mércores, febreiro 21, 2018

A Plataforma activando contra a imposición da taxa do PP por parte do alcalde Jorge Suárez e o seu goberno de Ferrol en Común: Rexistraron-se centos de recursos, puxeron-se mesas informativas e intervención no Pleno de Fernando Ramos (Vídeo) - Enlaces a novas

Entregando o Recurso no rexistro do Concello de Ferrol - 15 de febreiro de 2018

O pasado xoves 15 de febreiro, pola mañá, procedeu-se á entrega colectiva de Recursos de Reposición contra o recibo pola depuración emitido por Emafesa, no pasado mes de xaneiro. O rexistro do Concello, encheu-se de persoas que fixeron cola para presentar cadansúa o seu Recurso. Ao mesmo tempo a mesa informativa colocada nas escaleiras de entrada da Casa do Concello, atendía ducias de consultas sobre o saneamento, o recibo e a taxa. Desde a Plataforma elaboramos un modelo de Recurso para que a veciñanza poda exercer os seus dereitos. Desde o pasado 6 deste mes estamos poñendo mesas informativas, polos barrios (Inferniño, Caranza, Recimil, Canido, Centro, ...). Mesmo están programadas de novo mesas diante do Edificio da Xunta, este mércores 21 de febreiro ás 11 da mañá, así como o xoves 22, diante do Mercado de Caranza e o venres 23, diante da Casa do Concello de Ferrol.

Mesa Info en Caranza, o 14 de febreiro de 2018.

O Compañeiro Fernando Ramos tomou a palabra na continuación do Pleno que quedou pendente do último xoves de mes que se celebrou o pasado venres 16 de febreiro, ás 9 da mañá. Para explicar o porque da promoción dos recursos entre a veciñanza e reclamou unha resposta do Concello aos mesmos e aos interpostos o 15 de decembro de 2017, contra o levantamento da suspensión da Ordenanza Fiscal que regula a Taxa. Son case só 10 minutos, onde intervén o compañeiro, nunha moi interesante e clara locución.

Fernado ramos no Pleno do 15 de febreiro de 2018



https://youtu.be/4Qp9E3Ly2WY


A presentación do recurso e as últimas novas nalgúns medios:

Auga. . | 2018.02.17 - La Voz de Galicia | Os alcaldes de Ferrol e Narón urxen a resposta da Xunta ao convenio de saneamento. | Por Carmela López  17/02/2018 05:00 h. | A Alcaldía de Ferrol remitiu onte unha carta, tamén asinada pola regidora de Narón, na que se urge a Augas de Galicia que dea resposta á proposta de convenio de saneamiento que xa acordaron ambos municipios. Segundo explicou o mandatario ferrolano, Jorge Suárez, o documento xa foi remitido á Xunta en tres ocasiones e que, ao non recibir resposta, decidiron enviar un escrito solicitando unha reunión. | Ir á Web.

Auga.  | 2018.02.16 - Diario de Ferrol. | O rexistro municipal énchese de recursos contra o recibo de depuración. | En torno a un centenar de persoas déronse cita onte no rexistro municipal do Concello a media mañá para facer entrega dos recursos presentados contra o recibo de depuración que o Concello. | redacción LUGAR 16 de Febreiro de 2018 (00:20 h.) | En torno a un centenar de persoas déronse cita onte no rexistro municipal do Concello a media mañá para facer entrega dos recursos presentados contra o recibo de depuración que o Concello comezou a emitir entre xaneiro e este mes e que xa chegou á maioría dos domicilios, tras haberse aprobado unha taxa que se estima que supere os custos reais do servizo. | Ir á Web.

Auga. | 2018.02.08 - La Voz de Galicia. | Rebelión na rúa contra a taxa. | Uns 300 ferrolanos concentráronse na praza de Armas atendendo a chamada da Plataforma pola Remunicipalización para protestar polo cobro do novo tributo. | A convocatoria da Plataforma pola Remunicipalización dos servizos contra a taxa de saneamento que se acaba de poñer ao cobro reuniu onte ante o consistorio, na praza de Armas, a uns 300 ferroláns. A maioría dos participantes eran xente de idade avanzada, nun fiel reflexo do envellecemento da poboación que sofre a cidade... | Ir á Web.

Auga. | 2018.02.08 - Diario de Ferrol. | Unhas trescentas persoas protestaron polas facturas da taxa do auga. | Unhas trescentas persoas secundaron a convocatoria da Plataforma na defensa dúas servizos públicos, pola remunicipalización contra a taxa de saneamento aprobada polo goberno local co apoio do PP e cuxos recibos xa están sendo remitidos e cun importe que se supera o do custo do servizo.  | Ir á Web.

Auga. | 2018.02.07 - Galicia Ártabra Digital. | Varios centenares de cidadáns concentráronse na praza de Armas contra a taxa de saneamento. | Para as seis da tarde estaba convocada unha concentración na praza de Armas de Ferrol a cargo da "Plataforma na Defensa dúas Servizos Públicos, pola Remunicipalización" na que reclamaban que non se leve a cabo o cobro da taxa de saneamiento... | Ir á Web.

Auga. | 2018.02.07 - Ferrol 360. | O PSOE súmase á Plataforma pola Remunicipalización e insta a recorrer a taxa de saneamento. | Os socialistas ferrolanos secundaron a iniciativa da Plataforma pola Remunicipalización de Servizos Públicos instando á cidadanía a recorrer os recibos da taxa de saneamento e organizando asembleas abertas para informar sobre como se poden interpoñer os recursos. | Ir á Web.

Auga. |2018.02.06 - Diario de Ferrol. | Recorren os recibos pola taxa de saneamiento "sobredimensionada". | A polémica taxa de saneamiento aprobada polo Concello xa está sendo remitida nos seus recibos a un total de 33.438 usuarios aos que se presta servizo de depuración, o que se traduce en términos económicos en 353.435 euros.| Ir á Web.


Recurso de Reposición en formato pdf, 4 páxinas. | Acceder/Baixar.


PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
Alexandre Carrodeguas | Fernando Ramos | Pablo Portero | Bernardo Rego | Lupe Ces |
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
https://plataformaferrol.blogspot.com.es/

martes, febreiro 20, 2018

Concentración por unha pensión digna en defensa do sistema público de pensións, este xoves 22 de febreiro, ás 7 da tarde na Praza de Armas - O Fondo de Reserva establecido no Pacto de Toledo esta sendo saqueado e baleirado facendo perigar o futuro dos nosos maiores e das novas xeracións


CONCENTRACIÓN
XOVES 22 DE FEBREIRO
ÁS 19 H, NA PRAZA DE ARMAS
DO CONCELLO DE FERROL

O Fondo de Reserva establecido no Pacto de Toledo esta sendo saqueado e baleirado facendo perigar o futuro dos nosos maiores e das novas xeracións.

Os falsos incrementos do 0,25% anual afondan aínda máis a perda do poder adquisitivo de todo os pensionistas.

Coñecidos especialistas no tema veñen alertándonos do risco que corremos, mentres o Goberno de Rajoy e os seus ministros negaban a realidade.

¡Pero a pantomima acabouse! Agora é o propio Presidente do Goberno quen nos di que hai que aforrar para pensións e para a educación dos  nosos fillos.

Traducido ao “cristián”, ¡que se acaban as pensións públicas e debemos facer plans privados! E a forma de axudar a banca, mentres nos rouban o froito do traballo dás xeracións pasadas.

Diante destas informacións, un grupo de asociacións e colectivos cidadáns dá comarca de Ferrolterra, coincidindo con outros moitos lugares do pais, facemos un chamamento cos seguintes OBXECTIVOS:

  • Pola defensa do Sistema Público de Pensións.
  • Pola recuperación do Fondo de Pensións, establecido nos Pactos de Toledo.
  • Por uns salarios dignos que garantan as pensións dos mozos.
  • Por unhas pensións dignas, propias do século XXI ¡Xa!
  • Por un incremento dás pensións segundo o IPC real. Recuperando o  poder adquisitivo perdido.
  • Pola creación dunha Renda Básica para as persoas en risco de exclusión.

¡Todas as persoas teñen dereito a unha vida digna!

¡ ATENCIÓN O SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS, ESTÁ EN PERIGO !

Notas.-
Fonte Imaxe: detalle dun cartaz da CIG con desenño de Davila (OBichero).
Fonte Texto: Promotora Veciñal por unha Plataforma de Ferrolterra na Defensa do Sistema Público das Pensións e por unha Pensión Digna.

________________

A contaminación da Ría de Ferrol por residuos asfálticos, de novo na Comisión Europea - Logo da confirmación xudicial da existencia de delito medioambiental, dirixímonos por segunda vez á CE demandando máis e mellores controis - Denunciamos o incumprimento da sentenza que esixe a retirada dos residuos e a descontaminación desta zona do concello de Cabanas.


A contaminación da Ría de Ferrol por residuos asfálticos, de novo na Comisión Europea. | Logo da confirmación xudicial da existencia de delito medioambiental, dirixímonos por segunda vez á CE demandando máis e mellores controis. | Denunciamos o incumprimento da sentenza que esixe a retirada dos residuos e a descontaminación desta zona do concello de Cabanas.

En marzo de 2016 a Comisión Europea, en resposta a unha pregunta parlamentaria da eurodeputada galega Lídia Senra denunciando o verquido de residuos asfálticos en Ferrolterra por parte empresa Bentum Recycling Centrale, apuntou ao incumprimento da Directiva 2008/98/CE, pero afirmou non se poder pronunciar definitivamente até ter sido resolto o proceso xudicial activo nese momento na Galiza[1].

Dado que o Xulgado do Penal N2 de Ferrol xa se pronunciou a través da Sentenza 00212/2017 confirmando a existencia dun delito contra o medio ambiente por parte do importador,  e dando orde de retirar as aproximadamente 135.000Tn de residuos acumuladas nun monte do Concello de Cabanas dende ano 2009 -procedentes do porto de Rotterdam-, Senra vense de se dirixir novamente á CE.

Nesta segunda interpelación -adxunta- subliña que a investigación xudicial afirma que se importaron ao porto de Ferrol 800.000Tn de residuos asfálticos empregados en obras de administracións públicas e privadas, sen que ninguén informara sobre o cumprimento da directiva para asegurar a descontaminación das superficies contaminadas.

Ademais, contrariamente ao exposto na sentenza, a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística legalizou o acúmulo urbanísticamente ao considerar estes residuos como áridos, “sen ter en conta que a Ría de Ferrol foi clasificada como sensíbel e, por se fora pouco, sen proceder á súa retirada pese á orde xudicial”, denunciou a eurodeputada do Grupo Confederal da Esquerda Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE-NGL).

Dada a gravidade desta situación e a finalización do proceso xudicial en marcha, Lídia Senra, plantexa á CE a pertinencia de que considere iniciar una investigación sobre a posíbel infracción do establecido pola normativa comunitaria relativa á xestión de residuos, así como de levar adiante investigacións que clarifiquen en que condicións reais está a ter lugar o tratamento, transporte e depósito de residuos tóxicos entre os Estados membro.

Bruxelas, 19  de Febreiro de 2018.

[1]Máis información: NdP180316 A CE apunta vulneración da Directiva 2008/98/CE na contaminación do Río Baa por residuos asfálticos.

Máis información: Lídia Senra Rodríguez, Eurodeputada galega do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) | lidia.senra@europarl.europa.eu | http://ageuropa.gal/ | @LidiaSenra

Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Maria Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
19 de fevereiro de 2018 15:38

____________________

mércores, febreiro 14, 2018

Acto lúdico reivindicativo con motivo do San Valentín, convocado pola Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres- Este mércores 14 de febreiro, na Praza do Inferniño a partir das 6 da tarde. - Para desfacer o mito do amor romántico, un elemento cultural mais que posibilita a perpetuación do patriarcado


Este mércores 14 de febreiro: Acto lúdico reivindicativo con motivo do San Valentín, na Praza do Inferniño a partir das 6 da tarde.

A Marcha Mundial das Mulleres de Ferrol vai realizar un acto lúdico-reivindicativo con motivo da celebración de San Valentín. Con esta actividade preténdese explicar á sociedade que o mito do amor romántico é un elemento cultural que posibilita a perpetuación do patriarcado a través das relacións de parella e que entraña o perigo de que se entendan motivadas polo amor relacións de maltrato, de sometemento e anulación da liberdade das mulleres.

"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza


Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
10 de fevereiro de 2018 20:23

____________________

martes, febreiro 13, 2018

Entrega Colectiva do Recurso contra o inxusto recibo pola Depuración, emitido por Emafesa - O acto terá lugar o vindeiro xoves 15 de febreiro, ás 11:30hs, no rexistro do Concello de Ferrol - E intervención no Pleno do venres 16 - Mesa Informativa en Caranza o mércores 14 - Acceder ou baixar o Modelo de Recurso

Entrega de Recursos contra o levantamento da suspensión da Taxa
15 de decembro de 2017 -Foto de Daniel Alexandre.
O vindeiro xoves 15 de febreiro, ás 11:30hs, como xa tiñamos anunciado, procederemos a unha Entrega Colectiva do Recurso de Reposición contra o recibo pola Depuración emitido por Emafesa, o pasado 13 de xaneiro deste ano 2018. Con toda probabilidade tomaremos a palabra na continuación do Pleno que quedou pendente do último xoves de mes que está previsto que se celebre pola mañá do venres día 16 de febreiro que vai ter lugar desde as 9 da mañá.

Entregaremos o Recurso no rexistro do Concello de Ferrol, mais tamén repartiremos fotocopia do modelo do mesmo, para quen queira presentar o Recurso ese mesmo día pola mañá, desde as 10:30 hs e mesa informativa.

Achegamos en ficheiro anexo, formato pdf, 4 páxinas. o modelo de Recurso de Reposición contra o recibo pola Depuración emitido por Emafesa, o 13 de xaneiro deste ano 2018, e que se está cobrando estes días.

Desde a Plataforma elaboramos este modelo para que a veciñanza poda exercer os seus dereitos.

Este mércores 14 de febreiro, continuaremos coas mesas informativas, desta vez diante do Mercado de Caranza, pola mañá, desde as 11:30hs, na cal temos pensado repartir copias do Modelo de Recurso.

Presentamos este Recurso porque ...

- O marco legal polo que se pasa a cobro esta factura que se recorre, é irregular...

- O prezo fixado na factura pola que se presentan estas alegacións, está avultado...

- O cálculo de consumo eléctrico que fai Emafesa está aumentado, así como os caudais a depurar...

- Hai unha diferencia de 177.474 euros entre as previsións de Emafesa do custe da xestión dos interceptores e tanques e o real polo que se licitou...

- Ten un custo superior aos custos do servizo porque inclúe o saneamento rural, até agora inexistente, e parte do custe dos interceptores e tanques, declarados obras de interese xeral...

- O 55,5% dos caudais que temos que bombear e depurar, é a auga procedente da chuvia...

- Fica claro que este acto administrativo, e a norma (ordenanza fiscal) que o sustenta, son totalmente contrarios a dereito e, polo tanto, deben declararse nulos todos os recibos confeccionados e pasados a cobro por Emafesa...

- O Concello de Ferrol emitiu o recibo e mesmo o cobrou sen ter publicado o edicto de exposición pública do preceptivo padrón...

- Falta o preceptivo informe ou memoria económico-financeira...

- Non se resolveron os case 200 recursos presentados contra o levantamento da suspensión da mencionada Ordenanza de 2014...

- Non se devolveu o importe da factura que se cobrou indebidamente en 2015...

Polo que se solicita que o Concello de Ferrol declare a nulidade da Ordenanza fiscal reguladora da taxa por depuración... A anulación do recibo emitido por Emafesa... E a suspensión cautelar do pagamento da factura emitida por Emafesa en tanto non se resolva este recurso...

Recurso de Reposición en formato pdf, 4 páxinas. | Acceder/Baixar.

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
Alexandre Carrodeguas | Fernando Ramos | Pablo Portero | Bernardo Rego | Lupe Ces |
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
______

domingo, febreiro 11, 2018

Lembranzas, música, e flores no acto do décimo aniversario do pasamento de Carmelo Teixeiro


Era o 5 de febreiro de 2008, estabamos concentrados, como sempre que entra un gaseiro cargado para Reganosa, desde maio de 2007, anunciando-nos o aumento exponencial do perigo que supón un buque cargado dentro da Ría, cando nos chegou a triste nova da morte de Carmelo Teixeiro. "O vento do nordés non permitiu que atracara na planta de gas... Este gaseiro monocasco (Cheikh el Mokrani), o último alento de Carmelo xuntouse ao nordés para demostrar unha vez mais a loucura e sinrazón da localización de Reganosa no medio dunha Ría onde se pon en perigo a vida de miles de persoas e a riqueza marisqueira".[*]

Dez anos despois lembramos con música, flores e palabras o aniversario do pasamento de Victoria Fernández e Carmelo Teixeiro, que estarán sempre presentes, na nosa memoria, compartindo as tarefas do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

"...persoas cunha traxectoria vital de exemplo en valores e principios, salientábeise polo seu compromiso na defensa da Ría de Ferrol e na loita por unha sociedade máis xusta, solidaria e comprometida co medio ambiente".

Tamén este é un momento para lembrar a "todos o compañeiros que nos deixaron neste camiño de loita contra o despropósito gasista, mais que están con nós e verán cos nosos ollos o peche de Reganosa, a planta de gas ilegal e perigosa que nos ameaza todos os días. Unha planta que instalaron no mesmo corazón da nosa Ría, con corrupción e con complicidade política, institucional e mediática".











[*] Daquela o Tanke monocasco LNG Cheikh El Mokrani, non puido entrar na Ría por malas condicións meteorolóxicas, con forte vento e mar de fondo que non garantía a seguridade á hora de ter que pasar o estreito, longo, de pouco calado e fondo rochoso canle da Ría.

Información baseada na enviada por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
10 de fevereiro de 2018 18:33

_______________

sábado, febreiro 10, 2018

A eurodeputada galega Lídia Senra denuncia que a Comisión Europea quere favorecer o mercado das pensións privadas cun novo produto paneuropeo - Ve intolerable que a Comisión Europea estea presionando para desmantelar os sistemas públicos de pensións - E Reclama a retirada da proposta de regulamento ideada para beneficio de entidades financeiras, compañías de seguros e de xestión de activos


Lídia Senra denuncia que a CE quere favorecer o mercado das pensións privadas cun novo produto paneuropeo. | A eurodeputada tacha de intolerable que a Comisión Europea estea presionando para desmantelar os sistemas públicos de pensións. | Reclama a retirada da proposta de regulamento ideada para beneficio de entidades financeiras, compañías de seguros e de xestión de activos.


A Comisión Europea (CE) está intentado presionar para desmantelar totalmente os sistemas públicos de pensións. Así o asegurou este venres a eurodeputada galega Lídia Senra, que ofreceu unha rolda de prensa en Pontevedra, acompañada por Victoria Portas Mariño, voceira da Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións e membro do Movemento Galego en Defensa das Pensións Públicas (MODEPEN), e polo economista, sindicalista e docente Xabier Pérez Davila. Senra deu a coñecer que a CE presentou unha Proposta de Regulamento para ofrecer un novo produto panaeuropeo de pensións individuais que o que pretende é “alentar un mercado europeo das pensións privadas” para “favorecer” ás entidades financeiras, compañías de seguros e de xestión de activos, que serán quenes leven todos os beneficios. Así, cargou contra este novo paso de construción da UE neoliberal. “Non nos sirve, non é de recibo que a CE faga iso. A CE debería estar impulsando un regulamento para garantir que todos os Estados membro teñan sistemas fortes de pensións públicas. Fronte a isto, está indo xusto polo camiño contrario”, denunciou.

Lídia Senra avanzou que cando a proposta chegue ao pleno do Parlamento Europeo votará en contra e que traballará durante todo o proceso previo de negociación do texto para botalo abaixo. Así, fixo fincapé en que o novo regulamento propón bonificar fiscalmente a todas aquelas persoas que invistan neste produto de pensións privadas, o que se traduce en que sairán beneficiadas aquelas persoas que dispoñan de máis poder adquisitivo para comprar este produto. “As persoas con traballos precarios, as traballadoras e traballadores pobres, as persoas paradas, non van ter capacidade adquisitiva para invertir nun produto privado para no futuro complementar a súa cada vez máis pequena pensión pública. É seguir favorecendo a quen máis capacidade económica ten e a crear cada vez máis desigualdades”, afirmou. Tamén criticou que a bonificación fiscal será diñeiro que deixará de entrar nas arcas públicas e polo tanto derivará en maiores recortes de servizos públicos sanitarios, educación, etc.

Na mesma liña, Victoria Portas lembrou que fai unha semana que un grupo de 30 pensionistas galegas viaxaron ao Parlamento Europeo, convidadas pola propia Lídia Senra, para participar nunha xornada sobre o futuro das pensións públicas e que se ven é algo que xa levan vendo desde hai tempo, alí evidenciaron que a UE segue o camiño da privatización e das pensións de subsistencia. A voceira de MODEPEN arremeteu contra o feito de que a CE estea intentado colar esta novo produto paneuropeo de forma “calada” e con métodos case “ocultos”. “Non se coñece e temos que contarllo a toda a cidadanía”, dixo.

Na súa quenda, Xabier Pérez Davila defendeu que as pensións públicas son “totalmente viables” e que “os informes periódicos da CE así o demostran”. Pérez Davila fixo unha análise en cifras e explicou que desde o inicio da crise económica, os traballadores e traballadoras do Estado español perderon ao ano máis de 36.400 millons de euros de salarios. Se a estes lle aplicasemos o tipo de contencións, o sistema público de pensións do Estado español tería uns ingresos adicionais de máis de 10.000 millóns de euros ao ano que serviría para equilibrar o 60% de deficit do sistema. Ademais, apuntou á posilidade que xa se está poñendo en práctica en moitos países, onde as pensións públicas páganse con impostos. Segundo datos de Eurostat, a recadación fiscal do Estado español é inferior en 7 puntos á media da UE dos 28. “A diferencia é incluso moito maior se nos comparamos con Suecia, chegando aos 15 puntos porcentuais menos”, dixo. “Se aquí recadaramos en impostos o mesmo que a media da UE dos 28, o Estado español tería 78.000 millóns de euros máis, é dicir, 4 veces o déficit da Seguridade Social”, argumentou.

Para Pérez Davila, a resposta a por que a CE está apostando por acabar coas pensións públicas e promocionar as privadas é clara. Xa no ano 1994, o Banco Mundial publicou un infome no que propoñia reducir as pensións públicas para deixar espazo para aumentar os fondos privados de capitalización. As cotizacións sociais que fan os traballadores e traballadoras do Estado español superan os cen mil millóns de euros cada ano, cartos que van das nómimas dos traballadores e traballadoras activos aos xubilados. “Eses cartos pasan por diante dos ollos do presidente do BBVA e da presidenta do Santander, por exemplo, sen que poidan tocalos e iso resúltalles insoportable, non poden soportar non facer beneficio con todos eses cartos, e aí está o motivo verdadeiro. A CE quere que en lugar de existir solidariedade entre xeracións de traballadores e traballadoras haxa un negocio para a señora Botín e compañía e equivalentes noutros países”, denunciou.

Así, Lídia Senra, Victoria Portas e Xabier Pérez fixeron un chamamento a tomar este problema como un problema de todos e todas. “A Seguridade Social somos todos e tomas e se queremos ter prestacións públicas de calidade, asistencia sanitaria, servizos, etc, temos que saír á rúa, non só as persoas que son pensionistas ou próximas en idade a selo, senón toda a sociedade”, dixo Victoria Portas. “Non podemos prescindir do sistema público”, reclamou, para asegurar que as pensións máis baixas de todo o Estado español son as galegas. “Sen embargo, a, ministra dinos que son pensións dignas… Non o son!”, exclamou.

En efecto, aportou Xabier Pérez, 1 de cada 4 pensións no Estado español deben ser complementadas porque son mínimas a día de hoxe e na Galiza isto aínda se agudiza máis. O importe medio da pensión en Galiza é de 780 euros, fronte aos 926 euros da media estatal e os 1.090 euros da pensión media en Madrid. Mirando por xéneros, a cuestión aínda é máis grave. A pensión media feminina é moi inferior á masculina, xa que a pensión media de xubilación das mulleres non chega aos dous terzos da dos homes. A femenina é de 790 euros e a masculina de 1.240 euros a nivel estatal.

Non podemos tolerar que unha persoa ao final da súa vida laboral, cando empeza a ser pensionista, se convirta practicamente en pobre e hai moitas persoas ás que lles pasa isto. A sociedade non se pode permitir estes paos que nos están dando desde os gobernos estatais e desde a UE nesta construción neoliberal que non intenta outra cousa máis que concentrar a riqueza cada vez en menos mans e impedir que a maioría das persoas teñan unha vida digan” zanxou Lídia Senra.

Pontevedra, 09 de febreiro de 2018.

Máis información:

Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL). | lidia.senra@europarl.europa.eu. | No facebook e no twitter.

https://ageuropa.gal/

Enviado por:
ensagem
AGEe Europa
-ageeneuropa@gmail.com-
9 de fevereiro de 2018 16:02
____

venres, febreiro 09, 2018

Acto en Lembranza de Victoria e Carmelo e de todos o compañeiros que nos deixaron neste camiño de loita contra o despropósito gasista, mais que están no noso pensamento e verán cos nosos ollos o peche de Reganosa, a planta de gas ilegal e perigosa


Acto en Lembraza de Victoria e Carmelo.Sábado 10 de febreiro de 2018, ás 12 do medidía, no Parque de Caranza  "Carmelo Teixeiro".

Un acto en Lembranza de Victoria e Carmelo e de todos o compañeiros que nos deixaron neste camiño de loita contra o despropósito gasista, mais que están con nós e verán cos nosos ollos o peche de Reganosa, a planta de gas ilegal e perigosa que nos ameaza todos os días. Unha planta que instalaron no mesmo corazón da nosa Ría, con corrupción e con complicidade política, institucional e mediática.

Este ano cúmprese o X Aniversario do falecemento de Carmelo Teixeiro Menéndez, primeiro Coordinador deste Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol (Febreiro de 2008), e o V da súa compañeira Victoria Fernández Paredes (Novembro de 2013).

Con tal motivo, o CCE convoca, a toda a cidadanía, a celebrar, en lembranza deles, unha ofrenda floral e intervencións poético musicais, que terán lugar o sábado, 10 de Febreiro, ás 12 hs, no Parque Carmelo Teixeiro, de Caranza –Ferrol.

Carmelo e Victoria serán sempre, para todas e todos nos, un exemplo de solidariedade e entrega a todas as causas sociais e sobre todo a loita mantida nos últimos anos en defensa da Ría e da vida, contra a ameaza permanente da Planta de Gas de Reganosa.

Ferrol polo mar e pola vida


https://youtu.be/xFTzfTwFCr0

O documental, Ferrol, polo mar e a vida, céntrase na denuncia da planta de gas de Reganosa e foi premiado cun accesit no Certame 'Video Diversidade' de Ecoloxistas en Acción. | + Info.
--
INMEMORIAM

José Gabeiras - presidente de honra do Comité Cidadán in aeternum (Xaneiro de 2005), Xaime Quessada (Decembro de 2007), Santiago Torrente 'Tito' (Marzo de 2009), Tino Deibe (Maio de 2010), Regino Varela (Xullo de 2014), Ramón Capotillo (Febreiro de 2015), Luís Matalobos (Outubro de 2015), Julio Videira (Xuño de 2016), Joaquín Cupeiro (Decembro de 2016), Julio Pico (Xuño de 2017) e Bernardo Bastida, (Xaneiro de 2018).


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

Info baseada na enviada por::
Comite Cidadan de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
8 de fevereiro de 2018 09:28
_______________________

Resposta inadecuada e insuficiente do Goberno Español ao dictame das Nacións Unidas por non garantir unha vivenda alternativa a unha familia desafiuzada - Varias organizacións lamentan a resposta do Goberno Español ante a condena e as recomendacións do organismo internacional


Resposta inadecuada e insuficiente do Goberno Español ao ditame das Nacións Unidas


Varias organizacións lamentan a resposta do Goberno Español ante a condena e as recomendacións de Nacións Unidas por non garantir unha vivenda alternativa a unha familia desafiuzada


Denuncian que a resposta do Estado español ante as recomendaciones emitidas polo Comité DESC (Dereitos Económicos, Sociais e Culturais) de Nacións Unidas, que condenaba a España por vulnerar o dereito á vivenda no caso dunha familia con fillos menores de idade, de 1 e 3 anos, foi inadecuada e insuficiente.

As persoas desafiuzadas habían ter que vivir nun coche durante uns dez días por falta de recursos.


O Comité DESC (Dereitos Económicos, Sociais e Culturais) de Nacións Unidas condenou ao Reino de España en xullo de 2017 por vulnerar o dereito á vivenda ao non garantir o acceso a unha vivenda alternativa a unha familia que, con dous fillos menores de idade, fora desafiuzada; e obrigoulle a presentar unha serie de medidas para complementar as recomendacións do ditame. Con todo, a resposta dada por parte das autoridades españolas a esta condena e ás recomendacións de Nacións Unidas, entre as que se atopan a obrigación de ofrecer unha reparación efectiva ás vítimas, asegurar que a súa lexislación e a súa aplicación son conformes coas obrigacións internacionais en materia de dereito á vivenda e a obrigación de previr violacións similares no futuro, foi absolutamente insuficiente. Así o denuncian hoxe as organizacións asinantes, que insisten en que actualmente o Reino de España atópase nunha crise do dereito á vivenda que está afectando por centos de miles de persoas.

O Estado español estrea así, paradoxicamente, membresía no Consello de Dereitos Humanos para o período 2018-2020, ignorando a súa obrigación de responder de xeito adecuado ao Comité sobre como ía outorgar ás vítimas unha compensación económica polas violacións sufridas, ademais de como ía a reembolsarlles os custos legais razoabelmente incorridos na tramitación desta comunicación.

Con respecto ao caso do ditame do Comité, a única resposta que deu o Estado español foi a de informar achega de que a Axencia de Vivenda Social da Comunidade de Madrid iniciou os trámites para que os afectados poidan presentarse aos procedementos abertos para a adxudicación de vivenda pública protexida. Con todo, a familia afectada, que tralo desaloxo viuse obrigada a vivir nun coche durante uns dez días, por falta de recursos e que actualmente habita xa nunha vivenda adxudicada polo Concello de Madrid, asegura que ningunha autoridade do Estado púxose en contacto con eles, nin sequera para mostrar unha desculpa.

Para as organizacións asinantes a resposta do Estado español ao ditame de Nacións Unidas é insuficiente, como tamén é alarmante o feito de que non inclúa, no escrito enviado ao Comité, como vai establecer garantías de non repetición e como vai previr violacións deste tipo no futuro. Ademais, O Reino de España desoe completamente as recomendacións do Comité en materia de vivenda e tampouco ofrece unha soa medida concreta para cumprir o ditame, senón que simplemente remite a documentos pasados xa presentados ante o Comité e previos en calquera caso ao ditame.

As entidades, que mostran unha vez máis a súa preocupación pola falta de cumprimento do Estado español das súas obrigacións con respecto ao dereito á vivenda, esixen:

- Un incremento orzamentario orientado a aumentar o parque de vivendas sociais de alugueiro co fin de garantir o acceso e o realoxo de persoas sen recursos. Este incremento debe reverter o feito de que durante a crise económica e cando centos de miles de persoas perderon as súas vivendas, o Goberno reduciu desde 2009 o orzamento de vivenda en máis dun 70%.

- Reformas das leis procesais, incluída a Lei de Enxuiciamento Civil, para incrementar as garantías de protección do dereito á vivenda incluíndo o xuízo de proporcionalidade que obrigue aos xuíces a avaliar caso por caso a proporcionalidade e razonabilidade dos desafiuzamentos de vivendas que a xurisprudencia do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos xa esixe.

- A adopción de protocolos que melloren a coordinación entre xulgados e servizos sociais orientados a garantir ás persoas sen recursos un aloxamento adecuado alternativo.

- A reforma da Lei de Arrendamentos Urbanos para reforzar os dereitos das persoas arrendatarias e protexer a súa seguridade á tenencia da vivenda.

8 de febreiro de 2008

Máis información

O Reino de España tiña que presentar, no prazo de seis meses desde que o Comité DESC emitiu o seu ditame en xullo de 2017, unha resposta por escrito que incluíse información sobre as medidas tomadas tralo ditame e as recomendacións do Comité.

As organizacións asinantes deste comunicado, Amnistía Internacional, Arquitectura Sen Fronteiras (ASF), Centro de Asesoría e Estudos Sociais (CAES), Federación Europea de Asociacións Nacionais que traballan con Persoas sen fogar - FEANTSA-EANTSA (representada por Cáritas Española), Federación de Asociacións Vecinñais de Barcelona (FAVB), Federación Rexional de Asociacións Veciñais de Madrid (FRAVM), Fundación do Consello Xeral da Avogacía Española, Observatori DESC, Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) e Sindicato de Inquilinos, conformaron un grupo de monitoreo da sociedade civil, orientado ao cumprimento por parte do Estado do ditame.

Enlace web oficial do CAES - Centro de Asesoría e Estudos Sociais:

http://www.caesasociacion.org/

Fonte: Enviado pola PAH.

TODOS OS MARTES (EXCEPTO FESTIVOS) VEMO-NOS EN CARANZA, POLA TARDE, ENTRE AS 17:00 E 19:00 HORAS, NO LOCAL DE FUCO BUXÁN (RÚA ARMADA ESPAÑOLA, Nº 32 BAIXO) ESTAMOS XENTE DE STOP-DESAFIUZAMENTOS DA REDE DE APOIO MUTUO DE FERROLTERRA E DA PAH DE FERROL E COMARCA. SE QUERES PARTICIPAR ACHEGA-TE.



Nin Casas sen Xente, Nin Xente sen Casas !
Contra o abuso bancario !
Polo dereito a unha vivenda digna e adecuada!
Si se Pode !! Saúde e Vivenda Digna !!

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra | Está Adherida ás PAHs (17.03.2013) e forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs.

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Páxina no facebook:
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

Local:
Avda. Castelao S/N.
Local de Arméria Soc. coop. Galega
Traseira do Mercado Municipal de Caranza
1406-Ferrol____________

mércores, febreiro 07, 2018

A loita contra a estafa da taxa de depuración continúa - Así foi a mobilización deste mércores 7 de febreiro en Ferrol - Vídeos e recurso para baixar - Por unha taxa xusta, explicada, xustificada e participada


A Plataforma na defensa dos servizos públicos pola remunicipalización, convocou este 7 de febreiro de 2018, unha concentración diante do concello de Ferrol para denunciar o cobro da taxa inxusta, avultada, ilegal e non participada, que o goberno de Jorge Suárez recuperou, unha taxa imposta polo PP no 2014 e agora, posta outra vez en vixencia polo goberno de Ferrol en Común, que aumenta o volume de negocio de EMAFESA, beneficiando á parte privada SOCAMEX.




https://youtu.be/sUVxYtxmO3A

Intervención de Alexandre Carrodeguas.

Veciñas e veciños, hai tres anos estabamos aquí para denunciar unha taxa irregular que pretendía cobrarnos o anterior alcalde Rey Varela.

Hoxe volvemos a estar aquí porque o actual goberno municipal pretende cobrarnos esa mesma taxa, que beneficia unicamente á parte privada de Emafesa.

Unha taxa fraudulenta por estar baseada nun contrato eléctrico onde a potencia contratada é moi superior á necesaria, un contrato que avulta as estimacións de consumo eléctrico e os caudais a depurar.

Agora todos estes incumprimentos xeraron, xunto coa nefasta xestión de Socamex (Parte privada de Emafesa), unha débeda millonaria no servizo de augas e unha depuradora nunha situación irregular, que debería xestionar Augas de Galicia até ser mancomunada.

O único que pretenden é que paguemos as débedas que xeraron a súa incompetencia e nefasta xestión.

Desde o Concello seguen sen contestar a uns 200 recursos de reposición e sen devolver os 800.000 euros cobrados indebidamente.

Desde a Plataforma vimos solicitando ao goberno de Jorge Suárez que elabore unha Taxa de Saneamento e Depuración xusta, explicada, xustificada e participada. A súa resposta foi volver a impoñer a taxa do PP.

Tampouco o Alcalde abriu expediente a Emafesa, nen se informou a Fiscalía, nin se realizou auditoría, por todos os incumprimentos cometidos, tal e como anunciara en 2015, endosando-lle á veciñanza e ao pequeno comercio e hostalaría, o servizo de saneamento e depuración máis caro de todas as cidades galegas.

Ninguén, pode negar a importancia do saneamento e depuración das augas residuais para preservar o medio ambiente e recuperar a nosa Ría. O dereito ao saneamento e á auga, é un dereito humano, non un negocio, por iso reclamamos o retorno da súa xestión a mans públicas.

O Goberno Municipal esta pasando ao cobro, nestes días co recibo de Emafesa, a taxa de depuración, a sabendas de que é unha taxa inxusta e moi elevada, por riba do custe do servizo que se presta. Ferrol é a cidade mais empobrecida e avellentada de Galicia, pero vai pagar as taxas máis elevadas de sumidoiros, saneamento e depuración, das sete cidades galegas.

Desde a Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos pola Remunicipalización, cremos que se pode garantir o dereito humano á auga e ao saneamento, sen que se faga a costa de aumentar os negocios espurios das grandes empresas. Unhas grandes empresas que dun xeito opaco, fixan os prezos, os modelos a aplicar, as inversións, dun xeito monopolista e fraudulento.

Contamos con todas e todos vós para continuar con esta loita xusta, nunha cidade moribunda que precisa do alento e a forza de todas e todos nós.
___


https://youtu.be/aiPMdy-Z6AU

Intervención de Lucía Vizoso

Boas tardes !

Desde a Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, queremos informar que temos a disposición de quen queira, as copias dun modelo de Recurso de Reposición. Este recurso elaborado pola Plataforma, é contra o Recibo polo servizo de depuración que Emafesa está pasando ao cobro estes días.

Rematada esta concentración quedaremos membros da Plataforma aquí nos arcos da Casa do Concello, a disposición de quen queira un modelo de recurso e para clarificar calquera dubida que houbera, explicar o recibo, ou outra cousa ao respecto.

Mañá xoves e pasado, venres, estaremos aquí na Praza cunha Mesa Informativa. Integrantes da Plataforma intentaremos asesorar e clarificar calquera dubida ao respecto, tamén teremos copias do noso modelo de Recurso a disposición da veciñanza.

E por último informar que o xoves da semana que ven, 15 de febreiro, desde as 11 e media da mañá estaremos aquí, nesta Praza, para promover unha presentación colectiva do recurso, para animar ao resto da veciñanza a que o presente na defensa dos seus dereitos. Non deixemos que a Estafa continúe, demandemos unha Taxa Xusta, Explicada, Xustificada e Participada.

O 28 de xullo de 2010, a través da Resolución 64/292, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas recoñeceu explicitamente o dereito humano á auga e ao saneamento, reafirmando que unha auga limpa e potábel, e o saneamento, son esenciais para a realización de todos os dereitos humanos. A auga non é un negocio, é por iso que reclamamos a xestión pública do ciclo da auga, unha Emafesa 100% Pública.

Damos por rematada a Concentración e só reiterar que membros da Plataforma quedaremos agora aquí, nos arcos da Casa do Concello, a disposición de quen queira recoller un modelo de recurso e para clarificar calquera dubida que houbera. E o da entrega colectiva de recursos, aquí mesmo, para o xoves da semana que ven, 15 de febreiro, desde as 11 e media da mañá.


https://youtu.be/5SaIU_hRciA

Ao final, falou o compañeiro Fernado Armesto Ramos -lamentamos non dispoñer de vídeo, para poñer énfase nas propostas da Plataforma elevadas ao Alcalde no transcurso de case tres anos de loita.
---

RECURSO DE REPOSICIÓN CONTRA A FACTURA DO SERVIZO DE DEPURACIÓN. | 4 PÁXINAS EN FORMATO PDF. | ACCEDER/BAIXAR.



PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Alexandre Carrodeguas | Fernando Ramos | Pablo Portero |  Bernardo Rego | Lupe Ces  |
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com | https://plataformaferrol.blogspot.com.es__________

martes, febreiro 06, 2018

Despois do grande suceso de mobilización en toda Galiza e a grande manifestación desta fin de semana en Compostela, SOS Sanidade Pública convoca a súa coordinadora galega e a todas as plataformas comarcais, para avalaiar a situación e ver os seguintes pasos na loita na defensa da Nosa Sanidade Pública - Vídeo


Convocatoria Reunion SOS Sanidade


Trala enorme manifestación de onte domingo , na que miles e miles de cidadáns e cidadás mostraron o seu rexeitamento ao proxecto de contrarreforma da Lei Galega de Saude e á política de desmantelamento e privatización do sistema sanitario público galego, desde a Plataforma SOS Sanidade Pública, queremos en primeiro lugar facer un recoñecemento expreso ás Plataformas da Mariña, Monforte, Ou Barco e Ou Salnés, que iniciaron as mobilizacións contra o desmantelamento dos seus hospitais comarcais.

Posteriormente o resto de Plataformas para a Defensa da Sanidade Pública de toda Galicia foron capaces de mobilizarse e  explicar á cidadanía e profesionais sanitarios os riscos do proxecto de contrarreforma e dos recortes sanitarios de Núñez Feijoo, e sumalas á mobilización. A Xunta de Galicia non só quere pechar as 4 áreas sanitarias, senón que ademais pretende lexitimar as Estruturas de Xestión Integrada (EOXIS) que supuxeron a absorción da Atención Primaria polas Gerencias Hospitalarias o que conduciu ao deterioro dun nivel esencial para garantir a promoción, a prevención e a atención próxima da poboación; fragmentar e privatizar a xestión do sistema creando chiringuitos de xestión privada con persoal precarizado; poñer os recursos de Investigación, Desenvolvemento e Innovación en mans de laboratorios, industria tecnolóxica e fondos de investimento internacional;  acabar coa participación social no control do sistema; etc., etc..

Esta manifestación unitaria foi posible grazas ao apoio e colaboración dos partidos, organizacións veciñais, sindicatos, asociacións de enfermos, asociacións de profesionais da saúde, ONGs, concellos e deputacións gobernadas por forzas progresistas, etc.. Todos traballaron cunha enorme xenerosidade e lealdade, antepoñendo os dereitos sanitarios da poboación galega ao seus lexítimos intereses.

Ata agora o sistema sanitario galego tiña un problema, pero tras esta enorme mostra de rexeitamento social, quen o ten agora é Núñez Feijoo.

Mañá martes iníciase o debate parlamentario de proxecto de cambio de Lei, onde os grupos parlamentarios progresistas poderán poñer encima da mesa o gran rexeitamento social ao mesmo.

Para analizar o complicado proceso que fomos capaces de desenvolver, as consecuencias da manifestación e acordar os seguintes pasos a dar na batalla pola sanidade pública, convócase a todas as Plataformas de Galicia o vindeiro xoves día 8 ás seis da tarde na sé do Sindicato UGT de Santiago (salon de actos planta baixa).

Saúdos

Manuel Martin

Portavoz

https://sossanidadepublica.wordpress.com/

Buscanos en facebook.
--

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
www.plataformadspferrol.blogspot.com
plataformadspferrol@gmail.com

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
5 de fevereiro de 2018 17:08
____________________


https://youtu.be/veLStsrywEQ


__________

luns, febreiro 05, 2018

Apresentaçom, en Ferrol, do livro 'A contradición permanente' com Martinho Noriega e Daniel Salgado, a terça-feira 6 de fevereiro, às 20.30horas, na Fundaçom Artábria - E a quarta-feira 6 de fevereiro, às 20.30hs decorrerá no Centro Social umha tertúlia com o ecologista e bombeiro Martin Hutchinson


Apresentaçom do livro "A contradición permanente" com Martinho Noriega e Daniel Salgado

Amanhá, terça-feira 6 de fevereiro, às 20.30horas apresenta-se na Fundaçom Artábria o livro da Editorial Xerais "A contradición permanente, conversación sobre cinco anos de política convulsa 2012-2017" do Alcalde de Compostela Martinho Noriega, e o jornalista Daniel Salgado. No ato contaremos, convidado polos autores, da presença do alcalde de Ferrol Jorge Suárez.

Ficha do livro

"Hai anos en que todo se acelera. Xornadas que valen por décadas anódinas. Momentos en que rompe a continuidade da historia e abre paso a novas experiencias, a contradicións antes non exploradas. Entre 2012 e 2017 a esquerda e o nacionalismo galego viviron un destes períodos excepcionais. Como tradución na instancia política da brutal crise económica, as rupturas e recomposicións marcaron o campo progresista: das escisións no BNG e a irrupción de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) ás mareas municipalistas e a terceira lexislatura de Alberto Núñez Feijóo. Ao tempo, os novos continxentes de militantes e activistas comprobaron os límites das institucións, as propias insuficiencias ideolóxicas e a reacción do bloque dominante ao que, por veces, este percibiu como ameaza.Martiño Noriega, médico e actual alcalde de Santiago á fronte de Compostela Aberta, e mais o xornalista Daniel Salgado conversan en "A contradición permanente" sobre cinco anos de convulsións, tentativas de unidade, desencontros e avances. Trátase dunha memoria incómoda pero implicada, que procura ser útil, arredor destes tempos interesantes".


Tertúlia com Martin Hutchinson esta quarta-feira na Fundaçom Artábria

Quarta-feira 6 de fevereiro, às 20.30hs decorrerá no Centro Social umha tertúlia com o ecologista e bombeiro Martin Hutchinson. O ato será moderado polo militante de ADEGA-Trasancos Enesto Lopes "Nês".

A vida de Martin Hutchinson, nado em Machester há 56 anos, tem ao menos três grandes etapas. A primeira a sua vida de bombeiro em Inglaterra até o ano 2006. E as outras duas, depois: o de viageiro incansável por todo o mundo, primeiro a pê e depois em bicicleta especial, e o da sua luita na defesa do meio ambiente. Estas duas vam juntas. Leva visitado decenas de países, incluído a Galiza, criando consciência contra a destruiçom do planeta a través de palestras e conferências.

--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!

....

A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
5 de fevereiro de 2018 13:08
5 de fevereiro de 2018 18:32
______________________

Convocamos unha Concentración en Ferrol por unha Taxa Xusta, Xustificada e Participada - Mércores 7 de febreiro ás 6 da tarde na Praza do Concello - Defendamos os nosos dereitos, non deixemos que a Estafa Continúe - Participa !!


Convocamos unha Concentración en Ferrol por unha Taxa de Depuración Xusta, Xustificada e Participada.

Mércores 7 de febreiro ás 6 da tarde na Praza do Concello.

Defendamos os nosos dereitos, non deixemos que a Estafa Continúe.

Participa !!


Para apoiar a Concentración hai un evento no Facebook:
https://www.facebook.com/events/558208254549579/

Folla Informativa para difundir a convocatoria da Concentración. | En B/N e formato pdf. | Acceder/Baixar.


Folla Informativa para difundir a convocatoria da Concentración. | A Cor e  formato pdf. | Acceder/Baixar.

Táboa Comparativa das Taxas nas Sete Cidades + Narón. | Acceder/Baixar.

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Alexandre Carrodeguas | Fernando Ramos | Pablo Portero |  Bernardo Rego | Lupe Ces  |
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com | https://plataformaferrol.blogspot.com.es

___________

xoves, febreiro 01, 2018

'O problema da sanidade pública galega non é de funcionamento senón de desmantelamento', di Xosé María Deus, portavoz de SOS Sanidade Pública, nunha entrevita realizada por Miguel Pardo - Explica os motivos que levaron á plataforma a convocar unha gran manifestación contra a nova lei de saúde da Xunta - Mobilización nacional que se celebrará en Santiago de Compostela o domingo 4 de febreiro ás 12 do mediodía na Alameda


"O problema da sanidade pública galega non é de funcionamento senón de desmantelamento"

Xosé María Deus, portavoz de SOS Sanidade Pública, explica os motivos que levaron á plataforma a convocar unha gran manifestación contra a nova lei de saúde da Xunta. | Miguel Pardo 22/01/2018


O proxecto da nova Lei de Saúde impulsado polo PP volveu a sacar miles de persoas ás rúas, sobre todo nas áreas sanitarias que a iniciativa quere suprimir. Sindicatos, asociacións veciñais, concellos e diferentes colectivos manifestáronse en Galicia contra unha modificación lexislativa que enmarcan nun novo "ataque" á sanidade pública e nun proceso de "privatización" do sistema sanitario galego. A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou o 24 concentracións en diferentes localidades, todas elas previas á gran manifestación que se celebrará en Santiago de Compostela o domingo 4 de febreiro ás 12 do mediodía na Alameda. Falamos cun dos seus portavoces, Xosé María Deus, médico de Atención Primaria na localidade de Outes.

Convócanse concentracións en todas as áreas sanitarias e manifestación o día 4 de febreiro en Compostela. Cal é o motivo principal destas mobilizacións?
Hai dous motivos fundamentais. O primeiro é que o PP, en pleno mes de agosto, presenta o proxecto de modificación da Lei de Saúde de 2008, que era unha boa lei aínda que sen desenvolver. Con esta iniciativa, o que se fai é eliminar as áreas sanitarias, con todo o que iso significa. Como exemplo, o Hospital dá Costa de Burela vai pasar a depender de Lugo e xa non da súa xerente e dos seus directivos... Veremos como se decatan no Hospital de Lugo délo que está ocorrendo cos urólogos na Mariña. O argumento da Xunta é que con esta reforma achégase a sanidade aos cidadáns, pero é ilóxico dicir isto cando se retiran xerentes e o equipo directivo destas zonas, a onde, por poñer outro exemplo, iría un día un urólogo de referencia e ao día seguinte, outro. Pasan a ser meros distritos, tanto na Mariña como en O Salnés, en Monforte ou no Barco.

Pero hai máis...

Aproveitando toda esta lea, o día 10 de xaneiro entrou en vigor tamén a modificación da Lei de Garantías que, basicamente, implica que si pides cita, pasan 45 días e no Sergas non cha dan para unha consulta ou proba diagnóstica, ou 60 días no caso dunha intervención cirúrxica, derívanche á privada. Obviamente, si o persoal e os recursos redúcense, os prazos non se van a cumprir nunca. Esta mesma semana eu enviei a unha enferma a traumatoloxía. ¡E déronlle cita para dentro de dez meses!

É así de dura a realidade na sanidade pública galega?

Esa é a realidade. É a propia Administración a que incumpre os seus prazos porque non pon os medios para que se cumpran. Calquera que estea metido no sistema sanitario sabe que é inviable porque o propio Sergas faio inviable. Aquí non se fai como en Madrid, onde se fixeron hospitais que logo se privatizaron; aquí, directamente, pásanse os pacientes da pública á privada. É algo moi lesivo para os intereses da sanidade pública de Galicia. Como pode dicir a Xunta que este novo modelo achega a sanidade aos cidadáns ou mellora o sistema? Deben pensar que falan para xente parva ou que non entende. Como vai mellorar o sistema si estamos vendo cada pouco como con cada pico de gripe satúranse os hospitais ou os servizos de Urxencias?

O presidente da Xunta réstalle importancia a esas saturacións...

Feijóo tamén dixo que no canto de amontoar xente nos corredores de Urxencias, mellor que se amontoen nas habitacións... Home, tamén podía poñer literas, pero calquera que entenda como funciona o sistema sanitario sabe que iso implica persoal de limpeza, de cociña, enfermeiros, médicos, etc. Non é só ter ao paciente paciente, senón ter os recursos e o persoal para atendelo. É unha verdadeira irresponsabilidade dicir estas cousas.

As críticas de sindicatos, pacientes e plataformas insisten na falta de recursos e persoal. A que cre que se deben estas carencias? É unha decisión política? Económica?

É unha política definida que consiste en desmantelar o sistema sanitario publico para que sigan crecendo os grandes hospitais privados. É a política do goberno do PP e todo o que fai encamíñase a iso, do mesmo xeito que privatizan a docencia ou a investigación. Créanse organismos ad hoc para privatizar, como a Axencia Galega de Colocación. Calquera persoa que observe isto desde fóra pensará que como é posible gobernar sendo tan forte cos débiles e tan débil cos fortes, pero é así.

Hai un problema de xestión nos hospitais?

Si desgranamos o problema, darémonos conta de que non nace nos hospitais senón na Atención Primaria. Cando se crearon as EOXI (xerencias de xestión integrada), desmantelaron a Primaria, quitaron a xerencia e pasamos a depender dos hospitais. É o que nós denominamos hospitalcentrismo, porque toda a sanidade pública pasa a depender destes centros. So desmantelas os servizos de Primaria, non pos substitutos e non cobres prazas, é evidente que a xente se busca a vida. Si unha persoa doente pide cita e non lla dan ata tres ou catro días despois o que fai é buscar alternativas e acode aos PAC (Punto de Atención Continuada) ou a Urxencias. O problema non nace no hospital porque non haxa camas, que tamén, senón en Primaria. Si non es capaz de absorber toda a demanda, a xente acode aos hospitais, que recollen todo aquilo que non é atendido na Primaria. É de sentido común.

É, entón, unha cadea?

É unha cadea pero nace onde nace. Non vale ese diagnóstico, que emprega Feijóo, de que o problema nace por un mal funcionamento nos hospitais. Pois non, iso é un erro porque o problema nace noutro lugar. Pero con todo, a quen lle corresponde que os hospitais funcionen ben é a el e ao Sergas e non aos traballadores. O bo funcionamento do sistema depende deles e si non son capaces de logralo, que os actuais xestores déixeno e pase a quen saiba resolvelo. O problema non é de funcionamento senón de desmantelamento do sistema sanitario.

Á hora de analizar o problema, o Sergas tamén sinala a cidadanía que fai un mal uso das Urxencias.

Si nas autopistas a culpa é dos condutores por querer pasar 18 horas no medio da neve, aquí dinche que a culpa é da xente que non acode ao primeiro nivel asistencial. Iso é mentira e botar balóns fóra, acusando á parte máis débil da cadea, que é o enfermo. A xente claro que vai á Atención Primaria, como non vai ir si eu mesmo hei ter 53 pacientes no pico da gripe... Pero si a min chegáronme dez persoas sen cita, outras dez irían ao hospital para ser atendidos. Non hai recursos.

Describe unha realidade moi complicada, cre que é consciente a maioría da sociedade dela?


Si non se sabe máis é porque grandes medios de comunicación non reflicten esta realidade, senón os informes que día tras día saca a Consellería de Sanidade e que falan dunha Galicia no país das marabillas. Calquera que viva o sistema sanitario en primeira persoa sabe dabondo que non funciona como din. E sábeo tamén calquera que vaia a pedir cita porque comproba que iso dos 45 días de espera é unha falacia. Con todo, hai medios que apoian a versión do Goberno e non fan caso das denuncias que se fan, pero vanse a decatar do que pasa coa gran manifestación do 4 de febreiro.

Fala de falta de recursos e medios, de privatización, pero que medida urxente tería que tomar a Xunta para solucionar os problemas da sanidade pública?


É moi fácil. Hai unha Lei de Saúde do ano 2008 que está sen desenvolver e que, sen ser a mellor, é moito mellor que a que se quere aplicar agora; hai que desenvolvela con consenso. Tanto o ensino como a sanidade ou a dependencia son cuestións que hai que resolvelas por consenso. Non pode vir un partido, por moito que teña maioría absoluta por catro anos, a facer o que lle dea a gana ou a desfacer o que lle dea a gana. Teñen que sentarse os partidos cos sindicatos, as asociacións de pacientes, as plataformas sociais e sanitarias, os concellos e as asociacións de veciños e desenvolver a lei de 2008. E o que non se pode facer, sobre todo, é facer as cousas en contra de todos.

De todos?

Na plataforma estamos elaborando un vídeo no que xuntamos a persoas que explican a situación da sanidade pública. Nel aparecen partidos, sindicatos, plataformas, veciños... ¡E ningún membro do PP! Pero claro, que imos esperar dun partido que presentou o proxecto para modificar a Lei de Saúde en pleno mes de agosto e que o levou ao Parlamento o 7 de decembro, no medio dunha ponte festivo? Quéreno ocultar porque saben do rexeitamento que hai, pero deron en óso. Imos impedir que o PP desmantele o sistema sanitario público galego.

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
www.plataformadspferrol.blogspot.com
plataformadspferrol@gmail.com

Foto: Praza Pública.

Enviado:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
26 de janeiro de 2018 17:40

__________

mércores, xaneiro 31, 2018

Palestra sobre 'A historia de Ferrol. Revolta popular marzo 1918'', na conmemoración do seu centenario, este mércores 31 de xaneiro, ás 8 da tarde, na Sala de Actos da EOI e falarán: Laura Tato, profesora da UDC e Joám Lopes, historiador -


Revolta Popular Marzo 1918


Dando continuidade às actividades de conmemoración do centenário da Revolta Popular de 1918 decorrerá, mañá mércores, unha palestra baixo o título 'A historia de Ferrol. Revolta popular marzo 1918'.

Nesta ocasión, o acto organizado pola Comisión Revolta Popular Marzo 1918, será na Sala de Actos da EOI às 20hs e falarán: Laura Tato, profesora da UDC e Joám Lopes, historiador.

E.O.I. - Escola Oficial de Idiomas Ferrol
Rúa Real, nª 29

Enviado por:
Vítor Santalha
-vitorsantalha@gmail.com-
30 de janeiro de 2018 11:42


En relación:

O pasado 25 de xaneiro deste ano 2018, na sesión ordinaria do Pleno do Concello de Ferrol, aprobaba-se unha moción do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego -BNG,  para instar ao  Concello de Ferrol a apoiar e sumarse ás actividades de celebración do Centenario da Revolta Popular Marzo 1918. Joam Lopes, interveu, ao amparo do Regulamento de Participación Cidadán, para facer unha recesión dos sucesos do 1918 en Ferrolterra e explicar os motivos que lles levou a constituír unha Comisión Veciñal que promove-se a celebración do Centenario da Revolta Popular, nun acto de recuperación da memoria histórica colectiva de Ferrol e a comarca de Trasancos.
__________________

Presentación en Ferrol de 'El libro negro del ejército español', de Luis Gonzalo Segura, este mércores día 31 de xaneiro ás 19,30 hs, no Ateneo Ferrolán - Organizado por Fuco Buxán A.C.


Presentación en ferrol de 'El libro negro del ejército español', de Luís Gonzalo Segura, este mércores día 31 de xaneiro ás 19,30 hs, no salón de actos do Ateneo Ferrolán. Organizado por Fuco Buxán A.C. Contará coa presenza do autor: Luis Gonzalo Segura -Exteniente do Exército de Terra.

Máis info sobre o autor na súa web persoal:
http://luisgonzalosegura.com/

Asociación Cultural Fuco Buxán: Dirección: Rúa Armada Española, 32 baixo - 15406 - Ferrol (A Coruña) Apartado Correos: 240 - C.P. 15400 - Ferrol Telefono: 981325492 Email:  fucobuxan@gmail.com Visita a nosa web: www.fucobuxan.net Blog:   Pensamento Crítico http://opinionsfuco.blogspot.com.es/  Facebook: http://www.facebook.com/pages/Fuco-Bux%C3%A1n/118931821452749 Twitter: http://twitter.com/FucoBuxan Google+: https://plus.google.com/u/0/108716477794009532670/posts

--

Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055 Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)

Síguenos:
TWITTER: @ateneoferrolan
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
FACEBOOK: https://www.facebook.com/Ateneo-Ferrol%C3%A1n-1430118530577463/
Faite soci@ on line! Colabora con nos!
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2007/12/faite-soci.html

Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350

Info baseada na enviada por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
30 de janeiro de 2018 11:36

_______________________