sábado, xuño 18, 2011

[#15-M] Non che deixes confundir - #aturemelparlament - Que no ens despistin - Onde está a liberdade de prensa ? - On és la llibertat de premsa? - Testemuño desde "la Ciutadella"

Presentamos varios videos de moito interese:

Xornadas do 14 e 15 de Xuño en Barcelona, en contra dos recortes socis que ía aprobar o Parlament [Utilizaron-se no mesmo 2 fotos de #acampadabcn (de diante do Pl.cat) e música de www.jamendo.com]


Non che deixes confundir



Os métodos de Felip Puig [Conselleiro de Interior, responsábel último dos Mossos d'Esquadra]: a prensa non pode cubrir libremente os altercados do 15 de Xuño, provocados por unha minoría "sospeitosa" e desvinculada do resto de manifestantes pacíficos. Quen eran os violentos? Porqué se limita a liberdade de prensa nunha democracia?



15/6/11 ATUREM EL PARLAMENT - Contra os recortes en sanidade e educación



"Okupem les ones", é unha das realidades de comunicación alternativa, da "l’Assemblea per la Comunicació Social", é um medio de comunicación libre e comunitario dos movimentos sociais de Barcelona.

Fonte: http://blip.tv/okupemlesones
__________________

Declaración indignada co tratamento da "violencia" que difunden a grande maoiría dos medios de comunicación convencional, tanto públicos como privados [Jorge en "Días como Hoy" de RNE] - Declaració Indignat amb el tractament de "la violència" [Jorge en "Días como Hoy" de RNE] - #15-M

Jorge fala no programa "Días como Hoy" de Radio Nacional de España.

Denuncia a manipulación dos medios de comunicación ante a crise que estamos sufrindo os traballadores e traballadoras. Como di Jorge "Por unha banda están os poderosos e logo doutra banda estamos os que nos levantamos todas as mañás para ir traballar, ...".



"Okupem les ones", é unha das realidades de comunicación alternativa, da "l’Assemblea per la Comunicació Social", é um medio de comunicación libre e comunitario dos movimentos sociais de Barcelona.

Fonte: http://blip.tv/okupemlesones
Extret de youtube: http://www.youtube.com/user/desdelacantera
__________________

[#15-M] - Unha democracia que aínda dá para envolverse nela, ... Por Isaac Rosa

"O 15-M ten que deixar absolutamente claro o seu respecto á democracia, porque en España custou moito conquistala". -Manuel Chaves, vicepresidente terceiro do Goberno-

Por Isaac Rosa [*]
18.06.2011


"Ataque á democracia". "Democracia secuestrada". "En defensa da democracia". Lendo os titulares e editoriais da maioría de xornais onte, e oíndo a tertulianos e dirixentes políticos, calquera diría que Tejero volveu a entrar no Congreso. Pero non, non houbo ningún intento de golpe de estado, tranquilos.

Ninguén defende os empuxóns, cuspes e sprays aos deputados cataláns. Foron obra duns poucos, e todas as asembleas do 15-M condenáronos. É máis: nas imaxes vese a outros manifestantes interpóndose para evitar agresións, da mesma forma que decidiron marcharse antes de que o enfrontamento fose a maiores [latele.cat].

Agora ben, o bloqueo ao Parlament non foi un acto violento duns poucos exaltados, senón que formaba parte da convocatoria que viña quentando nas redes sociais e nas asembleas de barrio desde fai días: non en balde chamábase "Paremos o Parlament", e falaba sen medias tintas de "desobediencia civil" pacífica e de formar un cordón humano para frear a aprobación dos recortes. Non só iso: fai falta recordar que os principais lemas do movemento son "Chámano democracia e non o é", e "Non nos representan" ...

A clase política é dura de oído, xa o sabemos. Sen que haxa que chegar ao extremo de linchalos á porta do parlamento, si parece que hai que gritar moito para que se decaten de algo. Doutra forma non se entende que logo dun mes con miles de persoas tomando as prazas e manifestándose ante concellos e parlamentos, aínda non se decataron de que o 15-M non só é unha expresión de malestar pola crise e as medidas anticrisis -que tamén, senón unha emenda á totalidade do sistema político e institucional, unha esixencia de "democracia real" fronte a esta democracia demediada que nos momentos críticos móstrase refén do poder económico.

Se a única resposta a ese descontento é envolverse na bandeira desa mesma democracia cuestionada, o desencontro irá a máis, e a peor. Seguen sen entender nada.

Publicado o 17.06.2011 en Traballar cansa - Público.es


[*] Isaac Rosa Camacho -Sevilla, 1974, é escritor e activista de esquerdas. Anque naceu en Sevilla, viveu en Extremadura e agora reside en Madrid. Publicou as novelas "La malamemoria" (1999), posteriormente reelaborada en "¡Otra maldita novela sobre la guerra civil!" (2007), "El vano ayer" (2004) e "El país del miedo" (2008). Con "El vano ayer" obtivo o Premio Rómulo Gallegos (2005), o Premio Ojo Crítico e o Premio Andalucía de la Crítica, e foi levada ao cine por Andrés Linares co título de "La vida en Rojo". A súa última novela, "El país del miedo", recibiu o Premio Fundación José Manuel Lara á mellor novela de 2008. Isaac Rosa, na actualidade reside en Madrid. Tivo o honor de remplazar a Javier Ortiz na columna que publicaba no xornal "Público" logo do seu pasamento. Outras obras: "Adiós muchachos" (1998, teatro), "El ruido del mundo" (1998, novela), "Kosovo. La coartada humanitaria" (2001, ensaio), ...


Ligazóns externas:
________________________________

xoves, xuño 16, 2011

O Primeiro-ministro de Portugal, Passos Coelho, anuncia privatização de RTP e Águas


Passos Coelho anuncia privatização de RTP e Águas

16.06.2011.- O líder do PSD declarou ao Financial Times que irá avançar com a privatização da RTP - Rádio e Televisão de Portugal, e que irá alienar 49% do capital da Águas de Portugal. Passos Coelho alerta para o facto de Portugal ir enfrentar “dois anos terríveis de recessão profunda e desemprego recorde”.

Pedro Passos Coelho, em entrevista ao Financial Times, reconheceu que Portugal será sujeito a um “programa muito rigoroso de austeridade e de reformas estruturais”. “O programa de ajustamento não pode falhar”, admitiu o líder do PSD. “Não há alternativa”, adiantou.

O próximo primeiro-ministro de Portugal admite ir mais longe do que o próprio acordo firmado com a troika, estando disposto, por exemplo, a privatizar a RTP, deixando apenas um canal de serviço público, e a alienar, em 49%, a Águas de Portugal (AdP).

Para Pedro Passos Coelho, o programa de privatizações representa uma forma de incentivar o crescimento económico, que deverá passar pelo sector da exportação.

Segundo o Financial Times, Pedro Passos Coelho encara o programa de resgate como uma oportunidade única para aplicar “reformas essenciais” que os anteriores governos têm evitado nos últimos 30 anos.


_____________________

A empresa gasista americana HESS LNG confirma o abandono do proxecto de construír unha planta de almacenaxe e regasificación de GNL nas proximidades de Fall River (Massachustts)



OBSERVATORIO DO GNL - CANCÉLASE A PLANTA de GNL DE FALL RIVER (EE.UU.)

Estimados amigos e seguidores de f-cape.

Este luns día 13 de xuño de 2011, a empresa gasista americana HESS LNG emitiu un comunicado de prensa confirmando o abandono do proxecto de construír unha planta de almacenaxe e regasificación de GNL nas proximidades de FALL RIVER (Massachustts).

Esta planta comezou o seu proceso de aprobación case ao mesmo tempo que a planta regasificadora da ría de Ferrol. A planta de "Fall River" e a da ría de Ferrol teñen características comúns polo seu emprazamento e outros factores técnicos e sociais. Alí na bahía de Narragansett o desenvolvemento do proceso legal para obter a aprobación da localización desta planta non tivo absolutamente nada que ver co que se fixo aquí en Galicia. En Massachusetts, a empresa gasista non puido nin cravar unha estaca nos seus terreos en tanto o proceso legal non fose concluído. Aínda que segue aberto, a empresa tirou a toalla. Aquí en Ferrol, a empresa gasista cravou as estacas, construíu a planta e opéraa desde máis de dous anos.

Os amigos interesados en coñecer o desenvolvemento do caso "Fall River" poden ler o artigo adxunto [ http://www.f-cape.org/].

É posible que sintades vergoña e indignación na lectura de devandito artigo. Pero estar informados é conveniente e importante.

Se este artigo leo algún político, cousa que dubidamos, que tome nota.

A clase política americana e os medios de comunicación móvense doutro xeito. Alí en EE.UU., o sentido común e o respecto aos dereitos dos cidadáns consideráronse. Obviamente porque recibiron ademais o apoio dos seus representantes nas institucións. Aquí en Ferrol onde estaban os nosos representantes?

Parabén Fall River !

¡ PLANTA DE GAS FORA DÁ RIA !

f-cape

Envía www.f-cape.org Colectivo universitario opositor a Planta de gas dá ría de Ferrol (GALICIA)


Enviado por:
Ferrol CAPE
-ferrol.cape@gmail.com-
15 de junho de 2011 23:49
__________________

En defensa dos xardíns da Ranita - Concentración o Venres 17 de Xuño

Venres, 17 de Xuño, ás 7 da Tarde, Concentración convocada pola Asociación Veciñal de Ferrol Vello, en defensa dos "Xardíns da Ranita"

En defensa dos xardíns da Ranita

A Asociación Cultural Fuco Buxán súmase a reivindicación dos Xardíns da Ranita, como espazo público emblemático para toda a cidadanía ferrolá e demanda do Concello de Ferrol que faga as xestións precisas, ante o Ministerio de Medio Ambiente, para que as instalacións encamiñadas ao saneamento da ría sexan ubicadas en outro emplazamento.

Máis información:


--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es


Enviado por:

Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
15 de junho de 2011 00:35
_______________

Mesa debate sobre a Lei de Familia en Ferrol: hoxe, Xoves, 16 de Xuño

Mesa debate sobre a Lei de Familia do PP

MESA INFORMATIVA E DE DEBATE SOBRE A LEI DE FAMILIA
XOVES 16 DE XUÑO, ÁS 19:00 HORAS
NA GALERÍA SARGADELOS DE FERROL

INTERVIRÁN: Vitoria Iglesias, da Marcha Mundial das Mulleres Beatriz Sestayo, deputada do PSdG no Parlamento de Galiza, Ana Pontón, deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Yolanda Díaz, Coordinadora Nacional de EU.

Mulleres e organizacións feministas da Comarca de Ferrolterra organizamos esta mesa informativa e de debate sobre a "Lei de Apoio á Familia e á Convivencia en Galicia", que será aprobada próximamente no Parlamento galego. Ao noso entender, esta lei supón un guillotinazo aos dereitos conquistados polas mulleres, pois, entre outras cousas, reforza o concepto de familia patriarcal, introduce o recoñecemeto de dereitos para as crianzas concibidas e “non natas”, e incluso paraliza moitas das leis vixentes en materia de igualdade. Por iso, é necesario máis que nunca mantérmonos informadas sobre o alcance e consecuencias desta lei, e reflexionar conxuntamente sobre as accións que desde a cidadanía podemos levar a cabo para facer oír as nosas voces.

EN DEFENSA DOS DEREITOS DAS MULLERES, NON Á LEI DE FAMILIA!

_____

Tirado da Axenda Aberta - De boca a boca


__________________

A normativa:

Anteproxecto de Lei de Apoio á Familia e á Convivencia de Galicia

Enlaces relacionados:

Lei de Familia, irmá menor, Constituiçom húngara irmá maior, ... por Lupe Ces

Nova ofensiva patriarcal contra as mulheres galegas: a Lei de Família

A CIG rexeita a Lei de Familia polo seu carácter retrógrado, que devolve a muller ao seu rol tradicional de nai coidadora

Nas redes sociais:

Eu também estou em contra da Lei de Apoio à família e à convivência

Peticción Pública [Pode-se asinar]:

A Plataforma de Organizacións Feministas rexeita o “Anteproxecto de Lei de Apoio á Familia e á Convivencia en Galicia” por regresivo, patriarcal e anticonstitucional.

_______________________

Un novo buque gaseiro, o "Castillo de Villalba", cargado con miles de toneladas de GNL/LNG anuncia a súa entrada na Ría, para este Venres 17 de Xuño - O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, desta vez no Porto de Ferrol


CONCENTRACIÓN NO PORTO DE FERROL,
NO PEIRAO DE CORUXEIRAS
[ANTIGA FÁBRICA DE XELO]
ÁS 8 DA TARDE, DO VENRES 17 DE XUÑO

O LNG "Castillo de Villalba", un buque gaseiro de grande porte, cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para a ilegal e perigosa Reganosa, ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Venres 17 de Xuño de 2011. Esta entrada dun buque cargado con gas natural licuado para Reganosa, supon xa a 93, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha Concentración Sonora, o mesmo Venres, ás 8 da Tarde, mais desta volta a Concentración terá lugar No porto de Ferrol, Peirao de Coruxeiras -Antiga Fábrica de Xelo, unha nova forma de acción, rotando as mobilizacións por diferentes lugares e barrios, dun xeito itinerante, co obxectivo de chegar coa protesta a un número maior de persoas. Ademais de difundir entre a poboación, en sintese, 10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?.

[O "Castillo de Villalba" en Reganosa en Xullo de 2008 - Foto do Canario do Penedo]

Características do buque:
Nome: Castillo de Villalba - Bandeira: España - Eslora: 284 m - Manga: 42.53 m -
Calado: 11.45 m - Puntal: 25.40 m - Capacidade: 138.000 m3

  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org



Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
16 de junho de 2011 11:37
---

APOIO ECONÓMICO

O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade

CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA

Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995

Blog solidario coa veciñanza de Meá
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org


______________________

Actividades Programadas na Praza 15M de Ferrol - Praza do Concello - Acampada Ferrol - Actualizada 16.06.2011 ás 12:42 hras

Desde que se tomou a Praza do Concello de Ferrol, o Movimento 15M, ven realizando unha serie de actividades de todo tipo, Ártabra 21 quere contribuir desde este sitio na rede a difundir as mesmas.

Actividades programadas na Praza 15 de Maio de Ferrol:

Xoves 16 Xuño
  • Sesión informativa - debate sobre o "Pacto do Euro" ás 7 da tarde, a cargo de Xesús Díaz, activista pertencente ao texido asociativo de Ferrol é membro da AAVV de Esteiro, da Plataforma en defensa da sanidade pública, da Plataforma na defensa da auga coma un ben público e promotor da mesas de Converxencia Ferrol Terra entre outras.

Venres 17 Xuño
  • As 6 da trde, Ensaio na Praza 15-M d'A Revolta de Trasancos, cancións e música tradicional e popular da Galiza. Taller de Malabares.

Sábado 18 Xuño
  • As 7 da Tarde, charla sobre "Consumo sostible" a cargo de Juana Beira, que é Xornalista e escritora. Finalista do Premio Nacional de Poesía Adonáis, 1995, co Manuscrito "Liñas". Finalista do Premio de ámbito Europeo de Literatura Infantil e Xuvenil Ilustrada Apel-Lles-Mestres co conto "O reloxo". Colaborou e publicado, ao longo dos seus máis de 25 anos de carreira xornalística, en "El País", "Diario 16", "El Mundo", "El Semanal" do Grupo Correo, "Cinemanía", "Rolling Stones" e "El Siglo de Europa", "The Guardian", ... na actualidade, en Galiza,  colabora con outros medios da prensa e continua co seu labor literario.

Domingo 19 Xuño
  • Ás 8 da Tarde concentración-cacerolada, na Praza do 15-M - Praza do Concello de Ferrol, nunha xornada de mobilización que vai ter lugar, simultaneamente, en numerosas cidades europeas.


Enlaces de interese:

Toma a Rúa de Ferrol Terra
http://tomaarua.blogspot.com/

Grupo Aberto no facebook
https://www.facebook.com/home.php?sk=group_103372456421535
_

Unha grande campaña de manipulación dos medios de comunicación convencionais - Tertuilan@s, Noticieros, ... ao unisono na consigna "toca desprestixiar ao Movimento 15-M" - Mossos infiltrados, posibles causantes dos disturbios en Barcelona

O sistema utiliza a súa rama máis potente: "a manipulación informativa", para crear estados de opinión contra o Movimento 15-M.

Difundamos outra información:

Estratexias do poder para desprestixiar movementos sociais: o caso #parlamentcamp
[Enlace Externo]




Presunta policia infiltrada e camuflada durante os incidentes de Barcelona. Videos e fotos que circulan na rede. Vexa-se aquí, e atopa-se algo mellor, ligua. Presidente Mas, sae voando en helicóptero mentres critica a quen protesta. networkedblogs.com/jbKas

No violència a #parlamentcamp: resistencia enfront de càrrega policial:





Video dos Mossos infiltrados entre os manifestantes nos disturbios da Ciutadella; vese como a xente lles culpa de comezar os disturbios. Estes son os métodos de Felip Puig para deslexitimar o movemento do 15M.

QUI SÓN ELS VIOLENTS?



L'estaca 2011



Fonte: @Angeloso69 - http://www.planetatortuga.com/


Enviado por:
Damch GZ
-damchgz@gmail.com-
16 de junho de 2011 09:40
______________

sábado, xuño 11, 2011

Nota a José Manuel Rey Varela


A atención de José Manuel Rey e o seu grupo municipal.

Atent@s !!

Dos 61.259 persoas con dereito a voto en Ferrol,
46.285 cidadáns non vos votamos.

Son máis das tres cuartas partes,
máis do 75% d@s cidadás e cidadáns con dereito ao voto.

Ollo! co que se fai no nome do Pobo,
pois a maioría do Pobo non vos deu o seu apoio.

Outra democracia é posíbel !

Ferrol, 11 de Xuño de 2011, día no que toma posesión o novo Alcalde do PP.

Colectivo Ártabra 21
________________________

venres, xuño 10, 2011

19 de Xuño: Xornada de Loita Europea contra o "Pacto do Euro" - Rosa en RNE



Xornada de Loita Europea contra o "Pacto do Euro" que o Parlamento Europeo pretende aprobar os vindeiros 22 e 23 de Xuño



Non ao "Pacto polo Euro" !!
Europa para as cidadás e didadáns,
non para os Mercados !!



Tod@s á Rúa o 19 de Xuño
Concentración en Ferrol, ás 6 da Tarde
Praza 15-M
[Praza do Concello]



 Rosa: todos a Rúa o 19 de Xuño !! 

Rosa unha muller indignada chama aun programa de Radio Nacional de España, para comentar o que significa o "Pacto do Euro" e convida ao presentador a debatir no seu programa o asunto. Un grande documento sonoro. Paga a pena para-se a escoitar, non chega a cinco minutos, mais son uns cinco minutos moi ben aproveitados.

Documento sonoro:


___________

Beiras ao redor das mobilizacións de Maio de 2011, tamén chamadas d@s indignad@s - Moi interesante Vídeo con Galiza, o Mundo e o Movimento 15-M de fondo



Fonte:

Xosé Manuel Beiras Torrado -Compostela 1936, é un activista político, nacionalista de esquerdas. Escritor e economista, ... Membro do Consello Internacional do Foro Social Mundial, ...
[+ info]
________________

Un grupo de cidadáns e cidadás preocupad@s polo destino da esquerda e do País, promoven a "Iniciativa BenComún"

Reunidos en Teo o pasado 3 de xuño un grupo de 23 coñecidos membros da esquerda social; Xosé Ramón Blanco Montero, Pilar Candocia Pita, Filipe A. Diez, Xan Duro Fernández, Ramón Faraldo Pardo, Maite García Portabales, Xoán Hermida González, Bernardo Lorenzo Cuétara, Francisco Xavier Lorenzo Penela, Manuel Martínez Barreiro, Emilio M. Martínez Rivas, Henrique Monteagudo Romero, Carlos Neira Cortizas, Xosé Perez Rei, Marcos S. Pérez Pena, Coqui Rodríguez Holguin, Ana María Rodríguez López, David Rodríguez Rodríguez, Afonso Sánchez Regueiro, Manoel Santos Díaz, Carolina Silva Méndez, Héctor Silveiro Fernández e Xaime Subiela Pérez; decidiron promover unha Iniciativa Civica Transversal denominada BenComún.

Co titulo DESDE A INDIGNACIÓN PREPARANDO O FUTURO: NECESITANSE NOVOS ENFOQUES PARA NOVOS HORIZONTES puxeron en marcha un chamamento aberto que en menos de 24 horas teñen asinado máis de un centenar de persoas.

Asemade no grupo de Facebook aberto para o intercambio de opinión e información desde grupo xa se anotaron máis de 300 persoas.

Desde a indignación preparando o futuro
Necesítanse novos enfoques para novos horizontes

O movemento cidadán 15-M e os resultados das pasadas eleccións municipais do 22-M puxeron de manifesto unha enorme desafección polas actuais fórmulas de participación política dun sector cada vez máis amplo da poboación. Unha desafección que prexudica unicamente a esquerda, que leva sen renovar prácticas políticas, discursos, actitudes e estruturas os últimos vinte anos.

O xurdimento do movemento 15-M, alén do seu alcance concreto, é o sintoma de que algo non vai ben e de que o sector da poboación máis dinámico percibe que a armazón político-representativa e a cultura política xurdidas da transición están esgotadas: precísase de novos espazos de participación e de novos interlocutores para a mediación.

Desde hai anos a indignación medra entre as persoas de esquerda que, formando ou non parte da súa base asociativa, somos parte da súa base sociolóxica e electoral. As últimas eleccións demostraron que existe unha corrente de fondo que percorre transversalmente todas as formacións partidarias. Non só se castiga a quen goberna con políticas de dereitas ou de costas á cidadanía, senón que tamén se pune, por desconfianza e polo descrédito acumulado, ás forzas que desde a esquerda poderían recoller o descontento xerado.

En concreto, a nova derrota da esquerda nacionalista nas pasadas eleccións confirma unha tendencia iniciada hai dez anos, pola que vén perdendo o pulso cidadán naqueles espazos xeográficos e xeracionais cara aos que debería ser máis sensible e onde tería que atopar maior receptividade. Preocúpanos que, de seguiren o mesmo rumbo, a derrota do tándem PSdeG/BNG nas próximas eleccións autonómicas non sexa só unha derrota electoral máis senón que teña consecuencias irreversibles sobre o futuro da esquerda e do porvir do país no medio e longo prazo.

En todo caso, a evolución do PSdeG responde a coordenadas e parámetros condicionados por iniciativas que se resolven fóra das nosas fronteiras. O problema, aínda que sendo un desastre e actuando como condicionante, é en boa medida alleo a nós. Preocúpanos máis o outro espazo necesario e imprescindible para a construción dunha Galicia autogobernada, sustentable e avanzada: o espazo da esquerda nacional.

Cada un/ha de nós está asistindo até agora á situación desde lugares diferentes: algunhas persoas estamos na militancia partidaria no nacionalismo, unha boa parte pertencemos a organizacións sociais, outros atopámonos próximos/as a outras forzas de esquerda, a maioría andamos á expectativa de novos proxectos. Desde a expectación o conxunto, desde a resignación unha boa parte. En todo caso, con certeza, todos e todas interesados en que apareza algunha iniciativa en positivo e en que as cousas se desbloqueen.

Nunca a indignación fora tanta e as expectativas tan altas. Pero, lamentablemente, as forzas de esquerda nin están nin ninguén as espera. Os distintos movementos que foron xurdindo, mesmo das correntes críticas e renovadoras internas das organizacións políticas, non pasan de ir máis aló de recompoñer os espazos xa existentes, coma se nada tivera ocorrido.

Isto non pode seguir así. Existen novas realidades que nos interpelan. Existen novas transversalidades que interconectan e permeabilizan os espazos noutrora estancos. É a hora da cidadanía.

Asistimos á segunda onda de cambios posglobalización e de nós depende participarmos e contribuírmos a eses cambios desde o noso país ou ficarmos definitivamente á marxe e sermos arrastrados por eles. O noso país mudou substancialmente nas últimas décadas e precisa ser reinterpretado, repensado e inserido nun contexto global altamente interrelacionado e codependente.

Interpelamos as forzas políticas da esquerda e o nacionalismo en particular para que tome nota desta nova situación.

Interpelámolas porque mais aló de sermos afiliados ou non ás ditas forzas, como base sociolóxica e electoral das mesmas, nós tamén estamos a ser interpelados.

Cómpre que as persoas e colectivos da esquerda social, que se estruturan de xeito moi variado, xunto coas persoas e colectivos críticos que participan da esquerda partidaria, nos xuntemos para promover unha alianza cívica e política ampla que permita a creación de espazos comúns de acción política.

Cómpre seguir a promover contactos, encontros e diálogos, no concreto, para comezarmos a vertebrar a esquerda nacional do século XXI.

Hoxe, afortunadamente temos ferramentas que posibilitan transformar a indignación en procesos propositivos.

Non é momento de pequeno apaños, de releos curtos. É a hora da política e da intelixencia, de erguer a vista e mirar máis aló. Con xenerosidade. Abstéñanse resentidos.

Convocámonos e convocamos a todas e a todos os que se sintan interpelados para realizarmos un encontro aberto e plural, ollando cara ao futuro. A primeira cita o próximo domingo 19 de xuño nas mobilizacións cidadás.

O futuro depende de nós. Indignados e á vez esperanzados. Indignadas e á vez preparando o futuro.

En Trasellas-Teo, a 3 de xuño de 2011.

Promoven esta iniciativa:
  • Xosé Ramón Blanco Montero
  • Pilar Candocia Pita
  • Filipe Diez
  • Xan Duro Fernández
  • Ramón Faraldo Pardo
  • Marcelino Fernández
  • Maite García Portabales
  • Xoán Hermida González
  • Bernardo Lorenzo Cuétara
  • Francisco Xavier Lourenzo Penela
  • Manuel Martínez Barreiro
  • Emilio M. Martínez Rivas
  • Henrique Monteagudo Romero
  • Carlos Neira Cortizas
  • Marcos S. Pérez Pena
  • Xosé Pérez Rei
  • Coqui Rodríguez Holguin
  • Ana María Rodríguez López
  • David Rodríguez Rodríguez
  • Afonso Sánchez Regueiro
  • Manoel Santos Díaz
  • Carolina Silva Méndez
  • Héctor Silveiro Fernández
  • Xaime Subiela Pérez
Acceder:

Listaxe de adesións
[En continua actualización]

Fonte: http://bencomun.blogaliza.org/2011/06/07/iniciativa-bencomun/

Quen se queira adherir pode face-lo no blogue da Iniciativa:
http://bencomun.blogaliza.org/

Grupo en facebook:
https://www.facebook.com/home.php?sk=group_115414611879061

Conta en twtter:
http://twitter.com/bencomun

Contactar en:
iniciativa.bencomun@gmail.com

Telefones:
692212166 (Xoán Hermida)
663762595 (Filipe Diez )
686021933 (Manoel Santos )
__________________________

15-M a Revolución continúa: Entrevistas a Armando Steinko, Chema Ruiz e José Coy, na constitución das Mesas de Converxencia Cidadá en Catalunya - Vídeo

O pasado 3 de Xuño deste 2011, tivo lugar en Barcelona a constitución das Mesas de Converxencia Cidadá en Catalunya. Oscar Martínez, aproveitou a ocasión para entrevistar a algúns dos seus participantes e preguntar-lles que pensan do 15-M.

Entrevistas a Armando Steinko, Chema Ruiz e José Coy, sobre o 15-M, Mesas de Converxencia, Democracia Real Xa e o futuro inmediato.

Pouco máis de 10 minutos dun excelente curto-documentario de Oscar Martínez: "15-M a Revolución continúa".




Fonte: http://www.youtube.com/user/photooscar

Creative Commons Attribution license (reuse allowed)

Enlaces de interese:

Toma a Rúa de Ferrol Terra
http://tomaarua.blogspot.com/

Grupo Aberto no facebook
https://www.facebook.com/home.php?sk=group_103372456421535

Sobre o "pacto do Euro"
O pacto do euro e as súas mentiras, ... Por Marceliano Collado - O Pacto do Euro traducido - Enlaces - Comunicado de Democracia Real Xa! sobre a xornada de loita europea do 19 de Xuño

_____________________

mércores, xuño 08, 2011

O pacto do euro e as súas mentiras, ... Por Marceliano Collado - O Pacto do Euro traducido - Enlaces - Comunicado de Democracia Real Xa! sobre a xornada de loita europea do 19 de Xuño

Por Marceliano Collado
08.06.2011

O Pacto do Euro é outra mostra do engano das autoridades europeas aos seus pobos.

E un escandaloso sometemento ante os grandes poderes financeiros e corporativos que se apropiaron de Europa.

Son eses poderes financeiros, corporativos e grandes fortunas, os que realmente ditan as políticas que logo fan súas os gobernos.

As mentiras do Pacto do Euro, coas que nos queren enganar outra vez, son:

Mentira Nº 1: Para facer fronte á débeda que atenaza a Europa é preciso aumentar a competitividade das economías nacionais e que iso só se pode conseguir reducindo o custo do traballo, é dicir os salarios.

Esta idea é falsa porque, como todo o mundo sabe, a débeda, que está a provocar problemas gravísimos a moitos gobernos europeos e ás empresas e familias, non se orixinou porque as economías europeas sexan pouco ou moi competitivas, senón porque:
  • A débeda pública producírona os gobernos, ao acudir con cartos públicos a tapar os buracos da banca e os grandes fondos especulativos, verdadeiros causantes da crise financeira.
  • A débeda privada é consecuencia da perda de ingresos producida pola aplicación de medidas, como as que agora se volven a propor, aparentemente orientadas a lograr máis competitividade baixando salarios.
  • Ambas as débedas producíronse, en última instancia:
    1. Polos privilexios que ten a banca e outras entidades financeiras.
    2. E pola pasividade cómplice das autoridades cando os especuladores estaban a estafar ao mundo utilizando produtos financeiros tan sofisticados como fraudulentos.
Mentira Nº 2: Abaratar o traballo e actuar só nos mercados laborais mediante medidas flexibilizadoras para lograr que se cre máis emprego.

O Pacto do Euro, feito polos gobernantes europeos, non vai favorecer a creación de emprego, como eles afirman enganando á cidadanía, senón que simplemente vai servir para beneficiar ao gran capital e ás grandes empresas europeas, á hora de contratar traballadores en peores condicións laborais e por salarios máis baixos.

Mentira Nº 3: O Pacto do Euro busca a estabilidade orzamentaria e financeira, un obxectivo que se desexa alcanzar mediante o control do gasto, a persecución da fraude e a limitación constitucional dos déficits públicos.

É falso que para aliviar a débeda abonde con limitar o gasto público, posto que isto pode rematar producindo unha caída semellante nos ingresos –tal e como demostraron numerosos estudos– que ao final impide que desapareza o desequilibrio e que só consegue aumentar o malestar, as carencias sociais e até a falta dos recursos públicos que necesita o capital privado para crear actividade e emprego.

A estabilidade orzamentaria e financeira, a persecución da fraude e o control dos déficits públicos, por parte das autoridades europeas, é só unha baleira declaración de intencións, se non se toman as medidas acaídas, entre as que se citan unhas poucas:
  • Incrementar os ingresos facendo que paguen máis os que máis teñen: Imposto sobre o Patrimonio, recuperación do Imposto sobre Sucesións, desaparición das Sociedades de Investimento de Capital Variable (SICAV) ou incremento da tributación sobre os seus beneficios que actualmente é un ridículo 1%, máxima redución até a súa eliminación da economía mergullada –que en España é un 23%–, e que significaría, segundo os inspectores de Facenda, uns ingresos a Facenda duns 35.000 millóns de euros anuais, etc.
Os gobernantes europeos son incompetentes e incapaces para tomar as medidas necesarias para saír desta crise en favor da cidadanía e das clases populares, posto que xa demostraron sobradamente a súa total subordinación e complicidade coa política neoliberal que actúa a favor dos intereses do gran capital financeiro especulativo, das empresas multinacionais e das grandes fortunas europeas.

Pero o Pacto do Euro non só é inútil e rexeitábel polo que se propón facer senón, e sobre todo, polo que deixa sen abordar:
  • Garantir que o sistema bancario funcione e restableza o crédito ás empresas e aos consumidores.
  • Frear aos especuladores que son os que realmente provocaron a crise e os que agora, fortalecidos co silencio e a complicidade das autoridades, son os que poñen en xaque ás economías máis febles, axigantando un problema de débeda que se podería resolver sen demasiados problemas mediante intervencións e negociacións do Banco Central Europeo.
  • Regular definitivamente, con intelixencia e disciplina os mercados e as relacións financeiras. De non tomar estas medidas, seguirán sendo cómplices, tamén, da vindeira crise que sen dúbida provocará o mantemento dos privilexios de delincuentes e criminais financeiros que aplican o todo vale, sen normas reguladoras e sen control, para obter o máximo beneficio o máis axiña posíbel.
  • O pacto do Euro vai producir un efecto depresor sobre a demanda nunha conxuntura practicamente recesiva como a actual.
O Pacto do Euro é unha imposición aos pobos, unha proba irrefutábel de que á cidadanía europea furtóuselle a posibilidade de pronunciarse sobre o seu destino, sobre as cuestións que, como as económicas, máis afectan á súa vida e ao seu benestar.

É, asemade, un atentado á democracia porque se volven a impor aos pobos políticas moi gravosas sen que estes teñan a posibilidade de manifestar se é iso o que desexan.

Unha vez máis, queren someter a Europa para salvar os poderes financeiros e fixérono pola porta de atrás, impedindo que os pobos se pronunciasen.

O Pacto do Euro é, en realidade, un pacto contra Europa, porque se subscribe á marxe e en contra dos seus cidadáns e cidadás.

Fonte: altermundo.org

Altermundo





________________________________

O Pacto do Euro traducido


O próximo 27 de xuño ratifícase en Bruxelas o próximo gran atraco socioeconómico de alcance internacional, o chamado Pacto do Euro, polo cal os políticos do noso continente ponse de acordo para lexislar o que o FMI, o BCE e o BM ordénanlles.

En caso de non cumprir estas ordes ou de facelo con demora, xa sabemos que Moody´s, Standard&Poor´s ou Fitch (as axencias de cualificación que levaron a Grecia, Irlanda ou Portugal á ruína) esperan con ansiedade para comezar o seu ataque.

Trátase de seguir coa destrución do sector público e profundar na perda de dereitos do asalariado. A pesar do difícil que resulta acceder á información sobre o seu contido, logo de buscar e contrastar, o máis relevante vén ser:

- A fixación dos salarios no sector público debe estar en consonancia cos esforzos de competitividade do sector privado.

É dicir: novo recorte ao sector público, que debe ofrecer os mesmos beneficios que os salarios irrisorios e xornadas laborais de 50h. semanais ou máis do sector privado.

- A formulación exacta da norma será decidida por cada país pero debería garantir a disciplina fiscal tanto a nivel nacional como subnacional.

É dicir: Teñen que cambiar vostedes a súa leis porque así o esixen o FMI, o BCE e o BM.

- Aliñamento dos sistemas de pensións coa situación demográfica nacional, por exemplo aliñando a idade da pensión coa esperanza de vida.

É dicir: Que non quería xubilarse aos 67? Ok... Estudaremos se pode ser aos 70...

- Fomento da competitividade. Coa vinculación de salarios e produtividade, principio sobre o que o presidente español, José Luís Rodríguez Zapatero, mostrouse de acordo.

É dicir: Fomento de xornadas de 12h. de traballo ao día por 900? ao mes, ou similares. De aí a última reforma laboral española que avoga por flexibilizar despedimentos, convenios e contratos.

- Impulso ao emprego. Os líderes expón unha rebaixa da fiscalidade para incentivar a contratación de traballadores e formación permanente.

É dicir: Impulso ao despedimento barato e as ETT. Os líderes (bancos internacionais) expón ir demolendo o sistema da Seguridade Social, estudando a introdución da figura do bolseiro perpetuo.

- Finanzas públicas. Contribuír á sustentabilidade con reformas nos sistemas de pensións e de protección social.

É dicir: Conxelación das pensións e próxima disfunción nos programas de asistencia social.

- Estabilidade financeira. Reforzo e especial atención á coordinación das políticas fiscais e loita contra a fraude.

É dicir: Como non falamos de paraísos fiscais nin evasión de impostos, xa sabe: aumento dos impostos directos e indirectos, e como non pague, lle breamos a multas, intereses e comisións.

- Control do déficit. Os líderes acordan introducir límites ao déficit na Constitución ou nas leis nacionais.

É dicir: Quizá a máis importante. O FMI, o BCE e o BM, van cambiar a Constitución e as leis de cada país, segundo convéñalles. Seguinte parada: como non pague, ao trullo.

Fonte: tiromeaomonte

Mais info en
:
_________________

Comunicado de Democracia Real Xa! sobre a xornada do 19 de xuño

Xornada de mobilización baixo o lema "Europa para os cidadáns e non para os mercados"

DRX

O vindeiro domingo 19 de Xuño a cidadanía está novamente chamada a tomar pacíficamente as rúas das súas localidades, sumando a nosa voz á dos cidadáns da Unión Europea.

Baixo o lema "Europa para os cidadáns e non para os mercados" Democracia real Xa! convoca mobilizacións para o 19 de xuño na maioría das cidades do estado e apoia, secundando coa súa asistencia e colaborando activamente na súa difusión as organizadas por outros movementos para esas mesmas datas.

Desprovista novamente de signo político ou sindical algún, esta convocatoria está promovida por persoas de toda condición, idade e índole, que deixando ao carón as súas posibles diferenzas ideolóxicas ou culturais, retoman a súa participación na vida pública unidascontra o abuso que a clase política consentiu.

As nosas motivacións seguen sendo as mesmas que sacaron á rúa a miles de persoas o 15 de Maio; aínda que esta vez, se cabe, estamos aínda máis indignados, ante a ameaza que supón para o noso benestar social os novos recortes nos salarios, pensións, I D, sanidade e educación; a eliminación dos servizos sociais, o maior atraso na idade de xubilación, a ampliación dos impostos e os inxustos reaxustes salariale en base á produtividade e a competitividade en toda a zona euro previstos na aplicación do Pacto do Euro, que consideramos un atentado contra os dereitos sociais de alcance internacional.

É necesario esixir aos nosos Gobernante a NON firma do Pacto do Euro o próximo 27 de xuño, pois implicará maiores sacrificios para todos e todas por mor das medidas de austeridade que se queren impor e polo tanto rexeitámolo. Esiximos a reorientación das políticas públicas cara á protección do interese xeral. Esiximos que a dación en pago sexa recoñecida. Esiximos unha verdadeira repartición da riqueza e o traballo, como única saída ao desemprego. Esiximos unha vida digna para todas as persoas, onde os dereitos sexan para todas e desaparezan os privilexios da clase política, a fraude fiscal e os paraísos fiscais. Esiximos, así mesmo, cambios na Lei Electoral que ofrezan vías para unha autentica participación das persoas nas decisións públicas.

Demostramos, pois, que o 15 de Maio non foi unha mobilización con fins electorais, senón sociais. E anunciamos que seguiremos tomando as rúas ata que as nosas propostas e manifesto sexan plenamente recoñecidos; ata que deixemos de ser mercancía en mans de políticos e banqueiros. Ata que obteñamos unha Democracia Real ¡XA!
____________________

A mantenta das Eleccións Locais do 22 de Maio de 2011: "Análise", ... Por Amadeo Varela


"O pobo de Ferrol non aprobou a ningún partido de esquerdas, pero tampouco aos da dereita, e a proba son as tres cuartas partes de votantes que por algunha razón non votaron ao PP. Esas tres cuartas partes significan máis de 45 mil votos que o Partido Popular non ten". Razona Amadeo Varela no artigo que segue. Un razonamento interesante que dos 61.259 votos pośibeis o PP so acadou 14.974, foron 46.285 as persoas, cidadás  de Ferrol que non lle deron o seu apoio.

Por Amadeo Varela [*]
08.06.2011


Despois das eleccións, os partidos políticos adoitan facer unha análise máis ou menos profunda sobre o desenrolo e o resultado das mesmas, atopándonos a cotío con conclusións do máis insospeitado, pois ás veces todos gañan e ninguén perde. Dos que perden, algúns están contentos porque subiron nuns poucos votos, ou porque os votos perdidos non foron moitos. Dos que gañan, algúns lamentan non ter algúns votos máis para acadar a maioría absoluta. Mais cando os votos recibidos conceden esa ansiada supremacía, sacan peito presumindo de que van gobernar porque o pobo así o quere. Estes razoamentos fan pensar naquilo que dixo o poeta, de que “todo é segundo o color do cristal con que se mira”.

En Ferrol, despois das últimas eleccións do 22 M, é necesario profundar nas causas dos resultados rexistrados, que na miña opinión debéronse a moitas circunstancias foráneas e locais. Das foráneas sinalaría a crise económica, a actuación errática do goberno estatal, e a repentina presenza do movemento “indignado”, en plena campaña electoral. Das circunstancias locais, as máis importantes puideran ser a ruptura do goberno bipartito PSOE – EU, e sobre todo, as divisións dentro dos propios partidos de esquerdas, que levaron a este desastre tanto ao PSOE, como a EU-IU e a o BNG, se ben este último está pagando aínda a súa desfeita anterior.

Dos resultados da dereita destaca a maioría absoluta conquistada sobre a base dos erros dos rivais e dunha impresionante campaña propagandística contraria á súa aposta pola austeridade. A cuestión en números, defínese así: de máis de 61 mil votos posibles, o PP recolleu pouco menos de 15 mil, o que ven sendo algo menos da cuarta parte do total. Estes números danlle o dereito a gobernar para os catro vindeiros anos, pero o que non teñen é, o dereito a presumir de seren os preferidos por o Pobo. “O pobo de Ferrol quere que gobernemos”, dirán. Pois non. O pobo de Ferrol non aprobou a ningún partido de esquerdas, pero tampouco aos da dereita, e a proba son as tres cuartas partes de votantes que por algunha razón non votaron ao PP. Esas tres cuartas partes significan máis de 45 mil votos que o Partido Popular non ten. Xa que logo, gobernarán legalmente, por dereito propio, pero non por desexo do pobo de Ferrol, senón por desexo desa cuarta parte. Velaí un motivo de reflexión para os dirixentes do PP ferrolán: unha gran maioría do pobo ferrolán non confía neles e non os quere. Máis aló de ideoloxías, é o resultado normal dunha conduta de incumprimento dos seus propios acordos.

[*] Amadeo Varela Rodríguez -Ferrol 1936, foi traballador de BAZAN, é o autor de "Recordos do vello Racing" publicado no 2000, "Bazan e Ferrol - Unha simbioses perfecta?" (a historia dunha época, "... detrás de cada barco que nace, hai moitas horas de esforzo. Nesa tarefa, miles de traballadores foron gastando a súa saúde e a súa vida".) publicado no 2003 e coautor de "Retallos da Memoria II" ("Memorias de neno" sobre a súa vida de pequeno nunha familia republicana perseguida), publicado no 2009. Autor de numerosas cartas e artigos na prensa local. Autor de sitios na rede sobre Ferrol. Cofundador da Asociación San Fernando para defender o Patrimonio Histórico do barrio ferrolán de Recimil contra a súa pretendida demolición, membro do Colectivo Recimil co que promoveu a Plataforma Ártabra 21 e a Plataforma en Defensa dos Espazos Públicos. Na actualidade forma parte do Colectivo Ártabra 21.

______________

Elecións Locais do 22 de Maio de 2011 - resultados en Ferrol

Comparativa Concello de Ferrol 2011-2007

[Clicar acima da imaxe para ampliar]
________________

Palestra sobre o Decrescimento organizada pola Escola Popular Galega en Esteiro - Hoje 8 de Junho, ás 20:30 horas, nos locais da Associaçom Vizinhal de Esteiro

Nos locais da Associaçom Vizinhal de Esteiro, em Ferrol, terá lugar hoje, 8 de Junho de 2011, umha palestar de moito interesse, sobre o "Decrescimento", organizada pola Escola Popular Galega:

Intervirám:
  • Xoan Ramon Doldán, profesor titular de Economía Aplicada na USC.
  • Isabel Vilalba, produtora e Responsável da Secretaria das mulheres do Sindicato Labrego Galego.
  • Manolo Rei, membro de Uniom Libertária.
  • Xesús Manuel Díaz, membro da CIG.

4ªFeira, 8 de Junho, às 20;30hh no local da Associaçom Vizinhal de Esteiro.

Escola Popular Galega
escolapopularnacional [arroba]gmail[ponto]com
Escola Popular Galega, Rua Real nº 12 rés-do-chao, C.P. 36202 Vigo.
Escola Popular Galega, Apartado 794, C.P. 36202, Vigo
________________

"Carta Maior" convidanos a visitar as súas páxinas especiais

A información importa; como se dá, tamén importa; ler, ver e escoitar con espírito crítico, é fundamental; ... é por iso moi importante difundir o máis que poidamos un traballo feito desde unha perspectiva transformadora. Non se trata de querer dirixir nada, só se trata de compartir coñecimento e análise.

Páxinas especiais de moito interese na axencia-xornal brasileir@ con perspectiva internacional "Agência Carta Maior", nada ao abeiro do primeiro Foro Social Mundial, celebrado en Porto Alegre en Xaneiro de 2001.

Carta Maior convida-nos a visitar as súas páxinas especiais:










Agora presenta-nos unha nova páxina especial:



_______________

Presentación en Ferrol do libro de Manolo Dios Diz: A Paz como cultura 'Fontes e recursos dunha pedagoxía para a Paz' - Xoves 9 de Xuño, ás 8 da Tarde

Presentación do libro de Manolo Dios [*] na Galería Sargadelos de Ferrol

Presentación do libro; A Paz como Cultura:  'Fontes e recursos dunha pedagoxía para a Paz' de Manuel Dios Diz. Licenciado en Xeografía e Historia, (Presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz).

Día: Xoves, 9 de Xuño,
Hora: ás 8 da Tarde,
Lugar: na Galería Sargadelos [Esquina rúas María/Rubalcava].

O Acto estará presentado por: Carlos Neira Suárez.

Organiza: Seminario Galego de Educación para a Paz.

O libro foi publicado pola Editorial Milenio, está prologado por Federico Mayor Zaragoza.

Trátase dunha obra que analiza o significado e a orixe do concepto "Cultura de Paz" e da propia Declaración e o Programa de Acción para unha Cultura de Paz aprobado polas Nacións Unidas en 1999, así como as referencias teóricas e prácticas que sustentan unha pedagoxía para a paz desde a perspectiva non só da Educación para os Dereitos Humanos, a Convivencia e a Democracia, senón tamén en directa relación coa superación da pobreza e da miseria (Obxectivos do Milenio), do diálogo intercultural e interrelixioso (Alianza de Civilizacións), así como da resolución pacífica de conflitos (convivencia escolar) e da prevención da paz.

O autor fai un percorrido histórico polos documentos e declaracións que inspiraron a Cultura da Paz fronte da cultura da violencia, da imposición ou da forza, da súa influencia nos currículas escolares, na lexislación ou na política internacional, para adiantar recursos e dinámicas de aula cos que poñer en práctica, na escola e na vida, unha cultura baseada no diálogo, no acordo e na concordia, bases da nonviolencia e dos movementos sociais que a asumen como metodoloxía de desobediencia civil e de construcción doutro mundo posible, máis xusto, máis democrático, máis sustentable e máis humano, desde un enfoque transformador.

Fará a presentación do autor, Carlos Neira Suarez, ex- traballador e dirixente sindicalde Astano, militante destacado da esquerda nacionalista galega durante a reconversión naval e bo amigo de Manuel Dios.

[*] Manuel Dios Diz, é mestre, licenciado en Xeografía e Historia pola USC e preside o Seminario Galego de Educación para a Paz.

Rúa do Valiño 13- 1º
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Tfno: 981-561956



Enviado por:

avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
6 de junho de 2011 09:48
______________

martes, xuño 07, 2011

O Sempre em Galiza é um livro fundamental para conhecer a Galiza -

O Sempre em Galiza é um livro fundamental para conhecer a Galiza, para nos aproximar do nosso país e da sua História e para sermos capazes de interpretar o porquê dum movimento como o nacionalismo galego, o galeguismo político, que tem umas características próprias e que promove desde há quase cem anos a concepção da Galiza como uma colectividade nacional, como uma nação.

O Sempre em Galiza é um dos alicerces ideológicos em que se apoiou o nacionalismo galego para se reconstruir após a barbárie fascista que começou no ano 1936, e da qual ainda hoje padecemos consequências bem directas na Galiza. É um livro fundamental para conhecer a Galiza, para nos aproximar do nosso país e da sua História e para sermos capazes de interpretar o porquê dum movimento como o nacionalismo galego, o galeguismo político, que tem umas características próprias e que promove desde há quase cem anos a concepção da Galiza como uma colectividade nacional, como uma nação.

As e os amigos leitores, de Portugal e da Galiza, devem reparar em que estamos diante da obra que compila e mostra a amplitude do pensamento político de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Uma figura totalmente desbordante da Galiza do século XX. Castelao junto a Rosalía de Castro são duas personagens que escapam do plano meramente cultural, literário ou político para se tornarem em dous mitos populares galegos, isto é, duas figuras assimiladas totalmente pelo imaginário colectivo do povo galego.

No caso concreto do autor rianjeiro estamos diante dum criador multifacetado que construiu um espólio onde encontramos teatro, pintura, quadrinhos de jornais, relatos, romances ... e um intenso trabalho político, chegando a ser deputado do Partido Galeguista (PG) nas cortes da IIª República espanhola. É por tudo isto que a Associaçom Galega da Língua (AGAL) entendeu que a obra deste galego universal devia ser difundida ao máximo, e sobretudo no resto da Lusofonia, onde tantas vezes a Galiza passa por ser uma grande desconhecida.

Para acompanhar esta primeira versão do Sempre em Galiza, magnificamente adaptada pelo professor Fernando Vasquez Corredoira, na AGAL achamos importante dar a palavra a uma série de pessoas que são boa mostra da herança política que Castelao deixou ao povo galego. Camilo Nogueira, um dos redactores do anteprojecto de Estatuto de Autonomia de Galiza de 1981 e primeiro eurodeputado do Bloco Nacionalista Galego (BNG) de 1999 a 2004; Francisco Rodríguez, especialista em autores galegos como Curros Enríquez ou Rosalía de Castro, membro da Executiva do BNG e deputado no Congresso dos Deputados de 1996 a 2008; Xosé Manuel Beiras, economista, porta-voz nacional do BNG desde a sua fundação em 1982 até 2003 e porta-voz no Parlamento do BNG de 1985 até 2003; Margarita Ledo, catedrática de comunicação audiovisual da Universidade de Santiago e directora do semanário A Nosa Terra de 1977 a 1980; Encarna Otero, professora de História e vice-presidenta da Câmara Municipal de Santiago de Compostela de 1999 até 2003; e Luís Gonçales Blasco 'Foz', membro da comissão linguística da AGAL e da Academia Galega da Língua Portuguesa; são vozes o suficientemente autorizadas para nos achegar a figura de Castelao e a sua obra.

Miguel R. Penas


Portal galego da Língua:
http://www.pglingua.org/

Fonte: imperdivel.net
[A loja on-line da Associaçom Galega da Língua]
___________________

Cabreo, ... Por Amadeo Varela

Por Amadeo Varela [*]
07.06.2011


Entre nós, paréceme que a palabra cabreo define moito mellor o estado anímico da xente que o termo indignación. Desde logo está moi claro que unha parte moi numerosa de cidadáns ten todo o dereito do mundo de estar cabreado e de expresar o seu cabreo, dentro dos límites legais. De feito, ultimamente unha parte da cidadanía sacou á rúa a súa protesta, “tomando” as prazas céntricas de moitas cidades españolas, para esixir “Democracia real, xa”. Tal como están as cousas, esta “movida” non pode sorprender a ninguén, mais coido que habería que facer unha pequena análise deste fenómeno social ¿espontáneo?

Por exemplo, segundo as enquisas máis recentes, a primeira preocupación dos españois é o paro. Xa que logo, penso que se podería esixir “Traballo, xa”, no canto de pedir máis democracia; por outra parte, o momento elixido para a protesta, en pleno proceso electoral, paréceme bastante sospeitoso, pois aínda que aparentemente a repulsa ía dirixida a todos os políticos, ata o participante máis inxenuo debería supoñer que este acto reivindicativo volveríase automaticamente na contra do partido no poder, fose este cal fose. De momento, o resultado das eleccións do 22 M así parece indicalo. Agora compre agardar a ver se ese movemento continúa ou se disolve como o sal na auga. E conste que eu estou a favor dunha democracia total, coa independencia dos diferentes poderes e co mesmo valor para todos os votos, cousa que actualmente non é así.

[*] Amadeo Varela Rodríguez -Ferrol 1936, foi traballador de BAZAN, é o autor de "Recordos do vello Racing" publicado no 2000, "Bazan e Ferrol - Unha simbioses perfecta?" (a historia dunha época, "... detrás de cada barco que nace, hai moitas horas de esforzo. Nesa tarefa, miles de traballadores foron gastando a súa saúde e a súa vida".) publicado no 2003 e coautor de "Retallos da Memoria II" ("Memorias de neno" sobre a súa vida de pequeno nunha familia republicana perseguida), publicado no 2009. Autor de numerosas cartas e artigos na prensa local. Autor de sitios na rede sobre Ferrol. Cofundador da Asociación San Fernando para defender o Patrimonio Histórico do barrio ferrolán de Recimil contra a súa pretendida demolición, membro do Colectivo Recimil co que promoveu a Plataforma Ártabra 21 e a Plataforma en Defensa dos Espazos Públicos. Na actualidade forma parte do Colectivo Ártabra 21.
____________