Amosando publicacións coa etiqueta Denuncias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Denuncias. Amosar todas as publicacións

venres, abril 03, 2009

En defensa do mantemento dos postos de traballo e do carácter público do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Xosé Manuel Pazo Blanco
-manolopazo@gmail.com
-
2 de abril de 2009 16:14





A CIG-Ensino está empeñada en defender os postos de traballo e o carácter público do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar no que se insiren as GALESCOLAS fronte á ofensiva do PP que manifestou as súas intencións privatizadoras satisfacendo así aos grupos empresariais e relixiosos que queren recuperar para si unha serie de servizos que estaban a prestar desde o ensino privado, fundacións e agrupacións confesionais. Para iso non tiveron escrúpulos en levantar unha campaña de difamación sen precedentes e que non se lembra a respecto de ningún centro de traballo ou administración na historia do noso país. A falla de escrúpulos destes grupos canalizaron a través de “La Voz de Galicia” os seus ataques conseguiron deixar moi danada a imaxe deste organismo da administración co obxectivo de proceder ao seu desmantelamento. Fronte a iso é importante unha reacción social co fin de frear este proceso involutivo que non só afecta aos traballadores e traballadoras que están sendo obxecto de toda clase de insultos senón aos propios servizos sociais que a nosa sociedade precisa así como políticas dirixidas á igualdade (Centros de I+B) ou á educación sexual (Centros Quérote) que están intimamente ligadas coa nosa actividade docente.

Por iso pregamos que sirvas de contrapunto informativo á campaña de intoxicación que estamos a sufrir e que asines no MANIFESTO de defensa dos postos de traballo e o carácter público do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Podes atopar máis información nestas ligazóns:

VÍDEOS
BOLETÍNS
Saúdos cordiais

CIG-ENSINO

Xosé Manuel Pazo Blanco
______________________

xoves, abril 02, 2009

Contra o financiamento e a promoçom com dinheiro público da Semana Santa ferrolana


nosup-trasancos@nosgaliza.org

2 de abril de 2009 00:59



De novo temos que denunciar o financiamento e promoçom com dinheiro público de um evento católico como é o da Semana Santa ferrolana. Parece que, a respeito disto, pouco influi que governem uns ou que governem outros. Podemo-lo afirmar desde que todas as forças com presença na corporaçom já tivérom responsabilidades de governo no seu dia, além de que já tivemos Presidentes de Cámara do PSOE, do PP e do BNG.

De novo, pesa mais a capacidade de pressom de sectores próximos da hierarquia eclesiástica e da extrema-direita do que a força da razom e do sentido comum, ou mesmo do que o teoricamente recomendável cumprimento da lei, num Estado que se di aconfissional.

Como sempre, a caverna nacional-católica continua a gozar de privilégios que lhe permitem paralizar o desenvolvimento da vida normal na cidade departamental, apropriar-se de dinheiro das arcas públicas, e inçar as ruas com os seus macabros símbolos.

No entanto, outros colectivos que perseguem interesses culturais mais inclusivos do ponto de vista cívico e mais comprometidos do ponto de vista social, som discriminados ou mesmo criminalizados.

NÓS-Unidade Popular reclama a suspensom da campanha institucional empreendida pola Cámara Municipal de Ferrol para promocionar a Semana Santa, porque é ilegal conforme a direito, porque privilegia de novo umha confissom religiosa perante as outras e perante a populaçom nom praticante de religiom algumha (que essa sim é maioria) porque fomenta o turismo religioso a umha cidade que tem bem mais que oferecer do que a Semana Santa e porque o fai sem respeitar as nossas características culturais, explorando-a como cópia da Semana Santa das cidades andaluzas e castelhanas.

Também reclamamos que nom se conceda nem um cêntimo mais de subsídio a umha manifestaçom religiosa. As confrarias de Semana Santa dependem das dioceses e a Igreja Católica nom anda precisamente necessitada de ajudas oficiais. O dinheiro esbanjado nessa entruidada sinistra da Semana Santa, que se empregue em potenciar ou organizar actos culturais de interesse mais geral ou em arranjar problemas realmente importantes do concelho, que nom andamos faltos de cousas por arranjar.

Por último, seria desejável que as procissons se celebrassem em recintos fechados e nom na rua, para nom amolar o resto da populaçom.
___________________________________

mércores, abril 01, 2009

Fai enxamio e férralla ben ferrada a "La Voz"

Fernández Sixto, Juan - Monturas (FE)
jefernandez@navantia.es-
1 de abril de 2009 13:39

  • FAI ENXAMIO, Le, actúa e espalla
  • "FAI ENXAMIO": BOICOT ACTIVO A "LA VOZ DE GALICIA"
1. Non merques nunca La Voz nin a consultes en Internet. Se lle queres botar un ollo faino nun bar ou cafetería.

2. Escríbelle á xente galeguista ou nacionalista (Lourenzo F. Prieto, Xesús Alonso Montero, Francisco F. del Riego, Franco Grande…), xentes da cultura (Caneiro, Vítor Freixanes…), xentes progresistas, asociacións etc., e pídelles que non colaboren con La Voz, nin escribindo nela nin deixándose entrevistar. Non precisan dela para vivir. Total, para que colaborar co inimigo? para que censuren informacións, para que manipulen declaracións, para que sempre nos traduzan ao castelán? excusamos. La Voz non existe para Galiza, só para Madrid e para o provincianismo pailán e acomplexado, non exista La Voz para nosoutros.

3. Se tes voz en claustros escolares, asociacións, entidades públicas, bibliotecas etc., recomenda que se dean de baixa como suscritores de La Voz (hai crise, non?) e en todo caso que se dean de alta en xornais democráticos, honrados, pluralistas e non agresivos con Galiza como Xornal de Galicia, Público etc.

4. Recoméndalle á xente próxima que non merque La Voz por moitos motivos. Eis algúns deles:
  • La Voz leva moitísimos anos cobrando auténticas millonadas en subvencións do Goberno para promocionar o galego e non só non o promociona senón que sempre aproveitou a mínima para atacalo e inferiorizalo socialmente.
  • As teses de Galicia Bilingüe son as teses que sempre difundiu/defendeu e hoxe ecoa La Voz por medio de editoriais, noticias aparentemente asépticas e artigos de Santiago Rey, Blanco Valdés, Vientoso, César Casal, Luis Blanco … Moita forza debe ter aínda o amor á Terra cando o combate un odio tan poderoso.
  • O reeligido presidente da Xunta de Galiza non é o político de turno, non. O reeligido presidente da Xunta de Galiza segue sendo o director de La Voz, Santiago Rey Fernández-Latorre, que nunca se presentou a unhas eleccións nin falta que lle fixo para mangonear en Galiza. El é o ventrílocuo, o político de turno (do PSOE ou do PP) é o moneco que el acostuma a manexar. Polo futuro de Galiza: isto ten que acabar.
  • Nos últimos dous anos La Voz atacou con saña e sadismo todo o que recendese a galeguismo: lingua, historia, cultura, arqueología, literatura. O obxectivo nidio de La Voz foi e é, sen dúbida e descaradamente, apapahostiar os galegos para madrileñizar Galiza.
  • A picadura dunha abella non pode matar o lobo. Os ferretes de cincuenta abellas só poden amolar o lobo. Os aguillóns de cen abellas mancan ben o lobo. A acción intelixente de mil abellas mata o lobo.
Sé intelixente: FAI ENXAMIO e férralla ben ferrada a La Voz.
_____________________________

Enlace relacionado:

Blog dos sen Voz
_______________

xoves, marzo 26, 2009

Esquerda Unida denuncia a situación de irregularidade na que se atopa a día de hoxe o estacionamento da Praza do Concello e outras denuncias

eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
26 de março de 2009 13:35



Estimad@s amig@s: no arquivo vai un pronunciamento do Consello local de Esquerda Unida diante do tratamento difamatorio que o xornal da Voz de Galicia lle procura dada onte por Esquerda Unida en rolda de prensa. Grazas pola vosa atención. Asdo. Ricardo Ledo Suárez Secretario Organización Consello Local EU Ferrol

  • ESQUERDA UNIDA DENUNCIA UN USO IRREGULAR DO APARCADOIRO DA PRAZA DE ARMAS
  • "LA VOZ DE GALICIA" DIFAMA O QUEFACER PÚBLICO DE ESQUERDA UNIDA
O Grupo Municipal de Esquerda Unida denunciou onte, nunha rolda de prensa, a situación na que se atopa o aparcadoiro da Praza de Armas, que está a funcionar en mans do antigo concesionario sen contrato algún que o ampare, toda vez que a concesión por 50 anos extinguiuse e se lle aboou un importe de 2.411.173 euros do erario público.

A denuncia feita por Esquerda Unida se ampara nun informe elaborado pola Secretaría do Concello, que nese documento di de xeito literal:

... unha vez cumpridos todos os trámites para a extinción da concesión esta se extingue, incluído o aparcamento anterior, non obstante e mentres non se inicien as obras se poderá formalizar un contrato, non de concesión, pero sí de arrendamento en base a razóns de interese público co actual concesionario.

Contrato que cómpre dicilo na actualidade non existe, de xeito que a situación actual do aparcadoiro carece de amparo legal algún.

Esquerda Unida denuncia entón a situación de irregularidade na que se atopa a día de hoxe o aparcadoiro da Praza de Armas, sen contrato algún e cunha situación de facto que semella inaceptable. Tras pagarlle ao concesionario o rescate da concesión, o Goberno Municipal está a consentir esta situación, e a permitir que o antigo concesionario continúe a enriquecerse a costa da cidadanía.

A nosa organización entende inaceptable o tratamento que o xornal da Voz de Galicia lle procura á denuncia feita polo Grupo Municipal de Esquerda Unida, tratamento informativo no que se acusa á nosa organización de manipular o informe público elaborado pola Secretaría do Concello. O xornal di literalmente:

IU rompe su acercamiento al PSOE y manipula un informe técnico para criticar el proyecto de Armas

O tratamento difamatorio da Voz de Galicia obríganos a adoptar cantas medidas sexan necesarias para restaurar un tratamento obxectivo e veraz da noticia descuberta por Esquerda Unida. A nosa organización non vai deixar de facer notar de tódalas maneiras posibles que non se pode vulnerar a deontoloxía profesional de xeito impune como ten acontecido neste caso.

Nin se rompeu nada, nin por suposto houbo manipulación algunha do Informe elaborado pola Secretaría do Concello; informe onde queda recollido de xeito claro que non hai contrato vixente e que hai que formalizar un, como non deixa de aceptar nas súas declaracións o concelleiro de Facenda cando anuncia que o contrato que se vai facer será con carácter retroactivo.

Esquerda Unida fai un chamamento á cidadanía para que exprese a súa repulsa a un xeito de entender o xornalismo envilecedor e que conculca os principios de obxectividade e veracidade. Unha sociedade democrática necesita dun xornalismo afincado neses principios de obxectividade e veracidade, principios que basean todo quefacer ético.

Comunicación do Consello Local de EU Asdo. Ricardo Ledo Suárez Secretario de Organización do Consello Local
________________

sábado, novembro 01, 2008

Artábria opujo-se à presença de 'Galicia Bilíngüe' em Ferrol

De: Fundaçom Artábria -artabria@artabria.net-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 1 de novembro de 2008 04:43

Assunto: Artábria opujo-se à presença de 'Galicia Bilíngüe' em Ferrol






Artábria opujo-se à presença de 'Galicia Bilíngüe' em Ferrol

Apesar da chuva, um grupo de companheiros e companheiras assistírom hoje mesmo, na praça do Concelho, à chegada do autocarro do colectivo antigalego 'Galicia Bilingüe', fazendo-lhes chegar, como acontece em cada cidade e vila galega que visitam, que os inimigos do nosso idioma nom som bem-vindos.

Claro que, para a nossa (relativa) surpresa, entre as poucas pessoas que assinárom o manifesto em defesa do espanhol que essa entidade promove, encontramos o que até há dous dias era concelheiro de Obras na Cámara Municipal da nossa cidade, Miguel Reimúndez, do grupo municipal de Izquierda Unida.

Temos certeza que o seu gesto de apoio aos ultras antigalego nom reflecte nem sequer o sentir da maioria da militáncia do seu partido, para já nom falarmos da sua importante massa de votantes no nosso concelho, que mui maioritariamente apoia as actuaçons em defesa da extensom de usos do galego. Por isso achamos importante dar a conhecer a posiçom deste cargo público ferrolano num tema tam importante para Ferrol como o necessário apoio ao avanço social do idioma próprio da Galiza.

De resto, poucos, pouquíssimos ferrolanos e ferrolanas assinárom contra o galego e, ao contrário, houvo bastantes que contestárom com um rotundo NOM! ao pedido destes bilingüistas que renegam da nossa língua.

Pola nossa parte, continuaremos a denunciar a actuaçom impune de quem reclama abertamente a marginalizaçom do galego no seio do seu próprio país de origem, que é o nosso: Galiza.

--
A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Código de Identificaçom Fiscal (CIF): G15645518.
Morada: Travessa de Batalhons nº7 Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone do Centro Social: +34 981369099
Fax do Centro Social: +34 981369920
Telefone do café-bar: +34 981369921


Sítio webda Fundaçom Artábria

http://www.artabria.net

Sítio web do festival da Terra e da Língua

http://www.artabria.net/festival

_______________

venres, outubro 24, 2008

ADEGA denuncia altas concentracións de metais pesados nos afluentes do Eume

Logo de que Medio Ambiente anunciara a "normalización" do Eume e dera por "controlada" a acidez, ADEGA denuncia que persiste un grave risco ambiental e de saúde pública polas altas cantidades de metais pesados que amosan as augas. Recentes análises encargadas por ADEGA á UdC, dan valores moi por riba dos límites legais para determinados metais pesados nos ríos Lavadoiro e Chamoselo, que están sendo inxectados ao Eume. Particularmente preocupantes son os níveis de cromo, níquel, cadmio, arsénico e uranio, este último con valores que superan 24 veces o recomendado pola OMS. A situación no Eume está moi lonxe da "normalidade" que se quere vender. Ademáis dun encalado permanente para corrixir a acidez, como se vai solucionar o problema dos metais pesados? [+ Info na web de ADEGA]

O resultado da análise das mostras recollida nas augas do Eume e afluentes, augas superficiais de distintos treitos da bacía do Eume. Tomas realizadas o 3 de setembro de 2008, analise realizado na UDC [Departamento de Enxeñería Química], para ADEGA. [En formato -pdf-]

[Clicar acima da imaxe para ampliar]

A noticia nos medios:

- El País -22/10/2008
O uranio na conca do Eume supera o limiar recomendado

- La Voz de Galicia - 22/10/2008
Ecoloxistas denuncian elevados índices de metais pescados nos ríos Chamoselo e Fervedorio
_________________

mércores, outubro 08, 2008

A FAO pide unha revisión das políticas e subvencións aos biocombustibles





A FAO pide unha revisión das políticas e subvencións aos biocombustibles

Un informe anual sopesa as oportunidades e riscos

7 de outubro de 2008, Roma - As políticas e subvencións dos biocombustibles deberían ser reconsideradas con urxencia para manter o obxectivo da seguridade alimentaria mundial, protexer aos campesiños pobres, promover un desenvolvemento rural de ampla base e asegurar a sustentabilidade ambiental, afirmou hoxe a FAO nunha nova edición da súa principal publicación anual O Estado Mundial da Agricultura e a Alimentación (SOFA, polas súas siglas en inglés) 2008.

"Os biocombustibles ofrecen oportunidades pero tamén expón riscos. O resultado dependerá do contexto específico do país e das políticas adoptadas", dixo Jacques Diouf, Director Xeral da FAO. "As políticas actuais -explicou- tenden a favorecer aos produtores dalgúns países desenvolvidos fronte aos da maioría dos países en desenvolvemento. O desafío reside en reducir ou xestionar os riscos compartindo ao mesmo tempo as oportunidades de forma máis ampla".

A produción de biocombustibles baseada en produtos agrícolas creceu máis do triplo entre 2000 e 2007, e agora supón case o dous por cento do consumo mundial de combustibles para o transporte. Espérase que este crecemento continúe, aínda que a contribución dos biocombustibles líquidos (principalmente etanol e biodiesel) para a enerxía do transporte, e, máis aínda, para o consumo enerxético mundial, seguirá sendo limitada.

A pesar da escasa importancia dos biocombustibles líquidos en termos da subministración enerxética mundial, a demanda de materias primas agrícolas (azucre, millo, sementes oleaginosas) para obtelos seguirá aumentando na próxima década e quizais máis adiante, incrementando a presión sobre os prezos alimentarios.


Oportunidades para os pobres

Se os países en desenvolvemento poden obter beneficios da produción de biocombustibles e estes poden chegar á poboación pobre, unha maior demanda de biocombustibles podería axudar ao desenvolvemento rural.

"As oportunidades para os países en desenvolvemento de beneficiarse da demanda de biocombustibles poderían aumentar mediante a supresión das subvencións agrícolas e aos biocombustibles e das barreiras comerciais, que crean un mercado artificial e benefician actualmente aos produtores dos países da OCDE á conta dos produtores dos países en desenvolvemento", afirmou Diouf.

Outras medidas políticas que impulsan o uso de biocombustibles líquidos, como a esixencia de que se mesturen con combustibles fósiles, así como os incentivos fiscais, deron lugar a un rápido crecemento artificial da produción de biocombustibles. Segundo o informe, estas medidas teñen elevados custos económicos, sociais e ambientais e deberían ser reconsideradas.


Seguridade alimentaria

A crecente demanda de biocombustibles e o consecuente aumento do prezo dos produtos agrícolas ofrecen grandes oportunidades para algúns países en desenvolvemento. A agricultura podería converterse no motor de crecemento para a redución do fame e a mitigación da pobreza. A produción das materias primas dos biocombustibles pode crear empregos e xerar ingresos, especialmente se os pequenos campesiños pobres reciben axuda para ampliar a súa produción e conseguir acceso aos mercados. Fomentar a participación dos pequenos agricultores na produción de cultivos, incluíndo os destinados a biocombustibles, require investimentos en infraestrutura, investigación, financiamento rural, información dos mercados e institucións e sistemas legais.

Con todo, entre os riscos existentes, predomina a preocupación pola seguridade alimentaria. Os elevados prezos dos produtos agrícolas xa están tendo un impacto negativo nos países en desenvolvemento que dependen en gran medida das importacións para satisfacer as súas necesidades alimentarias. Os consumidores pobres de zonas urbanas e os compradores netos pobres de alimentos das zonas rurais atópanse especialmente en perigo. Unha gran parte da poboación pobre mundial gasta máis da metade dos seus ingresos en comida. "As decisións sobre os biocombustibles deberían ter en conta a situación da seguridade alimentaria, pero tamén a dispoñibilidade de terra e a auga", segundo Diouf. "Todos os esforzos -engadiu- deberían encamiñarse a manter o principal obxectivo: liberar á humanidade do azoute do fame?.


Gases de efecto invernadoiro

Se analizamos a dimensión ambiental, o balance non sempre é positivo. "Unha maior produción e emprego de biocombustibles non contribuirá necesariamente a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro tanto como previamente se había suposto", revela o informe. Aínda que algunhas materias primas dos biocombustibles como o azucre poden xerar unhas emisións de gases de efecto invernadoiro considerablemente inferiores, non sucede o mesmo con moitas outras.

O maior impacto dos biocombustibles nas emisións de gases de efecto invernadoiro vén determinado polo cambio do uso da terra. "Os cambios no uso da terra - por exemplo a deforestación para satisfacer a crecente demanda de produtos agrícolas- son unha gran ameaza para a calidade do chan, a biodiversidade, e as emisións de gases de efecto invernadoiro", apuntou Diouf.

O informe afirma que os criterios de sustentabilidade baseados nas normas internacionais acordadas poderían axudar a mellorar o impacto ambiental dos biocombustibles, pero non deberían crear novas barreiras comerciais para os países en desenvolvemento.


Segunda xeración

A próxima xeración de biocombustibles atópase actualmente en desenvolvemento pero aínda non está dispoñible a nivel comercial. Utiliza materias primas como madeira, pastos altos, refugallos agrícolas e forestais, e podería mellorar o equilibrio da enerxía fósil e os gases de efecto invernadoiro dos biocombustibles.

"Parece ser que hai unha proposta para destinar unha maior porcentaxe do investimento en biocombustibles en investigación e desenvolvemento, especialmente en tecnoloxías de segunda xeración que, se son ben deseñadas e aplicadas terían un maior potencial en termos de redución das emisións de gases de efecto invernadoiro cunha menor presión sobre a base de recursos naturais", afirmou Diouf.


Contacto:
Erwin Northoff
Oficina de prensa, FAO
erwin.northoff@fao.org
( 39) 06 570 53105
( 39) 348 252 3616 (móbil)

http://www.fao.org/index_es.htm
________________

luns, outubro 06, 2008

Convocatoria veciñal en Valón, en protesta pola inseguridade e insalubridade no transporte de mercancías sucias e perigosas desde o Porto Exterior

Diante do perigo no transporte por estrada, sobre todo de Clinker, desde o Porto Exterior a Asociación Veciñal de Valón convoca hoxe, 6 de Outubro, ás 4 da Tarde unha concentración no Alto de Valón, co obxectivo de protestar polo transporte deste tipo de mercancías, carbón e outras mercancías perigosas, sucias e pouco saudábeis, sen reunir a estrada as condicións axeitadas, así como a falta de medidas de seguridade dos medios transporte. Contra a velocidade excesiva, o non respecto dos sinais de transito e pasos de peóns, ... e outras. Moitos camións circulan sen levar a caixa tapada con lonas, como esixe a normativa vixente. Demanda a veciñanza que se tomen medidas de seguridade e se controle o tránsito deste camións, polo dereito da veciñanza a transitar polos paseos e beirarrúas con seguridade e tranquilidade.

ADEGA de Trasancos apoio á convocatoria veciñal, para mais información contactar con Serxio [o noso delegado en Valón: 662428976]
______________

domingo, outubro 05, 2008

O BNG acusa a PSOE- IU de antepor os intereses do estamento militar à sociedade civil

De:Xosé Manuel Pazo Blanco -manolopazo@gmail.com-
BNG FERROLTERRA -ferrol@bng-galiza.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 3 de outubro de 2008 19:52

Asunto: O BNG acusa a PSOE- IU de antepor os intereses do estamento militar à sociedade civil



O BNG acusa a PSOE- IU de antepor os intereses do estamento militar à sociedade civil.

O grupo municipal do BNG censurou hoxe ao goberno local por financiar con recursos económicos municipais un acto estritamente militar e facelo coincidir cos actos de conmemoración do 150 aniversario da concesión do título de cidade a Ferrol.

O portavoz municipal do BNG, Xoán Xosé Pita, incidiu que con estas actitudes PSOE e IU evidencian que seguen antepoñendo os intereses do estamento militar aos intereses da sociedade civil e calificou de escusa a participación da casa real para xustificar esta actitude.

Pita, lamentou que a equipa de goberno Local formado por PSOE-IU, aposte por facer coincidir, o vindeiro dia 15 de outubro, un acto militar cos actos de aniversario da cidade, participando economicamente no financiamento do primeiro evento e restándolle protagonismo aos actos de aniversario da cidade.

O BNG xa censurou a decisión de sufragar a compra de dúas bandeiras de combate para as escolas militares da cidade cun gasto de case 18.000 € para as arcas municipais mais tampouco comparte a decisión do actual Goberno Local de financiar estas actividades e ter que pagar entre outros o catering deste evento, as invitacións ou o autobús que desprazará a corporación municipal polas dependencias militares.

Xoán Xosé Pita, portavoz nacionalista, considera un erro primar o evento militar por riba do acto civil de inauguración da exposición fotográfica sobre a historia da Cidade e invita ao Alcalde da Cidade a explicar pormenorizadamente os motivos que o levaron a tomar esta decisión e a dar conta do custo total destas actividades.

Desde o BNG se afirma que ningún dos seus membros vai participar no acto militar de entrega das bandeiras de combate por parte do Concello de Ferrol as Escolas Militares da Cidade.

Ferrol a 3 de outubro de 2008

Grupo Municipal do BNG no Concello de Ferrol.

Xosé Manuel Pazo Blanco
_______________

martes, setembro 30, 2008

Adega pide á Cptopt que faga o seu traballo e paralice as obras na Saíña, no concello de Valdoviño

[Foto de ADEGA]

Diario de Ferrol - Comarcas - Martes 30 de Setembro de 2008
REDACCIÓN > FERROL


Fai un ano que un informe da Consellería de Política Territorial xa advertía da existencia dunha serie de irregularidades na contorna da Saíña, zona con varias figuras de protección ambiental onde se prevé construír unha urbanización.

Responsables de Adega Trasancos e Adega Nacional volveron solicitar onte á Consellería de Política Territorial que faga cumprir a lei e evite que se urbanice A Saíña, unha zona próxima á lagoa da Frouxeira onde se asenta un parque arqueolóxico, cuxo contorna está afectado por varias proteccións ambientais; convenio Ramsar, Zona de Especial Protección para Aves (Zepa), Lugar de Interese Comunitario (LIC) Costa Ártabra e tamén hai constancia de que existen hábitats prioritarios protexidos. Desde hai pouco máis dun mes os obreiros volveron ao lugar, o que levantou as sospeitas de veciños e ecoloxistas que ven como, un ano despois, desde a Cptopt non se fixo nada por paralizar estas obras, cualificadas como "ilegais" por Adega.

Por outra banda, fai xa máis dun ano, o 23 de setembro de 2007, a entidade ecoloxista presentou unha denuncia ante o Servizo de Urbanismo e Inspección Territorial da Coruña. Na súa resposta, a Cptopt afirmaba que era necesario revisar as Normas Subsidiarias de Valdoviño, "que incorren en nulidade de pleno dereito ó clasificar sos como urbanos sen reunir vos requisitos legais para merecer tal clasificación". Así mesmo, no referido documento faise constar que se infrinxen determinaciones do propio PXOM, así como varias prohibicións da lei.

Desde Adega pregúntanse que clases de intereses existen para que se puida transformar unha leira rústica en urbanizable e que, ademais, se preténda obviar que se trata dun espazo protexido. Por outra banda, piden á Cptopt que faga cumprir a lei para que o terreo volva ao seu estado orixinal.
__________

ADEGA - 23 de setembro de 2008. Os datos que facemos público a continuación están na súa maioría recollidos da proposta de informe do Servizo de Urbanismo e Inspección Territorial da Coruña dependente da Consellaría de Política Territorial e Ordenación do Territorio con data 1 de febreiro de 2007. Malia a detectarse graves eivas e irregularidades, a urbanización segue adiante coas administracións mirando para outro lado. Deste informe tiramos as seguintes CONCLUSIÓNS:

Enlace co documento "Política Territorial sinala graves irregularidades na urbanización da Saíña en Valdoviño "
_____________

xoves, setembro 25, 2008

NÓS-UP considera que o ensino galego continua igual de espanholizado no segundo ano de aplicaçom do novo Decreto educativo

De: NÓS-UP -imprensa@nosgaliza.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 25 de setembro de 2008 10:34
Asunto: NÓS-UP considera que o ensino galego continua igual de espanholizado no segundo ano de aplicaçom do Decreto educativo



NÓS-UP considera que o ensino galego continua igual de espanholizado no segundo ano de aplicaçom do novo Decreto educativo

Se alguém tinha dúvidas, o início deste segundo ano lectivo com novo Decreto de ensino confirma o papel subsidiário do galego, que nom só continua longe de se converter na língua veicular, nom chegando a cumprir, em muitos casos, nem os mínimos estabelecidos sobre o seu uso polo professorado nas matérias marcadas no novo texto legal em vigor.

NÓS-Unidade Popular, quem em Março de 2007 apresentou um texto analítico do novo Decreto e das suas carências, indicou na altura que, apesar dos inegáveis avanços quantitativos na presença do galego, nomeadamente no número de horas lectivas, nom suporia um avanço qualitativo para o nosso idioma no ensino. O motivo era – é – que mantém os mecanismos de dominaçom do espanhol como língua principal nos diversos níveis do ámbito educativo galego através de várias renúncias:
  • Renuncia a qualquer programa de imersom como os aplicados por outras administraçons autonómicas (nomeadamente a catalá e a basca);
  • Renuncia também a um sistema de modelos de diferente perfil lingüístico, como os da Comunidade Autónoma Basca ou o País Valenciano;
  • Renuncia, em definitivo, a dar ao galego estatuto de língua veicular principal.
A falta de um roteiro com medidas concretas fai com que a suposta avaliaçom anual do desenvolvimento do Decreto tenha sido “esquecida” pola Administraçom, o que junto à inexistência de novidades na necessária fiscalizaçom por parte da inspecçom educativa em relaçom ao decreto anterior, explica que os incumprimentos e inércias espanholizadoras continuem a funcionar nos centros de ensino galegos.

Há que lembrar que NÓS-Unidade Popular nom foi a única entidade a questionar as potencialidades do novo Decreto. Outras como a Nova Escola Galega afirmárom na altura da aprovaçom do mesmo que "seriam necessárias medidas muito mais avançadas e decididas” para mudar o rumo desgaleguizador que segue o ensino na Galiza. Infelizmente, neste segundo ano de aplicaçom do novo texto legal, nengumha das afirmaçons críticas feitas entom perdeu vigência.

Como pano de fundo para o sistema educativo espanholizante actual, erige-se o ‘culto ao bilingüismo’ que o actual governo da Junta mantém, em linha com a política do Partido Popular na matéria, e que foi plasmado no também incumprido Plano Geral de Normalizaçom da Língua Galega assinado polas três forças parlamentares em 2004.

Da mesma forma, continua a ser desprezada a inclusom do português e da cultura lusófona como apoio para a normalizaçom do galego, permitindo o acesso à cultura universal sem passar polo filtro do espanhol.

Por todo o anterior, NÓS-Unidade Popular reafirma-se na reclamaçom de um novo quadro legal que rompa com o falaz ‘bilingüismo equilibrado’ e reconheça, com todas as conseqüências, o galego como primeira língua da Galiza.

Galiza, 24 de Setembro de 2008

Direcçom Nacional de NÓS-Unidade Popular

NÓS-Unidade Popular
nosgaliza@nosgaliza.org
____________________

domingo, setembro 21, 2008

O Valedor do Pobo censura ao Concello de Ferrol polo desaloxo do veciño de Canido

De: Expropiados Ferrol -expropiadosferrol@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 19 de setembro de 2008 10:38
Asunto: Un xulgado condena ao Concello de Compostela a retirar as cámaras de vídeo vixilancia da zona vella


O Valedor do Pobo censura ao Concello de Ferrol polo desaloxo do veciño de Canido

O Valedor do Pobo, Benigno López, terminou a súa investigación polo desaloxo de Constantino Seoane [nas fotos durante o derrube da súa casa en Decembro de 2007 - Fotos: Kiko Delgado], veciño do barrio de Canido, en Ferrol. No seu informe conclúe que "a actuación do Concello de Ferrol non foi adecuada" polo que realizará "un comentario crítico da actuación municipal no Informe anual que se dirixa ao Parlamento de Galicia".
O pasado día 12 de decembro, a Policía Local e as pas escavadoras presentáronse no domicilio de Seoane. A pesar de que ao afectado non se lle ensinou en ningún momento unha orde xudicial, retiráronselle os mobles da súa casa, expulsouse á súa familia do domicilio e posteriormente derrubouse o inmoble. O veciño de Canido ten que vivir de aluguer desde entón.

Para xustificar a súa actuación ante o Valedor, o Concello envioulle a solicitude de entrada nos domicilios dirixida ao Xulgado. Segundo indica Benigno López esta petición non se realizou correctamente. "Obsérvase que a exposición dos feitos nos que se basea a solicitude fai referencia única e exclusivamente ao expediente de tasación conxunta, é dicir á expropiación", asegura López. Isto significa que o Goberno local meteu no mesmo saco aos afectados pola expropiación de vivendas para a realización da nova urbanización e a Constantino Seoane, que é membro da xunta de compensación encargada da promoción da obra. Ao conceder a autorización o xulgado asegura facelo unicamente para os expropiados, a pesar de que na lista de nomes aparece tamén o de Seoane. O Valedor considera que o Concello debeu abrir un expediente distinto para o integrante da xunta de compensación, "que non se deu ou non se coñece". Segundo Benigno López á hora de conceder o auto de entrada nos domicilios a Xustiza limítase a "examinar a aparencia de legalidade do solicitado pola Administración". No caso de Seoane, indica, "todo parece apuntar que a aparencia trasladada polo Concello resultaba unha circunstancia que non respondía á realidade".

A historia da derriba da vivenda de Constantino Seoane comeza fai máis de seis anos. Nesa época os responsables da promotora madrileña Albantur explicáronlle que a súa vivenda tería que desaparecer, a pesar de ser unha construción perfectamente legal, xa que se decidiu que na zona levantaríanse máis de 260 pisos novos. Así mesmo, indicáronlles que o Concello aprobara que o método de urbanización sería o denominado xunta de compensación. Así, Constantino Seoane, que tiña en propiedade un terreo de 1.200 metros cadrados e un edificio con dúas vivendas e un ático acondicionado, podería dalgún modo asociarse coa firma madrileña e sumarse á promoción da obra. En caso contrario, advertíronlle os representantes de Albantur, sería expropiado.

Naqueles días, os responsables de Albantur dedicáronse ameazar a boa parte dos veciños de Canido cos baixos prezos que conseguirían polos seus inmobles no caso de que o Concello taxáseos. Algo que, como xa é coñecido, sucedeu despois realmente. Constantino Seoane, ao que nunca se lle pasou pola cabeza meterse en negocios inmobiliarios, decidiu sumarse á promoción da obra. Pero os seus problemas lonxe de terminar, incrementáronse. Os integrantes da xunta de compensación son os encargados de urbanizar a zona, é dicir, deben pagar os gastos correspondentes á construción das rúas, a rede de sumidoiros... A cambio recibirán un solar, no que poder levantar vivendas, segundo a porcentaxe que lles corresponda. Constantino tiña o 5%. Albantur reclamoulle máis de 120.000 euros polos gastos de urbanización e o afectado pediulles que lle ensinasen os orzamentos que certificasen que esa cantidade correspondía a cemento e materiais construtivos e non a viaxes de avión, comidas ou outro tipo de despilafarros. Os orzamentos non lle foron presentados e ese foi o motivo polo que decidiu que non debía abonar a cantidade ata que as contas non estivesen claras. Albantur intentou entón comprarlle o seu partipación na xunta de compensación, como tamén fixo con máis veciños da zona que nun primeiro momento sumáronse a ela. Ofreceulle polas súas propiedades dous pisos na nova urbanización e un apartamento. O trato non era xusto. Seoane xa tiña dous pisos e un apartamento, pero ademais posuía 1.200 metros de terreo. -Que pretendían que llos regalese?-, indica o veciño. Outra cuestión importante quedaba no aire. Onde ía vivir a familia Seoane mentres se levantaban as vivendas? En ningún momento ofrecéuselle un reacollo e nin sequera a oferta de permuta presentóuselle por escrito.

_______________________

Documento do Valedor do Povo:
[Cicar acima de cada imaxe para ampliar]
_____________











________________

Enlace Relacionado en "Galicia-Hoxe" dun interesante artigo de Rebeca Fernández:

O drama de Canido ou como perder toda a túa vida en vinte minutos
Dor, humillación, impotencia e rabia. Isto é o que sente Constantino Seoane, veciño de Canido que viu como a promotora Albantur o deixaba sen nada tras derrubar a súa casa para facer unha urbanización
REBECA FERNÁNDEZ - Galicia-Hoxe - Sábado 22.12.2007
______________________


mércores, setembro 17, 2008

NÓS-Unidade Popular, contra a Lei de Partidos e em defesa dos direitos democráticos: nom à ilegalizaçom de ANV

De: NÓS-UP -imprensa@nosgaliza.org-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 17 de setembro de 2008 01:56

Assunto: NÓS-Unidade Popular, contra a Lei de Partido e em defesa dos direitos democráticos: nom à ilegalizaçom de ANV



16 de Setembro de 2008
NÓS-Unidade Popular, contra a Lei de Partidos e em defesa dos direitos democráticos: nom à ilegalizaçom de ANV

Hoje mesmo temos conhecimento da decisom tomada, de maneira fulminante, pola Sala Especial do Tribunal Supremo, contra um dos partidos democráticos de maior trajectória histórica no Estado espanhol: Acçom Nacionalista Basca, fundado em 1930, perseguido e ilegalizado por Franco e agora também polos seus herdeiros políticos.

Denunciamos o silêncio cúmplice de todo o arco parlamentar que na Galiza apoia, por activa ou por passiva, a deriva antidemocrática que sofre o regime monárquico espanhol nos últimos anos, da qual a Lei de Partidos é um dos expoentes mais claros.

É intolerável e radicalmente contrário aos direitos fundamentais pretender retirar da legalidade qualquer expressom política democrática e representativa como som todos e cada um dos partidos bascos ilegalizados nos últimos cinco anos: Batasuna, Euskal Herritarrok e, agora ANB. Por isso, na Galiza, NÓS-Unidade Popuar levanta mais umha vez a voz para denunciar a falta de direitos políticos existente no Estado espanhol, especialmente visível no País Basco, onde a terceira força política, que representa centenas de milhares de pessoas, está fora da lei, enquanto bandos fascistas de todo o tipo desenvolvem as actividades xenofobas, racistas e violentas com total impunidade por todo o Estado espanhol.

NÓS-Unidade Popular reclama, mais umha vez a revogaçom imediata da Lei de Partidos e a restituiçom dos direitos civis e políticos ao conjunto do povo basco, como passo prévio ao reconhecimento às naçons basca, catalá e galega do democrático direito de autodeterminaçom.

Permanente Nacional de NÓS-Unidade Popular

Galiza, 16 de Setembro de 2008

____________

http://www.nosgaliza.org
________________

martes, setembro 09, 2008

Valdoviño, ubicado ao final da punta dereita da praia da Frouxeira temos o entorno da Saiña, onde se está iniciando a construcción dunha urbanización

500 m DE PROTECIÓN DA COSTA GALEGA VALDOVIÑO, FICA NA GALIZA?

No concello de Valdoviño, ubicado ao final da punta dereita da praia da Frouxeira temos o entorno da Saiña, onde se está iniciando a construcción dunha urbanización á beira do mar para un total de 69 vivendas unifamiliares e un hotel, promovido por CONSTRUCCIONES RIAS GALLEGAS, S.A. e asumido pola administración local e autonómica.

A parcela obxecto do interese urbanístico ubícase lindando con zona Ramsar e zona Zepa, integrada na súa totalidade no LIC Costa Ártabra ES110002 e, xa que logo, incluída na Rede Natura 2000. A existencia de hábitats catalogados como prioritarios (recoñecido pola administración galega) implica que “só para fins relacionados coa saúde humana e a seguridade pública se podan executar alteracións do contorno, ou por imperioso interese público logo de consultar á Comisión Europea” (Directiva 92/43/CEE, relativa á protección dos hábitats naturais e das especies de flora e fauna silvestres e Real Decreto 1997/1995). Esta consulta á Comisión Europea non se executou. Demandamos, maís unha vez, que a Consellaría de M.A. exerza as súas responsabilidades e poña fin a este despropósito.

Polo feito de lindar con zonas Zepa e Ramsar cómpre avaliar o impacto ambiental que tal concentración humana produciría. Esta necesidade foi recoñecida pola propia Consellaría de M.A. máis posteriormente anulouna cun suprendente informe no que asume consideracións como esta: “se puede observar su total inclusión en un ámbito de características urbanas; tanto por la edificación de la práctica totalidad de las parcelas próximas, como por su disposición rodeándola totalmente”. Unha simple ollada á parcela permite desbotar totalmente este argumento.

Exiten actualmente na parcela unhas enormes gabias (denunciadas por Adega xa en agosto do 2006) que non se poden corresponder co permiso dado desde o concello para obras de urbanización. Como non foran autorizadas, a Consellaría de Política Territorial ten que obrigar a repoñer a parcela ás súas anteriores características sen admitir que as pretendan facer pasar por un posterior estudo arqueolóxico de dimensións desproporcionadas (até 84 m). Asemade, a licencia para o proxecto de urbanización (U.A. 2 na Saiña – Valdoviño), ten un prazo de execución das obras por un periodo de 1 ano, como estabelece no seu apartado 5 o informe favorábel asinado polo arquitecto municipal o 01/08/2003. Xa que logo, cómpre tramitar novamente a documentación urbanística, o cal se podería facer através da presentación dun Plano Especial, a aprobar pola Xunta, en cumprimento da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e de protección do meio rural de Galiza, se a parcela estivese catalogada como urbana consolidada, cuestión esta que non cumpre por ser urbana non consolidada. A Consellaría de Política Territorial ten que asumir as súas competencias e facer cumprir a lei.

A mesma clasificación da parcela como urbana é contraria á Lei 9/2002, xa que no seu artigo 12 estabelece a necesidade de integración na malla urbana para esta clasificación. Calquera persoa pode corroborar por fotografía aerea ou visitando o entorno a total ausencia desta característica xa que era un entorno natural non degradado até a chegada de CONSTRUCCIONES RIAS GALLEGAS, S.A. Cómpre por tanto que a Consellaría de Política Territorial elimine a declaración como solo urbano das Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento da provincia da Coruña por ser manifestamente ilegal.

Valdoviño, 8 de setembro do 2008

Carlos Outeiro Baamonde

Vicesecretario Adega-Trasancos

sábado, setembro 06, 2008

O Martes, 9 de Setembro, concentración na Fouxeira de Valdoviño, en defensa do noso patrimonio natural

[Clicar acima da foto para ampliar]

De: CARLOS OUTEIRO BAAMONDE -couteiro@hotmail.com-
ADEGA - Trasancos
Para: artabra21@gmail.com
Data: 5 de setembro de 2008 14:39
Asunto: Concentración en defensa do noso patrimonio natural (Adega)



Concentración en defensa do noso patrimonio natural (Adega)

Prezada amiga.
Prezado amigo.

A vindeira terza feira (martes día 9) ás 17 horas desde Adega convocamos unha concentración de denuncia polo intento de construir unha urbanización de 69 chalets e 1 hotel dentro de Rede Natura 2000. Será fronte ao bar que hai na punta dereita da praia da Frouxeira en Valdoviño prefentemente con 10 minutos de antelación ás 5.

Xa levamos 2 anos evitando que esta ilegalidade se consume mais agora a empresa promotora está a facer un esforzo para executar con rapidez unhas obras de preparación da parcela (alcantarillado por exemplo) para posteriormente poder legalizar esta 'trapallada'

Solicito a túa presenza na concentración xa que as múltiples denuncias realizadas por escrito a distintas administracións non están a conlevar a paralización das obras pretendendo que se legalicen por feitos consumados. Adxunto a denuncia que hoxe metimos á D.X. de Urbanismos a efectos explicativos da problemática.

Contando coa túa colaboración no espallamento da concentración, despídome cunha afectuosa aperta.

Carlos Outeiro.


D.X. Urbanismo A Saiña II Modificada [Nos Arquivos Ártabros]
__________________

martes, agosto 26, 2008

Aponta-se IU ao neoliberalismo? Nom à privatizaçom de serviços municipais em Ferrol

De: nosup-trasancos@nosgaliza.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de agosto de 2008 17:09
Assunto: Aponta-se IU ao neoliberalismo? Nom à privatizaçom de serviços municipais em Ferrol



Aponta-se IU ao neoliberalismo? Nom à privatizaçom de serviços municipais em Ferrol

Nos últimos dias, deparamos com umha desagradável, ainda que relativa, surpresa na política da coligaçom governante na nossa cidade. O edil de Obras, Miguel Reimúndez, anunciou a assinatura de um contrato de privatizaçom do serviço de manutençom de ruas e passeios, de maneira semelhante a como se privatizou, no seu dia, a manutençom dos jardins ferrolanos.

Segundo diversos meios, será um contrato de dous anos em que o concelho se compromete a pagar 1.000.000 de euros e com o qual, segundo Reimúndez, vai "agilizar-se" o procedimento administrativo para a execuçom das obras, que até agora demorava até quatro semanas pola burocracia excessiva e a falta de meios próprios para acometer as obras menores.

É verdade que o serviço de manutençom municipal nom funciona como deveria. É verdade que é um tema de suficiente importáncia, polo que afecta no dia a dia da vizinhança, para que seja afrontado de maneira realista e resolutiva. É necessária umha brigada de obras dependente da administraçom local, com meios e pessoal suficientes para atender as necessidades.

Em lugar disso, a 'soluçom' proposta por IU consiste em aplicar as políticas do Partido Popular, imitadas cada vez mais também polo PSOE e polo BNG. Essas políticas partem da desatençom às necessidades do trabalho público para assim justificar as privatizaçons, que nom resolvem o problema e hipotecam os recursos públicos.

Nom é nada novo, nem sequer em Ferrol. Antes, partidos como o PP, PSOE e BNG assinárom contratos privatizadores de serviços como a água, o lixo ou a manutençom de jardins.

Como sempre nestes casos, parte-se de umha realidade: o mau funcionamento de umha área e, em lugar de fazê-la funcionar, decide-se pô-la em maos de umha empresa privada, favorecendo o lucro dos empresários e a precarizaçom das condiçons de emprego. Quer dizer, o governo renuncia a governar e contrata umha empresa que o faga no seu lugar, enquanto contribui para desacreditar os mesmos serviços públicos que renunciou a fazer funcionar.

De NÓS-Unidade Popular denunciamos a aplicaçom de receitas neoliberais como a que propom agora Izquierda Unida em Ferrol, e reivindicamos umha reforma dos mecanismos e recursos que afectam à área da manutençom de obras, pondo a funcionar umha brigada pública de manutençom e obras menores, para que funcione como deve sem deixar de ser o que sempre foi: um serviço público.

Assembleia Comarcal de NÓS-Unidade Popular

Ferrol, 26 de Agosto de 2008
_________________________

"Biblioteca Móvel': Consideraçons da Fundaçom Artábria à resposta do Gabinete de Comunicaçom do Concelho de Ferrol

De: Fundaçom Artábria -artabria@artabria.net-
Para: artabra21@gmail.com
Data:
26 de agosto de 2008 15:15
Assunto: "Biblioteca Móvel': Consideraçons da Fundaçom Artábria à resposta do Gabinete de Comunicaçom do Concelho de Ferrol

"Biblioteca Móvel': Consideraçons da Fundaçom Artábria à resposta do Gabinete de Comunicaçom do Concelho de Ferrol

A seguir reproduzimos o correio recebido do Gabinete de Comunicaçom do Concelho de Ferrol em relaçom ao nosso comunicado sobre a escassa presença de livros em galego na 'Biblioteca Móvel' de Doninhos:

"Boas tardes, Dende o Gabinete de Comunicación do Concello de Ferrol facilitamos a relación de fondos bibliográficos da biblioteca móbil ubicada en Doniños. Libros ofertados: 342. Dos que: Libros en inglés: 43. Libros en castelán: 145. Libros en galego: 154. Achegamos relación completa cos títulos das obras. Grazas".

A seguir, apresentamos umhas consideraçons finais, encaminadas ao próprio Concelho, sobre o caso e acompanhamo-las de quatro imagens da referida Biblioteca.

Agradecemos a vossa informaçom relativa ao fundo editorial disponível na chamada 'Biblioteca Móvel' de Doninhos. Contodo, e sem afám de fazer deste assunto casus belli, queremos também fazer algumhas consideraçons que consideramos importantes na hora de desenvolver iniciativas como essa:

1. É bom saber que existem mais livros em galego dos que estám à vista do público.

2. Porém, o mais importante nom é isso, e sim o facto, denunciado por nós no comunicado que figemos público, de que o galego é quase 'invisível' no expositor de livros existente em Doninhos. O espanhol é claramente hegemónico e o espanhol, como inglês, é residual nos livros infantis e inexistente nos livros para adultos. Enviamos-vos umhas fotos do expositor para que o comprovedes.

3. É verdade que, no interior do expositor, há mais livros em galego, mas os livros ocultos nom contam. É importante pô-los à vista e nom utilizar o galego como simples conta estatística.

4. Poderíamos ainda indicar que o uso do galego por parte das pessoas encarregadas do serviço é, nalgum caso, nulo, inclusive quando as usuárias e usuárias se dirigem a elas em galego. Isso tem também a sua importáncia.

Em definitivo, mantemos a nossa crítica, achamos que fundamentada e construtiva, e esperamos que, sobretodo de cara ao futuro, esta positiva iniciativa tenha mais em conta a necessidade de visualizar a presença de livros em galego.


______________

A ‘Biblioteca Móvel’ municipal de Doninhos só promove a leitura em espanhol

De: Fundaçom Artábria -artabria@artabria.net-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 24 de agosto de 2008 19:05
Asunto: A ‘Biblioteca Móvel’ municipal de Doninhos só promove a leitura em espanhol


A ‘Biblioteca Móvel’ municipal de Doninhos só promove a leitura em espanhol

O que se anunciou como um projecto inovador que levasse a leitura aos areais de Ferrol, a começar polo de Doninhos, está a servir para promover quase exclusivamente a leitura em espanhol, com excepçom de algumha rareza em galego e em inglês.

A iniciativa, fruto da colaboraçom entre as áreas da Educaçom e da Cultura, junto com o Ministério espanhol do Ambiente, contradi a suposta vontade normalizadora expressada por umha parte do governo municipal, e com a própria existência de um Conselho Municipal de Língua em que os representantes institucionais se comprometêrom a assumir o uso normal do galego nas actividades da instituiçom local ferrolana.

Será que Sofía Vasques, responsável do serviço, desconhece que em Doninhos também há banhistas galegofalantes? Ou será que ela e os restantes responsáveis políticos pensam que o espanhol necessita umha promoçom especial frente ao galego?

Da Fundaçom Artábria pedimos ao governo municipal que preside Vicente Irisarri, e em concreto às áreas de Cultura e de Educaçom, que rompam com as inércias antigalegas, rectifiquem e aproveitem a positiva iniciativa da 'Biblioteca Móvel' para promover a leitura em galego.

Comissom de Língua da Fundaçom Artábria

Ferrol, Trasancos, 24 de Agosto de 2008


Sítio webda Fundaçom Artábria
http://www.artabria.net

Sítio web do festival da Terra e da Língua
http://www.artabria.net/festival

__________

domingo, agosto 10, 2008

Dúas consellarías, da Xunta de Galicia, reparten a dedo un millón de euros - € - entre algúns medios de "información" convencionais

Na lista de correos da Rede Galiza Non Se Vende consideran interesante consultar unha noticia que publica o xornal dixital do semanario "A Nosa Terra", en referencia ao reparto de centos de miles de euros -€-, aos medios de prensa convencionais en conceito de "axudas" á prensa, en concreto dín:

"Así pódese entender o silencio dos medios cando enviamos notas de prensa que non son publicadas. Consultade as axudas que interesadamente, non arbitrariamente, conceden determinadas consellarías ás empresas editoras".

A noticia en "A Nosa Terra Diario":

DURANTE ESTE ANO

Dúas consellarías reparten a dedo un millón entre algúns diarios

M. V .
Política Territorial e Pesca dan subvencións sen mediar concurso público a determinados medios para promocionar as súas políticas, práctica que o PSdeG acaba de denunciar no caso de Núñez Feixóo.

Reloxo 06.08.2008 | 07:00


Os socialistas galegos acusaron o venres ao líder do PPdeG, Alberto Núñez Feixóo, de repartir subvencións sen concurso público entre certos xornais durante a súa época como conselleiro de Política Territorial. O PSdeG esgrimiu un informe do Consello de Contas que di que Feixóo autorizou convenios con La Voz de Galicia, Faro de Vigo e La Región de Ourense pouco antes das eleccións autonómicas.

Mesma receita con diferente rúbrica

O voceiro parlamentar dos socialistas, Ismael Rego, preguntouse: “por que elixiu estes medios e vetou a outros?” e "fíxose a dedo?". O certo é que varias das consellarías baixo o control dos socialistas están a usar unha táctica moi semellante á considerada censurábel por Rego.

Así o proba o Diario Oficial de Galicia, que vén de recoller como as consellarías de Política Territorial e Pesca repartiron discrecionalmente, sen mediar concurso público, 999.000 euros entre determinadas empresas de comunicación este ano.

A noticia completa podedela consultar no seguinte enlace:

Dúas consellarías reparten a dedo un millón entre algúns diarios

_________

Verdegaia demanda que se paralicen os traballos de reiniciación da concentración parcelaria na parroquia de Covas polo seu impacto ambiental

De: Verdegaia en Ferrol, Eume e Ortegal
-ferrol@verdegaia.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 9 de agosto de 2008 12:25
Asunto: Parcelaria Covas



Parcelaria Covas

Verdegaia demanda que se paralicen os traballos de reiniciación da concentración parcelaria na parroquia de Covas polo seu impacto ambiental. Denuncia que a Xunta incumpliú o seu compromiso de salvagardar tanto as zonas costeiras que integran a Rede Natura como o humidal das Cabazas. Reitera a necesidade de que a Xunta e o Ministerio de Medio Ambiente se fagan coa titularidade dos predios.

Ante o que semella unha reiniciación dos traballos de concentración parcelaria nas zonas costeiras de Santa Comba, Ponzos, Sartaña e As Cabazas, na parroquia de Covas (Ferrol), por parte da empresa Tragsa, consistentes no desbroce e na sinalización dos viais proxectados que quedaron por construir ou rematar, Verdegaia informa que vén de dirixirse ás Delegacións Provinciais de Medio Rural e de Medio Ambiente para esixir a paralización inmediata destes traballos, ao efectuárense sobre hábitats naturais de interese comunitario que motivaron a inclusión das citadas zonas costeiras na Rede Natura 2000 (L.I.C. Costa Ártabra e Z.E.P.A. Costa de Ferrolterra-Valdoviño).

Tanto a construción de viais como a creación de novas parcelas efectuados nas zonas de Sta. Comba, Ponzos, Sartaña e As Cabazas até a data de paralización, conlevou o fraccionamento e a degradación de humidais e de zonas dunares existentes, entre outros hábitats naturais protexidos. Pretender continuar cos traballos de parcelación nos termos previstos inicialmente resultaría unha nova agresión que non se pode tolerar máis, dado que agravaría máis ainda o deterioro ambiental de ditas zonas costeiras. Lembramos, que trala ocupación dos novos predios, Verdegaia leva denunciado o verquido de entullos e a plantación ilegal de eucaliptos, chopos e piñeiros nas zonas de humidal, incendios forestais intencionados, etc. A concentración parcelaria supuxo, ademáis, a desaparición das práticas agrícolas tradicionais nestas zonas.

Cabe lembrar tamén que existen informes da propia Xunta de Galicia (Consellería de Medio Ambiente) que poñen de manifesto a situación irregular do devandito proceso concentrador, ao vulnerarse varias normativas ambientais, e nos que ademáis se recomenda excluir de novo as citadas zonas costeiras do proceso concentrador, tanto por razóns ambientais como por careceren de valor productivo agrario.

Con dita actitude, tanto a Consellería de Medio Ambiente como a de Medio Rural están vulnerando o compromiso adquirido con Verdegaia en varias xuntanzas mantidas nos últimos anos de salvagardar as zonas costeiras de Sta. Comba, Sartaña e Ponzos, integradas na Rede Natura 2000, e de protexer legalmente o humidal das Cabazas para que o Ministerio de Medio Ambiente poida adquirir os terreos. En calquera caso, con compromiso ou sen el, a Xunta de Galicia ten o deber legal de salvagardar tanto os espazos naturais da Rede Natura como os hábitats naturais e as especies que os integran, lembrando que o interese xeral debe prevalecer sempre sobre calquera outro interese particular ou partidista.

Por último, queremos reiterar unha vez máis a necesidade de que tanto a Xunta de Galicia como o Ministerio de Medio Ambiente se fagan coa titularidade dos predios existentes nas zonas costeiras de Sta. Comba, Sartaña, Ponzos e As Cabazas, tal e como xa se plantexou formalmente en diferentes ocasións, como única solución viabel para preservar os valores naturais de ditas zonas. Pretender continuar coa concentración parcelaria nesas zonas suporía prolongar máis aínda o conflicto, dado que nos veríamos na obriga de iniciar accións legais contra a Xunta e, chegado o caso, mesmo paralizar nós mesmos as obras.

Máis información: 616039268.
ferrol@verdegaia.org
www.verdegaia.org
_________________