Amosando publicacións coa etiqueta Lídia Senra. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lídia Senra. Amosar todas as publicacións

sábado, outubro 20, 2018

Lídia Senra pide que a CE investigue se detrás do edificio A Patiña en Cambre hai fundos voitre. | A eurodeputada informa en Bruxelas sobre os desafiuzamentos que a inmobiliaria do Banco Santander pretende levar a cabo nesas vivendas. | Denuncia que persoas sen recursos quedarían sen fogar e exixe cumprir o dereito fundamental á vivenda e frear a posible especulación.

 
Lídia Senra pide que a CE investigue se detrás do edificio A Patiña en Cambre hai fundos voitre. | A eurodeputada informa en Bruxelas sobre os desafiuzamentos que a inmobiliaria do Banco Santander pretende levar a cabo nesas vivendas. | Denuncia que persoas sen recursos quedarían sen fogar e exixe cumprir o dereito fundamental á vivenda e frear a posible especulación.

A eurodeputada galega Lídia Senra presentou este xoves un escrito en Bruxelas dirixido á Comisión Europea (CE)[1] no que informa sobre a preocupante situación que se está a dar co edificio A Patiña, en Cambre (A Coruña)[2]. Senra pon en coñecemento do ente comunitario que a consultora Altarmira, inmobiliaria do Banco Santander, notificou a inquilinos deste lugar que o seu contrato, establecido en base a réxime especial de protección oficial, está a punto de expirar e que terán que marchar das casas porque non lles renovarán o aluguer. Dita urbanización ergueuna a finais dos anos 90 a construtora Fadesa, a través dun acordo coa Xunta de Galicia, que contemplaba que os pisos se alugarían durante 20 anos a persoas desfavorecidas, e Fadesa despois vendeullo a Altamira.

A europarlamentaria considera moi grave esta situación, máxime tendo en conta que no edificio residen moitas persoas con rendas moi baixas e sen recursos ou en diferentes situacións de risco social. Así, reclama que se cumpra co establecido na propia Carta dos Dereitos Fundamentais da UE, que nos seus artigos 7 e 34 recolle que toda persoa ten dereito ao respecto do seu domicilio e que co fin de combater a exclusión social e a pobreza, a Unión recoñece e respecta o dereito a unha axuda social e a unha axuda de vivenda para garantir unha existencia digna a todas aquelas persoas que non dispoñan de recursos suficientes

Senra considera inadmisible que se poidan levar a cabo os posibles desafiuzamentos inminentes e reclama á Comisión Europea que investigue a situación. Así, pide saber se a CE ten constancia de se esas vivendas se financiaron no seu día con fondos europeos para a vivenda social. Tamén, e dado que as persoas inquilinas sospeitan que a inmobiliaria do Santander pode ter vendido o edifio ou o negocio dos seus alugueres ao fondo buitre estadounidense Blackstone, Lídia Senra reclama que a CE investigue a posible venda e especulación que se podería estar a facer con estas vivendas sociais. “Os dereitos das persoas teñen que estar sempre por riba do capital e non ao revés”, defende a europarlamentaria. “É hora de que a CE deixe de mirar para outro lado e lle pare os pés á especulación”, di, para facer tamén unha chamada de atención ao Goberno da Xunta e reclamarlle que tome xa medidas neste asunto. “Que vivendas sociais acaben en mans dos intereses de neoliberalismo e do capitalismo financeiro e especulador e que a xente quede sen casas por iso é un ataque ao dereito das persoas a unha vida digna”, zanxa.

Santiago, 18 de outubro de 2018.

Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL). | Tlf: 609 845 861, lidia.senra@europarl.europa.eu
http://lidiasenra.gal/ | https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez.

Nota.-

[1] Aquí pódese ver o escrito rexistrado hoxe na Comisión Europea por Lídia Senra:
https://lidiasenra.gal/wp-content/uploads/2018/10/PE-Posibles-desafiuzamentos-A-Pati%C3%B1a-Cambre-18-10-18.pdf

[2] Información publicada ao respecto nos últimos días:
https://www.publico.es/economia/desahucios-inmobiliaria-santander-amenaza-desahuciar-decenas-familias-pobres-edificio-renta-protegida-coruna.html

Enviado por:
AGEe Europa
-ageeneuropa@gmail.com-
18 de outubro de 2018 12:57

_______________

A eurdeputada Lídia Senra presenta hoxe en Varsovia unha análise sobre os impactos do quecemento global na cidadanía - Participa nunha reunión do GUE/NGL con forzas da esquerda para achegarse ao contexto polaco previo ás eleccións locais, estatais e europeas - Coordenará tamén unha mesa de debate sobre dereitos das traballadoras/es no actual contexto de desigualdade social


Senra presenta hoxe en Varsovia unha análise sobre os impactos do quecemento global na cidadanía. | Participa nunha reunión do GUE/NGL con forzas da esquerda para achegarse ao contexto polaco previo ás eleccións locais, estatais e europeas. | A eurodeputada galega coordenará tamén unha mesa de debate sobre dereitos das traballadoras/es no actual contexto de desigualdade social.


Lídia Senra, eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), está a  participar durante todo día de hoxe en Varsovia nunha intensa xornada de análise e debate convocada polo GUE/NGL para coñecer en profundidade o contexto polaco, establecer contactos con forzas políticas e sociais da esquerda e discutir desafíos comúns.

Está a ser unha experiencia moi enriquecedora que nos permite aproximarnos á realidade de Polonia e intercambiar sobre o futuros retos da esquerda no contexto europeo”, valora Senra.

Como marco para o desenvolvemento destes obxectivos, o GUE/NGL estruturou unha axenda de traballo que abarca dende como facer fronte o fortalecemento da extrema dereita na UE, pasando por claves relacionadas cos dereitos das mulleres e o feminismo, a loita contra o racismo e a xenofobia ou os dereitos laborais.

Precisamente a mesa de debate que terá lugar ás 15.30h. baixo o título “Os dereitos das traballadadoras e traballadores nun contexto de desigualdades económicas e sociais. O caso de Polonia” será coordenada pola eurodeputada galega. Neste panel intervirán a presidenta do GUE/NGL, a alemá Gabi Zimmer (Die Linke); Piotr Ostrowski, Vicepresidente da All-Poland Alliance of Labour Union (OPZZ) e Dorota Koszal, da alianza de partidos de esquerda RAZEM.

Previamente tivo lugar un espazo de análise e intercambio de estratexias arredor da premisa “A mudanza climática e os seus efectos no benestar da cidadanía”, no que a propia Senra foi a encarregada de presentar as ideas clave xunto con Beata Maciejewska, Presidenta da Fundación Espazo de Diálogo e  Filip Chudy, en representación de RAZEM.

O programa desta xuntanza finalizará co panel “Feminismo e liderado feminino”. Introducido pola eurodeputada francesa Marie-Christine Vergiat, contará cas intervencións de Krystyna Kacpura, Directora Xeral da  Federación de Mulleres e Planificación Familiar; Ewa Majewska, e Florentyna Gust de RAZEM e a eurodeputada sueca Malin Bjork.

Bruxelas, 19 de Outubre de 2018.

Oficina de LÍDIA SENRA
EURODEPUTADA GALEGA
Grupo da Esquerda Unitaria Europea/
Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)
Comisión de Agricultura
Comisión de Pesca
Asamblea Paritaria África, Caribe, Pacífico-UE
0034 609 845 861
Willy Brandt, 02M025 (Bruxelas)
Louise Weiss, T05018 (Estrasburgo)
lidia.senra@europarl.europa.eu
twitter  Facebook

_______________

xoves, outubro 18, 2018

A eurodeputada galega Lídia Senra cualifica de 'chantaxe' o anuncio de peche de Alcoa - Chama a atención sobre o poder que a privatización de empresas proporciona aos capitais privados, e insta a tomar medidas ao respecto - Lembra que esta empresa estivo gozando até o dagora dun trato privilexiado que lle permitiu ampliar a súa marxe de beneficios.


Senra cualifica de “chantaxe” o anuncio de peche de Alcoa e advirte “se marcha, que devolva os  cartos”. | Chama a atención sobre o poder que a privatización de empresas proporciona aos capitais privados, e insta a tomar medidas ao respecto. | Lembra que esta empresa estivo gozando até o dagora dun trato privilexiado que lle permitiu ampliar a súa marxe de beneficios.


Ante a nova coñecida hoxe de que a empresa de capital estadounidense ALCOA ameaza -outra vez- con pechar instalacións na Galiza e noutras partes do Estado, dende Bruxelas a eurodeputada galega Lídia Senra -Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)-, instou á Unión Europea e aos Estados membro a que, en base ás súas respectivas competencias, “non consintan nin unha soa chantaxe por parte destas grandes empresas, nin coa enerxía, nin coa fiscalidade, nin con ningunha outra cousa”.

Senra demandou a posta en marcha das medidas precisas para que sexa garantido o mantemento de todos os postos de traballo e que, no caso de que esta grande corporación teime en  operar os centos de despidos anunciados, “tanto a Xunta como o goberno do Estado esixan a devolución de todos os beneficios e diñeiro público que percibiu esta empresa, e que o invirtan en xerar postos de traballo para as persoas que ten empregadas na actualidade”.

Neste sentido, abondou, “é intolerábel que un dos argumentos desta empresa sexa o custo da enerxía cando, entre outros privilexios, ata o ano 2008 esta multinacional pagaba unha tarifa especial, máis baixa -que logo pagabamos todas e todos nós nas nosas facturas-, e posteriormente estivo cobrando cartos públicos a través do que poderiamos considerar como subvencións encubertas, tales como o denominado servizo de interrumpibilidade”. Habida conta do trato privilexiado do que vén desfrutando esta multinacional estadounidense -e que a bon seguro non se limita só á Galiza ou ao Estado senón que se entende aos países onde conta con sedes- non sorprende que durante o primeiro trimestre deste mesmo ano os seus beneficios se dispararan un 50%, acadando os 182 millóns de euros.

Asemade, a eurodeputada lembrou tamén que circunstancias coma esta, na que “unha empresa ten o poder de intimidar gobernos a nivel municipal, galego e estatal, tomando ás traballadoras e traballadores como reféns, son unha cara máis das consecuencias das políticas de privatización”, en alusión ao feito de que a estadounidense ALCOA asentouse na Galiza a través da concesión de INESPAL (Industria Española del Aluminio) no 1998.

Lídia Senra tamén quixo aproveitar para trasladar ás traballadoras e traballadores de Alcoa “a nosa máis fonda solidariedade e apoio”.

Bruxelas, 17 de Outubro de 2018.

Oficina de LÍDIA SENRA
EURODEPUTADA GALEGA
Grupo da Esquerda Unitaria Europea/
Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)
Comisión de Agricultura
Comisión de Pesca
Asamblea Paritaria África, Caribe, Pacífico-UE
0034 609 845 861
Willy Brandt, 02M025 (Bruxelas)
Louise Weiss, T05018 (Estrasburgo)
lidia.senra@europarl.europa.eu

http://lidiasenra.gal/

Twitter  Facebook
Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Maria Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
17 de outubro de 2018 16:02

____________________

venres, outubro 05, 2018

O Parlamento Europeo debateu a posibilidade de establecer unha renda mínima nos Estados membro para unha Europa 'xusta' - A eurodeputada galega abstense na votación do informe aprobado hoxe polo PE criticando a falta da determinación na protección das zonas montañosas - Lídia Senra denuncia no pleno do Parlamento Europeo a manipulación e o uso partidista da CRTVG


"Os números están claros: hai riqueza abondo para vivir con dignidade, só hai que repartila mellor" . | O Parlamento Europeo debateu esta tarde a posibilidade de establecer unha renda mínima nos Estados membro para unha Europa “xusta”. | Senra subliñou na súa intervención que o empobrecemento afecta moi especialmente á mulleres, mocidade, crianzas, persoas xubiladas e paradas.

As políticas de austeridade e as reformas estruturais impostas pola UE teñen provocado un aumento alarmante da pobreza e unha maior concentración da riqueza, especialmente no sur da Unión Europea”. Así situou esta tarde a eurodeputada da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), Lídia Senra, o marco do debate sobre o establecemento dunha renda mínima na UE que tivo lugar esta tarde na sesión plenaria do Parlamento Europeo.

No noso país, segundo datos do Instituto Galego de Estadística (IGE), catro de cada dez fogares galegos teñen dificultades para chegar a final de mes. Segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE), o 19% dos fogares do Estado están en risco de pobreza. Ademais, subliñou a galega, “esta pobreza tan rostro de muller, de persoa nova, de crianza, de persoa xubilada e de persoas desempregadas. É hora de reverter esta situación. Os números están claros: hai riqueza abondo para vivir con dignidade, só hai que repartila mellor”.

Se realmente a UE quere apostar por un modelo social que elimine ou, canto menos, mitigue a cada vez máis crecente desigualdade económica nos Estados membro, cómpre determinación e apostar xa por unha batería de medidas que aborde esta situación: “Reducir a xornada laboral; reparto do traballo; salarios dignos; prezos agrarios remuneradores; pensións de xubilación dignas garantidas polos orzamentos públicos; servizos públicos gratuítos e de calidade; políticas para garantir o dereito a unha vivenda digna e a prezos asequíbeis; poñer fin á fraude e á evasión fiscal e establecer a Renda Básica Universal para garantir que ningunha persoa sexa condenada a vivir na pobreza ou a aceptar empregos absolutamente precarizados”.

A eurodeputada galega realizou a súa intervención ante o pleno do Parlamento apenas unhas horas despois de participar nese mismo espazo no debate co primeiro ministro de Estonia, Jüri Ratas, ao que insistiu en que “o futuro de Europa pasa por activar medidas para loitar contra a pobreza e redistribuir a riqueza”.

Nesta interpelación ao primeiro ministro estonio Senra cuestionouno tamén sobre as liñas de traballo a activar, situando como eixo principal afrontar os actuais retos que a UE ten no eido do benestar social: “Gustaríame saber que propostas ten enriba da mesa para combater o enorme desemprego que vai conlevar o que vostedes denominan a “cuarta revolución industrial”, que medidas para combater a enorme fenda de xénero e loitar contra a violencia machista e, xa que tanto falou de reforzar o militarismo e a seguridade, quixera saber cales son as súas medidas para traballar por unha cultura de paz.

Estrasburgo, 3 de Outubro de 2018.

Sesión Plenaria do Parlamento Europeo [03/10/2018]

TEMA DA INTERVENCIÓN
Establecemento dunha renda mínima

ENLACE Á INTERVENCIÓN
https://www.youtube.com/watch?v=tGg1cE37KUE&feature=youtu.be

ENLACE AO DEBATE COMPLETO
http://www.europarl.europa.eu/plenary/PT/vod.html?mode=unit&vodLanguage=PT&vodId=1538575925626#


Urximos á UE a desenvolver as medidas de protección para as zonas rurais e montañosas. | Senra abstense na votación do informe aprobado hoxe polo PE criticando a falta da determinación na protección das zonas montañosas. | Canteiras do Caurel, monocultivo de eucaliptos na Fonsagrada, as obras do AVE en Laza e a destrución de servizos, denunciadas no pleno do PE.

O Parlamento Europeo, reunido en sesión plenaria en Estrasburgo durante esta semana, vén de aprobar hoxe unha proposta de resolución para abordar as necesidades específicas das zonas rurais, montañosas e remotas. A coordenadora do Grupo da Esquerda Verde Nórdica-Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL) para a Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural, Lídia Senra, abstívose no seu voto ao considerar que non recolle un verdadeiro compromiso de actuación por parte das institucións comunitarias.

As montañas desempeñan un papel fundamental no subministro de auga doce no planeta e tamén xogan un papel importantísimo a nivel de biodiversidade”, recordou a eurodeputada galega na súa intervención no hemiciclo durante o debate desta resolución. Mais, sen embargo, e malia que as institucións comunitarias recoñecen en textos como o aprobado hoxe que as zonas rurais, montañosas e remotas constitúen o 80% do territorio, concentran máis da metade da poboación (o 57%) e representan o 46% do valor bruto engadido, “en moitas zonas da Unión Europea as montañas e as persoas que viven nelas están totalmente abandonadas; as administracións públicas, como no caso galego, case non adican recursos para o desenvolvemento e conservación destas areas e consenten todo tipo de agresións medioambientais que contaminan, teñen fortes impactos na paisaxe e expulsan ás persoas”. Ilustrando esta realidade, Senra plantexou situacións concretas deste desleixo: “Só no meu país, na Galiza, as canteiras no Courel, a reforestación con especies inadecuadas como eucaliptos en A Fonsagrada ou as obras do AVE en Laza son un exemplo do que acabo de describir”.

Con este panorama, ata as propias institucións comunitarias teñen claro que as dificultades para poder vivir nestas zonas están a expulsar á poboación, cas conseguintes consecuencias negativas para o coidado e transmisión do patrimonio natural e cultural que albergan. A taxa de desemprego nas zonas non urbanizadas da UE aumentou do 7% ao 10,4% entre 2008 e 2012, e as persoas maiores de 65 años representan o 20% dunha poboación que, ademais, enfróntase a unha constante destrución de servizos básicos. Fronte a esta realidade, urxe un compromiso real por parte da UE cas zonas rurais, montañosas e remotas, reivindicou Senra: “O despoboamento destas áreas e alarmante. Manter e conservar todo o que nos aportan as montañas á sociedade so será posíbel con actuacións políticas decididas que fomenten un desenvolvemento da actividade agraria baseada no modelo agroecolóxico e con fortes apoios para a instalación das persoas nestas actividades. É urxente blindar os servizos públicos de calidade, gratuítos e accesíbeis para todas as persoas”.

Na súa intervención ante o pleno do Parlamento Europeo e a Comisaria Europea de Política Rexional, Corina Crețu, a eurodeputada galega criticou tamén a falta de acompañamento con medidas reais que desenvolvan os textos cargados de boas intencións que as institucións comunitarias adican a estas áreas que, segundo a xerga comunitaria, son fundamentais para un desenvolvemento territorial “equilibrado” en Europa. “En maio de 2016, aprobamos neste Parlamento unha resolución sobre a política de cohesión nas rexións montañosas da UE. A min gustaríame saber se a Comisión e os Estados están implementando algunha das súas recomendacións”, cuestionou Lídia Senra.

Estrasburgo, 3 de Outubro de 2018.

Debate en Sesión Plenaria [01/10/2018]

TEMA DA INTERVENCIÓN
Medidas de Protección nas Zonas Rurais e Montañosas

ENLACE Á INTERVENCIÓN
http://www.europarl.europa.eu/plenary/PT/vod.html?mode=unit&vodLanguage=PT&vodId=1538421698021#

ENLACE AO DEBATE COMPLETO
http://www.europarl.europa.eu/plenary/pt/debate-details.html?date=20181001&detailBy=date


Lídia Senra denuncia no pleno do Parlamento Europeo a manipulación e o uso partidista da CRTVG. | Acusou ao PP de ter convertido a televisión pública galega no seu gabinete de comunicación e pediu intervención urxente do PE e da CE. | Esta denuncia engádese ás preguntas parlamentarias dirixidas á CE nas que a eurodeputada tamén solicitou o desenvolvemento da Lei 9/2011

Lídia Senra denunciou unha vez máis nas institucións europeas o control partidista ao que o Partido Popular ten sometido a Compañía de Radio Televisión Pública de Galicia (CRTVG).

Logo de ter rexistrado xa tres preguntas parlamentarias dirixidas á Comisión Europea solicitando que se investigue a situación por parte de diferentes organismos europeos e que desenvolva a Lei 9/2011 dos Medios Públicos de Comunicación Audiovisual de Galicia, entrada a noite de onte, e vestindo unha camiseta na que se podía ler a reivindicación #DefendeAGalega, a eurodeputada do Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) interveu para chamar a atención sobre este ataque ao pluralismo informativo que está a ter lugar no noso país. “Neste Parlamento, con moita frecuencia denunciamos con preocupación a manipulación informativa e a falta de pluralidade nos medios de comunicación en diferentes países, na plenaria do mes pasado fixémolo con Hungría. Hoxe quero denunciar aquí a falta de pluralidade, a manipulación e o control ao que o Goberno galego ten sometida a radio e televisión pública galega”.

O deterioro e uso partidista continuo da CRTVG, explicou na Eurocámara, non só ten convertido a canle pública galega “nun voceiro ao servizo do Partido Popular”, senón que está a conlevar un durísimo ambiente laboral na Compañía, con apertura de expedientes displicinarios e ameazas de despido ás traballadoras e traballadores que denuncian a manipulación neste ente público. “Este feito levou aos traballadores e traballadoras da compañía a mobilizarse. Levan xa 19 xornadas de venres negro, unha xornalista e un xornalista dimitiron como presentadores dun dos informativos e o 8 de setembro organizaron unha xornada de mobilización polas rúas da capital galega”.

Facendo uso da súa quenda de intervención libre, a eurodeputada aproveitou para enumerar as reivindicacións das traballadoras e traballadores da CRTVG: “O fin do control por parte do goberno galego da radio e televisión públicas, que se respecte a imparcialidade e pluralidade que deben ter os medios de comunicación e o respecto polos dereitos laborais das e dos traballadores”.

Logo de expor os puntos clave da difícil situación pola que está a atravesar a plantilla de traballadoras/es da radio e televisión pública galega, e ao fío do marco establecido Directiva 2010/13/UE, insistiu ás institucións comunitarias: “A Comisión Europea e este Parlamento teñen que intervir con urxencia para que o Goberno galego poña fin aos anos de control e manipulación que teñen convertido a CRTVG no gabinete de comunicación do Goberno e do Partido Popular”.

Estrasburgo, 2 de Outubro de 2018.

Intervención en Sesión Plenaria do Parlamento Europeo [01/10/2017]

TEMA DA INTERVENCIÓN
Denuncia do uso partidista da CRTVG

ENLACE Á INTERVENCIÓN
https://youtu.be/o3DS1fYhTsc

Oficina de LÍDIA SENRA. | EURODEPUTADA GALEGA. | Grupo da Esquerda Unitaria Europea/ Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL). | Comisión de Agricultura. | Comisión de Pesca. | Asamblea Paritaria África, Caribe, Pacífico-UE. | 0034 609 845 861. | Willy Brandt, 02M025 (Bruxelas). | Louise Weiss, T05018 (Estrasburgo). |  lidia.senra@europarl.europa.eu  |  http://lidiasenra.gal/

Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Maria Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
2 de outubro de 2018 12:18
3 de outubro de 2018 13:14
3 de outubro de 2018 17:51

___________________________________

sábado, setembro 29, 2018

Alianza europea desde Galiza na defensa dos sistemas de reparto que financian as pensións públicas - Reclamamos que a Xunta estableza a curto prazo complementos para as pensións máis baixas, entre elas as das persoas que cotizan na agraria - Exiximos derrogar as reformas de pensións de 2011 e 2013, que o Estado español achegue os ingresos fiscais á media europea e que a CE free o PEPP


Alianza europea desde Galiza na defensa dos sistemas de reparto que financian as pensións públicas. | Reclamamos que a Xunta estableza a curto prazo complementos para as pensións máis baixas, entre elas as das persoas que cotizan na agraria. | Exiximos derrogar as reformas de pensións de 2011 e 2013, que o Estado español achegue os ingresos fiscais á media europea e que a CE free o PEPP.


A xornada “O futuro das pensións. Galiza, Estado español e Europa”, organizada pola eurodeputada Lídia Senra e o Movemento Galego pola Defensa das Pensións Públicas (MODEPEN), e que desde o venres pola mañá reuniu no Palacio de Congresos, en Santiago de Compostela, a expertos e expertas en seguridade social, traballo e pensións chegados de diferentes países, concluiu este mediodía coa presentación das súas conclusións.

Despois de día e medio de debates e intercambio de información sobre a situación de perigo na que se atopan os sistemas públicos de pensións e o avance do neoliberalismo e das intencións privatizadoras do capitalismo financeiro internacional, os e as participantes realizaron un chamamento a fraguar alianzas amplas entre os movementos que defenden unhas pensións públicas e dignas en toda Europa.

A eurodeputada Lídia Senra agradeceu a todas as persoas que se desprazaron a Santiago desde diferentes lugares da Galiza, do Estado español e de Portugal, Finlandia, Suecia, Irlanda, Grecia e Francia para participar nas xornadas e animou a seguir loitando para evitar que as persoas nos convirtamos en pobres ao chegar ao fin da nosa vida laboral. “Ter una pensión que nos permita vivir dignamente non pode depender da nosa capacidade de aforro”, defendeu. “Vimos que en toda a UE, a tendencia é a mesma, aumentar a idade de xubilación, reducir as pensións, culpabilizar ás persoas pensionistas e a fenda de pensións entre homes e mulleres. Por iso estamos firmemente convecidas de que é moi importante seguir coordinando as loitas e intercambiando experiencias”, dixo a europarlamentaria.

No acto de clausura, presentáronse unha serie de conclusións para orientar o traballo político, reivindicativo e de mobilización dos próximos meses e anos.

A nivel galego, denunciamos que as pensións galegas son inferiores á media da pensión estatal, as segundas máis baixas de todo o Estado español, despois das estremeñas e que é fundamental corrixir a tendencia de devalo demográfico para poder recuperar a soberanía económica e desenvolver actividades creadoras de emprego que produzan bens e servizos e salarios dignos e bases de cotizacións sociais superiores ás actuais e no futuro pensións suficientes.

Neste marco, reclamamos a constitución dunha empresa pública galega que xestione as grandes infraestruturas enerxéticas e lidere a transición a un sistema máis descentralizado e de cero emisións de carbono. Tamén a creación dunha banca pública galega como potente instrumento para desenvolver unha política económica ao servizo da maioría social e non do lucro privado. “A curto prazo, a Xunta deberá establecer complementos para as pensións máis baixas, entre elas as das persoas que cotizaron no réxim agrario, como existen noutras comunidades”, inclúen.

A nivel estatal, exiximos as derrogacións das reformas das pensións de 2011 e 2013 e a recuperación do vínculo por lei entre suba anual das pensións e IPC. Ademais, exiximos a derrogación da reforma laboral de 2012 que serviu para debilitar ás traballadoras e traballadores na negociación colectiva e para baixar os salarios. Así, vemos prioritaria levar a cabo unha reforma fiscal para achegar os ingresos fiscais no Estado español á media da UE-28 e facer que as tecnolóxicas, bancos, grandes empresas e grandes patrimonios contribúan segundo o principio de progresividade.

Na conclusión das xornadas levouse a cabo unha defensa total dos sistemas de reparto mediante os cales as cotizacións sociais e os ingresos procedentes dos Orzamentos Xerais do Estado e impostos financian as pensións públicas. Así, anunciamos a oposición a todos os intentos de substituír os sistemas de reparto por fondos privados de capitalización. Consideramos que os sistemas de reparto son o principal instrumento de loita contra a pobreza entre as persoas maiores, unha conquista da civilización humana que non permitiremos eliminar.

Especial atención prestouse á situación das mulleres, xa que a fenda salarial que padecen as mulleres con respecto aos homes tradúcese en cotizacións sociais inferiores e dan dereito a pensións máis baixas. Para acabar con esta discriminación, propoñemos socializar parte do traballo non retribuído, igular a taxa de actividade das mulleres coa dos homes, que os homes asuman a parte que lles corresponde do traballo non retribuído, políticas de igualación salarial e cotas e que se recoñeza como tempo cotizado os periodos de abandono do mercado de traballo como consecuencia das maternidades ou de coidado a persoas dependentes.

No capítulo europeo, manifestamos un claro rexeitamento ao Produto Panaeuropeo de Pensións Individuais (PEPP), por ser un paso máis na guerra de posicións por substituír o piar básico dos sistemas de protección social que son as pensións públicas de reparto, por un instrumento financeiro que favorecerá ás grandes empresas financeiras que xestionarán os fondos privados de capitalización.

Documento completo de conclusións. | 6 páxinas en formato pdf. | Acceder/Baixar.

Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL). | Tlf: 609 845 861, lidia.senra@europarl.europa.eu | http://lidiasenra.gal | https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez |

Oficina de Lídia Senra na Galiza
Tlf.: +34.698.144.067 / 698.120.268
Tlf.: +34.881.817.443

www.ageuropa.gal

Enviado por:
AGE Europa - Galiza
-age.europa.galiza@gmail.com-
29 de setembro de 2018 12:38

___________

sábado, setembro 22, 2018

Unhas xornadas europeas analizarán en Santiago os días 28 e 29 de setembro o futuro das pensións - Organizadas por Lídia Senra e MODEPEN, participarán ponentes de Irlanda, Portugal, Grecia, Francia, Finlandia, Suecia e do resto do Estado español - A deputada exixe que os Estados garantan as pensións públicas dignas a través dos orzamentos e que a UE recúe no impulso de produtos privados



Unhas xornadas europeas analizarán en Santiago os días 28 e 29 de setembro o futuro das pensións. | Organizadas por Lídia Senra e MODEPEN, participarán ponentes de Irlanda, Portugal, Grecia, Francia, Finlandia, Suecia e do resto do Estado español. | A deputada exixe que os Estados garantan as pensións públicas dignas a través dos orzamentos e que a UE recúe no impulso de produtos privados.

Unhas xornadas europeas analizarán os días 28 e 29 de setembro no Palacio de Congresos de Santiago O futuro das pensións na Galiza, no Estado español e en Europa. Así o anunciaron hoxe a eurodeputada Lídia Senra, membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), Victoria Portas, portavoz da Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións e integrante do Movemento Galego pola Defensa das Pensións Públicas (MODEPEN), e o escritor e economista, tamén membro de MODEPEN, Xabier Pérez Davila, que ofreceron unha rolda de prensa conxunta en Compostela para dar a coñecer todos os detalles deste importante evento, no que participarán persoas referentes que teñen experiencia no traballo da defensa das pensións e do sistema público en distintos Estados, co obxectivo de poñer en común as situacións de ameaza das pensións públicas dignas polos intentos do capitalismo e neoliberalismo de enriquecerse cada vez máis a costa do erario de todos e de todas.

Na comparecencia ante a prensa desde martes, Lídia Senra reclamou que se cumpra o Artigo 25 da Carta dos Dereitos Fundamentais da UE, que recolle que a UE recoñece e respecta o dereito das persoas maiores a levar unha vida digna e independente. “Para iso é necesario un nivel de pensións digno e iso é totalmente contrario ao que está pasando. Temos que garantir este dereito e reforzar os sitemas públicos de pensións e as pensións dignas a través dos orzamentos”, reclamou.

Así, a eurodeputada arremeteu contra o regulamento que está en negociación na UE para crear o chamado Produto Panaeuropeo de Pensións Individuais (PEPP) e que abre o camiño a favorecer o mercado dos plans de pensións privadas a iniciativa da Comisión Europea. “É terrible que a CE, o Parlamento Europeo e o Consello Europeo estean máis preocupados por favorecer os intereses das empresas privadas que se dedican ao negocio das pensións privadas, dos bancos, das aseguradoras, etc, que de impulsar o sistema público a través dos orzamentos”, dixo, e criticou que se vaia obrigar ás persoas a que ter ou non unha pensión digna vai depender dos seus aforros e do seu nivel de ingresos e economía persoal, o que aumentará aínda máis a fenda social económica que xa hai a día de hoxe. Tamén criticou que a proposta non se vaia votar no pleno do Parlamento Europeo, senón que pase a negociarse directamente desde a Comisión de Economía, o que vai en “detrimento da democracia” e lamentou que os votos non foran suficientes para frear esta situación, tal e como propuxera o GUE/NGL. Así, pediu a súa retirada e asegurou que seguirá traballando e insistindo para que non se saque adiante o chamado PEPP.

Na mesma liña, Xabier Perez Davila, que definiu os sistemas de pensións públicos como o principal instrumento de loita contra a pobreza entre as persoas maiores, explicou que o PEPP vai na dirección xa posta en marcha desde 1994 polo Banco Mundial, cando comezou a promover a privatizacion parcial do sistema de pensións públicas e a ceder espazo aos fondos privados de capitalizacion. “A CE escribe que en moitos Estados europeos as pensións públicas son insuficientes e ao ler iso un agarda que a CE propoña que se debe facer todo para reconducir esta situación e que sexan axeitadas, pero sen embargo a CE conclúe que hai que fomentar un produto financeiro privado, non público de protección social. A desvergoña da CE é tal que chega a propor que se invista este produto en derivados. A orixe da crise financeira máis importante da historia do capitalismo estivo nos produtos derivados organizados sobre as hipotecas subprime e agora, co PEPP, a CE, nunha irresponsabilidade maiúscula, propón que os traballadores invistan os seus aforros en produtos derivados”, denunciou Pérez Davila. Por iso, o economista defendeu a importancia das xornadas que terán lugar en Santiago a finais de mes para avanzar en chegar a respostas de nivel supraestatal e crear instrumentos de coordinación máis alá das fronteiras nacionais para loitar contra esta agresión internacional. “É necesario organizar a resistencia global e neste sentido van estas xornadas”.

Igualmente, Victoria Portas criticou que “a pesar de que a UE non ten competencias en Seguridade Social sobre os Estados membros, impulsa produtos como o PEPP que, por debaixo da mesa, si vai afectar a normativas de Seguridade Social sen que iso lle pase factura electoral a ningún goberno de Estado membro”. Por iso, ve interesante ter intercambios con xente de países rescatados de Europa e doutros que non o foron, para organizarse e dar unha resposta, ver que hai alternativas políticas sociais que Gobernos como o noso non están levando a cabo agora, xa que están traballando directamente para o capitalismo e neoliberalismo, privatizando todos os servizos sociais en contra dunha politica social que á clase traballadora lle custou moito conseguir no seu día . “Os recortes en Grecia provocaron que as persoas perderan o 50% da súa pensión. Iso pasou nun Estado da UE, non en países de fóra, e pasou para que poideran enriquecerse aínda máis o capitalismo e as entidades privadas”, denunciou. Portas reivindicou que outro tipo de política social é posible e que nas xornadas se poderá aprender das experiencias que están acontecendo en Portugal ou nos países nórdicos, por exemplo. Cooperación e coordinación entre Estados é fundamental para lograr uns sistema públicos de pensións digno e sostible, concluiu.

Durante os dous días que durará o congreso, haberá unha parte o venres pola mañá centrada nas experiencias dos países rescatados de Europa, na que a través de dous coloquios participarán Dimítris Stratoúlis, ex vice-ministro da Seguridade Social e membro do Secretariado Político de Unidade Popular de Grecia; María Isabel Lemos, membro da Direcção Nacional da Inter-Reformados/Confederação Geral dos Trabalhadores Portuguesses-Intersindical Nacional (CGTP-IN); e John Brady, deputado no Parlamento de Irlanda polo Sinn Féin, por unha banda. E por outra, a propia Victoria Portas, Xabier Pérez Davila e o doutor en Dereito, inspector de Traballo e Seguridade Social e profesor na Universidade de Valencia Héctor Illueca, xunto con Ramón Franquesa, profesor de Economía na Universidade de Barcelona. Xa o venres pola tarde, haberá un coloquio para abordar experiencias noutros países europeos, conChristophe Janot, secretario federal da Federación Nacional de Industrias Químicas de Francia (FNIC); Birgitta Sevejford, antiga alcaldesa do Consello do Condado de Estocolmo; e Henri Purje, asesor de política económica do grupo da Alianza de Esquerda no Parlamento de Finlandia.

Ao día seguinte, o sábado 29, haberá un relatorio de Carolina Gala Durán, profesora de Dereito do Traballo e da Seguridad Social da Universidade Autónoma de Barcelona sobre “Muller, pensións e atención ás persoas dependentes”, que será introducida por Miguel Arenas, avogado laboralista, profesor colaborador na Universitat Oberta de Catalunya. E a continuación terá lugar unha charla sobre “Reparto ou capitalación”, con Miren Etxezarreta, economista, profesora da Universidade Autónoma de Barcelona.

No evento tamén parciparán a deputada de En Marea no Parlamento Galego Paula Vázquez Verao e a concelleira de Políticas Sociais de Santiago, Concha Fernández.

Santiago, 18 de setembro de 2018.

Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL). | Tlf: 609 845 861, | lidia.senra@europarl.europa.eu

Enviado por:
AGEe Europa
-ageeneuropa@gmail.com-
20 de setembro de 2018 13:17
_____________

xoves, setembro 20, 2018

Presentación en Pontedeume do libro 'O feminismo, imprescindible para construír outra Europa', este venres 21 de setembro, ás 8 da tarde, na Casa da Cultura de Pontedeume (Paseo de Raxoi, 1), coa eurodeputada Lídia Senra e a Coordinadora de AGAMME, Estrela Gómez - A parlamentaria defende mecanismos contra o machismo nas organizacións e formación de xénero para o persoal que implementa e aplica as leis.


Presentación en Pontedeume do libro “O feminismo, imprescindible para construír outra Europa”. | Este venres 21 de setembro ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Pontedeume (Paseo de Raxoi, 1), coa eurodeputada Lídia Senra e a Coordinadora de AGAMME, Estrela Gómez. |  A parlamentaria defende mecanismos contra o machismo nas organizacións e formación de xénero para o persoal que implementa e aplica as leis.


A Casa da Cultura de Pontedeume (Paseo de Raxoi, 1) acollerá este venres, 21 de setembro, ás 20:00 horas, a presentación do libro “O feminismo, imprescindible para construír outra Europa” coordinado pola eurodeputada Lídia Senra. No acto público, intervirán ademais da propia europarlamentaria, a Coordinadora da Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME), Estrela Gómez Viñas.

A europarlamentaria quere poñer enriba da mesa o debate sobre como artellarse na sociedade para derrotar o patriarcado e o machismo e facer que todos os dereitos das mulleres sexan respectados. Neste sentido, Lídia Senra avoga por non permitir nin unha súa actitude machista e por denunciar todo tipo de acoso ou actitude reprobable cara ás mulleres, aínda que esta veña dos propios compañeiros de organización ou de institución. Así, a eurodeputada chama a non baixar a garda e a rematar con ese machismo que sigue imperando a día de hoxe en todos os ámbitos e que se ve claramente no feito de que as mulleres seguen sendo minoría á hora de encabezar listas electorais, ser portavoces de organizacións políticas ou sindicais, ou directivas no seu ámbito laboral. Os avances logrados polas mulleres foron moitos nos últimos anos, tamén grazas ás leis en defensa da paridade e contra a discriminación de xénero e os malos tratos, pero para que esas leis teñan unha aplicación na práctica efectiva, é imprescindible tamén que se leve a cabo unha avaliación profunda do nesgo machista co que se aplica a diario a xustiza, defende Senra. Así, reclama que se dote de medios e dunha sólida formación con perspectiva de xénero a todas as persoas que teñen que implementar e aplicar as leis.

Durante o acto en Pontedeume, repartirase gratuitamente o libro en versión impresa a todas as persoas que asistan e estean interesadas nel. A publicación, que conta tamén cunha versión dixital que se pode consultar na web de Lídia Senra, recolle textos de mulleres que participaron na xornada organizada por Senra en novembro do 2016 en Ourense co mesmo título que o libro e na visita realizada ao Parlamento Europeo en novembro do 2015 para participar na xornada “O nesgo machista na aplicación das políticas: o caso da Xustiza”. Así, na primeira parte recóllense artigos da feminista e profesora da Universidade de Valladolid Alicia H. Puleo, sobre o ecofeminismo; da brasileira doutoranda en socioloxía Eliane de Moura Martins, sobre o feminismo popular para facerlle fronte á colonialidade, ao capitalismo depredador e a todas as formas de machismos; de Fiadeiras, o Grupo de Traballo en Igualdade do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG), sobre a acción social desde o feminismo e a súa experiencia de traballo; das membros de Anova Ourense Nerea Conde e Tania Bouzo, sobre participación política e liderado feminino; da deputada Paula Verao, sobre a loita contra a precariedade e pobreza laboral feminina; e da Decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galiza, Rosa Álvarez, sobre como os micromachismos cimentan o patriarcado.

Na segunda parte do libro, recóllense artigos da eurodeputada do GUE/NGL Ángela Vallina, sobre a figura da Síndrome de Alienación Parental (SAP) como reforzo do heteropatriarcado nas sociedades europeas; da concelleira de Marea de Vigo Marga López Barreiro, sobre o nesgo machista na xustiza; da psicóloga clínica forense e experta en vitimoloxía e violencia de xénero Sonia Vaccaro, sobre a utilización do SAP como unha forma de violencia machista máis; da Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo, sobre as dificultades da violencia machista nos procesos xudiciais; de Estrela Gómez Viñas, coordinadora da Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME), sobre por que se debe incluír a cuestión dos dereitos da infancia no debate sobre o nesgo de xénero presente nas institucións; da coordinadora da Área de Mulleres do Sindicato Labrego Galego (SLG), Ana Eiras, sobre a realidade das mulleres labregas; e de Rosa Álvarez novamente, desta vez cunha ollada desde a psicoloxía á violencia contras as mulleres para unha abordaxe integral do problema.

Pontedeume, 20 de setembro de 2018.

Libro “O feminismo, imprescindible para construír outra Europa”. 140 páxinas en formato pdf. | Acceder/Baixar.

Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL). | Tlf: 609 845 861, | lidia.senra@europarl.europa.eu
http://lidiasenra.gal/
Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME).


Enviado por:
AGEe Europa
-ageeneuropa@gmail.com-
20 de setembro de 2018 13:17
___________________
_________________

mércores, setembro 19, 2018

A europarlamentaria Lídia Senra estrea nova páxina web e novo enderezo: www.lidiasenra.gal - Lídia Senra presenta esta ferramenta para facer máis accesible a todos os galegos e galegas as cuestións que se abordan nas institucións europeas - A eurodeputada pon a disposición todos os vídeos, publicacións e material relacionado co traballo que vén desenvolvendo dende o 2014.


A europarlamentaria Lídia Senra estrea nova páxina web e novo enderezo: www.lidiasenra.gal. |Lídia Senra presenta esta ferramenta para facer máis accesible a todos os galegos e galegas as cuestións que se abordan nas institucións europeas. | A eurodeputada pon a disposición todos os vídeos, publicacións e material relacionado co traballo que vén desenvolvendo dende o 2014.

A eurodeputada galega, membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), Lídia Senra, estrea nova páxina web e novo dominio na rede. www.lidiasenra.gal será a partir de agora o portal dixital a través do cal a europarlamentaria e a súa equipa informarán sobre todas as actividades diarias, debates e traballos de interese para Galiza que se desenvolven na Eurocámara.

Con esta nova web, Senra pretende facer máis accesible a todos os galegos e galegas as cuestións que se abordan tanto no Parlamento Europeo como na Comisión Europea e que teñen unha incidencia fundamental no presente e futuro do país. “O oitenta por cento das decisións políticas que logo afectan e condicionan a nosa vida tómanse nas institucións europeas. Por iso é moi importante que se coñeza o que se debate na UE, sobre todo tendo en conta que a maioría das veces a maior parte da poboación entérase dos efectos negativos dunha decisión política que se toma na UE cando o Goberno do Estado ou da Xunta a aplican e xa é tarde para botala atrás. É fundamental que as persoas se informen e participen con propostas e mobilizacións se fora preciso cando se dan debates na UE. A todo iso levamos máis de catro anos contribuíndo e seguiremos a facelo de aquí ao final de lexislatura no 2019”,defende Senra.

A nosa web, que leva como cabeceira o lema ‘Lídia Senra. A Nosa Voz en Europa’, está estruturada en diferentes seccións nas que se poden consultar todos os vídeos da eurodeputada intervindo nas sesións plenarias europeas e nas comisións parlamentarias; así como o material relacionado con todas as xornadas de debate e informativas sobre diversos temas organizadas pola deputada na Galiza no que vai de lexislatura; as visitas que realizaron colectivos galegos a Bruxelas a iniciativa da europarlamentaria desde o 2014 para defender cuestións relacionadas co país; todas as publicacións impresas que ten feito en formato boletín periódico e libros temáticos; todas as preguntas parlamentarias rexistradas por escrito; así como todas as notas de prensa. A web actualizarase a diario para ofrecer información nova continua e practicamente en directo sobre todo o traballo que continúe a realizar Senra.

Con esta nova web, a eurodeputada dá un paso máis no seu esforzo por comunicar e tender a man á sociedade en xeral e a todos os colectivos que loitan polos dereitos do País e das persoas, para xuntos e xuntas ter presenza e incidencia en Europa. Despois de xa ter publicados nos últimos anos 2 boletíns de resumo de todo o seu traballo e tamén 2 libros temáticos [1], adicados a alternativas enerxéticas e feminismo, Senra lanza agora nova web e agarda nun futuro próximo presentar tamén novos boletíns en formato dixital e impreso de novos resumos e libros temáticos sobre outros sectores.

Santiago, 19 de setembro de 2018.

[1] Notas.-

Aquí pódese acceder ao Boletín 1 de A nosa voz en Europa: https://lidiasenra.gal/wp-content/uploads/2018/05/A-nova-voz-en-Europa.-Nº1.pdf

Aquí pódese acceder ao Boletín 2 de A nosa voz en Europa: https://lidiasenra.gal/wp-content/uploads/2018/06/Boletin-Lidia-Senra-A-Nosa-Voz-en-Europa-nº-2.pdf

Aquí pódese acceder ao libro ‘Presente e futuro enerxético da Galiza no contexto europeo’: https://lidiasenra.gal/wp-content/uploads/2018/05/Presente-e-futuro-enerxetico-de-Galiza-no-contexto-europeo-2016.pdf

Aquí pódese acceder ao libro ‘O feminismo, imprescindible para construír outra Europa’: https://lidiasenra.gal/wp-content/uploads/2018/06/O-feminismo-imprescindible-para-construir-outra-Europa-1.pdf
___________

martes, setembro 11, 2018

A Eurodeputada galega Lídia Senra reclama igualdade para a lingua galega ante o pleno do Parlamento Europeo en Estrasburgo - A deputada denuncia que só 30% das persoas entre 15 e 19 anos falan galego e só o 0,01% dos contidos en internet están no noso idioma - Exixe poder expresarse na lingua propia na UE e acabar con séculos de imposición á forza das linguas alleas para facelas predominantes - Vídeo


Lídia Senra reclama igualdade para a lingua galega ante o pleno do Parlamento Europeo en Estrasburgo. | A deputada denuncia que só 30% das persoas entre 15 e 19 anos falan galego e só o 0,01% dos contidos en internet están no noso idioma. | Exixe poder expresarse na lingua propia na UE e acabar con séculos de imposición á forza das linguas alleas para facelas predominantes.

A eurodeputada galega Lídia Senra, membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), reclamou no pleno do Parlamento Europeo, que esta semana se está celebrando en Estrasburgo, igualdade para a lingua galega en todos os ámbitos e que todos os eurodeputados e eurodeputadas poidan expresarse en sede parlamentaria nas súas respectivas linguas, tamén nas que as institucións europeas chaman linguas minoritarias e que en realidade “son linguas ocultas e minorizadas pola imposición á forza e durante séculos das linguas alleas para convertelas en predominantes”. Así o puxo de manifesto durante unha intervención que levou a cabo este luns pola noite na Eurocámara durante o debate dun Informe sobre Igualdade Lingüística na Era Dixital que hoxe se somete a votación[1].

Senra pediu a palabra no pleno do Parlamento para defender que “o recoñecemento por parte das institucións europeas do galego e de todas as linguas dos pobos que conforman a realidade plurinacional dos Estados membros é fundamental e non pode depender só das decisións que toman os Estados que nos oprimen como pobos”.

Así, fixo fincapé na grave situación que está a atravesar a lingua galega no noso país, onde segundo os datos do último informe “Lingua e Sociedade 1992-2016[2], elaborado pola Real Academia Galega, só o 30% das persoas de entre 15 e 19 anos falan o galego, fronte ao 75% das persoas maiores de 75 anos. O descenso nas xeracións máis novas é dramático e non cesará se non mudamos tamén a tendencia na presenza da lingua en internet. “O galego representa menos do 0,01 % dos contidos web. O galego ten que estar en igualdade de condicións presente en internet nesta era dixital para permitir que as persoas galego falantes poidamos desenvolvernos na rede con total normalidade en galego”, reclamou. Así pois, Lídia Senra, que avanzou o seu voto a favor do informe pola Igualdade Lingüística na Era Dixital, pediu que a Comisión Europeo tome as medidas necesarias para desenvolver estas prioridades.

Debate no pleno do Parlamento Europeo - Informe sobre a Igualdade Lingüística na era dixital.

TEMA DA INTERVENCIÓN DE LÍDIA SENRA

Situación de discriminación da lingua galega

ENLACE AO VÍDEO DA INTERVENCIÓN

https://www.youtube.com/watch?v=OvC-QfiR9wc&feature=youtu.be

ENLACE AO DEBATE COMPLETO

http://www.europarl.europa.eu/ep-live/pt/plenary/video?debate=1536608170759

[1] Aquí pódese consultar o informe completo abordado no pleno do Parlamento Europeo desta semana:
http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+REPORT+A8-2018-0228+0+DOC+XML+V0//PT

[2] Aquí o informe da Real Academia Galega:
https://academia.gal/documents/10157/704901/Lingua+e+sociedade+1992-2016


Máis información:

Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL). | Tlf: 609 845 861,
lidia.senra@europarl.europa.euhttp://ageuropa.gal/
https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez


https://youtu.be/OvC-QfiR9wc


Enviado por:
AGEe Europa
-ageeneuropa@gmail.com-
11 de setembro de 2018 12:32
_______________________

sábado, agosto 25, 2018

A eurodeputada galega Lídia Senra e a parlamentaria autonómica Paula Vázquez Verao exixen que a Xunta protexa o castro de Chavaga e impida pór eucaliptos en zonas queimadas - As deputadas presentaron hoxe en Monforte as iniciativas rexistradas no Parlamento Europeo e no Galego e as denuncias feitas ante a Xunta


Senra e Verao exixen que a Xunta protexa o castro de Chavaga e impida pór eucaliptos en zonas queimadas. | As deputadas presentaron hoxe en Monforte as iniciativas rexistradas no Parlamento Europeo e no Galego e as denuncias feitas ante a Xunta. | Aseguran que permitir plantar este tipo de especies no Distrito Forestal VIII é actuar de forma irresponsable e alimentar os lumes do futuro.


A eurodeputada galega Lídia Senra, membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), e a deputada de En Marea no Parlamento Galego, Paula Verao, exixiron este xoves que a Xunta de Galicia actúe de forma responsable e cumpra a súa propia normativa en materia de protección do patrimonio cultural e natural. “Permitir que se dane o castro de Chavaga cos traballos de retirada da madeira queimada durante os lumes do pasado outono e permitir plantar eucaliptos como se está facendo noutras zonas da parroquia que forman parte do Distrito Forestal VIII, que comprende o sur da provincia de Lugo, e sobre terreos que xa foron queimados, é alimentar os lumes do futuro”, advertiu Senra durante a rolda de prensa ofrecida con Paula Vázquez Verao esta mañá en Monforte de Lemos.

Durante a comparecencia ante a prensa, ambas as deputadas deron conta das iniciativas rexistradas tanto no Parlamento Galego, como no Parlamento Europeo, e ante a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e a Dirección Xeral de Ordenación Forestal da Xunta de Galicia, referidas a estes asuntos, e resultantes dunha visita que ambas as dúas realizaron a Chavaga hai unhas semanas[1]. “Son cuestións preocupantes para o futuro do país e a nivel medioambiental e de afectación para as persoas que viven na comarca de Monforte porque deixar plantar eucaliptos pode traer máis lumes no futuro”, recalcou Senra, quen criticou duramente ao Goberno galego por “ternos acostumadas a mirar para outro lado e permitir actuacións que poden danar o patrimonio e ter consecuencias graves”.

Así, Senra lembrou como o 2018 está declarado como o Ano Europeo do Patrimonio Cultural e fixo un chamamento a poñer en valor todo este patrimonio e a divulgalo e sensibilizar á poboación sobre estes bens. “En Chavaga hai un castro e non se pode permitir calquera tipo de actuación que poida danar o xacemento arqueolóxico como está a pasar despois de ter aberto vías de acceso que poideron danar a súa contorna para retirar a madeira queimada”, dixo.

No mesmo sentido, Paula Vázquez Verao lembrou que a Xunta ten competencias en materia de conservación do patrimonio e amosou a súa preocupación ante unha problemática que “afecta a toda a provincia lucense, xa que case todos os días vemos destrución do patrimonio na provincia, sendo unha constante a situación de desprotección do patrimonio galego. A Administración debe velar porque se conserven os xacementos arqueolóxicos, non mirar para outro lado”, dixo. A deputada no Parlamento Galego tamén lembrou que a propia Xunta determinou no seu día que non se deben plantar eucaliptos no Distrito Forestal VIII. “Que vai facer para promover plantacións sostibles nesta zona e evitar os eucaliptos como ela mesma ditou e que sen embargo non se está a cumprir?”, pregunta Verao. Así mesmo, “pedimos que a Xunta, conforme á súa lei, nos diga se estaban concedidos os permisos pertinentes para actuar no castro de Chavaga e se eses traballos de retirada da madeira afectaron á zona. Entendemos que pode ser, porque hai movementos de terras. Sendo un castro dunha importancia histórica constatada, pedimos tamén que a Xunta aprobe fondos para estudar a contorna, divulgala e protexela”, engadiu.

En concreto, Lídia Senra rexistrou xa unha pregunta escrita á Comisión Europea denunciando a situación do castro de Chavaga, e tamén un remitiu un escrito á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia sobre esta situación. Igualmente, remitiu un escrito á Dirección Xeral de Ordenación Forestal da Xunta de Galicia. E na mesma liña, Paula Vázquez Verao rexistrou unha pregunta para resposta escrita no Parlamento Galego sobre o castro de Chavaga e o grupo parlamentario galego En Marea unha Proposición Non de Lei tamén sobre o castro, e tamén outra pregunta para resposta escrita sobre o Distrito Forestal VIII e a plantación de eucaliptos.

Os últimos datos recoñecidos pola Xunta, que son do 2016, tomados pola comisión do novo Plan Forestal como referencia, indican que temos 330.000 hectáreas puras de eucalipto e outras 160.000 hectáreas de eucalipto mixturado. En total, poderiamos estar falando de 490.000 hectáreas con eucaliptos na Galiza. O dato é máis que preocupante se temos en conta que a previsión do Plan Forestal da Xunta elaborado no ano 1992 era dun máximo de 245.000 hectáreas para o ano 2032, cifra máis que superada xa na actualidade. “Nós cremos que a propia Xunta de Galicia está mirando para outro lado e permitindo que se contraveñan as súas propias normativas, en concreto os artigos 74 e 76 da Lei de Montes, que establecen que os plans de ordenación de recursos deberá coordinarse cos plans de prevención e defensa contra os incendios forestais; e o Artigo 9.2 do Decreto 52/2024; e a Orde 19 de Maio de 2014, pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia”, dixo Lídia Senra. Na citada Orde de 19 de Maio de 2014, o eucalipto queda excluído do Distrito forestal VIII, Terra de Lemos. “Por outro lado, entendemos que a introducción de eucaliptos neste Distrito, contravén as letras a, b, c, d, f e k do punto 23 da Decisión Ministerial de Oslo sobre o Mandato para a Negociación dun Acordo Xuridicamente Vinculante sobre Bosques en Europa asinado polo Estado Español e pola Unión Europea”, engadiu. “Hai toda unha serie de regulamentación tanto europea como galega que se está contravindo. Debemos traballar contra o lume e traballar na liña de evitar eucaliptos no distrito VIII. É responsabilidade única e exclusivamente das autoridades”, concluiu Senra.

Monforte, 23 de agosto de 2018.


[1] Información sobre a visita realizada hai unhas semanas, en ageuropa.gal/.

Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL). | Tlf: 609 845 861, lidia.senra@europarl.europa.eu
Enviado por:
AGEe Europa
-ageeneuropa@gmail.com-
23 de agosto de 2018

_____________

mércores, agosto 15, 2018

Lídia Senra reclama que a UE cese as relacións con Israel até que poña fin aos ataques ao pobo palestino - A eurodeputada amosa o seu respaldo á declaración de Rianxo como Espazo Libre de Apartheid Israeilí e anima á CE a seguir o exemplo local - 'Xa é hora de que a Unión Europea deixe o seu cinismo e defenda os dereitos humanos e dos pobos con todas as consecuencias', afirma - Vídeo do Pleno de Rianxo


Lídia Senra reclama que a UE cese as relacións con Israel até que poña fin aos ataques ao pobo palestino. | A eurodeputada amosa o seu respaldo á declaración de Rianxo como Espazo Libre de Apartheid Israeilí e anima á CE a seguir o exemplo local. | “Xa é hora de que a Unión Europea deixe o seu cinismo e defenda os dereitos humanos e dos pobos con todas as consecuencias”, afirma.

A eurodeputada galega Lídia Senra rexistrou este martes un escrito en Bruxelas dirixido á Comisión Europea en apoio á moción sobre Israel impulsada por Rianxo en Común no pasado mes de maio e aprobada por unanimidade de todos os grupos municipais. O pleno local declarou daquela Rianxo como Espazo Libre de Apartheid Israelí e agora un bufete de avogados israelí ven de denunciar ao citado concello por estes feitos. Senra quere amosar todo o seu apoio á iniciativa municipal e, dando un paso máis alá, reclama que a Comisión Europea tome nota do exemplo desta moción e se propoña dunha vez rachar as relacións existentes entre a UE e Israel mentres Israel non recoñeza o Estado palestino e mentres siga vulnerando os dereitos humanos.

Coa aprobación da moción municipal, o Concello de Rianxo comprometeuse a “non establecer convenio, contrato ou acordo de ningún tipo con institucións, empresas ou organizacións israelís até que Israel non recoñeza o dereito á autodeterminación do pobo palestino e acate o dereito internacional”. A moción instaba ademais ao Goberno estatal español e ao galego a poñer fin ás relacións privilexiadas que se manteñen co Estado de Israel.

Neste contexto, e estendendo o espíritu da moción municipal, Lídia Senra pregúntalle á CE, no escrito rexistrado hoxe en Bruxelas, se “non pensa a Comisión que a UE debería tamén poñer fin ás amplas relacións que ten con Israel mentres o Estado israelí non cese nas súas continuas violacións dos dereitos humanos contra a poboación palestina?”. A europarlamentaria considera que “xa é hora de que a Unión Europea deixe o seu cinismo e defenda os dereitos humanos e dos pobos con todas as consecuencias, é dicir, na práctica do día a día, non só a través de palabras nos papeis”, reclama. Senra destaca a valentía do concello de Rianxo e invita á CE a dar pasos nesa dirección tamén.

Santiago, 14 de agosto de 2018.

Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL). | Tlf: 609 845 861, lidia.senra@europarl.europa.eu | http://ageuropa.gal/facebook
Enviado por:
AGEe Europa
-ageeneuropa@gmail.com-
13 de agosto de 2018 13:01

__________________

Sesión ordinaria do Pleno da Corporación do 31 de maio de 2018. Moción do grupo municipal Rianxo en Común: "Apoio ao Pobo Palestino". Aprobada por unanimidade coa ampliación de diversas contribucións. Minuto 30 no vídeo, dun Pleno que durou 2 horas e 15 minutos.


https://youtu.be/Z6BLMSl47yI

Web do Concello de Rianxo:

http://concelloderianxo.gal/
________________________________

domingo, xuño 17, 2018

Lídia Senra avisa á CE sobre os prexuízos que suporía a planta de residuos que Toysal quere instalar en Teo - A eurodeputada insta por escrito á Comisión Europea para que analice a posible incompatibilidade deste proxecto coa Directiva 2010/75/UE - Apoia a Concello e plataforma e reclama que Xunta e empresa faciliten toda a información e a participación das persoas afectadas na decisión


Lídia Senra avisa á CE sobre os prexuízos que suporía a planta de residuos que Toysal quere instalar en Teo. | A eurodeputada insta por escrito á Comisión Europea para que analice a posible incompatibilidade deste proxecto coa Directiva 2010/75/UE. | Apoia a Concello e plataforma e reclama que Xunta e empresa faciliten toda a información e a participación das persoas afectadas na decisión.


A eurodeputada galega Lídia Senra ven de avisar por escrito á Comisión Europea (CE), sobre os perigos e danos para a terra, para as augas, para a saúde humana e para o futuro socio-económico da zona que acarrearían as instalacións de xestión de residuos que a compañía Toca y Salgado SL (Grupo Toysal) pretende abrir na Casalonga, nuns terreos dunha antiga canteira no concello de Teo. Senra rexistrou este venres en Bruxelas unha pregunta parlamentaria escrita dirixida á CE na que lle informa sobre este proxecto, que está a xerar gran contestación social no Concello de Teo e proximidades. A europarlamentaria, leva deste xeito á CE as reclamacións e preocupación tanto do Concello como da Plataforma Veciñal Casalonga Limpa de Residuos, despois de ter visitado hai uns días a zona afectada e de reunirse con membros do colectivo veciñal, así como co propio alcalde de Teo, Rafael Sisto, e co concelleiro de Benestar, Igualdade, Mocidade e Participación Veciñal, Ignacio Iglesias.

Senra informa á CE de que o pasado mes de decembro, Toca y Salgado SL presentou na Xunta de Galicia un proxecto[1] para a solicitude de autorización ambiental integrada para unhas novas instalacións de xestión de residuos orgánicos no concello deTeo, que tratarían 90.000 toneladas ao ano de lodos de depuradoras e conserveiras, residuos de industrias agroalimentarias, subprodutos animais, xurros e esterco, producindo biogás, abono e lixiviados. A Administración municipal, á que se lle solicitou compatibilidade urbanística, considera inaxeitado[2] ubicar algo así neste concello, que é principalmente lugar de servizos e residencial, sen zona industrial.

A antiga canteira de Casalonga, onde a empresa pretende instalar a planta, está a 450 metros de núcleos de poboación, nun terreo altamente inestable, con significativa pendente e serio risco de desmoronamento e filtracións á auga e á terra, incluído o río Ulla, Lugar de Importancia Comunitaria (LIC), afectando ás especies animais e vexetais e á saúde humana, con serio risco de chegar á ría de Arousa, onde desemboca o Ulla, e polo tanto afectar a todo o marisqueo, denuncia a europarlamentaria.

Está claro que este lugar non é o axeitado para unha planta así, xa que estamos a falar dunhas instalacións que ocuparían o espazo equivalente a uns 14 campos de fútbol, que prevé unha balsa de 7.000 metros cúbicos de capacidade, dous gasómetros para 1.000 metros cúbicos cada un, o lavado diario de 20 camións que transportarían os residuos orgánicos e cheiros e máis molestias que terían que soportar as persoas de Teo e gran parte das galegas e galegos que nos poderiamos ver afectados pola contaminación”, defende a eurodeputada.

Ante esta situación, Lídia Senra pregúntalle á Comisión Europea se ten constancia deste proxecto e insta ao ente comunitario a analizar a posible incompatibilidade deste proxecto coa Directiva 2010/75/UE[3] sobre as emisións industriais e a prevención e control integrados da contaminación. Senra considera que dificilmente o proxecto presentado pola empresa se axeita a esta directiva cando non inclúe máis que xeralidades, sen concretar medidas detalladas sobre como evitar a contaminación ás augas e terras. Neste sentido, Senra reclama á CE que tome as medidas oportunas para que, tal e como recolle a citada Directiva, se garanta por parte da Xunta de Galicia e da empresa o acceso a toda a información do proxecto e a participación pública das persoas afectadas no procedemento previo ao permiso da instalación, máxime tendo en conta que o Concello está en contra desta instalación e que hai constituída unha plataforma veciñal preocupada polas posibles consecuencias desta planta de residuos.

A eurodeputada ve con preocupación os proxectos que están proliferando nos últimos tempos en relación ao suposto tratamento de residuos. “Só nos arredores de Santiago, a capital galega, está o vertedoiro creado nas antigas instalacións da mina de Touro[4], o vertedoiro de Grixoa[5] e agora o que pretenden poñer en Teo, sen ter en conta o envelenamento das augas e das terras e da xente que están a provocar e que seguirán provocando como non se poña freo e non se atalle xa o problema dos residuos na Galiza. Pretenden converter o rural nun vertedoiro continuo onde depositar todos os residuos que xera a sociedade de consumo e iso é insostible”, denuncia Senra, que chama a analizar o problema de forma global e buscar unha alternativa respectuosa co medio para a xestión do lixo, que pase por unha maior concienciación da xente e pola necesaria redución de residuos e consumo de plástico.

Santiago, 15 de xuño de 2018.

Oficina de Lídia Senra. | Eurodeputada Galega. | Grupo da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL). | Comisión de Agricultura
Comisión de Pesca. | Asamblea Paritaria África, Caribe, Pacífico-UE. | 0034 609 845 861. | Willy Brandt, 02M025 (Bruxelas). | Louise Weiss, T05018 (Estrasburgo).

lidia.senra@europarl.europa.eu
http://ageuropa.gal/
Twitter
Facebook

Notas.-

[1] Pódese consultar aquí o proxecto presentado pola empresa:
https://www.teo.gal/sites/default/files/arquivos_nova/proxecto%20toysal.pdf

[2] Pódese consultar aquí o informe encargado polo Concello:
https://www.teo.gal/sites/default/files/arquivos_nova/Informe%20sobre%20Proxecto%20Toysal.pdf

[3] Pódese consultar aquí a Directiva 2010/75/UE:
https://eur-lex.europa.eu/legal-content/PT/TXT/PDF/?uri=CELEX:32010L0075&from=ES

[4] Denuncia no Parlamento Europeo sobre o que está a pasar nas antigas instalacións da mina de Touro:
https://ageuropa.gal/lidia-senra-informa-a-ue-dun-posible-vertido-continuado-de-residuos-toxicos-na-antiga-mina-de-touro/

[5] Iniciativa que levou a cabo Lídia Senra ante a CE en relación ao Complexo de Miramontes, en Grixoa (Santiago):
https://ageuropa.gal/senra-denuncia-na-ce-o-incumprimento-de-directivas-europeas-no-complexo-ambiental-de-miramontes/

Enviado por:
AGEe Europa
-ageeneuropa@gmail.com-
15 de junho de 2018 13:07

_________________________

sábado, xuño 16, 2018

No novo marco de relacións UE-ACP deber primar a soberanía dos pobos e pór fin ao neocolonialismo - A UE está en proceso de renovación das relacións cos Estados de África, Caribe e Pacífico. XXXV Asemblea Paritaria do 18 ao 20 en Bruxelas - Senra, integrante da ACP-UE, votou en contra dunha resolución aprobada hoxe no pleno ao considerala pouco crítica co espolio e inxerencia da UE


No novo marco de relacións UE-ACP deber primar a soberanía dos pobos e pór fin ao neocolonialismo. | A UE está en proceso de renovación das relacións cos Estados de África, Caribe e Pacífico. XXXV Asemblea Paritaria do 18 ao 20 en Bruxelas. | Senra, integrante da ACP-UE, votou en contra dunha resolución aprobada hoxe no pleno ao considerala pouco crítica co espolio e inxerencia da UE.


A Unión Europea atópase en proceso de renovación do acordo de asociación vixente cos Estados de África, Caribe e Pacífico (ACP), relacións actualmente rexidas polo Acordo de Asociación de Cotonú, que establece que as partes deben retomar as negociacións antes da expiración deste texto en febreiro do 2020.

No marco deste proceso de reforma, durante a sesión plenaria que hoxe remata en Estrasburgo procedeuse ao debate en torno a dúbidas plantexadas pola Comisión de Desenvolvemento do Parlamento Europeo en relación aos puntos clave nos que se basearán as futuras relacións da UE cos Estados ACP, así como á votación dunha proposta de resolución especificamente referida ás próximas negociacións do novo acordo de asociación entre a Unión Europea e o Grupo dos Estados de África, o Caribe e o Pacífico.

A eurodeputada galega Lídia Senra, integrante en representación do  Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) na Asamblea Parlamentaria Paritaria UE-ACP (APP UE-ACP) dende o ano 2014, opúxose co seu voto a esta resolución e interveu no pleno do PE para criticar a traxectoria de espolio que vén viciando historicamente as relacións político-económicas mantidas entre a UE e os países ACP, resaltando o carácter neocolonial das pautas que seguen a rexer estes diálogos asimétricos entre as partes.  “Os acordos mantidos até o dagora entre a Unión Europea e os países ACP, lonxe de contribuír ao seu desenvolvemento están a perpetuar unha situación de pobreza e miseria. Buscan unicamente materia prima barata, costes laborais baixos e normativas ambientais laxas, ademais de facilitar que as corporacións multinacionais podan comercializar estes produtos con aranceis reducidos ou aranceis cero”.

Na súa intervención ante representantes  da Comisión Europea, Senra puxo moi en dúbida a “sinceridade” das intencións publicamente promulgadas pola UE de “erradicar” a pobreza nos países ACP, instando ás institucións comunitarias a pór fin a unha situación na que a Unión Europea goza do privilexio de poder impor ás outras partes “acordos totalmente desiguais, que permiten seguir saqueando as súas riquezas, os seus recursos naturais e bancos pesqueiros e que permiten continuar co acaparamento de terras e mercados agrícolas”.

Dende o vindeiro luns 18 até o mércores 20 vai ter lugar en Bruxelas a XXXV Sesión da Asamblea Parlamentaria Paritaria UE-ACP, que será precedida da xuntanza durante esta fin de semana do Foro de Mulleres e das comisións de traballo sobre Asuntos Sociais e Medioambiente; Desenvolvemento Económico, Finanzas e Comercio e a comisión de Asuntos Políticos.

De cara a este período de renovación nas relacións entre as partes, a eurodeputada galega, que será integrante activa desta XXXV Sesión, exhortou na súa intervención na Eurocámara a deixar de empregar a Asemblea UE-ACP “como unha ferramenta para seguir exercendo o control e aproveitamento sobre antigas colonias europeas”, reiterando a urxencia de aproveitar esta oportunidade para establecer “un novo marco de relación que realmente busque o desenvolvemento e o fin da pobreza, e que se basee na soberanía e no respecto destes pobos”.

Estrasburgo, 14 de Xuño de 2018.

Debate en Sesión Plenaria [13/06/2018]. | TEMA DA INTERVENCIÓN. | No novo marco de relacións UE-ACP deber primar a soberanía dos pobos e rematar co neocolonialismo. | Ir á Canle.

Oficina de Lídia Senra. | Eurodeputada Galega. | Grupo da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL). | Comisión de Agricultura
Comisión de Pesca. | Asamblea Paritaria África, Caribe, Pacífico-UE. | 0034 609 845 861. | Willy Brandt, 02M025 (Bruxelas). | Louise Weiss, T05018 (Estrasburgo).

lidia.senra@europarl.europa.eu
http://ageuropa.gal/
Twitter
Facebook

Enviado por:SENRA RODRÍGUEZ Maria Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
14 de junho de 2018 13:26

________________