Amosando publicacións coa etiqueta Catalunya. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Catalunya. Amosar todas as publicacións

luns, marzo 26, 2018

En Ferrol como noutras cidades e vilas da Galiza, tivo lugar unha concentración en solidariedade con Catalunya baixo o lema Democracia e Liberdade


En Ferrol como noutras cidades e vilas da Galiza, tivo lugar unha concentración en solidariedade con Catalunya, pola democracia e a liberdade dos presos políticos. Ante a onda represiva que percorre Catalunya e a detención do President Carles Puigdemont, nunha clara situación de involución democrática propiciada polo réxime monárquico e corrupto. A mobilización social e a resposta política, son fundamental nestes momentos no que nos xogamos a liberdade, nun momento no que o réxime amosase unido, mesmo con amplos sectores da xudicatura, todo acorde cos intereses do IBEX35 e o mais rancio do nacionalismo español. Non só co secuestro da autonomía coa aplicación do 155, senón, impedindo co apoio xudicial a constitución dun goberno da generaritat e como colofón a detención por orde do maxistrado Llaneras a prisión da metade das perdoas que formaron parte do anterior goberno da generalitat.

A chuvia non impediu que se amosara na nosa cidade a solidariedade coa presencia de sindicalistas, representantes institucionais, xente da cultura e do movemento social... como o ex alcalde de Ferrol Xaime Bello Costa; o actual alcalde Jorge Suárez; o alcalde de San Sadurniño Secundino Garcia Casal; o secretario comarcal da CIG, Manel Grandal; os membros de Fuco Buxán AC, Rafael Pillado Lista e Manuel Angel Rodríguez Carballeira;...  Que non nos poda a indiferenza, que o silencio non se apodere das forzas transformadoras e democráticas...


Nova relacionada en Ártabra 21:
Vulneración de liberdades cívicas e debilitamento da democracia - Novas detencións de cargos electos en Catalunya - Carta de despedida da parlamentaria catalá Marta Robira, que deixa testemuña da situación de vulneración de dereitos que se está a dar no Estado Español, e da actuación da Xustiza ao ditado dos intereses políticos. | Ir á Web.

Manifesto Basta Xa!

Como galegas e galegos, que sabemos moito de humillacións e de falta de respecto á nosa dignidade como pobo, manifestamos a nosa repulsa pola forma en que o Estado español está a tratar o pobo catalán, as súas institucións democráticas e os seus e as súas lexítimas representantes políticas. | Ir á Web.

Galiza con Catalunya

A situación política en Catalunya é de máxima excepcionalidade. A suspensión da autonomía por parte do Estado e o uso da forza e da coerción física para impedir a inevitábel declaración de independencia do pobo catalán pairan no ar. Mais xa non só como posibilidades remotas ou certas, senón como ameazas constantes dun rexime decrépito e entolecido que chama "referendum ilegal" á democracia e "desafío secesionista" ao dereito de autodeterminación. | Ir á Web.
____________

venres, marzo 23, 2018

Vulneración de liberdades cívicas e debilitamento da democrácia - Novas detencións de cargos eleitos en Catalunya - Carta de despedida da parlamentaria catalana Marta Robira, que deixa testemuña da situación de vulneración de dereitos que se está a dar no Estado Español, e da actuación da Xustiza ao ditado dos intereses políticos


Milleiros de persoas sairon hoxe ás rúas de Catalunya para formar un clamor pola liberdade dos presos políticos, no día no que o juiz español Pablo Llerena, asinaba o auto de prisión contra varios representantes electos do pobo catalán, entre eles, Jordi Turull, que ía ser investido presidente de Catalunya este sábado por maioría simple no Parlamento Catalán. A parlamentaria Marta Rovira decidía non presentarse ante o xuiz do Tribunal Supremo e marchar ao exilio en Suíza.

No auto, publicado xusto o día no que a Comisión de Dereitos Humanos da ONU, instaba ao Estado Español a garantir os dereitos políticos dos cargos electos do parlamento catalán que levan meses en prisión, o xuíz Llarena o cesaba por un delito de sedición a 13 políticos cataláns, con unha petición de 30 anos de cárcere. É o caso dos líderes sociais de l'ANC i Òmnium, Jordi Sànchez e Jordi Cuixart, o mesmo que a Marta Rovira e á  expresidenta do Parlament, Carme Forcadell.

Tamén polo delito de rebelión e malversación de fondos públicos con peticións de 8 anos de cárcere procesa a Carles Puigdemont, Oriol Junqueras, Joaquim Forn, Jordi Turull, Raül Romeva, Antoni Comín, Clara Ponsatí e Josep Rull, ordenando o seu ingreso en prisión, e ordes de detención internacional no caso das persoas que optaron polo exilio.

Por desobediencia e malversación procesa a Meritxell Borràs, Lluís Puig, Carles Mundó, Santi Vila e Meritxell Serret. E tamén por un delito de desobediencia procesa a toda a Mesa do exparlamento Lluís Corominas, Lluís Guinó, Anna Simó, Ramona Barrufet e Joan Josep Nuet, e o mesmo fai cos ex-deputados e deputadas da CUP Anna Gabriel e Mireia Boya.

A continuación a carta de despedida da parlamentaria catalana Marta Robira, que deixa testemuña da situación de vulneración de dereitos que se está a dar no Estado Español, e da actuación da Xustiza ao ditado dos intereses políticos.


 Hoxe emprendo un duro camiño, que desgraciadamente, tantos outros que me precederon tiveron que coller. O camiño do exilio.

Non podo ocultar a tristura que sinto ao afastarme de tanta xente que quero,que quero moito. De tantas loitas compartidas ao longo de tantos anos con persoas que lles move un único obxectivo: cambiar a sociedade na que viven. Facela máis xusta. Persoas dignas. Deixar de ver as paisaxes que me rodearon desde a Infancia, de pasear polas cidades onde vivín...

Sinto tristeza, pero muito mais triste sería viver silenciada interiormente. Sentir a miña liberdade de expresión censurada por uns tribunais que intimidan e que aplican, descaradamente, criterios políticos. Cada día, cada hora sentía a miña liberdade limitada por ameazas xudiciais arbitrarias. Non me sentía libre. Non me recoñecía. Estas últimas semanas vivín dentro dunha prisión interna.

O exilio será un camiño duro, pero é a única forma que teño de recuperar a miña voz politiza. É a única forma que teño de alzarme contra o Goberno do PP, que persegue todo o que está a favor de votar, e que castiga calquera que intente cambiar o preestablecido e o establecido. Un Goberno que está disposto a saltarse o estado de dereito e as liberdades civís para conseguir os seus fins políticos.

Teño unha filla, Agnès. As nais saben como a quero. E como de forte é o sentimento de darlle todo o que lle poda dar. O exilio permitirame facer de nai, e o merece. Moito.

Vouvos dicir unha última cousa. Non deixedes que o rancor se apodere de vós. A análise dunha realidade antidemocrática e profundamente inxusta, non pode dar nada para o resentimento. Contra ninguén. Contra nada. Só desde o respecto e o amor cara a todos os cidadáns e todas as opinións iremos cara cambios radicais e profundos. Só desde o traballo conxunto conseguiremos a República para todos.

Tal e como di Oriol Junqueras, “nestes días que virán, manteñámonos fortes e unidos. Transformando a indignación en coraxe e perseveranza. A raina en amor. Pensen sempre nos outros. No que temos que mudar. Perseverade, porque eu perseverarei. Grazas polo voso apoio. Quérovos”. E iso é o que faremos, Oriol.

Escríbovos, agora si, con sinceridade e liberdade. E é tal como o poderei facer desde agora como secretaria xeral de ERC, un partido que quero, que deu tanto ao país e que aínda vai dar moito máis.
Viva a liberdade, a xustiza, a igualdade e a fraternidade, Viva unha República catalana para todos!

Marta Rovira

Secretaria Xeral de Esquerda Republicana
______________

venres, decembro 22, 2017

Con máis do 81% de participación, o Pobo Catalán votou e a maioría dixo non á imposición do 155 - Elixiu que haxa un goberno na Generalitat e un Parlament de maioría independentista - E unha ratificación ao procés e á proclamación da República Catalana


Con máis do 81% de participación, o Pobo Catalán votou e a maioría dixo non á imposición do 155. Un resultado que indica a continuidade de Carles Puigdemont na presidencia da Generalitat. O resultado das urnas lanzou a Madrid unha mensaxe clara e contundente o Pobo Catalán elixiu que haxa un goberno na Generalitat e un Parlament de maioría independentista, unha ratificación ao procés e á proclamación da República Catalana.

Cun poder político secuestrado e a Generalitat intervida por mor da aplicación do 155, con cargos institucionais electos no exilio ou en prisión, con ducias de sumarios abertos, a activistas sociais, dirixentes políticos e centos de alcaldes, perseguidos xudicialmente a ditado do poder político e económico do IBEX35, coa complicidade de partidos políticos e a soberbia "neutralidade" doutros. Coa maioría dos medios de comunicación convencionais imbricados de españolismo político, tomando partido pola represión política e na elaboración do discurso político antidemocrático, da represión violenta, do asalto aos colexios electorais, do secuestro de urnas... Mais o Pobo Catalán resolveu restituír a democracia e a súa soberanía. O dereito a decidir, o dereito á libre determinación, é inalienábel, e tarde ou cedo vai-se volver a exercer como se fixo o 1 de Outubro, mais desta vez, sen a brutal represión gobernamental, xudicial e policial.

O goberno do PP, a coroa de Felipe VI, o IBEX35, o CNI, o loby mediático... son os perdedores desta contenda electoral, desta contenda política que a pesar das condición adversas, os partidos soberanistas saíron vitoriosos. Foi un grande traspés aos partidos do 155 que mobilizaron aos que eles chaman a maioría silenciosa que son os que votan poder, os que teñen medo á liberdade.

O partido do IBEX35, Ciudadanos, foi o que gañou as eleccións, un partido sen implantación social, sen alcaldías, sen apenas vida social... un partido que representa, na súa maioría ao cidadá apático, reaccionario no social, individualista e moi competitivo, representa á nova clase media de pensamento liberal, no económico e no social... o que se chama o centro sociolóxico. Polo que o apoio a este partido remata no momento en que se vexa que o resultado non sirva para cambiar a situación, nin que se lle poda tirar un rédito político. Iso si serviu para muxir uns cantos votos ao PP.


---

mércores, decembro 20, 2017

Sobre unha entrevista de Guillem Martínez a Alfons López Tena, ... Por David Rodríguez - A mantenta da esquerda española e o procés catalán



Por David Rodríguez [*]
20.12.2017


En decembro de 2013, cando a Generalitat de Catalunya facía públicas as preguntas que, daquela, pensaba facer no referendum de autodeterminación que finalmente o Estado se negou a permitir, escribín:

Hai un pasaxe, creo recordar que no Príncipe de Maquiavelo, que fala de como debe apuntar un arqueiro para certar na diana. Di que cómpre apuntar un pouco máis alto do que parecería necesario para que a frecha acabe caendo no centro. A primeira e ambigua pregunta que se pensa formular no referendum catalán "Quere vostede que Cataluña sexa un estado?" (que tipo de estado non está claro) é a diana, a segunda, e non menos ambigua pregunta, "E se é así, quere que Cataluña sexa un estado independente?" (a respecto de que tampouco está claro), a parábola que, probablemente, se agarda que faga a frecha para acabar caendo no obxectivo.

Lembro isto a propósito dunha entrevista que fai Guillem Martínez a Alfons López Tena. Hai tempo que sigo o que di López Tena sobre Cataluña. Tamén o que di Guillem Martínez. Nos primeiros tempos do procès pensei que estaban no certo. Todo semellaba unha gran escenificación para acadar outra cousa (o cal, por outra banda, é o máis habitual na táctica política).

Os argumentos de López Tena eran convincentes: o bloque independentista non daba sinais de estar a facer todo o que realmente se necesita para unha empresa tan complexa como é a creación dun novo Estado. Porén, como trataba de mostrar eu no meu escrito sobre Maquiavelo, para decatarse diso non era preciso ser un xénio e, véndolle o lado positivo, o independentismo podía actuar como ariete para unha reforma do Estado en clave progresista (e aínda hoxe, que a esquerda estatal está kaput, segue aberta a posibilidade, en función dos resultados electorais do 21D, de que sexa o independentismo catalán quen, ao buscar acomodo, impida que a regresión democrática do Estado español sexa total).

Na entrevista que agora publica CTXT, López Tena retoma os argumentos que xa leva sostendo desde hai tempo. Seguen a ser bastante acertados. As cousas teñen toda a pinta de ser así. Agora, hai nos argumentos que presentan entrevistado e entrevistador (deshonestidade, inxenuidade etc) cando xa nos atopamos no tempo das consecuencias, é dicir, cando xa hai xente no cárcere, cando hai represores e reprimidos, cando o Estado xa cargou contra votantes e organizadores do referendum do 1-O (lembremos que unhas das coletillas de Guillem Martínez era que o referendum nunca se ía levar a cabo) que rezuman psicoloxismo polos catro costados. Porque, a efectos prácticos e políticos, que importancia ten se os líderes da antiga CDC ían de farol, xogaban con lume ou facían o pino nunha corda de equilibrista? O que importan son os feitos. Os feitos son que o independentismo catalán evidenciou -cando a capacidade da esquerda española de crear problemas ao Réxime xa se esfumara-, por unha banda, o carácter antidemocrático do Réxime do 78 e, pola outra, a verdadeira cara da utopía-UE que, tras mostrar a súa faciana neoliberal coa imposición do 135, agora deixa de aparecer, tamén, coma un espazo amable para as aspiracións das nacións sen Estado. Ignoro se a CUP tiña todo isto previsto, coma se se tratase dun plan mestre. Dubido que así sexa, as dinámicas sociais son imprevisibles e a dialéctica política, cando comeza a rodar, non se sabe cara a onde vai parar. Porén, no tempo das consecuencias, o certo é que o movemento independentista esclareceu motísimo o panorama. Nese sentido, o carácter vangardista da CUP en todo o proceso independentista semella probado.

Nalgún momento da entrevista, Guillem Martínez, de novo apelando a un psicoloxismo inútil, pregúntalle ao entrevistado se os independentistas "estafaran á sociedade ou ao Estado". Esta é a formulación por outras vías da actitude nin nin que adoptou a esquerda española. Ante uns feitos (referendum reprimido, nula vontade de dar unha saída política, autoritarismo borbónico) o nin nin segue xulgando intencións, motivacións e psicoloxías. Pero esta actitude nin nin que considera á sociedade vítima da propaganda e non motor que obrigou a quen só ía de farol a rematar cos ósos no cárcere é totalmente paternalista con esa mesma sociedade -o propio López Tena recoñece que a sociedade é motor cando di que os cadros medios de PDCat e ERC están contentos porque "electoralmente, no les van a correr a boinazos" (mellor non entrar nas connotacións de clase que contén falar de boinazos neste contexto)-.

Para entrevistador e entrevistado, a sociedade catalá semella estar composta por imbéciles que, cando escollen un camiño que non é exactamente o seu, están manipulados e suxestionados por TV3 (nin que dicir ten que, malia que TV3 sexa esa maquinaria manipuladora, a sociedade catalá ten ao seu dispor un abano de medios de comunicación -coas outras maquinarias manipuladoras estatais que tamén emiten en Cataluña- moitísimo máis variado ideoloxicamente que a sociedade española).

O seguinte gran argumentario que entrevistado e entrevistador (pois este é, realmente, quen ten interese en poñer na mesa unha serie de mensaxes que xustifiquen as súas propias posicións a priori) é que o proceso catalán tería reforzado o Réxime, xa que en España a fobia anticalana levaría ao pobo (que tamén debe ser medio bobo) a aliñarse co PP e o Borbón. Nesta análise, que en primeiro lugar aínda non está en absoluto confirmada nun Estado en crise estrutural que vai para longo, quen non aparece por ningún lado é o papel da esquerda española. O entrevistador, implicitamente, parece botar en cara á sociedade catalá (a través dos seus líderes) ir demasiado lonxe para as curtas entendedeiras da sociedade española.  No fondo, é a tese de Pablo Iglesias: o independentismo espertou o fascismo español. Claro que, se o espertou é porque sempre estivo aí. Pero, en todo caso, que papel cumpriu historicamente a esquerda española (Pablo Iglesias é, cada día dun xeito máis claro, unha criatura do PCE) para que ese fascismo supostamente durmido na sociedade española seguise, despois de corenta anos, aí? Que papel cumpriu a nova esquerda, xa na forma podemita, ao negarse a sacar do medio a Mariano Rajoy cando puido facelo? Unha esquerda (ou o que sexa que se chamen a si mesmos) incapaz de manter un discurso republicano, incapaz de aplicar o confederalismo a si mesma e que se nos días pares dicía asumir o dereito de autodeterminación os días impares dicía o contrario. Por que personaxes como Guillem Martínez se mostran tan autosuficientes e escépticos con que unha sociedade como a catalá teña a dous millóns de persoas mobilizadas arredor de valores democráticos e, en cambio, mostra unha actitude cara ao que realmente foi o 15M (non a intelectualización do mesmo que aparecía en libros aquí e acolá) moito máis comprensiva (lembremos que o 15M era, ademais dunha corrente democratizadora, antipoliticismo de clase media prefascista). Outro tanto fai cunha esquerda española desaparecida cando o aznarato comezou coa reconcentración de poder económico e político en Madrid para converter a esta capital na gran urbe captadora de investimentos globais do sur de Europa (algo que, sen dúbida, está detrás do escoramento cara ao independentismo da sociedade catalana). Unha esquerda española que volve mostrar vertixe e paternalismo coa súa propia sociedade cando se trata de manter un discurso claramente anti-Réxime.

A táctica do arqueiro de Maquiavelo non só serve para xulgar ao independentismo. O podemismo que ía asaltar os ceos mostrouse igual de inxenuo e posibilista que o independentismo que ía construír o nou estat en Europa (iso si, non hai ningún podemita no caldeiro nin fuxido a Bruxelas).

Por que no Estado español, e esta é unha pregunta que me fago recorrentemente, este tipo de libertarios, municipalistas, negrianos e demais sectores teoricamente antiestatalistas sempre, indefectiblemente, cando se trata de escoller entre o Estado español constituído e calquera outro Estado por constituír, escollen a trincheira que permita a continuidade do primeiro? Misterios.

O Funambulista Coxo

Publicado o 14 de decembro de 2013 no blogue http://ofunambulistacoxo.blogspot.com.

[*] David Rodríguez Rodríguez (Vigo, 1975), deseñadpor gráfico, escritor, activista e analista político. Mantén o blogue O funambulista coxo desde o ano 2005. É autor das obras de teatro radiofónico O Bambán e Nunca me esquecerei de ti (gañadora e finalista respectivamente do I e IV Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural). Escribiu o poemario Lapidarias. Os versos escuros e participou no libro colectivo Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural. Na Galipedia.

_____________

luns, novembro 27, 2017

Democracia, ... Por Inácio Martínez - A mantenta dun artigo de José Picado publicado hoxe en 'La Voz de Galicia' co titulo 'Calle María, 136'

Barcelona, 11 de novembro de 2017
Manifestación pola Liberdade dos Pres@s e pola República

Por Inácio Martínez [*]
26.11.2017


Estimado José Picado, tenho lido com gratitude, vários dos seus artigos, pola correçom coa que escreve, a sua atualidade e o convite à reflexiom. E este nom cae em saco roto.  Desde o contexto de Ferrol, as palavras que os dirigentes  independentistas e republicanos catalans expressam, quedam desvirtuadas, sobre todo se o conhecimento que temos do conflito em Catalunya é o que percebemos desde os médios convencionais, tanto sejam audiovisuais como impressos. Para ter umha vissom mais acertada do conflito, melhor é achegar-se ao mesmo desde os médios catalans [1] que dam umha vissom mais objetiva, pola conta que lhes tem, pois as suas leitoras/consumidoras som as pessoas implicadas, que construem essa realidade que se relata; ademais a sensibilidade social está a flor de pel, polo que nom se perdoariam mentiras e manipulaçons -ou isso penso. Outra opçom é informar-se através das redes sociais, mas para isso é necessário um processo de aprendizagem para a construçom dum catalisador mental que nos ajude a navegar intentando discernir a veracidade da falsidade. Todos vimos intervir desde o poder do Estado as contas públicas da autonomia; decretos para facilitar que as empresas puderam deslocalizar as suas sedes sociais fora de Catalunya, (servindo isto para amossar que a oligarquia catalana está profundamente comprometida co estado monárquico e centralista, cousa que sempre se nos pretendia fazer ver o contrário); imputar a mais de 700 alcaldes e alcaldesas que se pronunciarom e mobilizarom a favor do Referéndum; violentar sedes governamentais e deter funcionarios que só cumpriam mandatos parlamentares; sequestrar urnas e papeletas de votaçom; arrincar urnas com violência dos colégios eleitorais; bater com dureza na gente que defendia os colégios eleitorais ou simplesmente ia votar, deixando mais de 800 pessoas feridas, só as atendidas no serviço público de saúde; umha ocupaçom policial com miles de policias e guardas civis levados desde outras partes do Reino, .... destituir um governo eleito e dissolver um parlamento; levar a prisiom a políticos membros dum governo legítimo e a membros da sociedade civil, baixo uns supostos delitos de rebeliom e sediçom, mas sem violência nem armas, sic ... sempre chamaram ás mobilizaçons pacificas e contra qualquer tipo de violência... As hemerotecas dos médios catalans e internacionais tenhem registado todo o sucedido. Por muito que se lhe intente dar volta, os feitos estam aí e quedaram para a história. As emoçons que experimentamos cada quem, mudam a forma em que vemos o mundo e como interpretamos as acçons dos demais. Vamos, que cada um de nós interpreta as cousas segundo a nossa ideologia e convicçons políticas, tamén segundo o carácter e pessoalidade, a qualidade humana de cada quem. Considero-me das pessoas que pensam que o Povo Catalam é um sujeito histórico (Mesmo reconhecido na Constituiçom Espanhola do 78), com vontade mui maioritária de ser e exercer como tal, e tem direito a decidir o seu futuro, isso que chamamos Direito de Autodeterminaçom ou da Libre Determinaçom dos Povos e que recolhem numerosas convençons, pactos e tratados internacionais que quase todos os países assinarom [2]. Antes do 78, todas as forças auto-qualificadas de esquerda levavam nos seus programas e plataformas este Direito[3]. Afirmas que  "Los artífices del fracasado golpe de Estado soberanista vivido en Cataluña atribuyen su fracaso a que el Estado español actuó ejecutando un golpe de Estado hacia Cataluña desde Madrid",[4] nom duvido que alguém pudera dizer isso, mais ponho a mam no lume que desde o governo espanhol e umha numerosas ristra de tertulianos e políticos de estado, dixerom-no, mas ao revés, como Vostede afirma, que foram os independentistas e republicanos os que deram um golpe de estado,[5] mesmo se lhes acusa de rebeliom e sediçom. Mas o assunto de reflexiom nom é o do relato que acabo de fazer, senom polo de "democracia imperfecta" e pola afirmaçom de "... fugado Carlos Puigdemont, probablemente el político que más daño le ha hecho a la imagen de Cataluña y España desde la transición". Está claro que é umha afirmaçom discutível, mas sobre todo irreflexiva, mas rogo só que reflexione comigo um pouco, pense-o bem... O que chama democracia imperfeita, eu chamo-lhe democracia de baixa intensidade, a modo do tratado polo sociólogo Boaventura de Sousa Santos, onde a participaçom está sequestrada, as sociedades que estam submetidas ao Deus Mercado e que legislam para el (reforma express da Constituiçom espanhola para implantar o artigo 135) e por acima das pessoas, tribunais interferidos, o Ibex 35 marcando políticas,[6] as portas giratórias, ... som sociedades "democráticas" de baixa intensidade, som muitas e os exemplos no mundo abondam, ... Todas as democracias som imperfeitas, nom hai sociedades perfeitas, penso que nisso concordamos, digo eu, polo que dizer democracia imperfeita é como nom dizer nada. Vamos, "somos bos, mas a santos nom chegamos". Por desgraça, o mundo está cheio de governantes e dirigentes políticos com rasgos psicopatas e de desmesurada cobiça. Um observador como Vostede por mui pouco que mire, cos olhos de ver e compreender o mundo, dará-se conta das grandes injustiças que nos rodeiam e que se cometem. Hai umha organizaçom (rede) que loita polo cambio na governança mundial [7] e esgrime as contradiçons e proclama um cámbio, em cuja presidência está Federico Maior Zaragoza que mire por onde, tem o "pecado" de que perante uns meses foi Secretario de Educaçom, o ano no que morreu o Ditador, mas que a sua vida está cheia de generosidade e luita pola Paz e a Justiça Mundial, é público e notório. A visiom que se dá do Reino de Espanha desde esta rede mundial, nom é a dumha democracia imperfeita, mas bem é dumha democracia tocada e sequestrada, e o Reino de Espanha é umha dessas tantas democracias tocadas e sequestradas. Estamos governados por corruptos implicados até a medula [8]. Infinidade de casos salpicam às instituçons, mais de 800 cargos institucionais imputados; a sede do partido no poder pagada com dinheiro fazado; presidentes de comunidades corruptos e em prisiom, de diputaçons, alcaldesas e alcaldes, ... Só o que transluce a instrucçom judicial da Gürtel dá noxo, e isso que separarom a Baltasar Garzón, numha manobra de estado, … É alarmante e sospeitosa a sucessom de mortes súbitas (Já vam 11) de membros do Partido Popular a ponto de declarar nos julgados, declaraçons que poderiam prejudicar gravemente, mais que a imagem do partido e sobretudo a sua cúpula dirigente. O último em falecer de forma sorpresiva, foi o exvicepresidente de Castilla e León, Tomás Villanueva, o 7 de setembro deste ano 2017, dias dantes de declarar na "trama eólica" e no caso "La Perla Negra"… sem entrar noutras moitas instruçons sobre corrupçom abertas, como é o caso da Pokemon[9] que é a que leva a juiz de Lara e a que mais perto nos toca na Galiza. Á luz está o que fai dano á Democracia, a Catalunya e a o Reino de Espanha. Nom querero ver umha sociedade infetada polo consumismo e pola apatia social, onde políticos medíocres escalam, trepam ao poder desde o local até onde podam... Podo-lhe dizer que a justiça nom é igual para tod@s, sem dinheiro tes um 90% de possibilidades de que nom che poidas defender nos tribunais adequadamente, por moita justiça gratuita que dim que hai. As prisions estam cheias de pobres. Mas nem para defender a tua própia casa tés justiça. Tes só 10 dias para oponher-te a umha execuçom hipotecaria e moita gente nom chega a tempo, por desconhecimento, mas porque a legislaçom hipotecaria e bancaria só está feita para ricos e a favor dos bancos e especuladores, nem se queira o seu recente aprovado anteprojeto. Participo na Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra -  Stop Desafiuzamentos. Todos os dias intercámbio com implicados moi perto da atividade bancaria, abusiva e de latrocínio feroz. O abuso bancário é tam descarado é evidente que o próprio Tribunal de Justiça da Unión Europea ditou até oito sentenças de condena à banca espanhola por clausulas abusivas e ilegais, nos convénios dos préstimos hipotecários que sentarom jurisprudência, mas centos de miles de pessoas já perderam injustamente as suas casas e milhons delas estám afectadas por estas clausulas que agora tenhem que reclamar individualmente, mas nom passa nada estamos numha “democracia imperfecta”... poderíamos coa pobreza infantil, ... seguir e seguir, mas que lhe vou dizer que nom saiba. Quedava-me um tema que nós afecta, pola sua proximidade, "as sentenças estam para cumpri-las", dim coa boca grande, mais quatro sentenças do Tribunal Supremo contra Reganosa, nom gostarom e se decretou umha eximiçom.[10] Quem fai dano à democracia? Que democracia? ah! esta de baixa intensidade... esta Democracia moi formal... É o senhor Puigdemont que obedeceu o mandado saído das urnas? O Presidente legitimamente investido que plantou cara a este estado corrupto? O Delito do Silêncio [11] deveria estar penado.

Notas.-

[1] As últimas novas do conflito catalam visto desde os principais jornais e médios de Catalunya
https://artabra21.blogspot.com.es/p/blog-page_23.html

[2] Compilaçom de documentos sobre a livre determinación dos povos nos tratados e pactos internacionais.
http://www.ohchr.org/Documents/Publications/Compilation1sp.pdf

[3] Ante la configuración del Estado español, integrado por diversas nacionalidades y regiones marcadamente diferenciadas, el PSOE manifiesta que:...
http://www.lavanguardia.com/politica/20130929/54390144664/cuando-psoe-decia-autodeterminacion-enric-juliana.html

[4] O artigo de José Picado, en "La Voz de Galicia".
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2017/11/26/calle-maria-136/0003_201711F26C4994.htm

[5] Simplemente com ponher no buscador google: "golpe de estado en Cataluña", saem mais de 600.000 resultados e ao menos os mais populares son dos membros do governo espanhol, de  Josep Borrell, de Alfonso Guerra, de Albert Rivera, de Mayor Oreja,... e assim umha lista de miles... | Buscando em Google.

[6] El autor de ‘Ibex 35, una historia herética del poder de España’, analiza cómo la trama empresarial controla al Estado y lo usa como salvavidas.
https://www.lamarea.com/2017/03/05/el-poder-en-la-sombra-del-ibex-35/

[7] Fórum Mundial da Sociedade Civil, "UBUNTU", umha Rede de Redes para aunar comunicados, posicionamentos e propostas, que desde 2001 concentra boa parte da sua dedicaçom à reforma das Instituçons Internacionais.
http://www.ubuntu.org/es/
E a Fundación Culura de Paz
http://www.fund-culturadepaz.org/

[8] O documentário "Las cloacas de Interior" mostra as  práticas e a corrupçom no Ministério do Interior a partir das gravaçons entre o daquela ministro Jorge Fernández Díaz e Daniel de Alfonso que revelou o diário Público em junho de 2016.
https://www.youtube.com/watch?v=pJL_uLs6TGg

[9] Auto da Juíza Pilar de Lara.
https://drive.google.com/file/d/0B_WBUU5o0En3TXpyRXpvc1prRVU/view

[10] Son xa catro as sentenzas favorábeis ao Comité Cidadá de Emerxencia, sentenzas que o goberno en funcións, intenta burlar eximindo a Reganosa de cumprir coa legalidade.
https://artabra21.blogspot.com.es/2016/08/un-amplo-respaldo-politico-acompanou.html

[11] O livro, O Delito do Silêncio, de Fedeico Mayor Zaragoza..
https://drive.google.com/file/d/155ZHWyXHq3iN1wVnE7uJr5Y8kB9FXAQP/view?usp=sharing

[*] Inácio Martínez Orero, Ferrol 1955, membro do Colectivo Ártabra 21, participa em Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, nas Marchas da Dignidade e na Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización.



Enviado:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
26 de novembro de 2017 12:43

___________




martes, novembro 07, 2017

Democracia na Catalunha: uma exigência, ... Por Isabel Pires - Além do direito à autodeterminação e do direito a votar, os acontecimentos mais recentes mostraram que precisamos de passar para a defesa da própria democracia, sob risco de se normalizarem atitudes profundamente antidemocráticas


Por Isabel Pires [*]
07.11.2017


Além do direito à autodeterminação e do direito a votar, os acontecimentos mais recentes mostraram que precisamos de passar para a defesa da própria democracia, sob risco de se normalizarem atitudes profundamente antidemocráticas.

duas reflexões que são importantes neste momento. Por um lado, o porquê da repressão e o que é que ela significa; por outro lado, que papel pode ou deve ter (ou não) a União Europeia.

Assim, a primeira coisa que temos o dever de fazer é desmentir o mito de que, de um lado sempre esteve uma Catalunha em radicalização vertiginosa e, do outro lado, uma Madrid impávida e serena, dialogante e democrática. Não é verdade e os acontecimentos isso mesmo têm provado.

Temos que começar pela justiça, pelo Ministério Público e pelos tribunais, acabando na utilização de força policial extrema. De um ao outro, o nível da repressão do estado espanhol sofreu uma escalada.

Para este percurso, o estado espanhol teve que criar a narrativa, mesmo sendo ela falsa, de que a expressão democrática na Catalunha era violenta para justificar a ordem de detenção do governo eleito, para justificar o ataque à liberdade de imprensa, para justificar o fecho de tipografias.

Em suma, para justificar todo o tipo de ataques a liberdades básicas, o estado espanhol baseia-se e justifica-se com uma mentira.

Isto leva-nos a outra constatação: o sistema judicial espanhol não é neutro nem independente. Não é, porque num conflito político, o Tribunal Constitucional Espanhol tem sempre demonstrado não ser independente da veia espanholista.

Não se pode colocar de lado o facto de o Tribunal Constitucional, desde 2010, vai contra todas as decisões tomadas relativas seja a referendos ou a independência. Por outro lado, o ministério público espanhol, não tendo autonomia face ao governo do estado espanhol, judicializa questões que são políticas no seu âmago.

Para fechar, como disse, o ciclo de escalada de repressão, a justiça escuda-se num falso argumento de que os governantes da Catalunha incitaram a protestos violentos. Ora, a violência foi claramente perpetrada pelos órgãos judiciais e policiais espanhóis; do lado do povo catalão, a expressão da democracia através do voto no referendo foi pacífico.

Como bem é declarado no manifesto que dá o mote para a Iniciativa Cidadã pela Defesa da Democracia na Catalunha, governantes, deputados e autarcas estão acusados de desobediência e de insurreição, tratando-os a todos como golpistas sem que, reconhecidamente, algum deles tenha pegado numa arma, conspirado contra a liberdade de algum cidadão ou praticado violência.

Por isso, há um problema grave quando a independência da justiça pura e simplesmente não existe. Com os recentes acontecimentos na Catalunha, prova-se que utilizar a justiça de uma forma tendenciosa para resolver problemas eminentemente políticos resulta em escalada de repressão sob falsos argumentos.

A segunda grande questão em cima da mesa e que importa analisar é se, afinal de contas, a União Europeia pode ou deve ter um papel na resolução da contenda? Não é uma questão fácil, e também ela se mascara de vários enganos.

Compreendendo que estão em causa vários direitos prescritos na Carta Europeia dos Direitos Fundamentais, não se pode considerar que a construção deste projeto europeu esteja feito por forma a fazer respeitar grande parte desses mesmos princípios.

Nesse caso, porque é que a União Europeia escolheu ignorar, com um estrondoso silêncio, a questão catalã?

A resposta pode ser mais fácil do que esperado: a União Europeia não vive bem com parlamentos nacionais. Não vive bem com democracia, já o sabemos, mas é mais do que isso: os sucessivos tratados que têm vindo a reformar a União Europeia vão sempre no sentido de retirada de competências aos parlamentos e governos nacionais, sem exceção.

Ora, quando o objetivo é sempre a retirada de competências aos parlamentos nacionais, é óbvio que esta instituição não pode viver bem com a proliferação de mais parlamentos. Por isso se escuda na defesa da legalidade no estado espanhol, obliterando por completo a questão das nacionalidades, o sentimento de pertença de um povo à sua nacionalidade.

Isto acontece porque é estrutural no projeto europeu que assim seja: basta recordarmo-nos das chantagens sucessivas que foram feitas aquando do referendo na Escócia. No caso da Catalunha a estratégia foi mais gravosa, tanto mais que estamos perante a utilização de violência extrema de um Estado sobre cidadãos. Não é aceitável este silêncio, seja qual for a justificação para o mesmo.

Não são as únicas grandes questões em cima da mesa, mas revestem-se de importância não só para perceber as raízes do conflito, mas também para perceber onde poderemos buscar soluções. Estas nunca serão fáceis e, com toda a certeza, não podem passar pelo ataque à democracia ou direitos fundamentais como o direito à livre escolha, sem condicionamentos.

Nesse caminho continuamos e nos mantemos, defendendo intransigentemente a democracia, onde quer que seja necessário.

[*] Isabel Cristina Rua Pires, nada o 21 de Xuño de 1990 (Isabel Pires). Deputada e dirigente do Bloco de Esquerda. Licenciada em Ciências Políticas e Relações Internacionais e mestranda em Ciências Políticas. | Outros artigos da autora. Deputada na Asemblea da República Portuguesa. | No Facebook.



Nota.-
Intervenção na sessão “Iniciativa Cidadã pela Catalunha”, realizada na passada sexta-feira, 3 de novembro de 2017, em Lisboa. | Publicado en Esquerda.net. | 5 de novembro de 2017.
____________________

luns, novembro 06, 2017

Cataluña. Xustiza ou vinganza?, ... Por André Abeledo Fernández - Non se poden engaiolar as ideas, nunha democracia non pode haber presos políticos, a xustiza non pode estar ao servizo dun Goberno


Por André Abeledo Fernández [*]
06.11.2017


Non se poden engaiolar as ideas, nunha democracia non pode haber presos políticos, a xustiza non pode estar ao servizo dun Goberno.

Aínda menos cando os corruptos están na rúa, e o fascismo campa as súas anchas por todo o Estado español.

A suposta democracia tivo co encarceramento do representantes da vontade popular en Cataluña, do Goberno catalán,  o seu parte de defunción.

Agora a indignación debe dar paso a lexítima protesta. Son tempos de rebeldía.

O encadeamento do Goberno catalán fede a ditadura e tamén a chapuza. A Cataluña néganlle o dereito a decidir. E a Xustiza néganlle a súa necesaria independencia.

Din que en España todos somos iguais ante a lei, pero algúns son máis iguais que outros, a Xustiza vai por clases.

A Xustiza en España non é lenta, é interesada, corre cando a deixan. E cando interesa vai con cadeas.

Seguimos en branco e negro. O xefe das Forzas Armadas advirte de que "a historia demostra" que o Exército sabe "defender a Nación". Pero que nación?, dende cando os intereses da oligarquía son os intereses da maioría?, da clase traballadora.

En canto ao proceso en Cataluña temos que facernos unha pregunta, quere facerse Xustiza ou é simplemente vinganza?. O PP sinala que os políticos independentistas encarcerados "estaban advertidos" e que "o que a fai a paga”.

O exparlamentario Diego López Garrido que redactou o delito de rebelión no Código Penal de 1995 e incluíu unha enmenda explícita para que a rebelión tivera que ser "violenta", asegura que non hai encaixe penal por rebelión contra os cargos do Govern ao non haber habido violencia.

En Bélxica o xuíz debía decidir se deixaba en liberdade ou se lles aplicaba prisión preventiva como medida cautelar a Puigdemont e os consellers, decidiu deixalos en liberdade. Se cadra sexa porque en Bélxica a Xustiza non fai política.

Veremos agora si nos medios ao servizo do Goberno agora Bélxica non é a nova Venezuela.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974.  Concelleiro de EU Narón, militante comunista e sindicalista. | Facebook e Twitter.




Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
6 de novembro de 2017 01:43

________________