domingo, setembro 23, 2012

Convocatoria do Pleno da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol para o vindeiro mércores día 26 de setembro ás 18 horas no local da AV de Esteiro



Convocatoria do Pleno da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol.


Pola presente convocamos un Pleno da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública para o vindeiro mércores día 26 de setembro ás 18 horas no local da AV de Esteiro
Orde do día:
  • Plano de traballo da Pdspf para o último trimestre do 2012.
  • Preguntas e suxestións.
Agradecemos a presenza de tódalas entidades que compoñen a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública e a presentación de propostas de traballo.


Ferrol a  19 setembro de 2012.

Asdo/ Xosé Miguel López, portavoz da Pdspf




--

---- x ---- x ---- x ---- x ---- x ---- x ---- x ---- x 

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol

venres, setembro 21, 2012

Chamamento á solidariedade e convocatoria cidadá ante un desafiuzamento en Caranza


NON PERMITAMOS UNHA NOVA ESTAFA BANCARIA

Chamamento á solidariedade e convocatoria cidadá

O día 28 de setembro, Pilar e Manuel (64 e 68 anos de idade) veciños do barrio de Caranza van ser desafiuzados da súa vivenda. Despois de sufrir unha ESTAFA por parte do BBVA. Esta parella, leva vivindo máis de 35 anos no barrio.

Unha filla deles e o seu marido pediron un crédito hipotecario para unha vivenda.

Dentro do primeiro ano de vida do credito o marido faleceu, e a aseguradora non executou o seguro de vida vinculado ao préstamo. Entón o BBVA ante o temor de non cobrar  “obrigou” á filla a presentar uns AVALISTAS. Esta levou aos seus pais para avalar eses cartos coa vivenda familiar destes.

Cando eles entraron no BBVA para facer de avalistas para o crédito da filla saíron do banco como si eles fosen os PRESTATARIOS: COMO SI ELES FORAN OS QUE RECIBIRON ESES CARTOS.

Ningún dos dous apenas sabe ler, motivo polo que para o BBVA foi realmente fácil facer esta ESTAFA.

Manuel é un señor enfermo que depende de oxíxeno para respirar, e a muller tamén ten graves problemas de saúde. Son pensionistas e a súa pensión non chega ao salario mínimo interprofesional. Quedar sen vivenda e botalos á rúa coa súa idade e cos problemas de saúde que teñen, sería condena-los á pobreza absoluta e a súa exclusión social, mesmo a súa morte.

É unha obriga moral de todas as veciñas e veciños do barrio, e da Comarca, ser solidarios e máis nestes momentos de crise. Non se fala de axuda económica, senón de solidariedade e compromiso social.

Este é un chamamento para mobilizarse en defensa destes veciños:
  • O martes, 25 de setembro, ás 11 da mañá diante da sede principal do BBVA na Praza do Callao en Ferrol.
  • E o venres, 28 de Setembro, ás 11 da mañá, en Caranza, nas Rosas. Na praza que hai diante da Torre-I, Portal 9, da Rúa Alcalde Quintanilla.

Ferrol, a 21 de Setembro de 2012

Convoca a Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, conformada pola Comunidade Veciñal da Torre-I, veciñas e veciños, sindicalistas, asociacións culturais e sociais do barrio, varios partidos políticos, …

Esta é a nota que se elaborou na xuntanza aberta deste venres que tivo lugar en Caranza, onde se informou dos pasos dados e posteriormente debateu-se os pasos a dar co acordo da convocatoria de dúas concentracións unha na sede principal do banco -BBVA, en Ferrol e outra diante do edificio onde está a vivenda que se pretende alzar o vindeiro venres 28 de Setembro. E por outra banda continuar cos contactos para conseguir a paralización do desafiuzamento.

____________________

martes, setembro 18, 2012

O "Hispania Spirit", cargado con GNL para a ilegal e perigosa Reganosa, anuncia a súa entrada na Ría de Ferrol para este Mércores 19 de Setembro - Diante deste anuncio o Comité Cidadán de Emerxencia convoca, o mesmo día, unha concentración sonora, ás 8 da tarde na Praza do Hino Galego

Prevista a entrada na Ría do Gaseiro cargado con GNL, nº 126 “Hispania Spirit” o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca:

CONCENTRACIÓN
mércores 19 de setembro ás 20 hs,
Praza do Himno Galego, Esteiro – Ferrol

Características do buque:
Nome.- Hispania Spirit, Bandeira.- España, Eslora.- 279.8 m, Manga.- 43.4 m, Puntal.- 26 m, Calado.- 12.12 m, Capacidade.- 140.500 m³ de GNL





MÉRCORES 19 DE SETEMBRO ÁS 8 DA TARDE

CONCENTRACIÓN NA PRAZA DO HINO GALEGO

NO BARRIO DE ESTEIRO DE FERROL

PASO A PASO, PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA
  •  POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  •  CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  •  PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!

10 razóns para preguntarse... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas?



Visita a nosa web:  www.comitecidadan.org
Tamén en Twitter :  @ComitCEmerxenc


Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

...........
Para axudas económicas:
C.c. en Banco Santander,  titular: Luz Marina Torrente e outros
Desde España:
00493315772894017995
Desde o Extranxeiro:
ES 71 00493315772894017995


Artigo de Pablo Vaamonde sobre a sanidade galega "Os negocios na sanidade galega"

Deixámosvos un artigo publicado hoxe no xornal praza.com por Pablo Vaamonde:

Os negocios na sanidade galega


Os actuais gobernantes de Galicia non cren nos servizos públicos. O seu ideario ultraliberal lévaos a afirmar que a xestión privada é mellor. Mais no terreo sanitario hai razóns dabondo para afirmar o contrario. A experiencia das Fundacións Sanitarias, impulsada en Galicia por Romay e o seu equipo (Núñez Feijóo, Enrique Castellón) foi un fracaso. O grave endebedamento das mesmas e o descontento xeneralizado da poboación e dos profesionais levou ao goberno de Pérez Touriño a integralas na rede do Sergas. A privatización dos hospitais en Valencia e Madrid provocou un severo deterioro da calidade asistencial e un importante incremento do déficit económico destas comunidades. O resultado de todas estas experiencias é de dominio público e ninguén pode alegar descoñecemento das mesmas.
"A experiencia das Fundacións Sanitarias, impulsada en Galicia por Romay e o seu equipo (Núñez Feijóo, Enrique Castellón) foi un fracaso"
Mais, a pesar de todas as evidencias, o presidente da Xunta insiste na súa intención de privatizar todo o que non sexa o núcleo duro do sistema sanitario. Porque o que realmente buscan non é mellorar a calidade e a eficiencia dos servizos; o que perseguen é xerar espazos de negocio privado a expensas dos orzamentos. Desde que o Partido Popular tomou o poder na Xunta de Galicia xa se deron moitos pasos nesta dirección. No terreo sanitario os exemplos son numerosos.

A central de chamadas

"Este servizo foi adxudicado a unha empresa leonesa, Telemark Spain SL, que non ten ningún empregado en Galicia"
COnseguir unha cita para o médico de familia era ben doado: as chamadas telefónicas eran atendidas polo persoal de recepción dos Centros de Saúde. Agora existe un servizo automatizado que require dar correctamente once pasos sucesivos para obter a citación. O resultado xa sabemos cal é: catro de cada dez chamadas non conseguen finalizar o proceso. No medio rural volvemos a ver unha estampa do pasado: as persoas maiores agardando, pola mañá cedo, ás portas do Centro de Saúde. O que debería ser unha mellora convértese nun atranco para o acceso á atención sanitaria. Este servizo foi adxudicado a unha empresa leonesa, Telemark Spain SL, que non ten ningún empregado en Galicia. A maior parte dos seus traballadores concéntrase en Latinoamérica.

O centro loxístico de almacenamento e subministro

"Agora esta actividade pasa a mans privadas cun custe de preto de 100 millóns de euros e facilítanlle a unha empresa o control do subministro e o manexo dunha información de enorme interese estratéxico empresarial"
Vai distribuír material aos centros sanitarios de toda Galicia. Esta tarefa viña sendo realizado nas áreas sanitarias por persoal propio do Sergas, coa máxima eficiencia e sen que houbese ningún problema. Agora esta actividade pasa a mans privadas cun custe de preto de 100 millóns de euros e facilítanlle a unha empresa o control do subministro e o manexo dunha información de enorme interese estratéxico empresarial. Preto de Negreira ergueron, nun tempo récord, unha enorme nave na que van centralizar este servizo.

A empresa concesionaria é Severiano Gestión SL que, casualmente, xestionaba no ano 2004 o arquivo de historias clínicas dos pacientes do Hospital de Pontevedra, onde se produciu un  incendio que deixou ao hospital sen documentación clínica. Tamén xestionaba en 2005 unha nave que almacenaba material da Consellería de Educación valenciana e que tamén ardeu. No informe policial sinalábase a posibilidade de que o lume fose intencionado. Agora que as historias clínicas están informatizadas a actual administración concédelle a esta empresa a xestión dun servizo que era realizado de maneira perfecta por persoal propio e sen custe engadido.

A privatización do servizo de diálise do hospital de Barbanza
 

A Consellería de Sanidade pretendeu privatizar este servizo, mais a intensa mobilización impulsada pola Plataforma en defensa da sanidade pública desta comarca conseguiu frear, polo momento, este proceso. A pretensión da Consellería é transferir o servizo de diálise á Fundación Renal Íñigo Álvarez de Toledo (FRIAT), entidade privada que xestiona diversos centros de diálise en toda España (tres na provincia de Ourense). Son patróns desta fundación José Manuel Romay Beccaría (actual presidente do Consejo de Estado) e Enrique Castellón  (compañeiro de viaxe de Núñez Feijóo, pois ambos ocuparon altos cargos na Consellería de Sanidade e no Ministerio co citado Romay). 
 
Castellón tamén é o promotor dunha sociedade de capital risco (Cross Road Biotech), dedicada á investigación en biomedicina, que conta cunha achega importante (o 50 por cento) de diñeiro público. Este proxecto foi presentado en A Coruña o pasado mes de xullo, contando coa presenza do presidente da Xunta. 

O hospital privado Povisa

"Os seus propietarios e xestores teñen a extraordinaria fortuna de ver no outro lado da mesa a Rocío Mosquera, que foi xerente do sanatorio La Esperanza de Santiago (pertencente ao grupo Nosa Terra, propietario de Povisa)"
Todos os hospitais privados de Galicia teñen concertos co Sergas, que vén ser o seu principal cliente. Mais a relación do hospital Povisa coa sanidade pública é especial. Desde os anos 80 da cobertura asistencial a uns 140.000 habitantes da cidade de Vigo e da península do Morrazo, sendo o hospital de referencia para esta poboación a todos os efectos, como se fose un hospital público. Por esta actividade ingresa unha cantidade elevada, establecida no seu concerto particular. Este acordo privilexiado permitiulle ao hospital realizar un crecemento espectacular en novos espazos, servizos e renovación tecnolóxica. Sen embargo, o ratio de traballadores por cama está moi lonxe dos hospitais do Sergas, e as enormes listas de espera que provoca constitúen un problema crónico, que sofre a poboación adscrita. Os defensores da sanidade pública levan anos reclamando a suspensión deste concerto con Povisa, e realizaron numerosas denuncias sobre os déficits na atención deste hospital.

O concerto particular que vincula este hospital co Sergas está a ser negociado nos últimos meses. Os seus propietarios e xestores teñen a extraordinaria fortuna de ver no outro lado da mesa a Rocío Mosquera, que foi xerente do sanatorio La Esperanza de Santiago (pertencente ao grupo Nosa Terra, propietario de Povisa) durante moitos anos. Hai un evidente conflito de intereses que debería impedir a esta persoa participar nesta negociación. 


A renovación tecnolóxica

"O principal negocio previsto polo goberno de Núñez Feijóo é o novo hospital de Vigo. Diso falaremos nunha próxima entrega"
A Consellería de Sanidade deixa comprometidos 200 millóns de euros para realizar, con xestión privada, a renovación da alta tecnoloxía dos hospitais do Sergas; esta decisión foi moi cuestionada pola oposición e polas organizacións que defenden a sanidade pública. Tamén poderíamos falar da cesión á empresa Indra Sistemas (que realiza numerosos traballos para a Xunta de Galicia) da xestión das tecnoloxías da información do Sergas, incluíndo a receita electrónica e o programa Ianus.

Con todo isto non facemos máis que unha breve aproximación aos espazos de negocio que os actuais gobernantes estiveron a crear arredor dos orzamentos sanitarios. Mais o principal negocio previsto polo goberno de Núñez Feijóo é o novo hospital de Vigo. Diso falaremos nunha próxima entrega.


 ___________________________________________________________

Fonte: Praza.com

Acerca de Pablo Vaamonde:

Nado na Baña en 1956. É médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña). Fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005). Presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005 e vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña (1998-2005). Foi Director Xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas entre 2005 e 2006. Recibiu o Premio Lois Peña Novo en 2005 polo seu compromiso na promoción e defensa da língua de Galicia. Coordenador xeral da Irmandade da Sanidade Galega (ISAGA),  que pretende promover o uso do galego no ámbito sanitario.

|||||||||||||||| |||||||||||||||||||| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||

xoves, setembro 13, 2012

A Plataforma contra o Malgasto do diñeiro público a todo o tecido asociativo e cidadáns a título individual a unha reunión o próximo venres, día 14 de Setembro


A Plataforma contra o Malgasto de diñeiro público constutuída despois de que o Concello de Ferrol anunciara o gasto de máis de 700.000 € nunha nova obra na praza de españa, convocamos a todo o tecido asociativo e cidadáns a título individual a unha reunión o próximo venres, día 14 de setembro, ás 19,00 horas no local da A.VV. de Esteiro para informar sobre os actos que estamos facendo e programar os seguintes pasos para impedir este malgasto nun espazo público no que xa se levan gastados máis de 16 millóns de euros.

Conscientes de que o goberno actual do Concello de Ferrol segue adiante co seu proxecto, esta Plataforma quere impedir esta remodelación da praza e, para elo, precisamos sumar apoios da cidadanía e reclamar a convocatoria dunha consulta popular, tal como se contempla no Regulamento de Participación Cidadá, para que os cidadáns expresen a súa opinión.

Nestes momentos, esta Plataforma continúa recollendo sinaturas para solicitar esta Consulta Popular, así como tamén está preparando un acto reivindicativo na propia praza; pero sobre este último asunto xurdiron problemas que nos fan replantear a súa organización e o seu formato.

Por todo isto, solicitamos a vosa presencia na reunión e así dar forma definitiva a ese acto que traslade o malestar da cidadanía coas decisións unilaterais dun goberno que ten a osadía de dicir que son eles os que "sentaron as bases da participación cidadá en Ferrol".

Enviado por:
ana beceiro mosquera
-beceiroana@hotmail.com-
12 de setembro de 2012 19:26

____________

Documentación:
Escrito ao Alcalde (08.06.2012)

Panfletos.

Folla divulgativa.

Escrito para a recollida de sinaturas solicitando unha Consulta Popular.

Moción ao Pleno (Rexistrada o 12 de Xuño de 2012).

Intervención no Pleno (28.06.2012).

______________

A CIG de Ferrol convoca unha concentración para rexeitar o enxuizamento de seis membros da asemblea de desempregad@s


Concentración este venres 14 de setembro, ás 11:30 horas, diante dos xulgados, coincidindo coa celebración do xuízo de faltas

Os voceiros da CIG de Ferrol e membros da asemblea de desempregados/as compareceron este mércores en rolda de prensa para amosar o rexeitamento da central sindical ao enxuizamento de seis compañeiros/as da asemblea que participaron nunha acción simbólica nun supermercado. Coincidindo coa vista, a CIG ten convocada unha concentración solidaria o venres 14 de setembro, ás 11:30 horas, diante dos xulgados de Ferrol.

Coa acción de protesta, apuntaron os responsábeis comarcais, a asemblea pretendía simbolizar a situación de emerxencia social que vive a comarca, que rexistra uns niveis de desemprego dos máis elevados do estado, e a desesperación que sofren aquelas persoas "que xa non teñen nin para comer".

A asemblea de desempregados/as acordara levar a cabo o pasado 6 de xuño unha acción reivindicativa nun supermercado da cadea Dia, consistente en retirar carritos con alimentos da cesta básica da compra presentado a cartilla do paro, para logo entregalos á Cociña Económica –entidade que, lembraron, se atopa desbordada polo incremento constante de familias que se ven na obriga de acudir a este servizo.

As súas pretensións víronse truncadas finalmente, xa que a policía requisou os alimentos e procedeu a identificar aos/ás participantes. Posteriormente, a empresa presentou denuncia por faltas contra seis membros da asemblea, por retirar produtos por valor de 25 euros.

Neste senso, os responsábeis comarcais rexeitaron a desvergoña das grandes empresas de distribución como Dia que, diante do desespero social opta por criminalizar este tipo de accións simbólicas e reivindicativas, mentres non dubida en tirar ao lixo miles de quilos de alimentos próximos a caducar en lugar de entregarllos aos comedores sociais. Do mesmo xeito, lamentaron que a xustiza actúe como "cómplice desta farsa" ao admitir a trámite a denuncia, mentres "banqueiros, empresarios e políticos corruptos" permanecen impunes roubando riqueza á clase obreira.

Fonte: Avantar
________________

mércores, setembro 12, 2012

Asociacións de Caranza convocan Asemblea de Barrio para este 14 de Setembro, onde está previsto presentar e debater a proposta de rehabilitación do Mercado Municipal


Co obxectivo de presentar e debater o proxecto de rehabilitación do mercado municipal, que saíu das xornadas comunitarias desenvolvidas ao longo destes meses; de enquisas realizadas aos veciños e veciñas, e operadores/as do mercado, cinco asociacións do barrio convocan unha asemblea para este venres 14 de Setembro ás 7 da tarde, no Centro Cívico de Caranza.
As xornadas comunitarias estiveron apoiadas e asesoradas polo Colexio de Arquitectos e a Asociación de Operadores do Mercado. Agora trátase de celebrar unha asemblea para dar a coñecer e debater ese proxecto aos veciños e veciñas interesadas, antes de presentalo á institución municipal.

Estas asociacións cren que, despois de case 30 anos sen mantemento, e sen máis alternativas á vista, rehabilitar hoxe o mercado é a última oportunidade de salvar e ampliar a maior actividade económica do barrio, e un servizo necesario orientado ao consumo de proximidade.

 As liñas xerais desta proposta de rehabilitación do mercado, están definidas nos seguintes obxectivos:
- A recuperación como espazo público do terreo traseiro do mercado, hoxe abandonado, como espazo público, con uso de parque e campo da festa.

- A integración deste espazo coas parcelas do Centro de Saúde e o Instituto Carvalho Calero, eliminando as actuais barreiras que os separan.

- A apertura dun gran oco no mercado, en toda a súa altura, que dé entrada directa a este espazo dende a Avda de Castelao.

- Espazo adicado ao mercado, máis pequeno co actual (con menos postos, e agrupados na primeira planta)

- Manter os locais comerciais que dan á rúa Castelao.

- Un espazo para actividades socio-culturais, en planta baixa, que se poida abrir totalmente ao xardín traseiro.

- Un espazo para actividades socio-culturais, en planta alta.

Convocan esta asemblea: ANPA IES Carvalho Calero; ANPA CEIP Manuel Masdias; Asc. Cultural Fuco Buxán; Asc. Sociocultural López Bouza; Colec. Sociocultural A Revolta de Trasancos

Reivindicando os espazos públicos!!!

asociacionsdoba
rriodecaranza@gmail.com


http://barriodecaranza.blogspot.com.es/




_________________

domingo, setembro 09, 2012

A Cooperativa Arméria constitúe Comisión de Viaxes Educativos e Solidarios e convoca ás comunidades educativas da comarca a unirse á iniciativa.

Arméria é unha Cooperativa sen ánimo de lucro, constituída en Ferrol o pasado mes de abril. Un grupo de persoas asociadas á cooperativa, e vinculadas co mundo do ensino, constituíron unha Comisión de Viaxes Educativos e Solidarios.

A motivación para esta iniciativa, xurde dunha realidade coa que se están atopando todas as comunidades educativas: cada vez resulta máis difícil para moitas familias, poder custear viaxes escolares, que por outra banda resultan fundamentais para completar a formación dos nenos e nenas.

En Arméria existe  o convencemento de que, co apoio mutuo entre comunidades escolares, movementos e organizacións sociais, podemos crear alternativas e proxectos de colaboración, que garantan, máis aínda nestes tempos de dificultade, que os nenos e nenas dos centros públicos podan seguir tendo ao seu alcance ese xeito lúdico de aprender que é viaxar.

No convencemento de que esta mesma preocupación, é compartida pola maioria da comunidade educativa, é polo que a Cooperativa Armeria organiza unha xuntanza onde poder intercambiar ideas e proxectos que axuden a dar solucións conxuntas, ao longo deste curso que comeza, a esta problemática.

A xuntanza terá lugar ás 18hs, o luns, 10 de setembro, no Ceip Manuel Masdías de Caranza, e a ela están convidadas tanto o profesorado como as ANPAS dos centros públicos da comarca.

http://armeriacooperativa.blogspot.com.es/
_____________________

venres, setembro 07, 2012

A CIG, CCOO e UGT convocan protestas diante das asociacións empresariais este venres en defensa da negociación colectiva - Manifesto conxunto das tres centrais sindicais

A CIG, CCOO e UGT desenvolverán este venres 7 de setembro protestas conxuntas en todo o país en defensa da negociación colectiva. As organizacións sindicais teñen convocadas concentracións diante das asociacións de empresarios baixo o lema "A negociación colectiva é un dereito". Ao mesmo tempo, fixeron público un manifesto no que alertan sobre os plans do Goberno do Partido Popular para rematar cunha ferramenta básica para a conquista de dereitos laborais por parte da clase traballadora.

Manifesto conxunto das tres centrais sindicais:
A reforma laboral deste Goberno do Partido Popular, contestada amplamente pola clase traballadora na folga do día 29 de marzo, xunto á situación económica de crise, está a causar una paralización e unha ruptura do marco de negociación colectiva construída nos últimos 35 anos.
A aposta do Partido Popular por destruír este marco mediante a reforma laboral contribúe ao empobrecemento da poboación e a un deterioro máis acusado e acelerado da economía, provocando unha caída dos dereitos laborais, unha superlativa precariedade e un descenso do consumo que condena ao peche a miles de pequenas e medianas empresas coa conseguinte multiplicación do desemprego.

Esta reforma busca ademais a individualización das relación laborais e a estratificación dos convenios colectivos a ámbitos da empresa, o que orixinará una competencia feroz e desleal entre empresas dunha mesma actividade, premiando a aquelas que precaricen e abaraten as condicións de traballo; ao tempo que pretende prescindir dos interlocutores históricos que participan na negociación colectiva, asociacións empresarias e sindicais.
Na actualidade, o proceso e renovación dos convenios colectivos está practicamente paralizado por razón dunha decisión política de determinadas asociacións empresariais de sector, que aproveitan o momento para levar ao límite a vixencia e ultractividade dos convenios, provocando a caída normativa dos mesmos ou unha posición de vantaxe na negociación que retroceda nos aspectos salariais e de dereitos.

As centrais sindicais UGT, CCOO e CIG queremos trasladar neste acto a nosa irrevogable decisión de defender o marco actual de negociación colectiva, por representar un dos piares claves no estado de dereito nas relación laborais. Mediante a negociación colectiva conquistamos moitos dos nosos dereitos, os nosos salarios e por tanto as nosas condicións de vida. Non permitiremos a destrución do marco de negociación colectiva, a desregulación das condicións de traballo, o empobrecemento da clase traballadora e o incremento da precariedade.

Horarios e lugares das mobilizacións:
Vigo: Ás 11h. García Barbón, 104.
A Coruña: Ás 12h. Praza de Luís Seone, Torre 1.
Vilagarcía: 11.30 Arcebispo Lago, 17.
Ferrol: Ás 12h. Cantón de Molíns, 8-9.
Santiago: Ás 12h. Rúa do Vilar, 54.
Lugo: Ás 12h. Praza de Santo Domingo 6-8, 2º.
Ourense: Ás 11h. Praza das Damas.
Pontevedra: Manifestación ás 12h. dende a Praza da Ferrería.

Fonte: CIG


Centrais Sindicais:

A construción do novo Hospital de Vigo está paralizada pola incapacidade da empresa concesionaria para financiar o proxecto - Nota da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública - Manifestación o 3 de outubro en Vigo contra a privatización e retraso na construción do novo Hospital de Vigo

NOTA DE PRENSA DA ASOCIACIÓN GALEGA PARA A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA 6/9/2012
A CONSTRUCIÓN DO NOVO HOSPITAL DE VIGO ESTÁ PARALIZADA POLA INCAPACIDADE DA EMPRESA CONCESIONARIA PARA FINANCIAR O PROXECTO
·         Esta paralización é a consecuencia da privatización do Hospital, ao recorrer a un contrato de Concesión de Obra Pública tipo Iniciativa de Financiamento Privado (PFI).
·         O Presidente da Xunta e a Conselleira de Sanidade enganaron á cidadanía de Vigo e comarca ao afirmar que o proxecto non ten problemas de financiamento.
·         Tal e como recoñeceu ante o xulgado do Contencioso Administrativo, a empresa concesionaria carece de capacidade para financiar o proxecto.
·         A Concesionaria non conseguiu este diñeiro nin dos bancos que a integran, Bankia, CAM e outras caixas en quebra que están sendo rescatadas con diñeiro público.
·         Esta falta de fondos obriga á Concesionaria a recorrer ao crédito fóra de España, o que incrementará o custo dos intereses a pagar pola mesma.
·         Isto terá dúas importantes consecuencias: incrementará os custos do proxecto e a Concesionaria pretende para manter as súas expectativas de negocio trasladalos á Xunta renegociando á alza as condicións do contrato.
·         A Xunta solicitou un crédito de ata 180 millóns de euros ao Banco Europeo de Investimentos.
·         A recepción dos 180 millóns de euros está condicionada a que a Concesionaria poña outros 190 millóns. O atraso na concesión do crédito esta elevando o custo dos intereses a pagar pola Xunta.
·         Estes 180 millóns computarán como endebedamento para a Xunta (e o estado) o que bota por terra o principal argumento da Xunta para recorrer ao financiamento privado: Non era posible construír o hospital con diñeiro público porque este computaba como débeda o que ía en contra a da estabilidade orzamentaria.
·         Por todo iso o custo do proxecto do NHV vaise a multiplicar aínda máis do inicialmente previsto pola PFI que xa multiplica entre catro e sete veces o custo inicial pola vía de financiamento público a través da Sociedade Pública de Investimentos (SPI) como inicialmente estaba previsto polo anterior goberno da Xunta, anulado por Feijoo.
·         Iniciouse a obra sen Proxecto de Execución definitivo e estase procedendo a unha importante redución do proxecto orixinal.
·         Incumpríronse importantes apartados do contrato: Financiamento a risco e ventura da concesionaria, volume e calidade do edificio e dos servizos, control e seguimento do desenvolvemento e dos prazos da obra (auditorias), desaparición do informe de adxudicación pagado a Price Waterhouse Coopers etc., que entre todos supón un incumprimento flagrante do contrato e obrigan á administración a anular o contrato e a continuar co proxecto con financiamento e xestión pública, sen indemnización á concesionaria.
·         É obrigado rescatar a concesión e recuperar o modelo de financiamento e xestión pública para o Novo Hospital de Vigo.
A XUNTA MENTE:
Tal e como viñeron denunciando de forma reiterada a Plataforma SOS Sanidade Pública e a AGDSP, a construción do Novo Hospital de Vigo está paralizada por falta de financiamento.
En contra das afirmacións do Presidente da Xunta e da Conselleira de Sanidade de que o proxecto non ten problemas de financiamento, a empresa concesionaria do Hospital (unha UTE na que se inclúen como entidades financeiras Bankia e a CAM) é incapaz de obter nos mercados financeiros os créditos necesarios para continuar a obra que se iniciou co 20% do financiamento previsto, con recursos propios da concesionaria.
Non se trata dun problema de reaxuste da obra polo período vacacional, do incumprimento dun Convenio (por outra banda ilegal) co Concello de Vigo nin da interposición dun Recurso Contencioso Administrativo pola Plataforma SOS Sanidade Pública, como afirmaran diversas fontes da Xunta e da empresa.
A EMPRESA CONCESIONARIA É INCAPAZ DE FINANCIAR O PROXECTO
Iso é consecuencia da privatización do Hospital mediante o contrato de Concesión de Obra Pública tipo PFI que obriga a que sexa a empresa concesionaria a responsable de activar os créditos para o financiamento do proxecto. O contrato é a RISCO E VENTURA da empresa concesionaria.
O 9 de Febreiro de 2011, BOE *nº 34, publícase a resolución da adxudicación da concesión de obra pública para a redacción do proxecto, FINANCIAMENTO, CONSTRUCIÓN e explotación de servizos do Complexo Hospitalario de Vigo.
O 29 de Marzo de 2011 a Xunta solicita ao Banco Europeo de Investimentos un crédito de ata 180 millóns de euros para a construción e mantemento do Novo Hospital de Vigo. A empresa concesionaria deberá responsabilizarse de obter o resto do custo do proxecto, ata 375 millóns de Investimento Inicial Total.
Devandito crédito, segundo a páxina Web do BEI que se pode consultar, está APROBADO PERO NON ASINADO (cousa que o presidente ocultou enganando aos medios e cidadáns, en recentes declaracións).
Iso significa que se abriron as negociacións para a formalización, á espera de que a empresa obteña o resto do financiamento e se cúmpran as condicións contractuais esixidas polo BEI e a UE para acceder a este tipo de financiamento.
A empresa xa recoñeceu, por medio do seu avogado e en resposta ao contencioso administrativo que interpuxemos, que carece de acceso aos mercados financeiros para obter os créditos necesarios para financiar o proxecto e realizar a obra.
VULNERACIÓN DO CONTRATO E RESCATE DA CONCESIÓN
Como xa é coñecido, existía un proxecto previo, con consignación orzamentaria e financiamento e xestión pública a través da Sociedade Pública de Investimentos SPI, que supuña un aforro de custos de máis de 500 millóns de euros con respecto ao modelo de privatización elixido polo actual goberno da Xunta.
Por outra banda estase operando unha redución substancial do proxecto orixinal no que se refire ao Plan Funcional do Hospital (servizos, especialidades, camas etc.) e ás dimensións do edificio co obxectivo de manter o equilibrio económico-financeiro da concesión. Esta redución ocúltase á opinión pública.
Vulnéranse así, as condicións orixinais do contrato,
·  ao ser incapaz de financiarse a concesionaria,
·  ao ter que recorrer a Xunta ao financiamento público a través do BEI cun tipo de interese inferior ao do financiamento privado,
·  ao non cumprirse xa os requisitos da UE para que o investimento non compute como débeda (unha das vantaxes esgrimidas pola Xunta para utilizar este tipo de contrato )
·  e ao reducir o proxecto orixinal.
Hoxe denunciamos unha vez máis esta situación, reclamamos que se proceda ao rescate da concesión e se inicie o procedemento para acometer un proxecto de financiamento e xestión pública. Todo iso será posto en coñecemento dos grupos parlamentarios, do Concello de Vigo, e grupos municipais dos concellos da área viguesa.
A continuidade do actual proxecto vai hipotecar o futuro sanitario da área de Vigo durante os próximos 20 anos, cun hospital incapaz de resolver os seus graves problemas asistenciais (Listas de Espera, déficits de alta tecnoloxía e especialización, masificación etc.) e adaptado pola contra á lóxica do mercado, ás necesidades de rendibilidade e beneficio dunha empresa privada.

Manuel Martín García
669704177

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública forma parte da Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública.




luns, setembro 03, 2012

As asembleas de Anova aproban a fronte ampla para "desaloxar" do poder o Goberno do Partido Popular - Xosé Manuel Beiras reiterou que a oferta de fronte se dirixe a Anova, BNG, Esquerda Unida e "aos partidos que compoñen Compromiso por Galicia"


As asembleas de Anova aproban a fronte ampla para "desaloxar" a Feijoo

A Coordinadora Nacional de Anova aprobou este domingo levar adiante a proposta de conformar unha fronte ampla, "aberta, sen cancelas ideolóxicas de ningún tipo" para "desaloxar" do poder o Goberno do Partido Popular. A decisión foi adoptada por unanimidade, despois de que as asembleas locais e comarcais da formación debatesen e apoiasen o proxecto de fronte. Xosé Manuel Beiras reiterou que a oferta de fronte se dirixe a Anova, BNG, Esquerda Unida e "aos partidos que compoñen Compromiso por Galicia", dende +G, Ecogaleguistas ou Acción Galega. Beiras engade que a fronte tentará abranguer "o espazo social, político e cívico que representa a maioría social agredida polo poder político no Estado español e en Galicia".
A fronte tentará abranguer "o espazo social, político e cívico que representa a maioría social agredida polo poder político no Estado español e en Galicia"
Beiras apelou á "xenerosidade" e concluíu que "se as posición son ríxidas e se se adoptan actitudes excluíntes, non se poderá chegar a un acordo, pero os cidadáns saberán quen tomou unha actitude e que tomou outra, quen lle dá prioridade a participar nunha alianza cívica contra o inimigo común e quen en cambio se preocupa só da súa curtiña". Beiras dixo confiar "na racionalidade" para que "as forzas que se din de esquerdas poñan os intereses do pobo por diante" e que "as forzas que se din galeguistas poñan o país en primeiro lugar".
Esta proposta de Anova supón, neste senso, unha negativa á oferta de Compromiso de acudir ás eleccións nunha coalición a dous "xenuinamente galega"
Nos últimos días Bloque e Compromiso xa responderon negativamente a esta proposta, mentres que en principio Esquerda Unida si estaría disposta a formar esta fronte (á espera de que o aproben os seus órganos de decisión). Esta proposta de Anova supón, neste senso, unha negativa á oferta de Compromiso de acudir ás eleccións nunha coalición a dous "xenuinamente galega". En relación ao Bloque, Beiras criticou que o BNG rexeitase a proposta sen debatela nos seus órganos de representación: "se o BNG reitera que non quere nin sequera falar, eles verán, pero tamén a cidadanía será consciente de que o BNG rexeitou formar parte dunha fronte común".

En calquera caso, a Coordinadora de Anova dirixirase oficialmente a estas formacións dende este domingo pola tarde para que respondan oficialmente á oferta. Sexa como for, o venres 7 remata o prazo para poder presentar coalicións ás eleccións do 21 de outubro, cunha marca electoral e un administrador. Aínda que Beiras se referiu por separado ás formacións que compoñen Compromiso por Galicia, a Coordinadora de Anova dirixirase formalmente á dirección de CxG en conxunto.


Esquerda Unida
"Estas non son unhas eleccións normais, nas que hai que votar un determinado programa de xestión, senón que vivimos un estado de emerxencia nacional"
Beiras salientou, en termos semellantes a como o fixo Yolanda Díaz nos últimos días, que "estas non son unhas eleccións normais, nas que hai que votar un determinado programa de xestión, senón que vivimos un estado de emerxencia nacional e de necesidade absoluta de exercer a lexítima defensa dos cidadáns para desaloxar a aqueles que utilizan as institucións para o contrario do que foron creadas". Beiras reiterou que a única condición que lle pon a Esquerda Unida é que a formación teña autonomía no ámbito galego para adoptar as súas decisións, e que recoñeza o dereito de autodeterminación dos pobos, "algo que non debería ser un problema pois ese principio está recoñecido nas bases políticas da coalición", dixo.

Esquerda Unida debe aprobar a coalición electoral no seu Consello Nacional (que se celebrará o martes) e nas súas asembleas comarcais (mércores ou xoves), pero os estatutos de EU especifican que canda á fórmula electoral, as asembleas deben aprobar o programa común de mínimos. Iso obriga a acelerar a toma de decisións esta semana ou a que Esquerda Unida recorra a unha "fórmula de urxencia" para deixar a aprobación do programa para as semanas seguintes

Unha fronte "para unha maioría social"

A fronte, afirma Beiras, ten o seu centro "na esquerda social", aínda que rexeita entrar en "cuestión nominalistas", e di que defenderá os dereitos e necesidades "dunha gran maioría social que é moi diversa en clases, grupos sociais e estatus". Beiras salientou que "do que se trata é de levar ás institución un programa que responda ás necesidades dos cidadáns: defensa dos servizos públicos, da sanidade, do ensino, dos dereitos laborais, do emprego ou do fomento do tecido produtivo e a pequena empresa". O líder nacionalista pediu que se actúe "con visión de Estado", respondendo a unha situación na que "Galicia está sendo agredida" e está vendo atacados "os seus dereitos nacionais e cívicos", e rexeitou que se empreguen "visión de partido". Beiras sinalou que Anova non é "o centro desta fronte", o que sería "unha soberbia", senón simplemente "os que tomamos a iniciativa de maneira máis aberta".

Nova relacionada:

Os Ecogaleguistas piden que Compromiso chegue a un acordo con Anova e EU

Fonte: Praza Pública

Todos os contidos textuais de Praza Pública están liberados coa licenza Creative Commons by-sa. Así pois, es libre de coller todos os textos da web, reproducilos parcial ou integramente, e distribuílos como queiras sempre que cites a súa autoría e empregues tamén a mesma licenza.

Nota.-
Recomendamos entrar no artigo orixinal en Praza Pública onde hai máis de 100 interesantes e clarificadores comentarios. Así como os auidos da rolda de prensa de Xosé Manuel Beiras Torrado, portavoz da Coordenadora Nacional de Anova Irmandade Nacionalista.
_____________________

Non ao “Apartheid sanitario” - "Flashmob" da Asemblea Sen Papeis, para denunciar a exclusión sanitaria do colectivo de persoas inmigrantes que non dispoñen de permiso de residencia, tivo lugar en Ferrol o pasado Venres 31 de Agosto


O  sábado, 1 de setembro do 2012 , entrou en vigor  as normas que exclúen á poboación inmigrante que non contan con permiso de residencia, da atención médica e sanitaria do sistema público de saúde. A Asamblea Sen Papeis de Ferrol, xunto a outras organizacións sociais,  Asociacións de inmigrantes e de defensa dos dereitos humanos,  esixen ao goberno de España, á derogación inmediata do RDL 16/ 2012  e 1192 / 2012 que supón un ataque frontal contra o dereito á saúde, tanto da poboación migrada como da autóctona.

Para denunciar esta ideolóxica reforma sanitaria, xa tristemente coñecida como “Apartheid sanitario”, a Asamblea Sen Papeis de Ferrol, convocou á toda cidadanía e entidades solidarizadas con esta denuncia,  á flasmob  que tivo lugar o pasado venres 31 de Agosto do 2012, ás 11 da maña, na Praza do Concello de Ferrol (diante do Pazo Municipal).

O acto consistiu na representación da Flashmob de denuncia do apartheid sanitario  e posterior lectura do Manifesto (que a continuación reproducimos) rexeitando os inxustos reais decretos e instando ao goberno de España a que recapacite e instaure a sanidade universal para todas as persoas.

Ningunha persoa é ilegal !!

Tod@s Somos Inmigrantes !!

MANIFESTO ASEMBLEA SEN PAPEIS
DESATENCIÓN SANITARIA.
Venres 31 de Agosto do 2012

Benqueridos amigos, benqueridas amigas:

O, 1 de setembro do 2012, pasará á historia coma o día no que o Goberno do Estado Español aplicará as normas que exclúen ás persoas inmigrantes, sen permiso de residencia, do Sistema Público de Saúde.

Os Reais Decretos 16/2012 e 1192/2012 supoñen un ataque frontal contra os dereitos fundamentais do colectivo, pero tamén, da poboación autóctona. Nestes decretos se instaura o repago farmacéutico, incluíndo ás persoas pensionistas, se exclúe do sistema público de saúde á poboación autóctona que non cumpre requisitos para seren aseguradas ou beneficiarias, se abonan prestacións, anteriormente gratuítas coma por exemplo o transporte hospitalario non urxente. En definitiva, se precariza un sistema sanitario, considerado dentro dos seis mellor valorados do mundo.

Nas últimas semanas fumos partícipes, a través dos medios de prensa, de decisións improvisadas tomadas polo goberno, de forma unilateral e con argumentos contraditorios. Se falou de crear un sistema sanitario paralelo, asistindo ás persoas inmigrantes en situación administrativa irregular dende as ONGs, posteriormente se falou dunha cuota anual, cuxo importe é superior ao da maioría dos seguros sanitarios privados, tamén se falou de cobrarlle aos países de orixe da poboación estranxeira, cando España só ten firmado tratados con 6 países e estes cubrirían unicamente á poboación que posúe a condición de asegurado/a. Estas propostas carecen de base legal para ser aplicadas e incrementan a incertidume.
O Goberno non tivo en conta o custo que a desatención sanitaria da poboación inmigrante en situación irregular, pode ter para a economía Estatal , xa que a atención en urxencias duplica e incluso triplica o custo da atención primaria. En términos de saúde pública, estas medidas poden diseminar enfermidades infecto-contaxiosas e infecto transmisibles, incrementando o número de casos, as hospitalizacións e as mortes por estas enfermidades.

É certo, que algunhas comunidades manifestaron que non aplicarán a normativa que deixa sen atención a poboación inmigrante, e que atenderán a este colectivo. Nembargantes descoñecemos se a cobertura sanitaria será parcial ou completa, ou incluso se realmente se aplicará. Estas regulacións aumentan as desigualdades territoriais, no ámbito da saúde, e pode favorecer o éxodo cara as comunidades onde si se presta atención e o colapso das áreas sanitarias onde se de cobertura ás persoas inmigrantes, sen permiso de residencia.

Non queremos deixar de mencionar aos profesionais sanitarios que manifestaron a súa intención de obxectar, nos congratulamos por esta reacción rexeitando medidas inxustas. Ninguén mellor que estes profesionais, coñece as consecuencias que implica a desatención sanitaria. Nembargantes temen as consecuencias que a súa obxección lles poda carrear a nivel laboral e legal. Nós, estaremos cos e cas profesionais comprometidos cas persoas.

Estamos convencidos e convencidas que estas medidas recortan o dereito á saúde, e vulnera dereitos fundamentais ao colectivo de persoas inmigrantes en situación irregular . Ademais estas normativas incumpren tratados internacionais, asinados polo Estado Español sobre atención sanitaria e dereitos humanos.

Por último, dende a Asemblea Sen Papeis, afirmamos que as citadas normas, non obedecen a criterios de aforro económico, nin a políticas de austeridade. Baixo este ambiguo paraugas, se esconde unha ideoloxía racista, xenófoba e discriminatoria , que xerará un alto custo económico , social, e máis enfermidade e morte.

Non as políticas inxustas. Sanidade Universal e gratuíta para todas e todos!

Asemblea Sen Papeis Ferrol


* * *

Colectivo "Asamblea Sen Papeis-Ferrol", está fomado por persoas nativas e inmigrantes, en situación administrativa irregular, ou non, e pretende ser un espazo de encontro reivindicativo que de resposta  ás políticas e comportamentos que atenten contra os dereitos humanos da poboación inmigrante, especialmente hacia aquela que se atope en situación administrativa irregular.

Pódese contactar coa asamblea Sen Papeis no correo: senpapeisferrol@gmail.com



--

     Asamblea Sen Papeis Ferrol


Contacto:

senpapeisferrol@gmail.com

Tamén no facebook.

A Asemblea Sen Papeis Ferrol, conforman a Comisión de Inmigración do Encontro Social de Ferrol Terra.

Fotos Susete'70.
________________

O Secretario Xeral da CIG chama a intensificar as mobilizacións - A CIG afirma que está en contacto con outras centrais sindicais para unha posíbel convocatoria dunha nova Folga Xeral para finais de Setembro - Combater os planos antiobreiros e antisociais do Partido Popular tamén co voto


O dereitista Partido Popular está gobernando en Madrid e na Xunta de Galicia, así como na maioría dos concellos da Galiza. Nos últimos días Alberto Nuñez Feijóo, presidente da Xunta anunciou a convocatoria electoral para as lexislativas galegas, para o 21 de Outubro deste 2012. Non podemos deixar as institucións nas mans destes dereitosos neoliberais que só pretenden empobrecer-nos aínda máis e lexislar contra a maioría social, para manter os seus privilexios. A Clase Obreira ten que dicir basta a tanto despropósito, basta a tanto roubo, basta a tanta inxustiza, basta de tanta corrupción, basta a tanto latrocinio contra o pobo. É hora de que as cousas cambien, non podemos permitir que a oligarquía aproveite a esta Estafa chamada Crise, para impoñer un modelo social ultraliberal, roubando salarios, dereitos e consquistas sociais. Menos dereitos, menos democracia, menos liberdade, isto é o que teñen previsto para o pobo traballador. Non o permitamos !! Loita tamén co teu voto.

O Secretario Xeral da CIG Suso Seixo responde ao xornal sindical 'Avantar' con afirmacións moi clarificadoras, chamando a intesificar as mobilizacións en toda a nación pasando á "mobilización social xeneralizada".


A CIG, ten previsto realizar unha Asemblea Nacional de cadros e representantes sindicais e unha posterior  manifestación, o Martes  11 de Setembro.

A central sindical está ademais en conversas coas outras organizacións sindicais, na perspectiva de convocar conxuntamente novas mobilizacións no decurso deste mes e mesmo de convocar unha folga xeral cara finais.

O secretario xeral da CIG afirma que logo destas concentracións do mes de agosto “hai que pasar xa a unha contestación moito máis xeneralizada e numerosa no que se refire a resposta social”. Entende que é imprescindíbel manifestar a oposición na rúa ás políticas que vén impondo o PP “polo que teñen de negativas, polo seu carácter antisocial e porque realmente non están pensadas como unha saída  á crise. A proba é que no están servindo para iso, estamos en situación de recesión económica e cunha previsión en canto a destrución de emprego, tanto deste ano como do que vén, importante”, di.

Por iso, afirma “hai que seguir a mobilizarse para denunciar estas políticas pero tamén para esixir outras alternativas, co convencemento de que se poden adoptar medidas que axuden a saír da crise favorecendo ademais os intereses da maioría social e non os da banca e os especuladores que é ao que obedecen as que se promoven desde a UE e das que fai seguidismo o goberno español”.

O futuro inmediato que nos agarda

Subliña que están pendentes de se aprobar os orzamentos para o ano 2013, que parece que serán presentados a finais do mes de setembro. “Aí váiselle dar concreción a toda esta política de axustes e poderemos comprobar o alcance dos recortes en investimento e o gasto público”.

Alerta das novas medidas que está a barallar o Partido Popular, nomeadamente dunha nova reforma das pensións que posibelmente se concrete na redución do período previsto para a aplicación da xubilación aos 67 anos. Tras da última reforma estabeleceuse o incremento progresivo dos 65 aos 67 até o ano 2028. A pretensión do PP é adiantar este calendario e comezar a aplicar a xubilación aos 67 de forma máis inmediata. “Tampouco non descartamos que poñan enriba da mesa outros aspectos. Podería vir acompañado da conxelación das pensións ou de aplicar outro dos temas latentes desde hai tempo: coller todo o período laboral para calcular a base reguladora. Eles saben que iso supón automaticamente unha redución na contía das pensións futuras”.

O secretario xeral da CIG lembra que respecto dos cambios que se fixeron nese sentido, ampliando o período de cálculo aos últimos 25 anos, a mesma UE recoñeceu que supuxo unha caída importante na contía das pensións no estado español. “Se collen toda a vida laboral aínda se vai acentuar máis iso. Non sería de estrañar que agora o PP o termine impondo aproveitando que ten maioría absoluta no parlamento español”.

Xunto a isto advirte de que a caída dos salarios que se está a producir na función pública se vai trasladar tamén ao sector privado. “A reforma laboral que se fixo, no que respecta a negociación colectiva, ten como obxectivo provocar unha caída nos salarios, que eu calculo que será da orde do 20%. Isto terá consecuencias obvias como caída do consumo e da actividade produtiva, polo tanto máis recesión e máis paro. Como aquí a política monetaria está en mans do BCE, o que se pretende é, pola vía de reducir os salarios, aumentar a competitividade, no canto de xogar coa política monetaria, que hoxe está en mans do BCE”.

Fonte: Avantar

__________________

domingo, setembro 02, 2012

Como todos os venres houbo unha nova concentración contra o saqueo do pobo en Ferrol - O sábado 8 de Setembro está Convocada unha Manifestación Unitaria en Santiago de Compostela


O pasado Venres 31 de Agosto de 2012, tiveron lugar por toda Galiza nonas mobilización convocadas de xeito unitario pola maioría sindical "Contra o saqueo do pobo", en Ferrol a conecentarción tivo lugar na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia. CC.OO., CIG, UGT e USTEGA, despregaron as súas faixas reivindicativas e bandeiras nun acto unitario, para amosar a súa repulsa ás medidas antiobreiras do Goberno dereitista do PP.

As mobilizacións coincidiron cun novo Consello de Ministros en Madrid  onde se volvero acordar medidas contra a clase traballadora entre as que está o decreto que deixa sen cobertura sanitaria a centos de miles de inmigrantes.

Santiago de Compostela recibirá unha grande mobilización nacional o vindeiro Sábado 8 de Setembro,

A manifestación ten como obxectivo a defensa dos servizos públicos e das condicións laborais d@s empregad@s. O día anterior están convocadas concentracións diante das sedes patronais.

MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS

Todas e todos a
Santiago de Compostela!
8 de setembro de 2012
11:30h na Alameda

Báixannos os salarios, denígrannos publicamente,
suprimen os nosos dereitos e róubannos as nosas retribucións
HAI QUE PARALOS!!!

Está convocado todo o persoal empregado público

Poñeremos autobuses para a xente que queira ir. Para anotarvos chamádenos os teléfonos indicados abaixo.

Hora de saída de Ferrol: 9:30 h.
Paradas:
- Ferrol, monumento 10 de marzo
- Caranza, parada do bus nas Pías
- Fene, para do bus na estrada xeral
- Polígono Vilar do Colo

Hora de saída de Compostela: 13:00 h. e as 13:30 h.

Precio: 5€

Apúntate nos buses que organizan CIG, CCOO, CSIF e UGT

ou chama aos teléfonos: 981 358 750 // 981 352 676

* * *

Centrais Sindicais:

______________________

Unha nova xornada de traballo comunitario no Castelo de San Cristovo, e van tres


Este Sábado 1 de Setembro de 2012, tivo lugar unha nova acción directa. Con esta, son xa tres as xornadas de traballo comunitario no Castelo de San Cristovo. As cidadás e cidadáns de  "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos" non dan tregua aos responsabeis municipais, con as súas accións, seguen denunciando o abandono do noso patrimonio cultural, natural e histórico e reclamando solucións á inxusta situación de desemprego; e denunciando o malgasto do diñeiro público, ...

Os traballos continuaron na propia Batería de San Cristovo, era a terceira xornada neste mesmo lugar,  nas fotos feitas polo propio colectivo pode-se apreciar o enorme traballo desenvolvido.

No transcurso da acción cidadá houbo un pequeno incidente que se resolveu sen maiores consecuencias.

Unha terceira xornada non foi suficiente queda unha cuarta e seguro que algunha máis.

Novas incorporacións, dan-lle vida ao colectivo de cidadás e cidadáns. Existe unha conexión de sentimentos e acción entre este colectivo e o da Horta Comunitaria de Caranza. Non só na axuda mutua, senón o creativo e novidoso das mobilizacións o denunciar e reivindicar traballando polos bens comúns, polos espazos públicos. Adiante a loita obreira, os froitos non tardarán en chegar, quen sementa recolle.

A crónica en palabras do membro do colectivo Marcos Meizoso Pérez:

"Esta terceira xornada de traballo na Batería de San Cristovo, foi moi gratificante, tivemos a incorporación de dúas veciñas da zona, logramos limpar restos da fortificación que fai máis dunha década non vían a luz. Entre os restos agochados atopamos unha latrina feita en pedra moi curiosa, tamén atopamos un pequeno módulo, que pode tratarse dunha antiga polvoreira.

O sumo coidado que estamos empregando na limpeza das hedras que cobren por completo as pedras, é o que está retardando os traballos. Aínda así, decidimos empregar nas tarefas tantas xornadas como sexan precisas para deixar a fortaleza nunhas condicións óptimas para ser gozada pola cidadanía e visitantes.

Entre o miradoiro que xa limpamos (situado no exterior da fortaleza) e os traballos realizados no interior da mesma, levaremos limpados xa uns 3000 m2.

Seguimos esixindo ás autoridades competentes o compromiso do mantemento deste e doutros espazos dunha beleza sen igual, fomentando a contratación de persoas desempregadas.

Igualmente criticamos a política municipal de subvencións millonarias electoralistas que non favorecen en nada a creación de emprego nin a recuperación da nosa cidade
".

Para máis información, pode-se visitar o Blogue ou as contas nas redes sociais, tamén facilitamos os teléfonos e correo-e.

Calquera cidadán ou cidadá que queira sumarse a estas tarefas solidarias só ten que comunica-lo.

--
e-mail: recuperacióndeespazospúblicos@gmail.com

Teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497

O noso blogue: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/   é un Diario que recolle a nosa traxectoria, serve de difusión de próximas accións e faise eco doutros exemplos solidarios e comunitarios que están a suceder na bisbarra.

Facebook: https://www.facebook.com/groups/444525015569821/

Enlaces relacionados:
Información baseada na enviada por:
recuperaciondeespazospublicos
-recuperaciondeespazospublicos@gmail.com-
26 de agosto de 2012 00:21
___________________

sábado, setembro 01, 2012

Pola defensa do Ateneo Ferrolán e a súa sede, concentración este Martes 4 de Setembro diante do Pazo Municipal


O vindeiro Martes día 4 de Setembro de 2012, ás 10,30 horas está previsto que o Alcalde de Ferrol, Xosé Manuel Rey Varela, se entreviste cunha delegación do Ateneo Ferrolán, composta por persoas que foron no seu momento presidentes do ateneo, xunto o actual presidente, Ramón Veloso.

En réxime de autoconvocatoria quedou-se de concentrar-se na Praza do Concello, diante do Pazo Municipal, ás 10:15 horas, en apoio ao Ateneo e a súa sede e para coñecer as novidades con respecto á entrevista co máximo rexidor municipal.

Un lugar de encontro para a cultura
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879
http://www.ateneoferrolan.org
http://www.ateneo-ferrolan.blogspot.com/
e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 | Fax: 981 354 098 | Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204, 1º. CP.15402 | FERROL (A Coruña)

Enlace de interese:

Ártabra 21: Viva a Cultura, Viva o Ateneo Ferrolán !!
_____________