xoves, maio 06, 2010

Día internacional do Comercio Xusto 2010: “O papel das grandes superficies nas condicións de vida das persoas produtoras”

Por segundo ano consecutivo AMARANTE, SINDICATO LABREGO GALEGO, VERDEGAIA, A GRADICELA e ARBORE únense para celebrar o Día Internacional do Comercio Xusto en Vigo que se celebrará co lema “Por un comercio xusto non Norte e no Sur”, o día 8 de maio en 4 cidades de Galicia.

Mercados transparentes de alimentación e roupa ou accións lúdicas sobres as condicións do téxtil serán algunhas das accións que se desenvolverán para achegar a cidadanía galega en Ourense, Vigo, Pontevedra e Santiago ás condicións de vida de moitas persoas do Norte e do Sur.

Esta ano a acción de reivindicación centrarase en analizar e reclamar a responsabilidade das grandes superficies nas condicións de vida de miles de persoas do Norte e no Sur, tanto no sector do campo como no do téxtil e o impacto ambiental que se producen co modelo empresarial destas grandes canles de distribución, que provocan grandes eivas humanas e medioambintais a nivel mundial.

Así no sector do téxtil (Amarante comenta)

Investigacións feitas pola Campaña Roupa Limpa en Asia descubriron como empresas como Carrefour ou Lidl que teñen unha liña ampla de roupa, - sendo Carrefour é o 4º comercializador de roupa de Europa- descubriron graves condicións de explotación nas miles de mulleres nas fábricas que cosen para estas transnacionais. Falamos de 60 a 80 horas semanais, 7 días á semana, 30 días seguidos en picos altos de produción, abusos físicos, verbais e sexuais son algunhas das condicións laborais. Testemuños como este se repetían en fábricas de Bangladesh, India.

Temos que traballar das 9 da mañá ata a 1 da madrugada. Non podemos elexir traballar sólo de día ou de noite. Esta xornada é así a diario, e iso durante 30 días ó mes” . Testemuño Traballadora dun provedor de Carrefour, na India. (Investigación da Campaña Roupa Limpa Internacional).

No sector da alimentación (Sindicato Labrego galego comenta)

Carrefour, Merdacona, Eroski, e Alcampo controlan máis do 50% do mercado de alimentación. Isto ten como unha das consecuencias a imposición de prezos dos alimentos que mercan ás persoas labregas onde a presión cada vez é máis grande que os prezos que marcan están levando a desaparición das explotacións agrarias por imposiblidade de vivir do que pagan. Isto están provocando unha maior diferencia entre o prezo que se paga ás persoas produtoras e os prezos de venta ás persoas consumidoras, tendo uns grandes beneficios estas grandes multinacionais.

Os mercados transparentes que se farán este sábado se poderán visibilizar estas diferenzas no que se paga ás produtoras co que paga as consumidoras.

A responsabilidade desta situación son as políticas agrarias tanto do Estado español como da UE que permite este tipo de actuacións e de modelo de produción que aumentan os beneficios das grandes corporacions agroalimentarias e de distribución. Dende o Sindicato Labrego Galego demanda un cambio na política agraria que teña en conta as persoas produtoras e da calidade dos produtos por riba dos intereses particulares das empresas.

A nivel ambiental (Verdegaia comenta)

O sistema de produción e consumo baseada nas grandes superficies ten un altísimo impacto ambiental ademais do social. Estes impactos veñen da man dos procesos e sistemas de produción industrial fundamentados nas grandes distancias e na química de síntese para manter a produción. Fabricar uns pantalóns vaqueiros de algodón cultivado cos métodos industriais convencionais precisa 350 gr de produtos tóxicos (asperxido de pesticidas, fertilizantes, etc.) [1] e dende a materia prima ate ter o produto no escaparate do centro comercial pode chegar a percorrer 65.000 km [2].

A situación das grandes superficies nos extraradio das cidades obriga aos consumidores e consumidoras a desprazarse, para o que o conxunto da sociedade realiza enormes investimentos en infraestruturas de transporte, contribuíndo así a agravar o problema do cambio climático. Segundo os datos para Galicia do Inventario de Emisións do Ministerio de Medio Ambiente (MMA), as emisións de gases causantes do cambio climático do transporte por estrada medraron o 81 % entre 1990 –ano base do Protocolo de Quioto- e 2004. Un estudo de Friends of the Earth indica que un supermercado provoca tres veces máis emisións de dióxido de carbono por metro cadrado de superficie de venda que unha tenda de barrio.

A nivel local do tecido económico (conclusións)

No 2006 existían xa no territorio español 359 hipermercados (8.000 m2) e 6.632 supermercados (870 m2) [3].

A apertura dun hipermercado ou centro comercial causa unha media de 276 perdas de postos de traballo e o peche do pequeno comercio nun radio de 12km. No 2007 se pechaban ó día 11 pequenos comercios de alimentación.

A moi citado beneficio económico de ter unha grande superficie na comarca queda desmintido cando se comproba a perda do tecido económico local do pequeno comercio, onde vemos como o que gastan as consumidoras/es nestes comercios o 50% retorna á economìa local, namentras que nas grandes superficies solo chega ó 5%.

Así, dende as demandas dos colectivos solicitamos:

mercados curtos de comercialización, outro modelo de política agraria e comercial que garantan as condicións laborais e de vida e do sustento das persoas traballadoras por riba dos intereses e os beneficios das multinacionais e as consideracións e que se mire polo impacto ambiental deste modelo insostible de comercialización.

[1] Moda sin tóxicos. Greenpeace
[2] El Viaje de un pantalón vaquero. Revista Integral
[3] Datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.


PROGRAMA

8 de Maio DÍA DO COMERCIO XUSTO
PROGRAMA DE ACTIVIDADES

PONTEVEDRA
Martes día 4 de Maio.- Mesa Redonda sobre o impacto negativo das grandes superificies ás 20,00 horas, na Galeria Sargadelos. Intervirán: Lidia Senra, dirixente do SLG, Ramon Rodriguez, da cooperativa de consumo de Pontevedra A Gradicela, e Adrian Serantes, responsable técnico de Amarante en Pontevedra.

Xoves día 6 de Maio, ás 20,00 horas, na Galeria Sargadelos, a Directora de AMARANTE Setem e responsable da CRL-Galicia, Fernanda Couñago, presentará a Iniciativa Salarios Dignos en Asia*. Presenta Eva Blanco, coordinadora de Amarante en Pontevedra.

Sábado 8 de Maio, Lugar: PRAZA 8 de MARZO (esquina rúa Peregrina ).Horario: De 11:00-14:00

Actividades:
  • MERCADO TRANSPARENTE con produtoras locais e produtos de Comercio Xusto, onde se denunciará a marxe de prezo abusiva coa que quedan os distribuidores comerciais.
  • MERCADIÑO DE TROCO con intercambio de produtos de segunda man de Roupa, Xoguetes,etc
  • DEGUSTACIÓNS de produtos de Comercio Xusto
  • ACTUACIÓN GRUPO MUSICA TRADICIONAL OS CHICHISOS
  • ACTIVIDADE TEATRAL

OURENSE
Sábado 8 de Maio,

Lugar: R/Saénz Díez.- No entrono do Centro Comercial Ponte Vella.Horario.- De 12 a 14

Realizarase un MERCADO TRANSPARENTE DE ROUPA no que se mostrarán as condicións laborais que sufren as traballadoras do sector têxtil

COMPOSTELA
Sábado 8 de Maio,

Lugar: Porta do Camiño, Praza 8 de Marzo (Rúa de San Pedro, no marco da Feira da Primavera). Hora: de 11 ata as 15hs

Actividades:
  • MERCADO TRANSPARENTE a cargo de labregas e labregos da comarca (SLG)
  • EXPOSICIÓN E DEGUSTACIÓN de produtos de Comercio Xusto (Amarante)
  • PASARELA-REIVINDICATIVA “A moda que incomoda” ás 13:00hs celebrarase a na que se conta coa colaboración da poetisa e conta contos Iolanda Aldrei.

VIGO
Sábado 8 de Maio.

Lugar.- Mediana de Gran Vía á Altura da Rúa Venezuela. Hora.- De 11 a 14

Actividades:
  • MERCADO TRANSPARENTE DE ALIMENTACIÓN coa colaboración de produtoras que vendes directamentae á Cooperativa de Consumo Consciente Árbore
  • MERCADO TRANSPARENTE DE ROUPA no que se mostrarán as inxustizas da deslocalización do sector têxtil e poderemos achegarnos á roupa de comervcio xusto
  • TEATRALIZACIÓN a través da DANZA da cadea de producción de roupa a as súas consecuencias nas condicións laborais.

Verdegaia
info@verdegaia.org
www.verdegaia.org

Enviado por:
Xan Duro
-xan.duro@usc.es-
6 de maio de 2010 19:58
_____________

Curso sobre "Movimento obreiro e câmbio social", este Sábado 8 de Maio no "Ateneo Ferrolán", organizado pola Escola Popular Galega

Este sábado no Ateneo Ferrolán, em jornada de amanhá e tarde, terá lugar umha jornada da Escola Popular Galega, enquadrada dentro dos cursos da área de sociologia, baixo o título de "Movimento obreiro e câmbio social".

Contido do Curso

11:00 horas - O movimento obreiro na comarca de Ferrol. Eliseo Fernández (historiador).

12:00 horas - Gênero e mundo laboral. Maria Martinez Iglesias. (Socióloga especialista em sociologia do trabalho e do gênero).

16:00 horas - As características do sindicalismo galego. Bernardo Máiz Vázquez (historiador).

17:00 horas - Sindicalismo nos dias de hoje. Experiência militante. Joam Lopes (activista sindical e licenciado en história) membro do Consello Confederal da CIG.

O curso é gratuito e contará cum jantar de confraternizaçom às 14:00 horas no "Mesón O Mítico", Rua da Terra nº 28. Para apontar-se no 678 941 036

Para contactar:
escolapopularsociologia@gmail.com

Sitio oficial na rede:
http://agal-gz.org/blogues/index.php/EPG/


[Para ampliar clicar acima do cartaz]

Informaçom baseada na enviada por:
Júlio Saiáns
-jssaians@hotmail.com-
6 de maio de 2010 00:01
Joam Tavia
-jtavia@gmail.com-
3 de maio de 2010 18:39
__________________

mércores, maio 05, 2010

Novo Ciclo de Cine en Esteiro cada xoves de Maio de 2010: "Guerra contra a guerra"

Novo Ciclo de Cine en Esteiro

Achegámos díptico do novo Ciclo de Cine en Esteiro que comezará este xoves 6 de maio e se celebrará cada xoves de maio nos Cines Duplex de Esteiro ás 20:30 horas con entrada de balde.

Este ciclo se enmarca nas actividades culturais que a Asociacíón Veciñal de Esteiro vimos celebrando ó longo do ano. Neste caso se trata dun ciclo antibelicista que denominamos "Guerra contra a guerra"

Agradecemoslles a asistencia e a difusión do acto.

Ferrol 4 de maio de 2010.

Asdo/ Xosé Miguel López, presidente



[Clicar acima do díptico para ampliar]

Enviado por:
Asociacion Veciñal de Esteiro
-avvfontelonga@mundo-r.com-
4 de maio de 2010 19:13
_______________

Roteiro polo Pico Vello o vindeiro 15 de Maio


Roteiro polo Pico Vello pola conservacón da Fraga d'O Pico Vello e na defensa do Belelle e do Parque Natural das Fragas do Eume.

As entidades Adega, A. M. Augas Limpas, Club Montaña Ferrol, Colectivo Ártabra 21, Comité para a Defensa das Rías Altas, Drosera, Federación Ecoloxista Galega, Fusquenlla, G. N. Hábitat, Guerrilleiros das Fragas, Lapis Verdes, Néboa Medioambiente, O Rabo do Galo, Saramaganta, Sociedade Galega de Historia Natural e Verdegaia organizan, o día 15 de maio, un roteiro pola zona de Pico Vello en Goente (As Pontes).

O obxectivo é dar a coñecer a importancia deste lugar de grande biodiversidade, cun altísimo valor natural e etnográfico e protestar pola pretendida instalación alí dunha mina por parte da empresa Picobello S.L. Unha explotación con doce anos de vida útil, que suporía a destrución irreversible do lugar, e afectaría gravemente ó Río Belelle e ó P. N. Fragas do Eume.

Un proxecto inicial da explotación foi rexeitado no ano 2006 por Medio Ambiente por afectar ó P.N. da Fragas do Eume e en decembro dese mesmo ano a empresa presentou outro, fóra dos límites do espazo natural protexido, cunha franxa de amortecemento entre os límites do Parque Natural e a explotación de 50 metros.

A intervención dos colectivos ecoloxistas e a presentación de alegacións por numerosos colectivos e particulares durante o período de exposición pública do Estudo de Impacto Ambiental fixeron que o proxecto quedara paralizado e, segundo a Lei de ordenación da Minaría de Galicia, DENEGADO por silencio administrativo ó transcorrer máis de doce meses sen terse notificado resolución.

A publicación no DOG do pasado 11 de marzo por parte da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da aprobación do Estudo de Impacto Ambiental do proxecto foi denunciada por irregularidades no proceso de tramitación diante da Fiscalía de Medio Ambiente, en base a varios puntos: non respectar os prazos establecidos pola lexislación, irregularidades no contido do informe como non valorar as repercusións negativas sobre o Río Belelle (o Rego Cernadas figura encadrado na cunca do Río Eume no E.I.A. cando é un dos dous regos máis importantes que forman a cabeceira do Belelle) ou non detallar os impactos que a explotación mineira provocaría sobre o P. N. Fragas do Eume, ó que están obrigados pola Lei de Avaliación de Impacto Ambiental de Proxectos.

A aprobación deste proxecto, suporía a eliminación definitiva e irreversible dunha das fontes principais do Río Belelle, afectando gravemente tanto á cantidade como á calidade das súas augas, das que se subministra a unha poboación importante dos concellos de Ferrol, A Capela e Neda. Afectaría ó P. N. Fragas do Eume, dado que a entulleira situaríase xusto sobre rego Maciñeira, afluente do Eume, o que suporía unha grave contaminación, por lixiviados, escorreduras, etc. E a franxa de amortecemento non é suficiente para librar o Parque Natural das afeccións causadas pola contaminación da mina.

Sobre este proxecto, o Concello de A Capela, aprobou en pleno, unha moción na que pedía a paralización do mesmo. De levarse a cabo a explotación, deixaría practicamente inutilizada a estación de captación de auga que este concello construíu no río Belelle, a poucos metros augas abaixo da mina, coa perda das inversións correspondentes.

O xacemento está na zona do Pico Vello (colindante e incomprensiblemente excluída do P.N. Fragas do Eume), constituída na súa maior parte por unha fraga mesta e pasteiros, coa presenza de numerosas especies de fauna e flora con interese biolóxico, algunhas catalogadas como vulnerables pola Directiva Hábitat. Esta fraga está incluída na proposta de ampliación da Rede Natura e o monte Fontardión constitúe o único corredor ecolóxico entre o Parque Natural do Eume e L.I.C. Xubia-Castro. O permiso para esta explotación, suporía a perda deste corredor ecolóxico e a destrución irreversible dun inmenso patrimonio natural, e etnográfico (fragas, regos, brañas, muíños, ...)

O roteiro convocado para o día 15 de maio, será un roteiro formativo, de algo menos de 3 km de lonxitude, sobre pistas e sendeiros, no que os participantes poderán coñecer a fraga de Pico Vello. Está confirmada a participación no mesmo de varios expertos que informarán sobre os aspectos xeolóxicos do xacemento, as afeccións da entulleira sobre os ríos, a morfoloxía do Fontardión (no que nacen ata 6 ríos e regatos), a fauna e a flora da zona e aspectos etnográficos como o aproveitamento dos soutos, a xestión dor regadíos, o funcionamento dos muíños... Pola tarde, visitaremos o Museo Etnográfico d'A Capela.

Desde Ferrol, o traslado será en autobús. Sairá ás 10 da mañá desde a Praza de Galiza, diante do Edificio de Correos, con paradas en Caranza, Fene, Cabanas e As Neves. A hora de volta será ás 6 da tarde. Ten un prezo por persoa de 5 € e hai de prazo para apuntarse ata o día 12 de maio no local da SGHN, na Rúa Méndez Núñez, nº11. Teléfono 981-35-28-20.

Enviado por:
SGHN-FERROL
-ferrol@sghn.org-
4 de maio de 2010 16:57
_________________

Enlace para baixar o cartaz de convocatoria do Roteiro en formato PDF

Enlace relacionado:

Ártabra 21: Roteiro polo Pico Vello - Non á Mina de Andalucita !! en defensa do Río Belelle e das Fragas do Eume : Sábado 15 de Maio de 2010

Sitios na rede d'O Pico Vello:
picovello@gmail.com
http://picovello.blogspot.com/
http://picovello-fotos.blogspot.com/
http://fontardion.blogspot.com/
http://picovello.slide.com/
______________________

A sociedade civil galega concreta as conclusións do encontro paralelo celebrado ao redor das políticas pesqueiras da UE


Pesca: Manifesto de Vigo.
Asinado por máis de 70 colectivos e organizacións
Manifesto de Vigo, asinado por máis de 70 colectivos e organizacións onde se recollen as Conclusións do Encontro Paralelo celebrado ao redor das políticas pesqueiras da UE

En documento adxunto achegámosvos o texto íntegro do documento base que será entregado á Axencia de Pesca da UE.

A SOCIEDADE CIVIL POR UNHA RELACIÓN SUSTENTABLE CO MAR:

MANIFESTO DE VIGO
A sociedade civil galega concreta as conclusións do encontro paralelo celebrado ao redor das políticas pesqueiras da UE. Colectivos como A Ría Non se Vende, Ecoloxistas en Acción, Galiza Non se Vende, Marcha Mundial dás Mulleres, Salvemos Pontevedra, Verdegaia, WWF ou Greenpeace asinan un manifesto no que subliñan a necesidade urxente de abordar un modo radicalmente distinto de relación co medio mariño, onde se teña en conta a contorna natural e a protección ás prácticas pesqueiras tradicionais e sustentables.

Numerosas organizacións sociais e ambientais, tanto da sociedade galega, como estatais, recalcan que de seguir así as políticas da UE, o futuro do mar e das súas xentes verase comprometido de maneira irreversible.

Hoxe presentáronse en Vigo as principais conclusións do encontro paralelo sobre pesca organizado pola sociedade civil, que se agruparon ao redor da denominación de Manifesto de Vigo.

Neste manifesto, os colectivos asinantes subliñan a súa análise crítica ao redor de eixos diversos:

Máis do 80% dos stocks están sobreexplotados, un 30% deles por baixo do límite de seguridade biolóxica, e as ¾ partes do peixe que se consome na UE procede de importacións. O peixe que se captura en augas europeas pertence, na súa gran maioría, ao estadio xuvenil, e os pescadores apenas poden cubrir os gastos da súa actividade por non poder competir cos produtos importados.
As rías están a ser contaminadas pola escasa depuración de augas que existe en toda a costa galega e, a contaminación industrial que existe en varios puntos de Galicia como a ría de Pontevedra, Vigo e Ferrol.

O Plan de Portos de Galicia, que pretende instalar 19.000 novos amarres en toda a costa galega, ameaza zonas marisqueiras e lugares de importancia para a pesca artesanal e o equilibrio dos ecosistemas costeiros, esenciais para a sustentabilidade costeira.

A presión da flota europea, e en particular a española, sobre boa parte dos caladoiros mundiais, xera unha industria pirata que abunda nunha cultura neocolonial de expoliación dos recursos pesqueiros dos países menos desenvolvidos.

Por todo iso, a cidadanía, a través do manifesto de Vigo, propón unha serie de alternativas que considera imprescindibles para poder desenvolver unha cultura da sustentabilidade co medio mariño:

1. Necesidade urxente de crear plans de xestión a longo prazo do medio mariño, que teñan en conta elementos tan importantes como a posibilidade de coxestión das flotas pesqueiras artesanais e marisqueiras, un enfoque ecosistémico baseado en argumentos contrastados cientificamente, etc.

2. A creación dunha rede de áreas mariñas, eficaz, dinámica e que teña en conta a todos os axentes implicados na súa creación e sostemento.

3. Acabar coa indefensión do sector pesqueiro artesanal e marisqueiro, ante a destrución da costa e as verteduras ao mar.

Ría de Vigo, 4 de maio 2010

Enviado por:
A Ría non se vende
-arianonsevende@gmail.com-
4 de maio de 2010 19:45
_____________________

Enlace para acceder ou baixar o Documento base que será entregado á Axencia de Pesca da UE - En formato -pdf- 16 páxinas do Servidor de VERDEGAIA

Enlace relacionado:

Ártabra 21: Encontro paralelo á reunión de ministros de pesca da UE en Vigo
_____________________________

martes, maio 04, 2010

En Grecia, como en calquera outro país, o pobo non debe pagar a crise do sistema capitalista !: Mércores 5 de Maio de 2010, Folga Xeral en Grecia

Comunicado internacional sobre a situación en Grecia
¡En Grecia, como en calquera outro país, o pobo non debe pagar a crise do sistema capitalista !
Desde fai unhas semanas, baixo a presión da Comisión Europea e do Fondo Monetario Internacional, o goberno grego ataca aos traballadores do país.

Usa o nivel de endebedamento do país (12,7%) para intentar xustificar unha retroceso social inxustificable. De feito, as taxas de países como Gran Bretaña, o Estado Español, Xapón, Estados-Unidos están tamén por encima do 10%.

Os traballadores de Grecia néganse, con toda a razón, a pagar a crise do sistema capitalista. Os empresarios e os accionistas cebáronse con dividendos, deducións fiscais de todo tipo e soldos astronómicos que lles permitiron adquirir fortunas incribles. Eles deben pagar a crise.

As medidas anunciadas son inadmisibles : 4 persoas de cada 5 que se xubilan na Función pública non serán remplazadas, subida do Imposto ao Valor Engadido do 19 ao 21%, baixa do 10% dos gastos de seguros, conxelación das pensións, redución do 15% dos soldos, idade legal de xubilación fixado aos 67 anos, etc.

Os mesmos bancos e os mesmos especuladores que onte se salvaron da quebra grazas á axuda dos Estados, presionan ás súas poboacións e seguen especulando en detrimento das traballadoras e traballadores. Os gobernos salvaron os bancos sen nada a cambio. Hoxe estes mesmos bancos fan que os pobos paguen. Atacan a Grecia, Portugal está no punto de mira, o Estado Español e Irlanda están ameazados.

En Grecia, xa xurdiron varias folgas e manifestacións masivas. O 24 de febreiro, unha folga xeral paralizou o país. Nós, os sindicatos asinantes, afirmamos o noso apoio ao pobo grego e particularmente á folga xeral do 5 de maio.

Para salvar o seu sistema capitalista, os empresarios e accionistas están organizados ao nivel internacional: o movemento sindical debe actuar cruzando as fronteiras para impor outro sistema que o que explota aos traballadores, saquea os recursos naturais e os países pobres, organiza a fame negra dunha parte do planeta, etc. Queremos avanzar na creación dunha rede sindical alternativa en Europa, aberta a todas as forzas que queren loitar contra o capitalismo, o liberalismo.

¡Por todas partes, desenvolvamos e coordinemos as loitas sociais, e construíndo a resistencia colectiva ao nivel europeo ! Fronte á crise do sistema capitalista, a folga xeral é necesaria. ¡Queremos construíla !

¡En Grecia, como en calquera outro país, o pobo non debe pagar a crise do sistema capitalista !

3 de Maio de 2010

CGT Confederación General del Trabajo
CNT Confèdèration Nationale du Travail (Francia)
Union Syndicale Solidaires (Francia)
CUB Confederacione Unitaria di Base (Italia)
USI Unione Sindicale Italiana (Italia)
SdL Sindicato dei Lavoratori (Italia)
ESK Ezker Sindikalaren Konbergentzia (Euskal Herria)
CI Confederación Intersindical
_________________

sábado, maio 01, 2010

Sartaña Sempre Pública: unha loita veciñal con historia


[Algúns membros do Colectivo Veciñal antes de entrar no Pleno do 29 de Abril de 2010]

O Colectivo Veciñal Sartaña librou este xoves 29 de abril, outra batalla na loita pola recuperación da Praza Sartaña como espazo público.

O goberno levaba a Pleno a incoación de expediente de resolución de contrato coa empresa “Serviocio” despois de que non houbera maneira de alcanzar un acordo amistoso coa empresa, debido ás esixencias económicas da mesma, que se situaban en torno aos 4,5 millóns de euros.

Este Colectivo Veciñal acudíu ao Pleno, porque decidíu que era importante apoiar esta decisión do goberno ainda que considera que chega con certo retraso. En todo caso, é un paso adiante cara aos seus obxectivos.

Como noutros tempos do mandato corporativo anterior, a xente deste Colectivo respostou coa implicación que lle caracteriza e presentouse no Pleno de maneira masiva (ao redor de 40 persoas) co seu uniforme enfundado de camiseta amarela reivindicativa de “Sartaña Sempre Pública”.

Como non podía ser doutro xeito pedíu falar no Pleno previamente ao debate do punto 3 da Orde do Día. Na súa intervención o voceiro explicou de maneira resumida como sucederan as cousas e como estaban no presente, ao mesmo tempo que apelaba ao consenso eo sentido común para sacar adiante o punto (ver documento anexo).

No debate as posturas foron as seguintes:
  • BNG e EU ainda que apoiaban a proposta parecíalles que este pleno chegaba tarde sobre todo tendo en conta que o documento oficial que presentou por rexistro Serviocio, onde pide os 4,5 millóns, ten data de 07-03-08 e botou 2 anos oculto. Ámbalas dúas forzas tiveron loubanzas para os veciños pola loita que mantiveron neste proceso.
  • O PP dixo que se sentía enganado polo goberno por ocultarlle información, e que como non participara en nada, se abstería. Dixo tamén que comprendía que era un compromiso electoral pero que como non se dera presa o goberno, non lle daría tempo de facer a reurbanización de Sartaña antes das elecccións de 2011.
  • IF recoñeceu que a pretensión da empresa era elevadísima y que esta vía podería enquistar o proceso durante anos. Recoñeceu ademais que este tema servíralle ao goberno para gañar as eleccións. Anunciaban que o seu voto sería en contra.
  • O goberno comprometeuse, a arranxar Sartaña o máis axiña posible.
  • O que sí é falso e o titular dun xornal onde se di que o goberno descarta que se poida reurbanizar Sartaña neste mandato (non sabemos a que obedece esta información, que non ten nada que ver coa postura do goberno no Pleno).
  • En resumo, o resultado foi 15 votos a favor, 7 abstencións e 3 en contra.
A avaliación que facemos dende este Colectivo Veciñal é positiva, xa que esta é a única vía para que o máis axiña posible este espazo público se rehabilite dunha maneira axeitada para uso e disfrute de toda a cidadanía.

Saúde e Sartaña Sempre Pública !


Intervención do representante veciñal no Pleno

Boa tarde señor Alcalde, señores concelleiros e señoras concelleiras, veciños e veciñas.

Serei breve.

O goberno de coalición conformado por PP-IF no mandato corporativo 2003-2007, pretendía construir un centro de ocio na Praza Sartaña argumentando interese social e apoiándose nunha suposta demanda da cidadanía, que non era tal.

Soamente tiña o respaldo dos directivos da A. de VV. e o Presidente naquel momento, que facendo deixación de funcións e actuando de maneira antidemocrática non tivo en conta as reivindicacións da veciñanza e consentíu semellante despropósito (por certo, que hoxe probablemente, isto non sucedería co modelo de Participación Cidadá vixente).

Pero é que ademáis, este dirixente veciñal chegou incluso a dicir nin debate televisivo “nos facemos o que nos da a gana

En fin, patético

A pesares das campañas mediáticas realizadas, e da distribución de milleiros de trípticos propagandísticos polo barrio de Ultramar e barrios colindantes, o proxecto pretendido apenas calou na cidadanía, e o único que conqueríu nalgúns casos, foi a confrontación veciñal e a fractura social dun barrio tranquilo, da que ainda non nos demos recuperado.

Para cambiar a intención do goberno non foron suficientes:
  • Nin a forte oposición veciñal polo perxuizo que ocasionaría.
  • Nin as multitudinarias manifestacións rexeitando a edificación prevista e a privatización deste espazo público, respaldadas por unha importante maioría social composta por entidades veciñais, deportivas, culturais, sindicais, colexios profesionais, e as forzas políticas de esquerdas.
  • Nin tampouco as máis de 2000 alegacións feitas nas diferentes fases do proceso.
  • Nin siquera o recurso de reposición interposto por EU.
O caso é que se gobernou con tozudez, empecinamento, e de costas ao pobo.

E froito desa actitude, o mandato corporativo rematou cunha adxudicación a empresa Serviocio, do proxecto de redacción para construcción, xestión e explotación do centro de ocio.

Os resultados das eleccións de maio de 2007 conformaron un goberno de coalición PSOE-EU, que en primeira instancia acordou en Xunta de Goberno no mes de agosto de 2007, paralizar o proxecto para cumplir os compromisos de programa electoral e ao mesmo tempo respectar os acordos de pacto de goberno.

Somos conscientes de que ao longo destes case que 3 anos que levamos de mandato corporativo, houbo intentos por parte do goberno (tanto antes como despois da ruptura) de alcanzar un acordo amistoso coa empresa adxudicataria con resultado insatisfactorio debido ás esixencias económicas da empresa.

Como consecuencia deste desacordo, hoxe estamos aquí porque vaise debater a proposta de resolución de contrato coa empresa, circunstancia que este Colectivo Veciñal apoia e considera de vital importancia, como primeiro paso do proceso para que os terreos volvan estar ao dispor do Concello, e polo tanto o máis axiña posible poder reurbanizar a Praza Sartaña dun xeito digno para uso e disfrute de toda a cidadanía.

Pensamos que a recuperación deste espazo público xa non é soamente unha cuestión de ideoloxía, que tamén, senón que hoxe por hoxe nos tempos que andamos, debería ser indiscutible ter una visión actual e sustentable do criterio urbanístico a aplicar nas cidades, que respecte e humanice os lugares públicos para que poidan consolidarse como puntos de encontro das persoas nas súas relacións, e que por outra banda fomenten os xogos populares e os xogos espontáneos dos nenos.

Temos que recoñecer que foi gratificante no pleno ordinario do pasado Outubro, no que ante a moción presentada polo BNG, que instaba ao goberno municipal a realizar os trámites necesarios administrativos para a paralización e desestimación definitiva do proxecto de construcción do centro de ocio na Praza Sartaña, o resultado foi de 22 votos a favor, 0 en contra, e 3 abstencións.

Apelando ao espíritu de consenso acadado ese día, e tendo en conta que o panorama variou sustancialmente, e que o paso do tempo permite reflexionar con serenidade sen odios nin rancores, gostaríanos a poder ser, que este punto saíra adiante por unanimidade.

Para rematar dicir que este colectivo veciñal, nunca se someteu nin se someterá a intereses partidistas, xa que ten como obxectivo fundamental loitar pola recuperación da Praza Sartaña e non vai regatear esforzos para conquerilo.

Grazas por escoitarnos, saúde, e Sartaña Sempre Pública!

Enviado por:
Colectivo Veciñal Sartaña
-sartanha@galicia.com-
1 de maio de 2010 01:52
_________________________

A Asociación "Fuco Buxan" e o 1º de Maio de 2010

1º de maio: Convocatoria manifestación e artigo de M. Cendán

Marcha reivindicativa que dará comenzo ás 12 do mediodía na Praza de O Inferniño, e que concluirá na Praza de Armas.

"Polo emprego con dereitos e a garantía das nosas pensións"

Baixo este lema, os sindicatos CC.OO. e UGT celebrarán de modo conxunto en Ferrol o 1 de Mayo, Día Internacional do Traballo.

Fuco Buxán sumarase á mesma e fai un chamamento á cidadanía para manifestarse polos nosos dereitos


Ante un primeiro de maio diferente

Artigo de Manuel Cendán  na nosa web: fucobuxan.com

--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
30 de abril de 2010 23:00
Para: fucobuxan@gmail.com
______________________

venres, abril 30, 2010

Audio do programa especial do 1º de Maio en Rádio FilispiM: Debate con activistas de CC.OO, CIG, CNT e USTG

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhU7GoCB6gaV9CvXMYC8zUmBjeq93E8PcRcu_C7Gg2L2K0mtJok816cFzHmkxVyY1EwXOVeA94-WvmghQyIP8IUQstBEfMgATEjYpCuf7VpPC-6XdO1CeMO5Onn9UP4lcJR_mJR/s1600/RFM+Informativos.jpg

O pasado xoves 29 de abril de 2010, as 20:00 h. tivo lugar en Rádio FilispiM, 93.9 FM un PROGRAMA ESPECIAL: 1º de Maio.

Co convite a participar na mesa-debate de integrantes dos sindicatos con representación na comarca: CC.OO, CIG, CNT, e USTG

Poderás ouvir a repetición do programa:
  • Sábado 1 de maio, as 11:00 h. da mañá.
  • Domingo 2 de maio, as 15:00 h. da tarde.
  • No nosso blog opaii.blogspot.com


Descarga o audio

Roteiro polo Pico Vello - Non á Mina de Andalucita !! en defensa do Río Belelle e das Fragas do Eume : Sábado 15 de Maio de 2010

Nas Terras Ártabras, do noreste galego, na parroquia de Goente do Concello d'As Pontes, hai un lugar colindante coas Fragas do Eume, ao que se lle denomina O Pico Vello. Lugar de grande biodiversidade e un incalculábel valor natural e ecolóxico, onde nace, entre outras, unha das fontes do Río Belelle e hai un bosque de especies autóctonas entre outras riquezas naturais dun valor que non ten prezo. Neste lugar é onde unha empresa mineira de capital anglo-sudafricano co nome Picobello Andalucita SL, pretende a explotación, dun xacemento de andalucita que está no subsolo da zona.

A intención da empresa Picobello Andalucita,SL, de explotar o xacimento mineiro, ven de hai xa 10 anos. A empresa foi constituida o 28 de Decembro do 2000, cun capital social de 2.550.000 €, e con enderzo social na Coruña, na Rúa San Andrés, nº 56. De feito a empresa ten levado fai tempo varias toneladas de mostras para a súa análise. E solicitado axudas baseadas en proxectos empresariais alternativos nas comarcas mineiras, destas, foron concedidos case 2,5 millóns euros do Estado e 67.672 da Xunta. A intervención dos colectivos ecoloxistas cando o goberno bipartito, fixo que a Consellería do medio Ambiente paralisara o proxecto.

Un grupo de organizacións e colectivos unimo-nos, para a defensa do lugar d'O Pico Vello, das gadoupas da empresa mineira que pretende conseguir a autorización administrativa para explotar, a ceo aberto, o xacemento de andalucita que hai no subsolo. Serían 277.016 m2 a explotar no seu conxunto, extraendo a ritmo de explotación de 375.000 t/ano, perante uns 12 anos de vida útil da mina.

Queremos conseguir a declaración, para a zona, de Espazo Natural Protexido ou que esta se inclua no Parque Natural das Fragas do Eume. Parte da zona, pretendida pola explotación mineira, xa está incluída na Proposta de Ampliación da Rede Natura.

Mais o avanzado do proxecto de explotación mineira, por parte da empresa Picobello Andalucita,SL, coa complicidade da Xunta de Galicia e do Concello d'As Pontes, dono de 212.597,85 m2 do total da superficie estimada que se vai expropiar, o que supon case o 76,75 %. Pois xa está aprobada unha "Declaración de Impacto Ambiental do proxecto de explotación da concesión mineira" [DOG xoves, 11 de marzo de 2010], o primeiro que temos que facer e intentar paralizar o proxecto e o atropelo que significa a citada concesión mineira.

A defensa cidadá d'O Pico Vello, espazo natural que hai que protexer, está en marcha. Ante todo organización, denuncias, alegacións, cartas, concienciación e mobilizacións.

Dentro da táctica elaborada as entidades e colectivos organizamos un Roteiro pola zona, convocado para o Sábado 15 de Maio. Desde Ferrol poñera-se un Autobús que sairá ás 10 da mañá desde a Praza de Galiza, diante do Edificio de Correos, con paradas en Caranza, Fene, Cabanas e As Neves, a hora aproximada da volta será ás 6 da tarde. O prezo por persoa para o Autobús será de 5 €. Para apuntar-se neste Autobús hai de prazo até o 12 de Maio no local da SGHN, na Rúa Méndez Núñez, nº11 ou Teléfono 981-35-28-20.
_______

Estado versus mercado? O falso dilema

Vicenç Navarro [*]
30.04.2010


Este artigo mostra como a posición liberal que, na súa teoría, salienta a importancia de priorizar os mercados sobre a intervención estatal, non se corresponde na práctica coas políticas públicas que tal posición promoveu, pois -tal como o artigo mostra- as políticas supostamente liberais favoreceron o crecemento de monopolios. Por iso é polo que o debate político e económico non se debe centrar na dicotomía mercados versus estado, senón na discusión de que grupos e clases sociais se benefician do estado.

O desarmamento ideolóxico das esquerdas explica que moitas delas adopten o esquema ideolóxico das dereitas, coas consecuencias que todos estamos vendo: a enorme crise financeira e económica que estamos experimentando, e en cuxa xénese atopamos as políticas liberais promovidas polos gobernos de dereitas e reproducidas en gran número de políticas levadas a cabo por gobernos de centroesquerdas.

Así pois, na Unión Europea (UE), existe consenso nas institucións europeas -desde o Consello Europeo, á Comisión Europea, pasando polo Banco Central Europeo-, de que hai que "apertarse o cinto" e facer sacrificios, o cal quere dicir (na maioría de forums , nos que se realiza, esta chamada á austeridade) que hai que baixar os salarios (a través de reformas do mercado laboral, cuxo resultado será a diminución da capacidade adquisitiva das clases populares), e diminuír o gasto público para reducir o déficit e a débeda pública. Estas políticas desenvólvense dentro dun marco teórico no que se considera que o mercado debe ser o que determine a distribución dos recursos, diminuíndo o intervencionismo do estado que dificulta o desenvolvemento e a eficiencia económica. Hoxe, tanto as dereitas como as esquerdas gobernantes comulgan con este credo. E as diferenzas políticas redúcense a canto mercado versus canto estado necesita a economía. As esquerdas favorecen, en xeral, que o Estado teña unha función reguladora maior e as dereitas que a teña menor. Pero polo demais, ambas -as dereitas e as esquerdas- coinciden en que o mercado debe ser o centro do quefacer económico.

Debido ao enorme dominio das dereitas nos medios de información e persuasión, esta teoría alcanzou a categoría de dogma e como tal reprodúcese a base de fe, en lugar da partir de evidencia científica, posto que esta última demostra claramente que este marco teórico non define a realidade existente hoxe na actividade económica que nos rodea. O Presidente Reagan, o gran gurú do pensamento liberal (a sensibilidade dominante nas dereitas, non só estadounidenses, senón tamén europeas), foi o presidente que aumentou máis o intervencionismo público a base de incrementar considerablemente o gasto público durante o seu manato (de 21,6% ao 23% do PIB) mediante o maior crecemento dos impostos que un goberno federal levou a cabo en tempo de paz en EEUU (reducindo a carga fiscal do 20% de renda superior da poboación, os máis ricos de EEUU, pero aumentando a do 80% restante da poboación) e permitindo un gran crecemento do déficit federal. O crecemento do gasto público dedicouse, predominantemente, a tecnoloxía militar e a subvencións ás grandes corporacións. Como ben dixo o ideólogo do pensamento liberal en EEUU, John Williamson, "temos que recoñecer que o que o goberno Reagan promove a nivel internacional, non o fai no seu propio país" [Institute for Internacional Economics. Wáshington DC. 1986].

O último exemplo da falsidade do modelo teórico "mercado versus estado" é o que ocorre co gasto farmacéutico. O capítulo farmacia consome ao redor dun 25-30% do gasto sanitario na maioría de países da OCDE (en España é o 32%). Iso supón moitos millóns de dólares ou euros. EEUU gasta 250.000 millóns de dólares en produtos farmacéuticos. Agora ben, unha porcentaxe moi elevada (74%) é para comprar produtos que teñen un prezo inflado, resultado de estar patentado. É dicir, que para compensar o que a industria farmacéutica define como custos de investigación, o estado permítelle durante varios anos ter un monopolio na venda do produto, inflando o seu prezo. Non hai, pois, mercado que valla. Segundo o sistema de patentes, o estado non permite que haxa mercado.

Esta práctica ocorre constantemente no mal chamado libre mercado. Bill Gates non existiría se non fose porque o estado deulle o monopolio de Windows, prohibindo alternativas. De aí, a enorme fortuna dun dos personaxes máis ricos do mundo. Non foi o mercado, senón o estado o que creou a Bill Gates (permitíndolle uns ingresos de 60.000 millóns ao ano, o cal non podería ser de non existir tal patente). Pois ben, os custos que supón para a cidadanía o sistema de patentes garantidas polo estado calcúlase que é ao redor dun 6,6% do PIB en EEUU (case a terceira parte dos ingresos ao estado federal). Recorden que en todo iso o mercado non ten nada que ver con iso. Estamos falando dun monopolio garantido polo estado.

Fronte a esta situación, comeza a cuestionarse a situación monopolista garantida polo estado. Así, Dean Baker, do Center for Economic and Policy Research de Wáshington (unha das mentes máis claras dentro da comunidade de economistas estadounidenses), propuxo que o estado sexa o que faga a investigación aplicada (que realiza a industria farmacéutica), ademais da básica (que realiza o goberno federal). Na investigación farmacéutica, o goberno federal realiza a metade de toda a investigación que se realiza en EEUU (nos seus centros de investigación sanitaria e, moi en especial, nos National Institutes of Health: NIH), centrándose en investigación básica (30.000 milloneas de dólares). Se fixese tamén a outra metade, que se centra en investigación aplicada (que agora fai a industria farmacéutica), entón poderían eliminarse todas as patentes, co cal, a sociedade e o estado aforraríanse enormes cantidades de diñeiro, permitindo ademais que o mercado funcionase na distribución do produto. A intervención pública permitiría entón o desenvolvemento do mercado, en lugar de obstaculizalo como agora, abaratando enormemente o produto. Así hoxe, un novo tratamento de cancro, consecuencia dun novo produto baseado na enxeñería xenética, costa 250.000 dólares ao ano, o cal exclúe en EEUU á maioría da poboación. Se non existise a patente (e o estado fixese a investigación) custaría só 200 dólares.

Agora ben, na UE isto non se pode facer, pois a UE prohibe que o estado interveña para eliminar as patentes, substituíndo á industria privada, que require o monopolio. Por iso é polo que o que termina facendo o sacrificio é o usuario. Por que non a industria farmacéutica? Pois a resposta é fácil de obter. Porque a industria farmacéutica é poderosísima. Así de claro. A cuestión non é mercado versus estado, senón ao servizo de quen está o estado. E cando se fai a petición de que "hai que apertarse o cinto" sempre se pensa nas clases populares como as que teñen que facer o sacrificio e nunca nos grandes grupos fácticos que exercen un enorme control sobre as institucións políticas. Ata cando durará esta situación?

Publicado por Vicenç Navarro na revista dixital SISTEMA, 30 de abril de 2010

Fonte: vnavarro.org

[*] Vicenç Navarro, naceu en Barcelona o 1937 e licenciouse en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Barcelona en 1962. Exiliouse de España no mesmo ano pola súa loita anti-franquista, pasando por universidades de Suecia (Uppsala e Estocolmo), onde estudou Economía Política; Gran Bretaña (London School of Economics, Oxford e Edimburgo), onde estudou Políticas Públicas e Sociais; e EEUU (Johns Hopkins University), onde se doctoró en Políticas Públicas e Sociais o 1967. Alí tamén foi nomeado profesor e posteriormente catedrático de Políticas Sanitarias e Sociais, Políticas Públicas e Estudos Políticos desde o ano 1977 [Máis información na wikipedia].
______________________

Actos nas comarcas das Terras Ártabras deste 1º de Maio de 2010, Día do Internacionalismo Proletario, Día Internacional da Loita da Clase Traballadora, Día Internacional da Solidariedade Obreira


1º de Maio de 2010
Día do Internacionalismo Proletario
Día Internacional da Loita da Clase Traballadora
Día Internacional da Solidariedade Obreira

Diante da Crise e da ofensiva Capitalista e Neoliberal contra os dereitos da Clase Traballadora, ás centrais sindicais non foron capaces de conseguir unha vez máis un Primeiro de Maio unitario.

Actos en Ferrol:
  • A manifestación da CIG sairá ás doce do mediodía desde a Avenida de Esteiro, diante dos locais comarcais da propia central sindical até o Cantón.
  • CCOO e UGT acuden unidas, nunha manifestación que partirá ás doce do medio día do Inferniño até a Praza do Concello.
  • A USTG ten previsto un Acto e un Xantar de confraternidade.

Outras centrais sindicais que non celebrán os seus actos en Ferrol
:
  • A COG celebrará unha Concentración n'A Coruña, diante da Delegación do Goberno Español en Galiza.
  • A CNT celebrará unha manifestación de ámbito Nacional en Vigo
  • A CUT celebra un acto Nacional en Vigo.
  • A CGT celebra diversos actos: Ourense, A Coruña e Vigo.

Enlaces relacionados
:

Confederacións Internacionais:

Viva o Primeiro de Maio !!
Viva o Primeiro de Maio !!

Que a Crise a pague o Capital !!
Viva a Clase Obreira !!
Viva o Internacionalismo Proletario !!
Viva o Primeiro de Maio !!
Viva o Primeiro de Maio !!
Viva o Primeiro de Maio !!
Viva o Primeiro de Maio !!
Viva o Primeiro de Maio !!
Viva o Primeiro de Maio !!

____________

A CIG de Ferrol convoca unha Manifestación este 1º de Maio de 2010: “ Emprego e salarios dignos. Non ao pacto social” e “O déficit público que o pague o capital. Reforma fiscal xa!”

Manifestación 1º Maio en Ferrol


Sábado 1 de Maio ás 12 .h, Manifestación con saída dos locais da CIG, en Esteiro, e remate no Cantón. PARTICIPA!


NON Á POLÍTICA DE PACTO SOCIAL

Desde sempre, o sindicalismo nacionalista fixo do 1º de Maio unha data reivindicativa de defensa dos nosos intereses específicos como clase traballadora galega, en solidariedade co resto d@s traballador@s do mundo, opóndonos así aos intentos do capital de dar por rematada a loita de clases e de facer desta data unha xornada festiva máis.

A crise económica, as causas que a provocaron e as saídas que están a propor os poderes económicos e políticos, son demostrativos do carácter de clase do actual sistema de capitalismo neoliberal, xerador dun enorme lucro para os especuladores, claramente ao servizo dos intereses da oligarquía financeira e contrario aos intereses da clase traballadora, cunha redución de salarios, precarización das condicións laborais e recorte dos seus dereitos.

As propostas que se están a facer de saída á crise, por parte da Xunta de Galiza, Patronal e Goberno Central, van dirixidas a recortar gasto público, facilitar o despedimento, privatizar servizos públicos e de asistencia social, rebaixar salarios, etc. Medidas todas elas encamiñadas a que sexa a clase traballadora quen pague as consecuencias da recesión económica, contando ademais coa complicidade de CCOO e UGT que, coa CEOE e o Goberno Español acordan reformas do mercado laboral, e un Pacto de Moderación Salarial para os vindeiros tres anos.

Temos que reivindicar a mellora do poder adquisitivo dos salarios, a estabilidade no emprego, o incremento do gasto público produtivo, unha política fiscal realmente progresiva, a eliminación dos paraísos fiscais, uns servizos públicos e un sistema público de protección social dignos, o apoio aos sectores produtivos, investimentos en I+D+i, a creación dunha banca pública e un forte control e presenza de capital público en sectores estratéxicos como o financeiro, enerxético ou de telecomunicacións.

Este tipo de reivindicacións e de conquistas non van vir, como pretenden facernos crer as centrais sindicais estatais, das chamadas Mesas e Políticas de Pacto Social que practican. Cómpre, pois, mobilizarnos e presionar aos Gobernos Español Galego, para que rachen co neste modelo, e leven adiante unhas políticas públicas orientadas á defensa dos intereses da maioría, no camiño da conformación dun modelo social e económico máis xusto, solidario, igualitario, democrático e galego.

Por todo isto, pedímosche que acudas a estas mobilizacións.

A Executiva Comarcal da CIG de Ferrol.

Enviado por:
Confederación Intersindical Galega
-cig-informa@galizacig.com-
30 de abril de 2010 10:12
________________

Por fin un acordo do Pleno do Concello de Ferrol que garantiza unha Praza de Sartaña Sempre Pública, desbotando o despropósito da "mini-piscina" e que se poida reurbanizar a Praza dun xeito digno para uso e goze de toda a cidadanía


Onte tivo lugar o Pleno Municipal, no Concello de Ferrol, onde se comezou a poñer as bases -co inicio do expediente de resolución do contrato para a elaboración do proxecto, construción e explotación que ten adxudicado a empresa SERVIOCIO-, para evitar a construción do negocio da citada SERVIOCIO,  un cuestionado centro de lecer e seudodeportivo con mini-piscina. O acordado garantiza que a Praza de Sartaña siga sendo pública e que a actuación urbanística que se faga sexa para uso e goze de toda a cidadanía. E non para un negocio privado que querían impoñer desde o anterior goberno municipal da dereita ferrolán [PP-IF], capitaneado polo outrora alcalde e actual senador Juan Juncal. As pretensións da mencionada empresa, para deixar o proxecto, era "roubar" á cidadanía, nada máis e nada menos que 4,5 millóns de euros, das arcar públicas, en concepto de indemnización, cando as únicas actuacións que se fixeron foi a elaboración dun nefasto proxecto e o intento dun par de catas do terreo, abortadas pola oposición veciñal. Pola importancia da noticia transcribimos a continuación o publicado polo xornal comarcal Diario de Ferrol.


[Bancada da Dereita Ferrolá en 2007]


Onte no Pleno Municipal
O goberno descarta que se poida reurbanizar a praza de Sartaña este mandato
REDACCIÓN - 30.04.2010 - FERROL

O goberno municipal comprometeuse onte a ter listo antes de que finalice o mandato o proxecto de reurbanización da praza de Sartaña, no barrio de Ultramar, dando practicamente por descartado que as obras poidan comezar no ano que resta antes das próximas eleccións locais. O pleno da corporación deu onte o primeiro paso ao aprobar cos votos favorables do PSOE, Esquerda Unida (EU) e BNG, a abstención do PP e a postura en contra de Independentes por Ferrol (IF), o inicio do expediente de resolución do contrato para a elaboración do proxecto, construción e explotación dun centro deportivo neste espazo público. Unha actuación que foi adxudicado á empresa Serviocio durante o anterior mandato.

Non houbo pois unanimidade nun punto que foi defendido polo colectivo veciñal que desde un principio se opuxo a esta intervención en Sartaña, e que onte asistiu á sesión plenaria equipados coas camisetas amarelas que luciran durante o pasado cuadrienio de PP e IF. O portavoz da plataforma, José Ramón Jove Vidal, pediu aos grupos municipais que, esquecendo os enfrontamentos e tensións que este proxecto motivou no pasado, o punto saíse adiante por unanimidade. Así mesmo, reclamou aos responsables municipais celeridade para "o máis axiña posible, poder reurbanizar a Praza Sartaña dun xeito digno para uso e disdisfrute de toda a cidadanía".

Aínda que todos os partidos estiveron de acordo en considerar inxustificados os 4,5 millóns de euros que en concepto de indemnización reclama Serviocio ao Concello, tanto as formacións de dereita como de esquerda botaron en cara ao executivo de Vicente Irisarri que ocultase esta demanda, cursada pola empresa fai máis de dous anos, así como a tardanza en tramitar a paralización do proxecto.


[A veciñanza do Colectivo Sartaña Sempre Pública no Pleno - Foto de Polo]

Neste sentido, o concelleiro de Urbanismo, Anxo Mato, sinalou que en todo este tempo "tivemos unha morea de reunións coa adxudicataria" nas que non se chegou a acordo. O edil recordou a contestación social que suscitou este centro deportivo entre os veciños, sinalando que "un patio de cuarteirón non é ou lugar máis axeitado para facer unha instalación destas características".

Os portavoces do BNG e EU, Xoán Xosé Pita e Yolanda Díaz, respectivamente, criticaron ao goberno pola demora que arrastra a reurbanización da praza de Sartaña. Esta obra "parece ou guadiana, xa que aparece non orzamento do 2009 e logo desaparece, inclúese nos fondos do Plan E e depois quitanse", espetou o edil nacionalista.

Pola súa banda, Rey Varela (PP) instou ao PSOE a executar canto antes o seu compromiso cos veciños de Sartaña, recordando que se comprometeu a levala a cabo nos primeiros cen días de goberno e pasaron tres anos, "o que complica moito que no ano que resta de mandato se poida cumprir o obxectivo de ter a nova praza de Sartaña", advertiu o portavoz "popular". Nesta mesma liña manifestouse IF. Primeiro Juan Fernández recordou que o proxecto contou co apoio unánime da xunta directiva da asociación veciñal do barrio, mentres que o seu compañeiro de grupo, Francisco Pita-Romero, avisou de que o inicio do expediente para resolver a concesión pode derivar nun proceso xudicial que atrasaría anos o retorno dos terreos ao Concello.
_____________________________

xoves, abril 29, 2010

Hoxe en directo en Radio Filispim, ás 8 da Tarde Programa Especial do 1º de Maio cunha Mesa-Debate militantes de diferentes centrais sindicais: CC.OO, CIG, CNT, USO, USTG, UXT

Hoxe xoves 29 de abril de 2010, a partir das 20:00 h. en Rádio Filispim, 93.9 FM

PROGRAMA ESPECIAL: 1º de Maio.

Coa participación na mesa-debate de integrantes dos sindicatos con representación na comarca: CC.OO, CIG, CNT, USO, USTG, UXT

Repeticións do programa:

- Sábado 1 de maio: a partir das 11:00 h. da mañá.
- Domingo 2 de maio: a partir das 15:00 horas.
- Na noso blog: www.opaii.blogspot.com

Participa coa túa opinión chamando en directo ao teléfono de Rádio Filispim: 675.431.341

--
Rádio FilispiM, 93.9 FM
A rádio livre e comunitária da Terra de Trasancos emitindo dende Ferrol.
http://www.opaii.blogspot.com

--
Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
www.ateneoferrolan.org

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 | Fax: 981 354 098 | Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204, 1º. CP.15402 | FERROL (A Coruña)

Enviado por:
Ateneo Ferrolán
ateneoferrolan.secretaria@gmail.com
29 de abril de 2010 17:40
___________________

Deportaçons em palestina e assassinatos em méxico

Tempos onde tratam de amedrentar as solidariedades ...  onte o de Laila e iván e hoje, mentres colectivos diversos estamos a preparar em europa umha Comissom Internacional a Chiapas polas constantes agressons que estám a sofrer as comunidades autonomas zapatistas, enteirámo-nos disto:

URXENTE!!!: Atentado a Misión Civil de Observación San Juan Copala, Oaxaca Transcendeu que hai mortos e feridos de gravidade, pero non se confirmaron. APPO, mestres e activistas europeos integraban a misión.

Umha caravana de observaçom de direitos humanos, com compas mexicanxs e internacionais, baleada, com resultado de feridxs, mortxs e desaparecidxs.

Rogamos estejades atentxs nos próximos días ao que poida ir sucedendo tanto em méxico como em palestina.

Pola defessa da terra e do territorio na galiza ou em qualquera lado!

apertas,
t. por FugaEmRede.

Enviado por:

FugaEmRede
tone@fugaemrede.info

28 de abril de 2010 14:27
___________________________

mércores, abril 28, 2010

CNT - Manifestación do 1º de maio en Vigo

A Federación Local da CNT de Ferrol vai participar na manifestación do 1º de maio que a organizáción galega da CNT convoca de xeito unitario na cidade de Vigo, ás 12 horas, con saída na confluencia da Gran Vía e a rúa Urzáiz.

Desde Ferrol haberá autobuses que partirán en dirección a Vigo, saíndo ás 9 da mañá do local da CNT en Ferrol (Avenida de Esteiro, 10), e facendo paradas en Fene, Pontedeume e Betanzos.

Este Sindicato organiza ademáis un acto sindical para o día 30 de abril, ás 20 horas, no seu local social (Avenida de Esteiro, 10), no que falarán Xabier Porto (secretario do Sindicato), Francisco Fernández (traballador do metal) e Eliseo Fernández (historiador).

Neste ano no que a CNT celebra o centenario do seu nacemento (1910) consideramos que a clase traballadora precisa revisar con urxencia o modelo de organización sindical existente. Desde hai moitos anos, o sindicalismo de xestión amosa a súa incapacidade para conseguir ningunha mellora para a clase traballadora, e fracasa miserablemente á hora de defender as conquistas históricas do movemento obreiro.

Nunha data de forte significación histórica como é o 1º de maio, compre lembrar a vella consigna dos nosos antecesores: "A emancipación dos traballadores será obra dos traballadores mesmos". Porque só desde unha maior implicación da clase traballadora na defensa dos seus intereses, poderemos revertir o proceso de perda de dereitos impulsado pola patronal e xestionado polos gobernos do PSOE e o PP.

Por todo elo, neste 1º de maio chamamos á clase traballadora a sair á rúa e participar nas mobilizacións contra a perda de dereitos laborais e contra a lacra do paro.

Nin un só recorte máis!!!

Ferrol, 28 de abril de 2010
Federación Local da CNT de Ferrol

Enviado por:
CNT-Ferrol
ferrol@cntgaliza.org
28 de abril de 2010 16:01
____________________

Sitio web da CNT-Galiza
http://www.cntgaliza.org/
____________________________

Salvemos O Pico Vello


Ante o avanzado proxecto de explotación mineira, por parte da empresa Picobello Andalucita,SL, a complicidade da Xunta de Galicia, tanto desde a Delegación Provincial, con Diego Calvo ao fronte, destacado membro do Partido Popular, e Justo de Benito Basanta, Secretario Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental que aprobou a cuestionada "Declaración de Impacto Ambiental do proxecto de explotación da concesión mineira", e o Concello d'As Pontes, rexido na actualidade por Valentín González Formoso do PSOE, co explícito apoio do anterior alcalde do BNG Vitor Guerreiro, un grupo de persoas sensibilizadas, membras de colectivos e organizacións ecoloxistas e sociais, ante o atropelo que significa a citada concesión mineira reuniron-se para abordar a defensa cidadá d'O Pico Vello, espazo natural que hai que protexer.

Nun principio os colectivos e organizacións que estabamos empeñadas en salvar O Pico Vello, eramos as que nos mobilizaramos en 2007: ADEGA, Colectivo Ártabra 21, Colectivo Fusquenlla, Clube Montaña Ferrol, Federación Ecoloxista Galega, Guerrilleiros d'As Fragas, Lapis Verdes, SGHN  e Verdegaia, co apopio do Concello d'A Capela. Agora xa somos máis, pois somaron-se: O Rabo do Galo, AMAL, Drosera, Hábitat, Saramaganta, Néboa Medio Ambiente e Comité pola Defensa das Rías Altas. E agardamos ser aínda máis. Algún veciño da zona puxo-se en contacto con nós "interesado en organizar mobilizacións e un movimento veciñal contra a mina". Unha amiga sensibilizada criou un Grupo na rede social Facebook, baixo o título "NON á mina de andalucita nas Fragas do Eume", quedando sorprendida do suceso que tivo, con máis de 13.248 membros. Tamén abríu un lugar para depositar firmas de disconformidade, onde xa asinaron máis de 1.525 persoas.

O primeiro encontro para unificar as actuacións na defensa d'O Pico Vello foi o pasado 24 de Marzo. A reunión tivo lugar nos locais do Museo da Sociedade Galega de Historia Natural en Ferrol, logo houbo outras reunións onde xa se foron perfilando as diferentes actuacións e ideias, para accionar contra o proxecto mineiro.

Van-se solicitar entrevistas cos concellos limítrofes. Segundo informou no seu día Fernando Rodríguez Lamela da SGHN, xa tivo que ser a entrevista con responsábeis do Concello de Monfero e o vindeiro 4 de Maio será co de Fene. O obxectivo sería o de informar-lles da situación, da nosa visión do espazo natural e das desastrosas consecuencias dunha explotación mineira no lugar, "pedir un pronunciamento do Concello sobre a explotación, así como suxerir a posibilidade de facer un documento conxunto" cos mesmos.

Presentaron-se denuncias á Fiscalía de Medio Ambiente e de non ter unha resposta en pouco tempo solicitaremos unha entrevista coa mesma. "Tamén acordamos solicitar entrevista coa Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e coa Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas".

Acordou-se redactar unha carta á Rede Natura que posibelmente se avaliará na vindeira reunión.

Informou-se ao medios de comunicación, así como houbo varios medios que se interesaron por conseguir unha información máis detallada como Radiofusión, a Cadena SER, o xornal La Opinión de A Coruña, El País, ...  Tamén chamou La Sexta que emiteu unha información favorecedora a quen nos opoñemos ao proxecto mineiro, calificando-o de "Atentado Ecolóxico". Non faltaron medios comarcais máis modestos como Rádio Filispim ou unha reportaxe nunha publicación da comarca do Eume, "Pegadas".

Acordou-se facer un Roteiro pola zona o Sábado 15 de Maio. Desde Ferrol poñera-se un Autobús que sairá ás 9:30 horas desde a Praza de Galiza, diante do Edificio de Correos, poñendo-se un prezo orientativo de 5 €. Para apuntar-se neste Autobús hai de prazo até o 12 de Maio no local da SGHN, na Rúa Méndez Núñez, nº11 ou Teléfono 981-35-28-20.



Acordou-se poñer faixas pola zona denunciando o proxecto mineiro que xa están colocadas en Ombre, A Capela e Goente: "NON A MINA QUE CONTAMINA", "AUGA PARA A VIDA E NON PARA A MINA", "NON Á MINA - D.E.P. EUME - D.E.P. BELELLE", "POLA DEFENSA DAS FRAGAS E DOS RIOS, NON Á MINA EN PICOBELLO"


Ten-se pensado facer actos con persoas especializadas en fauna, flora e cuestións medio ambientais, posibelmente o 7 de Maio, xa se poda facer a primeira n'A Capela. Ten-se pensado facer outras sobre os aspectos socioeconómicos: ocupación das vías de comunicación polos vehículos das minas, etc.

A nosa acción necesita un apoio económico que nun principio baseara-se nos contributos dos colectivos e organizacións que conformamos a vontade conxunta de Salvar O Pico Vello.

Acordou-se manter unhas reunións semanais, nun principio, todos os mércores, ás 7 da Tarde, nos locais do Museo da SGHN, a seguinte reunión será o Mércores 28 de Abril.


Colectivos e organizacións que conformamos a vontade conxunta de Salvar O Pico Vello:

ADEGA
adega@adega.info
http://www.adega.info/

AMAL
aguaslimpas@gmail.com
http://aguaslimpas.blogspot.com/

Clube Montaña Ferrol
clubmf@terra.es
http://www.clubmontanaferrol.com/

Colectivo Ártabra 21
artabra21@gmail.com
http://artabra21.blogspot.com/

Colectivo Fusquenlla
fusquenlla@sospontedeume.com
http://sospontedeume.com/

Comité pola Defensa das Rías Altas

Drosera
drosera.lugo@gmail.com
http://blogdrosera.blogspot.com/

Federación Ecoloxista Galega
feg@federacionecoloxista.org
http://www.federacionecoloxista.org/

Guerrilleiros d'As Fragas
xeneta@hotmail.com

Hábitat
gnhabitat@yahoo.es
http://www.gnhabitat.org/

Lapis Verdes
lapisverdes@hotmail.com
Blogue Lapis Verdes

Néboa Medio Ambiente
medioambiente@neboa.org
http://neboamedioambiente.org

O Rabo do Galo
rabodogalo@yahoo.es

Saramaganta
http://saramaganta.blogspot.com/

SGHN:
sghnferrol@sghn.org
Web da Sociedade Galega de Historia Natural

Verdegaia
ferrol@verdegaia.org
http://www.verdegaia.org


Sitios d'O Pico Vello:

Enlaces d'O Pico Vello

Outros enlaces
_____________________

luns, abril 26, 2010

Encontro paralelo á reunión de ministros de pesca da UE en Vigo

Ante a reunión que manterán nos primeiros días de maio os ministros de pesca da UE en Vigo, os grupos integrados na rede de colectivos A RIA NON SE VENDE / GALIZA NON SE VENDE pensamos que, na alarmante situación actual, cómpre facer visibles á sociedade os enormes problemas e a ignorada catástrofe que os sistemas de pesca industrial están causando nos océanos, máis a problematica situación do litoral galego, especialmente nas rías e o sector extractivo.

Por este grave motivo, ARNSV/GNSV organiza un encontro paralelo á reunión ministerial con distintos grupos ecoloxistas de Galicia, do resto do Estado e das máis importantes organizacións internacionais, entre as que se contan Greenpeace, Ecoloxistas en Acción, WWF Adena, Océana, Marcha Mundial das Mulleres, Amarante, Altermundo e outras, así como confrarías de pesca e representantes do sector marisqueiro locais.

O encontro terá lugar entre o 27 de abril e o último día da reunión ministerial, o 5 de maio. Nel trataranse os problemas que se expoñen no documento de convocatoria anexo, e constará dos actos e accións que se detallan no programa que engadimos tamén en documento adxunto.

As conclusións do encontro serán recollidas nun Documento que será entregado aos/ás participantes na reunión ministerial.

Programa - Clicar acima da imaxen para ampliar




Enviado por:
AMARANTE Educación
-educacion@amaranteong.org-
26 de abril de 2010 16:27
_________________