sábado, xaneiro 16, 2016

Alerta: o vindeiro domingo 17 de xaneiro terá lugar un voo de deportación con destino a Nixeria, denuncia a Coordinadora de Ferrolterra do Foro Galego de Inmigración, membro de STOP Deportacións


A Coordinadora de Ferrolterra do Foro Galego de Inmigración, como membro de STOP Deportacións, faise eco da confirmación de que o vindeiro domingo 17 de xaneiro terá lugar un voo de deportación con destino a Nixeria.

Recentemente celebramos que os concellos de Ferrol e Narón aprobaran en sesión plenaria unha moción que os declara libres de CIEs, e os compromete a non realizar identificacións nin redadas raciais. Aínda así, temos que lanzar esta alerta sabedoras de que nos próximos días se producirán redadas policiais por parte doutros corpos de seguridade, coa fin de capturar persoas desta nacionalidade, e sen que teñan cometido delito algún, que podan encher as prazas vacantes neses vergoñentos avións da compañía Air Europa. Unha compañía que cobra máis de 12 millóns de euros ó ano por este desprezable negocio. Temos que lembrar que o Protocolo para as Repatriacións dos corpos de seguridade permiten prácticas brutais, como o uso de golpes, violencia, mordazas, sedantes, etc. Osamuyi Aikpitanyi, de nacionalidade nixeriana, morreu asfixiado nun destes procedementos de deportación no ano 2007.

Esta alerta non ten por obxectivo atemorizar á poboación, senón todo o contrario: aportar información a tódolos veciños e veciñas para que podan actuar e organizarse colectivamente, por exemplo, denunciando intensamente as redadas policiais das que sexan testemuña -xa que soen producirse en espazos públicos e nos medios de transporte-, intensificando a campaña de Boicot a Air Europa, despregando redes de coidado entre veciñas e veciños, difundindo esta mensaxe nas redes sociais, e imprimindo o cartaz que incluímos neste comunicado para realizar pegatinas para colocar en estacións de tren, autobús, etc …

Animamos a toda a cidadanía a colaborar para conseguir que estas prácticas, lonxe por completo dos dereitos constitucionais e humanos, teñan cumprido fin. Para iso, convidámolos a participar no boicot ás empresas que o fan posible, evitando viaxar con Air Europa, Swift Air, Halcon Viajes, Viajes Ecuador, Latitudes, Iberrail, Touring Club e Travelplán, así como aloxarse nos Hoteis Be Live.

Un saúdo,

Susana Alaniz, Foro Galego de Inmigración – Coordinadora Ferrolterra

Email - ferrol.forogalegoinmigracion@gmail.com
Facebook - https://www.facebook.com/forodeinmigracionferrolterra2015/

Enviado por:
Foro Inmigracion Ferrol
-ferrol.forogalegoinmigracion@gmail.com-
16 de janeiro de 2016 17:53

___________________

Un Plan B para Europa - Signatarios e Enlaces


Partindo da humillación que a Comison Europea infrinxiu ao pobo grego o 13 de xullo de 2015, unha iniciativa, liderada por figuras representativas da esquerda europea e internacional, impulsan o que se ven chamando "un plan B" para sacar a Europa do austericidio. Desde Ártabra 21 consideramos de interese esta iniciativa polo que nos propoñemos difundi-la.

No manifesto feito público o 12 de setembro, no Festival da Humanidade este movemento afirma que "... devemos aprender com este golpe de Estado financeiro. Este euro tornouse o instrumento de dominación económica e política da oligarquía europea, escondido atrás do Goberno alemán e que se regocixa por ver a Sra Merkel facer todo o 'traballo suxo' que os outros gobernos non son capaces de facer. Esta Europa só produzo violencia dentro e entre as nacións: o desemprego en masa, dumping social feroz, insultos atribuídos aos líderes alemáns contra a Europa do Sur e repetidas por todas as « elites », incluíndo as daqueles países. A Unión Europea alimenta o ascenso da extrema-dereita e tornouse un medio de anular o controlo democrático sobre a produción e distribución da riqueza en toda a Europa".

Explican neste manifesto a necesidade de ter un plan coordinado para facer frente á oligarquía europea que se esconde atrás de Berlín e Frankfurt. "Precisamos do noso propio Plano B para disuadir as forzas mais reaccionarias e anti-democráticas da Europa. Para reforzar a nosa posición contra o seu compromiso brutal con políticas que sacrifican a maioría a favor dos intereses de unha pequena minoría. Mais tamén para reafirmar o principio simples de que a Europa non é nada mais do que os europeos e que as moedas son ferramentas de apoio á prosperidade compartida, e non instrumentos de tortura ou armas para asasinar a democracia. Se o euro non pode ser democratizado, se continúan a usalo para estrangular o pobo, vamos levantarnos, vamos ollar nos seus ollos e vamos dicirlles: Vamos encontrar unha forma de asegurar aos europeos un sistema monetario que traballe com eles, e non a súa costa".

O movemento está traballando en alternativas técnicas que permitan facer frente á tiranía do euro: "Moitas ideas xa están na mesa: a introdución de sistemas de pagamento alternativos, moedas alternativas, dixitalización de transaccións en euros para contornar a falta de liquidez, sistemas de intercambio complementarios en torno de unha comunidade, a saída do euro e a conversión do euro en moeda común".

Aseguran que ningunha nación europea pode avanzar para a súa liberación isoladamente: "A nosa visón é internacionalista. Temos de traballar xuntos nun plano B tendo en conta as características de cada país".

O movemento ten organizado a realización dunha conferencia europea os días 19, 20 y 21 de febreiro en Madrid, e chama publicamente a participar nos debates, grupos de traballo e exposicións que alí se organicen. Asemade pódese asinar o manifesto neste enlace | Ir a web.

Contactos:
info@planbeuropa.es
Conferencia Europea en Madrid
(Xornadas 19, 20 e 21 de Febreiro en Madrid):
http://planbeuropa.es/jornadas-febrero/
Web: http://planbeuropa.es/
Facebook: https://www.facebook.com/EuroPlanB/
Twitter: https://twitter.com/Euro_PlanB

@s signatári@s:
  1. Jean-Luc Mélenchon, deputado europeu, co-fundador do Parti de Gauche (França)
  2. Stefano Fassina, deputado, ex-Vice-Ministro da Economia e Finanças (Itália)
  3. Zoe Konstantopoulou, presidente do Parlamento Grego (Grécia)
  4. Oskar Lafontaine, ex-ministro das Finanças, co-fundador do Die Linke (Alemanha)
  5. Yanis Varoufakis, deputado, ex-Ministro das Finanças (Grécia)
  6. Fabio De Masi, Member of the European Parliament, Die Linke (Alemanha)
  7. Sabine Lösing, Member of the European Parliament, Die Linke (Alemanha)
  8. Nicole Gohlke, Member of the German Parliament, Die Linke (Alemanha)
  9. Christine Buchholz, Member of the German Parliament, Die Linke (Alemanha)
  10. Ralf Krämer, Sozialistische Linke’s conferiencier, Die Linke (Germany)
  11. Alban Werner, Sozialistische Linke’s co-spokeperson, Die Linke (Alemanha)
  12. Vincent Decroly, Coordinator, Vega (Belgium)
  13. Soren Sondergaard, Member of the Danish Parliament, Red Green Alliance (Denmark)
  14. Nikolaj Villumsen, Member of the Danish Parliament, Red Green Alliance (Denmark)
  15. Rina Kari, Member of the European Parliament, Folkebevægelsen mod EU (Denmark)
  16. Javier Couso, Member of the European Parliament, IU (Spain)
  17. Marina Albiol, Member of the European Parliament, IU (Spain)
  18. Carlos Sanchez Mato, Madrid City Council, Ahora Madrid (Spain)
  19. Esther Lopez Barcelo, Madrid economic adviser, former Member of the Parliament, Ahora Madrid (Spain)
  20. Nikolao Chountis, Member of the European Parliament, Unité Populaire (Grécia)
  21. Paul Murphy, Member of the Irish Parliament, Socialist Party (SP) (Ireland)
  22. Ruth Coppinger, Member of the Irish Parliament, Socialist Party (SP) (Ireland)
  23. Joe Higgins, Member of the Irish Parliament, Socialist Party (SP) (Ireland)
  24. Stefano Fassina, Member of the Italian Parliament, Futuro a Sinistra (Itália)
  25. Francisco Louça, Coordinator, Bloco de Esquerda (Portugal)
  26. Miloslav Ransdorf, Member of the European Parliament, KSCM (Czech Republic)
  27. Luka Mesec, Member of the Slovenian Parliament, Iniciativa za demokratični socializem (Slovenia)
  28. Barbara Spinelli, Member of the European Parliament (Itália)
  29. Domenico Moro, Partito della Rifondazione Comunista – Sinistra Europea, Italia
Enlace ao Manifesto en diferentes linguas | Ir á Web.
____________

Os retos do nacionalismo en 2016, ... Por Xavier Vence Deza


Polo seu interese político, transcribimos o Discurso de Xavier Vence Deza, porta-voz nacional do BNG na Homenaxe a Castelao do pasado 9 de Xaneiro de 2016, en Rianxo. Pois o BNG é unha peza clave na esquerda política e social da Galiza. Nas pasadas eleccións do 20 de Decembro do 2015, sufriu unha derrota electoral de moi importantes consecuencias, ao perder a súa representación nas Cortes Xerais do polo de agora Reino de España. Representación que viña sustentado desde había 20 anos. Desta vez o BNG apostou por unha candidatura de unidade a través de Nós Candidatura Galega que obtivo só 70.464 votos un 4,32% dos votos validos emitidos na Galiza e cero deputad@s. Cando en 2011 o Bloque Nacionalista Galego obtivera 184.037 votos o 11,18% dos votos válidos, cun resultado de 2 deputadas. Mentres En Marea que mesmo competía co BNG, arrebatando-lle máis de 100.000 votos, mais que ía máis aló dentro do "Espazo Podemos" (Como así o define Xosé Manuel Beiras), tivo 408.370 votos e o 25,04% dos votos validos emitidos a nivel galego, cun resultado de 6 deputa@s (Fonte). Mas que pola matemática parlamentaria e a composición da Mesa do Parlamento, sumado á fórmula de non renunciar ás siglas que elixiron as cúpulas de Anova, EU, Podemos e o Encontro Cidadá por unha Marea Galega para presentar-se, parece ser que se van a quedar sen poder constituír grupo parlamentario propio. Co que isto significa de pancada política e anímica para as centos de miles de persoas que votaron a "candidatura do cambio e a confluencia", para ter un grupo parlamentario galego que representara a Galiza no Parlamento español.

Por Xavier Vence [*]
16.01.2016


Coma cada ano vimos aquí a Rianxo para render homenaxe a memoria do noso rianxeiro Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, grande patriota morto no exilio de Bos Aires e enterrado no cemiterio da Chacarita tal dia coma hoxe fai agora 66 anos.

Castelao deixounos unha inmensa obra literaria, artística e política, pero sobre todo deixounos o exemplo dunha vida de compromiso. Hai 100 anos aquel Castelao aínda novo, con 29 anos, deu un paso cara a un compromiso inquebrantábel con Galiza e o seu pobo, que foi agrandando día a día, até o seu último alento, sobrepoñéndose ás máis duras probas da represión, persecución, fracasos, desilusións, traizóns e exilio.

Do seu traballo iniciado hai cen anos con Risco e Losada Diéguez e cos Irmáns Vilar Ponte, Lugrís, Porteiro e tantos outros sairía adiante en 1916 a fundación das Irmandades da Fala, que afirman as nosas aspiracións nacionais e dan os primeiros pasos cara a creación do nacionalismo político organizado, coa Asemblea Nacionalista de Lugo en 1918 e, co nacemento Partido Galeguista en 1931, a caída da ditadura de Primo de Rivera.

Este ano será, pois, un bo ano para recordar e revivir Castelao, celebramos o Centenario das Irmandades da Fala, celebraremos o Ano Castelao coa programación especial que o noso compañeiro Leal pilota desde a Deputación de Pontevedra.

Para redondear a homenaxe ás persoas comprometidas no ronsel de Castelao temos un ano das Letras adicado ao noso poeta primordial, Manuel María, o que nos deixou milleiros de páxinas de palabras fermosas convertidas en consignas para o eterno combate:
o idioma é a vida
o coitelo da dor
o murmurio do vento
a palabra de amor
falando de Castelao, quedo con aquela súa “Invocación a Castelao” no libriño “Cantos rodados ...” publicado en 1976:
Home cabal/conciencia comunal/
forte penedo/contra a noite e o medo/...
Fe poderosa/que estea á patria nosa/...
Facho puro/alumando o escuro/
Castelao/Pai e irmao/
Verba de luz inxel:/Daniel!
Castelao, Bóveda, Manuel María exemplifican un século de loita, un século de sementeira e de organización, cos consabidos hiatos das dúas ditaduras, para darlle a este pobo autoestima e recoñecemento e, sobre todo, vontade de futuro. Futuro digno para as súas xentes, traballo na terra, democracia e plena capacidade para cultivar sen ataduras todas as dimensións da nosa cultura.

Construír unha nación con pleno recoñecemento institucional non é tarefa fácil nin apta para mentes cativas e tampouco para mentes ansiosas.

Son moitos os que queren que o nacionalismo desapareza, uns esmagándoo e outros por dilución. Persisten, pero tan persistente como o seu empecinamento é a nosa teimosa vontade de afirmación. Non nos dobregarán os que veñen de fronte, con todas as armas do poder, da represión, da potente maquinaria mediática, pero tampouco nos van despistar os cantos de serea da dilución. O nacionalismo é unha das realizacións máis importantes dos últimos 100 anos. É unha das fortalezas que ten este país. E seguirao sendo!!

Som@s os herdeir@s de Castelao e continuadores desta longa xeira secular que arela a construción dunha nación no mundo.

Desde Madrid non o entenden. Non o entenden nin os de sempre nin tampouco os “novísimos” que creen que iso do nacionalismo son cousas de sentimentos arcaicos, identitarios, ideoloxismos ou gañas de amolar, que no mellor dos casos non quedará máis remedio que aturar e como concesión condescendente “haberá que escoitar”.

Non entenden que o nacionalismo é algo máis  esencial: é a vontade de loitar polo futuro da xente dentro do noso país, polos intereses materiais da maioría, para compartir unha calidade de vida digna.

Unha nación que non sucumba á exclusión masiva da xente nova, que saia do pozo dese precariado que queren converter en miserento horizonte estrutural para a maioría.

Nós queremos una nación onde a xente nova teña un horizonte laboral digno no agro, no mar, nas fábricas, no comercio, nos servizos ou na investigación.

Unha nación con servizos públicos, educación e sanidade públicas, gratuítas e de calidade.

Non queremos ver como a emigración do noso aforro, da nosa electricidade, das sedes das nosas empresas, dos nosos impostos, etc levan detrás a emigración da nosa xente moza e de todo o seu talento.

Para darlle a volta a todo isto Galiza precisa que o nacionalismo avance na sociedade e avance electoralmente. Por todo iso temos que chegar ao corazón da xente, temos que “petar na ialma do pobo”, como nos propuña Castelao.

Este ano pasado tivemos eleccións municipais e as Xerais e este o ano teremos as galegas e, ao mellor, as xerais de novo.

Nas municipais demostramos que alí onde goberna o nacionalismo conseguimos referendar o respaldo da xente, como aquí en Rianxo. Parabéns a Adolfo e a todas e todos os que tedes a alta encomenda de facer país desde os concellos!

Pero, desde logo, nas Xerais saímos moi mal. A aposta por una candidatura nacional galega de unidade non frutificou coa ambición buscada, porque non podiamos aceptar subordinacións a forzas estatais, que outros aceptaron e preferiron antes que a nosa compañía. E con Nós-Candidatura Galega non conseguimos o respaldo necesario. É una experiencia e un resultado que nos obriga a repensar moitas cousas, repensar o que vén acontecendo na última década tanto no país coma no nacionalismo.

Temos que adoptar medidas audaces e valentes porque non podemos renunciar a ter unha presenza importante nas institucións nas que se decide o futuro do noso país e da nosa maioría social.

Acreditamos firmemente no proxecto nacionalista que representa o BNG, é necesario para o futuro deste país e temos que darlle a forma concreta, poñelo ao dia e a ton co que nos pide a sociedade, a nosa base social, para sermos vistos como a ferramenta útil pola maioría social da nosa nación.

Certo que tampouco lles saíu redonda a xogada aos poderes económicos do estado que tramaron a “operación 2+2” e investiron millóns de euros e miles de horas de platós en prime time para garantir, co auxilio de Ciudadanos, a continuidade dun goberno do PP queimado e corrupto, para completar o seu eufemístico Plan de Reformas, que xa sabemos que é realmente un plan para recortar, privatizar, precarizar e recentralizar todo.

Non lles saíu ben e van ter que reintentalo. Nós imos estar aí para impedilo e teremos que ver a mellor forma de facelo. Porque, ademais, Galiza ten que estar aí para defender os seus intereses nacionais, tamén en Madrid.

Pero hai que ser claros, amigos e amigas, o futuro do noso proxecto xógase aquí, nas galegas de 2016 e temos que conseguir a complicidade de boa parte da sociedade galega.

As galegas de 2016 teñen que marcar un punto de inflexión. Este país ten a obriga de derrotar o PP e nós, o BNG, imos estar aí.

Cómpre traballar con intelixencia, ilusión e xenerosidade para derrotar ao PP e poñer couto aos anos máis lesivos para a maioría social galega e para o autogoberno. É unha prioridade inverter o proceso de centralización en marcha e sentar as bases para unha mudanza cualitativa. Non vai ser fácil pero non é imposíbel. Derrotar o PP ten que ser a prioridade absoluta na conxuntura na que estamos, porque o precisa o país e porque o propio proxecto nacionalista xógase moito nesa cita.

O nacionalismo ten moitos flancos abertos. Movémonos nun escenario moi convulso social e politicamente. A sociedade móvese entre a frustración e a indignación. Hai un inxente esforzo das elites e das súas potentes máquinas de adoutrinamento para amainar esa indignación e “orientala” do xeito menos perigoso para os seus intereses estratéxicos. Nese contexto, a aínda recente fragmentación do nacionalismo e a da esquerda española crean un panorama tremendamente entrambilicado e cambiante. Hai contextos onde a criatividade nas alianzas e a unidade de acción son a mellor garantía para avanzar.
 
Nesta realidade fuxidía e complexa hai que tomar decisións valentes na Asemblea Nacional para reforzar o proxecto que representa o BNG e convén recordar as palabras de Alexandre Bóveda, o estratega con Castelao da unidade e organización do nacionalismo na República e do pacto do 36:
No camiño que nos trazamos, hai moitas dificultades que vencer; hai moitos rodeos que dar; haberá que bolinear moitas vegadas. Mais que ninguén perda a súa fé, que ninguén abandone a esperanza de chegar a termo. As voltas do camiño poden semellar retrocesos, mais son pasos adiante que ninguén terá forza dabondo para nos obrigar a desandar” (A.B.)

O BNG ten que dar pasos neste ano para reforzarse como ferramenta útil que é da nosa nación. Imos xogar con serenidade pero con ambición para sermos motores dun cambio en profundidade, ben amarrado aos intereses do noso país e das nosas xentes. Conseguilo esixe un esforzo redobrado para crear complicidades e flexibilidade por parte de todos para sumar. É o tempo da política, poñendo o país por diante, abeirando ensimesmamentos e rutinas paralizantes. Toca navegar de bolina. Traballaremos con paciencia pero sen desmaio con ese norte, “petando na ialma do pobo”, como nos pedía Castelao, desde todos os recunchos da sociedade, desde os concellos, gañándonos a confianza e o apoio da xente; co traballo na rúa e nos parlamentos; coas alianzas que sexan precisas para avanzar, bolineando, pero avanzando.

Escoitando e aprendendo do noso pobo e da experiencia desas outras nacións irmáns que, como Escocia ou Cataluña, despois de “petar na ialma do pobo” durante anos con nacionalistas á fronte do autogoberno van agora coas velas inchadas rompendo ondas no océano da liberdade.

Que Castelao e Bóveda nos iluminen na nosa travesía!!!

Viva Galiza Ceibe
Rianxo, 9 de xaneiro de 2016


Artigo publicado no seu blogue persoal o domingo, 10 de xaneiro de 2016.

[*] Xavier Vence Deza (Rodeiro en 1961) é Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, escritor, comentarista político, ... Foi director do Idega no período 1991-95. Profesor invitado en diferentes universidades estranxeiras, formou parte de diversos comités de expertos de organismos internacionais. É coordinador do grupo de investigación ICEDE e da área de Economía do Seminario de Estudos Galegos. Publicou máis dun centenar de artigos e libros en revistas profesionais de ámbito galego e internacional sobre economía da innovación e políticas tecnolóxicas, sistema galego de innovación, disparidades rexionais na UE, industria, servizos, mercado de traballo, sistemas produtivos e planificación estratéxica, desenvolvemento local ... Na actualidade é Portavoz Nacional do BNG.

Enviado por:
inácio GZ
inaciogz@gmail.com
15 de janeiro de 2016 20:30

________________

Conferência de imprensa em defesa dos direitos civis e políticos - Manifestaçom em Compostela o domingo 24 de Janeiro



Conferência de imprensa em que mais de 30 agentes sociais e políticos galegos convocam umha mobilizaçom nacional em defesa dos direitos civis e políticos para todas e contra a ilegalizaçom de facto da organizaçom política Causa Galiza.

NOM À ILEGALIZAÇOM DAS ORGANIZAÇONS POLÍTICAS
Polos Direitos Civís e políticos para Tod@s!
MANIFESTAÇOM NACIONAL
Domingo 24 de Janeiro, às 12 do médio-dia, na Alameda de Compostela.

Polda de imprensa celebrada em 9 de Janeiro de 2016.

Segue-nos em Facebook.

Segue-nos em Twitter em @Coletivo_24J


https://youtu.be/OKpVNJvEmSQ

Publicado em 11 de jan de 2016

Enviado por:
Caranza Inácio
inaciogz@gmail.com
15 de janeiro de 2016 15:46

___________

venres, xaneiro 15, 2016

Convocado un acto de homenaxe a Victoria e Carmelo, polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, o sábado 6 de Febreiro - Vídeos


Homenaxe a Victoria e Carmelo
6 de febreiro de 2016


O sábado 6 de febreiro, o Comité Cidadán de Emerxencia celebrará o VIII Aniversario do falecemento de Carmelo Teixeiro Menéndez, primeiro Coordinador deste Comité e o II da súa compañeira Victoria Fernández Paredes (falecida o 8 de novembro do 2013).

Con este motivo, convídase a toda a cidadanía, a celebrar un acto na súa lembranza, que consistirá, como xa é costume, nunha ofrenda floral e intervencións poético musicais, e terá lugar, ás 12 do mediodía, no Parque Carmelo Teixeiro, Caranza – Ferrol.

Agradeceremos así a Victoria e Carmelo o seu exemplo de solidariedade e entrega a todas as causas sociais, a súa militancia sindical, política e social de toda unha vida e sobre todo a loita mantida nos últimos anos en defensa da Ría e da vida, contra a ameaza permanente da Planta de Gas de Reganosa.

Ferrol polo mar e pola vida
https://www.youtube.com/watch?v=tvgqQFwTGds

Tres carballos para Carmelo
https://www.youtube.com/watch?v=4tea-BGn2y4

Foto: @ComitCEmerxenc | A Compañeira Estrela Viñas na homenaxe de 2015.


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Enviado por:
comitecidadan
-comitecidadan@gmail.com-
15 de janeiro de 2016 13:43

____________________


https://youtu.be/udNDWsASLfI

2015 foi un ano máis de loita e compromiso.
A loita continua contra a ilegal e perigosa Reganosa.
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
____________________________

xoves, xaneiro 14, 2016

Tres feministas e activistas kurdas foron asasinadas o pasado día 5 durante unha intervención das forzas policiais turcas no distritio de Silopi, Lidia Senra pide á Comisión Europea que reaccione xa e que lle esixa ao Goberno Turco que estes asasinatos non queden impunes e que respecte as liberdades civís e os dereitos humanos do Pobo Kurdo


AGEe diríxese á CE para denunciar o asasinato de tres activistas kurdas e coñecer a posición da UE. | Tres feministas e activistas kurdas foron asasinadas o pasado día 5 durante unha intervención das forzas policiais turcas no distritio de Silopi. | AGEe interpela á CE sobre o feito de que, malia a situación de violencia, a UE finaciou a Turquía para reter poboación refuxiada no seu territorio.


O pasado 5 de xaneiro a policía do presidente turco Recep Tayyip Erdoğan torturou e asasinou a tres mulleres feministas e activistas kurdas. As víctimas foron Seve Demir, integrante do Parlamento polo Partido das Rexións Democráticas (DBP) e promotora do lanzamento da IV Caravana Internacional Feminista da Marcha Mundial das Mulleres dende o Kurdistán; Pakize Nayır, pertencente á Asamblea do Pobo de Silopi e Fatma Uyar, activista do Congreso das Mulleres.

Estes asasinatos tiveron lugar na rexión de Silopi -provincia de Sirnak, no norte do Kurdistán-, baixo toque de queda dende decembro, debido á intensificación da ofensiva militar de Erdoğan sobre as rexións kurdas dende que perdeu a maioría en xullo de 2015 debido á entrada do Partido Democrático do Pobo (HDP) no Parlamento. Erdoğan ten decretado o estado de emerxencia até en 54 ocasións en 18 cidades e distritos.

Con estes crimes o Goberno turco pretende intimidar ao conxunto da poboación kurda, e moi concretamente á mocidade, que se mantén na vangarda da resistenza contra o rexime violento de Erdoğan.

Fronte a esta situación, rexistramos unha pregunta [1] dirixida á Comisión Europea na que a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa, Lídia Senra, solicitou saber que accións pensa tomar a Comisión Europea para "esixir ao Goberno turco que estes asasinatos non queden impunes e que respecte as liberdades civís e os dereitos humanos do pobo kurdo".

Asemade, á vista da grave situación de violencia incentivada polo propio Goberno en Turquía, preguntamos á Comisión se considera razoábel ter entregado o pasado mes de novembro 3.200 millóns de Euros ao Goberno Erdoğan para que reteña no seu territorio a milleiros de personas que, precisamente, están fuxindo da guerra. Tamén queremos saber se a Comisión conta con mecanismos para garantir que parte deste financiamento non está a ser empregado tamén para atacar a la poboación kurda.

Senra chamou ademais a atención sobre as responsabilidade da Representante da Unión Europea para Asuntos Exteriores, Federica Moguerini, a quen instou a "reaccionar xa" para que o Goberno turco poña fin á masacre da poboación kurda e ao toque de queda. "Non podemos consentir que a Unión Europea siga apoiando a dictadura do Goberno turco", aseverou.

Bruxelas, 13 Xaneiro 2016.

Máis información:
Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) | lidia.senra@europarl.europa.eu | http://ageuropa.gal/ | https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez.

[1] Pregunta dirixida á Comisión Europea | Acceder/baixar.

Enviado por:
MONTOTO VAZQUEZ Vera
-vera.montotovazquez@europarl.europa.eu-
13 de janeiro de 2016 11:17
_____________

Como noutras cidades da Galiza, en Ferrol está convocado un acto de repulsa e denuncia ante un novo asasinato machista, desta vez pola morte violenta de Caridad no concello de Narón - Este Venres 15 de Xaneiro de 2016, ás 8 da tarde na Praza do Concello


CONCENTRACIÓN DE REPULSA DIANTE DUN NOVO ASASINATO MACHISTA

A COORDENADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN DE REPULSA POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE CARIDAD PÉREZ CASTRILLÓN

O VENRES 15 DE XANEIRO ÁS 20:00H NA PRAZA DO CONCELLO DE FERROL, DIANTE DO PALACIO MUNICIPAL.

Unha vez máis sairemos á rúa para amosar a nosa indignación polo asasinato dunha muller por violencia machista. Caridad foi asasinada polo seu marido pagando coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas.

Sairemos novamente para rexeitar este cruel asasinato e denunciar unha vez máis a violencia machista instalada na nosa sociedade.

É precisa unha resposta social contundente contra a violencia machista.

Non consentiremos que a violencia machista continúe asasinándonos!!!!

-- "As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres

Que é a Marcha ?
A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións oriéntanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan ao redor da mundialización das solidariedades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecemento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Información baseada na enviada por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
14 de janeiro de 2016 11:47

______________

Erades Companheiras, ... Por Lupe Ces


Por Lupe Ces [*]
14.01.2016


Agora sei o motivo polo que ti Marina, nom querias utilizar as palavras que puderam sair dos meus dedos para enlaçar-te na longa ringleira que formais todas vós, neste Feminicídio, reconvertido neste sítio, em Santa Companha que nos interpela aló onde imos, para sentir-mo-nos ainda mais ocas de palavras e de ideias suficientes para dar-vos justiça e acougo, e pôr definitivamente o último elo nesta grande cadeia.

Nom querias começar a andar porque che faltava ela, Caridad. O 29 de Dezembro o vento soprou para as duas, dumha esquina a outra do país, de Narom a Mos. O seu corpo e o teu. O teu sangue e o dela. O ruído do teu corpo roto e o ruído batendo do coraçom dela, até apagar-se, coma o teu. O 29 de Dezembro fostes duas, a um tempo. O 29 fizestes-vos companheiras.

Nos rueiros e caminhos de Narom escoitam-se frases de alivio. A tinta do jornal fala do golpe mitigado na povoaçom ao constatar que ninguém de fora vinhera fazer o mal. Paradoxa! O mal está dentro, e tam enraizado entre nós, que semelha que é menos mal que outros afastados ou alheios.

Nota.- Caridad Pérez Calderón (Narón) e Marina Rodríguez Barciela (Mos) forom assassinadas o 29 de dezembro de 2015.

[*] Lupe Ces Rioboo -Caranza Ferrol 1958, é mestra, activista social, integrante da Marcha Mundial das Mulleres e da Rede Social de Ferrol Terra. Forma parte do Consello Editorial de Altermundo e do Colectivo Ártabra 21. Participa nas Marchas da Dignidade. Blogue persoal: Caranza free opiniom.

_______________

Convocada a Asemblea Plenaria da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol, para o venres 22 de Xaneiro


Asemblea Plenaria da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol


Convocatoria
PLENARIO - ASEMBLEA
Sanidade Pública

Día: Venres 22 de Xaneiro.
Hora: ás 18:30hs.
Lugar: En Ferrol, no local da Asociación Veciñal de Esteiro (rúa Fernando VI, Bloque I baixo - Telefono 981933223.)         
  
Orde do día:
1.- Aprobación, se procede, ACTA anterior,
2.- Situación actual desta Plataforma,
     * Estado de Contas.
3.- Debate estado actual da Sanidade Pública.
4.- Renovación Comisión Permanente.
     * Voceir@s.
     * Secretaría.
5.- Suxestións e preguntas.

Ferrol, a 11 de Xaneiro de 2016.-
Saúdos.
Pola Comisión Permanente.
Secretaría.

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
www.plataformadspferrol.blogspot.com
plataformadspferrol@gmail.com

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
12 de janeiro de 2016 11:38

_______________

martes, xaneiro 12, 2016

Martes de Cine no Ateneo Ferrolán co Ciclo "Haxa Paz", todos os martes ás 7 da tarde


Todos os martes ás 19 h.
Martes de Cine no Ateneo Ferrolán co Ciclo "Haxa Paz"


Martes día 12 de xaneiro ás 19 h. – “Feliz navidad”

Ano 2005  Duración 115 min.   País Francia
Director Christian Carion
Reparto Diane Kruger, Benno Fürmann, Daniel Brühl, Guillaume Canet, Gary Lewis,
Xénero Drama

Sinopse
Baseada nunha historia real sucedida durante o Nadal de 1914, a principios da Primeira Guerra Mundial (1914-1918), cando en diferentes zonas do fronte soldados alemáns, franceses e escoceses enterraron as súas diferenzas e os seus mortos e celebraron a Noiteboa xuntos.

Martes día 19 de xaneiro ás 19 h. – “La vida es un milagro”

Ano 2004  Duración 155 min. País  Serbia y Montenegro
Director: Emir Kusturica
Reparto Slavko Stimac, Natasa Tapuskovic, Vesna Trivalic, Vuk Kostic, Aleksandar Bercek, Stribor Kusturica
Xénero Comedia.

Sinopse
Bosnia, 1992. Luka, un enxeñeiro serbio de Belgrado, instalouse nunha casa illada coa súa muller Jadranka, cantante de ópera, e o seu fillo Milos. Luka está a se preparar para construír unha vía ferroviaria que fará da rexión un paraíso turístico. Pero, cegado polo seu traballo e polo seu natural optimismo, Luka non presta atención aos persistentes rumores dunha guerra civil inminente.

Martes día 26 de xaneiro ás 19 h. – “El puente”

Ano 1959   Duración 105 min.  País  Alemania del Oeste (RFA)
Director Bernhard Wicki
Reparto Folker Bohnet, Fritz Wepper, Michael Hinz, Frank Glaubrecht, Karl Michael Balzer,
Xénero Bélico

Sinopse
Alemania, 1945. Últimos meses da Segunda Guerra Mundial. O conflito pódese dar case por concluído, pois o país foi invadido polas tropas aliadas. Xa non quedan soldados adultos que defendan as posicións, tan só adolescentes. Nunha pequena cidade, un grupo de mozos recibiu a orde de protexer unha pequena ponte. Enardecidos ante a idea de defender ao seu país, e entusiasmados pola ideoloxía nazi de "sangue e honra", os mozos dispóñense a cumprir as ordes recibidas

Martes día 2 de febreiro ás 19 h. – “In the loop”

Ano 2009  Duración 106 min.  País  Reino Unido
Director Armando Iannucci
Reparto Chris Addison, Tom Hollander, Peter Capaldi, Anna Chlumsky, Gina McKee
Xénero Comedia

Sinopse
Todo empeza cando o Presidente dos Estados Unidos e o Primeiro Ministro británico deciden iniciar unha guerra. Non todo o mundo cre que sexa unha boa idea. Pero cando Simon Foster, o Secretario de Estado Británico, apoia accidentalmente a guerra en horario de máxima audiencia na televisión, gáñase sen querelo moitos amigos en Washington DC.


Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.:  +34 981 357 970 Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | FERROL (A Coruña)

Síguenos:
TWITTER: @ateneoferrolan
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
FACEBOOK: https://www.facebook.com/Ateneo-Ferrol%C3%A1n-1430118530577463/

Faite soci@! Colabora con nos!

Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar-Cajarural Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
11 de janeiro de 2016 19:19

_________________

luns, xaneiro 11, 2016

Diante dos Xulgados de Ferrol tivo lugar unha concentración de apoio a Marcos Guerreiro e contra a estafa e os abusos bancarios, mentres se celebraba unha vista oral pola demanda contra a financeira UCI


Mentres se celebraba unha vista oral no Xulgado de Instrucción nº4 de Ferrol, pola demanda interposta por Marcos Guerreiro contra a financeira UCI (Unión de Créditos Inmobiliarios), entidade participada polo Banco Santander e BNP (Banca Nacional de Paris), diante do edificio dos Xulgados de Ferrol tivo lugar unha concentración de apoio ao compañeiro Marcos e contra os abusos bancarios.


A vista oral de hoxe 11 de xaneiro de 2016, trataba sobre unha demanda contra a aplicación do índice de referencia de préstamos hipotecarios (IRPH) presentada por Marcos Guerreiro, contra a financeira UCI, entidade coa que ten subscrito un contrato de préstamo hipotecario. Despois da vista oral de hoxe, onde as partes presentaron a documentación e expuxeron os seus argumentos ante a demanda, o xuízo quedou fixado para o vindeiro 23 de Febreiro, ás 12:30hs.

Concentración

O mesmo Marcos Guerreiro, convocou unha concentración diante do edificio dos Xulgados de Ferrol, apoiada pola Plataforma de Afectad@s pola Hipoteca (PAH) de Ferrol e Comarca e Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, á convocatoria sumaron-se as Marchas da Dignidade e tamén participaron o Alcalde e concelleir@s da corporación municipal de Ferrol (Jorge Suárez, Iván Rivas, Beatriz Sestayo, Álvaro Montes, Eva Espiñeira, ...), e membros das organizacións políticas BNG, Ferrol en Común, PSdeG-PSOE, e a deputada de En Marea recen elixida Yolanda Díaz. Concentración contra a estafa e os abusos bancarios, e que reivindicaba o dereito a unha vivenda digna e adecuada.

Marcos Guerreiro explicou o seu propio calvario hipotecario que ven relatando aos medios de comunicación e a políticos de referencia que participaron na recente campaña electoral, ao cal lles pedía un cambio lexislativo que evitara as estafas e abusos bancarios e protexera ás persoas fronte ás grandes corporación financeiras. E agradeceu o apoio recibido na súa loita contra a estafa do IRPH (Índice de Referencia de Préstamos Hipotecarios) que é un índice opaco e manipulábel como así recoñece o propio Banco de España, mais que o segue mantendo como un dos índices de referencia para os contratos hipotecarios. O propio Marcos denunciaba que a súa hipoteca, a pesar de pagar, seguía subindo, mesmo que pedindo 116.000 euros chegou a deber 121.000.

Enlace de referencia:

Relato e enlaces de interese | Xuízo en Ferrol, este 11 de Xaneiro, contra a financeira UCI (Banco Santander e BNP), polo abusivo índice hipotecario IRPH | 09.01.2016 | Ir a post no noso sitio.

A nova nos medios:

* IRPH: Feita a hipoteca, feita a trampa. | Interesante artigo de Marcos Pérez Pena | Praza Pública. | 11.01.2016 | Ir á Web.

* Vista oral nun xulgado de Ferrol. | Denuncia a aplicación dun índice "opaco" no seu préstamo hipotecario. | O xuízo, fixado para o 23 de febreiro, trala concentración de apoio e en protesta contra as prácticas da financeira. | E.P. FERROL | El Correo Gallego | 11.01.2016 19.05h. | Ir à Web.

* Concentración ante unha denuncia contra entidades bancarias por abuso hipotecario. | Galicia Ártabra Digital | 11.01.2016 | Ir à Web.

* Díaz sinala en Ferrol que casos como o de Marcos Guerreiro "mostran estafa" | Luns, 11 Xaneiro 2016 16:16 | Noticias Galicia | Ir à Web.

Contra o abuso bancario !

Polo dereito a unha vivenda digna e adecuada!

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra | Está Adherida ás PAHs (17.03.2013) e forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs.
Correo-e: forosocialdeferrolterra@gmail.com
Blogue: http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
Facebook: https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra
Local: Avda. Castelao S/N. | Local de Arméria Soc. coop. Galega | Traseira do Mercado Municipal de Caranza | 1406-Ferrol


______

O amigo decapitador, o inimigo bolivariano, ... Por Roberto Montoya


Por Roberto Montoya [*]
11.01.2016


O sábado 2 de xaneiro a monarquía absolutista saudita ordenou ao verdugo decapitar coa súa longa e afiada espada a 47 detidos acusados de terrorismo, os primeiros de 2016, que se suman aos 157 prisioneiros executados durante 2015 e aos moitos máis dos anos anteriores.

Entre os últimos asasinados non había ningún occidental; isto explicaría, segundo a tradición mediática e política do noso país e en xeral do noso civilizado Occidente, que ese feito por si só non merecese máis que unha limitada repercusión en países como o noso.

A decapitación dun só estadounidense ou un europeo por parte de Daesh deu lugar no pasado próximo a titulares a cinco columnas en portadas de todo o mundo; editoriais; tribunas de opinión; declaracións políticas, e alentou igualmente o endurecemento das políticas antiterroristas? e con iso, o cercenamento cada vez maior das liberdades democráticas.

É unha constante que se repite desde o 11-S.

Pero hai cabezas e cabezas, e as cabezas desgaxadas dos corpos nesta última matanza oficial do réxime saudita importaban pouco en Occidente. As decapitacións do Estado Islámico, non recoñecido oficialmente por ningún país, parecesen alarmar máis que as dun estado amigo e recoñecido por todos como Arabia Saudita.

Atreverse a facer esta última comparación pode ser até perigoso. O Ministerio de Xustiza saudita ameazou con demandar aos usuarios de Twitter que ousen comparar a sentenza a matar por apostasía do poeta palestino Ashraf Fayadh coas execucións realizadas por Daesh.

Hai con todo outros a quen si lles importou que rodasen esas cabezas días atrás, e a eles ía dirixido a mensaxe do réxime de Salman bin Abdulaziz. O obxectivo era Irán .

E é que o rei saudita elixiu moi especialmente a un dos 47 homes que logo serían asasinados. Tiña un simbolismo moi especial. Era nada menos que o principal líder da oposición chií en Arabia Saudita, o clérigo Nimr Baqr ao Nimr, figura clave que emerxeu como protagonista indiscutíbel da comunidade chií (10% da poboación) durante as protestas pacíficas da Primavera Árabe que tamén chegaron a ese país en 2011 e 2012 e que serían brutalmente esmagadas.

O asasinato da o Nimr é unha clara provocación a Irán e á comunidade chií a nivel mundial.

A monarquía absolutista saudita desata así brutalmente a súa ira contra a crecente influencia de Irán en Irak, en Siria, en Líbano, na loita contra Daesh; a súa ira contra o deshielo entre Teherán e Washington e contra o acordo nuclear.

Arabia Saudita, como outras monarquías do Golfo fracasou "e Israel laméntao igual que elas" no seu intento por minar o poder de Irán a través do apoio financeiro, loxístico e militar a Daesh e outras forzas yihadistas, ao converterse estas en un monstro incontrolábel.

Pero nin Arabia Saudita nin os seus aliados resígnanse, utilizan calquera medio ao seu alcance. Intentan igualmente, rebentando os prezos do barril de petróleo, impedir a recuperación económica de Irán en momentos en que este país pode por fin, tras anos de sancións, aumentar a súa produción petroleira e mellorar con eses ingresos a situación económica e social dos seus cidadáns. Con iso Riad golpea de cheo ao réxime de Rohani e fortalece aos inmobilistas iraníes.

E como reaccionou o Goberno de Mariano Rajoy e os medios de comunicación de ámbito estatal principais de España ante esta nova e provocadora matanza de Arabia Saudita que pode incendiar aínda máis si cabo todo o mundo musulmán?

Escoitaron declaracións respecto diso de parte do ministro de Exteriores, ou do propio Rajoy? viron ao grupo parlamentario do PP na Cámara de Deputados, ou no Senado, ou na Asemblea de Madrid propoñer resolucións de condena, como fixeron reiteradamente a favor dos líderes políticos opositores venezolanos que máis han instigado as protestas na rúa violentas, a estratexia chamada A Saída?

Non, non as puideron vostedes escoitar nin ver porque non existiron.

François Hollande "deplorou" as decapitacións; Ban ki Moon lamentounas? "Arabia Saudita preside o panel de expertos do Consello de Dereitos Humanos da ONU"; Barack Obama "a quen a nai dun activista adolescente pediulle que mediase para evitar a cruxifición do seu fillo" reclamou ao réxime saudita "tolerancia relixiosa". Ningún utilizou a palabra "condena".

Rajoy simplemente calouse. Non ía con el, logo de todo España non ten moito que ver con Arabia Saudita, só lle vende centos de millóns de euros en armas "só en 2014 foron case 293 millóns" coas cales despois reprime á súa propia poboación e aos opositores en Yemen ou Bahrein; ou só lle constrúe o AVE de Medina á Meca nunha obra de 6.736 millóns de euros. O ministro Margallo non está para falar de cousas con tan pouco glamour como as decapitacións, pero si para correr a Riad a acougar ao monarca saudita e garantirlle que as multinacionais españolas que participan nas obras do AVE cumprirán en prazo malia os atrasos habidos. Prevese que a primeira fase termine en 2017 e é o desexo de Arabia Saudita que a inaugure o rei de España. Juan Carlos de Borbón foi o mellor "lobbista" que han ter as multinacionais españolas para facer negocios en Arabia Saudita como no resto de monarquías do Golfo.

O Executivo de Rajoy cualificaba de "estadista" e "reformista" ao rei Abdalá no comunicado de condolencias trala súa morte un ano atrás, chamábao un "socio fiable en todos os ámbitos".

Cando o bloguero saudita Raif Badawi, condenado a recibir 1.000 lategazos, recibiu o Premio Sájarov á liberdade de conciencia, o deputado popular José María Beneyto si cualificou de "absolutamente condenable" o castigo. Pero acto seguido dixo: Arabia Saudita está participando, xunto con outros países, en conseguir que se vaia divulgando unha versión máis moderada do Islam?. As probas saltan á vista.

E cal foi o comportamento dos principais medios de comunicación do noso país ante a brutalidade do réxime wahabita?

Desde que se produciu a matanza todos despacharon rapidamente o tema das decapitacións para centrarse "no que aos españois impórtalles", como diría Rajoy: en que hai que controlar a violencia duns e doutros. O centro da noticia non foron os asasinatos de opositores senón que pasou a ser a violencia desatada en Irán por unha multitude contra a embaixada saudita en Teherán, corresponsabilizando a Arabia Saudita e Irán da violencia xerada tralas execucións.

Non se analizan as execucións en si, senón o feito de que como reacción a elas unha multitude incendiase a embaixada saudita en Teherán e que isto dese lugar á ruptura de relacións diplomáticas en bloque das monarquías do Golfo con Irán.

Diarios como El País, que o día logo das execucións foi o único en dar o tema polo menos a tres columnas na súa portada "aínda que dentro o confinou á cuarta páxina" dedicaba o mércores 6 o seu primeiro e único editorial até agora sobre o tema. Facíao na parte inferior da páxina 10 titulándoo, como non, "Guerra civil islámica", e diluíndo totalmente o tema das decapitacións na rivalidade entre Arabia Saudita e Irán.

E a que dedicaba El País a parte principal do espazo de Opinión ese día, a parte superior? Por suposto a Venezuela, a demonizar unha vez máis ao réxime chavista, a súa recurrente obsesión. O día anterior dedicoulle a portada e as súas primeiras páxinas, con tribuna de opinión de Felipe González incluída.

As multinacionais, bancos e fondos voitre que están detrás do grupo PRÉSA, editor do País ten fortes intereses en Venezuela e outros países de América Latina, como os teñen igualmente os accionistas, acredores e grandes anunciantes de Planeta e Vocento, editores de ABC e de La Razón respectivamente e non dubidan en usar a súa forza mediática para desgastar e intentar derribar gobernos que afectan os seus intereses.

El País, como o resto de medios, quere matar dous paxaros dun tiro, quere vincular esa fronte de batalla externo con outro interno. Por iso ese editorial principal do pasado 6 de xaneiro titulábase "Un silencio intolerábel", co subtítulo "Podemos ten que aclarar dunha vez si defende a democracia en Venezuela", utilizando exactamente as mesmas armas que utilizou o PP e toda a dereita mediática desesperadamente desde que o partido morado sorprendeu co resultado obtido nas eleccións europeas de 2014.

E País non titulou "Un silencio intolerábel" o do Goberno e a clase política tradicional española ante as decapitacións dun país co que España mantén tan estreitas relacións; non pediu que se cancelase a venda de armas nin que se pedise explicacións ao seu embaixador. Por suposto que non, esas si son "cuestións internas", "tradicións", non as de Venezuela.

A tónica do resto de grandes grupos mediáticos españois foi similar. A situación en Venezuela por suposto mereceu máis atención que as decapitacións do reino amigo. Ao día seguinte dos asasinatos en masa en Arabia Saudita, o 3 de xaneiro pasado, ABC dedicaba toda a súa portada a unha foto de Nicolás Maduro co seguinte titular: "EEUU investiga a utilización de pasaportes venezolanos por radicais islámicos" e o subtítulo "Novas probas mostran a cobertura chavista a Hizbolá".

ABC si se preocupa por Arabia Saudita, hai que recoñecelo, pero por algo moi distinto aos axusticiamentos. Un dos seus artigos do mércores 6 pasado titulábase "A incerteza sobre o novo goberno frea a actividade exterior", e como subtítulo "A Zarzuela analiza si o escenario pode afectar á visita dos Reis a Arabia Saudita".

Iso si preocupaba a devandito xornal, compartindo a preocupación da Zarzuela ante a posibilidade de que o rei Felipe e Letizia non poidan cumprir coa súa prometida visita ao reino decapitador do 16 ao 18 de febreiro próximo tal como está previsto, por mor da incerteza política existente en España.

Nin ese nin ningún outro dos grandes medios preguntouse como poderían alterar as decapitacións de 47 persoas á visita dos reis españois a Arabia Saudita, pero si lles preocupou a algúns medios e políticos que o feito de que José Luís Rodríguez Zapatero acudise ás recentes eleccións lexislativas en Venezuela puidese ser utilizado por Nicolás Maduro como un signo de respaldo.

A visita a Arabia Saudita, non xa dun ex presidente senón dos reis de España, do mismísimo xefe de Estado, un mes e medio despois de que o seu homólogo saudita ordenase decapitar a 47 persoas e con iso axudase a estender o incendio por todo Oriente Medio, non merece con todo comentarios.

É, en definitiva, unha visita normal entre monarquías que manteñen desde fai anos unha estreítísima e cordial relación á que non poden afectar semellantes menudencias.    

Publicado no xornal dixital Publico.es | Dominio público | Opinión a fondo. | 09.01.2016

[*] Roberto Montoya, naceu en Bos Aires, onde estudou Xornalismo e traballou en distintos medios escritos. Encarcelado e torturado en varias ocasións durante a ditadura de Onganía-Levinsgton-Lanusse (1966-1973) e baixo o goberno democrático de Isabelita Martínez de Perón (1974-1976) e o imperio do terror do seu paramilitar Triplo A, iniciou o seu exilio político en Parides, en 1976. Xornalista, escritor e analista especializado en temas internacionais. Foi xefe de Internacional do Mundo (1992-2009), diario do que foi tamén corresponsal en París e Roma; xefe de Internacional do Independente (1989-1991); corresponsal en Londres da cadea de elevisión estadounidense Univision (1983-1987); traballou para Tempo, Liberación, colaborou con RNE e Radio Exterior de España, Argumentos, Triunfo, A Rúa. Colabora con Diagonal, Rebelión, Cubadebate, Safe Democracy e é autor, entre outros, dos libros O imperio global e A impunidade imperial.. | Escritos en Rebelión. | EcuRed. | CubaDebate. | Máis info no buscador libre DuckDuckGo.

Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
9 de janeiro de 2016 22:30
Manuel Angel Rodríguez Carballeira
-lalan1954@gmail.com-
9 de janeiro de 2016 12:42

_____________

domingo, xaneiro 10, 2016

Presentación do informe que o secretario xeral de Podemos Galicia, Breogán Riobóo Lois, realizou na tarde do sábado 9 de Xaneiro de 2016, ante o Consello Cidadán Galego (CCG) - Vídeo


Presentación do informe que o secretario xeral de Podemos Galicia, Breogán Riobóo Lois, realizou na tarde do sábado 9 de Xaneiro de 2016, ante o Consello Cidadán Galego (CCG).


https://youtu.be/f2puAR4WgBA

Luísa Vila Núñez
Responsable de Prensa Podemos Galicia
prensa@galicia.podemos.info
https://galicia.podemos.info/

Enviado por:
Prensa Podemos Galicia
-prensa@galicia.podemos.info-
10 de janeiro de 2016 01:31
___________

Convocada unha nova concentración ante o anuncio da entrada dun novo buque gaseiro, o LNG Catalunya Spirit, cargado con gas para a ilegal e perigosa Reganosa - Na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, este Martes 12 de xaneiro 2016, ás 7 da Tarde


CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
 MARTES 12 DE XANEIRO, ÁS 7 DA TARDE
DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA
NA PRAZA AMADA GARCIA

Un novo LNG Tanker, o "Catalunya Spirit", vai descargar miles de toneladas de gas natural licuado para Reganosa. Un buque gaseiro, de grande porte, con miles de m³ de gas natural licuado (LNG / GLN), vai entrar pola bocana da Ría e cruzará o angosto, estreito, de pouco calado e de fondo rochoso canle de máis de 4.500 metros (con miles de toneladas de GNL abordo), até chegar ao pantalán de descarga do peirao de punta Promontorio, situado no termo municipal de Mugardos. Onde Reganosa coa complicidade de políticos sen escrúpulos construíu unha planta de gas que nos ameaza todo-los días, aumentando exponencialmente esta ameaza sempre que entra na Ría un buque destas características, cargado para a perigosa e ilegal planta regasificadora de Mugardos (Punta Promontorio). No caso de entrar, Este buque faría o gaseiro número 204 que descargaría en Reganosa, desde que o fixera o "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Caracterísitcas do buque: Nome.- Catalunya Spirit, Bandeira.- España, Eslora.- 284m, Manga.- 43 m, Calado.-11.5 m, Capacidade.- 138.000 m³ de GNL, Carga.- 135.000 m ³ de GNL

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora, este Martes ás 7 da Tarde, en Ferrol, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.


Van facer catro anos, desde que o 11 de Maio de 2012 se ditou a Sentenza polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel. O 15 de Setembro de 2014, foi admitido a trámite, polo Tribunal Supremo, o Recurso de Casación contra a decisión da Xunta de Galicia e o Concello de Mugardos que denegan a nulidade do novo PXOM en execución da mencionada Sentencia.

Tras a Sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a localización de Reganosa, esiximos o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • MÓVETE CONTRA A IMPUNIDADE !!
  • PECHE XA!!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA  !!

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
21 de novembro de 2015 10:17
_______________

Ensaio detección paquete sospeitoso en Reganosa - Denuncia pública do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol


Nota Informativa do CCE sobre o ensaio da deteción dun paquete sospeitoso na planta de gas de Reganosa

Fai escasos días os medios de comunicación daban conta de que, nas instalacións da planta de gas de Reganosa, tiña lugar un ensaio para desactivar un paquete sospeitoso, no que participaban entre outros o grupo Tedax da Garda Civil- especialistas na desactivación de material explosivo-.

Por que se fai este ensaio nas instalacións da planta de gas de Reganosa e non no polígono de Vilar do Colo?.

Non dicían os promotores de Reganosa, durante a campaña publicitaria para impor a relocalización da planta dentro da Ría, que o GNL nin ardía nin estoupaba?

A planta de gas de Reganosa e una instalación perigosa cunha enorme capacidade letal 150.000 Tons de GNL a carón do complexo petroquímico dde Forestal del Atlántico, que almacena 283.000 m³ de combustibles e produtos químicos, con una capacidade enerxética equivalente a 1.800.000 Tons. de TNT, a pouco mais de 100 m do núcleo de poboación de Mehá, a 800m do Arsenal Militar, a 900m do centro de Mugardos etc etc,.

Lembrabamos dende o Comité que a recente explosión na cidade portuaria china de Tianjin levouse por diante a vida de 170 persoas e a destrución e contaminación dunha importante área xeográfica, a potencia segundo os medios da explosión máis potente, foi equivalente a 21 tons de TNT, nun caso semellante de corrupción político-financeira que permitiu a instalación e almacenamento de substancias perigosas a menos de 500 m dos núcleos de poboación.

Recentemente ante a interpelación do grupo parlamentar de AGE no Parlamento de Galicia o Director Xeral da Enerxía, Angel Bernardo Tahoces dicía que a planta de Reganosa era unha instalación legal e segura pois contaba cun plan de emerxencia avalado polas administracións. Un plan de emerxencia exterior que establece unha exigua zona de intervención de tan só 173 m, zona de alerta 213 m, no caso máis desfavorábel, cando as distancias para unha planta coa mesma tecnoloxía e capacidade de almacenamento similar como é a de Bilbao son de 1467 m para zona de intervención e de 3049 m para a zona de alerta.

A planta de gas de Reganosa e unha instalación ilegal e perigosa que carece da Declaración de Impacto Ambiental segundo sentencia do Supremo de maio de 2012, que infrinxe toda a lexislación básica de seguridade industrial e medio ambiental. Os promotores de Reganosa co Goberno da Xunta ddo Sr. Feijoo, 8 anos despois da súa entrada en funcionamento en un novo alarde de desprezo á legalidade, á vida e á Ria pretenden “Legalizala”.

En xullo de 2002, dende o Comité Cidadán nos diriximos as diferentes autoridades europeas e norteamericanas para alertar dos perigos que supuñan a instalación da planta de gas de Reganosa no interior da Ría. Achega-se o citado documento. A corrupción político-financeira, base da relocalización da planta no interior da Ria foi mais forte que a aplicación da normativa nacional e europea esixible.

A ameaza sobre a vida da cidadanía da contorna da Ria é real. Por iso a loita do CCE non cesará ate acadar o peche da actividade da planta ilegal e perigosa de Reganosa

Ferrol a 8 de Xaneiro de 2016

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

Escrito alerta EEUU / Europa de 2002 | Acceder/Baixar.

Foto: Tecnología Marítima.

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Enviado por:
comitecidadan
-comitecidadan@gmail.com-
9 de janeiro de 2016 00:26
_______________


Nota.-
Reganosa ten dous tanques, cada un con 150 mil metros cubicos de GAS NATURAL LICUADO, que ao regasificarse producen 180 millóns de metros cúbicos, de GAS NATURAL A 10 ºC.

Un m3 de Gas Natural Licuado (GNL) que está a 160ºC baixo cero, ao chegar a 10ºC transfórmase en 600 m3 de gas sen cheiro. Coa calor ambiente, unha fuga de GNL produce unha nube de gas, que mata por asfixia. Cando chega a un 10% de mestura co aire, pode entrar en ignición rapidamente e mata ou lesiona gravemente por queimaduras. Estes 180 millóns de metros cúbicos abrasarían quilometros ao redor durante moitos minutos.

Foto: Tecnología Marítima.
______________