venres, abril 10, 2009

Carta do Ministº Medio Ambiente sobre Reganosa

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
10 de abril de 2009 16:33


Reganosa, solicitou da Dirección General de Política Energética a ampliación da capacidade de emisión a 825.600 m3 (N)/H, da súa Planta de Regasificación de GNL en Mugardos. Isto supoñería ampliar ao dobre a utilización de auga da nosa Ría, que devolverán á mesma sen vida e a inferior temperatura.

Con este motivo, a Dirección General de Calidad y Evaluación Ambiental, está dirixíndose a distintas Institucións, Organismos, Entidades e Asociacións da nosa Comarca e de Galicia, ao obxecto de consultarlles se cren necesaria a realización do Estudo de Avaliación de Impacto Ambiental, ou se consideran suficiente as medidas de prevención propostas polos propietarios da Planta.

Acompañan a ese escrito un CD informativo elaborado por Reganosa.

Ante esta situación, o Comité Cidadán de Emerxencia, ademáis das medidas legais que oportunamente desenvolverá, está elaborando un estudo e un modelo de resposta-tipo, para distribuír entre as entidades que desexen facelo seguir ao Ministerio de Medio Ambiente.

En breves días remitirémosvolo, ademais de subilo a nosa web: www.comitecidadan.org

O noso e-mail: comitecidadan@gmail.com está sempre aberto as vosas suxestións.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

¡¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!!

[Sopa Química procedente dos actuais vaporizadores de Reganosa:
auga enfriada e clorada
- Clicar acima das fotos para ampliar]
--
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

_____________

Economía feminista

Acábase de celebrar o III Congreso de Economía Feminista e transcribo abaixo as súas conclusións porque me parece que o feminismo, xunto ao ecoloxismo, conforma un basamento fundamental para lograr que a economía chegue a ser un tipo de coñecemento capaz de analizar con realismo a vida económica.

Centrada só nos fenómenos con expresión monetaria, a economía dominante deixa de lado a cuestións que forman parte tan esencial da realidade como a produción de refugallos, os custos ambientais ou o traballo doméstio ou de coidados non pago, entre outras moitas outras. Soslayando unha parte tan grande das relacións económicas, a economía converteuse nunha ideoloxía cun altísimo grao de irrealismo e por iso é fundamental que se alteren os seus puntos de partida básicos.

Trátase de limitacións xa postas de manifesto cientificamente e de xeito irrefutable por economistas como Georgescu-Roegen, a quen o Premio Nobel Paul A. Samuelson chamaba "o economista entre os economistas" pero que deixou de ser considerado, leido, citado e mencionado desde que demostrou a falsidade dos postulados da economía convencional. Agora case ninguén o coñece nas facultades de economía pero a súa obra e as súas análises non poderán ser acalados para sempre porque son cada día máis necesarios e útiles.

Quen o silenciaron son os mesmos que agora desprezan as achegas da economía feminista. Un enfoque que eu penso que é fundamental ter en conta, a pesar de que (como tamén lle ocorre a unha parte da economía ecolóxica) moitas e moitos de quen a desenvolven caen no erro de considerar que a economia feminista é un paradigma autosuficiente. Eu creo, pola contra, que a súa gran achega consiste en proporcionar claves de uso transversal e sen as cales é imposible entender hoxe día a verdadeira natureza das relacións e os fenómenos económicos. E a pesar tamén de que algunhas economistas feministas, e feministas en xeral, se empéñen en considerar que a economía feminista, e o propio feminismo, é só unha cousa "de mulleres".

Aí van as conclusións e a miña recomendación de que para máis información lean a páxina web do congreso na que se pode aceder no enlace postado máis abaixo.


A ECONOMÍA FEMINISTA ANTE A CRISE

Conclusións do III Congreso de Economía Feminista

(Centro de formación feminista Carmen de Burgos na cidade de Baeza, 2 e 3 de abril de 2009)

O terceiro congreso de economía feminista realizouse os días 2 e 3 de abril no Centro de Formación Feminista Carmen de Burgos en Baeza, Xaén, no que se chegou a un amplo consenso sobre a actual crise económica e as súas consecuencias:

1.- A crise económica e financeira que ameaza o tecido social e o benestar das persoas se superpone a outras crises, como as do coidado, a ecolóxica, a do modelo económico e de desenvolvemento, así como, a moral e a ética.

2.- A crise ataca directamente as condicións de vida das persoas e sobre todo dos sectores de poboación máis vulnerables, incluíndo ás mulleres, que non foron responsables das políticas e decisións que levaron a esta situación.

3.- Os responsables desta crise son as elites do sector financeiro e empresarial, así como os gobernos que impuxeron as políticas neoliberais das dúas últimas décadas, seguindo os postulados da economía ortodoxa e patriarcal e do fundamentalismo de mercado.

4.- As medidas anti-crises que se están adoptando poden agravar as desigualdades xa existentes entre mulleres e homes. Por exemplo, salientando o investimento público en sectores económicos en crises -pouco sostibles como o do automóbil ou o da construción-, e non, en infraestrutura social ? como educación, saúde, coidados e protección social.

5.- A crise implica un risco de intensificar a división sexual do traballo e as desigualdades que xera. Pero tamén, representa unha oportunidade e un desafío para establecer novas formas de produción e consumo, e de reorganizar as estruturas e relacións do coidado, establecendo unha repartición equitativa entre mulleres e homes do traballo remunerado e non remunerado. Isto teríase que facer cun aumento da corresponsabilidade entre os distintos axentes involucrados no benestar social, incluíndo o Estado a través dun orzamento público progresista que a través dos ingresos, gastos e beneficios fiscais redistribúa equitativamente os recursos -que garanta o acceso ao crédito-, e sexa coherente co obxectivo da igualdade entre mulleres e homes.

6.- Como economistas feministas denunciamos a economía ortodoxa e o fundamentalismo de mercado, dominantes nas facultades de económicas e nas accións de goberno que nos levaron á situación de crise na que nos atopamos.

Xa que logo, esiximos incluír unha perspectiva feminista nos plans de estudo e a investigación, así como na política económica e nas medidas anti-crises que se están deseñando.

http://www.upo.es/congresos/economiafeminista
____________________

Dúas novas de Interese: o reportaxen sobre o tratamento da muller nas igrexas e o Informe Unifem 2008-2009

-pmayobre@uvigo.es-
10 de abril de 2009 13:09



REPORTAXE: Sometidas no nome de Deus. O tratamento da muller nas Igrexas vai desde a ordenación á violación de dereitos - Tras a discriminación está o control da súa sexualidade - A falta de vocacións pode impulsar o cambio. M. Á. SÁNCHEZ-VALLEJO 10.04.2009. El País.

http://www.elpais.com/articulo/sociedad/Sometidas/nombre/Dios/elpepisoc/20090410elpepisoc_1/Tes?print=1

INFORME UNIFEM: Presentada a súa tradución ao español no Instituto Cervantes de Nova York por Inés Alberdi (CV) directora xeneral do Fondo das Nacións Unidas para a Muller (UNIFEM).

"Progreso das Mulleres do Mundo 2008 - 2009: Quen Rende Contas ante as Mulleres ? Xénero e Responsabilidade"

http://www.unifem.org/progress/2008/media/POWW08_Report_Full_Text_es.pdf (167 páxinas. PDF. 6.18 Mb)

(Recomendamos para a súa descarga: Colocar o cursor sobre o enlace; botón dereito do rato: seleccionar Gardar destino como; seleccionar por exemplo Escritorio e Gardar)

UNIFEM: http://www.unifem.org/

Saúdos cordiais.
Purificación Mayobre Rodríguez
Departamento de Sociología, Ciencia Política e da Administración e Filosofía
Facultade de Ciencias da Educación
Universidade de Vigo (Campus de Ourense)


Feminismos, Xéneros e Identidades
http://webs.uvigo.es/pmayobre/index.html
____________________

SOS da Asociación Cometa: 11 cans nunha nave

Asociación Cometa
-correo@asociacioncometa.com-
10 de abril de 2009 12:54


Estimadas compañeiras e compañeiros, acabamos de ter noticia de que un concello pretendía matar a tiros a 11 cans que viven e comen nun vertedoiro. Unha vez que a persoa que nolo dixo contactou co concello, dixéronlle que en principio os ían a meter nunha nave, ían intentar colocalos e algún (non se se o concello pagaría) iría para o Servigal. Poderiades en caso desesperado facervos cargo dalgún chegado o caso?...Contestádeme, por favor. Son Doce Sisto [-correo@asociacioncometa.com-].

Grazas polo voso tempo.


Asociación para un COMportamento ÉTico cos Animais COMETA

Tlfno. 617 040 992
correo@asociacioncometa.com
www.asociacioncometa.org
___________________

ADEGA: o Concello de Valdoviño vén de acordar suspender a licenza de urbanización na zona de Punta Frouxeira

FERROL, a 8 de Abril do 2009

  • A REDE NATURA E ZONA RAMSAR EN VALDOVIÑO AGORA CON MÁIS VALOR
  • O CONCELLO DE VALDOVIÑO, EN SESIÓN PLENARIA CELEBRADA NO DÍA DE HOXE, ACORDOU, CON SÓ 2 VOTOS EN CONTRA E 3 ABSTENCIÓNS, A SUSPENSIÓN DUNHA LICENZA DE URBANIZACIÓN EN PUNTA FROUXEIRA POR ESTAR EN REDE NATURA E ZONA RAMSAR

En sesión extraordinaria do seu Pleno Municipal celebrada ás 10 da mañan do día de hoxe [08.04.2009], o Concello de Valdoviño vén de acordar suspender a licenza de urbanización na zona de Punta Frouxeira, ao final da praia e ao lado mesmo do Castro da Frouxeira (onde, incluso, se estaba iniciando a construcción das primeiras 17 vivendas unifamiliares) e iniciar o proceso de modificación puntual das Normas Subsidiarias de Valdoviño para adaptalas á normativa vixente en materia de protección ambiental e de protección do patrimonio, e tamén en materia de protección de costas e de protección urbanística.

Este conflicto tén a sua orixe nun acordo da Xunta de Goberno Local do concello de Valdoviño de 5 de marzo do 2005 no que se aprobou definitivamente o proxecto de urbanización da denominada Unidade de Actuación nº 2 de A Saiña (á que lle seguiría, ben pronto, a solicitude de licenza de municipal para a edificación, dentro da illa nº 4 da urbanización, das primeiras 17 vivendas, unifamiliares e adosadas) sobre un solo rústico de especial protección de espazos naturais, -por estar en Zona Ramsar e en zona da Rede Natura-, e tamén solo rústico de especial protección de costas, -por incluir terrenos a menos de 100 m do dominio público-, e solo rústico de especial protección do patrimonio, -por pertenecer boa parte do mesmo a zona 200 m de protección do Castro de A FROUXEIRA.

As obras de urbanización empezarían no verán do 2006 e inmediatamente (foi neste momento cando temos coñecemento da autorización de urbanización) ADEGA presenta a correspondente denuncia de ilegalidade ante o mesmo concello de Valdoviño e tamén ante a Dirección Xeral de Urbanismo, ante a Dirección Xeral de Conservación da Natureza e ante o SEPRONA. Como resultado destas denuncias conseguimos, -a pesar da oposición da anterior corporación municipal-, unha primeira paralización das obras que o promotor, amparándose na falta de Resolución Municipal, tentaría reiteradamente de ignorar, reiniciando por varias veces as obras de urbanización ata chegar ao momento de hoxe no que xa ven de acabar a explanación das rúas e tén xa instalada a rede de alcantarillado.

A denuncia que dende ADEGA presentamos en Agosto do 2006 fundamentábase nos mesmos argumentos con que hoxe o Concello de Valdoviño vén de aprobar a suspensión da licenza municipal e a revisión das Normas Subsidiarias: a calificación da parcela de AS SAIÑAS como solo urbano que se fai nas Normas Subsidiarias Municipais do ano 1.993 é unha calificación manifestamente ilegal por canto tiña que ser solo protexido ao formar parte da Zona Ramsar (acordada en consello de Ministros de 21 de Febreiro do 1.992) e carecía de calquer servizo urbanístico (nen rúas, nen alcantarillado, nen servizo de luz, nen auga potable), ilegalidade, ademais, que o concello estaba obrigado a correxir á vista das disposicións da Lei do solo do 1997 primeiro e da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia, despois; e á vista tamén de ter sido incluída dita dentro da Rede Natura (LIC “Costa Ártabra”) pola existencia na parcela de importantes hábitats recoñecidos como prioritarios pola Directiva 92/43 da Unión Europea.

En informe de 28 de Xaneiro do 2007, a Axencia da Legalidade Urbanística, na súa contestación á nosa denuncia, viña a confirmar xa que “é evidente que o Estudo de Detalle de 1999 e a súa modificación de 2004 ao excederense da súa función subordinada e complementaria das Normas Subsidiarias, adoptando determinacións propias do planeamento superior (clasificación do solo) e infrinxindo as prohibicións impostas a esta figura de planeamento no artigo 73-2 apartados a), c) e d) da Lei 9/2002, en canto que altera o destino urbanístico do solo, modifica as superficies destinadas a viais e preve a apertura dunha vía de uso público que non está previamente recollida no planeamento que desenvolve, incorre en nulidade pleno dereito ao conculcar o principio de xerarquía normativa, segundo o disposto nos artigos 51-2 e 62-2 da Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas”, propoñendo, en consecuencia, e en cumplimento do artigo 118-1 do Regulamento de disciplina Urbanistica:

1º.- Revisar as Normas Subsidiarias de Valdoviño que incorren en nulidade de pleno dereito ao clasificar os solos da UA-1 e UA-2 como urbano sen reunir os requisitos legais para merecer tal clasificación ..."

2º.- Requerir ao concello de Valdoviño para que, no exercicio das súas competencias, proceda á revisión do vixente Estudo de Detalle da UA-2 cuia nulidade radical ven determinada polas NN.SS que lle dan cobertura e por exceder amplamente a súa funcionalidade infrinxindo determinacións do propio PXOM e prohibicións do artigo 73-2 da Lei 9/2002…

Asi pois, o acordo do Pleno do concello de Valdoviño do día de hoxe non fai outra cousa que seguir as instrucións da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística de xaneiro do 2007. Para ADEGA trátase dun primeiro acordo (ao que terá que seguir aínda a revisión das NN.SS para adaptalas á lexislación vixente) de grande importancia para empezar a poñer un pouco de orde na ordenación urbanística do concello de Valdoviño e de todo o litoral. Un acordo, ademais, que beneficia a todos os veciños do núcleo urbano de Valdoviño e do concello en xeral ao poñer en valor o seu litoral, o seu patrimonio natural e o patrimonio arqueolóxico do Castro da Frouxeira, e que, en última instancia, tamén vén a beneficiar ao propio promotor que, de continuar coas obras, non faría máis que incrementar as cargas económicas ante unha segura Resolución xudicial de derribo do edificio.

ADEGA, a pesar dos tres anos e medio transcurridos e de non poder ter evitado a explanación de parte da parcela coa consecuente destrución dos hábitats prioritarios nela presentes, non pode menos que sentirse satisfeita deste acordo, expresando a súa confianza de que o camiño que se empeza con este acordo municipal poda ter continuidade coa restauración e recuperación da parcela ao seu estado anterior e que esta recuperación poda completarse con outras accións de posta en valor do propio castro e de maior respecto polo dominio público marítimo-terrestre e polo xa escaso patrimonio natural do litoral. Agardamos, en todo caso, que este camiño poda continuarse coa próxima administración e que, no que á protección do litoral e aos obxectivos da Lei de Medidas urxentes para a protección litoral se refire, non poda haber retroceso algún: “o litoral constitúe, -como se di no borrador das Directrices de Ordenación do Territorio-, un ámbito territorial singular caracterizado polas diversidade e valor dos seus ecosistemas, paisaxes e valores culturais, pola súa importancia económica” que Galiza non pode permitirse o luxo de seguir destruíndo.

ADEGA
adegatrasancos@adega.info
___________________

Cine no Espazo Libertario, este Venres 10 de Abril: "As Irmás da Magdalena"

Unión Libertaria
-unionlibertaria@gmail.com-
10 de abril de 2009 10:59


VEN AO CINE este "Venres Santo"

En UL continuamos co ciclo de cine este venres. Podes traer o bocata.
Xa sabes, no espazo Libertario ás 20:30 na Av de Esteiro 10, baixo.

AS IRMÁS DA MAGDALENA
(The Magdalene sisters)
  • Dirección e guión: Peter Abranden.
  • Países: Reino Unido e Irlanda.
  • Ano: 2002.
  • Duración: 119 min.
  • Interpretación: Geraldine McEwan (Irmá Bridget), Anne-Marie Duff (Margaret), Nora-Jane Noone (Bernadette), Dorothy Duffy (Rose/Patricia), Eileen Walsh (Crispina), Mary Murray (Unha), Britta Smith (Katy), Frances Healy (Irmá Jude), Chris Simpson (Brendan), Eithne McGuinness (Irmá Clementine), Phyllis McMahon (Irmá Augusta).
  • Produción: Frances Higson.
  • Música: Craig Armstrong.
  • Fotografía: Nigel Willoughby.
  • Montaxe: Colin Monie.
  • Dirección artística: Mark Leese.
  • Vestiario: Trisha Biggar.
  • Estrea en España: 7 Marzo 2003.

SINOPSIS

Os conventos da Magdalena en Irlanda eran xestionados polas irmás da Miseri-cordia en nome da Igrexa católica. Aco-gían a raparigas enviadas polas súas familias ou polos orfanatos, que alí quedaban encerra-dás e ás que se obrigaba a traballar nas lavanderías para ex-piar os seus pecados. Traballaban sen percibir ningunha retribución, 364 días ao ano, e facíallas pasar fame, sometidas a castigos físicos, humillacións, violencia fisica e moral. Miles de mulleres vivían e morrían alí. O último convento da Magdalena en Irlanda pechou as súas portas en 1996. É unha película de ficción, que lamentablemente se basea nunha historia verdadeira.

____________

Acto de Lugo da Rede Anticapitalista Galega diante do cume do G-20: O problema é o Capitalismo

Santiago Quiroga García
-outromundoeposibel@hotmail.com-
9 de abril de 2009 22:44


VÍDEO DO ACTO CONTRA O G-20 CELEBRADO EN LUGO

A xente de Sinerxia, Madia Leva!, Plataforma Alternativa e outros movementos sociais lucenses uníronse ás accións descentralizadas contra o cumio do G-20 e, para iso, realizouse unha concentración- teatralización o día 28 na Praza Maior de Lugo, ás 11:30.

Organizouse un acto de difusión da RA! e protesta contra o sistema xenocida que padecemos. Para iso, un grupo dunhas 15 persoas foron disfrazadas de Primeiros Ministros dos países que asistiron ao devandito cumio. Repartiuse o manifesto da RA! e, sobre todo, interactuouse coa xente co fin de facer un acto impactante para os viandantes.



AUPA RA!

Santiago Quiroga: Sinerxia
Telf: 636525497
insurxente.blogspot.com

masacriticalugo.blogspot.com

________________________

xoves, abril 09, 2009

Isto é umha ferramenta para compartir o carro publicando num taboleiro virtual as viagens em coche que imos fazer


Elena López
-elenuli@hotmail.com-
9 de abril de 2009 16:28


Para compartir carro!!! (en desprazamentos nos que co a bici non sexades quen de chegar...)

Gente que tedes coche, e peóns desamaparadxs:

Isto é umha ferramenta para compartir o carro publicando num taboleiro virtual as viagens em coche que imos fazer. Animamos-vos a participar da iniciativa: reduze-se o consumo de gasofa, o número de carros em circulaçom, aforram-se quartos, e conhece-se gente. E indirectamente: nom contribues ao urbanismo automobilístico, nem às grandes estradas, etc...

O funcionamento é singelo: para ver as viagens que se vam fazer, basta com fazer click no Almanaque. Desde aí, das-lhe a viagem que che interessa, e aí tes a info, contacto, ... Se fazedes click nos dias que estám cheios, vos podedes atopar com mais viagens das que aparecem na primeira vista. Também pode ser mais cómodo dar-lhe a "ver semana" no canto de "ver mes"...

Toda a información en:

www.auto-stop.saramaganta.info
________________

Por un Estado Laico

santiago diaz-garzón morillo
-xantia@mundo-r.com-
9 de abril de 2009 11:40

POR UN ESTADO LAICO

O Estado Español é un estado aconfesional, considérase así desde 1978, coa aprobación da Constitución Española.

"Ningunha confesión terá carácter estatal. Os poderes públicos terán en conta as crenzas relixiosas da sociedade española e manterán as consecuentes relacións de cooperación coa Igrexa católica e as demais confesións".

Constitución Española, art. 16.3



Actualmente, o Estado Español ten tratados de colaboración coa Igrexa católica, outras comunidades cristiás, xudías e islámicas.

Fonte(s):
______________

O 19 de Abril Verdegaia organiza un Roteiro polo Río Mera

ferrol@verdegaia.org
-ferrol@verdegaia.org
-
8 de abril de 2009 23:10





Roteiro Rio Mera

PROGRAMA VAI DE ROTEIROS


19/04/09 Rio Mera (Núcleo Comarcal de Ferrol, Eume e Oregal)

Roteiro Río Mera (A Cuqueira-Ponte Mera). Zona LIC.
19 de abril de 2009
  • Concellos: Cerdido e Ortigueira.
  • Percorrido total: 14,4 km
  • Duración: 8 horas e media (condicionado polo tren)
  • Medio de transporte: FEVE.
  • Colleremos o tren ás 10:30 h. (Estacion de Ferrol)
  • Punto de inicio: Apeadeiro de “A Cuqueira”.
  • Punto de remate: Estación de Ponte Mera.
  • Prezo: 5€ (socios) 7,50 € (non socios).
  • Contacto para inscricion: 661 636 946
  • Dificultade: media-baixa.
  • Indumentaria: roupa cómoda, pantalón longo.
  • Calzado: tipo “treking”.
  • Comida e bebida: cada un ten que levar a súa.
Trátase dun roteiro que se fará case sempre en descenso e no cal percorreremos unha parte do LIC Ortigueira-Mera, en concreto o tramo medio e baixo do Río Mera, visitando a Fraga dos Casás, unha excelente mostra de bosque atlántico.

Percorrido

Comezo na Estación do FEVE de Ferrol, onde colleremos o tren ás 10:30 h.

Chegaremos ás 11:24 h ao apeadeiro da Cuqueira, no concello de Cerdido, onde baixaremos para emprender a andaina.

1o tramo: A Cuqueira-Cruce coa pista de terra (Covelo).

2o tramo: Pista forestal pola Fraga dos Casás.

Neste tramo visitaremos a Fraga dos Casás, incluida no LIC Ortigueira-Mera. Esta fraga ten unha extensión aproximada de 100 ha., se ben a súa extensión vese menguada continuamente polos cultivos de eucalipto, ao igual que sucede no resto do país. Esperemos que a súa inclusión no LIC poida frear este proceso de degradación, se ben sabemos que esta medida non será suficiente se non se acompaña de otras medidas de control e dun compromiso firme por parte da administración. Neste momento a fraga está ameazada ademais por un novo proxecto de “ruta de senderismo” parecido ao do Río Sor.

3o tramo: Fraga dos Casás-Ponte da Cardeal.

4o tramo: Ponte do Cardeal-Area recreativa do Refuxio do Río Mera.

5o tramo: Área recreativa-Ponte Noval

6o tramo: Ponte Noval-Ponte do FEVE

7o tramo: Ponte do FEVE-Estación de Ponte Mera.

[Vista do Val de Mera desde a Igrexa de Santiago]

Dende aIgrexa parroquial de Santiago, en Mera de Abaixo, de 1829 dirixirémonos xa cara ao final da nosa andaina, na Estación (pechada) do FEVE en Ponte Mera, non sen antes botar unha ollada ao Pazo do Souto.
______________

Verdegaia é unha asociación ecopacifista galega sen ánimo de lucro, plural, democrática, apartidaria e independente. Naceu 2 de Abril de 2006 co obxecto de contribuír desde Galiza para a defensa do ambiente e o avanzo na transformación social e mundial en termos de sustentabilidade ecolóxica, xustiza social e paz, na procura dunha saída emancipatoria á crise ecolóxica global.

Enderezo:
Apdo. Correos nº 49
Santiago de Compostela
15870

Correo-e: info@verdegaia.orgEste enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
Teléfono: 622 033 665 - 629 835 351


http://www.verdegaia.org/
_______________

mércores, abril 08, 2009

Continua o debate na elaboración do regulamento de Participación Cidadá do Concello de Ferrol


O Xoves, 16 de Abril, reunira-se no Salón de Plenos, nunha sesión de traballo, os cinco grupos políticos [PSOE, PP, IF, EU e BNG] con representación na corporación municipal e o Grupo de Apoio, constituido por numerosas asociacións veciñais e sociais da cidade, para últimar e clarificar todos os aspectos pendentes sobre o Regulamento de Participación Cidadán do Concello de Ferrol. A reunión vai ter lugar ás 17:30 hras e o seu obxectivo é o de clarificar dúbidas sobre o texto que están a xurdir nesta fase, previa á aprobación inicial no Pleno da corporación.

Hai que lebrar que o proceso participativo para a elaboración do citado Regulamemto, leva un ano de traballos en comisións de seguimento, grupo de apoio, sesións de traballo conxuntas e o Foro Cívico, todo un proceso de participación. Este proceso o coordena a entidade Cidadanía qiue está especialidada nestes asuntos de participación cidadá. O proceso non está esento de críticas así a Asociación Veciñal de Ferrol Vello, denunciou o final do proceso e até convocou unha reunión de entidades agraviadas, a pasada semana, no local do Toxos e Flores.

__________
Para máis información:
Área de Participación Cidadá E DEPORTES
Maica Rodríguez Freire, técnica en Participación Cidadá
Praza de Armas, s/n. 1º andar. 15402 Ferrol
Tel.: 981.944.015 / Móbil: 696.112.691
participacion@ferrol.es


Borrador de regulamento de participación cidadá
__________________

saúdos e acta

Rosa Muñiz Castro
-rosa.munhiz@cidadania.coop-
8 de abril de 2009 18:24


Estimadas amigas e amigos,

Hai tempo que non nos vemos pero sabede que sigo o proceso de reforma do Regulamento e que teño contacto frecuente con Maica, quen me informa constantemente dos acontecementos.

Ben, parece que as cousas resultan máis lentas do que nos gustaría a todos. Supoño que a xente que estades no GAP sodes quen máis ganas ten de que pase esta fase e poder ter aprobado o Regulamento. Entendo que en breve dará finalizada esta fase.

Tal e como vos comentou Maica estades á espera do envío da acta da reunión mantida entre o GAP e a Comisión a finais do 2008. Achego pois o documento que, penso, xa tiñades. Se cadra houbo unha pequena confusión entre Maica e mais eu, posto que o documento que achego non recolle literalmente as exposicións das persoas participantes (traballo que levaría moitas horas de transcricción), pero a acta, entendo, recolle os posicionamentos e reflexións de maior interese que se deron na reunión.

Á reunión coa Comisión Politica non podo asistir, pero en breve coincidirei con vos. Ata daquela, recibide un cordial abrazo. Anímovos a que sigades participando tan activamente e coa calidade e respeto que requiren este tipo de procesos, como ben sabedes facer.

Un saúdo

Rosa Muñiz Castro

___________________
rosa.munhiz@cidadania.coop
cidadania@cidadania.coop

Telefono:+34 981 589 269
Telemóbel:+34 627 570 949
Fax:+34 981 554 751

Corredoira das Fraguas, 5, 1º esq
Santiago de Compostela

http://cidadania.coop/
_____________________

Acta da reunión entre a Comisión Política e o Grupo de Traballo (GAP), en sesión de traballo do Proceso participativo para a reforma do Regulamento de Participación Cidadá. Xoves 16 de outubro de 2008, Salón de Recepcións. Casa do Concello, de 19:00 a 20:30 horas.
Nos Arquivos Ártabros en formato pdf-: [Baixar]
______________

Andaina por Sedes: Sábado 18 de Abril

asociacion Veciñal O Rosario-Inferniño
-avvorosario@gmail.com-
8 de abril de 2009 12:52




ANDAINA POLA PARROQUIA DE SEDES

Data: Día 18 de Abril
Percorrido: 18/20 Km. circular pola parroquia saíndo e voltando o Local Social.
Hora de saída: 09:00 h.
Lugar de saída: Local Social de Sedes.
Hora de chegada: 13:30 a 14:30 h.
Xantar: no Local Social as 15:00 h.
Precio: 10 euros/persoa
Para apuntarse: Local Social de Sedes a partir das 16:00 h. (Tno.: 981368184)
Data límite para apuntarse: 16 de Abril
Máis información:
www.sedes-naron.com

Saúdos.
--
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
blog : orosario-inferninho.blogspot.com

________________

martes, abril 07, 2009

Pleno Extraordinario no Concello de Valdoviño para abordar a urbanización ilegal d'A Saiña

Antonio Gª -angaji@yahoo.com-
ADEGA-TRASANCOS -adegatrasancos@adega.info-
7 de abril de 2009 14:05


Reenvio esta mensaxe de Carlos, sobre o asunto da urbanización da Saíña, pleno para o mércores, e moi probable que se acorde paralizar o proxecto (¡¡outro éxito ecoloxista!!). Se alguén pode/quere asistir ao pleno sería bó.
Parabéens
Unha aperta
Antonio GJ

Urbanización na Saiña (Valdoviño), reenvio de e-mail de Carlos, e se alguen quere/pode asistir ao pleno de Valdoviño

[A Saiña - A Frouxeira - Valdoviño]


CARLOS OUTEIRO BAAMONDE
-couteiro@hotmail.com-


Prezadas compañeiras e compañeiros.

Mañá cuarta feira ás 10 h (mércores 8 de abril) hai un Pleno Extraordinario, monográfico, no concello de Valdoviño sobre a U.A. nº 2 na Saiña que, como sabedes, pretende ser unha urbanización encol da praia da Frouxeira.

A necesidade do Pleno deriba do escrito recibido no concello por parte da Axencia de Proteción da Legalidade Urbanística con data 30-03-2009 coas conclusións:

* A urbanización e posterior edificación da U.A. nº 2 non é coherente coa súa inclusión no LIC Costa Ártabra (por fin se asume oficialmente a súa pertenza á Rede Natura)

* O concello deberá modificar a calificación do solo.

* Terá que ter as necesarias autorizacións de M.A. e Patrimonio.

A previsión é que no Pleno se aprobe a inmediata paralización das obras actualmente en execución.

O acceso ao Pleno é libre e entendo que Adega debería estar presente e os seus socios informados con antelación.

As iniciativas do BNG de Valdoviño e da letrada que os asesora semella que non foron desatinadas.

Un saúdo, Carlos Outeiro.
_____________________________________

Irassema&Trío no Ateneo Ferrolán

Pincha na imaxe para ampliar

Irassema&Trío, coa colaboración especial do gran compositor e cantante Marcos Mella, aúnan forzas para facer dos temas do compositor e a cantautora un espectáculo que salienta pola fusión de ambientes musicais, entre os que está a danza oriental e o flamenco fusión.

Na voz e guitarras estrán Marcos Mella e Irassema; á guitarra, Rubén Berraquero, ao baixo, Alberto Domínguez, na danza oriental Fanny Golbano e no flamenco fusión, Eva Baumer.

IRASSEMA&TRÍO estarán no Auditorio do Ateneo Ferrolán o Sábado 11 de Abril, ás 20,00hs. a entrada será de 3€.

Ateneo Ferrolán
Fundado en 1879
“Un Lugar de Encontro para a Cultura”

http:// www.ateneoferrolan.org
e-mail:
a_ferrol@teleline.es Telf.: +34 981 357 970 Fax: 981 354 098
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204, 1º.CP.15402 - FERROL (A Coruña)
Apdo. Correos: 303

___________

Boletín Democracy Now! - Luns 6 de Abril de 2009


Os Titulares do Boletín de Noticias -6 de Abril de 2009-

luns, abril 06, 2009

Acción Salva a Selva: ¡Non quero transxénicos!

Rettet den Regenwald e.V.
-
info@regenwald.org-
6 de abril de 2009 16:41


Estimadas Amigas e Amigos de Salva a Selva:

Os transxénicos son un experimento a gran escala cheo de efectos imprevistos e non desexados. As consumidoras e consumidores temos o dereito e a responsabilidade de coñecer e decidir como e onde se producen os nosos alimentos e apostar por un modelo de agricultura sostible e seguro.

Moitos países prohibíro-nos, mais no Estado Español segue facilitando a súa expansión, pondo en perigo a nosa saúde e o noso medio ambiente favorecendo os intereses dun puñado de multinacionais. Ademais, o Estado Español é a porta de entrada dos transxénicos moitos países, especialmente europeos.

Organizacións ambientais e sociais no Estado Español estanse preparando para unha semana de protestas contra os transxénicos. Mostre o seu apoio enviando unha carta ás autoridades competentes. Atopará información completa e un modelo de carta que se pode enviar automaticamente en:

http://www.salvalaselva.org

Axúdenos a difundir esta mensaxe.
Moitas grazas e un afectuoso saúdo,
Guadalupe Rodríguez
Salva a Selva

www.salvalaselva.org

Berlin, Alemania
Tel.: +49 (0)30- 51736879

____________________________

Ortigueira: Os ríos Esteiro e Lombao reciben respectivamente residuos contaminantes, ao seu paso polas canteiras de Rande e Lombao

ortigueirasos urbanismo sostíbel
-ortigueirasos@yahoo.es-
6 de abril de 2009 16:45



SALVA O LOMBAO


Moi boas a todas e todos

Dous ríos de Ortigueira atópanse nunha situación de alerta, mais poucos saben do seu verdadeiro estado. O Esteiro e o Lombao reciben ao seu paso polas canteiras de Rande e Lombao respectivamente os residuos contaminantes xerados por estas explotacións. Os seus ecosistemas fluviais atópanse degradados ao límite, as súas augas flúen sen vida. Mais aínda: As canles de ámbolos dous ríos interrómpense abruptamente. Enormes entulleiras de miles de toneladas de lousa as soterran por completo. As autoridades medio ambientais non ignoran tal desfeita perpetrada ao longo de moitos anos e denunciada repetidamente. Denuncias e solicitudes de información ambiental son ignoradas sen escrúpulo. Non se lle pon freo á desfeita nen se esixe a reparación dos danos ás empresas responsables (CAMPO PIZARRAS e CAMPO LOMBAO).

As leis ambientais se vulneran e os ríos atópanse en absoluta indefensión. Ante esta situación faise necesaria unha resposta social.

Solidarízate cos nosos ríos: Difundir esta Denuncia

Gustaríanos que ollárades este pequeno documento gráfico facendo click na imaxe de abaixo



FAI CLICK AQUÍ PARA VER AS IMAXES


NON SON NECESARIAS AS PALABRAS

_________________________

http://ortigueira.espacioblog.com/
______________________________

O Arquitecto Manuel Amable Romero falará este martes, día 7 de Abril, sobre o significado e efectos de Ferrol Vello como Conxunto Histórico


Asociación Veciñal
-avvferrolvello@yahoo.es-
6 de abril de 2009 16:10


  • CHARLA INFORMATIVA
  • DESDE A AVV FERROL VELLO QUEREMOS INFORMAR
O vindeiro martes día 7 de Abril, as 20.00 h, no local social da asociación de veciños de Ferrol Vello, impartirase unha charla informativa baixo o título "Ferrol Vello, Casco Histórico".

O Arquitecto Manuel Amable Romero Pérez, responsable da comisión de planeamento da delegación en Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, informará aos veciños sobre a incoación da declaración de Ferrol Vello como Conxunto Histórico e os seus efectos.

Grazas, e un saúdo desde o Conxunto Histórico de "FERROL VELLO".

________________________

A. VV. FERROL VELLO
Xunta Directiva
C/ Curro, 1. 15401 - FERROL
Tlf./fax: 981.356842
Móvil: 638176108
avvferrolvello@yahoo.es

_______________

O periódico "En Movemento" volve ao seu formato inicial

EN MOVEMENTO
-campanha3@movemento.org-
6 de abril de 2009 20:28



O periódico EN MOVEMENTO volve ao seu formato inicial despois dunha breve experiecia co xornal dixital GZnación. Porén, isto non implica un afastamento entre ambas as dúas publicacións, máis ben todo o contrario, pois nesta nova etapa seguiremos contando con novas e reportaxes elaboradas pola publicación dixital.

Con este número xa sumamos 17 exemplares, que corresponden a 18 meses, nos que o EN MOVEMENTO sempre estivo nas rúas e, ultimamente, nos quioscos transimitindo información social plural e dando a coñecer iniciativas e problemas referentes ao tecido asociativo galego. Desde os que teñen un traballo máis local, coma SOS Courel, até os máis amplos, como a CIG.

Neste novo períódo procuramos manter esta característica e acentuala, fomentando unha maior colaboración coas diversas iniciativas sociais existentes na internet galega. Neste sentido o EN MOVEMENTO acordou colaboracións con Galicia Confidencial, Komunikando, Galicia Solidaria, Revista Murguía ou DesConcierto para volcar información desas páxinas como material impreso, permitindolles, así, abrir novas canles de comunicación.

Estas vías de colaboración seguen abertas e continuamos estudando novas propostas que, agardamos, amplíen e fagan cada vez máis plural a información que publicamos.
Así, contamos con establecernos como un periódico de referencia social, que trasmita a información que outros xornais non recollen, e que non por iso son menos importantes; a información das organizacións que moven Galiza e non soamente a información que as grandes editoriais consideran que teñan relevancia. Se temos que escoller entre as declaracións dunha Miss, o nome do último peregrino que chegou a Compostela ou informar sobre unha sanción a calquera organización que defende os intereses dos seus veciños, escolleremos esta última pois entendemos que esta é a información relevante, a que transforma e move a realidade galega.

Tamén abrimos nesta nova etapa as portas á información histórica, política (centrándonos sempre nos asuntos que teñan que ver cós dereitos dos cidadáns) e cultural. Contaremos cun apartado de libros e música e unha sección onde varios avogados, xornalistas e representantes de asociacións de todo tipo analicen a situación dos dereitos dos cidadáns na Galiza, ampliando así a sección de opinión.

Desde o EN MOVEMENTO chamaremos a atención sobre eivas das administracións, autoridades ou institucións, buscando evidenciar o que hai que mellorar na nosa sociedade. Motivo polo que buscaremos apostar pola suscrición ao períodico para garantirmos, así, a súa autonomía e independencia, sen deixarmos, por suposto, a distribución gratuíta que permite a nosa presenza en entornos máis amplos.

Suscricións: Clica Aquí !

movemento.org
__________________

Para accedewr a números anteriores en formato -pdf- : Entrar
________

As incertezas da enerxía eólica en Galiza

Aínda que antes das eleccións publicamos a nosa crítica á planificación eólica do goberno PSdeG-BNG, salientando en especial a viraxe do BNG (responsable de Enerxía nese goberno) nos últimos 4 anos que tiveron a rendas da materia en Galiza, parece que está claro para quen o analice con rigor desde a Economía Ecolóxica, que supoña unha mellora con respecto á política do PP, quen agora de novo, tras o fracaso do bipartito na súa reválida perante os cidadáns, volverá coller nas súas mans esta cuestión. Así o publicaba esta semana A Nosa Terra, facéndose eco dun estudo do grupo de investigación que dirixe Xavier Simón sobre Economía Ecolóxica e Agroeconomía da Universidade de Vigo.

"Estes decretos que permitiron a posta en marcha do Plan Eólico Empresarial foron, segundo estes investigadores, un éxito desde o punto de vista da oferta -Galicia pasou de ter cero megavatios no 1995 a máis de tres mil trece anos despois-, pero un fracaso desde o punto de vista da redistribución da renda, do fortalecemento do mundo rural e das condicións de vida dos habitantes do rural".

Agora mesmo eses éxitos parciais poderían estar en perigo se o PP sae coa súa e dá marcha atrás nesa planificación eólica.

Do BLog: Véspera de nada
Asociación por unha Galiza sen petróleo





http://vesperadenada.org/
_____________

ADEGA organiza unha marcha ás mámoas e túmulos de Marraxón no Concello de Fene: Sábado 18 de Abril

ADEGA organiza unha marcha ás mámoas e túmulos de Marraxón no Concello de Fene, para o Sábado 18 de Abril deste 2009, con saída ás 16:30 hras da Igrexa de Sillobre. A excursión terá carácter aberta e será de balde. Expertos coñecedores da zona, Xan Martínez e Carlos Domínguez serán os guias pola zona. A marcha será coordenada polo vocal social de ADEGA: Xesús Oca Ben. Recomendase, ao ser zona de toxeiras, levar roupa de sendeirismo resistente.

[Clicar acima da imaxen para ampliar - Solpor desde Marraxón - Foto Artritix]

COLABORAN: AA VV de Sillobre e MVMC de Marraxón.

Información no Telemóbel: 606 11 98 46

www.adega.info

Nota: As mámoas agrupadas en dous conxuntos no monte Marraxón, parroquia de Sillobre do Concello de Fene, en total suman uns 19 túmulos. As súas medidas oscilan entre os 3 e 5 metros de diámetro, a maior situada no lugar d'O Couto do Rei [o ponto máis alto do Concello: 356 metros], excelente miradoiro da Ría de Ferrol. Neste lugar atópa-se o petróglifo de Marraxón e non moi afastado, na Pena do Picoto, atópase un conxunto de pedras graníticas con gravuras. As mámoas levantaron-se hai unos 5.500 anos, estas son construcións líticas que naceron cun fin estrictamente funerario.
_________________

Desastre ecolóxico: Colectivos ecoloxistas denuncian por enésima vez a contaminación do río Eume e alertan sobre a extinción de especies

ADEGA, Verdegaia e SGHN denuncian que a acidez da auga provocará a desaparición de flora e fauna do rio Eume. O secretario executivo de Adega en Galiza, o xeólogo e técnico ambiental Fins Eirexas, centra a súa crítica na falta de previsión para previr este problema. Arremete contra o inexistente estudo xeolóxico que debía prever a chegada de piritas ao río procedentes dos noiros e arrastrados pola choiva e esixe responsabilidades...


Os colectivos advirten que esta primavera volverán aparecer reos mortos. A SGHN, Adega e Verdegaia denuncian que a acidez da auga provocará a desaparición de flora e fauna ...

As tres principais entidades ecoloxistas da zona súmanse á alarma suscitada pola elevada acidez das augas do río Eume, un episodio que o pasado ano causou a morte a un número indeterminado pero elevado de peixes -centos para os pescadores, e apenas unhas decenas segundo o recoñecido oficialmente pola Xunta. Os baixos niveis de pH que arroxan as medicións realizadas polos pescadores e tamén por membros destes colectivos teñen como primeira consecuencia unha perda da biodiversidade. Responsables da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), Adega e Verdegaia coinciden en sinalar que a aparición de reos mortos volverá repetirse este ano se non se remedia de forma inmediata a situación. E iso non é máis que a punta do iceberg dun proceso que afecta a todos os seres vivos e cuxa primeira consecuencia é unha perda da biodiversidade. Así o asegura Fernando Rodríguez Lamela, responsable de medio ambiente da SGHN, quen afirma que a entidade está "moi preocupada" pola situación porque "ou río Eume é ou máis importante ...". Ademais, asegura que "ou pH actual vai provocar a morte inmediata de peixes e afectará tamén a árbores, vexetais e outras especies, que irán morrendo pouco a pouco e só quedarán as especies máis resistentes", coa consecuente afección do ecosistema. O secretario executivo de Adega en Galiza, o xeólogo e técnico ambiental Fins Eirexas, comparte esta visión, pero centra a súa crítica na falta de previsión para previr este problema. Arremete contra o inexistente estudo xeolóxico que debía prever a chegada de piritas ao río procedentes dos noiros e arrastrados pola choiva e esixe responsabilidades. Considera que estes episodios "puntuais" de acidificación súmanse a un problema crónico no Eume polas verteduras derivadas da explotación mineira de Endesa durante os últimos corenta anos. E considera que as medidas levadas a cabo pola Administración para frear o problema derivado do arrastre das obras da autovía Ferrol-Vilalba (AG-64) foron "improvisadas" e sen atallar o problema de raíz. O achegue de calcita ás augas é unha solución sintomáticas que só serve para rebaixar o pH das augas pero que non afronta a raíz do problema. E que pode xerar, á súa vez, novas dificultades. Segundo Adega, o achegue masivo de carbonato cálcico que se realiza desde o pasado verán pode acabar danando a estrutura de formigón do encoro d'A Capela. O cal reacciona cos sulfuros converténdose en yeso que precipita ao fondo da canle. E este yeso actúa como catalizador doutra reacción química pola que o calcio hidratado que forma parte do formigón convértese en estringita, un mineral que ao cristalizar, aseguran, aumenta a porosidad do material e pode inducir fisuras. Como pode afectar o proceso de acidificación das augas á subministración de Pontedeume é outra das cousas que preocupa a Mónica Arto, secretaria comarcal de Verdegaia e integrante en representación de FEG (Federación Ecoloxista de Galicia) na Xunta Consultiva do parque natural Fragas do Eume. Na única reunión que mantivo este organismo durante o goberno do bipartito agora en funcións, o pasado ano, pedíronse explicacións e información sobre o problema. E non se facilitaron nin as medicións de pH oficiais, nin tampouco o estado da denuncia presentada ante a Fiscalía de Medio Ambiente por este problema, nin sequera se se resolveu o expediente sancionador aplicado á contratista das obras da autovía, a unión temporal de empresas (UTE) Cabreiros. Súmase aos seus compañeiros en considerar insuficiente o tratamento "paliativo" que se aplica ao río e en que "as afeccións repercutirán tanto na flora como na poboación animal" do río e ata, sobre a produción marisqueira de Pontedeume, na desembocadura do curso fluvial.

Tratamento do río Eume: Imaxes da aplicación de carbonato cálcico no Chamoselo



29.3.2009
Fonte: ADEGA
____________________

domingo, abril 05, 2009

Conferencia en Ferrol de Federico Mayor Zaragoza: Xoves 23 de Abril de 2009

Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
5 de abril de 2009 11:39



Organizada pola Asociación Cultural FUCO BUXÁN coa colaboración da Universidade d'A Coruña o Xoves , 23 de abril de 2009, ás 20 hras, no Salón de Actos do Vicerreitorado - Campus de Esteiro, en Ferrol, terá lugar unha CONFERENCIA na que intervirá
D. Federico Mayor-Zaragoza

(Ex Director Xeral da UNESCO e Copresidente do Grupo de Alto Nivel para á Alianza de Civilizacións) e que leva por título :

Democracia Local e Global: de Súbditos a Ciudadáns, a gran transición” .

O acto será presentado por Manuel A. Rodríguez Carballeira, Presidente da A.C. Fuco Buxán.

Dita conferencia forma parte do Ciclo DEMOCRACIA E COMPROMISO, no que prestixiosos analistas indagan nas claves político-sociais do noso tempo desde perspectivas diversas.

Entrada libre.

Enlace a web “CULTURA DE PAZ”:
Semblanza de Federico Mayor Zaragoza

--

fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

_________

EU e a feira do Libro de Ferrol

eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
3 de abril de 2009 14:45


Prezad@s amig@s: vaivos no arquivo un segundo Informacións sobre a proposta presentada por Esquerda Unida para a Feira do Libro e o seu rexeitamento pola concellería de cultura. Grazas pola vosa atención. Recibide unha aperta, Ramiro Marier


Ferrol, 3 de abril de marzo de 2009
  • A CONCELLERÍA DE CULTURA DESBOTOU TODAS E CADA UNHA DAS PROPOSTAS PRESENTADAS POLO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA
  • O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA PRESENTOU XA O DÍA 11 DE MARZO UNHA PROPOSTA PARA A VINDEIRA FEIRA DA LIBRO
  • A NOSA CULTURA, A OLLADA FEMINISTA E O PENSAMENTO CRÍTICO ESTRUTURAN A PROPOSTA DE ESQUERDA UNIDA
Esquerda Unida ten que manifestar a súa crítica e pesar diante do desbotamento e non resposta das propostas feitas polo Grupo Municipal de Esquerda Unida para a Feira do Libro deste ano.

Esquerda Unida rexistrara no Rexistro do Concello, con data de 11 de marzo, unha batería de propostas para a vindeira edición da Feira do Libro na nosa cidade. A proposta de autoras e autores presentada contemplou tanto a nomes de referencia da nosa cultura, canto a creadores de fóra que posúen unha obra esixente e crítica.

A Feira do Libro semella unha grande oportunidade para interesar o público polo inesgotable mundo da escrita, quen de procurarmos coñecemento crítico e capacidade de disfrutar coa imaxinación e o pensamento acubillado

A valorización da nosa cultura con expoñentes de dúas xeracións vencelladas pola súa radicalidade crítica e o carácter vangardista da súa obra combínase coa olla crítica do feminismo pata tentar achegar unha proposta e altísima calidade, variada e atractiva para o público lector da nosa cidade.

O Grupo Municipal de Esquerda Unida achega na súa proposta os nomes de Daniel Salgado (poeta e xornalista) e Xosé Luis Méndez Ferrín (narrador e poeta e persoeiro comprometido co devir político do noso país) para os actos da inauguración e peche da Feira.

Daniel Salgado xa vai polo seu terceiro libro de poemas, Éxodo, tras Sucede e Días no imperio. Poeta arriscado tanto na temática afincada na resistencia e na loita coa realidade canto nas formas dunha escrita de vangarda. Poesía escrita sobre a terra queimada, épica desgastada contra o tempo: prácticas emancipatorias fronte a un inimigo diáfano, se ten escrito da súa obra.

De Méndez Ferrín – gloria das nosas letras – abonda con dicir que forma parte dos imprescindibles da nosa cultura, da nosa sociedade crítica e resistente. Salgado e Ferrín comparten unha ollada crítica e lúcida diante da barbarie presente.

As outras propostas para os días da Feira son : Rosa Regás, autora dunha obra rebelde: Memoria de Almator, ou a toma nas súas mans do seu destino dunha muller sempre protexida; Azul, gañadora do Nadal, cunha historia do amor e do mar; Luna lunera, historia da postguerra, premio Ciutat de Barcelona; ou o premio Planeta, Canción de Dorotea.

Contémplase – na proposta de Esquerda Unida - a presenza tamén do profesor Herminio Barreiro, cunha dilatada experiencia profesoral na USC no departamento de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social. As súas liñas de investigación teñen orbitado no derredor da renovación educativa en España no período entre 1910 e 1936, asemade da ilustración, revolución e educación na constitución dos sistemas educativos contemporáneos. En particular os seus estudos sobre Lorenzo Luzuriaga e o movemento da escola única. Vén de publicar recentemente aínda, o ano pasado, o seu libro de recordos infantís e universitarios, Recordar doe, que podería ser presentado na nosa cidade co gallo da celebración da Feira.

Carmen Rigalt é a outra das autoras propostas a partires dos seus libros: Mi corazón que baila con espigas, finalista do Planeta, La mujer de agua ou a obra ensaística, Diario de una adicta a casi todo.
_________________

EU e o estacionamento do Inferniño

eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
3 de abril de 2009 14:39



Prezad@s amig@s: achégase no arquivo Información do Grupo Municipal de Esquerda Unida clarexando o sentido do noso voto no punto do Pleno onde se acordou o cambio de titularidade do aparcadoiro do Inferniño, punto no cal o Grupo Municipal se abstivo e non votou afirmativamente como por error relata o Diario de Ferrol. Grazas pola vosa atención, recibide un sáudo, Ramiro Marier

Ferrol, 3 de abril de marzo de 2009
  • O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA QUERE DESMENTIR A NOTICIA ERRADA DA QUE DA CONTA O DIARIO DE FERROL SOBRE O SENTIDO DO NOSO VOTO NO PUNTO DO PLENO REFERIDO AO CAMBIO DE TITULARIDADE DO APARCADOIRO DO INFERNIÑO
Esquerda Unida quere desmentir a información errada que no Diario de Ferrol recolle o voto afirmativo de Esquerda Unida ao cambio de titularidade do aparcadoiro do Inferniño.

O noso Grupo Municipal non votou afirmativamente a proposta e explicou o sentido da súa abstención na intervención da Voceira do Grupo, Yolanda Díaz. A Voceira explicou a cadea de irregularidades acontecidas neste tempo atrás na explotación do aparcadoiro e que se recollen na propia relación de feitos provinte da concellería de facenda, cadea que non se pode ignorar sen máis e que leva a nosa organización a considerar que é necesario algo máis que un cambio de titularidade.

Yolanda Díaz achegou no Pleno que o correcto sería redactar un novo prego e sacalo a concurso, facendo de novo o expediente. Para rematar afirmando que urxía conquerir unha solución global que atenda ao centro comercial onde quedan poucos locais comerciais abertos.

Aínda tras a exposición, a Voceira de Esquerda Unida avanzou que o sentido do voto neste Pleno ía ser o da abstención coa vontade de facer o posible por axudar a resolver o problema creado.
_________________