martes, xaneiro 08, 2013

A mellor medicina, ... Por Mike Evans - "23 and 1/2 Hours" - Unha presentación en vídeo sobre saúde, moi boa



Non deixar de velo, está excelente, moi didáctico!!!

Novos vídeos! http://twitter.com/docmikeevans
Un novo sitio na rede está instalado e funcionando, con máis recursos e informacións: http://www.myfavouritemedicine.com

Un particular agradecemento a http://www.technogym.com/wellness pola tradución ao español do vídeo viral do Dr Mike Evans "23 and 1/2 Hours".



http://youtu.be/wYwHIkpQmqQ

Pensado e escrito polo Dr. Mike Evans.

Presentación en español a cargo de José Rodríguez revisada polo Dr. Silvano Zanuso, responsable científico de Technogym.

Ilustracións de Liisa Sorsa
Producido, dirixido e filmado por Nick De Pencier
Edición de imaxe e son David Schmidt Gaffer, Martin Wojtunik
Whiteboard de James Vanderkleyn
Asistente de produción, Chris Niesing
©2011 Michael Evans and Mercury Films Inc.
O Dr. Mike Evans é o fundador do Health Design Lab no Li Ka Shing Knowledge Institute e é profesor asociado de medicina xeral e Saúde Pública na Universidade de Toronto. Tamén é médico do St. Michael's Hospital.

https://twitter.com/docmikeevans
http://www.facebook.com/docmikeevans


http://www.youtube.com/embed/wYwHIkpQmqQ

Enviado por:
Lucia Vizoso
-luciaxocaloma@gmail.com-
6 de janeiro de 2013 00:49
Camiñar, a mellor medicina. importante. EXCELENTE_________________

O Sábado 19 de Xaneiro terá lugar, en Compostela, a 2º Xuntanza/Encontro sobre 'Débeda de Galiza'

O vindeiro sábado 19 de Xaneiro terá lugar, en Compostela, a 2º Xuntanza/Encontro sobre débeda de Galicia.

O lugar será unha sala no Centro Sociocultural de Fontiñas, no primeiro andar como proposta podemos por a mesmas horas ca anterior 10:30-14:00 horas.

Lembramos os acordos alcanzados na derradeira xuntanza:
  • Unha folla de ruta ou liña temporal a seguir: informarse e (auto)formarse, difundir, concretar obxectivos e posteriormente traballar de acordo co asumido vinculando loitas e creando redes.
  • Organizar por comarcas máis encontros e xornadas formativas, en función das posibilidades, co gallo de aumentar ó número de persoas e colectivos e concretar obxectivos para o encontro en xaneiro. Para facilitar este proceso, das persoas que mostraron interese por comarcas, serán postas en contacto entre elas para que inicien ese proceso e manteranse informadas.
As comarcas da Coruña e a Ría, Compostela, Pontevedra e Ribadeo tiveron xuntanzas para traballar estes temas.

Un dos obxectivos era difundir este tema e convidar a máis colectivos a asistir a este encontro. Así que podedes ir facendo extensivo esta invitación a máis colectivos!

ORDE DO DÍA REUNIÓN 19 DE XANEIRO DE 2013
(pode ser modificada e/ou ampliada em http://auditgz.titanpad.com/7? )
  • Hora: 10.30 a 14.00.
  • Local: Centro Sociocultural de Fontiñas, 1º andar, Compostela.
  • Participantes: grupos comarcais, persoas individuais e colectivos cos que contacte cada comarca.
  • Dinamización: a cargo de Compostela porque a reunión é en Compostela, á espera de que as vindeiras sexan noutras comarcas e cada unha se vaia facendo cargo segundo lle toque.
Presentacións (breves!!!! :) das persoas asistentes.

Presentación dos grupos comarcais:

- Nº de persoas que están participando.
- Cousas feitas até o de agora.

Queremos traballar como nodo galego? Prioridades (por onde comezamos e unión de loitas)?

Materiais e ferramentas para coordinarnos e para difundir (estatais e propias)

Vindeiras datas de interese nas que participar

Informações sobre dívida: http://auditgz.titanpad.com/2

Información baseada na enviada por:
Antia Cortizas Leira
-antia.cortizas.leira@gmail.com-
8 de janeiro de 2013 01:37

19 JANEIRO 2013 - NÃO DEVEMOS, NÃO PAGAMOS

_____________

A Xunta de Galicia pretende dar un paso máis no repago sanitario: o pago de próteses medicas

Pago de próteses medicas

Segundo informacións do sector,  a Xunta de Galicia pretende dar un paso máis no desenvolvemento do Real Decreto Lei 16/2012 de medidas de reforma do sistema sanitario (que supuxo ata agora o copago de medicamentos para os pensionistas ou polo transporte en ambulancias non urxente para tratamento en centros hospitalarios).

Esta medida implica a ruptura da Carteira Única de Servizos Sanitarios Públicos dos que quedasen excluídas as próteses para persoas que sufran amputacións, parálises e outros procesos graves que necesiten de apoios e implantes artificiais, que deberán ser pagadas polos pacientes (pasan á Carteira Suplementaria).

Nas negocións do Novo Convenio coas ortopedias preténdese que o paciente adiante o pago do 100% do custo das próteses (ata agora pagaban un máximo de 36 euros), e posteriormente (e sen garantías de cando nin como) devolveráselles o 60%, 50% ou 40% do custo das mesmas en función do nivel de renda.

Estes pagos, que poden superar os 5.000 ou 6.000 euros, non terán en conta si o paciente é pensionista, discapacitad@s, parad@s ou excluíd@s sociais, polo que unha maioría das persoas non poderán acceder ás próteses que necesitan para camiñar, desprazarse ou paliar as consecuencias dunha amputación.

A nosa Asociación considera esta medida cruel, inxusta e discriminatoria coas persoas máis necesitadas de apoio e atención sanitaria por padecer problemas de saúde graves e descapacitantes, e unha nova barreira para o acceso ás prestacións sanitarias que necesitan (aquí xa non cabe nin a escusa do abuso dos pacientes), polo que esiximos a súa retirada.

Si isto non se remedia volveremos ver polas rúas galegas a persoas en carretos de madeira ou con muletas de pau como nos países máis atrasados do Planeta ou na Idade Media.

8 de Xaneiro do 2013

Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública
Manuel Martín
mmartin@nodo50.org
Tno 669704177

Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
8 de janeiro de 2013 17:10

____________

O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha nova concentración sonora en Ferrol, o Mércores 9 de Xaneiro, ante o anuncio de entrada do 'LNG Finima' na Ría, cargado con gas natural licuado, para a perigosa e ilegal Reganosa


CONCENTRACIÓN EN FERROL,
NA PRAZA AMADA GARCIA,
DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA DE GALICIA
ÁS 7 DA TARDE, DO MÉRCORES 9 DE XANEIRO

E unha vez máis un buque gaseiro ten prevista a súa entrada na Ría de Ferrol, cargado con miles de toneladas de LNG/GNL para a ilegal e perigosa Reganosa.

O "LNG Finima" que é o nome do buque agardado, de entrar, faría o 133 gaseiro para a planta regasificadora de Mugardos, desde que o fixera, en Maio de 2007, o "Galicia Spirit" ...

A entrada na Ría deste buque gaseiro, fai saltar a alarma social do despropósito gasista que é Reganosa, instalada no corazón da nosa Ría, a poucos metros dos núcleos de poboación, poñendo en perigo ás miles de persoas que moramos na súa contorna.

O Comité Cidadán de Emerxencia, como ven sendo habitual, convoca unha nova acción de denuncia e protesta, unha Concentración sonora que terá lugar en Ferrol, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, para difundir entre a poboación, en sintese, 10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?.


Características do buque:

O "LNG Finima", leva bandeira convencional das Bermudas, foi construído en 1983, hai 30 anos; ten unha eslora de 286.90 m e unha manga de 41.8 m; o seu calado son 11.2 m e a súa capacidade de 133.000 m³.
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org




Información baseada na enviada por:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
8 de janeiro de 2013 14:21
___________

domingo, xaneiro 06, 2013

Por San Xiao asina contra a incineración: O 7 de Xaneiro o movimento ecoloxista de Ferrol Terra recolle asinaturas a favor das tres 'R' (reducción, reutilización e reciclaxe)

Por San Xiao asina contra a incineración

As delegacións en Ferrolterra de ADEGA, Verdegaia e Sociedade Galega de Historia Natural colocarán este lúns día 7 de xaneiro de 2013 as 17,30 na Praza de Armas de Ferrol, unha mesa para recoller sinaturas en contra da incineración e a favor das 3 “R”.

Ferrol, 6 de xaneiro de 2013.- As delegacións en Ferrolterra de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), Verdegaia e Sociedade Galega de Historia Natural estarán na rúa a tarde do lúns para recoller sinaturas en contra da incineración e a favor da reducción, reutilización e reciclaxe. Estas sinaturas son recollidas para unha iniciativa lexislativa popular (I.L.P.) que os convocantes e outros colectivos, están a levar a cabo dende mediados de xuño en toda Galiza.

O obxectivo que persigue esta campaña é dar forza xurídica á reciclaxe, desbotar a incineración que pretende o PP, e sensibilizar á cidadanía sobre a necesidade dunha xestión correcta e sustentábel dos seus residuos. Para o seu debate no Parlamento, débense recoller un mínimo de 15.000 sinaturas, polo que dende ADEGA animamos a toda a cidadanía censada en Galiza a achegarse pola Praza de Armas ferrolá a tarde do vindeiro lúns, ou a poñerse en contacto cos colectivos que apoian esta iniciativa para asinar.

Máis información en
:
http://galizasenincineracion.wordpress.com/

Enviado por:
Antonio Gª
-angaji@yahoo.com-
6 de janeiro de 2013 15:23

________

Keiser Report é unha mirada aos escándalos detrás dos titulares financeiros globais - Hoxe un moi bon capítulo - Vídeo


Max Keiser e Stacy Herbert, todos os martes, xoves e sábados no programa sobre mercados, finanzas, escándalos: Keiser Report.

Keiser Report é unha mirada aos escándalos detrás dos titulares financeiros globais.

Sexan as colusiones entre Wall Street e o Congreso ou a última oleada de delitos bancarios, as falsas estatísticas económicas gobernamentais ou maquinaciones bursátiles, nada escapa ao ollo de Max Keiser. Ex axente de valores, inventor dunha tecnoloxía virtual e cofundador da bolsa de valores de Hollywood, Kaiser ofrece o resumo do que pasa verdaderamente na economía global, coa achega da copresentadora Stacy Herbert e invitados de varias partes do mundo.

Keiser Report (doblado ao Español). Episodio 389, programa emitido o Sábado 5 de Xaneiro de 2013.

No programa Max Keiser e Stacy Herbert cóntannos como se consegue con fondos de investimento libre cosechar enormes ganancias a costa da extinción da riqueza e dos míseros salarios. Na segunda metade do programa, Max Keiser conversa co capitán Paul Watson nun barco no océano Antártico mentres loitan contra a economía da extinción.



http://actualidad.rt.com/programas/keiser_report/view/82879-keiser-report-espanol-episodio389
_______________

Retiran 500 kg de lixo na desenbocadura do río Sardiña no lugar da Malata en Serantes


Resumo da limpeza do río Sardiña

Hoxe acometemos a limpeza doutro espazo público en estado de abandono por parte do goberno municipal, o lugar elixido foi o río Sardiña, na enseada da Malata, no que realizamos a limpeza das canles deste. Deste rescatamos uns 500 kg de residuos sólidos, entre os cales se encontraban valados metálicos propiedade do Concello.

Queremos deixar constancia das irregularidades que se veñen cometendo neste espazo natural, ao lado deste encóntrase a FIMO, baixo responsabilidade do Consorcio Pro-Feiras e Exposicións de Ferrol, e do propio Concello, este recinto dispón dun punto limpo a escasos 15 metros da canle do río, co conseguinte risco que entraña, pero o máis grave é o vertedoiro incontrolado que teñen no interior do recinto, e outro que utilizaban indiscriminadamente na mesma canle do río, moitos dos residuos atopados pertencen ás prácticas do carné de conducir, conos, fitas plásticas, etc.

Comunicamos e instamos a todas as entidades ecoloxistas de Ferrol a que tomen nota e procedan a efectuar as correspondentes denuncias se houbese lugar a elo.

Publicado no Blogue do Colectivo:
http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/2013/01/resumo-da-limpeza-do-rio-sardina.html


...

Enlace de moito interese:
Galería Fotográfica de Acción Directa - 35 Albúns

Blogue:
http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/

Queres participar
?

Apúntate!!

correo-e:
recuperaciondeespazospublicos@gmail.com


Teléfonos:
620 312 992 - 637 567 497

Grupo no Facebook:
https://www.facebook.com/groups/444525015569821/
____________

A outra cabalgata


FLASHMOB DOS "REIS VAGOS"

Hoxe realizamos o Flahmob que parodiou os 16 meses de goberno do Partido Popular no Concello de Ferrol. 16 Meses nefastos, e cheos de inoperatividade por parte do goberno de Rey Varela, non nos arranxan as fochas nin beirarrúas, non coidan o patrimonio histórico, nin realizan mantemento dos espazos públicos da nosa cidade, pero proxectan obras millonarias e sen sentido, como a da Praza de España, na que pretenden facer unha zona verde por valor de 916.000 euros. Tamén teñen prevista outra obra no Parque Municipal por valor de 450.000 euros.

O montante total deste despilfarro equivale a: 1.366.000 euros (227.283.276 das antigas pesetas).

Coa que está a caer, co padecemento de familias, desafiuzamentos, colas nos comedores sociais, e con máis de 20.000 desempregad@s na bisbarra, e o PP de Ferrol tira polo desaugadoiro un diñeiro imprescindible para paliar estas situacións. Queremos que ese diñeiro se destine á contratación de desempregad@s en contratos de media xornada, e en función dá carga familiar ou precariedade que poidan estar a pasar.


Publicado no Blogue do colectivo:
http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/2013/01/flashmob-dos-reis-vagos.html

...

Enlace de moito interese:
Galería Fotográfica de Acción Directa - 34 Albúns

Blogue:
http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/

Queres participar
?

Apúntate!!

correo-e:
recuperaciondeespazospublicos@gmail.com


Teléfonos:
620 312 992 - 637 567 497

Grupo no Facebook:
https://www.facebook.com/groups/444525015569821/
______________

sábado, xaneiro 05, 2013

Cinco economistas opinan sobre as contas públicas e as perspectivas económicas para o ano 2013, logo de presentados os Orzamentos da Xunta de Galicia


Non se ve luz ao final do túnel
Cinco expertos en economía comparten o pesimismo sobre a evolución da crise na comunidade galega ao longo do ano 2013

Outro ano máis de mar arboredo na economía europea e recortes presupuestarios a gran escala traducíronse nas contas da Xunta en 300 millóns de euros menos para 2013. Con este panorama, cinco economistas consultados por 'El País' sobre as contas públicas e as perspectivas económicas para o ano próximo abundan no pesimismo sobre o futuro e apenas ven os indicios afastados de recuperación que enuncian as perífrasis de complexidade crecente de Alberto Núñez Feijóo.

Para Santiago Lago, catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, Xaquín Álvarez Corbacho, que ostenta a mesma posición na da Coruña, Luís Caramés e Xavier Vence, cátedros de igual disciplina en Santiago, así como Manuel Lago, experto economista de dilatada traxectoria sindical, o diagnóstico é similar. As diferenzas soamente emerxen respecto ao papel do Goberno autónomo, para uns sen apenas marxe de manobra para marcar un rumbo distinto por influencia externa, para outros parte activa do proceso.

Paro e recesión.

A Xunta calcula que o desemprego alcanzará o 21% e o PIB contraerase un 0,9%, datos negativos pero inferiores á media de España, con cinco puntos máis de paro e un 1,1% de caída do produto interior nas previsións. "Non se pode acusar á Xunta de ser moi optimista. Que a taxa de paro estea catro ou cinco puntos por baixo da estatal pode ser realista", sinala Santiago Lago, que entende que é o factor demográfico, con máis poboación envellecida e fóra xa da idade laboral, a que explica o saldo favorable. "A redución do paro é máis que improbable", apunta Caramés, que cre determinantes "as reticencias alemás, fundamentalmente, a deixar crecer algo a demanda -vía salarios, por exemplo, temor que está ligado coa súa aversión xenética á inflación, por reducida que sexa".

"O escenario é catastrófico xa como obxectivo", critica Manuel Lago. "Acumular cinco anos de destrución de emprego e recesión é algo que nunca sufriramos. O Goberno acepta que no mellor dos casos o paro aumentará en 15.000 persoas", lamenta, e prevé que a realidade sexa peor. "O PIB pode caer un 2% e o meu cálculo é que o paro superará as 300.000 persoas non máis aló do primeiro trimestre de 2013. Esa é a barreira que marcará o fracaso estrepitoso".

Segundo Vence, "hai unhas previsións infladas dos ingresos, que permiten pintar un nivel de déficit acorde coas esixencias do Goberno central e ao mesmo tempo encaixar uns agasallos fiscais á súa clientela electoral. Os recortes de gasto agora anunciados acabarán sendo maiores sobre a marcha cando se vexa que a situación vai peor do previsto e cando o déficit ameace con dispararse". Respecto ao déficit, Santiago e Manuel Lago coinciden en criticar o obxectivo de redución do 1,5% ao 0,7%. "É un sinsentido, o 1,5% xa é un bo resultado, si como parece Bruxelas vai deixar dous anos máis sobre o previsto para que o déficit estatal chegue ao 3%, cando as comunidades soportan máis dun terzo do gasto público", di o primeiro.

A losa da débeda

"Gañan as entidades financeiras, ás que hai que pagar as amortizaciones de crédito. Só os intereses son de 300 millóns e iso non é que non se toque, é que aumenta en 27 millóns. Para pagalas vólvense a endebedar e estamos permanentemente enganchados en refinanciaciones. A miña visión é que os poderes financeiros gañaron a batalla", aduce Álvarez Corbacho, que cre que un ano máis os pasivos financeiros superarán os 1.000 millóns.

"O capital financeiro escápase a través dos paraísos fiscais e xera unhas desigualdades tremendas", lamenta o profesor, para quen a análise do orzamento da Xunta non se pode facer de forma independente ao contexto xeral do "círculo de empobrecimiento terrorífico, de recortar as conquistas que logrou Europa".

"Na recesión actual tócase o gasto corrente -onde se atopan soldos e salarios- porque as esixencias de axuste e a falta de autonomía político-económica así o determinan", opina Caramés.

Fondo de Crecemento

Os 386 millóns que integran o Fondo de Crecemento que anuncia a Xunta son segundo Xavier Vence "unha fraude total. Trátase de reagrupar con ese rótulo investimentos e fondos que xa estaban nas diferentes consellerías. Non ten contido novo, tan só o nome co que se empaquetan accións que xa había. É un macabro xogo de trileiro para gañar un titular, pero non aporta ningunha solución", sostén.

Luís Caramés considera a manobra "unha mostra máis de que as cousas non deixan de ser o que son aínda que se lles poña un determinado nome. Trátase simplemente dunha sistematización de partidas salteadas por varios departamentos, cuxo maior valor quizá sexa esa propia ordenación, ao permitir observar máis directamente a súa capacidade de impacto sobre a actividade, bastante modesta". Álvarez Corbacho o despacha como un "proceso de lexitimación do orzamento" que non cabo valorar "ata que non se clarifique".

Marxe de manobra

Santiago Lago cre que a Xunta ten escaso campo para manobrar polos condicionantes que impoñen Goberno e Xunta. Ata o 77% porcentual de gasto social co que Feijóo defende as súas contas "é algo obrigado" porque en Sanidade e Educación "máis do 80% é gasto de persoal", e non se pode despedir a todo o mundo. "Pódense gastar cinco millóns na Cidade dá Cultura, pero non pechar un colexio; onde metes aos 300 nenos?", pon por exemplo. Pero onde si pode actuar faio "coa súa ideoloxía conservadora: máis recortes que novos impostos".

Para Vence, o recorte sen alternativas -el propón, ademais da aposta pola banca pública, "grandes programas de emprego público de carácter social e medioambiental"- deixa ver o "desmantelamento do sistema autonómico". "Coa tónica dos orzamentos de 2009 e o seu desidia está colaborando á degradación da Autonomía ante a sociedade". Caramés aposta xa por pedir o rescate, "xa que os gastos financeiros dos axentes económicos na economía española son insoportables e condicionan calquera regreso á senda do investimento". Manuel Lago bota de menos nas contas algo "que se poida entender como unha aposta pola dinamización, están feitas por unha contable sen visión da economía". "Cumpren o que lles mandan, pagar a quen teñen que pagar. E iso fano todas as Administracións europeas, todas firmes", censura Álvarez Corbacho, que advirte: "Vénnos encima un cambio drástico na organización social".

Publicado na edición para Galiza do xornal 'El País' | 30.12.2012

Documentación:

http://www.conselleriadefacenda.es/orzamentos2013/
___________________

martes, xaneiro 01, 2013

Pretenden xulgar á Solidariedade: Pretenden xulgar a Laura Bugalho, activista social e sindicalista, polas súas actividades a favor d@s inmigrantes e o dereito á libre circulación das persoas (Artigo 13 da DUDH)


"Artigo 13. da "Declaración Universal dos Dereitos Humanos" (A/RES/217, 10 de decembro de 1948).

... "1. Toda persoa ten dereito a circular libremente e a elixir a súa residencia no territorio dun Estado.
2. Toda persoa ten dereito a saír de calquera país, ata do propio, e a regresar ao seu país.
" ...

A INXUSTIZA pretende xulgar a activista social Laura Bugalho, acusándoa de falsidade documental e trata de inmigrantes. Parece, que ser humanista, sentir, padecer, e ser solidarios coa comunidade inmigrante sen papeis é un delito.

Laura ten que declarar para o 16 de Xaneiro acusada destes delitos, para os cales se solicita pena de cárcere.

Cumpre lembrar que esta compañeira gañou o “Premio Nicolás Salmerón de Dereitos Humanos 2011” en recoñecemento a unha vida adicada a loita polos dereitos do coletivo LGTB, loita sindical, defensa dos dereitos d@s inmigrantes, etc...

Para tentar evitar esta inxustiza estáse a solicitar a Firma solidaria coa compañeira Laura Bugalho, co fin de remitir as firmas ao Xulgado de Instrucción nº 1 de Compostela, pola desestimación e arquivo da causa nº DP 2123/09

Firma aquí a Petición dirigida ao Julgado de Instrucción nº 1 de Compostela

Laura Bugalho leva dende 1993 realizando tarefas de asistencia ás persoas emigrantes. Só no ano 2008, o Foro Galego de Imigración calcula que a militante acompañou 620 persoas emigrantes ante o Negociado de Extrangería de la Subdelegación del Gobierno de Coruña.

Dese continxente, Laura Bugalho foi denunciada por catro emigrantes, dos cales tres se ratificaron finalmente nas súas palabras. Estas persoas denunciaron a Bugalho por facilitarlles documentación falsa que, segundo os propios emigrantes, eles terían empregado.

En Novembro de 2008, Bugalho denuncia unha mafia de roubo e extorsión a 57 marroquís. Non obstante, en 21 de marzo de 2009, no curso dunha acción das Panteras Rosa Galiza en Compostela, Bugalho é identificada e perseguida. É dende ese momento que se comeza a facer cada vez máis persistente o acoso policial á activista, ata o punto da súa vivenda ser asaltada en 19 de maio de 2009. Laura denuncia este feito á Garda Civil, a cal tarda unhas dúas horas en chegar á súa casa. O pretexto con que os Garda Civiles xustificaron o seu atraso foi o de "terse perdido".

O 20 de maio de 2009, Laura Bugalho realiza unha chamada ao presidente dun equipo de fútbol galego para esixirlle a regularización dos xogadores emigrantes e o pagamento de tres meses de salario debidos polo club. O empresario asegura que vai facelo, pero a activista queda con sospeitas da súa voz ter sido gravada, pois o teléfono soaba cun importante eco.

O día 21 de maio de 2009, Bugalho é avisada por policías nacionais de que a Policía Nacional da Comisaría de Compostela están a seguir os seus pasos por denunciar unha mafia vinculada á venda de tarxetas de residencia e a outra mafia vinculada ao deporte.

A militante infórmaos do asalto á súa casa, e eles non desmenten as sospeitas da autoría que ela lles traslada, quedando case confirmada a autoría policial. Os Policías de Coruña infórmanlle que veñen a por ela, que non teñen nada, Laura dilles que isto é toda unha . Nin unha semana despois, en 26 de maio, a súa oficina na CIG é asaltada por policías de Compostela que secuestran o seu ordenador. Laura estivo detida por 48 horas, sufrindo malos tratos nos calabozo da Comisaría. O Comisario Xefe diríxese a ela cun "por fin collinche, Laura,". Os policías hecen mofa da lingua galega e ameazan constantemente con que vai rematar en "Teixeiro".

Irregularidades e malos tratos Cando Laura Bugalho pasa a disposición xudicial, tres persoas emigrantes acoden como testemuñas. Non obstante, estas persoas entran esposados nas dependencias xudiciais, aínda que a súa actitude sexa de camaradaría cos policías. Un dos policías indicáballes ás testemuñas "recordade o que onte acordamos, tedes que denunciar a Laura Bugalho". Esta cita coñécese grazas á presenza na Sala de Compañeiros de Laura que se sorprenden tanto da camaradaría coma da desenvoltura do Policía indicando o que as testemuñas deben dicir ante o Xuíz.

Do ordenador da militante foron extraidos os datos de 15 persoas emigrantes, que foron citadas sen orde xudicial e ameazadas con quedar sen papeis ou recibir ordes de expulsión. Tres das oito que asistiron, non lles foi permitido ler o seu propio testemuño e os obrigaron a asinalo.

Operación Peregrino

No caso da Operación Peregrino, na cal foi imputado El Omari Messaoud -membro do CITE-CCOO, hai 57 persoas emigrantes orixinarias de Marrocos que terían sido estafadas e que recorreron a Laura Bugalho. Estas persoas pagaron a cantidade de 10.000 euros, moitas veces resultado que as súas familias fosen hipotecadas, polo visto de entrada a España. Despois, acostumaban ser abandonadas mínimo un mes en Andalucía, ata que eran reclamadas para traballar no sector metalúrxico galego, acabando por cobrar 500 euros de salario, cando o Convenio do Metal establece un mínimo de 1.100 euros netos, valor que aparecía reflectido nas súas nóminas e que eles terían que asinar para non sexan, por palabras dos afectados, "castigados". En moitos casos, as condicións en que estas persoas vivían eran verdadeiramente inhumanas, chegando a pasar as noites xunto as vacas na granxa do empresario.

Na Operación Peregrino, hai catro empresarios galegos e tres persoas marroquís imputadas, unha delas en paradoiro descoñecido. As persoas magrebís que acudían á CIG a falar con Laura Bugalho manifestaban, pola súa banda, o temor a ser vistas por El Omari Messaoud, pois as instalacións do sindicato galego están ao lado das de CCOO. O propio El Omari acudiu á CIG para ameazar a activista. Case a totalidade das persoas estafadas afirmaron teñen medo de ser expulsados se denunciaban a mafia.

Fonte: http://ferrolsuso.blogspot.com.es/
_____________________

Declaracións de Rosalia de Castro ante a utilización da súa imaxen por Nuñez Feijoo.


O pasado 31 de decembro, na TVG, o presidente Alberto Nuñez Feijóo facía o seu mensaxe de fin de ano utilizando unha fotografía moi popular da escritora e precursora feminista Rosalía de Castro. Esa noite, un amplo sentimento popular cualificaba o feito como unha grande manipulación. Utilizar un símbolo dos desexos de xustiza, igualdade e liberdade do pobo traballador galego; unha vida e obra dedicada á denuncia dos poderosos, por parte de quen, coas súas políticas, está a defender os seus privilexios, non pode ter outra cualificación que un novo aldraxe a sumar a todos os que ven sufrindo Rosalía de Castro, por parte de moitas instancias políticas e relixiosas. A escritora fixo as seguintes declaracións para Ártabra 21:
Aqués que tén fama d' honrados na vila
roubáronme tanta brancura qu' eu tiña;
botáronme estrume nas galas dun día,
a roupa de cote puñéronma en tiras.
Nin pedra deixaron en dond' eu vivira;
sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas;
ó raso cas lebres dormín nas campías;
meus fillos... ¡meus anxos!... que tant' eu quería,
¡morreron, morreron ca fame que tiñan!
Quedei deshonrada, mucháronm' a vida,
fixéronm' un leito de toxos e silvas;
i en tanto, os raposos de sangre maldita,
tranquilos nun leito de rosas dormían.

―――

―Salvádeme ¡ouh, xueces!, berrei... ¡Tolería!
De min se mofaron, vendeum' a xusticia.
―Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda...
tan alto qu' estaba, bon Dios non m' oíra.
Estonces, cal loba doente ou ferida,
dun salto con rabia pillei a fouciña,
rondei paseniño... (ne' as herbas sentían)
i a lúa escondíase, i a fera dormía
cos seus compañeiros en cama mullida.

Mireinos con calma, i as mans estendidas,
dun golpe ¡dun soio! deixeinos sin vida.
I ó lado, contenta, senteime das vítimas,
tranquila, esperando pola alba do día.

I estonces... estonces cumpreuse a xusticia:
eu, neles; i as leises, na man qu' os ferira.

"A xustiza pola man"
Rosalia de Castro. Follas Novas.
____________

Bóveda, un alegato pacifista contra a inxustiza - Presentación do libro: Xoves 3 de Xaneiro en Fene


Presentación do libro en Fene, o Xoves 3 de Xaneiro de 2013, ás 7 da Tarde nos locais da Asociación Veciñal de Perlio, na Praza da Escola. 

Unha iniciativa que nace en Bezoucos, á outra banda da Ría de Ferrol. Trata-se dunha banda deseñada coa peripecia vital e co pensamento de Alexandre Bóveda, fusilado en 1936 despois dun irregular Consello de Guerra. Bóveda defendía unha fiscalidade progresiva, onde pague máis o que máis ten. Tamén cría nunhas caixas de aforro que fixeran revertir a riqueza no seu entorno social.

Impulsan este proxecto o autor do debuxos Carlos Sardiña e a autora dos textos Pitusa Arias e Sonradiofusión, a asociación de amizade coa radio local en Galicia.

Esta iniciativa esta-se difundindo a través de Facebook, Twitter e dos medios de comunicación de Vitaminas para o galego.

Podes colaborar coa iniciativa en:


____________

luns, decembro 31, 2012

Adeus 2012

Por Amadeo Varela [*]
24.10.2011


Hoxe remata o ano. Que vaia o demo zoupando con el, porque foi bastante malo, pero como nunca choveu que non escampara, a ver se o 2013 é un pouco mellor. Aínda que non sei, non sei, porque din que outro virá que bo o fará.

A min non me estrañaría, porque esta chuvieira non ten viso de que vaia parar axiña. En calquera caso, seguiremos “vivindo como galegos”, é dicir, aturando todo o que nos boten como fixemos sempre.

O caso é que haxa saúde. Agora ímola necesitar máis que nunca, porque poñerse enfermo vai ser un luxo que non poderá atinxir calquera. E porque a lotería non caerá, pero reconversións, peches, recortes, paro e o que sexa, diso non ha faltar. Porque sempre chove sobre mollado e porque a can fraco todo son pulgas.

Din que sarna con gusto non pica e que cada un ten o que merece. Eu non sei, pero de todos xeitos, teñamos moito ánimo, porque non hai mal que cen anos dure. (Nin corpo que os resista, claro).

Publicado no "Diario de Ferrol"

[*] Amadeo Varela Rodríguez -Ferrol 1936, foi traballador de BAZAN, é o autor de "Recordos do vello Racing" publicado no 2000, "Bazan e Ferrol - Unha simbioses perfecta?" (a historia dunha época, "... detrás de cada barco que nace, hai moitas horas de esforzo. Nesa tarefa, miles de traballadores foron gastando a súa saúde e a súa vida".) publicado no 2003 e coautor de "Retallos da Memoria II" ("Memorias de neno" sobre a súa vida de pequeno nunha familia republicana perseguida), publicado no 2009. Autor de numerosas cartas e artigos na prensa local. Autor de sitios na rede sobre Ferrol. Cofundador da Asociación San Fernando para defender o Patrimonio Histórico do barrio ferrolán de Recimil contra a súa pretendida demolición, membro do Colectivo Recimil co que promoveu a Plataforma Ártabra 21 e a Plataforma en Defensa dos Espazos Públicos. Na actualidade forma parte do Colectivo Ártabra 21.
________________

A presión social obriga ao concelleiro de Urbanismo, Obras e fochancas a poñerse a traballar


A presión social obriga ao concelleiro de Urbanismo e Obras a poñerse a traballar

Despois do "Flashmob" de denuncia celebrado o domingo día 23 de decembro e organizado pola : Plataforma contra o Malgasto do Diñeiro Publico, o Colectivo para a Recuperación de Espazos Públicos e a Asociación Veciñal de Esteiro.

Despois das continuas denuncias efectuadas pola AV de Esteiro durante todo o ano, e logo de que o concelleiro de Urbanismo e Obras do Concello de Ferrol, Sr. Evia, dixese no Pleno do día 27 de decembro que ata xaneiro non podía comezar a arranxar, despois de 18 meses sen facer nada, as numerosas fochas existentes debido a que a empresa de aglomerado estaba pechada. Onte sobre ás 18 horas foron reparadas as fochas da Trincheira.

A denuncia e a presión dos colectivos sociais obrigou a Guillermo Evia e ao seu "asesor", Amador Rodríguez Silvar, a poñerse a traballar.

Será este o comenzo da reparación das fochas en rúas e beirarrúas en toda a cidade?  Estarán arranxadas as fochas en Esteiro para a carreira de San Xiao que se celebra o domingo 13 de Xaneiro? Seguirán caendo persoas, e formulando a correspondente denuncia, na focha do paso de peóns da Casa Solidaria?

Esperemos que o seu anuncio de que no mes de xaneiro se vai contratar unha empresa para a reparación de fochas, que na súa maioría podería facelo unha cuadrilla de persoal municipal,  sexa verdade. Lembramos que o Concelleiro Evia xa anunciou que a empresa ía ser contratada en Xuño e logo anunciou que ía ser contratada en setembro de 2012 e agora anuncia que será en xaneiro do 2013.

A ver se agora e verdade.

Se reunirá algunha vez o Concelleiro de Urbanismo e Obras coa Asociación Veciñal de Esteiro?

Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro


Local Veciñal:
Rúa Fernando VI,
Bloque I baixo
Ferrol -15403
Telef. 981933223
avesteiro@galicia.com
http://avesteiro.blogspot.com/





Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
29 de dezembro de 2012 11:18

_____________

domingo, decembro 30, 2012

A Asociación Veciñal de Esteiro presentou Alegacións aos Orzamentos do Concello de Ferrol 2013


A Asociación Veciñal de Esteiro vimos de presentar, a través do Rexistro Municipal, as nosas alegacións a proposta de orzamentos municipais para o ano 2013 (achegamos anexo).

DEMANDAMOS :
  • A eliminación da partida consignada para Abrir Ferrol ao Mar, por que non é unha prioridade para a cidade neste momento.

  • A eliminación do malgasto destinado ao chamado " Pulmón Verde da Praza de España", nova ocorrencia do concelleiro de Urbanismo, Guillermo Evia,  para destinar esa cantidade de 918.000 euros a outras necesidades da cidade de Ferrol que requiren actuacións urxerntes:
  • Plano de reposición e sinalización horizontal e vertical en toda a cidade.
  • Plano de urxente de obras e mantemento que inclúa a colocación de bolardos e eliminación de barreiras arquitectónicas.
  • Eliminación do malgasto correspondente á rúa do Sol, rúa executada cun goberno do Partido Popular e IF sendo Rey Varela concelleiro de Facenda, conservando a cantidade necesaria para a súa REPARACIÓN.
  • Creación dunha nova partida para Orzamentos Participativos de 2 millóns de euros.
  • Incremento ate dous millón de euros para partidas de : Creación de emprego, creación de empresas públicas, fomento do cooperativismo e economía social e apoio a inicitivas de carácter social.
  • Creación de novos comedores sociais, comedor sobre rodas, financiamento da asistencia no fogar e mantemento de convenios con todas as entidade de carácter e recoñecemento de interese social.

Xunta Directiva da AV de Esteiro

Local Veciñal:
Rúa Fernando VI,
Bloque I baixo
Ferrol -15403
Telef. 981933223
avesteiro@galicia.com
http://avesteiro.blogspot.com/



Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
29 de dezembro de 2012 17:16

______________

Falando en voz baixa, ... Por Pablo Vaamonde

Por Pablo Vaamonde [*]
30.12.2012


As voces baixas, o último libro de Manuel Rivas pode ser, na miña opinión, unha das mellores obras deste autor que xa é, con todo merecemento, un dos máis grandes da nosa literatura. Trátase dun texto autobiográfico no que, en vintedúas breves estampas, repasa os primeiros anos da súa vida, desde os primeiros medos infantís ata os seus inicios no xornalismo, traballando como meritorio no mítico Ideal Gallego daqueles anos setenta, onde comezou no oficio a carón de figuras como Luís Pita e Xosé Gaciño.

Hai autores que caen na trampa do anecdotario e convirten o relato autobiográfico nun amoreamento de persoaxes e sucesos que teñen escasa relevancia fóra do ámbito persoal ou local. Ata os mestres poden cometer este erro (García Márquez en Vivir para contarla, ou Ramiro Fonte en Os meus ollos). Outros caen na autocompracencia: o autor convírtese en protagonista da historia e só reflicte aqueles perfís que máis lle conveñen. Non é doado facer boa literatura a partires da memoria persoal. Caballero Bonald (Tiempo de guerras perdidas) dicía que, onde remata o cómputo privado da realidade, comeza a invención artística doutra realidade puramente literaria: “redactar unas memorias también equivale a montar una novela a partir de esa memoria”.

 Iso é o que consegue o autor neste fermoso libro. Constrúe unha peza literaria cos recordos da súa infancia e adolescencia. Pero Manuel Rivas non fala tanto de si mesmo como dos seus: dos avós, dos pais, dos tíos e da súa irmá María, unha sombra protectora, unha presenza permanente nesta obra, desde a foto da portada ata o último capítulo no que relata a súa morte prematura. Tamén fala dun tempo, os últimos anos do franquismo, co silencio instalado nas casas –había cousas das que non se podía falar-, co autoritarismo presente na igrexa e na escola -onde os rapaces tomabamos o leite en pó da axuda americana-, coa emigración como horizonte para a xente nova (“Un día, indo sós para a escola , Antonio informoume moi contento: “Mañá marcho para Inglaterra”. E engadíu: E ti quedas aquí”), coas familias traballando duro para fuxir da miseria e  na procura un futuro mellor para os fillos (“E ti, cando sexas grande, a ver se buscas un traballo no que non te molles”).

O texto, e as fotos que o acompañan, dan testemuña da vida dunha familia humilde que traballa arreo para mellorar a súa vida. O autor recorda aos seus con afecto, con grandísimo respecto e tamén con admiración. O seu pai, albanel e saxofonista, foi quen de construír no Castro de Elviña,  coas súas propias mans, “aquela nosa casa solitaria que resistía as tempestades”. Súa nai, que falaba soa mentres traballaba, protexía aos fillos contra o mundo, “mantiña unha loita sen tregua contra a friaxe e as correntes de aire”, e estaba obsesionada con que os fillos tivesen un traballo que os librase de andar á intemperie. Hai un momento do libro que resulta moi revelador. Despois de moitos días sen poder traballar, por causa da chuvia, o pai estoupa: “Quen me dera unha semana no cárcere”. E a nai contéstalle: “E a min sete días no hospital!”. Como se pode apreciar hai tamén no libro, como é habitual en Rivas, unha grande dose de humor, un humor terapéutico que axuda a tolerar os golpes da vida. E tamén humor negro de alta calidade.  Conta o caso de Antonio o Chibirico, que exerceu de enterrador na parroquia de San Vicenzo. Ás veces achegábase á porta das tabernas e berraba: “Hai que ir morrendo! Non dades un peso a gañar!”.

Todo isto é contado en voz baixa. O autor non eleva o ton, non impón o seu discurso senón que relata con sinxeleza, afecto e ironía a vida cotiá deste grupo humano no que naceu, medrou e aprendeu a ser boa persoa (“Fueron mi vida. Gente a la que quise. Cada una de sus ausencia me ha llenado de sufrimiento”, Rafael Chirbes en La buena letra).  Pero a novela transcende o terreo estritamente persoal e familiar. Os que vimos daquel tempo, e da mesma estirpe proletaria, recoñecémonos nestas figuras e neste relato. Tamén nós sufrimos os medos infantís, soubemos da friaxe dos invernos, tivemos mestres que utilizaban a regra como ferramenta de traballo e na nosa casa tampouco había libros.

Relatos coma este axudan a darlle sentido ás nosas vidas. As narrativas persoais que imos construíndo ao longo da vida “dánlle sentido ao pasado, explican o presente e anticipan o futuro” (Santiago Lamas, Galicia borrosa). Esta memoria persoal do autor é tamén, en parte,  a nosa memoria colectiva. Manuel Rivas é un notable poeta, un articulista brillante e comprometido e un narrador poderoso que nos deixa neste libro unha testemuña conmovedora dos seus primeiros anos neste mundo.

A súa irma María gañou, nunha ocasión, un concurso de relatos patrocinado por unha empresa de refrescos. Os xornais titularon: “La hija de un albañil gana el concurso nacional de redacción”. As forzas reaccionarias, que agora dominan no país, están a ditar normas e a impoñer decretos para tentar que o fillo dun albanel non poida chegar a ser o mellor escritor de Galicia e membro relevante da Real Academia Galega. Nunca máis.

Blogue persoal de Pablo Vaamonde:

Pavillón de Repouso

http://pablovaamonde.blogspot.com.es/

[*] Pablo Vaamonde, nado na Baña en 1956. É médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña). Foi fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005), presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005 e vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña e responsable do Programa de Formación Continuada de 1998 a 2005. Foi director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas entre 2005 e 2006. Tamén foi membro da Comisión Sectorial de Sanidade que elaborou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, colaborador habitual dos medios e autor de tres libros de narrativa: O fillo do emigrante (2002), O mes de abril (2004), Luz Divina e outros retratos (2006). Recibiu o Premio Lois Peña Novo en 2005, polo seu compromiso na promoción e defensa da língua de Galicia e é colexiado de Honra con Emblema de Prata (2007) do Colexio Oficial de Médicos da provincia de A Coruña.

Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
30 de dezembro de 2012 11:44

___________

Remataron o traballo comunitario e reivindicativo no Castelo de San Carlos


Foron cinco xornadas, as que fixeron falta para rematar o traballo comunitario de limpeza, e de recuperación da contorna, no Castelo de San Carlos. Unha batería costeira que data do Século XVII, logo reformada no seu trazado actual en 'L', no S.XVIII. Esta fortificación xunto aos Castelos de San Filipe, A Palma, San Cristovo e de San Martiño,  formaba parte do sistema de fortificacións que defendían a entrada da Ria de Ferrol. A fortificación está situada no lugar de Punta de Baterías, na parroquia de Brión. O Castelo de San Carlos está catalogado pola Xunta de Galicia como BIC (Ben de Interese Cultura - RI-51-0008847) e no PXOM de Ferrol, consta no catálogo de bens patrimoniais protexidos, como Monumento Histórico Artístico (documento que figura na rede en formato pdf - páxina 3 - ficha C-3), mais estaba totalmente abandonado e deixado a perder polas autoridades municipais.

Os traballos de recuperación do Castelo consistiron fundamentalmente na limpeza dos muros, roza da maleza e silvas do interior, e limpeza do empedrado do chan.

As compañeiras e compañeiros do Colectivo Cidadán que as autoridades públicas teñen abandonado. É así como as centos de horas empregadas no traballo comunitario e voluntario, frutificaron en espazos públicos recuperados para o goce da cidadanía, para o ben común (Lavadoiro da Mina de Ouro de Ponzos, Castelo de San Cristovo, Lavadoiro d'A Barca -A Cabana, Fonte de Chamorro, Parque Monumento a Torrente Ballester, Erradicación do Plumeiro da Pampa en Caranza, Bosque dos Nenos (Valón), Castelo de San Carlos, ... Botando unha man aos compañeir@s da Horta Comunitaria de Caranza ou no flashmob dandolle uso ás fochancas de Ferrol).

Xa anuncian, na súa imparábel acción que o vindeiro sábado, 5 de Xaneiro de 2013, van comezar o ano acometendo a recuperación doutro espazo público de Ferrol en estado de abandono por parte do actual goberno local.

As compañeiras e compañeiros, seguen teimando na loita contra o malgasto de 916.000 euros máis, na enésima remodelación da Praza de España -onde xa se levan dilapidado moitos millóns- que pretende acometer o goberno municipal do dereitista Partido popular, con José Manuel Rey Varela como Alcalde, responsábel de facenda no mandato do tamén alcalde popular Sr. Juncal, que polo seu mal goberno houbo que pagar case oito millóns de euros de indenización á empresa Abeconsa, polo lucro cesante, ao non construír-se o ilegal macroedificio que os populares e IF pretendían edificar no medio da Praza.

No seu blogue din "Queremos transmitir ao grupo popular o noso malestar pola apatía e desconsideración demostrada face nós, pois nin tiveron a decencia de respostar-nos a un escrito entregado por Rexistro no Concello. As nosas 'represalias' virán dadas como até o de agora, deixando en evidencia o abandono e mal estado da cidade de Ferrol, e cun obxectivo común, a paralización do investimento e malgasto de 916.000 euros de carto público na Praza de España".

Desde o Colectivo Ártabra 21, queremos recoñecer a importante actividade comunitaria realizada polas compañeiras e compañeiros do Colectivo Cidadán

Enlace de moito interese:
Galería Fotográfica de Acción Directa - 33 Albúns

Blogue:
http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/

Queres participar
?

Apúntate!!

correo-e:
recuperaciondeespazospublicos@gmail.com


Teléfonos:
620 312 992 - 637 567 497

Grupo no Facebook:
https://www.facebook.com/groups/444525015569821/
_________________

sábado, decembro 29, 2012

Pleno do Concello de Ferrol, onde se aborda o asunto do roubo da sede do Ateneo Ferrolán - Vídeo


O pasado xoves, 27 de Decembro, no Pazo Municipal de Ferrol, celebrou-se o último Pleno Ordinario do ano 2012. Nel entre outras cousas ía-se tratar o asunto do edificio do Ateneo Ferrolán que o actual goberno municipal, do dereitista Partido Popular que goberna con maioría absoluta, mais con pouco máis do 23% dos votos d@s ferroláns, aproveitando a finalización das obras de rehabilitación do edificio, decidiu unilateralmente retirar-lle a concesión do mesmo ao Ateneo Ferrolán, para privatizar a súa xestión e dividir o edificio, cedendo parte del á Asociación Artística Ferrolana e a Asociación Veciñal de Ferrol Centro, usurpando deste xeito á principal institución cultural da cidade a súa sede.

Publicamos a continuación o vídeo da parte do Pleno, onde se trata este asunto que dura puco máis de 32 minutos.


http://youtu.be/vAxEFyifg14

_________________

Documentario sobre Finanzas Éticas en "La2" de TVE, este Domingo 30 de Decembro, ás 23hs


Documentos TV. "Finanzas éticas"

Por Marisol Soto Romero | 23.12.2012

Desde fai aproximadamente unha década, Tríodos Bank, FIARE-Banca Ética ou Coop57 son unha opción alternativa á banca convencional para aquelas persoas e organizacións que buscan un uso responsable do seu diñeiro acorde cos seus valores.

Nos últimos anos, estase producindo un aumento progresivo de persoas que prefiren o beneficio social antes que o monetario e deciden confiar os seus aforros ás entidades que lles din en que e para que usan o seu diñeiro.

Un incremento do 1000%

Segundo datos do Observatorio das Finanzas Éticas, en 2011 había uns 575 millóns de euros en depósitos e uns 600 millóns en préstamos.


"En comparación ao sistema financeiro español é unha cantidade moi pequena pero o ritmo de crecemento é moi alto", valora Xavier Teis, economista e membro da organización FETS, quen engade que a banca ética parece atopar o seu momento na crise económica e financeira que vive España posto que o crecemento recente foi do 1000% tanto en depósitos como en crédito.

Para Carlos de Ahumada, da cooperativa la Olivera, o aumento da participación nestes últimos anos demostra que "hai fórmulas alternativas de financiamento que hai que ir descubrindo e poñendo sobre a man da xente disposta a ceder os seus aforros para que teñan un sentido".

O modelo Tríodos

"Poñer conciencia no mundo da economía, no mundo do diñeiro, pero desde a sociedade civil, desde os cidadáns, eu creo que é unha revolución deste século XXI", afirma no documental Joan Antoni Melé, subdirector de Tríodos Bank en España, un banco de orixe holandesa que abriu a súa primeira oficina en Barcelona en 2004 e que hoxe xa ten representación en doce cidades españolas.

Os modelos de intermediación financeira que se ofertan no abanico da denominada banca ética son distintos nas súas orixes e formulacións pero coinciden en aspectos fundamentais: en lugar da economía especulativa promoven a economía real na contorna máis próxima, practican a transparencia, xa que publican todos os investimentos, e orientan as súas operacións cara aos beneficios sociais e medioambientales.

O modelo FIARE

"A palabra ética vai inevitablemente unida á economía. O afastar a ética e o marco valórico das decisións económicas non é inocente", asegura Peru Sasia, presidente de FIARE un proxecto impulsado desde o País Vasco que se estendeu a varias comunidades autónomas.

FIARE non busca clientes senón unha rede de persoas e organizacións socias. Opera en España mediante a ficha bancaria da Banca Popolare Ética de Italia, unha cooperativa de crédito sen ánimo de lucro que é referencia no sur de Europa polo seu modelo organizativo dentro do sistema financeiro alternativo.

En FIARE cada socio significa un voto, independientemente do capital que aporte e no 2013 tamén ofrecerá en España produtos de banca comercial como contas correntes, domicilio de nóminas e recibos ou tarxetas de débito.

O modelo Coop57

"Fai 40 ou 50 anos, quen falaba de ecoloxía, quen falaba de sostenibilidade, ou de modos sostenibles, ninguén, sectores moi pequenos e moi marxinais. Eu creo que a gran semente dun proxecto como o noso é iso, que é unha semente", apunta Ramón Pascual, coordinador de Coop57 en España, unha cooperativa de servizos financeiros fundada en Barcelona en 1996 por iniciativa dun grupo de traballadores e traballadoras da antiga Editorial Bruguera.

O obxectivo foi e segue sendo dotar aos seus socios dun instrumento para financiarse e promover o cooperativismo. Hoxe este modelo autoxestionado de intermediación financeira estendeuse a Aragón, Galicia, Andalucía e Madrid e procura ser un motor para as actividades da economía solidaria.

"Si montamos empresas tamén podemos crear un sistema financeiro acorde ás nosas necesidades e valores", di Mariña Martínez da cooperativa Tiebel, socia cofundadora de Coop57 en Aragón. O seu testemuño xunto cos das cooperativas Trabensol, Peñascal, La Veloz, ou Mol-Matric manifestan un desexo de coherencia e responsabilidade nos actos económicos.

Perspectivas para o futuro

Francisco Álvarez, asesor financeiro e ex directivo nas bolsas de Paris e Valencia, considera que a crise financeira actual espertou a conciencia dun gran número de cidadáns.

Para el hai preguntas crave que con só suscitarse producirían efectos moi positivos: "Soamente co feito de que vaiamos a unha entidade financeira a preguntar: pódesme dicir, por favor, que fas co meu diñeiro" En que o utilizades? Interésame saber que uso faise dun diñeiro que é meu. Se iso se fixeses, tería unhas consecuencias moi interesantes porque os propios empregados dirían: "oe, que empezo a ter clientes que me preguntan que facemos co diñeiro?"

Finanzas éticas é un documental producido integramente por Televisión Española. Estréase en Documentos TV o domingo 30 de decembro ás 23,00 h na 2 de TVE. A emisión pode seguirse e comentarse en directo tamén en RTVE.es.

Fonte:
http://www.rtve.es/television/20121223/documentos-tv-finanzas-eticas/589921.shtml

Titulo: "Finanzas éticas"Produción: TVE. 2012
Guión: Marisol Soto Romero
Realización: Manuel Muñoz Monterde
Imaxe: Xavi Pedro
Son: Juan Baño
Slide cam: Albert Acosta
Edición e operación smoke: Xavi Adoitar
Ambientación musical: Gerard Gual
Deseño gráfico: Montse Soldevila
Grafismo: Sandra Mañas
Sonorización: David Beltrán e Fernando Pequeno
Produción: Fali Álvarez e Nacho Lorenzo


Enviado por:
Lucia Vizoso
luciaxocaloma@gmail.com-
28 de dezembro de 2012 00:44

TOTALMENTE "R E C O M E N D A B L E"
Lucía

_____________

Reparacion de fochas - o goberno municipal de Ferrol rectifica en materia de reparación e mantenemento de vias e infraestruturas

Reparacion de fochas

O Grupo Municipal de Esquerda Unida congratúlase da decisión sensata adoptada polo goberno municipal do PP ao proceder urxentemente á reparación de determinadas fochas que , á vísta de todo o mundo, constituían un perigo para a seguridade de persoas e bens.

Neste sentido  Esquerda Unida presentou no último pleno unha moción instando ao goberno municipal a proceder á reparación inmediata das fochas que proliferan nas nosas vías e beirarrúas. O grupo popular rexeitou a moción e mesmo o concelleiro delegado, sr. Evia, considerou  que , aínda recoñecendo como mellorable o estado de cousas, se presentaba o problema como maior e máis grave do que realmente era.
Poida que si mais onte 28 de decembro, dia dos santos inocentes e ao mesmo tempo en que o Presidente Rajoy nos pedia “comprensión”, comezábase a reparar as fochas de varias vías da cidade e , en concreto, algunhas que especialmente Esquerda Unida indicou, de evidente perigo para a circulación e estado lamentable dende  días e que, no pleno, o Sr. Evia explicou ou seu estado por estar “pechada estes días a fábrica  de asfalto que abastecía á empresa concesionada…”. En fin..

Alegrámonos non ter que pedir por rexistro unha actuación de emerxencia que a legalidade prevé para casos de especial gravedade para a seguridade  e saúde das persoas e suxerimos ao goberno municipal outra actitude para o futuro.

Por último felicitar aos colectivos sociais e asociación veciñais que foron elemento esencial para catalizar o protesto contra o malgasto e desleixo do goberno do Partido Popular en materia de obras e mantenemento de infrestructuras.

Ferrol a 29 de decembro de 2012

Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol


eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org

facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/


Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
29 de dezembro de 2012 10:31

Adxunto enviamos nota de prensa pola rectificación puntual do goberno municipal en materia de reparación e mantenemento de vias e infraestruturas. Saúdos, Grupo Municipal.

____________

Stop-Desafiuzamentos manifestou-se en Ferrol contra os desafiuzamentos e o acoso bancario


Stop Desafiuzamentos (Comisión Dereito a unha Vivenda Digna),  que forma parte da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, realizou unha Manifestación, en Ferrol, este Venres 28 de Decembro, contra os desafiuzamentos e o acoso financeiro.
A mobilización, estaba encadrada dentro dunha convocatoria xeral que de forma coordinada, acordamos as diferentes plataformas e colectivos que actuamos na Galiza, tendo lugar manifestacións e concentracións, na Coruña, Compostela, Vigo, Ribeira, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Eran ás 7 da Tarde
, cando comezou a xuntarse un número importante de persoas na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo que a Xunta de Galicia ten en Ferrol. A manifestación saía minutos despois  pasando pola Rúa Real, para rematar diante do Pazo Municipal, na Praza do Concello, onde Lucía Vizoso, da Marcha Mundial das Mulleres, deu lectura ao Manifesto Unitario, logo pasou-se a micro-aberto, onde varias persoas tomaron a palabra.

Co lema "Nin casas sen xente, nin xente sen casas", transcorreu polas rúa de Ferrol, a manifestación promovida pola Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra. Ademais de varias entidades veciñais e sociais, a manifestación contou co apoio expreso da CIG. Con forza e convicción, partiu a manifestación clamando por alugueiros sociais e contra a inxustiza dos desafiuzamentos que condenan ás persoas a exclusión social e á pobreza. Desafiuzmentos que tamén matan, "Non é un suicidio, é un banquicidio", era un dos berros da marcha popular. Trece  rostros en papel acompañaban a manifestación, eran os do Alcalde, José Manuel Rey Varela, e o resto d@s concelleir@s do Partido Popular -PP, que no Pleno Municipal de Novembro, rexeitaron as mocións que pedían que: o Concello de Ferrol instara ao Goberno de Rajoy, á derrogación da Lei Hipotecaria e a reforma lexislativa que acabaran coa lacra dos desafiuzamentos e co acoso financeiro; e outra serie de medidas sociais para solucionar o drama dos desafiuzamentos. Daquela, atendendo ás nosas demandas, só aceptara unha bolsa de pisos baleiros de Recimil para familias sen recursos e que antonte, ao mesmo tempo que Stop-Desafiuzamentos facía a súa rolda de prensa, anunciou, no seu desequilibrado "Plan de oportunidades", rehabilitar unhas escasas 10 vivendas, para o que orzamentaron 300.000 euros.

A marcha popular, pasou pola rúa Real e subiu pola Rubalcava, para rematar ante o Pazo Municipal, na Praza do Concello. A cada consigna coreada seguía un redobre de tambor. Xa na Praza comezou-se coa lectura do manifesto que entre outras cousas se dixo-se:
... "Poderiamos falar de cifras. Na Galiza desde 2008 ordenáronse 7.367 execucións, das cais -en datos de Xullo- 5.994 remataron en desafiuzamentos. Máis de 400.000 execucións hipotecarias efectuáronse dende 2007, a nivel de Estado. Poderiamos falar do número de suicidios que esta situación xerou, ou nomear o artigo 47 da Constitución española. Poderiamos... Pero nesta xornada preferimos falar de inxustiza social, dos culpábeis deste sistema asasino e das solucións que nos permitan ter unha vivenda digna"...

... "Inxustiza social, porque levamos anos escoitando a palabra CRISE, palabra que foi empregada como arma culpabilizadora contra as familias que inxustamente somos acusadas de vivir por riba das nosas posibilidades. As familias desafiuzadas non son culpábeis senón vítimas, dun sistema financeiro atroz que prima a acumulación de capital por riba dos dereitos individuais e colectivos de todas e todos nós "...

... "Os culpábeis desta situación non son entes abstractos. Non son primas de risco, nin subidas ou baixadas do Euribor. Os culpábeis son os executeores das políticas neoliberais e os banqueiros que durante décadas só se preocuparon de encher o peto, sen pensar nin un intre no tipo de crecemento económico que estaban a xerar. Esta burbulla inmobiliaria estoupou pero non nos mollou a todos por igual. Mulleres, migrantes, menores, obreiros e obreiras, somos os que estamos a pagar os atropelos dos Aznar, Botíns, BBVs, Zapateros e Rajoys" ...
Por último cedeu-se o micro a todas as persoas que quixeron expresar a súa opinión, análise ou indignación. Reforzar o movimento popular, cun chamado a participar nas asociacións e organizacións da localidade; a narración en primeira persoa da realidade vital dunha vida sen dereito ao traballo nen á vivenda; a necesidade de complementarse e abandonar a dinámica de competitividade entre as organizacións de esquerdas, ou a crítica ante a ausencia de moitos dos traballadores e traballadoras de Navantia, Sanidade ou Ensino que vendo ameazados os seus dereitos, non están a incorporarse na defensa colectiva de todas e todos os afectados por esta situación. Estas foron algunhas das ideas vertidas nesta rolda de intervencións a micrófono aberto que fechou esta mobilización cidadá.

A noticia no Diario de Ferrol.

A noticia en La Voz de Galicia (Non a publica na súa edición dixital).

Fotos de Susete'70.
_____________

venres, decembro 28, 2012

O grupo Municipal de Esquerda Unida denuncia actitude oscurantista e prepotente do goberno municipal de Ferrol


NOTA INFORMATIVA

Tal e como se relatou sucintamente na nota informativa emitida por este grupo, onte pola noite con carácter urxente, Esquerda Unida explicacou hoxe en roda de prensa no Concello os motivos do seu abandono do pleno de onte  día 27 de decembro.

A primeira explicación posible podería ser a indicación de que realmente non foi , en sentido estricto, un abandono senón unha actitude coerente co voto contrario ao recoñecemento do carácter "urxente" requerido para introducir catro puntos na orde do día ás 22:20 horas, sin medios de comunicación presentes e coa sesión finalizada.

O grupo municipal de Esquerda Unida ven denunciando a actitude oscurantista e prepotente do goberno municipal en todas as áreas e procedementos e considera que concurrindo neste caso algún asunto de especial gravidade a gota colmou o vaso:

Un dos puntos de inclusión por vía urxente é o referido ao proceso de disolución do IMFACOFE e a este respecto queremos puntualizar:

O  IMFACOFE non é unha administración paralela. Iso que coloquialmente se denomina "chiringuitos", aludindo ás entidades (moitas delas de dereito privado) creadas polos sucesivos gobernos da era Fraga, son intrumentos de xestión de cartos públicos creados para sortear o control democrático da xestión. Pola contra e a pesar de que na documentación que sae dos fornos do goberno municipal a concellería de Facenda denomina continuamente "administración paralela" o Instituto Municipal de Facenda e Cobros do Concello de Ferrol é Administración pública e foi a solución que gobernos municipais anteriores (e, en concreto o encabezado por Xaime Bello e sendo María Luisa Sabio concelleira de Facenda) consideraron a solución máis acaída para sair do marasmo no que estaba o concello de Ferrol en materia de recadación.

Cómpre recordar que a  creación do IMFACOFE é producto dun acordo plenario no que se acorda asumir a xestión directa ,por parte da administración pública ,da recadación de tributos até o momento nas mans dun Recadador externo.

Até o día de onte estaba pendentes as contas do antigo recadador correspondentes ao período 1995/2001 motivo polo que no ano 2008, e tendo en conta que isto conlevaba que o Instituto público tiña tamén pendentes de aprobación as súas contas, o Consello de Administración do Instituto e o Concello -Pleno aprobaron unhas normas de rendición de contas de ingresoso con caráter trimestral (pleno de 26 de xuño de 2008). É dicir, a situación era coñecida.

Non é de recibo:
  • Que o goberno municipal siga a día de hoxe sen ofrecer, non xa unha explicación das supostas melloras económicas da supresión do IMFACOFE e aluda a un suposto aforro de 400,000 euros, senon un mínimo esquema da alternativa que, necesariamente, ten que barallar, e que implicaría cando menos o esencial dun plan de xestión integral do sistema tributario municipal: estructura organizativa e xestión públicas, recursos humanos conformados por empregados públicos ao servizo da administración municial, aplicacións e sistemas de información e nova organización correspondentes a unha xestión integral de dereito público, procesos no marco do dereito público, etc.
  • Que propoñan unha disolución do IMFACOFE practicamente con tramite de emerxencia despois de teren adiado todo o protocolo administrativo-político conducente á disolución.
  • Que a documentación referida a puntos, que nin siquera figuraban na orde do día, fora entregada poucas horas antes do pleno e entre estes puntos figuraran cousas como: proposta de anulación de valores por falta de identificación dos suxeitos pasivos por 4,389,374,83 e proposta de aprobación das contas do recadador- axente executivo no período 1995/2001.
O Grupo Municial  non vai a ser cómplice dun tratamento oscurantista e opaco dun asunto desta natureza nin vai colaborar na pretensión do Sr. Alcalde e o seu concelleiro delegado de Facenda de tramitar a disolución dun Instituto público como se fose un chiringuito da era Fraga. O sr. Alcalde foi concelleiro de Facenda no período 2003/2007 xusto no momento no que se tiña que ter tomado as decisións conducentes á corrección das anomalías. Agardamos polas explicacións públicas que  polo de agora non quere dar.

Ferrol, 28 de decembro de 2012

Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol


eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org

facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/


Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
28 de dezembro de 2012 13:10

Adxunto se envía nota informativa da roda de prensa do Grupo Municipal de Esquerda Unida no Concello de Ferrol. Saúdos, Xesús.

____________