luns, maio 25, 2009

VI Sessiom Vermú: Despedida da tempada 2008-2009

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjzD9BXfTuyoeiBV5SyCHDUbVkLy_ixMuECi_yUzkwSRAmXL6Y9gFkPjjOtjZ0y9jjPmdt64Q5kzQzvEuSjeVtBcncxvc800J2Y6K3c7W3UGzVyPgt_MNxa3mRvWf-IbO0oZEAf/

Rádio FilispiM, presenta a VI Sessiom Vermú

Con motivo do feche da temporada 2008-2009 de Rádio FilispiM, organizamos a tradicional Sessiom Vermú no Ateneo Ferrolán.

A data é o Sábado 30 de Maio, às 12:00hs. do mediodía no Ateneo Ferrolán, e a actuación correrá a cargo do cuarteto de cordas El Cubo, que interpretará tangos.

Como novidade, teremos o sorteio especial dumha noite numha Casa Rural e um Xantar num Restaurante.

Nom faltedes!! ;)

http://www.opaii.blogspot.com/
____________________

domingo, maio 24, 2009

O Observatorio de Plantas Regasificadoras de GNL informa: REGANOSA non chega a un terzo da capacidade nominal que ten comprometida

A regasificadora da Ría de Ferrol non chega a un terzo da capacidade nominal que ten comprometida.
Segundo o último informe de Enagás de Abril 2009, páxina 19, a regasificadora inxectou á rede durante este mes un 35% menos que o mes de abril do ano pasado. A regasificadora traballou en consecuencia a un 29% da súa capacidade e por segundo mes consecutivo. A pesar de ter o monopolio de subministración de gas en Galicia e de pechar a billa do gasoduto do sur (Tui), a planta regasificadora da Ría de Ferrol non é capaz de alcanzar de novo a produción comprometida no proceso de aprobación da Comisión Nacional da Enerxía [CNE]. Nestas circunstancias: Por que a regasificadora da ría de Ferrol pretende duplicar a súa capacidade de regasificación duplicando ademais tanto o dano á Ría debido ás verteduras inxentes de auga de mar contaminada así como os riscos á poboación?


OBSERVATORIO DE PLANTAS REGASIFICADORAS DE GNL , MAIO 2009
A PLANTA REGASIFICADORA DE FERROL NON ALCANZOU NO MES DE ABRIL O 30% DA SÚA CAPACIDADE DE REGASIFICACIÓN

Segundo o último informe de Enagás de Abril 2009, páxina 19, a regasificadora inxectou á rede durante este mes 1.097 GW.h, un 35% menos que o mes de abril do ano pasado pois se forneceu uns 1.678 GW.h. A regasificadora traballou en consecuencia a un 29% da súa capacidade e por segundo mes consecutivo.

Esta capacidade de regasificación rexistrada en abril foi menos dun 1/3 da capacidade que os promotores comprometeran cando solicitaron a aprobación da súa construción.

Temos que recordar que esta capacidade tan baixa rexístrase a pesar que Enagás pechou a billa do gas que procede de Portugal (por Tui), que a regasificadora ten o monopolio de subministración en Galiza e que ademais se viron obrigados a aceptar unha subministración adicional á -meseta-. Medidas que, segundo o presidente de Enagas, tomáronse para que a planta non se "colapsase".

O compromiso dos promotores da regasificadora era o de alimentar catro ciclos combinados a gas natural, fornecer 500 millóns de mᵌ ao ano ás industrias do grupo Tojeiro así como a outros consumos convencionais da zona. A realidade é que os ciclos combinados non funcionan nin n'As Pontes nin en Sabón e das industrias do Grupo Tojeiro nin se saben delas.

Con este panorama industrial: Por que a regasificadora da Ría de Ferrol pretende duplicar a súa capacidade de regasificación duplicando ademais tanto o dano á ría debido ás verteduras inxentes de auga de mar contaminada así como os riscos á poboación?

Transcribimos artigo de hoxe día 24 de maio de Diario de Ferrol:

A crise reduce a mínimos históricos a produción da térmica das Pontes
Por Montse Mayoral

O acusado descenso de actividade en determinados sectores da industria española e o incremento das enerxías renovables marcaron un ano inédito nas tres décadas de historia da térmica d'As Pontes. A produción caeu ata niveis que, segundo recoñeceu onte o director da central, Luís Fernández de Sabugal, non se recordan.

Durante máis dun mes, a comezos deste ano, só funcionou na central de Endesa un dos catro grupos de transformación. Foi unha situación inédita na térmica, consecuencia da crise económica e o parón de actividade na industria. Recortes na produción como o que aplicou Alcoa, cara a cuxa fábrica parte directamente unha das catro liñas de distribución d'As Pontes, son causa directa de tal circunstancia.

O director da central, Luís Fernández de Sabugal, comentou onte que ao descenso do consumo de electricidade sumouse, ademais, que este ano entrou en operación máis enerxía renovable. "Rede Eléctrica fala no seu informe dun incremento de potencia do 5%, uns 4.000 megavatios, e deles máis de 3.000 son de renovables -explica o responsable de Endesa-; hai 1.400 megavatios, o equivalente á potencia desta central, que corresponden á enerxía solar".

O sistema dá preferencia sempre ás fontes renovables e, en casos de caída do consumo, sitúa ás centrais térmicas ou nucleares ao final da cola. No entanto, Luís Fernández de Sabugal mostrouse convencido de que pronto haberá un repunte do consumo e a central d'As Pontes volverá ao seu ritmo habitual de funcionamento, cos catro grupos en marcha e producións ao redor dos 10.000 gigavatios anuais.

OBSERVATORIO DE PLANTAS REGASIFICADORAS DE GNL, Maio 2009

Saúdos,

www.f-cape.org

Enviado por:
Ferrol CAPE -ferrol.cape@gmail.com- 24 de maio de 2009 18:56
Colectivo universitario opositor a Planta de Gas dá Ría de Ferrol (Galicia)
________________

E isto é a sustentabilidade?

Por, Carlos Taibo [*]
23.05.2009

Nos últimos meses pasaron polos estudos de televisión e de radio, e pronunciáronse nas páxinas dos xornais, decenas de dirixentes políticos, de economistas, de sindicalistas e de xornalistas, próximos ao Goberno ou próximos á oposición. Aínda que a miúdo disientan no que respecta ás medidas precisas que convén arbitrar, todos parecen estar de acordo en algo importante: para deixar atrás a crise en curso hai que recuperar a senda do crecemento económico e conseguir que esperte dunha vez por todas o consumo.

Nun planeta no que sobran os argumentos para afirmar que o crecemento non xera cohesión social, provoca agresións ambientais moitas veces irreversibles e propicia o esgotamento de recursos que non estarán a disposición das xeracións vindeiras, cada vez é máis urxente que busquemos, por iso, outros horizontes. Sorprende, con todo, que moitos de quen fixeron da sustentabilidade a súa bandeira de enganche prefiran esquivar a conclusión de que nos países ricos temos que asumir canto antes reducións drásticas na produción e no consumo, da mesma sorte que temos que repartir o traballo en proveito de modelos que fagan da redistribución da riqueza, da vida social, do ámbito local e do lecer creativo os seus cimentos.

Nada disto último apréciase, nin de lonxe, nas posicións que abrazan hoxe os nosos gobernantes, empeñados en sacar adiante diagnósticos do que sucede tan errados como interesados. Recórdese que fai algo máis dun ano o presidente Rodríguez Zapatero eludía mencionar, nos seus discursos, a palabra crise. Despois inclinouse por arroxar todas as culpas do que ocorría sobre os desmáns que deu en exportar a economía norteamericana -ningunha correspondía, en cambio, a un modelo, o español, ao parecer de ningún xeito lastrado por fluxos especulativos de diversa índole-, para, nos últimos tempos, descargar as súas iras contra unha burbulla inmobiliaria que, segundo unha singularísima visión, nada tería que ver coas políticas alentadas polo Partido Socialista desde as máis diversas instancias. Canto tempo tardará Rodríguez Zapatero en decatarse das contradicións flagrantes do que defende agora?

Non hai xeito de casar o omnipresente discurso da sustentabilidade con medidas como as que o Goberno español decidiu alentar en resposta á crise. Unha delas é esa toleada aposta pola alta velocidade ferroviaria que tanto gusta -din- ao presidente norteamericano destas horas. Ao seu amparo está claro que é o que se nos vén encima: unha forma de transporte que reclama salvaxes agresións contra o medio, propicia a desertización ferroviaria do groso do territorio, é extremadamente onerosa en termos enerxéticos e tradúcese en prezos inalcanzables para a maioría dos cidadáns.

Outra desas medidas achégaa a frenética construción de novas autovías sen que ninguén explique convincentemente quen as vai a poder utilizar no futuro, cando se disparen os prezos das materias primas enerxéticas que empregamos. Que non dicir, en fin, da impresentable, e discriminatoria, decisión de subvencionar con recursos públicos a compra de automóbiles. Non sería máis razoable que, lonxe de pensar nos intereses das grandes empresas, os nosos gobernantes axudasen, así a todo, a quen decidiron prescindir dun instrumento, o coche, que retrata cabalmente moitos dos elementos de insostenibilidad que atenazan ás nosas sociedades? Mentres se apoian con descaro olímpicas aparato, por momentos despunta, en fin, a lamentable retahíla que dá conta do liderado español en tecnoloxías verdes, case sempre adobada, por riba, coa triste defensa, tamén neste ámbito, da competición máis feroz.

Ben é certo que os desaforamentos transcienden o terreo da sustentabilidade. Para pechar o círculo, os nosos gobernantes repiten incansables que non van aceptar rebaixas, en proveito dos empresarios, no que incumbe ás regras do xogo do mercado laboral. Empezan a menudear as noticias, con todo, que suxiren que o Partido Socialista sopesa introducir algunhas desas rebaixas nun escenario no que os empresarios aos que acabo de referirme non teñen moito de que queixarse: ao amparo dunha precariedade que se impón por todas as partes, as normas imperantes permitiron -non se esqueza- un crecemento espectacular da cifra de desempregados, en moitos casos sen cobertura algunha.

Para que nada falte, entre nós optouse por importar un modelo, o norteamericano, que defende medidas de socorro tan xenerosas como urxentes cando as entidades financeiras están ao bordo da quebra, pero non actúa coa mesma benevolencia e enerxía cando son as economías das traballadoras e traballadores"recórdese ás decenas de miles de inmigrantes que contraeron hipotecas en condicións próximas á usura" as que se achan coa auga ao pescozo.

E é que quen nos dirixen, de sempre remisos a pór o dedo na chaga do que supón un capitalismo depredador e inxusto -hoxe, por certo, á deriva-, defenden, si, o ben común ... a condición de que non choque cos intereses particulares das grandes empresas. Que llo digan, se non, a Microsoft, que a recado se apresta a sacar tallada dese ambicioso programa que, de facerse realidade, porá en mans dos nosos nenos un magnífico computador chamado a resolver mágicamente as carencias do sistema educativo que arrastramos.

[*] Carlos Taibo é profesor de Ciencia Política.

Fontes: Reggio's e Público
____________________

A asociación veciñal "O Rosario - Inferniño" celebrou as Letras Galegas con moito suceso

LETRAS GALEGAS - 2009

A nosa asociación veciñal, convidou a toda a cidadanía a participar nunha lectura en galego, co fin de celebrar as Letras Galegas - 2009. O acto celebrouse no Centro Cultural Municipal "Carvalho Calero".

Participaron varios representantes sociais de diferentes asociacións veciñais, culturais e deportivas da cidade.

[P5211501-733633.JPG]

Noso compañeiro X. Miguel López da Asociación Veciñal "Fontelonga" de Esteiro, fixo gala da súa inconfundible reivindicación a prol do idioma galego coa lectura dunhas estrofas de dous ilustres escritores: Celso Emilio Ferreiro e Manuel María.

[P5211499-732720.JPG]

As raparigas leronnos varias historias e lendas galegas.

Houbo unha grande participación infantil, o que nos comprace saber que cada ano aumente a presenza das crianzas nestes acontecementos culturais.

[P5211515-734980.JPG]

Expresamos nosa satisfacción pola lectura da mocidade e todas as idades.

[P5211521-735992.JPG]

Nosa compañeira Pilar Venancio, Mapi, da Asociación Veciñal de Caranza, sorprendeunos gratamente realizando unha lectura galega de calidade.

[P5211525-736685.JPG]

Aurora Varela, veciña deste barrio e socia de nosa asociación, disertou sobre a figura de Ramón Piñeiro, homenaxeado este ano 2009.

Varios veciñ@s e alumnas acudiron ao salón de actos para escoitar a Aurora, súa Profe de galego.

Repartimos varios libros entre @s presentes e participantes que nos remitiron das institucións.

[P5211510-734778.JPG]

Rematou este acto superando con creces as nosas previsións de asistencia polo que emprazamos e convidamos a toda a veciñanza a participar nas Letras Galegas do ano 2010.

http://www.march.es/Recursos_Web/Culturales/conferencias/img/1154_1879.jpg

Desexamos que para as vindeiras Letras - 2010 sexan para o profesor ferrolán Ricardo Carvalho Calero.

A Presidenta
Ana J. LÓPEZ DÍAZ
O Secretario
Xosé M. SANXOÁN CAAMAÑO

ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
blog : orosario-inferninho.blogspot.com


____________________

A Rede "Galiza Non Se Vende" convoca mobilizacións en Vigo e Ferrol na defensa do medio ambiente por un outro modelo subtentábel

[Clicar acima do cartaz para ampliar]

Desde Galiza Non Se Vende queremos denunciar os contínuos maltratos e agresións que soporta o noso litoral, fruto da especulación salvaxe e deste modelo depredador de crecemento economico, que equipara medre e benestar social.

Por desgraza, todos os gobernos que pasan pola Xunta seguen unha política “desarrollista” de explotación dos nosos recursos naturais para reducilos a mera condición mercantil. Os costes deste desenvolvemento económico son a destrucción da natureza.

A privatización e venta da nosa costa, das nosas rías, do noso vento, dos nosos montes, dos nosos rios, do Courel, supón depredar o territorio físico común para mercantilizalo en beneficio de só duns poucos. Privatizando beneficios e socializando as perdas.

Deste modelo cego e xordo non se libra o litoral onde se construen recheos dentro das rías que estragan a súa grande riqueza; onde se instalan polígonos industrias sobre o terreo gañado ao mar ou en primeira liña de costa realizando desmontes; onde se instalan as industrias mais perigosas como Reganosa ou máis contaminantes como Ence; onde empresas e industrias de todo tipo verten os seus refugallos directamente ao mar xunto coas aguas residuais urbanas, as veces pasando por depuradoras deficitarias ou que non funcionan contaminando as rías e facendoas incompatíbeis coa pesca e o marisqueo; onde se promoven piscifactorias nos lugares mellor conservados da nosa costa artificializandoos com formigón e contaminando o mar com antibióticos para proveito de empresas transnacionais; onde se privatiza o mar e a costa com portos deportivos a esgalla que soen levar aparellados proxectos urbanisticos especulativos; onde se produce a máis salvaxe especulación urbanistica; onde se construen a meirande parte das irracionais infraestructuras de transporte; onde se destrue a identidade dos pobos e vilas mariñeiras erradicando o noso patrimonio marítimo; onde máis se turistifica a nosa cultura e o noso território; onde se crean máis campos de golf arrasando com grandes superficies de monte e contaminando com herbicidas; onde menos se respetan os espazos protexidos....

Non é necesaria, nen imprescindible a destrucción do noso fogar común para acadar medios de vida, nin debemos basar o benestar na explotación das persoas nen a terra que habitamos, porque si asi fora estaríamos correndo o camiño do suicidio colectivo.

Todas e todos xuntos temos que porlle freo a esta locomotora desvocada, deste falso progreso, que esta a avanzar queimando os seus propios vagóns nunha tola carreira cara ningures. Esta “valorización” do territorio ten que distinguir xa os bens de uso, os modos de vida, do expolio e despoxo da nosa terra. Tratase en suma dunha nova mentalidade que trate o medio non como un negocio, do que se pode quitar beneficio, senon coma a nosa terra común da que todas e todos formamos parte. Vainos nelo a preservación da civilización que queremos legar ás persoas que veñan detrás de nós, non podemos tolerar máis o intolerábel.

Por isto convocamos A unha grande manifestación nacional en Vigo o 31 de maio ás 12:00 que sairá desde a praza do concello e rematará na Praza da Estrela.

E a un grande roteiro contra Reganosa polas ruas de Ferrol o vernes 5 de Xuño ás 20:00 desde o edificio da Xunta de Galiza.

  • ESTE MODELO TEN ALTERNATIVA
  • DEFENDAMOS O LITORAL
  • GOBERNE QUEN GOBERNE
Rede "Galiza Non Se Vende"
http://galizanonsevende.org/
___________________

Acta definitiva da reunión do 28 de Abril, sobre Proceso participativo relativo ao modelo experimental de orzamentos participativos

A Asociación Veciñal "Fontelonga" de Esteiro, remite-nos a Acta Correxida da sesión do GAP, celebrada o 28 de Abril de 2009. Polo que a Acta definitiva ás 11:49 hrs do 24 de maio de 2009 é a que a continuación segue:


Proceso participativo do Grupo de Análise e Proposta (GAP)


Asunto: Proceso participativo relativo ao modelo experimental de orzamentos participativos
Data: 28.04.2009
Lugar: Sala de recepcións, 1º andar, Concello de Ferrol

Persoas e entidades participantes
[que asinan o documento de asistencia]
Nome e apelidos Entidade / Particular
  1. Ofelia Piñón Quintás Asociación de mulleres “El Pilar”
  2. Jesús Ignacio Caselas Gutierrez A.VV. El Pilar – Recimil
  3. Francisco Javier Pérez Gutierez A.VV. El Pilar - Recimil
  4. Victor F.V. A.VV. El Pilar - Recimil
  5. Montse Perille Veiga A.VV. El Pilar- Recimil
  6. Francisco Díaz Díaz A.VV. El Pilar- Recimil
  7. Ana Beceiro Mosquera AVV. San Pablo de Catabois
  8. Pilar Rodríguez Venancio AVV. Cuco Ruíz de Cortázar - Caranza
  9. Xosé M. San Xoán Caamaño AVV. O Rosario - Inferniño
  10. Alberto Saavedra Fernández AVV. Ferrol Vello
  11. Arcadio Ares Arias AVV. Ultramar
  12. José M. De Miguel AVV. Ensanche A
  13. César Manso Platas AVV.Barrio da Magdalena Pedro Padrón
  14. Benigno Sixto AVV. S. Xoán – O Bertón
  15. Luis M. Taboada González AVV. O Cruceiro de Canido
  16. Javier Solloso Leal A.VV. O Cruceiro de Canido
  17. José Polo Veiga AVV. O Lago
  18. Enrique López AVV. de Pazos
  19. José Mª Suárez Sabín AVV. Sta. Uxía de Mandiá
  20. Manuel Varela González AVV. Río da Ponte de San Xurxo
  21. Nieves Pérez Díaz AVV. Río da Ponte de San Xurxo
  22. Salvador Ríos García AVV. Castelao Brión
  23. Paulino Gasalla Aller AVV. Val de Esmelle
  24. Xesús Manuel Díaz Suárez Asociación Veciñal de Esteiro « Fontelonga »
  25. Magdalena González Grandal Asociación O Prioriño
  26. José Espiñeira Rivas AVV. San Salvador de Serantes
  27. Andrés Rodríguez Santalla Departamento de Mocidade USTG
  28. Andrea Pardo Mesías Alcer Coruña
  29. Ramiro Santalices Martínez Asiste a título individual
  30. Pilar Rivera Asiste a título individual
Representantes do Concello
Nome e apelidos
  1. Manuel Santiago Pérez Concelleiro delegado de participación cidadá
  2. Luis García García Equipa técnica de Cidadanía, Soc. Coop.
  3. Maica Rodríguez Freire Técnica de participación cidadá
Desculpan a non asistencia
Nome e apelidos Entidade / Particular
  1. María Morado Grupo Diversidade Funcional Ferrol e comarca

Desenvolvemento da sesión
  • Presenta a sesión Manuel Santiago, concelleiro delegado de participación cidadá, anunciando a cantidade de 2 millóns de euros para o proceso participativo de orzamentos participativos nun período bianual 2009-2010.
  • A técnica de participación realiza unha presentación sobre o panorama de orzamentos participativos no Estado, descritivo dos diferentes modelos de participación a nivel de quen participa (cidadáns e/ou asociacións), que cantidades se debaten e que apartados do orzamento municipal ordinario. Detállanse as localidades con experiencia en orzamentos participativos (OP en diante), formas de regular os procesos e órganos a crear para tomar decisións. Explícanse os modelos territoriais, nas que as decisións se toman por barrios e modelos sectoriais, nos que se traballa por áreas temáticas. Coméntanse as dificultades dos procesos e as recomendacións realizadas dende outras localidades á hora de poñer en marcha un proceso de OP.
  • A equipa técnica de Cidadanía describe os procesos de OP como procesos de rexeneración democrática e procédese a unha reflexión sobre os mesmos. Principalmente, se describen os pasos necesarios a dar e os posibles órganos e espazos de participación a poñer en marcha en Ferrol.
Os pasos necesarios, serían:
  • Información: informar e sensibilizar para animar a participación no proceso.
  • Identificación de participantes: creación dun rexistro de participantes de representantes de asociacións e a título particular.
  • Capacitación: tarefa primordial no inicio do proceso, para fortalecer o proceso permitindo dotar de máis capacidades na toma de decisións dos participantes.
  • Órganos de participación: deseñados para favorecer a operatividade no traballo e a maior fluidez na comunicación: grupo motor, asembleas e mesas de propostas.
  • Viabilidade técnica: o persoal técnico municipal das áreas involucradas avaliarán as propostas dende un punto de vista técnico, xurídico e de axuste orzamentario.
  • Formalización de acordos e compromisos: despois da priorización das propostas, o Concello presentará os resultados poñendo en coñecemento da poboación os compromisos acadados.
  • Seguimento da execución das propostas: será un resultado ao remate do proceso de elaboración dos OP.
En relación aos principais órganos de participación, teriamos:
  • Grupo Motor: Dinamizar e promover a participación. Elaborar un borrador de regulamento de OP.
  • A Asemblea de Barrio: aprobar o regulamento de OP, definir problemáticas e necesidades do barrio, priorizar propostas.
  • A Mesa de Propostas: canalizar as demandas ou propostas de actuación, elevar a asemblea a relación definitiva de propostas.

Dende o GAP coméntase o seguinte sobre o proceso:
  • O proceso debe de comezar a funcionar; coa creación de órganos e normas de funcionamento para implantar o modelo.
  • Solicítase que se poñan en marcha as accións de formación e comunicación.
  • Pregúntase pola participación do resto dos grupos municipais, ante a constante alternancia política nos mandatos do Concello de Ferrol.
Dende a equipa técnica explícase que:
  • O modelo experimental estase a definir de forma participativa co GAP como grupo motor do proceso participativo relativo á reforma do Regulamento de Participación Cidadá. É preciso consensuar e definir o modelo, se é territorial en qué barrios se vai a implantar, e que dende o GAP existe un acordo de executalo nunha zona urbana e nunha zona rural. Como criterios técnicos para a elección de zonas recoméndase ter presente unha serie de pautas como un déficit de equipamentos na zona, un tecido asociativo vertebrado e existencia de experiencias participativos e un nivel de cobertura e habitantes (válido para o urbano).
  • A formación e a campaña de comunicación son accións que van parellas no calendario ao modelo que se determine.
  • Os grupos municipais estarán representados nos espazos de participación que se nomeen.
Dende o GAP propóñense diversas zonas para executar o proxecto, existindo acordo sobre a zona de Doniños-San Xurxo como zona rural e propoñendo diferentes alternativas para a zona urbana, sobre a que non hai acordo debido a diferentes interpretacións e valoracións dos criterios técnicos (sobre o tecido asociativo vertebrado, sobre o nivel de equipamentos e previsións de investimento público ou o propio sistema de toma de decisións do GAP, que deberá de consensuar a decisión, non votala na sesión).

As zonas urbanas que se propoñen son:
  • Caranza.
  • Esteiro.
  • San Pablo-Catabois-Santa Mariña.
  • Recimil.
  • San Felipe.
  • Ferrol Vello.
Neste sentido, existe un debate sobre se a zona Urban (barrios de Canido, Ferrol Vello e Magdalena) debe ser considerada para o proceso de orzamentos participativos, xa que ten a previsión de investimento de aproximadamente 13 millóns de €, non existindo acordo, co cal supedítase a determinación da zona urbana a unha nova sesión de traballo.

Acordos tomados e cuestións pendentes:
  • Acordo en que a zona rural sobre a que intervir sería Doniños-San Xurxo.
  • Quedaría pendente por determinar a zona urbana. Esta decisión quedaría para unha nova sesión de traballo co GAP na que, en base a criterios técnicos, se poida escoller o barrio a través dun consenso, máis que por votación.

Enviado por:
Participación Cidadá
-participacion@ferrol.es-
15 de maio de 2009 14:53

____________________

Área de Participación Cidadá E DEPORTES
Maica Rodríguez Freire, técnica en Participación Cidadá
Praza de Armas, s/n. 1º andar. 15402 Ferrol
Tel.: 981.944.015 / Móbil: 696.112.691
participacion@ferrol.es
____________________

Ferrol: á UPG atrangantóuselle

O secreterario comarcal da CIG é a maior preocupacion da UPG, forzar a súa dimisión é unha obsesión persoal do "Coronel" que polo seu talante impetuoso, non asume que Pintos montaralle un órdago que deixa en evidencia a súa presumida autoridade. O nervosismo reinante nas filas upegallas pon ao descuberto a verdadeira identidade desta formación, a democracia de linea branca coa que disfrazan as súas formas nesta ocasión deixou ao decubierto ao ferreo stalinismo que lles inspira.

Dedúcese, é algo palpable, que a UPG, é dicir ,a corrente marxista do BNG non perdoe a Pintos a súa decisión de concorrer ás eleccións do sindicato enfrentadose á candidatura apadriñada por esta corrente que encabezaba Emilio Cagiao.

O incombustible “Coronel” afeito a impor a súa autoridade aos seus dóciles camaradas, non soportou que no seu Ferrol natal, un sindicalista díscolo puxéselle en evidencia desatendendo as súas ordenes, e asi, o día despois de que Pintos acadara democraticamente a Secretaria do sindicato, en cónclave de urxencia a UPG emitiu fumata branca - habemus dimisión- ,........ se tiña desatado a caza de bruxas;..... a purga a Pintos escomezara.!

Os “comisarios” Cagiao e Grandal , era os encargados de pór en movemento a maquinaria de acoso e derribo - pero para entender o seu papel de manipuladores, hai que buscar as razóns, e con só pasar revista ao seu historial, atopámonos coa sorpresa. Estos dous señores á parte de acólitos da UPG, son liberados, é dicir, representantes que levan 20 anos sen vestir o mono de traballo, que perciben o seu salario dunha empresa pública.... e dicir, dúas xoias que defenden contra vento e marea a súa situacion de privilexio, é dicir o seu impresentable -status- de vividores a conta do alleo.

Estos dous sindicalistas de Navantia, un deles membro da seccion sindical, manteñen á CIG neste estaleiro como a forza minoritaria do comité de empresa, é dicir, o seu traballo sindical é nulo e a súa influencia negativa, e en contraste a executiva liderada por Pintos, logrou no resto dos sectores, imporse na comarca como primeira forza sindical, obviamente isto indica quen en verdade debese presentar a dimisión.

Tanto o “Coronel” como estes dous gregarios, deben saber que un sindicato é unha ferramenta para defender os intereses dos seus afiliados, E EU QUE O SON, non vou admitir mangoneos de vagos e maleantes e moito menos duns iluminados que manteñen a malefica intencion de confundir aos traballadores con marionetas.

Pintos e o seu equipo foron elixidos pola mayoria dos afiliados e por tanto son os representantes lexitimos, ,,,,,,, os outros metodos para alcanzar o control, mellor rexeiten a intención de utilizalos non sexa que lles rebente o explosivo nas mans. ... E abofé que se e necesario eu tiro da expoleta. ... Vaia tropa

Artigo tirado de open.vieiros

Enviado por:
Bruno Lopes Teixeiro
-brunotrasancos@gmail.com-
24 de maio de 2009 12:01

______________

Nota da redacción.-

Artigo publicado en Vieiros, na sección aberta "open.vieiros", por un anónimo que responde a "ontoria1" e que xa ten publicados comentarios anti-upg e moi críticos coa política do BNG en varias noticias no portal de Vieiros.
______________

NÓS-Unidade Popular denuncia estratégia institucional para liquidar o galego

As primeiras nomeaçons e os primeiros passos dados pola instituiçom autonómica após a tomada de possessom do Partido Popular de Núñez Feijó à frente do novo governo da Junta apontam para umha nova fase no conflito lingüístico existente no nosso país, em que a liquidaçom do galego se verifica já como um objectivo claro da direita espanholista.

De maneira sintética, relatamos:

1. A nomeaçom como conselheiros/as de elementos que, como Jesús Vasques em Educaçom ou Roberto Varela em Cultura, que se gabam desde o primeiro dia das suas pretensons espanholizadoras e insultam gravemente a cultura e os direitos lingüísticos do nosso povo, contando com o apoio expresso do próprio presidente da Junta.

2. A bateria de anúncios de medidas atentatórias contra os direitos fundamentais da populaçom galega, através da supressom das tímidas medidas de promoçom do galego e de defesa do direitos lingüísticos existentes. Podemos citar como exemplos os seguintes posicionamentos claros do novo governo:
  • a supressom do galego das provas de acesso à funçom pública autonómica e, em paralelo, a reintroduçom do espanhol como idioma dos exames;
  • o anúncio da derrogaçom do Decreto de ensino para aprovar no seu lugar um mais regressivo nom só que o actual, mas que o existente na era Fraga;
  • a possibilidade de que se avance num modelo de limpeza lingüística no ensino, eliminando qualquer possibilidade de que o galego tenha horas lectivas como língua veicular;
  • a promoçom da cultura produzida em espanhol com dinheiro público em pé de igualdade que a feita em galego, apesar da manifesta posiçom hegemónica que goza a língua do Estado;
  • a desacreditaçom explícita do Plano Geral de Normalizaçom da Língua Galega, aprovado polos três partidos institucionais em 2004 a proposta do Partido Popular de Manuel Fraga.
  • a renúncia expressa a qualquer política de discriminaçom positiva que poda favorecer o avanço social do galego, em sério risco de definitiva marginalizaçom. Feijó e companhia teimam em falar de “igualdade” para abordar a situaçom de duas línguas em posiçons absolutamente desiguais, em que o espanhol parte de umha posiçom de superioridade legal, mediática e social graças a muitos anos de imposiçom.
3. Em paralelo, o próprio Feijó já deu o seu placet público para a reintroduçom do espanhol como língua de uso por parte dos cargos públicos nos poucos ámbitos em que existia um acordo para que o galego fosse o veículo de expressom, a começar polo Parlamento autónomo.

4. Todo o anterior contrasta com a absoluta carência de umha só proposta positiva de defesa do nosso idioma ou de umha planificaçom em favor do mesmo. A fichagem de um especialista académico em matéria de sociolingüística, que noutro contexto poderia supor umha boa notícia, já vai caminho de se converter num simples tráfico de vontades em que Anxo Lourenço parece disposto a representar o papel de “póli bom” da nova estratégia repressiva do PP. O novo Secretário da Política Lingüística tem pouca margem antes de ser-lhe exigida umha imediata demissom ou ser catalogado como colaboracionista da estratégia lingüicida.

Frente a todo o relatado, e diante das negativas perspectivas que se anunciam para a nossa língua nesta nova legislatura, NÓS-Unidade Popular avalia positivamente a reacçom colectiva do nosso povo demonstrada no passado dia 17 de Maio e fai um apelo à unidade do plural movimento normalizador para dar a batalha pola língua.

Nem a repressom em grande escala representada polas propostas estratégicas do novo governo, nem a dirigida contra quem reivindica mais galego nas ruas do nosso país, como @s compatriotas imputad@s polos acontecimentos do passado 8 de Fevereiro, farám deter a resistência dos e das que nom renunciamos aos nossos direitos fundamentais. O direito à língua é um deles.

Direcçom Nacional de NÓS-Unidade Popular

Galiza, 22 de Maio de 2009

NÓS-Unidade Popular
nosgaliza@nosgaliza.org
__________________

sábado, maio 23, 2009

Este Sábado 23 de Maio, no 93.9 da FM O Recuncho nº 16

Moi boas a tod@s, o sábado 23 de Maio, novo Recuncho de 11 a 13 horas en Radio Filispim (93.9 fm)

Neste novo Recuncho trataremos os seguintes temas:
  • Falaremos con Manuel Rodríguez Carballeira, Lalán, coordinador do comité cidadá de emerxencia o cal nos falará dos últimos sucesos acontecidos relacionados coa planta de gas de Reganosa.
  • Conferencia de José Roberto Morales, do Centro para a Acción Legal en Dereitos Humanos (CALDH) de Guatemala e María Eugenia Díaz Coordinadora do Programa da Muller CALDH
  • Falaremos con Carlos Outeiro, é o responsavel de A Mesa pola Normalización Lingüistica en Ferrol.
  • Tamén trataremos as novas da Marcha Mundial Das Mulleres con Ánxela, integrante desta organización.
  • No apartado poético: Mario Benedetti.
--
"O recuncho", o programa da asociación cultural Fuco Buxán
en Radio FilispiM, 93.9 FM

www.recunchofuco.blogspot.com

Enviado por:
Iago Montes Martínez
-opafuco@gmail.com-
22 de maio de 2009 18:44

___________________

A asociación Grupo Diversidade Funcional de Ferrol e Comarcas, fai-se visíbel na Rede editando un interesante Blog

O pasado 22 de Abril, subia á rede o Blog da Asociación Grupo Diversidade Funcional de Ferrol e Comarcas, agardamos que esta importante iniciativa das compañeiras e compañeiros da asocición, serva para concienciar-nos, actuar en consecuencia e ter sempre presente nas nosas reivindicacións, nas nosas propostas, nas nosas análise ás persoas con diversidade funcional. Desde o Colectivo Ártabra 21 queremos felicitar ás compañeiras e compañeiros da Asociación Grupo Diversidade Funcional de Ferrol e Comarcas, polo seu Blog que vai axudar a visibilizar ás súas denuncias e reivindicacións, mais o máis importante cicais sexa a súa visibilidade, o estar presentes.

A continuación transcribimos a presentación que fan no seu propio Blog que convidamos a visitar e difundir.

[Cliacar acima da foto para ampliar]

"De novo pisarei as rúas do que foi Santiago ensanguentado e chorarei polos ausentes"
Victor Jara


A Asociación Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas acabamos de crear o noso Blog coma un intento de establecer unha canle de Opinión, de Información e de Denuncia entre todas as Persoas con Diversidade Funcional e o resto da sociedade.

O cambio de denominación "minusválidos" por "Grupo Diversidade Funcional" débese o significado da palabra minusválidos que se ven usando desde fai bastante tempo e que ten unha connotación negativa, de minusvaloración das capacidades da persoa, e "Diversidade", non só non é negativa senón que é inclusiva e normalizadora, indicando cas persoas todas son diversas e distintas, outras teñen diversidade funcional tanto física, como mental, intelectual, orgánica, etc. cos mesmos dereitos cos demáis, cos soportes necesarios como cadeiras de rodas, lingua de signos, ou Asistentes Persoáis.

A participación e a colaboración de todos vós e moi importante. Precisamos que nos enviédes todas as vosas necesidades e demandas para poder facelas chegar onde corresponda e intentar dar unha resposta as mesmas.
___________

ASOCIACIÓN GRUPO DIVERSIDADE FUNCIONAL FERROL E COMARCAS
Rúa Colon esq. Mendizabal B/4 P/5 Baixos 38-39 Esteiro 15406 Ferrol
Tlf: 981930544
Fax: 981930544
http://rachandobarreiras.blogspot.com/
diversidadefuncionalferrol@hotmail.com
grupominferrol@hotmail.com

_________________

venres, maio 22, 2009

Falta dinheiro no meu sindicato


Hoje os meios de comunicaçom informarám à opinom pública de que faltam muitos miles de euros das contas da CIG em Ferrol. Muitas pessoas conheciamos esta situaçom desde hai uns meses, causada por umha ludopatia do responsável de finanças.

Em todas as organizaçons polas que passei ou nas que participo na actualidade, as finanças som o morto co que ninguém quer carregar. Um trabalho ingrato que precisa de muita dedicaçom e constáncia.

Entre companheiras e companheiros a confiança é fundamental, mas esta nom é a primeira experiência deste tipo. Por isso o controlo democrático das finanças fai-se fundamental nas organizaçons sociais, e a ninguém lhe deve sentar mal que assim se lhe controle. E por suposto, esse momento em todas as reunions onde se passa a informaçom sobre o estado das contas da organizaçom, deve ocupar o lugar que lhe corresponde, fazendo um esforço, de transparência e responsabilidade. É o mesmo que o dinheiro público. Som cartos das organizaçons, som cartos do povo organizado. No caso do meu sindicato, som cartos da classe obreira organizada. Som intocáveis!

Haverá que mudar muitas coisas, pedir responsabilidades e mudar jeitos de trabalho ou modelos organizativos, mas o que me inquieta do que vai ocorrer quando a notícia saia na imprensa, é desconhezer o interesse que persegue esse grupo de pessoas com bastante representatividade na CIG, que brinda às empresas mediáticas, informaçom fazilmente manipulável, dumha situaçom interna que só compete à CIG e à justiça.Porque os congresos se ganham nas asembleias e na acçom sindical, nom coa tinta envelenada dalgúns jornais.

E que tudo isto suceda justo no momento no que os companheiros e companheiras do metal em Vigo, estám recebendo, também por parte dessas empresas mediáticas, um dos mais virulentos ataques contra o sindicalismo, e em concreto contra da CIG, dos últimos tempos. Estám botando mais lenha ao lume. Para que arda quem?

Lupe Ces
22.05.2009
lupeces@gmail.com
http://lupeces.blogspot.com
_________________

mércores, maio 20, 2009

O "Cheikh El Mokrani", un gaseiro cargado con GNL, ten prevista a entrada na Ría: O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta

O "Cheikh El Mokrani", un gaseiro cargado con miles de toneladas de GNL, ten prevista a entrada na Ría de Ferrol, para a ilegal e perigosa REGANOSA, é por isto polo que o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha acción de protesta en Ferrol este Xoves 21 de Maio, ás 7 da Tarde, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, na Praza Amada García. Este sería o 45 buque gaseiro que atraca no peirao de REGANOSA en Punta Promontorio.

Caracteristicas:
O metaneiro Cheikh O Mokrani, cunha capacidade de 75.500 m3 de Gas Natural Licuado, ten unha eslora de 220 metros, unha manga de 35, un calado máximo de 10,75 e un desprazamento de 55.200 TM. O gaseiro, considerado de dimensións medias dentro do estándar desta clase de buques, foi construído en 2005. Navega baixo bandeira das Bahamas, Eslora.- 220 m Manga.- 35 m, Calado
.

¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
_______________________________

Concerto da banda de rock "96 Grados" no Ateneo

A banda de rock 96 GRADOS, presenta en formato acústico o seu primeiro traballo discográfico "mañana sale el sol" que pódese escoitarse en www.96grados.es

O venres día 29 de maio ás 20 horas
no Auditorio do Ateneo Ferrolán.

A entrada custa 3 € co CD.

96 GRADOS, un nome que define o espírito co que nace esta banda de rock sinfónico, un proxecto froito da paixón pola música que marcou a nosa era.

A banda sonora que marcou á xeración dos 70 e os 80 conforma a fonte de inspiración da que bebe este grupo, novo e entusiasta, cuxa principal razón de ser radica en promover un novo estilo de música propia, á vez que manter as raíces labradas por unha inesquecible xeración de músicos de incalculable talento: Dire Straits, Eric Clapton, Police, U2… 96 GRADOS traballou sen cesar desde o seu nacemento, a principios do ano 2005 en Santiago de Compostela.

O grupo o compoñen:
  • Fernando Romasanta: voz e guitarras
  • Alfonso Lage: baixo e coros
  • José Vázquez: batería e coros
O estilo fundamentase nun rock sinfónico e sen estridencias, música de luxo lonxe dos canons comerciais que dominan o panorama musical actual. A banda traballa buscando a perfecta elaboración dos temas de produción propia, co obxecto de salvar os escollos que dificultan a entrada nos circuítos profesionais do mercado musical español.

Temas intimistas, incisivos, e en xeral, de indiscutible orixinalidade, conforman a primeira selección de títulos da formación.

96 GRADOS ofrece un directo realmente potente que tradúcese nun espectáculo variado, aplicando en cada tema seus gustos melódicos, enriquecidos con sos de guitarra, o acompañamento rítmico do baixo e a forza na percusión.

Ateneo Ferrolán
Fundado en 1879 “Un Lugar de Encontro para a Cultura”
http:// www.ateneoferrolan.org
e-mail:
a_ferrol@teleline.es Telf.: +34 981 357 970 Fax: 981 354 098
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204, 1º.CP.15402 - FERROL (A Coruña)
Apdo. Correos: 303

________________

Contra a liegalización de Iniciativa Internacionalista

Este xoves, 21 de maio, celebrarase un acto público no que diversas organizacións políticas, sindicais e sociais, entre elas a Frente Popular Galega, amosarán o seu rexeitamento da ilegalización da candidatura Iniciativa Internacionalista - A Solidariedade entre os Pobos. O acto terá lugar na cidade de Vigo e realizarase no Instituto Sta. Irene a partir das 20:00 horas.

Desde Altermundo, sumámonos ao chamamento á participación neste acto de solidariedade coas liberdades de expresión máis básicas da cidadanía.

Dende Compostela haberá un bus cara a Vigo: Este xoves, ás 18:00 horas, dispoñibilízase un autobús de balde dende a Praza Galiza, en Compostela, para a asistencia ao acto que se celebrará en Vigo contra a criminalización e ilegalización de Iniciativa Internacionalista – A Solidariedade entre os Pobos, ás 20:00 horas no IES Santa Irene. Debido ao limitado do aforo, precísase a confirmación de reserva no correo galizainternacionalista@gmail.com

Máis información:

Cómpre unha resposta social á ilegalización de Iniciativa Internacionalista
FPG. A roda de prensa convocada este sábado, 16 de maio, para denunciar o intento de ilegalización da candidatura ás eleccións europeas de Iniciativa Internacionalista (I.I), contou coa participación dos camaradas da Frente Popular Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, Mariano Abalo e Xan Carballo amais do responsábel xeral da candidatura Luis Ocampo.
www.altermundo.org

Carta de Pérez Esquível a Zapatero. Carta do Nobel Adolfo Pérez Esquivel contra a ilegalización de Iniciativa Internacionalista
www.altermundo.org

Campaña de sinaturas contra a ilegalización de Iniciativa Internacionalista. As persoas e organizacións abaixo asinantes queremos expresar coa maior contundencia a nosa indignación e a nosa alarma ante o gravísimo atentado contra as liberdades democráticas e contra a presunción de inocencia, fundamento do Estado de Dereito, que supón a ilegalización da candidatura ás eleccións europeas Iniciativa Internacionalista - A Solidariedade entre os Pobos, e esiximos a revogación da correspondente sentenza do Tribunal Supremo.

Queremos denunciar tamén a vergoñosa campaña de acoso e desprestixio orquestrada polos grandes medios ao servizo dos poderes establecidos, á vez que expresamos a nosa solidariedade con Afonso Sastre e as demais persoas ás que se intentou criminalizar pola súa participación en Iniciativa Internacionalista.

Remite a túa adhesión, facendo constar o nome (individual ou organización), a profesión ou actividade e a cidade ao seguinte correo electrónico: frabetti@ctv.es

Intelectuais e artistas de todo o mundo apoian a Afonso Xastre e denuncian a violación dos dereitos cidadáns por parte do Estado español
www.rebelion.org

Un saúdo

Altermundo -http://www.altermundo.org-
Porque abaixo á esquerda está o corazón
Manoel Santos - Director
manoel@altermundo.org
Tel.: 686 021 933
Faite socio/a: www.altermundo.org


Enviado por:
Manoel Santos (Altermundo)
-manoel@altermundo.org-
20 de maio de 2009 10:13

______________

martes, maio 19, 2009

O vindeiro Sábado 23 de Maio: O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol organiza unha Xornada Aberta de Formación Cidadá

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol Organiza unha Xornada aberta de formación cidadá.

O que cumpre saber sobre REGANOSA

Sábado, 23 de maio de 2009, no Campus de Esteiro – Ferrol en sesións de mañá (9,30 a 14,30 h.) e tarde (16,30 a 19,30 h.)

Trátase dun acto de formación e convivencia, aberto a asistencia e participación da cidadanía, co fin de coñecer e actualizar aspectos fundamentais en torno a amenaza da Planta de Gas no interior da nosa Ría.

Aspectos que, con frecuencia, non teñen o coñecemento preciso ao topar cos habituais “muros de silencio” que a envolven.

Como remate da xornada celebrarase unha Cea de confraternización.

Visita a nosa web:

www.comitecidadan.org

Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia -comitecidadan@gmail.com- 15 de maio de 2009 22:09


--
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

___________

Programa:

Xornadas Abertas de Formación Cidadá
O que cumpre saber sobre REGANOSA
(23 de maio 2009), no Campus de Esteiro en Ferrol


MAÑÁ
  • 09:30h
Recepción de participantes. Pequeno almorzo.
  • 10:00h
Coñecementos técnicos básicos para entender a perigosidade da instalación de REGANOSA.

.Como funciona unha planta regasificadora?, Características do gas natural licuado. Que é a “Comisión Nacional de Energía”? por Manuel Afonso de Amorim (Enxeñeiro Técnico Naval).

· Manobras marítimas dos gaseiros, características de navegación da Ria de Ferrol. Diferencia entre os gaseiros en reparación e gaseiros cargados con GNL. Carlos Álvarez Feal (Doutor Enxeñeiro Industrial).

· "Riscos asociados a unha planta de regasificación. Análises de riscos. Lei Seveso”. Rafael Montero Baquedano (Enxeñeiro Naval - Diplomado en Enxeñeiría Ambiental - EOI).
  • 12:00h.
Pausa café
  • 12:30h.
REGANOSA, da inxustiza e a senrazón.

· Poder político e poder económico no caso REGANOSA. Rafael Pillado (Asociación Fuco Buxán).

· Impacto medio ambiental e laboral. Alberto de Coo (biólogo).

· REGANOSA e a actuación do poder xudicial. Patricia Gabeiras e Víctor López Casal (avogados).

· Movemento opositor: historia, composición, avanzos e derrotas. Manuel Carballeira (Coordinador do CCE).


TARDE
  • 16:30h.
Prevención e seguridade no caso REGANOSA.

· Plano de Prevención para o Concello de Mugardos.
Organismos responsábeis. Luz Marina Torrente (AAVV Cruceiro de Mehá).

· Outros planos de prevención, comparativa co caso Reganosa. Carlos Álvarez Feal (Doutor Enxeñeiro Industrial).

· Plano de Prevención para os concellos da Ría? Pilar Rodríguez Venancio (Presidenta da AAVV Caranza).
  • 18:30h.
DEBATE:

Novos retos na loita contra REGANOSA.
Introducen e moderan: Joam López e Lupe Ces (CCE).
  • 22:00h.
Cea de confraternización.
_________________

Difundir a convocatoria das "Xornadas Abertas de Formación":
Baixar o Cartaz a cor en formato -PDF- dos Arquivos Ártabros

Cartaz en formato -jpg-, clicar acima del para ampliar:

_______________________

Reunión, hoxe martes 19 de Maio, para preparar a Mobilización da Rede Galiza Non Se Vende en Ferrol

Na Asemblea Nacional de Galiza Non Se Vende, celebrada o 25 de Abril, decideuse convocar dúas mobilizacións unha no sul que é unha manifestación en Vigo o 31 de Maio e outra no norte que é un roteiro por Ferrol que terá lugar o venres 5 de Xuño, ás 8 da Tarde, coincidindo co "Día Mundial do Medio Ambiente". O Roteiro fará paradas en diversos locais de entidades que teñen que ver cos socios de REGANOSA.

Para preparar esta mobilización da Rede, hai unha Autoconvocatoria, hoxe martes, 19 de Maio, ás 7 da Tarde no Ateneo Ferrolán, de todos os colectivos e organizacións da Comarca que participan na Rede Galiza Non Se Vende, reunión aberta a outras entidades interesadas na convocatoria.

GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE
Por unha terra viva e unha vida digna para tod@s

info@galizanonsevende.org
http://galizanonsevende.org
________________________

luns, maio 18, 2009

A prensa e o 17 de maio en Compostela

Porque nos sentimos orgullosos de sermos pobo
Porque nos sentimos orgullosos de termos lingua
Sempre en Galiza, sempre en Galego

Hipocrisía das portadas do 17M

Ferrol ensalzou no Jofre o traballo de Ramón Piñeiro na véspera do Día das Letras Galegas

--
ASOCIACIÓN LINGÜÍSTICO-CULTURAL “ COORDENADORA DE EQUIPAS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
10M +

ttp://www.blogoteca.com/cenlf/

Mil primaveras máis para a nosa lingua

O Secretario:
Asinado: Miguel Anxo Romero


Enviado por:
Xosé Manuel Pazo Blanco -manolopazo@gmail.com- 18 de maio de 2009 00:45 cequipnormalizacion Ferrol -cequipnormalizacion@gmail.com- Date: 17/05/2009 21:56

________________

domingo, maio 17, 2009

Histórica Mobilización Nacional en defensa da lingua: Compostela, 17 de Maio de 2009

Unha impactante manifestación invadiu as rúas e prazas de Compostela. Unha manifestación que uniu a xentes de moi diversa condición para decir-lle ao novo goberno do PP na Xunta de Galicia que preside Alberto Nuñez Feijóo que unha parte moi importante da sociedade galega está disposta a mobilizar-se para non dar nen un paso atrás. Nen un paso atrás na normalización do galego, nen un paso atrás nos direitos alcanzados polas persoas que falan galego no país do galego, nen un paso atrás no estatus do galego como lingua oficial de Galiza. Frente as ameazas e as brabuconerías, frente as mentiras que falan de imposición e perigo para o español no noso país, a verdade tomou as rúas compostelans para defender, baixo unha forte chuvia a lingua común, a lingua que nos identifica. Que tomen nota.

Galería Fotográfica

Fotos: CA21 - damch
_______________

Enlaces relacionados:

[Clicar acima da imaxe para entrar na Galería de Diapositivos de alta resolución]
[Fotos: suso 's Public Gallery ]

[Clicar acima da imaxe para entrar na Galería de Diapositivos de alta resolución]
[Fonte: Fuco Buxán 's Public Gallery]


Milleiros de persoas desafiaron hoxe a choiva durante unha manifestación convocada para que non haxa "nin un paso atrás" na normalización do idioma galego e no seu emprego no ensino e na vida cotiá.

A protesta, primeira de gran envergadura desde que o PP accedeu á Xunta, foi a "maior da historia" en defensa do galego, proclamou ante os miles de congregados na Praza da Quintana Carlos Callón, presidente d'A Mesa Pola Normalización Lingüística, organizadora da manifestación, que contou co apoio de numerosos colectivos sociais e forzas nacionalistas como o BNG.

Ao mediodía, os manifestantes saíron desde a Alameda compostelá nun acto festivo que contou con gaiteiros, zancudos e cánticos en favor do idioma galego e a súa protección.

Os manifestantes portaron pancartas e corearon consignas como "chova ou faga vento, galego sempre"; "En Galiza, en galego" ou "Temos lingua, temos dereitos" ou "Onde están, que non ven, os bilingües do PP".

Ao chegar á praza da Quintana, aínda quedaba unha multitude saíndo da Alameda, cando xa se lía o manifesto en apoio da lingua, que solicitou máis de vinte mil firmas de cidadáns e foi subscrito por máis de 300 colectivos sociais, pedagóxicos, políticos ou sindicais.

A proclama da MNL en favor do idioma foi lida por Callón e por representantes da vida política e cultural, como as escritoras Yolanda Castiñeiro ou Teresa Moure, o xurista Nemesio Barxa ou o histórico galeguista Avelino Pousa Antelo, de 95 anos.

O histórico dirixente galeguista, que desde os anos 30 está "en todas as batallas" en favor do idioma, apuntou Callón, sinalou ante a multitude: "Por todos os que estades aquí, Galiza non morrerá, o galego non morrerá".

Pola súa banda, Carlos Callón reclamou ao PP que "tome nota" do numerosa que foi a manifestación e insistiu en que se volverán a convocar protestas cando se ataque o idioma galego.

O presidente da MNL apuntou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que gañar as eleccións non supón que "as mentiras se fagan realidade", e insistiu en que o galego se atopa en inferioridade de condicións respecto ao castelán.

Acusou ao xefe do Executivo de pór a man no corazón para simbolizar o seu defensa do galego cando, dixo, foi el quen "levantou a bandeira do odio contra o galego".

Antes de que comezase o acto, Callón xa advertiu de que, coa protesta, tamén de que o acto pretende "darlle unha mensaxe evidente" ao novo Goberno de Alberto Núñez Feijóo, de que o consenso sobre a lingua reclamado polo presidente "xa existe, e a inmensa maioría da sociedade galega non vai pasar por ningún paso atrás en defensa da nosa lingua".

Carlos Callón referiuse á polémica en torno ao decreto do galego no ensino, que obriga a que se impartan a metade de materias como mínimo neste idioma, e que Núñez Feijóo prometeu derrogar en campaña electoral.

Este decreto, dixo, está apoiado pola maior parte do sector educativo e movementos de renovación pedagóxica, polo que insistiu en que existe consenso e é necesario que o PP regrese a el.

Tamén respondeu ás palabras do presidente galego, que apuntou que hai quen se quere apropiar do idioma, o que considerou "cinismo". A este respecto, demandou do xefe do Executivo "que se apropie do galego, que é a lingua propia de Galiza, porque así o di o Estatuto de Galiza".

Pola súa banda, o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, que tamén acudiu ao acto xunto a outros dirixentes nacionalistas, apuntou que os miles de galegos que hoxe acoden á manifestación "dicímoslle ao PP que ten que dar marcha atrás á política que pretende levar adiante de acabar definitivamente co galego como idioma natural do noso país".

Finalmente, pediu ao presidente "que tome nota" do acto de hoxe para que comece facer unha política acorde coa realidade de Galiza, e pediulle que "modere esas posicións radicais" contra a lingua.

Fonte: Público - Axencias
________________

sábado, maio 16, 2009

Homenagem a Rosalía de Castro e defesa da Língua diante das anunciadas políticas contra o Galego da direita no novo governo da Xunta de Galicia

[Clicar acima da imagem para entrar na Galeria de Diapositivos a grande resoluçom]
[Achegada pola A.C. Fuco Buxan]

Hoje véspera da grande mobilizaçom nacional que vai ter lugar em Compostela, manhá Domingo 17 de Maio 2009, tivo lugar, em Ferrol, um acto aberto e unitário a prol da língua na praça Rosalia, no bairro de Sam Xoán-Bertón. Praça simbólica que leva o nome da nossa Poetisa Nacional "Rosalia de Castro". Esta Praça de significado simbolismo está destinada a converter-se, no lugar da convivência, da uniom, da luita de todas as pessoas boas e generosas que estám dispostas a defender a nossa língua.

Na praça, às 12 do meio-dia, juntaram-se um número importante de pessoas do movimento social, vizinhal e representantes de diversas entidades culturais da cidade. Estiverom presentes gente do Ateneo Ferrolán, da A.V. "Fontelonga" de Esteiro, da Fundaçom Artábria, da A.V. "O Rosario" do Inferniño, do Toxos e Flores, do Colectivo Ártabra 21, d'A Mesa Pola Normalización Linguística, ... e do nosso Colectivo "A Revolta". Intervinherom: Pili Ces, Carlos Outeiro, Joam López, Vitor Agulló, Rebeca e Pim Patinho.

A música das gaitas e percussom acompanhou o acto, assim como a presência de maiores e crianças com o traje tradicional. As intervençons mostrárom a diversidade do movimento que defende a língua na nossa cidade, houvo quem leu o seu próprio manifesto, quem recitou umhas poesias, quem leu textos, quem fixo reflexons e tivo palavras para lembrar aos que nos deixaram, quem chamou a unidade de todas e todos na defesa da nossa língua, quem convocou à manifestaçom d'A Mesa pela Normalização Linguística e quem convocou à manifestaçom da plataforma Galego Sempre Mais, mas o espírito e a vontade da luita na denfesa da nossa língua nacional, da língua própria da Galiza, foi o que realmente nos uniu. O acto rematou com a música e o canto do Hino da Galiza.

Galería Fotográfica do Acto


Fotos: Mel Sanxoán

Enviado por:
Colectivo A Revolta
-a.revolta.de.trasancos@gmail.com-
16 de maio de 2009 21:07


Colectivo Sociocultural "A Revolta" da Terra de Trasancos

http://a-revolta-de-trasancos.blogspot.com
________________