o sábado día 15 de setembro ás 18:30.

Agradecervos de antemán a vosa participación.
O POBO UNIDO XAMAIS SERÁ VENCIDO

PLATAFORMA DE VECIÑOS O CRUCEIRO DE MEHÁ
http://ocruceirodemea.blogaliza.org
ocruceiromeha@yahoo.es
__________________________

Projecçom do documentário "A céu aberto", sobre o conflito das Encrobas nos anos 70

De: Fundaçom Artábria -artabria@artabria.net-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 13 de setembro de 2007 21:16
Asunto: Projecçom do documentário "A céu aberto", sobre o conflito das Encrobas nos anos 70



Projecçom do documentário "A céu aberto", sobre o conflito das Encrobas nos anos 70

"A céu aberto" é o título do documentário realizado por X. Bocixa sobre o conflito das Encrobas na década de 70, quando o governo franquista decidiu expropriar a vizinhança desse lugar do concelho de Cerzeda para as ceder à exploraçom do lignito e para a instalaçom da central térmica de Meirama.

Umha hora de documentário que dá voz aos e às protagonistas de aquela luita. Na Artábria, nesta sexta-feira dia 14 a partir das 22 horas, contando com a presença do realizador. Clica abaixo para veres o trailer da obra audioviosual de Bocixa.

Trailer "A céu aberto"



--
A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Código de Identificaçom Fiscal (CIF): G15645518.
Morada: Travessa de Batalhons nº7 Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone do Centro Social: +34 981369099
Fax do Centro Social: +34 981369920
Telefone do café-bar: +34 981369921

Sítio webda Fundaçom Artábria

http://www.artabria.net

Sítio web do festival da Terra e da Língua

http://www.artabria.net/festival

mércores, setembro 12, 2007

Convocatoria da manifestación do 30 de Setembro

Manifestación, domingo 30 de setembro, ás 12 do mediodía no Porto de Ferrol

Estes últimos meses distintos colectivos da comarca de Ferrol Terra veñen sufrindo as consecuencias da agudización do conflito que representa a localización ilegal e perigosa da planta regasificadora de REGANOSA. Os viciños e viciñas de Mugardos pechados na Casa do Concello desde o pasado 23 de xullo, porque ven ameazadas as súas vivendas; os mariscadores e mariscadoras que ven ameazados os seus postos de traballo co impacto ambiental negativo da tecnoloxía de vaporización por auga mariña que utiliza REGANOSA, e a paralización da actividade marisqueira cando entra ou sae un gaseiro. Ademais, está o esforzo mobilizador e de denuncia en varios frontes (xudicial, institucional, asociativo...) que parte da cidadanía desta comarca, co Comité Cidadá de Emerxencia ao fronte, ven desenvolvendo desde o ano 2000. Todo isto por estar no convencemento de que, REGANOSA é unha ameaza para a vida de 100.000 persoas e a riqueza marisqueira da Ría de Ferrol.

Sabemos que REGANOSA non ten todos os permisos que necesita para realizar a actividade que mantén nestes momentos. Non ten a acta de funcionamento definitivo. Aínda así, desde o pasado 9 de maio, co pretexto de “probas”, está protagonizando un feito consumado máis, co funcionamento de todos os seus sistemas de almacenamento de gas natural licuado (GNL) e de produción de gas natural regasificado que inxecta nos gasodutos, cun risco real para a vida humana e para o emprego de 600 traballadores e traballadoras do mar.

A autorización de construción de REGANOSA de febreiro de 2004, ten uns condicionados que debe resolver antes da autorización definitiva. Seguindo a política de feitos consumados e coas complicidades políticas aseguradas no anterior goberno de Fraga, REGANOSA foise convertindo nestes anos nunha ameaza cada vez máis real dentro da nosa Ría. Desde hai un ano, con escritos e entrevistas, o Comité Cidadán de Emerxencia reiterou ao Ministerio de Industria, ao Delegado do Goberno en Galicia, ao Subdelegado e ao Director da Área de Industria e Enerxía da Coruña, que os condicionados da autorización de REGANOSA deberían ser verificados pola Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas. Como se dunha pataca quente se tratase, esta administración trasladounos á Área de Industria e Enerxía da Coruña que non conta cos recursos necesarios para realizar esa verificación, correndo toda a comarca o perigo de que a autorización definitiva se faga tendo en conta só os informes que a propia REGANOSA presente diante deste organismo.

É imposible que REGANOSA poida resolver determinados condicionados da súa autorización de construción de febreiro de 2004, entre eles o das distancias á poboación que require o artigo 12 do Real Decreto 1254/99 ou Directiva Seveso II, segundo testemuña o informe de 22 de xaneiro de 2004 da Dirección Xeral de Urbanismo, único organismo competente para aplicar en Galicia dito artigo. Así mesmo tamén é imposible que REGANOSA poida resolver a saída ao mar dos gaseiros en caso de emerxencia, segundo require a norma EN-1532 de obrigada aplicación tal e como tamén testemuña outro condicionado da Autoridade Portuaria de Ferrol nos seus informes de outubro de 2001 e xaneiro de 2004.

Necesitamos un esforzo máis de toda a cidadanía para conseguir que as institucións que poden parar esta ameaza ecolóxica e para a vida humana, cambien as súas políticas:

a) O Goberno Central que ten competencias para decidir que, en base a eses condicionados non resoltos, non sexa aprobada a acta de funcionamento definitivo de REGANOSA.

b) A Xunta de Galicia para que renuncie à herdanza envelenada do caso REGANOSA, e así mesmo, reoriente a súa política enerxética para que deixe de ser unha ameaza para a Ría e para a vida de miles de persoas de Ferrol Terra.

c) O Concello de Ferrol para que acorde dirixirse ao Tribunal Supremo a fin de que faga firme a sentenza 536/2004 favorable á cidadanía de Ferrol e que anula a falsa tramitación ambiental de REGANOSA.

d) O Concello de Mugardos, para que revise as licencias, permisos e acordos con REGANOSA, que están ameazando a vida e os intereses da veciñanza.

A unidade, a conciencia cidadá, a transparencia e a mobilización conseguirán o noso obxectivo.

NUNCA É TARDE para que unha decisión administrativa, xudicial ou política paralice esta ameaza antes de que ocorra unha catástrofe que pode provocar miles de vítimas.

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!!
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

_________________
Nota.-
Escrito oficial da convocatoria, acordado na reunión da Mesa de Traballo do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, celebrada onte, martes 11 de setembro, nos locais da Asociación Veciñal de Ferrol Vello.
_________

Difundir a convocatoria

Só se editaron 1.000 cartaces que se distribuíran na Asemblea Cidadá que está previsto que se celebre o vindeiro xoves, dia 13 de setembro, ás 19:30 hrs, nos locais da Asociación Veciñal de Ferrol Vello.

Polo que, quen poida, que copie e distribuía o cartaz polo medio que saiba.

O mesmo dicimos para o Escrito da Convocatoria, da que só se editaron 3.000 unidades en A4.


[Clicar acima da imaxe para ampliar e logo baixar]


30 de Setembro, domingo, ás 12 do mediodía, MANIFESTACIÓN CIDADÁN, con saída desde o Porto de Ferrol, diante do edificio da Autoridade Portuaria, até a Praza do Concello de Ferrol, baixo o lema "PLANTA DE GAS FORA DA RIA".
____________________

Proposta para realizar unha segunda manifestación de "Galiza non se vende" en Compostela

De: BRASILIA LOURO LAGO -comitedefensariasaltas@hotmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 5 de setembro de 2007 03:16
Asunto: MANIFESTACIÓN (2ª) "GALIZA NON SE VENDE"EN SANTIAGO



MANIFESTACIÓN (2ª) "GALIZA NON SE VENDE" EN SANTIAGO

Estimada/vos compañeira/vos:

Dados os feitos e os gravísimos Proxectos, Plans e intervencións de todo tipo na costa e territorio galego, o feito de que se pensan levar adiante obviando e burlándose dos dereitos da cidadanía e a desfeita criminal que nos están preparando aqueles que deben velar polos intereses xerais e servir ao pobo e non ás multinacionais, sector inmobiliario ou outros particulares é imprescindible convocar unha 2ª manifestación co lema "Galiza non se vénde", de carácter global en Santiago para os próximos meses (a poder ser últimos de outubro ou novembro) e antes de que sexa demasiado tarde, legalicen e impoñan a barbarie, coa que en ningún caso debieramos de conformarnos. Xa non nos queda outra opción. As mobilizacións futuras cidadás son cruciais para parar esta tolemia, unida a outro tipo de medidas e cunha boa campaña previa de concienciación. Por suposto na convocatoria, como a outra vez non deben figurar partidos políticos ou sindicatos de clase.

A nosa costa, O Courel, os Canóns do Sil, os últimos espazos naturais, o medio rural e ata importantes recursos culturais están en gran perigo, ímolos a perder senón o impide o pobo galego. Gravísimos problemas relacionados coa seguridade da poboación como A PLANTA DE GAS ou a contaminación continúan sen solución.

Os grandes problemas globais esixen intervencións e solucións globais. Iso non impide intervencións específicas ou locais, como a próxima manifestación do día 30 de setembro da planta de gas en Ferrol.

Xa o comentamos con algunhas entidades sociais ou ecoloxistas que estaban de acordo.

Non nos queda outra e por iso, o sábado día 15 hai unha reunión na Coruña PARA TRATAR ESTE TEMA E ORGANIZARNOS . É conveniente que asista algún representante de cada entidade interesada, que un grupo de persoas que o desexen se encárguen especialmente desta organización e que todos traballemos no tema, na medida das nosas posibilidades ou preferencias.

Se hai que cambiar o lugar de reunión, faise. A HORA E LUGAR EXACTO DA REUNIÓN AVISARASE PROXIMAMENTE, SEGUNDO A INFORMACIÓN QUE RECIBAMOS.

O noso TELÉFONO É: 629942815.

POR FAVOR, ENVIADE ESTA MENSAXE A Cualquier PLATAFORMA O Entidad SOCIAL O Ecologista AFECTADA, POIS NON TEMOS TODOS Os E-MAILS ou enderezos.

Un saúdo.

Brasília.

Comité de Defensa dás Rías
comitedefensariasaltas@hotmail
_____________

Notas desde ADEGA - Trasancos: Compostaxe caseira, canteiras en Valón, Monte Ventoso e Prioriño

De: ADEGA-TRASANCOS
CARLOS OUTEIRO BAAMONDE
-couteiro@hotmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 11 de setembro de 2007 12:52
Asunto: Notas desde ADEGA - Trasancos: Compostaxe, canteiras de Valón, Monteventoso e Prioriño.



Adxúntovos nota de prensa enviada hoxe aos distintos medios de comunicación,
aproveito para informar doutra sobre unhas canteiras en Valón e finalmente
sobre os terreos de Monte Ventoso e Prioriño.

Un saúdo, Carlos Outeiro.


NOTAS DESDE ADEGA-TRASANCOS


Programa de compostaxe caseira

Este luns día 10, membros da dirección de Adega nacional e da delegación ferrolana mantivemos reunións coa concelleira de M.A. de Ferrol e cos concelleiros de M.A. de Valdoviño e San Sadurniño co obxectivo de propoñerlles a inclusión destas administracións locais ao programa de compostaxe caseira que promove a nosa organización ecoloxista.

Queremos agradecer a boa acollida que tiveron as nosas propostas nos tres concellos, en todos os casos valoraron como posíbel e positivo integrase nun programa no que vimos traballando desde hai xa 5 anos.

A día de hoxe este programa fica amparado nun convenio subscrito entre a nosa organización, SOGAMA e a Consellaría de M.A. co interese de potenciar a compostaxe dentro da xestión dos residuos sólidos urbanos. Defendemos este modelo como o máis racional desde o ponto de vista económico e de xestión ecolóxicamente sustentábel. Valoramos como perfectamente realizábel que un total de 300.000 vivendas na Galiza cheguen a participaren, o cal reduciría moito o volume de residuos a xestionar (calcúlase que entre un 50 e un 60 % da bolsa do lixo corresponde á fracción orgánica) co que se reduciría a necesidade de verquedoiros e o custo da súa xestión. Asemade disporiamos dun compost da máxima calidade, válido para utilizar incluso en agricultura ecolóxica por superar os controis máis rigurosos estabelecidos na normativa europea.

A importancia do programa de compostaxe defendido por ADEGA foi recoñecido recentemente pola entidade Caja Madrid co primeiro premio como iniciativa a espallar no conxunto do Estado Español.

Agardamos que en breve as persoas residentes nos mencionados concellos: Ferrol, Valdoviño e San Sadurniño, podan instalar un composteiro doméstico apoiadas polas súas administracións locais. O seguemento técnico do proceso realizarase de balde por parte de Adega para temos a seguridade de obter, en todos os casos, un compost da máxima calidade.

Máis información sobre a compostaxe caseira na páxina web de ADEGA:
www.adegagaliza.org

Un saúdo, Carlos Outeiro Baamonde
Adega-Trasancos Tlf – 690 30 72 45
En Ferrol a 11 de setembro do 2007

_____________


Canteiras en Valón

Serxio Perille Seoane, con D.I. nº 32.683.404 J, con domicilio, a efectos de notificación, en R/Alonso López nº 26 – Ferrol (Galiza) Tlfno: 662 428.976, actuando en representación da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e tamén en nome propio, fronte á ALCALDÍA do CONCELLO de FERROL

EXPÓN:

Informámonos polo xornal Diario de Ferrol do anuncio datado o 16/08/2007 con respeito a unha solicitude de obras de mellora nunhas fincas no lugar da Costa Brava en Doniños (polígono 22, parcelas 170 e 173)

O promotor destas obras, Alfredo Carroldeguas Rodríguez, ten iniciado actividades de extracción de áridos nesas mesmas fincas, as cales foron paralizadas por non estaren suxeitas á legalidades vixente.

SOLICITA:

1. Que se extremen as precaucións na posíbel autorización das obras citadas por canto, entendemos, poden servir de desculpa para emprender actividades de explotación de áridos nunha ubicación non permitida e cuxos efectos ambientais sobre o entorno serían irrebersíbeis.

2. Información por escrito sobre:
  • a. Situación da referida solicitude e previsións sobre a súa posíbel concesión.

  • b. Iniciativas que o concello contempla para restituir ou facer restituir o entorno destas fincas ás condicións previas á realización das obras que foron paralizadas.

En Ferrol, a 6 de setembro do 2007

Asdo: Serxio Perille Seoane
Socio de Adega - Trasancos
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
Pza Camilo Díaz Valiño, 2º A 15704 Santiago de Compostela
Correo electrónico: adega@adega.info
Páxina electrónica: www.adega.info
Tfnos: 981.570099 /619 808662


_____________


Monte Ventoso e Prioriño

Carlos Outeiro Baamonde, con D.I. nº 32.646.306-Z, con domicilio, a efectos de notificación, en Montefaro D 60 c.p. 15550 – Valdoviño (Galiza), Correo electrónico: couteiro@hotmail.com Tfno: 690 30 72 45, actuando en representación da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e tamén en nome propio, fronte á ALCALDÍA do CONCELLO de FERROL

EXPÓN:

Na actualidade o concello de Ferrol está a negorciar co Ministerio de Defensa un convenio para o traspaso da titularidade dunha serie de propiedades desafectadas de usos militares.

Entre as propiedades desafectadas fican os entornos de Monte Ventososo e da Batería de Prioriño cuxa ubicación no litoral entre o Porto Exterior e Doniños e, a súa inclusión no LIC Costa Ártabra (xa que logo, formando parte da proposta de Rede Natura 2000) motivan o noso interese ao considerar estas propiedades como de grande valor ecolóxico, por canto supoñen zonas non antropizadas nas proximidades da entrada da Ría de Ferrol, cun potencial de conservación intacto.

SOLICITA:

1. Que, o concello de Ferrol defenda fronte ao Ministerio de Defensa a necesidade da inclusión destas propiedades no convenio actualmente en negociación co compromiso de permitir nelas exclusivamente obras de consolidación de infraestruturas existentes ou de mellora na conservación do seu importante valor natural e paisaxístico.

2. Información da posición do concello a respeito da inclusión referida.

3. Coñecermos as previsións do Concello de Ferrol para evitar que este entorno se poda ver afectado negativamente pola actividade presente e futura no Porto Exterior quer no caso de ficar en mans do Ministerio de Defensa quer, no de se integraren no convenio. O feito de ser xa unha realidade tanxíbel esta instalación portuaria fainos demandar coñecermos estas previsións co maior detalle posíbel, incluíndo os prazos temporais de actuacións concretas.

En Ferrol, a 10 de setembro do 2007

Asdo: Carlos Outeiro Baamonde
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
Pza Camilo Díaz Valiño, 2º A 15704 Santiago de Compostela
Correo electrónico: adega@adega.info
Páxina electrónica: www.adega.info
Tfnos: 981.570099 /619 808662
_______________________----

Dúas horas dunha brillante actuación por parte do grupo folk "Os Cempés", este domingo en Mugardos, en solidariedade coa veciñanza pechada

De: Plataforma Veciñal "Cruceiro de Meá"
ocruceiromeha@yahoo.es
Para: artabra21@gmail.com
Data: 10 de setembro de 2007 13:08

Asunto: Dúas horas dunha brillante actuación por parte do grupo folk "Os Cempés"


Dúas horas dunha brillante actuación por parte do grupo folk "Os Cempés", este domingo en Mugardos, en solidariedade coa veciñanza pechada na Casa do Concello

Dúas horas dunha brillante actuación por parte do grupo folk OS CEMPÉS, fixeron vibrar ás máis de 200 persoas que se deron cita na praza do concello de Mugardos.

OS CEMPÉS, que en todo momento fixeron gala dunha grande calidade profesional, amosaron tamén a súa complicidade cos veciños pechados no concello fai xa 7 semanas, en contra da localización da planta de gas de REGANOSA dentro da ría ferrolá.

Así pois, a un grán número de actuacións de todo tipo, tanto grupos musicais, como de teatro, como poetas e un longo etc de profesionais, súmase este lexendario grupo galego que foi un sopro de aire fresco para todas aquelas persoas que acudiron a velos en directo.


__________________
PLATAFORMA VECIÑAL "O CRUCEIRO DE MEÁ"
ocruceiromeha@yahoo.es
http://ocruceirodemea.blogaliza.org/
____________


[Para acceder á galería de diapositivos, clica na imaxe ou no enlace de acima]

____________

martes, setembro 11, 2007

Unha nova e burda manipulación informativa de La Voz de Galicia, de novo asinada por Beatriz Couce

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA -avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 11 de setembro de 2007 10:37

Asunto: Unha nova e burda manipulación informativa de La Voz de Galicia, de novo asinada por Beatriz Couce


Unha nova e burda manipulación informativa de La Voz de Galicia, de novo asinada por Beatriz Couce, na que se pretende enviar a mensaxe subliminar (fixadevos na foto) de que en Bazán se da emprego a 500 persoas na reparación de gaseros , grazas a Reganosa.

Unha nova e burda manipulación informativa de La Voz de Galicia, de novo asinada por Beatriz Couce, na que se pretende enviar a mensaxe subliminar (fixadevos na foto) de que en Bazán se da emprego a 500 persoas na reparación de gaseros, grazas a Reganosa, continuando así na súa campaña a prol da planta de gas dentro da Ría de Ferrol, sen importarlles para nada todo o proceso irregular e ilegal da súa construción e o incumprimento das medidas de seguridade esixidas, co conseguinte e innecesario perigo para as poboacións de Ferrol e Mugardos.

En Bazán xa se reparaban gaseiros moito antes de que se falase sequera de Reganosa

[Clicar acima da imaxe para ampliar e poder leer a noticia]

________________
________________
ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Web veciñal
Blog veciñal

________

Os Sen Voz de Galicia

Asociacións cidadáns, ecoloxistas e socioculturais agrupadas diante dos silencios, censura e manipulación do Grupo Voz en Ferrolterra
http://os-sen-voz.blogspot.com
______________________

Artigo de Antón Reixa, "A culpa non foi de Pondal e Losada"

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA -avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 11 de setembro de 2007 10:37
Asunto: Artigo de Antón Reixa, "A culpa non foi de Pondal e Losada"


Artigo de Antón Reixa no xornal El País

ANTÓN REIXA 11/09/2007 -El País

A culpa non foi de Pondal e Losada


A política galega moveuse nas últimas semanas a ritmo de chachachá, con frenéticos pasos adiante e atrás. Pero igual que non podemos afirmar, como na canción, que "a culpa foi do chachachá" (en si mesmo) tampouco nos podemos consolar con explicacións simplistas ante o verdadeiro cambio. Galicia ten axenda política propia. Insólitamente, os titulares destes días non foron para as aventuras de Gallardón (que lonxe nos queda) ou para o novo partido contra o mundo de Rosa Díez. Que se afaga a tripulación. Como en toda politomanía que se prece, a simplificación e a banalidade hanse superpuesto á profundidade das contradicións, a anécdota triunfou sobre o fondo real dos problemas.

A presunta crise do Goberno bipartito non se pode imputar alegremente ao aristocrático poeta de Ponteceso que escribiu un himno "rumorosamente" opaco pero eficaz, nin ao mal carácter de Antón Losada, ao que lle honra inaugurar a cultura democrática da dimisión e o recoñecemento por parte de todos os que lle coñecemos moito ou pouco de que a súa intelixencia e brillantez superan ata ao seu mal humor. Especialmente inxusto é que, logo de pagar ese tributo dimisionario tan insólito por este lugar do planeta, métase o dedo na ferida cunha información que ratifica dúas cousas, que se equivocaron en Vicepresidencia vetando a un medio público e que efectivamente algo ocorre nos servizos informativos de TVG cando se gravan as chamadas externas para filtralas á prensa.

O vicepresidente estaba lexitimado para manifestar a súa discrepancia ao tratamento informativo, pero dispuña para iso da súa propia liberdade de expresión, os organismos da propia CRTVG, o Parlamento e o propio Consello da Xunta. E é que non resulta fácil en dous anos superar a manipulación cortesá da información, logo de 16 anos de autoritarismo, co simple cambio das persoas e sen reformas estruturais. Equivócanse sempre os políticos tratando de validar exclusivamente a presunta obxectividade dos medios públicos en base aos seus minutos en pantalla. O verdadeiro reto (enigma case) que teñen que superar os informativos da nosa tele pública non é o de sacar moito ou pouco a Touriño ou escurecer a Quintana, senón a gran diferenza en seguimento de audiencia entre o Telexornal do mediodía e o da noite. E todo isto nunha canle que está respondendo con sensatez e audacia notables á gran conmoción dos consumos televisivos no novo panorama de oferta multiplicada e fragmentada.

Equivócase o PP cando imputa desgoberno ao bipartito, pero tamén o fan o BNG e o PSDEG se pretenden elevar ao absoluto as súas lexítimas diferenzas. E é que hai unha parte importante do electorado, que non rexistran as enquisas, que somos case hoolligans desta pluralidade, é dicir, que temos o corazón político bipartito e agradecemos esa dialéctica logo de case dúas décadas de monolitismo de dereitas, porque ademais é máis difícil pensar a vida, Galicia e o mundo desde a esquerda que desde a dereita. Por iso pedímoslle ao bipartito que non esquiven as súas diferenzas nin dulcifiquen as súas coincidencias, senón que as leven ata o final de forma proactiva e intelixente. Se están de acordo na Cidade da Cultura, por que non elaboran conxuntamente unha alternativa comprensible e eficaz? Se ambos coinciden na barbaridade de manter Reganosa onde está, partindo de que non é lugar idóneo segundo o seu propio punto de vista, por que non rectifican ou, polo menos, demostran a presunta seguridade do monstro?

Teranse que afacer os dous partidos no goberno a discrepar e crecer ou diminuír roubándose votos o un ao outro e ambos ao PP, a xestionar as súas diferenzas e, sobre todo, a armar alternativas. Gustaríame ler que as galescolas son un avance real porque non teño constancia de que ninguén dixese que os nenos e nenas ían cantar o himno en formación marcial como o Cara ao sol noutros tempos. E mentres os titulares cebábanse niso e en TVG, o presidente Touriño presentaba un auténtico, eficaz e bipartito plan de vivenda.

Enlace coa artigo orixinal no xornal El País
________________
ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Web veciñal
Blog veciñal
________

Convocatoria da Asemblea Cidadá para este xoves, 13 de setembro, nos locais da Asociación veciñal de Ferrol Vello

CONVOCADA A XVI ASEMBLEA CIDADÁ, PARA ESTE XOVES, 13 DE SETEMBRO DE 2007, ÁS 19:30 HRS, NA SALA DE ACTIVIDADES DA ASOCIACIÓN VECIÑAL DE FERROL VELLO

Na pasada primavera quedaron rotos os muros de silencio, desde entón ningún medio de comunicación nós censúra e os mais cualificados profesionais da información profundizan e difunden o fondo do fráxil e fraudulento do “caso Reganosa” e a ameaza que supón para a vida humana ou a riqueza natural da Ría de Ferrol, así mesmo dos condicionados da súa autorización de construción imposibles de resolver nas distancias á poboación e na saída ao mar dos gaseros en caso de emerxencia. Polo cal non lle débe ser aprobado o acta de explotación ou de funcionamento definitivo, quedando como monicreques ou mentireiros quen publicamente dixo que tiña todos os permisos. Reganosa ten que recorrer a un acta de probas parcial prorrogada o 8 de agosto, para inxectar gas natural nos gasodutos, sen finalizar as obras e cando os seus socios demostran publicamente non ter seguridade do seu funcionamento ou subministración. É moi importante a intensidade das actuacións destes meses que culminarán nunha gran manifestación o próximo 30 de setembro. É hora para que os organismos competentes entren en razón e decidan pór fin á ameaza de Reganosa. Nunca será tarde se esa decisión administrativa, xudicial ou política se prodúcese antes de que ocorra unha catástrofe con miles de víctimas.

ORDE DO DÍA

1º.- Informe de situación.

2º.- Manifestación para o 30 de setembro de 2007.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

O seu correo electrónico é:
comitecidadan@iespana.es

A súa web:
http://comitecidadan.org/
_________________________________

30 de Setembro, domingo, ás 12 do mediodía, MANIFESTACIÓN CIDADÁN, con saída desde o Porto de Ferrol, diante do edificio da Autoridade Portuaria, até a Praza do Concello de Ferrol, baixo o lema "PLANTA DE GAS FORA DA RIA".

Difundir a convocatoria


[Clicar acima da imaxe para ampliar]

___________________________