domingo, marzo 13, 2011

Constitución da "Plataforma de Ferrol Terra en Defensa da Auga"

O pasado 6 de Marzo de 2011, reunimo-nos en Ferrol nos locais da Asociación Veciñal de Esteiro, en réxime de auto-convocatoria, representantes de varias organizacións e colectivos, así como persoas a título individual, co obxectivo de debater o significado e consecuencias da recentemente aprobada "Lei de Augas de Galicia" e constituír unha plataforma unitaria de ámbito comarcal, co obxectivo de conseguir a derrogación da "Lei 9/2010, do 4 de Novembro, de Augas de Galicia".

Logo de varias roldas de intervencións e un construtivo debate acordamos o que segue:

1.- Constituír a Plataforma, conformada, provisionalmente, pola Asociación Cultural "Fuco Buxán", Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza -ADEGA, Asociación Veciñal de Esteiro, Asociación Veciñal de Prioriño, Bloque Nacionalista Galego -BNG, Colectivo Ártabra 21, Esquerda Unida -EU e Refundación da Esquerda de Ferrol Terra. Denominando-nos "Plataforma de Ferrol Terra pola Defensa da Auga"

2.- Que esta Plataforma está aberta á incorporación de calquera organización, asociación, colectivo ou entidade que coincida cos obxectivos formulados.

3.- Asumir como propio o Manifesto Conxunto contra a Lei de Augas de Galicia e elaborar unha sinxela "Carta de constitución da Plataforma de Ferrol Terra en Defensa da Auga", a modo de presentación [Anexo -I-].

4.- Apoiar a Manifestación, pola derrogación da "Lei de Augas de Galicia", convocada para o Domingo 20 de Marzo de 2011, pola Plataforma Nacional que sairá ás 12 do mediodía da Alameda de Santiago de Compostela.

5.- Contratar un Auto-Carro para facilitar un medio de transporte colectivo, para desprazar-se até Compostela, para poder participar na Manifestación do 20 de Marzo. O Auto-carro sairía, ás 10 da mañá, desde as inmediacións da Praza 10 de Marzo, no barrio de Recimil

6.- Realizar dous actos de información e debate, un para o movimento asociativo e veciñal do rural de Ferrol o Mércores 16 de Marzo, ás 19:30 horas no local da Asociación Veciñal de Serantes; e outro para o movimento asociativo e veciñal da zona urbana o Xoves 17 de Marzo, no Centro Cultural "Carvalho Calero", no Inferniño, ás 18:00 horas [Poñemos ás 18:00 para non contra-programar, pois hai un acto de ADEGA convocado para as 19:30]. Co compromiso de continuar con este tipo de actos logo da Manifestación do 20 de Marzo.

7.- Promover a presentación de mocións en todos os concellos da Comarca, collendo como referencia a presentada e aprobada no Pleno Municipal do Concello de Ferrol celebrado o pasado 24 de Febreiro de 2011.

8.- Abrir un debate político e cidadán sobre a necesidade do rescate ou remunicipalización da xestión da auga por parte dos concellos da Comarca.

9.- Abrir unha conta de correo-e e un sitio na Rede [Anexo -II-].

10.- Comunicar o acordado á Plataforma Nacional.

11.- Realizar unha próxima reunión o Luns 14 de Marzo, ás 6 da Tarde, nos locais da Asociación Veciñal de Esteiro.


Anexos -I-

Borrador

Carta de constitución da "Plataforma de Ferrol Terra en Defensa da Auga"

Constituímo-nos en Ferrol como plataforma unitaria de organizacións e colectivos, co obxectivo de concienciar e promover un estado de opinión en defensa da auga. Mais da auga como un ben natural a protexer, non como un produto susceptíbel de comercialización ou unha mercancía máis na lóxica do mercado capitalista.

Constituímo-nos para defender a auga ao igual que o aire que respiramos ou o Sol que nos dá vida, luz e calor.

Constituímo-nos para defender a auga como un ben básico e indispensábel para a vida. Polo que debe ser considerado como un ben público e universal, que debe cumprir para as persoas, antes de nada, una función social de alimento e de hixiene.

Constituímo-nos para defender a auga como un ben escaso e insubstituíbel que debemos protexer. Polo que toda lexislación ou regulamentación legal sobre a auga debería prohibir a súa privatización e que se tire un beneficio ou se especule coa mesma.

Constituímo-nos para defender o dereito ao auga como un dereito humano, como así xa foi establecido pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas, celebrada o 28 de xullo de 2010, no seu sesaxésimo cuarto período de sesións, nunha resolución que recoñece ao auga potable e ao saneamento básico como dereito humano esencial para o pleno goce da vida e de todos os dereitos humanos.

Constituímo-nos para abrir un debate político e cidadán sobre a necesidade do rescate ou remunicipalización da xestión da auga por parte dos concellos da Comarca.

Constituímo-nos para rexeitar a recente aprobada "Lei de Augas de Galicia", por considera-la o principio da privatización do ben natural que é a auga.

E decidimos a constitución dun movimento que aglutine a diversas organizacións e colectivos de Ferrol Terra co obxectivo de conseguir a derrogación da "Lei 9/2010, do 4 de Novembro, de Augas de Galicia".

Ferrol, 6 de Marzo de 2011

Anexo -II-

Sítio na rede da Plataforma:
http://auga-dereito-humano.blogspot.com/

Correo-e da Plataforma:
augadeferrolterra@gmail.com

Enviado por:
Plataforma de Ferrol Terra en Defensa da Auga
-augadeferrolterra@gmail.com-
11 de março de 2011 20:58
__________________________

sábado, marzo 12, 2011

Islandia: A revolución silenciada


De xeito recente, sorprendéronnos os acontecementos de Tunisia que desembocaron na fuxida do tirano Ben Alí, tan demócrata para occidente até antonte e alumno exemplar do FMI. Porén, outra “revolución” que ten lugar desde fai dous anos foi convenientemente silenciada polos medios de comunicación ao servizo das plutocracias europeas.

Ocorreu na mesmísima Europa (no sentido xeopolítico), nun país coa democracia probabelmente máis antiga do mundo, as orixes da cal se remontan ao ano 930, e que ocupou o primeiro lugar no informe da ONU do Índice de Desenvolvemento Humano de 2007/2008. Adiviñades de que país se trata? Estou seguro de que a maioría non ten nin idea, como non a tiña eu até que me decatei por casualidade (a pesar de estar alí no 2009 e o 2010).

Trátase de Islandia, onde se fixo dimitir un goberno ao completo, onde se nacionalizaron os principais bancos, onde se decidiu non pagar a débeda que estes crearon con Gran Bretaña e Holanda por mor da súa execrábel política financeira e onde se acaba de crear unha asemblea popular para reescribir a súa constitución. E todo iso de forma pacífica: a golpe de cazola, berros e certeiro lanzamento de ovos.

Esta foi unha revolución contra o poder político-financeiro neoliberal que nos conduciu até a crise actual. Velaquí por que non se deron a coñecer apenas estes feitos durante dous anos ou se informou frivolamente e de esguello: Que pasaría se o resto de cidadáns europeos tomasen exemplo? E de paso confirmamos, unha vez máis por se aínda non estaba claro, ao servizo de quen están os medios de comunicación e como nos restrinxen o dereito á información na plutocracia globalizada de Planeta S.A.

Esta é, brevemente, a historia dos feitos:
  • A finais de 2008, os efectos da crise na economía islandesa son devastadores. En outubro nacionalízase Landsbanki, principal banco do país. O goberno británico conxela todos os activos da súa subsidiaria IceSave, con 300.000 clientes británicos e 910 millóns de euros investidos por administracións locais e entidades públicas do Reino Unido. A Landsbanki seguiranlle os outros dous bancos principais, o Kaupthing o Glitnir. Os seus principais clientes están nese país e en Holanda, clientes aos que os seus estados teñen que reembolsar os seus aforros con 3.700 millóns de euros de diñeiro público. Daquela, o conxunto das débedas bancarias de Islandia equivale a varias veces o seu PIB. Doutra banda, a moeda cae e a bolsa suspende a súa actividade tras un afundimento do 76%. O país está en bancarrota.
  • O goberno solicita oficialmente axuda ao Fondo Monetario Internacional (FMI), que aproba un empréstito de 2.100 millóns de dólares, completado por outros 2.500 millóns dalgúns países nórdicos.
  • As protestas cidadás fronte ao parlamento en Reykjavik van en aumento. O 23 de xaneiro de 2009 convócanse eleccións anticipadas e tres días despois, as cazoladas xa son multitudinarias e provocan a dimisión do Primeiro Ministro, o conservador Geir H. Haarden, e de todo o seu goberno en bloque. É o primeiro goberno (e único que eu saiba) que cae vítima da crise mundial.
  • O 25 de abril celébranse eleccións xerais das que sae un goberno de coalición formado pola Alianza Social-demócrata e o Movemento de Esquerda Verde, encabezado pola nova Primeira Ministra Jóhanna Sigurðardóttir.
  • Ao longo do 2009 continúa a pésima situación económica do país e o ano pecha cunha caída do PIB do 7%.
  • Mediante unha lei amplamente discutida no parlamento proponse a devolución da débeda a Gran Bretaña e Holanda mediante o pagamento de 3.500 millóns de euros, suma que pagarán todos as familias islandesas mensualmente durante os próximos 15 anos ao 5,5% de xuros. A xente vólvese botar á rúa e solicita someter a lei a referendo. En xaneiro de 2010 o Presidente, Ólafur Ragnar Grímsson, négase a ratificala e anuncia que haberá consulta popular.
  • En marzo celébrase o referendo e o NON ao pagamento da débeda arrasa cun 93% dos votos. A revolución islandesa consegue unha nova vitoria de forma pacífica.
  • O FMI conxela as axudas económicas a Islandia á espera de que se resolva a devolución da súa débeda.
  • A todo isto, o goberno iniciou unha investigación para dirimir xuridicamente as responsabilidades da crise. Comezan as detencións de varios banqueiros e altos executivos. A Interpol dita unha orde internacional de arresto contra o ex-Presidente do Kaupthing, Sigurdur Einarsson.
  • Neste contexto de crise, elíxese unha asemblea constituínte o pasado mes de novembro para redactar unha nova constitución que recolla as leccións aprendidas da crise e que substitúa á actual, unha copia da constitución danesa. Para iso, recórrese directamente ao pobo soberano. Elíxense 25 cidadáns sen filiación política dos 522 que se presentaron ás candidaturas, para o que só era necesario ser maior de idade e ter o apoio de 30 persoas. A asemblea constitucional comezará o seu traballo en febreiro de 2011 e presentará un proxecto de carta magna a partir das recomendacións consensuadas en distintas asembleas que se celebrarán por todo o país. Deberá ser aprobada polo actual Parlamento e polo que se constitúa tras as próximas eleccións lexislativas.
  • E para terminar, outra medida “revolucionaria” do parlamento islandés: a Iniciativa Islandesa Moderna para Medios de Comunicación (Icelandic Modern Media Initiative), un proxecto de lei que pretende crear un marco xurídico destinado á protección da liberdade de información e de expresión. Preténdese facer do país un refuxio seguro para o xornalismo de investigación e a liberdade de información onde se protexan fontes, xornalistas e provedores de Internet que aloxen información xornalística; o inferno para EEUU e o paraíso para Wikileaks.

Pois esta é a breve historia da Revolución Islandesa: dimisión de todo un goberno en bloque, nacionalización da banca, referendo para que o pobo decida sobre as decisións económicas transcendentais, encarceramento de responsábeis da crise, reescrita da Constitución polos cidadáns e un proxecto de blindaxe da liberdade de información e de expresión.

Falóusenos disto nos medios de comunicación europeos? Comentouse nos repugnantes faladoiros radiofónicos de politicastros de medio pelo e mercenarios da desinformación? Víronse imaxes dos feitos pola TV? Claro que non. Debe ser que aos Estados Unidos de Europa non lles parece suficientemente importante que un pobo colla as rendas da súa soberanía e plante cara á enxurrada neoliberal. Ou se cadra temen que lles caia a cara de vergoña ao quedar unha vez máis en evidencia que converteron a democracia nun sistema plutocrático onde nada cambiou coa crise, excepto o inicio dun proceso de socialización das perdas con recortes sociais e precarización das condicións laborais. É moi probábel tamén que pensen que aínda quede vida intelixente entre as súas unidades de consumo, que tanto gustan en chamar cidadáns, e teman un efecto contaxio. Aínda que o máis seguro é que esta calculada minusvaloración informativa, cando non silencio clamoroso, se deba a todas estas causas xuntas.

Algúns dirán que Islandia é unha pequena illa de apenas 300.000 habitantes, cun armazón social, político, económico e administrativo moito menos complexo que o dun gran país europeo, polo que é máis fácil organizarse e levar a cabo este tipo de cambios. Porén, é un país que, aínda que teñen gran independencia enerxética grazas ás súas centrais xeotérmicas, conta con moi poucos recursos naturais e ten unha economía vulnerábel cuxas exportacións dependen nun 40% da pesca.

Tamén os hai que dirán que viviron por encima das súas posibilidades endebedándose e especulando no casino financeiro como o que máis, e é certo. Igual que o fixeron o resto dos países guiados por un sistema financeiro liberalizado deica o infinito polos mesmos gobernos irresponsábei e suicidas que agora botan as mans á cabeza. Eu simplemente penso que o pobo islandés é un pobo culto, solidario, optimista e valente, que soubo rectificar botándolle un par de collóns, plantándolle cara ao sistema e dando unha lección de democracia ao resto do mundo.

O país xa iniciou negociacións para entrar na Unión Europea. Espero, polo seu ben e tal e como están a poñerse as cousas no continente coa praga de farsantes que nos gobernan, que o pobo islandés complete a súa revolución rexeitando a adhesión. E oxalá ocorrese o contrario, que fose Europa a que entrase en Islandia, porque esa si sería a verdadeira Europa dos pobos.

Fonte: Nosinmibici - 23.01.2011

Enviado por:
xose manuel sanxoan
melsanxoan@gmail.com-
11 de março de 2011 00:12
___________________

venres, marzo 11, 2011

Actos de homenaxe ás vítimas do 11 M, o Martes 15 de Marzo en Esteiro - Ofrenda Floral e Conferencia de Pilar Manjón

O concello de Ferrol e a Asociación Veciñal de Esteiro celebraremos o martes 15 de Marzo de 2011, o acto de Homenaxe ás Vítimas do 11 M.

Este ano contaremos coa presencia de Dona Pilar Manjón Gutierrez, que descubrirá xunto co Alcalde de Ferrol un monolito identificativo da Praza das Vítimas do 11 M.

O mestre gaiteiro Vítor Agulló López interpretará a peza Caraveliño colorado.

Esa Praza é a comprendida entre ás rúas San Ramón, Doutor Vázquez Cabrera e Fernando VI, preto do Pavillón Municipal de Esteiro.

Este acto será o Martes 15 ás 18 Horas.

Ás 19 Horas , unha vez rematada a ofrenda floral, no Salón de Actos do Vicerrectorado en Esteiro, Dona Pilar Manjón, presidenta da Asociación 11M Afectados do Terrorismo, pronunciará a conferencia: "Son vítima do terrorismo, do persoal ao colectivo".

Desde a AV de Esteiro facemos un chamamento a que a veciñanza do noso Barrio e de toda a cidade acuda ós citados actos.



Local Veciñal:
Rúa Fernando VI,
Bloque I baixo
Ferrol -15403
Telef. 981933223
avesteiro@galicia.com
http://avesteiro.blogspot.com/
_________________________

O "Día da Clase Obreira Galega" do 2011 en Ferrol, na comemoración do 39 aniversario do 10 de Marzo de 1972 - Galería Fotográfica, Noticias, Enlaces, ...

martes, marzo 08, 2011

As activistas feministas da Marcha Mundial das Mulleres, queremos, neste 8 de Marzo do 2011, facer un chamamento á responsabilidade colectiva de todas as organizacións que están chamadas a unir forzas para enfrontar o virulento ataque contra as conquistas sociais, que o capitalismo liderado polos poderes financeiros, está lanzando sobre Europa

Día Internacional das Mulleres
GALIZA NO 8 DE MARZO DE 2011

Aquelas que nos precederon nos comezos do século XX, que loitaron en toda Europa polo dereito ao voto, pola igualdade ante as leis, polo recoñecemento dos dereitos de cidadás e por mellorar as condicións de traballo, cristalizando a partir do ano 1910 na celebración en todo o mundo do DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES, viron como a grande depresión económica e as dúas guerras europeas que a sucederon, puña freo ao seu movemento e relentizaba as súas reivindicacións.

As mulleres organizadas pariron ao feminismo como movemento social activo desde o século XIX. Na actualidade, o feminismo agrupa a todas as forzas sociais que loitan polos dereitos das mulleres e a igualdade. Na nosa sociedade, moitos destes dereitos conquistados con loitas xustas, están ameazados, e os que tiñamos sen acadar, aparecen nun horizonte cada día mais lonxano.

As sombras ameazadoras veñen con nome, crise económica e dereita populista, e teñen apelidos, neoliberalismo e patriarcado.

Reformas laborais, das pensións, recortes salariais, despidos masivos, privatizacións de servizos públicos, recortes de gastos sociais ... súmanse a un desmantelamento, rápido e sen pausa, de todas aquelas estruturas que nas institucións estaban servindo para aplicar as políticas de igualdade (Ministerio, Servizo Galego de Igualdade, Centros de Información á Muller).

As activistas feministas da Marcha Mundial das Mulleres, queremos, neste 8 de marzo do 2011, facer un chamamento á responsabilidade colectiva de todas as organizacións (partidos políticos, sindicatos obreiros e agrarios, organizacións ecoloxistas, movementos relixiosos progresistas, movementos veciñais, iniciativas culturais, organizacións xuvenís, movementos de renovación pedagóxica, movemento altermundista, organizacións de defensa da liberdade sexual, movementos en defensa dos servizos públicos, movemento na defensa da nosa Lingua ...) que están chamados a unir forzas para enfrontar o virulento ataque contra as conquistas sociais, que o capitalismo liderado polos poderes financeiros, está lanzando sobre Europa, para:

1- Incluír nas súas análises a perspectiva de xénero. É igualmente grave o despido dun traballador que dunha traballadora. É igualmente grave aumentar a idade de xubilación a homes que a mulleres. Recortar os dereitos laborais ou a capacidade de negociación colectiva, privatizar servizos públicos .... pero, todas as medidas que mandan aplicar os poderes financeiros chantaxeando coa débeda pública, non teñen o mesmo significado nin as mesmas consecuencias segundo se apliquen ao colectivo de homes ou ao colectivo de mulleres. Só coñecendo, e tendo en conta, en que medida partimos de situacións desiguais, estaremos en posición de reivindicar saídas xustas á crise, para todos, e tamén para todas.

2- A construción dun modelo económico e social alternativo, libre das imposicións dos mercados, ten que facerse sobre os valores feministas da IGUALDADE, CORRESPONSABILIDADE e PARIDADE. De xeito que inspiren todas as reivindicacións e loitas que nesta segunda década do século XXI, estamos na obriga de dar contra as forzas que nos queren retrotraer ao século XIX.

IGUALDADE, CORRESPONSABILIDADE E PARIDADE VALORES PARA OUTRO MUNDO POSÍBEL

O Neoliberalismo

O Feminismo

--
MULLERES EN MARCHA ATÉ QUE TODAS SEXAMOS LIBRES!

Marcha Mundial das Mulleres
Coordinadora Comarcal de Ferrol Terra
Teléfono de contacto:
Coord. Ferrol: 696732735
http://www.feminismo.info
marchagaliza@gmail.com

Que é a Marcha ?

A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Enlaces de interese:
Información baseada na enviada por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
1 de março de 2011 10:53

http://lupeces.blogspot.com/
______________________

luns, marzo 07, 2011

Agrava-se a deriva do BNG, agora reivindicam a localizaçom dumha base militar de experimentaçom com avions espía promovida polo consorcio europeio da aviaçom EADS, no concelho de Trasmiras

Nom abonda coa sua política de apoio e justificaçom da planta de gas de Reganosa; nom abonda coa reivindicaçom de mais quota de CO2 para a térmica d'As Pontes; nom abonda co apoio ao projecto antinatura do AVE; nom abonda co apoio á multinacional ENDESA e à destruçom da Ilha de Borneo [Kalimantan] trazendo carbom de importaçom manchado de sangue ... O BNG teima agora na sua deriva política e ideológica, fazendo-lhe um dano quase irreparável ao Povo Galego, reivindicando a localizaçom dunha base militar de experimentaçom com avions espia promovida polo consorcio europeio da aviaçom EADS, no concelho de Trasmiras. E todo isto em contra de todo o movimento ecologista galego, que manifestam umha firme posiçom contraria à base militar.

Tem algumha soluçom tal deriva? Alguém vai endereçar o rumo desta força política? É hora de pôr cara, nome e apelidos, a quem dentro desta força política fundamental para o país, trabalham para propiciar semelhante cámbio político.

Esta é a nóva que publica A. SUÁREZ no "O Xornal", na sua ediçom do 5 de Marzo de 2011:

"O Concello de Trasmiras, na comarca da Limia, postúlase como localización dunha base militar de experimentación con avións espía promovida polo consorcio europeo da aviación EADS. A idea planea desde a anterior lexislatura, a do bipartito, pero agora volve colear porque o Ministerio de Defensa encara a última fase do proceso para elixir entre a proposta de Galicia e a de Andalucía, que parece ter o apoio do Goberno. O BNG levará o tema ao Congreso para reclamar o centro para Ourense, mentres os ecoloxistas rexeitan o proxecto.

O senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, dirixirase na sesión plenaria do martes á ministra de Defensa, Carme Chacón, para que aclare as opcións de Trasmiras. Lembra que “sempre se barallaron tres posibilidades” para a instalación desta base de avións non tripulados e que finalmente quedaron dúas: Trasmiras, e Arenosillo, en Huelva.

Pérez Bouza defendeu que “segundo parece Trasmiras é o único que cumpre con todos os requisitos que precisa a empresa para levar a cabo este proxecto”, aínda que semella que o Goberno se está a decantar pola localización de Huelva, que “mesmo linda co Parque de Doñana”, sinala. Neste sentido, lamentou que o Executivo aposte por Andalucía, segundo tería acordado desde o pasado febreiro, “nunha decisión que moito nos tememos –di– teña máis relación con cuestións de índole políticas que con criterios obxectivos serios”. O Ministerio de Defensa non aclarou onte se a decisión está pechada. Pérez Bouza culpa a Feijóo de ter unha “actitude pasiva” que deixou atrás a proposta galega.

ZEPA DA LIMIA

Pola súa parte, a Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) e a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) dirixíronse a Defensa para comunicalo que a base de Trasmiras se situaría “no interior ou nas inmediacións da Zona de Especial Protección para ás Aves (ZEPA) de A Limia ou na súa zona periférica de protección, co cal prexudicaría a seis especies ameazadas de aves. Tamén Adega o rexeita.

No entanto, o proxecto elaborado para o aeródromo, que ocuparía terreos entre Trasmiras e Sarreus, inclúe un estudo no que se rexeita que esta infraestrutura afecte a un espazo protexido. A proposta, elaborada consultora Aertec concreta que a base está a 20 kilómetros da zona de protección de aves e “simplemente haberá que adoptar medidas preventivas como evitar o sobrevoo da ZEPA Baixa Limia-Serra do Xurés a unha altura inferior aos 1.000 metros sobre o chan” para evitar a afección.

O proxecto para experimentar con avións sen piloto impulsado por España, Francia e Alemaña ten un presuposto 2.900 millóns e crearía 3.000 empregos".

Fonte: xornal.com

Ferrol, a 7 de Março de 2011
Inácio Martínez


Enviado:

Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
7 de março de 2011 04:43
______________

Mobilizacións da CIG nos vindeiros días: 8, 10 e 13 de Marzo

Mobilízate esta semana coa CIG

Diante das últimas reformas laborais e das pensións, e as medidas que os gobernos están a tomar ultimamente na liña que lles marca o capital, o que a nível mediático se autodenomina actualmente como “os mercados”, e das graves consecuencias que están a traer para a clase traballadora en xeral, para os colecvtivos máis desfavorecidos e dun xeito moi especial no noso país e na nosa comarca. E dada a coincidencia dunha serie de datas conmemorativas nesta semana, desde a C.I.G. de Ferrol chamamos á participación nas mobilizacións que convocamos nas datas, horas e lugares que detallamos a continuación:

8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

XA ABONDA DE RECORTES!

RETROCEDER NON NOS FAI AVANZAR!

QUE NON NOS CALEN! FAGÁMONOS VER!

Acude á Concentración convocada pola C.I.G. o día 8 de marzo, ás 12:30 horas diante do Edificio Administrativo da Xunta na Praza de Amada García en Ferrol.


10 DE MARZO: DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA

CONTRA AS REFORMA DO CAPITAL: MOBILIZACIÓN!

10:00 horas.- Asamblea de delegad@s nos locais da CIG de Ferrol.

12:00 horas.- Ofrenda floral no Monumento ao 10 de Marzo.

20:00 horas.- Manifestación con saída desde a Avda. De Esteiro, diante do local do sindicato.


13 DE MARZO: EN DEFENSA DO AFORRO, DO EMPREGO, DO PAÍS

POLA DEFENSA DO SECTOR NAVAL, DO SECTOR LÁCTEO, DO PESQUEIRO, CONTRA O DECRETO DO CARBÓN, A PRIVATIZACIÓN DA CAIXA...

GALIZA TÉN DEREITO!

Acude á manifestación convocada póla CIG, o BNG e moitas outras entidades que se sumaron á convocatória, o vindeiro domingo, dia 13 de marzo, ás 12 horas, con saída da Alameda, en Santiago de Compostela.

Poñeranse buses con saída ás 10:00 horas desde a Avda. De Esteiro, diante dos locais do sindicato, para todas aquelas persoas que se anoten previamente, antes das 12 horas do venres, dia 11.

PARTICIPA NAS MOBILIZACIÓNS!

Confederación Intersindical Galega - CIG

Enviado por:
Confederación Intersindical Galega
-cig-informa@galizacig.com-
7 de março de 2011 11:02
____________

xoves, marzo 03, 2011

Convén recordar, "Campanades a Morts" de Lluís Llach - Fai 35 anos da matanza de Vitoria - 3 de Marzo de 1976, Vitoria-Gasteiz - Vídeos



Fai 35 anos, o 3 de Marzo de 1976, produciuse a matanza de Vitoria-Gasteiz. Aquel día de 1976, a Policía irrompeu brutalmente, con gases lacrimóxenos e armas de fogo, nunha asemblea de traballadores en folga na igrexa de San Francisco, do barrio de Zaramaga. A brutal actuación policial causou cinco mortos e máis de cen feridos de bala. Non se depuraron responsabilidades, nin se investigou, nin tan sequera pediuse perdón ás vítimas.

Dous anos antes, o 2 de Marzo de 1974, asasinábase a garrote vil a Salvador Puig Antich e a Heinz Chez.

Canción "Campanades a Morts" de Lluís Llach interpretada pola l'Orquestra Simfònica de Gasteiz i l'Orfeó Donostiarra en commemoració dels 30 anys dels fets de Gaste.




Fonte: http://www.rebelion.org/noticia.php?id=123506

Rebelión/Youtube
__________________________

3 de Marzo de 1976, Vitoria-Gasteiz

V-1 a Charlie. Preto da igrexa de San Francisco é onde máis grupos ven. ­Ben, decatados.

Charlie a J-1. Ao parecer na igrexa de San Francisco é onde máis xente hai. Que facemos? ­Se hai xente ¡a por eles! ­¡Imos a por eles!».

«­J-1 a Charlie. Charlie, a ver se necesitas aí a J-2. ­Envíao para aquí para que cubra as costas da igrexa. ­J-3 a J-1 Estamos na igrexa. Entramos ou que facemos? Cambio».

«...­Entón o que che interesa é que os collan por detrás. ­Exacto».

«­J-1 a J-2 Faga o que lle dixo (acudir en axuda de Charlie a Zaramaga). ­Se me marcho de aquí, vánlleme a escapar da igrexa. ­Charlie a J-1. Oe, non interesa que se vaian de aí, porque se nos escapan da igrexa. ­...Mándennos reforzos, se non, non facemos nada; se non, marchámonos de aquí se non, imos ter que empregar as armas de fogo. ­Imos ver, xa envío para alí un Charlie. Entón o Charlie que está, J-2 e J-3, desaloxen a igrexa como sexa. Cambio. ­Non podemos desaloxar, porque entón, entón ¡Está repleta de tíos! Repleta de tíos. Entón polas aforas temos Rodeados de persoal ¡Imos ter que empregar as armas! Cambio. ­Gasead a igrexa. Cambio. ­Interesa que vingan os Charlies, porque estamos rodeados de xente e ao saír da igrexa aquí vai ser unha pateadura. Imos utilizar as armas. Seguro, ademais eh? ­Charlie a J-1. chegou xa a orde de desaloxo á igrexa? ­Se, se a ten J-3 e xa procederon a desaloxar porque ti non estabas alí. ­Moi ben, decatado. E mágoa que non estaba eu alí».

«Intento comunicar, pero ninguén contesta. Deben estar na igrexa pelexándose como leóns. ­¡J-3 para J-1! ¡J-3 para J-1! Manden forza para aquí. Xa disparamos máis de dous mil tiros. ­Como está por aí o asunto? ­Pódesche figurar, logo de tirar máis de mil tiros e romper a igrexa de San Francisco. Pódesche imaxinar como está a rúa e como está todo. ­¡Moitas grazas, eh! ¡Bo servizo! ­Dille a Salinas, que contribuímos á malleira máis grande da historia. ­Aquí houbo unha masacre. Cambio. ­De acordo, de acordo. ­Pero de verdade unha masacre».

Esta é a conversación de radio interna da policía durante os sucesos acaecidos na igrexa de San Francisco en Zaramaga, Vitoria-Gasteiz fai xa 33 anos  (mp3 e vídeo 1 e 2). .

Uns 6.000 traballadores organizaban a súa terceira folga xeral desde xaneiro en contra do decreto de topes salariais e pedindo melloras laborais. Íase a realizar unha asemblea dentro da igrexa de San Francisco onde se congregaban os traballadores. A policía lanzou gases lacrimóxenos nun abarrotado lugar e mentres saían os traballadores como podían con panos tapando a entrada dos gases ao seu corpo estes foron mallados con porras e posteriormente cribados a balazos pola policía. Morreron 5 traballadores, máis de sesenta foron feridos de gravidade a consecuencia das balas e feridos leves a centenares.

A partir de aí as manifestacións sucedéronse en gran parte de España e o Goberno seguiu acalando as protestas coa mesma moeda.

Desde entón e cada ano pídese xustiza xa que nunca houbo "responsables". Por aquel entón  Manuel Fraga Iribarne era o Ministro da Gobernación, Rodolfo Martín Villa, Ministro de Relacións Sindicais e o xeneral Campano, director da Garda Civil.




Fonte: izaeusblog.blogspot.com
_____________________________

“Indignádevos!”, o opúsculo de Stéphane Hessel, en Galego, xa á venda nas librarias


“... Deséxovos a todos, a cada un de vós, que teñades razóns para vos indignar. É algo precioso. Cando algo nos indigna, como a min me indignou o nazismo, tornámonos militantes, fortes e comprometidos; unímonos a esa corrente da historia, e a gran corrente da historia desenvólvese grazas a cada un de nós. E esa corrente encamíñase cara a unha maior xustiza e unha maior liberdade, pero non á liberdade incontrolada do raposo no galiñeiro. Eses dereitos, cuxa Declaración Universal se redactou en 1948, son universais. Se atopades alguén que non goce deles, compadecédeo e axudádeo a acadalos”.

“... Hoxe en día, os motivos para indignarse poden parecer menos claros ou o mundo demasiado complexo. Quen manda? Quen decide? Non sempre é doado distinguir entre todas as correntes que nos gobernan. Xa non é cousa dunha pequena elite cuxas accións comprendemos con claridade. O mundo é vasto, e percibimos con facilidade a súa interdependencia. Vivimos nunha interconectividade coma nunca antes existiu. Pero neste mundo hai cousas inaceptábeis, e para velas cómpre mirar e buscar”.

“... O pensamento produtivista, impulsado por Occidente, levou o mundo a unha crise da cal hai que saír mediante unha ruptura radical coa fuxida cara a diante do «cada vez máis», no eido financeiro e tamén no eido da ciencia e a tecnoloxía. Xa vai sendo hora de que prevaleza a preocupación pola ética, a xustiza e o equilibrio, pois ameázannos riscos sumamente graves que poden pór fin á aventura humana nun planeta que esta pode deixar inhabitábel para o home”.

Stéphane Hessel

Indignádevos!”, o opúsculo de Stéphane Hessel do que se venderon máis de dous millóns de exemplares en Francia, tamén se pode ler en galego. O escritor Manuel Rivas asina o prólogo desta obra directa, reivindicativa e axitadora, cuxo autor, un veterán supervivente da barbarie nazi, se dirixe -aos seus recios 93 anos- á sociedade en xeral, e á mocidade en particular, para que reaccione ante a inxusta realidade social, económica, política e medioambiental.


__________________

Enlace relacionado:

Ártabra 21: “Indignádevos!”, o opúsculo de Stéphane Hessel do que se venderon preto de dous millóns de exemplares en Francia e que vai saír publicado nunha vintena de linguas, poderase ler en galego coa edición que está a ultimar o selo editorial FAKTORÍA K para que estea no mercado nos primeiros días de Marzo
____________________

O LNG Iberica Knutsen” ten prevista a súa entrada na Ría de Ferrol o vindeiro Venres, 4 de Marzo, cargado con GNL/LNG para Reganosa - O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha nova acción de protesta e denuncia para o mesmo día


Este Venres, 4 de Marzo de 2011, o LNG "Iberica Knutsen” ten prevista a súa entrada na Ría de Ferrol cargado con GNL/LNG para a ilegal e perigosa Reganosa, de entrar, este buque metaneiro, faría o 86 que entraría na Ría, desde que o fixera, en Maio de 2007, o "Galicia Spirit".

A entrada dun buque gaseiro cargado para a planta regasificadora de Mugardos, supón aumentar exponencialmente o perigo que xa de por si representa, a localización de Reganosa no corazón da nosa Ría. É por iso polo que o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha nova acción de protesta e denuncia para o mesmo día, cunha Concentración Sonora, ás 7 da Tarde, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.


Características do buque:
Nome: Iberica Knutsen - Bandeira: Noruega - Eslora: 277 m - Manga: 43.4 m - Puntal: 26 m - Calado: 12.1 m, Capacidade: 138.148 m3

¡DIFUNDE E PARTICIPA!
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
3 de março de 2011 14:23
_____________________

APOIO ECONÓMICO

O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade

CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA

Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995

Blog solidario coa veciñanza de Meá
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

_____________________

Autoconvocatoria para a constitución dunha Plataforma Unitaria de Ferrol Terra pola Derrogación da "Lei de Augas de Galicia"


CONVITE PARA PARTICIPAR NUNHA AUTOCONVOCATORIA POLA AUGA
 
Luns 7 de Marzo, ás 6 da Tarde no Local da Asociación Veciñal de Esteiro

Autoconvocatoria para a constitución dunha Plataforma Unitaria de Ferrol Terra pola Derrogación da Lei de Augas de Galicia


"A auga é fundamental para as persoas, os animais e as plantas, é indispensable para a vida e para o sostemento do planeta, polo que debe considerarse pública e universal, e debe cumprir antes de nada una función social de alimento e de hixiene. Neste sentido toda normativa sobre as augas deberá prohibir que se privatice, se saque beneficio ou se especule coa auga.

Os gobernos deben garantir o subministro e a calidade da auga para o consumo a toda a poboación, con independencia de si viven no rural ou en áreas urbanas, do grado de dispersión do asentamento,... Tamén deben garantir os gobernos, de xeito gratuíto, auga suficiente e de calidade para os animais e para a agricultura como actividade de produción de alimentos para a poboación.

A Lei de Augas de Galicia, supón o apropiamento e a privatización de todas as augas de Galiza, fixando ademais prezo a auga, un canon que establece sobre toda a auga, a maiores do prezo do subministro que determinan os concellos ou as entidades subministradoras e a maiores tamén do canón de vertido ou coeficiente de vertedura.

Ata o de agora pagamos polo subministro e a depuración, cando se nos prestan eses servizos. Con esta lei amais de pagar polo servizo, pagaremos polo ben, a auga pasa a ter un prezo. Todas as augas sexan de subministro público ou dos veciños, da superficie ou do subsolo, nazan en finca pública ou privada, incluso a da chuvia e a do mar, de aproveitarse haberá que pagar un prezo
. .... "

Así comeza o borrador dun manifesto unitario contra a Lei 9/2010, do 4 de Novembro, de Augas de Galicia, publicada no DOG nº 222 do 18 de Novembro de 2010.

O pasado Xoves, 24 de Febreiro, no Concello de Ferrol, a Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, participou, no pleno municipal para defender a derrogación da Lei de Augas de Galiza "por atentar contra o dereito básico da cidadanía a beber e, por extensión, a viver. Cos votos de PSOE, BNG e EU, a moción presentada por esta última formación política saíu cara a adiante, polo que o Concello de Ferrol se converte no primeiro na Galiza en pronunciarse a favor da derrogación da Lei de Augas".

Para debater este asunto e constituir unha Plataforma Unitaria de Ferrol Terra pola Derrogación da Lei de Augas de Galicia , propomos unha AUTOCONVOCATORIA, para facer unha reunión en Ferrol, o Luns 7 de Marzo, ás 6 da Tarde no Local da Asociación Veciñal de Esteiro, sito na rúa Fernando VI, Bloque I baixo [Ver mapa]

Proposta de orde do día:

1.- Informar
2.- Constitución e obxectivos dunha Plataforma Unitaria.
3.- Manifestación do Domingo 20 de Marzo en Compostela
4.- Presentación de mocións nos concellos da Comarca.
5.- Outros
___________________

Achegamos documentos anexos [1.- "Diferentes formas da privatización da auga", ... por Silvia Ribeiro investigadora do ETC | 2.- "Apuntes sobre a Lei de Augas", do Sindicato Labrego Galego -SLG | 3.- Proposta para un Manifesto contra a Lei de Augas de Galicia, do SLG, 21-02-2011] en formato -doc- [privativo] e en formato -odt- [libre], tamén vai a "Lei de Augas de Galicia" e o interesante libro [en Español]  de 86 páxinas, "Loitando pola VIDA - Voces desde o Movemento Latinoamericano para a Xustiza da auga" e formato -pdf-

A Asemblea Xeral de Nacións Unidas, aprobou o 28 de xullo do pasado ano 2010, no seu sesaxésimo cuarto período de sesións, unha resolución que recoñece ao auga potable e ao saneamento básico como dereito humano esencial para o pleno goce da vida e de todos os dereitos humanos.

A resolución foi adoptada a iniciativa de Bolivia, tras 15 anos de debates, co voto favorable de 122 países e 44 abstencións. A Asemblea de Nacións Unidas mostrouse "profundamente preocupada porque aproximadamente 884 millóns de persoas carecen de acceso ao auga potable e máis de 2.600 millóns de persoas non teñen acceso ao saneamento básico, e alarmada porque cada ano falecen aproximadamente 1,5 millóns de nenos menores de 5 anos e pérdense 443 millóns de días lectivos a consecuencia de enfermidades relacionadas coa auga e o saneamento".

ONU. Resolución sobre dereito humano ao auga e o saneamento. A/64/L.63/Rev.1

NOTA.- Renviar esta convocatoria a quen consideredes oportuno convidar
______________

Enlace de interese:

Ártabra 21: O SLG fai un chamamento a todas as organizacións sociais da Galiza para derogar a Lei de Augas - Privatizan a auga un elemento indispensábel para a vida das persoas e dos animais, e para a produción de alimentos
____________________

Conferencia do Dr. Luis Montes en Ferrol, este Venres, 4 de Marzo: "Dereitos ao final da vida"

Organizada pola Asociación Cultural Fuco Buxán, dentro do ciclo “Democracia e Compromiso”, terá lugar unha Conferencia-Debate do Dr. Luis Montes en Ferrol, este Venres, 4 de Marzo, ás 20 hs, no Salón do Vicerreitorado no Campus Universitario de Esteiro – Ferrol.

Co título "Dereitos ao final da vida" terá lugar a conferencia-debate do Dr. Luis Montes Mieza Médico e Presidente da Asoc. Derecho a Morir Dignamente (AFDMD) e Excoordinador de Urxencias do Hospital Severo Ochoa

Colaboran: Concello de Ferrol-Cultura, Deputación de A Coruña, AFDMD


Enlace de interese:

Visita a nosa Web:
Ultimas entradas:
  • (m)2 no Museo do Pobo Galego
  • Tareixa Ledo e Lidia Senra
  • Rúa Xulio Aneiros
  • Casa da Muller: 8 de Marzo
  • Ferrol contra a Lei de Augas
--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural- Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
28 de fevereiro de 2011 16:55
____________________

mércores, marzo 02, 2011

O escritor uruguaio Eduardo Galeano "a exitosa ditadura de medo que apresenta o mundo”, ao ser distinguido no México com a Medalha 1808 por sua “vida de coerência e compromisso"



O escritor uruguaio Eduardo Galeano "a exitosa ditadura de medo que apresenta o mundo”, ao ser distinguido no México com a Medalha 1808 por sua “vida de coerência e compromisso".

"Maldita seja a exitosa ditadura do medo que nos obriga a crer que a realidade é intocável e a solidariedade, uma doença mortal", disse Galeano no Antigo Palácio da Prefeitura da Cidade do México, ao receber a distinção das mãos do prefeito, Marcelo Ebrard.

Ao seu ver, “o melhor de viver está na capacidade de surpresa (…) quem poderia pressentir que os países árabes iam viver o furacão da liberdade que estão vivendo; quem ia acreditar que a praça (egípcia) de Tahrir ia dar ao mundo essa lição de democracia ", indagou.

E adicionou que “cada vez mais jovens sentem que o medo é uma prisão humilhante e chata, e livremente se atrevem a pensar com suas próprias cabeças, sentir com seus próprios corações e caminhas com suas próprias pernas".

O autor de “As veias abertas da América Latina” fez essas declarações durante um discurso no qual se referiu a independência, a dignidade e a transformação da história, informou a agência de notícias DPA.

O jornalista e escritor – exilado durante a ditadura militar uruguaia (1973-1985)- advertiu que o México “está sendo vítima da hipocrisia do narcotráfico universal, onde uns põe o nariz e outros põe os mortos e uns declaram a guerra e outros recebem os tiros".

Fonte:  Telam
___________________

Jorge Valero, embaixador venezolano ante a ONU, denunciou que EE.UU. desexa quedar cos recursos petroleiros de Libia

O representante de Venezuela ante a Organización de Nacións Unidas (ONU), Jorge Valero, exhortou este martes aos países amantes da paz a deter a invasión promovida por Estados Unidos e os seus aliados para invadir Libia, co obxectivo de apropiarse da súa riqueza petroleira.

"Exhortamos a deter os plans de invasión en contra de Libia que foron anunciadas polo Departamento de Estado e o Petágono de EE.UU.", dixo Valero.

"Ningunha forza estranxeira está autorizada para intervir", no conflito libio engadiu.

O representante venezolano recalcou o "profundo pesar polos recentes acontecementos ocorridos en Libia", á vez que lamentou a perda de vidas humanas nese irmán país.

"Venezuela está ligada historicamente ao mundo árabe e africano, as nosas raíces nútrense desas milenarias culturas que deron achegues fundamentais para as construcións de relacións baseadas no respecto da soberanía e a independencia (...) por iso apoiamos que o pobo libio debe decidir o seu proprio destino sen inxerencia", aseverou.

Criticou "a dobre linguaxe" que tivo Estados Unidos nesta situación, que de xeito enérxico critican a morte dos libios e non aceptan que "é igual de dolorosa a morte de seres humanos que sofren a invasión de militares imperiais".

"É a hora da diplomacia para a paz e non para a guerra (?) rexeitamos a posición guerrerista, quen promoven a intervención militase a Libia, non buscan defender os dereitos humanos senón establecer un protectorado para violalos e aproveitarse dos seus recursos desta nación, especialmente os enerxéticos", exclamou.

Asegurou que o chamado á división é "outra das tácticas utilizadas por potencias imperiais, estimulando divisións relixiosas, políticas e de calquera xénero" co obxectivo de "conducir a guerras que adoitan utilizarse para xustificar a invasión estranxeira".

Neste sentido, reiterou a proposta que o presidente venezolano, Hugo Chávez, fixese este luns, de crear unha comisión internacional de boa vontade que ademais de buscar a paz en Libia, propoña o diálogo entre as forzas de Muammar Ao Gaddafi e a oposición, en aras da reconciliación do pobo libio.

"Imploramos que se aboquen a traballar pola paz neste país (...) para a unidade soberana e a integridade territorial de Libia", dixo.

Tamén fixo un chamado aos bloques rexionais, incluídos a Alianza Bolivariana para os pobos da nosa América (ALBA), a Unión Europea (UE) e a Unión Africana para que participen de xeito activo e pronúnciense contra o intervencionismo no pobo libio.

Saudou aos pobos árabes "que están en proceso de revolución pacifica e justiciera" e reiterou a condena á violencia. "Non permitamos que en Libia se desenvolva a lóxica da morte entre irmáns dunha mesma nación".

Nesta sesión extraordinaria da Amblea Xeral da ONU, Venezuela reservouse o voto da resolución A65-L60 que expulsou a Libia da organización multiestatal.

Valero explicou que sobre a violencia en Libia hai moita desinformación a nivel internacional e polo tanto, indicou que "se debe esperar o informe da comisión internacional designada por ese organismo" para que desta forma, a decisión sexa precedida por "unha investigación obxectiva e crible sobre a veracidade das acusacións".

"Ningún país pode ser condenado a priori", concluíu.




Fonte: TeleSur
____________________

martes, marzo 01, 2011

Si, hai razóns para crer nun mundo mellor. Pero non están dentro dunha botella de Coca-Cola: O anuncio de Coca-Cola desde outra perspectiva - Vídeos


Dous vídeos de moito interese: un dun anuncio de Coca-Cola e outro sobre o mesmo anuncio de Coca-Cola desde outra perspectiva, paga a pena en parar-se a ve-los.

Comercial da compañia de Coca-Cola do 2011 Completo !!!



Si, hai razóns para crer nun mundo mellor. Pero non están dentro dunha botella de Coca.



Outros vídeos de moito interese:

O Caso Coca Cola - The Coca Cola Case [Documentario]

Documental que apunta o preito dun pequeno Sindicato Colombiano (Sinaltrainal) contra a xigante COCA COLA. Amparados por unha lei usamericana que permite que estranxeiros presenten casos nos seus tribunais por violacións de dereitos humanos labores polas súas empresas.

As traballadoras es traballadores están teimudos en que se faga xustiza, a multinacional non quere ceder, con todo empézase a ver afectada pola campaña intensa levada na súa contra, unha historia dun David e un Goliat con efectos sociais, politicos e publicitarios sen precedentes.

¡Unha historia de solidariedade internacional!

(Documentario editado usando Ubuntu Linux) 9 partes-vídeos.

Fragmento de documental elaborado polo Sindicato Nacional de Traballadores da Industria Alimentaria de Colombia denunciando asasinatos de traballadores de Coca Cola sindicalizados.

Entrevista a Empregados de Coca Cola Colombia



Segmento do documental "The Coca-Cola Case" (2009) Documental que mostra o abuso, asasinato e actos de terrorismo desta empresa en Colombia. Este é un segmento dunha entrevista a un par de empregados de Coca-Cola onde explican o seu traballo na empresa.

Entrevista a Javier Correa, secretario xeral Sinaltrainal.



Javier explica brevemente as razóns que levaron a Sinaltrainal a pedir un boikot contra Coca-Cola.

Ao final do vídeo aparecen nomes e circustancias de sindicalistas asasinados de Sintrainal, moitos deles (9) traballadores de Caca-cola.

Enviado por:
Damch GZ
-damchgz@gmail.com-
1 de março de 2011 11:48
___________________

Presentación en Ferrol, este Venres 4 de Marzo, do libro de Francisco Rodríguez: "Rosalia de Castro, estranxeira na súa Patria"


Desde a sociedade cultural Medulio querémosvos informar do acto de presentación do libro: "ROSALÍA DE CASTRO, ESTRANXEIRA NA SÚA PATRIA", (a persoa e obra de onte a hoxe), da autoría de Francisco Rodriguez.

O acto terá lugar o venres 4 de marzo ás 20:00h, na Fundación Caixa Galicia de Ferrol.

Sen máis, recibe un cordial saúdo da Sociedade Cultural Medulio.

Enviado por:
BNG -bng@ferrol.es-
1 de março de 2011 14:32
____________________

Polo "Día Internacional da Loita Feminista" a Marcha Mundial das Mulleres convoca actos e mobilizacións en todo o Mundo, na Galiza convoca en diferentes cidades, o acto de Ferrol Terra terá lugar o vindeiro Domingo 6 de Marzo, no Cantón ás 12:30 hras


MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES

Día Internacional das Mulleres - 8 de Marzo 2011

A Marcha Mundial das Mulleres fai un chamamento á cidadanía nesta época de crise, e a todas as organizacións sociais para unir forzas, lembrando que nestes tempos o feminismo é máis necesario:
  • O camiño para saír da crise está na asunción dos valores feministas de igualdade, corresponsabilidade e paridade se cremos que é  posíbel construír outro mundo a partir dun modelo autenticamente alternativo.
  • A saída da crise ten que facerse, reivindicarse, e articularse tendo en conta as mulleres, e con visión e perspectiva de xénero.
Compostela, 21 de Febreiro de 2011

Os momentos de crise económica historicamente serviron para reforzar o patriarcado. Os recortes sociais, económicos e nos dereitos laborais sempre van acompañados dos recortes nos dereitos das mulleres e paralelamente dos ideais de xustiza e igualdade.

As sombras ameazadoras veñen con nome, crise económica e dereita populista, e teñen apelidos, neoliberalismo e patriarcado.

Reformas laborais, das pensións, recortes salariais, despidos masivos, privatizacións de servizos públicos, recortes de gastos sociais ... súmanse a un desmantelamento, rápido e sen pausa, de todas aquelas estruturas que nas institucións estaban servindo para aplicar as políticas de igualdade (Ministerio, Servizo Galego de Igualdade, Centros de Información á Muller).

É por isto que nestes tempos o feminismo ten que combinar esforzos co resto das organizacións sociais, políticas, sindicais, ecoloxistas, relixiosas, veciñais e culturais... e estas co feminismo, para parar o desmantelamento dos dereitos de cidadanía das mulleres e frear os recortes sociais e laborais que limitan as nosas vidas e as das xeracións futuras.

A Marcha Mundial das Mulleres convida a participar nos actos programados en Vigo, Pontevedra, Ferrol, Santiago e Ourense polo Día Internacional das Mulleres baixo o lema:

IGUALDADE, CORRESPONSABILIDADE E PARIDADE VALORES PARA OUTRO MUNDO POSÍBEL

Comunicación: Marcha Mundial das Mulheres: 698159764
Mais información: http://www.feminismo.info/webgalego/


MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES
ACTO PROGRAMADO EN FERROLTERRA
POLO DíA INTERNACIONAL DAS MULLERES 2011


  Domingo 6 de Marzo,
ás 12:30 h, no Cantón,
en Ferrol
  

No acto do Cantón de Ferrol, participará a Comparsa d'A Revolta de Trasancos

--
MULLERES EN MARCHA ATÉ QUE TODAS SEXAMOS LIBRES!

Marcha Mundial das Mulleres
Coordinadora Comarcal de Ferrol Terra
Teléfono de contacto:
Coord. Ferrol: 696732735
http://www.feminismo.info
marchagaliza@gmail.com

Que é a Marcha ?

A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Enlaces de interese:
Información baseada na enviada por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
1 de março de 2011 10:53

http://lupeces.blogspot.com/
______________________

Novidades Galiza Contrainfo: roteiro á cidade da Cultura, concentración da CUT e +fotos


O portal GalizaContraInfo, envia-nos as últimas novidades publicadas no seu sitio na Rede.

Roteiro à Cidade da Cultura (Gentalha do Pichel)
http://galizacontrainfo.org/roteiro-%C3%A0-cidade-da-cultura-gentalha-do-pichel

Concentración da CUT en defensa do sector naval de Vigo
http://galizacontrainfo.org/concentraci%C3%B3n-da-cut-en-defensa-do-sector-naval-de-vigo

Fotos, fotos, e máis fotos ... O domingo estivemos coas compas da Ría Non Se Vende na súa II Marcha contra os Recheos na ría de Vigo, e na xornada anterior, 26 de febreiro, compartillamos o oitavo aniversario do centro social A Revolta do Berbés, tamén na cidade olívica. Ese mesmo sábado 26 de mañá, participamos dun roteiro na Cidade da Cultura, organizado pola Gentalha do Pichel. Percorremos o exterior e interior deste mausoleo inacabado, monumental exaltación do baleiro. Aínda descubrimos algunha sorpresa que nos fixo sorrir (por non chorar) ante tanta desfeita realizada co malgasto de cartos públicos.

Á tarde, continuamos na II edición do Mufest, que deu por rematada as súas xornadas, coa entrega de premios e a proxección do filme "Mulleres na raia".
E non esquecimos a concentración mensal (imaxes de Compostela) convocada por Ceivar, en solidariedade co Colectivo de Presos Independentistas Galegos, e pola súa volta a casa: Santi, Xosé, Ugio, Miguel liberdade!

.....
Galiza Contrainfo é unha iniciativa independente, non comercial e autoxerida de contra-información audiovisual galega. Esta páxina web xorde da necesidade de difundir o noso traballo, mais tamén coa intención de construir un espazo que serva para darlle visibilidade a toda a produción audiovisual de comunicación alternativa que se desenvolve na Galiza. [+ Info]

http://galizacontrainfo.org/
gzcontrainfo@gmail.com

Enviado por:
Galiza Contrainfo
-gzcontrainfo@gmail.com-
1 de março de 2011 10:49
___________________________

“Indignádevos!”, o opúsculo de Stéphane Hessel do que se venderon preto de dous millóns de exemplares en Francia e que vai saír publicado nunha vintena de linguas, poderase ler en galego coa edición que está a ultimar o selo editorial FAKTORÍA K para que estea no mercado nos primeiros días de Marzo

MANUEL RIVAS PROLOGA A EDICIÓN EN GALEGO DE “INDIGNÁDEVOS!”, DE STÉPHANE HESSEL

O libro inaugura a nova colección Ágora de Faktoría K adicada ao pensamento crítico

Indignádevos!”, o opúsculo de Stéphane Hessel do que se venderon preto de dous millóns de exemplares en Francia e que vai saír publicado nunha vintena de linguas, poderase ler en galego coa edición que está a ultimar o selo editorial FAKTORÍA K para que estea no mercado nos primeiros días de marzo, ao prezo de 5 euros. O escritor Manuel Rivas asina o prólogo desta obra directa, reivindicativa e axitadora cuxo autor, un veterán supervivente da barbarie nazi, se dirixe -aos seus recios 93 anos- á sociedade en xeral, e á mocidade en particular, para que reaccione ante a inxusta realidade social, económica, política e medioambiental. A tradución de “Indignádevos!”, a cargo de Fernando Moreiras, complétase coa achega de Marc Taeger no deseño da capa.


Stéphane Hessel (Berlín, 1917) comparte cos lectores a súa intensa experiencia vital: dende a súa nenez en París, en contacto coas vangardas artísticas e ideolóxicas, ata a súa deportación aos campos de concentración alemáns de Buchenwald e Dora pola súa pertenza ao Consello Nacional da Resistencia francesa, pasando pola súa importante contribución á redacción da Declaración Universal dos Dereitos Humanos en 1948 a raíz da súa incorporación ao corpo diplomático. Os seus pensamentos son tamén unha enriquecedora lección de historia contemporánea, de filosofía e política, con tintes de literatura e un fondo pouso de rebeldía.

Para Stéphane Hessel sobran os motivos para chamar á indignación colectiva, á desobediencia e á resistencia. Non contribuiu á loita que permitiu acadar tantas conquistas sociais na segunda metade do século pasado, para que todos eses avances se derrubaran dende a década do 2000 en diante. O autor culpa ao poder financeiro de devalar o equilibrio da democracia moderna, con todos os seus valores e principios, provocando unha crise no mantemento do estado do benestar, a desconfianza na independencia da prensa, unha crecente fenda entre os máis podentes e os máis necesitados, e os dramas humanos derivados dos conflictos internacionais.

Fronte ao egoísmo e a competitividade, Hessel entrégalles aos lectores as bandeiras da liberdade e do compromiso. As súas palabras cargadas de esperanza e de insurrección pacífica, son o antídoto contra a indiferenza. FAKTORÍA K únese a esta mensaxe coa publicación de “Indignádevos!” para inaugurar a colección Ágora, na que se van ir incorporando obras clásicas e de pensadores actuais para axudar a entender o mundo de forma crítica.

“... Deséxovos a todos, a cada un de vós, que teñades razóns para vos indignar. É algo precioso”.

Stéphane Hessel

___________