venres, xuño 08, 2007

Marcha na defensa da Ría e pola liberdade de Bernardo Bastida

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 8 de xuño de 2007 02:19
Asunto: Marcha na defensa da Ría e pola liberdade de Bernardo Bastida


[Podese ampliar a imaxen da esquerda clicando acima dela]

Este venres 8 de xuño, cara ás 15:30 horas, desde Ferrolvello no Porto de Ferrol e diante do edificio da Autoridade Portuaria, terá lugar a saída da marcha a pé solidaria con Bernardo Bastida, Patrón Maior do Confraría de Pescadores de Ferrol, en prisión desde o pasado 30 de maio.

Tal marcha solidaria, foi un acordo da Asemblea Extraordinaria da Confradía de Pescadores de Ferrol, o mércores 6 de xuño, para realizala a pé desde o peirao de Ferrol cun percorrido total de 89 quilómetros ata as proximidades do cárcere de Teixeiro, a fin de manifestar publicamente que Bernardo Bastida sexa posto en liberdade canto antes.

Dita marcha a pé, realizarase en tres etapas de 19, 42 e 28 quilómetros, por todos os mariscadores, pescadores e outros cidadáns que se inscribiron para a totalidade do percorrido, mais os que nos distintos concellos por onde discorra desexen acompañar en parte do percorrido dos concellos de Ferrol, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Betanzos, Coiros e Curtis.

A saída da marcha a pé en Ferrol realizarase no peirao de Curuxeiras cara ás 15:30 horas do venres 8 de xuño, con chegada final en Teixeiro prevista para o domingo 10 de xuño cara ás 15:00 horas. Na primeira etapa desde Ferrol a Pontedeume o percorrido de 19 quilómetros realizarase pola N-651, con chegada cara ás 20:00 horas e pasarrá a noite no pavillón municipal próximo ao porto de Pontedeume que xa foi solicitado ao Concello.

O sábado 9 de xuño a segunda etapa terá a saída ás 7 da mañá para camiñar un primeiro tramo de 29 quilómetros pola N-651 ata Betanzos con chegada prevista cara ás 13 horas, onde se realizará unha parada para comer. Cara ás 15:00 horas será a saída de Betanzos para un segundo tramo de 13 quilómetros ata o lugar de OIS no concello de Coirós, onde se pasará a noite nun pavillón cuberto.

A terceira etapa, o domingo 10 de xuño, con saída cara ás 7 da mañá de OIS, consiste nun tramo de 15 quilómetros na súa maior parte pola Nacional 6 ata Montesalgueiro, onde se sairá por unha estrada secundaria en dirección ao núcleo de poboación chamado A Castelá con chegada a este cara ás 11 da mañá, para realizar unha parada de avituallamiento e descanso. Cara ás 12 da mañá a marcha solidaria sairá da Castelá para percorrer os últimos 13 quilómetros ata un aparcadoiro próximo ao cárcere de Teixeiro onde portavoces dos organizadores da marcha dirixirán unhas palabras aos participantes e darán por terminada a marcha que se realiza no contexto de actuacións do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

A Asemblea Cidadá deste xoves nos locais da A.VV de Ferrolvello acordou animar a todos cantos poidan participar na totalidade do traxecto, ou en percorridos parciais dentro de cada concello, principalmente no último tramo de 13 quilómetros desde o núcleo de poboación da Castelá, logo de pasar Montesalgueiro, ata as proximidades do cárcere de Teixeiro.

Como apoio loxístico, unha furgoneta da Confradía levará os sacos de durmir. Así mesmo uns coches de apoio cun médico acompañarán á expedición para atender a quen o necesite.

Pola Confradía de Pescadores de Ferrol realizouse a correspondente comunicación á Delegación de Goberno, así mesmo enviou unha comunicación aos Concellos por onde discorre o percorrido, a fin de que dispoñan de efectivos de Protección Civil e de Policía Municipal que acompañen á marcha solidaria en percorrido correspondente ao termino municipal de cada Concello.

Conven acercarse ata o peirao de Ferrol o maior número de persoas posíble, para arroupar a saída da marcha solidaria con Bastida, e quen poida que camiñe ata a Ponte das Pías.

Esta e unha das actuacións acordadas na Asamblea Cidadá, ademáis de que unha representación acuda a concenración de Pontevedra as 20,30 do venres 8 de xuño na Praza da Peregrina, convocada pola APDR (Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra)

Carmelo Teixeiro.
Coordenador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

O seu correo electrónico é: comitecidadan@iespana.es
A súa web: http://comitecidadan.org/
__________________________________

PARA APUNTARSE NOS AUTOBUSES, PODESE FACER CHAMANDO A UN DOS SEGUINTES TELÉFONOS :

690612737 ( Alexandre),
649024612 (Mel),
981-933223 (A.V. Fontelonga, Miguel):

Prezo aproximado: 5 €
__________________________________



xoves, xuño 07, 2007

Orde do día da Asamblea Cidadá de hoxe xoves 7 de xuño 2007

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data:
7 de Junho de 2007 09:24
Asunto:


Asamblea Cidadá de hoxe xoves 7 de xuño

Hai dous días por e-mail, xa se adiantou que hoxe xoves está convocada a Asamblea Cidadá para as 20,00 horas no local da A.VV de Ferrolvello,

Con este e-mil lembrase a mesma e aportase a información seguinte para quen poida traela coñecida:

Orde do día:

a) Coñecemento do auto de dilixencias previas procecimento abreviado nº 818/2007 co acordo de prisión provisional sin fianza ordenado pola Xuíz do Xulgado nº 6 de Ferrol, valoración do mesmo e contraste coa Sentencia do Tribunal Supremo que no seu dia anulou a consideracion de delito para os veciños do Concello de Gongora, Valle de Aranguren Navarra, quenes realizaron actuacions moito mais fortes para defender o medioambiente. Tamen darase coñecemento e valoracion sobre a Declaración de Bernardo Bastida na que anuncia que está sendo considerado como un preso politico e que vai iniciar unha folga de fame.

Adxuntase os correspondentes textos de Auto da Xueza do Xulgado nº 6, Sentencia 19-1-94 do Tribunal Supremo e a Declaración de Bastida de 5 xuño 2007. [Están en formatoPDF a quen lle interese a documentación que a solicite por correio-e a. comitecidadan@iespana.es]

b) Actuacións nos vindeiros días.

Nota: Os veciños de Gongora fixeron actuacións moito mais fortes que as do Comité Cidadán para ou bloqueo dous Gaseiros. En relación co conficto social dous veciños de Gongora, na sentenza 19-1-94 do Tribunal Supremo pode lerse:

"5) A protección do medio ambiente constitúe hoxe unha das preocupacións máis importantes da nosa sociedade á que case todas as Cidades, Pobos e Comunidades son especialmente sensibles. O art. 45.1º CE confire a todos o dereito a gozar dun medio ambiente adecuado para o desenvolvemento da persoa, así como impón o deber de conservalo. Son moitos os instrumento internacionais que plasmaron esta xeral protección da que o TC e esta Sala fixéronse tamén frecuentemente eco."

Sin ser profesionales do dereito, modesta e sencillamente como cidadans que acatamos a Constitución de 1978, vemos con moita preocupación que a devandita sentenza do Tribunal Supremo non foi tida en conta pola proposta da Fiscalía do Xulgado de Ferrol trasladada o auto de prisión provisional para Bernardo Bastida acordado pola Xueza do Xulgado nº 6 de Ferrol, considerando delito o bloqueo dos gaseiros con actuacions pacíficas que teñen a finalidade de defender a vida da poboacion, o medioambiente da Ría de Ferrol e tamen a legalidade vixente.

Saúdos
Carmelo Teixeiro
Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

O seu correo electrónico é: comitecidadan@iespana.es
A súa web: http://comitecidadan.org/

Marcha até a prisión de Teixeiro, pola liberdade de Bernardo Bastida e pola defensa da Ría

Mentras non temos comunicación oficial de como se vai desenvolver a marcha á prisión de Teixeiro, que acordou realizar a Asemblea de Mariscadores e Mariscadoras, cebrada onte en Ferrol, transcribimos, pola súa importancia, a noticia que publicaba hoxe o Diario de Ferrol.



A oposición á planta de gas fará unha marcha a Teixeiro

O colectivo opositor ao emprazamento no interior da ría ferrolá da planta de regasificación de Galicia levará este fin de semana as súas demandas ao cárcere de Teixeiro, a 85 quilómetros de Ferrol, onde permanece encarcerado de forma provisional o patrón maior da Confradía local.

REDACCIÓN > FERROL

As mobilizacións en contra da localización do complexo gasista de REGANOSA transcenden deste xeito o ámbito local para alcanzar ao provincial. A marcha dará comezo a primeiras horas da tarde de mañá venres e prolongarase por espazo de tres días, coa intención de cubrir unha media de 30 quilómetros por xornada para acabar na mañá do domingo ante a prisión de Teixeiro, onde, desde a noite do pasado 30 de maio permanece -salvo as horas do último martes empregadas na súa asistencia a un xuízo en Ferrol e unha comparecencia pola causa en curso- Bernardo Bastida.

Jaime Gabarri, portavoz da Confraría de Pescadores de Ferrol, asegurou que as mobilizacións manteranse durante estes días con actos paralelos dirixidos contra organismos da Administración. Gabarri non quixo adiantar o contido nin a natureza destas accións pero si sinalou que a intención do colectivo non é a de prexudicar á cidadanía. O mesmo portavoz convidou aos opositores ao complexo a sumarse a unha marcha que, dixo, ten carácter "pacífico e reivindicativo".

As demandas de liberdade de Bernardo Bastida, acusado de bloquear a entrada do gasero "Mourad Didouche" a pasada semana, así como do "Galicia Spirit" os días 7 e 8 de maio, partiron tamén doutros colectivos. É o caso da Asociación pola Defensa dá Ría de Pontevedra, que convocou unha concentración para mañá en solidariedade con Bernardo Bastida. Tamén o comité de empresa de Navantia Fene reclamou a liberdade de Bastida, á vez que condenaba a "brutal intervención policial" do pasado 30 de maio.

Doutra banda, representantes do Comité Cidadán de Emerxencia presentaron onte en Santiago o documental "O salario do silencio", que pretende informar sobre o "perigo" e as "irregularidades" do proxecto que promove REGANOSA.

Enlace coa noticia orixinal no Diario de Ferrol

POR OUTRA BANDA LEMBRAR QUE HOXE, XOVES 7 DE XUÑO, ÁS 8 DA TARDE VAI TER LUGAR UNHA ASEMBLEA CIDADÁ, CONVOCADA POLO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, NOS LOCAIS DA ASOCIACIÓN VECIÑAL DE FERROL-VELLO.
_______________________

mércores, xuño 06, 2007

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha Asemblea Cidadá para o Xoves, 7 de xuño, ás 20 hs, na Asoc. Veciñal de Ferrol-Vello

CONVOCATORIA DA
ASEMBLEA CIDADÁ
XoveS, 7 de xuño,
ás 8 da tarde, nos locais da
Asociación Veciñal de Ferrol Vello
. INFORMACIÓN
. ANÁLISES
. PROPOSTAS DE ACTUACIÓNS
Planta de Gas Fóra da Ría
Bastida Liberdade
Na defensa da Ría, da vida e da legalidade.


Convoca:
Comíte Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
______________

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha Asemblea Cidadá para o Xoves, 7 de xuño, ás 8 da tarde, nos locais da Asociación Veciñal de Ferrol - Vello.

O Comité manifesta nunha nota, que o feito de que o pasado 30 de maio o Xuíz de Garda en Ferrol, a proposta da Fiscalia, dictara prisión para Bernardo Bastida, explica o que aconteceu o día anterior, cando os policias dirixirose directamente a deter a Bastida, cando procedía do mar do bloqueo do gasero Mourad Didocuhe.

Continuan dicindo que este 4 de xuño, na vista que se celebrou no Xulgado nº 6 de Ferrol, a Fiscalía mantivo a súa proposta de prisión provisional sen fianza para Bernardo Bastida, que foi ratificada pola Xuíza titular do devandito Xulgado, a pesar de que o avogado defensor de Bernardo Bastida, entre outras probas achegou unha sentenza do Tribunal Supremo que sobreseía a un colectivo ecoloxista navarro, con actuacións simililares ao da Planta de gas .

O Comité Cidadán acordou convocar para este xoves a Asemblea Cidadá para analizar a situación e acordar posíbeis actuacións a raíz de que Bernardo Bastida segue na Carcel de Teixeiro e comezou unha foga de fame indefinida. A esa reunion da Asamlea Cidadá, o Comité Cidadán presentará unhas propostas de actuación a fin de compatibilizar as demandas e xestions por via administrativa das que están en curso ou se abriran por via xudicial. A súa vez comunica que segue pasando informacións cualitativas pois ve que agora é máis provábel que saían publicadas nos medios tanto locais como doutro ámbito.

A Fiscalía mantivo a súa proposta de prisión incondicional sen fianza para Bernardo Bastida, a cal foi ratificada polo Xulgado nº 6 de Ferrol. Por iso o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol fai pública a declaración manuscrita e asinada que Bernardo Bastida realizou e transmitiunos o 5 de xuño, antes de ser trasladado á prisión de Teixeiro e que unha vez mecanografiada a continuación se transcribe. .

BERNARDO BASTIDA SIXTO, P.M. da Confraría de Pescadores de Ferrol

Declaro o seguinte:

1º.- Que non matei nin a 1 nin a 20 persoas.


2º.- Que non baleirei as ARCAS de ningún municipio nin ENTIDAD algunha.


3º.- Que o único delito que cometín, foi o de cumprir co meu papel de P.M. e RESPECTAR as decisións TOMADAS en ASEMBLEA.


4º.- Que me considero un preso político e evidentemente, perseguido pola administración ao servizo non do pobo, senón doutros intereses.


5º.- Que non cometín ningún dos delitos de que se me acusa, polo que non se pode xogar coa liberdade dunha persoa.


6º.- AGRADECER DE TODO CORAZÓN o apoio recibido de todos.


Ante isto e desde o día de hoxe, en contra dos meus desexos, como protesta e non como presión, declárome en folga de fame indefinida. É unha medida non grata, pero por DESGRAZA non me deixan OUTRA ALTERNATIVA.

Ferrol 5 de xuño de 2007.


Bernardo Bastida

[Texto manuscrito da Carta de Bastida, copia do orixinal, nos Arquivos Ártabros]
_____________________

Plano de Emerxencia de REGANOSA e fondeadeiro de Sta. Lucia

De: calareo -calareo@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 6 de Junho de 2007 11:35

Asunto: Plano de Emerxencia de REGANOSA e fondeadeiro de Sta. Lucia


Este e-mail foi dirixido para:
redac.ferrol@lavoz.es, Presidente Xunta -presidente@xunta.es-, zapatero -jlrzapatero@presidencia.gob.es-, rey de españa -prensa@casareal.es-, bng@ferrol-concello.es, BNG -sedenacional@bng-galiza.org-, if@ferrol-concello.es, psoe@ferrol-concello.es, Agencia europea de medio ambiente -brendan.killeen@eea.europa.eu-, comision europea de medio ambiente -envinfo@cec.eu.int-, alcalde FERROL -alcaldia@ferrol-concello.e-


En resposta ao cúmulo de inexactitudes interesadas emitido onte desde Reganosa por parte de D. Manuel Alonso e D. Jesús Losada, o que subscribe como Responsable de Catastrofes do 061 en Ferrol, desexa advertir á poboación que estes señores están xogando coa vida de todos nós cando din publicamente que en caso de urxencia a mellor zona para o buque é o fondeadero de Santa Lucía, sen dicir que este fondeadero está no centro da Ria, ou sexa, mais cerca aínda de Ferrol, o cal incrementaría a catástrofe. Fondéase alli porque non pode saír a mar aberto como esixe a norma EN-1532 sobre navegación de buques! Ou sexa, que a ría é unha rateira para os gaseros, e a solución de urxencia da Autoridade Portuaria e de Reganosa é situalo no medio da mesma!

Parece unha broma, pero non o é. Estes señores ademais manipulan a información cando din que a casuística de accidentes é de ?unha vez cada 100.000 anos?, obviar os accidentes habidos na planta de gas de Cleveland que ardeu en 1941 dando lugar ao que se coñece como "The Cleveland Disaster" que atrasou ata os anos ´70 a posta en funcionamento doutras plantas de gas.

Houbo 131 mortos, 225 feridos e 680 persoas quedaron sen fogar.

Tamén a explosión da planta de Sonatrach (socios de Reganosa) en Skikda, Alxeria, EXPLOTOU en xaneiro 2004, DEMOSTRANDO QUE NA ACTUALIDADE As PLANTAS DE GAS SEGUEN SEN SER SEGURAS. Provocou 4 mortos e 60 feridos, poucos por mor de ser un sitio escasamente poboado (non como aquí, con Mugardos e os seus 6.000 habitantes a 800 mts!!! E Ferrol a 1.900 mts!!!)



Tamén en Longford en setembro de 1998, preto de Sydney, Australia, ardeu unha planta de gas, e houbo que evacuar a corenta mil persoas en minutos (ver o vídeo de antena 3 que se achega). Así, con plans de urxencia funciónase no primeiro mundo. E só eran 800 Tm de gas. Recordemos que un gasero leva 70.000 Tm e Reganosa terá 300.000 Tm.

Pero a peor de todas as explosións foi a que ocorreu en México, en San Juan de Ixhuatepec onde o 18 de Novembro 1984 explotaron 6.500 Tm de gas (50 veces menos cantidade que a que hai en REGANOSA) matando a 452 persoas (recoñecidas), pero con miles de desaparecidos -por ser unha zona de chabolismo-, e con 4.200 feridos. Un total de 20 hectáreas quedaron arrasadas pola bóla de lume e as chamas eleváronse mais de 300 mts de altura. Todo pola ruptura da tubaxe de 20 cm de diámetro.

Todo isto demostra que onde hai industrias hai accidentes, antes ou despois , pero os haberá e tamén aquí.

Recordemos que REGANOSA non ten plan de urxencias para facerse cargo dun sinistro e as manifestacións dos seus representantes demostran, ou ben ignorancia acerca do que é o mesmo, ou ben un descarado cinismo, aproveitando o feito mediático de que a "xustiza" estase cebando dun modo implacable co movendo cidadán que vén denunciando a esta perigosa industria desde fai 6 anos, sen que a Administración ampare ata agora aos cidadáns de Ferrol e comarca.

A Administración tiña que deter a posta en funcionamento por non ter plan de urxencias previsto! Con todo hai total conivencia por parte da mesma. Esperemos que o faga a Xustiza.

Eu dígolle ao señor Manuel Alonso, que hai que ter preparadas evacuacións masivas, que hai que informar á poboación antes de instalar estas industrias preto das súas casas como esixe a lei Seveso II, que hai que pedirlles permiso despois, e que nada disto fíxose.E posteriormente, se llo conceden, hai que adestralos para unha urxencia. Todo isto esíxeo a lei Seveso II e non se está facendo, porque EN REALIDADE NON SE ESTÁ FACENDO NADA.

Os CIDADÁNS DA RÍA DE FERROL ESTÁN EN PERIGO POLA INADECUADA UBICACIÓN DA PLANTA DE GAS de Reganosa contra a cal non caben plans de evacuación ou confinamento para a poboación, dado a súa elevadísimo e terminante poder destrutor, pois nós mesmos, os profesionais que teriamos que facerlle fronte, probablemente tamén faleceriamos no sinistro. Isto manifestámolo en rolda de prensa o pasado o 8 de marzo de 2006, 110 profesionais de Emerxencias e Urxencias da área de Ferrol nun manifesto conxunto de médicos e DUE´s do 061, bombeiros, Protección Civil e médicos e sanitarios dos Servizos de Urxencias/UCI do Hospital A. Marcide de Ferrol.
[Ver hemerotecas].

Sen outro particular e á espera de que se nos escoite e difunda ao completo a nosa opinión, reciban un cordial saúdo.

Ferrol, a 6 de Xuño de 2007
Carlos A. Lareo
Comisión Catástrofes do 061 de Ferrol
Tfno. 619 083 499

O 5 de xuño, as máquinas destruíron o xacemento do Círculo Lítico da Mourela, nas Pontes

ADEGA e PLATAFORMA NA DEFENSA DO PATRIMONIO DAS PONTES

Hoxe, día 5 de xuño, día mundial do medio ambiente o Director Xeral de Patrimonio Cultural da Galiza borrou dun plumazo o Círculo Lítico da Mourela, no concello das Pontes de García Rodríguez. A media mañá de hoxe varias máquinas entraron no xacemento destruindo o mesmo en superficie. Ademais a situación na que quedan as tres mámoas da necrópole é insostíbel, dado que unha gabia de máis de 50 metros de profundidade atravesará este conxunto pola metade.

Ante esta situación, cremos que se repetiron os erros do pasado e non se fixo ningún intento por parte da Administración por dar transparencia a esta destrucción.

Ignorouse ademais a alternativa da execución dun túnel presentada polas nosas organizacións, que no mes de novembro de 2006, contaba co apoio da Dirección Xeral de Patrimonio, que confiaba nesta alternativa como solución á destrucción.

Hai que sinalar que a Lei do Patrimonio Cultural Galego, esixe a formulación e o estudo de tódalas alternativas existentes denantes de destruir o patrimonio. Cremos que no caso da Mourela a Lei non estivo vixiante.

A decisión de construir un túnel que salvagardara a necrópole megalítica non era unha cuestión económica nin legal, era unha decisión política, polo que consideramos que a Administración tomou o camiño equivocado.

Por isto dende ADEGA e a Plataforma, pedimos a demisión do Dir. Xeral de Obras Públicas D. Manuel Morato, por non estudar a alternativa existente e coaccionar á Dir. Xeral de Patrimonio, na toma desta decisión.

Logo de apoio público da Dir. Xeral de Patrimonio á alternativa do túnel lamentamos profundamente que o seu director xeral D. Felipe Arias, non tivese a entereza suficiente para esixirlle á Dirección Xeral de Obras Públicas a valoración e o estudo da alternativa do túnel e en consecuencia pedimos que os responsábeis desta situación, demitan.

Ademais aproveitamos este comunicado para anunciar a activación dun dispositivo de loita activa contra a especulación do noso Patrimonio arqueolóxico, que inclúe medidas de carácter social e legal.

Durante a xornada de mañá anunciaremos as diferentes movilizacións que se producirán durante os vindeiros días como repulsa a este Atentado Patrimonial.

Hoxe é un día triste para a arqueoloxía en Galiza, mais tamén o é para a Cultura Galega. Os veciños das Pontes non aturaremos máis destruccións do noso Patrimonio, coas nosas mans conseguiremos virar o rumbo desta nave da sinrazón e por a nosa proa na dirección axeitada, que remate dunha vez por todas coa especulación do noso patrimonio cultural.
_____________________

---------- Forwarded message ----------
From: Choiva Ázeda
<choivazeda@hotmail.com>
Date: 05-jun-2007 22:03
Subject:
MOURELA D.E.P. (3.000 a.C -5 DE XUÑO DE 2.007)
To: choivazeda@hotmail.com

Sen facer públicos os estudos dos arqueólogos no Circulo Lítico, sen estudar algún tipo de alternativa ao trazado previsto, sen valorar a posibilidade de construir un túnel por baixo da necrópole megalítica, e sen termos constancia de se a Dirección Xeral de Patrimonio deu o visto bo, a CPTOPV decide arrasar hoxe o alto da Necrópole, enclave crucial do patrimonio megalítico.

Noraboa señores políticos, por conseguires destruir o sitio arqueolóxico da Mourela e a esperanza de moitos cidadáns nunha nova forma de entender a democracia. As futuras xeracións lembraranvos eternamente.

MOURELA D.E.P. (3.000 a.C -5 DE XUÑO DE 2.007)

+ INFORMACIÓN EN:

http://choiva-azeda.blogspot.com/

http://www.amigus.org/mourela.php

Se non che interesa recibir máis E-MAILS nosos, só tes que enviar un correo ca palabra BAIXA

choiva-azeda.blogspot.com

Asociación Cultural Choiva Azeda

AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ
______________________

martes, xuño 05, 2007

Carta de Bernardo Bastida onde di que se considera un preso político e que comezará unha folga de fame [Loita para expulsar a REGANOSA da Ría]

Bernardo Bastida, Patrón Maior da Cofradía de Pescadores de Ferrol, entregou unha carta en forma de declaración antes de ser levado para a prisión de Teixeiro, na que di que se consideraba un preso político e que comezaría unha folga de fame.

Esta é a copia do escrito en formato jpg, para ampliar clicar acima das imaxens.


Desoíndo o clamor popular de liberdade para Bastida, o xulgado ven ratificar a prisión provisional do Patrón Maior do pósito Ferrolán


Desoindo o clamor popular de liberdade para Bernardo Bastida que supuso a manifestación, de máis de 5.000 persoas, deste pasado domingo, 3 de xuño; das máis de 1.000 autoinculpacións asinadas por cidadás e cidadáns; as diferentes peticións de liberdade, de representantes sindicais, sociais e políticos da comarca e doutras partes da Galiza; da Federación Galega de Cofradías de Pescadores; da case a totalidade das organizacións ecoloxistas da Galiza; de institucións municipais da Comarca e alcaldes; a titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 6 de Ferrol, veu ratificar hoxe a prisión provisional sen fianza para Bernardo Bastida, o Patrón Maior da Confradía de Pescadores de Ferrol, detido o pasado 29 de maio e dictada a súa prisión provisional ao día seguinte, por orden da xuiz de instrución Elvira Méndez Ibias.


O avogado defensor de Bastida, Víctor Manuel López, pideu a petición de liberdade para o compañeiro pois as acusacións de desobediencia á autoridade, ameazas, coaccións e desordes públicas, polo bloqueo contra Reganosa, non son máis que palabras que se utilizan para inculpar ao Patrón Maior, por participar como moitos centos de cidadás e cidadáns na defensa da Ría, a vida e a legalidade democrática. O avogado, do comité Cidadán de Emerxencia recorrerá este auto, indicando que este tipo de medidas non son as habituais e engadiu que a mesma resolución xudicial pon en dúbida a existencia dun delito de desordes públicas, que sería o máis grave, polo que cre que non hai argumentos suficientes para unha acción penal contra Bastida.

O compañeiro Bastida entregou unha carta en forma de declaración antes de ser levado para a prisión de Teixeiro, na di que se consideraba un preso político e que comezaría unha folga de fame.

[Texto completo da Carta de Bastida, copia do orixinal, nos Arquivos Ártabros]

Agardamos a convocatoria da Asemblea Cidadá e un comunicado, do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, polo que seguiremos informando.

Bastida Liberdade !!

Fóra REGANOSA por ilegal e perigosa !!

Planta de Gas Fóra da Ría !!
_________________________

luns, xuño 04, 2007

Reportaxe en vídeo da manifestación do 3 de xuño en Ferrol: pola defensa da Ría, a liberdade de Bernardo Bastida e contra REGANOSA

Video da Manifestaçom do 3 de Junho publicado por Damch

...
Coas actuacións diante dos metaneros Galicia Spirit e Mourad Didouche, (que este último sexa un ano máis antigo que o Prestige, pon en evidencia a inseguridade de Reganosa), rompéronse os muros de silencio que en todos estes anos impediron que o caso Reganosa fora coñecido tanto pola poboación de Ferrolterra como pola do resto do mundo. Sendo víctimas de quen censuraron as nosas informacións con moitos cartos que Reganosa gastou en publicidade directa e encuberta. Eses muros de silencio saltaron polos aires os días 7, 8 e 9 de maio, cando cidadáns e traballadores do mar, dando un exemplo de gallardía, na defensa da vida, da Ría e da legalidade, sumáronse ás mobilizacións promovidas polo Comité Cidadán Emerxencia para a ría de Ferrol. Mobilizacións coas que impedimos, por catro veces a entrada ilegal na ría do buque gaseiro “Galicia Spirit”, cargado con 140.000 m³ de gas natural licuado. O 29 de maio impedimos o intento de entrada do segundo metanero chamado “Mourad Didouche”, cargado con 123.000 m3 de GNL. Foron moitas cadeas de televisión, radios e xornais as que levaron por todo o mundo a noticia, dando a coñecer os detalles da ameaza que supón Reganosa para a vida, para a Ría e para a legalidade democrática
....
[Fragmento do Comunicado leido na Praza do Concello - 03.06.2007]

domingo, xuño 03, 2007

Comunicado leido na manifestación [03.06.2007] na defensa da Ría de Ferrol, pola liberdade de Bernardo Bastida, contra REGANOSA

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data:3 de Junho de 2007 17:56
Asunto:


Adxunto remítese o comunicado leido hoxe por Montserrat Garel en nome do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, ao final da manifestación que se iniciou cunha concentración no porto de Ferrol para seguir en manifestación polas rúas San Francisco e Real ata chegar á praza de Armas diante do Concello de Ferrol, cos lemas "Liberdade para Bastida e Planta de Gas fora dá Ría" que foron moi coreados.

Video do Comunicado, publicado por Artritis


Tamén foron coreados outros lemas como "A Ría e nosa en non de Reganosa", "Mais legalidade e menos policía", "Non estamos todos falta Bastida", "Reganosa ilegal e perigosa", "No cárcere de Teixeiro deberia estar Tojeiro" entre outros.

O manifesto leido iníciase cunha mensaxe para a nova corporación de Ferrol que se constituira o próximo 16 de xuño e deixa claro que os mariscadores son as primeiras víctimas de Reganosa pero que o problema fundamental é que Reganosa desde o pasado 9 de maio é unha ameaza para a vida de miles de persoas e que a vida non é negociable.

No manifesto denúnciase que o metanero Mourad Didouche é máis antigo que o Prestige, polo que debería estar despezado, o que pon en evidencia a inseguridade de Reganosa.

O número de participantes estímase que supera os 10.000, dunha magnitude que non se vía desde fai moitos anos en Ferrol e que neste momento ningún outro colectivo nin organización pode sumarse.

No porto de Ferrol desde as 11 horas dispuxéronse seis mesas onde se podía asinar autoinculpaciones, llegandose a recoller un total dunhas seiscentas autoincuplacións asinadas, que xunto coas xa presentadas puidesen totalizar as mil incupaciones nos feitos que se imputan a Bernardo Bastida Patron Maior da Cofradía de Pescadores de Ferrol, detido e ingresado no cárcere de Teixeiro, ao que se lle aplicou a prisión previentiva sen ter en conta a presunción de inocencia aplicable en base á Constitución de 1978.

A Cofradía de Pescadores de Ferrol elaborou 500 camisetas que puxo á venda e esgotáronse. A parte frontal das camisetas teñen unha foto de Bernardo Bastida na que se lle ve nunha lancha estacionada na Ría, coa frase Bastida somos todos". Na parte posterior devanditas camisetas teñen a frase "Planta de Gas fóra da Ría".

Por parte do Coordinador Carmelo Teixeiro fíxose mención ás adhesións e participacións que se habían recibido desde fóra de Ferrolterra, entre eles de varias Cofradías de Mariscadores de Galicia

Carmelo Teixeiro
Coordinador do Comité Cidadán para a Ría de Ferrol.

COMUNICADO

¡Bo día!

Hoxe estamos aquí na defensa da vida, da Ría e da legalidade, pero nos falta un compañeiro de loita cuxa liberdade queremos canto antes. Contamos coa vosa presenza solidaria pero tamén coa adhesión de moitos que non puideron vir.

Achegámonos ata a casa do Concello, porque o 16 de xuño constituirase unha nova corporación e deixará de ser Alcalde quen durante estes catro anos estivo facendo de recadeiro de Reganosa, promovendo distintas iniciativas para favorecer unha perigosa planta de gas dentro da Ría e provocando que o Concello se retirase de dous contenciosos que tiña contra Reganosa, un deles gañado. Esperamos, que a nova corporación lle diga o Tribunal Supremo que faga firme a sentencia do TSXG para que os ferroláns e ferrolás recuperemos o dereito a ser defendidos pola Xustiza.

Achegámonos á Casa do Concello como administración máis próxima encargada de velar e garantir os nosos dereitos como cidadáns. Porque cando o poder das institucións é dirixido contra a cidadanía o que se amosa é abuso, máis propio dun estado totalitario que dun estado democrático. Estamos aquí para recordarlle á nova corporación que ten unha tarefa pendente co caso Reganosa, que non esconda a cabeza coma unha avestruz , que defenda a vida das ferrolás e ferroláns, e que sexan consciente de que Reganosa está dentro da Ría de Ferrol a 1200 m.

Cando aconteceu a catástrofe do Prestige, os traballadores e traballadoras do mar xa víronse na obriga de tomar a iniciativa, igualmente miles de voluntarios mobilizáronse en todo o Estado Español para facer fronte á marea negra, en ausencia de resposta das administracións. O goberno do Sr. Fraga na Xunta, estaba de caza, e o goberno do Sr. Aznar propagaba mentiras e paseaba o barco arriba e abaixo, con falsos asesoramentos técnicos. Así sucedeu o maior desastre ecolóxico do noso pais.

A historia leva trazos de repetirse, o caso Reganosa é o maior escándalo de corrupción política, económica e mediática da democracia e tamén pode chegar a converterse nunha enorme traxedia no caso de que a Planta de Gas entre en funcionamento. Aínda que xa neste momento, estamos en perigo co GNL que trouxeron os dous gaseiros, que se encontra almacenado nos tanques, co que Reganosa está facendo probas de regasificación.

Como no caso do Prestige a cidadanía, en ausencia e sen o amparo das administracións, tivemos que tomar a iniciativa. O xermolo do CCE xa no ano 1999 tivo diferentes iniciativas para que a Planta de Gas se ubicara no porto exterior. En xullo de 2001 constitúese como Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol sendo a tarefa fundamental conseguir que a Planta de Gas, sexa instalada no exterior da Ría de Ferrol. En todos estes anos leváronse a cabo accións, mobilizacións e denuncias... ante a Comisión Europea, seis contenciosos en trámite e un sétimo que se iniciará nestes días.

Queremos dicirlles aos que demagoxicamente se amparan argumentando que cando a xustiza se pronuncie acatarán as sentencias, que hai dúas sentencia favorables do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que están recorridas ante o Supremo, por Reganosa e pola Xunta coa finalidade de demorar a vía da xustiza e mesmamente menosprezando e ninguneando ao mais alto Tribunal Galego, para que así Reganosa poida seguir coa construcción da Planta a pesar da flagrante ilegalidade

Coas actuacións diante dos metaneros Galicia Spirit e Mourad Didouche, (que este último sexa un ano máis antigo que o Prestige, pon en evidencia a inseguridade de Reganosa), rompéronse os muros de silencio que en todos estes anos impediron que o caso Reganosa fora coñecido tanto pola poboación de Ferrolterra como pola do resto do mundo. Sendo víctimas de quen censuraron as nosas informacións con moitos cartos que Reganosa gastou en publicidade directa e encuberta. Eses muros de silencio saltaron polos aires os días 7, 8 e 9 de maio, cando cidadáns e traballadores do mar, dando un exemplo de gallardía, na defensa da vida, da Ría e da legalidade, sumáronse ás mobilizacións promovidas polo Comité Cidadán Emerxencia para a ría de Ferrol. Mobilizacións coas que impedimos, por catro veces a entrada ilegal na ría do buque gaseiro “Galicia Spirit”, cargado con 140.000 m³ de gas natural licuado. O 29 de maio impedimos o intento de entrada do segundo metanero chamado “Mourad Didouche”, cargado con 123.000 m3 de GNL. Foron moitas cadeas de televisión, radios e xornais as que levaron por todo o mundo a noticia, dando a coñecer os detalles da ameaza que supón Reganosa para a vida, para a Ría e para a legalidade democrática.

Só empregando as forzas de seguridade dun Estado de dereito e cargando contra a cidadanía indefensa, conseguiron metelos dentro da Ría. Os dous gaseiros entraron en base a permisos que non cumpren a legalidade, ameazando a vida da poboación, sen garantía de que poidan saír o mar en caso de emerxencia na planta ou no gasero, tal e como require a Norma EN-1532 que se está vulnerando. Tampouco existe na Autoridade Portuaria un plan de seguridade ou de emerxencias capaz de facer fronte a catástrofe que podería ser provocada por Reganosa. Ademais nos consta que Reganosa ten sen resolver condicionados da súa autorización de construcción, un deles o das distancias de seguridade ata as poboacións.

Todo o mundo sabe que a planta de gas de Reganosa é unha bomba. Todo o mundo sabe que a Planta de Gas non cumpre as distancias de seguridade respecto as poboacións. Todo o mundo debe saber que cada día de funcionamento da planta de gas matará a vida mariña e o placton de 300 millóns de litros da auga da Ría.

As actuacións que o Comité Cidadán levou a cabo nestes días, provocaron que Félix Alonso, presidente de Reganosa, Emilio Pérez Touriño, presidente da Xunta de Galiza, Xosé Barcia, alcalde de Mugardos e Vicente Irisarri, futuro alcalde de Ferrol, recoñecesen que a ubicación da Planta no interior da Ría non é a máis idónea. O Proxecto Reganosa sostense nun cúmulo de irregularidades e ilegalidades coa complicidade de institucións e medios de comunicación. Proba disto é a firma dun convenio con cláusulas secretas entre os promotores de Reganosa e o Sr. Fraga en xuño de 2000.

A Xunta de Galicia e o Goberno Central actuais herdaron o proxecto de Reganosa pero iso nin xustifica nin lexitima a súa plena aceptación. Moi ao contrario, teñen a obriga de facer respectar a legalidade e a vida, como ven esixindo o Comité Cidadán e tal e como se fixo coa cidade da cultura, replantexándose o proxecto herdado da ‘Era Fraga’. Estamos diante do maior fraude cometido no noso país. O bipartito de Touriño e Quintana e o goberno de Rodriquez Zapatero, teñen a responsabilidade de que non se converta na maior traxedia.

Temos que denunciar o intento de moitos medios de comunicación e autoridades de tratar o problema da planta de gas como se só afectase aos mariscadores, intentando reducir un gravísimo problema a unha simple reclamación de danos económicos. Con esta idea tentaron criminalizar e desprestixiar aos traballadores e traballadoras do mar dirixindo cara eles toda a responsabilidade da oposición cidadá á entrada de gaseros, e buscaron un ‘chivo expiatorio’ na persoa de Bernardo Bastida. Os cartos nunca poderán pagar, por incalculable, a vida dos miles de cidadáns e cidadás que están poñendo en perigo. É preciso recordar aos nosos gobernantes que a vida non é negociable.

É necesario que a cidadanía de Ferrolterra se comprometa con máis determinación que nunca na loita por restaurar a legalidade, coa finalidade de que se paralice a construcción de Reganosa e que sexa expulsada fóra da ría.

Co encarceramento de Bastida pretenden escarmentarnos, atemorizarnos e mesmo converternos en criminais. Mais as mulleres e homes do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, non escarmentamos nin nos asustamos e continuaremos defendendo:“¡PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA, BASTIDA SOMOS TODOS, LIBERDADE PARA BASTIDA “!!!!!!!!

__________________________________________

Enlace coa Galería Fotográfica da PA21
Autor: damch

__________________________________________

Galería Fotográfica no Blog Bitácora do Nordés
Manuel Cendán mcendan@gmail.com
Ferrol contra REGANOSA [32 Fotos]

__________________________________________

Enlace coa Galería Fotográfica da PA21 [Subindo pouco a pouco]
Autor: Alberto Saavedra -asaf@telefonica.net-
da Asociación Veciñal de Ferrol-Vello
avvferrolvello@yahoo.es

___________________________________________

Enlace coa Galería Fotográfica da PA21 [Subindo pouco a pouco]
Autora: Paula
http://trasancos.blogspot.com/

___________________________________________

Rádio Filispím, retrasmitiu en directo a concentración e a manifestación, contando con tres reporteiras a pé de rúa e dous menbros mais do colectivo na realización no propio estudo. Este mesmo programa repetiuse ás 17hs en diferido. Parabéns para esta rádio libre local que recolleu para história, un documento de importantísimo valor documental.
Rádio Filispim emite no 93.9 da FM
.


Imos intentar subir á rede a gravación completa de todo o acto coa fabulosa leitura do comunicado por parte de Montserrat Garel, un comunicado cheo de argumentos e cunha entonación que situa a loita popular no seu xusto termo.
Temos que buscar unha morada cun espazo libre onde entren os 94 MB que é o que pesa a gravación.
___________________________________________

A manifestación segundo os medios galegos nas súas edicións dixitais:

Diario de Ferrol -1-

Diario de Ferrol -2-

Galicia-Hoxe
Vieiros

De Luns a Venres

El País - Galicia

El Correo Gallego

La Opinión de A Coruña

Faro de Vigo

El Progreso - Lugo-

La Región -Ourense-

Xeración WEB

O Xornal

GZNación

La Voz de Galicia

El Ideal Gallego

Noticias de Galicia
_______________________________________

Enlace co Blog que oferta un número importante de enlaces con noticias que se produzen con respeito á planta regasificadora de REGANOSA
[Blog actualizado a 4 de xuño de 2007 10:37 hrs]
_______________________________________

O Pleno Municipal de Mugardos, acordou apoiar tres dos catro puntos propostos polos mariscadores.

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 3 de Junho de 2007 01:20

Asunto: .O Pleno Municipal de Mugardos, co voto favorable de todos os grupos fóra de grupo socialista que se abstivo, acordou apoiar tres dos catro puntos propostos polos mariscadores


O Pleno Municipal de Mugardos, co voto favorable de todos os grupos fóra de grupo socialista que se abstivo, acordou apoiar tres dos catro puntos propostos polos mariscadores. A concelleira de Esquerda Unida, Pilar Díaz, recordou ao pleno a postura que a maioría dos grupos municipais expresaran nos Concellos de Ferrol, Fene e Naron, a favor dos catro puntos dos mariscadores e que son os seguintes:

1.- Denunciar a situación dos mariñeiros e mariscadores á flote que perderán un mínimo de 100 días ao ano por mor da entrada dos metaneros proxectada por Reganosa.

2.- Condenar a brutal agresión da policía os días 28 e 29 de maio.

3.- Apoio á manifestación do 3 de xuño solicitando a liberdade de Bernardo Bastida.

4.- Idem anterior solicitando a instalación da Planta de Gas fóra da Ría.

Así mesmo que nas entrevistas realizadas o xoves cos grupos municipais de Ferrol os mariscadores atoparon o apoio aos catro puntos nos grupos municipais de Esquerda Unida, Independentes por Ferrol e BNG, mentres o Alcalde en funcións de Ferrol Juan Juncal manifestou o seu apoio aos tres primeiros puntos. Tamén que o venres os Alcaldes en funcións de Fene e Naron pronunciaran por apoiar os catro puntos. Pola súa banda o alcaldable polo PSOE en Ferrol Vicente Irisarri eludiu pronunciarse en apoio dos puntos que lle propuxeron os mariscadores logo de case dúas horas de conversacións con eles.

confirmaron a asistencia á concentración, Adela Figueroa Presidenta de Adega, Xan Duro Coordinador Xeral de Verdegaia, Agustín Fernández Paz escritor e Manuel Bragado, Director de Edicions Xerais. Pola súa banda comunicaron a súa adhesión o escritor Manuel Rivas, o veterano político Santiago Carrillo e o escritor Méndez Ferrin indicando que non poden asistir pero se solidarizan cos obxectivos da concentración.

Na Confraría de Pescadores de Ferrol e noutras asociacións tamén integradas no Comité Cidadán recibíronse multitude de emails e faxes, de confrarías de pescadores de Galicia, sindicatos e outras entidades, expresando o apoio á liberdade de Bastida e á concentración deste domingo.

A concentración será nos peiraos de Ferrol ás 12:00, onde desde unha hora antes disporanse de mesas para asinar autoinculpaciones nos feitos que se lle imputan a Bernardo Bastida e así mesmo poranse á venda Camisetas elaboradas pola Confraría de Pescadores de Ferrol cunha foto na que se ve Bastida nunha lancha dentro da canle de acceso a Ría un dos días en que foi bloqueado un metanero coa frase “Bastida somos todos” e tamén coa frase “Planta de Gas fora dá Ría”. Ademais poñerase tamén á venda o libro “Muros de Silencio, Corrupción e Ameaza na Ría de Ferrol, o caso Reganosa” editado pola Asociación Cultural Fuco Buxan. No remate final da manifestación na Praza de Armas lerase un comunicado desde as escaleiras do Concello.

sábado, xuño 02, 2007

De: asociacion veciñal -avvorosario@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 2 de Junho de 2007 18:22

Asunto: Inaugúrase a exposición "II República" no Centro Cultural Carvalho Calero noInferniño - Ferrol



O vindeiro luns día 4 de Xuño, a partir das 20.00 h., no Centro Cultural Carvalho Calero inaugúrase a exposición "II República", organizada conxuntamente pola Comisión Ferrolterra A Nosa Memoria e o Ateneo Republicano de Galicia.

O Acto de inauguración contará ca presenza de Carlos Etchevarría Vázquez, Presidente do Ateneo Republlicano de Galicia.

Pregamos a difusión e publicidade deste evento

un saúdo

Miguel Reimundez González

Obxectivos da mobilización deste domingo 3 de xuño de 2007, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 2 de Junho de 2007 01:55

Asunto: Obxectivos da mobilización deste domingo 3 de xuño de 2007



O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol acordou convocar unha concentración no peirao de Curuxeiras en Ferrol, ás 12 da mañá do próximo domingo, día 3 de xuño de 2007, para desde devandito lugar saír en manifestación polas rúas San Francisco e Real ata a Praza de Armas fronte edificio do Concello de Ferrol.

Tal concentración ten como finalidade:

a) Que a cidadanía exprese o seu rexeitamento á entrada ilegal dentro da ría de meteneros cargados de GNL.

b) Dar a oportunidade a que a cidadanía reclame liberdade para Bernardo Bastida e asinar mais autoinculpaciones polos mesmos feitos aumentando o prazo ata o vindeiro martes.

c) Facer público o número do firmas que piden o cesamento do Delegado do Goberno, do Presidente da Autoridade Portuaria, do Director Provincial da área de Industria e Enerxía e do Capitán Marítimo de Ferrol, pola entrada dos gaseros Galicia Spirit e Mourad Didouche cargados de gas natural licuado.

A concentración no porto de Ferrol recolleranse firmas en escritos de autoinculpación cuxo prazo ampliar ata o vindeiro martes.

Na praza de Armas lerase un manifesto e un resumo dos comunicados de adhesión. A Confraría de Mariscadores de Ferrol invitou a todas as Confrarías de Pescadores de Galicia para que participen nesta mobilización e tense a confirmación dalgunhas que virán en autobuses. Así mesmo participará Xan Duro Coordinador Xeral de Verdegaia e animador de Rede Litoral a Vivo. Tamén Adela Figueroa Presidenta de ADEGA confirmou a súa participación. Desde ADEGA cursouse invitación a unhas 20 organizacións ecoloxistas que este domingo tiñan convocado un acto en Santiago para que trasladen a súa mobilización a Ferrol. confirmou a súa participación a Plataforma pola Defensa dá Ría de Pontevedra e recibíronse comunicados de apoio do Colectivo Nacionalista de Marin. Desde o ámbito político Xosé Manuel Beiras e Camilo Nogueira, Cristina Amor do BNG confirmaron a súa participación a titulo individual. comunicaron por e-mail a súa adhesión o escritor Manuel Rivas e o veterano político Santiago Carrillo.

A concentración para este domingo foi decidida na tarde o mércores cando se coñeceu que Bernardo Bastida ingresaría en prisión preventiva. Posteriormente produciuse unha brutal agresión polos policías que segundo distintas versións de xeito irracionbal iniciouse por uns axentes que golpearon a dous mariscadores cando aplaudían e achegábanse a Bernardo Bastida ao ser introducido nun furgón policial.

Nestes días o CCE realizou un gran numero de actividades tendentes a condenar a intervención das forzas antidisturbios a fin de superar a provocación e secuelas que con esa intervención puidésense producir, para pedir a liberdade de Bastida e para que a planta de Gas trasládese para fóra da Ría.

Así o xoves na mañá tivo lugar unha Asemblea dos Mariscadores con participación dunha representación do Comité Cidadán na que acordaron realizar entrevistas con todos os grupos municipais dos Concellos da Ría de Ferrol e proporlles:

1.- Denunciar a situación dos mariñeiros e mariscadores á boia que perderán un mínimo de 100 días ao ano por mor da entrada dos metaneros proxectada por Reganosa.

2.- Condenar a brutal agresión da policía os días 28 e 29 de maio.

3.- Apoio á manifestación do 3 de xuño solicitando a liberdade de Bernardo Bastida.

4.- Idem anterior solicitando a instalación da Planta de Gas fóra da Ría.

Ás oito da tarde do xoves a Asemblea Cidadá realizou unha valoración das actuacións últimas e as cargas da policía, así mesmo acordou a convocatoria da concentración manifestación para este domingo.

Nas entrevistas realizadas o xoves cos grupos municipais de Ferrol os mariscadores atoparon o apoio aos catro puntos nos grupos municipais de Esquerda Unida, Independentes por Ferrol e BNG, mentres o Alcalde en funcións de Ferrol Juan Juncal manifestou o seu apoio aos tres primeiros puntos. Este venres os Alcaldes en funcións de Fene e Naron apoiaban os catro puntos e o alcaldable polo PSOE Vicente Irisarri non apoiaba ningún dos puntos logo de case dúas horas de conversacións. O Alcalde de Mugardos Xosé Barcia quedouno pensando hoxe e acordou convocar un pleno para este sábado ás 12 horas estando unicamente definida a postura de Esquerda Unida de apoio aos catro puntos nunha reunión de portavoces celebrada este venres, á que faltaron os portavoces do BNG, PP e Independentes de Mugardos. En paralelo en Mugardos para o sábado 2 de xuño un grupo de veciños quedaron autoconvocados no salón municipal de plenos para que, logo de devandito pleno municipal, realizar unha Asemblea informativa sobre a concentración convocada polo CCE para este domingo no Porto de Ferrol.

O seu correo electrónico é:
comitecidadan@iespana.es

A súa web:
http://comitecidadan.org/

____________________________
De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 2 de Junho de 2007 16:31
Asunto: Presenza Yolanda Díaz na manifestación domingo

Yolanda Díaz, coordenadora nacional de Esquerda Unida-IU, vai asistir a manifestación convocada para o domingo, 3 de xuño, no peirao ferrolán, para demandar outro emprazamento para a planta de gas e esixir a liberdade de Bernardo Bastida.

Na coherencia do defendido até agora coa sesentena de organizacións agrupadas no Comité de Emerxencia, Esquerda Unida-IU vai seguir a traballar para conquerir que a planta de gas se sitúe fóra da ría de Ferrol.

Animamos a cidadanía a participar neste acto público de dignidade, feito dende a razón, co pacífica e invencible regueiro de argumentos que neste anos temos posto enrriba da mesa - nunca desmentidos - acerca dos perigos para a poboación e a propia ría.

Asemblea Xeral Ordinaria da PA21: Mércores, 6 de Xuño de 2007.

6 de Xuño de 2007.

A Xunta Coordinadora da Plataforma Ártabra21, CONVOCAVOS para unha ASEMBLEA XERAL ORDINARIA, ás 7 h. da tarde do Mércores, día 6 de Xuño-07 no Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO.

Motivado ao cumprimento de nosos PRIMEIRO ANIVERSARIO, a Xunta Coordinadora fai un chamamento a tod@s @s membros de colectivos e organizacións que conforman á PLATAFORMA ÁRTABRA21, para facer unha BALANCE ANUAL NESTE PREIMEIRO ANO .

Procuraremos facer unha análise e crítica entre tod@s o máis ampla posible para deseñar o presente e futuro de nosa Plataforma.

Estamos en pleno debate organizativo para preguntar como queremos que participen os Partidos Políticos ou se debemos revisar outro tipo de propostas para estas organizacións.

Orde do día

Ponto único .- Avaliación , balance e propostas de futuro de nosa Plataforma ÁRTABRA21.

* Dadas as actuais circunstancias , ao comezo da Asemblea poderase engadir algún ponto máis á Orde do día.

Ferrol a 31 de maio de 2007.

A Xunta Coordinadora

Asdo.- José R. Jove, Amadeo Varela, Carlos Gª Seoane, Ernerto Lopes, Xosé M. Sanxoán

venres, xuño 01, 2007

Audio-Convocatoria de Rádio FilispiM para o 3 de Xuño


Descarga o audio aqui MP3 e OGG

Mantenhamos a pressom social contra Reganosa, a repressom e as instituiçons vendidas

De: Nosup-trasancos
Para: artabra21@gmail.com
Data: 1 de Junho de 2007 13:06
Asunto: Mantenhamos a pressom social contra Reganosa, a repressom e as instituiçons vendidas



O povo é quem mais ordena!

Mantenhamos a pressom social contra Reganosa, a repressom e as instituiçons vendidas

A exemplar luita do movimento popular na nossa comarca, contra os que usam as instituiçons para especular com a nossa saúde, o nosso meio natural e a nossa segurança, está a conseguir que cada qual se defina como o que realmente é:

- As principais forças políticas, como fiéis servidoras dos interesses privados das entidades financeiras e empresariais que formam Reganosa. Inconfessáveis pactos mantenhem o PP, o PSOE e o BNG amarrados às exigências de umha empresa que, nestes anos, incumpriu sistematicamente os mais elementares padrons de segurança e legalidade, até conseguir impor a planta de gás em pleno coraçom da nossa ria.

- REGANOSA, como típico projecto empresarial contrário aos interesses da maioria, e que em lugar de favorecer o desenvolvimento da comarca, ameaça a segurança de milhares de pessoas que vivemos perto das suas instalaçons. A pesar disso, demonstra quem é que manda: Caixa Galicia, Caixa Nova, Endesa, Fenosa, Tojeiro e demais sócios de um projecto envenenado de falso progresso.

- As forças policiais, como sicárias do capital. Em lugar de defenderem os nossos direitos civis e perseguir a actividade de umha empresa que incumpre as mais elementares normas de segurança, tentam impedir o nosso exercício do direito de manifestaçom, atacando com brutalidade as pessoas que ousamos levantar a voz contra Reganosa e detendo representantes do movimento de protesto para atemorizar.

- Os principais meios de comunicaçom, incluindo alguns públicos, exercendo de porta-vozes dos interesses privados, manipulando a realidade conforme esses interesses e silenciando os argumentos do movimento popular contra Reganosa.

Em definitivo, a democracia de cartom em que vivemos, que quer limitar a nossa participaçom a um voto cada quatro anos, fica retratada como tal. A resposta deve ser o exercício pleno dos nossos direitos democráticos, passando por cima das proibiçons e da repressom, luitando unid@s até conseguirmos parar a planta de gás.

Liberdade para as pessoas detidas!

Demissom dos responsáveis políticos: Amable do Pico e Manuel Ameixeiras!

Fora a polícia espanhola!

Fora a planta de gás!

A ria é nossa, nom de REGANOSA!

Boletín Urxente de ADEGA: Tod@s a Ferrol o Domingo 3 de Xuño, ás 12 do mediodía en Defensa do Mar

BOLETÍN URXENTE: TOD@S A FERROL O DOMINGO 3 ÁS 12 EN DEFENSA DO MAR

3xung.gif1 de xuño de 2007. Ante os gravísimos feitos acontecidos en Ferrol co asunto REGANOSA, coa desproporcionada actuación das forzas de seguridade e que deron como resultado a prisión incondicional e sen fianza do Patrón Maior, Bernardo Bastida, ADEGA fai un chamado á cidadanía galega para que o domingo día 3, manifestemos en Ferrol a nosa vontade de seguir loitando en defensa da ría, esixindo a inmediata posta en liberdade do patrón maior. Será no peirao de Curuxeiras ás 12h. En ADEGA quedaremos ás 11:45h xunta o Café Marte, no porto de Ferrol. Mobilízate e participa: agora máis que nunca, REGANOSA FÓRA DA RÍA!!. Desconvócase deste xeito a concentración en Compostela prevista para o domingo día 3 nas Praterías con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente que se traslada ao propio día 5 (martes) ás 18h na praza do Toural de Compostela.

Domingo, 3 de xuño, concentración no Porto de Ferrol: Planta de Gas Fóra da Ría

De: Ferrol CAPE ferrol.cape@gmail.com
Para:
artabra21@gmail.com
Data: 1 de Junho de 2007 08:21

Asunto: CONCENTRACIÓN NO PORTO DE FERROL, DOMINGO DIA 3 ÁS 12 DA MAÑÁN



Reganosa ilegal ou Fóra da Lei:

O acta irregular asinada por Francisco Barroso Palomino, Director Provincial do Area de Industria e Enerxía da Coruña, ten data de 4 de maio e será impugnada polos nosos avogados nun contencioso administrativo nos tribunais. Estas Plantas de Gas necesitan tres autorizacións (Real Decreto 1434/2002). Para Reganosa as dúas primeiras, a administrativa previa de 3/6/2002 e a de construción de 13/2/2004, xa foron atípicas e irregulares, porque previamente ás mesmas non foron acreditados requisitos que é obrigatorio sexan resoltos antes de outorgar devanditas autorizacións. Contra ditas dúas primeiras autorizacións están a tramite senllos contenciosos administrativos no TSJM. Agora presentarase un novo contencioso contra o acta asinada por Francisco Barroso, quen non verificou o cumprimento de todos os requisitos que nas anteriores foron trasladados para antes de asinar o acta de funcionamento. Hai outros cinco contenciosos a trámite en Tribunais españois e un expediente na Comisión Europea.

Por outra banda Reganosa non fixo avaliación de impacto ambiental. Por iso existen dúas sentenzas do TSXG contra o seu tramposa tramitación ambiental aprobada pola Consellería de Medio no ano 2001 co apoio do Sr Fraga. Están pendentes no Tribunal Supremos os dous recursos de casación de xullo de 2004 e setiembre 2006 presentados pola Xunta de Galicia e por Reganosa.

A trama dos promotores de Reganosa con apoio da Xunta de Galicia para burlar a lei, continuou trasladando para a autorización de construción a cumplimentación das distancias ás poboacións próximas ou a saída ao mar en caso de urxencia dos buques gaseros, quedando postergada o seu cumplimentación en forma de condicionados citados na autorización de construción ou escondidos nos informes dos organismos, que por presión política informaron favorablemente, cubríndose as costas facendo constar devanditos condicionados que Reganosa non ten resoltos.

A terceira autorización compete ao Area de Industria e Enerxía, unha dependencia da subdelegación do Goberno. No caso de Reganosa, antes de asinar o acta de funcionamento, devandito organismo tería que verificar se foron cumprimentados os condicionados que a autorización de construción trasládalle como pendentes e así mesmo os condicionados escondidos nos informes previos aos que alude a pagina 3 da autorización de construción. Pero Francisco Barroso Palomino, saltándose olímpicamente os condicionados pendentes, asinou un Acta de posta en servizo parcial para probas durante tres meses, que só a podería dar se estivese en trámite a autorización definitiva e con todos os condicionados de construción cumprimentados. Só cunha visita á Ría de Ferrol, a primeira ollada pódese apreciar que son imposibles de cumprimentar os condicionados de distancias á poboación segundo o articulo 12 do Real Decreto 1254/99 de 16 de xullo (Seveso II), en España o RAMINP require un mínimo de dous quilómetros, ou o da saída de urxencia dos metaneros segundo a norma EN-1532.. Ademais Reganosa non terminou as obras e está construíndo un sistema de vaporización de GNL non contemplado na súa autorización de construción, para empregar ao dia 330.000 toneladas de auga do mar, á que inxecta cloro para matarlle todo organismo vivo co que a auga sae esterilizada e con restos de cloro. En l falsa acta de 4 de maio está fundamenta a entrada ilegal de metaneros cargados con GNL.

DOMINGO, 3 DE XUÑO 2007

CONCENTRACIóN NO PORTO DE FERROL ÁS 12 DA MAÑÁN E MANIFESTACIÓN ATÉ A PRAZA DE ARMAS

¡LIBERDADE PARA BERNARDO BASTIDA!

¡PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA!

DEFENDAMOS A VIDA, A RÍA E A LEGALIDADE



REMITE: http://www.f-cape.org
Colectivo Universitario Opositor á Planta de Gas de Ferrol
PLANTA DE GAS FORA DA RIA ¡XA!
_______

A Asemblea Cidadá ratifica a convocatoria do Comité Cidadán de Emerxencia: Domingo, 3 de xuño, ás 12 do mediodía, concentración no peirao de Ferrol

Domingo, 3 de Xuño
ás 12 do mediodía
CONCENTRACIÓN
no peirao de Ferrol
posteriormente saída en
MANIFESTACIÓN
até a Praza do Concello
Contra a entrada de gaseiros, na Ría de Ferrol,
cargados de GNL para REGANOSA

Pola liberdade de Bernardo Bastida
[Patrón Maior da Cofradía de Pescadores de Ferrol]
PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA



Video, enviado por damchgz@gmail.com, para a PA21, actualizado con imaxes e audio da carga policial


Diante dos últimos sucesos de Ferrol: a toda a viciñanza da comarca de Ferrolterra

De: fpg ferrol -fpgferrolterra@yahoo.es-
Para: artabra21 -artabra21@gmail.com-
Data: 31 de Maio de 2007 21:59
Asunto: Comunicado da FPG ante os últimos sucesos acontecidos en Ferrol


Comunicado da Frente Popular Galega aos medios de comunicación e a toda a viciñanza da comarca de Ferrolterra.

Ante os últimos acontecimentos que tiveron lugar en Ferrol relacionados coas protestas contra a entrada de buques gaseiros na Ría de Ferrol.

Ante os actos de violencia policial contra as persoas que exercían o seu dereito á protesta os dias 29 e 30.

Ante a criminalización dos que tan só queremos unha ría para todos non hipotecada a intereses privados.

Ante o perigo que supón a actividade da Pranta de Gas instalada na Punta Promontorio.

A Frente Popular Galega exixe:

- A posta en liberdade das persoas detidas.

- A dimisión do Delegado de Goberno, Manuel Ameijeiras, e de Amable Dopico, Presidente da Autoridade Portuaria deFerro, principais responsables da violencia contra as mulleres e os homes que estes días estan dando un exemplo de dignidade.

- A paralización de toda actividade na planta de gas e a sua erradicación da Ría de Ferrol
Frente Popular Galega.

Ferrol, 31 de Maio de 2007.

A PA21 di non a REGANOSA, planta de gas fóra da Ría


MANIFESTO ASEMBLEA PA21.

29 MAIO –07



Reunidos en ASEMBLEA, os membros da PLATAFORMA ÁRTABRA21 ás 7 da tarde no Centro Cultural Carvalho Calero, e ante a GRAVIDADE DOS ACONTECEMENTOS NO PEIRAO DE FERROL respecto a entrada ILEGAL dun gaseiro na Ría de Ferrol, segundo fallo das sentenzas xudiciais de xuño-2004 e 2006 referidas á falta dun INFORME DE IMPACTO AMBIENTAL.

A ASEMBLEA PA21 trata de realizar unha análise que explique algún razoamento para que as actuais forzas políticas no poder xustifique o que consideramos unha BRUTAL ACTUACIÓN POLICIAL, ADEMAIS DE PARTICIPAR FORZAR MILITARES.

A ASEMBLEA MANIFESTA E ACORDA :


1 .- ESIXIR RESPONSABILIDADES POLITICAS , POR MILITARIZAR PARTE DO CONFLITO NUNHA COMPETENCIA CIVIL.

NON PODEMOS CONSENTIR QUE AS AUTORIDADES CHAMADAS PROGRESISTAS RECURRAN A E ESTES METODOS IMPROPIOS DESTES TEMPOS E QUE ESIXIREMOS UNHA ACLARACIÓN NAS INSTITUCIONS E PARLAMENTOS.

2 .- CONDENAMOS OS METODOS UTILIZADOS POLOS EXCESOS POLICIAIS DESMEDIDOS CUNHA SAÑA NA CARGA QUE LEMBRAN AOS VELLOS TEMPOS DOS “GRISES” .

3 .- ESIXIMOS A POSTA EN LIBERDADE DO PATRON MAIOR DA CONFRARIA DE FERROL, BERNARDO BASTIDA.

4 .- APOIAR A ASEMBLEA CIDADÁN EN TODAS AS SUAS DECISIÓNS E MESMO NAS DENUNCIAS XUDICIAIS.

5 .- PEDIRMOS A DEMISIÓN DO DELEGADO DO GOBERNO, POLA FALTA DE TALANTE DEMOCRATICO , OFRECENDO COMO ALTERNATIVA DE DIALOGO A BRUTALIDADE POLICIAL .

FERROL A 29 DE MAIO DE 2007.