luns, outubro 29, 2018

A eurodeputada Lídia Senra traerá a Santiago á vicepresidenta da Subcomisión de Seguridade e Defensa do Parlamento Europeo e eurodeputada do Die Linke alemán Sabine Lösing para falar do gasto militar na UE - Senra traerá a Santiago á eurodeputada do Die Linke alemán Sabine Lösing para falar do gasto militar na UE - Lösing é vicepresidenta da Subcomisión de Seguridade e Defensa do Parlamento Europeo e ofrecerá unha charla o 8 de novembro ás 19:00hrs na Facultade de Políticas da USC, presentada por Xavier Vence.



Senra traerá a Santiago á vicepresidenta da Subcomisión de Seguridade e Defensa do Parlamento Europeo e eurodeputada do Die Linke alemán Sabine Lösing para falar do gasto militar na UE. | Senra traerá a Santiago á eurodeputada do Die Linke alemán Sabine Lösing para falar do gasto militar na UE. | Lösing é vicepresidenta da Subcomisión de Seguridade e Defensa do Parlamento Europeo e ofrecerá unha charla o 8 de novembro ás 19:00hrs na Facultade de Políticas da USC, presentada por Xavier Vence.

A eurodeputada galega Lídia Senra pretende coa organización deste acto dar a coñecer como as institucións europeas están reforzando a industria armamentística e comprometendo a paz dentro e fóra da UE

A vicepresidenta da Subcomisión de Seguridade e Defensa do Parlamento Europeo e eurodeputada do Die Linke alemán Sabine Lösing estará na Galiza a vindeira semana, para participar, convidada pola súa compañeira galega dentro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), Lídia Senra, nunha charla-coloquio titulada “Con esta Europa non hai paz. Non ao gasto militar”. O acto, ao que Lídia Senra anima a acudir a todas as persoas sensibles e comprometidas coa paz, terá lugar no Salón de Graos da Facultade de Políticas da Universidade de Santiago de Compostela (USC), o xoves 8 de novembro ás 19:00 horas, e será presentado polo catedrático de Economía Aplicada na USC Xavier Vence.

Senra, organizadora do evento, considera fundamental dar a coñecer como as institucións europeas “están comprometendo a paz na UE”. Así, a europarlamentaria galega denuncia que nestes momentos estase negociando o Marco Financeiro Plurianual para o período 2021-2027 e “as cifras destinadas á militarización e ao reforzo da industria armamentística non deixan lugar a dúbidas”. Así, a fronteiras exteriores e seguridade destinaranse 21.300 millóns de euros, fronte aos 5.600 millóns do período anterior. En seguridade e defensa, investiranse 27.515 millóns de euros e dentro desta partida hai 13.000 millóns para crear un fondo novo de Defensa. E o capítulo de infraestruturas para facilitar a mobilidade militar financiarase con 6.500 millóns de euros dentro do Mecanismo Conectar Europa.

A Alta Representante da Unión Europea para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade e Vicepresidenta da Comisión Europea, Federica Mogherini, propón crear un ‘Mecanismo de Apoio á Paz’ para reforzar posibles accións conxuntas en países de fóra da Unión. Mal se pode apoiar a paz preparándose para intervir”, advirte Lídia Senra, que agarda que a charla-coloquio do 8 de novembro en Santiago sirva para informarse, debater e poñer en común a preocupación ante este escenario.

A eurodeputada do GUE/NGL polo Die Linke alemán Sabine Lösing é vicepresidenta da Subcomisión de Seguridade e Defensa do Parlamento Europeo e unha grande experta neste tema. Durante a charla, ofrecerá a súa visión crítica coas decisións que está a tomar a UE ao respecto dun maior gasto en militarización. Esta será a primeira vez que se poderá escoitar a Lösing na Galiza e a charla contará con servizo de tradución simultánea do alemán ao galego.

Santiago, 29 de outubro de 2018.

Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL). | Tlf: 609 845 861, lidia.senra@europarl.europa.eu 1
http://lidiasenra.gal/ | https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez

Enviado por:
AGEe Europa
-ageeneuropa@gmail.com-
29 de outubro de 2018 11:34

___________________

venres, outubro 26, 2018

O persoal das auxiliares do naval da ría de Ferrol marchan a pé até a Ponte das Pías para esixir a inclusión dos acordos no convenio do metal - Este xoves secundan paros laborais de dúas horas por quenda de traballo.


O persoal das auxiliares marcha a pé até a Ponte das Pías para esixir a inclusión dos acordos no convenio do metal . | Este xoves secundan paros laborais de dúas horas por quenda de traballo.

Miles de traballadores e traballadoras da industria auxiliar do naval marchaban a pé este xoves dende os estaleiros de Fene e Ferrol para esixir á patronal provincial que asuma a incorporación dos acordos no texto do convenio do metal. O persoal saía por volta das 10:30 da mañá das instalacións de ambas beiras da ría para atoparse na Ponte das Pías, onde realizaron unha asemblea na que se chamou a intensificar a loita.

Esta marcha enmárcase no calendario de mobilizacións que precede a reunión que o vindeiro 6 de novembro terá lugar en Compostela entre a representación social, a patronal provincial e as empresas, tras o bloqueo das agrupacións provinciais na última reunión no Consello Galego de Relacións Laborais. Nese encontro, a pesar de terse pechado un documento na Mesa do Naval de Ferrol que daba resposta aos requirimentos da patronal provincial, esta insistiu en alongar innecesariamente o conflito, impondo unhas condicións para a incorporación ao convenio do metal que a CIG-Industria cualifica de "inasumíbeis".

Declaración no Pleno do Concello


En resposta a este bloqueo, nas asembleas de traballadores/as aprobouse levar adiante un intenso calendario de mobilizacións que comezou esta semana con protestas naquelas empresas auxiliares que non están cumprindo cos acordos ou que son reticentes a ratificar o documento saído da Mesa do Naval. "Queremos saber quen está pola labor de aplicar os acordos e quen non", apuntaba o secretario comarca da CIG-Industria, Vicente Vidal, minutos antes de arrincar a marcha dende o estaleiro de Ferrol.

Na xornada de hoxe tamén están convocados paros laborais de dúas horas por quenda de traballo, que están sendo secundados masivamente polo persoal. Coincidindo coa folga da tarde, as centrais sindicais chaman os operarios e operarias a asistir ao Pleno do Concello de Ferrol, onde se solicitará o apoio a unha declaración institucional a prol da inclusión dos acordos salariais das auxiliares no convenio provincial.

Manifestación o día 31 na Coruña

Para o vindeiro mércores, día 31, operarios/as das auxiliares e de Navantia trasladaranse até a Coruña para desenvolver unha manifestación que sairá da explanada do edificio de sindicatos, percorrerá a Avenida de Alfonso Molina e rematará diante da sede da Confederación de Empresarios/as da Coruña. Dende a CIG-Industria lanzouse un chamamento á participación masiva nestas mobilizacións, dada a transcendencia social que ten para a comarca regular as condicións laborais e salariais deste colectivo formado por miles de traballadores/as e a dependencia económica de Ferrolterra do sector naval.

Xunto a isto, as organizacións sindicais teñen solicitada unha reunión co conselleiro de Economía, emprego e industria, para instar o Goberno galego a que realice as xestións precisas para acadar unha solución favorábel ao conflito.

Responsabilidade de Navantia

O obxectivo deste calendario de protestas tamén é presionar as empresas do sector para que á súa vez exerzan presión diante da patronal provincial para que acepte incorporar os acordos no convenio colectivo. "Nestes momentos, apuntan Vidal, é prioritario darlle carácter de legalidade aos acordos dentro do marco do convenio do metal, e así o entenden os traballadores/as, porque só así lograremos que teñan eficacia normativa e que sexan de obrigado cumprimento".

Neste senso, apuntou á responsabilidade de Navantia nesta situación, que aproveita a falta de regulación para abaratar os custes de produción a conta de rebaixar dereitos e salarios do persoal das auxiliares. "A competencia entre as empresas auxiliares ten que pasar por ofertar tecnoloxía, capacitación, homologación, etc., pero non por recortar o salario dos traballadores e as traballadoras", aseverou Vidal.

Condicións inasumíbeis da patronal provincial

Sobre a postura da patronal provincial, a CIG-Industria de Ferrol reitera que "as súas esixencias son inasumíbeis dende o momento no que pretenden que os acordos caduquen en novembro de 2019, o que suporía que a súa vixencia remata mesmo antes de que os traballadores/as poidan cobrar o 100% do plus; e porque, ademais, pretenden que as empresas locais se constitúan en patronal e negociemos un convenio de auxiliares, algo ao como CIG nos opomos radicalmente".

Neste senso, lembran que o ámbito de negociación das condicións laborais e salariais do persoal das auxiliares de Navantia é o convenio provincial. "Son traballadores e traballadoras do metal e o seu marco regulador é o convenio da provincia da Coruña, un ámbito no que somos máis fortes á hora de negociar melloras nas nosas condicións", salientan.

Folga a partir do día 7


Resolver o conflito na industria auxiliar do naval de Ferrolterra está nas mans da patronal provincial. Pero se o vindeiro día 6 non hai avances neste punto, as centrais sindicais xa advertiron que a partir do día seguinte, mércores 7, iniciarase folga no sector. Hoxe o persoal deu unha mostra de que está disposto a seguir na loita até lograr que se recoñezan os seus dereitos.

Pleno de Ferrol apoia as reivindicacións do colectivo


O Pleno do Concello de Ferrol aprobaba este xoves (coa abstención da concelleira de Cs) unha declaración a prol da inclusión dos acordos das industrias auxiliares non convenio do metal. A diferenza do que aconteceu hai un ano, cando en plena folga no sector non se permitiu a intervención do colectivo para expor as súas demandas, nesta ocasión si se puido escoitar a voz dos traballadores/as das auxiliares no pleno municipal.

O secretario comarcal da CIG-Industria, Vicente Vidal, foi o encargado de darlle lectura á iniciativa na que se pide á Corporación local que inste a patronal provincial a aceptar, dunha vez, a inclusión dos acordos de 2001 no convenio do metal da Coruña.

Fonte: Avantar. | Baixo Licenza Creative Commons. No enlace orixinal máis info e interesante e abundante galería fotográfica. Ir á web.
____________

A senda da Deputación en San Xiao, un novo despropósito, di o comunicado feito público por Alfonso Casal Pita, concelleiro de Eliximos Narón Electores


A senda da Deputación en San Xiao, un novo despropósito.


A petición da asociación de veciños, estivemos a estudar a situación da senda peonil en construción de San Xiao, e da ampliación e modificación do trazado da estrada de Xuvia a Castro.

A sorpresa foi maiúscula cando vimos que a nova senda non respecta o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que se modificou especificamente para recoller os cambios da estrada, é dicir, que a senda peonil en tramos importantes discorre por encima do que ten que ser a nova estrada ou, dito doutro xeito, que cando se faga a nova estrada hai que desfacer boa parte da senda.

Evidentemente isto é unha mala noticia por diversas razóns:

• Supón un novo malgaste, totalmente inxustificado, do diñeiro público.

• Resulta un atraso no obxectivo de chegar a ter o viario reformado.

• Os veciños non terán por onde camiñar cando se fagan as obras da nova estrada.

Atopámonos novamente cun goberno municipal que mira para outro lado cando se trata obras doutra administración a pesar de ser ilegais.

Resulta impensable que a un veciño lle deixasen ampliar unha casa que está fóra de aliñación ou construír en terreo polo que está trazada unha rúa, isto sería unha prevaricación. Entón ¿por que se lle permite á Deputación?.

Ademais da ilegalidade ou o malgaste que supón a senda atopámonos con outros típicos problemas destas obras como o de non axustarse ao proxecto e as chapuzas.

A senda en lugar de ir transcorrendo a nivel da estrada, para o que había que facer algún desmonte, vai subindo e baixando co desnivel do terreo de forma que resulta inaccesible dende a estrada ou para os peóns que queiran pasar á senda dende a outra beira. Tamén as propiedades quedan sen acceso adecuado á estrada. Finalmente, chegado unha zona estreita, mesmo a cambian de man dereita á esquerda para non afrontar unhas expropiacións que van ser inevitables co ensanche da estrada; algo que non se recolle no proxecto e que obriga a un cruzamento aos peóns.

A senda non discorre polo seu trazado definitivo segundo o PXOM, pero tampouco segue o trazado do proxecto pegada á estrada e cunha cuneta formigonada por medio, senón que vai facendo un percorrido un tanto aleatorio esquivando no posible os postes do tendido eléctrico, incluíndo algunha “S” polo medio.


Eliximos Narón Electores (ENE)
Grupo Mixto do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n – Entrechán
15570 Narón (A Coruña)

673141822 - eliximos@gmail.com

Narón, moito  por facer
...fagámolo, xuntos podemos.

Web:
http://eliximos.es/

twitter:
https://twitter.com/eliximosnaron

facebook:
https://www.facebook.com/groups/Eleximos.Naron/

Enviado por:
ENE Eliximos Narón Electores
-eliximos@gmail.com-
26 de outubro de 2018 12:00

_______________

Este venres 26 de outubro, o BNG presenta ao candidato á Alcaldia de Ferrol, Iván Rivas Rico, coa presencia da portavoz nacional e parlamentaria Ana Pontón, no Centro Cultural Torrente Ballester


O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol celebra este venres 26 de outubro às 8 da tarde no patio central do Centro Cultural Torrente Ballester o acto de presentación de Iván Rivas Rico como candidato á alcaldía de Ferrol.

Iván Rivas, actual portavoz municipal, volverá a ser o candidato do BNG en Ferrol nas eleccións municipais de maio de 2019 tras a proposta da asemblea local e a súa ratificación polo Consello Nacional do BNG.

Antonio Iván Rivas Rico nace na Pontenova (Lugo) en 1976. é arquitecto de profesión. Ten experiencia como concelleiro en Ferrol, desde novembro de 2011, que entrou na corporación municipal asumindo a portavocía do grupo municipal en xaneiro de 2012. Foi candidato nas elección locais de maio de 2015 e agora foi elixido como candidato para encabezar alista do BNG, para as vindeiras eleccións municipais de maio de 2019.

Inácio GZ 14 de novembro de 2018 08:15
Info baseada na enviada polo:
BNG
-bng@ferrol.es-
19 de outubro de 2018 13:54

__________________

xoves, outubro 25, 2018

A eurodeputada galega Senra lamenta que o PE perdera a oportunidade de avanzar no cumprimento real do dereito á auga - O PE aprobou en sesión plenaria unha polémica proposta de Directiva relativa á calidade das augas destinadas ao consumo humano - Non garante o acceso á auga potábel para a cidadanía, afonda na privatización da xestión das augas e non é estrita cos límites de residuos


Senra lamenta que o PE perdera a oportunidade de avanzar no cumprimento real do dereito á auga. | O PE aprobou en sesión plenaria unha polémica proposta de Directiva relativa á calidade das augas destinadas ao consumo humano. | Non garante o acceso á auga potábel para a cidadanía, afonda na privatización da xestión das augas e non é estrita cos límites de residuos.

Reunido en sesión plenaria en Estrasburgo (Francia) durante esta semana, o Parlamento Europeo aprobou onte unha controvertida proposta de Directiva do Parlamento Europeo e do Consello relativa á calidade das augas destinadas ao consumo humano.

A eurodeputada Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), votou en contra deste informe ao ter deixado fóra diversas emendas relevantes a nivel social e medioambiental e ao constituír unha proposta, no seu conxunto, “demasiado xeral e que en absoluto garante o acceso á auga potábel e ao saneamento para toda a cidadanía; aliás de non enfrontar en ningún momento unha cuestión de fondo importantísima como é o feito de que a xestión da auga e o saneamento está na maioría das ocasións en mans de empresas privadas grazas á connivencia de gobernos a todos os niveis. Calquera texto lexislativo sobre a auga non debería eludir o feito de que hai quen está a facer negocio cun dereito humano recoñecido como tal dende 1977 polas Nacións Unidas”. De feito, cabe lembrar que en xullo de 2010 a Resolución 64/292 da Asemblea Xeral da ONU reafirmou que o saneamento e a auga potábel limpa son esenciais para a realización de tódolos dereitos humanos.

A deputada coincide ademais con outros colegas do GUE/NGL en subliñar que a proposta presentada pola Comisión Europea “distorsiona o contido da iniciativa Cidadá 'Right2Water' , diminúe a función de supervisión dos Estados e favorece que as empresas transnacionais do denominado 'negocio da auga' podan realizar elas mesmas as analíticas de augas que xestionan”.

Precisamente este mesmo luns as deputadas e deputados do GUE/NGL reuníronse ca plataforma italiana Mamme No PFAS, que agrupa a persoas afectadas pola contaminación das augas con sustancias perfluoroalquílicas (PFAS) na rexión de Veneto, que achegaron unha experiencia concreta neste sentido. Durante máis de corenta anos aproximadamente 400 mil persoas foron envelenadas con estas substancias catalogadas como disruptoras endocrinas, que provocan dende cancro até malformacións fetais e abortos, esterilidade, Alzheimer, enfermidades cardíacas, diabetes... Este problema non afecta só a esta rexión, senón que, segundo os datos da plataforma, disruptores endocrinos como os PFAS foron detectados xa na auga potábel da metade do territorio europeo. Sen embargo, durante a votación da Directiva, as emendas que facían alusión aos límites a establecer nos PFAS non foron aprobadas.

Tampouco superaron a votación emendas que pedían garantir que unha cantidade mínima vital de auga destinada ao consumo humano chegase a toda a cidadanía en calquera circunstancia. “Esta emenda non só pedía algo básico e aceptábel dende calquera punto de vista, senón que mesmo era bastante condescendente cas empresas distribuidoras, ás que lles propuña a posibilidade de instalar un limitador de subministro en caso de retraso no pago, co que só terían que proporcionar a cantidade esencial de auga recomendada pola Organización Mundial da Saúde”, sinalou a eurodeputada.

Con este ambiente entre os grupos maioritarios no Parlamento, tampouco foron aprobadas as emendas que pedían expresamente prohibir o corte do subministro de auga por parte dos distribuidores aos fogares, nin, xa que logo, a que pedía que se garantira o subministro gratuíto de auga ás persoas consumidoras en restaurantes, cantinas e servizos de comidas.

Tamén fixo que a eurodeputada galega se decantase polo voto negativo o feito de que non se teña aprobado proporcionar dende a Comisión Europea axuda aos municipios para favorecer o acceso a asistencia técnica, financiamento e renovación de infraestruturas hídricas a fin de garantir o subministro de auga de alta calidade e ampliar os servizos de auga e saneamento da poboación socialmente más vulnerábel.

O Parlamento perdeu a oportunidade de respostar ás necesidades da sociedade europea garantindo a blindaxe dos servizos de auga e saneamento para que estean a salvo de privatizacións e se asegure a realización controis exhaustivos da súa calidade”, lamentou a eurodeputada galega Lídia Senra.

Estrasburgo, 24 de Outubro de 2018.

Oficina de LÍDIA SENRA
EURODEPUTADA GALEGA
Grupo da Esquerda Unitaria Europea/
Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)
Comisión de Agricultura
Comisión de Pesca
Asamblea Paritaria África, Caribe, Pacífico-UE
0034 609 845 861
Willy Brandt, 02M025 (Bruxelas)
Louise Weiss, T05018 (Estrasburgo)
lidia.senra@europarl.europa.eu
http://lidiasenra.gal/


*Imaxe da acción do GUE/NGL onte en Estrasburgo en apoio á campaña "Right2Water"

Aprobada a Resolución da #Eurocámara que insta a prohibir a Fundación Franco e que apoia ao @19deMeiras, quitar simboloxia franquista e quitar a Franco do Val dos Caidos- A iniciativa da eurodeputada galega Ana Miranda - Vai por todas as víctimas do franquismo e todas as persoas que sofren ataques fascistas e neonazis


A Eurocámara pronúnciase a prol da ilegalización da Fundación Francisco Franco


Aprobada a Resolución da #Eurocámara que insta a prohibir a Fundación Franco e que apoia ao @19deMeiras, quitar simboloxia franquista e quitar a Franco do Val dos Caidos. Vai por todas as víctimas do franquismo e todas as persoas que sofren ataques fascistas e neonazis pic.twitter.com/Wg1gwPljkW — Ana Miranda - @anamirandapaz.

O mesmo día en que 14 dos 19 de Meirás prestaban declaración perante un xuíz após seren denunciados pola familia do ditador, a Eurocámara aprobaba unha resolución contra o avanzo do neofascismo en Europa. A iniciativa -da que foi relatora a eurodeputada do BNG Ana Miranda- foi aprobada con 355 votos a favor, 90 en contra e 39 abstencións.

O Parlamento europeu asumiu esta quinta feira un texto impulsado pola esquerda da cámara en que se alertaba sobre o avanzo do neofascismo non só como ideoloxía, senón como ameaza violenta.

"Vai por todas as vítimas do franquismo e todas as persoas que sofren ataques facistas e neonazis", escribiu en Twitter unha exultante Ana Miranda aos poucos minutos do relatorio —do que era co-autora canda a italiana Eleonera Forenza e a sueca Soraya Post— ter sido aprobado.

Forenza, canda un dos seus asesores, é unha desas vítimas de ataques violentos recentes aos que se refería a iniciativa, da que foi principal impulsora.

A resolución foi votada favorabelmente polo PP e os seus aliados europeos, e rexeitada pola extrema-dereita.



@BNG_ParlEuropa

25 de outubro de 2018

Fonte: Sermos Galiza.
_______________

A eurodeputada galega Lídia Senra visitará mañá no cárcere de Mansilla de las Mulas, en León, ao preso galego Adrián Mosquera - A deputada viu tamén nestes meses a Roberto Rodríguez en Palencia, Eduardo Vigo en Toledo, e Carlos Calvo e Raúl Agulleiro en Asturias - Reclama que o Estado cumpra os DDHH e recomendacións da UE, poña fin á dispersión, rebaixe os réximes penitenciarios e dea permisos de saída.


Lídia Senra visitará mañá no cárcere de Mansilla de las Mulas, en León, ao preso galego Adrián Mosquera. | A deputada viu tamén nestes meses a Roberto Rodríguez en Palencia, Eduardo Vigo en Toledo, e Carlos Calvo e Raúl Agulleiro en Asturias. | Reclama que o Estado cumpra os DDHH e recomendacións da UE, poña fin á dispersión, rebaixe os réximes penitenciarios e dea permisos de saída.

A eurodeputada galega Lídia Senra visitará mañá venres ao preso galego Adrián Mosquera Pazos no cárcere de Mansilla de las Mulas, en León. Para iso, terá que viaxar en coche desde Santiago, 800 quilómetros entre ida e volta, unhas 8 horas conducindo sen case parar, que é o traxecto que teñen que facer todas as semanas familiares e amizades do preso se queren velo, na maioría das ocasións, só 40 minutos, que é o permitido nos locutorios. Coa deste venres, Senra concluirá unha serie de viaxes que a levaron a visitar tamén, nos últimos meses e nas respectivas cadeas nas que estaban, a María Osorio [1] actualmente xa en liberdade-, Roberto Rodríguez Fiallega [2]preso no Centro Penitenciario de Dueñas, en Palencia-, Eduardo Vigo [3]preso no Centro Penitenciario de Ocaña I, en Toledo-, e Carlos Calvo Varela e Raúl Agulleiro Cartoy [4]presos no Centro Penitenciario de Asturias-. Senra solicitoulle ao Ministerio do Interior realizar estas visitas para poder coñecer de primeira man a situación na que están estes reclusos e experimentar o que significa a dispersión penitenciaria e o afastamento, política que aplica o Estado español con algúns presos a pesar de que a propia UE a condena e recomenda abolila.

Someter ás familias e amizades ao castigo da dispersión, co gasto e riscos que iso supón, é crueldade pura e é non respectar os dereitos humanos que temos todas as persoas, incluídas, por suposto, as presas”, defende Senra. “E non é unha cuestión que diga eu simplemente, senón que é unha cuestión que defende a UE. Por iso o Estado non debe demorar máis e debe traer para cárceres galegas aos presos galegos, igual que fixo xa ao trasladar a cárceres catalanas aos presos políticos cataláns e igual que fixo xa tamén co achegamento á súa terra dos presos de Altsasu, por exemplo, e que debería facer con todos os presos e presas vascas. Non é un beneficio penitenciario, é un dereito que hai que cumprir si ou si”. Neste sentido, a eurodeputada recórdalle ao Goberno estatal que a finais do 2017, o pleno do Parlamento Europeo aprobou por unha amplia maioría (474 votos a favor, 109 en contra e 34 abstencións), unha Resolución sobre Condicións e Sistemas Penitenciarios[5] cuxo artículo 29 di: “Condena a política penitenciaria de afastamento que aplican algúns Estados membros xa que constitúe un castigo engadido para as familias dos reclusos/as; insta a elaborar medidas que permitan o achegamento de todos os reclusos que estean lonxe dos seus fogares (…); lembra que, segundo o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, recluír a unha persoa nun cárcere situado tan lonxe da súa familia que as visitas sexan moi difíciles ou incluso imposibles pode constituír unha violación do artigo 8 do Convenio Europeo dos Derechos Humanos”. Tamén o artigo 28 da Resolución do Parlamento Europeo di: “Anima aos Estados membro a que garantan que os reclusos manteñen contactos periódicos cos seus familiares e amizades, permitíndolles cumprir as súas penas en centros próximos ao seu domicilio e favorecendo as visitas, as chamadas telefónicas e o uso dos medios de comunicación electrónicos (…)”.

O pasado maio, o Ministerio aseguroulle a Lídia Senra que naquela data o número de internos e internas que tiñan rexistrada provincia de residencia na Galiza e que non se encontran en centros penitenciarios galegos era de 260; e que, sen embargo, as infraestruturas penitenciarias dos penais galegos contan con prazas suficientes para albergar aos internos que solicitan a asignación dun centro de cumprimento aquí. Non obstante, atendendo ao caso de cada unha das persoas que ela visitou nos últimos meses, dase a circunstancia de que todos son presos que cumpriron xa máis da metade da súa condena (algún deles incluso inmerso xa na recta final da mesma), que solicitaron en diferentes ocasións, cada un cando considerou e a través de recursos individuais, o traslado a prisións galegas por razóns humanitarias, e de momento non se produciron os movementos solicitados. Por iso, insta á Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias e ao Ministerio do Interior, responsable destas decisións, a cumprir coas recomendacións europeas e mudar a situación xa.

Chamamento a que todos os deputados/as visiten prisións e reclamen o cumprimento dos DDHH

A eurodeputada anima ademais a todos os cargos públicos e deputados e deputadas non só do Parlamento Europeo, senón tamén no Congreso do Estado español e no Parlamento Galego, a reclamar que se cumpran os dereitos dos presos e das presas e a tramitar a solicitude para poder visitar as prisións e comprobar de primeira man, falando con elas, as vulneracións de dereitos que padecen a diario as persoas privadas de liberdade. “É fundamental que quen ostentamos cargos públicos fagamos este exercicio de visibilización e de denuncia sobre o que pasa coa política penitenciaria no Estado español”, di.

Exixe a fin dos cacheos integrais ilegais e que se autoricen permisos de saída e rebaixa de graos

Neste sentido, Senra reclama tamén que o Estado español estableza mecanismos que impidan dunha vez por todas que nas prisións se continúen a levar a cabo actuacións que van contra a propia legalidade como son os cacheos arbitrarios e inxustificados con espido integral que violan o dereito á intimidade corporal dos presos e presas. En relación a isto, presentou hai unhas semanas un escrito en Bruxelas, dirixido á Comisión Europea [6], no que informade que os funcionarios de prisións someteron ao galego Carlos Calvo Varela a máis de 20 cacheos con desnudo integral nas prisións de Topas (Salamanca) e de Villabona (Asturias), que a Audiencia Nacional declarou nulos e polos que o Estado foi condenado a indemnizar ao preso con máis de 5.000 euros por danos morais. Tamén lle informa de que o galego Eduardo Vigo fue sometido igualmente a numerosos cacheos deste tipo nos últimos anos en prisións de Galiza, Madrid e Toledo, sendo declarados tamén a posteriori ilegais polo tribunal e, en palabras textuais do tribunal, “carentes de motivación, sin identificar finalidade, superar o canon de proporcionalidade, irracionais”. Así, tendo en conta que a Carta dos Dereitos Fundamentais da UE prohibe a tortura e as penas ou tratos inhumanos ou degradantes e atendendo ao artigo 57 da Resolución do Parlamento Europeo 2012/2062 (INI), Senra insta á CE a pronunciarse sobre os rexistros corporais nas prisións e adoptar medidas para que o Estado erradique de verdade estas actuacións, vendo que nin as sentenzas xudiciais nin as multas á Administración logran que o persoal das cadeas deixe de levalas a cabo.

A europarlamentaria tamén reclama que se revisen os grados penitenciarios nos que están clasificados os presos que visitou e o réxime no que se atopan, pois algúns deles como Eduardo Vigo ou Roberto Rodríguez aínda permanecen en primeiro grado e en situacións de practicamente illamento, con moitas horas encerrados na cela. Tamén pide que se concedan permisos penitenciarios de saída a quen así o soliciten, como é o caso de Carlos Calvo e de Raúl Agulleiro, como fórmula previa á liberdade e de cara a humanizar o proceso definitivo de regreso á vida exterior. Neste sentido, lembra que a citada Resolución do Parlamento Europeo tamén solicita, no seu artigo 60, que os Estados “favorezan as políticas de reinserción dos reclusos na vida civil, en particular de aquelas destinadas a eliminar as barreiras estruturais que impiden a reinserción dos antigos reclusos na sociedade, e elaboren políticas de seguimento e revisión das penas, apostando por fórmulas nas que os reclusos pasen da vida no cárcere á vida fora do cárcere de maneira gradual”.

Unha vez pase mañá e Senra conclúa con Adrián Mosquera en León esta ronda de visitas carcerarias, a parlamentaria comprométese a seguir traballando a través de todas as vías posibles pola defensa dos dereitos humanos nas prisións do Estado, como veu facendo desde o inicio da lexislatura [7].

Santiago, 25 de outubro de 2018.

Nota.-
[1] Iniciativa levada a cabo tras aquela visita a María Osorio, en marzo do 2018: https://lidiasenra.gal/lidia-senra-insta-ao-estado-espanol-a-abolir-a-dispersion-penitenciaria-como-recomenda-o-parlamento-europeo/

[2] Información sobre aquela visita a Roberto Rodríguez, en agosto do 2018: https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez/photos/a.501813379923999/1538753156230011/?type=3&theater

[3] Información sobre aquela visita a Eduardo Vigo, en setembro do 2018: https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez/photos/a.508220409283296/1594879723950687/?type=3&theater

[4] Sobre aquela visita a Carlos Calvo Varela e Raúl Agulleiro, en xuño do 2018: https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez/photos/a.508220409283296/1472841999487794/?type=3&theater

[5] Resolución do Parlamento Europeo sobre Condicións e Sistemas Penitenciarios: http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+TA+P8-TA-2017-0385+0+DOC+XML+V0//ES

[6] Para acceder ao escrito presentado na Comisión Europea ao respecto dos cacheos ilegais, pinchar aquí: https://lidiasenra.gal/wp-content/uploads/2018/10/PE-cacheos-corporais-a-presos-111018.pdf

[7]- Pregunta rexistrada o 24 de xaneiro do 2018 sobre torturas e malos tratos continuos na prisión de Teixeiro: http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+WQ+E-2018-000385+0+DOC+XML+V0//PT

- Pregunta rexistrada o 30 de novembro do 2017 sobre dificultades da Asociación Concepción Arenal para poder visitar a presos e presas por locutorio: http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+WQ+E-2017-007393+0+DOC+XML+V0//PT

- Pregunta rexistrada o 28 de xuño do 2017 sobre violación dos dereitos do galego Adrián Mosquera Pazos no penal de León: http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+WQ+E-2017-004300+0+DOC+XML+V0//PT

- Pregunta rexistrada o 30 de setembro do 2016 sobre boas prácticas e supervisión de detención nos Estados membros: http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-%2f%2fEP%2f%2fTEXT%2bWQ%2bE-2016-007388%2b0%2bDOC%2bXML%2bV0%2f%2fES&language=ES

- Pregunta rexistrada o 7 de xuño do 2016 sobre dispersión penitencaria aplicada a independentistas galegos no Estado español: http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+WQ+E-2016-004688+0+DOC+XML+V0//PT

- Pregunta rexistrada o 7 de xuño do 2016 sobre a situación na que se atopaba o preso galego Raúl Agulleiro Cartoy, daquela en réxime de illamento no penal de Estremera: http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-%2f%2fEP%2f%2fTEXT%2bWQ%2bE-2016-004687%2b0%2bDOC%2bXML%2bV0%2f%2fES&language=ES

-Pregunta rexistrada o 7 de xuño do 2016 sobre o réxime FIES no Estado español: http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-%2f%2fEP%2f%2fTEXT%2bWQ%2bE-2016-004686%2b0%2bDOC%2bXML%2bV0%2f%2fES&language=ES

- Pregunta rexistrada o 30 de maio do 2016 sobre torturas e malos tratos no centro penitenciario galego de Teixeiro: http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-%2f%2fEP%2f%2fTEXT%2bWQ%2bE-2016-004302%2b0%2bDOC%2bXML%2bV0%2f%2fES&language=ES

- Pregunta rexistrada o 11 de xuño do 2015 sobre a situación do daquela preso galego Antón Santos, vítima de malos tratos na prisión de Dueñas (Palencia): http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+WQ+E-2015-009457+0+DOC+XML+V0//PT


Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL). | Tlf: 609 845 861, lidia.senra@europarl.europa.eu
http://lidiasenra.gal/
https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez

Enviado por:
AGEe Europa
-ageeneuropa@gmail.com-
25 de outubro de 2018 12:39

________________

Batería de comunicados de Esquerda Unida de Narón - Apoiamos ás persoas antifascistas que participaron na ocupación simbólica do Pazo de Meirás - Apoio á traballadoras e traballadores de Alcoa e á Clase Traballadora - Defensa da moción para amosar o rexeitamento a decesión do Tribunal Supremo de deixar sin efecto a sentencia sobre o imposto das hipotecas e para impulsar a creación dunha banca pública


APOIAMOS ÁS PERSOAS ANTIFASCISTAS QUE PARTICIPARON NA OCUPACIÓN SIMBÓLICA DO PAZO DE MEIRÁS.


Rexeitamos a demanda interpostas contra os 19 compañeiras e compañeiros que moi honorablementen participaron desta acción xusta de denuncia da existencia de dun espazo usurpado ao pobo onde se segue a facer impunemente apoloxía do fascismo.

É preciso denunciar e extirpar o fascismo que continúa vivo no Estado español.

Atopámonos con que existe unha “Fundación Francisco Franco” que exalta a figura do ditador xenocida e que xestiona a apertura do Pazo de Meirás, como si se tratase dun Parque Xurásico do horror fascista.

Un Pazo que os fascistas obrigaron ao pobo galego a “regalar” ao ditador.

Falanxistas armados ían casa por casa cunha lista, onde apuntaban o que pagaba cada familia, coa voluntariedade normal de ter un asasino armado pedíndoche os cartos.

Un Pazo que agora abriuse ao público para maior gloria do ditador golpista e asasino.

Algo que sería impensable en calquera pais democrático.

Algo que sería un delito facer coa figura de Hitler en Alemaña, ou de Mussolini en Italia, permítese no Estado español.

O Pazo de Meirás debe ser devolto a quen o pagou, ao seu lexitimo dono, ao pobo galego.

Permitir homenaxes ao ditador é unha mostra de que queda moito que facer, é a proba de que seguimos nas mans dun Goberno sen Memoria nin respeto aos asasinados polo fascismo.

O Pazo de Meirás debería servir para recordar a Emilia Pardo Bazán, unha verdadeiramente ilustre moradora do Pazo, e non ao pequeno xeneral traidor, golpista e asasino, que sementou a Galiza e ao Estado español de fosas comúns cheas de mártires inocentes.

25 de outubro de 2018 18:51


APOIO AS TRABALLADORAS E TRABALLADORES DE ALCOA E A CLASE TRABALLADORA. EU NARÓN.


Dende EU queremos enviar un mensaxe de apoio aos traballadores de ALCOA na súa loita na defensa do seu posto de traballo, a todas as traballadoras e traballadores que se organizan para defender os seus dereitos e a súa dignidade.

O noso apoio as traballadores/as de Alcoa nas plantas de Coruña e Avilés nos que se destrúen 700 postos de traballo, por carecer de estratexias industriais e non ter plans de transición enerxética xusta e adecuada aos sectores produtivos.

Queremos enviar o noso apoio e solidaridade de cara a loita nas folgas d@s traballadores/as do sector de elaborados do mar que sendo un sector afectado pola precariedade laboral loitan por unha mellora do seu convenio.

E d@s traballadores/as e veciñ@s das Industrias Auxiliares de Navantia na Ría de Ferrol que loitan por acadar a inclusión e blindaxe dos acordos salariais dentro do Convenio Provincial do Metal e que a próxima semana comezan as movilizacións contra a patronal da Asociación de Empresarios do Metal.

Por toda esta situación de ataque aos dignos dereitos da clase obreira facemos un chamamento á as traballadoras e traballadores a apoiar as compañeiras e compañeiros  de Alcoa.

Así mesmo facemos un chamamento á participación en tódalas mobilizacións que as IIAA de Navantia convoquen, pois no día de hoxe as Federacións sindicais están levando á asamblea o calendario de mobilizacións para acada-las reivindicacións.

É preciso recuperar a conciencia de clase, porque a clase traballadora organizada é invencible.

25 de outubro de 2018 18:49


DEFENSA DA MOCIÓN PARA AMOSAR O REXEITAMENTO A DECESIÓN DO TRIBUNAL SUPREMO DE DEIXAR SIN EFECTO A SENTENCIA SOBRE O IMPOSTO DAS HIPOTECAS E PARA IMPULSAR A CREACIÓN DUNHA BANCA PÚBLICA.

A xustiza non pode estar ao servizo dos poderes económicos, os poderosos non poden ser quen de cambiar decisións xudiciais, nin de marcar a axenda política do Estado español. Porque nese momento a xustiza deixa de ser xustiza para ser ferramenta das clases dominantes, e a democracia queda reducida a case nada.

Os bancos cada ano multiplican os seus beneficios e os salarios dos seus directivos, mentres o noso pobo vaise empobrecendo cada vez máis, entre outros motivos por ternos obrigado a pagar multimillonarios “rescates bancarios, mentres ao unísono padecese unha tributación da banca escandalosamente reducida.

Bastou que a banca protestase 24 horas contra esta sentencia, para que o tribunal Supremo, servilmente, adopte esta cuestionable decisión.

O artigo 18 da Lei Orgánica do poder Xudicial di que “as sentencias executaranse nos seus propios termos” e “solo poderán deixarse sen efecto en virtude dos recursos previstos na Lei. Polo tanto, nin existe norma legal algunha que outorgue competencia a un pleno de Sala do Tribunal Supremo para deixar sen efecto unha sentencia firme nin o Supremo ten competencias para valorar a “repercusión” das súas sentencias: debe limitarse a aplicar estritamente a lei e deixar que sexan os poderes públicos competentes, neste caso o Poder Lexislativo ou o Executivo, quenes valoren os efectos desas sentenzas e adopten medidas políticas de entendelo necesario.

É un despropósito que dende as máis altas instancias xudiciais aléguese para xustificar esta decisión unha suposta “enorme repercusión económica”, mentres obvia que este mesmo fallo é claramente beneficioso para a maioría de persoas deste país, que deben recorrer ao crédito hipotecario para acceder a unha vivenda.

Son os mesmos bancos que teñen esquilmado a economía deste país e contribuíron a empobrecer a xente nestes últimos años agora amosan a súa capacidade para intervir ante as instancias públicas.

Dende EU apostamos por un “polo” de banca pública que impida a chantaxe que fai a banca privada. Ademais é imprescindible que, si este país quere desenrolara una política industrial coherente, que favoreza as pymes, facilite o acceso a  vivenda e poñer en marcha un novo modelo de desenrolo que reduza o paro e sexa sostible económica e ecoloxicamente, poña en marcha unha banca pública.

Somos un dos poucos países do noso entorno que non conta cunha banca pública. En Alemaña, a cota de mercado da banca pública chega a acadar o 24% e amosou a súa capacidade de financiar necesidades de investigación e internacionalización.

Ata o propio Banco Mundial, no seu informe “Repensando o papel do estado nas finanzas”, mencionaba, “o positivo papel que teñen xogado os bancos públicos en varios países durante a crisis financeira para manter o fluxo de crédito” ou “a evidencia do papel contracíclico que teñen xogado varios bancos públicos durante a crise”.

É esencial o papel que pode xogar a banca pública na atención das necesidades sociais, o desenrolo duns servicios públicos de calidade e suficientes, e a erradicación do desemprego.

Ese debe ser o obxectivo dunha banca pública que permitiría impulsar outra  política económica centrada na creación dunha estrutura económica dirixida a erradicar o paro estrutural e os desequilibrios territoriais.

Defendemos a independencia do poder xudicial, denunciamos a inxerencia dos poderes económicos, e apostamos pola creación dunha banca pública, e polo reforzamento do público como algo de todas e todas, que nos pertence e debemos defender e fortalecer.

25 de outubro de 2018 18:46


GRUPO MUNICIPAL
ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter. | Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.

Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
25 de outubro de 2018 18:46
25 de outubro de 2018 18:49
25 de outubro de 2018 18:51

____________________

Intervención no pleno do Concello de Narón, deste xoves 25 de outubro, da A.VV de San Xiao pola senda e o ensanche e modificación da DP-5401


Boas tardes, a petición da directiva da A.VV. de San Xiao lles remito copia do texto que leeran na súa intervención ao remate do pleno de Narón desta tarde.

Saúdos
Alfonso Casal


Intervención no pleno pola senda e o ensanche e modificación da DP-5401.


Dende hai uns 20 anos levamos escoitando que se vai a modificar a estrada de Xuvia a Castro, pero só se obrou dito cambio nunha pequena parte da súa chegada a Castro.

O proxecto foi aprobado pola Deputación no pleno de 28 de maio de 2004, dentro do programa de actuación na rede de estradas provinciais período 2002-2005, cun custo estimado de expropiacións e execución que ascendía a 922.723,11 euros.

Logo tivemos que esperar cinco anos e medio a que o Concello aprobase a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal, que se aprobou no pleno de 26 de novembro de 2009, para que o proxecto puidese legalmente levarse a cabo.

Como xa se facía necesario actualizouse o orzamento do proxecto en novembro de 2010, sendo duns 875.000 euros, e logo, en marzo de 2012 actualizouse a valoración das expropiacións que fixaron nuns 178.000 €, polo que a valoración orzamentaria situaríase nos 1.053.000 euros.

Debido ás protestas veciñais pola falta das solucións prometidas, a vista da inseguridade da estrada, principalmente para os peóns, no ano 2014, ante a falta da tan prometida ampliación, a Deputación comprometeuse á construción dunha senda peonil ente os puntos quilométricos 1+920 e 2+600, dentro da cuarta fase do Plan de sendas peonís de 2014.

Datado o proxecto en xullo de 2014 e firmado dixitalmente polo enxeñeiro da Deputación en outubro de 2016, saíu a licitación en febreiro de 2017 e adxudicouse o 30 de maio de 2017 cun orzamento final de case 70.000 euros, 3 anos despois de feito o proxecto. Pero como todo leva retraso, pois en maio do presente xa se aprobou o segundo aumento de prazo para a execución da obra, e estamos a falar de que van transcorridos 17 meses para unha obra que estaba planificada para facer en 4 meses.

No mes de febreiro deste ano, nunha visita de membros da A. VV. e varios concelleiros á Deputación, nos confirmaron que se finalizaría a senda peonil e comprometéronse a retomar o proxecto de ampliación e mellora da estrada, partindo do proxecto xa redactado no seu día pero que será necesario actualizar para poder levalo a cabo.

Oito meses despois todo segue igual, e agora soubemos que a maior parte da senda, no lugar de facela na beira da futura estrada discorre por zonas que van ser ocupadas pola calzada e beiravías, así que están a tirar cos nosos cartos e non vai a supoñer un adianto no tempo do obxectivo final que é a nova estrada operativa.

Estamos fartos de que nos tomen o pelo e nos traten de tontos con unha mentira tras outra, vamos a loitar porque nos deixen de asoballar, e queremos que o Pleno de Narón nos apoie nas nosas peticións e loita.

Imos esixir á Deputación que a revisión do proxecto da estrada cumpra coas leis de accesibilidade e que teña en conta a opinión dos veciños, non queremos que nos pase como no Trece que o proxecto non tivo en conta á poboación do núcleo rural dos seus marxes, cunha estrada moi boa para os coches pero por onde non se pode camiñar e os veciños teñen problemas para acceder as propiedades.

Pediremos o compromiso do goberno da Deputación para que, antes das eleccións municipais, quede aprobado o proxecto revisado de ampliación da estrada e comezado o proceso de expropiacións necesarias para acometelo.

Eliximos Narón Electores (ENE)
Grupo Mixto do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n – Entrechán
15570 Narón (A Coruña)

673141822 - eliximos@gmail.com

Narón, moito  por facer
...fagámolo, xuntos podemos.

Web:
http://eliximos.es/

twitter:
https://twitter.com/eliximosnaron

facebook:
https://www.facebook.com/groups/Eleximos.Naron/

Enviado por:
ENE Eliximos Narón Electores
-eliximos@gmail.com-
25 de outubro de 2018 17:05

_______________

Europa: resolución histórica na loita contra a contaminación por plástico - Directiva para a redución de plásticos dun só uso - Agora os Estados Membro teñen que avanzar na mesma dirección para acabar con este problema


Europa: resolución histórica na loita contra a contaminación por plástico. | Agora os Estados Membro teñen que avanzar na mesma dirección para acabar con este problema.


O Parlamento Europeo deu un paso adiante na consecución dunha Directiva para a redución de plásticos dun só uso con obxectivos ambiciosos. Amigos da Terra celebra a decisión e pon agora o foco na postura da ministra Ribeira no Consello Europeo de ministros de Medio Ambiente.

Unha gran maioría de eurodiputad@s votou hoxe a proposta para a directiva de plásticos dun só uso que reforza o plan inicial da Comisión Europea. O Parlamento aprobou a prohibición dalgúns dos produtos de usar e tirar máis problemáticos, como os envases de alimentos de poliestireno expandido, e a obrigación dos produtores de costear o total da contaminación que xeran. Á súa vez, terán-se en conta medidas para reducir a contaminación causada polos aparellos de pesca, uns dos principais obxectos que contaminan os océanos; para este fin aprobáronse estándares harmonizados e porcentaxes mínimas de recolleita e reciclaxe a nivel europeo.

"O Parlamento Europeo fixo historia apostando por reducir os produtos de plástico dun só uso e limitar o seu contaminación nos nosos mares e océanos", sinalou Alodia Pérez, responsábel de recursos naturais e residuos de Amigos da Terra. "A cidadanía europea quere o fin da contaminación por plástico. Agora os gobernos estatais teñen que cumprir con esta demanda e resistir a presión das grandes corporacións interesadas en dar continuidade ao modelo de usar e tirar", engadiu.

Amigos da Terra aplaude que nesta nova proposta optouse por unha definición máis acorde e sen ambigüidades dos plásticos de usar e tirar. Isto foi un punto conflitivo para as organizacións ecoloxistas na anterior proposta, xa que podería botar por terra os esforzos políticos para avanzar na directiva, permitindo aos fabricantes etiquetar os seus produtos de "usar e tirar" como "reutilizables".

Con todo, malia os avances alcanzados, as organizacións ecoloxistas lamentan que o novo documento non contemple a eliminación das bolsas de plástico moi lixeiras, que si se incluíu anteriormente na proposta do Comité de Medio Ambiente do Parlamento Europeo.

Espérase que os representantes de Medio Ambiente dos Estados Membro se reúnan a finais deste mes para acordar a súa posición conxunta, e a principios de novembro comezarán as negociacións do trílogo (Parlamento Europeo, Comisión Europea e Consello dos Estados Membros).

As medidas adoptadas inclúen:
✰ Prohibición a nivel europeo dos seguintes produtos de plástico dun só uso (con excepcións ata 2023): Bastonciños hixinicos, palliñas, pratos e cubertos, axitadores de bebidas, paus de globos, plásticos oxo-degradábeis e vasos e envases de posiestireno expandido.

✰ Obrigación dos Estados Membros de adoptar medidas para alcanzar un 25% de redución en envases de comida e vasos de plástico.

✰ Obrigación dos Estados Membros de reducir as colillas e outros residuos do tabaco que conteñen plástico nun 50% en 2025 e un 80% en 2030.

✰ Ampliar a responsabilidade ampliada do productor, incluíndo nos custos a asumir polos fabricantes as recolleitas de residuos abandonados e as medidas de sensibilización cidadá.

✰ Establecer estándares harmonizados e esquemas de responsabilidade ampliada do productor para aparellos de pesca, ademais de suscitar obxectivos do 50% de recolleita e un 15% de reciclaxe en 2025.

✰ Obrigación de recoller selectivamente o 90% dos envases de bebida e asegurar que se fabrican con polo menos o 35% de material reciclado en 2025.

✰ Obrigación de previr o uso de sustancias químicas perigosas na composición de artigos sanitarios (comprimidas, cueiros, toalliñas, etc.)

✰ Obrigación de etiquetar os produtos de maneira que a cidadanía coñeza a presenza de químicos en determinados produtos plásticos dun só uso.

Estas medidas aplican a todos os produtos de plástico dun só uso incluídas nos anexos da Directiva, tamén os plásticos fabricados con materiais orgánicos e os biodegradables.

24 de outubro de 2018

Fonte: ECOticias

_____________________

mércores, outubro 24, 2018

Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural: 'Ferrol Vello e A Madalena | As estratexias de recuperación patrimonial, rehabilitación e rexeneración urbana' - No Ateneo Ferrolán, o mércores, 31 de outubro de 2018 - Unha actividade do Consello da Cultura Galega

Ferrol Vello e A Madalena. As estratexias de recuperación patrimonial, rehabilitación e rexeneración urbana
Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural:
IN SITU. CONXUNTOS HISTÓRICOS
Ferrol, mércores, 31 de outubro, de 2018.
Ateneo Ferrolán, rúa Madalena, 202-204.

O patrimonio centra unha parte importante da actividade do Consello da Cultura Galega para as vindeiras semanas. A primeira delas celebrarase o vindeiro día 31 de outubro, onde nos trasladamos a Ferrol para analizar un casco histórico. Dentro do noso programa “IN Situ”, que analiza intervencións no propio espazo en que se producen, terá lugar unha revisión de dous barrios centrais na configuración do tecido urbano de Ferrol, como son o da Madalena e o Ferrol vello. Os arquitectos Miguel Reimúndez, Alfonso Díaz e Ignacio Mendizábal serán os encargados de falar da participación veciñal na recuperación deste espazo, das estratexias seguidas para a súa revisión e da xestión da área de rehabilitación.

Coordinación
Rebeca Blanco-Rotea
Teresa Nieto

Relatores
Alfonso Díaz Revilla
Ignacio Mendizábal Ferreiro
Miguel Reimúndez González

Colabora
Ateneo Ferrolán

Organiza
Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG)

Lugar
Ateneo Ferrolán
Rúa Magdalena 202-204
15402 Ferrol


O programa IN SITU pretende crear outros lugares de reflexión fóra do habitual espazo dos Encontros, trasladando o espazo de debate ao contexto xeográfico e social dos bens. A elección dos conxuntos históricos onde se van desenvolver os Encontros (Vigo, Ferrol, Ourense-Ribadavia) pretende mostrar a diversidade das situacións nas que se atopan e introducir no debate os aspectos complexos do debate arredor da protección patrimonial da cidade histórica.

O barrio da Madalena e Ferrol Vello son dúas realidades diferenciadas que forman, en palabras de Alfredo Vigo Trasancos, unha especie de binomio imprescindible inmerso nun contexto de crise urbana que se prolonga dende hai décadas. Esta condición danos pé a analizar e confrontar a aplicación nos dous barrios das estratexias e criterios de recuperación establecidos dende a lexislación, o planeamento e as políticas públicas de rehabilitación, así como a súa capacidade de adecuación a esas realidades.

Programa. | Acceder/Baixar.

Web oficial do Consello da Cultura Galega
http://consellodacultura.gal/
_____________________

Presentación, no Ateneo Ferrolán, do libro de poesía 'Fadas do Belelle', este mércores 24 de outubro ás 19,30 h. - Unha publicación promovida pola Asociación Cultural ConXeito - Un traballo onde se lle dá voz a traveso da escrita á contribución da muller na construción social - Escriben 13 fadas e un trasno

Presentación, no Ateneo Ferrolán, do libro de poesía 'Fadas do Belelle', este mércores 24 de outubro ás 19,30 h.

Esta publicación da Colección O PARNASO, promovida pola Asociación Cultural ConXeito, é a primeira que facemos cunha clara intencionalidade como é darlle continuidade e que sirva como tribuna para recoller, na nosa medida, parte desa contribución que moitas persoas e colectivos desta grande comarca que é Ferrolterra, veñen dun xeito claro e comprometido facendo ao longo dos anos.

FADAS do BELELLE é un traballo onde queremos dar voz a traveso da escrita á contribución da muller na construción social. Elas, cos seus traballos de amor, reflexión e ás veces de denuncia fánnos sentir isa necesidade de compromiso e obriga no camiñar da sociedade.

13 FADAS E UN TRASNO

Angeles Delgado                                               
Aurora Varela              
Cris de la Maza                                          
Rosa Martínez                       
Silvia Romaus                             
Amelia de Querol        
Dolores Leira                      
Eugenia Sanmartín      
Eva Veiga                                                          
Isabel Buelta                
Juana Corsina                                          
Nina Pantín 
Rosa Méndez
Manuel Calvo

--

Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)

Síguenos:

TWITTER. @ateneoferrolan

FACEBOOK.

BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/

Faite soci@ on line! Colabora con nos! | Ir á Web.

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
23 de outubro de 2018 12:24

_________________

martes, outubro 23, 2018

Concentración na defensa das Pensión Públicas: Se nos movemos, mudámolo todo - En Ferrol como noutras cidades e vilas da Galiza, está convocada unha mobilización o vindeiro mércores 24 de outubro, ás 6 da tarde no Cantón


Concentración o vindeiro 24 de outubro

O vindeiro 24 de outubro, mércores, ás 18:00 h, no Cantón de Ferrol baixo o lema "Se nos movemos, mudámolo todo" para seguir coas mobilizacións en defensa do Sistema Público de Pensións.

"Goberne quen goberne, as pensións se defenden"

A defensa do Sistema Público de Pensións segue a ser necesaria. Déronse algúns pasos para corrixir os ataques máis profundos pero aínda queda definir un modelo perdurable e solidario, blindado legalmente e que asegure pensións dignas para todos os traballadores e traballadoras.

Son moitos e moi fortes os intereses que buscan un sistema de subsistencia. O noso modelo é un sistema digno e solidario. Lembrade:

"Se nos movemos, mudámolo todo"

CONCENTRACIÓN
Mércores, 24 de outubro, ás 18:00 h
No Cantón de Ferrol


Enviado por:
Plataforma Pensións Públicas Ferrol
-plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com-
22 de outubro de 2018 09:18

_______________________________

luns, outubro 22, 2018

Así foi a manifestación do 18 de outubro contra os abusos de Emafesa e a complicidade do goberno de Jorge Suarez que continuou mantendo a estafa iniciada polo seu predecesor José Manuel Rei Varela - Galería Fotográfica e Vídeos cos intervencións de Alexandre Carrodeguas e Lupe Ces - Enlaces á nova nos medios


Pasadas as 7 da tarde deste xoves 18 de outubro, comezaba a manifestación que a Plataforma convocou, con saída da Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia. Ao berro de "Saneamento Si, Estafa Non !!", sobre unha cincocentas persoas comezaban a marcha que transcorreu por varias rúas de Ferrol até chegar á parte traseira da Casa do Concello na rúa María, onde interviron Alexandre Carrodeguas e Lupe Ces como membros da Plataforma. Perante a marcha foron-se enumerando as reivindicacións contra os abusos de Emafesa e a complicidade do goberno de Jorge Suarez que continuou mantendo a estafa iniciada polo seu predecesor José Manuel Rey Varela.

Con anterioridade o pasado martes 16 de outubro entregaba-se, no rexistro do Concello, unha carta dirixida ao Alcalde coas demandas veciñais asinada por 2.267 persoas. Como cumio dun proceso de información e contacto coa veciñanza nun período dun mes con numerosos actos nos diferentes barrios do Concello, tanto foron mesas-info como na última semana complementado coa proxección do documentario "Trileros del Agua", de Ricardo Gamaza, un moi importante traballo de xornalismo de investigación.

Vídeos coas intervencións de Alexandre Carrodeguas e Lupe Ces

Intervención de Alexandre

https://youtu.be/PvkEJ4Ur6-A

Intervención de Lupe -1 de 2-
>
https://youtu.be/oShANNOpAWs

Intervención de Lupe -2 de 2-

https://youtu.be/PvkEJ4Ur6-A


Galería Fotográfica de vari@s persoas. | Acceder/Baixar.


A manifestación segundo os medios:

Auga - 2018.10.19 | Diario de Ferrol | Os veciños saen á rúa polos "abusos" na xestión da auga. | Redacción Ferrol | 19 de Outubro de 2018. | Os manifestantes concluíron a marcha na parte traseira do Concello | En torno a 500 persoas saíron onte á rúa, convocadas pola Plataforma en Defensa dúas Servizos Públicos, contra a "estafa" e o "saqueo" aos que somete a Empresa Mixta de Augas "Emafesa" aos cidadáns. | Ir á Web.

Auga - 2018.10.19 | La Voz de Galicia | Centos de ferrolanos contra Emafesa. | A Plataforma pola remunicipalización clama polas rúas de Ferrol contra as «prácticas fraudulentas» da empresa mixta e a xestión do goberno local. | Ir á Web.

Auga - 2018.10.18 | Galici@Press | Unhas 500 persoas maniféstanse en Ferrol para demandar que a empresa mixta de augas os deixe de "estafar e saquear". | Os veciños critican a inacción do goberno de Jorge Suárez e a imposición dos criterios desde a parte privada. | Europa Press | xoves, 18 de outubro de 2018, 20:36 | Ir á Web.

Auga - 2018.10.18 | TV de Ferrol | A manifestación da Plataforma, do 18 de outubro de 2018, contra os abusos de Emafesa e a complicidade do goberno de Jorge Suarez que continuou mantendo a estafa iniciada polo seu predecesor José Manuel Rei Varela, nos Informativos de TV Ferrol. |  Abrir Vídeo.

Foto de Jacobo Ameneiro. | Inicio da manifestación na Praza Amada Garcia.
---

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com |  https://plataformaferrol.blogspot.com.es/

______

sábado, outubro 20, 2018

Lídia Senra pide que a CE investigue se detrás do edificio A Patiña en Cambre hai fundos voitre. | A eurodeputada informa en Bruxelas sobre os desafiuzamentos que a inmobiliaria do Banco Santander pretende levar a cabo nesas vivendas. | Denuncia que persoas sen recursos quedarían sen fogar e exixe cumprir o dereito fundamental á vivenda e frear a posible especulación.

 
Lídia Senra pide que a CE investigue se detrás do edificio A Patiña en Cambre hai fundos voitre. | A eurodeputada informa en Bruxelas sobre os desafiuzamentos que a inmobiliaria do Banco Santander pretende levar a cabo nesas vivendas. | Denuncia que persoas sen recursos quedarían sen fogar e exixe cumprir o dereito fundamental á vivenda e frear a posible especulación.

A eurodeputada galega Lídia Senra presentou este xoves un escrito en Bruxelas dirixido á Comisión Europea (CE)[1] no que informa sobre a preocupante situación que se está a dar co edificio A Patiña, en Cambre (A Coruña)[2]. Senra pon en coñecemento do ente comunitario que a consultora Altarmira, inmobiliaria do Banco Santander, notificou a inquilinos deste lugar que o seu contrato, establecido en base a réxime especial de protección oficial, está a punto de expirar e que terán que marchar das casas porque non lles renovarán o aluguer. Dita urbanización ergueuna a finais dos anos 90 a construtora Fadesa, a través dun acordo coa Xunta de Galicia, que contemplaba que os pisos se alugarían durante 20 anos a persoas desfavorecidas, e Fadesa despois vendeullo a Altamira.

A europarlamentaria considera moi grave esta situación, máxime tendo en conta que no edificio residen moitas persoas con rendas moi baixas e sen recursos ou en diferentes situacións de risco social. Así, reclama que se cumpra co establecido na propia Carta dos Dereitos Fundamentais da UE, que nos seus artigos 7 e 34 recolle que toda persoa ten dereito ao respecto do seu domicilio e que co fin de combater a exclusión social e a pobreza, a Unión recoñece e respecta o dereito a unha axuda social e a unha axuda de vivenda para garantir unha existencia digna a todas aquelas persoas que non dispoñan de recursos suficientes

Senra considera inadmisible que se poidan levar a cabo os posibles desafiuzamentos inminentes e reclama á Comisión Europea que investigue a situación. Así, pide saber se a CE ten constancia de se esas vivendas se financiaron no seu día con fondos europeos para a vivenda social. Tamén, e dado que as persoas inquilinas sospeitan que a inmobiliaria do Santander pode ter vendido o edifio ou o negocio dos seus alugueres ao fondo buitre estadounidense Blackstone, Lídia Senra reclama que a CE investigue a posible venda e especulación que se podería estar a facer con estas vivendas sociais. “Os dereitos das persoas teñen que estar sempre por riba do capital e non ao revés”, defende a europarlamentaria. “É hora de que a CE deixe de mirar para outro lado e lle pare os pés á especulación”, di, para facer tamén unha chamada de atención ao Goberno da Xunta e reclamarlle que tome xa medidas neste asunto. “Que vivendas sociais acaben en mans dos intereses de neoliberalismo e do capitalismo financeiro e especulador e que a xente quede sen casas por iso é un ataque ao dereito das persoas a unha vida digna”, zanxa.

Santiago, 18 de outubro de 2018.

Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL). | Tlf: 609 845 861, lidia.senra@europarl.europa.eu
http://lidiasenra.gal/ | https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez.

Nota.-

[1] Aquí pódese ver o escrito rexistrado hoxe na Comisión Europea por Lídia Senra:
https://lidiasenra.gal/wp-content/uploads/2018/10/PE-Posibles-desafiuzamentos-A-Pati%C3%B1a-Cambre-18-10-18.pdf

[2] Información publicada ao respecto nos últimos días:
https://www.publico.es/economia/desahucios-inmobiliaria-santander-amenaza-desahuciar-decenas-familias-pobres-edificio-renta-protegida-coruna.html

Enviado por:
AGEe Europa
-ageeneuropa@gmail.com-
18 de outubro de 2018 12:57

_______________

Exposición Fotográfica 'Ferrol & Rock en Foco' de Edu Pereira no Ateneo Ferrolán - Do 11 de outubro ao 30 de novembro dentro do marco da mostra Videoclips a Esgalla 2018


Do 11 de outubro ao 30 de novembro no Ateneo dentro do marco da mostra Videoclips a Esgalla 2018.

FERROL NUNCA DEIXARÁ DE TER VIDA, INTENCIÓN, IMAXES E ACORDES PARA DAR E REGALAR.

https://www.facebook.com/videoclipsaesgalla/

Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)

Síguenos:
TWITTER: @ateneoferrolan
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
FACEBOOK.
Faite soci@ on line! Colabora con nos!
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2007/12/faite-soci.html

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
18 de outubro de 2018 18:23

______________