martes, marzo 04, 2014

Comunicado do SOV CNT Ferrol en Apoio as Marchas pola Dignidade do 22 de marzo a Madrid

Comunicado en Apoio as Marchas pola Dignidade do 22 de marzo a Madrid

Ferrol. 28 Febreiro, 2014 - 17:59

Dende o SOV CNT Ferrol comunicamos que participaremos nas mobilizacións e asembleas que se convoquen na cidade en apoio as Marchas pola Dignidade convocadas para o 22 de marzo que confluirán en Madrid.

Mobilizarémonos contra este sistema que privatiza o rendible mentres recórtannos o presuposto en saúde, educación, dependencia, transportes públicos, auga, enerxía, comunicacións, servizos sociais, etc..,

Mentres a patronal, aproveitando o drama do paro masivo, aperta máis aínda, as roscas á baixa dos salarios e das condicións de traballo ás persoas que aínda teñen un emprego.

Traballadores e traballadoras que, ante a difícil situación, non poden nin sequera cuestionar o seu papel de meros explotados/ás polo capital. O sistema intenta obrigarnos a mostrar agradecemento aos empresarios, convertidos polo sistema en benfeitores da sociedade.

É hora de repartir o traballo e a riqueza, e que as persoas traballadoras poidan sentirse donas do seu futuro.

Facemos un chamamento a encher de dignidade as rúas.

En Ferrol a 27 de febreiro de 2014

http://www.cntgaliza.org/

Enviado por:
Axenda Aberta
-axendaaberta@gmail.com-
3 de março de 2014 09:04

http://axendaaberta.blogspot.com/

________________

Mobilizacións o 9 e 10 de marzo de 2014: 'Día Internacional da Muller Traballadora' e 'Día da Clase Obreira Galega'

CIG INFORMA:
Mobilizacións o 9 e 10 de marzo de 2014


Nos vindeiros días están convocadas dúas manifestacións  co gallo da conmemoración do Día Internacional da Muller Traballadora e do Día da Clase Obreira Galega. A primeira delas, de carácter nacional, terá lugar o vindeiro domingo 9 de marzo (mudouse do 8 de marzo para o día 9 para facilitar a asistencia), mentres que as do 10 de marzo, realizaranse nas comarcas de Ferrol, Compostela e Vigo.

Achegámosvos información das mesmas:

- ENCHAMOS A QUINTANA POLOS NOSOS DEREITOS SEXUAIS E REPRODUTIVOS!
Domingo 9 de marzo, ás 12 horas desde a Estación do Tren de Santiago
Manifestación nacional convocada pola Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto (da que a CIG forma parte)

- EMPREGO NA GALIZA!  HOXE MÁIS CA NUNCA SINDICALISMO NACIONALISTA E DE CLASE !!

Luns 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega, mobilizacións convocadas pola CIG  nas comarcas de Ferrol (ás 20 horas desde o local sindical), Compostela (ás 20 horas da Praza Roxa) e Vigo (ás 19:30 horas desde Vía Norte).

CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA CIG

http://www.galizacig.com/

Enviado por:
Confederación Intersindical Galega
-cig@cig-galiza.org-
3 de março de 2014 16:31

_______________

O xoves día 6 de Marzo terá lugar unha concentración as 18:00 no Mercadona de Canido en Ferrol, contra a represión do sindicalismo na empresa - recollida de sinaturas


CONCENTRACIÓN EN MERCADONA.

Baixo os lemas: "NON A REPRESIÓN SINDICAL EN MERCADONA", e "MERCADONA NON RESPECTA OS DEREITOS E A DIGNIDADE DAS PERSOAS".

O xoves día 6 de Marzo terá lugar unha concentración as 18:00 no Mercadona de Canido en Ferrol.

Xunto a esta acción de protesta continuaremos cunha recollida de sinaturas e unha serie de concentracións diante das tendas de Mercadona da provincia de A Coruña.

As sinaturas se están a recoller tanto na rúa coma por internet no seguinte enlace:
https://secure.avaaz.org/es/petition/Mercadona_Firmas_contra_la_represion_sindical_en_Mercadona/?fbdm

SINATURAS CONTRA A REPRESIÓN SINDICAL EN MERCADONA

A intención desta recollida de sinaturas é pedir o apoio e a solidariedade da sociedade na esixencia á dirección de Mercadona de que investigue os casos de represión sindical que tiveron e teñen lugar na provincia da Coruña.

Desde a constitución do comité de empresa de Mercadona na provincia da Coruña os delegados e delegadas que só pretendían realizar o seu labor sindical dentro das tendas de Mercadona foron conscientes de que exercer ese labor non ía ser tarefa fácil. Así se viu xa nos primeiros pequenos conflitos debidos á decisión da dirección da empresa na provincia da Coruña de ignorar completamente o comité como órgano de representación dos traballadores e traballadoras e posteriormente no importante conflito con esta mesma dirección motivado polo despido dun compañeiro afiliado a CC.OO. despois de participar na folga xeral na comarca de Ferrolterra.  Os nosos delegados nunca atoparon un interlocutor disposto a escoitar as demandas dos traballadores e traballadoras, e moito menos a negociar.

Os delegados e delegadas que foron capaces de soportar moi duros momentos e que, a pesar do cansazo, continuaron activos tratando de cumprir coas responsabilidades dos seus cargos foron xa castigados en demasiadas ocasións. Algúns dos castigos foron de índole económica. Así, nos últimos anos fóiselles retirando a chamada prima de beneficios, unha parte ben importante do salario. CC.OO. entende que se deriva de que a empresa pensa que estes empregados, debido ó seu labor sindical, xa non saben facer o seu traballo.

Claro exemplo disto que acabamos de dicir é o feito de que os sete delegados suspensos este ano son os únicos que quedan realmente activos dun comité de dezasete. Entre eles figura o presidente do comité de empresa, sindicalista militante, que por ter participado, como é o seu deber, en todas as protestas en defensa dos seus compañeiros e compañeiras e por ter sido testemuña dos seus compañeiros en tres xuízos durante o pasado ano, o día 31 de decembro, antes de ir a cenar con a súa familia, comunicóuselle que ía ser o único traballador no seu centro de traballo que non ía cobrar o citado complemento salarial. É evidente que se trata dun castigo que pretende ser “exemplarizante” para que, a poucos meses das eleccións sindicais en Mercadona, todos e todas as traballadoras da empresa tomen nota; supón, ademais, un intento de menoscabar a moral dunha persoa sempre combativa.

Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
3 de março de 2014 17:34

Boas. Enviámosvos a convocatoria que os compañeiros/as de Mercadona nos fan chegar xunto co seu chamamento á mobilización para o vindeiro xoves 6 de marzo. Acompañamos o convite co documento que enviamos  adxunto onde se da conta do conflito e se explica a campaña. Grazas e un saúdo, Suso Basterrechea. Coordinador Local.
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html

___________

Manifestación Nacional en Compostela: Día Internacional das Mulleres - "O Noso Corpo, os nosos dereitos" - Domingo 9 de Marzo de 2014


A C.L. DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES, COMO CADA ANO, CONVIDA A TODA A CIDADANÍA A PARTICIPAR NOS ACTOS  DO 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES, ÁS 19:00 HORAS NA PRAZA DO CONCELLO DE FERROL BAIXO O LEMA: "O NOSO CORPO, OS NOSOS DEREITOS"

TAMÉN COMO ORGANIZACIÓN INTEGRANTE DA PLATAFORMA GALEGA POLO DEREITO AO ABORTO SUMÁMONOS A MANIFESTACIÓN NACIONAL, 9 DE MARZO ÁS 12H. DENDE A ESTACIÓN DO TREN DE COMPOSTELA BAIXO O LEMA:

ENCHAMOS A QUINTANA POLOS NOSOS DEREITOS SEXUAIS E REPRODUTIVOS.

AO PECHE DA MANIFESTACIÓN HABERÁ UN CONCERTO COAS ACTUACIÓNS DE MERCEDES PEÓN, UXÍA SENLLE, SÉS, AS BOUBAS. POESÍA A CARGO DE SUSANA ARÍNS E VERÓNICA MARTÍNEZ. PRESENTAN: COMBA CAMPOI E MÓNICA CAMAÑO.

SAIRÁN AUTOBUSES DE FERROL, ÁS 10:00H. DENDE O JOFRE CON PARADAS EN CARANZA E FENE E  VOLTAMOS ÁS 16H.

PREZO 5€. A data límite para anotarse é o día  6 de marzo no seguinte teléfono: 607 082 232 atende Eva.

MULLERES EN MARCHA ATA QUE TODAS SEXAMOS LIBRES!!!
--
Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
3 de março de 2014 21:22

____________________

Precisamos unha sanidade pública e de calidade - En cuanto o acaecido durante a visita da conselleira


En cuanto o acaecido durante a visita da conselleira
. | Precisamos unha sanidade pública e de calidade.

O goberno do PP estase a adicar a vender o que noso, unha sanidade de calidade non ten que ser unha sanidade que produza ganancias. Tíñamos un servizo de Subministros eficaz e ademais eficiente e o que é máis importante, noso. Pero o externalizamos para que Severiano Gestión se puidera enriquecer aínda máis. Temos un servizo de esterilización que se preocupa por manter unha calidade no material que utilizamos para tratar aos doentes, pero tamén decidimos vendelo para enriquecer a algún outro amigo, e se a calidade diminúe? Iso non é o que lle importa aos que nos gobernan, o importante son os ingresos. Deciden impornos unha taxa de reposición do 10%, pero tampouco importa se con isto baixa a calidade do servizo, o importante é que as traballadoras cheguen a un nivel de extenuación no que xa non poidan pensar, a ver se así non protestar e se polo camiño perden a capacidade de pensar nos doentes? Iso so é un dano colateral. Ademais, os que nos gobernan nos quitan a paga extra e os nosos días libres, tampouco vaiamos a descansar!!!! e se enfermamos? se tes aforros colle una baixa senón vas a traballar. Se contaxias a un doente iso é so outro dano colateral. Pois ben todo isto o fan vía decreto, por lei. E a nos que nos queda?. Facemos concentracións, peches, manifestacións, folgas. Pero vía decreto continúan a recortar e a privatizar. E por fin, cando pensan que estamos durmidas nos din, ale que ven a conselleira a escoitar as vosas inquedanzas!. As nosas inquedanzas xa llas fixemos chegar por activa e por pasiva, así que tentemos facernos oír. Dicirlle que non queremos que nos visite, que non queremos que nos insulte, que mellor volva a súa poltrona e que dende alí e vía decreto desfagan toda a merda que nos puxeron enriba. Xuntemos usuarias e traballadoras para dicir basta!!!!!!!.

Con todo isto dende CIG dicir que, tamén lamentamos as molestias que puideramos ocasionar aos doentes durante a visita da conselleira. Pero os que nos gobernan parecen duros de oído e a nosa intención era boa, quereramos evitar que os leven a un hospital privado no que en vez de importar a súa saúde, o que importa é canto custa curalo. Evitar o repago sanitario, tanto da farmacia hospitalaria como extrahospitalaria

Tamén lamentamos as políticas represoras do PP, a “lei da mordaza”, que fixeron traer a máis policías que sindicalistas para votarnos fora do que aínda é noso e polo que continuaremos a loitar cada día. Porque nos poden votar a rúa o que non saben é que COA CIG NA RÚA A LOITA CONTINUA!!!

http://www.cig-saude.info/ferrol/

Enviado por:
cig-saude.ferrol@sergas.es
-cig-saude.ferrol@sergas.es-
3 de março de 2014 14:10

____________________

Foto de Kiko Delgado.
___________________________

domingo, marzo 02, 2014

Marchas da Dignidade: Este luns, 3 de Marzo, ás 6 da Tarde, terá lugar unha Asemblea Aberta no Centro Civico de Caranza - Pola Saúde, polo Pan, polo Traballo, polo Teito, pola Educación ... pola Dignidade - Participa !!!


ASEMBLEA ABERTA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE DE FERROLTERRA, O 3 DE MARZO, ÁS 6 DA TARDE, NO CENTRO CÍVICO DE CARANZA. PARTICIPA!!

O 22 de Marzo, van confluír en Madrid diversas columnas de cidadáns dos distintos territorios e nacións do estado español, para dicir basta xa!, á política do goberno e da Troika. Esta iniciativa chamada Marchas da , está unindo a moitas persoas afectadas polas políticas inxustas e empobrecedoras dos diferentes gobernos corruptos.

O próximo luns 3 de Marzo, ás 18h. no Centro Cívico de Caranza, esta convocada unha asamblea aberta para organizar o apoio as Marchas que sairán da nosa comarca, para reivindicar Para demostrar que somos moitos e moitas as que imos marchar para defender:
« O dereito ao traballo
« Os dereitos sociais e a renda básica
« O dereito a unha vivenda digna
« Os servizos públicos: a sanidade e a educación
« A loita contra a corrupción
« Contra o pago da débeda ilexítima que nos afoga
« Contra a estafa e o roubo bancario
Temos determinación para conseguir un cambio e ímolo demostrar marchando sobre Madrid o 22M.

Asemblea das marchas da Dignidade Ferrolterra

Dignidade Pan, traballo e teito.

POLO PAN, POLO TRABALLO, POLO TEITO!

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/621901031214505/

Contacto:
columnacaranceira@gmail.com

Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com/

Grupo no facebook:
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/

Blogue galego
http://marchasdadignidade.blogspot.com/

Web Estatal:
http://marchasdeladignidad.org/

Información baseada na enviada por:
columna caranceira
-columnacaranceira@gmail.com-
1 de março de 2014 16:50
_____________

O 1 de Marzo de 2014 entrou en vigor a Lei de Garantías Sanitarias, unha nova medida privatizadora da sanidade pública

Entra vigor lei "garantías" sanitarias

Diante a a entrada en Vigor mañá 1 de marzo da Lei de Garantias Sanitarias a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública quere comunicar que:

1.- Esta Lei só pretende trasladar as intervencións quirúrxicas de miles de galegos á sanidade privada, ao permitir que quen estea máis de seis meses en listas de espera poida acudir a un centro privado (ou aínda a outro hospital de Galicia). Nestes momentos hai máis de 75.000 persoas que superan este tempo de espera,  e debido aos recortes de actividade e de persoal sanitario as listas seguen aumentando.

2.- Esta medida descapitalizara aínda máis a sanidade pública xa que trasladase unha enorme cantidade de recursos económicos aos centros privados para pagar estas intervencións, o que xunto aos recortes orzamentarios e os novos canons a pagar ás multinacionais privadas polos servizos externalizados abocan ao sistema a créba económica.

3.- Outra consecuencia negativa será o aumento das desigualdades dado que os gastos de trasladarse a outras áreas para ser intervidos son elevados para os pacientes e os familiares que os acompañan e coidan. Máis do 60% da poboación asalariada gaña menos de 1.000 euros mensuais e a pensión media en Galicia é inferior a 800 euros, o que  fará imposible que miles de galegos poidan elixir estes traslados (o mesmo que acudir a calquera centro privado para operarse, pagar pola intervención e logo esixir o reembolso ao SERGAS como contempla tamén esta Lei).

4.- O resto das medidas da Lei constitúen un refrito de dereitos xa existes, que incuso recórtanse como o dereito a unha segunda opinión.

Desde as nosas Asociación facemos un novo chamamento aos cidadáns para que rexeiten activamente esta medida privatizadora da sanidade e aos grupos políticos da oposición para que se comprometan a retirala cando o PP sexa derrotado nas urnas.

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

mmargar1951@gmail.com

669704177

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
2 de março de 2014 18:07
http://www.plataformadspferrol.blogspot.com/

_______________

Esquerda Unida considera que prosegue a burla política co inicio da chamada” terceira fase do plan de barrios”


Esquerda Unida considera que prosegue a burla política co inicio da chamada” terceira fase do plan de barrios”.


Para o grupo municipal de Esquerda Unida todo segue igual: o señor Rey Varela co seu plan de barrios particular agora entrando nunha chamada terceira fase que é nin máis nin menos que o anuncio dunha longuísima campaña electoral financiada coa operación de enxeñería financieira consistente en deseñar un supostamente necesario plan de axuste para así xenerar superávit e ,agora, distribuílo por obras. Electoralismo e amiguismo.

Xa en setembro de 2013 e ao inicio dunha moi parcial actuación a propósito de terrazas “a dedo” o grupo municipal de Esquerda Unida denunciou que ao mesmo tempo que non se quería convocar as asembleas de barrio e o consello da veciñanza o concellerio Langtry declaraba nos corredores da casa do concello que el estaba en campaña electoral. Chusco, moi chusco, pero un verdadeiro adiantado. Agora o asunto xa toma visos de altura política e o señor Alcalde anuncia a terceira fase do plan de barrios. Certamente a produtividade do Alcalde da para moito e o que é mantemento ordinario vaise transformar, por terceira vez, en actuacións singulares, o que son obras a cargo do Urban, ou plan de obras da deputación, en audacia do goberno municipal e o que é desenvolvemento do plan de mobilidade en propostas innovadoras do concelleiro de turno.

Esta semana en Canido aconteceu o que xa se atisba vai ser moeda común: os representantes eleitos solicitan unha asemblea de barrio e o Alcalde, raudo, organiza unha “paralela” pero só para palmeros e como non sae ben , inmediatamente, unha reunión co asociacionismo porque, é evidente,  hai reivindicacións e problemas que atender. A pregunta é: sabe facer algo o señor Rey fóra de foco? Pode organizar unha reunión de traballo sen presencia mediática?

O grupo municipal de Esquerda Unida aínda agarda ,con esperanza, como agardan os veciños e representantes nas institucións participadas que o Alcalde teña , aínda que sexa por inspiración divina, un soplo de altura política e inclúa no “plan-fase tres” información completa , detallada e unificada do conxunto de problemáticas que afectan ao conxunto da cidadanía: unha ordenanza de tráfico para toda a cidade, un plan integral de transportes públicos para toda a cidade, un plan de mantemento ordinario participado, un plan de mantemento de viais transparante e público etc.

Ferrol 1 de marzo de 2014
--
Esquerda Unida de Ferrol
R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda
15403 - Ferrol

Telf: 981944035
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
www.euferrol.org
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html

Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
1 de março de 2014 11:07

Bo día. Enviámosvos nota do grupo municipal de Esquerda Unida ante o anuncio do Alcalde e do PP do inicio da terceira fase do plan de barrios.Preparados. Grazas e un saúdo, Secretaría de Comunicación Consello Político Local

__________________

Foto: Daniel Alexandre no 'Diario de Ferrol' - O "paripé" por Caranza.
__________________________

Verdegaia demanda que a Xunta de Galicia se faga cargo das instalacións militares abandonadas nos espazos da Rede Natura con fins conservacionistas


COMUNICADO DE PRENSA:

Verdegaia demanda que a Xunta de Galicia se faga cargo das instalacións militares abandonadas nos espazos da Rede Natura con fins conservacionistas.

Rexeita as pretensións do Ministerio de Facenda de vendelas ao mellor postor.

Advirte do perxuizo ambiental que suporía se ditas instalacións e terreos caesen en mans privadas.

O Ministerio de Facenda, a través do denominado “Programa para la posta en valor de los activos inmobiliarios del Estado”, pretende por á venda uns quince mil cento trinta e cinco (15.135) innobres en todo o Estado, dos cales, douscentos oitenta (280) atoparíanse na Galiza. A maioría destes correspóndense con instalacións militares e fincas rústicas actualmente en desuso, situadas nas parroquias rurais de diferentes concellos como os de Ares, Ferrol, Narón e Valdoviño, na bisbarra de Ferrol e Mañón no Ortegal.

Moitos destes terreos e vellas instalacións, principalmente baterías de defensa costeira, localízanse en elevacións e promontorios costeiros amparados por diferentes figuras de protección ambiental, no marco da Rede Natura 2000 (Directiva 92/43/CEE e Lei 42/2007, do 13 de decembro) como, por exemplo, o L.I.C. Costa Ártabra, a Z.E.P.A. Costa de Ferrolterra-Valdoviño ou o LIC Estaca de Vares.
Desde que foron abandoadas, este tipo de instalacións son aproveitadas por diferentes especies de fauna como lugares de acubillo, reprodución, invernada ou predación, polo que resultan de especial interese para o mantemento da biodiversidade nos citados espazos naturais.

Este feito xa se puxo de manifesto a través dun informe preliminar elaborado de xeito conxunto entre Verdegaia e a S.G.H.N. de Ferrol no ano 2008 e que nese mesmo ano remitiuse a varios organismos públicos como a Consellería de Medio Ambiente, a Demarcación de Costas e os concellos de Ares e Ferrol para o seu coñecemento, ante o risco de que se fixese un aproveitamento indebido desas instalacións, ocasionando un perxuizo tanto á fauna silvestre presente como aos hábitats naturais de interese comunitario circundantes.

Verdegaia ven de remitir un escrito á Consellería de Medio Ambiente pedíndolle que inicie as xestións pertinentes ante o Ministerio de Facenda para que este tipo de instalacións e terreos en desuso, situados na Rede Natura, manteñan a titularidade pública e pasen a ser xestionadas na súa integridade pola propia Consellería ou, no seu defecto, polo Ministerio de Medio Ambiente, para seren destinados única e exclusivamente a fins relacionados coa conservación da natureza.

Rexeitamos, polo tanto, a súa venda ao mellor postor, mesmo que sexa con supostas intencións de incrementar  os ingresos públicos, como chega a xustificar o Ministerio de Facenda, demandando que ditos terreos e instalacións sexan cedidos, de xeito gratuito, á Xunta de Galicia.

Resultaría un lamentábel erro que ditas instalacións e terreos caesen en mans privadas e fosen destinadas a fins recreativos, hosteleiros, etc. incongruentes, neste caso, cos fins e obxectivos que persegue a Rede Natura 2000, dado que conlevaría unha maior presión humana sobre ditos espazos, ocasionando un perxuizo tanto para a fauna silvestre como para os hábitats naturais de interese comunitario existentes. Tamén sería perxudicial que todos estes terreos e instalacións se transformasen en áreas de lecer ao estilo do Monte San Pedro, na Coruña, con zonas axardinadas, mobiliario urbano, miradoiros, etc., máis propio dun espazo urbano que dun espazo natural.

http://www.verdegaia.org/

Enviado por:
ferrol@verdegaia.org
-ferrol@verdegaia.org-
28 de fevereiro de 2014 16:29

Boa tarde: Enviamos comunicado de prensa sobre a "Venda de instalacións militares en  Ferrolterra". Persoa de contacto: Antón Fortuna Teléfono: 616 039 268 | Saúdos | Verdegaia Ferrol, Eume e Ortegal

________________

Medio centenar de entidades, entre as que se atopa o Foro Galego de Inmigración envían Informe á Comisión Europea e ao Consello de Europa - Os sucesos de Ceuta e as "devolucións en quente" violan a normativa española, europea e internacional


Os sucesos de Ceuta e as "devolucións en quente" violan a normativa española, europea e internacional. |Medio centenar de entidades, entre as que se atopa o Foro Galego de Inmigración envían Informe á Comisión Europea e ao Consello de Europa.

Un dossier sobre os tráxicos acontecementos protagonizados o pasado 6 de febreiro por 300 persoas migrantes, todas elas de orixe subsahariano, na praia de Tarajal, Ceuta, foi entregado a Cecilia Malmström, Comisaria Europea de Interior, e a D. Thierry Mariani, Presidente do Comité de Migraciones da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa.

O dossier documenta extensamente a intervención da Garda Civil, a súa posible responsabilidade na violación de dereitos fundamentais das persoas migrantes e de potenciais demandantes de asilo así como o amparo ofrecido a devandita actuación por parte do director xeral da Garda Civil e do ministro do Interior.

A violación, en opinión das entidades firmantes, afecta non só ao procedemento regulado na lexislación de extranjería senón ao principio de non devolución recollido no art. 33 da Convención de Xenebra de 1951, o art. 3 do Convenio Europeo de Dereitos Humanos e o art. 18 da Carta Europea de Dereitos fundamentais. Así como tamén o art. 6 da Directiva 2013/32/UE que obriga aos Estados Membros a garantir o acceso a protección non só no territorio senón tamén nas fronteiras e augas territoriales.

Ademais, o dossier pon en coñecemento das instancias europeas, que os feitos denunciados son a continuación dunha práctica similar ao longo dos últimos dez anos e se documenta con exemplos concretos.

Para as entidades firmantes é fundamental que estes feitos non queden impunes, que sexan un aldabonazo máis para esixir un cambio radical nas políticas migratorias da UE e que se impida o plan feito público polo goberno español de modificar a lexislación naquilo que sexa necesario para converter en legal o que acaba de suceder en Ceuta e que foi firmemente rexeitado polo conxunto da sociedade e da clase política.

27 de febreiro de 2014

TEL CONTACTO: Miguel Fernández Blanco (662-307019)
Asociación Libre de Abogados (ALA) / Andalucía Acoge / Área de Acción Social de la Institución Teresiana en España / Asociación KARIBU / Asociación Apoyo / Asociación Coordinadora de Barrios de Madrid / Asociación Alucinos La Salle / Asociación Sin Papeles de Madrid / Associació Papers i Drets per a Tothom / Asociación colectivo Agar Espacio de Investigación y Encuentro desde la Diversidad / Asociación para la Cooperación y el desarrollo “Integrando” / Asociación Saltando Charcos / Asociación Madres Unidas / Asociación Cultural Candombe / Acoec / Confederación Estatal de Asociaciones Vecinales / Centro de Documentación y Denuncia de la Tortura / Convivir Sin Racismo (Murcia) / Centro de Defensa y Estudio de los Derechos Humanos / Colectivo Red Interlavapies / CEDSALA / Campaña por el cierre de los Centros de Internamiento de Extranjeros / Entrepueblos-Entrepobles-Entrepobos-Herriarte / Federación Estatal de SOS RACISMO / Federación SETEM / Ferrocarril Clandestino / Foro Galego de Inmigración / Fundación RAICES / Fundación La Merced-Migraciones / Grupo de Acción Comunitaria / Iusmigrante / Jarit Asociación Civil / Mesa de Entidades de Solidaridad con las personas migrantes / Partido Comunista de Ciudad Lineal / PMJ Partido por un Mundo más Justo / Servicio Jesuita a Migrantes (SJM) España / Valencia Acoge

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 - Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es - 981-576 142
www.forogi.wordpress.com

Enviado por:
susana beatriz alaníz gonzález
-sual259@hotmail.com-
27 de fevereiro de 2014 22:18

________________

Unha viaxe senlleira polos ríos de Díaz Castro, ... Por Xaquín Campo Freire


UNHA VIAXE SENLLEIRA POLOS RÍOS DE  DÍAZ CASTRO

Por Xaquín Campo Freire [*]
02.03.2014

Emprego ‘senlleira’ no senso de só, en solitario, sen compaña. Andan a falar de faceren rutas polos andares de Xosé María Díaz Castro. Seguindo lugares e fontes, camiños e carreiros, insuas, caneiros, soutos, fragas e mesmo penedos ou pontes. E de seguriño que ficaremos prendidos e namorados das paisaxes. E mirando polos seus ollos, tamén a nós, “a beleza nos ferirá para sempre”.

Díaz Castro non ten ao seu carón un río grande, caudal. Son ríos máis ben curtos e estreitos. Por iso é moi doado observalos de perto, meterse neles e  xogar nas súas augas os mil xogares dun neno, onde todos fixemos presas, muíños e rodicios en cadea, pillabamos troitas á man ou poñiamos a correr aos cabezolos. Para el un río xa grande foi o da Ponte-Gafín e sobre todo o que ollaba cando ía a feira: o que vai “de Parga Á Pastoriza”, que, medrado polas augas do Río Roca, contemplaba na romaxe desde a Ponte do Sant’Alberte, arredor da Capela e dos muíños de Sagérico. E o río grande grande, por suposto, o pai Miño, nas súas poucas viaxes á capital de Lugo.

Pero a mirada do poeta é máis transcendente e na procura dela ando eu tamén a viaxar en meditación persoal, lenta e pausada. Quero dialogar con el e ao meu ritmo. Por iso quero ir en solitario facendo unha viaxe ao meu aire ao meu xeito. Da man do poeta quero achegarme paseniñamente aos seus pequenos ríos para facelos meus porque, como fai el con todo, desde a pequenez, esculca e escruta a fondura existencial. Non  volverei á casa sen deixar que a súa voz resoe no fondal da miña alma. Unha viaxe á vida agochada nos diversos ríos deste noso bardo. E velaquí a miña viaxe.1

 “Á beira do ancho río da miña vida nova, matei aquel recordo que ó corazón se me enroscaba vivo, na noite horrible: Tiven que afogalo en bágoas. Pero os seus berros chagaron deica o mesmo mencer, ¡chapuzaduras do seu sangue vello no novo ceo!” (p.33). Trátase aquí do recordo recorrente, da súa fractura interior por unha guerra sen sentido que, como o lado escuro da alma, a ‘sombra’ de C.G. Jung, ficou ensarillada na súa alma e non conseguía ser liberada, por moito que tentase afogala en bágoas? Os deses tempos tamén estamos nese río.

E “nese recordo” fican lembranzas agarimosas de neno: A festa e o río nas vísperas: “Polas festas do Carmio a festa chega ó río. Unha música ardente vén no aire coma un río de recordos. Foguetes lonxanos cain no río. Este é o Porto-Muiño, todo en lapas, o río”. (p.57).

Hai coma una festa cósmica no recordo. “Nas puntiñas dos pés a festa chega ó río, e anésgase, larmeira, á beiriña do río. Despois vólvese tola: brinca o río berrando, e pérdese nos vimbios e as xesteiras beilando, e acéndese nos vidros da aldea chea de anos, e ergue a moi meiga as pálpebras de animais e cristianos” (p.57). As festas do seu rus nativo alcanzan ás contornas. Todo se detén para xuntos celebrarmos todo en todos.

Pero esa festa, foi. Xa non é. Volveuse pranto. Ficou en soños. “Chora o ameneiro en soños. (¡Que ben se oin os muíños!), e chora polo tempo perdido nos camiños”. “¡Ai como está de bágoas de nenos feito o río! Este é o Porto-Muíño, todo en sombras, o río. (p.57).

Da guerra incivil de España, coma el, ou da de Europa, viñan moitos deles miserentos, tolleitos, eivados e mutilados, toliños da cabeza, e rompidos nas frebas da alma, botados ao mundo, atorrantes.  Perdidos nos ríos dunha vida xa sen sentido para sempre sen outro posible restauro que non fose o esmorecer. Este río aínda resoa en min como aquel neno que fun, e que vivín iso como testemuña directa da posguerra.

El soubo envolvelo nesa linguaxe poética dunha peregrinaxe a Compostela para superar a férrea censura dunha ditadura inmisericorde. O poeta sabía ben, coma todos nós, das matanzas da Ponte da Castellana e de outras máis cercanas.  Eu coñecín a de Fontrexe, en Roca. Todas elas en ríos. Por iso: “O berro das pedras”, “ ... torres de irexas coma a sombra afiada de dúas mans xuntas que rezan, mentres os homes soñan ou xuran e as mulleres rezan ou choran, lousados de Fe, insuas de vida que morre cadora, testigos manchados de sangue no tordeante xuízo da Historia. Esborrexe pola noite un río de cabazas e vieiras da grande Europa, esborrexe coma bágoas polas meixelas ...”.  “Dade casa cuberta ó larchán, cobexo ó bon Tempo Perdido, ó que deixou a medio facer o eixo dun carro e un neno durmindo”. (p. 60).

Tamén hai un laio contra das desfeitas da natureza, onde prisoneiros penan e esmorecen en traballos forzados: “Brincan da canteira ósos de pedra virxe, e óense os alentos, nenos e galos axoutados arrédanse e deixan pasar, un río de pedras, tolean os martelos en días eternos e noites cegas”. (p.61).

O poeta tivo o seu río ideal. Aquel que debera ser na súa vida e xa nunca foi. Na súa delicadeza vivencial non quere luxar nada. Non quere adulterar nin corromper nada. Precisamos dunha pureza esencial. Hoxe tamén. E eu quero remansar uns intres nese mesmo río. Sosegar, acalmar, acougar: “E eu coma un fondo río de recendos, de voces e de luces: coma o aire, que beixa todo e non se apousa en nada máis que no sangue, na raíz do sangue ...”. ( p. 68). “Coma un río quixera eu ser: Cantar con estrelas no lombo cara ó mar, deixando unha chorima en cada pedra, e unha bágoa de Deus en cada herba”. (p.67).

 E abalou el. E con el abaleou a súa fe tranquila, aquela que de neno e de estudante de crego recibira. Entrou en crise profunda e remoendo dende dentro, o poeta ten de aprender a transcenderse. “O río está deitado coma un boi remoendo, e o Tempo non sei que anda rente del remexendo” (p.57). “Chora o ameneiro en soños (¡Que ben se oin os muíños!), e chora polo tempo perdido nos camiños”. Hai todo un mundo a refacer desde os máis fondos alicerces. Analizar e superar as contradicións e abrirlle de novo as portas á vida e á esperanza. “Eí están, coma brasas contra a noite, as vellas cousas cheas de destinos. Con este alento, eu lle darei ás cousas o drama cheo que lle nega a vida: dareilles rostos, para que se conozan, palabras lles darei para que se entendan”. (p.13).

E coma el tamén abalamos nós por máis que  as nosas palabras ficasen mudas ou afogadas: “Ó traveso da escura teadearaña deste mundo unha estrela cai no río da miña vida e quédame chamando. En cada vez eu oio unha chamada cun longo eco de adeus que non entendo, pero que me fire coma espada ardendo. E as falopas dos anos van caendo sobre a sede inmortal e os ollos tristes. ¡Pro non enterran a boca da ferida!” (p.85).

¡Ai como está de bágoas de nenos feito o río!” (p. 58). E, a pesares de todo, por un misterio que eu tampouco entendo, “A beleza feriume para sempre”. “Tódolos ríos pasan pola miña alma, cheos de Deus, música e lapas”. (p.85). E no Carmio e na Pastoriza: “A Virxe pasa a mau polo lombo do río ...” (p. 58).

Graciñas poeta polos teus ríos. Hoxe tamén xa son meus.

XAQUÍN CAMPO FREIRE, 24-02-2014. NO DÍA DE ROSALÍA.


[*] Xaquín Campo Freire [Xaquín da Roca],  Narón 1937, é un relixioso galeguista. Graduado social, ATS pola Universidade de Santiago de Compostela, a diplomatura en Xerontoloxía Social pola Universidade Complutense de Madrid e é licenciado en Teoloxía Pastoral Sanitaria, pola Universidade Camillianum de Roma dende 2005. É membro do consello de redacción da revista Encrucillada así como membro ordinario da AELG. Traballou de enfermeiro no PAC de Fene e de capelán de Residencia de Anciáns. Na actualidade é director do Centro de Acompañamento e Relación de Axuda e da Escola de Saúde e Centro de Escoita Activa Mons. Araúxo.

Enviado por:
Xaquin Campo Freire
-xaquinderoca@gmail.com-
27 de fevereiro de 2014 18:38

___________

A Fundaçom Artábria Informa - As actividades que venhem: 1, 7 e 8 de Março - Novos horários da apertura do café-bar

Trapalhada e Tardepiache na Fundaçom Artábria o 8 de março

8 de março
22.30h

Neste sábado skatálico por partida dupla contaremos com Trapalhada e Tardepiache.
Após vários intentos falhidos de apresentar o seu disco "Pedras no Caminho", os de Monte Alto estarám mais umha vez no nosso Centro Social para deixar os seus melhores acordes.
@s de Corunha estarám acompanhad@s polos Tardepiache, que também repitem no nosso Centro Social. No seu primeiro concerto na Fundaçom Artábria, o grupo trasanquês deixou claro o seu estilo e a sua capacidade para fazer mover o nosso corpo.

A entrada será de graça, assim que nom podes perde-lo!

---
Conhecendo o entruido galego na Fundaçom Artábria

7 de março
20.30h

Na sexta-feira, 7 de março, conheceremos um pouco mais as tradiçons do Entruido na Galiza, concretamente a recuperaçom da figura viguesa de O Merdeiro.

A jornada dará início com a projeçom do documentário "Os merdeiros, a recuperaçom" e posteriormente haverá umha palestra, na que participarám Breixo Parcero e Vanessa Rodríguez, da equipa de direçom do documentário; e Júlio Saiáns, ativista cultural que trabalho na recuperaçom do merdeiro.

---

Ceia de entruido, aponta-te!

O próximo sábado, 1 de março, celebraremos o Entruido no nosso Centro Social com umha ceia e posterior festa de disfarces com Galeoke.

A ementa da ceia consistirá em sopa, cozido, sobremesa, vinho e água. O preço do prato é de 15 euros por pessoa, 12 se vês com disfarce, e 10 eurinhos se o disfarce é de benemérito.Podes apontar-te no balcom do café-bar ou no correio-e: correiodeartabria@gmail.com.

---




Novos horários da Fundaçom Artábria a partir do 3 de março

A directiva da Fundaçom Artábria vem de aprovar os novos horários de apertura do café-bar, que entrarám em vigência a partir do próximo dia 3 de Março (segunda-feira).

Serám os seguintes:

de SEGUNDAS a QUINTAS: 17.00h - 23.00h
SEXTAS e SÁBADOS: 18.00h - 02.00h

--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!

....

A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia. | Código de Identificaçom Fiscal (CIF):  G15645518. | http://www.artabria.net

Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
27 de fevereiro de 2014 14:10
27 de fevereiro de 2014 14:22
27 de fevereiro de 2014 14:41
27 de fevereiro de 2014 14:53

__________

mércores, febreiro 26, 2014

"Pan, traballo e teito" comezan as Marchas da Dignidade en Ferrol Terra


As Marchas da Dignidade comezaron a súa andaina en Ferrol. Hoxe, despois da súa asemblea constituínte o pasado xoves (20.02.2014), realizaron unha marcha polas rúas do centro da cidade reivindicando “PAN, TRABALLO E TEITO”. Unha marcha que coincidía coas convocadas nas cidades de toda Galiza. Unha columna que se achegou até o edificio da Xunta, a pé, desde o barrio de Caranza, a #ColumnaCaranceira, portaba nunha faixa onde se podía ler “Á RÚA QUE XA É HORA”. Participaron tamén na marcha plataformas cidadás como a de STOP Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, a Plataforma de Afectad@s pola Hipoteca -PAH- e a da Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol.

Na praza do concello, a marcha uniuse á concentración convocada para rexeitar o asasinato machista de María Luisa Jiménez Jimenez, convocada pola Marcha Mundial das Mulleres. Gardou-se un minuto de silencio. Vari@s marchistas, leron o comunicado baixo unha chuvia intensa que non arredou á xente da praza. Para rematar lembráronse as próximas citas das marchas pola Dignidade en Ferrol Terra. Mañá, 27 de febreiro uniranse á convocatoria da Alianza Social Galega, e o luns 3 de marzo, Asemblea Aberta no Centro Cívico de Caranza ás 6 da tarde.

Blogue de apoio ás Marchas de Ferrol Terra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/

Grupo no facebook:
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/


Blogue galego:
http://marchasdadignidade.blogspot.com/

Web Estatal:
http://marchasdeladignidad.org/

Aberto correo-e de contacto:
columnacaranceira@gmail.com

Un detalle da minfestación en Ferrol

http://youtu.be/sYuEPbVIXco


Os aúdios do final da manifestación, onde catro marchistas deron lectura ao Comunicado. Por estar chovendo non puido haber sesión de micro aberto.

_____________

Nova Denuncia do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol ante Fomento por tráfico ilegal de gaseiros


Nova Denuncia do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol ante Fomento por tráfico ilegal de gaseiros

O CCE, prantexou denuncia  ante a Ministra de Fomento, pola entrada  ilegal dos dous últimos gaseiros, incumprindo a propia normativa da Auitoridade Portuaria, a saber: "Operación simultanea da descarga dos gaseiros con outros buques a menos de 200 m e falla dun remolcador de apoio".

O escrito citado solicita as seguintes aclaracións:
  • Por qué se incumpre a exixencia da presencia de remolcadores de apoio?
  • Por qué non se respectan as distancias de seguridade especificadas?
  • Por qué se permite a descarga simultánea dun gaseiro e un buque tanque, incrementando así os riscos propios de cada operación?
Lémbrase que en caso de accidente, agravado polo efecto dominó entre os dous barcos próximos, a poboación afectada nun radio de 2000 m (Mugardos, Seixo, Ferrol) é superior a 30.000 persoas.

Escrito Denuncia:

S.ª D.ª Ana Pastor Julian (Ministra de Fomento)
Paseo de la Castellana, 67
28071 Madrid

Asunto: Nova Denuncia por incumprimiento das Normas de gaseiros cargados con GNL en Ríaa de Ferrol

Manuel Anxo Rodriguez Carballeira, con DNI ----, con enderezo a efectos de notificaciones en ----- (A Coruña), en nome e representación da "ASOCIACIÓN CULTURAL FUCO BUXÁN" co número de NIF ----, integrada no COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, pon en coñecemento deste Ministerio:
Como continuación ao escrito da semana pasada e por segunda vez en menos dunha semana vólvense a incumprir as normas previstas para operacións con gaseiros cargados, tanto na distancia de seguridade a manter co gaseiro cargado respecto de calquera outro buque como a non presencia de remolcador de asistencia.

O día 21 de febreiro, sobre as 21:12 h (pleamar ás 20:24 h) atraca o gaseiro LNG JUPITER no peirao de Reganosa e abandónao -en operación nocturna- o 22 de febreiro ás 21:04 h (pleamar ás 21:26 h). O día 22 de febreiro de 2014 sobre as 06:00 h atraca o buque tanque/quimiqueiro TINA THEREZA nos peiraos de Forestal do Atlántico que abandona ese mesmo día ás 21:03 h. Durante o sábado 22, coincidiron ambos buques efectuando as súas operacións de descarga estando moi próximos entre si. Como xa indicamos en denuncia anterior, trátase do mesmo peirao, que limita coas dúas empresas.

Sobre unha fotografía obtida nese tempo e tomando como escala a eslora do gaseiro, de 289 m, a distancia medida entre o gaseiro e o buque tanque "TINA THEREZA" resulta ser de 160 m. Este último buque acabou a súa manobra de descarga á vez que o gaseiro e na súa manobra de desatraque, tanto o buque tanque como os remolcadores que o auxiliaron tamén estiveron a menos de 200 m do gaseiro.

Esta é a cuarta operación conxunta de dous buques, gaseiro en Reganosa e buque tanque en Forestal estando a menos de 200 m e ademais a Autoridade Portuaria/Capitanía Marítima segue sen esixir o preceptivo remolcador de asistencia ao gaseiro.
É por todo iso que SOLICITO as seguintes aclaracións:
  • Por que se incumpre a esixencia da presenza de remolcadores de apoio?
  • Por que non se cumpren as distancias de seguridade especificadas?
  • Por que se permite descárgaa simultánea dun gaseiro e un buque tanque, incrementando así os riscos propios de cada operación?
Recórdase que en caso de accidente, agravado por efecto dominou entre os dous barcos próximos, a poboación afectada nun radio de 2000 m (Mugardos, Seijo, Ferrol) é superior a 30.000 persoas.

Á espera das aclaracións oportunas, atentamente.
---
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PLANTA DE GAS PECHE XA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!
10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

Enviado por:
comitecidadan
-comitecidadan@gmail.com-
25 de fevereiro de 2014 13:51
_______________

Concentración de repulsa en Ferrol polo asasinato por violencia machista de María Luisa Jimenez Jimenez


CONCENTRACIÓN MMM POR ASESINATO MACHISTA

A COORDENADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA |CONCENTRACIÓN DE REPULSA EN FERROL POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE MARÍA LUISA JIMÉNEZ JIMÉNEZ

María Luisa, de 37 anos, nai de 6 fillos e embarazada foi asasinada polo seu compañeiro este domingo. Con ela sumamos outra muller máis na Galiza no que vai de ano, vítima da violencia machista que paga coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas.

Que a indignación de toda a sociedade saia á rúa para rexeitar o cruel asasinato de María Fátima e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo.

O MÉRCORES 26 ÁS 20H. NA PRAZA DIANTE DO CONCELLO DE FERROL

--
Coordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres

nacional@feminismo.info

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
25 de fevereiro de 2014 21:23

_______________

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra acordou sumar-se ás Marchas pola Dignidade e apoiar a manifestación do mércores 26 de febreiro

Na medida que avanzamos na loita por unha vivenda digna e adecuada, vemos que non só é o problema de non poder facer fronte á hipoteca, ou de non poder pagar un aluguer, para poder acceder a un sitio onde morar. A situación de lanzamento ou de desafiuzamento da vivenda habitual, veñen acompañados de situacións críticas a nivel social, desemprego, violencia machista, precariedade, dependencia, recortes sociais, ... É necesaria hoxe máis que nunca unha acción global contra o neoliberalismo criminal que nos rouba dereitos, escraviza, empobrece e nos mata.

A loita por unha vivenda digna e adecuada é unha parte da loita polo bon vivir, pola xustiza, a liberdade e a igualdade.

Unifiquemos loitas, practiquemos a solidariedade, avancemos na conformación local, das Marchas da Dignidade, non como un só acto finalista en Madrid o vindeiro 22M, senón como unha mobilización permanente, como a organización popular, até conseguir os seus obxectivos de Traballo, Pan e Teito.

É por todo isto polo que a plataforma Stop-Desafiuzamentos de Ferrol Terra acordou, na súa última xuntanza apoiar ás Marchas da Dignidade e en concreto a manifestación do mércores día 26 de Febreiro, que está convocada para as 20:00hs, con saída desde a Praza Amada Garcia, diante do Edificio da Xunta (nas inmediacións da Praza de España). Mas tamén acordamos participar na manifestación convocada pola Alianza Social Galega do día seguinte 27 de febreiro.

Saúde e Vivenda Digna !

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra | Está Adherida ás PAHs  e forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs | Comisión Dereito a unha Vivenda Digna

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Páxina no facebook:
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra FSdeFerrolTerra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
25 de fevereiro de 2014 23:09
____________

A Columna Caranceira ... Asemblea en Caranza para unirnos á manifestación de apoio as Marchas da Dignidade de Ferrol Terra


Mañá mércores 26 de febreiro de 2014, vai ter lugar a Manifestación de Apoio ás Marchas da Dignidade. En Ferrol como en toda Galiza, sairá unha manifestación ...

A Columna Caranceira...

... xa está en marcha. Vémonos mañá as 6:30 da tarde na traseira do mercado para falar un ratiño e despois, se o clima o permite, sairemos até Ferrol para unirnos á manifestación de apoio as Marchas da Dignidade de Ferrol Terra.

O evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/1466377823577454/

Blogue de apoio ás Marchas de Ferrol Terra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/

Blogue galego:
http://marchasdadignidade.blogspot.com/

Web Estatal:
http://marchasdeladignidad.org/

Aberto correo-e de contacto:
columnacaranceira@gmail.com

Documentos de interese:

Manifesto da Plataforma Galega de Apoio ás Marchas da Dignidade, en formato pdf.
[Acceder ou baixar].

Manifesto Estatal das Marchas da Dignidade, en formato pdf.
[Acceder ou baixar]

Enviado por:
columna caranceira
-columnacaranceira@gmail.com-
25 de fevereiro de 2014 23:28

_____________

A Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra convida a participar na manifestación do 9 de Marzo en Compostela - Coordinación bus a Compostela

A Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra, como organización pertencente á Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, vos convida a participar na manifestación do 9 de Marzo en Compostela.

Grupo de traballo da Plataforma Galega polo dereito ao aborto en Ferrolterra.

ABORTO LIBRE E GRATUÍTO, NOS PARIMOS NOS DECIDIMOS

A PLATAFORMA GALEGA POLO DEREITO AO ABORTO CONVOCA MANIFESTACIÓN  BAIXO O LEMA:

"ENCHAMOS A QUINTANA. POLOS NOSOS DEREITOS SEXUAIS E REPRODUTIVOS".

O domingo día 9 de marzo 2014, ás 12:00 horas da Estación de tren en Compostela.

O grupo de traballo da Plataforma en Ferrolterra  pon  autobús dende Ferrol que sairá do  JOFRE  ás 10:00 horas, con parada en Caranza e Fene .
- A volta de Compostela é ás 16:00h.
- O  prezo do autobús é de 5 euros.
- A data límite para anotarse é o día  6 de marzo no seguinte teléfono: 607 082 232 atende Eva.
 Ao peche da manifestación, teremos festa, onde xa confirmaron a súa participación:
  • Artistas: Mercedes Peón,  Uxía Senlle,  Sés, As Boubas
  • Poetas: Susana Aríns, Verónica Martínez
  • Presentadoras: Comba Campoi,  Mónica Camaño
--
Coordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres

nacional@feminismo.info

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
25 de fevereiro de 2014 23:43

______________

martes, febreiro 25, 2014

Convocadas Concentracións nas portas dos xulgados de todas as cidades en defensa do Rexistro Civil Público

Concentración en defensa do  Rexistro Civil

Bo día,

O vindeiro mércores 26 de febreiro, ás doce da mañá, as organizacións sindicais CCOO, UGT, CSIF, USO e CIG, convocamos unha concentración nas portas dos Xulgados en defensa do Rexistro Civil

É unha concentración cidadá, xa que, se ben afecta a máis de 3500 postos de traballo de funcionarios de xustiza, o principal afectado é o conxunto de cidadáns, que deberán enfrontarse a un novo repago dun servizo que era público, gratuíto e exemplar na súa xestión. A privatización prevista é un agasallo para uns profesionais pertencentes as elites deste país, os 800 Rexistradores da propiedade, e  suporá a substitución da eficiencia do público, pola búsqueda da rendibilidade económica privada.

Tras investir 130 millóns de euros na súa dixitalización, agora, sen consulta cidadá, o Ministro Gallardón, exemplo paradigmático dos políticos que gobernan para os poderosos, socializa as perdas ocasionadas polo estalido da burbulla inmobiliaria que sufriron estes multimillonarios profesionais, postos en cuestión incluso pola UE, privatizando un servizo que repercutirá nas precarias economías da xente do común: trámites tan cotiás como as fes de vida, as partidas de nacemento, os matrimonios, os expedientes de nacionalidade, etc, serán de pago, un repago para un servizo que non era deficitario, e un repago que non irá destinado a financiar a sanidade pública ou a educación, senón a enriquecer aínda máis aos Rexistradores de Propiedade.

A cidade de Ferrol, con esta medida recentralizadora é dobremente prexudicada, xa que ademais desta "externalización", a prevista desaparición do partido xudicial e do colexio de avogados, deixará a Ferrol como unha cidade sen xustiza, converténdose nunha sucursal administrativa da Coruña, consecuencia do ánimo de restar autonomía aos Concellos. A falta de vontade dunha xustiza próxima e eficaz deixa o campo aberto ao abuso dos poderosos, grandes fortunas, banca e multinacionais, así como incrementa a dificultade de investigar o mal endémico da nosa democracia; a corrupción, impune por falta de medios materiais e persoais

Por iso, facemos un chamamento a toda a cidadanía a participar nestas mobilizacións, e continuar asinando contra esta medida unilateral, arbitraria e regresiva

Jorge Suárez
Delegado sindical de CCOO

Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra FSdeFerrolTerra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
25 de fevereiro de 2014 09:32

ccooxustiza coruña
-ccooxustizacoruna@gmail.com-
Date: 2014-02-24 14:18

___________

Foto: Protesta en Ourense |24.02.2014 | Brais Lorenzo .
___________________

domingo, febreiro 23, 2014

Constituida a Asemblea das Marchas da Dignidade de Ferrolterra - 20 de febreiro de 2014


Constituída a Asemblea Aberta das Marchas da Dignidade de Ferrolterra.

Por iniciativa das persoas participantes na asemblea constituinte da #ColumnaCaranceira, celebrou-se en réxime de autoconvocatoria a Primeira Asemblea das Marchas da Dignidade de Ferrolterra no 'Centro Cívico Carvalho Calero' do inferniño o pasado 20 de febreiro de 2014.

Máis de 60 persoas participaron na asemblea. Algunhas das persoas que interviñeron manifestaron-se como representantes de diferentes entidades como o Sindicato Labrego, PAH de Ferrolterra, A. C. Fuco Buxán, Asociación Veciñal de Canido, Xuventudes Comunistas, CNT, EU Ferrol, Espazo-Ecosocialista, ... entre outras.

Na Asemblea informou-se do que son as Marchas da Dignidade, da existencia dunha Plataforma Galega de Apoio, da constitución dunha columna en Caranza e da presencia nunha das reunións na Coruña. Relatou-se de como xurdiu o asunto en Caranza e de que o tratado na súa Asemblea, nace a proposta da convocatoria de Ferrol.

Informou-se de que se está organizando o viaxe en tren, desde Vigo e desde Coruña para Madrid, para o que están a reunir xente para poder alugalo (na última xuntanza de coordinación da Coruña -22.02.2014- informou-se que se ampliou o prazo até o 6 de Marzo). Comentou-se que se poderían organizar buses desde Ferrol, probablemente máis baratos e que teriamos máis tempo para a súa contratación. Comentou-se que podería haber persoas que non puideran ir por motivos persoais ou outras dificultades, mais que estarían dispostas a apadriñar a outra persoa sen os recursos suficientes, polo que se propón de valorar este asunto. Informou-se de que hai camisetas para comprar feitas en Vigo.

Por outra banda acordou-se dar-lle prioridade á organización da manifestación do mércores día 26 de Febreiro, que está convocada para as 20:00hs, con saída desde a Praza Amada Garcia, diante do Edificio da Xunta (nas inmediacións da Praza de España), rematando na Praza de Armas, diante do Concello. O lema da manifestación é: "Pan, Traballo e Teito". Acordou-se difundir a convocatoria por todos os medios, mais puxeron-se dúas citas para a mañá e a tarde, do luns 24 de febreiro, unha ás 10:00hs e outra ás 18:30hs, na Praza Dez de Marzal, para repartir propaganda e colocar cartaces.

Elaborou-se un comunicado para enviar aos medios de comunicación e que servi-se de base para a convocatoria da próxima Asemblea que terá lugar, segundo xa confirmaron, a tarde do luns 3 de marzo, ás 18:00hs, no salón de actos do 'Centro Cívico de Caranza'.

Acordou-se participar na manifestación da Alianza Social Galega (xoves 27 de febreiro, ás 20:00hs, na Praza de España), onde ira-se coas faixas das 'Marchas da Dignidade' e se repartira a convocatoria da vindeira Asemblea do 3 de Marzo.

Comentou-se a necesidade de promover asembleas por todos os barrios e lugares onde sea posible. Cada un ou unha ten que ser un portavoz e divulgador/a das marchas.

Acordou-se difundir as Marchas da Dignidade, por todos os medios: redes sociais, de boca a boca, de porta a porta, nos centros de traballo, nos centros de ensino, con cartaces, mediante octavillas, por mensaxes, polos blogs, nas festas, con camisetas, ...

Acordou-se que o correo da xente de Caranza (columnacaranceira@gmail.com), sexa tamén para coordinar a Asemblea das marchas da Dignidade de Ferrolterra.

Blogue de apoio ás Marchas de Ferrol Terra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/

Blogue galego:
http://marchasdadignidade.blogspot.com/

Web Estatal:
http://marchasdeladignidad.org/

Aberto correo-e de contacto:
columnacaranceira@gmail.com

Documentos de interese:

Manifesto da Plataforma Galega de Apoio ás Marchas da Dignidade, en formato pdf.
[Acceder ou baixar].

Manifesto Estatal das Marchas da Dignidade, en formato pdf.
[Acceder ou baixar]

Información baseada na enviada por:
columna caranceira
-columnacaranceira@gmail.com-
20 de fevereiro de 2014 23:09

_____________________

Publicados os 'Cadernos de Comunicación e Análise' desta semana - De 16 a 23 de Febreiro de 2014

Un espazo de debate para a Galiza Exterior | Somos un grupo de persoas que pensamos en, por e para Galicia. | Galicia é a nosa nai. É quen nos ensinou a estarmos orgullosos de ser quen somos. | Procedemos de diferentes lugares do mundo (Barcelona, Compostela, Bos Aires, Lugo, Zurich…) mais os nosos folgos non esmoreceron;  non deixaron de enfeitizarnos as verbas da nosa lingua galega. E é por iso que nos embarcamos neste proxecto. | Defendemos unha Galiza global; unha Galiza inclusiva, na que todos e todas (vivan onde vivan, sexan como sexan) poidan colaborar e aportar unha parte do que son. | Somos emigrantes, fill@s de emigrantes, net@s de emigrantes, sobriñ@s de emigrantes, prim@s de emigrantes… Representamos a parte máis difícil da realidade histórica galega, mais pensamos que, nestes tempos que corren, todos podemos sumar, todos debemos contribuír ao novo rexurdimento do noso país. | Somos parte do problema e tamén queremos ser parte da solución. Porque o noso país é Galicia, así o sentimos e así o dicimos.

Novas.-

#opinión en @infocadernos

Artigos.-

Pudor
EDMUNDO MOURE ROJAS 
Unha das experiencias máis comúns que rescato dos talleres literarios -sexa nos que asistín como simple escoita, ou nos que impartín como guía- é constatar o temor pudoroso, da maioría dos participantes, por mostrar os seus escritos, considerados asunto íntimo, secreto, case pecaminoso. “Escribo para min e nunca mostro a outros os meus pensamentos”, é unha frase asaz repetida; timidez que adoita afectar máis aos que posúen talento que aos que carecen del.

Hai que subliñar que todos empezamos así, dende os máis pintados ata os menos bendicidos pola musa dos pendolistas. Recordo que alá polos comezos da década dos 60′, entreguei ao meu pai certos textos, escritos en forma de estrofas, que eu consideraba poéticos. O tema daqueles versos incipientes era a guerra de Vietnam, a través do impacto anímico que me producía a cruel conflagración, as imaxes -só gráficas naquel tempo- de civís: anciáns, mulleres e nenos, queimados polas bombas de fósforo branco (napalm) que o imperio do norte repartía, en flamas de terror militarista…
 

Para ler máis, preme aquí

Europa non é o problema
XOÁN ANTÓN PÉREZ LEMA

Falábamos hai días nesta columna da decepción da cidadanía a respecto do proceso de integración europea, tendo en conta o seu déficit democrático, a falla de profundización na unidade política, a falla de control cidadán do Banco Central Europeo e ter adoptado unha unión monetaria sen establecer, ao tempo, un amplo Orzamento federal e a coordinación das distintas políticas fiscais.

Porén, Europa non é o problema, como seica defenden moitas forzas de esquerda radical en Galicia e no resto do noso continente. Compre transformar esta Unión para construír a Europa dos cidadáns e dos pobos, mais compre, tamén, recoñecer o avance exercido polo proceso de integración a respecto da Europa comesta polas guerras e máis o marco de estabilidade que ofrece. Non por acaso, se non chegamos a pertencer á Unión Europea, o Goberno do Estado podería estar a intervir militarmente en Catalunya.
 

Para ler máis, preme aquí

Corrupción: Corruptores e corruptos
XOSÉ MANUEL GALDO-FONTE 

A corrupción non ten límite, esa progresión de inmoralidade dual entre corruptor e corrupto que á marxe da lei beneficia a ambas as dúas partes en prexuízo colectivo da sociedade, resulta incesante pola tolerada condescendencia política, a sustentada impunidade e a escaseza de conciencia social; de aí que ese cancro endémico mudase con compracencia combinada ata transformarse nunha compartida norma de conduta, nunha práctica asociada á función política.

Sendo por iso que a “contracultura da corrupción” favorecida pola influencia dos perceptores de prebendas, chegou a enraizar na propia estrutura do Estado ata o extremo de socavar a vida institucional do país e transgredir o ordenamento instaurado, nun proceso de vulneración continuada do Estado de Dereito; e todo este atropelo, polo ambicioso obxectivo duns desalmados empeñados custe o que custe en obter un proveito alleo ao ben común.
 

Para ler máis, preme aquí

O caso Neymar e a matemática da corrupción no fútbol
JOSÉ ROBERTO TORERO 

Neymar non dribla só defensas. Tamén dribla contratos e leis. En realidade, todos os envolvidos na súa ida para o Barcelona son grandes dribladores. Ou pensan que o son. Como foron descubertos, seica non son tan bos.

Imos aos números:

Oficialmente os dereitos federativos de Neymar custaron 17,1 millóns de euros. Mais o total gasto por parte do Barcelona, segundo o propio club, sería 57 millóns de euros. Para entender esta diferenza, un socio do Barcelona levou a cuestión á xustiza pedindo esclarecementos. E aí descubriuse que Neymar, na verdade, custara 95 millóns de euros.

Iso transfórmao no xogador no máis caro da historia, superando a Cristiano Ronaldo, que custou 94 millóns de euros ao Real Madrid.
 

Para ler máis, preme aquí

Con Carlos Gardel en Piriápolis
MANUEL SUÁREZ SUÁREZ 

Agora mesmo dona Diáspora está no seu banco da rambla de Piriápolis. Agarda polo seu amigo Carlos Escayola Oliva para tomar mate ao abeiro do cerro de San Antonio. Quere pedirlle ao famoso tacuaremboense —máis coñecido polo nome artístico de Carlos Gardel— a súa axuda para que o presidente da República Oriental do Uruguai reciba un premio internacional polo seu meritorio labor de sementador de paz e prosperidade no fermoso espazo verde da Banda Oriental.

    Diáspora: A verdade é meu amigo que non pensei puideras achegarte tan axiña aquí a Piriápolis. Sei que aínda tes moitos compromisos de carácter artístico a pesar de que estás retirado, involuntariamente, dos escenarios. Nin que decir ten que estou moi agradecida por vir falar comigo. Imos tomar uns mateciños para celebrar o noso século de amistade. Lembrarás que te coñecín en Montevideo cando aplaudías a Pascual Contursi e aínda eras un noviño aprendiz de payador que interpretaba pezas da tradición gaucha.

    Gardel: Bueno, mi amiga, si vine ligerito fue porque te aprecio mucho y también por la curiosidad de saber en qué merengue andás metida. Es cierto que allá arriba estoy ocupado haciendo de jurado en el histórico concurso tanguero que semanalmente organiza el programa: “Nuevos Valores del Tango”. Además, el amigazo Alfredo Zitarrosa, en su boliche “El Resorte” convoca los sábados por la noche a los hinchas de Peñarol para cantar los temas que ejecuta un muy piola grupito instrumental que armaron los hermanos Canaro. Voy siempre y más ahora que me nombraron Socio Honorario de la mejor hinchada futbolera del mundo.
 

Para ler máis, preme aquí

Editorial odioso e golpista do WSJ contra Arxentina
EMIR SADER 

Quen lese a descrición que a xornalista do Wall Street Journal fai de Bos Aires, tería a nítida impresión de que ela fala da Bos Aires da crise de 2001/2002: “Unha sensación de premonición abatíase sobre a cidade. A economía estancada, a inflación alta, o capital saíndo do país e os porteños de todos os ámbitos preparados para unha tormenta e resignados ás penurias que chegarían a esa cidade porteña”.

E continúa a sensíbel xornalista norteamericana: “A infraestrutura da cidade tamén parecía abatida. Os amplos bulevares e grandiosos edificios do século XIX están cansados e enferruxados e as rúas cheiran mal. Os grafitis (excitados) e os carteis esnaquizados desfiguran as paredes, o que intensifica unha sensación xeneralizada de decadencia sen lei.”
 

Para ler máis, preme aquí

#contacta
OS CADERNOS DA SEMANA.
Cadernos de Comunicación e Análise
Séguenos en facebook en facebook.com/cadernos
Séguenos en twitter en @infocadernos
infocadernos@gmail.com
albadegroria@gmail.com

Cadernos de Comunicación e Análise.
www.cadernos.net | www.albadegroria.com.

--

Rede Social de Ferrol Terra

Encontro | Foro | Rede de Apoio Mutuo | Arméria Soc Coop
Directorio (Teléfonos, Correos, Blogues e Web).

http://redesocialdeferrolterra.blogspot.com.es/

|||||||||||||||||||||||||||||||||

Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra FSdeFerrolTerra

-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
23 de fevereiro de 2014 08:27
Cadernos de Comunicación e Análise
-infocadernos3@gmail.com-
2014-02-16 16:29

_______________