luns, decembro 07, 2015

Volve o Festival Treme a Terra, este sábado 12 de Decembro en Pontedeume - Seráns en Lila


XVI Festival Treme a Terra

Volve o Treme a Terra!!!

Despois duns anos de silencio, este ano volveremos a disfrutar do Festival Treme a Terra.

Como sabedes, este festival tivera que se deixar realizar polo boicot institucional ao que se viu sometido por parte do goberno do PP. Non sen dificultades, e cun formato diferente, este ano queremos poñer un primeiro chanzo a recuperación deste histórico festival que este ano cumpre a súa XVI edición.

Debido á precariedade económica non imos poder facelo no exterior, polo que teremos que gozar das artistas nun espazo pechado. Finalmente o recinto escollido foi a Sala Coliseo.

Esta edición quixemos facela en chave feminina e feminista.

Comezaremos coa presentación do proxecto Fiadeiras e do seu traballo Machismos: de micro nada. Será ás 19:30  na mesma sala.

Despois da presentación e ao redor das 21:00 comezaremos coa música. Tócalle abrir a Sofía Espiñeira, cantautora mugardesa que gañou o II Concurso de canción de autor en galego do concello de Teo.

A continuación subirán ao escenario Uxía e Narf que estarán acompañados de Luiz Caracol.

Pecharemos o concerto coa enerxía de The Tetas´Van.

Agardámosvos no Coliseo o próximo sábado 12 de decembro!!!


Blog: http://colectivo-terra.blogspot.com.es/

Facebook: https://www.facebook.com/colectivo.terrapontedeume
Twitter: https://twitter.com/colectivo_terra
Correo-e: colectivoterra@gmail.com
Local Social do Colectivo Terra
Boa Vista 8 Baixo. Pontedeume. GZ


Enviado por:
Colectivo Terra
-colectivoterra@gmail.com-
7 de dezembro de 2015 09:07
______________

Exposicións 10 anos de Rádio FilispiM - Sá exposicións Ateneo Ferrolán, a partir do 10 de decembro de 2015


Exposicións 10 anos de Rádio FilispiM (Sá exposicións Ateneo, a partir do 10 de decembro de 2015)

O Colectivo Opaii! continúa cos actos de celebración do 10º aniversario das emisións de Rádio FilispiM, libre e comunitaria que emite dende Ferrol.

Este xoves 10 de decembro, na sá de exposicións do Ateneo Ferrolán (R/Madalena, 202), inauguración da "Exposición 10 anos nas ondas de Rádio FilispiM".

Estades convidad@s.

Anexamos info e audio promo do evento "filispiniano".

Rádio FilispiM; 10 anos, compartindo.





OPAII-Rádio FilispiM [93.9 FM]
A rádio livre e comunitária da Comarca de Trasancos emitindo desde Ferrol.
E-mail: filispina@gmail.com

Direcçom Postal: 
Avda. Castelao S/N [Traseira do Mercado de Caranza], CP. 15406 Ferrol [A Corunha]



Enviado por:
Rádio FilispiM 93.9FM
-filispina@gmail.com-
4 de dezembro de 2015 20:17
____________

Debate sobre Reganosa no Parlamento de Galicia - Posicionamentos de AGE, BNG, PP e PSOE


O pasado mércores, 2 de Decembo, o Grupo Parlamentar de AGE presentou no Parlamento de Galicia unha iniciativa para o peche da Planta de Gas de Reganosa que foi rexeitada cos votos en contra do Partido Popular e coa abstención de PSOE e BNG avogaron polo traslado da Planta ao Porto Exterior de Ferrol.

Nota de prensa de AGE.

O PP avala o risco para milleiros de persoas ao rexeitar o peche de Reganosa. | A viceportavoz de Alternativa Galega de Esquerda Yolanda Díaz considera a planta de gas unha mostra “de corrupción político empresarial propia dun modelo que remata”.

O Partido Popular avalou co seu voto esta mañá no pleno do Parlamento o risco que corren milleiros de persoas expostas á regasificadora Reganosa, na ría de Ferrol. “Non é un proxecto estratéxico e ademais é deficitario”, argumentou a viceportavoz de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) Yolanda Díaz, que lembrou que, entre xaneiro e marzo deste ano, a factoría estivo por debaixo dos seus mínimos durante 36 días. “É unha mostra máis da corrupción político empresarial dun modelo que remata”, engadiu.

Díaz fixo un repaso pola historia da planta de gas, á que se opón con forza a veciñanza da zona, e recordou como todo partiu dun convenio da Xunta de Fraga Iribarne, coas caixas de aforro, co grupo Tojeiro e con Fenosa. “O PP afirmaba que se ían crear milleiros de postos de traballo, e o que temos son riscos letais para a veciñanza do lugar”, explicou, “só porque o queren manter un negocio baseado na burbulla gasística”.

Nesta situación, e con numerosas sentencias que sinalan a vulneración de distancias mínimas –e que afectan, dixo Yolanda Díaz, a núcleos de poboación ou ao arsenal militar de Ferrol-, a proposición non de lei –pnl, no documento anexo- de Alternativa Galega de Esquerda esixía un posicionamento parlamentario para reclamar da Xunta a “denuncia do convenio de colaboración asinado en xullo de 2000” e mais o inicio “das xestións oportunas para desmantelar Reganosa”. A iniciativa apóiase nas reivindicacións do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, que agrupa a máis de 60 entidades.

O PP opúxose e os demais grupos da oposición optaron por se abster.

Alternativa Galega de Esquerda quedou soa na defensa da seguridade e medio ambiente na ría de Ferrol.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2015.-


Moción de AGE: Acceder/Baixar.

Como se informa da nova no xornal "El País": Ir á web.

Enviado por:
comitecidadan
-comitecidadan@gmail.com-
4 de dezembro de 2015 17:32
4 de dezembro de 2015 16:56

______________

venres, decembro 04, 2015

Desde a Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME) valoran positivamente os últimos acordos do Parlamento Galego en materia de atención á infancia ao tempo que sinalan eivas que aínda non foron subsanadas


ASOCIACIÓN GALEGA CONTRA O MALTRATO A MENORES (AGAMME) VALORA POSITIVAMENTE O ACORDO ADOPTADO POLO PARLAMENTO GALEGO EN MATERIA DE ATENCIÓN Á INFANCIA MALTRATADA AO TEMPO QUE SINALA RETOS PENDENTES


O pasado martes 1 de decembro  o conxunto dos grupos parlamentarios galegos adoptaron un acordo respecto das medidas que a Xunta de Galicia deberá levar a cabo para cubrir as amplas lagoas existentes a día de hoxe na atención ás vítimas menores de idade por parte da administración.

O texto, que AGAMME espera sexa o punto de partida dunha nova perspectiva por parte do goberno galego na organización dos servizos destinados a atender a nenos, nenas e adolescentes vítimas, inclúe os seguintes puntos:

Considerar dentro do actual sistema de protección á infancia a todas as vítimas menores de idade aínda que non se atopen en situación de desamparo.

Garantir que todos os nenos, nenas e adolescentes teñan a consideración de vítimas de violencia machista cando as súas nais o sexan.

Aprobar un protocolo de coordinación interinstitucional de obrigado cumprimento, en colaboración coas demais administracións, que deberá garantir o carácter científico de todas as medidas e actuacións, priorizar o interese superior da persoa menor de idade, asegurar a especialización dos e das profesionais que interveñen na atención a vítimas menores de idade, garantir a coordinación multisectorial, asegurar que os servizos de atención á infancia maltratada sexan públicos.

Impulsar a creación dunha quenda de oficio de avogacía especializada en atención ao maltrato infantil.
Promover a investigación e o debate científico nas universidades galegas en materia de maltrato infantil (etioloxía, estatística, socioloxía, criminalística, avaliación, tratamento, repercusións na saúde,…)

Demandar ao Goberno do Estado que garanta que todos os nenos, nenas e adolescentes teñan a consideración de vítimas de violencia machista cando as súas nais o sexan.

A próxima lexislatura pode ser, polo tanto, crucial para que o acordo se cumpra de maneira plena, o cal implicará esforzos orzamentarios e organizativos importantes.

Porén, e a pesar do balance positivo, quedan no tinteiro algunhas cuestións sobre as que non podemos deixar de chamar a atención.

Un dos grandes problemas que deben enfrentar os nenos, nenas e adolescentes na actualidade é a obstaculización do seu acceso á xustiza  debido a clixés que actúan de maneira pexorativa sobre a súa credibilidade. A asociación constata, tanto a través do seu traballo diario como na colaboración con outras entidades, a pervivencia de métodos non científicos na avaliación do testemuño de vítimas menores de idade e na toma de decisións polos órganos xurisdicionais. É o que se coñece como síndrome de alienación parental, “a única enfermidade mental -ironiza unha coñecida experta na materia- que se dá únicamente no ámbito xudicial e que se cura por orde dun xuíz”. Segundo os seus ideólogos, a suposta síndrome só atopa a súa cura a través da terapia da ameaza, para cuxa materialización os nenos e as nenas deberán ser sometidos a coaccións e ameazas reiteradas, moitas das cales se cumpren, a través de terapeutas, xuices e forzas da orde. O obxectivo de todo este aparato é lograr que desapareza o rexeitamento do neno, nena ou adolescente cara a persoa a quen acusa de terlle causado o maltrato. A pesares do intento dalgúns dos grupos da oposición, este punto non puido ser aprobado no pleno do Parlamento Galego.

O outro asunto crucial que o pleno tampouco chegou a consensuar é o que atinxe á necesidade de remodelar os equipos de avaliación forense e os equipos psicosociais, pois na actualidade non existen na administración galega equipos específicos de atención a nenos, nenas e adolescentes vítimas. Como ben é sabido, na xustiza a constitución da proba é un asunto fundamental. O testemuño infantil só é posible recollelo e avalialo se se posúe formación, estratexias e experiencia na materia, e así o manifesta Nacións Unidas a través da súa Observación Xeral nº 12 do Comité de Dereitos do Neno e da Nena. É polo tanto unha carencia imperdoable que está a supoñer que unha boa parte dos delitos cometidos contra menores de idade e cuxa única proba posible é o testemuño do propio neno ou nena están a quedar sen posibilidade de enxuizamento.

Por outra banda, AGAMME vén reclamando á administración que os equipos están dotados de maneira insuficiente, o cal se traduce en tempos de espera prolongados durante os cales as vítimas menores de idade adoitan permanecer sen medida de protección. Ademais, o paso do tempo dificulta ás vítimas a recuperación de detalles contextuais concretos que logo lles son exixidos para dar por bo o seu relato. É dicir, que se remata por achacar á vítima o defecto que o propio sistema fabricou.

Están en xogo dereitos fundamentais, tales como o dereito a tutela xudicial efectiva, o dereito a non recibir trato denigrante ou o dereito dos nenos, nenas e adolescentes a seren escoitadas. Polo tanto, este é só un paso. É preciso un traballo de fondo que teña como obxectivo unha xustiza cualificada neste eido e unha administración sensible cara ás necesidades das vítimas menores de idade. É o primeiro paso cara un cambio de paradigma na consideración das persoas menores de idade como suxeitos de dereitos por parte da sociedade no seu conxunto e especialmente naqueles sectores que teñen responsabilidades na toma de decisións respecto da vida dos nenos, nenas e adolescentes do noso país.

--
http://www.agamme.org/

https://www.facebook.com/Agamme.org


 

Enviado por:
Agamme
-agammeferrol@gmail.com-
4 de dezembro de 2015 10:47

_______________

Conferencia impartida por José Manuel Yáñez Rodríguez baixo o título xenérico de: "Caaveiro e as Fragas a través dá mirada de dous ferroláns: Genaro Pérez Villamil e Francisco Solines"





Conferencia impartida por José Manuel Yáñez Rodríguez baixo o título xenérico de: "Caaveiro e as Fragas a través dá mirada de dous ferroláns: Genaro Pérez Villamil e Francisco Solines".

Venres día 4 de decembro ás 20 h.
no salón de actos do Ateneo Ferrolán
Entrada libre.

Organiza: Club de Prensa de Ferrol

José Manuel Yáñez realizou a súa teses de doutoramento sobre San Juan de Caaveiro: un mosteiro entre a natureza e podemos asegurar que a posterior publicación desa teses é un libro de referencia para todos aqueles que desexen saber máis sobre a creación deste emblemático mosteiro e todo ou que representa. Vémonos no Ateneo!
--
Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.:  +34 981 357 970 Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | FERROL (A Coruña)

BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/

Faite soci@! Colabora con nos!

Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar-Cajarural Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
3 de dezembro de 2015 19:44
___________

O Comité Cidadán de Emerxencia para a ría de Ferrol de novo no Parlamento Europeo, para denunciar os perigos e ilegalidades da Planta de Gas de Reganosa


A Delegación do CCE no Parlamento Europeo


Unha delegación do Comité Cidadán de Emerxencia, integrado nun Colectivo convidado por Lidia Senra, Eurodeputada de AGE visitou o Parlamento Europeo en Bruxelas, para denunciar de novo ante a Comisión Europea os perigos e ilegalidades da Planta de Gas de Reganosa e o desleixo das Administracións nas rías e ríos de Galicia.

Valorouse a posibilidade de levar adiante accións conxuntas a nivel nacional, e AGEe rexistrará preguntas ao respeito dos distintos casos

O Comité de Emerxencia da Ría de Ferrol, -plataforma que agrupa a máis de medio centenar de entidades galegas e que naceu para denunciar a problemática derivada da localización da planta de gas de Reganosa en Punta Promontorio (Mugardos), no interior da ría de Ferrol-, leva anos organizando accións de protesta contra a entrada de gaseiros na ría e desde o inicio esixiu que Reganosa non se instalase na ría ferrolá debido aos riscos que supón para a zona e que afectan tanto á veciñanza como á actividade marisqueira, ademais, acúsana de estar empregando "un sistema de regasificación de xeito fraudulento".

Durante a súa exposición diante da DX de Medioambiente salientaron tamén outras fontes de contaminación que está a padecer a ría, como por exemplo á "canalización dos verquidos urbanos e industriais dos cinco concellos da ribeira, cunha poboación conxunta en torno aos 140.0000 habitantes -que acadan unhas 100.000 Tons/día sen ningún tipo de depuración previa-, pero tamén as pontes do Ferrocarril e As Pías, que actúan a modo de barreiras, impedindo a circulación das fortes correntes e provocando a acumulación dos lodos cun metro de espesor nalgunhas zonas". Lembraron tamén o procedemento de instalación na ría da empresa "Forestal del Atlántico", que "realizou uns enormes recheos de máis de 120.000 m² no interior da Ría de Ferrol". O desmedido crecemento que se produciu neste complexo industrial entre as anos 1990 e o ano 2004, relataron, "realízouse coa conivencia e o apoio interesado da Administración presidida por Fraga Iribarne, dándose o caso de que conselleiros como José Antonio Orza Fernández integraron o Consello de Administración de 'Forestal del Atlántico' ata o seu nomeamento como Conselleiro, e con posterioridade e durante toda a súa etapa de goberno, seguiu como socio desta empresa".

Os efectos perniciosos dos recheos, dos verquidos químicos de Forestal e agora do sistema de regasificación, "non só afectan directamente aos bancos marisqueiros de Sta. Lucia, A Barca e Noville", quixeron deixar claro, "senón ao conxunto dun ecosistema como o da Ría de Ferrol".

ÁLBUM FOTOGRÁFICO

Ler o documento completo remitido por AGE-e: Acceder/Baixar.
--
Visita a nosa web:  www.comitecidadan.org
Tamén en Twitter :  @ComitCEmerxenc

Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

Enviado por:
comitecidadan
-comitecidadan@gmail.com-
3 de dezembro de 2015 18:32

_____________

xoves, decembro 03, 2015

Segundo os últimos datos estatístico, o desemprego se reduce no conxunto do Estado, mais na Galiza aumenta considerabelmente e especialmente en Ferrolterra, Eume e Ortegal, que aumenta máis do dobre que a media galega


O paro sobe en Galicia, baixa no conxunto de España. | Galicia rexistra 3.066 desempregados máis e é a segunda autonomía onde máis sobe o paro, que se reduce no conxunto do Estado.


Galicia é a segunda comunidade do Estado onde máis medrou o paro no mes de novembro, só superada por Baleares. En total, 3.066 persoas máis anotáronse nas oficinas de emprego galegas, o que eleva o total de desempregados en Galicia a 225.158, dos cales o 51 por cento non cobra prestación algunha. A suba representa un 1,38 por cento máis na taxa de paro, que contrasta co descenso de 27.071 desempregados no conxunto do Estado.

O desemprego reduciuse en novembro en dez comunidades, principalmente en Andalucía (-17.900 parados), Comunitat Valenciana (-9.807) e Madrid (-4.678). Pola contra, subiu en sete autonomías, encabezadas por Baleares (+9.843 parados) e Galicia (+3.066).
Paro por sectores

O desemprego aumenta en todos os sectores da ecconomía, con maior incidencia no sector servizos (+1.747). A continuación sitúase, aínda que con diferenza, a construción (+426), seguida pola agricultura e a pesca (+392), a industria (+251) e o colectivo sen emprego anterior (+250).

Por provincias, o desemprego subiu en todas elas, agás en Pontevedra, onde diminuíu en termos absolutos 241 persoas, un 0,27 por cento menos que no mes anterior. Na Coruña aumentou en 1.674 persoas, seguida de Ourense con 849 persoas máis e de Lugo con 784.

Na evolución interanual –de novembro a novembro-, Galicia rexistra 23.474 desempregados menos que hai un ano, o que representa unha baixada do 9,44 por cento.

Temporalidade

Segundo os datos do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, os contratos que se asinan en Galicia baixaron en preto de 10.000 en novembro, un 13 por cento menos que en outubro. En total, asináronse 68.070 contratos dos cales, 62.791 foron temporais, o 92,2% do total. Só 5.279 foron indefinidos, o 7,8 por cento.

Fonte: Galicia Confidencial | Santiago | 03/12/2015 | Actualizada ás 12:55

GC está baixo licenza Creative Commons Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 4.0.
---

Aumenta o desemprego en 17 dos 20 concellos de Ferrolterra, Eume e Ortegal, máis do dobre que a media galega

O desemprego creceu en novembro por terceiro mes consecutivo en Ferrolterra. A peor parte leváron-na as comarcas do Eume e Ortegal, onde o paro aumentou nun 3,2 por cento (+1.778 parados) e un 3 por cento (+815) respectivamente, máis do dobre que a media galega, que se situou nun 1,38 por cento.

Deste xeito, as tres comarcas mantéñense uns niveis de ocupación baixos e non logran crecer en emprego, nun mes que foi bo para España, pero non para a comunidade.

Na comarca de Ferrol tamén aumentou o paro, aínda que en menor medida, nacontorna do 2 por cento. O número de desempregad@s pasou de 13.999 a 14.287, é dicir, que hai 288 novos demandantes de emprego. Ares (6,4%), Mugardos (7,7%) e Valdoviño (5,9%) son os municipios máis afectados na comarca de Ferrol. Por contra, a urbe naval sufriu unha das menores subidas dos 20 concellos das tres comarcas, case un 1 por cento, que se traduce en 66 persoas máis sen traballo.

Os concellos que menos notaron este incremento de desempregad@s foron Cerdido e Monfero, que engrosaron as listas do paro nunha soa persoa, e Cabanas e A Capela, que manteñen os mesmos datos que en outubro. Cariño é o único municipio de Ferroltera que logrou descender o número de parados, concretamente en 7 persoas.

Comparando as cifras interanuais, en novembro do 2014 Ferrol tiña 7.462 inscritos no INEM e no mesmo mes do 2015 a cifra baixou ata os 6.742. Isto supón 720 persoas menos demandando emprego na cidade, é dicir, un descenso do 9,65%. Estes mesmos datos extrapolados a toda a comarca de Ferrol arroxan un descenso do 10 por cento, pasando de 15.892 inscritos a 14.287.

Na comarca do Eume o descenso interanual é similar, dun 10,5 por cento, con 210 desempleados menos. Pola súa banda, a comarca de Ortegal experimentou un menor descenso, do 8,11%.

Sectores.

O sector primario "agricultura e pesca" foi o menos afectado nas tres comarcas. Entre os 20 municipios destruíronse tres postos de traballo respecto ao pasado mes de outubro. Tanto é así, que no municipio de Ferrol a cifra de desempregad@s neste sector descendeu en sete personas no pasado mes.
Con todo, o sector da construción nas comarcas si aumentou lixeiramente. Os 2.072 desocupad@s do mes pasado pasan agora a ser 2.154, 82 persoas máis, contorna ao 4 por cento. Pero o sector máis castigado pola destrución de emprego foi o industrial. Aquí son 97 os novos demandantes de emprego, case un 5% máis que en outubro, deixando unha cifra total de 2.027.

Fonte: Diario de Ferrol | | Actualizado 3 Diciembre 2015 - 01:00 h.
---
Foto: Acción das Marchas da Dignidade de Ferrolterra. por un Plan de Choque contra o Paro.
_____________________________

Aprobados por unha moi ampla maioría, o Programa Electoral e o Código Ético de "Nós - Candidatura Galega" - Programa, Trinta Medidas, Código Ético e Candidaturas


Aprobados por unha moi ampla maioría, o Programa Electoral e o Código Ético de Nós - Candidatura Galega


Foron aprobados por unha moi ampla maioría, o Programa Electoral e o Código Ético de Nós - Candidatura Galega. Xunto ás candidaturas, "con este programa e este código ético colaborativos, feitos a man, entre todas e todos, non podemos ficar nos gústames, no rechíos ou na visión dos vídeos xa virais" din desde a candidatura galega.

Un chamamento ao apoio e ao compromiso, manifestando "Saiamos fóra, fagámonos voluntarias, poñamos o noso grao de area, a nosa forza, o noso sonriso, a nosa ilusión, a nosa enerxía no proxecto de todas as que queremos exercer de galegas, sermos galegos non só de nacemento, de dereito, senón de lei, de compromiso".

Lanzan tres formulacións, para activar as bases da esquerda nacionalista e ao activismo galego, para que colaboren na candidatura de base cidadá:
"NÓS CANDIDATURA GALEGA non pedirá un só crédito bancario, mais precisa das achegas de todas nós. Aquí está o peto das nosas achegas: http://noscandidaturagalega.gal/achega-economica/.

NÓS CANDIDATURA GALEGA precisa de todas as mans para que o 'feito coas nosas mans' sexa o máis colectivo e plural posíbel. Aquí podes apuntarte para ser unha máis: http://noscandidaturagalega.gal/faite-voluntari/.

SEXAMOS REDEIRAS DUN MUNDO MELLOR. Nas rúas e nas redes; precisámonos activas. Botemos a man ao móbil, ao rato ou ao que faga falta para que Galiza sexa viral. Fagamos campaña na rede: http://noscandidaturagalega.gal/fai-campana/
".
Rematan o seu chamamento cun "Grazas a todas e todos polo traballo en común feito en todo o camiño que levamos feito xuntas. Desde o Día da Patria aos maiores procesos de participación política dunha candidatura de base nacional, plural, aberta; pasando polo Banquete de Conxo e a creación da Iniciativa Pola Unión. Fixemos moito, mais podemos facer aínda moito máis".

"Agora é o treito final do camiño. Catro semanas nas que todo depende de Nós. De NÓS CANDIDATURA GALEGA".

Candidaturas: Congreso | Senado.

Programa Electotral: Acceder/Baixar | Ir a Web.

Trinta Medidas para unha Galiza con futuro: Acceder/Baixar | Ir á Web.

Código Ético: Ir á Web.

Resultado das votacións on line do programa electoral e o código ético de Nós - Candidatura Galega | Acceder .

Pode-se seguir a información sobre Nós - Candidatura Galega que de aquí até a celebración das Eleccións Xerais do 20D se publique, na súa web así como nas redes sociais:

WEB  |  TWITTER  |  FACEBOOK  | YOUTUBE

Información baseada na enviada por:
Iniciativa Pola Unión
-primarias@polaunion.gal-
28 de novembro de 2015 19:04

__________

Colectivos denuncian diante da Comisión Europea o desleixo das Administracións nas rías e ríos da Galiza - Fotos


Colectivos denuncian diante da Comisión Europea o desleixo das Administracións nas rías e ríos da Galiza. | A falta de control das Administracións, a contaminación verquida por empresas ou a lentitude da Xustiza, algúns dos principais problemas. | Valorouse a posibilidade de levar adiante accións conxuntas a nivel nacional e AGEe rexistrará preguntas ao respeito dos distintos casos.


Integrantes do Comité Cidadán de Emerxencia para Ría de Ferrol, a Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra, a Plataforma de Defensa do Río Baa, SOS Río Miño, Agrupación de Mariscadoras a Pé da Confraría de Pescadores de San Telmo de Pontevedra, Plataforma Sarriana polo Río, Plataforma de Cospeito, Asociación pola Defensa do Parque Rosalía de Lugo, Asociación Xentes de Mar Viva, Comunidade de Montes en Man Común de Lourizán, Umia Vivo, Asociación polo Saneamento da Ría de Pontevedra, Cooperativa Arpermar, Plataforma pola Defensa dos Camiños, Plataforma Praceres e representantes do sector acuícola de Burela e artes menores de Narón, expuxeron hoxe no Parlamento Europeo (Bruxelas) as súas experiencias de loita e denuncia da contaminación das rías e ríos galegos.

De 9.30 a 12.00hrs. as 18 persoas integrantes desta delegación galega mantiveron unha xuntanza ca eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, na que procederon a realizar unha primeira posta en común das problemáticas derivadas da contaminación das rías e ríos galegos, "unha cuestión de importante impacto para o noso País, tanto a nivel medioambiental como social e produtivo", valora a eurodeputada galega, "unha información que para AGEe é moi importante coñecer de primeira man de cara a poder levar esta problemática ao Parlamento Europeo, por exemplo a través de preguntas parlamentarias".

Senra salientou tamén "a importancia de ter compartido esta información entre todas as organizacións e crear sinerxias de unidade", e destacou como especialmente interesante que ao longo da primera xuntanza "se valorara a posibilidade de realizar iniciativas conxuntas a nivel galego contra as agresións ao medioambiente".

A primeira hora da tarde, os representantes dos distintos colectivos trasladáronlle a Jose Manuel Servert, pertencente á Dirección Xeral de Medioambiente da CE na unidade adicada ao seguimento de infraccións e cuestións xurídicas, as reivindicacións principais de cada unha das organizacións.

O Comité Cidadán de Emerxencia para Ría de Ferrol, -plataforma que agrupa a máis de medio centenar de entidades galegas e que naceu para denunciar a problemática derivada da localización da planta de gas de Reganosa en Punta Promontorio (Mugardos), no interior da ría de Ferrol-, leva anos organizando accións de protesta contra a entrada de gaseiros na ría e desde o inicio esixiu que Reganosa non se instalase na ría ferrolá debido aos riscos que supón para a zona e que afectan tanto á veciñanza como á actividade marisqueira, ademais, acúsana de estar empregando "un sistema de regasificación de xeito fraudulento".

Durante a súa exposición diante da DX de Medioambiente salientaron tamén outras fontes de contaminación que está a padecer a ría, como por exemplo á "canalización dos verquidos urbanos e industriais dos cinco concellos da ribeira, cunha poboación conxunta en torno aos 140.0000 habitantes -que acadan unhas 100.000 Tons/día sen ningún tipo de depuración previa-, pero tamén as pontes do Ferrocarril e As Pías, que actúan a modo de barreiras, impedindo a circulación das fortes correntes e provocando a acumulación dos lodos cun metro de espesor nalgunhas zonas". Lembraron tamén o procedemento de instalación na ría da empresa 'Forestal del Atlántico', que "realizou uns enormes recheos de máis de 120.000 m² no interior da Ría de Ferrol". O desmedido crecemento que se produciu neste complexo industrial entre as anos 1990 e o ano 2004, relataron, "realízouse coa conivencia e o apoio interesado da Administración presidida por Fraga Iribarne, dándose o caso de que conselleiros como José Antonio Orza Fernández integraron o Consello de Administración de 'Forestal del Atlántico' ata o seu nomeamento como Conselleiro, e con posterioridade e durante toda a súa etapa de goberno, seguiu como socio desta empresa".

Os efectos perniciosos dos recheos, dos verquidos químicos de Forestal e agora do sistema de regasificación, "non só afectan directamente aos bancos marisqueiros de Sta. Lucia, A Barca e Noville", quixeron deixar claro, "senón ao conxunto dun ecosistema como o da Ría de Ferrol".

A Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) naceu a finais de 1987 como resposta ecoloxista diante da grave situación de deterioro ambiental que sofre o medio natural desa zona. A loita pola recuperación dos espazos naturais non degradados e pola desaparición dos principais focos contaminantes da ría de Pontevedra, a fábrica de taboleiros TAFISA na beira do Lérez –hoxe trasladada- e o complexo CELULOSAS-ELNOSA en Lourizán, sempre foron as súas principais loitas. Hoxe en día teñen activas diferentes campañas en defensa dos bancos marisqueiros, dos montes, contra os recheos do Porto de Marín ou pola recuperación do entorno da Barosa, por exemplo.

Durante o seu encontro ca DX de Medio ambiente reivindicaron a necesidade de eliminar o principal foco de contaminación da ría, é dicir, "o complexo ENCE-Elnosa, que o goberno do PP pretende consolidar no seu actual emprazamento en Lourizán mais aló do 2018, ano no que vence a actual concesión administrativa". Dende a APDR subliñaron que "se queremos acadar o saneamento e recuperación da Ría de Pontevedra para a explotación racional dos recursos naturais e a creación de postos de traballo, o camiño é a eliminación definitiva dos verquidos de ENCE e a depuración eficaz das augas de verquido domésticas". Aliás, reiteraron a importancia de tomar medidas reais e contundentes contra a contaminación, debotando a aplicación de medidas que unicamente funcionan como "parches", e que "levan inevitablemente ao deterioro total da ría e á perda definitiva da calidade de vida da veciñanza".

A Plataforma de Defensa do Río Baa está integrada pola Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), as asociacións ecoloxistas Adega e Verdegaia e a Plataforma de Defensa dos Camiños e a de Afectados polo Polígono Industrial de Vilar do Colo. Levan tempo denunciando que a auga do río que comparten os concellos de Fene e Cabanas está contaminada por culpa dos refugallos altamente tóxicos depositados ilegalmente no monte dos Cocidos, na Parroquia de Laraxe. AGE ten presentado iniciativas no Parlamento galego a este respecto, atopándose sempre co voto en contra do PP.

Ao representante da Comisión Europea exemplificáronlle a situación con datos concretos, tales como a desecación realizada no río nun tramo de máis dun quilómetro, a alteración da capa freática pola construción da autovía a Lavandeira, o aumento de vertedoiros incontrolados en Cabanas e Fene, a tala indiscriminada de vexetación e a acumulación de residuos asfálticos contaminantes. "A día de hoxe residuos procedentes de Holanda seguen depositados nun terreo forestal de Cabanas", ilustraron. As asociacións integrantes da Plataforma esixen o inmediato subsanamento destas agresións ao río Baa e que se proceda "á recuperación integral dun espazo de extraordinario valor patrimonial".

A plataforma SOS Río Miño leva tempo denunciando os moitos ataques que recibe de forma continuada o Miño, dende verquidos incontrolados procedentes das actividades industriais e gandeiras, sistemas de depuracións de vilas e cidades pouco eficientes, talas incontroladas de árbores de ribeira, abandono sistemático de muíños e caneiros, destrución do ecosistema, desaparicións de especies animais e vexetais…

Puxeron en coñecemento da DX de Medioambiente que "as Administracións están a consentir actuacións e obras que danan seriamente o río", como son, ultimamente, as da Fábrica da Luz, polo que "un dos maiores agresores ao ecosistema das concas fluviais sona as propias administracións, en particular a Confederación Hidrográfica do Miño Sil, xa que adoitan ser estes axentes públicos os causantes activos, ou por omisión, das agresións sufridas polos ríos galegos".

Para este colectivo, "un dos problemas máis importantes que sofren os ríos galegos, ignorado polas administracións e descoñecido pola sociedade, é o da calidade da auga". E un dos principais factores que causan esta situación, "a contaminación por nitratos procedentes sobre todo da actividade gandeira e industrial".

Desde que a finais de 1995 se fai público por parte da Xunta de Galiza o proxecto para construír o Encoro do Umia alegando a súa necesidade de urxencia para abastecer de auga a Comarca do Salnés e evitar as enchentes do río Umia ao seu paso por Caldas, a oposición da veciñanza foi continua e canalizada por Umia Vivo, plataforma que leva moitos anos denunciando o perxudicial da explotación hidroeléctrica do río a costa da degradación da zona. Continúan a esixir a demolición do encoro, que non evita as inundacións que se utilizaron como escusa.

A Plataforma Umia Vivo deu conta da afección sobre o río derivada da construcción do encoro, que entrou en funcionamento no ano 2001, "adicado á produción lucrativa de enerxía eléctrica por unha empresa privada e tampouco resolveu o problema das periódicas inundacións da vila de Caldas de Reis polos desbordamentos do río". Dende entón "a saúde do río vese cuestionada e agravada pola xestión privada do encoro pola empresa concesionaria do aproveitamento hidroeléctrico, incumprindo os caudais ecolóxicos mínimos coa conseguinte degradación dos ecosistemas do río". A este problema "engádense as obras ilegais ou autorizadas no tramo do río Umia situado augas abaixo do encoro, provocando inundacións periódicas e afectando negativamente á calidade das zonas de cría de marisco". Dende o colectivo perciben "unha situación de indefensión e risco para a saúde ante a falta de información, transparencia e publicidade sobre o estado da calidade da auga, moitas veces hai retrasos no publicación dos resultados e noutros casos mesmo van na contra das recomendacións da propia Organización Mundial da Saúde".

A Agrupación de Mariscadoras a Pé da Confraría de Pescadores de San Telmo de Pontevedra adícase á extracción, comercialización e xestión dos bancos de acuicultura desa zona, centrada principalmente en bivalvos como as ameixas, berberechos e ostras. Os fecais da ría, as toxinas e a falta de produción son os seus principais inimigos e gran parte das praias están afectadas pola contaminación, o que fai que pasen boa parte do ano sen poder case traballar. "Na actualidade a ría está catalogada como Zona C por culpa da contaminación de ENCE, pero claro, o saneamento é unha cousa que non se ve, que non dá votos...", explicaron, "para a ría foron seis millóns de euros de orzamentos europeos, gustaríanos saber onde están...". Para as mariscadoras, a contaminación das rías poñen directamente en risco o sustento das súas familias, "con tanta contaminación que hai na ría, alí case non hai animal que viva, os verquidos fecais son o que máis nos afecta".

Explicáronlle tamén ao representante da Comisión Europea que hai xa 3 anos que as mariscadoras de Pontevedra non meten berberecho e que a ameixa tamén está morrendo. Esta situación provocou que a día de hoxe practicamente so podan traballar en Ameixal e Combarro. "Temos moitas praias afectadas e as bateas do fondo da ría tamén o están", polo que non poden vender produto fresco. "Non podemos vivir así, gañamos no verán e no Nadal e o resto son todo meses mortos, hai xente que non pode afrontar pagar o seguro", lamentou.

A Plataforma Sarriana polo Río naceu no 2013 para formular unha alternativa ao encanamento do Sarria. Chegaron a recoller case 8.000 sinaturas contra este proxecto, que está a destruír o patrimonio, non respecta o medio, supón un mal gasto de cartos e tampouco evita as inundacións. En febreiro do 2014 levaron a cabo unha das súas accións máis contundentes encadeándose ás árbores do Malecón, cheo de freixos e ameneiros e hábitat prioritario de interese comunitario. Intentaban paralizar a tala masiva, non obstante, as autoridades seguiron o seu proxecto facendo caso omiso mais enchéndoos de multas.

Trasladáronlle ao representante da DX de Mediambiente que a obra, xa en execución, "destruirá esta vía e beira natural do río, de flanco a flanco, eliminado case por completo o corazón do patrimonio cultural, histórico, ambiental e paisaxístico da parte baixa de Sarria". Enumeraron tamén algúns dos máis importantes aspectos patrimoniais que se verían afectados, como a centenaria ponte do Toleiro e a ponte da rúa Calvo Sotelo, así como un estribo medieval da ponte chamado “Ponte Ribeira”; case todo vestixio do antigo muíño do Toleiro e a parte da illa tocante á socaz do muíño será profundamente alterada, "cambiando a súa elevación sobre o río". Ademais, "o noso río ten unha masa arbórea considerable, en bo estado e con recoñecido valor ambiental e paisaxístico", e non podemos esquecer que "un bosque é un organismo vivo, un sistema complexo que tarda décadas, ou incluso séculos, en formarse".

A Asociación Xentes de Mar Viva, agrupación de ámbito estatal constituída aínda este ano, naceu para intentar unir e defender a toda a xente que vive directa ou indirectamente da mar, intentando por-lle fin á competencia entre sectores e promovendo a unidade. Entre os seus principios teñen prohibido atacar ou ir en contra de calquera modalidade de pesca. Para dar unha mostra da importancia das rías e ríos no territorio galego, lembraron que "Galiza ten catro veces máis costa fluvial que marítima". Partindo da experiencia da Mariña Lucense, destacaron a importante fonte de riqueza que supón o marisqueo e a pesca na fachada costeira, así como actividades industriais e do sector servizos. O maior problema nesta zona é a presenza de distintas fábricas contaminantes, "como a fábrica de aluminio, Alcoa, a central térmica nas Pontes de García Rodríguez". Nesta zona Augas de Galicia ten detectados na comarca 41 puntos de verquido contaminante. A Plataforma pola Recuperación do Sar é un colectivo que agrupa a veciñas e veciños de Santiago, Ames, Rois, Teo, Brión, Dodro e Padrón que traballan pola recuperación do lamentable estado en que se atopa o río Sar. Os vertidos continuos e os efectos dos embalses son o principal problema deste río que denuncian, "está na UCI”. Levan anos alertando do deficiente funcionamento da depuradora de Santiago.

"O Sar en grande parte do seu percorrido está declarado como Rede Natura. É unha burla á propia lexislación ambiental a situación de contaminación, que se prolonga ano tras ano sen que as nosas autoridades se tomen en serio a súa regularización", denunciaron. "A veciñanza de Ames, Brión, Teo, Rois, Padrón e Dodro sofren a contaminación provocada por Santiago, polo que son sete concellos os afectados, o que dá mostra da importancia desta afección".

O representante da Cooperativa Arpermar [1], adicada á acuicultura, sinalou que "os dous puntos de maior polución e contaminación acuícola son as piscifactorías de engorde de rodaballo Insuiña-Pescanova, en Xove, e Stolt Sea Farm, no polígono industrial de Cervo". Estes e outros centros de produción e investigación acuícola "están amparados baixo o paraugas da Consellería de Pesca e Acuicultura, que non lles obriga a realizar un control e tratamento dos efluentes que xeran a partir das súas producións, e onde a Consellaría do Medio Ambiente parece facer a vista gorda". Un caso paradigmático é o da Stolt Sea Farm, cuxa actividade contaminante "fixo desaparecer as algas no litoral próximo a esta factoría". Porén, non cabe agardar unha xestión responsábel e consecuente, xa que, en relación á contaminación biolóxica provinte das excrecións, feces e alimento sobrante, "existen parámetros de autorización de verquido para sólidos en suspensión, nitritos, fosfatos,e carbono orgánico total, establecidos polo organismo autónomo Augas de Galicia, que son verquidos ao mar ou ría directamente, sen ningún tipo de filtración nin depuración".

A Asociación pola Defensa do Parque Rosalía naceu no 2006 para preservar ese espazo natural de Lugo fronte aos proxectos de urbanización da zona e edificacións que atacan o seu patrimonio e identidade. Teñen recollidas máis de 11.000 sinaturas e dan a batalla por conservar os sinais paisaxísticos que se divisan dende a Pérgola, como son o meandro do río Miño, as carballeiras e as leiras todas da súa contorna. No ano 2007 a asociación iniciou un proceso contencioso-administrativo denúnciando posibles irregularidades levadas a cabo polo Concello "coa única finalidade de proporcionar na leira dun particular e dun xeito, aparentemente legal, a máxima edificabilidade no sitio máis rendible, obviar o ben social, os intereses da cidadanía á que representa, as leis de protección patrimonial e os trámites legais".

O obxectivo fundamental da asociación é "preservar o espazo natural do Parque Rosalía e o seu entorno para futuras xeracións", polo que desenvolveron na súa quenda de intervención a importancia de "harmonizar os tres espazos máis significativos da cidade: a muralla, a zona monumental e as costas do Parque de Rosalía". Tamén deron conta das "constantes e desacertadas accións urbanísticas levadas a cabo na nosa cidade dende o inicio da urbaniación polo Partido Popular no ano 2001 até os últimos anos, e que levaron á desaparición de grande parte do seu patrimonio e como consecuencia, da súa identidade".

A Plataforma de Cospeito céntrase na loita pola defensa da lagoa de Cospeito, enclave natural destacado na comarca da Terra Chá polo seu enorme valor medio ambiental e ornitolóxico e un dos ecosistemas hídricos máis importantes da Galiza. A lagoa forma parte da zona de maior valor de conservación da Reserva da Biosfera Terras do Miño, primeira reserva declarada en Galicia polo programa M&B (Man and Biosphere) da UNESCO no ano 2002.

Reiterando a denuncia dunha actitude totalmente irresponsábel por parte das administracións, puxeron en coñecemento da DX de Medio ambiente da CE o feito de que "este mesmo ano a Confederación Hidrográfica Miño-Sil sancionou ao concello de Cospeito por infrinxir a Lei de Augas ao contaminar o Río Guisande con vertidos de augas residuais", un río que desemboca no espazo protexido da Lagoa grande de Cospeito.

Entre as denuncias realizadas polo colectivo sobresae como principal ameazas da Lagoa a Planta de compostaxe Biocompost do Concello de Cospeito, situada na contorna da Reserva da Biosfera Terras do Miño-Lugo, que alias de desprender uns cheiros que "producen na veciñanza dor de cabeza, náuseas, síntomas de irritabilidade" que mesmo obriga a ficar na casa durante espazos de tempo. Ademais, "realiza verquidos directos ao río e está baixo sospeita de ter realizado fraude de subvencións debido á obtención irregular de fondos públicos da UE concedidos polo IGAPE". A día de hoxe a planta segue a desenvolver a súa actividade, logo de estar traballando nove anos sen licenza municipal.

A Plataforma en Defensa da Praza dos Praceres é un colectivo veciñal que leva 16 anos en loita. Comezaron no ano 2001 presentando un recurso contencioso-administrativo que derivou en que se declarasen ilegais os recheos do porto de Marín. Grazas ao seu traballo o Tribunal Supremo fallou confirmando a obriga de que se execute esta sentenza do ano 2009, que obrigaba a demoler os recheos do porto e repoñer os 300.000 metros cadrados de terreos gañados ao mar ao seu estado previo. A Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditou dous autos o 22 de febreiro e o 11 de abril de 2013, que declaraba que non se executara a sentenza de 2009. Tras ámbalas dúas resolucións, debería terse dado cumprimento á sentenza que declara ilegais as obras de recheo do mar e ordea a "reposición da zona portuaria á anterior situación e estado".

A presentación da súa problemática veu complementar moi acaidamente a crítica xeneralizada ás actuacións das distintas administracións a nivel local, nacional e estatal, abondando na denuncia de que nin a existencia de leis nin de mecanismos xudiciais están a ser abondo para frear a destrución das rías e ríos en particular, nin da nosa Natureza en xeral.

Bruxelas, 2 de Decembro de 2015.

[1] Contacto: arpermar2009@hotmail.com

Máis información:
Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) | lidia.senra@europarl.europa.eu | http://ageuropa.gal/ | https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez.

Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Lidia OFFICE

-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
2 de dezembro de 2015 17:00
__________

Homenaxe a Susana Alaníz, como recoñecemento ao seu importante labor de tanto tempo en todas as temáticas sociais, especialmente co colectivo Inmigrante


Homenaxe a Susana Alaníz


Onte á tarde a Asociación de Mobilidade Humana, celebrou en Narón un acto titulado ”Muller Migración e Violencia”, coa participación de especialistas e Asociacións e a colaboración dos Concellos de Ferrol e Narón.

No marco deste acto dedicáronlle unha sinxela e emotiva homenaxe á nosa compañeira Susana Alaníz, responsable da área de Inmigración na A.C. Fuco Buxán, como recoñecemento ao seu importante labor de tanto tempo en todas as temáticas sociais, especialmente co Colectivo Inmigrante.

Desde Fuco Buxán sumámonos a esta merecida homenaxe e felicitamos entrañablemente a Susana e tamén á Asociación Mobilidade Humana, pola iniciativa e polo éxito da xornada.

ÁLBUM FOTOGRÁFICO
--
Asociación Cultural Fuco Buxán: Dirección: Rúa Armada Española, 32 baixo - 15406 - Ferrol (A Coruña) Apartado Correos: 240 - C.P. 15400 - Ferrol Telefono: 981325492 Email:  fucobuxan@gmail.com

Visita a nosa web: www.fucobuxan.net

BlogFacebook | Twitter | Google

Enviado por:
A.C. Fuco Buxán Fuco Buxán
-fucobuxan@gmail.com-
29 de novembro de 2015 14:36
______________

Non a Guerra #NonNoNosoNome, ... Por Celso Posada Fernández

Por Celso Posada Fernández [*]
03.12.2015


O Pasado Sábado 28 de Novembro moitas persoas   nos concentramos e manifestamos en distintas cidades en contra da guerra,  dos recortes nos nosos dereitos e das nosas liberdades, da Islamofobia, da intervención militar en Siria  en defensa dos dereitos humanos, da democracia, das liberdades e para amosar o noso profundo rexeitamento, a nosa mais enérxica repulsa e condena do infame e miserable atentado terrorista en París. Saímos as rúas a dicir alto e claro que queremos convivir en paz, que non queremos guerras, que queremos que  se respecten os dereitos humanos e a dignidade das persoas e que unha intervención militar en Siria unicamente causaría moitas mortes, dor e sufrimento de persoas inocentes da Sociedade Civil Siria. Tamén para dicir que a democracia, as liberdades e os dereitos humanos non se defenden nunca coas guerras, cos bombardeos, intervindo militarmente nos países e matando e causando moito dor, sufrimento de persoas inocentes da sociedade civil que non teñen culpa de nada. A Democracia, as liberdades, os dereitos humanos se defenden cortando as vías de financiamento dos grupos terroristas, prohibindo a venta de armas e  investigando que países e gobernos venden armas e se lucran financiando os grupos terroristas, acabando co secreto bancario e cos paraísos fiscais, investindo nos servizos públicos, no Ensino en na Sanidade Públicas, fomentado un Ensino Público de calidade, universal e gratuíto que eduque en e para Paz, incrementando os investimentos en Cooperación e Desenrolo, Fomentando políticas públicas de inclusión, de igualdade, de acollida e de integración das persoas inmigrantes, refuxiadas para acabar coa desigualdade social e coas inxustizas provocadas por un sistema capitalista, depredador, neoliberal e mercantilista e polas políticas neoliberais e  de recortes de gobernos neoliberais, conservadores e socialiberais que están o servizo dunha minoría privilexiada, das grandes multinacionais e das grandes empresas armamentísticas que se lucran e que aumentan as súas ganancias e as súas fortunas e privilexios  a  costa de provocar guerras e  da vida, do sufrimento, das mortes de persoas inocentes da sociedade civil.

#NonNoNosoNome

[*] Celso Posada Fernández, nado en Ferrol o 16 de Xullo de 1980. Activista e Coordinador en Galicia do partido Socialista, Republicano e de esquerdas "Decide en Común" e integrante da Plataforma Somos Izquierda. Diplomado en Maxisterio de Educación Primaria pola Universidade da Coruña e Monitor de Tempo Libre. É membro de STOP-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra e participa nas Marchas da Dignidade e na Plataforma Cidadá de Ferrolterra contra o TTIP.

Blogue Persoal:
http://celsoarticulos.blogspot.com.es/

Conta Facebook:
https://es-es.facebook.com/celso.posadafernandez

Conta Twitter:
https://twitter.com/celsoposada

Enviado por:
celso posada
-celsoposada2006@hotmail.com-
2 de dezembro de 2015 18:54

_____________

mércores, decembro 02, 2015

O Partido Político "Decide en Común" apoia e acudirá á Manifestación Comarcal de Ferrolterra do vindeiro 13 de Decembro en defensa do sector naval convocada polo Comité de Empresa de Navantia Ferrol-Fene e por delegados/as da industria auxiliar


Decide en Común partido político de esquerdas, socialista e republicano a través do seu Coordinador en Galicia o ferrolán Celso Posada quere manifestar o  seu total Apoio e que  Asistirán Manifestación Comarcal de Ferrolterra o vindeiro 13 de Decembro en defensa do sector naval convocada polo Comité de Empresa de Navantia Ferrol-Fene e por delegados/as da Industria Auxiliar.

O Coordinador de Decide en Común en Galicia fai un chamamento a toda a cidadanía de Ferrol e Comarca a que apoien, participen e acudan a esta Manifestación Comarcal en defensa do sector naval, un sector, en palabras de Posada, estratéxico  e fundamental para o presente e futuro da nosa cidade e da nosa comarca cun elevado paro. Decide en Común defende o sector naval, esixe construción  dun dique flotante para Navantia Ferrol, demanda carga de traballo para Navantia Ferrol-Fene, o rexuvenecemento das plantillas, un plan industrial que potencie os estaleiros públicos. Por último Posada manifesta que é unha vergoña e unha burla á cidadanía, a os/as traballadores/as a Ferrol e a nosa Comarca que o PP de Ferrol votara en contra no último pleno municipal de Ferrol da moción presentada polo Comité de Empresa de Navantia en defensa do sector Naval, iso demostra que o PP non defende nin lle preocupa o sector naval e que o seu obxectivo e privatizar os estaleiros públicos e Navantia.

Decide en Común - Decidimos de Ferrolterra. | Estamos xerando en común un proxecto político participativo de base, construído por socialistas e aberto a todos. | Creemos na colaboración e na cooperación, tanto a nivel social e económico como no ámbito da política: queremos sumar electoralmente para dar máis forza ás distintas formacións de esquerdas. | Para nós nosas ideas son importantes. Queremos aportar esforzos para provocar cambios sociais, políticos e económicos desde unha visión socialista, progresista, ecoloxista e feminista.

Web Oficial:
http://decideencomun.es/

Redes Sociais:
Facebookk | Twitter | Youtube

Enviado por:
celso posada
-celsoposada2006@hotmail.com-
2 de dezembro de 2015 18:51

_____________________

A Pepe Chao Rego, mestre de vida e amigo, coma nunca, graciñas, ... Por Xaquín Campo Freire


Por Xaquín Campo Freire [*]

02.12.2015

A PEPE CHAO REGO, MESTRE DE VIDA E AMIGO, COMA NUNCA, GRACIÑAS

Querido Pepe Chao: Hoxe van ser moitos os que falen e  escriban de ti. Cada un farao desde o seu universo referencial emotivo. E entre todos iremos poñendo as teselas para un mosaico da túa inesgotábel personalidade e inmensa creatividade.

A miña ligazón agradecida contigo vén de moi lonxe. Setembro de 1955. Desde entón xa foi un continuum. Hoxe quero reafirmar esa fidelidade de mutua amizade “sen que a morte nos separe”.

Quero retomar algo que escribín o mércores 27 de octubre de 2010 porque, máis aló da nosa amizade persoal, isto reflicte mellor a nosa relación comunitaria vista desde Ferrol, onde traballamos xuntos tanta xente e tanto tempo. Velaquí a memoria:

PARQUE XOSÉ CHAO REGO”. Hai datas ben ledas para toda unha comunidade. O Pleno do noso Concello aprobounos hai uns días, por unanimidade, o nome deste polígrafo para o noso rueiro oficial. Santa Mariña do Vilar e todo Ferrolterra, as letras e a cultura galegas estamos hoxe de festa. Parabéns!

Nese monumento a Pepe Chao, estará, como di el, “todo un estilo de sermos comunidade, e estaremos aí todos e cada un dos que con el traballamos, loitamos, sufrimos e esperamos”. Porque houbo de todo.

Hoxe a nosa memoria é fiel e faille xustiza a un dos bos e xenerosos. A nosa boca énchese de cancións e poesía. O noso corazón reborda de agradecementos e dos nosos ollos xorden bagoas de emoción. As palabras fican pequenas para expresarmos axeitadamente o sentido profundo desta decisión. O seu eco resoa forte e fondo. Porque o pobo é quen máis ordena.

Coidaremos deste monólito como cousa e causa nosa, como significante de toda unha etapa vivida con moita esperanza, pero tamén con sangue, suor e bágoas. Non podemos permitir que se destrúa a obra deste eminente fillo adoptivo de Santa Mariña do Vilar que tanto esforzo e estudo consagrou para dotar á parroquia de nome e honra universal e de verdadeiras obras arte. Abonda con abrir Google para comprobalo. Aí están ese mosaico de González Collado do ano 1960. O Pantocrátor de Segura Torrella na ábsida do templo. A talla da Virxe, dun verdadeiro artista, que polo seu vivir un tanto bohemio perdeuse no anonimato e do que debemos recuperar o seu nome. A fachada absolutamente orixinal, á que non lle damos o seu auténtico valor.

A nosa Igrexa Vella coas arquivoltas da porta principal cheas de signos de historia antiga. E tan antiga! O documento escrito de máis antigüidade de todo Ferrol é xustamente o que fai referencia a esta capeliña. Igrexa da que fala o Padre Sarmiento nos relatos das súas viaxes pola Galiza. Igrexa que foi queimada do 1936 e que Pepe Chao restaurou, seguindo os planos do Arquitecto Rodolfo Ucha Donate, para dedicala a servizos sociais da parroquia, porque na escola nacional nacía a auga onde os nosos nenos de daquela puñan os pés todos os días. Posteriormente serviu para introducir nas letras aos nenos xitanos que acababan de asentárense para deixar a transhumancia secular.

Hoxe, devolta de novo ao culto, o seu destino orixinario, onde algúns que aínda vivides viñestes prometer nos anos vinte o voso amor. Preguntádello a Maruja Purriños.

Mas por riba das pedras e de todo está o traballo humano de D. Xosé. A súa entrega polas persoas, a súa dedicación sen límites a todos nós, o seu testemuño de fe cristiá e a loita pola xustiza que lle custou, xunto con Vicente Couce e moitos outros, persecucións varias naqueles tempos da longa noite de pedra incluída a cadea. Pepe Chao, o noso benquerido D. Xosé, ficará así sempre connosco e para a posteridade co seu nome imperecedoiro.

Teño, como promotor principal, que mostrar agradecementos a D. Amable Dopico pola súa axuda silenciosa, eminentemente eficaz. A cantos nos ofreceron as súas incondicionais sinaturas para acompañármolas ao expediente preceptivo nestes casos. Tamén á Corporación Municipal, que unanimemente aceptou esta proposta. A D. Vicente Irisarri, o noso Sr. Alcalde que con toda honra para todos nós os veciños, presidirá, sen dúbida, o acto de inauguración.

Non teño palabras suficientes para Dona Mercedes Carbajales. Acollida, desvelos, preocupación, visitas a ese lugar, consellos, facilidades, orientacións,  o corrixir erros, fallos ou defectos, o interés pola tramitación seria e rigorosa no proceder, sen pausas no tempo. Mercedes, para ti o noso inmenso recoñecemento.

A D. Javier, o Párroco actual, e a toda a parroquia de Santa Mariña, que se vos pode dicir? Tendes o corazón a flor da pel pola sorte de vivirmos este intre co noso Pepe Chao Rego e a súa dona Sari.

Queremos poder dicirlle con grito forte e sincero: GRACIÑAS, PEPE, POR TODO. AD MULTOS ANNOS VIVAS, DOMINE JOSEPH!”

Pasaron cinco anos. Hoxe, 28 de novembro de 2015, querido Pepe Chao Rego, coma nunca: GRACIÑAS, MESTRE DE VIDA E AMIGO. Encheremos a cotío de flores frescas o monumento á túa memoria, mentres che falamos desde o corazón.

Sempre teu

Mandiá-Ferrol, 28 de Novembro de 2015.


[*] Xaquín Campo Freire [Xaquín da Roca],  Narón 1937, é un relixioso galeguista. Graduado social, ATS pola Universidade de Santiago de Compostela, a diplomatura en Xerontoloxía Social pola Universidade Complutense de Madrid e é licenciado en Teoloxía Pastoral Sanitaria, pola Universidade Camillianum de Roma dende 2005. É membro do consello de redacción da revista Encrucillada así como membro ordinario da AELG. Traballou de enfermeiro no PAC de Fene e de capelán de Residencia de Anciáns. Na actualidade é director do Centro de Acompañamento e Relación de Axuda e da Escola e Saúde e Centro de Escoita Activa Mons. Araúxo.

Pepe Chao (Xosé Chao Rego) - Bucador Google: Ir a Web.

Enviado por:
Xaquin Campo Freire
xaquinderoca@mundo-r.com-
28 de novembro de 2015 14:32
_________________

Programa "Queres" da Consellería de Sanidade - Reclamacións e Suxestión


Programa "Queres" da Consellería de Sanidade


O SERGAS, na Área Sanitaria de Compostela, ven de instaurar o Servizo "Queres" nos Centros de Saúde. Consiste no servizo de Atención o Doente dos Hospitais, pero nos Centros de Saúde. A persoa, pode presentar a súa queixa, denuncia, solicitude, instancia,... ou demanda no propio Centro de Saúde. O que temos que facer é usar este servizo cada vez que consideremos que se nos están vulnerando os dereitos de asistencia, sexa en consulta, probas diagnósticas ou intervencións cirúrxicas (e trato por supostto).

Terá isto algo que ver coas iniciativas de SOS Compostela de presentar as solicitudes ante o Xerente de Área no Rexistro do CHUS?

Terá que ver ca iniciativa de SOS Compostela, de meter n@ Valedor/a do Pobo diferentes situacións que consideramos dramáticas para @s doentes?

Cremos que estamos no bo camiño.

Enlace co Servizo Online de Reclamacións e Suxestión "Queres": Acceder.

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol.
www.plataformadspferrol.blogspot.com
plataformadspferrol@gmail.com

Información baseada na enviada por:
manuel martin
-mmargar1951@gmail.com-
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
1 de dezembro de 2015 23:13

______________

Esquerda Unida de Narón en defensa do sector Naval de Ferrolterra


Esquerda Unida de Narón en defensa do sector Naval de Ferrolterra.


A grave situación que atravesa a comarca de Ferrolterra dende hai tres décadas polo desmantelamento do sector naval, e a elevada taxa de desemprego da comarca (a máis alta de Galiza), xunto á emigración forzosa por causa das políticas de partidos como o PP-PSOE, mediante a reestruturación de plantillas, están a pór en perigo este sector estratéxico para a comarca.

O asasinato do sector Naval con premeditación e aleivosía por parte dos gobernos de quenda da Xunta de Galicia e do Estado Español condenan a todo un pobo a emigración e a miseria.

Dende Esquerda Unida Narón, animamos á cidadanía a participar nunha vixilia o próximo día 3 DE DECEMBRO, ás 17:30 da tarde, na Praza do Concello en defensa do emprego e o NAVAL PÚBLICO de FERROLTERRA.

¡¡¡PON UNHA VELA POR CADA DESEMPREGADO!!!

ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter.

Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.


Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
1 de dezembro de 2015 22:55

_______________