mércores, xullo 23, 2014

Alerta por posíbel caso de desafiuzamento na Coruña

Boa tarde a todas e todos,

Dende STOP Desafiuzamentos A Coruña queremos facer pública a situación dunha compañeira de trinta e tres anos que está en contacto connosco dende comezos de ano, e á que lle vén de chegar fai unhas semanas unha sentencia firme de desafiuzamento executábel en calquera momento.

Ela vive ca súa nai nunha vivenda sen contrato –situación legalmente denominadaen precario”[1]- e, a pesares de estar enferma de fibromialxia, é a encargada de coidar á súa nai as  24 horas –diagnosticada de demencia e trastornos psiquiátricos, e cun 65% de minusvalía-, polo que, inda se se lle dera a improbábel circunstancia de atopar traballo, tampouco se podería incorporar ao mesmo, xa que a súa nai depende totalmente dela -como confirma un informe expedido pola área de neuroloxía do CHUAC fai apenas unhas semanas-. A día de hoxe ámbalas dúas sobreviven como poden coa pensión de discapacidade da nai (365'90 €/mes).

Esta compañeira leva varios meses dando tódolos pasos posíbeis para evitar verse na rúa: mantivo alomenos catro entrevistas con Servizos Sociais –as citas concédense con tanto tempo de demora que non lle foi posíbel reunirse máis veces-; fai xa meses que pediu unha valoración de dependencia para a súa nai na Oficina Municipal de Dependencia, Maiores e Discapacidade -da que inda non lle deron resposta pese a urxencia do seu caso-; apelou ao Convenio entre Xunta, Concellos e Poder Xudicial testemuñando a situación de vulnerabilidade social que atravesa sen que a Consellaría de Benestar Social nin os Servizos Sociais do Concello deran resposta algunha ao respeito; solicitou unha vivenda social ao Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS-Xunta de Galicia) polas dúas vías existentes, a ordinaria e a directa, obtendo no primeiro caso unha resposta estándard confirmándolle a súa inscrición e, no caso da solicitude de adxudicación directa, carecendo inda a día de hoxe de resposta algunha pese a tela solicitado fai xa varias semanas e ter este procedemento a consideración de “urxente”.

Ademais, até o dagora a súa experiencia cos Servizos Sociais do Concello da Coruña e, concretamente, ca súa asistenta social de referencia, está resultando totalmente improdutiva e desgástante a nivel emocional, xa que apenas lle proporcionan información, non lle están prestando apoio e, pese a tratarse dos Servizos Sociais, non amosan ningún tipo de empatía coa súa situación, un escenario perfectamente correspondente ca deixadez e inoperancia que o Concello da Coruña amosa na súa xestión das garantías mínimas contra a exclusión social que vimos denunciando dende fai tempo, e tristemente acorde tamén cas máis de duascentas queixas sobre os Servizos Sociais galegos trasladadas o pasado ano 2013 ao Valedo do Pobo.

De feito, dende STOP Desafiuzamentos A Coruña estamos asistindo con grande preocupación a certas reaccións do persoal dos Servizos Sociais, e temos a certeza de que esta grave circunstancia estase a dar con máis usuarias, xa que son varios os casos dos que nos teñen informado nas asembleas que o noso colectivo realiza periodicamente.

No caso desta compañeira, nunha grave situación de vulnerabilidade social recoñecida, a traballadora social asignada, en lugar de tratala como unha persoa con dereitos, está a exercer sobre esta muller unha posición de control e superioridade, actitude que revela unha total falta de profesionalidade por parte dunha persoa cuxa función é apoiar a quen se atopan en situación de vulnerabilidade social. Chegou a chamala por teléfono para reprendela e culpabilizala, e mesmo lle dixo que por qué non marchaba para Uruguay, país onde naceu, comentario que, canto menos, temos que cualificar de xenófobo.

Na actualidade, dende STOP Desafiuzamentos A Coruña estamos apoiándoa e acompañándoa nos pasos administrativos que está a dar, e parte deste arroupamento é tamén visibilizar o seu caso, non só por ela, senón porque a súa situación é extensible ós milleiros de persoas que sofren a indiferenza da Administración á hora de garantir os seus dereitos. Cómpre lembrar que cada mes 150 familias galegas perden a súa casa,  e que máis de 100.000 familias atópanse en risco de exclusión social ao teren a tódolos seus membros no paro -un 23,2% da poboación galega xa perdeu o seu traballo por culpa da estafa financieira auspiciada pola corrupción política-, ademais, segundo datos da Rede Europea contra a Pobreza, xa no ano 2011 case 700.000 galegas e galegos eran considerados persoas pobres, estando o goberno da Xunta do PP máis preocupado polos seus casos internos de corrupción que por atallar esta situación de emerxencia cidadá.

Onde está a Administración pública para facer fronte a esta gravísima situación social? Polo dagora a súa actitude ubícase nos axiomas da apatía total e as solucións miserentas. Iso si, cartos para as elites financieiras hai abondo, xa que segundo datos do Banco de España, dende o ano 2009 os Gobernos do PSOE e do PP derivaron 61.495 millóns de euros de cartos públicos para subministrar ás entidades bancarias que crearon esta crise, praxe antisocial na que persisten, xa que fai apenas uns días que o goberno do Estado do Partido Popular procedeu á maior venda dunha carteira de crédito hipotecario rexistrada até o momento en Europa.  Mentras tanto, só nos primeiros tres meses de ano iniciáronse no Estado español 20.000 procesos de desafiuzamento no marco dunha lexislación urbanística totalmente abusiva condenada dende as institucións europeas.

A nivel local, na nosa cidade máis de 3.500 persoas son demandantes de vivenda do Insitituto Galego de Vivenda e Solo, sen que o Concello se inmute nin moito menos tome medidas para xestionar o parque de vivendas baleiras da cidade, que suma a escandalosa cifra de 20.000 -120.000 en toda a provincia-, ao tempo que non dubida en gastar en festas 22 millóns de euros, case 7 millóns máis que o orzamentado para Servizos Sociais. Por iso asistimos a situacións inhumanas, vergoñentas para un país que se diga minimamente desenvolvido a nivel social, nas que persoas como esta compañeira cuxo caso damos a coñecer hoxe, enferma e ca súa nai tamén enferma, estean a punto de acabar na rúa.

Esta muller está realizando un grandísimo esforzo para poder salvar a súa nai e a ela mesma de acabar nunha situación de total indixencia, dende STOP Desafiuzamentos A Coruña instamos ás institucións locais e da Xunta a corresponder a esta compañeira asumindo a súa responsabilidade institucional, é dicir, mobilizando inmediatamente tódolos recursos posíbeis deste suposto “Estado de Benestar”.

De non ser así, o vindeiro mes de setembro o goberno corrupto do Partido Popular da cidade da Coruña voltará ser coñecido novamente en todo o Estado por engrosar a súa lista de despropósitos antihumanitarios, encetado co desafiuzamento da anciá Aurelia Rey no marco do mobbing inmobiliario e a lacra de exclusión clasista urbanística coñecida como “xentrificación”, e continuada ca militarización das rúas para botar do seu fogar a unha muller con tres fillos e fibromialxia, como foi o caso de Elisabeth Sanlés.

Moitas grazas pola vosa atención

[1]Denomínase “precaria” aquela situación de feito que implica a utilización gratuita dun ben alleo,  inda que se atope a falta de título que xustifique o goce da posesión.

Saúdos e que teñades moi boa xornada,

STOP Desafiuzamentos A Coruña
--
@desahuciocoruna
Blog: stopdesahuciosacoruna.blogspot.com
Facebook


---
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra | Está Adherida ás PAHs (17.03.2013) e forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs.

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Páxina no facebook:
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

Local:
Avda. Castelao S/N.
Local de Arméria Soc. coop. Galega
Traseira do Mercado Municipal de Caranza
1406-Ferrol

||||||||||||||||

Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra FSdeFerrolTerra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
22 de julho de 2014 23:25
_____________________

martes, xullo 22, 2014

Éste mércores, 23 de Xullo, chega a Ferrol a Carvana-Marcha de Baladre - O recebimento está previsto ás 11 da mañá no Mercado de Caranza - Participa !


Escola Social de Verán, en movemento


Mañá, mércores 23 de Xullo de 2014, chega a Ferrol a Caravana-Marcha Baladre: "Escola Social de Verán, en movemento", despois de visitar varias cidades desde o 20 de Xullo, facendo a ruta Barakaldo-Vigo. Ás once da mañá serán recibidos no Mercado de Caranza por un grupo de activistas que realizarán un roteiro reivindicativo, para intentar un intercambio de experiencias na construción de alternativas e o desenvolvemento das loitas cidadás. Visitarán o Mercado de Caranza, a Tenda de Troco de Arméria Soc. Coop. Galega. Desprazaran-se logo até a Avda do Mar, onde visitarán a Horta Comunitaria e se lles informará da situación da loita contra a Planta de Gas. Logo na Praza do Anfiteatro das Vivendas "Rosas", na Veciñal II, Rúa Alcalde Quintanilla, informara-se da Iniciativa cidadá pola xestión pública e social do ciclo da auga e do saneamento, e da loita polo dereito á vivenda digna e adecuada, a loita pola Defensa da Sanidade Pública, ...

A Caravana-Marcha Baladre continuará ás 13hs o seu camiño cara Compostela.

Convidámosvos pois a participar nesta xornada de mañá en Ferrol que se desenvolverán en Caranza, mañá 23 de Xullo, co seguinte programa:

ROTEIRO REIVINDICATIVO:EXPERIENCIAS E ALTERNATIVAS EN COMUNIDADE.

- 11:00 hs. Recibimento da Caravana no Mercado de Caranza

- 11:30hs. Experiencias e alternativas en comunidade: o Mercado de Caranza; a Tenda de Troco.

- 12.00hs. Na Avda do Mar: as Hortas Comunitarias; a loita contra Reganosa.

- 12:30hs. Na Praza do Anfiteatro das Vivendas "Rosas", Recuperación da Xestión Pública e Social da Auga e o Saneamento; o Dereito á Vivenda, ...

Ao longo dos trinta anos de existencia do espazo de coordinación Baladre, as xentes que o conforman sinten a formación como algo central nas formas de facer política. Formarse entre iguais para comprender e actuar, compartir as preocupacións e afondar nas análises sobre as realidades.

Este verán, volveron a poñer en marcha ese espazo autoxestionado de coñecemento mutuo, relación e reflexión para a acción social en forma de Caravana/Marcha. Entendendo que viaxar e pararse a pé de rúa polos diferentes territorios onde día a día articulanse loitas anticapitalistas e antipatriarcais, que para moitas é unha experiencia vivencial sen igual. Desta volta, están viaxando polo norte da península, enredando con xentes inquiedas desde Barakaldo até o barrio de Coia, en Vigo, durante os días 20 ao 24 de xullo.

Concretamente, na Galiza estarán os días 23 e 24 reflexionando sobre o dereito a autoderterminación dos nosos corpos, vidas e territorios e tratando de coñecer mais de preto a situacións de represión e criminalización dos movementos sociais para pensar xuntas estratexias de colaboración e apoio internacionalista. Tamén os procesos de xentrificación e expulsión da poboación empobrecida nos centros urbanos sometidos á lóxica e aos intereses especulativos, ou as agresións ao dereito básico de acceso á vivenda e aos espazos públicos, ...

A xente de Baladre, convidou-nos á Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra a ser a súa guía por estas terras de Ferrol e Comarcas, así que lles preparamos un roteiro reivindicativo, para que coñezan algunhas das loitas nas que estamos por estes lugares.

CONVIDAMOS A PARTICIPAR NESTE ROTEIRO DE REIVINDICACIÓN E CONFRATERNIZACIÓN.

_______________

luns, xullo 21, 2014

Solidariedade imparável, liberdade pres@s independentistas - VII Cadeia humana pola liberdade d@s pres@s independentistas


Por sétimo ano consecutivo o Organismo Popular Anti-repressivo CEIVAR organiça a VII ediçom da Cadeia Humana pola liberdade das/os presas/independentistas que terá lugar o día 24 de Julho às 18h na Praça da Galiza (Compostela).

 A Cadeia Humana é por excelência o ato reivindicativo anual no que se exige a repatriaçom das/os independentistas galegas/os presas/os, a suspensom das estratégias de extermínio carcerário e a liberdade de quem se encontram desterradas/os  por participarem no processo de liberaçom nacional e social da Galiza. Assim mesmo é também o momento no que, mau com mau, tecemos a rede de solidariedade que consigue vissibilizar às/aos presas/os independentistas da nossa Naçom e denunciar as ilegalidades e ilegitimidades que estám a sufrir nas prisons espanholas; dispersom, humilhaçons, restriçons, etc.

Solidariedade imparável

A legenda da VII Cadeia Humana será “Solidariedade imparável, liberdade presas/os independentistas” e com ela queremos amossar o nosso mais firme compromisso para que as/os retaliadas/os estejam na rua mas também de que cada convocatória seja reforçada por mais pessoas concienciadas com justiça social e nacional.

Durante estes 365 dias que passárom desde a anterior Cadeia Humana o nosso Povo tivo que enfrontar incontáveis processos repressivos tanto nos Julgados Provinciais como na Audiência Nacional. Centos de galegas/os estivemos arroupando às/aos processadas/os e esse apoio o que demonstra é o grande potencial solidário com o que conta a nossa Terra.

Devido a que a repressom é inerente às reinvindicaçons, a solidariedade também o será. Com este motivo o Organismo Popular Anti-repressivo também estará presente na mobilizaçom juvenil e nas manifestaçons do dia 25 respaldando aos seitores mais castigados pola repressom e fazendo um chamamento a organizar-se.

É o tempo, é o lugar e é a hora de botar-nos às ruas e por isso fazemos um chamamento público a todos os agentes políticos e sociais a secundar a VII Cadeia Humana e demandar a liberdade das/os presas/os independentistas e o fim das políticas repressivas que ejercem contra a cidadania deste País.

Ante a repressom espanhola, solidariedade imparável!

Dia: 24 de Julho
Hora: 18h
Lugar: Praça da Galiza (Compostela)

--
CEIVAR, organismo popular anti-repressivo

Sede nacional.
Costa nova de arriba. Local 2. Edifício 3. Baixo.
15704-Compostela GALIZA

Web:
http://www.ceivar.org/

Redes sociais.
Twitter: Ceivar_OPAR
Facebook: ceivar.antirepressivo

Contacto.
Organizaçom: ceivar@ceivar.org

Enviado por:
CEIVAR Organismo Popular Anti-Repressivo
-ceivar@ceivar.org-
17 de julho de 2014 19:34
____________

A loita contra a impunidade continua, unha nova marcha a pé Ferrol-Mugardos contra a ilegal e perigosa planta de gas de Reganosa, tivo lugar este 18 de Xullo de 2014


Pasadas as 5 da tarde, saía a marcha vermella contra a impunidade de Reganosa, desde o Parque 'Carmelo Teixeiro' de Caranza, parque que leva o nome do que fora o primeiro Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. Había que andar 14 Km até chegar a Mugardos. A altura de Perlio comezou a chuvia que xa acompañou a marcha até o final do percorrido. Por mor das condicións do tempo o recibimento da veciñanza de Meá foi diante do local veciñal, non no Parque do Carneiros como estaba previsto. Luz Mariña Torrente, presidenta da asociación interveu en primeiro lugar para amosar a súa alegría por ver chegar aos marchistas con forza e conciencia, e lembrou a a impunidade e a corrupción coa que está construída Reganosa (vídeos 1 e 2). Foi Lupe Ces na súa intervención a que explicou o porque hai que continuar na loita contra a instalación da Planta de Gas no corazón da nosa Ría "unha comunidade que non se organiza e non loita contra a inxustiza, embrutécese e acaba sucumbindo ao 'todo vale', e á lei do máis forte, que som os principios nos que se sustenta Reganosa. Na nosa Ría queremos comunidades onde as nosas fillas e os nosos fillos podan vivir con seguridade e ter futuro". pechando as intervencións, falou o actual coordinador do Comité Cidadán, Manuel A. Rodríguez Carballeira (Lalán) que analizou o estado da situación da loita contra Reganosa (vídeo 3). O acto continuou coa confraternización da veciñanza de Meá c@s participantes na marcha vermella.


http://youtu.be/UsIGRvGd-sQ



http://youtu.be/kxgAd4uxz8s



http://youtu.be/Sz3TK4cOLog

A orixe da marcha vermella a pé entre Ferrol e Mugardos

Desde hai sete anos vimos marchando ano pos ano, desde que o fixeramos por primeira vez en Xullo de 2007, trataba-se de solizarizar-se coa veciñanza de Meá que comezara un peche na Casa do Concello de Mugardos, peche que durou 111 días. Na dura loita contra REGANOSA, o papel da veciñanza de Meá, perante estes 15 anos foi e segue sendo moi importante, mais estes 111 días de peche, foron enriquecedores para o movimento social e cidadán opositor a REGANOSA e ao seu despropósito gasístico no corazón da nosa Ría: a Planta de Gas.

Podes-se ver a crónica destes 111 días, no blogue: "Rompendo muros de silencio".

---

REGANOSA: MAFIA, FRAUDE E CORRUPCIÓN

Sabías que a planta de REGANOSA é absolutamente innecesaria para o sistema gasista e que aporta tan só o 1 % do total do gas que chega ao estado español?

Sabías que REGANOSA só traballa ao 16% da súa capacidade por falta de clientes e que nos costa a todas e todos  os consumidores perto de 60 millóns de euros/ano?

Sabías que antes da entrada en funcionamento da planta de REGANOSA, Galicia xa estaba conectada a outras plantas por gaseoductos que agora se manteñen pechados?

Sabías que REGANOSA non ten Declaración de Impacto Ambiental a pesar de verter, no proceso de regasificación, na Ría de Ferrol máis de 300.000 Tons/día de auga contaminada con altas doses de hipoclorito sódico?

Sabías que o Tribunal Supremo sentenciou que a Planta de REGANOSA é ilegal ao anular a modificación do Plan de Ordenación pola que se lle outorgou a autorización?

Sabías que REGANOSA cobra a mesma cantidade de diñeiro independentemente do gas que sirva ao sistema gasista?

Sabías que o negocio de REGANOSA consiste en cobrar retribucións polo diñeiro que investiron na planta?

Sabías que os 400 millóns de euros que leva cobrados REGANOSA obedece a un proceso continuado de corrupción política e económica tras incrementar fraudulentamente as inversión realizadas?

Sabías que realizaron o fraude vendéndolle a REGANOSA,  os mesmos socios a prezos altísimos, os terreos onde se instalou a planta, e incluso transmitíndolle  ilegalmente por 25 millóns de euros unha concesión portuaria?

Sabías que no consello de administración está Jose Luis Méndez, expresidente de Caixa Galicia que a levou ao crack e da que arramplou 15 millóns de euros?

Sabías que un dos socios de REGANOSA é a compañía Gas Natural Fenosa que decidiu construir os gaseiros en Corea do Sur e Xapón e ten intervidas en Italia varias empresas por colaboración coa Mafia?

Sabías que a capacidade de almacenamento de gas natural licuado que ten Reganosa é equivalente a 12 millóns de bombonas de butano e que ten unha equivalencia enerxética a 120 bombas atómicas similares as de Hiroshima?

Sabías que o sector gasista do gas licuado (GNL) está tan mal en España que o mes pasado tivo que vender case a totalidade do gas que se importou?

Sabías que os promotores de Reganosa incumpren as condicións que levaron para a aprobación da planta, ao non construír as industrias químicas que ían absorber unha parte do gas licuado (GNL), e a administración de gas ás térmicas de Ciclo Combinado está paralizada?

Sabías que as plantas térmicas de ciclo combinado existentes en España están practicamente paradas debido ao elevado prezo do gas natural licuado (GNL), xerando o que se lle chama a "burbulla enerxética"?

Sabías que no caso de accidente dun camión cisterna de 25 Tons de gas establécese un perímetro de seguridade de 600 m?

Sabías que a Xunta ten aprobado temerariamente un Plan de Emerxencia Exterior para a planta de gas e o complexo petroquímico ”Forestal del Atlántico”, establecendo unha zona de alerta de 213 m a partires dos tanques, cando a planta de Bilbao, establece unha distancia de 3.049 m?
---


Tras a Sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a localización de Reganosa, temos que esixir o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PECHE XA!!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA  !!

10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas?

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.
O CCE ten posta a venda unha rifa para recaudar fondos necesarios para facer fronte aos gastos dos procesos xudiciais emprendidos.


IMG-20140714-WA0027-1

---


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

__________________

sábado, xullo 19, 2014

O Ateneo Ferrolán conmemorará o centenario de Hildegart cun Congreso e actos de homenaxe - As investigadoras e investigadores poderán presentar as súas propostas até o 15 de setembro - O Congreso vaise celebrar en Ferrol nos días 6 a 8 de decembro


O 9 de decembro de 1914 nacía en Madrid Hildegart Rodríguez Carballeira. Filla da ferrolá Aurora Rodríguez Carballeira, Hildegart foi un importante personaxe da cultura e da política até o ano da súa morte en 1933. Publicou unha decena de libros e foi colaboradora de publicacións periódicas como “Renovación”, “El Socialista”, “Orto” e “La Tierra”, ademáis de directiva das Juventudes Socialistas e da Liga para la Reforma Sexual. Estivo en contacto con importantes personaxes da época como Havelock Ellis, H.G. Wells ou Gregorio Marañón. A súa vida e a súa tráxica morte a mans da súa nai, en decembro de 1933 (cando só contaba 19 anos), fixeron dela un personaxe recreado en novelas, obras de teatro e mesmo filmes, ademáis de investigacións históricas.

Cen anos despois do seu nacemento, o Ateneo Ferrolán considerou preciso convocar un Congreso arredor de Hildegart Rodríguez Carballeira, para lembrar a súa figura dende diversas facianas: ao tempo que tentar encadrar o seu pensamento no eido da sexualidade e da crítica de esquerdas á II República, o Congreso quere recuperar tamén a memoria das mulleres e dos colectivos femininos da súa xeración. O Congreso, ao que as investigadoras e investigadores poderán presentar as súas propostas até o 15 de setembro, vaise celebrar en Ferrol nos días 6 a 8 de decembro.

Ao tempo, nos días da celebración do Congreso, vanse facer dúas exposicións (unha biográfica e a outra bibliográfica) e realizaranse actividades culturais relacionadas coa figura de Hildegart, para concluir cun acto de homenaxe á malograda pensadora e activista social do primeiro tercio do século XX.

O Congreso conta cunha páxina web que está poñéndose en marcha en http://congresohildegart.ateneoferrolan.org/ e na que se van colocar informacións sobre o Congreso e materiais que acerquen ao público a figura de Hildegart Rodríguez Carballeira.

Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
www.ateneoferrolan.org
e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.:  +34 981 357 970 |
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | FERROL (A Coruña)
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
Tamén no Facebook: http://www.facebook.com/pages/Ateneo-Ferrolan/134569549934117Séguenos en Twitter: @ateneoferrolan


Campaña de APOIO e DEFENSA do Ateneo. Patrimonio da cidade
APOIA e DIFUNDE!



Faite soci@! Colabora con nos!
Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar-Cajarural Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350


Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-secretaria@ateneoferrolan.org-
19 de julho de 2014 18:12
_________________

venres, xullo 18, 2014

O Tribunal de Xustiza da UE falla contra a Lei Antidesafiuzamentos do PP - Considera que a lexislación española viola os dereitos fundamentais e obriga a modificala - O debedor está en inferioridade de condicións respecto ao banco ao non poder recorrer para lograr a suspensión da execución hipotecaria


A Lei Antidesafiuzamentos que aprobou en solitario o PP fai 14 meses vai en contra os dereitos fundamentais dos cidadáns. Así o establece unha sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE) ao considerar que a lexislación española viola o artigo 47 da Carta de Dereitos Fundamentais da Unión Europea, que consagra o dereito á tutela xudicial efectiva de todos os cidadáns.

O fallo do TJUE, con data de 17 de xullo, considera que a lei española (1/2013) coloca nunha situación de inferioridade ao debedor respecto do banco. No caso de que un xulgado do mercantil dá a razón á persoa hipotecada fronte á entidade porque considera que se aplicou unha cláusula abusiva e suspenda a execución dunha hipoteca, o banco pode recorrer en apelación. Pero si o xuíz sentencia a favor do banco, o debedor non pode recorrer en segunda instancia para solicitar esa suspensión da execución hipotecaria. Só si ao final o xulgado do mercantil dá a razón á persoa hipotecada, esta recibirá unha indemnización, pero xa perdería a súa casa.

A Lei 1/2013 de medidas para reforzar a protección ás debedoras hipotecarias, reestruturación de débeda e aluguer social modificou a Lei de Enxuizamento Civil do ano 2000 en materia de execución hipotecaria. Agora, o Tribunal de Xustiza da UE considera que a lexislación española contradí a Directiva 93/13/CEE do Consello de 5 de abril de 1993. Esta, no apartado 1 do artigo 7, establece que "os estados membros velarán porque, en interese dos consumidores e dos competidores profesionais, existan medios adecuados e eficaces para que cese o uso de cláusulas abusivas en contratos celebrados entre profesionais e consumidores".

Por extensión, o TJUE establece que a Lei Antidesafiuzamentos española viola igualmente o artigo 47 da Carta de Dereitos Fundamentais que establece que "toda persoa cuxos dereitos e liberdades garantidos polo Dereito da Unión sexan violados, ten dereito a tutélaa xudicial efectiva, respectando as condicións establecidas no presente artigo". O Goberno verase obrigado, xa que logo, a reformar a Lei de Enxuizamento Civil, por ser a lei de procedemento na que introduciu modificacións a Lei 1/2013.

O TJUE fallou en marzo de 2013 que a lexislación española era "abusiva", en resposta a unha cuestión dun xulgado de Barcelona polo caso dun obreiro marroquí que fora expulsado da súa casa en Martorell. O Executivo levou a cabo un mes despois unha reforma que non foi apoiada por ningún grupo da oposición e suscitou un forte rexeitamento na PAH. A Plataforma había promovido unha Iniciativa Lexislativa Popular cun millón e medio de firmas, que incluía a dación en pago, e que os redactores da lei ignoraron.

Próximos fallos

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea interveu esta vez a solicitude da Audiencia de Castellón, que suscitou unha cuestión prexudicial polo litixio dunha parella co BBVA. Os xuíces de Castellón querían coñecer o posicionamento do TJUE antes de fallar e suscitaron un procedemento acelerado. Segundo fontes xurídicas, o TJUE ten polo menos outras 16 cuestións prexudiciais doutros tantos tribunais españois aínda por resolver.

A Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) celebra o fallo do TJUE porque considera que "recoñece a vivenda como ben de consumo de necesidade básica, de maneira que nos pon un pouco máis perto do recoñecemento da vivenda como dereito fundamental", en palabras dun os seus avogados, Rafa Mayoral.

A PAH presentou un recurso de inconstitucionalidade contra a Lei Antidesafiuzamentos e Mayoral considera que o fallo do TJUE coincide con algúns dos argumentos presentados en devandito recurso, o que podería afectar á decisión do Tribunal Constitucional.

Publicado por Pedro Águeda no xornal dixital 'El diario' | 18.07.2014.
Máis sobre o autor: http://www.eldiario.es/autores/pedro_agueda/

Foto: 'Abrazo tras o desafiuzamento', de Germán Caballero cedida polo artista.

---------

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra | Está Adherida ás PAHs (17.03.2013) e forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs.

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Páxina no facebook:
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

Local:
Avda. Castelao S/N.
Local de Arméria Soc. coop. Galega
Traseira do Mercado Municipal de Caranza
1406-Ferrol

||||||||||||||||
________

A traxedia da morte dos nenos palestinos xogando ao futbol por un bombardeo israelí dunha praia na cidade de Gaza, ante varios xornalistas de medios convencionais occidentais, provocou un cesamento da agresión do exercito de Israel que apenas durou unhas horas, pois o alto mando israelí ordeou unha operación con incursión terrestre en Gaza


Catro nenos palestinos morreron onte á tarde por un bombardeo israelí dunha praia na cidade de Gaza, onde eles estaban xogando. Tres nenos máis quedaron feridos. O incidente, testemuñado por un gran número de xornalistas occidentais que quedan nun hotel con vistas á praia.

Segundo o Ministerio de Saúde palestino en Gaza, os ataques israelís mataron 24 palestinos o mércores, a maioría dos cales eran civís.

Xornalista, de The Guardian, Peter Beaumont que testemuña o asasinato de onte na praia, escribe que "No espazo de 40 segundos, catro rapaces que foran a xogar ás escondidas entre unhas casetas de pescadores ... estaban mortos". Os nenos mortos, todos os membros da familia Bakr estendida, son Ahed Atef Bakr (10 anos), Zakariya Ahed Bakr (10 anos), Mohamed Ramiz Bakr (11 anos) e Ismail Mahmud Bakr (9 anos).

Outros tres nenos foron feridos e conseguiu chegar ao hotel: Hamad Bakr (13 anos), Motasem Bakr (11 anos) e Mohammad Abu Watfah (21 anos). Os tres tiveron feridas de metralla no peito, estómago, cabeza e nas pernas.

Polo menos 45 nenos palestinos morreron en Gaza durante os primeiros nove días de ataques de Israel na franxa sitiada, segundo a Defensa Internacional das crianzas Palestinas. Este número de mortos é agora o máis alto desde decembro de 2008 incursión militar de Israel, a Operación Chumbo Fundido, que resultou na morte de 352 nenos.

Xornalistas occidentais e persoal do hotel atenderon aos nenos feridos até que eles foron levados de ambulancia para o centro médico.

O Exército israelí dixo á AFP nun comunicado que "Con base nos resultados preliminares, o obxectivo deste ataque eran axentes  terroristas de Hamas. As baixas civís relatadas deste ataque son un desenlace tráxico".

Contas e fotos do evento foron amplamente compartida, detallando unha explosión inicial preto dunha caseta que matou a un dos nenos, e un segundo que visou os outros nenos mentres corrían cara á praia. Fontes DCI-Palestine confirmou que os nenos estaban mortos á chegada ao Hospital Shifa.

"As forzas israelís seguen a atacar e matar nenos e civís a diario, fontes militares israelís aseguran que estas mortes son erros tráxicos, simplemente sen sentido", dixo Rifat Kassis, director executivo do DCI-Palestine. "O número de mortos entre as crianzas agora está no seu punto máis alto en cinco anos".

Amplamente difundido nos medios palestinas e internacionais, o asasinato de onte dos catro fillos da familia Bakr fixo que Israel e Hamás acetasen unha proposta dea ONU dun cesamento do fogo temporal o xoves por razóns humanitarias.

Written by Connie Hackbarth

Israel abre operación terrestre contra Gaza

O gabinete do primeiro ministro israelí anunciou que o exército israelí lanzou un ataque terrestre en Gaza. Oficialmente, a operación é considerada "limitada" e probablemente non ha máis lonxe do que dous ou tres quilómetros no territorio de Gaza. O seu obxectivo é destruír túneles que unen Gaza ao mundo exterior.

Máis info desta nova agresión en:
http://actualidad.rt.com/

Fonte: http://www.alternativenews.org/

Nota.- A foto é de 2009: Nenos palestinos quedan entre as ruínas de edificios destruídos por ataques aéreos israelís na guerra de 2008-2009 coñecida como Operación Chumbo Fundido, 4 de xullo de 2012/Photo: Ryan Rodrick Beiler.
_________

O SLG participa con organizacións sociais de toda Europa nas estratexias contra o tratado de libre comercio cos EEUU (Acordo Transatlántico)


A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane [*], vén de participar no II Encontro da Sociedade Civil Europea contra o TTIP (Transatlantic Trade and Investment Partnership ou Acordo Transatlántico de Comercio e Investimentos), que se desenvolveu en Bruxelas os días 14 e 15 de xullo. Xunto ao Sindicato Labrego Galego, déronse cita todo tipo de organizacións sociais (ecoloxistas, agrarias, sindicais, etcétera) para debater e acordar estratexias comúns contra un TTIP que se está a negociar de costas á cidadanía e que está a ser deseñado, fundamentalmente, por empresas privadas e transnacionais.

Dende o Sindicato Labrego Galego xa temos criticado con dureza o TTIP pois, polo pouco que puido transcender das súas negociacións, derribará as barreiras arancelarias (as máis altas protexen produtos agrícolas e gandeiros) e numerosas normativas legais que existen na na Unión Europea en materia de seguridade alimentaria, medio ambiente ou dereitos laborais. Todo en detrimento dos dereitos e a seguridade da cidadanía europea e só co obxectivo de crear un marco para que as principais multinacionais de Europa e Estados Unidos maximicen o seu lucro.

Por exemplo, para que haxa libre comercio entre Estados Unidos e a Unión Europea, primeiro debemos eliminar, nesta beira do Atlántico, as restricións que existen en materia de organismos xeneticamente modificados (OXMs), carne e leite tratada con hormonas canceríxenas como a Somatotropina Bovina Recombinante, porcos engordados con Ractopamina (prohibida en 150 países pola súa perigosidade); ou permitir os máis de 30.000 produtos químicos aínda legais e comercializados nos Estados Unidos que están asociados a doenzas e enfermidades como cancro de mama e testicular, infertilidade masculina, diabete e obesidade. O TTIP tamén afectaría á Lei de Protección de Datos ou a servizos públicos como a sanidade cobizados polas transnacionais, que achan na súa privatización un fabuloso negocio.

Para que isto sexa posible, tanto a UE como os Estados Unidos pretenden crear unha especie de tribunal para resolver litixios entre inversores e países, que sería de ámbito supranacional e estaría por riba das leis e tribunais de cada estado: o Investor-state dispute settlement (ISDS). Deste xeito, o ISDS estaría por riba da soberanía de estados e pobos, e por riba das súas lexislacións en materias como dereitos laborais, protección do medio ambiente ou seguridade alimentaria. De ir para adiante o TTIP, unha empresa podería demandar a un país que teña prohibido, por exemplo, a extracción de gas por fracturación hidráulica (fracking) ou os transxénicos, como acontece hoxe en día, por poñer só dous exemplos. O país denunciado estaría na obriga de abonar indemnizacións millonarias á empresa denunciante para compensar a súa perda de negocio, tal e como ten acontecido en máis dunha ocasión entre Estados Unidos e Canadá, que tamén constituíron unha área de libre comercio.

Outra das críticas das organizacións sociais que participamos no encontro de Bruxelas foi a opacidade coa que se están a desenvolver estas negociacións entre a Unión Europea e os Estados Unidos. Pola parte europea, quen leva a voz cantante é a Comisión, estando o meirande da información e documentos das negociacións vetados aos e ás representantes do Parlamento Europeo. Un bo exemplo desta falta de transparencia é que, entre xaneiro de 2012 e abril de 2013, antes de comezar as negociacións oficiais entre EEUU e a UE, o 92% dos encontros auspiciados por Bruxelas (520 reunións dun total de 560) foron entre a Comisión Europea e lobbies privados e empresas, e só o 4% (26 reunións) tivo á sociedade civil como protagonista, segundo datos da ONG Observatorio Corporativo Europeo (CEO). A mesma organización revelou que, entre xullo de 2013 e febreiro de 2014, das 154 reunións mantidas, 113 foron con empresas privadas, o que supón o 74%.

Para o Sindicato Labrego Galego, o TTIP é unha das máis grandes ameazas a que se enfronta a cidadanía europea, que vai perder boa parte dos seus dereitos en aras de maximizar o negocio de grandes empresas multinacionais. Tamén queremos chamar especialmente a atención sobre o impacto demoledor que este tratado tería sobre os sectores agrogandeiros e forestais europeos e galegos, xa que se eliminarían os aranceis que protexen as nosas producións, baseadas maioritariamente en economías de escala familiar e estruturadoras do medio rural; fronte a megaexplotacións de corte industrial que maximizan e abaratan a súa produción a través de prácticas prohibidas hoxe na Unión Europea por motivos medioambientais, de saúde e de seguridade alimentaria. Un dato preocupante ao respecto tamén vén revelado pola CEO: de tódalas empresas que están participando nas negociacións do TTIP, son as relacionadas coa agricultura e a alimentación as que maior presión exerceron sobre os e as representantes de Bruxelas, o cal revela que serán precisamente estes sectores os máis afectados por un posible tratado e os que ser verán sometidos a unha auténtica demolición en materia de protección arancelaria e normativa.

17 de Xullo do 2014

Fonte: Sindicato Labrego Galego


[*] Isabel Vilalba Seivane, naceu en 1975 en Lourenzá. Fixo estudos de Filoloxía Hispánica, especialidade Galego-Portugués e o 2ª ciclo de Ciencias da Información. É labrega nunha explotación de leite e de fabas no concello de Lourenzá. Pertence ao Sindicato Labrego Galego dende hai 10 anos, e dende hai aproximadamente 6 é a responsable da Secretaría das Mulleres desta entidade. Representa ao Sindicato Labrego Galego na organización internacional Via Campesina, e na Marcha Mundial das Mulleres. Participou entre outros, nos seguintes foros internacionais:
  • Congreso Mundial de Mulleres da Vía Campesina (18-21 de outubro de 2006 en Compostela)
  • Foro Internacional de Soberanía Alimentaria (Febreiro 2007, Mali)
  • Foro Social Europeo ( Setembro 2008, Suecia)
  • V Conferencia Internacional da Vía Campesina (Maputo,Mozambique)
  • Reunión da Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación,FAO.( Roma)
  • Foro Europeo de Soberanía Alimentaria, (Krems, Austria)
No discurso de Isabel Vilalba, palabras como Soberania Alimentaria, Igualdade, produtor@s de alimentos, Xustiza... convertense en utopias postas ao noso alcance. E comprendémolas, asumímolas, e nolas apropiamos como parte do noso presente que faga posible o futuro.

De interese:

Isabel Vilalba regresa da asemblea da FAO en Roma tras defender a agricultura labrega e sustentábel como solución á fame no mundo - 15 de Outubro do 2010

Web oficial do Sindicato Labrego Galego - comisións Labregas:
http://www.sindicatolabrego.com/

Web oficial de "La Via Campesina":
http://viacampesina.org/

Web oficial da Coordenadora Europea de "La Via Campesina":
http://www.eurovia.org/
_____________

xoves, xullo 17, 2014

Desde Galiza SOS - Sanidade Pública, denuncia caza de bruxas na sanidade madrileña


Como resposta ao feito de que a Consellería de Sanidade de Madrid non conceda a prolongación do servizo activo Madrid, Mariano Sánchez Bayle, un dos portavoces da Marea Branca en Defensa da Sanidade Pública (que conseguiu paralizar a privatización dos hospitais e centros de saúde desa CCAA) a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia quere traslada á opinión pública e profesional que:
1.- Adiantar as xubilacións dos traballadores sanitarios aos 65 anos, lonxe de supoñer unha medida para rexuvenecer o sistema e dar oportunidade aos novos profesionais, está servindo para recortar brutalmente o persoal e deixar sen oportunidade de traballo aos novos sanitarios. Como consecuencia estes deben saír do Estado para poder exercer a súa profesión o que  supón unha descapitalización do sistema sanitario público que se gasta unha gran cantidade de recursos en formalos.

2.- O resultado desta estratexia é a perda de 28.496 empregados do sistema, contando só os persoais orgánicos dos hospitais e os centros de saúde, si cóntase ao persoal laboral e eventual o recorte e de máis de 53.000 traballadores (En Galicia estímase en máis de 1.000 prazas).

3.- Este tremendo recorte está repercutindo negativamente na calidade da atención, no crecemento das listas de espera e no aumento da mortalidade. Na atención de saúde non é posible substituír ao persoal por máquinas.

4.-Consideramos paradoxal que mentres a CCAA de Madrid (gobernada polo Partido Popular) prolonga o período activo á gran maioría dos médicos (consecuencia de que a brutalidade do recorte de persoais esta paralizando a actividade de moitos centros) lla denega o mesmo a un profesional comprometido coa Defensa da Sanidade Pública. Isto só pode atribuírse a unha represalia pola súa participación activa nas Mareas Brancas e no seu rexeitamento á privatización.
Consideramos que o Ministerio de Sanidade, a Consellería de Sanidade de Madrid, do mesmo xeito que a Consellería de Sanidade de Galicia, gobernadas polo Partido Popular están desenvolvendo unha estratexia de recorte desmantelamento e privatización do sistema sanitario, caracterizada polo amíguesmo e a arbitrariedade cos traballadores, especialmente con quen se enfrontan aos seus designios.

Manuel Martin
Portavoz SOS Sanidade Pública
669704177

info@sos-sanidadepublica.org

http://www.sos-sanidadepublica.org/

facebook  SOS Sanidade Pública

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
17 de julho de 2014 13:52

http://www.plataformadspferrol.blogspot.com

________________

Declaración da Marcha Mundial das Mulleres sobre Palestina - A violencia sistemática que miles de palestinos e palestinas soportan a diario ten que ser detida de inmediato - Enlaces

A Marcha Mundial das Mulleres condena os ataques de Israel contra a franxa de Gaza, Palestina.

A Marcha Mundial das Mulleres condena a violencia extrema que Israel está utilizando na franxa de Gaza e esixe que se pare de inmediato con calquera tipo de ataque, no leste ou outro territorio Palestino.

Desde fai máis de sesenta anos, e cunhas condicións de vida cada vez máis deterioradas, a poboación palestina sofre a diario nun estado de apartheid: expropiacións ilegais, brutais detencións, discriminación, acoso, graves limitacións no acceso aos seus dereitos básicos ... A violencia sistemática que miles de palestinos e palestinas soportan a diario ten que ser detida de inmediato, e a comunidade internacional non pode continuar calada.

As autoridades israelís, apoiándose no seu exército, intensificaron recentemente a súa escalada de violencia e os brutais ataques contra os dereitos de civís palestinos. Fai unha semana, ignorando todos os chamamentos internacionais, Israel lanzou unha ofensiva militar en Gaza chamada 'Eixe Protector' que se cobrou xa a vida de moitas persoas, incluíndo pícaros e pícaras, e causou graves danos materiais, nas (xa de por si precarias) infraestruturas civís palestinas.

A Marcha Mundial das Mulleres mostra a súa solidariedade coas nosas irmás e irmáns palestinos e esixe firmemente o inmediato cese dos ataques. Así mesmo, apela á Comunidade Internacional para reaccionar de forma contundente no cumprimento das súas obrigacións morais coa protección da poboación civil palestina, e traballar de forma coordinada na activación dos adecuados mecanismos de rendición de contas e enxuiciamento dos responsables desta masacre.

Mulleres do mundo, estaremos en marcha até que todas as mulleres sexamos libres!

Communication MMM / MMF / WMW
Marcha Mundial das Mulleres
http://marchemondiale.org/

Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
17 de julho de 2014 20:58

Marcha Mundial de Mulleres | Estimadas compañeiras, Enviamos abaixo e en anexo o comunicado de repudio da MMM sobre a masacre que Palestina esta sufrindo. Pedimos o voso apoio en todas as redes e foros que sexa posíbel. Está dispoñíbel en linea tamén no enlace:
http://www.marchemondiale.org/news/mmfnewsitem.2014-07-17.0008130964/es.
En anexo, compartimos tamén declaración e chamado a acción urxente, enviados polas nosas compañeiras da UPWC ? Sindicato/Unión de Comités de Mulleres Palestinas, grupo participante da MMM en Palestina. Así mesmo, tamén vos pedimos que nos enviedes información sobre as accións que están facendo nas vosas rexións para apoiar a causa palestina. Imos difundir para dar maior visibilidad ao apoio ás palestinas e palestinos. En solidariedade, e coa esperanza de que se oia a nosa mensaxe. O Secretariado Internacional


Ler tamén:

- Comunicado do Sindicato de Comités de Mulleres Palestinas (UPWC), en castelán, inglés ou francés .

- Chamamento urxente de UPWC á acción, dispoñíbel en castelán e inglés.

Enlaces de interese na Galiza:

www.feminismo.info

nacional@feminismo.info

https://www.facebook.com/>marchamundialmulleres.galiza

twitter.com/MMMGaliza

_________________

luns, xullo 14, 2014

O Prezo da auga en Ferrol, ... Por Alexandre Carrodeguas

Por Alexandre Carrodeguas [*]
12.07.2014


O presidente da multinacional da auga Agbar, Angel Simó nunhas recentes declaracións propon subir o prezo da auga para financiar infraestructuras hidráulicas. Estas declaracións enmarcanse na intención das grandes empresas de xestión da auga de cargar sobre os sufridos e asfixiados contribuintes, novas fases de expansión empresarial. Vemos, tamen en Ferrol, como se producen subidas desproporcionadas no prezo da auga, vemos como Emafesa (A empresa xestora) falla en trasparencia  e xestión, amparandose nun presunto dereito a confidencialidade empresarial, e vemos tamen  como se produce a perda do control efectivo por parte do concello da  xestón do ciclo integral da auga.

En Ferrol a subida do prezo da auga xustificase nos costes de mantemento e posta en funcionamento do novo saneamento da ría. Un proxecto que consiste nunha depuración intensiva e unitaria (mestura de augas residuais e pluviais), que implica ademais dunha depuración insuficiente e non sustentábel,  uns altísimos consumos enerxéticos que se pretenten cargar sobre a veciñanza ferrolá.

Ante este estado de cousas en Ferrol estase levando a cabo unha campaña pola remunicipalización da auga, unha campaña para que os veciños e veciñas non se convertan en simples mercados cautivos de intereses empresariais.

O pobo de Ferrol ten que ter o dereito a reapropiarse do que un día foi un servizo publico con xestión pública  e nunca debeu de deixar de selo. Animo desde aquí todos os veciños e veciñas a participar nesta campaña pola auga pública en Ferrol. Polo ben de todos.

E de xustiza. E poder podemos.

[*] Alexandre Carrodeguas, activista social de Ferrol Terra, promotor de plataformas cidadáns en defensa do patrimonio urbanístico e cultural; defensor dos espazos públicos e da rehabilitación dos cascos históricos; membro de Verdegaia e do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

Enviado por:
Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
12 de julho de 2014 15:25

_________________________________________

Convocadas mobilizacións en Ferrol, como no resto das cidades da Galiza e do mundo, para hoxe e mañá, 14 e 15 de Xullo


Mentres a maioría dos gobernos do mundo occidental miran para outro lado, centos de miles de persoas en todo o mundo saen á rúa para amosar a súa solidariedade co Pobo Palestino, cruelmente bombardeado polo Exercito Israelí. Nunha nova escalada, intensifica-se os bombardeos das poboacións palestinas. Gaza, a maior prisión do mundo, con máis de dous millóns de persoas no seu interior, leva unha semana de asedio e bombardeo,. case dous centenares de persoas asesinadas polas bombas xenocidas, lanzadas polo exercito israelí por terra, mar e aire.

Concentracións en Ferrol:

Luns 14 de Xullo, ás 20:00hs na Praza de Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia. Concentración solidaria en réxime de autoconvocatoria, para condenar os bombardeaos do Exército de Israelí e reclamar a liberdade para o co Pobo Palestino.

Martes 15 de Xullo, ás 20:00hs, na Praza do Concello de Ferrol, diante do Pazo Municipal, convocada pola Coordinadora Galega pola Paz en solidariedade co  Pobo Palestino, para:
1.- Solicitar do Parlamento Galego, do Español e do Europeo, así como dos concellos, sendas declaracións de condena da agresión israelí para remitir ó goberno de Israel, embaixada e consulados.

2.- Convocatoria de concentracións diante dos Concellos o vindeiro MARTES, 15 DE XULLO, ÁS 20:00 HORAS.

3.- Apoio a cantas mobilizacións pacíficas e democráticas se realicen para rematar coa escalada militar.

4.- Chamamento á mediación internacional e ó diálogo entre as partes en conflicto por medio de sancións económicas e políticas contra do goberno israelí.
NON AO XENOCIDIO CONTRA O POBO PALESTINO!!
SOLIDARIEDADE E LIBERDADE !!
PARTICIPA !!
______

martes, xullo 08, 2014

A supresión e externalización do laboratorio do novo hospital de Vigo atenta contra a saúde da poboación e os dereitos sociais e profesionais - O SERGAS pretende privatizar o servizo de análises clínicos do novo hospital

A SUPRESIÓN E EXTERNALIZACIÓN DO LABORATORIO DO NOVO HOSPITAL DE VIGO ATENTA CONTRA A SAÚDE DA POBOACIÓN E OS DEREITOS SOCIAIS E PROFESIONAIS

A Consellería de Sanidade ten decido, sen contar coa opinión e asesoría dos profesionais, que o Novo Hospital de Vigo non teña un Laboratorio Central. O novo centro de Valadares disporá soamente dun laboratorio de 24 horas (básico e reducido) afastado varios quilómetros do laboratorio situado no Hospital de Meixoeiro. Ademais sepárase dos laboratorios de Anatomía Patolóxica e de Investigación que si estarán no Novo hospital, o que obrigará a duplicar os recursos para extracción e traslados de probas e o equipamento, xa que obriga ao hospital a dispoñer de medios para transportar as mostras entre os dous centros. Aínda que a administración alega que esta decisión reducirá custos e mellorará a eficiencia, a realidade é que todo este embrollo incrementará innecesariamente os gastos.

Resulta paradoxal que un hospital presentado pola Consellería de Sanidade como un dos máis modernos e avanzados tecnoloxicamente de Europa, non dispoña dun servizo esencial como é un laboratorio dimensionado en magnitude e prestacións.

OBXECTIVOS QUE PERSEGUE A CONSELLERÍA AO SUPRIMIR O LABORATORIO DO NHV

Os laboratorios clínicos son servizos xeradores de produtos intermedios que teñen unha gran implicación nas decisións clínicas, aínda que a facilidade de mecanizar a súa actividade fainos moi apetecibles para o sector privado.

Entre os argumentos esgrimidos pola Consellería de Sanidade para xustificar esta decisión poderiamos destacar que a externalización reduce custos, permite o acceso a tecnoloxía de última xeración, mellora a calidade, incrementa a satisfacción ou simplifica a xestión. Realmente a Consellería de Sanidade, con esta ocorrencia, persegue dous obxectivos:

1.- Reducir custos ás empresas Concesionarias.

O modelo de financiamento e xestión privada do Novo Hospital a través dunha Unión Temporal de Empresas afines ao Partido Popular, constituíu un enorme fracaso dado que, ademais de multiplicar os custos, a creba de Bankia (dirixida por Rodrigo Rato), da Caixa de Aforros do Mediterráneo (en mans do ínclito Francisco Camps) e da construtora OCASA adxudicatarias da obra, paralizou durante anos o proxecto de construción e obrigou á Xunta a introducir recortes nos custos de construción para beneficiar ás empresas concesionarias (CONCESSIA) recortando de xeito brutal o proxecto arquitectónico, o equipamento e o plan funcional, que inclúe a supresión do Servizo de Laboratorio.

2.- Iniciar o proceso de privatización dos servizos de laboratorio dos hospitais públicos galegos:
Seguindo o exemplo da CCAA de Madrid a Consellería de Sanidade externalizou (privatizou) en marzo do 2014 o laboratorio Central de Galicia asignándoo ao laboratorio CERBA Internacional cuxo presidente é o propietario dos laboratorios Unilab do Fondo de Investimento multinacional CVC-Capio asociada á aseguradora privada norteamericana Centene (propietarios tamén do Laboratorio Central de Madrid, o que supón que unha parte importante dos laboratorios públicos do SNS pasarán a fondos de capital risco internacional). Este laboratorio privado ten asignada a realización de máis de 600 probas, que na súa inmensa maioría realizaban ata agora os laboratorios dos hospitais públicos, que como consecuencia van ser pechados progresivamente (como nos hospitais de Madrid) para trasladar a súa actividade ao macro laboratorio privado. Os hospitais públicos galegos quedaranse con microlaboratorios para atender as urxencias máis básicas.
CONSECUENCIAS DESTA MEDIDA

As probas de laboratorio esixen unha interacción continua e activa cos servizos clínicos para garantir unha boa atención aos pacientes. Separar fisicamente o laboratorio do resto do Hospital ameaza a calidade e seguridade dos enfermos hospitalizados, que en moitos casos precisan de decisións clínicas rápidas adoptadas en equipo por clínicos e analistas, sen estar sometidas aos riscos do trafico, ao estado das carretas ou a dispoñibilidade de medios de transporte. Esta distancia aumentará os custos da atención e favorecerá erros e atrasos na entrega de resultados, que poden poñer en risco a atención ou a vida dos pacientes. A fragmentación dos recursos impedirá, entre outras, a implantación das consultas de alta resolución, a continuidade dos transplantes de medula (os únicos que se fan ata agora en Vigo) e as actividades de investigación (xa recortadas ao suprimir os Módulos de Investigación e Docencia contemplados no proxecto inicial do Hospital).

Desde que en 2009 a Consellería de Sanidade de Madrid presidida por Juan José Güemes (que logo do seu cese pasou a traballar para o laboratorio Unilab) deixou en mans privadas as análises clínicas dos seis novos hospitais, sucedéronse graves incidencias (denunciadas por responsables e profesionais dos servizos) por atrasos na entrega de resultados, confusión e erros nas probas que non se correspondían coas que solicitaran os especialistas, ou que moitas análises tivesen que repetirse porque, logo de meses de espera, as probas xa non eran útiles (poñendo en risco a vida dos pacientes).

Este macro laboratorio privado marxinará aos profesionais dos laboratorios públicos (empezando polo CHUVI) ao apropiarse da parte máis innovadora dos mesmos, cuxa actividade quedará limitada á realización de probas rutineiras, marxinados das innovacións tecnolóxicas e condenados á obsolescencia. Isto suporá un novo paso na descapitalización, desmantelamento e privatización do sistema sanitario público galego. O peche dos laboratorios públicos ira acompañado do despedimento de parte dos seus traballadores, algúns poucos poderán quedarse no novo laboratorio e o resto serán recolocados en calquera dos centros do SERGAS. Todo isto explica o rexeitamento da medida polos traballadores, xefes de servizo dos laboratorios dos hospitais públicos de Galicia e da Sociedade Española de Enfermidades Infecciosas e Microbioloxía Clínica (SEIMC), que difundiu un comunicado cuestionando a decisión por razóns asistenciais porque, entre outras cousas, afasta o laboratorio de Microbioloxía do Hospital de referencia e a loxística para a recolleita e traslado das mostras micro biolóxicas afectará á calidade adecuada e ao mantemento da integridade e viabilidade das mesmas.

CONCLUSIÓNS:

A existencia dun laboratorio no Novo Hospital de Vigo constitúe un alicerce esencial do mesmo. O seu afastamento dos servizos clínicos, o seu fraccionamento e a prevista externalización dunha parte das probas ao laboratorio central privado, afectará á calidade e seguridade da atención dos pacientes, á eficiencia no uso dos recursos, aos dereitos dos profesionais e ao carácter estratéxico do centro.

A prevista extensión desta estratexia ao resto de hospitais públicos, coa externalización e concesión da realización das probas máis avanzadas a unha empresa privada (Unilab) xerará unha situación de monopolio privado que permitirá a esta impoñer condicións e prezos ao SERGAS contravindo as teóricas vantaxes do mercado e poñendo en risco a confidencialidade dos procesos asistenciais.

Por todo iso facemos un chamamento a cidadáns e profesionais de todos os hospitais, centros de Atención Primaria e áreas sanitarias de Galicia a mostrar o seu rexeitamento a esta medida que atenta contra a saúde e os dereitos sociais e profesionais.

Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública
669704177

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
8 de julho de 2014 15:22

http://www.plataformadspferrol.blogspot.com

____________

O LNG "Sonangol Benguela", cargado con miles de toneladas de GNL/LNG anuncia a súa entrada na Ría, para este Xoves 10 de Xullo - O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, desta vez no Porto de Ferrol

CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
 XOVES 10 DE XULLO, ÁS 8 DA TARDE (NOVO HORARIO)
NO PEIRAO DE CURUXEIRAS
FERROL VELLO (NOVO LUGAR)

O gaseiro LNG 'Sonangol Benguela', con bandeira de conveniencia das Bahamas, é un buque de grande porte, de 291m de eslora e 43,44m de manga e de calado 12m. Cunha capacidade, moi superior á permitida na normativa en vigor da Capitanía Marítima, de 160.500 m³ de GNL. Son miles as toneladas de GNL/LNG, para a ilegal e perigosa Reganosa. Este buque metaneiro ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Martes 17 de Xuño de 2014. Esta entrada, supon xa a 173, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora, o mesmo Xoves ás 8 da Tarde, en Ferrol, no Peirao de Curuxeiras, no Porto, barrio de Ferrol Vello.

Hai máis de dous anos (11 de maio de 2012) que se ditou a Sentenza polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel.


Tras a Sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a localización de Reganosa, temos que esixir o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PECHE XA!!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA  !!
---

VIII MARCHA A PÉ FERROL – MUGARDOS
Venres, 18 de Xullo 2014

Saída ás 17 hs Parque Carmelo Teixeiro, Caranza – Ferrol, e chegada ao Campo dos Carneiros en Mugardos.

MÓVETE contra a impunidade !
PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA !
PLANTA DE GAS: PECHE XÁ !

10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas?

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada polo:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
8 de julho de 2014 13:17
_______________

De fundo Reganosa: Hoxe un camión accidentado con gas natural licuado (LNG) corta unha estrada local de Lleida - Até pasadas máis de 12 horas, non se rematou de transpasar o gas a outra cisterna, mentras a estrada estivo cortada e desaloxado un perimetro de seguridade de centos de metros


Por todos os medios: radios, televisións, medios dixitais do xornais convencionais circulan novas como esta que publica o Departament d'Interior de la Generalitat :

Protección Civil mantén activada a alerta do Transcat polo camión envorcado en Navès (Solsonès)

A Dirección Xeral de Protección Civil da Generalitat (DGPC) mantén activada a fase de alerta do Plan especial de Emerrxencias no transporte de mercancías perigosas por estrada e ferrocarril en Cataluña (Transcat), polo camión que envorcou esta mañá na C462 km 18 do término municipal de Navès (Solsonès).

Un total de 12 dotaciones dos Bombeiros da Generalitat (9 vehículos lixeiros de mando e apoio e 3 camións) continúan no lugar onde se accidentou o camión que transportaba, segundo as últimas informacións, uns 19.300 Kg. de gas natural licuado (produto altamente inflamable).

Logo de establecer unha zona de seguridade e confirmar que a cisterna do camión non sufría ningunha fuga, os efectivos traballaron para deter a fuga de gasoil que proviña do depósito do vehículo. Unha vez controlada, recolléronse entre 200 e 300 litros de gasóleo en diferentes recipientes.

Posteriormente asegurouse a cabina para poder manipular con seguridade as billas da cisterna para liberar gas de forma controlada á atmosfera e así quitar presión antes de facer o trasvase. Doutra banda, e si é necesario, efectivos dos Bombeiros rozarán a zona de vegetación para facilitar o acceso e a localización dos guindastres que se desprazaron até o lugar.

No lugar xa chegou tamén a cisterna que ten que facer o trasvase do gas licuado. Estas tarefas, que se poden alargar durante unhas horas, serán levadas a cabo polos propios técnicos e responsables da empresa, baixo a supervisión e as manobras de protección dos efectivos dos Bombeiros da Generalitat.

Segundo informa o Servizo Catalán do Tráfico (SCT), a vía mantense aínda cortada en ambos sentidos e fanse desvíos pola LV-4241. O corpo de Mossos mantén ao lugar unha patrulla.

O Centro de Emerxencias de Cataluña (CECAT) contactou coa ACA para que faga a valoración da posíbel afectación ao medio acuático.
________________

xoves, xullo 03, 2014

Move-te contra a impunidade! - Convocada a 8ª Marcha a Pé Ferrol-Mugardos contra o despropósito gasista de Reganosa


O venres 18  de Xullo de 2014, terá lugar a 8ª Marcha a Pé de Ferrol a Mugardos, baixo lema 'Móvete contra a impunidade!'. A Marcha, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, ten prevista a súa saída desde o Parque Carmelo Teixeiro de Caranza, ás 5 da Tarde. Parara-se para avituallamento no Parque d'O Pote en Maniños. E rematará a Marcha, coa chegada ao Parque dos Carneiros en Mugardos. Participa !! contra o despropósito gasista de Reganosa, Planta de Gas Fora da Ría !!

Desde hai sete anos vimos marchando ano pos ano, desde que o fixeramos por primeira vez en Xullo de 2007, trataba-se de solizarizar-se coa veciñanza de Meá que comezara un peche na Casa do Concello de Mugardos, peche que durou 111 días. Na dura loita contra REGANOSA, o papel da veciñanza de Meá, perante estes 15 anos foi e segue sendo moi importante, mais estes 111 días de peche, foron enriquecedores para o movimento social e cidadán opositor a REGANOSA e ao seu despropósito gasístico no corazón da nosa Ría: a Planta de Gas. Podes-se ver a crónica destes 111 días, no blogue: "Rompendo muros de silencio".

REGANOSA: MAFIA, FRAUDE E CORRUPCIÓN

Sabías que a planta de REGANOSA é absolutamente innecesaria para o sistema gasista e que aporta tan só o 1 % do total do gas que chega ao estado español?

Sabías que REGANOSA só traballa ao 16% da súa capacidade por falta de clientes e que nos costa a todas e todos  os consumidores perto de 60 millóns de euros/ano?

Sabías que antes da entrada en funcionamento da planta de REGANOSA, Galicia xa estaba conectada a outras plantas por gaseoductos que agora se manteñen pechados?

Sabías que REGANOSA non ten Declaración de Impacto Ambiental a pesar de verter, no proceso de regasificación, na Ría de Ferrol máis de 300.000 Tons/día de auga contaminada con altas doses de hipoclorito sódico?

Sabías que o Tribunal Supremo sentenciou que a Planta de REGANOSA é ilegal ao anular a modificación do Plan de Ordenación pola que se lle outorgou a autorización?

Sabías que REGANOSA cobra a mesma cantidade de diñeiro independentemente do gas que sirva ao sistema gasista?

Sabías que o negocio de REGANOSA consiste en cobrar retribucións polo diñeiro que investiron na planta?

Sabías que os 400 millóns de euros que leva cobrados REGANOSA obedece a un proceso continuado de corrupción política e económica tras incrementar fraudulentamente as inversión realizadas?

Sabías que realizaron o fraude vendéndolle a REGANOSA,  os mesmos socios a prezos altísimos, os terreos onde se instalou a planta, e incluso transmitíndolle  ilegalmente por 25 millóns de euros unha concesión portuaria?

Sabías que no consello de administración está Jose Luis Méndez, expresidente de Caixa Galicia que a levou ao crack e da que arramplou 15 millóns de euros?

Sabías que un dos socios de REGANOSA é a compañía Gas Natural Fenosa que decidiu construir os gaseiros en Corea do Sur e Xapón e ten intervidas en Italia varias empresas por colaboración coa Mafia?

Sabías que a capacidade de almacenamento de gas natural licuado que ten Reganosa é equivalente a 12 millóns de bombonas de butano e que ten unha equivalencia enerxética a 120 bombas atómicas similares as de Hiroshima?

Sabías que o sector gasista do gas licuado (GNL) está tan mal en España que o mes pasado tivo que vender case a totalidade do gas que se importou?

Sabías que os promotores de Reganosa incumpren as condicións que levaron para a aprobación da planta, ao non construír as industrias químicas que ían absorber unha parte do gas licuado (GNL), e a administración de gas ás térmicas de Ciclo Combinado está paralizada?

Sabías que as plantas térmicas de ciclo combinado existentes en España están practicamente paradas debido ao elevado prezo do gas natural licuado (GNL), xerando o que se lle chama a "burbulla enerxética"?

Sabías que no caso de accidente dun camión cisterna de 25 Tons de gas establécese un perímetro de seguridade de 600 m?

Sabías que a Xunta ten aprobado temerariamente un Plan de Emerxencia Exterior para a planta de gas e o complexo petroquímico ”Forestal del Atlántico”, establecendo unha zona de alerta de 213 m a partires dos tanques, cando a planta de Bilbao, establece unha distancia de 3.049 m?

---

Tras a Sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a localización de Reganosa, temos que esixir o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PECHE XA!!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA  !!

10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas?

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

__________________