luns, outubro 22, 2007

Tres meses de peche, actos en Mugardos e artigo en Galicia Hoxe "Reganosa, sen riscos?"

De:Platafoorma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
ocruceiromeha@yahoo.es
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de outubro de 2007 20:18
Asunto: Actuación para o 23 de outubro no terceiro mes de peche e artigo no xornal Galicia Hoxe


[Clicar acima do cartaz para ampliar]

ACTUACIÓN NO CONCELLO DE MUGARDOS CON MOTIVO DO TERCEIRO MES DE PECHE

O martes día 23 de outubro ás 19:30 horas, actuarán Fran Rey ao piano e Germán Lamas, voz e Luis Cuba no baixo, solidarizándose deste xeito cos veciños e veciñas pechadas desde hai xa 3 meses no concello de Mugardos, en protesta pola localización da planta de gas de REGANOSA no interior da ría de Ferrol.

Agradecendo a todos e todas a vosa presenza enviámosvos un cordial saúdo.

VENCEREMOS PLANTA DA GAS FORA DA RÍA

Tamén leer a reportaxen que transcribimos máis abaixo, publicado no xornal Galicia Hoxe o domigo 21 de outubro de 2007.

grazas, unha aperta

PLATAFORMA VECIÑAL "O CRUCEIRO DE MEÁ"
ocruceiromeha@yahoo.es
http://ocruceirodemea.blogaliza.org/
______________


Mugardos
Reganosa, sen riscos ?

Os expertos desdín a empresa e recoñecen que os buques poderían ter problemas para saír en caso de emerxencia porque a entrada da ría é estreita e o calado limitado

REDACCIÓN . SANTIAGO 21.10.2007

Entrada dun buque gaseiro á planta regasificadora de Reganosa en Mugardos, na comarca de Ferrolterra FOTO: Kiko Delgado



Nos últimos meses a planta regasificadora de Mugardos sementou a polémica. E hai só cuestión de días as discrepancias en torno a Reganosa avivárona aínda máis se cabe.

Os medios galegos trasladáronlle á cidadanía un informe de seguridade que Reganosa lle entregou a Industria no que indicaba "a probabilidade coa que traballamos de que suceda un accidente grave é dunha nun millón de anos", sentenciaba a responsable de Seguridade e Medio Ambiente, Paula Pieroni, quen sinalou que a planta regasificadora xa implementou as medidas de seguridade necesarias para actuar.

Para verificar este sorprendente dato, Galicia Hoxe contactou cun inspector marítimo encargado de controlar a seguridade de todos os barcos e, entre eles, dos gaseiros.

O experto declara que na teoría un buque destas características non ten practicamente ningún perigo, sempre que cumpra as condicións que se lle esixen. É dicir, "se se traballa baixo unhas condicións normais, non ten porque pasar nada". Con todo, recoñece que o único inconveniente que presentan este tipo de buques xorde cando se descargan, non antes. "O risco de que haxa un rebentón está máis vixente cando os tanques están baleiros ou da metade para abaixo polo gas que queda dentro destes".

Despois de todas estas declaracións, o inspector marítimo confesa que "o risco en si non sería tan grave". Refírese ó porto de Ferrol, do que recoñece que ten unha entrada abondo estreita e un calado limitado. Continúa explicando que en caso de emerxencia o buque tería problemas para saír. E precisamente para evitar ese problema, a Capitanía Marítima de Ferrol pensou nunha alternativa que consiste en "ter preparado un remolque a proa e outro a popa, de modo que se hai algún accidente se achegaría un remolcador e engancharía eses remolques que están colgando para sacar e consegurirían así, levar o barco para fóra, para alta mar". "No caso de que houbera problemas coas mareas e, polo tanto, problemas de calado, pensaron noutra posibilidade", asegura. "Buscaron un lugar afastado da terminal, unha zona reservada e arredada da poboación. E arrimaríase o barco alí", expón.

Unha vez aclarado isto, reitera "o risco en si non sería tan grave". E compara esta situación coa refinería coruñesa e di "se vamos a poñer trabas, incluso a refinería ten os seus perigos porque como estes tanques estén medio vacíos e salte unha chispa rebentarían".


Un quecemento das augas que afectaría o marisqueo

Por outra parte, o experto cre que a preocupación dos mariñeiros é un posible quecemento das augas. É dicir, temen que as elevadas temperaturas do sistema de refrixeración da regasificadora de Mugardos alteren o ciclo natural de vida de todas especies acabando con elas e coa ría ferrolá a posteriori. O inspector entende os seus medos, aínda que engade que non se deben adiantar os acontecementos porque primeiro hai que estudar ata onde isto pode prexudicar a ría.


EN PRIMEIRA PERSOA

"A seguridade nos gaseiros é a mínima. Hai moitas neglixencias"

Un mariñeiro que estivo embarcado en gaseiros, asfalteiros e petroleiros durante máis de 15 anos explica que estes barcos teñen moitos riscos polo feito de que transportan mercancías perigosas. Pese a que explica que son buques moi seguros, está convencido de que os elevados perigos que se corren xorden a consecuencia de que non se aplican as medidas de seguridade que se lles esixe. Di que "isto funciona moi mal".

Por outra banda, confesa que os mariñeiros que coma el traballaron neste tipo de buques non son conscientes do perigo que iso conleva. "A xente que estamos dentro non sabemos o que é iso. Non che esixen nada e ignoras todo o que alí acontece". Continúa expoñendo que o día a día é moi duro. "Traballas as túas oito horas, pero estás pendente durante todo o día. Vaste para a cama pero non estás tranquilo. Sempre estás pendente. "Tes medo continuamente", di, pero tamén recoñece que cando xa levas moito tempo embarcado "te acostumas a que salten determindas alarmas a cotío. Pero cando realmente te preocupas é cando salta algunha que non o fixo nunca". Afirma que "a vida está continuamente en perigo" e que "cada vez peor", o que provoca que "te sintas impotente", engade.

De feito, relata que traballando nun asfalteiro explotou un tanque. "O fallo foi humano, dun soldador en concreto, e non do propio barco", conta. "Por sorte non houbo feridos. Non pasou nada", pero sabe que isto son avisos que un día se fan realidade. E cre que son mostras da cantidade de neglixencias que se cometen.


OS GASES

A perigosidade do metano

O técnico superior marítimo asegura que o butano é moito máis perigoso que o metano porque o primeiro se transporta a presión e en caso de fuga podería prender lume. No entanto, o metano sae cunha temperatura moi alta, polo que se iría conxelando e o perigo de que prendese lume é moito menor, explica.

A temperaturas moi elevadas

O experto asegura, doutra banda, que o metano ou tamén chamado gas natural se transporta a través de tanques con características moi especiais e superprotexidos, dentro dos cales as temperaturas son moi frías, xa que oscilan entre menos 160 ou 180 graos.

Recoméndase entrar neste enlace na edición dixital do xornal Galicia Hoxe pois podense leeerr e facer comentarios
_______________________

domingo, outubro 21, 2007

Información sobre o encontro en Compostela da Rede Litoral Vivo

Ola Compañeir@s.- Como estaba anuciado , onte día 20 de Outubro , tivo lugar en Compostela unha reunión de Plataformas, entidades e organizacións ecoloxistas e sociais na Galería Sargadelos.

Debateuse a posibilidade de CAMBIO DE NOME da REDE LITORAL VIVO por que non representaba todo o conxunto da GALIZA , os ríos, augas , montañas e terras interiores.
A proposta foi APOIADA por tod@s en cambiar o nome e ante o éxito e eco social na pasada MOBILIZACIÓN DE GALIZA NON SE VENDE, a terna de nomes foron varios, optando ao final pola denominación REDE GALIZA NON SE VENDE.

Decidimos deseñar unha nova PAXINA na REDE cunha nova estrutura e enlaces para as distintas plataformas e organizacións que unha comisión será a reponsable de subir as noticias relevantes para tod@s.

Apoiamos as MOBILIZACIÓNS previstas contra as politicas de PISCIFACTORIAS que mandaremos información máis no meúdo.

Para rematar ACORDAMOS FACER UNHA MOBILIZACIÓN NACIONAL EN COMPOSTELA PARA O DÍA 17 DE FEBREIRO-08 .

Continuremos informando e esperando algunha observación por parte de todas as organizacións.

Nesta zona coordinaremos Fusquenlla( TO ) Verdegaia, PA21 e Comite de Emerxencia...Penso que deberíamos ter unha reunión para debater todas as propostas e acordos.

Ésta información é un avance oficioso para a PA21 , a espera dunha reunión con TO e ANTON FORTUNA para a sacar unha informacion oficial.

Saúdos

mel sanxoán
______________

venres, outubro 19, 2007

O lago das Pontes

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 19 de outubro de 2007 19:04
Asunto: O lago das pontes



O lago das Pontes

A CERNA DO XALUNDES
O lago das Pontes
Marcelino Fernández Mallo
19/10/2007 - Vieiros

Como di meu pai, “o tempo pasa pero non o ves pasar”. Isto é o que pode ocorrer coa mina de lignito que explota Endesa en As Pontes a ceo aberto: tras trinta anos de extraer mineral para alimentar a súa central térmica, disque van deixar o lugar, máis ou menos, tal como o atoparon. Habemos ver.

O plan é pechar a chamada Mina do Tesouro o vindeiro 31 de decembro. A partir de xaneiro, e a través dun canal de 5.700 metros case rematado, a compañía eléctrica principiará a verquer no inmenso buraco auga procedente do río Eume. En total, serán 540 millóns de metros cúbicos que se transvasarán dende o leito fluvial durante catro anos ata formar o meirande lago artificial de Europa, o cal ocupará unha superficie de 8 quilómetros cadrados (así como a Illa de Arousa).

Nos últimos meses, escoitáronse voces supostamente autorizadas que defendían o lago artificial coma un auténtico dinamizador económico. Eu, agás a actividade previsible dun par de restaurantes durante as fins de semanas e o aluguer dunhas lanchas de pedais, non vexo qué outras actividades económicas se poden desenvolver a partir da nova lagoa. Os responsables do proxecto desvelaron hai pouco os plans para crear unha praia artificial, unha illa ornitolóxica e un peirao para embarcacións deportivas. Isto nun país, Galicia, con máis de 1.700 quilómetros de costa!

O transvase de auga presenta riscos importantes que paga a pena lembrar. Por suposto, o primeiro será o impacto sobre o propio caudal do río Eume e, consecuentemente, sobre a fauna e flora que vive no seu interior e na contorna. O segundo dos interrogantes será a calidade da auga que conforme o lago, pois o buraco que deixa a mina amosa unha alta presencia de pirita, mineral tóxico cuxo efecto se pretende minimizar cunha capa de arxila branca. O terceiro problema sería a contaminación por reborde das propias augas do Eume se finalmente se produce a acidificación do lago por mor da pirita. Por último temos a propia loxística da operación pois seica o seu éxito vai depender do ritmo do transvase, atopando opinións diferentes en función do técnico ou experto consultado.

Ante un novo macroproxecto de incertos efectos, altos custos e moi escasa produtividade previsible, propoñemos a seguir unha alternativa que se nos antolla máis coherente co feito a subsanar e, sobre todo, coas necesidades reais do país. Vexamos.


Visión Alternativa creadora de traballo e riqueza

As Pontes áchase a 40 quilómetros do porto exterior de Caneliñas. Logo ten unha evidente oportunidade para converterse nun importante centro loxístico. A súa localización implica unha fácil relación con sectores fundamentais para a economía galega como a construción naval, a pesca ou o agrogandeiro. A central de Endesa seguirá a funcionar a pleno rendemento pola importación de hulla asiática e polos investimentos comprometidos para abordar o ciclo combinado a partir do gas de Reganosa. As Pontes soa como posible destino da planta que veña substituír a amortizada factoría de Ence na ría de Pontevedra. Ademais, está a 25 quilómetros de Vilalba, logo terá conexión directa coas vías de alta velocidade (por estrada ou ferrocarril) do Cantábrico e de conexión coa Meseta. En resumidas contas, As Pontes reúne as condicións para virar nun dos centros neurálxicos da economía galega no inmediato futuro.

Por outra banda, Galicia leva sufrindo cando menos dez anos unha pésima planificación de solo industrial e un déficit importante de superficie nas áreas con maior potencial produtivo. A esta negativa circunstancia hai que engadir a ampla dispoñibilidade de terreo industrial no norte de Portugal a prezos extremadamente competitivos.

Por último, por máis ca o Conselleiro de Traballo insista no obxectivo do pleno emprego en tres anos, a teimuda realidade é que o noso país continúa a perder traballadores novos cada ano ao tempo que a taxa galega de actividade mantense sete puntos por debaixo da española, sendo a cuarta peor do Estado.

Así pois, se Galicia precisa crear máis postos de traballo dos que xera ao ritmo actual de actividade; se sofre unha persistente falta de solo industrial; se As Pontes supón unha localización con vantaxes salientables, e se a Mina do Tesouro carece, evidentemente, de calquera valor ecolóxico, se todo isto é así, alguén debería explicar de onde saíu a idea de asolagar oito quilómetros de solo aproveitables para usos industriais.

Por que non analizar unha opción que achegue un valor real ao noso país? Supoñamos que o lago dos oito quilómetros cadrados redúcese á súa oitava parte, co cal diminúen notablemente os riscos comentados ao comezo do artigo. Supoñamos que, por exemplo, outros dous quilómetros se deixan para zonas residenciais, de servizos (garderías entre eles) e de lecer. Supoñamos que se instala nalgún punto do lugar un centro especializado de servizos empresariais (ordenadores de gran capacidade, sistemas de xestión de telecomunicacións, asesoramento tecnolóxico, departamento de axudas...). Supoñamos que se destina o resto da superficie a grandes parques empresariais especializados en (sigo cos exemplos) loxística, enerxía e I+D enerxético, biotecnoloxía e innovación agrogandeira. Supoñamos que se reforza notablemente a OPYDE (oficina de desenvolvemento da bisbarra de As Pontes) con equipos expertos en cada un deses sectores apoiados con empresas consultoras do primeiro nivel en captación de proxectos de investimento. Supoñamos que se ofrece o solo industrial a 10 céntimos o metro cadrado (nada extraordinario tendo en conta que nestes momentos está prevista a inundación do terreo). Supoñamos que o Goberno galego entra en negociacións coas principais empresas europeas en cada un dos sectores definidos. Supoñamos que crea un gran fondo de investimento con capital propio máis as achegas das grandes empresas e dos grandes empresarios galegos, tanto os que están no país como os que andan por Cataluña, Madrid, México ou Brasil. Supoñamos que nos embarcamos nun gran proxecto de atracción de empresas de alto valor engadido e gran capacidade de creación de traballo e riqueza.

Un auténtico desafío. Complicado, evidentemente, pero se cadra, digno cando menos de estudar. Isto ou quedar mirando como van caendo os metros cúbicos de auga dende o río Eume ata o artificial lago das Pontes.

Enlace co artigo orixinal en Vieiros
___________________
ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Web veciñal
Blog veciñal

________

Enlaces relacionados:

Xornadas: Restauracion Mina das Pontes, 2 de decembro


Recuperación da Mina das Pontes: A FGG lamenta que se conciba a solución de restauración dun complexo problema ambiental orixinando outro


Recuperación ambiental da Mina das Pontes: A FEG quere saír o paso das declaracións realizadas hoxe polo Conselleiro de Medio Ambiente

Guerrilleiros das Fragas rexeita o modelo de recuperación de Endesa
_________________________________

xoves, outubro 18, 2007

A Plataforma Ártabra 21 solidarizase coa SGHN e demanda que se cumpra o acordo con respecto á localización do Museo de Historia Natural

A Xunta Coordinadora da Plataforma Ártabra21, reunida na tarde deste día 17 de outubro-07, acorda emitir o seguinte comunicado.

A Plataforma Ártabra21, APOIA as demandas da SGHN nas súas reivindicacións para a cesión da CASA DO CORONEL, facilitándolle os recursos e necesidades propias, dentro do posible, para exercer o seu cometido.

Esta PA21 aceptará calquera outra solución que necesariamente teña a aprobación da SGHN .

A PA21 esixirá o máximo esforzo do Concello de Ferrol para que a SGHN quede instalada e situada na cidade de Ferrol, non admitindo baixo ningún pretexto a perda ou a marcha de nosa cidade.

Somos conscientes do recoñecido prestixio da SGHN, o significado e alcance da súa obra ligada a cidade de Ferrol polo que pedimos todos os esforzos ao Goberno Local para a consecución dos deus fins e obxectivos.

Ferrol a 17 de Outubro de 2007.

A Xunta Coordinadora.
Asdo. Amadeo Varela, José R. Jove, Bruno Lopes, J. Fernández, Xosé M. Sanxoán

O último en tecnoloxía, moi segura, excelente, ben estructurada, a mellor, localización segura... e outras lindezas

A ilegal e perigosa REGANOSA, foi a anfitriona dun numeroso grupo de directivos de empresas ligadas ao gas. O propio "Diario de Ferrol" que non é sospeitoso de ser un opositor á planta regasificadora, o formulaba perfectamente na súa edición de hoxe, calificaba a reunión como unha especie de "benvida á familia". REGANOSA entra no clube gasístico internacional, pois necesita grandes apoios e avalales de corporacións empresariais, para homologarse ante a sociedade. Todo foron parabéns, os amigos de REGANOSA fixeron declaracións de apoio e valoración das excelencias da planta regasificadora, fruto de intereses económicos moi particulares e corrupción política. Non houbo sorpresas era o que agardabamos. Moitas son as plantas regasificadoras que teñen problemas coa sua localización e o cumprimento das normativas de seguridade, ...

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, quixo exteriorizar a súa oposición a esta perigosa planta de gas localizada dentro da pequena e angosta Ría de Ferrol, concentrandose diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia e do Hotel onde se aloxan varios directivos do gas.



______
Fotos e video do compañeiro:

Amador Ferreiro Alvarez
aferreiroalvarez@yahoo.es
________________

Dúas varas de medir

Dúas varas de medir

No lugar do Ferrazo da Ría de Arousa, dende o ano 2000 están instalados uns depósitos de hidrocarburos líquidos con 80.000 toneladas almacenadas. Estas instalacións foron autorizadas no seu día pola Consellería de Industria.

De xeito similar ás instalacións de Reganosa na nosa ría, as de Vilagarcía teñen sido obxecto de rexeitamento e protestas populares, protagonizadas pol@s nos@s compañeir@s da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa.

Ao igual que no noso caso, o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza tense pronunciado en contra das instalacións, no caso de Vilagarcía nunha sentenza que anula a autorización administrativa da Xunta e ademais recoñece o perigo que supoñen os depósitos do Ferrazo para a Ría de Arousa e os seus habitantes.

Recentemente o actual Conselleiro de Industria, Sr Blanco, nunha visita a Vilagarcía manifestou con contundencia que a actividade dos depósitos do Ferrazo non podía seguir. Pero con iso o Sr. Fernando Blanco, a súa Consellería e o Goberno da Xunta amosan duas varas de medir.

Na Ría de Ferrol o complexo petroquimico chamado "Forestal del Atlántico" con 280.000 toneladas de combustibles líquidos e outros productos quimicos canceríxenos, mais a regasificadora de Reganosa con tanques que almacenan 300.000 toneladas de GNL e cos grandes buques gaseiros que entran a descargar, representa un perigo moito maior ao dos depósitos do Ferrazo en Vilagarcía, agrandado ademais polo feito de que os buques gaseiros a plena carga non teñen garantias de sair o mar en caso de unha emerxencia durante a descarga ou no seu tránsito polo interior da Ría de Ferrol.

No caso de Reganosa o TSXG emiteu duas sentenzas que anularon a tramposa tramitación ambiental feita pola Xunta de Galicia no ano 2001
, pero a firmeza de ditas sentenzas está atrancada porque no ano 2004 e no ano 2006 foron recurridas o Tribunal Supremo por Reganosa e tamen pola Xunta de Galicia.

Todo isto amosa que o Sr. Blanco, o goberno da Xunta e os partidos que o sosteñen non teñen un proxecto de país, pois aquí din isto e alí aquilo, aquí coa participación do 10% en REGANOSA ameazan a vida human e a riqueza marisqueira da Ria, mentras que alí actúan logo dunha sentenza xudicial. Nen sequera son quen de recibir @s veciñ@s de Meá, que levan case 90 días de peche. O Conselleiro Fernando Blanco, ao igual que todo o goberno da Xunta, debe saber que o verdadeiro cambio non é o de unhas persoas por outras. O verdadeiro cambio é a erradicación da prepotencia e a arbitrariedade con un proxecto coherente de país.

Saudamos este éxito da poboación de Arousa, que é de tod@s e manifestamos a nosa confianza e determinación na consecución dos nosos obxectivos.

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

___________

Sesión fotográfica a mesma escala das rías de Arousa e Ferrol

[Clicar acima das imaxens para ampliar]



Fotográfias de satélite, a mesma escala, das instalacións de Ferrazo e REGANOSA

[Clicar acima das imaxens para ampliar]



Outras fotografias de interese, con detalles da situación das instalacións, tanto a de Ferrazo en Vilagarcia, como a de Reganosa e as poboacións do contorno da Ría

[Clicar acima das imaxens para ampliar]


_______________
Enlaces Relacionados:
________________

Manipulación e Belas Artes ... un barco gaseiro entrara na ría de Ferrol para despachar a súa mercadoría na planta de Mugardos ...

Manipulación e Belas Artes
15.10.2007
X.L. Méndez Ferrín

Hai unha semana lía no grande xornal madrileñista de Arteixo unha noticia de oito ou dez liñas nas que se daba conta de que un barco gaseiro entrara na ría de Ferrol para despachar a súa mercadoría na planta de Mugardos e que, en consecuencia, trescentas persoas, ben contadas ao parecer polo corresponsal anónimo, nin unha máis nin unha menos, se manifestaron contra tal tránsito e contra tal actividade insalubre e perigosa para a seguridade dos seres humanos. Estas poucas liñas facían mención lacónica de que un grupo de veciños (non mencionaba o protagonismo dos de Meá ou Mehá) leva 76 días de encerramento na casa do concello de Mugardos en protesta contra a emprazamento da planta regasificadora do, ao parecer todopoderoso, señor Tojeiro dentro da Ría. Parco pero certo. Ora si, no mesmo número do mesmo xornal coruñés de que falamos, vimos que a información de poucas liñas sobre a planta de Reganosa viña seguida de oito ou dez páxinas completas, entre as cales unha de publicidade aberta da citada Reganosa , pre-enchidas de brillante prosa e brillante despregue fotográfico sobre a candidatura da parte dazaoitesca de Ferrol á condición de Patrimonio da Humanidade, que é cousa que nunca certei a saber en que consista. (Deixemos, por hoxe, sen considerar o desprezo que os políticos de Ferrol demostran, desde sempre, polo seu casco histórico medieval, máis ben invilecido, e que só teñan ollos para o Ferrol militar borbónico e producto do Despotismo Ilustrado).

Tamén eu gosto do Ferrol do século XVIII, home non. Pro iso non me impide observar que o xornal de que falamos utilizou a imaxe e o esplendor da enxeñaría e a arquitectura neoclásica emanada da razón cesarista borbónica para ocultar que o medio ambiente, a salubridade e a vida das persoas están ameazadas realmente pola planta regasificadora de Reganosa dentro da Ría cando onda no Prioiriño Pequeno (o de "Chico" vén do Ministerio da Mariña, Madrid tamén) hai sitio dabondo para a súa instalación. A beleza, a proporción, a severidade, a grandeza do espírito militar neoclásico constituiron no seu día atributos a un tempo utilitarios e belos, por non dicer funcionais, dunha cidade-enclave estretéxico do Despotismo absolutista. Hoxe, ese Ferrol de pedra clasicista está a servir como pantalla de distracción destinada a ocultar o Ferrol e os núcleos de poboación da ría que leva o seu nome onde que viven seres humanos que se sinten ameazados por unha fábrica de gas que pode ocasionar unha catástrofe. Se eu fose profesor de xornalismo, sen dúbida daría unha clase práctica sobre manipulación da opinión baseándome nas páxinas do xornal que provocaron esta columna. A Historia da Arte ao servizo da ocultación da realidade, titularíase a lección.

Lean o libro Muros de silencio. Corrupción e ameaza na Ría de Ferrol, por Enrique Barrera Beitia e Manuel Ángel Rodríguez Carballeira. Procúrenno na Asociación Cultural Fuco Buxán de Ferrol porque é duro de o atopar por aí xa que, dalgunha maneira, é un libro prohibido polo poder realmente existente. Demasiados intereses políticos e económicos pesan sobre o asunto da gaseira de Mugardos. De momento, a colusión entre PP, PSOE e BNG coincide en todo co espírito demostrado no Hórreo por estas tres forzas para designar un Valedor do Pobo de quen imos ter que velarnos.
_________________
Nota.-
Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 7 de setembro de 1938) é un escritor galego amplamente recoñecido como o máis importante e representativo da literatura galega contemporánea.
___________________

mércores, outubro 17, 2007

Sábado 20 de outubro, reunión de "Rede Litoral Vivo" en Compostela

banner-2.gifDe: Fusquenlla
-fusquenlla@sospontedeume.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de outubro de 2007 19:57
Asunto: Reunión en Santiago





Lembrámosvos dende "Rede Litoral Vivo" que se celebrará unha reunión o próximo sábado, 20 de outubro, en Compostela. Pregámosvos, aos que teñades páxina web, que anunciedes amplamente a convocatoria.

O movemento que o 6 de maio se aglutinou arredor do lema "Galiza non se vende" segue vivo e non renuncia a conseguir un cambio de rumbo na andaina depredadora de certas empresas.

O desenvolvemento industrial e económico non é tal se non vai acompañado dunha protección eficaz das nosas rías, da terra e do aire que respiramos. Por estas razóns, a Rede Litoral Vivo, na que se integran máis de vinte asociacións ecoloxistas, chama a unha xuntanza que se celebrará o vindeiro sábado día 20 ás 12 h. na Galería Sargadelos de Compostela.

Pregamos a asistencia de todos os colectivos cidadáns, organizacións ecoloxistas, representantes da cultura e calesquera cidadáns que sintan a necesidade ineludíbel de opoñerse á perda do privilexiado hábitat galego, o que mellor define a nosa identidade.

http://www.sospontedeume.com/
_______________

martes, outubro 16, 2007

Unha nova concentración tivo lugar hoxe [16.10.2007] no Porto de Ferrol en protesta pola entra do 9º gaseiro na Ría de Ferrol

De: Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de outubro de 2007 22:10
Asunto: 2º comunicado de hoxe.



COMUNICADO DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL

Hoxe 16 de Outubro, seguindo a convocatoria do Comité Cidadán de Emerxencia, unhas 300 `persoas concentráronse no Peirao de Curuxeiras a partir das 19 horas, agardando o segundo intento de entrada, nesta xornada, do 9º buque gaseiro que arriba a Reganosa – o Cádiz Knusten" que, cargado de 138.000 m3 de GNL, foi recibido cunha sonora e longa protesta.

Unha vez mais, este Comité Cidadán, quere facer púbrica denuncia do perigo a que se está a someter á poboación de Ferrolterra coa ubicación da planta no interior da Ría e o tránsito por ela, o pé das nosas casas e das nosas vidas, dunhos gaseiros que xamais cumplirán os condicionados de seguridade.

Nesta ocasión, fracasado o primeiro intento polas condicións climatolóxicas – cunha visibilidade de 1000 metros por debaixo do normativo – e sin que os modernos medios de auxilio a navegación, subministrados por Reganosa nún alarde mediático, lles foran suficintes, forzaron temerariamente o segundo intento, en condicións de calado extremo e nocturnidade, o límite do establecido na normativa de navegabilidade, co consentimento e complicidade da Autoridade Portuaria.

Novamente este Comité Cidadán reafírmase na necesidade de seguir loitando – con tódolos medios legais o noso alcance - pola nosa vida, o noso patrimonio e a riqueza da Ría de Ferrol.

¡¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!!

Ferrol, 16 de Outubro de 2007

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
___________________
Enlaces relacionados:
__________________

No momento máis quente da loita cidadá "Planta de Gas Fora da Ría", a Asociación Cultural Fuco Buxan, editou o libro "Muros de Silencio", escrito colectivamente polos membros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol:
·Carmelo Teixeiro Menéndez
·Enrique Barrera Beitia
·M. Angel Rodríguez Carballeira

Lamentamos que o libro non foxe escrito na nosa lingua propia, o galego, nen nos convencen as razóns que se diron para elo [puideron-se escoller outras alternativas], mais non por iso non deixa de ser un importante documento para entender, o porqué e o como puideron instalar a planta regasificadora dentro da Ría de Ferrol, sobre a corrupción subxacente e a ameaza que significa para a saúde ambiental da Ría e a vida da poboación que vive no seu contorno.

Podedes conseguir este libro, nas librerias e papelerias da comarca ou poñendo-vos en contacto coa asociación en: Apartado de Correios, 240.
Ferrol 15400. Galiza
Tlfn. 981.325.492
fucobuxan@yahoo.es
http://www.fucobuxan.com/

----------------------
Artigo de Manuel Rivas, no xornal El País [25.05.2007]
"Os Muros de Silencio"
______________

Homes galegos pola Igualdade: 21 de outubro en Compostela, mobilizando-nos contra a violencia de xénero

De: Homes Galegos pola Igualdade
homesgalegospolaigualade@yahoo.es

Para: artabra21@gmail.com

Data: 16 de outubro de 2007 22:46

Asunto: HOMES GALEGOS POLA IGUALDADE: CONCENTRACIÓN CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA - 21 OUTUBRO - SANTIAGO DE COMPOSTELA



HOMES GALEGOS POLA IGUALDADE:
CONCENTRACIÓN CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA
- 21 OUTUBRO -
SANTIAGO DE COMPOSTELA


COLABORA PARTICIPANDO E DIFUNDINDO ESTA MENSAXE, É UN SINXELO PERO IMPORTANTE PASO PARA RACHAR COA VIOLENCIA

Homes Galegos pola Igualdade, convoca a toda a sociedade galega á

CONCENTRACIÓN CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

Domingo 21 de outubro ás 12:00 h., na Praza do Toural en Santiago.

A violencia masculina contra as mulleres ten unha magnitude inaceptable, milleiros de mulleres maltratadas e decenas de mulleres mortas se repiten anualmente, o que supón un ataque intolerable aos dereitos humanos e as liberdades democráticas no noso país.

Quenes cremos na xustiza social e na igualdade, temos a obriga moral e política de esixir unha resposta firme ás nosas institucións, pero tamén temos a obriga de apoialas e poñer todos os recursos que estean ao noso alcance.

É preciso que toda a sociedade participe activamente no cambio da xerarquía de valores, é necesario que non calemos, que nos fagamos responsables, xa que o silencio fainos cómplices de que esta situación se perpetúe.

Nese día Sevilla, Madrid, Barcelona, Málaga, León, Santiago, e posiblemente outras cidades estarán unidas por un mesmo obxectivo, por unha mesma causa.

Dende aquí, Homes Galegos pola Igualdade, convoca a toda a sociedade galega a unha concentración o Domingo 21 de outubro ás 12:00 h., na Praza do Toural en Santiago.

Na que invita á participación activa, ás persoas responsables políticas de Galicia que cada día máis introducen a perspectiva de xénero nas súas axendas, ás asociacións de mulleres que traballan dende hai décadas pola erradicación da violencia e o apoio ás vítimas, ás persoas que dende os seus entornos de traballo (Medios de comunicación, Universidades, Concellos, centros educativos, CIMs, Xulgados, Servizos Sociais, as Forzas e Corpos de Seguridade, etc) que todos os días poñen o seu gran de area, nesta, cada día máis tupida rede de persoas que loitan contra a violencia.

Pero particularmente queremos incentivar a participación dos homes que asumen o compromiso de enfrontarse a calquera conduta que supoña desconsideración ou maltrato de calquera tipo cara as mulleres e cara a infancia, porque somos os homes os primeiros que temos que rachar coa complicidade que temos cos homes que exercen violencia.

Grazas, vémonos en Santiago.

[Clicar acima da imaxe para ampliar]

Cómo criar un grupo de homes profeministas?:

Homes Galegos Pola Igualdade

Avda. Buenos Aires, 26 – 1º
36500 Lalín (Pontevedra)

Tels.: 661 181 725 – 609 827 021 - 619 861 242
609 276 501 - 661 582 721

correio-e:
homesgalegospolaigualade@yahoo.es
_______________

Aduaneiros Sem Fronteiras pechan o sitio na internet por ver ameazada a súa liberdade de expresión

Comunicado

Sendo requiridos por Dom Pablo Carvajal de la Torre, representante legal de Dona Yolanda Castaño Pereira, a retirar do nosso site o desenho gráfico “Tu Quoque Iolanda?” e os comentários a ele adjuntos, sob ameaça de demanda judicial por delitos de injúrias com publicidade, e nom querendo ferir a delicada sensibilidade da nossa insigne poetisa, Aduaneiros sem Fronteiras, questionando-nos até que ponto tem sentido continuar a fazer humor gráfico neste país e a desenvolver umha autocrítica da razom galega, vimos de decidir fechar o nosso site por enquanto o nosso legítimo direito à liberdade de expressom nom se veja a salvo de coacçons judiciárias fora de lugar.

alfandega@aduaneirossemfronteiras.org

____________________
Administradores e redactores do Blog da Plataforma Ártabra 21, solidarizan-se co sítio de humor gráfico galego "ADUANEIROS SEM FRONTEIRAS".
__________________________

Este é o post e comentarios que provocaron a ameaza xudicial:

Tu quoque Iolanda?

A imagem “http://www.codigocero.com/IMG/jpg/iolanda_boneca2.jpg” contém erros e não pode ser exibida.

Comentarios nun Blog do Movemento polos Dereitos Civís [MpDC]:

Enlace co Blog
__________________

O "Cádiz Knutsen", non puido entrar na Ría por mor da néboa, vaino intentar hoxe á tarde: concentración ás 7 da tarde no Porto de Ferrol

Urxente:
A néboa aliada da cidadanía e do Comité Cidadán


Hoxe Martes 16 de Outubro, o gaseiro non puido acceder ó interior da Ría de Ferrol, por facerse imposible a navegación na mesma por estar pechada de néboa.

O que por si mesmo denuncia o engano que pretende Reganosa, cando nos dí que con modernos GPS podese entrar e saír da ría sen problemas.

Este feito ratifica as posicións mantidas polo Comité Cidadán, da singularidade da Ría de Ferrol e da ameaza que supón para a población a ubicación da Planta de Reganosa no interior da Ría, e a entrada de gaseiros. Plantexando ás Administracións competentes que non deben otorgar a licencia de explotación comercial á Planta. E asemade suspende-la entrada ilegal dos buques gaseiros cargados de GNL.

O Comité Cidadán de Emerxencia, CONVOCA A TODA A CIDADANÍA , para ás 7 desta tarde no Peirao de Curuxeiras, para desenvolver unha cacerolada de protesta contra a ilegal e perigosa entrada do “Cádiz Knutsen”.

PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA DE FERROL!

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Novo correio-e do Comité:
comitecidadan@gmail.com
Web do comité:
http://comitecidadan.org

------------------
Enlace Rrelacionado
_______________

luns, outubro 15, 2007

Concentración, este martes 16 de Outubro, para protestar pola entrada na Ría dun novo buque con GNL, para a ilegal e perigosa REGANOSA

CONCENTRACIÓN

Martes, 16 de Outubro ás 8 da mañá

no Porto de Ferrol

e ás 9 da mañá, diante do
Edificio Administrativo da Xunta de Galicia

para protestar pola entrada na Ría
dun novo perigoso buque gaseiro
cargado de GNL para a ilegal REGANOSA

Convoca:


Comité Cidadán de Emerxencia para a a Ría de Ferrol
http://comitecidadan.org

Prégase a difusión da convocatoría
__________

Comunicado:

En reunión celebrada hoxe 13 de outubro o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol acordou dirixir a cidadanía a seguinte convocatoria dunha CONCENTRACION - CAZOLADA, este Martes 16 de Outubro, ás 8 da mañá no Porto de Ferrol. Para rexeitar a entrada na nosa ría dún novo gaseiro "Cádiz Knutsen", cara a ilegal e perigosa Planta de Gas, que arribará coa primeira pleamar diurna ás 8,15 horas. Sobre ás 9 da mañá, a protesta trasladaráse ante o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia na Plaza de España. É importante asistir con elementos de percusión, camisetas, bandeiras, buzos blancos, ….

Unha vez máis estase a poñer en perigo as nosas vidas, a riqueza da nosa ría e os seus postos de traballo, polo inadecuado asentamento dunha Planta incapaz de cumplir os condicionados legais de seguridade.

PLANTA DE GAS FORA DA RIA!!

Comité Cidadán de Emerxencia para a a Ría de Ferrol
http://comitecidadan.org

________________
O 14 de Xullo pasado o buque gaseiro "Cádiz Knutsen ", estaba atracado no peirao que ocupa ilegalmente REGANOSA en Punta Promontorio, descargando GNL, cando ao mesmo tempo REGANOSA realizaba o verquido de sopa química na nosa Ría.

[Clicar acima da foto para ampliar]

Este buque vai ser a terceira vez que entre na Ría con a súa perigosa carga e con este van ser 9 os buques que están introducindo GNL en REGANOSA [sobre 1.240.000 m3 de GNL], no seu sexto mes de funcionamento en probas. Que probas son estas sen acta de funcionamento, con dúas sentencias do TSXG que anulan a tramitación da avaliación de impacto ambiental, sen implantar un Plano Exterior de Emerxencias, cunha planta regasificadora que incumple as normativas europeias e estatais de seguridade e medioambientais, planta de gas construida ao amparo dunha perversa corrupción política e que baixo o engano de "industria estratéxica e de interese xeral" so se esconde un ineteresse económico moi particular... e os políticos que supostamente nos representan e as diferentes administracións [central, autonómica e local] quedan de brazos cruzados ou mais ben avalan este despropósito.

Acta de funcionamento, non !

Esixamos responsabilidades !

Non a REGANOSA !

Non aos políticos corruptos !

Planta de Gas Fora da Ría !

Todas e todos ás Concentracións !

Martes 16 de Outubro:

* Ás 8 da mañá no Porto de Ferrol

* Ás 9 da mañá diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia

____________
Características do Buque:

O Metanero Cádiz Knutsen.

Propiedade de Union FENOSA, o metenero Cádiz Knutsen comezou a navegar no mes de xuño de 2004, unha vez superadas as probas de mar e de gas. O buque está destinado ao transporte de gas natural licuado a baixas temperaturas, “-163ºC”, ten unha capacidade de 138.000m3, mide 284,40 metros de eslora e desenvolve unha velocidade máxima de 19,5 nós. É o segundo dos construídos no estaleiro Puerto Real e supuxo máis de 1.750.000 horas de traballo. O gasero pertence á flota que UNION FENOSA contratou para transportar gas natural licuado (GNL) desde a planta de licuefacción que constrúe no porto exipcio de Damietta.

O buque necesita ao redor de 15 días para efectuar unha viaxe Exipto - Ferrol - Exipto navegando á velocidade de deseño, ou preto de 10 días se a descarga prodúcese na terminal de Sagunto. A flota de UNION FENOSA conta con outro metanero de 140.500 metros cúbicos.

- "Cádiz Knutsen" Buque metanero de Unión FENOSA Gas.
- Construido en IZAR Puerto Real (Cádiz)
- Eslora: 284,40 m. Manga: 42,50 m. calado: 11,33 m.
- Capacidade: 138.000 m3 de GNL
- Velocidade en servizo: 19,5 nós
- Tripulación: 40 persoas
- Potencia: 28.000 kW a 83 rpm xerados por unha turbina de vapor tipo Kawasaki-IZAR, fornecida pola Fábrica de Turbinas de IZAR situada en Ferrol.
_______________

No momento máis quente da loita cidadá "Planta de Gas Fora da Ría", a Asociación Cultural Fuco Buxan, editou o libro "Muros de Silencio", escrito colectivamente polos membros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol:
·Carmelo Teixeiro Menéndez
·Enrique Barrera Beitia
·M. Angel Rodríguez Carballeira

Lamentamos que o libro non foxe escrito na nosa lingua propia, o galego, nen nos convencen as razóns que se diron para elo [puideron-se escoller outras alternativas], mais non por iso non deixa de ser un importante documento para entender, o porqué e o como puideron instalar a planta regasificadora dentro da Ría de Ferrol, sobre a corrupción subxacente e a ameaza que significa para a saúde ambiental da Ría e a vida da poboación que vive no seu contorno.

Podedes conseguir este libro, nas librerias e papelerias da comarca ou poñendo-vos en contacto coa asociación en:

Apartado de Correios, 240.
Ferrol 15400. Galiza
Tlfn. 981.325.492
fucobuxan@yahoo.es
http://www.fucobuxan.com/

----------------------
Artigo de Manuel Rivas, no xornal El País [25.05.2007]
"Os Muros de Silencio"
______________

sábado, outubro 13, 2007

Miguel Reimundez considera necesario conter a construción de vivenda nova en favor da rehabilitación, para permitir a reutilización de inmóbeis

O xornal comarcal, "Diario de Ferrol", publica hoxe sábado, 13 de outubro de 2007, unha importante reportaxen sobre a vivenda en Ferrol, o compañeiro dea PA21 e agora concelleiro responsábel da area de obras, Vivenda e Rehabilitación do Concello de Ferrol, pretende abordar un asunto de vital importancia para a cidade, o problema da vivenda. O concelleiro Miguel Reimundez considera necesario conter a construción de vivenda nova en favor da rehabilitación, para permitir a reutilización de inmobles en desuso, e a activación do mercado de aluguer. Polo interese desta reportaxen realizada por David Rubial García, transcribimos unha parte da mesma e amosamos os enlaces na versión dixital do mencionado xornal.


A metade das vivendas baleiras localízanse en Ferrol
A área municipal de Vivenda e Rehabilitación, dirixida por Miguel Reimúndez, ultima un diagnóstico sobre a situación do sector inmobiliario no municipio. Os primeiros datos deste informe, no que se cruzan e recompilan datos do Instituto Nacional de Estatística e do Ministerio de Vivenda, revelan a elevada porcentaxe de casas deshabitadas que se localizan no municipio, así como o seu deficiente estado de conservación. En función deste estudo, o edil de EU considera necesario conter a construción de vivenda nova en favor da rehabilitación, para permitir a reutilización de inmobles en desuso, e a activación do mercado de aluguer.

DAVID RUIBAL GARCÍA > FERROL

O Concello de Ferrol traballa na elaboración dun estudo sobre a situación do sector inmobiliario no municipio no cal constátase que no centro urbano de Ferrol hai un total de 7.599 vivendas sen habitar. Esta cantidade representa o 50% dos case 15.000 inmobles desocupados que suman exístenos nos concellos veciños da ría. Ademais, boa parte deses pisos baleiros -o informe dálle unha porcentaxe do 30%- ten máis de cincuenta anos de antigüidade, circunstancia que inflúe de xeito decisivo en que presenten un deficiente estado de conservación.

O concelleiro de Vivenda, Miguel Raimúndez, remóntase aos anos 70, 80 e 90 para explicar estes datos. "Nesa época -di- a oferta de vivendas non era quen de cubrir a demanda e é entón cando á iniciativa pública constrúe Caranza, primeiro, e despois Esteiro, producíndose un transvasamento de poboación entre as vivendas vellas e as novas". A primeira consecuencia deste movemento "é ou baleiramento do parque de vivenda máis antigo, antes cheo por necesidade, que se abandona buscando mellores condicións de habitabilidade", apunta o edil. Reimúndez argumenta esta conclusión noutro dato que extrae do observatorio municipal: "do total dás vivendas baleiras na cidade tan só 15,34% foron construídas na década dous anos 90", todas elas pódense considerar en óptimas condicións de mantenimento e, polo tanto, en disposición de ser ocupadas.

Rehabilitación > Para o concelleiro o problema radica nas vivendas deshabitadas, a maioría de máis de 50 anos de antigüidade, e que se atopan en mal estado. Segundo o estudo urbanístico do Concello, neste apartado englóbanse ao redor de 2.500 pisos, e estes son sobre os que desde o departamento municipal que dirixe o edil de EU cre que debería desenvolverse algún tipo de actuación que posibilite o seu regreso ao mercado, ben de venda ou de aluguer. Trataríase, indica Reimúndez, de "activar un parque inmobiliario hoxe durmido,e así atraer poboación".

Das 36.000 vivendas que forman o parque ferrolán, un 20% -máis de 7.500- non teñen inquilinos, razón pola que este responsable local aposta -fronte a novos desenvolvementos urbanísticos- por "promover paquetes de rehabilitación ou de renovación, tanto en cascos históricos como fose deles, que permitan reutilizar a vivenda xa construída". Así, mostrouse a favor dunha "política de contención" que reduza o número de novas construcións.

O Concello retoma a ordenanza de inspección técnica de edificios
O goberno local quere implantar o próximo ano unha ordenanza que obrigue a realizar inspeccións nas edificacións máis antigas para comprobar o seu estado e evitar accidentes derivados da súa deterioración. O Colexio de Arquitectos traballa no contido da normativa.


Os arquitectos consideran "imprescindible" a nova normativa
O edil delegado de Vivenda mantivo varios encontros coa delegación ferrolá do Colexio Oficial de Arquitectos de Ferrol (COAG) para avanzar na normativa sobre a inspección técnica de edificios. A súa presidenta, María Fernández Lemos, considera que esta ordenanza "é imprescindible nunha cidade como Ferrol, cun importante casco histórico no que se localizan aínda bastantes vivendas anteriores a 1900".


O 25% das casas deshabitadas en Narón construíronse nos anos 90
O mapa de vivendas que resulta do concello ferrolán pon en evidencia a perda de poboación que experimenta a cidade desde os anos 80, de aí a elevada porcentaxe de pisos deshabitados que se localizan no municipio. Hai tres factores que, en opinión do edil de EU, Miguel Reimúndez, causan a proliferación de inmobles baleiros: "a perda demográfica do conxunto dá área urbana e a produción desmesurada de vivenda nova fora do alcance dúas ferroláns, sobre todo na última década, que provocou ou transvasamento de poboación de Ferrol a Narón".

Enlace coa noticia orixinal
__________________________________

venres, outubro 12, 2007

Este Sábado, 13 de outubro, reunión da Mesa de Traballo do CCE, ante a inminente chegada dun novo buque gaseiro coa perigosa carga para REGANOSA

Este sábado, 13 de outubro, ás 11 da maña, nos locais do Ateneo ferrolán, terá lugar unha reunión da Mesa de Traballo do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, ante o anuncio de que este martes pola mañá [16 .10.2007], agarda-se a chegada dun novo buque gaseiro, cargado co perigoso GNL. este buque, que fai o 9º, pretende entrar na angosta Ría ferrolán, para descargar o gas, na ilegal planta regasificadora que REGANOSA construíu dentro da pequena e angosta Ría de Ferrol, en Punta Promontorio, no concello de Mugardos.

DESPOIS DA REUNIÓN DAREMOS CONTA DO ACORDADO.

POLO QUE HABERÁ QUE ESTAR ATENTOS ÁS MEDIDAS DE TIPO XURÍDICO-ADMINISTRATIVAS E MOBILIZACIÓNS CIDADÁS QUE SE ACORDEN.

[Clicar acima da imaxe para ampliar]
____________________

As loitas contra os despropósitos gasísticos e a corrupción que os acompaña, exténdense por todo o planeta

As loitas contra os despropósitos gasísticos, a corrupción e os intereses económicos particulares das multinacionais e burguesías locais que os acompañan, exténdense por todo o planeta
_____________________

De: Ferrol CAPE -ferrol.cape@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 12 de outubro de 2007 13:56
Asunto: As loitas contra os despropósitos gasísticos, a corrupción e os intereses económicos particulares das multinacionais e burguesías locais que os acompañan, exténdense por todo o planeta



AS PROTESTAS CIDADÁS CONTRA AS PLANTAS DE GNL -
NON SE DESENVOLVEN SÓ EN FERROL


OBSERVATORIO DO GAS NATURAL LICUADO (GNL)

Con obxecto de informar a aqueles que manifestan que o Comité Cidadán de Emerxencia empobrece a imaxe de Ferrol coas súas accións (lexítimas) de protesta contra á localización da planta de gas de Mugardos, emitimos hoxe unha listaxe sobre as accións recentes realizadas por outros cidadáns e asociacións doutros lugares afectados polas perigosas localizacións de plantas de GNL.

A National Marine Fisheries Service (NMFS) (Servizo Nacional de recursos pesqueiros) informou do impacto significativo, adverso e acumulativo que suporía para os recursos de pesca se a planta de GNL de BIENVILLE (no Offshore de Alabama e a 62 millas mar dentro) utilizase o sistema de regasificación do GNL con auga de mar. (COMO EN FERROL)
12 – 10 - 2007

http://www.energycurrent.com/


O Comité Cidadán de nome TAN (Texada Action Now) da Illa de Texada (Canadá) esixe un referendo para que a cidadanía opine sobre a localización na illa dunha planta de GNL.
20 – 9 - 2007

http://www.zwire.com/


O Concello de Oxnard (California) insiste de novo que non quere plantas de gas (GNL) na súa costa. Informa que miles de cidadáns da súa cidade están convencidos que son daniñas para o medio ambiente e moi perigosas. (NESTA CIDADE XA SE REALIZO HAI TRES ANOS UN REFERENDUM POR OUTRA PLANTA DE GNL)
10 – 10 – 2007

http://www.venturacountystar.com/


Os cidadáns de Chuck Chlidress (Canadá) non queren que os gaseros pasen pola súa ría cara ás plantas de de GNL de EE.UU. Din que a mestura de políticos con Gas Natural Licuado (GNL) é INESTABLE .
11 – 10 – 2007

http://thetyee.ca/


O goberno de Canadá informa que non permitirá que os gaseros pasen polas súas rías levando gas natural licuado cara ás plantas de GNL de MAINE ( EE.UU.) xa que presenta RISCOS para a poboación que non pode aceptar. (Na ría de Ferrol tamén é perigoso segundo asegurou D. Francisco Alvarez-Cascos Fernández, Ministro de Fomento, en data 21 maio 2001)
10 – 9 – 2007

http://www.energycurrent.com/


O goberno italiano suspendeu o decreto de autorización da construción da Planta de GNL de British Gas na cidade de BRINDISI. Realizáronse demasiadas irregularidades con implicacións de políticos famosos. (Situación e historia moi similar á planta de Mugardos)
6 – 10 – 2007

http://investing.reuters.co.uk/


Os opositores á planta de RABASKA (Canadá) atoparon un novo aliado no goberno provincial ao considerar que a localización da planta dana os cultivos agrícolas da zona e atrasando de novo a súa autorización.
5 – 10 – 2007

http://www.canada.com/montrealgazette/


Os residentes dos Condados de Malibú e de Ventura (EE.UU.) expresaron dúas veces nunha semana a súa oposición a unha nova planta de GNL de nome CLEARWATER PORT situada 35 millas mar dentro.
Outubro 2007

http://malibusurfsidenews.com/

http://www.venturacountystar.com/


A empresa NATIONAL GRID anuncia que abandona o seu proxecto de planta de GNL en Providence ( EE.UU.). Logo dunha batalla de 4 anos, triunfan as alegacións dos cidadás e asociacións da zona.
3 – 10 2007

http://www.projo.com/


Para os NON seguidores desta problemática, informámoslles que os cidadáns de VALLEJO, OXNARD, MOREHEAD CITY, TIJUANA, MONFALCONE, BRINDISI, HARPSWELL, EUREKA, MALIBU, PROVIDENCE, LONG BEACH e GALVESTON, entre outras, xa conseguiron CANCELAR as plantas de GNL próximas ás súas cidades.

Seguen as accións opositoras nas cidades de FALL RIVER, BRADWOOD, COOS BAY, BAHAMAS, BANGOR, PETERBOROUG, DUNDALK, BOSTON, WARREN, FAIRFIELD, BILOXI, LONG ISLAND, NORWALK e EUGENE en EE.UU. VANCOUVER e NEW BRUNSWICK en Canadá. DAMPIER en Australia. TARANTO, ROSIGNANO, ZAULE-TRIESTRE e VIGATA-SICILIA en Italia. MILFORD HAVEN en Reino Unido.

¡PLANTA DE GAS FORA DA RIA!

Edita e envía o Colectivo universitario opositor á planta de gas natural licuado (GNL) da Ría de Ferrol.

Planta de Gas fora dá Ría!

DIFUNDE ESTE COMUNICADO E VISITA A NOSA WEB
http:// www.f-cape.org
_________________
O blog www.f-cape.org (ferrolterra-Cidadáns Aliados para Protexer a súa Contorna) xorde pola SEN RAZON de políticos, especuladores e "técnicos competentes" que, debido aos seus intereses persoais, deciden situar unha peligrosísima planta de REGASIFICACION de Gas Natural Licuado na Ría de Ferrol. Este blog non é político nin ten relación algunha con persoas, entidades ou partes interesadas. O único interese na realización do blog está referido aos artigos 43 e 45 da Constitución Española pois nos preocupa a nosa seguridade e a da nosa familia.
___________________________________

Na península e Canarias hai outras loitas:
_________________________

Galiza-Canarias unha mesma loita contra os despropósitos gasísticos

Este é un artigo que escribiu Juanjo, un compañeiro canario comprometido na loita pola necesidade do aforro enerxético e a agricultura ecolóxica, no que compara a regasificadora de Ferrol coas dúas que están proxectadas para Canarias.
20 agosto 2007 12:13

GRANADILLA E ARINAGA SON FERROL

A loita contra as plantas de regasificación en terra de gas natural licuado que están proxectadas para Granadilla e Arinaga ten moito, moito que ver coa que se libra en Galiza contra a xa construída en Mugardos, próxima ao Ferrol. Esta regasificadora está en probas e por agora entraron catro buques gaseros (o último onte día 17 de agosto de 2007) con forte movemento social en contra e a oposición dos mariscadores da ría do Ferrol, que montan barreiras cos seus barcos para impedirlles a entrada. Algunhas circunstancias da regasificadora do Ferrol son parecidas ás das dúas regasificadoras canarias en proxecto.

A regasificadora dista poucos metros das casas do pobo de Mugardos, está a 900 metros dunha base naval e a pouco máis de 1000 metros da cidade do Ferrol, de 100.000 habitantes. A proxectada en Granadilla dista das Maretas (Arico), con 3.000 habitantes, tan só 500 mts.; da Caleta (Arico), 2.410 mts.; das Areas (Arico), 2.874 mts; de Tajao (Arico), 3.200 mts.; de San Isidro (Granadilla), con 15.139 hab, 6.400 mts.; do Médano (Granadilla), con 7.235 habitantes, 5.900 mts. A proxectada en Arinaga dista apenas 150 metros das vivendas máis próximas. Vemos pois o máis absoluto desprezo, non xa polas distancias de entre 3 e 6 Km. que se adoptaron como medida de seguridade en países civilizados en base ao cálculo segundo diversos modelos dos radios de perigo ou de impacto das nubes de gas e aire mesturados que se producen en caso de accidente, senón polos 2.000 metros que impón O Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas, Real Decreto 2414/1961, de 30 de novembro.

Segundo a norma UNE-EN 1532, en caso de accidente un buque gasero debe poder saír de porto polos seus propios medios, e o terminal de descarga deberá estar orientado para que o buque poida partir rapidamente utilizando a forza dos ventos dominantes. O vento hase de ter moi en conta con estes barcos: dada a baixa densidade do gas licuado (a metade que a auga aproximadamente) e a limitación que supón que o calado non deba exceder 10 ou 12 metros para poder entrar en porto, téñense buques de máis de 45 metros de manga (anchura) onde os tanques sobrevoan de forma notable a cuberta principal. Estas enormes superestructuras sobre a cuberta fan que estes buques ofrezan unha gran superficie vélica que normalmente dificulta a maniobrabilidad dos mesmos aínda en casos de ventos frouxos.

Pola contra a entrada e saída dos buques gaseros é perigosa e non cumpre o previsto na norma. En Ferrol por ser a través dunha ría cuxa estrechísima e pouco profunda entrada só é practicable para os gaseros con pleamar, de día e axudados por remolcadores. En caso de accidente o buque podería ter que permanecer dentro da ría, a poucos metros do Ferrol, ata a pleamar do día seguinte, cos ventos dominantes do oeste empuxando o barco cara ao fondo da ría. No caso de Granadilla os ventos do nordeste, moi fortes de ordinario (calculouse que a terceira parte dos días o proxectado porto industrial non estaría operativo por non poderse efectuar carga nin descarga de colectores debido ao vento) non deixarían saír ao buque cara a alta mar, senón que o arrastrarían paralelo á costa cara á poboación do Médano.

Os estudos de impacto ambiental fixéronse como puro trámite, sen ter en conta en conta os efectos sobre o medio nin sobre a sociedade. O sistema usado en todos os casos para quentar o gas licuado é cun sistema aberto que emprega auga de mar, cun dobre impacto sobre o medio mariño: pola baixa temperatura que alcanza a auga de retorno que se verte outra vez ao mar, entre 5º e 7º menos, e polo cloro con que se trata a auga para impedir proliferación de organismos mariños dentro dos condutos. No Ferrol supón o fin da actividade pesqueira e marisqueira na ría; non en balde son os mariscadores, que perden o seu medio de vida, a vangarda na loita contra a posta en funcionamento da regasificadora. En Granadilla supón un grave impacto sobre o medio mariño e a actividade pesqueira en toda a zona sur de Tenerife; Así mesmo no sur de Gran Canaria coa regasificadora de Arinaga.

Finalmente a verdadeira causa de que en todos estes casos búsquense eses estraños emprazamentos en terra obedece a intereses particulares. A regasificadora galega inicialmente pensábase situar nun novo porto exterior á ría, pero a decisión final sobre o seu emprazamento debeuse a un acordo pactado en segredo entre Fraga e o empresario local Tojeiro, propietario dos terreos e principal impulsor e accionista de referencia da planta de Mugardos. Segundo o xornal dixital Xornal.com, o artífice do trato foi o ex - conselleiro de economía da Xunta de Galiza, José Antonio Orza Fernández, quen participa no accionariado dunha das sociedades que conforman o Grupo Tojeiro,: Industrias do Taboleiro (Intasa). Anteriormente formou parte dos órganos de administración de Forestal do Atlántico (Foresa) e Impregnaciones Melamínicas Galegas, tamén do grupo Tojeiro. A Xunta participa co 10% no capital de REGANOSA, onde tamén están o Grupo Tojeiro, ENDESA, Unión FENOSA, Caixa Galiza, a alxerina Sonatrach, Banco Pastor e Caixanova. No entanto o actual goberno galego (PSOE/BNG) segue cualificando esta planta de estratéxica para Galiza.

As regasificadoras canarias son promovidas por GASCAN, onde participan ENDESA co 45%, o goberno de Canarias co 10%, as Caixas de aforros de Canarias co 5% e 12 empresarios canarios vinculados ao sector da construción, designados polo Goberno sen concurso público, co restante 40% das accións. Estes empresarios son 6 das Palmas: Eustasio López (Lopesan), Juan Miguel Sanjuán (Satocan), Germán Suárez (Astican), Pérez Moreno (Laymos), Javier Esquivel (Opcsa) e Pedro Agustín do Castelo; e 6 de Tenerife: Pedro Suárez, Antonio Plasencia (Puntalarga), José Fernando Rodríguez de Azero, Ignacio González (Vultesa), Juan Fontes (Atlantis) e Pedro Luís Cobiella (Hospiten). O alcalde de Agüimes, Antonio Morais, en cuxo termo está Arinaga, puxo o 11 de novembro de 2005 en coñecemento do Fiscal Anticorrupción do Tribunal Superior de Xustiza de Canarias a operación de venda das accións por se os feitos puidesen ser constitutivos dos delitos de malversación e prevaricación. A razón de que GASCAN non considere sequera unha estación regasificadora offshore é que significaría moita menos obra civil en terra e boa parte dos seus accionistas de referencia son compañías construtoras, que ademais acapararon terreos no polígono industrial de Granadilla e necesitan a regasificadora en terra e o porto industrial correspondente para revalorizalos, á marxe completamente da rendibilidade que no futuro poidan ter ou non a central térmica a gas e o porto industrial.

Como consideración xeral, as tres plantas proxectáronse cando o prezo do gas natural estaba en 2 $ por millón de BTU (unidade inglesa equivalente á enerxía de 2.760 metros cúbicos de gas) cando agora leva camiño de quintuplicarse. Habéndose alcanzado xa o peak ? gas en EEUU, é previsible que aumente as súas compras de GNL en ultramar, provocando unha forte e crecente competencia cos demais consumidores, agravada pola escaseza de buques gaseros, o que presumiblemente dispare os prezos e comprometa a viabilidade económica destas instalacións. Dá igual que sexan offshore ou estean en terra.

Un saúdo solidario para os compañeiros de Galiza.

Juanjo

Enxeñeiro agrónomo e profesionalmente traballa en agricultura ecolóxica.

Participa na coalición cidadá "Toda Canarias contra o Gas", que promove o aforro enerxético e as enerxías alternativas e oponse á introdución do gas natural licuado en Canarias e á construción de sendas regasificadoras en Granadilla (Tenerife) e Arinaga (Gran Canaria).
____________________________