mércores, marzo 28, 2007

Moción conxunta dos grupos da oposición pola paralización das obras da Praza da Porta Nova

De: asociacion veciñal -avvorosario@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 28 de marzo de 2007 19:58
Asunto: MOCION PRAZA DE PORTA NOVA - PRAZA DE ESPAÑA


Enviovos a MOCION presentada polos grupos da Oposición Esquerda-Unida, PSOE, BNG, petición de PARALIZACION DE OBRAS DO EDIFICIO DA PRAZA DE PORTA -NOVA , PRAZA DE ESPAÑA...

Saúdos

mel sanxoán

--
ASOCIACIÓN VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
blog da asociación: ferrolnovo.blogspot.com



AO ILMO. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE FERROL

Os Grupos municipais de ESQUERDA UNIDA-IU, PSdG-PSOE e BLOQUE NACIONALISTA GALEGO ante V.I. comparecen presentan a seguinte moción ao Pleno da Corporación municipal do Concello de Ferrol con base nos seguintes

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A Dirección Xeral de Urbanismo mediante resolución asinada polo Director Xeral de Urbanismo, de data 23 de Febreiro de 2.007 require ó Concello de Ferrol para que proceda á revisión de oficio dos acordos adoptados polo Pleno do Concello de Ferrol en sesión celebrada o 24 de Novembro de 2.004, para o cambio de usos dos terreos no ámbito da Praza de España e en sesión celebrada o 16 de Marzo de 2.005, polo que se aprobou definitivamente o “Proxecto para a urbanización da Praza de España e construcción dun vial subterráneo entre a Avda do Rei e a Avda de Vigo financiado mediante a concesión de dominio público” polo procedemento previsto no art. 102 da Lei 30/1192 de 28 de Novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común” por ser nulos de Pleno Dereito.

O revisión de oficio dos acordos plenarios requiren o informe previo do Consello Consultivo de Galicia, informe que na súa tramitación pode ter un prazo estimado de dous meses, polo que, obviamente urxe iniciar os trámites necesarios para proceder á revisión de oficio dos acordos plenarios de data 24 de Novembro de 2.004, 21 de Xaneiro de 2.005 e 16 de Marzo de 2.006.

Un mes despois de ditada a Resolución por parte da Dirección Xeral de Urbanismo, o Concello de Ferrol non deu ningún paso para cumprir co Resolución ditada o 23 de Febreiro de 2.007, é máis, o ritmo das obras incrementouse seguindo as ordes ditadas polo Concello de Ferrol.

Perante a neglixencia do Grupo de goberno do Concello de Ferrol os

Grupos asinantes entendemos que a nosa moción gaña razóns e urxencia co requirimento da Dirección Xeral de Urbanismo, que con data de 23 de febreiro require a revisión de oficio dos acordos municipais adoptados polo Pleno do Concello de Ferrol na sesión de 24 de novembro de 2004 e de suspensión dos efectos do acordo do devandito Pleno; cómpre non esgotar o prazo de tres meses contemplado na lei e atender ao pronunciamento autonómico para non incorrer nunha flagrante ilegalidade. Dacordo co cal, proponse ao Pleno da Corporación que adopte os seguintes:

ACORDOS

A inclusión no próximo Pleno Ordinario do Concello de Ferrol dos seguintes puntos na Orde do Día:

1. Inicio do Procedemento Administrativo de revisión de oficio do acordo plenario de 24 de Novembro de 2.004 polo que se acordou o cambio de usos da Praza de España e do acordo plenario de 16 de Marzo de 2.006 polo que se aproba definitivamente o “Proxecto para a urbanización da Praza de España e construcción dun vial subterráneo entre a Avda do Rei e a Avda de Vigo financiado mediante a concesión de dominio público coa seguinte

Proposta de Resolución: Que se declaren nulos de Pleno Dereito o acordo Plenario de data 24 de Novembro de 2.004 polo que se acordou o cambio de usos da Praza de España e do acordo plenario de 16 de Marzo de 2.006 polo que se aproba definitivamente o “Proxecto para a urbanización da Praza de España e construcción dun vial subterráneo entre a Avda do Rei e a Avda de Vigo financiado mediante a concesión de dominio público en base ós seguintes

Fundamentos de Dereito:

  • a. Os terreos de referencia están clasificados polo vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ferrol aprobado definitivamente o 28 de Decembro de 2.000 como solo urbano, sistema Xeral Viario
  • b. O sistema Xeral viario é unha denominación xeral do planeamento cuxa alteración debe suxeitarse, dacordo co disposto polo artigo 93.3 e 4 da Lei 9/2002, o procedemento previsto, para a tramitación e a aprobación do planeamento, tal e como se evidencia coa tramitación polo concello da modificación puntual que ten por obxecto recualificar o solo de sistema xeral viario previsto no Plan Xeral de Ordenación municipal, propoñéndose a súa cualificación como sistema xeral de espazos libres e zonas verdes nunha parte e sistema xeral de equipamento comunitario noutra.
  • c. O acordo do Pleno do Concello de Ferrol de data 24 de Novembro de 2.004, para cambio de usos no ámbito da Praza de España, foi adoptado prescindindo total e absolutamente do procedemento previsto polo artigo 93 da Lei 9/2002, para a modificación do planeamento, polo que incorre en causa de nulidade de Pleno Dereito do artigo 62.1.e) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común.
  • d. A modificación do sistema xeral viario, en ningún caso pode ampararse no procedemento do artigo 47.4 da Lei 9/2002 de 30 de Novembro de Ordenación Urbanística e protección do medio rural, que soamente está previsto para o cambio de uso daqueles terreos que o planeamento urbanístico reserve para equipamento públicos, e non aqueles que forman parte do sistema xeral viario como é o caso
  • e. O acordo do Pleno do Concello de Ferrol de data 16 de Marzo de 2.005, de aprobación do proxecto de urbanización da Praza de España, e as obras consistentes na construcción dun edificio de dúas plantas de soto e cinco plantas e dous locais,están a vulnerar a normativa que resulta de aplicación, artigo 115 do vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal, que establece as condicións xerais da rede urbana do sistema xeral viario, dispoñendo no seu apartado c): no subsolo das vías urbanas poderanse implantar aparcamentos subterráneos públicos nas condicións previstas nestas normas, sen prexudica-la funcionalidade rodada e os usos públicos en superficie preservando o carácter de dominio público de solo e subsolo.. De acordo co establecido no Art. 213.2 da Lei 9/2002 de 30 de Decembro de Ordenación Urbanística e protección do medio rural, as licenzas ou ordes de execución que se outorguen con infracción da zonificación ou uso urbanístico das zonas verdes, espazos libres, dotacións ou equipamentos públicos previstos no planeamento serán nulas de pleno dereito. En consecuencia, o acordo de aprobación do proxecto de urbanización incorre en causa de nulidade de Pleno dereito do artigo 62.1.g) da Lei 30/1992 de 26 de Novembro, que establece que son nulos de Pleno Dereito os actos das administracións cando así se estableza expresamente nunha disposición de rango legal.
  • f. O acordo de data 16 de Marzo de 2.005 , é nulo de Pleno, porque trae causa do acordo adoptado polo Pleno do Concello de Ferrol en data 24 de novembro de 2.004, incurso en causa de nulidade de pleno dereito, artigo 62.1.e) da Lei 30/199 de 26 de Novembro, por ter sido ditado prescindindo total e absolutamente do procedemento legalmente establecido.
  • g. Conforme ó disposto polo artigo 212.2 da vixente Lei 9/2002 do 30 de Decembro, procede a revisión de oficio dos acordos municipais referenciados, polo procedemento previsto no artigo 102 da Lei 30/1992 de 26 de Novembro do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por incorrer en causa de nulidade de pleno dereito do artigo 62.1.e) e 62.1.g) da Lei 30/1992
2.- Solicitar informe ó Consello Consultivo de Galicia respecto á nulidade dos acordos adoptados nos Plenos do Concello de Ferrol de datas 24 de Novembro de 2.004 e 16 de Marzo de 2.006

3.- Proceder de xeito inmediato á paralización das obras de construcción dun edificio de 21 metros de altura na Praza de España.

Polo Grupo de EU-IU
Polo Grupo do BNG
Polo Grupo do PSdG-PSOE

Defenden a centralidade da democracia participativa na vida dos concellos

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 28 de marzo de 2007 15:56
Asunto: Defenden a centralidade da democracia participativa na vida dos concellos


ESQUERDA UNIDA-IU defende a centralidade da democracia participativa na vida dos concellos


ESQUERDA UNIDA-IU considera fundamental desenvolver nos anos vindeiros un esforzo sostido no eido da participación cidadá para devolver o oxíseno das demandas populares ao cerne da vida municipal. Esforzo que terá que desenvolverse de xeito transversal en todas as áreas municipais e que requerirá tanto dun importante desplegue no eido da toma de conciencia e a educación, canto nos recursos humanos e económicos para pór en funcionamento a democracia participativa.

Democracia participativa que para a nosa organización supón un fabuloso trasvase de coñecementos e participación público ( asociacións, particulares, técnicos e responsbles políticos ) á cotidianeidade municipal, que ten que permitir traballando arreo e ao longo dos anos, involucrar a milleir@s de cidadáns e cidadás na codirección da cousa pública. Un mecanismo chave para conquerir esta participación son os orzamentos participativos. E a ferramenta para botalos a andar, e que nós demandaremos irrenunciablemente será a concellaría de Participación Cidadá.

Para Esquerda Unida-IU hai algúns eixos que nos parecen pertinentes pór enrriba da mesa para artellar a andaina da nosa proposta de democracia participativa. A solidariedade da cidadanía co conxunto da cidade, de maneira que arbitre os mecanismos e criterios que teñan como finalidade o reequilibrio social e territorial.

A universalidade, como expresión da vontade política de que non haxa un só cidadán que non participe nalgún eido da trama social organizada. Os orzamentos tamén concebidos como unha escola de participación e cidadanía, como o exercicio que supera a escisión entre gobernantes – con poder – e gobernados – desprovistos del. A corresponsabilidade na xestión da cousa pública, de todo aquello que é patrimonio e responsbilidade de tod@s. O control e o seguimento do proceso, para avaliar e correxir os erros que xurdan no mesmo. O fomento do tecido asociativo como expresión da madureza dunha sociedade capz de avanzar na autorregulación. O impulso decidido á participación das mulleres e da mocedade en especial neste proceso de profundización da democracia.E, por último, un enfoque global de cidade, artellando os intereses territoriais e sectoriais.

ESQUERDA UNIDA-IU quere manifestar o seu compromiso moral e, xa que logo, político ( facetas ambod dunha praxe transformadora que se quere participativa ), cos acordos e decisións adoptados no seo do proceso. ESQUERDA UNIDA-IU respectará a levará adiante os resultados froito da codecisión participativa nada no proceso.

Nós temos o convencemento de facer coa nosa proposta unha achega importante para facer de Ferrol a primeira cidade que lance a nivel galego a fórmula da democracia participativa, como unha das ferramentas para a superación da crise desta democracia de baixa intensidade, que lonsa e desengana á cidadanía.

Escrito ao Alcalde de Ferrol, instandolle a que cumpra a suas responsabilidades respecto á seguridade e Reganosa

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 28 de Marzo de 2007 11:02

Asunto: Escrito ao Alcalde de Ferrol, instandolle a que cumpra a suas responsabilidades respecto á seguridade e Reganosa


O Comité Cidadán de Emerxencia presentou por rexistro municipal un escrito ao Alcalde de Ferrol a fin de que, como primeira autoridade local de protección civil, exerza as súas obrigacións en defensa da vida dos veciños e veciñas de Ferrol, propoñendo ao pleno municipal unha moción para solicitar da administración central competente que non autorice a entrada en funcionamento de Reganosa.

Acompáñase así mesmo nun fichero pdf con algunhas paginas da Autorización de Construción a Reganosa, de 13 de febreiro de 2004, onde na que ten o pé de pagina nº 5 consta a capacidade de vaporización de 322.500 m3/hora, polo que é falsa a cifra de 400.000 m3/hora que nalgún medio se esta difundindo.

En anteriores comunicados do Comité Cidadán de Emerxencia informouse que o Consello de Ministros do 29 de decembro de 2006 acordou reducir das marxes de beneficio para as instalacións de gas natural. Tiñan unha marxe de beneficio do 14% que foi rebaixado ao 7%, co cal os prazos de amortización para Reganosa dispararíanse a 50 anos ou mais, provocando que as súas contas da lechera non sirvan para socios que prefiran un negocio a curto prazo. Iso, mais os contratos por gasoducto, explica o xeito desesperado coa que Reganosa e as súas corifeos están reclamando unha ampliación a máis do dobre, que non está xustificada polo consumo local que é moi pequeno en comparación coa diferenza de 800.000 a 322.500 m3/hora.

Carmelo Teixeiro
Coordinador do Comite Cidadán de Urxencia para a Ría de Ferrol.


No escrito presentado por rexistro municipal o martes 27 de marzo, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol expón que polos medios de comunicación, do último domingo 18 de marzo, ten coñecemento de que o Alcalde de Ferrol vai convocar un Pleno Extraordinario para propoñer unha moción en apoio a ampliación da capacidade de vaporización que Reganosa, de xeito desesperado está reclamando, coa pretensión de chegar a cifra de 800.000 m3/hora, dicindo que quere fornecer gas natural as Comunidades Autónomas de León e de Asturias. Informase ao Alcalde de Ferrol que na autorización administrativa previa a Reganosa de 3/6/2002, e na de construción de 13/2/2004, consta a cifra de 322.500 m3/hora como capacidade de vaporización autorizada a Reganosa. (*)

Por outra banda, tamén se lle comunica ao Alcalde de Ferrol que segundo o publicado nestes últimos meses, e evidente que, antes de finalizar as súas obras, Reganosa é un fracaso como negocio energético e dá a impresión de que seus promotores entraron no sector energético con manifesta incompetencia, segundo as informacións que se publican, particularmente sobre as OPAS a Endesa, coa aparición ademais de grandes operadores europeos dispostos a entrar no mercado español e tamén en Galicia, con contratos de gas natural por gasoductos en grandes cantidades a longo prazo desde Argelia ou desde Rusia, de xeito que o gas natural contratado por gasoducto téñeno que pagar aínda que non o consuman, quedando as plantas de gas como reserva para cando poidan existir problemas no fornezo por gasoducto.

Así mesmo que nun escrito que o Comité Cidadán enviou o Ministro de Industria o 27 de xuño de 2006, advírteselle que é imposible que Reganosa poida cumprimentar os condicionados da autorización de construción, sobre distancias de seguridade respecto das poboacións e para a saída de urxencia dos buques gaseros, polo que non estaría salvagardada a vida das persoas e os seus bens. Agora, cando aínda estase a tempo de evitar unha traxedia, tamén ao Alcalde de Ferrol déixaselle constancia de que Reganosa está anunciando a súa entrada en funcionamento para o próximo mes de xuño, pretendendo saltar devanditos condicionados e implicar as administracións públicas en novas ilegalidades.

Por todo iso o Comité Cidadán SOLICITA do Alcalde de Ferrol que:
a) Como primeira autoridade local de protección civil, exerza as súas obrigacións para defender aos seus veciños e veciñas da ameaza que supoñería Reganosa no caso de entrar en funcionamento, e consecuentemente propoña o pleno unha moción solicitando da administración central competente que non autorice a súa entrada en funcionamento, tramite que unha vez rematadas as obras Reganosa ten obrigación de solicitar segundo o artigo 85 do Real Decreto 1434/2002 de 27 de decembro.
b) En base a Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Ferrol, no caso de que se convoque o citado Pleno Municipal anunciado, permítase exercer a palabra a un representante do Comité Cidadán de Urxencia, a fin de expoñer unha opinión que é de interese xeral para os veciños e veciñas de Ferrol.

(*) Acompáñase un fichero pdf con algunhas paginas da Autorización de Construción a Reganosa, de 13 de febreiro de 2004, onde na que ten o pé de pagina nº 5 consta a capacidade de vaporización de 322.500 m3/hora, polo que é falsa a cifra de 400.000 m3/hora que nalgún medio se esta difundindo.

En anteriores comunicados do Comité Cidadán de Emerxencia informouse que o Consello de Ministros do 29 de decembro de 2006 acordou reducir as marxes de beneficio para as instalacións de gas natural. Tiñan unha marxe de beneficio do 14% que foi rebaixado ao 7%, co cal os prazos de amortización para Reganosa dispararíanse a 50 anos ou mais, provocando que as súas contas da leiteira non sirvan para socios que prefiran un negocio a curto prazo. Iso mais os contratos por gasoducto para os grandes operadores , explica o xeito desesperado coa que Reganosa esta redclamando unha ampliación a mais do doble, e que non está xustificada polo consumo local que é moi pequeniño en comparación coa diferencia de 800.000 a 322.500 me/hora..

Anexo copia do escrito prersentado

Para ampliar clicar acima da imaxen

Nota.-

Con respecto ao ficheiro mencionado de 7 páxinas en formato PDF, non o subimos neste BLOG, tratase da Resolución de la Dirección General de política Energética y Minas por la que se aprueba el proyecto de ejecución de las instalaciones de la planta de recepción, almacenamiento y regasificación de G.N.L. de mugardos (A Coruña) presentado por la empresa "Regasificadora del Noroeste, S.A.", polo que, quen teña interese no mesmo, pode pedilo a través do correio-e [artabra21@gmail.com].
______

martes, marzo 27, 2007

Denuncian a deixación de responsabilidades tanto do Concello de Ferrol canto da Consellería de Cultura para a protección do patrimonio construído

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 27 de marzo de 2007 16:53
Asunto: Denuncian a deixación de responsabilidades tanto do Concello de Ferrol canto da Consellería de Cultura para a protección do patrimonio construído


ESQUERDA UNIDA-IU denuncia a deixación de responsabilidades tanto do Concello de Ferrol canto da Consellería de Cultura para a protección do patrimonio construído

ESQUERDA UNIDA-IU quere lembrar á cidadanía de Ferrol que hai xa máis dun ano, a Comisión Cidadá para a Recuperación do ferrol Vello, plataforma na que que participan o BNG, PSdG-PSOE, e ESQUERDA UNIDA-IU, denunciou perante a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes (PSdG) que no barrio de Ferrol Vello se estaban a executar unha serie de obras que incumprían a normativa urbanística municipal vixente.

Posteriormente, ante a falta de resposta (nin positiva, nin negativa) da Consellería de Política Territorial, no mes de abril do pasado ano, a instancias da Consellería de Cultura e Deporte (BNG), esta mesma Comisión Cidadá presentou escrito diante da Delegación Provincial desta Consellería na Coruña na que se solicitaba a intervención deste departamento da Xunta de Galicia na protección do patrimonio construido do Barrio de Ferrol Vello, habida conta que as obras xa denunciadas diante da Consellería de Política Territorial incumplían a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia, ao non contar co informe previo e vinculante favorable da Dirección Xeral de Patrimonio.

A raíz das denuncias presentadas pola Comisión Cidadá, a Consellería instou ao Concello de Ferrol a paralizar as obras en tres inmobles afectados pola denuncia, na rúa Benito Vicetto 7-9, en s. Francisco 25 e máis na rúa Espartero 34-36, pero nada dixo da outra obra denunciada (San Francisco 42-44).

Perante o requerimento feito pola Consellería – a instancias da Comisión Cidadá – , ESQUERDA UNIDA-IU quere denunciar que nada fixo o concello de Ferrol, que deixou avanzar as obras, desenvolvendo unha política de feitos consumados, que lastima o seu deber de protexer o patrimonio construído, e pon ao concello de parte dos que queren facer cartos a costa de arruinar a nosa historia construida. Ademáis, ESQUERDA UNIDA-IU tamén quere denunciar que, tendo en conta a infracción cometida polo Concello de Ferrol, ao autorizar obras nun barrio protexido sen o preceptivo informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, infracción que está tipificada como leve pola Lei de Patrimonio Cultural de Galicia, a non paralización das obras pode supoñer ao Concello de Ferrol sancións entre 60.000 euros e máis de 150.000 euros por cada obra, sanción que pagaremos todos os ferroláns e ferrolanas do noso bolso pola inoperancia deste goberno municipal a hora de facer cumplir a legislación vixente e tamén á hora de executar o mandato da Consellería de paralizar as obras.

Pero se xa é grave esta actitude do concello á hora de defender o patrimonio construido da cidade, nalgúns casos a Consellería de Cultura e Deporte non se queda atrás.

A outra obra denunciada pola Comisión Cidadá para a Recuperación de Ferrol Vello, obra que actualmente se está a executar en San Francisco 42-44 (o coñecido edificio da Farmacia de San Francisco), non foi tratada de igual xeito pola Consellería de Cultura e Deporte (BNG), descoñecendo ESQUERDA UNIDA-IU a razón de que a día de hoxe (case un ano despois de ser denunciada) este departamento da xunta non movera aínda un papel no eido de evitar, primeiro, a destrucción de tan interesante inmoble, e despois, de evitar o importante impacto visual que esta obra causa na rúa San Francisco e no conxunto do barrio.

A Consellería de Cultura e Deporte (BNG), non instou ao Concello de Ferrol a paralizar as obras cando a destrucción do inmoble era aínda reversible, nin iniciou ningún trámite para evitar o grave impacto visual.

ESQUERDA UNIDA quere demandar das administracións públicas, sexan da cor política que sexan, que alomenos cumpran os cometidos que lles marca a lei. Neste caso temos que denunciar imcumprimentos na lei que acarrean graves danos ao patrimonio construído, asemade de interrogármonos pola distinta actitude adoptada nuns casos e noutro ( o de s. Francisco 42-44 ). A nosa organización esixe que as actuacións dos poderes públicos eviten incurrir en arbitrariedades.

Instan ao concello a desenvolver un urbanismo sustentable, respectuoso coas nosas costas

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 27 de marzo de 2007 12:11
Asunto: Instan ao concello a desenvolver un urbanismo sustentable, respectuoso coas nosas costas


ESQUERDA UNIDA-IU insta ao concello a desenvolver un urbanismo sustentable, respectuoso coas nosas costas

ESQUERDA UNIDA-IU pídelle ao PP que non xogue a enganar a cidadanía con falsas defensas sobre a necesaria protección do litoral. Cando atopámonos cun clamor casi unánime sobre a necesidade de deter unha escalada na construcción desaforada sobre a cinta litoral, resulta que o PP dí que sí, que hai que protexer, pero sen deixar de construir; cuadratura dun círculo irreal, que para nós agocha a nula vontade política para deter o expolio e destrucción dun ben de primeira orde que é patrimonio de tod@s nós. Os urbanistas saben que os Planos xerais de ordeación urbana

Para ESQUERDA UNIDA-IU hai que cambiar de xeito radical o modelo económico baseado na construcción e as actividades de baixo valor engadido, que asemade de destrozar a natureza , acarrean un emprego precario, pouco cualificado e de baixos salarios. Nos anos de goberno do PP inflouse unha burbulla especulativa inmobiliaria que aínda pende sobre nós, pois o goberno do PSOE mantivo de xeito continuista esa política económica de dereitas, sendo inacapaz de debullar con claridade outra política económica e social alternativa.

Cando en Ferrol coñecemos unha realidade económica e demográfica que amosa a irracionalidade do modelo económico do ladrillo: dende o ano 2000, fixéronse 2500 novas vivendas para en troques perder cáseque 5000 veciñ@s, asemade de ter ser aprobar os planeamentos rehabilitadores nos barrios da Magdalena e Ferrol Vello; cando estamos nesa coxunstura – pouco desexable – vai o PP e pide que se lle bote máis madeira a caldeira do ladrillo. Para a nosa organización é evidente que a protección do litoral non

ESQUERDA UNIDA-IU afirma que a protección do medio litoral lonxe de ser un atranco para o desenvolvemento da nosa cidade, resulta un elemento fundamental doutro modelo de desenvolvemento, aquél que pousa as súas capacidades nunha economía ao servizo das necesidades das persoas e da protección do medio físico que permite albergar e reproducir a vida en condicións de sustentabilidade. Así, a costa ferrolá acada un valor punteiro para desenrrolar actividades económicas ( dende os recursos mariños até un turismo sustentable de calidade ), fornecendo un xeito de interactuar entre ser humano e medio equilibrado e non depredador.

Nós temos aínda na nosa bisbarra a oportunidade de non estragar un medio fabuloso. Trátase de non devastalo co lume do ladrillo en aras de que algúns promotores e constructores enchan o peto cunha celeridade digana de mellor causa.

Sobre o debate do Regulamento da PA21

De: amadeo -avarela36@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 27 de marzo de 2007 11:06
Asunto: Regulamento da PA21


¡Hola ártabros! Un saúdo ártabro desde Recimil.

O pasado día 11 mandeivos un escrito sobre as enmendas presentadas ao borrador do Regulamento.

Hoxe quero ampliar aquelas opinións, porque coido que temos moito que debater neste asunto, coas consideracións seguintes:.

1.- Para comezar, habería que decidir se debemos ou non, ter un regulamento.

2.- Se decidimos que é necesario, hai que debater xa o borrador, porque levamos un ano funcionando e aínda non fumos quen de botalo a andar.

3.- Decía no meu anterior escrito que non tería problema en aceptar as emendas presentadas, para tentar de acadar un consenso. Malia todo, penso que a emenda que presenta Verdegaia non ten demasiado fundamento. Explícome:

Calquera que sexa o tema a debater nas nosa asembleas, antes de ser aprobado, deberá verificarse que cumple cos nosos principios de defensa do Patrimonio, da Ecoloxía, dunha Política xusta, democrática, participativa e responsable, e coa defensa dos espazos públicos e en contra da especulación.

Se o tema en cuestión reúne todos estos requisitos, e se toma a decisión de apoialo e defendelo, en ningún caso poderán prevalecer os intereses particulares dunha persoa ou dunha asociación ou entidad en particular, porque eso significaría botarse fora dos noso principios.

Esto xa se falou, porque xa sucedeu nunha ocasión, concretamente no caso da Resolución sobre Recimil. Se a defensa das Casas Baratas está dentro dos nosos principios, todos, sen excepcións debemos acatala.

Pois o mesmo ten que suceder con calquera outra cuestión a debater. Primeiro determinar se o tema entra dentro dos noso principios, e si cumple o establecido, hai que defendelo UNITARIAMENTE.

De calqueira xeito, non me opoño a eliminar o punto obxecto da controversia, aínda que a emenda paréceme que non é necesaria.

4.- Coido que Internet é unha ferramenta formidable para nos comunicar e debater os temas que nos preocupan. ¿Por que non escribimos todos as nosas opinións antes das asembleas? Se as opinións de cada membro da Plataforma chegaran a todos os demais, levaríamos o debate case feito e aforraríamos tempo, facendo as reunións máis breves.

Recibide de novo un “saúdo ártabro” desde Recimil. Vémonos Hoxe as 7 en Sartaña.

luns, marzo 26, 2007

Primeiros pasos para crear unha coordinadora contra a degradación urbanística

De: Fusquenlla -fusquenlla@sospontedeume.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de marzo de 2007 17:45
Asunto: Primeiros pasos para crear unha coordinadora contra a degradación urbanística


VINTE ASOCIACIÓNS PARTICIPAN XA NA IDEA

Primeiros pasos para crear unha coordinadora contra a degradación urbanística

Compostela vai acoller o vindeiro sábado día 31 unha asemblea de colectivos de todo o país preocupados pola situación.

Redacción - 17:45 26/03/2007
Tags: degradación -http://www.vieiros.com/tags/tag:degradacion-plataforma
-http://www.vieiros.com/tags/tag:plataforma- Urbanismo
-http://www.vieiros.com/tags/tag:urbanismo-


Hai poucas semanas o colectivo eumés Fusquenlla facía un chamamento social para que se organizase unha protesta nacional que mostrara a preocupación polas agresións urbanísticas que está a sufrir o país.

Agora, diferentes asociacións galegas xa expresaron a súa intención de acudir a unha asemblea que se celebrará o vindeiro sábado, ás 12 horas na Galería Sargadelos de Compostela. Na reunión intentará crearse unha coordinadora.

Fusquenlla expresa nun comunicado a “preocupación e repulsa pola degradación urbanística que estamos a sufrir en Galiza e cuxos síntomas máis evidentes son as agresións no litoral, a edificación masiva e descontrolada, o deterioro dos núcleos históricos das vilas, a destrución do patrimonio arquitectónico, a perda dos sinais de identidade territorial, a desaparición dos espazos públicos, a ausencia dunha política social de vivendas e a promoción de proxectos especulativos e lesivos para o noso entorno”.

Na reunión da vindeira fin de semana xa anunciaron a súa presenza a Asociación O Carballal; Adega; Amigos da Terra; Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra; Colectivo Ecoloxista do Salnés; Federación Ecoloxista Galega; Greenpeace; Luita Verde; Verdegaia; Asociación Cultural e Veciñal O Tombo de Ardán (Marín); Anduxía (Bueu); Bouzas Móvete; Comité Cidadán de Defensa para a Ría de Ferrol; Foro Social de Cangas; Fusquenlla; Ortigueira Sostible
_____________________________

---------- Mensaxe reenviado ----------
From: Xan Duro -xanduro@usc.es-
To: redelitoralvivo@verdegaia.org
Date: Thu, 22 Mar 2007 19:48:22 +0100
Subject: [redelitoralvivo] Confirmación de lugar e hora para a Xuntanza do 31

Ola de novo,
Confirmada a xuntanza o día 31 de marzo ás 12 na Galería Sargadelos de Compostela, Rúa Nova 16.

Esta xuntanza é non é exclusiva da Rede Litoral Vivo senón abertas a todos so colectivos que queiran asisitir. Divulgade o máximo posíbel a convocatoria.

Unha aperta e ate o sábado.

-----------------------------------------
Xan Duro
Coordenador Xeral de Verdegaia
www.verdegaia.org
www.bicis.info
www.redelitoralvivo.info
www.plataformaferrocarril.org


_________________

----- Mensaxe reenviado ----------
From: Xan Duro -xanduro@usc.es-
To: redelitoralvivo@verdegaia.org
Date: Sun, 25 Mar 2007 19:49:03 +0200
Subject: Re: RE : [redelitoralvivo] Confirmación de lugar e hora para a Xuntanza do 31

Ola María,

Sinto moito a coincidencia pero como estaba a semana santa polo medio non habia moito onde escoller. De calquera xeito se queredes enviar algunha suxestión, etc é ben recibida.

unha aperta
-----------------------------------------
Xan Duro
Coordenador Xeral de Verdegaia
www.verdegaia.org
www.bicis.info
www.redelitoralvivo.info
www.plataformaferrocarril.org
_____________________

María Peón wrote:

olá,
moito me temo que desde a APDR non poderemos participar desa xuntanza, xa que coincide coa Asamblea Xeral da FEG, supoño que algúns outros colectivos terán o mesmo problema... de tódolos xeitos, tampouco podemos confirmar a nosa participación na mesma até que celebremos a nosa asemblea, este xoves; imaxino que xa é tarde para mudar a data da xuntanza ¿?...
saúdos
María Peón (APDR)

Defenden que o centro de ocio proxectado para o parque público de Sartaña ten encaixe no proxecto de urbanización do polígono do Bertón

De: BNG -bng@ferrol-concello.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de marzo de 2007 12:44
Asunto: Defenden que o centro de ocio aprobado polo Goberno Municipal e que vai facer desaparecer o parque público de Sartaña ten, perfectamente, encaixe no proxecto de urbanización do polígono do Bertón


ADXUNTAMOS MOCIÓN REXISTRADA NO DÍA DE HOXE RELATIVA AO TRASLADO DO CENTRO DE OCIO E SAÚDE DE ULTRAMAR AO BERTÓN.


MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG RELATIVA A UBICAR O CENTRO DE DEPORTIVO DE ÓCIO E SAÚDE DE ULTRAMAR NO POLÍGONO DO BERTÓN

O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego no Concello de Ferrol ao abeiro da lexislación vixente apresenta para o seu debate no Pleno da Corporación a seguinte MOCIÓN:

Exposición de Motivos

O pasado mes de febreiro a Consellería de Vivenda e Solo remitia ao Concello de Ferrol para a sua tramitación o Proxecto Sectorial e de Urbanización do Polígono do Bertón.

Este proxecto de urbanización prevé actuar sobre unha superfície de 138.000 metros cadrados que albergará 1200 vivendas protexidas. Trátase dunha das áreas de oportunidade máis significativa da cidade de Ferrol, por canto que esta vencellada á construcción dunha nova fachada urbana, un elemento limítrofe cos ensanches xa consolidados,- en particular co Barrio de Ultramar- e un elemento tamén de transición cos desenvolvementos industriais e de servizos do polígono da Gándara.

As características deste polígono estabelece as seguintes distribucións 29.500 m2 para solo residencial, 4300 m2 para uso terciario comercial e 18.000 m2 de solo dotacional entre as que destaca 7.000 m2 para usos deportivos.

O grupo municipal do BNG, defende que o centro de ocio aprobado polo Goberno Municipal e que vai facer desaparecer o parque público de Sartaña ten, perfectamente, encaixe no proxecto de urbanización do polígono do Bertón.

Nas alegacións apresentadas en agosto de 2005 o BNG plantexou que existen alternativas á ubicación prevista e valoraba outros posíbeis emprazamentos deste complexo no propio barrio ou na zona colindante do Bertón.

Consideramos que é agora, coincidindo coa tramitación municipal deste proxecto, cando se pode e debe aproveitar esta oportunidade para atopar un novo emprazamento ao Centro Deportivo de Ocio e Saúde do barrio de Ultramar dentro dos espazos destinados a equipamentos deportivos.

Por todo esto o grupo muncipal do BNG propón ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte ACORDO:

Instar ao Goberno Municipal a realizar as negociacións necesarias dirixidas a conseguir un acordo que permita que o Centro Deportivo de Ocio e Saúde aprobado polo Goberno Municipal para ubicar no parque público de Sartaña se emprace no proxecto de urbanización do polígono do Bertón


Ferrol a 23 de marzo de 2007

Charla-coloquio sobre participación cidadá

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 27 de marzo de 2007 12:11
Asunto: Charla-coloquio sobre participación cidadá



ESQUERDA UNIDA-IU organiza unha charla-coloquio sobre participación cidadá

ESQUERDA UNIDA-IU organiza mañá, martes 27 de marzo, ás 20:00, no local do Real Coro TOXOS E FROLES, sito na rúa Magdalena,220, unha charla-coloquio sobre participación cidadá.

O acto público contará coas intervencións de Javier Galán, candidato número 2 da lista municipal de EU-IU ao concello de Ferrol, e máis de Rocío López Lozano, xefa do Departamento de Participación cidadá do concello de Córdoba.

ESQUERDA UNIDA-IU entende que resulta fundamental dar un pulo a cuestión da mellora e profundización de vida democrática. Todas os estudos constatan un alonxamento da cidadanía da vida política, e as formacións políticas non podemos restar indiferentes a tan preocupante realidade.

A nosa formación política naceu como resposta as insuficiencias que os partidos tradicionais teñen para encauzar os anceios de participación no goberno da cousa pública por parte da cidadanía. Nós somo un movemento político e social, que pretende alentar a comunicación e a participación de persoas e colectivos a traverso das áreas de elaboración colectivas, as cales son espazos da organización onde se debate e acordan as liñas e propostas programáticas por parte de afliad@s, mais tamén nos que participan aqueles que non forman parte orgánica da organización. As áreas son laboratorios onde se prepara o programa político do porvir, espazos onde se aprende e elabora un acordo programático, o noso compromiso racional coa cidadanía.

A crise da política está alentada pola ideoloxía neoliberal, empeñada en rebaixar e cegar a calidade da política como ferramenta de transformación radical da sociedade; a esquerda política e social temos que desenvolver novos instrumentos para a participación e o debate político sobre contidos e propostas concretas, os cales enxergándoos no horizonte de igualdade e liberdade. As áreas e a elaboración colectiva son as que fundan a proposta de programa que levamos as eleccións; non doutro xeito estamos a producir o noso programa electoral, dende o encontro e debate coa sociedade crítica organizada, e non da man de escuros gabinetes técnicos, que só sirven aos intereses do capital.

Estamos convencidos que o movemento veciñal, o feminismo, o ecoloxismo, a clase traballadora, a mocedade... necesitan de voltar o espazo da política, convocar razóns apaixoadas para cambiar o tempo da resignación e do acomodo coas lóxicas do capital ( Atento, Henkel, carestía da vivenda, precariedade, violencia de xénero, agresións como a planta de gas ou a praza de España, etcétera ), e achegármonos á respiración esperanzada que sabe da potencia transformadora que temos as e os traballadores cando razoamos e organizámonos en común.

ESQUERDA UNIDA-IU vai a facer da democracia participativa un eixo central da súa proposta política. O exemplo dos concellos onde gobernamos indica que é posible involucrar aos veciñ@s na cotidianeidade das decisións; non será tarefa fácil maís é posible a condición de ter a vontade política de acordar c@s veciños en que imos empregar os orzamentos municipais. A experiencia que arrancou en Porto Alegre xa está a ser aplicada en Córdoba, Cabezas de s. Juan, Sevilla... e pode selo en Ferrol, mañán imos dar outro paso para que sexa posible na nosa cidade.

domingo, marzo 25, 2007

Máis de 1000 persoas na manifestación contra as taxas abusivas do saneamento en Narón


Muitas persoas acudiron á manifestación convocada pola Agrupación das Asociacións Veciñais da Zona Rural de Naron.

Este 25 de marzo de 2007, vai fazer historia no movimento veciñal de Naron, pois había moito tempo que non se realizaba unha manifestación tan importante e númerosa en Narón, contra a política abusiva do goberno municipal de Xoan Gato, promotor inmobiliario e agora tamém promotor político, no todo vale de Terra Galega. Cuxa ideoloxía mal chamada de centro galeguista, basease na simple xestión municipal con receitas neoliberais tanto no social como no económico, como na ordenación do territorio.

A manifestación transcurreu como estaba previsto desde as inmediacións do Asilo de Piñeiros até a Praza de Galiza, diante da casa do Concello, alí rematou coa lectura dun comunicado da Agrupación das Asociacións Veciñais convocantes.

Unha manifestación reivindicativa e con forza perotagonuizou a veciñanza de Narón, farta da impunidade coa que está gobernando o actual goberno con maioría absoluta e sen escoitar á veciñanza.

A veciñanza DENUNCIA:
  • O prezo abusivo das taxas de saneamento e auga.
  • A falta de proxecto e planificación, aínda sen presentar ásveciñas e veciños.
  • O mal estado das obras,mala calidade e improvisación.
  • A negativa daogoverno municipal a que a veciñanza se poida expresar nos plenos.
  • A prepotencia da alcaldía e resto de gobernantes, e a mala xestión do diñeiro público.
  • A negativa a que a cidadanía participemos nas decisións municipais.
A veciñanza formula un novo planeamento no asunto do saneamento e do enganche de auga potábel, así como unhas taxas xustas conforme ao que se está cobrando no resto dos concellos da Comarca. E, por decontado, demanda que os que gobernan na Casa do Concello, teñan en conta as opinións veciñais, ás súas organizacións e reivindicacións.

POR UN NARÓN DE FUTURO.
A UNIÓN FAI A FORZA E TODAS E TODOS PODEMOS CAMBIA-LO


__________

Enlace coa noticia no Diario de Ferrol

Enlace coa noticia en La Voz de Galicia

Enlace coa noticia en La Opinión de A Coruña
____________

sábado, marzo 24, 2007

Diario de Ferrol: Plantan 70 alisos na contorna do río Cádavo, en Fene, para rexeneralo

En post anteriores faziamosmención ás actividades de ADEGA no Día Internacional da Árbore, hoxe transcribimos a noticia que publica o Diario de Ferrol sobre a actividade realizada no leito do río Cádavo na zona urbana de Fene

Diario de Ferrol
Ferrol | Sábado, 24 de Marzo de 2007

Plantan 70 alisos na contorna do río Cádavo para rexeneralo

Adega promoveu a plantación duns 70 alisos nas marxes do río Cádavo, ao seu paso por Fene, coa intención de regererar uns espazos urbanos, pero moi interesantes desde o punto de vista medioambiental. Adega celebrou con este acto o día dedicado á árbore.

REDACCIÓN > FERROL

Un grupo de medio centenar de persoas interveu nesta operación, que se fixo efectiva a partir das seis da tarde, e que tamén congregou a bastantes curiosos. O alcalde de Fene, Xosé María Rivera Arnoso, e outros membros da corporación, ademais de representantes da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia, Adega, déronse cita na contorna da avenida Tarrío, nas inmediaciones do edificio do mercado municipal, onde se rexistrou unha gran actividade ao longo da tarde.

Desde a formación ecoloxista explicouse que as plantas obtivéronse dun semillero natural que se localiza a escasos metros do lugar elixido para a plantación e destacouse que coa elección do emprazamento do río Cádavo tratouse de imprimir un certo carácter reivindicativo ao acto. Por outra banda, informouse de que os alisos (ameneiros, en galego) foron os que deron o nome ao lugar , "Ou Ameneiral", e considerouse interesante repoboar a zona elixida porque os beneficios asociados a estas contornas pasan por servir de refuxio a aves, invertebrados e mamíferos e por actuar de regulador de determinadas condicións térmicas e da luz. A convocatoria foi un éxito, segundo os organizadores, que consideran probable volver repetir a experiencia noutros lugares do término municipal de Fene.

Enlace coa noticia orixinalno Diario de Ferrol

Diario de Ferrol: Programan protestas no rural pola taxa de saneamiento en Narón

Seguimos transcribindo noticias de interese sobre as mobilizacións da Agrupación das Asociacións Veciñais da Zona Rural de Narón, contra as Taxas Abusivas de saneamento e engache de agua que pretende cobrar o Concello de Narón á veciñanza do rural.

Diario de Ferrol
Ferrol | Sábado, 24 de Marzo de 2007

Programan protestas no rural pola taxa de saneamiento

Os 1.100 euros fixados no municipio naronés para dispoñer do servizo de auga e alcantarillado na zona rural continúan considerándose excesivos na Agrupación de AAVV da Zona Rural. O colectivo, que se manifestará mañá polas taxas, non descarta realizar medidas de presión se non se reducen os prezos.

LORENA ROMEU > FERROL
A auga e o alcantarillado chegarán na primeira fase a tres parroquias J.M.

A Agrupación de AAVV da Zona Rural invita aos veciños do núcleo urbano a sumarse á manifestación que mañá ás doce do mediodía sairá desde o asilo de Piñeiros cara ao Concello, percorrendo un tramo da estrada de Castilla. O colectivo considera que o custo dos servizos de auga e alcantarillado é abusivo, e critica a calidade das obras, a falta de planificación, as escasas reunións cos veciños sobre o tema e a mala xestión do diñeiro público, tal e como manifestan nun comunicado.

Representantes da AVV da Zona Rural e das asociacións vecinales de Ou Val e San Xiao falaron onte no Concello da problemática, recordando que se suscitou no ano 2002 e que, en 2007 "atopámonos con que tan só está empezada a primeira fase dás obras e con que ou custo económico é altísimo para unha xente de Narón que somos traballadores". O colectivo demanda a gratuidad do servizo e considera que a imposibilidad de chegar a un acordo cos gobernantes levoulles a convocar a primeira manifestación destas características desde a chegada da Democracia. "Non descartamos levar a cabo medidas de presión, como pecharnos non Concello ou presentar denuncias en Europa, non caso de que a situación non cambie", aseguraron desde a Agrupación.

Desprazamento > A Agrupación de AAVV da Zona Rural poderá a disposición dos veciños das diferentes parroquias un servizo de autobuses, que sairá ás once da mañá das igrexas de Castro, Pedroso e San Xiao, e a esa mesma hora dos locais sociais de Sedes e San Mateo e da cooperativa de Ou Val.

Desde a Agrupación de AAVV criticouse tamén a xestión municipal, que dispón de cinco millóns de euros de remanentes "por exprimir ós cidadáns ou máximo posible". As acusacións chegaron tamén a nivel político, afirmando que "eles -polos gobernantes naroneses- din nas parroquias ás que van presentar candidatos de Terra Galega que van dar participación cidadá e nós queremos en Narón ou que eles prometen nos outros concellos".

Enlace coa noticia orixinal no Diario e Ferrol

Demandan do concello que poña os medios necesarios para que a escola de infantil de Masdiás entre en funcionamento no curso 2007-08

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 24 de marzo de 2007 12:35
Asunto: Demandan do concello que poña os medios necesarios para que a escola de infantil de Masdiás entre en funcionamento no curso 2007-08


ESQUERDA UNIDA-IU demanda do concello que poña os medios necesarios para que a escola de infantil de Masdiás entre en funcionamento no curso 2007-08

EU-IU quere amosar a necesidade de que as administracións públicas implicadas no caso do colexio Manuel Masdiás, concello e vicepresidencia, se impliquen de xeito resolutivo para acadar a posta en funcionamento dunha escola infantil pública, dotación educacional da que está falta a nosa cidade, onde hai un déficit de prazas infantís públicas innegable e non abordado.

As sucesivas demoras e o abandonos das instalacións que denuncian tanto o Consello escolar do centro, canto o profesorado, deixa en evidencia a neglixencia coa que se están a conducir neste tema a equipa de goberno.

Preguntámonos onde restan os compromisos do concelleiro de obras ao respecto de habilitar unha partida orzamentaria para arranxar un espazo que se degrada ollos vista, con humidades, filtracións ... e sen a dotación necesaria para que @s nen@s da cidade conten cun equipamento necesario para paliar o devandito déficit de prazas na educación infantil.

ESQUERDA UNIDA-IU entende que hai que superar a fase onde as administracións se tiran as responsabilidades á cabeza, resultando ferida a provisión de servizos públicos de calidade para a cidadanía. A negociación do convenio de investimentos para adheririse ao Consorcio Galego de Servizos Sociais ten que facerse xa resolutiva e conquerir para esta cidade as demandas recollidas por todolos grupos políticos no Pleno de 30 de novembro de 2006.

No devandito Pleno, o noso grupo deixou constancia do disgusto que lle producía a fórmula do consorcio, plataforma que podría derivar nunha privatización do mesmo, as discriminacións que podía producir, ou o posible menoscabo da autonomía municipal, mais acordamos necesario que sobre a única fórmula que propón a Xunta - o Consorcio - se garantan as dotacións de servizos necesarias para superar os déficits que temos neste eido nesta cidade. Qué se ten feito dende entón? Dende logo nada no que atinxe a escola infantil de Mandiás.

O barrio de Caranza non merece a deixación de funcións que están a cometer as administracións públicas, e en particular a equipa de goberno con esta dotación educativa; deixación que amosa o desinterese deste goberno municipal polas dotacións educativas públicas,asemade do nulo compromiso cunha política integral de igualdade, que axude a rachar coas dependencias sociais que se lle impoñen ás mulleres cando os poderes públicos non atenden as necesidades de colectivos como o dos nen@s fóra dos tramos educativos obrigatorios.

ESQUERDA UNIDA-IU fai un chamamento ao concello e a vicepresidencia para que resolvan, coa celeridade que demandan as necesidades sociais sen atender, o conxunto de investimentos recollidos no Pleno de 30 de novembro de 2006 : as dúas escolas infantís, o centro de día, a residencia de maiores, os gastos de xestión e mantemento da Casa de Acollida, a construcción de aprtamentos tutelados, o centro de día para transeúntes, e a ludoteca – lecoteca para os cativos, máis un incremento da contía que recibe Ferrol polo plan concertado.

venres, marzo 23, 2007

Convocatoria da Asemblea Xeral Ordinaria para o martes 27 de marzo de 2007, no Local Deportivo Sartaña

Ola ártabros/as.- Estamos CONVOCADOS para o vindeiro martes de 27 marzo, ás 7 da tarde no local da Agrupación Deportiva de SARTAÑA.

Achegamos ACTA da Xunta Coordinadora celebrada este 22 de marzo.

Achegamos Convocatoria da Asembleia Xeral.

asdo.
A Xunta Coordiandora
Amadeo Varela
José R. Jove
Xosé M. Sanxoán

_________________

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA PA21

27 de Marzo de 2007

A Xunta Coordinadora da Plataforma Ártabra21, tal e como fixa o seu Documento Fundacional, convócavos para unha ASEMBLEA XERAL ORDINARIA ás 7:00 h. da tarde do día 27 de Marzo no local da Agrupación Deportiva de Sartaña [Esquina entre as rúas Sánchez Calviño e Paraguai].




Orde do día

1 .- Lectura e aprobación, se procede, da ACTA da ASEMBLEA anterior.
2 .- Estado de contas.
3 .- INFORMACION XERAL.-
a- FRAGA DE MENÁNCARO.
b -NOVIDADES EN RECIMIL.
c – PLANTA DE GAS.
d – Sartaña.
e - Axenda Local21.
f – Documento “OS SEN VOZ DE GALICIA”.
4 .- EDIFICIO DE PORTA NOVA.
5 .- Avaliación da pasada ASEMBLEA EXTRAORDINARIA.
Remisión das 4 PROPOSTAS DE REGULAMENTO ás Organizacións de PA21
6 .- RELEVOS VOLUNTARIOS na XUNTA COORDINADORA.
7 .- Proposta de RESOLUCIÓN – PROTECCIÓN DO ESPAZO NATURAL DO CHA DE BRIÓN E LEIXA .
8 .- Determinación do día, lugar e hora da seguinte Asemblea da PA21.
9 .- Suxestións e preguntas.

Ferrol a 22 de Marzo de 2007.

A Xunta Coordinadora
Jose R. Jove / Amadeo Varela / Xosé M. Sanxoán

Acta da Xunta Coordenadora da PA21 do 22 de marzo de 2007

ACTA - XUNTA COORDINADORA
22 de Marzo de 2007.

XUNTA COORDINADORA do xoves-22 ás 7,30 horas da tarde no LOCAL da Fundaçon Artabria.

Orde do día

1 .- Lectura e aprobación, se procede, da ACTA anterior.- Pendente.

2 .- Estado de contas- Informa JOVE que despois de efectuar o pagamento da última MANIFA de 300, 00 €, temos un saldo de 109,70 €

3 .- Información Xeral.
- Novidades en Menáncaro.- Comentarase na ASEMBLEA.
- Recimil.- Está de actualidade o ESTUDO de REHABILITACIÓN da Xunta de Galicia.

4 .- MOCIÓN- GRUPOS POLITICOS OPOSICION , PARALIZACIÓN DE OBRAS EDIFICIOS PRAZA DE PORTA NOVA – PRAZA DE ESPAÑA.
O Pasado día 14, OS CONVOCANTES mantivemos unha reunión con distintos grupos da oposición para recomendarlles a necesidade de presentar unha MOCION de paralización das OBRAS do edificio da Praza de Porta Nova no PLENO de fin de mes.

5.- AVALIACION DA PASADA ASAMBLEA EXTRAORDINARIA.
REMISION DAS PROPOSTAS DE REGULAMENTO AS PROPIAS ORGANIZACIONS DA PA21 PARA SUA DISCUSION.
Motivado a falla de QUORUN na pasada Asemblea Extraordinaria do día 15, esta acordou remitir as distintas Organizacións as 4 PROPOSTAS DE REGULAMENTO para seu debate.

6 .- CONVOCATORIA PARA A ASEMBLEA DO DÍA 27 NO LOCAL DEPORTIVO DE SARTAÑA.-
Acordamos enviar por correo-e a ORDE DO DIA.
DEBATE E APROBACIÓN de RESOLUCIÓN para a PROTECCIÓN DO ESPAZO NATURAL DO CHA DE BRION E LEIXA.
Presentase esta anunciada proposta de RESOLUCIÓN.

7 .- Suxestións e preguntas. (Actividades Lapis Verdes) ?

Ferrol a 22 de Marzo de 2007.

Asdo. - A Xunta Coordinadora.
Amadeo Varela, José R. Jove e Xosé M. Sanxoán

Reunión das entidades convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, luns, día 26 de marzo

De: Convocantes en defensa dos espazos públicos -defendendo.os.espazos.publicos@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 23 de Marzo de 2007 18:27
Asunto: CONVOCATORIA- EDIFICIO PORTA NOVA

CONVOCATORIA- EDIFICIO PORTA NOVA

Estamos CONVOCADOS para o luns, día 26 de marzo ás 6, 15 h. da tarde no local social da Asociación Veciñal FONTELONGA.

Debate respecto a MOCIÓN a presentar polos grupos da oposición de PARALIZACIÓN DE OBRAS NA PRAZA DE PORTA NOVA, despois de mandar a Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Urbanismo o INFORME CONTRARIO ó EDIFICIO, que como sabedes invitamos aos grupos políticos da oposición a presentala para introducir o debate na ORDE DO DIA deste Pleno e solicitar a PALABRA.

Analizaremos a proposta dunha CONCENTRACIÓN CIDADÁN diante do pazo do Concello o mesmo día 29 antes da celebración do Pleno Ordinario de fin de mes.
Asdo.

Polos Convocantes

Miguel Lopez
Xosé M. Sanxoan

--
Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]:

Asociación Cultural Fuco Buxán,
Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Sociocultural Lopez Bouza
CC.OO Ferrol,
CIG-Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra21,
UGT-Ferrol,
USTG-Ferrol.

Un dos responsábeis da instalación de REGANOSA dentro da Ría de Ferrol, Ramon Ordás Badía, ex Director Xeral de Industria, ... da anterior Xunta

O companñeiro Carlos Lareo, acheganos todo un relatorio sobre un dos responsábeis da instalación de REGANOSA dentro da Ría de Ferrol, Ramon Ordás Badía, ex Director Xeral de Industria, ... da anterior Xunta de Galicia cando gobernaba o PP, imputado por suposto "corruputo".

Enlaces interesante:
http://www.galeon.com
http://www.xornal.com
___________________

De: calareo
Para: artabra21@gmail.com
Data: 22 de marzo de 2007 0:59
Asunto: O TSXG imputa o ex director xeral de Industria por concederlle 16 minicentrais ao seu cuñado


Non sei por qué o imputan!!!
Endesa foi privatizada polo PP, e tamén a financian...?
Endesa emplea aos que tiveron con ela un trato de favor...?
Paga así os servicios prestados...?


Endesa ficha a un dos homes fortes do PP galego en Industria
17-11-2005 ELADIO MEIZOSO / CADEA SER

Segundo soubo a SER, Endesa, empresa presidida por Manuel Pizarro, ha fichado ao que foi home forte do PP galego en Industria ata a derrota electoral deste partido nas eleccións autonómicas do pasado mes de xuño. O que foi ata ese momento director xeneral de Industria, Enerxía e Minas da Xunta, Ramon Ordás Badía, incorporouse como director de negocio energético de Endesa en Portugal. Ordas Badía, asegura que non está incumpliendo a Lei de Incompatibilidades porque opera fóra do territorio galego.

A ver si a Xustiza, ou o que queda dela, se abren paso neste caso, e enxuizan a este tio que dou a concesión a planta de gas de Reganosa vulnerando todas as leis do estado e europeas! Leéde... ainda que apestan!!!

O imputado: Ramón Ordás Badía

Asunto:
O TSXG imputa o ex director xeral de Industria Ramón Ordás Badía por concederlle 16 minicentrais ao seu cuñado.

Ordás Badía, alto cargo da Xunta dende 1999 até que Fraga perdeu a maioría absoluta en 2005, tivo unha importancia determinante non só na concesión da maior parte das licenzas de minicentrais hidroeléctricas e parques eólicos que se otorgaron en Galiza senón tamén no estabrecemento da planta de ragasificación de Reganosa na ría de Ferrol, empresa para a que estivo a piques de empezar a traballar antes de que Endesa o mandara a Portugal, onde desenvolve agora as súas actividades profesionais.



A Fiscalía imputa ao ex director xeneral de Industria por conceder parques eólicos e minicentrales ao seu cuñado

A Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) imputou un delito de tráfico de influencias ao ex director xeneral de Industria da Xunta durante o Goberno do PP, Ramón Ordás Badía, por conceder parques eólicos e minicentrales hidroeléctricas ao seu cuñado, o industrial Luís Castro Valdivia, a quen o fiscal tamén imputou.
EUROPA PRESS

No entanto, a Fiscalía tamén advirte que, ao delito de tráfico de influencias, poderían sumarse outros de prevaricación e de cohecho en función das dilixencias que se poidan practicar na instrución do caso.

Ramón Ordás Badía ocupou o posto de director xeral de Industria, Enerxía e Minas da Xunta entre novembro de 1999 e xuño de 2005, é dicir, durante os últimos seis anos de Goberno do PP na Xunta. Na actualidade é director de negocio energético de Endesa en Portugal.

Segundo un informe remitido ao Xulgado de Instrución decano da Coruña e asinado o 13 de marzo de 2007 polo fiscal José Piñol Rodríguez, durante os 15 anos de Goberno de Manuel Fraga, o industrial Castro Valdivia beneficiouse da concesión de sete parques eólicos e de nove minicentrales ás que hai que engadir outra "operación sospeitosa" referida á transmisión de dereitos sobre o aprovechamiento hidroeléctrico sobre o Río Landró.

A xuízo do fiscal, Castro Valdivia recibiu "un forte impulso e consolidación" en canto aos proxectos de minicentrales e parques eólicos que se lle adxudican desde que o seu cuñado asumiu en 1999 a Dirección Xeral de Industria.

ENTRAMADO DE EMPRESAS

O empresario, que está relacionado con 35 empresas e con anterioridad consta noutras catro compañías, beneficiouse destas concesións pese a que a súa rede empresarial "carece das condicións mínimas para poder afrontar proxectos de tamaño financeiro e técnico como o que requiren os relacionados co sector energético".

Á vista de que as máis de 30 empresas coas cales está relacionado contan con "un capital moi escaso", "carecen de todo tipo de soporte persoal para o desenvolvemento das súas finalidades" e "non contan co soporte técnico nin material" para levar a cabo proxectos energéticos, o fiscal conclúe que a rede empresarial de Castro Valdivia "non podería obter as autorizacións administrativas" para parques eólicos e minicentrales.

Ademais, a Fiscalía alerta de que este entramado eludiu desenvolver un plan eólico empresarial, que segundo a lexislación vigente, debe ser constituído cando se accede a máis dun parque eólico.

Co "apoio do seu cuñado", nese momento director xeral de Industria, Castro Valdivia entrou en decembro de 1999 no negocio das centrais hidroeléctricas, mentres que percibiu autorizacións de parques eólicos desde o ano 2004. Así, ata obtivo unha autorización para un parque eólico en novembro de 2005, cando o Goberno bipartito xa tomara posesión, xa que a admisión a trámite da solicitude e a súa tramitación produciuse aínda con Ordás na Dirección Xeral de Industria.

CONSELLERÍA

A petición do fiscal, a Consellería de Innovación e Industria remitiu un informe sobre posibles irregularidades en expedientes de concesións energéticas durante a época do Goberno de Manuel Fraga, xa que se detectaron indicios de fraude de lei nalgúns proxectos.

Respecto diso, o conselleiro de Innovación, Fernando Branco, recordou hoxe que, xa no seu momento, o departamento que dirixe detectou unha situación "complicada" debido a "algunhas irregularidades" en concesións energéticas realizadas por Ordás Badía. Respecto diso, puntualizou que é á Fiscalía a quen corresponde evaluar a situación.

"A min o que me correspondía era sacar un novo decreto e establecer a concurrencia competitiva para que efectivamente haxa elementos valorizables obxectivos, como así fixemos. Esa é a nosa responsabilidade,", limitouse a responder a preguntas dos medios de comunicación.

Noticia orixinal en La Opinión de A Coruña


Para saber máis: A Nosa Terra

Parques eólicos e cuñados na Xunta

Pero non se limita ás minicentrais hidroeléctricas a actividade empresarial da familia de Francisco Vázquez. A súa empresa Hidroeléctrica del Arnoya, no penúltimo consello da Xunta que presidiu Manuel Fraga e que tivo lugar o 14 de xullo de 2005, conseguiu a adxudicación dunha licenza para instalar o parque eólico dos Chaos, na provincia de Lugo, orzamentado en 10,4 millóns de euros.

Dase a circunstancia de que, no momento en que se concede esta licenza, o director xeral de Industria, Enerxía e Minas, encargado de supervisar os proxectos eólicos e hidroeléctricos otorgados pola Xunta, é Ramón Ordás Badía, cuñado de Luís Castro Valdivia, socio da familia Vázquez na empresa que se beneficiou da concesión, Hidroléctrica del Arnoya.

Ordás Badía, alto cargo da Xunta dende 1999 até que Fraga perdeu a maioría absoluta en 2005, tivo unha importancia determinante non só na concesión da maior parte das licenzas de minicentrais hidroeléctricas e parques eólicos que se otorgaron en Galiza senón tamén no estabrecemento da planta de ragasificación de Reganosa na ría de Ferrol, empresa para a que estivo a piques de empezar a traballar antes de que Endesa o mandara a Portugal, onde desenvolve agora as súas actividades profesionais.

Luís Castro Valdivia, fundador co seu pai, Luís Castro Gómez, da empresa Hidroeléctrica del Arnoya, que constituíron cun capital social de só 3.000 euros, está casado con Rosa Ordás Badía, irmá do que foi director xeral de Industria da Xunta de Galiza. No piso onde vive na Coruña o matrimonio Castro-Ordás, na rúa Fama, tivo a súa sede social durante algún tempo a empresa Hidroeléctrica del Arnoya, antes de que fora comprada a súa metade pola familia de Paco Vázquez. Luis Castro Valdivia foi responsábel de Novas Xeneracións, a organización xuvenil do Partido Popular."
_________________________


Máis dos mesmos....

La Opinión de A Coruña

Un constructor logrou unha concesión enerxetica que comprou por 600 euros

A adxudicación outórgalle dereitos para xerar enerxía hidroeléctrica por unha potencia valorada en 10 millóns de euros.

O constructor coruñés José Luís Jaime Martínez Díaz, un dos fundadores e agora administrador único da empresa Cuadernas e Arcos, conseguiu que a Xunta do Partido Popular autorizáselle a explotar unha minicentral hidroeléctrica cuxos dereitos adquirira dous meses antes por 600 euros (100.000 pesetas).

A concesión hidroeléctrica foi outorgada polo Goberno en funcións o pasado 3 de agosto malia que o proceso de selección do beneficiario da minicentral está aínda pendente dunha resolución xudicial, despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia houbese anulado a maior parte do procedemento administrativo.

O constructor coruñés adquiriu os dereitos para explotar unha minicentral hidroeléctrica no río Landro, no municipio lucense de Ourol, mediante a empresa Sociedade Lucense de Enerxía Hidráulica e Eólica, unha sociedade limitada que el mesmo constituíra só cinco días antes da compra dos dereitos da concesión. Dous meses despois, Augas de Galicia autorizou a minicentral solicitada, cunha potencia de 10 megavatios, cuxo valor de mercado pode alcanzar os 10 millóns de euros (1.660 millóns de pesetas), o que potencialmente supón un beneficio 16.000 veces maior que o investimento realizado.

José Luís Jaime Martínez Díaz, cuxa empresa carecía de experiencia no sector hidroeléctrico, comproulle os dereitos para explotar a minicentral ao empresario energético Luís Castro Valdivia, cuñado do entón director xeral de Industria, Ramón Ordás Badía, que á súa vez se fixo, xunto co presidente da patronal galega, Antonio Fontenla, co control da sociedade municipal que solicitara á Xunta a concesión da minicentral hidroeléctrica.

O administrador da constructora coruñesa Arcos e Cuadernas constituíu o 10 de febreiro de 2005 ante un notario a empresa Sociedade Lucense de Enerxía Hidráulica e Eólica, unha sociedade limitada con 4.000 euros de capital social da que el é o único socio. O día anterior, un informe de Augas de Galicia propuxera a adjudicación a Hidroeléctrica de Ourol dos dereitos para explotar unha minicentral hidroeléctrica.

Cinco días despois, o 15 de febreiro do ano pasado e tamén ante notario, asinou con Luís Castro Valdivia a escritura de cesión dos dereitos que a empresa Hidroeléctrica de Ourol -fundada con capital municipal pero despois controlada por empresas de Castro Valdivia e Antonio Fontenla grazas a unha ampliación de capital- tiña sobre a concesión para explotar unha minicentral hidroeléctrica no río Landro, no municipio lucense de Ourol.


Vieiros

Apenas dous meses despois, o 7 de abril de 2005, o presidente de Augas de Galicia outorgou a concesión da minicentral hidroeléctrica que solicitara Hidroeléctrica de Ourol á Sociedade Lucense de Enerxía Hidráulica e Eólica, que comprara os dereitos por 600 euros.

A Xunta adxudicou finalmente a concesión o 3 de agosto de 2005, só un día antes de que tomase posesión o novo Goberno e o PP abandonase o Executivo galego, tras perder nas eleccións autonómicas do 19 de xuño a maioría absoluta que lle permitiu gobernar Galicia durante 16 anos.

A adjudicación produciuse a pesar do proceso xudicial aberto en torno a eses dereitos e á existencia dun incidente de ejecución pendente de resolución por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que anuló case todo o proceso administrativo desenvolvido para elixir ao beneficiario da concesión.

Os dereitos foron vendidos ademais pese a que a compraventa da concesión estaba expresamente prohibida por unha resolución da Xunta.

A compraventa de dereitos energéticos desvelada pola OPINIÓN figura entre as irregularidades constatadas polos técnicos da Consellería de Industria que elaboraron a petición do fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Carlos Varela, un informe sobre as anomalías achadas na adjudicación de concesións hidroeléctricas e eólicas en Galicia durante os últimos anos.

A Consellería de Medio Ambiente, do mesmo xeito que a de Industria, xa remitiu ao fiscal o seu informe sobre as irregularidades na xestión de minicentrales.
______________________


¿Queredes máis...?

Leido en : Vieiros


Denuncian irregularidades na concesión de aproveitamentos hidroeléctricos

[16/06/2005 17:04] A Coordenadora Galega para a Defensa dos Ríos (COGADER), formada por organizacións ecoloxistas, plataformas veciñais, sindicatos, asociacións de pescadores e outras entidades preocupadas polos ríos, detectou irregularidades na concesión de aproveitamentos hidroeléctricos que afectan a numerosos espazos naturais da Rede Natura 2000, coma por exemplo o sistema fluvial Ulla-Deza e os sobreirais do río Arnego. COGADER anunciou a súa intención de trasladar á Fiscalía Anticorrupción a documentación da que dispón en relación coa tramitación e adxudicación por parte de Augas de Galicia, organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente, de numerosas concesións a diversas empresas, como Energías del Deza, detrás das cales está a mesma persoa.

As empresas detrás das que está esta persoa ven tramitadas as súas concesións rapidamente. Outros expedientes que afectaban ás mesmas zonas polas que se interesa "o conseguidor" foron resolvidos desfavorabelmente para outras empresas.

Segundo COGADER, "existe unha falta clara de transparencia na tramitación das concesións, falta de expedientes de valoración de impacto ambiental, ocultación de información e prazos fóra do habitual, tramitándose os mesmos a máis velocidade que o resto. Existe tamén unha vulneración da lexislación ambiental, pois os estudos ambientais eluden valorar os posibles impactos reais, non existindo por exemplo impactos catalogados coma severos e críticos nestes espazos. Cómpre recordar que estes espazos recentemente foron incluídos na Rede Natura 2000 e, polo tanto, están suxeitos á protección máxima que lle confire o artigo seis da Directiva Hábitats".

De acordo con COGADER, "hai evidencias bastante fundamentadas que fan pensar seriamente que este trato de favor non se debe a unha situación circunstancial. Confirmouse unha especial predisposición e sintonía por parte de Augas de Galicia a favorecer a estas sociedades".

COGADER empraza "ao presidente de Augas de Galicia, que á súa vez é Secretario Xeral da Consellería de Medio Ambiente, a que explique publicamente que está a suceder con estas irregulares e precipitadas concesións".

Tramitacións en tempo récord

As tramitacións que teñen a ver co "señor das minicentrais" fanse en tempo récord. COGADER dá os seguintes exemplos:

-Hidroeléctrica de Ourol SL. Centrais no río Landro, das Balsadas e Xestosa, que, segundo o Consello de Contas, contou con concesións irregulares.

-Hidroeléctrica del río Arnoya SL. Dous aproveitamentos concedidos en extrañas circunstancias, segundo o Consello de Contas, no río Corzán e no Xallas.

-Ecoener SL. Aproveitamento hidroeléctrico no río Soldón e Vilarmel, Salto de Val da Cova, na Serra do Courel (Folgoso do Courel). Outros aproveitamentos hidroeléctricos solicitados na mesma zona foron resoltos negativamente pola Confederación Hidrográfica do Norte.

-Desarrollo Energético de A Lama SL. Central Hidroeléctrica no Río Xesta (A Lama). En setembro de 2000, a Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Cultura informa que o aproveitamento sitúase nun ámbito atractivo para a práctica turística. En febreiro de 2002, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación ambiental da Consellería de Medio Ambiente informa que o proxecto construtivo presenta modificacións a respecto do proxecto inicial.

-Ecoener e Compañía Gallega de Minicentrais S.A. (esta última absorbida por Hidroeléctricas de Arnoia). Figura como administrador das dúas compañías, promovendo as dúas unha concesión para un aproveitamento hidroeléctrico no río Tronceda (Mondoñedo), empresas que posteriormente cederon os seus dereitos no expediente á Sociedade Española de Generación Eléctrica-Segel, SL, considerándose por tanto a única peticionaria.

Os casos do Ulla e o Deza

COGADER afirma que "na actualidade, varios expedientes de solicitude de concesión resultan moi sospeitosos pola celeridade coa que se están a tramitar e o número de peticións realizadas dende finais de abril de 2005". É o que acontece con proxectos que afectan aos ríos Ulla e ao seu afluente o Deza.

Energías del Deza presentou solicitudes para tres aproveitamentos que deteriorarían o espazo da Rede Natura 2000 "Sistema Fluvial Ulla-Deza". Ademais, pedíronse un total de 11 aproveitamentos por parte doutros catro peticionarios. Un deles acaba de desistir da súa petición. No río Ulla "Energías del Deza" solicitou a minicentral Salto da Peña.

Tamén parques eólicos

O "señor das minicentrais" tamén opta a concesións de parques eólicos, sendo conselleiro delegado de Energías del Ribeiro S.L e de Hidroeléctrica de Ourol, S.L, e administrador único de Eólicas da Mariña SL e Eólicas del Barbanza S.A. Dúas delas parecen involucradas na especulación de concesións.

En decembro do ano pasado, no xornal "La Voz de Galicia" puido lerse o seguinte titular: "A Xunta outorga parques eólicos a sociedades creadas dous meses antes. Ningunha destas novas empresas supera os 4.000 euros de capital social nin posúe experiencia no sector"

Listado de sociedades vinculadas pola mesma persoa

- 1.Desarrollo energético de A Lama S.L. Ten permiso concedido no río Xesta (A Lama).
- 2. Compañía Gallega de Minicentrales S.A. (extinguida e absorbida por Hidroeléctrica de Arnoia).
- 3. Ecoener S.L. concesións en río Tronceda, Salto de Lagoa en Mondoñedo. Río Soldón e Vilrmel, Salto de Val de Cova, Quiroga e Folgoso do Courel.
- 4. Energías de Pontevedra S.L
- 5. Energías de Quiroga, SL.
- 6. Energías del Deza S.L.
- 7. Energías del Ribeiro S.L.
- 8. Hidroeléctrica del Barbo S.L.
- 9. Hidroeléctrica de Cartelle S.L.
- 10. Hidroeléctrica de Gomesende S.L.
- 11. Hidroeléctrica de Hermisende S.L.
- 12. Hidroeléctrica de Mondonedo S.L.
- 13. Hidroeléctricas de Ourol S.L.
- 14. Hidroeléctrica de Tosende SL.
- 15. Hidroeléctrica de Viana do Bolo SL.
- 16. Hidroeléctrica de Vila de Cruces S.L.
- 17. Hidroeléctrica del Arnoia SL.
- 18. Hidroeléctrica del Boeza SL.
- 19. Hidroeléctrica del Freixas SL.
- 20. Hidroeléctrica del Giesta SL.
- 21. Hidroeléctrica del Linares SL.
- 22. Hidroeléctrica del Mandeo SL.
- 23. Hidroeléctrica del Navia SL.
- 24. Ingeniería Medio Ambiental de Galicia SL.
- 25. Instituto Energético de Galicia SL.
- 26. Promotoras Energéticas de Chandrexa de Queixa SL.
- 27. Sociedade Eléctrica del Río Frío SL.


Boa sorte paisanos!

Alegacións a ordenanza reguladora de montes e espazos forestais

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 23 de marzo de 2007 13:44
Asunto: alegacións a ordenanza reguladora de montes e espazos forestais


AO CONCELLEIRO DELEGADO DE MEDIO AMBIENTE


Dona YOLANDA DÍAZ PÉREZ, con D.N.I nº 32.662.769, con domicilio a efectos de notificación no Grupo municipal de EU-IU no Concello de Ferrol, na súa calidade de voceira do grupo municipal de EU-IU, presenta as seguintes alegacións ao borrador da Ordenanza reguladora de actividades nos montes e espazos forestais.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Todas as nosas alegacións están estruturadas polo eixo da protección do medio e o propiciar a participación das asociacións do rural neste ámbito tan seu e, xa que logo, as nosas achegas queren incidir na regulación das plantacións, extremar o control sobre as actuacións dos maderistas, coidar as distancias a predios e viais e preservar o monte trala actividade productiva feita sobre él.

Dacordo cos eixos das nosas alegacións entendemos que a redacción proposta no borrador reduce as garantías de control público e precaución ambiental, favorecendo unha práctica económica que tende a desrregularse e a deixar facer aos maderistas, en prexuízo da preservación da riqueza material e natural do s espazos forestais.

ALEGACIÓNS

PRIMEIRA. ESQUERDA UNIDA-IU defende que se manteñan os puntos 2 e 3 do artigo 1 ( ámbito e delimitación ) da ordenanza vixente, suprimidos no presente borrador. A delimitación nos planos de ordenación e a elaboración do catálogo de masas e/ou especies forestais permite unha maior garantía de control e protección dos espazos obxecto da presente regulación.

SEGUNDO. ESQUERDA UNIDA-IU defende que se manteña o redactado do artigo 3 da vixente ordenanza ( especies estranas ), cando prohíbe taxativamente o emprego das devanditas especies, rexeitando o que nos propón o borrador , onde todo queda suxeito a arbitrariedade da autorización municipal. Este artigo realza a necesidade – alegada por nós - de elaborar o catálogo consignado no artigo 1.

TERCEIRA. ESQUERDA UNIDA-IU defende que se manteña o punto 3 do artigo 9 ( planos especiais ) da ordenanza vixente, que o borrador propón eliminar. Tratamos con elo de extremar as cautelas para que non se produzan agresións no medio, como serían edificacións permanentes.

CUARTA. ESQUERDA UNIDA-IU defende que no artigo 10 do borrador ( novas plantacións ), se rebaixe de cinco hectáreas a unha a superficie que requira permiso de plantación., pois 5 ha. resultan un extensión grande dabondo e cómpre reducila para mellorar a protección dos espazos. No noso concello non abundan espazos de tales dimensións, e entendemos que a nosa proposta permitiría incluir moitos espazos dentro das cautelas e proteccións que recolle esta ordenanza.

QUINTA. Tamén no mesmo artigo 10 do borrador, ESQUERDA UNIDA-IU demanda que se manteña a esixencia de realizar un estudo de impacto ambiental – que neste borrador deixa de ser obrigatorio -, pois estas cautelas redundan na protección dos espazos contemplados na ordenanza.

SEXTA. ESQUERDA UNIDA-IU defende que no artigo 11 do borrador( distancias mínimas ), se manteñan os puntos 3 e 4 da ordenanza vixente , que desaparecen neste borrador , que marcan unhas distancias mínimas que no caso dos camiños acadan os 3 metros e no das estradas chegan a 6 metros; por canto para nós é moi importante evitar que os viais públicos sexan invadidos e non se poña en perigo a seguridade no tráfico.

SÉPTIMA. Neste mesmo artigo 11, ESQUERDA UNIDA-IU sostén que se manteñan zonas libres para calquer estrutura de sinalización terrestre ou marítima como xa recolle a ordenanza en vigor, e que non consigna o borrador. A razón desta alegación é a de extremar a seguridade do tránsito.

OCTAVA. ESQUERDA UNIDA-IU propón que se manteñan os puntos 6 e 7 do artigo 11da ordenanza en vigor, que desaparecen no mesmo artigo 11 do borrador; nós estimamos que cómpre extremar as precaucións en zonas de difícil visibilidade e para que as plantacións non invadan o espazo das vías, para mellor garantir a seguridade.

NOVENA. ESQUERDA UNIDA-IU defende que no artigo 11 do borrador se recolla a necesidade de que a faixa de 50 metros de ancho ao redor das urbanizacións teña que ser contemplada nos proxectos previos de reforma como de necesaria titularidade dos promotores da devandita urbanización; cómpre evitar casos como Menáncaro.

DÉCIMA. ESQUERDA UNIDA-IU propón que se manteña no artigo 12 do borrador ( realización de tarefas extractivas ), o texto que está en vigor na presente ordenanza, no que atinxe a regular aos vehículos con peso máximo autorizado superior ás 5tn.

DÉCIMO PRIMEIRA. ESQUERDA UNIDA-IU defende que se manteña no artigo 13 do borrador ( solicitude autorización de extracción ) a redacción dos puntos 2 e 3 da actual ordenanza en vigor no artigo 17. Deste xeito a solicitude de autorización describira as condicións de entresaca e non permitirá a cota matarrasa; e o madereiro terá que facer constar a especie que vai cortar, a cantidade, a localización do predio e os datos do propietario do mesmo, e a copia do recibo da compra da madeira, os camiños e vías e vehículos que se van empregar. Todos estos requisitos sirven para garantir que nos atopamos ante unha actividade económica legal e respectuosa do medio forestal.

DÉCIMO SEGUNDA. Para ESQUERDA UNIDA-IU cómpre manter - e así o defendemos - , a vixencia dos artigos 13 ( licencia de actividade ) e 14 ( taxas de licencia e rexistro de vehículos ) da ordenanza en vigor, que desaparecen na proposta de borrador. A explicación é que queremos que esta sexa unha actividade económica legal que, como outras, achegue recursos ao concello e que en caso de producise algunha incidencia teñamos toda a información do autor. A redacción que nos propón o borrador suprime requisitos indispensables para este fin.

DÉCIMO TERCEIRA. No artigo 14 do borrador ( artigo 16 na ordenanza en vigor ), ESQUERDA UNIDA-IU propón que se suba a contía das fianzas, que son moi baixas respeito do volumen de madeira a que se refiren.

DÉCIMO CUARTA. ESQUERDA UNIDA-IU defende o mantemento do punto 3 do artigo 18 da vixente ordenanza ( reparación de deterioracións... ), o artigo 15 do borrador, no que esixe que o titular da actividade recolla e retire ás zonas de deposito establecidas os restos derivados da súa actividade. A seguridade en xeral e en particular o que ten que ver coa prevención de lumes demanda que se manteña esta precaución.

DÉCIMO QUINTA. ESQUERDA UNIDA-IU defende que se lle engada ao artigo 16 do borrador ( sobre carga e depósito de madeira ) o texto do punto primeiro do artigo 19 da ordenanza vixente, esto é, nós demandamos rixa a prohibición terminante de realizar tarefas de carga e almacenamento sobre vías e estruturas anexas de titularidade pública local, provincial ou da administración pública que sexa. As razóns da demanda son de seguridade e se están a incumplir , valga o exemplo, nestes días atrás alomenos no vial de Balón a Vilasanchez. Que non quede ao socaire da deixación ou arbitrariedade municipal.

DÉCIMO SEXTA. No mesmo artigo 16 do borrador, ESQUERDA UNIDA-IU sostén que se engadan os puntos 6 e 7 do artigo 19 da ordenanza aprobada, os cales resultan moi importantes para previr os lumes. Que as moreas de madeira cortada e os restos de rams, cortizizas e follaxes garden distancias entre sí de seguridade de 10 e 25 metros respectivamente.

DÉCIMO SE´PTIMA. ESQUERDA UNIDA-IU defende que o artigo 17 do borrador ( execución subsidiaria ) sexa substituido polo artigo 20 da actual ordenanza, pois a súa redacción resulta máis clara..

DÉCIMO OCTAVA. No artigo 19 do borrador ( responsables ) ESQUERDA UNIDA-IU propón que os servizos técnicos municipais teñan a obriga de denunciar as infraccións que se produzan non só a esta ordenanza, senón a calquer outra, caso do tráfico; que non se limiten ao ámbito específico da ordenanza se son coñecedores de que se imcumpren outras.

DÉCIMO NOVENA. ESQUERDA UNIDA-IU considera necesario que o artigo 20 do borrador ( clasificación das infraccións ) incorpore a creación dun rexistro de infraccións e que se recolla que a suma de dúas ou máis infraccións leves suporá unha infracción grave.

VIXÉSIMA . ESQUERDA UNIDA-IU propón que no artigo 22 do borrador ( sobre sancións ), que segundo o permita a lei 7/1985 Reguladora das Bases do Réximen Local, o importe das sancións sexa incrementado para que teñan un mínimo efecto disuasorio

VIXÉSIMA PRIMEIRA. No mesmo artigo, ESQUERDA UNIDA-IU demanda que se reduza o prazo que contempla o borrador para facer a retirada do arborado até cumprir as distancia mínimas cando sexa cometida unha falta leve; a retirada terá que efectuarse nun prazo máximo dunha semana, prazo que privilexia a nosa óptica de primacía dunha norma que busque a seguridade.

VIXÉSIMA SEGUNDA. ESQUERDA UNIDA –IU defende que se engadan, ao artigo 22 do borrador ( sancións ), os puntos do 4 ao 8 do artigo 23 da ordenanza en vigor, por canto tipifican o réximen sancionador desta ordenanza ao servizo da protección dos espazos forestais e montes contemplados nela.

VIXÉSIMA TERCEIRA. ESQUERDA UNIDA-IU sostén a necesidade de manter o artigo 24 da actual ordenanza ( anulación de licencias ). As administracións públicas teñen que ter medios para impedir, nos casos tasados pola lei de reiterados imcumprimentos da legalidade, unha actividade lesiva para o interese xeral.

VIXÉSIMA CUARTA. ESQUERDA UNIDA-IU considera irrenunciable engadir na disposición adicional segunda - consonte a nosa defensa da democracia participativa – que calquer modificación que se practique na ordenanza terá que se facer co trámite previo de escoitar as aa.vv., tal e como se fixo co actual texto aínda en vigor. Non está de máis lembrar que o actual texto contou co acordo de tódolos grupos políticos e das asociacións do rural.

VIXÉSIMA QUINTA. No glosario, ESQUERDA UNIDA-IU demanda que se manteña no concepto de monte, que os prados e praderías – como no texto en vigor - non teñan a consideración de montes, otrosí dos terreos que nun predio esencialmente agrícola sexan axeitados para atender ao sostemento do gando.

VIXÉSIMA SEXTA. Tamén nese concepto de monte do glosario, ESQUERDA UNIDA-IU entende que hai que rebaixar a dimensión da superficie mínima, hoxe en 5000 metros cadrados, excesiva dende a nosa consideración, e que fai que haxa non poucos espazos que queden fóra da aplicación desta ordenanza, desprotexidos.

VIXÉSIMA SÉPTIMA. ESQUERDA UNIDA-IU demanda que se recolla neste glosario tanto o que fai referencia a usos primarios como a bosque atlántico, carballeira atlántica ou bosque misto caducifolio, segundo xa está recollido na actual ordenanza. Na precisión para caracterizalos vai unha parte da capacidade de protexer estes espazos.

VIXÉSIMA OCTAVA. No concepto de explotación forestal, ESQUERDA UNIDA-IU propón que non se cinga a aquelas que obteñan un rendemento económico, que sexa máis integral e abranga a todas.

VIXÉSIMA NOVENA. ESQUERDA UNIDA-IU demanda que se incorpore un mecanismo de protección de restos arqueolóxicos na proposta de nova ordenanza.

TRIXÉSIMA. ESQUERDA UNIDA-IU defende que se inorpore, por último, unha indicación para regulamentar os espazos de montes en mancomún, o cooperativismo forestal, consonte a necesidade de impulsar o espazo da economía social.


Asdo. YOLANDA DÍAZ PÉREZ

[redelitoralvivo] Confirmación de lugar e hora para a Xuntanza do 31]

De: Fusquenlla -fusquenlla@sospontedeume.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 23 de marzo de 2007 0:16
Asunto: [redelitoralvivo] Confirmación de lugar e hora para a Xuntanza do 31]


---------- Mensaxe reenviado ----------
From: Xan Duro -xanduro@usc.es- -xanduro@usc.es-
To: redelitoralvivo@verdegaia.org
Date: Thu, 22 Mar 2007 19:48:22 +0100
Subject: [redelitoralvivo] Confirmación de lugar e hora para a Xuntanza do 31

Ola de novo,

Confirmada a xuntanza o día 31 de marzo ás 12 na Galería Sargadelos de Compostela, Rúa Nova 16.

Esta xuntanza é non é exclusiva da Rede Litoral Vivo senón abertas a todos so colectivos que queiran asisitir. Divulgade o máximo posíbel a convocatoria.

Unha aperta e ate o sábado.


-----------------------------------------
Xan Duro
Coordenador Xeral de Verdegaia
www.verdegaia.org
www.bicis.info
www.redelitoralvivo.info
www.plataformaferrocarril.org

Fusquenlla: seguimos insistindo na necesidade de organizar unha manifestación pola defensa do territorio

De: mareavermella@egrupos.net http://www.egrupos.net/grupo/mareavermella
Para: artabra21@gmail.com
Data: 23 de marzo de 2007 0:24
Asunto: convocatoria


Dende o Colectivo FUSQUENLLA seguimos insistindo na necesidade de organizar unha manifestación pola defensa do territorio e contra o urbanismo que ameaza a nosa paisaxe e forma de vida.

Xa hai varios grupos que están dispostos a facer unha reunión preparatoria o día 31 de marzo ás 12 na Galería Sargadelos de Compostela, Rúa Nova 16.

Invitámosvos a esta reunión e agradeceríamos trasladásedes este chamamento a todos cantos grupos e particulares queiran sumarse a esta iniciativa.
Un saúdo.
(Fusquenlla)

[redelitoralvivo] Mobilización do 22 de abril e xuntanza preparatoria]

De: Fusquenlla
Para: artabra21@gmail.com
Data: 23 de marzo de 2007 0:14
Asunto: [redelitoralvivo] Mobilización do 22 de abril e xuntanza preparatoria]


---------- Mensaxe reenviado ----------
From: Xan Duro -xanduro@usc.es-
To: redelitoralvivo@verdegaia.org
Date: Thu, 22 Mar 2007 17:42:18 +0100
Subject: Re: [redelitoralvivo] Mobilización do 22 de abril e xuntanza preparatoria

Ola a tod@s,
O que debemos pretender para o día 22 e dar un berro colectivo dende os movementos sociais contra a destrución do noso litoral e por outro modelo de desenvolvemento do mesmo. O protagonismo ten que ser principalmente dos colectivos afectados directamente, e na súa localidade, por esta destrución e co apoio dos afectados "colaterais" que podemos ser os grupos ecoloxistas e a cidadanía en xeral (non partidos políticos)

O tempo non é moito pero penso que abonda na medida que cada un dos colectivos participantes se implique na súa divulgación e en mobilizar a canta xente poida.

O que si é imprescindíbel e mantermos unha xuntanza presencial de todos os colectivos interesados para definir:

1. Lema da convocatoria
2. Manifesto
3. Cartelería: deseño, nº de exemplares a imprimir e custos
4. Faixa de cabeceira (se a queremos)
5. Permisos
6. Custo económico e prorateo entre participantes.

Propoño o sábado 31 de marzo pola mañá en Santiago.
Agardo as vosas opinións
Unha aperta
-----------------------------------------
Xan Duro
Coordenador Xeral de Verdegaia
www.verdegaia.org
www.bicis.info
www.redelitoralvivo.info
www.plataformaferrocarril.org

Proposta de logo para Os sen voz

De: calareo
Para: artabra212gmail.com
Data: 22 de marzo de 2007 23:10

Asunto: Proposta de logo dos sen voz



Aí vai unha proposta de logo para "Os Sen Voz".

A ver se vos gosta.

Saudos