venres, decembro 07, 2018

A eurodeputada galega Lídia Senra edita a publicación gratuíta ‘O futuro das pensións. Galiza, Estado español e Europa’, en colaboración con MODEPEN e a Coordinadora Estatal, con textos de 15 persoas expertas nesta materia na UE - Chamamento a retirar o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais e a blindar no Estado e na Galiza servizos sociais suficientes, non de subsistencia


Lídia Senra edita a publicación gratuíta, en colaboración con MODEPEN e a Coordinadora Estatal, con textos de 15 persoas expertas nesta materia na UE. | Chamamento a retirar o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais e a blindar no Estado e na Galiza servizos sociais suficientes, non de subsistencia.


A eurodeputada galega Lídia Senra, membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), acompañada pola portavoz da Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións e integrante do Movemento Galego pola Defensa das Pensións Públicas (MODEPEN), Victoria Portas, e polo escritor e economista Xabier Pérez Davila, presentaron este venres pola mañá na Libraría Couceiro de Santiago o libro ‘O futuro das pensións. Galiza, Estado español e Europa’. A publicación, cuxa versión impresa se repartirá e forma gratuíta por toda Galiza e cuxa versión dixital está xa dispoñible na páxina web da eurodeputada,[1] recolle textos dunha quincena de expertos e expertas en seguridade social, materia laboral e xubilación e pensións de diferentes partes do Estado español e doutros países da UE, que participaron no pasado mes de setembro nunha xornada organizada por Senra en Compostela sobre esta cuestión. [2]

Na rolda de prensa desta mañá, a europarlamentaria incidiu na importancia de facilitar que estes textos saian á luz e criticou a “dobre moral” da UE e dos Estados membros: A UE di que non ten competencias en materia de Seguridade Social para blindar os sistemas de pensións públicos e dignos, á vez que ameaza aos Estados membro para que recorten o gasto orzamentario en materia social e impulsa o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais (PEPP) e os Estados din que reducen os investimentos nos servizos públicos e nos sistemas de pensións públicos porque están condicionados pola UE. “Estanse impoñendo reformas de pensións que conlevan o desmantelamento do sistema público tal e como o coñecemos, en detrimento de establecer mecanismos que garantan que as persoas cando se xubilen non entren na pobreza como xa está acontecendo”, denuncia Senra.

Así, asegura que as institucións europeas parten do recoñecemento de que as pensións públicas son cada vez menores e máis insuficientes e ante iso, en lugar de poñer medidas que solucionen e corrixan esta situación, poñen en marcha o PEPP que vai favorecer os intereses do capital por riba dos das persoas. “Para nós este PEPP debe ser retirado. Facemos un chamamento para que cando chegue ao pleno do Parlamento Europeo se rexeite por maioría e no seu lugar se poña en marcha unha normativa europea para garantir pensións dignas públicas para todas as persoas”.

Na mesma liña, Victoria Portas destacou que o libro que hoxe se presentou “chega nun bo momento”, xa que non está chegando información veraz á poboación sobre o que está acontecendo co desmantelamento do sistema público de pensións no Estado español e do resto da UE. Ante esta situación, o libro aspira a poder informar á xente para que a cidadanía poida valorar a situación e mudar os acontecementos. Portas denunciou que na Galiza o soldo medio galego rexistra unha fenda do 27% con respecto á media estatal e se falamos das pensións, as galegas son un 38% inferiores con respecto á media no Estado. “Precisamos uns orzamentos sociais a nivel galego e tamén estatal”, reclamou a portavoz da Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións, que lle advertiu á Xunta que ten competencias suficientes para poder complementar a normativa do Estado español na materia e mellorar a situación. “O que pasa é que Feijóo non quere facelo”, dixo. Así, reclamou levar a cabo outra política e ter moi en conta que o país non se crea sobre pobreza e miseria. “Reclamamos uns servizos sociais que sexan suficientes, non de subsistencia”, dixo, ante a situación actual na que se está impoñendo a perda dos servizos sociais públicos para beneficio da banca privada.

Xabier Pérez Davila fixo referencia a como no ano 1994 o Banco Mundial publicou un relatorio no que propoñía substituír o sistema público de pensións por modelos privatizados e vaticinaba o colapso do mesmo. Desde aquela, non hai trimestre no que non se publiquen vaticinios catastrofistas, que sen embargo non se cumpren. Por que se fai isto? O obxectivo é amedrentar á xente nova, considera o economista. “Queren gravar a lume nos cerebros da mocidade que non van cobrar unha pensión e nós queremos dicirlles que si que a cobrarán se a defenden, que non é un problema económico, senón político”, asegura.

Pérez Davila explicou que a día de hoxe máis da metade das horas extra non se pagan e non cotizan á Seguridade Social e que a reforma laboral de 2012 baixou os salarios en 42.000 millóns de euros. Esa reforma rouboulle aos traballadores e traballadoras 42.000 millóns de euros, que se cotizaran á Seguridade Social compensarían unha parte importante do déficit. Polo tanto, o que hai que mudar é o deseño da política económica actual, que responde aos intereses dos bancos, que queren aproveitarse do nicho que supoñen os fondos de capitalización, defendeu. A recadación fiscal no Estado español é moi baixa. A media da UE é do 55% do PIB e no Estado español é do 37%, uns 80.000 millóns de euros, que serían máis que suficientes para compensar, dixo.

O libro será presentado en diferentes actos públicos por librerías e outros locais de toda Galiza nas vindeiras semanas.

Santiago, 7 de decembro de 2018.

Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL). | Tlf: 609 845 861, lidia.senra@europarl.europa.eu. | http://lidiasenra.gal https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez

Notas.-

[1]A versión dixital do libro pódese consultar aquí:

https://lidiasenra.gal/wp-content/uploads/2018/11/Libro-O-futuro-das-pensions-na-Galiza-Estado-espa%C3%B1ol-e-Europa.pdf

[2] Aquí información sobre a xornada que tivo lugar en setembro:

[https://lidiasenra.gal/alianza-europea-desde-galiza-na-defensa-dos-sistemas-de-reparto-que-financian-as-pensions-publicas/]
_______

XIX Festiva Treme a Terra en Pontedeume,sábado 8 de decembro, co pop-rock de Bule, a música tradicional deTanxugueiras, o punk rock fusión de Bastards on Parade e o punk-rock sueco de The Baboon Show


XIX Festival Treme a Terra
Pontedeume, 8 de decembro de 2018

Chegou o tempo das cicloxénes explosivas, das alertas vermellas por temporal e do Festival Treme a Terra. Como cada ano por estas datas, alonxadas da oferta cultural do verán, o Colectivo Terra organiza un festival que suma con esta 19 edicións. A data elexida é o sábado 8 de decembro, no aparcadoiro do IES Fragas do Eume. Desfrutaremos das actuacións de Bule, un grupo eumés que mistura o pop e o rock con melodías divertidas e pegadizas; Tanxugueiras, unha auténtica homenaxe á música tradicional galega; Bastards on Parade, que presentan novo disco e que fusionan as nosas raíces celtas co punk rock. E The Baboon Show, unhas criaturas salvaxes chegadas dende Suecia cun punk rock escandaloso baixo o brazo. Para as máis pequenas, e as que non o son tanto, ese mesmo sábado 8 de decembro poderemos gozar coa actuación de Pakolas, co seu espectáculo As Parábolas de Pakolas. Dende as 19:00h na Casa da Cultura. O 16 de decembro, tamén dentro da programación do festival, contaremos co espectáculo de Paco Nogueiras e a súa Radio Bule Bule. Será ás 12:00h na Casa da Cultura.

E si, xa van 19 edicións. Desta volta centrado na loita obreira dos asteleiros da ría de Ferrol. Nesta terra non somos periféricas nin fin de nada. As heroicas resistentes dos nosos estaleiros non eran pobres obreiras. Simples vítimas do sistema que se amedrentaron ante a presión gubernamental e policial. No S.XX houbo en Galiza numerosas expresións de loita obreira. A imaxe de submisión ou inactividade da sociedade galega é un mito que se foi construíndo ao longo dos anos. Nada máis lonxe da realidade. Nas súas batallas derramaron sangue e na memoria quedan Amador e Daniel. E tantos outros heroes da resistencia obreira. Vai por elas este traballo. Tamén por todas ás que o amianto lles secuestrou os pulmóns e a vida. Editamos con este festival un libreto onde damos conta dos acontecementos máis salientábeis desta etapa da nosa historia, cos centos de paros, folgas e conflictos que precederon ao estourido revolucionario de 1972, sen esquecernos do papel xogado polas mulleres, loitadoras e traballadoras que non respondían ao perfil de “mulleres domésticas” que quería vender o franquismo. Sodes semente revolucionaria.

Benvida ao Festival Treme a Terra.


http://www.colectivoterra.gal/

Enviado por:
Colectivo Terra
-colectivoterra@gmail.com-
7 de dezembro de 2018 09:11

_______

Perigo, aviso urxente: Un buque Gaseiro, o LNG Iberica Knutsen, está dentro da Ría descargando en Reganosa - Este fai o número 243, cargado con GNL, aumentando potencialmente o perigo, para as persoas que moramos na contorna da Ría - O Comité Cidadán de Emerxencia ten convocado unha concentración ás 7 da tarde do mesmo día, venres 7 de decembro, diante do Edificio da Xunta, na Praza Amada Garcia


Un buque Gaseiro, o LNG Iberica Knutsen,
está dentro da Ría de Ferrol, descargando
en Reganosa.
Este faría o número 243, cargado con GNL,
aumentando potencialmente o perigo,
para a as persoas que moramos na contorna da Ría.
O Comité Cidadán de Emerxencia, convoca

CONCENTRACIÓN
Venres 7 de decembro, ás 7 da tarde
Edif. Admtvo. da Xunta de Galicia.
Pza. Amada Garcia - Ferrol

PLANTA DE GAS: PECHE XÁ!

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, quere poñer, unha vez máis, ao descuberto a corrupción política e económica que subxace en todo este despropósito que despois de catro sentenzas do Tribunal Supremo en contra da Planta de Gas, o Goberno Español do ex-presidente, daquela en funcións, Mariano Rajoy, dun partido corrupto até o espiñazo, que mediante unha resolución gubernamental, eximiu a Reganosa de ter que someter-se a avaliación ambiental, intentando saltar-se deste xeito as sentenzas condenatorias que declaran ilegal, á perigosa planta regasificadora.
____________

xoves, novembro 29, 2018

Este venres 30 de novembro, ás 12 do mediodía: Concentración diante dos xulgados de Ferrol contra un desafiuzamento en Caranza


Este venres 30 de novembro, está previsto que se celebre a vista polo desafiuzamento de Caranza, dunha muller con dúas nenas menores ao seu cargo. A demanda de desafiuzamento produce-se por non poder pagar os recibos de alugueiro, por falta de recursos económicos. | Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra e a PAH de Ferrol e Comarca, convocan unha concentración, este venres ás 12 do mediodía diante dos xulgados de Ferrol, para denunciar esta situación e reclamar unha alternativa residencial, mentres que se paralice o desafiuzamento.

Conforma unha unidade familiar xunto as súas dúas fillas menores, de 9 e 7 anos de idade. Divorciada, percibe 130 euros en concepto de manutención das nenas. E na actualidade está en situación de desemprego, sen percibir prestación económica algunha.

En xuño deste ano percibía unha prestación económica da RISGA de 543,22 euros, menos os 130 de manutención: 413,22 euros ), mais causou extinción da mesma por acordo do Servizo de Prestacións da Xefatura Territorial de Política Social da Coruña, por mor dun suposto incumprimento do seu proxecto de integración social. Prestación que segundo notificación, non pode volver a solicitar a mesma, pasados 6 meses (Decembro deste ano 2018).

Como consecuencia da extinción da prestación, está nunha situación case total de carencia de recursos económicos, que lle obrigou a non poder pagar o alugueiro da casa onde viven na actualidade.

O pasado 6 de Novembro, recibiu do Xulgado de 1º Instancia nº2, a cédula de requirimento, para que abandone a vivenda no prazo de dez días e/ou pagar as cantidades reclamadas na demanda e as endebedas até o día de hoxe, ou do contrario celebrara-se xuízo de desafiuzamento, xa fixado, para o vindeiro 30 de novembro. E mesmo está fixado o lanzamento da vivenda para o 27 de decembro.

Na actualidade non dispón de recursos económicos para facer fronte ao pago da débeda.

Os servizos sociais do Concello son coñecedores da situación,  servizo de Ferrol do Programa Reconduce da Xunta de Galicia e a Oficina de Vivenda da Casa Social do concello de Ferrol, son coñecedores da súa situación e están tramitando o bono de alugueiro social, mais que se lle indica que vaia buscando vivenda, sen ter ela unha garantía, nin salario ou prestación económica que avale, polo que a súa busca de vivenda de alugueiro no mercado de vivenda de Ferrol, está condenado ao fracaso. Xa nesta vivenda da que vai ser despexada, para aluga-la tivo que pedir favor ao seu ex-marido, para que a avalara, mais non sendo suficiente tivo que figurar como arrendatario xunto con ela, coas consecuencias de ver-se na actualidade tamén demandado.

Desde Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra e a PAH de Ferrol e Comarca demandamos unha alternativa residencial e mentres que se paralice o desafiuzamento. Mesmo tense-lle remitido escritos a Politica Social da Xunta, o IGVS e ao Concello.

Por unha vivenda digna e adecuada, non aos desafiuzamentos.


Na Concentración deste venres 30 de novembro, ás 12 diante dos Xulgados de Ferrol, tamén lembraremos a Alicia, tiña 65 anos vivía en soidade, a orde xudicial de desafiuzamento chamaba a súa porta acompañada das forzas de orden público, suicidou-se: Un novo asasinato a mans dun sistema inxusto.

Ferrol, a 29 de novembro, de 2018

Inácio (Comunicación - 645158113)

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra

forosocialdeferrolterra@gmail.com

http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/


Relacionado.-


Amnistia internacional denuncia no seu Informe 2017


Dereito á vivenda

En 2017, o Estado Español viviu un total de 26.767 desaloxos por non pago de alugueiro e 16.992 por execución hipotecaria. A persoas que sufriron estes desaloxos forzosos víronse na rúa sen garantías xudiciais adecuadas nin provisión de aloxamento alternativo polo Estado, recoñece Amnistía. Algúns deses casos son o de Mónica, o de Tamara ou o de Antonia.

O gasto público en vivenda continuou diminuíndo malia que persiste unha gran demanda de vivenda social asequíbel, cuxa escaseza afectaba especialmente ás nais solteiras e ás sobreviventes da violencia de xénero.

__________

Un novo asasinato a mans dun sistema inxusto: Chamábase Alicia, tiña 65 anos vivia en soidade, a orde xudicial de desafiuzamento chamaba a súa porta acompañada das forzas de orden público



"Chamábase Alicia, tiña 65 anos, estaba divorciada e tiña un fillo. É o que sabemos dela. O que intuímos, a desesperación que lle estaría invadindo para suicidarse. Alicia deixara de pagar o alugueiro en febreiro, levaba 4 anos vivindo no seu edificio. En maio acudiu ao concello e pediu información sobre posibles axudas. Servizos sociais pediulle que se empadroara para acceder a elas, Alicia non volveu máis. Non sabemos o que pagaba de alugueiro e si queríanllo subir. Si sabemos o que custa un apartamento como o seu no mesmo edificio, 750 euros ao mes. A nova burbulla é o alugueiro. En Madrid só no último ano subiu de media un 7,8 por cento. Pero nalgunhas zonas do centro esa subida chegou ata o 30 por cento. Desde o comezo da crise en 2007 máis de 17.000 persoas quitáronse a vida por causas económicas. Alicia foi a última delas". [1]

NOVO ASASINATO A MANS DO SISTEMA


Unha nova morte ante unha orde de desafiuzamento pesa sobre a política continuista das leis criminais en materia de vivenda do PSOE.

Onte a sociedade española volvía a convulsionarse fronte á noticia dun novo suicidio ante unha orde de desafiuzamento. Unha muller de 65 anos, do barrio de Chamberí, Madrid, lanzábase ao baleiro desde un quinto piso, mentres a comitiva xudicial chamaba á porta para desafiuza-lle por non poder facer fronte á especulación dos prezos do alugueiro que viven as inquilinas. Canto imos seguir permitindo que as persoas decidan quitarse a vida ante a desesperación e o horror de verse na rúa sen ningunha alternativa?

Desde a PAH levamos anos denunciando as leis criminais deste país e poñendo sobre a mesa cambios lexislativos para que sucesos como este non se repitan. Cambios como os recolleitos na Lei de Vivenda que está sendo bloqueada de forma sistemática cada martes, por PP e Cidadáns, para evitar o seu debate e acaba facéndose realidade. Esiximos explicacións e responsabilidade a todos os grupos parlamentarios, que esta situación de bloqueo xa lles vai ben como están demostrando ao non traballar as emendas que deberían estar debaténdose fai un mes. Esiximos explicacións e responsabilidades ao goberno de Pedro Sánchez, que se enche a boca con titulares de lavado de face, pero á práctica o único que está levando adiante é unha reforma da Lei Hipotecaria, para seguir protexendo os intereses da banca por encima do benestar das familias.

Hai que chamar as cousas polo seu nome, non son suicidios, son asasinatos a mans dun sistema que só se preocupa de contar os billetes, sen importarlles a vida das persoas, sentado nun ataúde. Onte foi Alicia, en xuño Jordi, non son casos illados. Por moito que se esforcen en silenciar a realidade, esta é que se seguen producindo 180 desafiuzamentos diarios, dos cales o 80% xa é de alugueiro. Un procedemento moito máis rápido que as execucións hipotecarias, que amplía a angustia, que non adoita dar tempo a que a xente se empodere e que a maioría suceden en silencio. A causa é a alfombra vermella que o PP puxo á especulación e que PSOE non está tendo ningunha présa en retirar, ben por falta de interese ou por exceso de intereses.

Esiximos que dunha vez por todas aplíquense as medidas estructurais para acabar con esta traxedia social.

Moratoria indefinida dos desafiuzamentos


Debate e aprobación urxente da Lei Vivenda PAH, por ser a única que recolle todos os mecanismos para acabar dunha vez por todas coa usura dos bancos e fondos voitre, a especulación dos nosos dereitos máis fundamentais e gañar unha lei que garanta o dereito á vivenda para todas sen excepción.

Son máis que palabras, é unha realidade, hai vidas en xogo e non podemos permitir que se acabe con ningunha máis.

Si estás de acordo con todo o exposto busca a túa concentración máis próxima e alza a voz.

#ALeiEspañolaMata

Fonte: PAH.

[1]En atlas-news agencia-internet.

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra

forosocialdeferrolterra@gmail.com

http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

@StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra
____________

domingo, novembro 25, 2018

Presentada a campaña #AlumeandoAMiseria pola Asemblea por un Vigo +Social


Presentada a campaña #AlumenadoAMiseria

Esta mañá ao redor dun cento de persoas acudiron a rolda de prensa convocada pola Asemblea por un Vigo +Social na que presentabamos a campaña #AlumeandoAMiseria.

Xuntamos o comunicado que limos na rolda:

O Concello de Vigo pretende cegarnos coas súas luces de Nadal para que non vexamos a miseria e o sufrimento que a política social deste Concello provoca na cidadanía. A tal fin, non dubida en gastar case un millón de euros en decoración de Nadal mentres moitas veciñas sofren graves problemas económicos e carencias de todo tipo que non lles permiten satisfacer as súas necesidades básicas.

As institucións públicas, supostamente creadas e destinadas a garantir unha vida digna para todas, prefiren deixar nas sombras a realidade cotiá, antipática e pouco fotoxénica, ao tempo que constrúen un modelo de cidade “escaparate”, fermosa pero pouco humana, unha sorte de gran parque de atraccións para turistas. Un modelo de cidade, no que só teñen cabida as persoas con capacidade de participar no consumismo de Nadal, mentres as empobrecidas continuamos a ficar excluídas.

O Concello prefire esa iluminada realidade inventada, de falsa felicidade, onde só contan os intereses privados, a economía de traballos lixo ligados ao turismo e a imaxe de que todo vai moi ben, no que parece ser unha campaña electoral que nunca remata para o equipo de goberno municipal.

A cidade que nós coñecemos é moi distinta. Na nosa cidade, a real e escura, a non iluminada, as veciñas non reciben axuda debido á suposta insuficiencia de orzamento por parte do Concello, mentres este paga millóns de euros en indemnizacións a grandes empresas privadas, como as concedidas aos aparcadoiros subterráneos ou ao ruinoso auditorio Mar de Vigo, e segue a facer negocio coa política social ao destinar millóns de euros a esas grandes empresas que xestionan os servizos sociais máis básicos.

Mentres, non hai cartos nin vontade para combater problemas tan reais como a suba constante dos prezos dos alugueiros e a dificultade de moitas de nós para acceder a unha vivenda digna. Non hai cartos nin vontade para combater a pobreza enerxética e o drama que isto supón para centos de familias.

Non hai cartos nin vontade para impedir o peche da oficina de atención ás migrantes nin o recorte de persoal nos Servizos Sociais.

A resposta do Concello aos nosos problemas parece ser entón que alimentemos as nosas familias con paquetes multicolores, que combatamos o frío nos pisos, que apenas podemos pagar, con ducias de luces e grilandas, e convertamos en felicitacións de Nadal as facturas impagadas que acumulamos.

Non doutra maneira se pode entender que este goberno invista en dous meses:
  1. Un millón de euros de decoración de Nadal fronte aos 139.000 euros de orzamento que destina ao albergue municipal nese mesmo período.
  2. Un millón de euros de decoración de Nadal fronte aos 160.000 euros de orzamento que destina a axudas extraordinarias a familias sen recursos nese mesmo período.
  3. Un millón de euros de decoración de Nadal fronte aos 12.000 euros de orzamento que destina á teleasistencia para maiores nese mesmo período.
  4. Un millón de euros de decoración de Nadal fronte aos 50.000 euros de orzamento que destina a axudas para pagamento de facturas eléctricas nese mesmo período.
  5. Un millón de euros de decoración de Nadal fronte aos 77.000 euros de orzamento que destina a axudas de emerxencia para alimentos e produtos básicos nese mesmo período.
  6. Un millón de euros de decoración de Nadal fronte aos 160.000 euros de orzamento que destina a axudas de libros, material escolar e comedor nese mesmo período.
  7. Un millón de euros de decoración de Nadal fronte aos 16.665 euros de orzamento que destina a axudas á calidade e mellora do emprego da mocidade nese mesmo período.
  8. Un millón de euros de decoración de Nadal fronte aos 2.000 euros de orzamento que destina a axudas para mulleres vítimas da violencia machista nese mesmo período.
  9. Un millón de euros de decoración de Nadal fronte aos 36.250 euros de orzamento que destina a museos, patrimonio histórico e biblioteca nese mesmo período.
Por isto esiximos, un ano máis, que se priorice a vida, a xustiza social e as necesidades das persoas por riba das banalidades, os adornos e os intereses privados.

Vigo, 23 de novembro 2018


https://youtu.be/2vMROSXa7jQ

Asemblea por un Vigo +Social #AlumeandoAMiseria

facebook.com/alumeandoamiseria | @maissocialvigo


Enviado por:
Mais Social
-maissocialvigo@gmail.com-
23 de novembro de 2018 12:29
_________

venres, novembro 23, 2018

O 1 de decembro tod@s a Touro, contra a estafa eléctrica en defensa da Terra, coas Marchas da Dignidade - Galiza está ferida por culpa dun sistema depredador que leva por diante todo o que atopa para encher os petos dos de sempre - Polo pan, traballo e teito, pola Terra - Imos desde Ferrolterra


Galiza está ferida por culpa dun sistema depredador que leva por diante todo o que atopa para encher os petos dos de sempre. Un sistema cruel ao que non lle importa facer dano se con iso consigue satisfacer a cobiza dos que máis teñen. Un sistema que conta coa submisión do poder político, cómplice necesario en toda esta desfeita. Os atentados ao noso país son constantes e veñen xa de lonxe, de moi lonxe, xa desde antes do desecamento da Lagoa de Antela ou da instalación da Celulosa na Ría de Pontevedra. As coiteladas á nosa terra foron, e son, unha constante, e o día 1 de decembro imos a Touro a dicir BASTA.

Esquilman a terra coa minería destrutiva, contaminan terra, ríos, rías e mar, enchen o monte de eucaliptos deixando a terra erma. Eucaliptos que logo arden como se foran gasoliña, provocando mortes e destrución. Enchen os nosos ríos de centrais eléctricas, os montes de muiños de vento e queiman carbón para encher o ceo de choiva ácida, pero logo temos a electricidade máis cara do estado e a nosa xente non pode quentarse no inverno.

Todo isto é froito das políticas ao servizo do poder económico e de costas á xente, a nós. E se non nos mobilizamos firme e permanentemente, non imos poder darlle a volta a esta desfeita. Para iso son as Marchas da Dignidade, para sumar forzas contra un inimigo que cada vez ten máis poder porque nós estámolo permitindo. Temos que loitar contra o inimigo común que nos está asoballando, que está desfacendo a nosa terra, os nosos dereitos e as nosas vidas. Por todo isto iremos a Touro o 1 de decembro xunto coa Plataforma Veciñal Non Á Mina de Touro. Polo pan, traballo e teito, pola Terra.

O DÍA 1D IMOS A TOURO CONTRA A ESTAFA ELÉCTRICA, EN DEFENSA DA TERRA.

CORREO DE CORDINACIÓN NACIONAL:
marchasdadignidade@gmail.com

Polo pan, traballo e teito, pola Terra.

EN FERROL SAÍMOS ÁS 9:30 DESDE O MONUMENTO 10 DE MARZO, ENTRE AS PÍAS E AS CASAS BARATAS. APUNTAR-SE NO CORREO:
marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com
OU CHAMANDO AO TELEFONO: 645158113


Marchas da Dignidade Ferrolterra

Contacto:

Correo-e: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com |
Teléfono: 645158113 |
Blogue de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ |
Blogue Galego:http://marchasdadignidade.blogspot.com/ |
Web Estatal:http://marchasdeladignidad.org/ |

Blogue do Plan Comarcal de Choque contra o Paro, polo Emprego e a Renda Básica:
http://asmarchaspoloemprego.blogspot.com.es/


PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!
---

As delegadas asistentes ao IV Encontro Nacional de Mulleres da CIG acordan convocar folga xeral o 8 de marzo do vindeiro ano de 2019 - Concentráronse ao remate diante dos Xulgados de Compostela para denunciar as agresións do patriarcado - Preto de 300 delegadas asisteistentes ao IV Encontro Nants ao IV Encontro Nacional de Mulleres da CIG, acordaron esta mañá convocar folga xeral de mulleres o vindeiro 8 de marzo e trasladar esta proposta ao movemento feminista galego


As delegadas asistentes ao IV Encontro Nacional de Mulleres da CIG acordan convocar folga xeral o vindeiro 8M. | Concentráronse ao remate diante dos Xulgados de Compostela para denunciar as agresións do patriarcado. |
Preto de 300 delegadas asistentes ao IV Encontro Nacional de Mulleres da CIG, acordaron esta mañá convocar folga xeral de mulleres o vindeiro 8 de marzo e trasladar esta proposta ao movemento feminista galego.

Un paro de 24 horas “para dar resposta aos ataques do patriarcado, porque non imos permitir que foran de farol o pasado 8 de marzo e que todas as promesas que fixeron nos días posteriores quedaran finalmente en nada”.

Así o explicaba a secretaria das Mulleres da CIG, Margarida Corral, na posterior concentración diante dos xulgados de Compostela, onde fixo un chamamento a todas as compañeiras organizadas en colectivos e organizacións feministas no país a “loitarmos xuntas nun novo 8 de marzo e a combater na rúa as agresións do patriarcado, as agresións de todo o aparato, tamén o xudicial, que para nada teñen asimilada a perspectiva de xénero e que, para nada, combaten a desigualdade como terían que facelo”.

As delegadas da CIG acordaron ademais dar traslado nos seus centros de traballo das moitas razóns polas que se convoca esta folga xeral. Razóns que foron esgrimindo ao longo do debate e que deixaron constancia das discriminacións e violencias ás que teñen que facer fronte as mulleres dentro e fóra do ámbito laboral polo feito de ser mulleres.

Por iso exixiron que non haxa “#NinUnhaMáis acosada no traballo, agredida física, psicolóxica ou sexualmente, nin unha máis que sufra violencia económica, patrimonial, simbólica, obstétrica ou institucional”, porque, seguindo o lema da campaña da Secretaría das Mulleres da CIG arredor deste 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, “Imos Fartas do acoso e da violencia machista”.

Concentración nos Xulgados

As asistentes a este IV Encontro saíron, o seu remate, en manifestación cara aos Xulgados onde se concentraron para denunciar que, como afirmou Corral, “as mulleres traballadoras non só temos que sufrir a violencia nas nosas vidas, de man de parellas ou exparellas, senón que tamén sufrimos a violencia de xefes acosadores, de compañeiros acosadores que nos agriden sexualmente, que nos agriden fisicamente e que nos agriden coas súas decisións impedindo que poidamos exercer os nosos dereitos”.

Unha violencia que, lembrou, se produce tamén desde os gobernos, as administración públicas e do propio sistema xudicial que, como denunciaron no decurso do Encontro, é capaz de emitir sentenzas como a da Manada. “Por iso estamos aquí ás portas dos Xulgados, para denunciar unha vez máis esa situación. Porque as mulleres da CIG non imos permitir que nin unha soa muller máis sexa discriminada, agredida e imos facer todo o posíbel para combatelo desde os nosos postos de traballo, dos nosos espazos na sociedade”.

Agresións que non paran de medrar

A secretaria das Mulleres da CIG alertou do constante incremento das agresións machistas. Así denunciou que 6.001 mulleres foron vítimas de agresións machistas o ano pasado, un 17,5% máis que no ano anterior; que máis dun medio centenar foron asasinadas polas súas parellas ou exparellas nos últimos 15 anos e que houbo 3 feminicidios en Galiza desde o principio deste ano: Magdalena Moreira Alonso; María Judite Martíns e Ana Belén Varela Ordóñez.

Corral sinalou ademais que, segundo os datos da Fiscalía galega indican tamén un aumento no número de denuncias que chegaron aos xulgados galegos, xa que no 2017 se presentaron 6.463, fronte ás 5.683 do ano anterior, o que supuxo un 13,7 % máis.

Esta terrible situación é a que levou, segundo Corral, ás mobilizacións multitudinarias do ano pasado. “Demostramos as galegas que enchemos as rúas deste país que necesitabamos un cambio, que necesitabamos non só medidas de aparencia, senón cambios reais a prol dos noso dereitos”. E estas cifras “e tantas outras que podiamos comentar do que sufrimos a cotío, son a realidade que demostra que ían de farol o 8 de marzo”.

Por iso chamou a todas as mulleres a reaxir, a mobilizarse este 25 de novembro nas mobilizacións convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres e outros colectivos feministas da Galiza e a secundar masivamente a folga xeral do vindeiro 8M. “Nós facémolo como sabemos na CIG, combatendo nas rúas e debatendo sobre esta problemática, dando propostas e respostas desde o feminismo de clase a esta situación”.

Mobilizacións do 25N:
  • Vigo: 12:00 h, cruce de Vía Norte con Urzáiz (Feminismos Vigo)
  • Pontevedra: 12:00h na Peregrina
  • Lugo: 12:00h, diante do concello (Plataforma Feminista Lugo)
  • Ourense: 12:00 h. Acción de rúa (Praza Maior).
    • 19:00 h. Obradoiro de pasamontañas (Subdelegación Goberno).
    • 20:30 h. Manifestación (saída Subdelegación Goberno) -
  • A Coruña: 20:00 h, desde o Obelisco (Feminismos A Coruña)
  • Ferrolterra: 19:00 h Manifestación + batukada e performance desde praza da Gándara. Narón.
  • Compostela: 12:00 h, desde a Praza 8 de Marzo (Feminismos Compostela).
    • Día 26 de novembro: 19:00 h. Casa de Xohana Torres. - Palestra-café con Paz Filgueira, xuíza de Familia.
  • A Estrada: 11:30 h concentración diante do concello
  • As Pontes: 11:30 h Concentración na Praza do Hospital
Fonte: Avantar. | 22 de Novembro. | Baixo Licenza Creative Commons.
_____________

xoves, novembro 22, 2018

Um novo atelier infantil de Repostaria Criativa decorrerá sexta-feira 23 de novembro, às 19hs, desta volta as crianças trabalharám a repostaria criativa com Lara Soto - Em Ferrol, na Fundaçom Artábria, Travessa de Batalhons nº7 de Esteiro


Atelier infantil de Repostaria Criativa

Um novo atelier infantil decorrerá sexta-feira 23, às 19hs, desta volta as crianças trabalharám a repostaria criativa com Lara Soto. E precissa inscriçom prévia, a qual é gratuita, chamando ao 671 200 160 (Lara) ou escrevendo para o correiodeartabria@gmail.com. 

--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!

A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
22 de novembro de 2018 01:36
______

A eurodiputada galega Lídia Senra esixe á UE a inmediata aplicación da Declaración dos dereitos labregos aprobada pola ONU - O movemento labrego mundial La Vía Campesina vén loitando pola aprobación desta Declaración dende o ano 2001 - A eurodeputada galega pregúntase que hai detrás da abstención maioritaria dos países da UE na votación da ONU o pasado luns


Lídia Senra esixe á UE a inmediata aplicación da Declaración dos dereitos labregos aprobada pola ONU. | O movemento labrego mundial La Vía Campesina vén loitando pola aprobación desta Declaración dende o ano 2001. | A eurodeputada galega pregúntase que hai detrás da abstención maioritaria dos países da UE na votación da ONU o pasado luns.


Con 19 votos a favor, 7 votos en contra e 49 abstencións [listaxe completa de votos], a Terceira Comisión (Social, Humanitaria e Cultural) da Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU) aprobou este luns 19 de novembro a Declaración das Nacións Unidas sobre os Dereitos dos Labregos e Doutras Persoas que Traballan nas Zonas Rurais. Este documento, que terá que ser ratificado en decembro, toma como base a Declaración dos Dereitos das Labregas e Labregos do movemento social labrego mundial La Vía Campesina (LVC), do cal o Sindicato Labrego Galego forma parte na Galiza.

A Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo levou a cabo onte un intercambio de opinións sobre a aprobación desta Declaración e sobre os desafíos mundiais que afectan aos dereitos humanos no sector da agricultura. Malia a que a comparecencia tiña lugar no marco da semana que o Parlamento Europeo está a adicar precisamente á conmemoración do 70 aniversario da aprobación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, a Declaración dos dereitos do campesiñado e outra persoas que habitan no medio rural foi desprazada até o último lugar da axenda de traballo, limitándose o tempo para o seu tratamento e debate. “Paréceme lamentábel que para unha vez que se aborda nesta comisión unha cuestión relacionada cos dereitos das labregas e labregos deixemos o último minuto e non poidamos ter un debate tranquilo”, criticou Lídia Senra.

Na súa intervención, a coordenadora do Grupo da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo felicitou o traballo levado adiante polo movemento labrego mundial La Vía Campesina dende o ano 2001 e as súas organizacións aliadas: “A aprobación desta Declaración é un feito realmente importante para todo o planeta”.

Sen embargo, salientou, “resulta moi chamativo que toda a UE, agás dous votos a favor e tres en contra, se abstivera na votación. A que se debeu que se acordara este voto?”, cuestionou á representante do Servizo Exterior da UE, convidada como poñente para informar sobre este tema. “Este é un instrumento fundamental para pór os dereitos humanos e os dereitos das labregas e labregos por riba dos intereses, cada vez máis fortes, e das agresións, cada vez maiores, do capital financeiro e das transnacionais, que non só están a acaparar as terras e os mercados, se non tamén os recursos naturais en sentido amplo. O labrego é o único modelo agroalimentario que realmente permite facer fronte aos grandes retos enerxéticos e climáticos tanto a nivel europeo como mundial”.

Ademais, segundo teñen denunciado tanto LVC como outras organizacións sociais, a día de hoxe a posta marcha de acordos comerciais que lexitiman a imposición del modelo económico neoliberal, como os que impulsa a UE, son unha das causas do significativo aumento da violencia e a vulneración de dereitos nas zonas rurais, que afecta ademais de xeito diferenciado s mulleres que viven nestas áreas. “Agardamos que tanto os Estados membro como a UE no seu conxunto rectifiquen, e que asuman e implementen este texto inmediatamente. En decembro terán a oportunidade de ratificalo, e sería intolerábel que a Unión Europea, que tantas veces pretende erixirse en defensora dos dereitos humanos, non secundase esta Declaración”, exhortou Senra.

Bruxelas, 22 de Novembro de 2018.

Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural [22/11/2018]

TEMA DA INTERVENCIÓN

Declaración dos dereitos do campesiñado e outra persoas que habitan no medio rural

ENLACE Á INTERVENCIÓN

https://youtu.be/KipQHvmDP0g

ENLACE AO DEBATE COMPLETO

https://youtu.be/ZiGlGhBW4z4

id:image001.png@01D2E90C.BB684D60

Oficina de LÍDIA SENRA
EURODEPUTADA GALEGA
Grupo da Esquerda Unitaria Europea/
Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)
Comisión de Agricultura
Comisión de Pesca
Asamblea Paritaria África, Caribe, Pacífico-UE
0034 609 845 861
Willy Brandt, 02M025 (Bruxelas)
Louise Weiss, T05018 (Estrasburgo)
lidia.senra@europarl.europa.eu

twitter
  Facebook

Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Maria Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
22 de novembro de 2018 19:02

___________

25 de Novembro Día Internacional contra a Violencia Machista - Manifestación da Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra, este ano en Narón, ás 7 da tarde, desde a Praza da Gándara - N'As Pontes, Concentración, ás 11:30hs na Praza do Hospital, convocada polo Colectivo Feminista - Rebelión, autodefensa, contra todas as violencias machistas

[25N] Rebelión, autodefensa, contra todas as violencias machistas

A Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra convida a participar na Manifestación do 25 Novembro, Día Internacional contra a Violencia Machista, este ano en Narón, ás 7 da tarde, na Praza da Gándara.

CONCENTRACIÓN | BATUKADA | PERFORMANCE


E n'As Pontes, pola mañá do domingo 25 de novembro na Praza do Hospital, ás 11:30hs, unha Concentración convocada polo Colectivo feminista.

Económica, sexual, psicolóxica, física, reprodutiva obstetricia, laboral, institucional... As mulleres recibimos múltiples violencias en maior ou menor grado na nosa vida diaria. Neste 25 de Novembro queremos reivindicar a necesidade de tecermos redes de coidados e soporte das nosas vidas fronte a esas violencias que sufrimos e facelo dende a loita feminista. No último ano coñecemos sentenzas xudiciais que confirman que a violencia sistémica e o monopolio da violencia por parte do estado son aínda un desafío que debemos afrontar dende o feminismo, que todas as campañas de chamados a denunciar as violencias machistas non ocultan a revictimización e mesmo a indefensión que sufrimos neses procesos de denuncia. Tamén constatamos que a violencia económica consecuencia da alianza capital-patriarcado segue colocando as nosas vidas e os nosos territorios en perigo. Por iso queremos falar de autodefensa e organización, autodefensa fronte á violencia física e psicolóxica mas tamén fronte á económica e institucional. Construír alternativas para a vida para defendernos das violencias que nos atravesan.

"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
22 de novembro de 2018 11:42

____________

A CIG fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas por organizacións feministas do país, entre as cales está a Marcha Mundial das Mulleres o vindeiro domingo, 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres


CIG-INFORMA: Mobilizacións 25 de novembro


A CIG fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas por organizacións feministas do país, entre as cales está a Marcha Mundial das Mulleres (da que a nosa central sindical forma parte), o vindeiro domingo, 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, co obxecto de visibilizar a violencia que sufrimos as mulleres polo feito de sermos mulleres e reclamarmos medidas efectivas e concretas para combatela. Porque como di o lema da campaña da CIG: estamos FARTAS DO ACOSO E DA VIOLENCIA MACHISTA. Por iso esiximos “#NinUnhaMáis. Nin unha soa muller máis  acosada no traballo, agredida física, psicolóxica ou sexualmente, nin unha máis que sufra violencia económica, patrimonial, simbólica, obstétrica ou institucional.

Facémonos eco da necesidade de autoorganización e de autodefensa fronte á violencia física e psicolóxica, mais tamén fronte á violencia económica e institucional, lema escollido pola Marcha Mundial das Mulleres da Galiza coa intención de construír alternativas para a vida e defendernos das violencias machistas que nos atravesan.

Mobilizacións do 25N:

  • Vigo: 12:00 h, cruce de Vía Norte con Urzáiz (Feminismos Vigo).
  • Pontevedra: 12:00h na Peregrina.
  • Lugo: 12:00h, diante do concello (Plataforma Feminista Lugo).
  • Ourense:
  • 12:00 h. Acción de rúa (Praza Maior).
  • 19:00 h. Obradoiro de pasamontañas (Subdelegación Goberno).
  • 20:30 h. Manifestación (saída Subdelegación Goberno).
  • A Coruña: Manifestación 20:00 h, desde o Obelisco (Feminismos A Coruña).
  • Ferrolterra: 19:00 h Manifestación desde praza da Gándara. Narón.
  • Compostela: 12:00 h, desde a Praza 8 de Marzo (Feminismos Compostela). Día 26 de novembro: 19:00 h. Casa de Xohana Torres. Palestra-café con Paz Filgueira, xuíza de Familia.
  • A Estrada: 11:30 h concentración diante do concello.
  • As Pontes: 11:30 h Concentración na Praza do Hospital.
#QuerémonosVivas
#FeminismoparaVivir
#NinUnhaMáis
#NinUnhaMenos

https://www.cig.gal/

Enviado por:
Confederación Intersindical Galega
-nonresposta@cig.gal-
22 de novembro de 2018 20:00

_______________

Loitemos dende o feminismo todas xuntas para unha sociedade xusta, libre de violencias e radicalmente democrática

O Pleno do Concello de Narón contra a violencia machista

NIN VIOLENCIA MACHISTA NIN VIOLENCIA PATRIARCAL. EU NARÓN


A violencia contra as mulleres converteuse nun problema estrutural que se dirixe cara as mulleres co obxecto de manter ou incrementar a súa subordinación ao xénero masculino.

Trátase dun problema social tanto no fogar como no público, de forma física, sexual, psicolóxica, económica, cultural...

Dende Esquerda Unida de Narón sumámonos ao grito de “Nin Unha Menos”este 25 de novembro do 2018. Como todos os anos por esta data chamábavos a atención para dicir nin unha menos Basta xa, nin unha asasinada máis, nin unha violada, acosada, discriminada, invisibilizada ou marxinada por etnia...

Este ano indignante para as mulleres polos casos Juana Rivas, a Manada,o aumento de casos de violación en grupo e a mala xestión do poder xudicial.

Tamén estamos vendo unha gran resposta social do movemento feminista en tódolos seus aspectos e que está a redefinir o sentido común da nosa sociedade.

Debemos ter presente a enorme importancia do feminismo nun momento no que temos que dar unha dura batalla contra o neoliberalismo, o autoritarismo,
a intolerancia e o fascismo, que avanzan internacionalmente.

Loitemos dende o feminismo todas xuntas para unha sociedade xusta, libre de violencias e radicalmente democrática.

Por todo iso, dende Esquerda Unida de Narón esiximos de xeito urxente:
  • O cumprimento da LEI 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
  • Que aumente o orzamento destinado a políticas de igualdade.
  • Que se poña en marcha o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
  • Que as campañas promovidas dende as distintas administracións para a violencia de xénero teñan unha perspectiva feminista e se ensine educación afectivo-sexual e contra a discriminación e violencia de xénero.
  • Que se desenvolvan plans de formación e sensibilización contra a violencia de xénero de obrigado cumprimento ao persoal ao servicio das administracións.
  • Demandamos unha xestión pública directa da rede de servizos de violencia de xénero.
Por todo o anterior, dende Esquerda Unida esiximos unha estratexia estrutural que loite en todos os ámbitos.

AREA DA MULLER DE EU NARÓN

Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
22 de novembro de 2018 17:49

_________

Asamblea da Marea de Ferrol, este venres 23 de novembro, ás 7 da tarde no Ateneo Ferrolán - Construír unha alternativa transformadora para a cidade


MAREA DE FERROL CONTINÚA A CONSTRUÍR UNHA ALTERNATIVA TRANSFORMADORA PARA A CIDADE


Mañán venres, 23 de novembro, no Ateneo Ferrolán, a partir das 19:00 horas, Marea de Ferrol celebrará unha nova asamblea aberta a toda a veciñanza.

No seu camiño cara ás próximas eleccións municipais de maio do 2019, Marea de Ferrol continúa a construír a súa alternativa de goberno municipal. Os inscritos e inscritas da organización están convidados a debater o código ético da organización e o regulamento e calendario para as primarias das que, a principios do próximo ano, sairá a candidatura para as municipais do ano 2019 na cidade.

Asimesmo, avanzarase na definición do programa electoral co que Marea de Ferrol se presentará ás vindeiras municipais. Na asamblea, á que están convocados todos os inscritos e inscritas da formación, pero que tamén é aberta a toda a cidadanía, definiranse tanto o calendario como os grupos de traballo que se responsabilizarán de pechar a elaboración do programa para as vindeiras municipais do 2019.

Contacto:

mareadeferrol@gmail.com

https://www.facebook.com/mareadeferrol

Enviado por:
Marea de Ferrol
-mareadeferrol@gmail.com-
22 de novembro de 2018 07:17

_______________

mércores, novembro 21, 2018

'Nenos, nenas e adolescentes nas fronteiras de Europa', baixo ese título, este venres 23 de novembro, celebrara-se no Ateneo Ferrolán, a VI Xornada sobre o Maltrato á Infancia e á Adolescencia, aberta ao público en xeral, desde ás 5 da tarde, con Xavier Ron, Ana Miranda e Jose Palazón - Proxetara-se o documental: 'O silencio das persoas refuxiadas', de Gabriel Tizón


AGAMME celebra o vindeiro venres 23 de novembro as VI Xornadas, que terán por título “Nenos, nenas e adolescentes nas fronteiras de Europa”.

O vindeiro venres 23 de novembro AGAMME organiza a súa VI Xornada sobre o Maltrato á Infancia e á Adolescencia, que se desenvolverá a partir das 17:00h. no Ateneo Ferrolán.

Nesta ocasión a xornada pretende salientar a dramática situación dos nenos, nenas e adolescentes que están a chegar ás fronteiras de Europa fuxindo da guerra, do empobrecemento e a desnutrición extremas dos seus lugares de orixe.

Crianzas desaparecidas dos centros de persoas refuxiadas en territorio comunitario, captadas por redes de trata, centros de menores non acompañados-as saturados, adolescentes vivindo na rúa en grandes cudades europeas, nenos e nenas de curta idade que tentan suicidarse en centros de refuxiados. Os centos de menores de idade que perden a vida nas rotas terrestres e marítimas. Este é o escenario do que parte esta VI Xornada, que ten por título “Nenos, nenas e adolescentes nas fronteiras de Europa. Unha revisión dende a perspectiva de dereitos de infancia”.

O primeiro relatorio correrá a cargo de Xabier Ron, membro do Foro Galego de Inmigración dende a súa fundación, docente, activista e militante de Esquerda Unida.

A continuación intervirá Ana Miranda, deputada no parlamento Europeo polo BNG, membro da Comisión de Inmigración, embarcada no buque Open Arms durante a crise do Aquarius.

Finalizará a quenda de intervencións José Palazón, Presidente da Asociación Prodein, que leva décadas denunciando a situación dos nenos, nenas e adolescentes non acompañados-as en Ceuta e Melilla e as condicións nas que se atopan os centros de menores destas cidades.

Proxectarase o documental do fotógrafo ferrolán Gabriel Tizón, "O silencio das persoas refuxiadas".

Para finalizar o evento abrirase un coloquio.

http://www.agamme.org/

FACEBOOK | TWITTER

Causas Comúns

http://www.causascomuns.org/
___________________

domingo, novembro 18, 2018

Moción conxunta de EU NARÓN, TEGA, BNG e PSOE en apoio aos veciños de San Xiao - EU Narón, TEGA, BNG, PSOE, axuntan forzas para esixir a Xunta de Galicia investimentos en Narón nos orzamentos de 2019 - Apostamos pola unidade da xente de esquerdas para mudar Narón

Abeledo, Concelleiro de EU Narón, reuniuse coa AAVV de San Xiao.

Moción conxunta de EU NARÓN, TEGA, BNG e PSOE en apoio aos veciños de San Xiao


André Abeledo reuniuse cos representantes da asociación de veciños de San Xiao para amosar o seu apoio e o de EU NARÓN na súa reivindicación de que se leve acabo o proxecto do ensanche e modificación da estrada de San Xiao (DP-5401).

Naquela reunión  Abeledo defendeu a necesidade de que o Pleno do Concello arroupe politicamente aos veciños coas ferramentas que temos nas nosas mans, mediante unha Moción apoiada por todos os grupos políticos do Concello esixindo a Deputación que cumpra coas súas promesas.

Os representantes da veciñanza entenden que esa unidade na defensa dos seus intereses é necesaria, e como non pode ser doutro xeito dende EU NARÓN estamos sempre dispostos a sumar forzas para defender os intereses e os dereitos das naronesas e naroneses.

14 anos de promesas incumpridas por parte da Deputación merecen unha resposta urxente, indicou Abeledo.

Xa pasaron tamén 9 anos dende a modificación do PXOM para recoller o novo trazado da estrada, é lóxico que a paciencia dos veciños téñase esgotado.

Os veciños solicitan que se proceda á elaboración e asinamento dun Convenio entre o Concello e a Deputación que teña en conta as demandas veciñais.

E solicitan a Deputación o inicio do proceso de expropiación das parcelas afectadas pola modificación do PXOM.

Ademais dende EU NARÓN damos o noso apoio as posibles mobilizacións que emprendan os veciños para conseguir ser escoitados.

Abeledo advirte que está carreteira é un perigo, sobre todo para os peóns, e que a solución a problemas onde se poñen en xogo vidas deberían ser sempre unha prioridade. 

É unha carreteira sen beirarrúas, cun deficiente mantemento que ademais ao servir de acceso a un polígono ten horas de intenso tránsito de todo tipo de vehículos.

Narón, 15 de novembro de 2018


EU Narón, TEGA, BNG, PSOE, axuntan forzas para esixir a Xunta de Galicia investimentos en Narón nos orzamentos de 2019

André Abeledo denuncia que o Goberno da Xunta de Galicia fai política partidista castigando aos Concellos onde non goberna o PP.

Abeledo entende que unha e outra vez o PP castiga a Narón nos Orzamentos da Xunta de Galicia.

Os Orzamentos estan para atender as necesidades das galegas e galegos e non para facer política partidista.

Por ese motivo imos a instar a Xunta de Galicia a incluír no seu proxecto de Orzamentos para o ano 2019 os seguintes investimentos:
  • Un centro integral de atención ás persoas maiores.
  • Un plan de inversións en melloras nos centros de ensino públicos de Narón.
  • Un Centro Integrado de Formación Profesional no que se impartan as familias profesionais que non se están a ofertar en outros centros da Comarca.
  • Renovación das beirarrúas da Estrada de Cedeira (AC-566), dando solución aos problemas de paso e accesibilidade en diversos puntos do treito que abrangue o primeiro quilómetro desa entrada por ambas beiras.
Narón, 18 de novembro de 2018


Apostamos pola unidade da xente de esquerdas para mudar Narón

Dende EU Narón apostamos decididamente pola creación dun espazo de confluencia de cara as eleccións Municipais.

André Abeledo indica que a unidade é unha necesidade en Narón, na Galiza, e no Estado español.

A nosa organización aposta por facer o esforzo de construír unidade popular, unha unidade baseada nun programa e nun proxecto de cidade.

O esforzo para recuperar e Municipalizar servizos básicos, a implementación de políticas sociais, a humanización da nosa cidade, deben ser o eixo dunha aposta decidida e valente polo futuro de Narón e a súa veciñanza.

Estamos convencidos de que a unidade vainos a permitir medrar e fortalecer un proxecto capaz de mudar Narón para mellor.

Nese sentido EU Narón xa comezou as reunións con ANOVA, e estamos a espera de que outras organizacións rematen os seus procesos internos para comezar os contactos. Estamos convencidos de que con xenerosidade e guiados pola responsabilidade da necesidade de traballar por mellorar a vida da cidadanía a unidade será posible.

Abeledo insiste en facer un chamamento a unidade da xente de esquerdas, das traballadoras e traballadores, a xenerosidade, ao esforzo por avanzar tendo como obxectivo traballar por construír unha cidade mellor onde vivir, pola nosa veciñanza, pola clase traballadora.

Somos unha organización que leva no seu ADN chegar a acordos que permitan avanzar, tender pontes e construír un futuro de esperanza.

Narón, 18 de novembro de 2018

GRUPO MUNICIPAL
ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter. | Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.



Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
15 de novembro de 2018 11:42
18 de novembro de 2018 22:32
18 de novembro de 2018 22:3
4

____________