sábado, febreiro 25, 2012

CIG informa do calendario comarcal de mobilizacións contra a reforma laboral, tanto en solitario como en compañía doutros sindicatos, até concluir na Folga Xeral do 29 de Marzo



CIG INFORMA
Calendario mobilizacións contra a reforma laboral

Como ben sabedes, todas as últimas medidas que están adoptando os distintos gobernos, tanto central (ante co PSOE e agora co do PP), como autonómico, están a supor un ataque frontal contra a clase traballadora e os sectores máis débiles da sociedade. As consecuencias inmediatas xa están facendo notar: maior empobrecemento e niveis de exclusión social aumento do desemprego, precariedade laboral, perda de dereitos que levou anos conquerir, etc.. estas consecuencias vense ademais incrementadas de xeito moi especial no noso país e na nosa comarca.

A última agresión é a Reforma Laboral que recentemente ven de aprobar o goberno central. E non vai ser a última.

Diante de todas estas agresións contra a clase traballadora, a CIG non dubidou en darlle unha resposta inmediata coa convocatoria de Folga Xeral para o vindeiro día 29 de marzo, deixando aberta a data á posibilidade de que se sumen outras organizacións sindicais.

Pero a Folga Xeral é un instrumento máis, non un obxectivo en si mesma. Por iso, nin rematará a loita con esa xornada, nin será a única acción que desde a CIG levaremos a cabo.

É por iso que che facilitamos un calendario de actos e mobilizacións que desenvolveremos nas vindeiras datas, uns de carácter confederal, outras sectoriais, para que as coñezas, lle deas a máxima difusión, e participes activamente en todas as que che sexa posible.

Un saúdo nacionalista e de clase.

CALENDARIO DE ACTOS E MOBILIZACIÓNS ATÉ A FOLGA XERAL DO 29 DE MARZO DE 2012
____________

DATA
HORA
LUGAR
CONVOCATORIA/MOTIVO
25 febreiro
11:00
Praza Toural Santiago de Compostela.
Manifestación polo Consorcio
27 febreiro
12:00 h
Praza Amada Garcia - Edif. Da Xunta en Ferrol
Mobilización da Xente do Mar en defensa da Ría e os postos de Traballo.
27 febreiro
14:15 h
12 e17 h
Edificio Xunta e A.Marcide  en Ferrol
Asembleas de Traballador@s. Medidas da Xunta contra empregad@s públic@s
27 febreiro
19:30 h
Fene. Salón de Plenos
Proxección, charla, debate e concentrac. sobre alternativas á crise. Confederación na Comarca.
28 febreiro
10:00 h
Parlamento Galego. Stgo.
Concentración Área Pública. Medidas da Xunta contra @s empregad@s públic@s.
28 febreiro
11 e12 h
A.Marcide e Edif.Xunta
Concentracións.
28 febreiro
19:45 h
Casa Dopeso. As Pontes
Proxección, charla, debate e concentrac. sobre alternativas á crise. Confederación na Comarca
1 de marzo
10:30 h
Locais da CIG de Ferrol
Asemblea e manifestación de delegad@s.Contra a Reforma Lab. Convocada pola Confederación.
1 de marzo
19:30 h
Asociación de Veciños Alto Castiñeiro. Narón
Proxección, charla, debate e concentrac. sobre alternativas á crise. Confederación na Comarca
5 de marzo
19:30 h
Torrente Ballester-Ferrol
Proxección, charla, debate e concentrac. sobre alternativas á crise. Confederación na Comarca.
6 de marzo
10:00 h
14:15 h
Pazo de Congresos.Santiago
Consello Confederal e entrega dos premios 8 e 10 de marzo.
7 de marzo
17:00 h
Locais da CIG Ferrol
Asemblea de Parad@s. Información, Análise da Reforma Laboral e consecuencias
8 de marzo
12:30 h
Praza Amada Garcia - Edif. Da Xunta en Ferrol
Conmemoración do “Día Internacional da Muller Traballadora”. Convoca a Confederación
8 de marzo
19:30 h
Centro Cívico de Mugardos
Proxección, charla, debate e concentracións sobre alternativas á crise. Confederación na Comarca
10 de Marzo
11:00 a 12:00 horas Monumento 10 de Marzo Manifestación desde Esteiro
Ofrenda e Manifestación no "Día da Clase Obreira Galega"
11 de marzo
12:00 h
Estación do tren de Santiago.
Manifestación. Mulleres galegas en loita polos nosos dereitos!. Convoca a CIG e outros colectivos.
15 de marzo
Xornada de loita con peches en centros da administración pública, ensino e saúde, así como en empresas varias, especialmente en aquelas que estean con tramitacións de EREs ou con conflitos de outro tipo.
20 de marzo
Ferrol
Peches nas oficinas das principais entidades bancarias
22 de marzo
19:30
Concello Ferrol
Concentración. Contra a Reforma Laboral
29 de Marzo


Xornada de Folga Xeral

________________
Enviado por:
Confederación Intersindical Galega
-cig-informa@galizacig.com-
24 de fevereiro de 2012 18:36
__________________________

venres, febreiro 24, 2012

As traballadoras e traballadores de 'Público' deciden deixar de publicar o diario - O seu peche, da edición de papel, estaba programado para o vindeiro Domingo


Aínda que a empresa editora suxerira lanzar dous números máis do diario, os traballadores e traballadoras consideran que nesta situación sería unha tomadura de pelo tanto para o persoal como os lectores.

Os traballadores de Público lamentamos o peche da edición de papel, que supón a perda dunha voz crítica indispensable para a pluralidade informativa e de pensamento. A empresa comunicou que a edición dixital do diario mantense, pero non concretou en que condicións manterase aos traballadores nin durante canto tempo nin con que intención.

Aínda que a empresa editora suxerira lanzar dous números máis do diario, os traballadores consideran que nesta situación sería unha tomadura de pelo tanto para o persoal como os lectores. Considerámolo un último xesto de dignidade profesional ante a mala xestión da empresa. O diario de hoxe, venres 24 de febreiro, é o último exemplar de 'Público' na súa edición de papel.

Desde que fai dous meses a empresa dese a coñecer o concurso de acredores, os traballadores apostamos, con responsabilidade, por manter o proxecto, a pesar da incerteza sobre a súa continuidade e a situación de persoal e colaboradores. Neste período de tempo, independentemente do diñeiro que se nos debe, os traballadores mantivemos a calidade do diario e o noso compromiso cos lectores. Compartimos con eles un punto de vista ideolóxico que busca denunciar, con rigor e profesionalidade, as inxustizas sociais e os efectos da crise.

Esperamos que, dado que o persoal e os colaboradores estiveron á altura das lamentables circunstancias, Mediapubli sexa fiel agora aos seus pretendidos principios progresistas e ofreza aos traballadores as mellores condicións posibles para a súa saída.

Os traballadores e traballadoras agradecemos aos lectores e lectoras as numerosas mostras de apoio que recibimos durante este duro período.

Fonte: publico.es

Recomendamos entrar no enlace orixinal con 187 interesantes comentarios ás 19:40 do 24.02.2012


Noticias relacionadas:
______________________

A bondade dos bancos, ... Por Isaac Rosa

Por Isaac Rosa [*]
24.02.2012


Non entendo a desconfianza que provoca o anuncio do ministro De Guindos dun código de boas prácticas para a banca en materia de hipotecas. Si, é verdade que todo queda á súa boa vontade, pero por iso non entendo o receo: é que os bancos non teñen boa vontade? Non lles vemos capaces dun xesto bondadoso?

Como son de natural confiado, resístome a pensar que os banqueiros carezan de corazón. Así que acudo ás webs corporativas das entidades, e aí están: as probas de que non son tan malos como pensamos. Navegando encontro que un dos maiores bancos conta cun "código de conduta" e uns "principios éticos", que publicita xunto a unha "política de dereitos humanos". Vou a outro banco, e encontro varios documentos que explican o seu "compromiso coa sociedade" e o seu "compromiso en materia de dereitos humanos". Un terceiro banco presume de contar cunha "Política de Ética e Dereitos Humanos", e outro máis asegura ser unha "entidade comprometida" que se basea nunhas "finanzas responsables".

Se os nosos bancos contan xa -sen que llo pida o ministro- con principios éticos, códigos de conduta e compromisos en dereitos humanos, por que non ían ter un xesto de bondade coas familias que peor o están pasando?

Pois non, vese que nin o ministro confía moito nesa bondade, e por iso ofrecerá incentivos fiscais. A ver se ao final o banco vai acabar deducíndose por un diñeiro que en ningún caso ía cobrar, pois falamos de familias (sen ingresos) que nunca ían poder facer fronte á débeda; ou acaba recibindo incentivos por dar facilidades ás familias para quedar (e seguir pagando) un piso que o banco non quere nin en pintura.

Tras máis de 300.000 execucións hipotecarias e centos de protestas, todo o que ten o Goberno para as familias asfixiadas é un código de boas prácticas. Imaxino que o próximo será un código de boas prácticas para as empresas, para que apliquen con humanidade a nova reforma laboral; e ata un código ético para os antidisturbios valencianos. De cumprimento voluntario, por suposto.

Publicado o 23.02.2012 en Traballar cansa - Público.es

[*]Isaac Rosa Camacho -Sevilla, 1974, é escritor e activista de esquerdas. Anque naceu en Sevilla, viveu en Extremadura e agora reside en Madrid. Publicou as novelas "La malamemoria" (1999), posteriormente reelaborada en "¡Otra maldita novela sobre la guerra civil!" (2007), "El vano ayer" (2004) e "El país del miedo" (2008). Con "El vano ayer" obtivo o Premio Rómulo Gallegos (2005), o Premio Ojo Crítico e o Premio Andalucía de la Crítica, e foi levada ao cine por Andrés Linares co título de "La vida en Rojo". A súa última novela, "El país del miedo", recibiu o Premio Fundación José Manuel Lara á mellor novela de 2008. Isaac Rosa, na actualidade reside en Madrid. Tivo o honor de remplazar a Javier Ortiz na columna que publicaba no xornal "Público" logo do seu pasamento. Outras obras: "Adiós muchachos" (1998, teatro), "El ruido del mundo" (1998, novela), "Kosovo. La coartada humanitaria" (2001, ensaio), ...

Ligazóns externas:
________________

Ferrol, como no resto das cidades da Galiza, mobilizou-se en defensa dos Servizos Públicos e contra os recortes dos dereitos d@s empregad@s públic@s


Ás 7 da tarde deste Xoves 23 de febreiro de 2012, a Praza Amada Garcia de Ferrol, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, enchía-se de bandeiras multicolores dos sindicatos da administración pública que de xeito unitario estanse mobilizando contra as Medidas de (contra)reforma no emprego público galego, aprobadas polo goberno dereitista de Alberto Nuñez Feijóo. Medidas de (Contra)reforma chea de recortes en dereitos, en calidade de vida, ... que recortan postos de traballo, que empeoran as condicións laborais e en consecuencia recortan as prestacións de servizos á cidadanía,  dependencia, sanidade e ensino...

Pouco despois das 7 da tarde partía a multitudinaria manifestación cuxa composición maioritaria era de empregad@s public@s, de todos os sectores, ensino, sanidade, servizos sociais, dependencia, administración, ... Foi unha manifestación longa por todo o casco histórico da cidade, para rematar no mesmo lugar desde onde partiu. Unha vez concentrad@s pasou-se á lectura dun comunicado unitario, precedido dunhas palabras de solidariedade co movimento estudantil de Valencia que estes días foi vítima dunha brutal e desproporcionada represión policial.

Manifestación na Defensa dos Servizos Públicos, "Non aos recortes dos nosos dereitos" - Mobilizacións en Ferrol - 23 de Febreiro 2012.


Concentración na Praza Amada Garcia

http://youtu.be/jysPFOW1Z8E

Manifetación pola rúas do casco vello de Ferrol

http://youtu.be/N7x02BYmfBc

Comunicado Final na Praza Amada Garcia

http://youtu.be/oGf3LUw7JkQ


Galería Fotográfica da Mobilización de Ferrol

Fonte das fotos Susete'70
________________

xoves, febreiro 23, 2012

Recollida de sinaturas no Marcide a prol da Iniciativa Lexislativa Popula en defensa e promoción da Sanidade Pública

Xoves, 23 Febreiro 2012 - A CIG Saúde Ferrol como membros da Xunta de Persoal estivo recollendo sinaturas en prol da ILP en defensa da Sanidade Pública que leva adiante a Plataforma S.O.S. Sanidade Pública. Moitos foron xa os pacientes e compañeiros e compañeiras que se achegaron pola mesa que está situada no Hall de entrada ao Hospital Arquitecto Marcide.

Aínda estás a tempo! Pasa e asina en prol da Sanidade Pública!

APOIA COA TÚA SINATURA A PROPOSICIÓN DE LEI, POR INICIATIVA POPULAR, PARA A DEFENSA E A PROMOCIÓN DA SANIDADE E PÚBLICA EN GALIZA.

As razóns que aconsellan a tramitación e aprobación polo Parlamento de Galiza da presente PROPOSICIÓN DE LEI, céntranse na necesidade de dar voz aos amplos sectores da nosa sociedade que demandan unha resposta lexislativa que sirva de freo ás actuais políticas de privatización, ou apertura ao mercado, do sector público sanitario, que producen un contrastado empeoramento da calidade asistencial e un enorme aumento dos custos en saúde. Alén desta opción expresa pola xestión pública directa das institucións sanitarias do Sistema de Saúde de Galiza, a PROPOSICIÓN DE LEI aspira a incrementar a calidade e a eficacia do servizo público sanitario, mediante o incremento da capacidade resolutiva en atención primaria e a racionalización do mapa sanitario. Estas medidas teñen a finalidade común de achegar o servizo público á cidadanía e preservar o seu carácter público, universal e gratuíto, pois xa foi pagado por todos e todas nós a través das nosas cotas á seguridade social, taxas e impostos.

A entidade promotora desta Iniciativa Lexislativa Popular, a Plataforma Galega SOS Sanidade Pública, constituída por outras moitas plataformas comarcais e organizacións, entre a que está a nosa Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Área Sanitaria de Ferrol, constituída por 47 organizacións e colectivos de todo tipo (sindicais, veciñais, sociais, asistenciais, culturais...), imos comezar unha recollida de sinaturas pola comarca, para que toda persoa que queira promover e defender a sanidade pública poida deixar a súa firma nesta iniciativa e poder defendela ante o Parlamento de Galiza.

Recolleranse sinaturas durante os meses de Febreiro, Marzo e Abril de 2012.

Para contactar coa Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Área Sanitaria de Ferrol:

plataformadspferrol@gmail.com
http://plataformadspferrol.blogspot.com/

No local social da Asociación Veciñal de Esteiro
Rúa Fernando VI, Bloque I baixo.
Ferrol 15403 - Telef. 981933223.

Fonte: cig-saude.org/ferrol

Enviado por:
CIG Saúde Ferrol
-cigsaudeferrol@gmail.com-
23 de fevereiro de 2012 11:53
________________

mércores, febreiro 22, 2012

Rajoy non sabe que sociedade goberna, ... Por Rosa María Artal

Por Rosa María Artal [*]
22.02.2012

Os políticos representan o terceiro problema para os españois, pero eles obstínanse en que non querer decatarse. A ignorancia da súa propia situación parece ser inversamente proporcional ao número de votos obtidos. Na cabeza da lista, xa que logo, o PP seguido a curta distancia polo PSOE.

O Partido Popular de Mariano Rajoy saíu do seu cámara de crioxenización absolutamente impermeable a nada que suceda desde que entraron nela, digamos no tardío franquismo: Rajoy non sabe que sociedade goberna. O seu equipo tampouco. Aí está a clave que non viamos.

Parecen crer que todos son como eses case 11 millóns que lles votaron, a cuarta parte do país. Aínda seguen pensando que se pode aporrear a disidencia farto xustificada -caso dos recortes en Valencia que chegan ata a calefacción dos centros escolares- e logo empregar as cutres tácticas de que entre os manifestantes había infiltrados e eran moi violentos. Chegar a asegurar até que non hai recortes. Que non é, o que é. Pasen e vexan, imos.


Mantas nas aulas de Valencia

Rajoy sae ao exterior investido de presidente -coa añeja bandeira de Xibraltar como estandarte para que non haxa dúbidas- e tópase con que nos quioscos de Londres non venden ABC, A Razón ou A Gaceta, senón xornais que mostran a realidade, ata algúns españois. E dálle reparo que os estraños vexan os rostros ensanguentados dos adolescentes. Non, non, esta imaxe de España non podemos dar. Cal? A que tamén bota da carreira xudicial ao Xuíz Garzón por tratar de investigar o franquismo e a corrupción? A que dá diñeiro público aos touros e quítallo á investigación científica?

A severa mamá Cospedal, a campechana Aguirre, ou quen podería ser estampa do Opus, Fátima Báñez, seguen tratando aos españois como a nenos deficientes. Ou o case defenestrado González Pons, aínda que continúe exhibíndose co perenne sorriso valenciano do PP, que é capaz de dicir -do mesmo xeito que Soraya Sáenz de Santamaría- unha cousa e a súa contraria nun breve espazo de tempo sen o menor rubor. Isto era ¡antes! do 20N naturalmente:


O vicesecretario de Comunicación do Partido Popular, Esteban Gonzalez Pons, animaba aos españois a rebelarse pondo de exemplo a Exipto, o 12 de marzo de 2011.
http://youtu.be/aNFJ6Wx63qg


Outra sociedade que non coñecen, nin parecen ter o menor interese en coñecer, está informada por canles que non controlan e comunícase, relaciona conceptos, non se deixa enganar, non xerminou na caspa e, sobre todo, non ten medo. Rajoy e o seu PP están cometendo un gravísimo erro ao pensar que todo sigue como o deixaron, como o deixou o franquismo. O seu espertar pode depararlles amargas sorpresas. "O cento por cento" e o "todo o mundo" é un soño, non é como o imaxinan na súa cápsula.


Reacción antirrepresiva en Madrid

É un orgullo persoal, por exemplo, ver este libro como bandeira na manifestación de Madrid para apoiar aos estudantes de Valencia.

Incautos ségueos habendo. Como este que chamou a un dos mellores informativo da radio: Asuntos Propios de RNE. Un chofer de famosos, pero "chofer de famosos, oia!", que soñou selo tamén á calor do variado "pelotazo" levantino e agora conseguiuno polo seu patetismo e desesperación.


As politicas do PP e do PSOE lévannos á ruína! Fragmento de radio cun testemuño dun oínte. Programa Asuntos Propios en RNE: blog.rtve.é/asuntospropios/ Audio completo:
http://www.rtve.es/alacarta/live_audio_PopUp.shtml?idAudio=1322272&vp=4.0.31&lang=es

http://youtu.be/N2wO0edFr6E


22 Febreiro 2012

Fonte: http://rosamariaartal.com/2012/02/22/rajoy-no-sabe-que-sociedad-gobierna/

[*] Rosa María Artal. Xornalista e escritora. En 2008 terminou unha longa carreira en TVE. O traballou en Informe Semanal onde foi reporteira. Publicou seis libros, de literatura e periodísticos. Entre estes últimos, "11M-14M, onda expansiva", "España, embigo do mundo" -2008-, "A enerxía liberada" e xunto a VV.AA. "Reacciona" -2011. .... [+ en google]

Sitio na Rede:
http://rosamariaartal.com/
____________________

@s CIGarróns de Ferrol contra a reforma laboral e o proxecto de medidas de reforma da administración publica galega - Fotos e Vídeos

Hoxe ao mediodía a comparsa @s CIGarróns paseou polas dependencias da Subdelegación Comarcal da Xunta de Galicia en Ferrol, chamando ao enterro da (contra)reforma Laboral do dereitista Rajoi e da farsa do Proxecto de medidas de reforma da Administración pública. No acto o Excmo. Sr. Presidente Frijolito acompañado de varios asesores intentou vender as (contra)reformas ás traballadoras e traballadores concentrados que en todo momento abuchearon ao presidente, ao final queimaron a nefasta reforma nun "aquelarre" purificador.



http://www.youtube.com/playlist?list=PL39FCC0175980DFAA


Enlace:

Galería Fotográfica do Acto

Fotos: Susete'70
___________________

Afunden a carga de traballo para os estaleiros - O PP negouse a transaccionar un acordo co portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, que contemplase medidas para o sector naval de Galiza


Afunden a carga de traballo para os estaleiros
O plantel de Navantia reclama carga de traballo

O PP negouse a transaccionar un acordo co portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, que contemplase medidas para o sector naval de Galiza, tanto o relativo aos estaleiros da Ría de Vigo como os públicos de Navantia na Ría de Ferrol. O resultado da votación da proposición nacionalista foi: 130 votos a favor, 180 en contra e 17 abstencións.

Sociedade • 22/02/2012 • Autor: Redacción

O Pleno da Cámara debatía unha proposición non de lei de Jorquera, á que varios grupos parlamentares presentaron emendas, entre eles o grupo popular. O deputado do BNG considerou excesivamente ambigüa, nada concreta e moi insuficiente a emenda do PP, por iso ofertou unha transacción ao grupo popular coa vontade de chegar a un acordo. Máis, para o BNG hai cuestións que son irrenunciábeis, como a necesidade de adoptar unha solución para os estaleiros da Ría de Vigo mentras a UE non solucione a cuestión do Tax Lease, como o compromiso concreto de construir o dique flotante en Ferrol e que se negocie unha data de vencemento ás limitacións que pesan sobre o estaleiro de Fene.

É preciso salientar que en xuño do ano pasado, 2011, o PP votou a favor destas cuestións relativas a Navantia na votación dunha moción do BNG aprobada en Pleno. En cambio, agora que está no Goberno a súa posición é distinta. Precisamente, a falla de compromiso do PP cos plantexamentos do BNG sobre os estaleiros públicos da Ría de Ferrol, foi o que motivou que Jorquera só aceitara as emendas transaccionais presentadas por IU e polo grupo socialista.

Na súa intervención no pleno, Jorquera destacou que as medidas do BNG para o sector naval público e o privado “contribuirían a resolver a gravísima crise que padece o sector naval, tanto no conxunto do Estado como na Galiza en particular”. Neste sentido, puxo de manifesto que o sector naval é un sector “básico da economía galega xa que representa o 5,7% do PIB do noso territorio, e no 2008 empregada directamente a máis de 10.000 traballadores, ademáis dos traballos indirectos”.

Advertiu o deputado do BNG que a crise que afecta a este sector cuestiona até a súa propia superviviencia. Pero no caso galego tamén conflúen outras razóns, subliñou. “Os estaleiros públicos da Ría de Ferrol están a sufrir as consecuencias dos dictados de Bruxelas que os obrigou a operar case en exclusiva na construción naval militar”.

O Tax Lease non conleva competencia desleal

E en relación ao Tax Lease que afecta especialmente aos estaleiros da Ría de Vigo, salientou que a investigación iniciada pola Comisión Europea sobre o sistema de arrendamento fiscal “situou aos estaleiros privados ao borde do peche”. O BNG, enfatizou, “nega rotundamente que o Tax Lease conleve competencia desleal”. Así, lembrou que a realización de contratos con este sistema se iniciou no 2003, e “non se presentou ningunha denuncia até o pasado ano. Unha denuncia que só busca disputar cotas de mercado nun contexto de forte caída da demanda”.

Jorquera argumentou que na UE o imposto de sociedades non está armonizado e que distintos países europeos practican rexímenes fiscais beneficiosos para o seu naval, “onde está a competencia desleal?”. Explicou a situación de parálise pola que atravesan os estaleiros debido ao bloqueo ao Tax Lease. Agora mesmo a carteira de pedidos dos estaleiros privados redúcese a só sete unidades. “A consecuencia é que se perderon xa 3.500 postos de traballo nas auxiliares e outros tantos están suxeitos a ERE´s”. E reprochou que outros países se teñan feito coa cota do mercado dos estaleiros galegos.

Por iso, afirmou, “é urxente que a Comisión Europea autorice un novo sistema de arrendamento fiscal mentras non se resolva o procedemento”.

Navantia

No que atinxe aos estaleiros públicos, Jorquera tamén describiu a crítica situación pola que atravesan: “a súa carteira de traballo está practicamente esgotada, e se non hai novos encargos perigarán os 5.600 postos de traballo dos estaleiros e das auxiliares”. Nos últimos meses, enfatizou, destruíronse 700 empregos.

Criticou a prohibición que pesa sobre o estaleiro de Fene de construir buques, porque “restrinxir a actividade á construción naval militar significa depender da contratación pública, moi limitada polos drásticos recortes”.

Explicou que fronte ás costas galegas pasa un dos corredores marítimos internacionais máis importantes, e os “estaleiros da Ría de Ferrol teñen unha posición xeográfica privilexiada para atraer ese mercado”. Pero iso exixe “investimentos como a construción dun dique flotante para reparar grandes buques”. E aludiu tamén á necesidade de superar as limitacións impostas pola UE.

Lembrou Jorquera que outros puntos da iniciativa do BNG coinciden cos dunha moción aprobada por unanimidade no pasado mes de xuño, e “o PP, durante a campaña electoral, comprometeuse a facer realidade o dique flotante se gañaba as elecións, demanda compartida polo conxunto da sociedade de Ferrolterra”.
É hora, puntualizou, de que as promesas den paso aos feitos”.

Fonte: RadioFusión
______________________

O portavoz do Ministerio de Saúde de Palestina, o doutor Ashraf Al-Qadreh, advertiu este martes: "Gaza, ao bordo dunha catástrofe humana, ..."


Gaza, ao bordo dunha catástrofe humana

O portavoz do Ministerio de Saúde de Palestina, o doutor Ashraf Al-Qadreh, advertiu este martes sobre unha catástrofe humana na Franxa de Gaza polo bloqueo do réxime de Israel sobre os cidadáns desta zona.

En alusión á escaseza de medicamentos, insumos médicos e o corte de electricidade que ameaza a vida de centos de palestinos, Al-Qadreh solicitou ás comunidades internacionais que urxisen ao réxime de Tel Aviv pór fin ao cerco de Gaza.

A única planta de electricidade de Gaza deixou de funcionar desde o pasado 14 de febreiro pola falta de combustible provocado polo bloqueo do réxime israelí, razón pola cal a maioría das zonas desta rexión atópanse na escuridade plena.

Neste sentido, o primeiro ministro electo palestino, Ismail Hanie, viaxou a Exipto para tratar coas autoridades exipcias sobre a provisión de enerxía e combustible a Gaza.

Desde xuño de 2007, o réxime israelí exerceu un bloqueo sobre a Franxa de Gaza, onde viven máis dun millón e medio de palestinos cuxa situación humanitaria agrávase día a día pola carencia de subministracións básicas, así como medicamentos, incluíndo 30.000 nenos menores de 5 anos que padecen de malnutrición crónica debido á escaseza de alimentos e a contaminación.

Fonte: Iran Spanish Radio -  Mércores, 22 de Febreiro de 2012 10:05
________________________

Carta a Jesús Rodríguez Pumar, propietario da antiga Fábrica de Lápis, ... Por Francisco Maceira - Polo mesmo autor: "As ratas da fábrica de lápis de Ferrol"

Carta a D. Jesús Rodriguez Pumar, propietario da fábrica de lapis

Por Francisco Maceira [*]
22.02.2012


Entendo, don Jesús, que, despois de tantos anos de litixio, queira exercer o seu dereito a edificar no solar da fábrica de lapis. Que queira derrubala para levantar vivendas porque a eso precisamente se adica JERPU, empresa da que vostede é propietario. O que xa non entendo tanto é porqué non intenta encaixar o seu proxecto co do Colexio Oficial de Arquitectos ou dos expertos en patrimonio -algún vido de fóra do país- que recomendan conservar elementos , sinais de identidade do noso pasado industrial.

Por que non se chegou a reunir cos que lle querían dar unha visión distinta sobre o tema? Descubrir porqué Hispania é algo máis que unha ruína ou unha niñada de ratas.

Ninguén do seu arredor soubo explicarlle que unha pala tirando cheminea e fachada da fábrica non é progreso. Todo ó contrario, é barbarie. Persoalmente creo que está mal asesorado. Na vida hai algo máis que cartos e cemento. Pode que incluso economicamente fose máis rendible manter en pé ó imaxinario de Johan Sindel.

De tu a tu, don Jesús, teño moitos menos cartos que vostede, pero nin polo dobre dos que ten me gustaría pasar á Historia como o home que destruíu un dos bens máis emblemáticos do patrimonio industrial ferrolán.

[*] Francisco Maceira Rodíguez -Ferrol, 1963.
f.maceira@hotmail.com


Enviada por:
Francisco Maceira
-f.maceira@hotmail.com-
22 de fevereiro de 2012 10:45
______________

As ratas da fábrica de lápis de Ferrol
Francisco Maceira (Ferrol)

Leo estes días na prensa opinións a favor do derrubo da fábrica de lápis de Ferrol. Argumentan que é un edificio carente de valor e que hai moitas ratas. Non din así autoridades expertas en patrimonio industrial que confirman a necesidade de manter alomenos as súas sinais identitarias :fachada, cheminea... Conservar estas pezas non está reñido cos beneficios económicos que lexítimamente reclaman os actuais propietarios do inmoble. Todo o contrario pois as vivendas incrementarían o seu valor si se ubican dentro deste ben único do pasado industrial ferrolán. Cabe recordar que no nome das ratas derrubouse no seu día o barrio de Esteiro. Tamén se vendeu o buque escola "Galatea". No nome das ratas quíxose tirar o casco histórico de Santiago e as murallas de Lugo. Non podemos deixar temas tan importantes como a conservación do noso pasado en mans dos políticos . É verdade que o mundo do Johann Sindel está ameazado polas ratas. Pero non as do solar -que non as hai- senón polas que pululan por dentro das nosas institucións.

Publicado no xornal Diagonal - Lunes 6 de Febreiro de 2012
___________________

Confírmase o fracaso das políticas europeas - Os últimos datos que acaba de presentar a oficina de estatística europea (EUROSTAT) mostran que Europa entra de novo en recesión - Escriben en AlterEconomía: Juan Torres López e Alberto Garzón

Confírmase o fracaso das políticas europeas

Por Juan Torres López e Alberto Garzón
22.02.2012

Os últimos datos que acaba de presentar a oficina de estatística europea (EUROSTAT) mostran que Europa entra de novo en recesión. Deixando agora de lado o feito de que medir a evolución da actividade económica a través do PIB desvirtúa bastante o coñecemento do que de verdade ocorre nas economías, o certo é que, até utilizando este indicador, a economía europea e a da zona euro mostran o seu mal estado ao rexistrar unha caída do 0,3% na súa actividade. Só Francia, Eslovaquia, Bulgaria, Hungría e Letonia sálvanse dos rexistros negativos.E algunhas xa empezan a estar tecnicamente en recesión (dous trimestres con crecemento negativo). Entre elas Bélxica, Holanda, Italia, República Checa, Dinamarca e Eslovenia. E, por suposto, as de Grecia, Portugal e posiblemente Irlanda cando se coñeza o dato do último trimestre.

Trátase, pois, do primeiro paso cara á recesión xeneralizada en Europa que case con toda seguridade podemos dicir que se está xa producíndose no trimestre no que agora nos atopamos e que seguramente afectará ata á "locomotora" europea, pois Alemaña xa rexistrou crecemento negativo (-0,2%) no último trimestre de 2011, o que demostra que as políticas que impón aos demais nin sequera son boas para a súa propia economía porque esta vive da demanda allea (do que está "tirando" da súa actividade nos últimos meses é o seu sector da construción).


Máis nuboeiros no horizonte

No entanto, sería inxenuo crer que o que está pasando en Europa é soamente que baixan unhas décimas os rexistros da actividade económica e que iso se resolverá pronto.

Se se entra nos detalles desta caída, as seguintes circunstancias permiten deducir que a situación é máis grave do que parece e que vai empeorar ao longo do ano:
- A deterioración estase producindo en practicamente todos os países europeos (Francia seguramente se engadirá aos de rexistro negativo neste primeiro trimestre de 2012), o que quere dicir que é o conxunto das políticas, o seu impulso e deseño xeral, o que falla e non só a súa mala aplicación por algúns países.

- Vén producindo unha considerable diminución do consumo privado como consecuencia da moderación salarial e da subida de impostos indirectos que están deteriorando a capacidade adquisitiva da inmensa maioría da poboación europea. Isto significa que aumentará a pobreza e a exclusión social, dando lugar ao círculo perverso que sempre orixina a deterioración das condicións de vida que ao cabo leva consigo peche de empresas, máis desemprego ... e peor rendemento económico.

- A caída na utilización da capacidade produtiva adianta que o investimento non se vai a recuperar en bastantes meses.

- Nada indica que se estea disposto a cambiar as políticas de recorte do gasto público, de modo que se vai a seguir provocando o aumento do desemprego e do peche de empresas como consecuencia da menor demanda e da perda de estímulos esenciais ao investimento e a innovación.

- Aínda que algúns países melloran o saldo exterior (como España) é máis ben como efecto da caída das compras ao estranxeiro que da subida de exportacións, o que indica que reducir salarios non conseguiu en realidade mellorar a competitividade global en Europa, tal e como din os defensores das políticas que se están impondo. Ocorre, como comentamos noutros artigo, todo o contrario: o empobrecimento xeral.

- Os indicadores de confianza económica baixaron aos niveis de 2009.

- Os diferenciais de débeda entre os países aumentaron nos últimos meses, a pesar de que os diferentes países foron aplicando as recomendacións das autoridades europeas e de que o Banco Central Europeo interveu masivamente. O que fai prever que o problema da débeda non só non está solucionado senón que vai aumentar ou ata a estalar nos próximos meses. Téñase en conta que os recursos dispoñibles do Fondo Europeo de Estabilidade Financeira e do Mecanismo Europeo de Estabilidade son insuficientes para facer fronte ás necesidades de financiamento de España e Italia nos próximos tres anos. Coa achega do FMI chegaría xusto pero a pouco que a situación nestes ou noutros países agravásese producirase unha crise xeneralizada.

- As enquisas dos bancos centrais apuntan a que empeoran as condicións de acceso ao crédito e isto é, moi posiblemente, o que vai marcar o tipo de crise asociada á nova etapa de recesión: un novo racionamento do crédito que ao engadirse ao que xa vén producindo pode chegar a paralizar a toda a economía europea provocando con iso outro desastre mundial. Ata o Banco Mundial acaba de sinalar nun recente informe que hai risco de ?unha crise global de dimensións iguais ou superiores á crise de Lehman Brothers, en 2008? (Global Economic Prospects 2012a: Uncertainties and Vulnerabilities. Resumo executivo en español en: http://bit.ly/x4safr).

Empeñados en fracasar para non actuar contra os bancos

Ao noso xuízo, estes datos mostran de forma clamorosa o fracaso indisimulable das políticas que veñen aplicando en Europa.

E é ademais é un fracaso longamente anunciado porque nace de non querer recoñecer nin enfrontarse á situación real de partida: tratando de aumentar ad infinitum o seu negocio (a xeración de débeda) a banca esnaquizou o sistema financeiro facéndoo saltar en mil pedazos. E como consecuencia diso agora atopámonos con dous problemas entrecruzados. Por unha banda, cunha necesidade extraordinaria de financiamento para facer fronte tanto á débeda privada auspiciada pola banca como á pública acelerada pola crise. E, por outro, cun sistema financeiro que non está en condicións de proporcionar o crédito que necesita a economía sinxelamente porque a banca está crebada, porque, por moito que se permita que se manipulen os seus balances con artimañas contables, o certo é que consumiu o seu capital propio e o alleo nas operacións de altísimo risco e completamente improdutivas que leva realizando desde fai anos. E, aínda por riba, porque en lugar de disciplinar á banca, as autoridades permítenlle que utilicen os centos de miles de millóns de euros que pon nas súas mans para que siga especulando e para que, en lugar de financiar á economía, lávese a cara e siga disimulando a magnitude da desfeita que provocou.

En lugar de facerlle fronte con realismo, ante esta situación as autoridades europeas decidiron pór-se á beira dos banqueiros para darlle todo tipo de facilidades e axudarlles a saír adiante. Renunciando así á fórmula de solucionala máis racional e efectiva e menos onerosa para os cidadáns: deixar caer á banca arruinada e garantir o financiamento como un servizo público esencial a través do Banco Central Europeo e de bancos nacionalizados.

Para xustificar a súa política de apoio á banca menten aos cidadáns sobre a orixe e natureza da débeda e dinlles unha e outra vez que o urxente é aliviala e moderar a demanda adicional de financiamento (porque vivimos, din, por encima das nosas posibilidades) e que iso só se pode conseguir reducindo os salarios e recortando o gasto público. Porque con salarios máis baixos as economía serán máis competitivas e obterán máis ingresos para pagar a débeda e porque con menos gasto público haberá máis recursos para pagala.

Trátase dunha política completamente errónea e falsa. E a mellor proba diso son os datos que mostran, como vimos ao comezo, que a economía europea vén de novo abaixo cando se pon en marcha.

A verdade é que o que perseguen as autoridades europeas é outra cousa. A primeira, como dixemos, salvar aos banqueiros porque estes imponllo grazas ao gran poder político que acumularon e que xa se traduce na súa presenza directa nos gobernos. E complementariamente aplicar a crenza liberal que afirma que a economía sae adiante só se se dan ás ao sector privado. E iso é o que lles leva a impor a privatización do pouco capital público que xa vai quedando para regalarllo ao capital privado, as reformas (laborais, financeiras, ...) que permitan multiplicar rapidamente os beneficios empresariais e pondo cada vez máis recursos en mans dos bancos e os grandes fondos de investimento (mediante o salvamento bancario ou a privatización das pensións e do aforro público).

O problema é que isto non só é unha forma sumamente inxusta de repartir da riqueza, senón tamén unha quimera desde a perspectiva do funcionamento global da economía: o que conseguen é deteriorar a demanda e sen ela só poden saír adiante as empresas que teñan moito poder de mercado e unha clientela completamente fidelizada. Para elas e para os bancos que seguen tendo barra libre no Banco Central Europeo e copiosas axudas dos gobernos é unha xogada perfecta. Pero é letal para as pequenas e medianas, para os traballadores e para a economía en xeral.

Agora ben. Xa non basta con crer que asistimos a un fracaso indisimulable da política económica por culpa de erros ou dunha mala conxuntura. As políticas de austeridade e recorte de dereitos económicos sociais fallan porque simplemente oriéntanse a distribuír ingresos a favor do gran capital e a aumentar o poder dos seus propietarios. E se tomamos en conta o dano que conscientemente están facendo a millóns de seres humanos habemos de recoñecelas non como un erro, senón como un crime económico.

Publicado en AlterEconomía o febreiro 20, 2012
___________________

Esquerda Unida esixe á Xunta de Galicia os equipamentos dos comedores sociais e un plan para a súa extensión ao conxunto dos barrios da cidade ao longo deste mandato - Por outra banda manifestan o rexeitamento ao custo e ocorrencia-proxecto para a antiga Praza da Porta Nova - rebautizada nos tempos da ditadura como Praza de España

Informacións do Grupo Municipal
Ferrol, martes 21 de febreiro de 2012

ESQUERDA UNIDA DENUNCIA COMO GASTO INNECESARIO O QUE O GOBERNO PROXECTA NA PRAZA DE ESPAÑA
“VANSE DESPILFARRAR PRETO DUN MILLÓN DE EUROS PARA PLANTAR UNHA DECEA DE ÁRBORES”, DENUNCIA JAVIER GALÁN

O Grupo Municipal de Esquerda Unida empraza ao alcalde de Ferrol a aplicar a austeridade en materia de ocorrencias travestidas de proxectos, e a aforrar o gasto anunciado para volver cambiar cousas na Praza de España. Este Goberno Municipal teima en contrarreformar os proxectos previos, nunha furia sectaria que nos custa centos de milleiros de euros á cidadanía. Xa abondo nos custaron as ideas do PP sobre a Praza de España no pasado como para que tornen a imaxinar máis cousas para este espazo público. O que lle importa ás persoas traballadoras, á cidadanía de Ferrol é o reto de garantir protección social ás persoas golpeadas pola crise e as respostas neoliberais que se seguen a aplicar logo de ter causado a actual crise e recesión; en resumo, EU defende que non hai que malgastar en obras innecesarias ou superfluas os cartos públicos.

Por poñer un exemplo do necesario e do superfluo, quérense gastar na Praza de España unha cantidade de preto dun millón de euros, cando o que se precisa con urxencia é a intervención na praza do Callao. Se esta última intervención semella urxente dado o deterioro do espazo e a densidade de tráfico que soporta, a intervención na praza de España cheira a unha das ocorrencias e modificados deste Goberno, insatisfeito con calquera obra pasada. A recreación virtual que se publica hoxe supón unha ráteo árbore-euros desmesurada: para plantar unha decea de árbores o custo dispárase a 100.000 euros por exemplar.

“Prudencia e austeridade semellan aconsellables para que o PP non volva a reabrir unha Praza onde cometeu erros abondo no seu anterior Goberno Municipal,” sinala Javier Galán. Se queren plantar árbores que o fagan coa cuadrilla municipal, pero que se aforren centos de milleiros de euros nun proxecto-ocorrencia.

A nosa organización chama a atención ao Goberno Municipal por reiterar o mal estilo antidemocrático de exhibir fotomontaxes nos medios de comunicación que son descoñecidos para os Grupos Municipais da oposición.

Pedimos en suma que non xoguen cos cartos públicos en cuestións innecesarias neste intre, cando tantas necesidades sociais e pobreza restan desatendidas na nosa sociedade.

ESQUERDA UNIDA DEMANDA QUE A XUNTA DE GALICIA SE FAGA CARGO DOS COMEDORES SOCIAIS DA CIDADE
YOLANDA DÍAZ DEMANDA UN ACORDO MUNICIPAL QUE PLANIFIQUE A APERTURA DESTES CENTROS EN TODOS OS BARRIOS DA CIDADE NESTE MANDATO

O Grupo Municipal de Esquerda Unida denuncia o mal quefacer do Goberno Municipal que atrasando os pagamentos a entidade social que xestionaba os comedores sociais non deixa de producir senón unha decisión “ difícil e dolorosa” segundo manifestou a propia entidade, a asociación Dignidad. O noso Grupo Municipal chama a atención e recrimina ao Goberno Municipal a mala xestión da área económica, que reproduce agora os atrasos e impagos dos que acusou nestes meses atrás ao Goberno anterior. “Este Goberno estase a especializar nos atrasos para solucionar problemas e nas demolicións para producilos” denuncia Yolanda Díaz, Voceira do Grupo.

Yolanda Díaz afirmou que a súa organización levará ao Pleno a petición, en forma de moción, para que os comedores sociais sexan asumidos pola Xunta de Galicia. Goberno Feijóo que ten en Ferrol a un pagano das súas deixacións, sexan estas os comedores escolares ou este outro equipamento social. Corresponde asumir unha fórmula para o longo prazo e non parchear sobrecargando de traballo a entidades sociais que xa desenvolven outras labouras, e que aínda por riba sofren logo a mala xestión económica deste Goberno.

Doutra banda, EU entende necesario acadar un acordo no seo do concello, acordo que contemple a programación e a dotación cos recursos suficientes destes equipamentos sociais, de xeito que en todos os barrios da cidade se garanta a posta en funcionamento dun comedor social ao longo deste mandato, comezando pola posta en funcionamento do comedor social de Esteiro e San Pablo, zonas onde xa hai os medios e recursos para poñelos en marcha. Falla o de case sempre: a vontade de ampliar as prestacións sociais a nosa veciñanza.

Razóns de orde social e demanda cidadá fundan dar este salto que permita estender ao conxunto da cidadanía a prestación dun servizo cada vez máis necesario por demandado.

Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol

eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org

facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/


Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
21 de fevereiro de 2012 14:12
Prezadas/os amigas/os: remitimos dúas INFORMACIÓNS do Grupo nas que pedimos a asunción pola Xunta de Galicia dos equipamentos dos comedores sociais e un plan para a súa extensión ao conxunto dos barrios da cidade ao longo deste mandato, comezando por San Pablo e Esteiro; doutra manifestamos o noso rexeitamento o custo e ocorrencia-proxecto para a praza de España. Saúdos, Ramiro Marier
___________________

Hoxe finou o compañeiro e activista, Xosé Reigosa Solleiro, co fundador da Rede Galiza Non se Vende - verdegaia - Manuel Domínguez de Pontedeume

Desde Ártabra 21 sómamo-nos a estas mostras de recoñecimento e lembranza do compañeiro Xosé.

Hoxe, o movemento ecoloxista, o activismo veciñal e todas as persoas que dende o seu recuncho de vida pulamos por mudar a realidade na procura dunha sociedade máis xusta e sustentable ficamos un pouco máis sós e un pouco máis orfos.

Xosé traballou arreo en todas as facianas da súa vida no activismo social e ambiental. Salvemos Monteferro , A Ría non se Vende e Galiza non se Vende foron as súas ferramentas nos últimos anos mais sempre estaba disposto a traballar e apoiar calquera iniciativa que supuxera defender o país e as súas xentes fronte as agresións que un sistema capitalista desbocado perpetra sobre as xentes do común.

Home pousado e conciliador, nunca deixou que os dogmatismos impediran integrar nunha mesma loita a xentes das máis variadas ideas. Procurando sempre o que une, o seu activismo incansable foi un acicate para moitas de nos e botarémolo moito de menos.

Ate máis ver, Xosé Reigosa. Terémoste connosco nestes anos duros e escuros que se achegan.

info@verdegaia.org
www.verdegaia.org 



De Manuel Domínguez -Pontedeume.
para Galiza Non Se Vende

Triste novas

Acabo de recibir a noticia e non vos imaxinades a profunda tristura que sentimos os seus amigos de Pontedeume. "Meus fusquenllos", dicía el cando nos atopabámonos cada ano, por estas datas, en medio das pancartas, as bandeiras e o ambiente festivo e reivindicativo que invadía a Alameda de Compostela. E logo, antes dos discursos e as chamadas á acción, había sempre un momento ou dous para tomarse con calma unha caña ou dúas baixo a mirada de Montse, que aparentaba reprobación pero que en realidade transmitía un amor infinito polo este home que hoxe nos deixa.

Desculpade estas intimidades, pero Xosé foi de todos nós, e para nós, os "fusquenllos", de verdade, Xosé era alguén moi especial. Lémbrolle unha tarde de verano ás beiras do Eume, con esa mirada intelixente e travesa mirando ás augas. Alguén lle preguntou por un partido da selección nacional, creo que había un mundial de fútbol, e él respondeu con ese humor cheo de sabedoría: "A min quen me preocupa é o celtiña".

Como ben dicía Xan, é un home que nos ensinou a superar os dogmatismos, a mentira das verdades absolutas e puña o corazón e a razón na loita por un terra viva, por un mundo mais xusto e por unha Galicia libre e democrática.

Hai algo tremendamente cruel nesta perda, nestes momentos en que tanto o necesitábamos.

Montse, Anxo e á familia de Xosé, recibide unha forte aperta dos irmáns eumeses de Xosé.

Tamén aos compañeiros de Galiza Non Se Vende

Enviado por:

Xan Duro
-xan.duro@usc.es-
21 de fevereiro de 2012 16:29

manuel dominguez
-manudominguez@yahoo.es-
21 de fevereiro de 2012 19:53