martes, outubro 27, 2020

Nós Diario: O Goberno español decreta o estado de alarma, prorrogábel até 9 de maio - Todas as novas medidas do estado de alarma: que podes facer e que non


O Goberno español decreta o estado de alarma, prorrogábel até 9 de maio

Haberá restricións á mobilidade, confinamentos entre as 23 horas e as seis da madrugada e limitaranse as reunións a un máximo de seis persoas.

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou este domingo na roda posterior ao Consello de Ministras extraordinario, a aprobación do estado de alarma para todo Estado español, que entrará en vigor esta tarde. O seu obxectivo é que esta situación sexa prolongada polas Cortes Xerais durante seis meses, até 9 de maio.

O decerto aprobado hoxe estabelece un confinamento desde as 23 horas até as seis da madrugada, aínda que poderá ser modulado por cada territorio cunha marxe dunha hora (adiantándoo ás 22 horas ou ben retrasándoo até a medianoite). Tamén o poden modificar para que finalice ás cinco ou as sete da madrugada. O mesmo ocorre coas reunións, que como norma xeral non poderán superar as seis persoas.

Os presidentes, o da Xunta no caso da Galiza, serán a autoridade delegada nos seus territorios e terán potestade para decretar confinamentos totais ou parciais. Así, Feixoo poderá limitar a entrada e saída dos seus territorio, é dicir, o peche perimetral do conxunto do país ou unha parte do seu territorio, aínda que haberá tamén excepcións como asistencia a centros sanitarios, acudir a centros educativos ou razóns laborais, entre outras.
Sánchez pide apoios

Sánchez recalcou que a duración deste estado de alarma "non é inamovíbel" e pode levantarse se se supera a situación, aínda que agregou que eses seis meses de duración é o prazo que aconsellan as persoas expertas para superar non só esta segunda onda, senón a etapa "máis dañiña" da Covid-19. "Os expertos din que as razóns están plenamente xustificadas", remachou Sánchez para solicitar formalmente a todos os grupos parlamentarios do Congreso das Deputadas que dean o seu "apoio abafador" á prórroga do estado de alarma, dado que haberá rendición de contas continúa sobre a súa aplicación.

De feito, revelou que conversou de modo "cordial" co líder do PP, Pablo Casado, para poder contar co seu apoio para habilitar este mecanismo "eficaz para conter e manter a raia o virus", tanto no plano da actuación contra a enfermidade como desde o plano constitucional. "Entendo que é unha cuestión de Estado e os partidos que se consideran de Estado deberían apoiar esta medida tan extraordinaria", remachou para asegurar que tampouco alberga dúbidas de que no Consello Interterritorial aumentaranse ou relaxarán as medidas se así o require a situación.


Todas as novas medidas do estado de alarma: que podes facer e que non

É un estado de alarma descentralizado e cada comunidade ten o poder de aplicar medidas en función das súas necesidades.

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou este domingo na roda posterior ao Consello de Ministras extraordinario, a aprobación do estado de alarma para todo Estado español, que entou en vigor esa mesma tarde. O seu obxectivo é que esta situación sexa prolongada polas Cortes Xerais durante seis meses, até 9 de maio.

Confinamento nocturno


Entrou en vigor ás 23:00 horas e prolongarase todos os días ata as 6.00 horas, agás Canarias, onde non se fai efectivo este toque de recollemento. Este é o marco xeral aprobado polo Goberno español e que cada territorio pode agora ‘modular’ unha hora ao principio e outra ao final para axustar o confinamento. Así, en Catalunya rexe desde as 22:00, non desde as 23:00.

Hai excepcións nas que si se pode sair á rúa durante ese confinamento e que aparecen recollidos no artigo 5 (Limitación da liberdade de circulación das persoas en horario nocturno) do decreto publicado no BOE este domingo:

a) Adquisición de medicamentos, produtos sanitarios e outros bens de primeira necesidade.

b) Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.

c) Asistencia a centros de atención veterinaria por motivos de urxencia.

d) Cumprimento de obrigacións laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais.

e) Retorno ao lugar de residencia habitual tras realizar algunhas das actividades previstas neste apartado.

f) Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables

g) Por causa de forza maior ou situación de necesidade.

h) Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.

i) Reposición en gasolineiras ou estacións de servizo, cando resulte necesario para a realización das actividades previstas nos parágrafos anteriores.
15 días

O estado de alarma estará vixente polo menos durante 15 días, mais o Goberno quere que as Cortes aproben unha ampliación até o 9 de maio
Confinamento territorial

Os gobernos autonómicos poderán limitar o movemento no seu territorio, impedindo entradas e saídas no mesmo ou ben en determinadas comarcas, cidades, vilas... Nestas restricións á mobilidade fican á marxe aquelas aquelas que sexan por motivos laborais, sanitarios, asistencias ou docentes.
Xuntanzas

O estado de alarma fixa un máximo de 6 non convivintes como o máximo que pode estar reunido. Na Galiza o criterio é máis restritivo, son 5 o máximo, e nalgunhas zonas do noso país, por exemplo Ourense ou Compostela, só se permiten xuntanzas de convivintes.

Publicado en Nós Diario. | 15:24 do 25 de outubro de 2020 |
09:54 do 26 de outubro de 2020.

✏ Real Decreto 926/2020, de 25 de octubre, por el que se declara el estado de alarma para contener la propagación de infecciones causadas por el SARS-CoV-2. | Acceder/Baixar.
_______

luns, outubro 26, 2020

Ciencia e tecnoloxía, ... Por José Cervera - As ciencias buscan comprender o universo e o seu funcionamento; dilucidar as regras, ... - As tecnoloxías, con todo, non describen o mundo, senón que o modifican para adaptalo ás necesidades humanas


Aínda que se llas adoita confundir ou polo menos tratar por igual o obxectivo das ciencias e o das tecnoloxías non é o mesmo, e iso fai á verdadeira ciencia máis resistente a interferencias de poderes externos do que puidese parecer. Boa parte dos ataques ás ciencias en realidade o que están rexeitando é algunha determinada tecnoloxía, ou ate decisións que non son técnicas senón políticas e económicas. Por iso quizá conveña separar con claridade conceptos e campos de actuación, para delimitar as responsabilidades.

As ciencias e as tecnoloxías diferencian-se no seu obxectivo final, que é clara e contundentemente diferente. As ciencias buscan comprender o universo e o seu funcionamento; dilucidar as regras, os procedementos e sistemas que fan que o cosmos exista tal e como é. Son descritivas no sentido de que contemplan os fenómenos existentes e intentan explicar os seus mecanismos; todas as súas intervencións (experimentos) teñen por obxecto axudar ao entendemento, e xa que logo en condicións ideais as modificacións que se introducen no funcionamento natural están reguladas e son mínimas. O resultado final das ciencias son as teorías que explican que hai aí fóra e de que xeito funciona.

As tecnoloxías, con todo, non describen o mundo, senón que o modifican para adaptalo ás necesidades humanas. O seu obxectivo non é entender o universo, senón moldealo para facelo mellor para nós; o coñecemento que buscan e empregan ten como obxectivo a súa aplicación neste empeño, non o coñecemento mesmo. As tecnoloxías sempre son "para" algo: crear vías de comunicación ou outras obras públicas, curar enfermidades, extraer minerais, fabricar obxectos. A finalidade é utilitaria, e a razón da súa existencia é en última instancia mellorar a existencia da Humanidade.

A relación entre ambos campos é íntima, retorta e ás veces mal entendida; a extensión de conceptos como "ciencia aplicada" non fai máis que complicala aínda máis. As tecnoloxías empregan o coñecemento do universo xerado polas ciencias para mellorar as súas técnicas, mentres que a ciencia precisa botar man da tecnoloxía máis avanzada (e ás veces impulsala máis aló dos seus límites) para poder levar a cabo os seus experimentos. Hai veces que a investigación científica nunha dirección concreta ou nun campo específico é dirixida e favorecida para axudar a resolver unha cuestión tecnolóxica, como ocorre coa bioloxía celular e a cura do cancro. Outras veces novas tecnoloxías aparecen de súpeto xurdidas de avances científicos relativamente recónditos ou ate inesperados, como acaba de ocorrer coa enxeñería xenética e o sistema CRISPR-Cas. Cando se fala de "ciencia aplicada" mestúranse conceptos e deséñanse actividades que están a medio camiño entre ambas beiras.

Pero trátase de empeños diferentes con obxectivos distintos, e mesturalos conceptualmente ten consecuencias que poden ser graves. Porque si na tecnoloxía entra, por definición, a economía e xa que logo a política, en ciencia non é así. Un chiste de enxeñeiros di que á pregunta "Isto pódese facer?" a resposta sempre é: "Depende do orzamento", porque en calquera ámbito tecnolóxico a clave para a toma de decisións é a rendibilidade e o acceso aos recursos. En moitas ocasións as discusións sobre temas de tecnoloxía non analizan a posibilidade de facer algo, senón si a solución elixida é a mais conveniente, económica, interesante, rendible: non se discute si é ou non posíbel, senón a conveniencia de facelo. Non é unha decisión sobre feitos, senón sobre política, e así é como debe ser.

O problema xorde cando as cuestións políticas saltan desde as tecnoloxías ás ciencias e inténtase dobregar o coñecemento para adaptalo ás necesidades da conveniencia social. Pódese (débese) discutir cal é o mellor xeito de poñer límites ao cambio climático, si unha determinada decisión política será suficiente, ou si non haberá outras tecnoloxías que poidan resolver o problema de modo máis económico, xa que falamos dunha cuestión tecnolóxica (cambiar a realidade). O que non é razoábel é negar a existencia do quecemento global medido pola ciencia (describir a realidade). É posible analizar si os actuais calendarios e sistemas de vacinación son os máis eficientes para manter baixo control ás enfermidades contaxiosas, pero para iso é absurdo afirmar que as vacinas teñen efectos secundarios que non se describiron. A decisión política de usar ou non usar Organismos Modificados Xeneticamente para mellorar o rendemento da agricultura debe ser discutida en público para determinar si é a máis conveniente ou que sacrificios e de quen estamos dispostos a facer para empregala ou non, pero sen usar na discusión acusacións infundadas e feitos falsos. A tecnoloxía e en especial os seus compoñentes económico e político sempre pode, e deben, discutirse con paixón, porque todas as decisións de actuar sobre a natureza teñen custos ademais de beneficios e contrapesalos é dereito e deber dunha sociedade libre.

O que non quere dicir que os feitos, os datos, os coñecementos da ciencia sobre o funcionamento do universo sexan maleábeis: a ciencia non cambia porque os seus resultados sexan inconvenientes para unha postura política ou outra. O planeta quentarase ou non; as vacinas causarán autismo ou non, e os OMGs serán daniños ou non, e a esa pregunta debe contestar a ciencia e a súa resposta debe ser respectada. Despois a tecnoloxía determinará si podemos facer algo para reducir as emisións de CO2 e como, si é mellor vacinar a unha idade ou outra ou si o mellor modo de acabar dunha vez co fame no mundo é usar OMGs ou non, e a política asignar recursos económicos á decisión que a sociedade tome. Pero partindo dunha descrición o máis certeira posíbel da realidade, é dicir, da mellor ciencia dispoñíbel. Porque si permitimos que a ideoloxía ou a rendibilidade determinen os feitos a partir dos cales tomamos decisións estarémonos facendo trampas ao solitario, que é o modo máis estúpido de autoenganar-se que existe. Si confundimos a ciencia coa tecnoloxía e esta con a política non só nos irá mal no futuro, senón que nos merecemos que nos pase.

[*] José Cervera (@Retiario), naceu en Getafe, o 4 de agosto de 1964 e morreu en Madrid o 29 setembro de 2018. Popularmente coñecido como Pepe Cervera, foi un xornalista, biólogo e divulgador científico, especializado en ciencia e tecnoloxía e daba clases de xornalismo dixital. En 2017, recibiu no Evento Naukas de Bilbao o Premio Tesla de Divulgación Científica, en recoñecemento ao seu labor durante varias décadas. |  Blogue Retiario.

[**] Ciencia y tecnología - Cuaderno de Cultura Científica - 19 de xaneiro de 2017 - SSN 2529-8984 | Ir á Web.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
24 de outubro de 2020 12:33

_______

domingo, outubro 25, 2020

O BNG acusa ao goberno local de negarse a abordar o problema de fondo do saneamento, diante das declaracións feitas polo Alcalde considera que Angel Mato está a eximir de responsabilidade, coas súas omisións, tanto ao Ministerio de Fomento como á Xunta


O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol diante das declaracións feitas esta mañá polo Alcalde considera que Ángel Mato está a eximir de responsabilidade, coas súas omisións, tanto ao Ministerio de Fomento como á Xunta, responsábeis principais dun sistema de saneamento inasimilable para a cidade.

O BNG censura que por parte do goberno municipal non se queira abordar o problema de fondo do saneamento e se limite a discutir a porcentaxe que debe pagar sen poñer en dúbida o modelo, nin a forma de xestión e indícalle que a mellor maneira de deixar de pagar o 100% polos custos de saneamento é devolverlle a EDAR ao seu propietario Augas de Galiza.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, indicou que o convenio con ACUAES debe rectificarse desde tres perspectivas. A primeira, a que ten que ver co computo das porcentaxes de consumo, nas que Ferrol está moi lonxe de supoñer o 70% destas.

A segunda , e que ignora o Alcalde da cidade, é que desde o Mº Fomento se pretende que os ferroláns e as ferrolás pasen a pagar o 25% dunhas obras que cando se asinou o convenio se limitaba ao 10% e que debería asumir integramente o Estado por tratarse dunha obra declarada de interese xeral en 1997.

Isto acontece por responsabilidade exclusiva de ACUES que rematou as obras en 2017, cando o seu compromiso era ter todo rematado en decembro de 2015, e produto deste atraso perdeu parte da financiamento da UE, algo que o goberno local obvia.

E a terceira, ten que ver con que o modelo de saneamento escollido incumpre todo o marco legal que existe ao redor dos sistemas de depuración, mesturando augas pluviais e fecais e que supón uns custes medioambientais e económicos que o actual Alcalde tamén ignora.

Para o BNG compre reclamar ao Ministerio de Fomento o firme compromiso económico para transformar a actual infraestrutura en separativa dado que foi exclusivamente o Estado o responsable da súa construción, pero que pretende que paguemos todos e todas as ferrolás.

Por outra parte hai que lembrar que ACUAES non ten ningún contrato para xestionar os interceptores e os tanques de tempestades e por tanto os importes a aboar deberían ser valorados por este concello previamente a facer efectivo o seu pago, tanto os derivados da construción das obras como os derivados da súa xestión.

Do mesmo modo a mellor maneira de resolver o conflito con Narón é entregar a depuradora ao seu lexítimo propietario, Augas de Galicia, deixando de pagar o 100% da depuración. Deste modo Augas de Galicia emitirá unha factura a cada concello de maneira independente. A partir de aí o concello de Ferrol decidirá aboar ou revisar esa factura pero cando menos pero deixaremos de pagar o 100% dos custes como acontece desde 2014.

Hai que lembrar que ademais de asumir o 100% dos custes de depuración , en base a este convenio eximimos do pago dos tributos correspondentes por esta infraestrutura ao seu propietario, Augas de Galicia e ao seu xestor, EMAFESA, e os veciños e veciñas pagan o custe da reparación dunha EDAR defectuosa que non podía funcionar cando se nos entregou.

O convenio con Augas de Galicia é anual, e por tanto compre que o goberno local deixe sen efecto este convenio o antes posible para evitar ter que seguir asumindo uns custes que non nos corresponden.

Ferrol a, 22 de outubro, de 2020.

Ferrol | Web | Facebook | Twitter.


bng@ferrol.es





Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
23 de outubro de 2020 11:07

_______

venres, outubro 23, 2020

Un novo buque gaseiro, o Christophe de Margerie LNG Tanker, está atracado en Punta Promontoiro, descargando o GNL no despropósito gasista de Reganosa, aumentando de xeito exponencial a xa de por si perigosidade da Planta de Gas, localizada no interior da Ría de Ferrol, no concello de Mugardos - Unha regasificadora que ten anulados os permisos de funcionamento e construción, por cinco sentenzas firmes do Tribunal Supremo


Onte mércores 22 de outubro de 2020, arribou a Ferrol o buque "Christophe de Margerie LNG Tanker". Agora está atracado no porto de Punta Promontoiro (Mugardos), dentro da Ría. Un  buque gaseiro construído en 2016 e navegando baixo a bandeira de Chipre, con miles de toneladas de gas natural licuado (pois ten unha capacidade de carga de 172.600 metros cúbicos de gas líquido), para a perigosa e ilegal Reganosa. Un buque de grande porte con 299 metros de eslora, por 50 de manga e un calado de 11,8 metros. Mentres se produza a descarga, perante 24 horas, aumentará de xeito exponencial, o xa de por si perigo que ten a Planta de Gas, instalada no corazón da nosa Ría. Un potencial perigo, para todas as miles de persoas que moramos na súa contorna.

Sistema de vaporización do gas e calidade das augas da Ría

No procedemento de conversión de liquido a gas, para entrar no sistema de gasodutos da península, Reganosa utiliza vaporizadores que funcionan con miles de toneladas de auga do mar que sae arrefriada ate aproximar-se a uns 5°C [Ao baixar a temperatura da auga de mar (-4°C en 2017, -4,10°C en 2018 e -4,60°C en 2019 - segundo datos da propia Reganosa) xera o maior impacto ambiental do proceso, alterando o equilibrio ecolóxico das augas mariñas costeras, ademais da morte inmediata de calquera ser vivo que sexa succionado polas bombas] e con residuos de hipocloritos (0,033 mg/l en 2017, -0,022 mg/l en 2018 e 0,027 mg/l en 2019 - segundo datos da propia Reganosa) que se utilizan para inhibir o crecemento biolóxico no sistema no procedemento de vaporización, dunha capacidade de ate 480 t/hora (3 X 160t/hora de GN), producindo unha alta cantidade de intercambio de enerxía que require o vaporizador que é bastante alta, polo que precisa grandes cantidades e fluxos de auga de mar (millóns de m3: 29.042.650 en 2017, 29.370.211 en 2018 e 32.852.917 en 2019 - segundo datos da propia Reganosa), influíndo de xeito crítico nas condicións medio ambientais da Ría. O que con toda probabilidade, é un dos factores medioambientais que están deteriorando os bancos marisqueiros da Ría, ao ter aumentado de xeito significado o transporte e licuación de gas (LNG - GNL) na regasificadora de Mugardos, dado o aumento da produción, de enerxía eléctrica, dos ciclos combinados (Auga/Gas) de As Pontes e Sabón, en substitución da térmica de carbón, de As Pontes, que apenas funciona e a de Meirama que xa pechou. As cofradias de pescadores da Ría deberían de fixar-se neste problema medio ambiental que noutrora tiñan presente.

Cinco Sentenzas do Tribunal Supremo

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, segue denunciando unha vez máis a unha planta de gas que non só pon en perigo as nosas vidas e contribúe ao deterioro da Ría, senón que foi construída ao amparo da corrupción económica e política. Confirmado por cinco sentenzas do Tribunal Supremo en contra do despropósito gasista de Reganosa, e está última ditada en xullo do pasado ano, onde tumba a resolución do anterior Goberno Español de Mariano Rajoy, dun partido corrupto até o espiñazo, que eximiu a Reganosa de ter que someter-se a avaliación ambiental, intentando chulear deste xeito as sentenzas condenatorias que declaran ilegal, á perigosa planta regasificadora.

A sentenza núm. 1075/2019 do Tribunal Supremo, de 16 de xullo de 2019, anulou o Acordo do Consello de Ministros de 27 de maio de 2016 polo que se declaraban excluídos do trámite de avaliación de impacto ambiental aos proxectos da planta de recepción, almacenamento e regasificación de gas natural licuado en Mugardos [Sentenza].

Mais en Arxentina unha resolución xudicial federal clausura, de xeito preventivo, a regasificadora de Escobar

A regasificadora flotante de Escobar, na provincia de Bos Aires, foi clausurada de xeito preventivo, o pasado 16 de outubro, por resolución xudicial do Xulgado Federal de Campana que ordenou, o venres 16 de outubro, a clausura da terminal, onde esta localizado o buque regasificador de Gas Natural Licuado: "Polo grave perigo para a vida da cidadanía, a Xustiza Federal ordenou a clausura urxente do Porto Regasificador de Escobar, porque nunca debeu instalarse nese lugar de acordo ao estudo pericial, fai máis de 9 anos que a sociedade vive en risco permanente".

Apoios políticos, económico e mediáticos

A pesares de se demostrar a ilegalidade e a mentira coa que se construíu a planta de Reganosa, esta segue contando cos apoios económicos, políticos e mediáticos que fan que poda funcionar sen os permisos e licenzas necesarios, mesmo sen o permiso de construción, prolongando-se no tempo esta provisionalidade, mais sen perder tempo nunha campaña mediática e política, de busca de apoios institucionais, intentando facer ver o "imprescindíbel da planta regasificadora", para unha comarca en crise permanente. Un despropósito que se apoia nas miserias que nos fan padecer nunha comarca en declive industrial e socioeconómico, para que admitamos o "inevitábel deterioro da nosa Ría", a corrupción e o potencial perigo de vivir con unha enorme planta de gas coa potencial capacidade explosiva de varias bombas atómicas como as que se lanzaron en Hiroshima e Nagasaki.
---
Desde Ártabra 21 seguimos apoiando a loita do Comité Cidadán de Emerxencia.

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

_______________

mércores, outubro 21, 2020

De fondo Reganosa: 'Polo grave perigo para a vida da cidadanía, a Xustiza Federal ordenou a clausura urxente do Porto Regasificador de Escobar (Arxentina), porque nunca debeu instalarse nese lugar de acordo ao estudo pericial, fai máis de 9 anos que a sociedade vive en risco permanente'

Imaxe - 1.- Porto Regasificador de Escobar: Operatoria Buque a Buque
(en inglés ship to ship) regulada internacionalmente
para ser efectuada en Alta Mar.


A regasificadora flotante (gasero FSRU) atracado nunha ribeira do Río Paraná (próxima á cidade de Escobar de Paraná) [1], un proxecto deseñado pola transnacional Repsol (Mais agora en mans de IEASA e YPF), foi clausurada (de xeito preventivo) por resolución xudicial do "Juzgado Federal de Campana - Poder Judicial de la Nación" que ordenou o venres 16 de outubro, a clausura da terminal portuaria de Escobar, na provincia de Bos Aires, onde esta localizado o buque regasificador de Gas Natural Licuado (LNG - GNL): "Polo grave perigo para a vida da cidadanía, a Xustiza Federal ordenou a clausura urxente do Porto Regasificador de Escobar, porque nunca debeu instalarse nese lugar de acordo ao estudo pericial, fai máis de 9 anos que a sociedade vive en risco permanente".

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol que mantén lazos de amizade e colaboración cos colectivos opositores á planta regasificadora de Escobar, manifestou a súa satisfación e felicitou a estes colectivos polo grande paso que se deu con esta resolución xudicial executiva, aínda que de xeito provisional, na defensa do medio ambiente e da seguridade e a vida dos poboadores de Porto Escobar e todas as comarcas lindeiras.

A clausura foi ordenada polo Xuíz Federal de Campana, Adrián González Charvay (nos términos do art. 23, último párrafo, do Código Penal, arts. 183 e 193 do Código Procesal Penal da Nación, art. 41 da Constitución Nacional) no marco da causa penal FSM 75001619/2011 caratulada <<REBASA VIVIANA RAQUEL E OUTROS s/ A súa DENUNCIA c/ ESTADO NACIONAL E OUTROS>>, inciada contra o Estado Nacional (Ministerio de Planificación Federal, Inversión Pública e Servizos, Secretaria de Enerxía, Dirección Nacional de Vías Navegabeis, Prefectura Naval Arxentina, etc.), o Estado Provincial (Organismo Provincial de Desenvolvemento Sosteníbel -OPDS, etc.) e o Estado Municipal; tamén a denuncia dirixiuse contra a Empresa Operadora E.P.F. S.A. ou IEASA (ex UTE REPSOL ENARSA YPF).

A denuncia foi iniciada o 23 de maio do ano 2011 por integrantes de diversas organizacións sociais ambientais e a veciñanza autoconvocada, ante a presunta comisión dos delitos continuados por perigo de estrago por explosión de Gas Natural Licuado (Gas Natural concentrado 600 veces) con efectos catastróficos, sendo a capacidade de carga de cada un dos buques metaneros e do regasificador o equivalente enerxético a 55 bombas como a de Hiroshima, sen radioactividade. Tamén se denunciaron os delitos de asociación ilícita, falsidade ideolóxica de documento público, corrupción institucional, genocidio, coccidiose e crime de agresión contra o pobo arxentino conforme o Estatuto de Roma da Corte Penal Internacional art 7 inc. 1 apartado k) "Outros actos inhumanos de carácter similar que causen intencionalmente grandes sufrimentos ou atenten gravemente contra a integridad física ou a saúde mental ou física"; todos ilícitos en prexuízo da poboación civil.

Desde os inicios da denuncia identificáronse aos presuntos responsábeis, que entre outros serían: a) Empresa Privada UTE «ENARSA-YPF-PROXECTO ESCOBAR-UNIÓN TRANSITORIA DE EMPRESAS», b) a ex Presidenta da Nación, Sra. CRISTINA FERNÁNDEZ DE KIRCHNER, quen o inaugurase o día 8 de xuño de 2011 (ver a inauguración en video), c) o ex Gobernador da Pcia. de Bos Aires, Sr. DANIEL SCIOLI, d) o ex Intendente de Escobar, Sr. SANDRO GUZMÁN, e) o ex Ministro de Planificación Federal, Sr. JULIO DE VIDO, que tamén fose responzabilizado polas irregularidades nas compras de Gas Natural Licuado na causa Nº 10456/2014, "De Vido Julio e outros s/Asociación Ilícita", a cargo nese entón, do Xuíz Federal Dr. CLAUDIO BONADIO do Xulgado Nacional no Criminal e Correccional Federal Nº 11, cito en Comodoro Py, f) o ex Ministro de Enerxía, DANIEL CAMERÓN.

As organizacións e veciñanza denunciamos, entre outros estudos, que de acordo ao estudo de análise de riscos de SEGURIDADE PÚBLICA, traspolado ao caso de Escobar e identificado con ovalo en vermello, e que debe ser previo a calquera movemento de solo e operatividade, resultou ser de 48 quilómetros á redonda ante un accidente catastrófico no caso similar dunha Terminal que intentou instalarse en OXNARD, EEUU, e que foi debidamente rexeitado, sen movemento de solo algún.

A medida disposta polo Xuíz Federal o día 16 de outubro do corrente, alcanzou á totalidade do predio da Terminal de Gas Natural Licuado, que se localizada no Delta do Paraná, e que é operada polas empresas E.P.F. S.A. ou IEASA (ex ENARSA); o cumprimento da medida foille encomendada á Prefectura Naval Arxentina.

O estudo pericial identificou altos niveis de riscos con consecuencias catastróficas por incendios e explosións, de elevado poder destrutivo, tanto na terminal e a súa contorna como na ruta de navegación (que afecta á cidade da Plata, Cidade Autónoma de Bos Aires, San Isidro, Vicente López, San Fernando, Tegre, Escobar, Campana, entre outros), que provocarían un elevado número de vítimas fatais ou perda de vidas humanas, a afectación da saúde e o ambiente, alcanzando tamén a múltiples Reservas da Rexión -Parque Nacional Ciervo de los Pantanos, Reserva de Biósfera, Fronte de Avance en Formación do Delta do Paraná sobre o Río de la Plata, entre outras áreas protexidas, detalladas no estudo pericial.

A medida se fundamentou no estudo pericial, que fora ordenado pola Cámara de Apelacións de San Martín e concluído o 14 de outubro de 2020. No seu fallo o xuíz sostivo: "O tipo de explosión (VCE e BLEVE) é de particular atención para sustancias como o GNL, e as instalacións que operan con ela, polo seu elevado poder destrutivo, capaz de reducir a escombros varios miles de metros cadrados de superficie ao redor da súa epicentro". E continuou resaltando: "Na análise de consecuencias aplicáronse diversos métodos de cuantificación de riscos e de danos resultantes, identificando e cuantificando ás persoas e instalacións afectadas ante un escenario de explosións de tipo VCE e/ou BLEVE..." (VCE vapour cloud explosión e/ou BLEVE boiling liquid expanding vapour explosión).

Así mesmo, o xuíz dixo: "... En particular, para os escenarios analizados de VCE/BLEVEs os resultados mostran un elevado número de vítimas fatais na poboación circundante, polos efectos da onda expansiva, sumado aos danos producidos polos chamados 'proxectís' (anacos das instalacións e equipos que saen despedidos en forma aleatoria por devandita onda expansiva), os efectos da radiación térmica e os tempos de exposición á mesma". Tamén, no estudo menciónase a "hipótese de sabotaxe con desvío intencional dos mesmos cara aos Portos Bos Aires, Dock Sud ou La Plata ... Doutra banda, entre os factores externos, incluíndo aqueles eventos de ocorrencia extraordinaria, analizáronse as condicións climáticas e atmosféricas na zona de Escobar que poderían derivar en factores iniciadores de fallas e/ou perdas de GN e/ou GNL e/ou que poderían combinarse sinerxicamente con factores de risco propios das instalacións on-shore e off-shore da Terminal baixa análise".

E continuo neste sentido: "... Adicionalmente aos riscos por anegamento, súmanse as proxeccións calculadas pola Universidade de Bos Aires que prevén para o ano 2030 niveis de inundacións (con recurrencia cada 10 anos) que alcanzarían a cota 3,8 / 4 metros na zona de Porto Escobar... A zona presenta tamén condicións extremas opostas, dadas por épocas de seca que se asocian con baixantes na Hidrovía no seu conxunto, así como con eventos de incendios forestais (intencionais e nointencionais). En particular identificouse aos incendios forestais de gran magnitude como un factor de risco para a Terminal Portuaria de GNL Escobar, dada a proximidade a núcleos forestais e humedais naturais así como zonas de reserva natural ao redor da mesma".

Respecto da ruta de acceso o Xuíz sostivo: "Así mesmo, entre os factores externos, incluíndo aqueles eventos de ocorrencia extraordinaria, analizáronse as condicións de hidro-navegabilidade na Terminal Portuaria de GNL Escobar así como nos tramos de achegamento á mesma na Hidrovía, identificando aqueles riscos e/ou eventos que poderían derivar en factores iniciadores de fallas e/ou perdas de GNL, e/ou que poderían combinarse sinerxicamente con factores de risco propios das instalacións da Terminal Portuaria de GNL Escobar" cabe facer unha especial mención ao que a pericia aludida titulou como "verificación de distancias de seguridade" -a cal levouse a cabo de acordo a estándares de aceptación internacional, segundo os lineamentos establecidos pola Res 338 SEN ... Arxentina Anexo III, sección 7.2.11.1- Entón, acorde a este marco normativo internacional, "o código NVIC 01-11- ... establece 'Zonas de Alerta' para a análise de riscos na vía navegábel, considerando os riscos para o tramo de achegamento dos últimos 25 km que deben ser evaluados... para o buque LNG Carrier, no traxecto previsto sobre a vía navegable no tramo de achegamento de 25 km ate a Terminal Portuaria, nas zonas de alerta non debería haber hospitais, escolas, centros culturais, comerciais ou doutro tipo concentración comunitaria de difícil evacuación e/ou instalacións militares".

E engadiu: "Tras estas consideracións e de face á situación en trámite, cabo entón, mencionar que o peritaxe indica que 'Como resultado da aplicación deste código obsérvase unha coincidencia entre as zonas de afectación e letalidad previamente analizadas e as -Zonas de Alerta- impactadas durante a navegación do Buque LNG Carrier no tramo de achegamento e amarre na Terminal Portuaria de GNL Escobar (a propia Terminal, barrios de vivendas, hospital e escolas, zonas recreativas, campings, hosterías, clubs náuticos e portos deportivos, torre de toma de auga de Aysa, fondeadero Escobar, zonas de espera e de transferencia de grans, convoy de buques en espera, núcleos forestales, zonas de biósfera e reservas naturais), fóra diso as hipóteses de desvío intencional por sabotaxe cara aos Portos Bos Aires /Dock Sud / La Plata, que ao considerar a totalidade do traxecto de navegación na Hidrovía si quedarían incluídas, como pode observarse na figura seguinte".

Respecto de as análises de vulnerabilidade na sentenza considerouse ao resolver que: "tamén se realizou unha análise de vulnerabilidade da contorna para a Terminal Portuaria de GNL Escobar e a ruta de navegación dos Buques GNL Carrier (hidrovía e tramo de achegamento), conforme a Directiva do Parlamento Europeo 2012/18/UE SEVESO III, relativa ao control e planificación ante o risco de accidentes maiores e/ou explosións catastróficas onde interveñen sustancias perigosas, incluído o GNL ... No caso da Terminal Portuaria de GNL Escobar e a ruta de navegación dos Buques GNL Carrier (hidrovía e tramo de achegamento), baixo distintos escenarios, o Factor de Vulnerabilidade supera os 70 puntos (contorna moi vulnerable)".

E como relevante para clausurar a terminal o Xuíz dixo: "Finalmente, no que respecta os -cálculos de riscos e criterios de aceptación.. No caso da Terminal Porturaia de GNL Escobar, así como a ruta de navegación dos Buques LNG Carrier (hidrovía e tramo de achegamento), os resultados obtidos para o cálculo do risco e a súa clasificación dentro da matriz de riscos, segundo os antes mencionados criterios, son os seguintes: Para o escenario -a) VCE/BLEVE na Terminal Portuaria de GNL Escobar (20 puntos), así como para o escenario ... d) unha Colisión durante a navegación do Buque LNG Carrier no tramo de achegamento ... Canle de navegación do Río Paraná das Palmas con posíbel VCE/BLEVE (15 puntos), ambas se clasifican como NON ACEPTABLES. ... ?No caso da Terminal Porturaia de GNL Escobar, así como a ruta de navegación dos Buques LNG Carrier (hidrovía e tramo de achegamento), os resultados obtidos para o cálculo do risco, segundo a Directriz Básica da mencionada lexislación Europea SEVESO III, indican que o risco é non aceptable.. En todos os casos, os resultados mostran que o número de vítimas fatais para estes escenarios superan as 150 persoas, chegando ate as 80.000 vítimas fatais no peor escenario de sabotaxe con desvío intencional e achegamento de 1.000 metros ao Porto Bos Aires. Con todo isto, se trasluce que, a través de todos os parámetros abordados, as instalacións obxecto de investigación, non deberían atoparse emprazadas en devandito sitio, polo potencial risco que implican para a sociedade".

Imaxe - 2.- Localización do porto regasificador de Escobar, centro da imaxe, modificación da
costa e instalación permanente do buque de almacenamiento
e regasificación (FSRU) no km 74/5 do rio Paraná das Palmas)
(Fonte: Estudo Pericial causa FSM 75001619/2011)

Imaxe - 3.- Áreas afectadas por incendio forestales en 2020
(NASA – FIRMS Fire Information for Resource Management Systems),
afectando en las cercanías
de la Terminal Portuaria de GNL Escobar.
(Fuente: Estudio Pericial causa FSM 75001619/2011)

Imaxe - 4.- Principais áreas impactadas -zonas vermello, amarelo e azul-
conforme o Código NVIC 01-11 para Buques metaneros
ou transportadores (con 95.000 m3 de GNL) navegando no tramo de achegamento
de 25 km á Terminal Portuaria de GNL Escobar.
(Fonte: Estudo Pericial causa FSM 75001619/2011)

Imaxe -5.- Terminal Portuaria de GNL Escobar:
Ruta de acceso / saída para Buques metaneros e zonas de alerta.
(Fonte: Estudo Pericial causa FSM 75001619/2011)

Imaxe - 6.- Áreas afectadas ante un escenario de BLEVE (buque metanero/ FSRU)
(Fuente: Estudio Pericial causa FSM 75001619/2011)


➤ Relatorio Pericial | Terminal Portuaria para a regasificación de Gas Licuado de Petróleo “GNL – Escobar UTE REPSOL/YPF/ENARSA”: Análise de riscos de operación de dita terminal portuaria, no marco da causa nro. 75001619/2011 caratulada -NN S/ Averiguación de Delito- en trámite ante a Secretaría Penal | Nro. 1 do Xulgado Federal de Primeira Instancia de Campana. en formato pdf. | Outubro, 2020 | Acceder/Baixar.

➤ Providencia. | Poder Judicial de la Nación - causa nro. FSM 75001619/2011 caratulada “N.N. s/ averiguación de delito” do rexistro deste Xuzgado Federal de Primeira Instancia de Campana, Secretaría Penal nro. 1 e respecto ás instalacións da Terminal Portuaria para a regasificación de Gas Licuado de Petróleo GNL – Escobar.. | 16 de outubro de 2020. | En formato pdf. | Acceder/Baixar.

17 outubro, 2020

Viviana Rabasa

Vecinos Auto-convocados de Escobar
-vecinosautoconvocadosdeescobar@gmail.com-

http://aapescobar.org/

https://www.facebook.com/aapescobar/


[1] Porto Paraná, tamén chamado Porto Paraná das Palmas e Porto de Escobar, é unha localidade do partido de Escobar, na zona nordeste da provincia de Bos Aires, no centro-este de a Arxentina. Sitúase en pleno delta do Paraná, sobre a ribeira do km 67 do río Paraná das Palmas. Accédese por medio da RP 25, que nace na cidade de Pilar, logo de transponer a cidade de Belén de Escobar, da que dista 15 km. Atópase localizado nas coordenadas: 34°14?48?S 58°43"51'.  [+Info]
_______

 

 

 

 

 

 

martes, outubro 20, 2020

A Plataforma interven no Pleno Municipal de Ferrol para demandar actuacións concretas do goberno municipal na solución do conflito da depuración, diálogo co Concello de Narón, depurar responsabilidades nas lecturas estimadas irregulares, revisión inmediata da taxa, poñer fin á inxusta situación do barrio de Recimil, mesa de diálogo, transparencia, participación,...


Onte, luns 19 de outubro de 2020, tiña lugar sesión extraordinaria do Pleno de Ferrol, no Pazo Municipal, ás 20:30 horas, (continuación do Pleno ordinario de setembro) para abordar a Proposta de desestimación do requirimento efectuado polo Concello de Narón ao acordo do Concello (Pleno de Ferrol de 28 de novembro de 2019) e aprobación de nova liquidación. E unhas mocións, unha para darlle pulo á construción do monumento ás vítimas do franquismo; outra para instar á Consellería do Mar a dar solucións ás mariscadoras da nosa ría e unha máis relativa á situación do marisqueo na Ría de Ferrol.

Antes de comezar o Pleno tiña pedida a palabra a Plataforma, e no seu nome interveu Lupe Ces nestes termos:

Boa noite!  Concelleiras, Concelleiros, ...  Sr Alcalde...

A Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos pola Remunicipalización, levamos sete anos, e tres gobernos municipais, denunciando os abusos e irregularidades que a empresa EMAFESA e o Concello de Ferrol, practican contra a veciñanza, en relación ao servizo de auga, saneamento e depuración.

Así queda rexistrado cos numerosos escritos, recursos, peticións e participación noutros plenos, que vostede leva ignorado na parte que lle corresponde, como está demorando e ignorando, as contestacións aos sucesivos requirimentos da Valedora do Pobo, a raíz da nosa Queixa colectiva, pola vulneración do principio de igualdade e non discriminación en relación ao cobro da taxa de depuración das augas residuais.

No contexto dunha empresa de xestión 100% privada a cargo de SOCAMEX, filial de Urbaser, á súa vez propiedade do fondo chinés Firion Investments S.L. ; cando non se ten reparo en realizar, cando precisa liquidez, lecturas estimadas avultadas; cando se mantén durante décadas o cobro de 20m³ lineais a barrios enteiros por falta de contadores (Recimil, e antigas sindicais); cando non se ten reparo en manter como potábel a auga consumida na cidade, aínda sabendo da presenza de trihalometanos; cando non se tivo reparo en conceder a EMAFESA a xestión da depuradora, sabendo que o prego de condicións non lle daba opción a un servizo que na realidade é supramunicipal, e que debera ser de xestión mancomunada; cando non se ten reparo en permitir esa xestión sen unha nova licitación pública, por aumento do volume de negocio nun 67,5%; cando se mantén intacto o custe do prezo no recibo polo concepto de saneamento cando unha parte xa non lle corresponde, ao haber unha variación significativa no servizo e mesmo estar incluído xa no cálculo da taxa de depuración das augas residuais; cando se aplican tarifas abusivas ao pequeno comercio, despachos e negocios; cando se lle permite a unha empresa que non devolva os cobros indebidos e cando o Concello atrasa a aplicación das bonificacións ás familias máis vulnerábeis; cando a empresa mixta retén o canon da auga e o canon concesional para un irregular financiamento..., nese contexto hai que entender a complicidade dos distintos gobernos municipais, que non só non fan o seu labor de fiscalización da xestión privada de EMAFESA, senón que se converten en cómplices e facilitadores deses abusos e irregularidades; nese contexto hai que entender que neste Pleno non se queira atender as alegacións do concello de Narón, como se desoen todas as alegacións e recursos presentados pola veciñanza ao redor deste servizo.

Fronte a isto, a empresa non ten aberto ningún expediente administrativo. Mesmo non se recorreu a sentenza da suspensión da aplicación da ordenanza ante o Tribunal Supremo, sentenza que lesiona gravemente os intereses da veciñanza desta cidade, e non corrixe a inxustiza do trato discriminatorio que representa, aplicando un cobro inxusto dunha taxa avultada, a unha veciñanza que na súa maioría non estaba enganchada ao sistema de interceptación e depuración, polo tanto non se lle prestaba o servizo, segundo o entende a Lei de Facendas Locais, que esta maldita Ordenaza 17 do Concello de Ferrol, vulnera flagrantemente. Discriminando a unha parte da veciñanza a respecto doutras zonas do concello onde aínda agora non se pasa a cobro, e a respecto da veciñanza do concello de Narón.

Nese contexto é que, independentemente das actuacións que continúe a realizar esta Plataforma, diante da Valedora do Pobo, diante da Comisión Nacional dos Mercados da Competencia, diante do Consello de Contas de Galicia, da Oficina Independente de Regulación e Supervisión da Contratación, do Tribunal de Contas, e diante de todas aquelas institucións ás que houbese lugar

SOLICITÁMOSLLE

1. Que recupere o diálogo co Concello de Narón e forme unha fronte común, para devolver a xestión das instalacións do servizo de depuración a Augas de Galicia, quen debería realizar a xestión mentres non exista un ente supramunicipal dos concellos de Ferrol e Narón para realizala.

2. Que abra expediente administrativo á empresa EMAFESA por todas as irregularidades que se mencionaron aquí. Sinaladamente a masiva aplicación de lecturas estimadas moi abusivas, moi por riba do permitido na Ordenanza e no Regulamento da Auga, e polo tanto se siga o trámite de solicitude de apertura de expediente administrativo, que esta Plataforma fixo con data de 25 de maio de 2018, para o que se nos deu audiencia, na que nos personamos o 27 de xuño do mesmo ano. Nesta solicitude pediamos que se depuraran responsabilidades por un suposto financiamento irregular por parte de EMAFESA a conta da veciñanza.

3. Que faga efectivo o acordo do pleno celebrado no 27 de febreiro deste ano, onde quedou aprobado por unanimidade poñer fin á inxusta situación do barrio de Recimil, coa instalación de contadores individuais de abastecemento de auga nas vivendas para pór fin ao cobro lineal de 20 m³ por dous meses de consumo de auga, moi abusivo para á maioría da veciñanza, fogares dunha ou dúas persoas maiores que conviven soas que como moito consumen 8 m³ de auga. Situación provisional que se prolonga por case dúas décadas. Acordo que se debe facer extensivo ás Vivendas Sindicais.

4. Que, alegrándonos de que nos últimos recibos non se estea pasando a cobro os supostos atrasos correspondentes ao servizo de depuración, cando a maioría da cidade non estaba conectada ao sistema que aínda non fora finalizado, solicitamos información sobre a vontade deste goberno a respecto de resolver a situación do cobro dos citados atrasos do período setembro/2014, marzo/2017. Porque a sentenza só di que a ordenanza que regula a taxa non se podía suspender, o que non di a sentenza é a quen hai que cobrar a devandita taxa. O anterior alcalde, cando asinou o edito do 20 de agosto de 2018, aprobando as liquidacións e o Padrón de Contribuíntes, era consciente de que á maioría da veciñanza incluída nese padrón, e por ese período,non se lle prestara o servizo. Hai que corrixir esa inxustiza.

5. Que con carácter urxente se revise a taxa avultada de 2014, aínda en vigor, e todas as tarifas que aplica a empresa, incluído os custes de saneamento que non lle corresponde. Tal e como indica o Informe técnico-económico para a elaboración e cálculo da taxa, e tal e como figura na acta do pleno celebrado para a súa aprobación en 28 de agosto de 2014, “todas as taxas (en especial esta, por ser de nova implantación) deben ser revisadas cada ano, e máis aínda si se teñen producido alteracións significativas nos custes no exercicio en vigor ou son previsibles para o seguinte”. Ademais da urxente necesidade de revisión e actualización do sistema de bonificacións.

6. Solicitamos nos responda a todas as solicitudes, recursos e demais iniciativas que esta Plataforma ten presentando diante do Concello e ate agora seguen sen resposta. O mesmo que segue sen responder á petición de constitución dunha mesa de diálogo, máis necesaria que nunca dado que a aplicación da sentenza está a recaer sobre quen non ten responsabilidade algunha, nin na recepción dunha depuradora defectuosa, nin que non se rematara a tempo as obras dos interceptores, nin no desafortunado cálculo da taxa, nin na aprobación da ordenanza inxusta e discriminatoria, nin da incapacidade para modificar, derogar ou suspender unha taxa. Polo tanto, reiteramos a nosa petición, feita en numerosas ocasións, mesmo neste mesmo pleno en setembro de 2019, da creación dunha mesa de diálogo para abordar estes temas.

7. Aproveitamos esta intervención para amosar a nosa solidariedade cos traballadores e traballadoras do servizo de Parques e Xardíns. Como Plataforma na defensa dos Servizos Públicos, consideramos que a solución pasa polo rescate para a xestión pública deste importante servizo para a cidade, subrogando aos traballadores e traballadoras e dignificando as condicións laborais e sociais nas que se desempeña este servizo, sen contrato desde 2008.

8. Situación igualmente preocupante a do servizo de limpeza viaria e de recollida e transporte de residuos sólidos urbanos, con contrato caducado da empresa Urbaser desde 2014, onde a solución pasa polo rescate do servizo para a xestión pública e a subrogación do cadro de persoal. O que levaría parello unha mellora nas condicións de traballo, unha cidade máis limpa, unha factura menor para a veciñanza e unha mellor xestión dos residuos.

Sr Alcalde só pedimos transparencia, participación, trato xusto e servizos públicos de calidade.

Ferrol, 19 de outubro de 20120


💧 A intervención en formato pdf. - 7 páxinas. | Acceder/baixar.

💧 A intervención en formato de Áudio mp4. | Acceder/Baixar.

#Emafesacenporcenpublica
#Remunicipalizar
#Remunicipalización
#Emafesa

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS,
POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
Correo-e: remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
Web: https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
Facebook: @RemunicipalizarFerrol   |  Twitter: @municipalizarFT

_______

sábado, outubro 17, 2020

Xuizo político: Dereitos e liberdades en xogo, ... Por Iolanda Teixeiro Rei - Están en xogo as liberdades civís de todos nós, ... Mañá podes ser ti ou eu



Por Iolanda Teixeiro Rei [*]
17.11.2020


XUIZO POLÍTICO. DEREITOS E LIBERDADES EN XOGO.

Hai poucos anos ao abrir un xornal batín cunha nova desacougante. O enxuizamento e condena dun ano de cárcere a unha veciña  de Viveiro acusada de algo descoñecido para min, o autoadoutrinamento xihadista. Polo visto, o seu delito era utilizar as redes sociais e o internet para adoutrinarse a si mesma desde a súa vivenda. O que deron en chamar radicalización indirecta. A Sala da Audiencia Nacional considerara atenuante o trastorno de personalidade con trazos de excentricidade que padecía e a escasa potencialidade de cometer un atentado. A sentenza considerara probado que a muller buscara palavras en internet como Santiago, infieis ou destrución. Parece que esas eran as probas que os levaron a pensar que planeara cometer un atentado o día da Patria do 2018. (Ollo aos especialistas en islamismo e aos curiosos do saber). Abraiante. Non dava creto. Pareceume aínda máis estrano o silenzo xeralizado a respecto do caso. Eu atribuino a que a moza estava isolada e non se lle coñecía militancia ou vida social sequer. Só unha persoa, A. Carrodeguas, manifestoume que estava aqueloutrado por ese concepto no que se baseava o xuízo que condeava a aquela muller. Verdadeiramente este novo delito, baseado no art. 575.2 do Código Penal incorporado coa Lei Orgánica 2/2015, recibiu duras críticas por parte da xurisprudencia, mais aí ficou. (E non devemos esquecer que a modificación do código penal foi obra do bipartidismo PP-PSOE). O concepto de adoutrinamento permite o castigo penal dos suxeitos que experimentan unha radicalización terrorista por si mesmos, concepto que bate cos dereitos fundamentais recollidos na Constitución. Fálase de perfís tipo de suxeitos potencialmente yihadistas ou tambén de obxectivos de radicalización que definen como o proceso polo que un individuo ou grupo tende a asumir puntos de vista políticos intransixentes e doctrinarios que os pode vencellar a ideoloxías estremistas ou crenzas fundamentalistas. Como se ve, son conceptos que falan de suxectividades e potencialidades, prestándose a duvidosa interpretación e encamiñando o Estado de Dereito nun grave devalo involucionista. Catalogar, por exemplo, ambientes de ocio como locutorios, cibercafés, librerías, sedes de asociacións... como vías de radicalización é, cando menos, unha creba dos dereitos civís.

A lei mordaza, co encarceramento de rapeiros como Valtony ou Hásel por exercer o dereito á liberdade de expresión que ampara o art 20.1 da Constitución, criminalizando a liberdade de expresión e ideolóxica como apoloxía do terrorismo e inxuria á Coroa polas letras das súas cancións, avaliando como delito un desexo subxectivo, foi un chanzo involutivo máis seguido polo Procés e o ataque continuo ao dereito de autodeterminación, de expresión, de asociación, de liberdade ideolóxica... contra todos os sectores independentistas.

Logo virían as operacións Jaro contra o independentismo galego no 2015. Precisamente este luns, 19 de outubro, comeza na Audiencia Nacional española, o xuízo político contra doce membros de dúas organizacións independentistas galegas, Causa Galiza e Ceivar. A día de hoxe máis dun milleiro de persoas, dun amplo espectro ideolóxico e social asinaron o manifesto cidadán contra a represión salientando que este xuízo é un atentado contra o dereito de asociación política e liberdade de opinión e expresión do povo galego. De se levar a cabo, o encarceramento, de catro a doce anos, e a ilegalización ou disolución destas dúas organizacións, sentaría un ataque sen precedentes á democracia e o pluralismo político na Galiza, creando un gravísimo precedente xurídico que abrangue a toda a cidadanía. Por iso considero que toda persoa que se teña por demócrata devería se solidarizar pedindo o arquivo inmediato da causa e o cese deste tipo de operativos contra o independentismo galego. Cando nun sumario aparecen actos de memoria histórica sobre a Revolución galega de 1846 como delictivos, no canto de se estudar en palestras académicas, podemos estar certos de que a imparcialidade e a seguridade xurídica andan en xogo.

Non se trata de defender a nosa ideoloxía. Non se trata de ser ou non ser independentistas. Están en xogo as liberdades civís de todos nós, sexamos da ideoloxía que sexamos. Hoxe son os independentistas galegos, onte os do procés, antonte os rapeiros e anteantonte unha muller que pescudava páxinas de internet. Mañá podes ser ti ou eu.

Pola defensa dos dereitos e liberdades fundamentais da propia Constitución española é que devemos solidarizarmonos e pedir a absolución dos independentistas galeg@s encausad@s.

[*] Iolanda Teixeiro Rei, Activista ecoloxista e decrecentista. Unha das organizadoras do primeiro Congreso Galego de Decrecemento que tivo lugar en Ferrol, no mes de outubro deste ano 2018. Articulista e licenciada en Pedagoxía Social pola USC. Profesora de Tai Chi e Chi Kung en Ferrol. No facebook e no twitter. Artigos no Diario de Ferrol e Diario Nós.

Enviado por:
Iolanda Teijeiro
-iolandateixeiro@gmail.com-
16 de outubro de 2020 19:20

_______

martes, outubro 13, 2020

Valoración da Plataforma de Ferrol pola Remunicipalización, da reunión coa Valedora do Pobo e a responsábel da area municipal do alto comisionado, en relación á Queixa colectiva contra o Concello de Ferrol e a empresa mixta da auga Emafesa


COMUNICADO Á VECIÑANZA

- A Plataforma reuniu-se coa Valedora do Pobo e a responsábel da area municipal do alto comisionado.

-  A Plataforma deu a coñecer o proceso polo que unha parte da veciñanza de Ferrol está sendo discriminada polo cobro da taxa de depuración, dun período onde non se prestou o servizo e as diferentes irregularidades da xestión de Socamex en Emafesa..

-  Abríronse a raíz desta reunión unhas novas vías de actuación desta Plataforma.


Unha vez realizada a entrevista, solicitada por esta Plataforma coa Valedora do Pobo, o pasado venres 9 de outubro, en relación á QUEIXA colectiva contra o Concello de Ferrol, e no seu caso contra a empresa mixta EMAFESA, por presentar facturas por un importe superior a 7,12 millóns de euros en concepto de taxa de ‘depuración de augas residuais’, por un período de 31 meses (setembro/2014 a marzo/2017) onde non se prestou o servizo, esta Plataforma conclúe o seguinte:

1º Que no desenvolvemento de dita reunión, de máis de dúas horas de duración, na que estivo presente a propia Valedora, María Dolores Fernández Galiño, mais a responsábel da Area de Corporacións Locais e Servizos Municipais da institución, Carmen Cuiñas Durán, a Plataforma tivemos a oportunidade de explicar cal é a situación do servizo de abastecemento, saneamento e depuración de augas, no concello de Ferrol, e da situación da empresa EMAFESA, empresa mixta, mais coa xestión 100% privada do socio minoritario, SOCAMEX (Urbaser).

2º Que máis concretamente esta Plataforma deu a coñecer o proceso polo que unha parte da veciñanza de Ferrol está sendo discriminada polo cobro da taxa de depuración, dun período onde non se prestou o servizo. Cargando deste xeito os custes da reparación, arranque, posta en marcha e período de probas do sistema de saneamento, depuración e interceptación, só a unha parte da veciñanza de Ferrol. Cando é un sistema de carácter supramunicipal que benefician por igual tanto a toda a veciñanza de Ferrol, como á de Narón, como nun futuro á de Neda. Un acto administrativo que consideramos discriminatorio, ao tratar de xeito diferente a persoas en situacións similares sen que exista unha xustificación obxectiva e razoábel. Vulnerando co mesmo, o principio de igualdade recollido no artigo 14 da Constitución Española e no artigo 21 da Carta dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea.

3º Trasladámoslle tamén a queixa dos veciños e veciñas de Recimil, e antigas sindicais de San Pablo e Serantes, polo cobro lineal de 20 m³ por dous meses de consumo de auga, moi abusivo para á maioría da veciñanza, fogares dunha ou dúas persoas maiores que conviven soas que como moito consumen 8 m³ de auga. Situación provisional que se prolongou por case dúas décadas. Con máis razón se o pasado 27 de febreiro quedou aprobado por unanimidade poñer fin a esta inxusta situación, coa instalación de contadores individuais de abastecemento de auga nas vivendas, sen que o goberno municipal comezase, logo de 8 meses, a dar pasos para resolve-la.

4º Así mesmo, esta Plataforma puido explicar como esta taxa está avultada, xa que nestes momentos, as cantidades reais de volumes de augas residuais tratados, cantidade de lodos e custe eléctrico, non se corresponden cos utilizados para o seu cálculo no ano 2014.

5º Informouse tamén das practicas abusivas da empresa EMAFESA (lecturas lineais, lecturas estimadas, duplicidade no cobro no concepto de saneamento...), e tamén a negativa de Emafesa a devolver os cartos cobrados de máis.

6º Explicouse tamén a situación legal de EMAFESA, que carece de contrato para asumir o servizo de depuración, cando debera saír a concurso público por aumentar en máis dun 65% o seu volume de negocio.

7º A Plataforma informou da falta de resposta do Concello de Ferrol ás nosas denuncias e peticións de información pública dos servizos que está a prestar con total autonomía a empresa Socamex, sen ningún control do propio Concello, facendo deixazón do seu papel fiscalizador da xestión privada de EMAFESA.

8º Informouse-nos da relentización, por parte do Concello, aos seus reiterados requirimentos de envío de información, demorando máis de 6 meses, para emitir un simple informe e mesmo que aínda está pendente, o goberno municipal, de responder a varias peticións de “informe complementario urxente” e o da petición de “mesa de diálogo” requiridos novamente o pasado 26 de agosto.

9º A Valedora do Pobo recolleu todas as nosas reivindicacións e solicitou documentación sobre a negativa dos diferentes gobernos municipais a darnos información sobre o servizo de auga e saneamento, quedando en analizalos e debatelos, entre outros asuntos, na próxima reunión con esta institución.

Abríronse a raíz desta reunión unhas novas vías de actuación desta Plataforma, das que iremos informando segundo se vaian realizando, todas encamiñadas á defensa dos dereitos fundamentais que como cidadanía nos corresponden, e na defensa duns servizos públicos que nos protexan do abuso das transnacionais que converten un dereito humano fundamental, como é o dereito á auga e ao saneamento, nun negocio que prima por riba do propio dereito.

Ferrol a, 13 de outubro, de 2020

#Emafesacenporcenpublica
#Remunicipalizar
#Remunicipalización
#Emafesa

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS,
POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
Correo-e: remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
Web: https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
Facebook: @RemunicipalizarFerrol   |  Twitter: @municipalizarFT

_______

venres, setembro 18, 2020

O Plan de Emerxencia Municipal, recentemente aprobado polo Concello de Ferrol, non contempla o risco de REGANOSA e desestima as alegacións deste CCE ao respecto


O Plan de Emerxencia do Concello de Ferrol e REGANOSA

O Plan de Emerxencia Municipal, recentemente aprobado polo Concello de Ferrol, non contempla o risco de REGANOSA e desestima as alegacións deste CCE ao respecto.

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA (CCE) PARA A RÍA DE FERROL RECHAZA A DESESTIMACIÓN DAS NOSAS ALEGACIÓNS PRESENTADAS AO PLAN DE EMERXENCIA MUNICIPAL (PEMU), NO PLENO DO 27 DE AGOSTO DO CONCELLO DE FERROL.

REQUIRIMOS Á XUNTA DE GALICIA QUE NON HOMOLOGUE ESTE PEMU POR CONTER ERROS RELATIVOS Á NORMA BÁSICA DE PROTECCIÓN CIVIL S./ R.D. 407/1.992, AO CONSIDERA-LO COMO DE ÁMBITO INFERIOR E NON DE TIPO ESPECIAL - NON BÁSICO (POR RISCO QUÍMICO), QUE ENTENDEMOS É O QUE LLE CORRESPONDE.

O 27 de agosto, a proposta de resolución e aprobación do Plan Municipal de Emerxencia do Concello de Ferrol (Descargar PEMU - 76 MB - ZIP) foi levada ao Pleno municipal, onde foron desestimadas as nosas alegacións e, ao mesmo tempo, aprobado dito PEMU, despois de 12 anos de tramitación.

O CCE quere informar aos medios de comunicación e aos cidadáns do seguinte:


1º) Lamentamos que o goberno municipal de Ferrol non nos deu a oportunidade de explicar e aclarar nunha reunión as alegacións presentadas no prazo oportuno. O noso obxectivo era mellorar o PEMU e a seguridade dos cidadáns, así como evitar os erros normativos que observamos no PEMU.

2º) O PEMU, agora aprobado, preparouse ignorando (aínda que se cita no texto) a Directriz básica para o risco QUÍMICO, regulada polo R.D. 1196/2003 sobre Risco de accidentes graves con substancias perigosas. Os motivos para ter que continuar con esta Directiva básica son os seguintes:

a) Porque o concello de Ferrol ten un establecemento (industria química) clasificado como "Establecemento de nivel superior Seveso", segundo o R.D. 840/2015, antes R.D. 1254/1999, pertencente á empresa MASOL IBERIA BIOFUEL, S.L.U. (que recentemente sufriu un accidente grave nas súas instalacións).
 
b) Porque os veciños de Ferrol poderían verse afectados polas consecuencias de accidentes graves que poderían acontecer no complexo químico de Punta Promontoiro (Mugardos), pertencentes ás empresas REGANOSA e FORESTAL DEL ATLÁNTICO, tal e como recolle o artigo 6 do R.D. 840/2015. Segundo o artigo 6 do anterior R.D., “os concellos ou outras entidades locais colaborarán cos organismos competentes da comunidade autónoma, na elaboración dos Plans de Emerxencia Exterior que afecten o seu termo municipal, proporcionando a información necesaria. . . . . "

c) Debido á navegación de grandes buques cisterna cargados con enormes cantidades de gas GNL pola canle de acceso á ría de Ferrol. Esta actividade parece non estar regulada polo R.D. 840/2015, pero no seu artigo 3.4, "Definicións", aclara o que significa "establecemento" cuxos riscos están suxeitos ao R.D.

"4. Establecemento: todo o sitio baixo o control dun industrial no que se atopan substancias perigosas nunha ou máis instalacións, incluídas infraestruturas ou actividades comúns ou relacionadas."

A actividade de navegación do petroleiro é esencial para o funcionamento da planta e as consecuencias de accidentes graves na navegación por erros, colisións, aterraxes, ataques, etc, afectarían a zonas específicas de Ferrol, segundo os estudos de riscos que consultamos.

Polo tanto, o PEMU do concello de Ferrol debería seguir as Directrices básicas dun tipo ESPECIAL - NON BÁSICO reguladas polo Real decreto 407/1992, que deben ser elaboradas e xestionadas pola Dirección Xeral de Protección Civil da XUNTA DE GALICIA, e non seguir o tipo coñecido como ÁMBITO INFERIOR como se fixo no PEMU de Ferrol.

3º) Denunciamos que o PEMU de Ferrol non inclúe o transporte perigoso por estradas do concello de camións cisterna cargados con GNL (R.D. 387/1996 sobre Risco de accidentes no transporte de mercadorías perigosas por estrada  - TMP).

4º) O goberno de Ferrol ten a obriga, insistimos, de solicitar á Autoridade Portuaria de Ferrol unha copia do PEIA ou PIM para verificar que todos os escenarios de risco real que poderían rexistrar a navegación de transportistas de gas e outros buques que entran na ría, incluíronse nelas. Aínda que a responsabilidade de xestionar o porto corresponde á Autoridade Portuaria, o concello de Ferrol é a autoridade competente responsable da seguridade de todos os cidadáns.

5º) Reiteramos ao concello ferrolán que debería colaborar co Ministerio de Defensa na elaboración dun PLAN DE EMERXENCIA GLOBAL DA RIA segundo o requiriu ese ministerio, exposto nunha carta de 24 de outubro de 2001, enviada polo segundo xefe do Estado Maior da Mariña D. Angel Tafalla Balduz, como condición para aceptar a situación de Reganosa dentro da ría de Ferrol.

6º) Por último, queremos recordar ao Consello de Ferrol que a protección da saúde e da vida dos cidadáns é un dereito constitucional recollido no artigo 15 da Constitución española "Toda persoa ten dereito á vida e á integridade física e moral". As escusas e o reparto de responsabilidades con outras administracións non valen cando, como dixemos antes, o alcalde dos municipios é a única autoridade competente encargada da seguridade dos cidadáns. Ninguén, absolutamente ninguén está por riba deste dereito constitucional, nin o alcalde, nin a Xunta de Galicia, nin a Autoridade Portuaria de Ferrol, nin o Ministerio de Defensa e moito menos os intereses económicos das empresas.


Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
 


Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
17 de setembro de 2020 10:02

_______

mércores, setembro 09, 2020

A reivindicación da veciñanza de San Xoan, de sustituir a rede de tubos de fibrocemento, e as últimas roturas como a de Sánchez Calviño, reforzan a idea de que a xestión privada de Emafesa é un desastre para a cidade


A reivindicación da veciñanza de San Xoán, de substituír a rede abastecemento de auga pótábel de tubos de fibrocemento, e as últimas roturas como a de Sánchez Calviño, reforzan a idea de que a xestión privada de Emafesa é un desastre para a cidade

- A Plataforma demanda unha actuación concreta de elaboración dun Plano dos tramos da rede con fibrocemento, de control da cantidade de amianto na auga que chega aos fogares e un Plano de substitución con orzamentos e prazos.

A Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización quere mostrar o seu apoio à reivindicación da asociación veciñal de San Xoan, conforme o concello de Ferrol debera aproveitar a obra das novas beirarrúas para retirar as tubaxes de fibrocemento e substituílas por tubos que non supoñan un perigo para a saúde. Este material, o fibrocemento está ocupando tamén en moitos outros barrios da cidade a función da canalización da auga potábel.

O Concello e Emafesa teñen a obriga de garantir que a auga potábel subministrada sexa limpa e saudábel, e que non conteña ningunha sustancia que constitúa un perigo potencial para a saúde, é por iso que desde a Plataforma esiximos o control da auga que chega aos fogares que se subministra a través de redes con tubos de fibrocemento, facendo analíticas periódicas en puntos concretos da rede.

O Estado Español asinou en 2008 o Convenio de Rotterdam, un tratado internacional para evitar que produtos perigosos danen a saúde humana, onde se inclúe o amianto presente no fibrocemento. A UE prohibe o uso e fabricación de fibrocemento. En 2017 a Comisión de Medio Ambiente do Congreso aprobaba un plan para a auditoría e substitución dos máis de 40.000 km de tubaxes de fibrocemento que aínda quedaban no estado español canalizando a auga potábel. Moitos concellos acometeron iniciativas para realizar esa substitución. Non é o caso de Ferrol, onde a empresa EMAFESA, xestionada por SOCAMEX, xa foi denunciada nun Informe de Fiscalización do Consello de Contas, nos primeiros anos do comezo da súa actividade, por non ter efectuado os obrigados investimentos na mellora das infraestruturas do tratamento e canalización da auga no noso Concello, en concreto ao deixar de realizar máis de 4 millóns de euros dos 10 previstos no Pliego de Condicións, concretado no Plan de investimentos 2001-2004.

Múltiples avarías cada ano, mostran a deteriorada situación da canalización. Este ano 2020 non está sendo diferente. En xaneiro era unha condución de fibrocemento no barrio de Telleiras e na rúa da Igrexa; en febreiro outra ruptura importante na Rúa Lepanto dese mesmo barrio; en marzo a ruptura era na Cabana; en abril na Graña e en agosto a ruptura en Sánchez Calviño e no Polígono d'A Gándara. Estas foron as informadas polos medios de comunicación, que con toda seguridade foron moitas máis, como así recollen os Informes Anuais de Xestión, para xustificar os gastos. Hai que sumar a situación de deterioro da canalización de auga que se fai ao longo da ponte das Pías, para os concellos de Fene, Ares e Mugardos. E agora en setembro un camión envorca en Freixeiro os lodos tóxicos da depuradora de Caneliñas.

Todas estas incidencias súmanse aos abusos e irregularidades que se lle veñen permitindo a esta empresa sen que se abra nin un expediente administrativo ou unha auditoría integral na xestión, tantas veces anunciada. Pola contra, e contra as reiteradas denuncias desta Plataforma e de miles de veciños e veciñas de Ferrol, se lle permite cobrar por servizos que non presta, como é a taxa de depuración antes de abril de 2017, ou pola xestión dos colectores, interceptores, emisarios submarinos, pozos, rexistros... que xa non son competencia desta empresa senón de ACUAES a través de Viaqua. Permitese-lle a aplicación de lecturas estimadas abusivas (para financiar-se de xeito irregular), ou de lecturas lineais (20m3 bimensuais) sen ter en conta o consumo, a barrios enteiros como Recimil ou as antigas sindicais de San Pablo e Serantes, e un longo historial de saqueo a esta cidade desde a creación de EMAFESA no ano 2000.

Unha empresa que en xullo de 2015 ocultaba que os trihalometanos presentes na auga que bebiamos, estaba a pór en perigo a nosa saúde; unha empresa que pretende cobrar máis de 7 millóns de euros por un servizo que non prestou; unha empresa que incumpre unha e outra vez a normativa da xestión a auga, non se vai a preocupar de planificar a substitución do fibrocemento dentro dun plan de mellora, como lle correspondería, das infraestruturas de abastecemento da auga potábel na nosa cidade.

Polo tanto, como Plataforma pedimos ao Goberno Municipal:

1º Que publique un relatorio da rede de condución da auga que se realiza por tubos de fibrocemento elaborando o seu Plano, coas caractrísticas concretas da tubaxe. Que indique se se realizou algunha substitución dese material e en que condicións e data.

2º Que se redacte un Plan de Substitución do Fibrocemento no concello de Ferrol (con orzamento e prazos), dando prioridade ao barrio de San Xoán coincidindo coas obras da beirarrúas.

3º Que se controle mediante analíticas concretas e periódicas, a cantidade de fibras de amianto que hai na auga que sae das billas nos fogares.

A  Plataforma na defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, seguimos apostando pola recuperación para a xestión pública deste servizo, como único xeito de enfrontar a solución a todos estes problemas.

Ferrol, 9 de setembro de 2020

#Emafesacenporcenpublica
#Remunicipalizar
#Remunicipalización
#Emafesa


PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS,
POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
Correo-e: remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
Web: https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
Facebook: @RemunicipalizarFerrol   |  Twitter: @municipalizarFT

_______