Amosando publicacións coa etiqueta Plano Acuícola. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Plano Acuícola. Amosar todas as publicacións

martes, outubro 06, 2009

O TSXG anula a declaración de impacto ambiental da piscifatoría de Rinlo - Ribadeo



O TSXG ven de emitir Sentenza  no contencioso administrativo interposto por ADEGA contra a resolución da Xunta do último goberno Fraga, que aprobaba a piscifatoría de Foxo Longo en Rinlo (Ribadeo) promovida por ACUINOR S. L. Deste xeito, quedan invalidadas tanto a DIA (Declaración de Impacto Ambiental) feita pola Xunta como as licenzas de obra e actividade concedidas a ACUINOR polo concello de Ribadeo. Nos seus fundamentos, o tribunal estima unha “infracción relevante que vicia a DIA” por inobservancia da lexislación ambiental de protección da Rede Natura 2000. Trátase pois, dunha sentenza histórica para o ecoloxismo e a sociedade galega: é a primeira vez que a Rede Natura ve recoñecida a súa protección polo alto tribunal galego fronte ao proceder dalgunhas administracións e empresas para as que as leis ambientais son só papel mollado, e as avaliacións ambientais un incómodo trámite que completar con estudos de impacto e declaracións a medida.





[Obras de ACUINOR na Rede Natura. Amplía!]

No caso a piscifatoría de Rinlo, o tribunal recoñece afeccións ao LIC das Catedrais, por fragmentación e degradación dos hábitats protexidos alí presentes, mesmo hábitats prioritarios que por ameazados requiren medidas de especial conservación.

Na súa sentenza, o TSXG indícalle á Xunta que, na DIA non observou o establecido nos apartados 3 e 4 do artigo 6 da Directiva de Hábitats e do Real Decreto 1997/1995, no que coincide coa interpretación que sempre fixo ADEGA:

Art. 6. Medidas de conservación […]
  • 3. Calquera plano o proxecto que, sen tener relación directa coa xestión do lugar o sen ser necesario para esta, poida afectar de xeito apreciable aos citados lugares, xa sexa individualmente ou en combinación con outros planos ou proxectos, someterase a unha axeitada avaliación das súas repercusións no lugar, que se realizará de acordo coas normas que sexan de aplicación, de acordo co establecido na lexislación básica estatal e nas normas adicionais de protección ditadas po as Comunidades Autónomas, tendo en conta os obxectivos de conservación de dito lugar. Á vista das conclusións da avaliación das repercusións no lugar e supeditado ao disposto no apartado 4 deste artigo, as Comunidades Autónomas correspondentes só manifestarán a súa conformidade con dito plano ou proxecto tras asegurarse que non causará perxuizo á integridade do lugar en cuestión e, de proceder, tras sometelo a información pública.
  • 4. Si, apesar das conclusións negativas da avaliación das repercusións sobre o lugar e a falla de solucións alternativas, debera realizarse un plano ou proxecto por razóns imperiosas de interese público de primeira orde, incluidas razóns de índole social ou económica, as Administracións públicas competentes tomarán cantas medidas compensatorias sexan necesarias para garantir que a coherencia global de Natura 2000 quede protexida. No seu caso, as Comunidades Autónomas comunicarán ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación as medidas compensatorias que teñan adoptado e este, através da canle correspondente, informará á Comisión Europea.

No caso de que o lugar considerado albergue un tipo de hábitat natural e/ou unha especie prioritarios, unicamente poderanse alegar consideracións relacionadas coa saúde humana e a seguridade pública, ou relativas a consecuencias positivas de primordial importancia para o medio ambiente, ou ben, outras razóns imperiosas de interese público de primeira orde. Neste último caso, através da canle correspondente, haberá que consultar, previamente, á Comisión Europea.




[Defendendo a legalidade. Amplía!]

O TSXG considera que, como amosan os informes do IBADER, do SEPRONA, e mesmo da propia D. X. de Conservación da Natureza da Xunta, “a execución do proxecto construtivo conleva unha afección significativa sobre o estado de conservación dos hábitats 1230 e 4040* [prioritario], con perxuizo para a integridade do lugar” polo que a DIA non resulta conforme a dereito por non observar os trámites previstos nos artigos 6, tanto da Directiva 92/43/CEE como Real Decreto 1997/1995 para un espazo da Rede Natura no que quedou abondosamente probado a presenza de hábitats prioritarios.




[Imaxes do xuizo civil. Amplía!]

Esta sentenza culmina un longo proceso xudicial iniciado trala denuncia de ADEGA contra as actuacións da Xunta e ACUINOR no caso da piscifatoría de Rinlo. Até hoxe, os tribunais viñeron dando sistemáticamente a razón a ADEGA: primeiro, absolvendo aos nosos activistas dunha denuncia penal por coaccións tras paralizar as obras ilegais da piscifatoría; a continuación, acordando unha decisiva -pois do contrario quedaría desvirtuada a anulación do DIA- paralización cautelar das obras; logo, desestimando a demanda civil interposta por ACUINOR reclamando a ADEGA unha indemnización de 30.000 € e, finalmente, anulando a DIA e as licenzas de obra e actividade do proxecto.

O caso da piscifatoría de Rinlo exemplifica o desprezo pola legalidade, polo noso patrimonio natural e pola cidadanía que practican algunhas empresas coa colaboración necesaria das administracións: declaracións ambientais á medida e fraudulentas; licenzas ilegais; sospeitas de corrupción por manexo de información privilexiada, deixación de funcións administrativas, modificacións lexislativas á medida e tramitacións “exprés”; inxustiza social e desprezo pola cidadanía ao permitir a algúns facer o que non poden os veciños…



[Afeccións de Touriñán á RN. Amplía!]

No entanto, as repercusións do fallo do TSXG van máis aló do caso concreto de Rinlo. A sentenza sinala na súa fundamentación, argumentos extrapolábeis a moitos outros proxectos e actividades que non foron obxecto dunha tramitación ambiental axustada ás leis que protexen a Rede Natura (como o escandaloso caso das turbeiras do Xistral, entre outros). O TSXG portanto, traslada a proba á administración, que debe demostrar de xeito obxectivo que non existe impacto negativo nin se perxudicará á integridade do LIC ou ZEPA. E de haber hábitats prioritarios, só poderá alegar consideracións relacionadas coa saúde e a seguridade pública ou relativas a consecuencias positivas no ambiente ou, previa consulta á Comisión, razóns imperiosas de interese público de primeira orde.

Tal podería ser tamén o caso da planta de acuicultura de Cabo Touriñán. Malia a estar incluida en Rede Natura e afectar a hábitats prioritarios (véxase o propio Plano Acuícola coa cartografía do Inventario Nacional de Hábitats, na que 1/3 da superficie da planta, 120.000 m2, sitúase sobre hábitats prioritarios), o último governo Fraga aprobou o proxecto sectorial de Touriñán cunha DIA favorábel. Apesar das afeccións críticas sinaladas no Estudo de Impacto e ao informe contrario da COTOP, a administración Fraga deciudíu saltarse os trámites que o TSXG sinala como preceitivos, a respeito da protección da Rede Natura, na súa fundamentación da sentenza de ACUINOR. Como se pode querer recuperar agora un proxecto cuxa tramitación foi tan fraudulenta como a de Rinlo? A que intereses serve o goberno Feijóo coa súa fixación con Touriñán?

Por último, ADEGA quere dar as grazas a todas as persoas e colectivos que apoiaron este proceso, mesmo arriscando a súa integridade e patrimonio. Primeiro e fundamentalmente, aos veciños e veciñas, compañeiros e compañeiras ecoloxistas que parando as obras iniciaron o camiño do éxito. Non esquecemos tampouco ás institucións e investigadores que amosaron a súa dilixencia, coherencia e compromiso ambiental malia ás presións. E, finalmente á equipa legal que, acreditando na causa ecoloxista, soubo defender brillantemente os intereses que non son só os de ADEGA, senón os de toda a cidadanía galega.

Compostela, 6 de outubro de 2009.

Documento de interese:
Fonte: adega.info
_________

venres, setembro 18, 2009

Protexer a costa, garantía de futuro: por Touriñán non pasarán!



Compostela 14 de setembro de 2009.
A protección do medio é un valor recoñecido dende 1972 pola Declaración da ONU sobre o Medio Ambiente Humano. Neste documento recóllese “o deber solemne de protexer e mellorar o ambiente para as xeneracións presentes e futuras”. A Rede Natura reúne en Europa espazos que polas súas características naturais, precisan de especiais medidas de conservación. A agresión a estes espazos supón un atentado contra a cidadanía e os dereitos das xeracións futuras. Por outra banda, a Lei estatal 27/2006 recolle o dereito fundamental á información e participación pública para plans, proxectos e programas relacionados co ambiente. O público ten dereito a “expresar observacións e opinións [...] antes de que se adopten decisións sobre plans e programas”. A falta de participación pública é, portanto, unha violación da lei e atenta contra os dereitos de todos os cidadáns. Ti podes esixirlles a políticos e empresarios sen escrúpulos que cumpran a lei: participa con ADEGA na defensa de Touriñán e boicota os produtos de Pescanova !

ADEGA esixe que a Xunta de Galiza cumpra a lei e convoque unha mesa de participación pública cos distintos sectores implicados na problemática do Plano Acuícola (administración, veciñanza afectada, concellos, asociacións de protección do ambiente e patronal acuícola) co obxectivo de realizar unha planificación sectorial participativa e sustentábel que teña “garantías de futuro”. As últimas decisións adoptadas polo goberno da Xunta e as sentenzas e recursos xudiciais sobre os planos acuícolas de 2005 e 2007 amosan que esta planificación sectorial está dando “paos de cego”, fomentando a inseguridade xurídica, polo que cómpre establecer criterios serios e sustentábeis para acadar o consenso dos sectores implicados.

O caso de de Quilmas (Carnota)
Como exemplo da falta de criterios e inxustiza na planificación acuícola hai que citar o exemplo do pobo de Quilmas. O pobo de Quilmas, con 200 habitantes ten unha piscifactoría de rodaballo de 25.000 m² que pretende ampliarse a 250.000 m², ocupando as terras de cultivo e pechando o acceso de Quilmas á súa costa. Como resposta, os veciños e veciñas de Quilmas constituiron, con apoio da propia administración, a Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raíña Lupa que cultiva e comercializa produtos horta e froita ecolóxicos en 20 hectáreas de terreo, na zona na que Stolt Sea Farm pretende ampliar a súa piscifatoría. A ampliación desta instalación (reiteradamente denunciada por verteduras contaminantes) destruirá terreos e cultivos, estragando os empregos e derramando os beneficios que está a xerar a cooperativa. No entanto, e pesar de Núñez Feijóo aludíu a criterios sociais e ambientais para retirar 4 proxectos, as reivindicacións dos veciños de Quilmas non foron escoitadas. Agora, a Xunta vai quitarlles os terreos e o modo de vida aos veciños para beneficiar a unha empresa privada. Que entenden entón o Sr. Feijóo e a Sra. Quintana por impacto ambiental e social?

Touriñan como símbolo na conservación da natureza
De entre os proxectos acuícolas que nunca deberan ser nen sequera considerados polo seu alto impacto ambiental está o de cabo Touriñán. Unha análise minimamente seria e rigorosa do proxecto de Touriñán debería concluir cunha Declaración de Impacto Ambiental negativa: 350.000 m² de cemento e plástico non poden ser compatíbeis coa conservación dos hábitats prioritarios terrestres e mariños presentes en Touriñán. Este proxecto exemplifica a submisión da política aos intereses de empresas sen escrúpulos que só pretenden o seu lucro a costa de estragar o ambiente e xerar atraso económico e social. E o goberno galego, por boca do seu Presidente, afirma sen rigor científico ningún que o macroproxecto acuícola de Touriñán non ten impacto ambiental algún. Como e posíbel tanta ignorancia, soberbia a prepotencia nun responsábel público? Tamaña irresponsabilidade é inadmisíbel e merece unha resposta firme, contundente e pacífica da cidadanía en defensa da lei e do noso patrimonio, para esixir a retirada do proxecto de cabo Touriñán. Touriñán é un símbolo da irracionalidade do Plano Acuícola: improvisación, destrución do ambiente e vulneración das leis e dos dereitos dos cidadáns.

Boicote a Pescanova
Cómpre que os cidadáns demostren aos políticos e empresarios sen escrúpulos, que as súas accións provocan rexeitamento e van ter consecuencias. Entre as medidas que podemos tomar para obrigarlles a repensar o o desastroso proxecto de Touriñán, ADEGA propón o boicote aos produtos do Grupo Pescanova. Os boicotes son unha forma de protesta pacífica promovidos polos precursores do ecopacifismo dos que temos bo exemplo en Mahatma Gandhi, quen acuñou o termo “resistencia non violenta”, para boicotar os produtos británicos en 1915 e loitar polos dereitos do pobo hindú. Esta sinxela acción pode ser practicada por calquera persoa para esixir á dirección de Pescanova e ao goberno galego a retirada do proxecto de piscifactoría en Touriñán: a os primeiros doeranlle os cartos e aos segundos, os votos.



Baixa, imprime e difunde! o cartaz para rotular os produtos de Pescanova nos supermercados.



Fonte: Web de ADEGA
__________________

Enlace relacionados:

  1. A nosa Terra - Adega esixe a retirada do proxecto de Cabo Touriñán15 set 2009 ... A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) propón un 'boicot' aos produtos do Grupo Pescanova como forma de 'protesta pacífica' ...



  2. ADEGA - Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza - Protexer a ...Entre as medidas que podemos tomar para obrigarlles a repensar o o desastroso proxecto de Touriñán, ADEGA propón o boicote aos produtos do Grupo Pescanova. ...




  3. Vieiros: Galiza Hoxe - Adega considera a teima con Touriñán "un ...22 xuñ 2009 ... O colectivo cualifica de "fraude de lei" a piscifactoría de Mira en espazo protexido e critica a visión "apoiada en mentiras e medias ...



  4. Adega rexeita o macroproxecto de Touriñán - Anosacosta, o portal ...O secretario executivo de Adega cree que o debate acuícola na zona xa é un “pesadelo recurrente” que se pretenda recurrir a “modelos terceiromundistas”.




  5. Xornal: Adega resposta a Pescanova sobre a piscifatoría de TouriñánApuntan tamén dende Adega que constituiría tamén "unha auténtica inxustiza social que alí onde os veciños de Touriñán non puideron facer a súa casa ou o seu ...



  6. Adega exige la retirada del proyecto de Cabo Touriñán y pide a los ...14 Sep 2009 ... Pide a la Xunta "que cumpla la ley" y convoque una mesa de participación pública sobre el plan acuícola SANTIAGO DE COMPOSTELA, 14 Sep.



  7. Adega anuncia que convocará protestas por la piscifactoría de ...23 Jul 2009 ... M. C. S. | MUXÍA La asociación ecologista Adega reiteró ayer su rechazo a la instalación de una granja acuícola en Touriñán, ...


__________________________

sábado, setembro 12, 2009

Unha burbulla piscícola na costa galega

Por Manoel Santos [*]
11.09.2009  


Feijóo insiste en reproducir o mesmo modelo acuícola dos dous gobernos anteriores, confiando a cegas nun sistema de produción de alimentos radicalmente insustentábel, alleo á estrutura social e económica do noso litoral e que terá efectos devastadores –e irreversíbeis– no ambiente galego. Un modelo burbullante que confirma as teses daquel concepto de “colonialismo interior” que Xosé Manuel Beiras trouxo a Galiza na década de 1970 da man do recentemente finado Robert Lafont.

As burbullas económicas, financeiras, especulativas ou como queira que lles chamen, parecen inherentes a este sistema ultraliberal que se mantén grazas a que o 80 por cento da poboación do planeta vive baixo o limiar da pobreza. É un continuo chuchar no de embaixo para engordar o de enriba. O que caracteriza estas burbullas é un aumento anormal dos prezos dun produto –ou dun activo da perniciosa economía virtual– que se prolonga no tempo e que se vai afastando esaxeradamente do seu valor real. Até que a burbulla estoupa, producindo ‘cracks’ como o de 1929, o das ‘puntocom’ de 2001 ou o das hipotecas ‘suprime’ de 2007, orixe indubidábel da crise económico-financeira que se estendeu polo planeta todo.

Como “burbulla piscícola” habería que definir tamén a que constrúe a política acuícola que todos os gobernos galegos –Fraga, Touriño, Feijóo– teiman en desenvolver para este país, por canto dan un valor excesivo a un modelo de produción de alimentos totalmente irresponsábel. Todos teiman en ir engordando á mantenta a futura importancia da industria acuícola e obvian que os prezos dos peixes de plástico no fan máis que baixar, e máis que baixarán con esta edificación compulsiva de campos de concentración de rodaballos, como dicía Manuel Rivas, que todos pretenden. Chegará xa que logo un intre en que a única maneira de “sermos competitivos” e “líderes mundiais” –que ridículos obxectivos!– será seguir a aumentar as superficies ocupadas por estas fábricas de peixe, até que nin un só indicio de costa nos quede.

Así, insuflándolle aire a unha burbulla que só produce peixes planos para o mercado exterior –sufrindo nós o custe ambiental e o planeta as emisións de gases con efecto invernadoiro provocadas polo desprazamento de alimentos a milleiros de quilómetros–, só nos queda esperar o estoupido final, e con el asistir ao abandono –ou mellor, recalificación– de centos de hectáreas que, con cemento e formigón, soterraran irreversibelmente milenios de construción xeolóxica e biolóxica na costa exterior da Galiza.

O presidente do país noso vén de anunciar retoques no Plan de Acuicultura do bipartito –impulsado pola ex-conselleira Carmen Gallego–, que á súa vez non era máis que unha revisión daquel indecente Plan Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria que López Veiga conseguira aprobar baixo a escuridade da campaña electoral de 2005. Ámbolos dous plans foron desacreditados polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza nunha sentenza de xaneiro pasado. Pero iso tanto lles ten.

A intención do novo goberno é a de eliminar catro –Merexo (Muxía), Seiruga (Malpica), Laxe Brava (Corrubedo) e Xandriña (Camariñas)– dos vinte e tres posíbeis emprazamentos destes macroproxectos “porque as piscifactorías afectaban a casas e terras agrarias”, segundo palabras do presidente. Certo é. Mais habería que preguntarse porque non se bota abaixo, por exemplo, tamén o proxecto de Quilmas (Carnota), que privaría o pobo dunha saída ao mar e, asemade, exterminaría iniciativas locais sustentábeis, como a da Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raíña Lupa, que se desenvolve nos terreos cobizados pola ampliación da planta de Stolt Sea Farm nesa localidade.

Amais disto, o plan anunciado por Feijóo, corrobora a idea de que a política conservacionista no país noso está supeditada aos intereses políticos e económicos mais que aos valores ambientais reais e obxectivos. Un goberno tras outro insisten en darlle pulo a este modelo de produción autocolonizador, que nos fai sufrir o custe ambiental dos intereses financeiros –e alimentarios– foráneos. Nada cambia. Simplemente o van corrixindo segundo os seus intereses. Deste xeito, se o plan do goberno Touriño favorecía os seus amigos de Stolt Sea Farm, permitíndolles por exemplo a ampliación da fábrica matriz en Merexo, ou a Isidro de la Cal, compañeiro de xantares de Carmen Gallego que ambicionaba esnaquizar o cabo Corrubedo; o goberno de Feijóo bota unha man aos seus amigos de Pescanova, condenando o egrexio cabo Touriñan como antes fixeran co Vilán, e de paso axuda ás agrupacións locais do PP que se enfrontaron populistamente a algunhas das barbaridades do plan do bipartito.

Os macroproxectos acuícolas previstos para Galiza caracterízanse fundamentalmente por promover unha destrución histórica da nosa costa exterior, a única que aínda está nun estado de conservación aceptábel, e por promover unha submisión imperdoábel ao poder económico da patronal do peixe plano, capitaneado por empresas como Stolt Sea Farm, integrante do grupo Stolt-Nielsen S.A. que cotiza na bolsa de Oslo, e Pescanova.

Esta última, lastimosamente de orixe galega, é unha das empresas do sector pesqueiro máis denunciadas do mundo, por prácticas que van dende a sobreexplotación de bancos de pesca locais en diferentes puntos do planeta –moitas veces para alimentar os peixes que fabrica–, á contaminación das costas polos refugallos das piscifactorías, destrución de biodiversidade mariña local pola contaminación e as fugas de peixes destas, condicións laborais precarias (maquila), destrución das estruturas económicas locais, etc.

Para sermos francos, eu dubido de que sexa necesario un plan de acuiculturaentendida como a entenden os poderosos, isto é, cría de rodaballos e linguados– para a costa galega. O que hai que criticar aquí, alén do asalto aos espazos naturais máis senlleiros do país, é este modelo esnaquizador do ambiente, inxusto socialmente e bárbaro economicamente, que só favorece as futuras contas de resultados dos accionistas de empresas de dubidosa honorabilidade e que ademais lles outorga centos de millóns de euros en subvencións.

De ter que existir un plan, debería estar composto por plantas de pequenas dimensións, con depuración plena, mimetizadas na paisaxe e o máis afastadas que sexa posíbel da primeira liña de costa. Pero sobre todo plantas que foran xestionadas pola poboación local, por medio de cooperativas, agrupacións de pescadores e pescadoras, mariscadores e mariscadoras… e que produciran especies para o consumo local, e non para saciar a ridícula devoción que senten os británicos polo ‘fish and chips’.

E aínda me preguntaban se en Corrubedo estabamos contentos. Pois non. Claro que non.

Fonte: altermundo.org

Enviado por:
Plataforma Corrubedo
-corrubedo@altermundo.org-
11 de setembro de 2009 16:41

_____________

[*] Manoel Santos (nacido en Vigo en 1969, orixinario de Corrubedo). Biólogo, experto en Ecosistemas e Recursos Biolóxicos, escritor, colaborador xornalístico e produtor editorial. Militante altermundista [+info].
_________________________

De moito interese:

Que fai Pescanova polo mundo?
Plataforma Medioambiental de Corrubedo  
Martes, 23 de Xuño do 2009

Entre os impactos da transnacional de orixe galega Pescanova no mundo fálase sobreexplotación de bancos de pesca locais para alimentar aos salmóns en Chile, contaminación das costas polos refugallos das piscifactorias, destrución de biodiversidade mariña local pola contaminación e as fugas de salmóns, condicións laborais precarias (maquila), destrución das estruturas económicas locais.

Aínda que non se iniciou unha ampla campaña na rúa, xa se teñen realizado informes, artigos, materiais, cartas ao director, sobre o papel de Pescanova en países como Chile, onde é unha das principais empresas pesqueiras a través de PescaChile no "cultivo" do Salmón. O Observatorio da débeda da Globalización achega varios deles: [Entrar]

E outros artigos en:


altermundo.org

________________________________

venres, setembro 11, 2009

A Xunta quere vender Touriñán a Pescanova

A Acuicultura Industrial camiña sen rumbo en Galiza
 Compostela 11 de Setembro de 2009.

A Xunta de Galiza anunciou recentemente, sen mediar ningún tipo de diálogo, o “intercambio de cromos” de 4 piscifactorías propostas en Merexo, Seiruga, Xandriña (Camelle) e Laxe Brava (Corrubedo) en contraprestación pola construcción da piscifactoría de Touriñán, en plena Rede Natura e invadindo “Hábitats de conservación prioritaria” protexidos pola Directiva 92/43/CE da Unión Europea.

ADEGA alégrase profundamente que o goberno galego recoñeza a tremenda afección ambiental e que atentou contra os lexítimos intereses dos veciños afectados polos proxectos acuícolas.


ADEGA pregunta sinceiramente ao Sr Presidente da Xunta de Galiza Alberto Núñez Feijoo:

Qué diferencia existe na afección a veciños e ao medio natural entre Merexo, Seiruga, Corrubedo e Camelle con outras piscifactorías de características similares como Arou, Xove, Quilmas ou Mougás (Oia)?

Qué criterios ambientais se empregan para propor Touriñán como ubicación compatible coa construcción dunha planta de acuicultura industrial?

ADEGA quere expresar o seu profundo malestar pola forma e o modo despótico de gobernar do Presidente da Xunta de Galiza, Alberto Nuñez Feijoo e da Conselleira do Mar Rosa Quintana e anuncia que se atoparán con novas protestas de veciños e ecoloxistas nas ubicacións que destrúen os hábitats naturais protexidos e perxudican á veciñanza.

Para ADEGA esta decisión supón un trato discriminatorio que non soluciona os problemas xerais do Plan Acuícola e unicamente constitúe un remendo elaborado en base aos intereses partidistas do Goberno pensando que así evitará as protestas e non realmente a razóns ambientais ou sociais.

Os espazos protexidos non son cromos que se podan intercambiar porque teñen valores naturais concretos, merecedores desa protección, e que hai que preservar na súa integridade.

No caso da piscifactoría de Rinlo (Ribadeo) foi paralizada unha piscifactoría en construcción por membros de ADEGA ao ocupar terreos na Rede Natura, e isto é algo que pode volver a ocurrir no futuro.

A destrucción dos hábitats, a contaminación das augas, a destrucción de postos de traballo no marisqueo, na pesca de baixura e no turismo, son efectos adversos constatados repetidas veces que perxudican ao medio natural e ao interese público provocados pola acuicultura industrial.

Por estes motivos ADEGA anuncia que interporá os recursos xudiciais necesarios para garantizar a participación cidadá en proxectos de relevancia ambiental como así consta na Lei 27/2006 de información ambiental do estado español que emana da transposición das Directivas Europeas 2003/4/CE e 2003/35/CE, de obrigado cumprimento para todos e cada un dos estados membros.

Temos que recordar que o plan acuícola de 2005 carece de Avaliación Ambiental como recoñece a sentenza xudicial 00062/2009 do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.

A Xunta de Galiza pretende reformar o Plan de Acuicultura a golpe de decreto, e non froito dunha negociación e reflexión, seria e consciente.

Dende ADEGA tamén queremos dirixirnos moi sinceiramente ás empresas que promoven a acuicultura en Galiza e comunicarlles que a inseguridade ambiental só xenera inseguridade xurídica.

Isto significa que as empresas que queiran desenvolver a súa actividade con garantías de futuro deberán facelo dacordo coa lexislación vixente en materia ambiental o cal inclúe o respeto polos hábitats naturais e o dereito de participación pública e información sobre proxectos que afecten ao medio ambiente.

O goberno galego equivócase se pretende reformar de novo o plan acuícola sen escoitar á sociedade galega e ás entidades que defenden o medio natural galego.

O procedemento máis lóxico e máis xusto é abrir unha mesa de negociación con todos os sectores implicados para chegar a solucións de consenso que permitan o futuro do sector e o respecto ao medio natural.

As solucións que pretendan remozar parcialmente o plan acuícola sen abordar os problemas reais que xenera só atoparán inseguridade xurídica e contestación social.

Fonte: adega.info
___________________________

xoves, setembro 04, 2008

Estratexia para impedir a barbarie acuícola

Estratexia para impedir a barbarie acuícola
Plataforma Medioambiental de Corrubedo Mércores, 03 de Setembro do 2008

Recursos xudiciais, denuncias á Fiscalía e a Europa e iniciativas nos concellos afectados, xunta co compromiso inquebrantábel da cidadanía en defensa do litoral.

ADEGA E AS PLATAFORMAS EN DEFENSA DO LITORAL PRESENTAN A SÚA ESTRATEXIA PARA IMPEDIR A BARBARIE ACUÍCOLA

2 de setembro de 2008. O consello da Xunta a iniciativa do seu presidente ven de perpetrar o Plano Acuícola, consumando a meirande agresión á costa galega dende o Prestige. As 24 macroplantas de cemento e plástico ocuparán case 3 millóns de m2 de litoral virxe, degradando a paisaxe costeira e vertendo milleiros de Hm3 de augas contaminadas ao mar. Malia á oposición de amplos sectores sociais, ecoloxistas, concellos, veciños/as, universidades... e ás eivas sinaladas pola propia administración, o Sr. Touriño e a Sra. Gallego cumpriron co seu papel de comisionados da patronal acuícola, como no seu momento fixera o PP, e decretaron a expropiación de emblemáticos espazos da costa para poñer a Galiza líder da produción mundial... de rodaballos dopados.

Esta aprobación levouse a cabo ademáis con aleivosía e de xeito fraudulento, xa que tivo que ser o Presidente da Xunta, facendo por primeira vez uso desta prerrogativa, o que forzara a inclusión do Plano Acuícola na orde do día do Consello, malia a contar con informes desfavorábeis da Comisión de Secretarios, incluídas as Secretarías Xerais de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

Ante estes lamentábeis feitos, ADEGA e as plataformas de Oia, Corrubedo, Seráns, Quilmas, Arou, Camelle, Xove e Ribadeo queren en primeiro lugar respostar ás mentiras e intoxicacións coas que o Sr. Touriño e Sra. Gallego tentan xustificar tan vergoñento acordo [Ler todo o Documento en Altermundo.org]

Baixar o documento en formato -pdf-
________
Enlaces relacionados:
_________________

xoves, agosto 28, 2008

As organización ecoloxistas e plataformas veciñais, dispostas a defender o litoral galego en todos os campos e impedir a aplicación do Plano Acuícola


As organizacións ecoloxistas e plataformas veciñais, dispostas a defender o litoral galego en todos os campos e impedir a aplicación, na práctica, do Plano Acuícola


O Consello Xeral da Xunta, como se preveía, aprobou hoxe o "Plano Galego de Acuicultura" que é unha -revisión- do anterior e nefasto “Plano Sectorial dos Parques de Tecnoloxía Alimentaria na Costa Galega” elaborado, e aprobado en funcións, polo goberno Fraga [PP], máis coñecido como Plano Acuícola.

O goberno bipartito [PSdeG-PSOE /BNG], aprobou o citado plano, sen ter enconta, o fundamental, das máis de mil alegacións presentadas; á oposición do conxunto das organizacións ecoloxistas e ambientalistas galegas; ás numerosas plataformas veciñais; a sectores universitarios; ás advertencias de técnicos de Política Territorial.

Este 28 de Agosto de 2008, consumo-se a decisión política de seguir apostando por unha económia productivista, esquilmadora, especulativa e non sustentábel, apostando por unha industria de "macrofabricas de contaminación mariña". O Plano Acuícola é desde hoxe a principal ameaza contra o património natural do noso litoral.

ADEGA dixo:" ... consumando a meirande agresión á costa galega dende o Prestige. As 24 macroplantas de cemento e plástico ocuparán máis de 3 millóns de m2 de litoral virxe, degradando a paisaxe costeira e vertendo millóns de Hm3 de augas contaminadas ao mar. Malia á oposición de amplos sectores sociais, ecoloxistas, concellos, veciños/as, universidades... e ás eivas sinaladas pola propia administración, o Sr. Touriño e a Sra. Gallego cumpriron co seu papel de comisionados da patronal acuícola, como no seu momento fixera o PP, e decretaron a expropiación de emblemáticos espazos da costa para poñer a Galiza líder da produción mundial... de rodaballos dopados".

"... O máis grave é que un governo que se dí "progresista" aposte por modelos de desenvolvemento depredadores e insustentábeis, sacrificando o potencial e os recursos endóxenos do litoral a maior gloria das contas de beneficios das transnacionais do peixe de plástico".

"Non deixa de ser un paradoxo que Galiza, cun dos ecosistemas mariños máis produtivos e potentes do mundo, aposte por cultivar os peixes en terra dándolle as costas, mesmo comprometendo esa riqueza natural da que directa e indirectamente viven milleiros de persoas en todo o país. Centos de millóns de euros en subvencións públicas van ser agasallados ás empresas acuícolas en forma de axudas directas e indirectas (máis do 50% dos investimentos por planta), empresas para as que se vai expropiar a prezo de saldo os millores espazos da costa ..."

A Rede Galiza Non Se Vende dixo: "... o executivo galego aprobou a que será unha das máis grandes desfeitas que se producirán no litoral galego: a construción de 13 novas piscifactorias e a consolidación doutras 11 xa existentes, algunhas delas ocupando terreos da Rede Natura. ..."

"... Esta privatización encuberta do litoral suporá outorgar ás grandes multinacionais a explotación de extensas superficie agora adicadas á extracción tradicional dos recursos mariños suprimindo así os medios de manutención de milleiros de familias. E iso sen esquecer a grave contaminación que estas plantas acuícolas ocasionan ao medio mariño cuxa riqueza vese esquilmada pola avaricia das grandes multinacionais. ..."


Mobilización sonora e contundente

Mentras se consumaba a agresión ao noso litoral, coa aprobación do Plano Acuícola, frente aos edificios administrativos da Xunta en San Caetano, tiña lugar unha concentración de representantes de diversas organizacións ecoloxistas como VERDEGAIA, GREENPEACE, ADEGA, ... e plataformas veciñais como a de Quilmas, Corrubedo, Oia, Seráns, Arou, Camelle, Xove, ... e a Rede Galiza Non Se Vende que se mobilizaban con firmeza contra esta decisión política que vende o noso litoral ás "multinacionais do rodaballo dopado" como así os denominan @s compañeir@s de ADEGA. Grande sonoridade con ritmo e consignas como "As mellores piscifactorias son as nosas rías", "Goberne que goberne, Galiza non se vende", "A mellor acuicultura é a pesca de baixura", ... era o que destacaba na citada mobilización. [Nunha noticia publicada por Vieiros pode-se ver un vídeo con importantes declaracións]


A postura do pp

O PP volve pedir barra libre para o sector acuícola
O PSdeG defende que é un documento amplamente consensuado. Galiza Non se Vende organiza unha concentración este xoves contra o documento. [Noticia completa en Vieiros]


A patronal do "rodaballo dopado" moi contenta coa decisión política

Os produtores de rodaballo aplauden a aprobación do Plan Acuícola
Defenden que a medida é máis que unha "decisión política" por contar cunha "vintena" de informes técnicos favorábeis.[Noticia completa en Vieiros]


A loita continua

ADEGA dixo: "... Para cada unha das localizacións das macroplantas temos preparado unha batería de accións, propostas e iniciativas novidosas que van facer moi difícil levar a termo os proxectos previstos. ..."

A Rede Galiza Non Se Vende, diversas plataformas veciñais e as organizacións ecoloxistas, anunciaron protestas, accións xudiciais e administartivas, ... todo un conxunto de iniciativas, en defensa do litoral galego, para impedir a aprobación dos planos sectoriais.


Artigos de interese:

Touriño impón a inclusión do Plano Acuícola no que pode ser o último consello da lexislatura
Plataforma Medioambiental de Corrubedo
Xoves, 28 de Agosto do 2008


A realidade da acuicultura industrial: STOLT solicita permiso de vertido... 20 anos despois !!!
Federación Ecoloxista Galega
___________________

Enlaces Relacionados:

Pola unidade de acción contra o Plano ... [19.08.2008]
A organización ecoloxista ADEGA, tamén ven manifestando publicamente a súa oposición ao Plano Acuícola e agora chama á mobilización. ...


Goberne quen goberne Galiza non se vende ... [08.08.2008]
8 ago 2008 ... O Manifesto que acompañaba a esta grande e histórica mobilización popular dicía: "A esas desfeitas temos que unir un Plano Acuícola ...


Outros enlaces relacionados nos Arquivos Ártabros sobre o Plano Acuícola [“Plan Sectorial dos Parques de Tecnoloxía Alimentaria na Costa Galega, Revisado”].

Convocatoria urxente da Rede Galicia Non Se Vende: Xoves 28 de Agosto, en Compostela contra o Plano Acuícola da Xunta de Galicia[26.08.2008]
______________________

Documentación:

A Xunta aproba o Plan Galego de Acuicultura [28.08.2008]

A Consellería de Pesca informou no Parlamento do resultado das alegacións ao Plan Galego de Acuicultura [03.03.2008]

O novo Plan Galego de Acuicultura bota a andar coa súa publicación no DOG [30.06.2007]

O texto do novo Plan Galego de Acuicultura pódese consultar na páxina web da Xunta de Galicia a través do enlace http://www.xunta.es/conselle/pe/publicacions/pga.html ou a través da web da Consellería de Pesca (http://webpesca.xunta.es).

Pesca presenta ao sector o borrador do Plan Galego de Acuicultura [12.01.2007]
___________________

mércores, agosto 27, 2008

Artigos e Post sobre o Plano Acuícola [“Plan Sectorial dos Parques de Tecnoloxía Alimentaria na Costa Galega, Revisado”]:

Artigos e Post sobre o Plano Acuícola [Plan Sectorial dos Parques de Tecnoloxía Alimentaria na Costa Galega, Revisado]:

Artigos sobre o Plano Acuícola da Xunta de ...
Convite para unha manifestación nacional contra o Plano Acuícola convocada polas diversas Plataformas en Corrubedo, o 4 de novembro ...

Manifesto 17 de Febreiro de 2008 da Rede Galiza ...
A esas desfeitas temos que unir un Plano Acuícola devastador que significa a destrución de centos de hectáreas das zonas mellor conservadas do noso litoral ...

Rolda de Prensa colectivos contra Plano ...
Asunto: Roda de Prensa colectivos contra Plano Acuícola Rolda de Prensa colectivos contra ... Contido: PRÓXIMAS ACCIÓNS CONTRA O PLANO ACUÍCOLA Asisten: ...

Malpica e Camelle manifestanse contra o ...
O Plano Acuícola da Xunta pretende asolagar este recanto da Costa da Morte ... Vai Pesca a aprobar un Plano Acuícola insustentábel dende o punto de vista ...

4 de Novembro. marcha nacional contra o ...
4 de Novembro. marcha nacional contra o Plano Acuícola da Xunta de Galicia ... Baixo o lema POLA TUA COSTA, POLO TEU MAR: NON AO PLANO ACUÍCOLA faise un ...

... o convite para unha manifestación nacional ...
Asunto: MANIFESTACIÓN NACIONAL CONTRA O PLANO ACUÍCOLA ... NON AO PLANO ACUÍCOLA! A COSTA É GALEGA, E NON DE NORUEGA! Co patrocinio de: ...

Algúns artigos de opinbión ao redor de ...
Os máis de 50 colectivos cívicos reclamamos á Xunta a retirada dun Plano Acuícola insolidario e insustentábel e máis atención aos nosos recursos naturais. ...

O 15 de Novembro, concentración en Muxia na ...
O 15 de Novembro, concentración en Muxia na Defensa da Costa, contra o Plano Acuícola da Xunta de Galicia, convocada pola Plataforma Veciñal de Merexo ...

Manifestación en Malpica o vindeiro domingo ...
Asunto: 20 de xaneiro, contra o Plano Acuícola da Xunta Seiruga Limpa volve a manifestarse o día 20 de Xaneiro, domingo, contra o Plan Acuicola. ...

Unha grande mobilización na Defensa do ...
Miles de persoas manifiestan-se en Corrubedo en contra do Plano Acuícola ... Artigos sobre o Plano Acuícola da Xunta de Galicia publicados no Blog da PA21 ...

Informacións sobre a Marcha Nacional na ...
2 nov 2007 ... NON AO PLANO ACUÍCOLA VINDE BERRAR A CORRUBEDO, VINDE LOITAR POLO MAR, VINDE DEFENDER A TERRA Facemos un chamamento a todos os colectivos, ...

Valoración da Plataforma Medioambiental de ...
E nós, o pobo soberano, o que vive a pé de rúa, dixemos onte en Corrubedo non só que o Plano Acuícola da Xunta é inaceptábel, indecente e indigno, ...

Presentada a Rede Galiza Non se Vende
... do Courel a Corrubedo, as explotación mineiras, REGANOSA, o Plano Acuícola, ... Moitos despropósitos en pouco tempo, e o PP frotando-se as mans, . ...

Marcha a Corrubedo (Novo horario)
"Non o Plano Acuícola" Corrubedo, 4 de Novembro, ás 12 horas. Desde FERROL Saída de autobuses (Correos - Praza de Galicia) ás 8,45 horas * ...

Crónica: a mobilización social que volve
... xa que van desde o rexeitamento do Plan Acuícola que pretende ... desas augas e volve situar nun primeirísimo plano o papel da autoorganización social e ...

Confirmado lugar, data e hora para a ...
14 nov 2007 ... no seu artigo 11 e seguintes, a elaboración do “Plano da Minaría de ... acuícolas, etc; unicamente “literatura de sostibilidade” para ...


Pola unidade de acción contra o Plano ... [19.08.2008]
A organización ecoloxista ADEGA, tamén ven manifestando publicamente a súa oposición ao Plano Acuícola e agora chama á mobilización. ...


Goberne quen goberne Galiza non se vende ... [08.08.2008]
8 ago 2008 ... O Manifesto que acompañaba a esta grande e histórica mobilización popular dicía: "A esas desfeitas temos que unir un Plano Acuícola ...


Convocatoria urxente da Rede Galicia Non Se Vende: Xoves 28 de Agosto, en Compostela contra o Plano Acuícola da Xunta de Galicia [26.08.2008]

Parece ser que o goberno galego ten intención de aprobar este xoves 28 de agosto, no seu Consello, o “Plan Sectorial dos Parques de Tecnoloxía Alimentaria na Costa Galega, Revisado”, máis coñecido como Plano Acuícola ...
___________________

martes, agosto 26, 2008

Convocatoria urxente da Rede Galicia Non Se Vende: Xoves 28 de Agosto, en Compostela contra o Plano Acuícola da Xunta de Galicia

Convocatoria Urxente: Xoves 28 de Agosto, ás 11 da mañá en San Caetano, Santiago de Compostela

Parece ser que o goberno galego ten intención de aprobar este xoves 28 de agosto, no seu Consello, o “Plan Sectorial dos Parques de Tecnoloxía Alimentaria na Costa Galega, Revisado”, máis coñecido como Plano Acuícola.

Este proxecto, amplamente rexeitado, expropia terreos nalgúns dos máis privilexiados e virxes recantos da costa galega, para poñelos en mans das multinacionais do peixe de granxa. Unha actividade económica antiecolóxica (fan falla tres quilos de peixe bravo para producir un quilo de peixe de granxa), de forte impacto ambiental e pasaxístico e que compite coa actividade pesqueira artesanal.

A rede de colectivos GALIZA NON SE VENDE convoca con urxencia para este xoves, día 28 de agosto, unha concentración en Compostela. Ás 11:00 da mañá en San Caetano. Acude e mostra o teu rexeitamento ás políticas que favorecen aos grandes grupos empresariais perxudicando ao interese xeral.

XOVES 28, ÁS 11 DA MAÑÁ EN SAN CAETANO

AS MELLORES PISCIFACTORÍAS SON AS NOSAS RÍAS

GOBERNE QUEN GOBERNE GALIZA NON SE VENDE


__________

Enlaces Relacionados:

Pola unidade de acción contra o Plano ... [19.08.2008]
A organización ecoloxista ADEGA, tamén ven manifestando publicamente a súa oposición ao Plano Acuícola e agora chama á mobilización. ...


Goberne quen goberne Galiza non se vende ... [08.08.2008]
8 ago 2008 ... O Manifesto que acompañaba a esta grande e histórica mobilización popular dicía: "A esas desfeitas temos que unir un Plano Acuícola ...


Outros enlaces relacionados nos Arquivos Ártabros sobre o Plano Acuícola [“Plan Sectorial dos Parques de Tecnoloxía Alimentaria na Costa Galega, Revisado”].

________________

martes, agosto 19, 2008

Pola unidade de acción contra o Plano Acuícola da Xunta de Galicia

Pola unidade de acción contra o Plano Acuícola da Xunta de Galicia
A Rede Galiza Non Se Vende, ven debatindo, durante todo este mes con propostas concretas, a necesidade de mobilizar-se, para o 28 de Agosto, data na que se preve que o Consello Xeral da Xunta de Galicia aprobe o Plano Acuícola. A organización ecoloxista ADEGA, tamén ven manifestando publicamente a súa oposición ao Plano Acuícola e agora chama á mobilización. Non debemos desaprobeitar a situación e clamar pola unidade para rexeitar na rúa este Plano Industrial que legalizaría e permitiría a construción e ampliación de grandes piscifactorias no noso litoral que empobrecen e contaminan as nosas costas.

[Para ampliar clicaracima da foto]

Noticia de Interese publicada no xornal dixital Anosa Terra Diario

CACELORADA O 28 DE AGOSTO EN SANTIAGO
ADEGA dille ao BNG que o culpará do Plan Acuícola

Redacción. A asociación ecoloxista, próxima aos nacionalistas, asegura que se o Consello da Xunta aproba o Plan Acuícola 'deixará de ser responsabilidade de Pesca [controlada polo PSdeG] e converterase nun proxecto de todo o goberno'.
Reloxo 18.08.2008 | 07:00

ADEGA, a principal asociación ecoloxista do país, responsabilizará tamén ao BNG se finalmente a Xunta aproba o polémico Plan de Acuicultura de Galicia. "Se o aproba o Consello deixará de ser responsabilidade de Pesca [controlada polo PSdeG] e converterase nun proxecto de todo o goberno", advirte o secretario executivo Fins Eirexas.
O BNG non aclarou a súa posición

O ecoloxista, en declaracións a ANT, quere "lanzar unha mensaxe moi clara ao BNG: se o apoian vai haber críticas para todos". Dende ADEGA, organización moi próxima ao nacionalismo, explícase que xa se reuniron con parlamentarios do PSOE e do Bloque para advertirlles das consecuencias de aprobaren o documento en época prelectoral.

Foi a oposición do Bloque a varias granxas o principal factor que impediu a Pesca aprobar o Plan antes do verán, como comprometera no Parlamento o presidente Touriño. Con todo, o BNG non aclarou se as súas reticencias son fortes abondo como para votar en contra do proxecto dos seus socios de goberno no Consello da Xunta.

Manifestación o 28 de agosto

Malia os rumores de adianto electoral, Eirexas está convencido de que o Executivo tentará darlle luz verde ao Plan Acuícola o 28 de agosto, na primeira reunión do Consello. De feito, ADEGA comezou a organizar unha cacelorada de protesta para esa data en San Caetano.

A organización conta con que acudan moitos colectivos veciñais coordenados na plataforma Galiza non se Vende. Eirexas insiste en que se os conselleiros aproban o proxecto de Pesca "vailles chover críticas de todos os lados".

Agricultura ecolóxica como alternativa

O ecoloxista pensa que, malia que a Xunta aprobe o Plan, moitas granxas non se porán en marcha por problemas legais e pola oposición veciñal. En particular, sinala o proxecto de Quilmas, no que unha cooperativa, a Raíña Lupa, lanzou un proxecto de agricultura ecolóxica co apoio da consellaría de Medio Rural.

Noticia orixinal no xornal "A Nosa Terra Diario"
____________

venres, agosto 08, 2008

Goberne quen goberne Galiza non se vende: Non ao Plano Acuícola da Xunta de Galicia

Está previsto que o Consello Xeral da Xunta aprobe, na súa reunión de final deste mes de Agosto, o Plano Acuicola un Plano Industrial que legalizaría e permitiría a construción e ampliación de grandes piscifactorias no noso litoral, "enormes fábricas de contaminación mariña", como así denomina ADEGA no seu Informe sobre as Macropiscifactorias publicado hai un ano. Desde a Rede Galiza Non Se Vende, varias representacións de colectivos e organizacións veñen manifestando a necesidade de mobilizarse para denúnciar o citado Plano que empobrece e contamina as nosas costas. O 29 de Agosto do pasado ano ADEGA, VERDEGAIA e varias plataformas populares e veciñais de Corrubedo, Arou, Foz, Fisterra, Malpica, Quilmas e Seráns presentaron 1.000 alegacións e 10.000 sinaturas contra o citado Plano Acuícola que agora pretende aprobar o Consello Xeral da Xunta de Galicia.

O xornalista R. Fernández, en Galicia - Hoxe, escribía: "Os criterios esgrimidos polos distintos colectivos para esixir a retirada do plan son claros: a actividade contaminante da industria acuícola a través de verteduras directas ó mar e ausencia de depuración; impacto social e económico mínimo, ó non contribuir ó desenvolvemento sustentable da zona na que se instala e xerar escasos postos de traballo; afectación a un sector estratéxico de Galicia como a pesca e o marisqueo tradicional; e as afeccións directas ós terreos protexidos pola Rede Natura 2000".

Na manifestación convocada pola Rede Galiza Non Se Vende, o 17 de Febreiro de 2007 en Compostela, unha das reivindicacións principais, centrabase na defensa do litoral e na de denuncia das concesións ás "enormes fábricas de contaminación mariña" que son as Macropiscifactorías. O Manifesto que acompañaba a esta grande e histórica mobilización popular dicía: "A esas desfeitas temos que unir un Plano Acuícola devastador que significa a destrución de centos de hectáreas das zonas mellor conservadas do noso litoral para a construción de múltiples e enormes piscifactorías, para proveito de dúas empresas transnacionais.

E aquí estamos para defender Corrubedo, Quilmas, Corcubión, Merexo, Camelle, Arou, Seráns, Oia, e até 20 proxectos máis de destrución.

Porque o noso mar, as nosas rías limpas e saneadas, son a mellor e a máis productiva e verdadeira piscifactoría. A que desde sempre foi fonte permanente de riqueza para este pobo, de riqueza socialmente compartida, posto de traballo para miles de homes e mulleres: a pesca e o marisqueo tradicionais e sustentábeis que estas empresas e este abandono ameazan destruír."

Enrique Banet, coa súa cámara deixou filmado un documento histórico onde a unidade do ecoloxismo galego e multitude organizacións e plataformas sociais conseguiron plasmar na rúa a oposición a unha política case continuista, dos gobernos fraga, no deseño industrial e de ordenación do territorio que este goberno bipartito, vestido de esquerdas, nacionalista e progresista, quere impoñer ao povo galego coa aplicación dunha política económica de receitas neoliberais.


__________

luns, decembro 31, 2007

Malpica e Camelle manifestanse contra o Plano Acuicola da Xunta de Galicia, na defensa do noso litoral


O pasado domingo 30 de decembro de 2007, tiveron lugar duas mobilizacións contra o Plano Acuicola da Xunta de Galicia e na defensa do litoral. Pola importancia da noticia transcribimos o publicado no xornal Galicia Hoxe.


Camelle e mais Malpica din non ao Plan de acuicultura da Xunta
As vilas costeiras acolleron onte senllas protestas en contra da instalación de dúas macrogranxas ·· Os veciños queren "outro desenvolvemento e un mar limpo" ·· Esíxenlle á Consellería que reflexione

JESÚS TRILLO . CAMELLE Luns 31.12.2007

Os veciños téñeno moi claro: "Non, non e non!". Os pobos de Camelle e Malpica deixaron de novo onte constancia, con senllas manifestacións, do seu total rexeitamento e oposición ó plan acuícola que pretende levar a cabo a Xunta de Galicia.

Sobre as doce da mañá, unhas oitocentas persoas partiron do Museo do Alemán de Camelle, non sen antes levar a cabo unha ofrenda floral a Man. Durante o percorrido, que se prolongou ata a zona de Sabadelle, os asistentes corearon cánticos dos que se desprendían duras críticas para o presidente da Xunta, a conselleira de Pesca, o alcalde de Camariñas e a parlamentaria Marisol Soneira. A panxoliña máis repetida rezaba: "Anda, anda, anda / a Xunta é unha ladra / anda, anda, anda / déixanos sen nada".

Concluída a marcha, leuse un manifesto, no que os veciños deixaron patente que "nós somos os que temos o poder, e teñen que atendernos". Sosteñen os aldeáns que "debemos estar en pé de guerra contra estes energúmenos políticos". Este pobo, engadiron, "é coñecido en moitos sitios polo labor de Man, pero ignorado polos nosos gobernates". Consideran os afectados que o plan contempla para Camelle e Arou dúas instalacións nunha costa virxe, "de altísimos valores naturais e culturais". Entre os seus aspectos negativos estarían o "desastre paisaxístico e a vertedura de máis dun millón de metros cúbicos de augas contaminadas".

A presidente de Adega, Adela Curra, defendeu que a mellor piscifactoría é "o mar de ribeira, pois, a longo prazo, as granxas mariñas destrúen máis empregos dos que crean".

Á protesta de Camelle sumáronse tamén plataformas de afectados de Arou, Merexo, Quilmas e Corrubedo. Entre os que quixeron apoiar a iniciativa estaban tamén Xosé Manuel Beiras e Lidia Senra.

Por outra banda, sobre unhas duascentas persoas déronse cita tamén onte en Malpica, para protestar contra a planta que se prevé construír en Seiruga. Lamarcha foi desde o concello ata a lonxa. Ó seu termo, o portavoz dos veciños, Afonso Vidal, tras verter duras críticas contra a conselleira de Pesca, recordou que hai cinco anos a costa sufriu o chapapote do Prestige, e agora "volve outro barco, chamado Xunta de Galicia, que ten a Touriño como armador e a Carmen Gallego como patroa, sendo a súa carga as piscifactorías". Do mesmo xeito que o petroleiro, este buque "anda errático pola costa galega, pois en ningún porto queren tampouco a súa carga".

Enlace coa noticia orixinal no xornal Galicia Hoxe
______________

Na web de ADEGA:

Marea verde en Camelle: a herdanza de Man segue viva!

mareavc.jpgMilleiros de persoas démonos cita en Camelle en defensa da nosa costa e do noso mar. O Plano Acuícola da Xunta pretende asolagar este recanto da Costa da Morte baixo 318.000 m2 de formigón e lonas negras. A mensaxe foi clara: Camelle NON SE VENDE nen por 5 nen por 50 € o metro. Vai a Xunta expropiar pola forza 3 millóns de metros cadrados fronte á oposición da veciñanza? Vai Pesca a aprobar un Plano Acuícola insustentábel dende o punto de vista ambiental, social e económico só para contentar ao lobby do rodaballo? Como pode a conselleira afirmar que cumprirá todos os requisitos ambientais se hoxe nen sequera depuran os vertidos e guindan ao mar toneladas de químicos e antobióticos?. Se Man levantara a cabeza... [+ info]
___________________

mércores, decembro 05, 2007

Rolda de Prensa colectivos contra Plano Acuícola

De: Plataforma Corrubedo -corrubedo@altermundo.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 5 de dezembro de 2007 08:39
Asunto: Roda de Prensa colectivos contra Plano Acuícola



Rolda de Prensa colectivos contra Plano Acuícola
Plataforma Corrubedo

CONVOCATORIA RODA DE PRENSA
NO CLUB INTERNACIONAL DE PRENSA (Santiago)

Dia: MÉRCORES, 5 DE DECEMBRO
Hora: 12:00 H

Contido: PRÓXIMAS ACCIÓNS CONTRA O PLANO ACUÍCOLA

Asisten:
- Representante de ADEGA
- Representante da Plataforma de CORRUBEDO
- Representante da Plataforma de QUILMAS
- Representante da Plataforma de SERÁNS
- Representante da Rede GALIZA NON SE VENDE
__________________

mércores, novembro 07, 2007

Algúns artigos de opinbión ao redor de Corrubedo 4N


De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 7 de novembro de 2007 18:15
Asunto: Algúns artigos de opinbión ao redor deCorrubedo 4N



----- Original Message -----
From: Plataforma Corrubedo
To: corrubedo total
Sent: Wednesday, November 07, 2007 9:04 AM
Subject: Algúns artigos de opinbión ao redor deCorrubedo 4N


O rodaballo, por Xosé Ramón López Boullón


U-las estrelas vermellas?, por Manoel Santos

Do soño de Touriñán á desfeita da Laxe Brava, por Caetano Díaz

Raio verde en Corrubedo, por Xosé Luís Groveiro

Corrubedo: camiño da dignidade, por Plataforma Medioambiental de Corrubedo

Piscifactorías, canteiras e taparrabos, por Manuel Rivas
________________

A manifestación do día 4 de novembro de 2007 en Corrubedo
Documento coa valoración da Comisión de Propietarios e Propietarias da Laxe Brava


Os grupos convocantes á manifestación do pasado día 4 de novembro en Corrubedo, e en particular esta Comisión de Veciños, consideramos un éxito absoluto a convocataria tanto en número de persoas como diversidade dos grupos que asistiron e amosaron o seu máis rotundo rexeitamento a este Plan, que non pode ser amañado de ningún xeito con medidas cosméticas. Desde aquí queremos agradecer sinceiramente a tódolas persoas e colectivos participantes o seu apoio á defensa desta nosa terra. Que o bipartito tome boa nota.

Como era xa inevitable, despois de tantos meses de silencio, as reaccións á marcha non se fixeron esperar e a máis salientable é a da sempre previsible Sra. Conselleira de Pesca, Carme Gallego. Nunha nota de prensa da Consellería, Pesca comprométese coas “actividades acuícolas respectuosas e en harmonía co medio ambiente” (sic), afectando exclusivamente nun 1.8% a espazos Rede Natura. Afirmamos que este goberno carece de credibilidade e autoridade para obrigar ás multinacionais acuicolas ao respecto medioambiental, tal e como o demostra o feito de que máis da metade das plantas actualmente en funcionamento na Comunidade non dispón nin do preceptivo permiso de verquidos de Auga de Galicia e polo tanto están a producir de xeito irregular. Ademáis, a Sra. Gallego utiliza Rede Natura como un pretexto, establecendo a regla do “todo vale” fóra do citado territorio protexido. Recordemos que Rede Natura sólo afecta a un 11% do territorio de Galicia, cando en troques outras comunidades protexeron máis do 40% da súa superficie.

O método para habilitar terreno para as acuícolas, unha expropiación forzosa de máis 3 millóns de metros cadrados, seguida dunha recalificación brutal de terras do noso litoral que por unha decisión administrativa multiplican varias veces o seu valor, responde ao que popularmente coñecemos como un pelotazo, pelotazo acuicola promovido por unha Consellería en favor dos intereses particulares dunhas poucas multinacionais. Esiximos á Sra. Conselleira que de unha vez por todas se pronuncie sobre este feito irregular e de enorme gravedade, e que tanta alarma causa entre os nosos cidadáns, pois transmite a sensación de arbitrariedade e favoritismo na acción do goberno autonómico.

Lembre a Sra. Gallego que o documento estratéxico sobre o Fondo Europeo de Pesca (FEP) para o periodo 2007-2013 (ver link no noso blog) aposta polas pequenas e medianas instalacións para o desenrolo da acuicultura en terra firme, e por dúas razóns fundamentáis: para minimizar os riscos medioambientais (contaminación química, eutrofización, contaminación biolóxica, etc.), problema que a Unión Europea recoñece e demanda que o sector arranxe; e por outra banda, porque as pequenas instalacións contribúen en maior medida á xeneración de postos de traballo locais, un dos obxectivos dos fondos FEP. Pois ben, a postura deste goberno, é a de conceder todo o protagonismo ás macropiscifactorías, instalacións que non se constrúen en ningún lugar de Europa agás Galicia, e que incumplen na forma e no fondo a estratexia europea para este sector. Ou sexa, que a Sra. Gallego cede ás presións do lobby acuícola namentres desprecia tanto a estratexia europea para a acuicultura como os intereses de Galicia.

Afírmase na nota de prensa de Pesca, que o proceso de aprobación do documento contou co visto bo das Consellería de Pesca, Política Territorial, Medio Ambiente, Cultura e Medio Rural. Esiximos en favor da transparencia que se fagan públicos os informes destas Consellerías, e fundamentalmente os que fan referencia aos impactos mediaombientais das instalacións (Medio Ambiente), á declaración de incidencia supramunicipal (Política Territorial), o de afectación ao Patrimonio (Cultura) e ao agro (Medio Rural). Tal e como incluímos nas nosas alegacións, entendemos que estas instalacións non se axustan á normativa vixente sobre a declaración de incidencia supramunicipal - entre outras cousas - vía imprescindible para a expropiación forzosa.

Por outra banda, o Sr. Fernando Otero, voceiro da Asociación de Productores de Rodaballo de Galicia (AROGA), ven de sinalar que o Plan de Pesca é xurídicamente intachable, feito do cal desde esta Comisión discrepamos. Entendemos que o sector da acuicultura industrial confunde a “seguridade xurídica” que os empresarios reclaman con toda xusticia para a súa actividade, coa impunidade ante a lei, cousa moi distinta. E ahí está para demostralo feitos como o das xa mencionadas dos verquidos sen autorizacións ou de instalacións como a de Oia (Pontevedra), cunha sentencia firme de derrubo por parte dun xuíz a causa dun exceso de edificabilidade, e que este plan pretende legalizar e agasallar ademáis cunha macro-ampliación.

Preguntámonos cómo AROGA pode pedir seguridade cando mesmo desde o seu Presidente e xerente de Stolt Sea Farm, Pablo García (ver entrevista na Voz de Galicia, sección Barbanza do 06/09/2006) situou aos propietarios que non cedesen as súas terras para as piscifactorías entre a disxuntiva de venta ou “expropiación forzosa”, nunha actitude que lesiona un dereito fundamental do noso ordeamento xurídico como é a propiedade privada. Seguridade xurídica para as empresas e inseguridade para o resto dos cidadáns, ¿é esto o que pide AROGA?

Por último, sinala o Sr. Otero que os retrasos no Plan bloquean 250 millóns de euros. Parecen preocupadas as empresas exclusivamente nos seus millóns, sen ter en conta que os 390 millóns de subvencións que van a recibir proceden finalmente de tódolos cidadáns, e polo tanto temos o dereito de discrepar da súa utilización e por outra banda fiscalizar o emprego destes cartos. Que AROGA pense aínda que sexa por un intre no impacto social, medioambiental, cultural e paisaxístico da súa actividade e non sólo nos crudos beneficios. Parece que o concepto de “responsabilidade social corporativa” non chegou aínda a este sector. Mágoa.


Comisión de Propietarios de Laxe Brava
Visita o noso blog
http://salvemoslaxebrava.blogspot.com/

En Teira, Corrubedo , a 6 de novembro de 2007.

Plataforma Corrubedo
-corrubedo@altermundo.org-
_______________________
ADEGA: Crónica da Marcha Nacional de Corrubedo

Corrubedo 4-N: Marea de Dignidade

Este pasado día 4, milleiros de persoas démonos cita en Corrubedo para defender a costa da barbarie depredadora das transnacionais do peixe que queren ocupar máis de 3 millóns de m2 dos nosos espazos costeiros millor conservados. Os máis de 50 colectivos cívicos reclamamos á Xunta a retirada dun Plano Acuícola insolidario e insustentábel e máis atención aos nosos recursos naturais. Sra. Conselleira: A COSTA É GALEGA E NON DE NORUEGA!.

Esta marcha nacional non é o final dunha loita na que ADEGA e os diversos colectivos de afectados levan xa meses. Logo das charlas e xornadas informativas por todo o litoral, e da presentación de máis dun milleiro de alegacións ao Plano Sectorial, a Conselleira de Pesca non pode seguir ignorando por máis tempo o clamor popular contra un proxecto miope, insustentábel e lesivo para o país.

Por iso, vimos de solicitarlle outra volta a retirada do Plano Acuícola e a apertura dunha mesa de negociación con todos os sectores afectados: confrarías, colectivos veciñais, asociacións cidadás, ecoloxistas, patronal do peixe plano, partidos políticos e sindicatos.

O obxectivo é definir as prioridades para a millora e o desenvolvemento do sector acuícola galego, que representa ao 98% da producción e do emprego, fronte ao escaso 2% da acuicultura industrial en terra. Sanear o litoral, recuperar os caladoiros, pechar o ciclo produtivo do marisco, controlar as canles de distribución, regular a actividade das bateas, eliminar as prácticas pesqueiras insustentábeis e potenciar a producción de calidade deberían ser as prioridades dun Plano Acuícola que atenda ás necesidades do país e non ao lucro das transnacionais do peixe de cemento.

Fins Eirexas

http://www.adega.info

Clica para ver algunhas fotos do acto
________________