Amosando publicacións coa etiqueta Mobilizacións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mobilizacións. Amosar todas as publicacións

martes, xuño 12, 2012

Concentración en solidariedade con dous compañeiros da CIG que serán xulgados este xoves por participar nunha acción sindical conxunta o pasado 19 de abril no Hipermercado Alcampo

Concentración no Xulgado de Ferrol

O vindeiro xoves, día 14 de xuño ás 11:20 se celebra o xuizo polos incidentes en Alcampo, contra dous compañeiros da CIG, Pintos, co-portavoz comarcal e contra un membro do Consello Federal do Metal. Faremos unha concentración ás 10,45 na entrada do Xulgado de Ferrol co fin de amosar a nosa solidaridade cos compañeiros e rexeitar a persecución sindical. Agardamos contar coa vosa presenza.

!!!!!!!NON A REPRESIÓN SINDICAL!!!!!!!

!!!!!!!NON AO RECORTE DE DEREITOS!!!!!!!



Lembramos que estes incidentes sucederonse ás portas do Hipermercado Alcampo nunha xornada informativa de sensibilización á cidadanía tras o comportamento do Hipermercado na xornada de folga xeral do pasado 29 de marzo de 2012. Esta acción sindical fora convocada por CCOO, CIG, UGT e USTG e na mesma participaron moitos traballadores e traballadoras da nosa comarca.

mércores, marzo 24, 2010

Manifestación para o vindeiro sábado 27 de marzo, ás 12 horas, no Peirao de Curuxeiras, en Ferrol: obxectivo reactivar ASTANO e reactivar o futuro do sector naval galego

O sector naval ten determinado historicamente a evolución da economía galega. É un dos focos máis importantes da nosa actividade industrial e peza clave no mantemento das poboacións costeiras e no desenvolvemento das áreas urbanas. Desde que a UE ten pechado as portas á construción civil no estaleiro de ASTANO, esta sempre foi unha das demandas históricas do nacionalismo galego cuestión esta que sempre está na axenda institucional do BNG. Mais isto non é suficiente, cómpre implicar á sociedade nesta demanda a todos os galegos e galegas.

Neste sentido, a Comisión Promotora da Iniciativa Lexislativa Popular para reactivar a industria naval galega, Rumbo21, ven de convocar unha manifestación para o vindeiro sábado 27 de marzo, ás 12 horas, no Peirao de Curuxeiras, en Ferrol. Cómpre pois unha resposta masiva a esta convocatoria para conseguírmonos o obxectivo reactivar ASTANO e reactivar o futuro do sector naval galego.

  • Porque cada persoa en paro na comarca é unha razón para non quedarnos de brazos cruzados diante deste problema social e humano.
  • Porque traballo en ASTANO significa traballo no resto das empresas, na industria auxiliar, no comercio, na hostalería...
  • Porque non hai maior diversificación que a industria naval, porque un buque non é só o casco, é todo o que vai dentro do barco.
  • Porque sabemos que non temos futuro sen unha industria naval civil forte.
  • Porque máis de 18.000 persoas que asinaron a Iniciativa Lexislativa Popular demandan que os gobernos galego e español traballen para levantar un veto que pesa como unha lousa sobre a economía da comarca.
  • Porque se nós non nos movemos, ninguén o vai facer por nós, nin en Madrid nin en Europa.
  • Porque queremos que Zapatero cumpra o seu compromiso de negociar o fin do veto ao estaleiro de Fene.

Enviado por:
BNG-Ferrol
-bng@ferrol.es-
24 de março de 2010 10:29
________________

Enlace relacionado:

http://www.rumbo21.org/
____________________

xoves, xaneiro 01, 2009

2 de Xaneiro de 2009, Concentración en Ferrol en Solidariedade co Pobo Palestino

Ferrol, 2 de Xaneiro de 2009
CONCENTRACIÓN EN SOLIDARIEDADE CO POBO PALESTINO
"DETEÑAMOS O TERRORISMO SIONISTA"


Concentración o Venres, 2 de Xaneiro, ás 20:30 hrs na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol.

Diante da criminal agresión que o Goberno israelí está a perpetrar contra a indefensa poboación palestina ao través do seu exército, un dos máis poderosos do planeta, queremos condenar a violencia do terrorismo sionista que leva causados ao redor de trescentos mortos e preto dun milleiro de feridos na franxa de Gaza nos ataques dos últimos días e que ameaza con desencadear unha invasión terrestre sobre ela.

Queremos expresar a nosa máis profunda solidariedade co pobo palestino, que segue a sufrir nestes días, como hai xa máis de corenta anos, a crueldade dunha ocupación, que se agrava co correr dos días e dos anos e que arroxa datos pavorosos (65% de desemprego en Gaza, a desnutrición en máis do 60% dos nenos e nenas, o colapso da case totalidade das fábricas instaladas no territorio, en suma, unha situación onde o 80% da poboación malvive por debaixo do umbral da pobreza).

Queremos facer constar a noso respaldo ao millón e medio de persoas que habitan en condicións infrahumanas a franxa de Gaza e ao conxunto do pobo palestino, que sostén na terra de Palestina coa súa vida e traballo a arela dunha vida en paz e liberdade cun Estado propio e libre.

Son a solidariedade e o internacionalismo os móbiles que nos botan á rúa a esixir das poderes públicos da Xunta de Galicia e do Goberno do Estado un pronunciamento nidio e acompañado de feitos certos que coadxuven o cesamento do terrorismo sionista e a prol dos dereitos do pobo palestino. Demandamos, pois, que se deteñan os bombardeos sobre Gaza e que se levante o bloqueo da franxa. Consonte elo reclamamos:

  • A chamada a consultas do embaixador español en Israel.
  • Que a Xunta de Galicia faga un pronunciamento institucional de condena coas agresións e solidariedade co pobo palestino.
  • Que o Goberno do Estado reclame na a suspensión do acordo de asociación con Israel vixente, acolléndose o artigo segundo do devandito acordo, que contempla esta posibilidade diante de vulneración dos dereitos humanos.
  • Que a Xunta de Galicia e o Goberno do Estado demanden da ONU o cumprimento das resolucións (194 e 242) emanadas da súa Asemblea Xeral no senso de conquerir a devolución dos territorios ocupados e a creación dun Estado palestino libre e viable.

Convocatoria aberta, até agora participan: ADEGA, Asociación Cultural Fuco Buxa, Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga", Acsur-Las Segovias, Briga, Comité de Empresa de MEGASA, Confederación Sindical Galega - CIG, Confederación Nacional do Traballo - CNT, Colectivo Ártabra 21, Esquerda Unida, Fervesteiro, Fundaçom Artábria, Nós - Unidade Popular, OSPAAL Galicia, Partido comunista de Galicia (PCG), Siareir@s Galeg@s, Sindicato Comarcal das CCOO, Unión Libertaria, Verdegaia

Sumate á convocatoria !!

Galería fotográfica "Agresión Sionista contra o Pobo Palestino"

mércores, novembro 12, 2008

Manifestación en Ferrol, o Xoves 13 de Novembro, convocada pola CIG: “Por un novo modelo económico e social, a crise que a pague o capital”

Por un novo modelo económico e social, a crise que a pague o capital

Con manifestacións simultáneas nas sete cidades de Galiza e A Mariña culmina a primeira etapa da campaña que a CIG puxo en marcha para denunciar aos responsábeis da actual situación de crise económica e as repercusións que terán, para a clase traballadora, as medidas adoptadas até o de agora polos distintos gobernos. Unha campaña na que se demanda que se poñan as bases para desenvolver un novo modelo socioeconómico e que se adopten medidas para que a crise a paguen os que a provocaron e non a maioría social.

Ferrol: Xoves 13 de Novembro, saída ás 19:30 da Avenida de Esteiro a altura da Praza da Paz "José Couso".

Tamén haberá manifestacións en : Viveiro [A Mariña], A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo.

O capitalismo neoliberal e as organizacións políticas que fomentaron a súa implantación son, segundo explicou o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, os principais responsábeis da actual situación de crise económica.

Por iso a CIG considera inadmisíbel que se estean a pór grandes cantidades de recursos públicos en mans dos mesmos que provocaron a crise para que sigan especulando na bolsa e que se favoreza aínda máis a concentración no sector bancario no canto de destinar eses cartos a reforzar e fomentar a economía produtiva. “É un atentado que debería estar tipificado como delito contra a clase traballadora”.

Nacionalización da banca

Fronte á decisión adoptada polo goberno español de desviar cartos públicos para soster ás entidades financeiras e reproducir o actual sistema, a CIG propón a nacionalización da banca, creando un Banco Público Galego que permitira canalizar os recursos públicos cara o sector produtivo e cara á protección das economías familiares.

Os orzamentos da Xunta

Para a CIG os orzamentos da Xunta son pouco ambiciosos e pouco expansivos e deberían ir a un déficit maior. A previsión é dun máximo do 1% do PIB e “habería que endebedarse máis para fomentar a economía produtiva e contrarrestar a falta de investimento privado facilitando o acceso ao crédito para a pequena e mediana empresa”.

Contrarreforma fiscal

A CIG aposta tamén por unha contrarreforma do sistema de fiscalización. Nos últimos anos derivouse cara un modelo de fiscalidade claramente regresivo, incrementando os impostos indirectos, que son os que pagamos todos independentemente dos ingresos, fronte aos directos.

[+ Info na web da CIG]

_____________

martes, outubro 07, 2008

Hoxe en Ferrol dúas mobilizacións secundan a convocatoria de acción mundial lanzada pola Confederación Sindical Internacional: Por un Traballo Decente

Hoxe en Ferrol dúas mobilizacións secundan a convocatoria, de acción mundial, lanzada pola Confederación Sindical Internacional, "Por un Traballo Decente", en Europa engadese unha revindicación propia de rexeitamento da directiva europea das 65 horas. A falta de dereitos laborais e sindicais, a precariedade, as xornadas interminábeis, o aumento dos accidentes laborais, a falta de saúde laboral,... e un sinfín de incumprimentos de dereitos e de retrocesos importantes nas conquistas obreiras do século XX, fan desta xornada un aviso fundamental para chamar á necesaria ofensiva obreira, sobre todo neste momento no que o capital a nivel mundial pretenden que paguemos a súa crise ...
  • Convocada pola CIG, hoxe, 7 de Outubro, terá lugar unha concentración ás 12 do mediodía, na Praza Amada García, frente ao Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.
  • Convocada polo Sector Crítico de CCOO, Esquerda Unida, PCG, Sindicato de Estudiantes, "El Militante", terá lugar unha concentración, ás 8 da tarde, na Praza Amada García, frente ao Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

Enlaces relacionados:

_____________

Xornada Mundial polo Traballo Decente: Guy Ryder, CSI


_____________

Traballo forzoso: CSI Xornada Mundial polo Traballo Decente


_____________

Xornada Mundial polo Traballo Decente: Traballo Infantil


___________

A Marcha Mundial das Mulleres ante a directiva europea das 65 horas e a xornada de mobilización mundial "Por un Traballo Decente" do 7 de Outubro

De: MMM Marcha Galiza -marchagaliza@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 7 de outubro de 2008 09:13

Asunto: comunicado "65 horas"



Comunicado da Marcha Mundial das Mulleres ante a directiva europea das 65 horas e a xornada de mobilización mundial "Por un Traballo Decente" do 7 de outubro de 2008.-

A directiva europea que vai ser posta a votación no parlamento europeo, conforme vai poder ampliarse a xornada laboral até as 65 horas semanais, está sendo contestada desde distintos sectores sociais, e as condicións laborais de precariedade, falta de dereitos sindicais, siniestralidade... que se dan nos cinco continentes, motivan a mobilización que o próximo 7 de Outubro, unha parte do movemento sindical mundial, ten convocada baixo o lema "Por un traballo decente". Esta directiva europea, non supón mais que engadir un pouco de pementa a un preparado que pretende purgar todos os avances conseguidos ao longo do século XX polos movementos socias, moitos deles da man do feminismo. Ao berro de que ven o coco!!!, utilizando a chantaxe, a intimidación e o medo, a minoría capitalista que amasou e amasa grandes beneficios coa especulación financeira, pretende agora que paguemos os seus pratos rotos e amañemos, baleirando as arcas públicas, as pingueiras e desperfeitos dos seus corruptos negocios. Nesta situación de alarma social, ao redor da crise financeira, como se de unha catástrofe natural de enormes e incontrolábeis consecuencias se tratase, lánzanse salvavidas coa etiqueta de abaratamento do despido, aumento da xornada laboral, aumento da idade de xubilación... e outras receitas que se venhem aplicando en maior ou menor medida nos últimos tempos, receitas que para as mulleres son vellas coñecidas, pois van parellas ao aumento da economía somerxida e a precariedade, onde temos unha representación maioritaria, e o recorte de servizos sociais. A ameaza do "Lado Escuro" onde se situan o patriarcado e o capitalismo, non só non desaparece senón que mostra un repunte virulento.

Non hai outra saída? É necesario que a actividade financeira ocupe unha parte tan importante da actividade económica? Podería existir unha economía onde a actividade de mercar e vender activos financeiros se puidera regular por unhas normas estritas que non permitisen a especulación?

Desde a Marcha Mundial das Mulleres pensamos que si. Que é hora de democratizar a economía. Que é hora de que a economía estea ao servizo da sociedade. Que é hora de pór límites á riqueza, porque xa é tempo de eliminar a pobreza. Porque somos conscientes que a perda de dereitos laborais, a acumulación de beneficios en poucas mans, o recorte do gasto público en saúde, educación, vivenda, preservación da terra e da auga, supón pór freo á igualdade, e camiñar de fronte para o deterioro ambiental e social. Non podemos entregar a nosa vida ao control do mercado. Para o capitalismo, son imprescindíbeis a produción e o consumo sen límites. Para as persoas son imprescindíbeis os coidados, a terra, o ar e a auga. Busquemos, esixamos e apliquemos fórmulas políticas que invistan e afortalen o sector público, redes asistenciais e servizos que axuden a conciliar a vida laboral e familiar. Construamos modelos económicos e sociais (educacionais, espirituais, afectivos, sexuais, políticos...) inspirados nos valores da democracia e da igualdade, non nos da cobiza e a opresión. A Marcha Mundial das Mulleres valora que o planeta está nunha encrucillada onde só se poden seguir dúas direccións, a do cambio económico e social que permita acabar coa pobreza e compartir o traballo (o laboral e o doméstico), que sustenta a existencia da Humanidade, ou o camiño da acumulación das riquezas por parte dunha minoría, coa perpetuación da discriminación das mulleres, onde a violencia e a pobreza coexisten co gasto sen medida, a ostentación e a depredación do planeta.

Acudamos ás mobilizacións convocadas nas cidades galegas por un Traballo Decente, contra a directiva europea das 65 horas!
____________

Coordenadora Nacional Galega
Marcha Mundial das Mulheres
Marcha Mundial das Mulleres
Rúa Romil, 20, baixo
36202 Vigo-Galiza
CIF G-15773013
Teléfonos de contacto:
Coord. Nacional: 671695968/637817745
Coord. Ferrol: 658432609/652201003
Coord. Pontevedra: 669794462
Coord. Vigo: 657825556/667531529
http://www.feminismo.info

_____________

luns, outubro 06, 2008

Xornada Mundial polo Traballo decente, concentración en Ferrol ás 8 da Tarde

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 6 de outubro de 2008 09:36

Asunto: CONCENTRACIÓN CONTRA A DIRECTIVA DAS 60 HORAS


MANIFESTACIÓN MÁÑÁ, MARTES 7 DE OUTUBRO DE 2008 AS 20.00 , DIANTE DO EDIFICIO DA XUNTA EN FERROL, CONCENTRACIÓN XORNADA MUNDIAL POLO TRABALLO DECENTE, NON AS 60 HORAS

GRAZAS, UN SAÚDO.


Estimado/a compañeiro/a:

O pasado xuño, os ministros de Traballo da Unión Europea aprobaron unha proposta de directiva sobre a xornada laboral que eleva o tope máxima de xornada semanal ata as 60 horas (65 no caso das actividades con gardas, como os hospitais). Esta directiva ten que ser debatida no Parlamento Europeo antes de fin de ano.

Nin que dicir ten que, de ser aprobada, a directiva suporía un enorme retroceso nas condicións laborais dos traballadores, un auténtico retroceso histórico dun século, posto que a xornada laboral máxima de 48 horas foi fixada pola OIT en 1919.

O vindeiro 7 de outubro está convocada, pola Confederación Sindical Internacional, unha Xornada Mundial polo Traballo Decente, que no caso dos países da Unión Europea adquirirá un contido de rexeitamento á directiva das 60 horas. CCOO e UGT teñen convocadas diversas mobilizacións. No caso concreto de Galicia, haberá unha manifestación en Vigo.

Dada a gravedade do ataque, a celebración dunha soa manifestación en toda Galicia parece insuficiente, polo cal decidimos impulsar unha mobilización unitaria en Ferrol, convocando unha reunión aberta de tódalas entidades interesadas en participar na preparación de dita mobilización. Previamente a esa reunión, entrevistámonos cos secretarios xerais comarcais dos tres sindicatos (CCOO, UGT e CIG) para darlles a coñecer a nosa proposta e deixar claro que era un complemento á manifestación de Vigo. Aínda que atopamos unha moi boa actitude en todos eles e aínda que todos admiten que unha manifestación en Vigo un martes ás 8 da tarde non é unha opción para que os traballadores de Ferrolterra se mobilicen, motivos diversos impediron unha convocatoria unitaria na nosa comarca.

Nestas circunstancias, e pensando que nunha comarca coas tradicións de loita obreira de Ferrolterra é case obrigado que haxa unha mobilización contra as 60 horas o 7 de outubro, decidimos ir para adiante coa convocatoria dunha concentración para ese día. Será ás 8 da tarde diante do edificio da Xunta da Praza de España.

Nos últimos anos, e a pesar do “milagro económico” español, a situación dos traballadores ven deteriorándose. Agora, a recesión económica fará que os ataques contra os dereitos laborais aumenten aínda máis. Temos que impedir que nos fagan pagar a crise. Por iso é moi importante que o día 7 acudas á concentración e que difundas a convocatoria no teu entorno (empresa, barrio...). Na sede e no concello haberá carteis da convocatoria á túa disposición. Non podemos permanecer parados, ¡hai que moverse!

CONCENTRACIÓN CONTRA AS 60 HORAS

LUGAR: PRAZA DE ESPAÑA (EDIF. XUNTA)

DÍA: MARTES 7 DE OUTUBRO

HORA: 8 DA TARDE

____________________

Convocatoria veciñal en Valón, en protesta pola inseguridade e insalubridade no transporte de mercancías sucias e perigosas desde o Porto Exterior

Diante do perigo no transporte por estrada, sobre todo de Clinker, desde o Porto Exterior a Asociación Veciñal de Valón convoca hoxe, 6 de Outubro, ás 4 da Tarde unha concentración no Alto de Valón, co obxectivo de protestar polo transporte deste tipo de mercancías, carbón e outras mercancías perigosas, sucias e pouco saudábeis, sen reunir a estrada as condicións axeitadas, así como a falta de medidas de seguridade dos medios transporte. Contra a velocidade excesiva, o non respecto dos sinais de transito e pasos de peóns, ... e outras. Moitos camións circulan sen levar a caixa tapada con lonas, como esixe a normativa vixente. Demanda a veciñanza que se tomen medidas de seguridade e se controle o tránsito deste camións, polo dereito da veciñanza a transitar polos paseos e beirarrúas con seguridade e tranquilidade.

ADEGA de Trasancos apoio á convocatoria veciñal, para mais información contactar con Serxio [o noso delegado en Valón: 662428976]
______________

Mobilizacións da CIG no 7 de Outubro, na acción mundial polo traballo decente

Convocadas asembleas e concentracións en todas as cidades, o 7 de outubro

A CIG di NON á Directiva das 65 horas

A CIG vén de convocar concentracións simultáneas en todas as comarcas de Galiza para o día 7 de outubro, para denunciar a grave perda de dereitos que suporá para a clase traballadora a ratificación, por parte do Parlamento Europeo, das modificacións introducidas na Directiva de Tempo de Traballo. Unhas modificacións que contemplan, entre outros aspectos, a xeneralización da posibilidade de ampliar a duración máxima da xornada laboral até as 65 horas semanais ou a relaxación na obriga empresarial de compensar con descansos o traballo realizado a maiores.

O pasado 11 de xuño, o Consello de Emprego, formado polos Ministros de Traballo de cada un dos Estados que integran a UE, aprobou por maioría a chamada DIRECTIVA DE TEMPO DE TRABALLO que pretende:

  1. Poder traballar, como máximo, unha xornada semanal de até 65 horas, con carácter flexíbel, que se regularizará por exceso ou defecto cada tres meses; sen fixar o tempo de descanso entre xornadas laborais, nin límite de horas de traballo ao ano. O que se traballe de máis nunhas semanas, traballarase, supostamente, de menos nas outras.
  2. A Directiva estabelece para determinados sectores de servizos, como pode ser a Sanidade, Vixilancia e Seguridade, Condutores de Transporte Público ou Privado... etc, que o período inactivo de traballo que non se preste unha atención continuada non se considere tempo de traballo, por exemplo, durante unha garda médica o tempo que non hai pacientes, ou nos tempos de espera entre servizos para os condutores de autobús.
  3. Estabelécese a posibilidade de que na sinatura do contrato o traballador ou traballadora pode “voluntariamente” de xeito individual e con independencia do regulado en Convenio, aceptar a xornada de 65 horas. Eles saben perfectamente que a chantaxe dos empresarios será condicionar a sinatura do contrato a que se acepte a ampliación da xornada.

No Estado Español, a xornada máxima de 40 horas semanais está acordada desde o ano 1979, pero a involución do capitalismo máis salvaxe que domina Europa quere facernos retroceder 200 anos. Queren facernos traballar máis horas e máis barato, evitarán as horas extra e os pluses para os que traballan en fin de semana ou festivos.

Esta Directiva será debatida para a súa aprobación nos próximos meses no Parlamento Europeo, onde a dereita neoliberal ten maioría, polo que parece probábel a súa aprobación antes do mes de decembro. Unha vez aprobada, cada Estado debe adaptar esta norma á súa propia lexislación nun determinado prazo.

Como podemos ver, a Europa que se constrúe non protexe o mundo do traballo nin á clase traballadora. Esta é unha Europa neoliberal que non ten reparos en gastar miles de millóns de euros de diñeiro público de todos os Estados a través do Banco central Europeo, para pagar nesta crise, o despilfarro, a especulación financeira dos bancos e das inmensas fortunas, que agora socializan as perdas pero antes non socializaron as inmensas ganancias. Co noso diñeiro pagan as consecuencias da súa avaricia e logo nos dirán que temos que reducir as pensións, as prestacións por desemprego, a sanidade...

Mobilízate coa CIG o día 7 de outubro

CONCENTRACIÓNS

A Mariña: Ás 11:00 horas no concello de Cervo.

A Coruña: Ás 12:00 horas, diante da Subdelegación do Goberno

Ferrol: Ás 12:00 horas diante do edificio da Xunta de Galiza na Praza de España.

Lugo: Ás 12:30 horas diante da Subdelegación do Goberno.

Ourense: Ás 11:30 diante do edificio sindical

Pontevedra: Ás 12:30 horas diante da Subdelegación do Goberno.

Santiago: Ás 12:30 h na Praza de Galiza.

Vigo: Ás 12:00 horas, saída de diante do pavillón do Berbés.

______________

Os sen Voz da Marina

[Ampliar clicando acima das imaxens]__________

luns, setembro 22, 2008

Acción Internacional polo Traballo Decente, 7 de Outubro de 2008: Propoñen unha mobilización en Ferrol






De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 22 de setembro de 2008 11:25
Asunto: CONVOCATORIA ABERTA ESQUERDA UNIDA FERROL



O vindeiro mércores 24 de setembro de 2008 o consello Local de Esquerda Unida de Ferrol convoca unha xuntanza aberta, na sede local de EU-IU as 19.00, para rexeitar a Directiva europea das 60 horas.

Grazas.

Estimados compañeiros/as:

Como xa coñeceredes, está previsto que no derradeiro trimestre deste ano o Parlamento Europeo debata unha proposta de directiva sobre a xornada laboral, que fixa esta nun máximo de 60 horas semanais (65 no caso dos traballadores con quendas de garda). De aprobarse, esta directiva suporía un retroceso histórico nas condicións laborais dos traballadores europeos.

O vindeiro 7 de outubro está convocada, por parte da Confederación Sindical Internacional, unha Xornada Mundial polo Traballo Decente. Nos países da Unión Europea, o contido central de dita xornada será a protesta contra a directiva das 60 horas. Cremos que nunha cidade coas tradicións de loita obreira de Ferrol o 7 de outubro se debería desenvolver unha mobilización contra esa directiva.

Neste sentido, convócase a tódalas entidades interesadas en participar na preparación de dita mobilización a unha REUNIÓN, en réxime de autoconvocatoria, o vindeiro MÉRCORES 24 DE SETEMBRO ás 7 DA TARDE no LOCAL DE ESQUERDA UNIDA (Rúa do Sol, 124, entrechán esquerda).

Sen máis, recibide un saúdo.

Consello Local de Esquerda Unida de Ferrol
____________________________________

mércores, setembro 17, 2008

Concentración Antitaurina en Negreira, Domingo 21 de Setembro

De: Asociación Cometa -correo@asociacioncometa.com-
Libera! Galicia -galicia@liberaong.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 18 de setembro de 2008 09:27
Asunto: Concentración antitaurina Negreira 21 Septiembre



Concentración antitaurina Negreira 21 Septiembre

CONCENTRACIÓN ANTITAURINA, 21 DE SETEMBRO, 16:30 horas Ó CARÓN DO CAMPO DE FÚTBOL JESUS GARCÍA CALVO DE NEGREIRA

Convoca:
Plataforma Galicia, mellor sen touradas.

Saídas dende:
A Coruña
Santiago de Compostela
Ourense
O Carballiño
Pontevedra

Remítese ás organizacións galegas adheridas á Plataforma "Galicia, mellor sen touradas".

--
Asociación Animalista LIBERA!
www.liberaONG.org

Rubén Pérez Sueiras
Tel. 606 53 05 70
@. galicia@liberaong.org


NEGREIRA E AS INVASIÓNS BÁRBARAS
:

NON Á TAUROMAQUIA EN NEGREIRA!

CONCENTRACIÓN 21 SEPTIEMBRE – 16,30HS

ADEGA e as organizacións da campaña GALICIA MELLOR SEN TOURADAS convocan unha concentración para expresar o rexeitamento do pobo galego ó festexo taurino con novillos que serán sometidos a todo tipo de vexacións, festexo autorizado polo Concello de Negreira, cidade que ata o día de hoxe NON CONTABA CON FESTEXOS TAURINOS. ¿VAS PERMITILO?

VEN E DI NON Á TAUROMAQUIA EN NEGREIRA!

DOMINGO 21 SETEMBRO – 16:30hs

XUNTO O CAMPO DE FÚTBOL JESÚS GARCÍA CALVO, NEGREIRA

Transporte dende:

* Santiago de Compostela: 15:30hs Estación de autobuses

Contacto: ADEGA 981 570 099

* A Coruña: 14:45hs Praza de Ourense

Contacto: Libera! 606 530 570

* Ourense: 13:30hs Esplanada das Lagoas (ó carón da Comisaría de Policía)

Contacto: Amigos da Terra 988 374 318

(Faltan O Carballiño y Pontevedra).

Adhiren:

GALICIA: ADEGA · Amigos da Terra · Asociación Cometa · Asociación Gatocan · Asociación Aldea Felina · Colectivo cívico Matar por Matar Non · Plataforma Pontevedra Antitaurina · Organización Activista de Redondela · Verdegaia · Asociación Abeiro.

ESPAÑA: Fundación para la Adopción, Apadrinamiento y Defensa de los Animales, FAADA · Colectivo Andaluz Contra el Maltrato Animal, CACMA · Fundación Altarriba · Animalistes de Manlleu · Asociación de Veterinarios Abolicionistas de la Tauromaquia, AVAT · Partido Antitaurino Contra el Maltrato Animal, PACMA · Proyecto Gran Simio

INTERNACIONAL: Accâo Animal (Portugal) · ANIMAL (Portugal) · League Against Cruel Sports (Reino Unido) · The Humane Society of the United States · The Humane Society International · Dyrevern Alliansen (Noruega)
_________

Asociación para un Comportamento Ético cos Animais COMETA
C/ Manoel Antonio 4, 1º
15570 Narón. A Coruña
Tlf: 617 040 992
Correo electrónico: correo@asociacioncometa.com
Páxina web: www.asociacioncometa.com
CIF: G-15963234
__________

luns, setembro 01, 2008

A Plataforma "Salva O Tren" reinicia a loita cunha nova Mobilización de "NO 2012 -O Tren- irá pola estrada", o Venres 5 de Setembro


Plataforma Galega polo Tren de Proximidade
“SALVA O TREN”
NOTA DE PRENSA
Asunto: A Plataforma "SALVA O Tren" reinicia a loita cunha nova Mobilización de "NO 2012 O Tren IRÁ POLA ESTRADA".

Saída da Caravana: Venres 5 de Setembro, ás 6 da Tarde

A Plataforma polo Tren de Proximidade en Galiza "SALVA O Tren" formada polos Colectivos:

Coordinadora Tren Rexional
Asociación Universitaria Ambiental SYME
Sindicato de Estudantes
Amigos dá Terra
Sindicato Ferroviario dá Confereración Intersindical
A golpe de Pedal
CXT (SFF-CXT de Pontevedra)
Asociación Cultural O Fervedoiro
STOP Accidentes
Anacos dá Cidade
Verdegaia Colectivo Ecoloxista do Salnés
Matar por Matar NON
Comité de Empresa de ADIF en Pontevedra

Infórma
que ante a falta de coherencia, de resposta ás nosas propostas, de responsabilidade para cos cidadáns e de sentido común por parte do Ministerio de Fomento e do Goberno de Galiza; despois de que grazas á resistencia Numantina da Localidade de Portas, abortouse o segundo intento de levantar as vías do tramo xa fose de servizo Portas-Vilagarcía de Arousa, e atopándonos ante o inicio do "desangramiento e posterior morte" do tramo Vilagarcía de Arousa- Santiago de Compostela (o cal prevemos que levará a cabo para finais de 2011 ou comezos do 2012), vémonos obrigados a mobilizarnos novamente mediante o que denominamos "Non 2012 o Tren irá pola estrada". A Plataforma quere facer un chamamento á sociedade Galega a fin de que tome conciencia de que unha vez desaparecidos os Trens Rexionais e sen existir unha alternativa a este servizo, os cidadáns verémonos abocados a utilizar o noso transporte particular (o automóbil). Queremos facer unha chamada de atención sobre o que isto suporá en canto ao amento de vítimas mortais nas estradas, o colapso do trafico, a contaminación do ambiente, a dependencia enerxética do exterior e con iso os conflitos bélicos en que se traduce.

Como sabedes, a mobilización "No 2012 o Tren irá pola estrada" consiste en circular pola estrada Nacional 550 entre Pontevedra e Vigo á velocidade mínima permitida polo Código de Circulación.

Información dos detalles da convocatoria:

[Clicar acima da imaxe para ampliar]

Itinerario:
Partida: Nacional 550, Concesionario Peugeot da saída de Pontevedra, sentido Vigo.
Percorrido: Saída de Pontevedra Primeira rotonda na entrada a Vigo (Gasofeira de Petronor)
Estación de tren de Pontevedra.
Hora: 18:00 horas do Venres, 5 de setembro.

En Santiago, 1-09-08
O Coordinador Xeral
Fernando Gómez Camarero
TF: 649183521
www.salvaotren.tk
_______________

Baixar o Manifesto polo Tren de proximidade en formato -pdf-
_____________

domingo, xullo 20, 2008

Galiza Non Se Vende convoca reunión para coordenar mobilizacións

Ola a tod@s .- Temos unha PROPOSTA da REDE GALIZA NON SE VENDE para estudar a posibilidade de facer unhas MOBILIZACIÓNS NOS CONCELLOS DE GALIZA en vindeiras datas para denunciar a situacion do país na crecente especulación do territorio, nosas costas, ao marxe da prioritaria denucia da situación especial desta comarca e o estado de nosa RÍA DE FERROL.

A REUNIÓN terá lugar o vindeiro MARTES, día 22 de Xullo ás 8 h. da tarde no LOCAL dos compañeir@s de Unión Libertaria na Avda. de Esteiro.

Ferrol a 19 de xullo de 2008

Alexandre Carrodeguas
Xose M Sanxoán
________________

martes, xuño 03, 2008

Concentración veciñal diante da Autoridade Portuaria, este mércores, 4 de Xuño, ás 18:30 hrs contra as agresións medioambientais no Porto de Ferrol

De: Alberto Saavedra Fernández
Para: artabra21@gmail.com

Data: 3 de junho de 2008 06:48

Asunto: NOTA INFORMATIVA, REIVINDICATIVA E CON XURISPRUDENCIA



NOTA INFORMATIVA, REIVINDICATIVA E CON XURISPRUDENCIA

A Asociación de veciñal de “FERROL VELLO” Quérevos convocar a unha concentración veciñal diante da Autoridade Portuaria, este mércores ás 18:30, co obxecto de facer pública a nosa indignación e repulsa polas continuas agresións medioambientales que de forma reiterada poñen en perigo a nosa propia saúde.

Cremos que o máis inmediato responsable é a propia administración pública, neste caso a Autoridade Portuaria, que coa súa actitude benevolente consente e permite que se infrinxan dereitos e deberes de carácter medioambiental, poñendo en serio perigo algo tan preciado como é a saúde.

Esta asociación vecinal quere reclamar con este acto, a atención tanto dos organismos oficiais directamente responsables de que nos atopemos nesta situación (Concello, Xunta e ou propio goberno Español) como a de solicitar a participación de “TOD@S” os veciñ@s e de “TODAS AQUELAS FAMILIAS” que ben directa ou indirectamente sofren a diario un alto grado de contaminación tanto en forma de partículas no aire como á hora de entrar en contacto co mar.

Por todo iso esta asociación responsabiliza á carga, descarga e almacenamiento de produtos perxudiciais para a nosa saúde sen que se tomen as medidas medioambientales oportunas, dando un mal exemplo de irresponsabilidad, temeridad e falta de respecto a unha Ría, a un pobo e o que é peor a futuras xeracións que algún día pedirán explicacións sen obter resposta.

EVITÉMO-LO

Por este motivo solicitamos a “TODOS” os veciños e veciñas que realmente estean sensibilizados con este grave problema tanto a título individual como aos distintos membros de agrupacións, colectivos e asociacións que sentan como seu un problema que é de “TODOS”, a participar na concentración que se celebrará o vindeiro mércores día 4 ás 18:30 da tarde fronte á Autoridade Portuaria no peirao de Ferrol, facendo coincidir o acto con a descárga de miles de toneladas de “CLÍNKER” sen que ninguén faga cumprir as obrigadas medidas medioambientales, poñendo en perigo inútilmente e unha vez máis a saúde de familias enteiras ao “NON FACER CUMPRIR AS NORMATIVAS VIXENTES”

ACÚDE

O vindeiro mércores Ás 18:30 DIANTE DA AUTORIDADE PORTUARIA

NON CAMBIES A SAÚDE POR RIQUEZA, NIN A LIBERDADE POR PODER, AS DECISIÓNS VALENTES PERMANECEN NO TEMPO

________________________

A. VV. FERROL VELLO
Xunta Directiva
C/ Curro, 1. 15401 - FERROL
Tlf./fax: 981.356842
avvferrolvello@yahoo.es

_______________

Enlace relacionado nos Arquivos Ártabros:

O BNG apoia a mobilización da A.V.V. De Ferrol Vello polas descargas no porto de Ferrol
___________

mércores, maio 21, 2008

O Comité Cidadán de Emerxencia a Vigo, o Domingo 25 de Maio, na defensada Ría

De: Comité Cidadán de Emerxencia -comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de maio de 2008 17:14
Asunto: Domingo 25 de Maio: MANIFESTACION EN DEFENSA DA RÍA DE VIGO



Diante do novo Plan de Ampliación do Porto os colectivos integrados na Rede A RÍA NON SE VENDE convocan unha manifestación en defensa da Ría de Vigo, o seu primeiro e principal recurso natural.

A manifestación terá lugar o vindeiro Domingo, 25 de Maio 2008, partindo da Praza da Estrela, ás 12 horas, e rematando en Bouzas.

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, súmase a esta reivindicación e convoca a solidaridade e a participación.

O autobús sairá da Praza de Galicia de Ferrol (frente ó Teatro Jofre), ás 9 horas.

A viaxe de retorno, partirá de Vigo ás 17 horas. ( Prezo: 10 €).

Pódese reservar praza ate o venres, 23, no telefº: 690612737

Máis información:

Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

_______________

Enlace relacionado:

O 25 de maio todas e todos á Vigo para defender á Ría
_____________

luns, maio 19, 2008

O 25 de maio todas e todos á Vigo para defender á Ría

De: A Ría non se vende -arianonsevende@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 19 de maio de 2008 12:31
Asunto: O 25 de maio todas e todos á Vigo para defender á Ría





O 25 de maio todas e todos á Vigo para defender á Ría


25 DE MAIO DE 2008, ás 12 na Praza da Estrela
MANIFESTACIÓN CONTRA A DESTRUCIÓN DA RÍA DE VIGO

A rede de colectivos A RIA NON SE VENDE, composta por diversas asociacións que cobren coas súas actividades todo o perímetro da ría viguesa e integrada ao tempo na rede nacional GALIZA NON SE VENDE, entende que son moitas as razóns para convocar esta manifestación en defensa do patrimonio natural, social, económico e cultural da Ría de Vigo.

En primeiro lugar debemos valorar a situación actual produto de políticas destrutivas por parte das diferentes administracións: recheos, contaminación, depuración ineficaz, alteración das correntes mariñas e destrución dos recursos pesqueiros e marisqueiros, urbanismo salvaxe e destrución da paisaxe, portos deportivos privatizadores, unha Autoridade Portuaria caótica e depredadora, desprezo pola identidade e patrimonio cultural...

Fronte a isto, A RIA NON SE VENDE defende:
  • A preservación da Ría de Vigo como fonte de vida, traballo e riqueza natural.

  • A defensa da explotación pesqueira e marisqueira fronte á especulación urbanística e industrial, apostando polo mantemento dos máis de 15.000 postos de traballo que dependen directamente dos recursos produtivos da Ría de Vigo.

  • A eliminación da contaminación actual mediante a aplicación de medidas racionais de separación de pluviais, control de vertidos, xunto á utilización de sistemas de depuración de demostrada eficacia e non contaminantes.

  • A paralización inmediata dos proxectos de recheos previstos pola Autoridade Portuaria de Vigo e o levantamento dos infrautilizados.

  • O punto final para a instalación de máis portos deportivos na ría, así como reclamar a aplicación da lei nos xa existentes.

  • A consideración efectiva da Ría de Vigo como un ben público de disfrute colectivo, mediante a conservación da súa paisaxe e forma de vida, fronte a destrución da natureza a mans de intereses políticos e particulares.
Por todo isto, cremos compartir razóns e esperanzas con toda a veciñanza que vivimos nesta Ría de Vigo, non queremos malvivir baixo unha faixa de cemento, merda e iates de luxo. E polo tanto convidamos a todos os sectores sociais que sintan súa a defensa da Ría de Vigo, a participar na MANIFESTACIÓN DO 25 DE MAIO ás 12:00 h. dende a Praza da Estrela até Bouzas.

A RÍA NON SE VENDE
http://arianonsevende.org

Vigo, 19 de maio de 2008
_________________
___________

xoves, maio 15, 2008

Actos polo Día das Letras

AUTOCONVOCATORIA VECIÑAL, CULTURAL E SOCIAL, PROMOVIDA POLA ASOCIACIÓN VECIÑAL SAN XOAN - BERTÓN NA DEFENSA DA NOSA LINGUA.

ASOCIACION VECIÑAL SAN XOAN-BERTÓN
TLFNO: 981 392 238
LUGAR DE SAN XOAN-SOUTO Nº 11
15404 FERROL


Acto no Día das Letras, na Praza Rosalía de Castro de Ferrol, Sábado 17 de Maio, ás 12:30 hrs. Manifestos, Poesía, Flores e Música.

A Plataforma Ártabra 21, decideu facer un chamamento á cidadanía para participar neste Acto do Día das Letras, na Praza Rosalía, na defensa do Galego, a língua propia de Galiza.

PARTICIPA !!

En Galego 365 días !
En Galego é posíbel !
___________



http://www.amesanl.org/18maio2008/amesa468x60.gif

Manifesto: POLO DEREITO A VIVIRMOS EN GALEGO


As persoas e entidades que apoiamos a manifestación nacional “Polo dereito a vivirmos en galego” este 18 de maio de 2008, declaramos:

1. Consideramos que vivir en galego é un dereito inalienábel das persoas na Galiza, e un dos dereitos humanos elementais que temos como pobo. Lembramos que o galego é o único idioma natural de Galiza, e que mesmo o Estatuto de Autonomía o cualifica como “a lingua propia” do país, o que nos une como galegas e como galegos. O pobo galego ten dereito a que a súa lingua ocupe todos os ámbitos da vida social propios de calquera idioma, con dignidade e con normalidade.

2. Consecuentemente, deben existir as garantías para podermos vivir en galego, o que exixe compromisos, así como a aplicación e a adopción das disposicións legais necesarias por parte das Administracións públicas.

3. Denunciamos e alertamos contra os que, apuntándose agora á defensa dun suposto bilingüismo, un bilingüismo dunha soa cara, pretenden unicamente o mantemento da diglosia e a desaparición do galego. Ou, o que é o mesmo, a negación do dereito colectivo á normalidade de usos da nosa lingua en todos os ámbitos.

4. Chamamos ao compromiso persoal de todas e todos coa lingua galega. Usémola en todos os ámbitos: comezando pola familia, coas nosas nenas e nenos, no noso traballo, nas relacións coa administración, no noso tempo de lecer, etc. O futuro do galego depende de nós.

Lembra que o vindeiro domingo 18 de maio esta grande manifestación partirá ás 12 do mediodía da Alameda de Santiago de Compostela e finalizará na praza da Quintana.

Lista de apoios.

Como recibir os apoios.

Autobuses desde Ferrol: saída ás 10.30 da mañá da praza de Galiza, diante do Teatro Jofre. [Telefone para apontarse - 690 30 72 45 - Carlos Outeiro]

Maio, 2008

A MESA pola Normalización Lingüística
_____________


18 DE MAIO.- 265 entidades secundan xa a mobilización 'Polo dereito a vivirmos en galego' o vindeiro 18 de maio

Tras a manifestación, a zona vella de Santiago acollerá unha “Festa da Lingua” destinada especialmente para nenos e nenas

A Mesa distribuirá 15.000 piruletas nos actos previos á manifestación “para difundir a mobilización pintando a lingua de azul”

Son xa 265 as entidades de diferente tipo que subscriben o manifesto “Polo dereito a vivirmos en galego”, no cal se convoca ao conxunto da sociedade a mobilizarse en defensa do idioma do país o próximo domingo 18 de maio en Santiago de Compostela. A Mesa chama a que “nas rúas de Santiago se dea cita unha marea cívica contundente que reclame o dereito elemental a poder expresarse e recibir información en galego en todos os ámbitos da vida”.

Os apoios ao manifesto de convocatoria están aínda abertos e poden achegarse a través dun formulario en liña na páxina web da Mesa. Segundo sinalan desde esta organización, “estanse a recibir máis de 10 adhesións novas cada día”, o cal fai agardar “unha grande participación na mobilización do 18”.

Entre as entidades que subscriben o manifesto encóntranse até o momento 21 asociacións e federacións veciñais da Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, O Carballiño, Ordes, Sarria, Cedeira, Muxía e A Laracha, así como as concellos da Coruña, Pontevedra, Ourense, Ferrol, Allariz, Ames, Arzúa, Cuntis, Fene, Gondomar, Mugardos, Noia, Ordes, Outes, Rianxo, Ribadeo, Salceda de Caselas, Vedra, Zas e O Porriño; así mesmo, apoian a mobilización a alcaldía do Concello de Carballo e as concellarías de Cultura de Marín e Sada. Entre os gobernos municipais que subscriben o manifesto encóntranse diferentes cores políticas e só en casos puntuais (os plenos de Poio e Marín) existiu unha oposición a aprobalo, alegando os grupos de PP e PSOE neses dous concellos que “o dereito a vivir en galego” significa “unha imposición”. A Mesa lamenta esa actitude por parte deses grupos locais e reclama “sensatez” e “un traballo construtivo para garantir dereitos aos veciños e veciñas, non para quitarllos”. Ademais, fai un chamamento especial ás mulleres e homes de Poio e Marín para que participen na manifestación do día 18 en Santiago, “respostando así ás declaracións e accións contra o galego por parte deses representantes políticos”.

Tamén se adheriron á manifestación numerosas agrupacións culturais, centros de ensino, organizacións estudantís e xuvenís, asociacións de nais e pais, entidades deportivas, grupos musicais, pequenas empresas, movementos de renovación pedagóxica, sindicatos, formacións políticas, organizacións ecoloxistas, asociacións empresariais, colexios profesionais etc

Ao longo desta semana, A Mesa celebrará ducias de actos en toda Galiza animando a participar na manifestación do día 18. Neses actos, distribuiranse 15.000 piruletas azuis, dentro da liña estética irreverente dos cartaces, folletos e adhesivos da convocatoria da manifestación, nos cales aparecen un rapaz e unha rapaza pintando a súa lingua desta cor e apelando ao “dereito a vivir en galego”.

Ademais, xa na tarde do día 18, tras a manifestación, na praza do Toural de Santiago de Compostela celebrarase unha “Festa da Lingua”, con actividades circenses e musicais pensadas singularmente para as nenas e os nenos, completando a que se prevé que sexa unha intensa xornada lúdica e reivindicativa en defensa do idioma propio de Galiza.

Maio 2008
_________________


A Nossa Língua é Internacional

A Associaçom Galega da Língua (AGAL), com motivo da celebraçom do Dia das Letras, convoca todos os galegos e galegas a manifestarem-se o próximo 18 de Maio às 12 horas na Alameda de Compostela, em defesa da Língua da Galiza, que identifica o nosso Povo, e convida a fazê-lo de modo firme e cívico polos nossos direitos lingüísticos individuais e colectivos de acordo com as seguintes considerações:

1.- Denunciar as políticas de substituiçom lingüística que levamos sofrendo durante os últimos 25 anos, disfarçadas de falsa normalizaçom lingüística.

2.- Exigir o reconhecimento da condiçom internacional da nossa Língua, que com a variedade própria das línguas internacionais é falada por centos de milhões de pessoas no mundo, quer como língua nativa, como é o caso dos galegos, quer como língua oficial de oito Estados, ou como língua cada vez mais estudada em todo o mundo polas vantagens das línguas internacionais.

3.- Denunciar as autoridades e administrações públicas que, em vez de garantirem os direitos lingüísticos e democráticos do Povo galego, discriminam e perseguem aqueles que nom aceitam a deriva de substituiçom lingüística e dialectizaçom castelhanizadora do Galego que o torna desnecessário no seu próprio País.

4.- Apoiar a iniciativa aprovada no Parlamento por unanimidade reclamando a recepçom das rádios e televisões portuguesas na Galiza, que pedimos que se efective desde já e que nom fique numha simples declaraçom sem vontade real de a levar a cabo.

5.- Denunciar também os grupos extremistas que, protegidos por certos sectores políticos, atacam o direito e a liberdade de vivermos na Galiza em galego.

6.- Finalmente, apelamos a toda a sociedade para exigir umha mudança das políticas que tornam a Língua desnecessária e dialectal, como forma de impor o uso do castelhano, por políticas que garantam os nossos direitos lingüísticos individuais e colectivos, assegurando que o Galego continue a ser a língua própria dos galegos e galegas, e umha língua extensa e útil.

Adiram ao Manifesto da Associaçom Galega da Língua

Associaçom Galega da Língua
http://www.agal-gz.org/
agal[arroba]agal-gz.org
Ap.do dos Correios, 453. 32080 Ourense (GALIZA)
Tel.: +34+ 988 441109 - Fax: +34+ 986 438856

_________________


De: NÓS-UP -imprensa@nosgaliza.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 15 de maio de 2008 19:23
Asunto: NÓS-UP ante o Dia das Letras

NÓS-UP ante o Dia das Letras

Às portas de um novo 17 de Maio: confirma-se umha evidente falta de vontade política para aplicar a política lingüística que a Galiza necessita

Às portas de um novo Dia das Letras, que costuma funcionar como data de referência para avaliar o caminho andado no último ano no que às políticas lingüísticas di respeito, NÓS-Unidade Popular quer apresentar ao nosso povo a avaliaçom que as políticas institucionais em matéria de idioma nos merece:

1. A Administraçom autonómica, principal responsável pola política lingüística oficial, continua a arrastar a mesma desídia, em matéria lingüística, que durante tantos anos caracterizou a política dos governos do PP: a mesma farsa de investir milhons em fastos inúteis para o avanço do galego, favorecendo a permanência dos privilégios que goza o espanhol.

2. Nessa política de deixar morrer de inaniçom o idioma nacional da Galiza, som igualmente responsáveis os dous partidos governantes, o PSOE e o BNG, que integram as comissons e demais organismos que marcam a estratégia nesse campo. Convém também nom esquecer a renúncia do BNG, em 2005, a assumir a política lingüística do governo bipartido.

3. NÓS-Unidade Popular considera, por isso, vergonhoso o papel do BNG, que parece quere jogar a governo e a oposiçom em simultáneo, ordenando à Mesa a convocatória da manifestaçom do dia 18, para tentar desviar ao PSOE umha responsabilidade de que é comparticipante, com um objectivo puramente eleitoral.

4. O movimento normalizador, que conta com interessantes e construtivas iniciativas a nível comarcal, continua a carecer de um referente nacional válido, o que permite que a Mesa, instrumento de lavagem de cara do BNG, assuma o papel mediático de liderança de um movimento social muito mais amplo, plural e rico do que aquilo que o autonomismo institucional considera ‘politicamente correcto’. Um movimento que, nos! últimos meses, fijo frente na rua aos ultras de Galicia Bilingüe e à repressom policial e judicial enquanto a Mesa estava desaparecida.

Por todo o anterior, NÓS-Unidade Popular recusou a participaçom na manifestaçom partidarista do dia 18, e apela o conjunto do movimento normalizador a continuarmos a luita no dia a dia, em cada vila, em cada cidade, em cada comarca, avançando na coordenaçom até conformarmos um verdadeiro movimento de luita e defesa dos direitos lingüísticos do povo galego.

Nessa luita, por cima de siglas e interesses eleitoreiros, estará sempre NÓS-Unidade Popular e o conjunto da esquerda independentista galega. Em farsas e lavagens de cara dos responsáveis pola nefasta política lingüístia actual, nunca.

Direcçom Nacional de NÓS-Unidade Popular
Galiza, 15 de Maio de 2008
_________________


De: Xosé Manuel Pazo Blanco -manolopazo@gmail.com-
BNG FERROLTERRA -ferrol@bng-galiza.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 15 de maio de 2008 17:25
Asunto: O BNG lembrará a Carvalho Calero no Día das letras


O BNG lembrará a Carvalho Calero no Día das letras

O Consello Local do BNG vai desenvolver mañá venres 16 de maio, un acto público para conmemorar o Día das Letras, consistente nunha ofrenda floral a partir das 19 horas na casa natal de Carvalho Calero, rúa San Francisco..

O BNG recupera unha tradición consistente en celebrar unha ofrenda floral para celebrar o Dia das Letras Galegas e reivindicar unha maior presencia da nosa língua.

Se o ano pasado este acto tiña lugar na praza de Rosalia, mañá acordamos facerlo diante da casa natal de Ricardo Carvalho Calero para darlle continuidade à nosa campaña de promoción da proposta de que o vindeiro ano se lle adique o día das letras a este personaxe sobranceiro da nosa cultura.

Ferrol a 15 de maio de 2008

Consello local de Ferrol
--
Xosé Manuel Pazo Blanco
_________________


De: BNG -bng@ferrol.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 14 de maio de 2008 13:47
Asunto: Información iniciativas BNG


O BNG pide ao Goberno Local que cumpra o acordo plenario sobre Carvalho Calero

O Consello Local do BNG esixiu esta mañá ao goberno do concello que de traslado á Real Academia Galega do acordo plenario no que se demanda a adicatoria dun Día das letras para o profesor ferrolán Ricardo Carvalho Calero.

O BNG considera ilóxico anunciar un relanzamento da campaña institucional a favor de adicar o Dia das letras a Carvalho Calero e mantén paralizado o envio do acordo tomado o pasado 28 de febreiro polo pleno municipal.

Descoñecemos os motivos de que esta demanda non fora tramitada tal e como se acordara. Descoñecemos se a Concellería de Cultura pensa que a Real Academia Galega ten que enteirarse do posicionamento do Concello de Ferrol polos medios de comunicación ou cando pretende darlle saida a solicitude formal. Asi mesmo consideramos que tardar máis de dous meses en enviar un acordo plenario a RAG da evidencia, cando menos, certa desidia institucional.

O BNG seguirá a traballar e a sumar a súa voz a todas aquelas persoas e entidades que demandan que a celebración do Día das Letras Galegas do 2009 sexa adicado a Ricardo Carvalho Calero.

Ferrol a 14 de maio de 2008

Consello local de Ferrol
__________


De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol -fucobuxan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 12 de maio de 2008 23:31
Asunto: Xoves 15: Acto Cidadán no Teatro Jofre (Dia das Letras Galegas) Xoves, 15 de Maio, ás 20 hs.


Xoves 15: Acto Cidadán no Teatro Jofre (Dia das Letras Galegas) Xoves, 15 de Maio, ás 20 hs.

Teatro Jofre
Acto Cidadán
Organiza : Concello de Ferrol – CULTURA

Participan:

S.C. Columba, AVV S. Pedro Marmancón, AVV Zona Centro, R.C. "Toxos e Froles", AVV Prioriño, AVV Caranza, AVV O Lago, AVV de Pazos, AVV S. Pablo de Catabois, AVV Ferrol Vello, SGHN, AVV de Esmelle, AVV O Rosario da Graña, AVV Fontelonga, AVV Ensanche A, A.C. "Fuco Buxán", AVV Canido, A.C. Mundo Danza.

Recolle a túa invitación, no Concello ou nas Entidades participantes, para trocar por duas localidades na taquilla do Teatro.

fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

____________


De: Fundaçom Artábria -artabria@artabria.net-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 12 de maio de 2008 10:22
Asunto: Nos dias 27, 28 e 29 de Maio, organizamos Jornadas sobre a importáncia de ‘Carvalho Calero no século XX galego’


Nos dias 27, 28 e 29 de Maio, organizamos Jornadas sobre a importáncia de ‘Carvalho Calero no século XX galego’

Nos dias 27, 28 e 29 de Maio, a sala de actos da Vice-Reitoria do Campus de Esteiro, em Ferrol, acolhem umhas jornadas de formaçom e divulgaçom da obra de Carvalho Calero, 'Filho Predilecto de Ferrol' e 'Filho Ilustre da Galiza', organizadas pola Fundaçom Artábria dentro da campanha polo reconhecimento da sua figura com o Dia das Letras de 2009.

Nas Jornadas vam intervir algumhas e alguns dos maiores especialistas nos mais diversos aspectos da produçom científica e literária do autor ferrolano, além do doutor em História Bernardo Máiz Vázquez, que fará umha contextualizaçom histórica de Carvalho no século XX galego.

Essa será a primeira palestra, na terça-feira 27 às 12 horas. Nessa tarde, o professor da Universidade de Vigo José-Martinho Montero Santalha falará sobre a obra filológica de Carvalho Calero. A seguir, às 18h15, o professor de Português na Escola Oficial de Idiomas de Ferrol, Maurício Castro, apresentará umha comunicaçom dedicada a sintetizar os contributos de Carvalho para a sociolingüística galega.

Na quarta-feira, a partir das 16h30, o professor de Literatura Galega na Universidade da Corunha Xosé María do Barro apresentará umha comunicaçom intitulada 'Carvalho Calero: toda umha vida de investigador da Literatura Galega'. A seguir, polas 18h15, o escritor e docente ferrolano Henrique da Costa falará sobre 'Os signos identitários da prosa de ficçom de Ricardo Carvalho Calero'.

As Jornadas concluem na quinta-feira 29, com comunicaçons sobre poesia e o teatro, a cargo de duas professoras de literatura, especialistas ambas na obra de Carvalho. A docente da Universidade de Santiago Carmen Blanco tratará a poesia, com umha alocuçom sob o título 'É poeta…'; enquanto a professora da USC em Lugo Araceli Herrero Figueroa encerrará as intervençons das Jornadas com a palestra 'Carvalho: Dramaturg e Dramatiker', em que se ocupará da obra dramática do protagonista das Jornadas.

A nossa ideia é que esta iniciativa nom conclua entre as quatro paredes da sala de actos da Vice-Reitoria do Campus Universitário de Esteiro. Para tal, a Fundaçom Artábria publicará todas as intervençons apresentadas num volume que deixará constáncia deste evento, realizado na cidade natal de Carvalho Calero para divulgar a sua importáncia na cultura galega.

Além do público geral, o professorado de Língua e Literatura e o alunado de Humanidades é alvo preferencial da iniciativa, já que foi solicitada à Conselharia da Educaçom umha certificaçom de 10 horas de formaçom pola assistência às Jornadas, e à UDC o reconhecimento académico com um Crédito de Livre Eleiçom para o alunado.

A inscriçom é gratuita e pode ser feita no dia do início, ou entom ligando para o telemóvel 696 55 00 56.

Apresentamos em anexo os pdf's do cartaz e o díptico com o programa e outros textos de interesse sobre as Jornadas 'Carvalho Calero no século XX galego'.
[Solicitar textos em: artabria@artabria.net]

--
A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Código de Identificaçom Fiscal (CIF): G15645518.
Morada: Travessa de Batalhons nº7 Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone do Centro Social: +34 981369099
Fax do Centro Social: +34 981369920
Telefone do café-bar: +34 981369921


Sítio web da Fundaçom Artábria
http://www.artabria.net
Sítio web do festival da Terra e da Língua
http://www.artabria.net/festival

______________

domingo, febreiro 17, 2008

Rotundo éxito da manifestación Nacional de Compostela da Rede "Galiza Non Se Vende" [17.02.2008]

Rotundo éxito da manifestación Nacional de Compostela da Rede "Galiza Non Se Vende" [17.02.2008]

Sobre unhas 10.00 persoas participaron este domingo 17 de febreiro, nunha Manifestación Nacional en Compostela, na defensa do noso litoral, dos nosos ríos, dos nosos montes, dos nosos bairros, ... na Defensa da Terra.

A manifestación tiña como un dos seus obxectivos denunciar as políticas continuistas do goberno bipartito. Máis de 60 colectivos e organizacións sociais e ecoloxistas denuncian a aplicación desas políticas que só benefician a un puñado de especuladores e demandan un cambio radical ao goberno da Xunta de Galicia.

Ver a noticia na web da Rede "Galiza Non Se Vende":
Masiva asistencia á manifestación contra a destrución do territorio

A noticia en Vieiros:
Milleiros de persoas berran "Galiza non se vende"


Creative Commons License
Vieiros está baixo unha licenza Creative Commons.

A Noticia en Galicia-Hoxe
Os cidadáns censuran o bipartito co berro de "Galiza non se vende"
___________

Enlaces Relacionados:
________

Para baixar as Fotos da Galería con resolución alta, entrar en:
Galería manifestación 17-F da Rede "Galiza Non Se Vende"

Manifestación Nacional en Compostela da Rede "Galiza Non Se Vende" [17.02.2008]
_________

sábado, febreiro 16, 2008

Todo preparado para a Manifestación do domingo 17 de febreiro

Este domingo 17 de febreiro, ás 12 do mediodía, na Alameda de Santiago de Compostela, a Rede "Galiza Non Se Vende", convoca a toda a cidadanía a participar nunha Manifestación Nacional para demandar un inmediato cambio de rumbo na política medioambiental, industrial e de ordenación do territorio da actual Xunta de Galicia que en moitos dos seus aspectos mostrase continuista coa fragista. Somos cada vez máis as organizacións e persoas que demandamos este cambio e traballamos por el desde diferentes ámbitos. Na nosa Comarca as organizacións que participamos na Rede, asumimos como principal a oposición ao desprósito gasístico de REGANOSA dentro da Ría, este domingo berraremos con forza PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
  • Porque a Ría non se vende.
  • Porque o mundo non está á venda e Galiza tampouco.
  • Porque as persoas e o ambiente deben estar por riba do lucro.
  • Porque é imprescindíbel deseñar e implementar xa un ordenamento territorial baseado na sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social.
  • Porque para isto é necesaria unha cidadanía forte e autoorganizada que sensibilice, presione e achegue alternativas.
Terra viva e vida digna para tod@s!
Todas e Todos a Compostela este Domingo 17 de Febreiro !!
__________________

Enlaces relacionados: