venres, outubro 22, 2010

O Comité de Peticións do Parlamento Europeo vai tratar o vindeiro 25 de Outubro a denuncia contra Reganosa, presentada polo Comité Cidadán en Novembro de 2007


O Comité de Peticións do Parlamento Europeo vai tratar o vindeiro 25 de Outubro de 2010, a denuncia [Petición Nº 1322/2007] contra Reganosa, que por casualidades da vida coincide co mesmo día no que se reune a Xunta de Accionistas de Reganosa, para tratar sobre o cambio accionarial previsto.

O pasado 23 de Febreiro de 2010, nunha das súas reunións Plenarias a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo aceptou a ampliación das denuncias que, contra a Planta Regasificadora que a compañia Reganosa ten en Mugardos, foron presentadas por Esquerda Unida e polo  Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.


A manipulación de "demasiados" medios de comunicación

Naqueles días, e por máis de tres meses, informacións interesadas [de prensa, radio e TV] daban por finiquitada e arquivada a denuncia do movimento cidadán opositor á planta de gas, difundidas, nun pincipio, por algún medio de comunicación, logo quedara claro que a denuncia seguía vixente, "incrementada agora con novos datos que demostraban o perigo das instalacións de Reganosa localizadas no interior da Ría e as falsidades cometidas polos seus promotores en aras a xustificar a súa instalación e a súa solicitude de ampliación".


A nova reunión do plenario do comité de Peticións

Hoxe 21 de Outubro de 2010, pola mañá ás 11:52, o Comité de Peticións publicaba a última actualización da orde do día [ASP A3G-2] da xunta plenaria que vai ter lugar o vindeiro Luns 25 de Outubro ás 3 da tarde en Bruselas. Na citada orde do día, no ponto 37 coa referencia 429,587/REV - CM, van tratar o asunto da petición Nº 1322/2007 formulada porpor Yolanda Díaz Pérez, no nome da Esquerda Unida de Galicia, Jesús Ignacio Caselas Pérez, no nome da Federación de AAVV da zona urbana de Ferrol "Roi Xordo", tendo outras 4 sinaturas e Bernardo Bastida Sixto, no nome da Confraría de Pescadores de Ferrol sobre a instalación da planta de regaseificación de Mugardos.


Un pouco de historia

Esta Petición [N ° 1322/2007] fora formulada en Novembro de 2007, mais admitida a trámite o 7 de Maio de 2009. No seu momento a Comisión de Peticións pideu, daquela, á Comisión Europea que facilitara información (artígo 202, apartado 6, do Regulamento do Parlamento Europeo) e esta respostou o 25 de Setembro de 2009, cun Informe con proposta de resolución que a Comisión de Peticións transcribeu nun documento en forma de "COMUNICACIÓN AOS MEMBROS" [http://www.europarl.europa.eu/meetdocs/2009_2014/documents/peti/cm/742/742551/742551es.pdf], para tratar no Plenario da Comisión de Peticións. Nun principio o asunto ía-se tratar no Plenario celebrado o 1 e o 2 de Decembro de 2009, máis quedou adiado para o seguinte Plenario a celebrar o 27 Xaneiro de 2010, mais xa non figuraba no Documento de Traballo para o citado Plenario, polo que quedou adiado o asunto para o seguinte que se celebrou, en Bruxelas, o xa citado 23 de Febreiro, asunto que figura no ponto 10 da orde do día e referencia 429.587 CM [http://www.europarl.europa.eu/meetdocs/2009_2014/organes/peti/peti_20100127_1500.htm]. Agora despois de varios meses retoman o sunto que como xa mencionamos, vai-se tratar na reunión plenaria do vindeiro Luns 25 de Outubro de 2010.


A ampliación da nosa denuncia

Na reunión plenaria do Comité de Peticións do Parlamento Europeo, celebrada o 23 de Febreiro de 2010, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, a través dalgunhas das organizacións que o representan, xunto a Esquerda Unida, presentou nova documentación para avalar o seu argumentario contra o despropósito gasístico que representa Reganosa que destrúe a xa depauperada Ría, e ameaza a vida e a seguridade das miles de persoas que vivimos e traballamos na súa contorna. A documentación presentada referia-se cuestións como:
  • Datos concernentes ao perigoso tránsito dos gaseiros, dos cales un 20% teñen que pospor a súa entrada pola meteoroloxía e as peculiares condicións naturais da nosa Ría.
  • Datos sobre o innecesario desta instalación que por falta de demanda está funcionando a un terzo da súa capacidade a pesar de deixar fóra de servizo o gaseoducto de Tui.
  • Carencia dun plan real de emerxencia, tanto para as instalacións como para os buques ante unha situación constante de intranquilidade e de perigo para a poboación, pola súa localización, pola súa situación frecuente de baixas existencias (sinalado varias veces polo Sistema Gasístico) e pola imposibilidade a que os gaseros pódense enfrontar para entrar na ría ou saír dela en caso de urxencia.
  • A todo isto engádese o dano ecolóxico producido á ría cos sistemas empregados para a regasificación e a perda de postos de traballo que iso a medio prazo leva.

A proposta da Comisión ao Comité de Peticións [Novo Informe]

A esta reunión o Comité de Peticións presenta como xa fixera na reunión do pasado 23 de Febreiro deste ano, un informe -con data do 2 de Setembro de 2010, Informe con proposta de resolución que a Comisión de Peticións transcribeu, como doutra vez, nun documento [CM\829635ES.doc - PE429.587v02-00], en forma de "COMUNICACIÓN AOS MEMBROS" [http://www.europarl.europa.eu/meetdocs/2009_2014/documents/peti/cm/829/829635/829635es.pdf]- elaborado polos relatores correspondentes designados pola Comisión Europea, onde non ten en conta os argumentos do Comité Cidadán de Emerxencia, e volta a reiterar as consideracións expostas no anterior informe de Setembro de 2009 contra os argumentos do Comité Cidadán, ademais considera que a "petición contén, así mesmo, unha serie de consideracións referentes a cuestións que non teñen cabida dentro do ámbito de aplicación da lexislación da UE, e que deberían exporse, no seu caso, ante os órganos administrativos ou xudiciais españois competentes". [Acceder ao novo Informe Completo]


O Comité Cidadán teima na súa denuncia

O Comité Cidadán de Emerxencia vai seguir demandando, na reunión plenaria do Comité de Peticións -a través de quen o represente, "a paralización da Planta, polo seu perigo evidente e polo custo económico innecesario para toda a cidadanía que se está mantendo, exclusivamente para beneficio dos seus promotores, coa complicidade das autoridades estatais, autonómicas e locais".
__________________________

xoves, outubro 21, 2010

Este Venres 22 de Outubro Verdegaia presenta en Ferrol "Urbanismo e Corrupción" co arquitecto - urbanista Xosé Santiago Allegue Fernández

  Verdegaia Ferrol organiza unha charla baixo o título:

URBANISMO E CORRUPCIÓN

Segundo Francesco Kjellberg, a corrupción é unha quebra das normas legais ou das normas éticas non escritas relativas a como se debe exercer o servicio público, para proporcionar servicios ou beneficios a certos grupos ou cidadáns de forma oculta, con vontade de ganancia directa ou indirecta. Sen embargo, a quebra destas normas conta cun apoio social xeneralizado.

 Tomando como punto de partida esta definición, Xosé Santiago Allegue Fernández profundiza nas consecuencias deste tipo de prácticas no marco do estado español: a destrución do territorio e o patrimonio arquitectónico e natural; a mala xestión dos bens públicos; a devaluación democrática ou a perda de calidade de vida da cidadanía.

Charla a cargo de Xosé Santiago Allegue Fernández, arquitecto.

Data: 22 de Outubro 2010 - Venres.

Hora: 20.00 h.

Lugar: Fundaçom Artábria , Travesa de Batallóns, nº 7  Ferrol

Máis información: 690 612 737

Enviado por:
Verdegaia
ferrol@verdegaia.org
16 de outubro de 2010 13:03

_____________________

Interesantisimo Documentario sobre a mineiría en Chile relacionado cos 33 mineiros rescatados hai uns días

Sobrevivindo á mineiría en Chile
[Sobreviviendo a la minería en Chile] Outubro 2010 TeleSur
Non deixar de ver este documentario



Fonte: http://multimedia.telesurtv.net//13/10/2010/18162/sobreviviendo-a-la-mineria-en-chile/
____________________________

Hoxe Xoves, 21 de Outubro, a Asociación Veciñal de Esteiro presenta a segunda parte de "Novecento" nos cines Dúplex

Xoves 21 de Outubro: "Novecento" nos Dúplex de Esteiro - Entrada de balde.

O ciclo de cine que organiza nos Dúplex, de Esteiro - Ferrol, a Asociación Veciñal de Esteiro continúa este xoves 21 de Outubro, coa proxección, ás 20:30 horas, da segunda parte da película "Novecento", de Bernardo Bertolucci e con música de Ennio Morricone que conta cunha repartición no que destacan nomes como os de Gerard Depardieu, Robert de Niro, Donald Sutherland ou Burt Lancaster.

Encargarase de presentar a película o profesor, e crítico José Torregrosa.

O filme, de 1976 e cunha duración total de 314 minutos, atravesa a Italia de boa parte do século XX a través de dous homes que nacen en 1900, nunha familia de terratenientes e nunha de braceros, respectivamente. A súa posición respecto da situación política e social do país, sobre todo en relación co fascismo, centra o contido dun traballo encomiado pola crítica.

A entrada ás proxeccións deste ciclo social é gratuíta. A iniciativa, xa unha tradición no barrio, comezou con "A revolta permanent" que fué presentada por Xesus Díaz Suarez, coa primeira parte de "Novecento", presentada polo catedrático Xosé M Dobarro e continuará o 28 de outubro con "Chovendo pedras" do realizador británico Ken Loach que será presentanda por Carlos Neira Suárez.

A esta proposta seguirá un ciclo de cine e sanidade, en novembro, coas películas "American Cuisine", de Jean-Yves Pitoun; "Máis pena que gloria", de Víctor García León; "Un lugar no mundo", de Adolfo Aristarain; e "Eu, tamén", de Álvaro Pastor e Antonio Naharro.

--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492

www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es


Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
20 de outubro de 2010 17:24
_______________________

mércores, outubro 20, 2010

Conferencia Juan Torres : "¿Están en perigo as pensións públicas?" - Hoxe Mércores 21 de Outubro

Organizada pola A.C. Fuco Buxán

Mércores 20 de Outubo 2010, ás 20,00 hs
na Fundación Caixa Galicia no Cantón de Molíns - Ferrol

Conferencia - Coloquio e presentación do libro

"¿Están en perigo as pensións públicas?"

Presenta: Manuel Rodríguez Carballeira Presidente de Fuco Buxán

Intervén:
Juan Torres López
Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Sevilla e membro de ATTAC

Entrada libre ata completar aforo.

--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

Enviado por:

Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
16 de Outubro de 2010 23:16
__________________________

"Coma nenos píos con disfrace de mártir", artigo censurado en Galicia-Hoxe por presións do Arzobispo de Santiago

Artigo censurado en Galicia-Hoxe
Xunto artigo publicado (coa foto que ilustraba o mesmo) no Galicia Hoxe (El Correo Gallego) que por presións do Arzobispo de Santiago foi retirado da páxina web deste xornal, xa que nom se enteraron a tempo da publicación en papel e nom poideron parar a edición, si que conqueriron censurar o arquivo de internet dos artigos, do que desapareceu este. Para a Editorial do xornal (xa sabemos o que é e a quen defende El Correo Gallego) o artigo xamais existiu. Constame que ao xornalista (magnifico articulista e con boisimos artigos que a pesar de estar feitos dende unha posición de esquerdas e nacionalista nunca antes fora censurado) estanlle mandando correos insultantes e de amenazas persoais. A igrexa catolica non permite lle toquen un pelo a "súa santidade" e os tempos da Inquisición seguen moi vivos para alguns. Si podes lee o artigo censurado e podes mandarlle un correo de animo e apoio a Fran.

franpl@galicia-hoxe.com

Si queres leer máis artigos de Fran P. Lorenzo podes facelo entrando na páxina de Galicia-Hoxe.com e indo ao seu blog "Vai de Blog ".

Contra a censura e a manipulación informativa.
Xoan Carlos Ansia
19 de Outubro de 2010


Coma nenos píos con disfrace de mártir


Por Fran P. Lorenzo

As minorías, sempre despreciadas por Feijóo, van sufragar cos seus cartos a diatriba papal

Despois de séculos de dominación, a Igrexa Católica aínda non se decatou de que o sincretismo relixioso que practica a galega xente non é un estrago calculado da súa doutrina apostólica e romana senón unha creación propia e singular deste pobo, unha máis. Santiago de Compostela é, nese sentido, un fecundo resultado da batalla histórica entre a ortodoxia vaticana e o paganismo local. Tamén o Camiño. Por iso todas as tentativas de reducir a espiritualidade dese roteiro á expresión unívoca dunha suprema fe en Deus son unha manobra avesa, calculada, para capitalizar un símbolo cultural e humano de Europa, patrimonio de todos así recoñecido. Neste sentido a visita do papa Bieito XVI a Compostela deixa fóra desta celebración aos milleiros de cidadáns que non profesan a relixión católica nin lle teñen lei a un dos patriarcas eclesiásticos que máis ten feito por estigmatizar e arredar do seo da Igrexa aos que non asumen a súa fundamentalista visión da fe e as súas teses retrógradas e lesivas, alérxicas ao tempo no que vivimos.

O desembarco papal non iría máis alá da descortesía política coas minorías que non o aturan a súa presenza se non fora porque esas minorías –máis ou menos masivas, pero sempre despreciadas por Núñez Feijóo– contribúen cos seus cartiños a sufragaren a inminente diatriba papal, disfrazada de mensaxe de amor.

O pasado domingo, nos diferentes oficios celebrados nas parroquias galegas, os cregos xa lle esixiron á freguesía o correspondente imposto revolucionario. A golpe de cepillo, como adoitan facer. Poida que a vontade das ovellas fora substraída polos seus pastores pero ese, sinceramente, non é problema dos que non pertencemos á secta; menos aínda daqueles que nin sequera aspiramos a mudar o eivado rumbo moral da institución. Se os practicantes queren poñer dez euros ou vinte do seu peto para avalaren a operación de márqueting da Xunta de Galicia e coroar un Xacobeo só grande en cifra de turistas, pois adiante. Pero non é admisíbel que ese saqueo millonario das arcas públicas se produza sin consulta previa, amparándose no suposto beneficio que lle reportará á cidade de Santiago a invasión das hordas católicas .

Haberá máis efectos colaterais no decorrer desta visita fetichista e pirotécnica do Papa. A suspensión do espazo civil, a clausura da libre circulación e o desenvolvemento dun estado de sitio efectivo, entre eles. Controis policiais, restrición do tráfico e rexistros domiciliares, incluídos, que afectarán singularmente a todas e todos aqueles cuxa vontade e albedrío van ser vulnerados en aras dun rédito político que, con iso contan os organizadores do sarao, beneficiará a todos os persoeiros que teñan acceso á fotografía oficial.

O alleamento da Igrexa Católica é un feito e velaquí temos un Goberno que subvenciona as proclamas delirantes e as bombas de racimo dialécticas da Conferencia Episcopal Española. Os bispos, os que concelebrarán a eucaristía express do Obradoiro, pedíanlle onte os cativos que na noite de Halloween –o Samaín céltico, a véspera de Todos os Santos– vistan precisamente de idem, de santos, e non de meigas, nin de zombies, nin de caveiras, para "estimular" a vida cristiá e loitar contra o profano desta celebración tan pouco pedagóxica. Propoño outros estilismos ben máis edificantes e píos: unha Santa Águeda cos peitos cortados encima dunha bandexa, unha virxe romana violada, un San Lourenzo con queimaduras de terceiro grao, ou un San Sebastián, cuberto de plasma e de saetas. Se é certo que o sangue dos mártires é semente da vida cristiá, non sei a que agardan eses pequenos para se sumaren á festa.

franpl@galicia-hoxe.com

Fonte: Vai de Blog

Enviado por:
xoan carlos ansia
-xancarlosansia@gmail.com-
19 de outubro de 2010 18:08

_____________________

domingo, outubro 17, 2010

17 de Outubro - Actividades en Vigo no encerramento da 3ª Acción Internacional


Na Coordinadora Nacional Galega levamos varios meses realizando diversas actividades e encontros a nivel local e nacional para divulgar os valores de traballo en rede das mulleres contra a violencia machista e pola paz e desarme, así como para preparar o momento mais importante da III Acción Internacional, no próximo domingo, 17 de Outubro a partir das 11:30 horas.

Nesta data, conscientes das accións e mobilizacións simultáneas das nosas irmás en todo o mundo, as mulleres galegas unirémonos ás celebracións coas seguintes actividades:

- Realizaremos a nosa Acción Nacional Galega en Vigo (Pontevedra), con diversas actividades, exposicións e obradoiros, que terán como eixe central a constitución dun Tribunal de Acusación, a través do cal visibilizaremos e denunciaremos a situación que están vivindo as mulleres na RD do Congo.

- Enviaremos dúas delegadas galegas a participar na Mobilización Internacional en Sud Kivu (RD Congo) na que se espera asistan mais de 1000 mulleres de todo o mundo, especialmente da zona dos Grandes Lagos e resto de África.


PROGRAMACIÓN EN VIGO.
11:30 horas: Obradoiros e exposicións
12:30 horas: Tribunal de Acusación
14:00 horas: Actuación de Tanxedoras


Esperamos poder contar contadas vós.

Mulleres en marcha, ata que todas sexamos libres!


Que é a Marcha ?

A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Enlaces de interese:

______________________

As organizacións ecoloxistas fan público o seu posicionamento histórico sobre as centrais térmicas que queiman carbón


Sen esquecer o particular factor humano do conflicto, demandando solucións económicas, sociais e laborais para todas as persoas que poideran ser afectadas, unha parte moi importante do ecoloxismo galego fixa as súas coerentes posicións diante dun conflicto tan manipulado como é o do asunto do carbón e as centrais térmicas.

Non temos a menor dúbida de que detrás da verdadeira problemática dunhas persoas que ven perigar o seu posto de traballo, traballadores e traballadoras, sexan autónomas ou asalariadas, esconden-se os intereses partidistas  do PP, PSOE e BNG que a lian, diante da importante repercusión mediática, para ver quen queda como o "verdadeiro defensor dos nosos" e rabuñar uns cantos votos, moi necesarios para decidir o controlo das deputacións provinciais e dalgunhas grandes cidades e vilas.

Hai outros intereses ainda máis ocultos, os das verdadeiras responsabeis, que son as operadoras eléctricas, empresas transnacionais [Enel - Endesa, Gas Natural Fenosa, ...], donas das centrais térmicas. Estas o único que buscan é o maior negocio, importa-lles un pemento os postos de traballo, o importante para elas son as contas de resultados ao final do exercicio económico. Estas son as que terían a obriga de dar solucións e garantir os postos de traballo, logo dos miles e miles de millóns de euros de beneficios que levan tirado da explotación mineira e da queima de carbón, tanto autóctono como de importación. Endesa deixa-nos unha herdanza envelenada, unha vila depauperada, o Río Eume sobrexplotado e moi deteriorado, un problemático lago artificial, a saúde das persoas, da terra e do medio ambiente moi mermada, dous portos carboeiros [un dentro da Ría e outro na bocana] que empobrecen a Ría de Ferrol, enormes cantidades de CO2, responsábel do quecemento global;  dióxido de xofre e óxidos de nitróxeno, responsábeis da formación da “choiva ácida; particulas responsabeis das enfermidades respitatorias; ... emitidas ao ambiente ... 

A Xunta de Galicia e o PP ademais, coinciden no seu interese de "canta máis merda contra o goberno Zapatero mellor", porque o seu desembarco na Moncloa será máis doado. 

Demasiadas veces coinciden xa os intereses de certas posturas sindicais cos intereses das grandes operadoras eléctricas [?].

Desde a nosa opinión, unha postura política de esquerdas e a dunhas centrais sindicais que se autodenominen de clase, debería estar demandando o paso ao sector público de todo o sector da enerxía, tanto a producción como a distribución. Esta debería ser "decrecista" e apoiar en todo momento que as únicas enerxías defendíbeis son as enerxías renovábeis e a que non se consume. Polo que se debería camiñar dunha maneira gradual, mais o máis axiña posíbel, nese sentido. Demandar unha reconversión das persoas que dependan da actividade da térmica a outra actividade económica substentábel. Defender que a queima de carbón non ten cabida na Galiza do futuro.


As principais organizacións de defensa ambiental galegas, presentaron o manifesto “Dez razóns para pechar as térmicas de carbón”, no que se opoñen ao decreto estatal que favorece a queima de carbón español nas centrais térmicas, mais non porque prexudique as centrais galegas de Meirama e As Pontes -que usan só carbón importado desde 2008- senón porque o carbón é o combustible fósil máis contaminante. A substitución da electricidade sucia do carbón debería ser a prioridade número un da loita contra a mudanza climática e pola sustentabilidade.

DEZ RAZÓNS PARA PECHAR AS TÉRMICAS DE CARBÓN

As organizacións e persoas asinantes opómonos ao decreto estatal que favorece a queima de carbón español nas centrais térmicas, mais non porque prexudique as centrais de Meirama (GAS NATURAL FENOSA) e As Pontes (ENDESA), que usan só carbón importado desde 2008. Rexeitámolo porque o carbón é o combustible fósil máis contaminante, o primeiro que habería que substituír. Por iso, non queremos en ningún lugar centrais térmicas que xeren electricidade sucia a partir de carbón. En Galicia tampouco. Eis dez boas razóns para pechar canto antes as centrais térmicas de carbón das Pontes e de Meirama:

1. Son enormes fábricas de cambio climático. Con moita diferenza, son as centrais eléctricas máis intensivas en emisións de dióxido de carbono (CO2), o principal gas causante da mudanza climática, o problema socioambiental global máis preocupante, do que Galicia tampouco se libra. Durante 2009 emitiron 0,9 toneladas de CO2 por MWh de electricidade xerado, dúas veces e media máis que as centrais de ciclo combinado. O uso exclusivo de carbón de importación a partir de 2008, logo do esgotamento das minas situadas ao seu pé, diminuiu as emisións directas un 13%, pero incrementou as indirectas debidas ao transporte do carbón.

2. Incrementan a débeda de carbono. Unha débeda ignorada e non recoñecida, que contraemos cos países empobrecidos polo noso exceso de emisións de CO2 e outros gases causantes da crise climática, que ameaza sobre todo aos países máis desfavorecidos. As emisións anuais por habitante de Galicia (10,6 toneladas en 2008) son insustentables e moi superiores ás emisións medias mundiais. Durante 2008, último ano para o que hai datos oficiais, case o 25 % das emisións galegas procederon da xeración de electricidade con carbón, que foi a maior fonte de todas.

3. A minería de carbón pode ser moi destrutiva. A extracción de lignito nas minas das Pontes e de Meirama ten provocado un impacto brutal. Agora estamos a externalizar esa destrución, trasladándoa a países como Indonesia, un dos estados do mundo máis ricos en diversidade biolóxica.

4. Elevan a pegada ecolóxica. Coma o resto dos países chamados desenvolvidos, Galicia consome recursos naturais e xera residuos moi por riba do que lle correspondería pola súa poboación, axudando a exceder a biocapacidade renovable do planeta. A iso contribúen de xeito moi destacado as emisións de CO2 das centrais térmicas de carbón, parte de cuxa produción expórtase ao resto da Península Ibérica, co cal estamos a “importar” emisións de CO2 e outros impactos asociados ao consumo eléctrico fóra de Galicia.

5. Deterioran a calidade do aire. A pesar da diminución das emisións atmosféricas como resultado do uso de carbón de importación menos contaminante, non debemos perder de vista que as centrais térmicas de carbón seguen sendo as principais fontes en Galicia para varios contaminantes diferentes do CO2 con efectos a escala local. Durante 2009 superáronse valores recomendados pola Organización Mundial da Saúde (OMS) para concentracións no aire de dous dos principais contaminantes nas áreas de influencia destas centrais: ozono troposférico (As Pontes) e partículas (Meirama).

6. A descarga e o transporte do carbón degradan o ambiente. Minimizar a exposición da poboación ás molestias asociadas á descarga do carbón para as térmicas foi un dos principais motivos invocados para a construción dos impactantes e custosísimos portos exteriores de Ferrol e A Coruña (separados a penas 17 km). A descarga do carbón en porto, e o seu transporte até as centrais (en camións, no caso das Pontes) xera contaminación atmosférica e acústica. A pesar da construción da “Medusa” no porto da Coruña para minimizar o impacto no aire das descargas de carbón, no barrio próximo dos Castros superouse durante 2009 o valor medio anual de presenza de partículas no aire recomendado pola OMS.

7. Acentúan a dependencia enerxética externa. Galicia depende moitísimo da importación de materias primas enerxéticas (máis do 99% destas son combustibles fósiles: carbón, petróleo e gas natural). Esta dependencia enerxética externa acentouse aínda máis desde que as térmicas usan só carbón de importación, pasando do 77,3% da enerxía primaria en 2007 ao 86,2% en 2008.

8. Son moi ineficientes. As centrais térmicas de carbón, responsables dun 15% do consumo de enerxía primaria en 2008, presentan un rendemento de tan só o 37% na transformación da enerxía primaria do carbón en electricidade. É dicir, consomen en forma de carbón perto de tres veces máis enerxía da que obteñen en forma de electricidade. Substituír totalmente a electricidade do carbón por electricidade renovable, ou incluso pola procedente de ciclos combinados a gas natural (cun rendemento do 50%), suporía un importante aforro de enerxía primaria.

9. Son innecesarias para atender o consumo eléctrico galego. As mudanzas operadas no “mix eléctrico” galego durante os últimos anos (crecemento da eólica, ciclos combinados) fixo que durante 2009 a electricidade xerada polas térmicas de carbón (7.433 GWh) fose só un pouco superior á exportada a Portugal e ao resto do Estado español (6.760 GWh). Para satisfacer só o consumo eléctrico galego, hoxe estariamos en condicións de prescindir a curto prazo das térmicas de carbón.

10. É mellor un modelo enerxético sen carbón. Se non se parte de visións condicionadas por intereses particulares e a curto prazo, estamos convencidos de que a opción enerxética máis vantaxosa desde o punto de vista social e ambiental é decrecer o consumo de enerxía e expandir as renovables de xeito respectuoso co territorio, de forma que poidamos prescindir canto antes dos combustibles fósiles, comezando polo máis sucio, o carbón. Canto maior sexa a achega do carbón, máis sucia e máis ineficiente será a produción de electricidade.

Se aspiramos realmente a unha Galicia sustentable e solidaria, non se pode defender calquera actividade económica e o emprego polo emprego, independentemente das consecuencias socioambientais a escala galega e global, e a curto e a longo prazo. Por suposto, é necesario considerar os prexuízos sociais que conlevaría o peche definitivo das térmicas de carbón e encaralos eficazmente a través de medidas de protección social, de formación e de xeración de alternativas sustentables de emprego. Estamos certos de que unha transición -xusta para os traballadores e traballadoras e para as comarcas afectadas negativamente- cara a un modelo enerxético sustentable, baseado no aforro e nas renovables, suporía grandes beneficios para o conxunto da sociedade, tamén no eido do emprego. Os intereses de dúas multinacionais enerxéticas, ou uns centos de empregos, non deberían ser un impedimento para pechar as industrias galegas máis insustentables.

Amigos da Terra, Ecoloxistas en Acción, Federación Ecoloxista Galega (FEG) [1], Greenpeace, Rede Galiza non se Vende (GNSV) [2] Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) e Verdegaia.

[1] A FEG está formada por Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Asociación para a Defensa da Natureza do Condado (ADENCO), Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR), Asemblea do Suído, Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES), Coto do Frade, Guerrilleiros das Fragas, Grupo Naturalista Hábitat, Luita Verde, Movemento Ecoloxista da Limia (MEL), Naturviva, Néboa, Niño do Azor, Oureol, Vaipolorío, Verbo Xido, Verdegaia e Xevale.

[2] A rede GNSV está integrada por A Cova da Terra, A Fouce de Ouro, Agrupaçom de Montanha “Águas Limpas”, Amarante-Setem, Amigos da Terra , Anduxía - Plataforma para a conservación e rexeneración do litoral de Bueu, Arredemo, Assembleia aberta do local social Baiuca Vermelha, Asemblea do Suído, Asociación Cultural e Veciñal O Tombo de Ardán (Marín), Asociación pola defensa do Parque Rosalía de Lugo, Asociación O Carballal, Asociación Sagres, Associaçom Cultural A Gentalha do Pichel, Bouzas Móvete, Burla Negra, Caleidoskopio, Colectivo de acçom global Fugaemrede, Colectivo Arraianos, Colectivo Ártabra 21, Colectivo Berra Val Miñor, Comisión Veciñal contra a Macrodepuradora do Lagares, Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, Comité de Defensa das Rías Altas, Colectivo Nacionalista de Marín, Coordinadora de Crentes Galeg@s,C.S. A Revolta, C.S.A. Atreu, Drosera, Eirado, Erva, Federación Ecoloxista Galega, Foro Social de Cangas, Foro Social Temos Dereito a Saber “O Ribeiro”, Fundación Galicia Verde, Fundación Sen Esquencer, Fusquenlla, Grupo de Axitación Social (Vigo), Luita Verde, Maribolheras Precarias, O Fervedoiro, Ortigueira Sostible, Pallas@s en Rebeldía, Plataforma Cidadá “Cultura si, mausoleo non”, Plataforma Contra a Variante Interior de Noia, Plataforma Contra o Viaduto e a Variante de Outes, Plataforma Medioambiental de Corrubedo, Plataforma pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas, Plataforma pola Defensa da Ría de Ribadeo, Plataforma polo Desenvolvemento Socioeconómico de Chantada, Plataforma Veciñal de Mehá "O Cruceiro" (Mugardos), Rede de Dereitos Sociais, Redes Escarlata, Salvemos Monteferro, Sociedade Cultural e Desportiva do Condado, Sociedade Cultural Madia Leva!, SOS Courel, SOS Serra da Groba, Unión Libertaria, Verdegaia e Verduxo.

Asinantes a título individual:

Xosé Manuel Beiras (catedrático de Estrutura Económica da Universidade de Santiago), Lino Braxe (actor, director de teatro e escritor), Pedro Brufao (Profesor de Dereito Administrativo da Universidade de Estremadura, activista de defensa dos ríos), Quico Cadaval (actor e director de teatro), Francisco Castro (escritor e profesor), Lupe Ces (militante feminista), Comba Compay (actriz e xornalista), Xoán Ramón Doldán (profesor do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago e ex-director do Instituto Enerxético de Galicia da Xunta), Eduardo Estévez (escritor), García Mc (membro do Colectivo Hip Hop Dios Ke Te Crew), Guillerme Ignacio (músico), Suso Lista (actor e guionista), Francisco Macías (director de Edicións Positivas), Pablo Meira (profesor do Departamento de Teoría da Educación e membro do grupo de investigación Pedagoxía Social e Educación Ambiental da Universidade de Santiago), Olga Novo (poeta e ensaísta), Xacobe Meléndrez (fotógrafo), Víctor Mosqueira (actor), Marcos Helly Orsi (actor), Xabier Pontevedra (Profesor do Departamento de Edafoloxía da Universidade de Santiago), Manuel Rivas (escritor), Sechu Sende (escritor), Xavier Simón (profesor do Departamento de Economía Aplicada e membro do grupo de investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía da Universidade de Vigo), Paco Souto (poeta), Carlos Taibo (profesor do Departamento de Ciencia Política da Universidade Autónoma de Madrid), Ramón Varela (doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade Autónoma de Madrid, autor do libro “Contaminación atmosférica na Galiza” e ex-presidente de ADEGA), María Xosé Vázquez (profesora do Departamento de Economía Aplicada e membro do grupo de investigación Economía dos Recursos Naturais e Ambientais da Universidade de Vigo).
________________________

A posición oficial de ADEGA

Decreto do carbón: freo e marcha atrás na loita contra o cambio climático

O decreto que subvenciona a queima de carbón estatal é unha fraude á cidadanía e ao ambiente que pagaremos todos/as. A recente convalidadión por parte da Comisión Europea do decreto español 134/2010 de axudas ao carbón, que vai primar a queima de carbón estatal fronte ao importado e os ciclos combinados, é a confirmación do retroceso xeralizado das políticas activas de loita contra o cambio climático. A substitución da electricidade suxa do carbón, independentemente da procedencia deste, debería ser unha prioridade na loita contra o cambio climático. A normativa aprobada polo goberno español e refrendada pola CE non é máis que un subsidio encoberto ás térmicas máis contaminantes que contradí a estratexia “Europa 2020” e non garante o futuro dos traballadores do sector alén do 31 de decembro de 2014.

A fundamentación do goberno estatal para xustificar o trasvase de fondos públicos ás térmicas tampouco se sostén: garantir o subministro para evitar restricións enerxéticas é unha falsidade, xa que a medida só afecta au 9% da produción de electricidade da que o estado español é exportador neto! A realidade é que esta subvención encoberta, que favorece a unhas 10 térmicas de carbón garantindolles prioridade de acceso ao sistema e un prezo estábel e superior ao do mercado, só resposta a intereses políticos para evitar a conflitividade social nun sector chamado á reconversión urxente.

A decisión da CE sobre o decreto español do carbón bota tamén por terra a credibilidade e os compromisos ambientais da UE e de España, xa ben pouco críbeis. A contaminación e as emisións de CO2, óxidos de xofre e nitróxeno veranse incrementadas; os investimentos en eficiencia e enerxías renovabeis diminuirán, aumentando o paro nun sector emerxente, e a cidadanía acabará pagando por duplicado este agasallo do estado ás térmicas: primeiro mediante as subvencións directas e logo pola “recuperación” destas através da factura da luz, incluidas as compensacións ás eléctricas "perxudicadas".

ADEGA propón que cos cartos públicos entregados ás térmicas polo estado en época de crise e co aforro en mercar máis dereitos de emisión de CO2, deberiase afrontar a reconversión dun sector enerxético, o da minaría e as térmicas de carbón, insustentábel e obsoleto, apostando pola alternatividade, o aforro, a suficiencia e a eficiencia enerxética.

14.10.2010

Fonte: adega.info
_______________________

Posición da Delegación de Ferrol da SGHN

As compañeiras e compañeiros da Delegación de Ferrol da SGHN solicitan que fagamos pública a súa posición de descolgue co comunicado do movimento ecoloxista que a nivel nacional si asina a súa organización. De todos os xeitos desde Ártabra 21, nom podemos deixar de opinar sobre esta desvinculación, que ademais de acusar inxustamente ás organizacións asinates das "dez razóns" de apoiar o decreto do carbón, renega das súas obrigas como organización ecoloxista ou ambientalista, que debe en todo momento xunto ao resto do movimento ecoloxista pór en primeiro lugar, os obxectivos de sustentabilidade, só deste xeito poden ser úteis á sociedade á que pertencen, botando un pouco de luz, e facendo de contrapunto, onde as multinacionais, a ambición e o crecimento destrutor fan unha utilización interesada de dereitos humanos básicos, como é o direito ao traballo que eles mesmos vulneran todos os días co seu sistema económico e social.   

Desvinculación manifesto peche térmicas

A delegación de Ferrol da SGHN se desvincula do manifesto para pechar as térmicas de carbón.

1. É verdade que as centrais térmicas son causantes dunha grande contaminación atmosférica. Galiza ten potencial para cubrir as súas necesidades enerxéticas con enerxías sustentábeis


2. O paso de enerxías contaminantes a limpas debe ser gradual tendo primeiro que garantir alternativa laboral da toda xente ligada de algunha maneira a estas industrias e non ao revés.


3. A presentación nestes momentos deste manifesto é un apoio explícito ao decreto do carbón. Cando ademais con este decreto vaise apoiar a extracción de carbón mais contaminante (subvencionado por todos nos no recibo da luz), que se queimará en centrais menos eficientes.

Non queremos térmicas, queremos un pais limpo, respectuoso co medio ambiente e onde teñamos futuro nos e os nosos fillos, pero para ter futuro hai que traballar para poder comer e comer para poder vivir, os seres humanos tamén somos medio ambiente.

Delegación de Ferrol da SHGN
FERROL 15 de outubro de 2010
ferrol@sghn.org
_______________

Documentación:

O Chamado "Decreto do Carbón" modificado despois do visto bon da Comisión Europea.

Real Decreto 1221/2010, de 1 de outubro, polo que se modifica o Real Decreto 134/2010, de 12 de febreiro, polo que se establece o procedimento de resolución de restricións por garantía de subministración e modifica-se o Real Decreto 2019/1997, de 26 de decembro, polo que se organiza e regula o mercado de produción de enerxía eléctrica. BOE 239 do 2 de Outubro de 2010

En formato pdf:

http://www.boe.es/boe/dias/2010/10/02/pdfs/BOE-A-2010-15121.pdf

En formato web con análise xurídica:

http://www.boe.es/aeboe/consultas/bases_datos/doc.php?id=BOE-A-2010-15121

Información desde "La Moncloa":

O Goberno acelera a tramitación para a pronta posta en marcha do Real Decreto que prioriza o uso de carbón autóctono

Cerna nº 61 Revista de Ecoloxía e Medio Ambiente publicada por ADEGA:

  • Pode-se acceder a un artigo que é o resumo dun informe completo sobre "GRANDES CONTAMINANTES INDUSTRIAIS EN GALIZA", segundo o Rexistro Estatal de Emisións e Fontes Contaminantes, ou PRTR-España, que dende o ano 2008, veu a substituír ao anterior rexistro estatal iniciado no ano 2001 coñecido como EPER-España - Cómpre indicar que o PRTR atopa-se en constante evolución, e para este informe a súa consulta finalizou o 22 de Marzo de 2010.
  • Ficheiro en formato -pdf- o Artigo está entre a páxina 18 e a 21.
  • O Artigo é de Ramón Varela Díaz que foi presidente da Asociación Ecoloxista ADEGA.
http://adega.info/info/090121joomla/files/revista%20CERNA/CERNA_61.pdf
___________________________

Anuncian, para este Luns 18 de Outubro, a entrada do “LNG Benue” na Ría de Ferrol, cargado para Reganosa - O Comité Cidadán convoca unha nova Concentración Sonora de denuncia e protesta


Anuncian, para este Luns 18 de Outubro de 2010, a entrada na Ría de Ferrol, do buque gaseiro “LNG Benue”, -de máis de 285 metros de eslora, cargado con miles de toneladas de GNL-LNG para a ilegal e perigosa Reganosa. Diante deste feito o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha nova acción de denuncia e protesta, consistente nunha Concentración Sonora ás 7 da Tarde, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

O “LNG Benue”, supera en capacidade [145.700 m³], á capacidade permitida aos grandes buques para a entrada na Ría [140.000 m³], segundo as "Normas de Seguridade para a entrada, atraque, desatraque e saída de grandes buques gaseiros na Ría de Ferrol", acordadas o 27 de Abril de 2007, pola Capitanía Marítima de Ferrol - Dirección Xeral de Mariña Mercante - Secretaría Xeral de Transporte [Normas ás que se pode acceder através da web da Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao].

O “LNG Benue”, fai o buque 76 desde que en Maio de 2007 entrara o "Galicia Spirit". Unha vez máis, a descarga dun novo buque gaseiro, no peirao de Punta Promontorio en Mugardos, vai aumentar exponencialmente o perigo que de por si xa representa a localización da Planta de Gas dentro da Ría, encostada ao complexo químico de "Forestal del Atlántico" e a poucos metros de importantes núcleos de poboación. A maniobra de entrada na Ría e a descarga perante 24 horas do buque gaseiro na terminal de Reganosa, aumenta o potencial perigo da planta de gas.

Os intereses económicos e políticos dunha minoría voltan a primar por acima da seguridade e a vida de miles de persoas que moramos na contorna da Ría de Ferrol. Non nos cansaremos de repetir unha e mil veces máis que tal despropósito ten que acabar, non podermos permitir que unha planta de gas, perigosa e innecesaria, froito da corrupción, da especulación, da codicia... permaneza funcionando a poucos metros de onde traballamos e vivimos miles de persoas, ... ademais de deteriorar ainda máis a xa depauperada Ría.

Que se revoque a autorización de funcionamento e o desmantelamento da planta regasificadora é o noso obxectivo, e non pararemos até consegui-lo.

Características do buque:
Nome: LNG BENUE- Bandeira:Bermuda - Eslora:285,40 m - Manga:43,40 m - Calado: 12,37 m - Capacidade: 145.700 m³


CONCENTRACIÓN: LUNS 18 DE OUTUBRO, ÁS 7 DA TARDE, NA PRAZA AMADA GARCÍA DE FERROL, DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA DE GALICIA

¡DIFUNDE E PARTICIPA!

  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
15 de outubro de 2010 23:49
______________________________

venres, outubro 15, 2010

Mercadiño de Troco en Ferrol na Praza Vella, este Domingo 17 de Outubro pola mañá, mentres transcurre a Feira do Terceiro Domingo do Mes

[Mercadiño de Troco en Ferrol - Foto Kiko Delgado]

Este domingo día 17 de Outubro de 2010 hai Mercadiño de Troco en Ferrol, tal e como se vén celebrando cada dous Domingos, na Praza Vella no barrio de Ferrol Vello, desde as 11 da mañá.

O Mercadiño de Troco pretende ser unha alternativa ao consumismo polo que convidamos a todas as persoas que desexen trocar algo a que acudan á Praza Vella.

O valor das cousas é o que interesa, non o seu prezo. Algún obxecto que xa non necesitamos pode que alguén si o preci-se. Trocar significa menos residuos, menos contaminación, menos capitalismo.

Web do Mercadiño de Troco Permanente de Ferrol Terra:
http://www.trocaferrol.org/
_________________________

Audio e repotaxe fotográfica da Conferencia que "O Capitâo de Avril”, Otelo Saraiva de Carvalho, deu en Ferrol o pasado 8 de Outubro - Artigo de Xosé María Dobarro Paz

O pasado Venres 8 de Outubro de 2010, tivo lugar en Ferrol unha conferencia "A Revolución dos Cravos en primeira persoa" de Otelo Saraiva de Carvalho, organizada pola Asociación Cultural Lefre de Caldereta de Ferrol. Otelo Saraiva de Carvalho, "O Capitâo de Avril”, era o responsábel da comisión coordinadora do MFA, e foi el, quen dirixiu o movimento das tropas que acabaron coa ditadura en Portugal en 1974. O interesante acto realizou-se no Salón de actos que Fundación Caixa Galicia ten no Cantón de Ferrol, presentado por Bernardo Maiz Vázquez e Xosé Mª Dobarro Paz, ademáis de Manuel Alonso Varela "Manolo Bacallau", acto que tamén foi acompañado coa voz de María Manuela e a música de Xurxo Varela.

Lefre de Caldereta enviou-nos un audio que foi publicado no xornal dixital "Diario Liberdade" a reportaxe fotográfica é de Suso Pazos da AC Fuco Buxán.




Reportaxe Fotográfica:


Asociación Cultural Lefre de Caldereta
www.lefredecaldereta.com
lefre@lefredecaldereta.com



Información baseada na enviada por:

Lefre de Caldereta - Asociación Cultural
-lefre@lefredecaldereta.com-
15 de outubro de 2010 10:24
____________________

Enlace relacionado:

Ártabra 21: A Revolución dos Cravos en primeira persoa: Conferencia de Otelo Saraiva de Carvalho en Ferrol - Venres 8 de Outubro
__________________________

Cravos

Por Xosé María Dobarro Paz [*]
10.10.2010


Hai uns días, nesta quinta feira (xoves) pasada cumprín a sexta década da miña vida. Os azares da vida trouxéronme un inmenso regalo, poder compartir mesa e mantel –para só catro persoas– cun dos vultos –que din os portugueses– máis interesantes que deu a política mundial no século XX: Otelo Saraiva de Carvalho. Ó seu carón a muller que practicamente coñece de toda a vida: María Dina.
O cuarto comensal era Manolo Bacallao, lider incombustible da Asociación Cultural Lefre de Caldereta, organizadora dos actos arredor da persoa que meticulosamente organizou o “25 de Avril”, a “Revolução dos cravos” para botar abaixo a xa moi lonxincua ditadura portuguesa: o salazarismo, o caetanismo ... Evidentemente, non foi el só quen conseguiu esa xesta incruenta, única no mundo. Saraiva de Carvalho poderá ter moitos defectos –como temos todos os humanos–, mais o que non ten en absoluto é o do divismo. É por isto que, cando relata esa historia, fala de moita outra xente que ficou nun plano menor. A vida é así.

Aínda que nunca tiven –que saiba– parentes moi directos militares, a miña condición de nado e criado en Ferrol levoume, inexorablemente, a compartir mil vidas con xente relacionada con esa profesión. E coñezo de todo, como tamén sucede na miña de profesor. As miñas experiencias no exército –fun sarxento de milicias en vida de Franco– non foron especialmente gratas. En varias ocasións vía como me ían largar de alí pouco menos que condenado a galeras. A sorte e a habilidade dialéctica impediuno. E, como xa dixen, había de todo. Pola Academia de Infantería toledana, onde estiven catro meses de su-boficial, andaban oficiais profesionais que acabarían sendo detidos por formaren parte da Unión Democrática Militar. Lembro un par deles.

Daquela xa tivera lugar a “Revolução dos cravos” e o franquismo seguía nas súas. Como dixen antonte, na miña breve intervención na sede de Caixa Galicia, recordo, se como fose de hai catro días, un episodio acontecido en Ribeira poucas semanas despois da caída da ditadura en Portugal. Tivo lugar mentres se toma un algo antes dun xantar de voda.

O meu amigo de toda a vida Vicente Araguas e máis eu estabamos conversando e, por un casual, aparece por alí un seu tío –acho que nesa altura tenente coronel artilleiro, o mesmo corpo que Saraiva de Carvalho– e este sóltalle con toda a naturalidade do mundo algo así como: “A ver se seguimos o exemplo portugués”. Non sei se polo fragor da batalla (unha festa, uns viños, certo barullo ...) ou pola sorpresa o artilleiro ferrolán non respondeu. Fíxolle graza.
Fóra dos actos, falando con Saraiva de Carvalho descubrín que hai militares excepcionais. El é un paradigma. A súa muller, que o coñecía antes, manifestou que non gustara da súa decisión de seguir esa carreira. Mais que o asumira e acabara casando con el. E aí seguen felices xuntos. E agardemos que por moitos anos e con tanta lucidez.

Escoitar a un militar de carreira –aínda que xa lle tiñamos lidas moitas cousas– contar con tanta precisión, con tanto distanciamento (poderiamos dicir obxectividade), a historia dun proceso tan limpo e impresionante é un luxo.
E Lefre de Caldereta é o que nos brindou este inmenso pracer. Parabéns.

[*] Xosé María Dobarro Paz (Ferrol, 1950), é catedrático de Lingua e Literatura Galega na Universidade da Coruña.

Artigo publicado no "Diario de Ferrol"
_____________________________________

Fiz "O Mágico" este sábado, 16 de Outubro, na Fundaçom Artábria


Magia com Fiz este sábado na Fundaçom Artábria

Neste sábado 16 de Outubro, desde as 22h, contaremos no nosso Local Social [Travessa de Batalhons nº7 Esteiro -Ferrol  Telf 981369099] com a magia de Fiz "O Mágico". A entrada será de balde.

Lembramos que o próximo sábado 23 de Outubro celebrameros umha ceia de concraternizaçom no restaurante A trasanquesa de Sedes. Os bonos já estám disponíveis no balcom do Centro Social.

Sítio webda Fundaçom Artábria
http://www.artabria.net

Sítio web do festival da Terra e da Língua
http://www.artabria.net/festival
________________________________

domingo, outubro 10, 2010

EEUU pide perdon a Guatemala, por un experimento no que inoculou sífilis e gonorrea a case 700 persoas dese país

EEUU inoculou sífilis e gonorrea a prisioneiros e enfermos mentais de Guatemala

A inminente publicación dun estudo sobre como centos de presos, soldados e pacientes de hospitais psiquiátricos foron utilizados como cobayas humanas provocou que o Goberno de Estados Unidos pida perdón a Guatemala,...


... país no que se realizou o experimento entre 1946 e 1948. Médicos do servizo de saúde pública estadounidense infectaron con sífilis e gonorrea -sen o seu coñecemento ou consentimento- a 696 guatemaltecos para estudar os efectos desas enfermidades venéreas e como a penicilina podía combatelas, segundo o estudo de Susan Reverby, profesora da Universidade de Wellesley.

Onte, a secretaria de Estado norteamericana, Hillary Clinton, e a secretaria de Saúde, Kathleen Sebelius, ofreceron unha desculpa pública polas accións de EEUU. "O estudo conducido en Guatemala entre 1946-1948 de inocular enfermidades de transmisión sexual claramente carecía de ética", aseguraron Clinton e Sebelius nun comunicado conxunto. "A pesar de que estes actos ocorreron fai máis de 64 anos, estamos indignados polo simple feito de que semellante proxecto fose auspiciado polo sistema público de saúde de EEUU". Tanto a secretaria de Estado como a de Saúde concluíron: "Lamentamos profundamente que isto sucedese e pedimos perdón a todas as persoas que foron afectadas por tan horrendas prácticas".

O obxectivo do estudo dos anos corenta en Guatemala -que nunca chegou a publicarse- era buscar novas fórmulas para previr as enfermidades de transmisión sexual -gonorrea, sífilis, cancroide ou chancro branco- e produciuse nos albores do uso da penicilina e a necesidade do Goberno de EEUU de saber se este antibiótico era efectivo e ademais de curar podía previr a sífilis. Nos experimentos de Guatemala, utilizouse a prostitutas con gonorrea ou sífilis para contaxiar a presos de cárceres ou pacientes de manicomios. Pero cando se comprobou que eran moi poucos os homes que se contaxiaron, pasouse á inoculación directa, inxectando a bacteria da sífilis no pene, o brazo ou a cara dos 'conejillos de Indias'.

Os traballadores das institucións médicas ou penais tiñan coñecemento do experimento pero aos suxeitos do estudo nunca se lles informou do propósito do mesmo nin tampouco deron o seu consentimento. Segundo o estudo da profesora Reverby, a unha vasta maioría dos inoculados déuselles penicilina tras contraer a enfermidade aínda que non se sabe se alguén chegou a curarse ou recibiu un tratamento adecuado. Polo menos un paciente faleceu durante as probas aínda que non está claro se a morte debeuse á enfermidade ou a outros problemas médicos.

Un dos médicos de EEUU que formou parte do experimento humano en Guatemala foi o doutor John Cutler, funcionario do Servizo de Saúde Pública de EEUU e investigador clínico no proxecto de triste fama coñecido como 'Tuskegee', no cal por centos de cidadáns negros de Alabama que xa estaban contaxiados de sífilis negóuselles intencionadamente tratamento para que os médicos puidesen ver o desenvolvemento da enfermidade e sacar conclusións.

O presidente de Guatemala: "Son crimes de lesa humanidade"

O presidente de Guatemala, Álvaro Colom, cualificou hoxe de "horribles" e de "crimes de lesa humanidade" os experimentos feitos por Estados Unidos entre 1946 e 1948, que infectaron intencionalmente a guatemaltecos con sífilis e gonorrea, e polos cales Wáshington pediu perdón este venres.

O gobernante asegurou que se realizará unha "profunda investigación" dos feitos que afectaron a máis de 1.500 guatemaltecos, adiantou que se analiza presentar unha denuncia para esixir un resarcimiento ao país, e recoñeceu a "hidalguía" da Casa Branca ao pedir perdón. Segundo Colom, as vítimas desas "prácticas antiéticas" e "deleznables" foron na súa maioría soldados, presos, prostitutas e enfermos mentais.

O mandatario ordenou aos seus ministros de Saúde, Defensa e Gobernación, "situar" e "resgardar" os arquivos dos anos en que ocorreron os feitos, os cales servirán de base para "realizar unha investigación" xunto co goberno estadounidense. Ademais dixo estar consciente de que eses experimentos "non forman parte dunha política do actual goberno" dos Estados Unidos, e que xunto a funcionarios de alto nivel da Casa Branca "convimos facer unha investigación conxunta".

Artigo relacionado:

EE.UU pide perdón por experimentos en Guatemala
en BBC

O goberno de Estados Unidos desculpouse por inxectar por centos de persoas en Guatemala gonorrea e sífilis, como parte de exames médicos fai case sesenta anos.

Moitas das persoas sometidas aos experimentos eran enfermos mentais e presos que non podían dar o seu consentimento.

A Secretaria de Estado estadounidense, Hillary Clinton, condenou as investigacións como pouco éticas e reprobables.

As investigacións levaron a cabo en momentos nos que EE.UU. intentaba pór a proba vacúas contra enfermidades venéreas, pero moitos dos pacientes infectados non recibiron o tratamento adecuado logo de ser sometido ás probas.

 O Artigo completo na BBC

Fonte: misaludnoesunnegocio.net  - 06.10.2010

"misaludnoesunnegocio.net" é unha web de profesionais e usuarios contra a privatización da sanidade pública

Un punto de encontro para os profesionais e usuarios preocupados pola progresiva destrución dos servizos públicos sanitarios. O proxecto nace en Maio de 2008 como resposta á crecente demanda de información sobre unha problemática cada vez máis grave e evidente: a privatización dos servizos sanitarios públicos na Comunidade de Madrid.

http://misaludnoesunnegocio.net/


________________________

luns, outubro 04, 2010

A Revolución dos Cravos en primeira persoa: Conferencia de Otelo Saraiva de Carvalho en Ferrol - Venres 8 de Outubro

Conferencia de Otelo Saraiva de Carvalho en Ferrol

25 DE AVRIL” (Revolución dos Cravos) en primeira persoa.

A Asociación Cultural Lefre de Caldereta de Ferrol, agradecería a vosa asistencia

Conferencia que impartirá

Otelo Saraiva de Carvalho

Capitâo de Avril”, era o responsable da comisión coordinadora do MFA, e foi el, quen dirixiu o movemento das tropas que acabaron con a ditadura en Portugal en 1974.

Lugar: Salón de actos da Fundación Caixa Galicia, (Cantón de Molins), Ferrol.

Día: 8 de outubro (Venres)

Hora: 8 da tarde

Presentan: Bernardo Maiz Vázquez e Xosé Mª Dobarro Paz

Música: María Manuela


Asociación Cultural Lefre de Caldereta
www.lefredecaldereta.com
lefre@lefredecaldereta.com






Enviado por:
Lefre de Caldereta - Asociación Cultural
-lefre@lefredecaldereta.com-
3 de outubro de 2010 18:13
___________________

A multitudinaria manifestación cidadá celebrada en Bilbao este Sábado 2 de Outubro de 2010, foi en apoio a un novo escenario político

Manifestación en Bilbao
O apoio a un novo escenario abarrotou as rúas da cidade

Unha multitude de cidadás e cidadáns vascos de ideoloxías diferentes (46.000 persoas segundo o reconto de GARA) converteu en éxito a mobilización en favor dos dereitos humanos, civís e políticos. A marcha deu impulso a un novo escenario. Portavoces de Adierazi EH chamaron a súa defensa.

Txisko FERNÁNDEZ | BILBAO

O vento soprou onte a favor da multitude que se deu cita nos arredores de La Casilla para participar nunha mobilización que previamente fora prohibida en dúas ocasións por impulso do Goberno de Lakua e co selo da Audiencia Nacional española. Antes das cinco da tarde, a temperatura era moi alta en Bilbo -algúns termómetros marcaban 30 graos- e todo indicaba que o ambiente ía estar acorde con esta xornada de hego haize.


Así se puido constatar cando as mulleres, representantes dos grupos sociais asinantes de Adierazi EH, que portaban a primeira pancarta botaron a camiñar por cálea Autonomía. Os primeiros pasos tras o lema "Giza eskubideak, eskubide zibil eta politikoak" foron acollidos cunha gran ovación, á que se sumaron os berros de "Euskal Herria aurrera" e "Independentzia".

Unha segunda pancarta recollía máis amplamente os motivos desta mobilización: "Ez manifestazioen debekuei. Ningunha imposición, ningunha violencia. Giza eskubideen, eskubide zibil eta politikoen alde". Esta foi portada polos convocantes e outras persoas que subscribiron a iniciativa.


Seguíanlles os pasos un numeroso grupo de representantes políticos, reflectindo unha amplitude do espectro ideolóxico que se repite en moi poucas ocasións no noso país. Estas eran algunhas das caras máis coñecidas: Rufi Etxeberria e Jone Goirizelaia, da esquerda abertzale; Pello Urizar e Ikerne Badiola, de EA; Aintzane Ezenarro e Josu Murgia, de Aralar; Mertxe Outeiro, de AB; Mikel Arana, de EB; Oskar Matute, de Alternatiba... Os dirixentes do PNV Andoni Ortuzar e Joseba Egibar tardaron en chegar, pero o fixeron antes de que a manifestación arrincase e colocáronse un par de filas máis atrás.

Tamén se atopaban na cabeza da marcha o secretario xeral de ELA, Txiki Muñoz, e a da LAB, Ainhoa Etxaide, así como portavoces doutros sindicatos e colectivos populares.

Como sucede neste tipo de masivas mobilizacións, as pancartas non se situaron diante dos participantes -ata 46.000 persoas, segundo o reconto de GARA-, senón que foi atravesando a propia manifestación, xa que cando pasou de La Casilla, toda a Rúa Autonomía estaba repleta de xente, ocupando a calzada e as beirarrúas ata Zabalburu. O cordón de seguridade montado pola organización foi solicitando que se abrise oco para que as pancartas lograsen facer o percorrido previsto ata a escalinata do concello.

Cara adiante ou cara atrás

Nos momentos previos á manifestación, algúns dos portavoces políticos trasladaron os medios de comunicación as súas primeiras impresións. Pola esquerda abertzale, Marian Beitialarrangoitia, quixo subliñar a "indubidable importancia" e a "urxencia" desta mobilización, e comentou que "é a cidadanía vasca a que vai facer que se movan quen aínda impulsan o bloqueo".

Nesa capacidade popular para mover "ao Goberno español e aos aparellos do Estado" coincidiu o secretario xeral de Eusko Alkartasuna. Máis concretamente, Pello Urizar reprochou ao PSOE que se estea facendo "o camiño do cangrexo". Idea que apostilou Josu Murgia, quen, tras indicar que esperaba que se lanzase "un berro de paz a ETA, ao Goberno español e a [o conselleiro de Interior de Lakua] Rodolfo Ares", acusou a este último de actuar "como un cangrexo que vai para atrás".

Pola súa banda, Mikel Arana advertiu que "ninguén pode permanecer impasible ante esta nova situación" e augurou que "o día en que todos á vez, abertzales e non abertzales, asumamos estas reivindicacións [as que se lían nas pancartas], dariamos un paso de xigante".

Xa coa cabeceira en marcha, outros lemas foron repetidamente coreados, entre eles os que facían referencia aos dereitos dos presos políticos, como "Euskal presoak etxera" e "Presoak kalera, amnistia osoa", ou "Hator, hator...". Tampouco faltaron as referencias ás últimas operacións policiais, con atronadores berros de "Atxilotuak askatu".


Sen imposicións, sen violencia

Unha hora logo de iniciar a camiñada, a cabeza da manifestación chegou ante o concello de Bilbo. O avogado Félix Cañada foi o encargado de agradecer en nome dos convocantes a todas as persoas que participaron na manifestación por "acudir a mostrar a repulsa á prohibición de manifestacións e en defensa dos dereitos civís e políticos deste país".

Incidiu en que estes son "momentos importantes e delicados" por varias razóns: porque "son patentes os esforzos de moitos para avanzar cara a unha convivencia sen imposicións e sen ningunha violencia"; porque é necesario "reivindicar a plenitude de dereitos civís e políticos para todos neste país"; e porque hai que "resistir e reaccionar contra a supresión e o recorte de liberdades tan fundamentais como as de manifestación, expresión e participación política, que, entre outras, deben restaurarse inmediatamente e con plenitude".

Precisamente, "en defensa e exercicio" da liberdade de expresión, os convocantes invitaron a tomar a palabra "a quen inxustamente lles prohibiron manifestarse en dúas ocasións". Cañada despediuse animando a seguir polo camiño trazado onte en Bilbao: "Camiñemos. Xuntos conseguirémolo".

A iniciativa, da cidadanía

O seu lugar ante o micrófono ocupárono o actor Ramón Agirre e a escritora Eider Rodríguez, quen leron a mensaxe de Adierazi EH, alternando o euskara e o castelán, que GARA recolle integramente nestas páxinas.

O importante papel que corresponde á cidadanía neste proceso que se abre foi subliñado desde a primeira frase -"A cidadanía vasca tomou hoxe a palabra nas rúas de Bilbo, e os cidadáns e cidadás temos que tomar a iniciativa para establecer xa e de forma definitiva un novo escenario de democracia e liberdade plenas en Euskal Herria"- ata as últimas -"O vento sopra a favor de todos os dereitos para toda a cidadanía. Esta é a nosa hora. Aurrera!".

Adierazi EH reiterou o seu compromiso a "emprazar aos poderes do Estado e a todo aquel que poña trabas a ese escenario ata obrigarlles a respectar os dereitos civís e políticos da cidadanía vasca". E recordaron que eses dereitos básicos xa acordados consisten, resumidamente, na "superación inmediata de toda situación de excepción ou violencia", "a garantía do exercicio dos dereitos civís e políticos, dereitos humanos, individuais e colectivos". Estes abarcan desde "o dereito á vida e á liberdade" ata "a legalización inmediata de partidos e organizacións ilegalizadas", pasando pola repatriación de presas e presos.

Sen presión policial

Ao contrario do que sucedeu o 11 de setiembre, a presenza policial uniformada foi mínima. A Ertzaintza despregou unhas poucas furgonetas nalgunhas das rúas que cruzan Autonomía. Tampouco houbo controis nos accesos a Bilbo.

Bertsos e música para Adierazi Euskal Herria

Desde a balconada da Casa Consistorial bilbaina, Miren Amuriza, Iratxe Ibarra, Uxue Alberdi e Maialen Lujanbio, por esa orde, lanzaron as súas bertsos cargados de referencias ao importante momento que vive Euskal Herria. Bihotz Bakartien Kluba interpretou a canción "Adierazi Euskal Herria". T.F.
NOVOS pasos

Tanto nas mensaxes do acto final como nas declaracións previas dos portavoces políticos resaltouse que a manifestación de onte non supón un punto e aparte, senón que terá continuidade con novas iniciativas aínda sen concretar.

Video da manifestación, en favor dos dereitos humanos, civís e políticos, celebrada en Bilbao, o Sábado, 2 de Outubro de 2010.








Fonte: Gara

Para mellor comprender o novo escenario político, pode-se acceder a estes enlaces de interese:

Adierazi EH

Alternatiba

Aralar - Ezkerrekoa eta abertzalea

AB - Abertzaleen Batasunak

EA - Eusko Alkartasuna

Esquerda Abertzale

ELA - Euskal Sindikatua

LAB - Euskal Sindikatua

EAJ-PNV - Partido Nacionalista Vasco
_____________________________

domingo, outubro 03, 2010

Limpeza simultánea de ríos en toda Galiza, tamén na Comarca de Ferrol Terra

Proxecto Rios en Ferrol Terra
Na Comarca foi a organización ecoloxista ADEGA a encarregada da coordenación das tarefas de limpeza de rios baixo o lema "Ponte as Botas" para participar nas III Xornadas de Limpeza de Ríos 2010 que se celebran simultaneamente en toda Galiza.

"Un dos problemas máis graves que sofren os nosos ríos segue a ser a gran cantidade de lixo que aparece nos cauces e ribeiras. A pesares de levar dúas campañas, seguen aparecendo moreas de plásticos e entullos, elementos xa case habituais. Dende o Proxecto Ríos queremos concienciar da necesidade de manter limpos os nosos ríos e promover actitudes responsábeis cara a conservación do medio. O coidado e o respecto pola contorna farían innecesarias nun futuro actividades como esta, de aí que depende de tod@s frear a contaminación que están a sufrir os ríos".

Na nosa Comarca celebrou-se en colaboración con diferentes concellos e outras entidades sociais. Estaba prevista unha dupla xornada o Sábado e Domingo, 2 e 3 de Outubro, máis por mor do temporal que azouta esta zona da Galiza en todo o noroeste Ártabro, quedaron adiadas as labores de limpeza do Domingo.

En Neda, procedeu-se a limpeza dun tramo do Río Belelle. Coa Asociación Néboa.

En Ferrol e Narón, as tarefas de limpeza desenvolveron-se no Río Inxerto que nun dos tramos fai de linde entre os dous concellos. Perante as labouras de limpeza puido-se comprobar o importante impacto e degradación que está a sufrir a zona en relación coas obras que se están a facer na contorna, con importante impacto no río, tala de árbores, ...

Enlace co carrusel de diapositivos da situación dun dos tramos do Río Inxerto -02.10.2010, enviado por Adega-Trasancos.


En Fene, o río a limpar foi o Baa. Con AETNA (Asociación Etnográfica da Natureza)-Amigos rio Baa.

En San Sadurniño, foi a limpeza do Río Pequeno na parroquia de Ferreira. Coa veciñanza da zona.

"O Proxecto Ríos aposta por concienciar á sociedade sobre a necesidade de manter limpos os ríos, como premisa para a conservación da súa saúde".

Contactos: Antonio García Jiménez e Nês Lópes -Secretario Adega-Ferrol- 649779774

Información adicional e complementaria: Ponte as botas: III xornada de limpeza simultánea de ríos

O Proxecto Ríos entregará aos participantes un Protocolo_PR (600 Kb) para a limpeza ecolóxica e respectuosa dos ecosistemas fluviais.

Documento en formato -pdf (600 Kb): Acceder ou Baixar

Web do Proxecto Ríos:
http://www.proxectorios.org/index.php

Web de ADEGA:
http://adega.info/info/090121joomla/index.php

Información baseada na enviada por:
Antonio Gª
-angaji@yahoo.com-
3 de outubro de 2010 14:34
_____________________