luns, xaneiro 20, 2014

Convocatoria da XXII Asemblea Plenaria do Encontro Social de Ferrol Terra – Sábado 25 de xaneiro de 2014

CONVOCATORIA DA PRIMEIRA ASEMBLEA DE 2014 DO ENCONTRO SOCIAL DE FERROL TERRA.-

Proposta de obxectivos e orde do día para a XXII Asemblea Plenaria do proceso de construción do Encontro Social de Ferrol Terra, acompañado da Rede de Apoio Mutuo.

Día: Sábado 25 de Xaneiro.
Hora: 18:00 horas.
Duración: Dúas horas (Aproximadamente).
Lugar: Ateneo Ferrolán (Rúa Madalena 202).

Tipo de Asemblea: Polas circunstancias organizativas que estamos atravesando, o carácter desta Primeira Asemblea Plenaria será deliberativo.

Obxectivos da Asemblea: Analizar erros e acertos do feito, avaliar o aprendido, e deseñar colectivamente un plan de futuro do seguinte proceso de construción do Encontro e a Rede.

Orde do día:
1.- Nomear moderador ou moderadora.
2.- Aprobar ou modificar a orde do día e outras circunstancias da Asemblea.
3.- Abrir unha quenda rotatoria de palabras.
4.- Abrir unha segunda quenda rotatoria de palabras.
5.- Abrir unha terceira e última quenda rotatoria de palabras.
6.- Nomear unha comisión para elaborar o relatorio coas conclusións da Asemblea.
7.- Fixar data, hora, lugar e contido da seguinte Asemblea.

Compañeiras e Compañeiros:

En Maio de 2011, antes das eleccións municipais, miles de persoas tomaban as prazas de moitas cidades no territorio do, polo de agora, Reino de España.  Nacía o Movemento 15M [1], outra forma de encontrar-se, outra forma de debater, outra forma de acción, outra forma de denuncia, outra forma de organización: asemblea e autoxestión. Perante un mes as prazas converteron-se nun crisol de ideas, nunha denuncia integral do sistema, ... nunha asemblea permanente de construción colectiva, nun congreso amplo e sostido no tempo de elaboración de alternativas.

Meses máis tarde, o 23, 24 e 25 de Setembro de 2011, tiña lugar o primeiro Foro Social de Ferrol Terra [2], unha sección local do Foro Social Mundial [3] e irmán do Foro Social Galego [4]. Realizouse cos obxectivos de “fomentar diálogos, propiciar dinámicas de colaboración, criar alternativas e redes para a acción local”. Foron tres días intensos e frutíferos. “Un outro mundo é posíbel”, “Actuando no local, pensando no global”, “Outra Comarca, Outra Democracia, Outra Vida, ...”, eran os seu lemas mais destacados.

O Consello Local deste Foro Social de Ferrol Terra estaba integrado pola Marcha Mundial das Mulleres, A.C. Fuco Buxán; Colectivo Ártabra 21, Comité Cidadá de Emerxencia para a Ría de Ferrol, Foro Galego de Inmigración, Sindicato de Traballadores do Ensino de Galicia, Colectivo OPAII (Ondas Para Activación Información Independente - Rádio Filispim), Asociación Veciñal de Esteiro, Rede de Converxencia Social 'Praza Pública' e varias persoas a nivel individual.

Unhas semanas máis tarde, varias persoas do Consello Local asisten, na localidade de Teo, a un chamamento para formar o I Encontro Social Galego, o 5 de Novembro de 2011. Desenvolvendo-se este, nun clima de concordia, coincidencia e vontade de profundar no proceso de construción dun espazo de diálogo e acción en común, onde se estableceu, no seu transcurso, un diagnóstico común e comezou-se a deseñar algunhas propostas [5] de moito interese. Mágoa de non ter continuidade.

Para poñer en práctica o aprendido no Foro Social de Ferrol Terra, tanto durante o proceso de preparación como neses tres días intensos nos que se desenvolveu o Foro, decídese convocar,  un Encontro Social de Ferrol Terra onde se sintetizara o aprendido do Movemento 15M e do Altermundismo que emana da experiencia do Foro Social Mundial -FSM. A proposta inicial tiña unha forma de esquema xeral [6], onde se resumían as consecuencias das políticas neoliberais e por outra banda as respostas alternativas.

A primeira Asemblea do proceso de constitución do citado Encontro, foi o 27 de Decembro de 2011. A última asemblea do Encontro tivo lugar o 28 de Maio de 2013. Foron 21 asembleas ordinarias que conformaron a primeira etapa de construción do Encontro Social de Ferrol Terra e unha Asemblea Extraordinaria en dúas sesións o 24 de Xaneiro e 5 de Febreiro de 2013, coa temática sobre "A situación da Comarca: diagnose e alternativas".

Pretendía-se a constitución dun Encontro Social (de persoas e organizacións), que debatera, reflexionara e organizara unha resposta unitaria ás políticas neoliberais, de recortes sociais e perda de dereitos, cunha acción en positivo: tecendo unha rede de apoio mutuo.

Foron moitas as xuntanzas, iniciativas, comisións, xornadas, análises e  propostas. Das iniciativas, unhas están en transición, outras callaron e outras non: Arméria Soc. Coop. Galega, Banco de Tempo, Peto Solidario, Tenda de Troco, Viaxes Educativos e  Solidarios, STOP-Desafiuzamentos, Centro Media Información, Alimentos Solidarios, Xustiza Social, Recursos Compartidos, Asemblea Sen Papeis, Axenda Aberta, Finanzas e Seguros Éticos, Hortas Comunitarias, Eventos, Economía Social e Solidaria, ... Trataba-se de poñer os alicerces da construción social, da construción dos contrapoderes que nos axudaran a saír do Capitalismo, unha construción social alternativa real e pedagóxica.

Perante este tempo de actividade, practicamos a asemblea como construción colectiva, aprendemos practicas e conceptos como: horizontalidade, solidariedade, autoxestión, cooperación, asemblea, complementariedade, reciprocidade, portas abertas, democracia, axuda mutua, ..., mais tamén houbo   confrontación e actuacións que axudaron a fraccionar e paralizar. Intereses particulares, individualistas e de facción, alienación social e actitudes destrutivas ... criaron un conflito que freou o proceso de construción do Encontro Social e da Rede de Apoio Mutuo, nun momento de relentización, relaxación e cansazo d@s activistas sociais.

Agora nesta primeira Asemblea plenaria do 2014, teremos que deliberar, analizar erros e acertos, e buscar resposta ás seguintes preguntas:

Que entendíamos cada quen que era o Encontro e a Rede?
Que foi o Encontro e a Rede neste período?
Que aprendemos deste período?
Que deberá ser o Encontro e a Rede de aquí en diante?
Que teremos que facer para conseguir-lo?

En Ferrol Terra, a 10 de Xaneiro de 2013

Enlace para acceder ou baixar a convocatoria en formato -pdf.

Notas.-
[1] Todo sobre o movemento 15M na '15Mpedia'  que é unha enciclopedia libre sobre o 15M
http://wiki.15m.cc/wiki/Portada
[2] Blogue sobre o Foro Social de Ferrol Terra 2011
http://forosocialdeferrolterra.blogspot.com.es/
[3] Web do Foro Social Mundial -FSM.
http://www.forumsocialmundial.org.br/
[4] Sobre o Foro Social Galego
http://www.altermundo.org/tag/foro-social-galego/
[5] Propostas deseñadas no I Encontro Social Galego
http://facendoredes.wordpress.com/2011/11/07/asi-foi-o-i-encontro-social-galego/
[6] Imaxe do esquema xeral da proposta inicial: Podemos cambiar a cor ?
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiM3eef4fi3uQkjSmwoc-XBpCVyTrxBIofJUe7D4sEQYsfVywekkn6B-ZfTK04k-of62EwD-laNX-1-R8gNMO2VYvkOmPK8MnhmUYogN-YN8_kalx9S-Mn1gl22jPu8HX4m8hc/s1600/1-rede+de+apoio.jpg

---

forosocialdeferrolterra@gmail.com
http://encontrosocialdeferrolterra.blogspot.com.es/
_________________

Mídia alternativa avança na Venezuela, ... Por Altamiro Borges - Sobre a Comunicação Alternativa e Comunitária

Por Altamiro Borges [*]
20.01.2014


O amigo Beto Almeida, membro do conselho diretivo da Telesur - emissora pública de tevê criada pelo ex-presidente Hugo Chávez e bancada por vários governos progressistas da América Latina -enviou-me uma alvissareira notícia sobre o avanço da mídia alternativa na Venezuela. Neste final de semana, no Centro de Formação Simón Bolívar, na cidade de Los Teques (Estado de Miranda, ao sul de Caracas), representantes de 473 meios impressos, audiovisuais e digitais se reúnem para elaborar o “Plano Nacional da Comunicação Alternativa e Comunitária 2014-2019”. Em 18 grupos de reflexão, 543 comunicadores populares discutem os mecanismos para o fortalecimento da mídia contra-hegemônica.

Segundo a nota, os presentes decidiram concentrar suas atenções em quatro temas: formação, produção de conteúdo, projetos socioprodutivos e uso responsável do espectro radioelétrico. Entre as propostas na área de formação encontram-se a criação da Escola Nacional de Formação em Comunicação Alternativa e o reconhecimento acadêmico dos saberes dos comunicadores populares. Já no tema sobre produção de conteúdo, os participantes estudam mecanismos para viabilizar os veículos públicos e comunitários, fortalecendo a articulação com o Poder Popular, que terão como objetivo “desmontar as lógicas de dominação e alienação” dos meios privados de comunicação.

Na área socioprodutiva, a proposta principal é a da aprovação de uma Lei de Comunicação Popular, que normatize os investimentos públicos no setor e facilite a execução de novas iniciativas. Também foi destacada a necessidade de se fortalecer o caráter associativo destes meios para torna-los mais eficientes e representativos. Já no que se refere ao uso responsável do espectro radioelétrico, os participantes apontaram que este recurso é limitado e de priorizar a liberdade de expressão da maioria da sociedade e não de reduzidos grupos econômicos. Neste sentido, reforçou-se a proposta de revisão das atuais concessões de rádio e tevê e a de abertura de novos espaços para os meios comunitários.

Durante o evento, que termina neste domingo (19), o representante do Ministério do Poder Popular para a Comunicação e Informação (Mippci) se comprometeu a encaminhar as propostas aprovadas pelos representantes dos 473 meios impressos, audiovisuais e digitais do país. Lendo esta alvissareira notícia fica ainda mais evidente que o Brasil está na “vanguarda do atraso” na discussão sobre a estratégica democratização da mídia.

Domingo, 19 de janeiro de 2014

O blogue do Miro
'Uma tricheira na luta contra a ditadura midiática'
http://altamiroborges.blogspot.com.es/

[*] Altamiro Borges, Jornalista, membro do Comitê Central do PCdoB, editor da revista Debate Sindical e autor do livro “Venezuela: originalidade e ousadia”.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com
19 de janeiro de 2014 23:40

_________________

sábado, xaneiro 18, 2014

Carlos Taibo - Por que o decrecemento? - Moi interesante vídeo


http://youtu.be/aUiizu29th0


Carlos Taibo - Por que o decrecemento?

En maio de 2013, realizaron-se en Ourense un Ciclo de palestras, baixo o título "Creando Alternativas II" organizado por Asemblea Aberta Ourense (AAO-15M). Carlos Taibo foi un dos invitados pola Asemblea Aberta Ourense para dar a cuarta palestra do Ciclo no Salón Noble do Liceo de Ourense. Agora presentamos a intervención de Carlos Taibo que leva o título "Por que o decrecemento?", de moita actualidade.

[*] Carlos Taibo Arias -Madrid 1956, é profesor de Ciencia Política e da Administración na Universidade Autónoma de Madrid, escritor e activista social, partidario activo do movimento polo "Decrecimento". Os seus últimos libros son 'Decrescimento, crise, capitalismo', 'El decrecimiento explicado con sencillez', 'España, un gran país' y 'Que no se apague la luz. Un diario de campo del 15-M'. Forma parte do Consello Editorial de "Sin Permiso" e "Altermundo" | + info

Web persoal: www.carlostaibo.com


Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com
17 de janeiro de 2014 10:00

__________________________

O alcalde de Burgos suspende definitivamente as obras en Gamonal, a veciñanza gaña a súa loita contra o malgasto municipal - En Ferrol tamén houbo mobilización en Solidariedade coa loita veciñal do Gamonal


O Movimento Veciñal do Gamonal consegue dobregar ao alcalde de Burgos do Partido Popular Javier Lacalle, na súa loita contra o malgasto municipal do diñeiro público. o Alcalde burgalés compareceu en rolda de prensa para anunciar finalmente a paralización definitiva das obras no barrio de Gamonal, tras unha semana intensa de protestas veciñais. Na rolda de prensa manifestou: "Vemos a imposibilidade material de executar esta reforma e decidimos a paralización definitiva das obras", e anunciou que "... o luns comezará o acondicionamento da zona".

En Ferrol

A loita veciñal de Gamonal, convirteu-se nun exemplo de que "si se pode" e despertou movimentos de solidariedade en moitas cidades e vilas do, polo de agora, Reino de España, tamén na Galiza.

A mobilización na nosa cidade foi, este venres 17 de Xaneiro, na Praza do Concello de Ferrol, diante do Pazo Municipal: Concentración e Asemblea. O acto converteu-se no punto de encontro da protesta e da solidariedade, falou-se do exemplo da loita do Gamonal, mais tamén valorou-se entre as persoas que interviñeron, o malgasto en Ferrol, e de como se lapidaba diñeiro público en proxectos innecesarios.

Na Galiza, tamén tiveron lugar mobilizacións en Vigo, Lugo, Ourense, Pontevedra, Mondoñedo e Coruña. O movimento nas redes como #GamonalResiste propiciou unha grande onda de solidariedade.

Solidariedade Galega com #Gamonal, #GamonalResiste
Crónica dun conflito anunciado: o bulevar de Gamonal en Burgos | O recorte do gasto social en Burgos estivo orientado a favorecer a dúas grandes empresas, as principais beneficiadas da construción dun bulevar no barrio de Gamonal | Ismael Arnaiz - Burgos | Enlace co artigo.

Paralización definitiva das obras do bulevar de Gamonal. O pobo unido xamais será vencido - 'Diario de Vurgos' | Enlace co artigo.

Un moi interesante artigo de Ignacio Escolar no xornal dixital 'elDiario.es', para entender mellor o porque da loita de Gamonal:
"Que está pasando en Burgos?"
Para entender a que vén a durísima oposición da veciñanza do barrio burgalés de Gamonal ás obras dun simple aparcamiento, hai que remontarse moito. Polo menos un par de décadas | Enlace co artigo.
____________________

mércores, xaneiro 15, 2014

Presentación do libro de Manuel López, "Camiños de Escuma e Vento: notas dunha viaxe á vela polo mar de Galicia", este xoves 16 de Xaneiro, ás 8 da tarde na Galería Sargadelos

Presentación do libro de Manuel López, "Camiños de Escuma e Vento: notas dunha viaxe á vela polo mar de Galicia".

En Ferrol, na Galería Sargadelos

Presentación do libro de Manuel López, "Camiños de Escuma e Vento: notas dunha viaxe á vela polo mar de Galicia", con ilustracións de Xosé Luís Neira Brochs. En Ferrol, na Galería Sargadelos, o xoves 16 de Xaneiro de 2014, ás 8 da tarde.

Organiza: A.C. Fuco Buxán

Interviran:
José Torregrosa
Rafael Pillado
Manuel lópez

http://fucobuxan.net/
_____________

Presentación-Debate en Ferrol arredor do libro "Para que nos serve Galiza?" de Xaime Subiela, xoves 16 de xaneiro ás 8 da tarde no Ateneo Ferrolán

Presentación-Debate en Ferrol arredor do libro "Para que nos serve Galiza?" de Xaime Subiela.

O vindeiro xoves 16 de xaneiro ás 20:00 horas Ateneo Ferrolán acollerrá un debate arredor da reflexión formulada no libro 'Para que nos serve Galiza?', no que intervirán:
  • O autor Xaime Subiela @XSubiela
  • Yolanda Díaz (Parlamentaria e Viceportavoz de Alternativa Galega de Esquerdas) @Yolanda_Diaz_
  • Carlos Neira Cortizas (Economista e investigador social) @calidonia
  • e Bernardo Lorenzo Cuetara (Consultor e coordinador do Espazo ecosocialista en Ferrolterra).
Organizan Editorial Galaxia e Ateneo Ferrolán.

O acto terá lugar na sede do Ateneo na Rúa Magdalena, 202-204 Ferrol.

O libro foi merecente do XII Premio Ramón Piñeiro de Ensaio e nel o xurado -integrado por Luís Alonso Girgado, Miguel Barros Puente, Encarna Otero Cepeda, Carme Vidal Lage e Carlos Lema- valorou de xeito especial a modernidade da análise da situación actual de Galiza e o novidoso da formulación dos retos da sociedade galega de hoxe, así como a visión optimista de futuro que reflite o ensaio. Nota sobre o libro aquí.

Blog do autor arredor do libro: A nación aberta

ATENEO FERROLÁN, UN LUGAR DE ENCONTRO PARA A CULTURA.
Rúa Magdalena 202-204, CP.15402 - Ferrol
Telf.:+34 981 357 970 // secretaria@ateneoferrolan.org
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/

Enviado por:

ATENEO FERROLÁN
secretaria@ateneoferrolan.org

14 de janeiro de 2014 12:48
__________

A asemblea como construción colectiva, ... Por Fernando Cembranos


Por Fernando Cembranos [*]
15.01.2014


Unha asemblea é un encontro de persoas cara a cara no que existe igualdade de oportunidades para participar e no que se pretende conseguir unha resposta colectiva (acordos, accións, plans, coñecemento). A asemblea é a esencia da democracia directa e participativa, é o lugar de maior poder nos grupos, as organizacións e as sociedades que queren ser horizontais.

É un lugar privilexiado para a construción da intelixencia colectiva. Unha asemblea non é só un lugar onde compiten as propostas, senón que tamén pode ser un espazo de creación e de construción do acordo para a intervención.

A práctica de boas asembleas é o resultado dunha complexa obra colectiva que require tempo e aprendizaxe. Pódese aprender a facer mellores asembleas aínda que tamén se pode "aprender" a deterioralas e a manipulalas. Persoas intelixentes reunidas non garanten unha asemblea intelixente.

O coñecemento sobre como funcionan as asembleas é un proceso continuo, aberto, experimental e dinámico. E construír este coñecemento é unha tarefa colectiva.

A experiencia dinos que cada asemblea é única e irrepetible, pero malia isto podemos atopar algunhas dimensións comúns que as distinguen ou clasifican. Estas poden ser o tamaño, a periodicidade, o grado de estruturación ou a natureza dos temas que se tratan. E así nos atopamos con asembleas informativas, operativas, de toma de decisións, creativas, formativas ou organizativas.

Podería dicirse ademais que hai asembleas exemplares, conflitivas, manipuladas, eufóricas, aburridas, motivadoras, bélicas, fértiles, interesantes, divertidas, burocráticas, catárticas, verdadeiras construcións colectivas, sorprendentes, baleiras, empoderadoras, etc.

Unha asemblea pode entenderse como un espazo no que priman o debate e a confrontación ou como un espazo de construción colectiva. O espazo de debate e confrontación con frecuencia mellora as ideas ao ter que sometelas a procesos dialécticos de crítica e superación. Tamén é o lugar en que a miúdo se seleccionan as mellores ideas ao facelas competir con outras. Con todo ao ser un lugar de debate (batalla), presenta algunhas limitacións, tales como a polarización de persoas, faccións e ideas que resultan vencedoras e vencidas. Outra limitación importante é a perda de ideas, pois, ao entenderse como unha confrontación, non se adoitan aportar argumentos favorables ás posturas consideradas opostas, nin tampouco se buscan argumentos desfavorables ás propostas consideradas propias. Outro inconveniente da batalla é que adoita acompañar feridas e en ocasións tamén "mortes" (é dicir, abandonos ou parálises).

A percepción da asemblea como lugar de construción colectiva dá cabida ao debate e á dialéctica, pero vai máis aló, pois moitas veces non pretende só enfrontar propostas senón crealas e trenzalas desde achegas embrionarias, borrosas, parciais ou hipotéticas de acódelas asistentes. Tamén pode crear sínteses novas a partir de ideas desenvolvidas. Nestes casos a atribución do éxito adoita ser colectiva en lugar de persoal ou de faccións. O grupo crea propostas e solucións que antes non había. A resultante é máis que a suma das partes. A resultante é máis que a diferenza das ideas que compiten. A construción colectiva aproveita a diversidade e non a converte en oposición tan axiña como o fai o debate.

Como a atribución do éxito é colectiva non importa desenvolver as ideas doutras persoas ou criticar aspectos das propias.

A través da construción colectiva pode percibirse, en moitas ocasións, que todas as persoas teñen razón ou polo menos parte de razón, o que sucede con menos frecuencia na confrontación e competición de ideas.

A construción colectiva utiliza diferentes tipos de pensamento (pensamento creativo ou hipotético, pensamento operativo, pensamento crítico) tanto coas ideas propias como coas alleas. A mestura destes pensamentos adoita xerar dificultades no debate clásico. Na construción colectiva pódese dubidar en grupo, ou se poden expresar dúbidas sobre as ideas propias.

Hai técnicas sinxelas que poden mellorar as potencialidades dunha asemblea tales como a tormenta de ideas, a división en grupos ou a reflexión previa. O bo desenvolvemento da función de moderación ou facilitación é un dos elementos craves para o éxito dunha asemblea. Pero tamén a idea compartida e vivida de que unha asemblea pode ser unha CONSTRUCIÓN COLECTIVA.

En calquera caso os mínimos imprescindibles para realizar boas asembleas son:
  • Facer a orde do día ou guión da asemblea.
  • Elixir/designar unha persoa moderadora.
  • Pedir a palabra antes de falar.
  • Non saírse do tema que se está falando.
  • Realizar un uso democrático do tempo de palabra.
  • Evitar as falsas oposicións (opoñerse a algo que non se dixo).
  • Pechar os temas con acordos, sínteses ou designación de persoas que o seguen traballando.
  • Rexistrar os acordos e facer a acta.
  • Propoñer a seguinte cita.
  • Ter vontade de traballar polo ben colectivo e os obxectivos principais do grupo.
[*] Fernando Cembranos, psicólogo e autor de numerosas publicacións relacionadas coa animación sociocultural, o ecoloxismo, a psicoloxía social e o emprego. É coautor xunto a José Ángel Medina, do libro "Grupos Intelixentes", obra de referencia para o traballo en equipo e a xestión da intelixencia colectiva. E xunto a outros autores, publicou recientemente o libro "Cambiar as lentes para mirar o mundo", onde suscitan unha nova cultura da sostenibilidade.
---
Un desenvolvemento máis amplo e práctico pode atoparse na recente publicación Guía para realizar asembleas de Fernando Cembranos, Marta Pascual e a Comisión de Educación de Ecoloxistas en Acción (2013, Libros en Acción)


Foto: Asemblea do 15-M na Porta do Sol, de Fernando Sánchez.

Fonte: La marea | 14 de xaneiro de 2014
_______________________

martes, xaneiro 14, 2014

O Grupo Municipal do BNG de Ferrol, presenta o documento: Liñas básicas du Plan Defensa dos estaleiros públicos da ría de Ferrol


MOCIÓN RELATIVA Á SITUACIÓN DO SECTOR NAVAL NA COMARCA E AS LIÑAS BÁSICAS DUN PLAN DE DEFENSA DOS NOSOS ESTALEIROS PÚBLICOS ESTATAIS

O Bloque Nacionalista Galego -BNG, di que "a actual situación na que se atopa a construción naval na nosa comarca, resulta intolerable para esta cidade e para Galiza, por se trataren dunha industria vital para a nosa economía e a nosa propia subsistencia". Ante esta situación a organización política nacionalista de esquerdas, a través do Grupo Municipal no Concello de Ferrol, presenta "un documento que recolle as liñas básicas dun Plan de Defensa dos nosos estaleiros públicos e que, en forma de moción, será debatido no Pleno do Concello de Ferrol o vindeiro 30 de xaneiro".

O BNG quer compartir coa cidadanía e o movimento social de Ferrol Terra a citada proposta e están abertos, para explicar o seu relatorio para "defender e garantir o futuro do sector naval na ría de Ferrol".

Achegan o documento, ao cal pode-se acceder e baixar no enlace que a continuación postamos:

DOC: 'Iniciativa sobre a situación do sector naval na comarca de Ferrolterra e liñas básicas dun Plan de Defensa dos Nosos estaleiros' - en formato -pdf. 386K

Foto Estaleiros de Fene e Ferrol. CC BY-NC-ND de Xoán Porto en Praza Pública.

Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego

Telf: 981.94.40.31
Fax: 981. 94.52.35
bng@ferrol.es

BNG-Ferrol
Rúa Naturista López Seoane, nº 13 baixo
15403 Ferrol
ferrol@bng-galiza.org
Telf.: 981 364 058
Fax: 981356 700
Resp. comarcal:
Mercedes Tobío Rodríguez


Web:
http://www.bng-galiza.org/ferrol/

Correo-e:
bngferrol@gmail.com

Facebook:
https://www.facebook.com/bng.ferrol

Twitter:
https://twitter.com/bngferrol

Información baseada na enviada por:
BNG
-bng@ferrol.es-
14 de janeiro de 2014 13:50
_______________

Esquerda Unida en defensa do dique flotante - Sobre as enmendas presentadas no Senado para a construción do dique flotante en Navantia Ferrol rexeitadas polo Partido Popular


ESQUERDA UNIDA PON DE MANIFESTO A NEGATIVA DO PP DE VOTAR A FAVOR DUNHA ENMENDA DE IU DOTADA 30 MILLÓNS DE EUROS NO SENADO.


Ante a noticia aparecida hoxe nun medio de comunicación, segundo a cal, pode deducirse que Izquierda Unida non votou a favor dunha enmenda para a construción dun dique flotante en Navantia Ferrol, Esquerda Unida, co fin de eludir descontextualizacións ou imprecisións, quere facer as seguintes aclaracións:
  • Izquierda Unida presentou no Senado unha enmenda de 30 millóns para a construción do dique flotante, que o Partido Popular votou en contra, como tamén fixo coa enmenda de 5 millóns do PSOE.
  • Nas enmendas aos orzamentos no Congreso dos Deputados, Izquierda Plural presentou diversas enmendas para o Naval Público ferrolano, por valor de 80 millóns, vinte especificamente para a construción do dique flotante, así como unha serie de investimentos plurianuais que permitiran o seu completo financiamento, que o PP rexeitou.
  • No Parlamento galego, AGE, ven de presentar, nos dous últimos orzamentos de 2013 e 2014, sendas enmendas por máis de vinte millóns de euros en inversión plurianual, que permitirían iniciar a construción do dique, sen sobrepasar o tope de gasto autonómico posible. O Partido Popular votou en contra.
  • Nos orzamentos de 2013, unha enmenda por cinco millóns de euros foi aprobada polo Parlamento de Galicia, cos votos de PSOE e PP. Esa partida quedou sen executar. Tanto o BNG como AGE, abstivéronse nesa votación, o que non significa estar en contra da infraestrutura, senón que é unha forma de manifestar a nosa rotunda  oposición aos brindes ao sol, con cantidades insignificantes que, como quedou demostrado, quedarían sen executar, e corroboran as palabras de Yolanda Díaz, vicevoceira no Parlamento, que cualificou a ridícula partida como unha farsa, un intento de paralizar a mobilización sostida do cadro de persoal.
Javier Galán, voceiro do grupo municipal, quere recalcar o compromiso adquirido polo alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, no seu famoso “contrato cos ferroláns” presentado ante notario antes das eleccións, que toda a cidadanía pode consultar en http://contratoconferrolylosferrolanos.com/ dicía:
2.- Me comprometo a anteponer los intereses de esta ciudad por encima de los del partido. Ferrol es y será siempre una prioridad para este candidato.
Segundo o concelleiro Javier Galán, pasa en Ferrol o mesmo que en Madrid, os programas de goberno son puro fume que non vinculan. A democracia non pode ser depositar un voto na urna cada catro anos, a participación e  o compromiso cos programas vinculan aos gobernantes, polo que unha vez máis reivindicamos que o alcalde de Ferrol rache o carnet do seu partido ou dimita por dignidade e respeto a Ferrol e aos máis de 4000 traballadores e traballadoras das industrias auxiliares que perderon o seu posto de traballo, condenados á exclusión, á emigración ou á falta total de expectativas pola ausencia de políticas activas de emprego e sen posibilidade dunha planificación democrática da economía.

Por outra banda, o coordinador local, Suso Basterrechea, quere recordar o compromiso adquirido en febreiro de 2013 polo Parlamento de Galicia, por unanimidade, compromiso que incluía reivindicar a construción dun dique flotante en Navantia Ferrol, que daría ocupación durante moitos meses a máis de 900 traballadores, ademais de posibilitar novos contratos adaptados aos novos megabuques. Este compromiso debe traducirse en reprobacións a todos os deputados e senadores que votaron contra esta infraestrutura, por incumplir o acordo soberano do pobo galego expresado a través do noso Parlamento.

Esquerda Unida sempre apoiou e apoiará a construción do dique flotante, o levantamento do veto, a inxección de investimentos públicos masivos capaces de conseguir novos contratos que poidan reflotar ao case desaparecido tecido industrial da comarca, o mantemento de todos os postos de traballo en condicións dignas e, en ningún caso, privatizacións, especulacións ou segregacións dos estaleiros da ría.

Ferrol, 10 de xaneiro de 2014

Esquerda Unida de Ferrol
R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda
981944035
www.euferrol.org
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html

Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
10 de janeiro de 2014 16:36

Boa tarde. Remitimos nota de prensa sobre as enmendas presentadas no Senado para a construción do dique flotante en Navantia Ferrol rexeitadas polo Partido Popular. Un saúdo. Secretaría de Comunicación do CPL de Esquerda Unida de Ferrol

__________________

Sobre o mantemento de viais en Ferrol - Esquerda Unida considera que debe revogarse o contrato coa empresa adxudicataria, e iniciar unha xestión pública integral


ESQUERDA UNIDA CRE NECESARIA A REVOGACIÓN DO CONTRATO COA EMPRESA MISTURAS


Segundo Javier Galán, voceiro do grupo municipal o lamentable estado das rúas da nosa cidade son consecuencia directa do empeño do Partido Popular de externalizar servizos, cando quedou máis que demostrado que a xestión de recursos públicos por empresas privadas tan só carrexa emprego precario e servizos diferentes.

A nosa cidade que xa ostenta o vergoñento record na taxa de paro, na de risco de pobreza, na perda de poboación, senón que agora tamén exemplificamos o que non debe ser a xestión do mantemento de viais, que debería facer non só máis confortable a vida da cidadanía, senón, cando menos, posible, cousa que non está a suceder.

O compromiso de hai máis dun ano adquirido polo goberno municipal é evidente que non se está a cumprir, como así o demostran as convocatorias cidadás de protesta, as declaracións de comerciantes e o sentir xeral da cidadanía, que debe saber que cos seus cartos, preto de medio millóns de euros anuais, non se está a solucionar un tema prioritario para o convivir ferrolán, nin tan sequera está habilitada a liña telefónica a que quedou comprometida a empresa adxudicataria para que a veciñanza puidera por de manifesto as irregularidades dos seus barrios.

O mantemento de viais e a reparación de fochas pareceu quedar reducido ás visitas daquel Plan de Barrios que emprendeu o noso alcalde, cando ao seu paso promete investimentos para reparacións defectuosas, e cando non queda un só barrio da nosa cidade no que os veciños poidan dicir que non hai prexuízos polas irregularidades do pavés: A Malata, Santa Mariña, o Ensanche, San Xoan,... son públicos e notorios os incumprimentos no mantemento.

Polo tanto, segundo Suso Basterrechea, considera que debe revogarse o contrato coa empresa adxudicataria, e iniciar unha xestión pública integral, con cuadrillas municipais para acometer as obras de reparación e mantemento, que ademais de asegurar un maior control sobre as mesmas, crearían ese emprego que tanto necesita a nosa cidade e suporían un abaratamento do custo do servizo.

Ferrol, 13 de xaneiro de 2014-01-13

Esquerda Unida de Ferrol
R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda
981944035
www.euferrol.org
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html

Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
13 de janeiro de 2014 14:21

Bo día, Remítese nota de prensa do Grupo Municipal de Esquerda Unida sobre o mantemento de viais e reparación de fochas na nosa cidade. Un saúdo. Secretaría de comunicacion de EU Ferrol

__________________

Foto de Daniel Alexandre no Diario de Ferrol.
______________________

Concentración en Ferrol, como en toda Galiza, ante o asasinato machista de Cervo - O Mércores 15 de Xaneiro, as 8 da tarde na Praza do Concello


Concentración en Ferrol en Repulsa ante un novo Asasinato Machista
.

A COORDENADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA, O MÉRCORES 15 DE XANEIRO ÁS 20H. NA PRAZA DIANTE DO CONCELLO DE FERROL, UNHA CONCENTRACIÓN DE REPULSA POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE ADELA E MARÍA JOSÉ.

Adela López Ramos de 72 anos e María José López Suárez de 44 anos, foron asasinadas polo seu xenro e compañeiro respectivamente na súa casa de San Cibrao no concello de Cervo.

Que a indignación de toda a sociedade saia á rúa para rexeitar o cruel asasinato de Adela e María José e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra nós polo simple feito de selo!!.

Coordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres
www.feminismo.info
nacional@feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
14 de janeiro de 2014 20:10

__________________

Confírmanse a denuncia da CIG: publicado o concurso da privatización do servizo de esterilización

Confírmanse a denuncia da CIG: publicado o concurso da privatización do servizo de esterilización | O anuncio da apertura do concurso para a concesión do servizo saíu publicado no DOUE (Diario Oficial da Unión Europea) do pasado 2 de xaneiro de 2014.

A CIG-Saúde demandaba da consellaría de Sanidade, o pasado 4 de decembro, a confirmación ou desmentido da información que circulaba polos centros hospitalarios do SERGAS segundo a que, a finais dese mesmo mes, se procedería á publicación do concurso para a privatización do servizo de esterilización dos centros hospitalarios. Desde a consellaría non houbo resposta algunha, pero si a publicación do concurso o día 2 de xaneiro. A CIG-Saúde denuncia que para que pasara desapercibido, o anuncio para esta privatización foi publicado no DOUE e nin sequera se informou aos servizos afectados. A data prevista para o inicio dos procedementos de adxudicación é o 1 de marzo e a CIG-Saúde exixe a súa paralización e que a concesión non chegue a ser formalizada.

Segundo a publicación no DOUE o contrato do servizo ascendería a 132 millóns de euros, máis IVE. Para a CIG-Saúde o máis grave é que para a súa privatización non se tivo en conta a opinión dos/as profesionais, xa que nin sequera foron previamente consultados ou recibiron comunicación algunha.

A CIG-Saúde explica que os hospitais públicos do SERGAS contan cos certificados de calidade ISO 9001 que garante a excelencia e calidade do traballo. Este control dos estándares de calidade tamén se fai polos servizos de medicina preventiva dos hospitais. O conxunto do traballo e do control de calidade é prestado por persoal sanitario (TCAEs, enfermeiras/os e médicas/os) e se isto pasa a mans dunha empresa privada tal e como vén de confirmarse “estariamos a falar da privatización da ‘bata branca’, esa que dixeron, tanto a conselleira, como o propio presidente da Xunta que non se ía producir”, denuncia María Xosé Abuín.

A CIG-Saúde advirte do encarecemento de todo o proceso se realmente se chega a efectivizar, xa que o material tería que ser trasladado en camións blindados, con sistemas que preserven un determinado nivel de humidade. De non ser así, o traslado deste material contaminado, en medios de transporte convencionais sería un risco para a poboación.

A ausencia absoluta de transparencia na xestión da consellaría de Sanidade queda evidenciada máis unha vez, xa que con data de 4 de decembro, a CIG-Saúde remitiu un escrito solicitando do SERGAS unha aclaración a respecto deste asunto que nunca chegou a ser contestado. O escrito foi enviado á Directora de Recursos Humanos do SERGAS, ao Director Asistencial e ao Director de Recursos Económicos, Pablo Torres, que é o encargado de publicar os concursos.

Luns, 13 Xaneiro 2014

Adxuntamos enlace co DOUE.

http://ted.europa.eu/udl?uri=TED:NOTICE:601-2014:TEXT:ES:HTML&src=0

A MÁIS PRIVATIZACIÓNS, MÁIS LOITA!!! SANIDADE PÚBLICA E DE CALIDADE!!!

CIG-Saúde Ferrol
647938026 Ana Arto
630594691 Sandra Martínez
670264501 Merche Díaz
981334566 A.Marcide
www.cig-saude.info/ferrol/



Enviado por:

cig-saude.ferrol
-cig-saude.ferrol@sergas.es-
13 de janeiro de 2014 13:46
_________________

EQUO organiza unhas primarias totalmente abertas á cidadanía para elixir @s seus /súas candidat@s para as Europeas'2014


VOTACIÓN PRIMARIAS ABERTAS A CIDADANÍA


Catro candidaturas galegas nas Primarias de EQUO para as eleccións europeas | EQUO é o primeiro partido político que organiza unhas primarias totalmente abertas á cidadanía.

O partido político EQUO, que en Galicia forma parte da coalición Alternativa Galega de Esquerda (AGE), vén de publicar o listado definitivo coas candidaturas para as primarias que a organización celebrará a partir do 22 de xaneiro. Destas primarias sairá a súa lista para as eleccións europeas do 25 de maio de 2014. Entre as 70 propostas, 44 homes e 26 mulleres, atopamos catro candidaturas galegas: Loli Tobío Sueiro, Jesús Pérez Barilac, Óscar Milego Fernández e Benxamín Garrido Rivas.

As primarias de EQUO terán lugar a través dun sistema de elección a dúas voltas. A primeira volta terá lugar do 22 de xaneiro ao 31 de xaneiro. Nesta fase cada votante poderá elixir a súa orde de preferencia entre os candidatos, tendo en conta que se votará de forma separada homes e mulleres. O censo para participar nesta votación pechouse o pasado 12 de decembro e está formado non só por afiliadas e simpatizantes, senón tamén por calquera persoa maior de 16 anos que se rexistrase previamente na páxina web deseñada para tal efecto. En total, unhas 19.000 persoas están chamadas a participar na votación.

As catro persoas máis votadas (dous homes e dúas mulleres) pasarán á segunda volta, que terá lugar do 1 ao 10 de marzo.

Poderán participar nesta votación as persoas afiliadas, simpatizantes e as que se apunten antes do 19 de xaneiro. Desta votación sairá a cabeza de lista de EQUO.

Segundo os co-voceiros de EQUO Galicia, Rosa Rodríguez e Ángel Montero, “é a primeira vez que un partido político leva a cabo un proceso de primarias abertas á cidadanía”. É unha iniciativa que se enmarca na aposta que EQUO vén mostrando dende o seu nacemento por unha maior participación directa da cidadanía e un maior afondamento democrático.

Nas primarias de EQUO non hai listas pechadas nin bloqueadas nin candidaturas oficiais apoiadas polos órganos de dirección, só persoas que presentan candidaturas e persoas que deciden apoialas co seu voto.

EQUO Galicia

equogalicia@proyectoequo.org

http://equogalicia.proyectoequo.org/

EQUO Ferrolterra

equo.ferrolterra@gmail.com

Enviado por:
Equo Ferrolterra
-equo.ferrolterra@gmail.com-
13 de janeiro de 2014 12:22

_______________

Verdegaia denuncia ante a Xunta a tala das fragas e matogueiras autóctonas obxecto de protección no LIC Rio Sor


Verdegaia denuncia ante a Xunta a tala das fragas e matogueiras autóctonas obxecto de protección no LIC Rio Sor.


Alerta da súa substitución por monocultivos de Eucaliptos, Piñeiros e Abetos, principalmente | Esixe a eliminación destas especies foráneas dentro do ámbito protexido.

O pasado mes de decembro, o núcleo comarcal da asociación ecoloxista Verdegaia denunciou ante a Consellería de Medio Ambiente talas e desbroces a eito sobre as fragas e matogueiras autóctonas que integran o novo L.I.C. Rio Sor nos lugares do Freixo, Niño do Azor, Ambosores, Pena do Mouriscón, Fraga de Ambosores, etc., nos concellos de As Pontes, Mañón, Muras e Ourol. Na maioría dos casos a vexetación autóctona obxecto de protección foi substituída por monocultivos de Eucaliptos, Piñeiros e Abetos. Noutros casos, prados e terreos baldíos situados nas marxes do Rio Sor e dos seus regatos tributarios son tamén reforestados con este tipo de especies foráneas dentro do ámbito protexido.

Nalgunhas zonas procedeuse á apertura indiscriminada de camiños e pistas sobre ladeiras de acusada pendente para talar e retirar a madeira das fragas que integran o citado L.I.C., tal e como aconteceu no lugar da Fraga de Ambosores, co conseguinte risco de erosión sobre o terreo.

A empresa madeireira “Maderas Argimiro” é a principal responsábel do esquilme das fragas e matogueiras obxecto de protección nesta área, dado que está a adquirir importante superficie de terreo para reforestalo con Eucaliptos, principalmente. Mais tamén, hai particulares que tamén son responsábeis das desfeitas.

Entre a vexetación forestal integrante das fragas protexidas está o Acivro (Ilex aquifolium); protexido desde o ano 1984 a través da Orde do 10 de decembro de 1984 (D.O.G. nº 240 do 15/12/1984), prohibíndose desde entón a súa corta en estado silvestre. Segundo nos comunicaron de xeito confidencial, nalgúns casos os restos vexetais dos Acivros son agochados ou soterrados para non levantar sospeitas ante unha eventual inspección das autoridades competentes.

Por outra banda, de sobra é coñecido que a maioría das especies do xénero Eucalyptus, fora da súa área de distribución natural, producen efectos moi negativos sobre os ecosistemas debido ao seu carácter invasor e pirófito, entre outros efectos perniciosos, e que polo tanto a súa implantación tanto no L.I.C. Rio Sor como noutros espazos protexidos ou susceptíbeis de selo implica un grave perxuizo para os hábitats naturais e as especies silvestres obxecto de protección.

A sustitución das fragas e matogueiras autóctonas que se pretende preservar no LIC Rio Sor por monocultivos de Eucaliptos, Piñeiros e Abetos vulnera de xeito flagrante tanto a Directiva 92/43/CEE de Hábitats como a Lei 42/2007 do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade.  No caso específico do Eucalipto a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de Montes de Galicia é ben clara cando no seu artigo 44 dispón que “Son deberes específicos das persoas propietarias dos montes privados (…) A conservación da biodiversidade, do réxime hidrolóxico e dos demáis valores ambientais (…). Así mesmo, o apartado 4 do artigo 67 da mesma Lei establece que Quedan prohibidas as reforestacións e as novas plantacións intercaladas co xénero Eucalyptus naquelas superficies poboadas por especies do anexo 1 (…)”; é dicir, as que forman parte das nosas fragas autóctonas.

Desde Verdegaia requírese á Consellería de Medio Ambiente que se adopten as medidas oportunas para paralizar e evitar os desbroces, as talas e as repoboacións forestais con especies exóticas no novo L.I.C. Rio Sor, esixindo a eliminación  de todas as plantacións de Eucaliptos, Piñeiros e Abetos introducidas neste espazo protexido.

Telfs. de contacto:
616039268 (Antom Fortuna)
661636946 (Miguel Fernández).

Asociación Ecopacifista Galega Verdegaia
http://www.verdegaia.org/

Enviado por:
ferrol@verdegaia.org
-ferrol@verdegaia.org-
13 de janeiro de 2014 11:37

_______________

Foto de teresaderibadeo.blogaliza.org.
_______________________________

luns, xaneiro 13, 2014

O BNG acusa ao PP de asinar a pena de morte da enseada da Malata


O Bloque Nacionalista Galego acusa ao Partido Popular de asinar a pena de morte à enseada da Malata e à ría de Ferrol e chama a mobilizarse contra a decisión do Ministerio de Fomento do goberno de España de aprobación de decantarse polo trazado sur para o enlace ferroviario ao porto exterior de Ferrol.

O BNG censura que o Goberno Central, nunha decisión totalmente cuestionábel, se reafirme na alternativa Sur como a máis adecuada para a construción do enlace ferroviario ao porto exterior. en base a propia Declaración de Impacto Ambiental e ao estudio informativo que sustenta esta resolución e que non ten en conta a multitude de alegacións presentadas a este trazado as eivas dos documentos nin a forte oposición social a opción escollida asi como que non se pode considerar ambientalmente viable este proxecto, xa que o mesmo vai incidir de xeito negativo nesta zona como incidiu, no seu día, a decisión de rechear o peirao carboeiro avalada polos partidos estatais en Madrid, As medidas correctoras para salvar a enseada da malata son escasas e ineficaces e fican sen resolver aínda cuestións como, recolle a resolución do 2 de xaneiro, sobre os níveis de ruido en zonas do trazado,algunhas urbanas.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, reitera que o trazado sur, alternativa escollida por Fomento e respaldada polo goberno municipal do PP en Ferrol, só vai aumentar a degradación da ría e da enseada da Malata, que soporta un sector importante na cidade como é o relativo ao marisqueo. Indicou, así mesmo, que o trazado sur é unha alternativa que se escolleu unicamente por un criterio económico, que ten unha dubidosa racionalización en base ao propio estudo informativo, e que o impacto que vai ter sobre a degradación da ría e da enseada da Malata non vai ser mitigado por ningunha medida correctora e menos cando a única que se contempla é unha pasarela peonil que acompañará a este trazado e un viaduto sobre a mesma.

Ferrol 3 de xaneiro de 2014.

Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego

Telf: 981.94.40.31
Fax: 981. 94.52.35
bng@ferrol.es

BNG-Ferrol
Rúa Naturista López Seoane, nº 13 baixo
15403 Ferrol
ferrol@bng-galiza.org
Telf.: 981 364 058
Fax: 981356 700
Resp. comarcal:
Mercedes Tobío Rodríguez


Web:
http://www.bng-galiza.org/ferrol/

Correo-e:
bngferrol@gmail.com

Facebook:
https://www.facebook.com/bng.ferrol

Twitter:
https://twitter.com/bngferrol

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
13 de janeiro de 2014 13:50
http://espazoartabro.blogspot.com/
______________

En perigo o dereito de folga


Transcorridos máis de seis anos desde o estoupido da crise capitalista, e da guerra desatada polo bloque oligárquico–burgués contra a clase obreira e o pobo, o Estado capitalista fixou un novo obxectivo: destruír o dereito de folga dos traballadores e traballadoras.


Un dereito conquistado pola loita obreira.

Os dereitos nunca caeron do ceo, nin foron outorgados graciosamente polas clases dominantes. Foron conquistados historicamente en constante e dura loita por quen non tiña nas súas mans o poder, a forza organizada do Estado. Iso sucedeu co dereito de folga. Foi a dura loita proletaria librada contra o fascismo a que obrigou a recoñecer o dereito de folga recoñecido polo Real Decreto–Lei 17/1977, de 4 de marzo, de Relacións de Traballo, posteriormente regulamentado no artigo 28.2 da Constitución de 1978 e interpretado pola Sentenza do Tribunal Constitucional de 8 de abril de 1981, que mantivo a vixencia do Real Decreto de 1977 aínda que anulando algúns preceptos inconstitucionais.

A concepción empresarial do dereito de folga.

Para a clase obreira o dereito de folga sempre foi o dereito obreiro a parar a produción, a atacar o beneficio capitalista extraído da explotación da forza de traballo. Con todo, no marco da democracia burguesa, o dereito de folga convértese nun dereito formal: vostede ten dereito de folga sempre que non pare a produción, isto é sempre que o exercicio do seu dereito non afecte aos beneficios empresariais. E neste marco debe analizarse o debate sobre os servizos mínimos e sobre a actuación dos piquetes.

Ata a data era habitual que a patronal e o Estado impuxesen uns servizos mínimos claramente abusivos. O obxectivo? Baleirar de contido o dereito a folga, converténdoo nun dereito formal e, con iso, protexendo os beneficios capitalistas. Eses servizos mínimos, polo xeral, eran impugnados xudicialmente polos sindicatos, obtendo na maior parte dos casos sentenzas favorábeis que declaraban abusivos os servizos mínimos meses logo de finalizar a folga, polo que o único que se obtiña era unha indemnización por terse vulnerado un dereito fundamental. Na práctica, os servizos mínimos abusivos eran combatidos pola acción dos piquetes, instrumentos defensivos da clase obreira ante os abusos patronais que trataban de impedir que os obreiros e obreiras parasen a produción a través da folga.
Todo depende da correlación de forzas.

E é que cando falamos de dereitos falamos fundamentalmente de correlación de forzas. A hexemonía da socialdemocracia e do oportunismo no seo das organizacións sindicais, reducindo as reivindicacións ao económico, ao inmediato, sen vinculación algunha cun proxecto emancipador vinculado á loita polo poder, desarmou terribelmente á clase obreira. Impúxose un sindicalismo burgués que terminou atrapado nas redes estatais tecidas para desmobilizar e corromper ás organizacións de clase. A dinámica mobilización–negociación, propia do pacto social, alterouse co estoupido da crise.

A patronal xa non está en condicións nin disposta a ceder, tal e como vimos tralas tres últimas folgas xerais. Ademais, os capitalistas son conscientes da extrema debilidade das organizacións sindicais, enredadas en casos de corrupción que son oportunamente lembrados pola campaña antisindical posta en marcha polos monopolios da comunicación, e sen máis proxecto que ofrecer que a vella monserga dun capitalismo con rostro humano que se torna imposíbel ante os ollos dunha clase obreira esnaquizada, que sofre a diario, que ve empeorar exponencialmente as súas condicións de vida e traballo e comproba nas súas carnes a esencia da ditadura capitalista. Non hai límites infranqueábeis na guerra actual á que se somete á clase obreira: convenios colectivos, dereitos de reunión e manifestación, dereitos de folga… Arrasarán con todo se non o impedimos.

Nós producimos, nós decidimos.

Non hai saída para a clase obreira no capitalismo. A única alternativa é organizar as forzas obreiras e populares para preparar un cambio no poder, para derrocar o capitalismo e levantar un modelo de sociedade protagonizado polas forzas do traballo: o socialismo–comunismo. É un camiño difícil e cheo de perigos, pero é o único camiño se non queremos seguir sendo os escravos do século XXI. E será aínda máis complicado se os monopolios e o seu Estado eliminan o dereito de folga. A única resposta posíbel é deixar claro ao inimigo de clase que só recoñeceremos como lei os intereses da clase obreira e dos sectores populares. Non nos someteremos, seguiremos loitando, seguiremos defendendo a vida fronte á condena a matar que significa a escravitude capitalista.

Non hai vías intermedias, cada día está máis claro nesta guerra de clases: ou eles ou nós.

RMT.

[Fonte: UyL]

Publicado na Revista Dixital o 27 de Decembro de 2013

Actualizacións da web de Forxa! e da Revista Dixital (a 10/01/2014)

Enviado por:
Forxa!! Construír o partido, preparar a revolución!!
-forxagz@gmail.com-
10 de janeiro de 2014 11:22

_____________________

O Grupo Municipal de Esquerda Unida esixe continuar coa rehabilitación e entrega de pisos no barrio de Recimil para o presente ano 2014


O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA ESIXE DO GOBERNO LOCAL DAR CONTINUIDADE NO PRESENTE ANO Á REHABILITACIÓN E ENTREGA DE PISOS BALEIROS  NO BARRIO DE RECIMIL.


A nosa organización non pode darse por satisfeita coas ao redor de 30 vivendas que ata o momento foron destinadas a este fin xa que é necesario recordar son bastantes máis de cen as familias en dificultades que solicitaron no seu momento a inclusión nese plan e que esperan a día de hoxe, sen ningún tipo de información, unha solución a tan urxente demanda. | O grupo municipal de Esquerda Unida espera que o goberno local do PP sexa diligente para dotar ao citado barrio dos servizos e recursos para que a citada ocupación se produza con todas as garantías de normalidade. Do mesmo xeito naqueles asuntos onde a responsabilidade corresponda a outras administracións, como educación, é o Concello o que debe esixir a dotación humana e material oportuna para garantir unha plena integración dos novos residentes.

 O concelleiro de Esquerda Unida, Suso Basterrechea, preguntou hoxe na comisión de servizos sociais sobre a previsión do goberno local no sentido de continuar coa rehabilitación e entrega de pisos no barrio de Recimil para o presente ano. A concelleira responsable do área non puido ofrecer unha resposta á referida pregunta, silencio elocuente e que, se o sumamos á ausencia dunha partida específica nos recentemente aprobados orzamentos do Concello, levan á conclusión de que o goberno que dirixe Rey Varela non ten programado nada neste sentido para o 2014, nin rehabilitación, nin vivenda social, nin políticas de emprego que integren ámbalas dúas cuestións.

Esquerda Unida quere recordar que foron máis de cen as familias que iniciaron en decembro do 2010 todos os trámites que lles permitiron ser incluídas na lista elaborada polo Concello nese sentido. As preto de trinta vivendas entregadas ata a data amósanse claramente insuficientes. A nosa organización é coñecedora de que crece a inquietude entre este colectivo que, ademais, ve como a súa situación familiar agrávase co paso do tempo sen merecer unha explicación ou unha previsión por parte do goberno do PP.

O grupo municipal de Esquerda Unida entende que ademais este labor debería xerar postos de traballo directos. O Goberno municipal non é quen de activar unha bolsa de emprego para rehabilitar as vivendas, confirmando que nin cre no emprego público nin nas políticas sociais de integración. Está moi ben un urbanismo moderno, pero quizáis outros aspectos, como o desemprego, a pérdida constante de poboación e unha cobertura social integral, que é posible,  parece prioritario, ou, cando menos, deberían estar tamén na axenda política dun goberno digno. Non parece normal queixarse do problema demográfico da cidade sen tratar de habilitar políticas sociais e laborais que poidan aliviar unha tendencia de desastrosas consecuencias.

Esquerda Unida tamén quere informar de que o seu referido concelleiro Suso Basterrechea solicitou nunha recente comisión de educación que o Concello de Ferrol esixa da Xunta de Galicia que recupere o profesor de apoio suprimido ao comezo do curso e que obriga agora a compartir entre o colexio de Recimil, o Manuel Masdías e o San Xoán os dous agora destinados a devandito fin. O grupo municipal sempre mostrou o seu rexeitamento a un recorte que, agora, coa chegada de novos nenos ao citado centro de Recimil resulta moito máis evidente.

En conclusión, opacidade, falta de vontade para resolver os conflitos, ausencia de comunicación coa cidadanía caracterizan unha vez máis a este alcalde que, por un lado reivindica no discurso de San Xiao unidade e por outro desacredita as organizacións sindicais, aos partidos da oposición e ao tecido asociativo que defende as persoas con necesidades reais e cotiás máis alá de inalcanzables como o RISGA, que a nosa organización propón substituir por unha Renda Básica Cidadá, máis xusta e solidaria.

Ferrol, 9-1-2014

Esquerda Unida de Ferrol
R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda
981944035
www.euferrol.org
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html

Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
9 de janeiro de 2014 16:41

Boa tarde, Achegamos nota de prensa sobre a nula previsión do goberno municipal de continuar coa entrega das vivendas desocupadas de Recimil, segundo se desprende da actitude da concelleira responsable na Comisión da Área de Benestar Un saúdo

__________________

Foto da Asociación Veciñal San Fernando.
_________________

domingo, xaneiro 12, 2014

O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha nova concentración de protesta, o Luns 13 de Xaneiro, ante a entrada na Ría do 'LNG Bayelsa', cargado con gas natural licuado para a ilegal e perigosa Reganosa


CONCENTRACIÓN EN FERROL,
NA PRAZA AMADA GARCIA
DIANTE DO EDIFICIO DA XUNTA
ÁS 7 DA TARDE, DO LUNS 13 DE XANEIRO

O 'LNG Bayelsa', procedente do porto caribeño, de Port Bony, en Nixeria. É un buque gaseiro de grande porte, pois ten 288 metros de eslora por 49 de manga e un calado de 11,2 m, cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para a ilegal e perigosa Reganosa, ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para o Luns 13 de Xaneiro de 2013. Esta entrada dun buque cargado con gas natural licuado para Reganosa, supón xa a 160, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Esta é a trinta e cinco entrada que se produce despois de ditada a Sentenza polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora, o mesmo Luns, ás 7 da Tarde, en Ferrol, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.


Foto: Carlos Rodríguez (Blogue)

Características do buque.-
Nome.- LNG Bayelsa, Bandeira.- Bermudas, Eslora.- 288 m, Manga.- 48.2 m, Puntal.-62.57 m, Calado.- 12.3 m, Capacidade.- 137.500 m³ de GNL
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PLANTA DE GAS PECHE XA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!
10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada por:

comitecidadan
-comitecidadan@gmail.com-
10 de janeiro de 2014 22:09
____________

xoves, xaneiro 09, 2014

Radiografía das 300 mil vivendas baleiras de Galicia, ... Por Marcos Pérez Pena


Cando nestes días a PAH de Vigo-Tui e Baixo Miño protestaba ante o Concello pola situación de Analía Méndez, sinalaba con frecuencia ao evidente paradoxo de que esta e outras familias poidan quedar na rúa, sen acceso posible a inmoble ningún, cando só no termo municipal vigués hai máis de 18 mil vivendas baleiras. A situación repítese en toda Galicia, onde segundo as cifras do Censo do INE correspondentes a 2011 hai case 300 mil vivendas baleiras (299.396).
Chama a atención, igualmente, que desas 300 mil vivendas baleiras existentes en Galicia, máis de 75 mil foran construídas na última década, coincidindo coa burbulla inmobiliaria, e outras 27 mil correspondan á década dos noventa
120.069 están na Coruña, 78.152 en Pontevedra, 55.936 en Ourense e 45.239 en Lugo. E en total representan case o 30% do total de inmobles principais existentes en Galicia (1.059.233); a proporción é aínda maior en Ourense (40,7%) e Lugo (33,3%) e supera en moito á proporción de vivendas baleiras en toda España (ao redor do 20% do total).

Chama a atención, igualmente, que desas 300 mil vivendas baleiras existentes en Galicia, máis de 75 mil foran construídas na última década, coincidindo coa burbulla inmobiliaria, e outras 27 mil correspondan á década dos noventa. É dicir, máis de un de cada tres inmobles baleiros de Galicia son novos ou case novos.
Por concellos, cómpre salienta que é a cidade da Coruña o que acumula un meirande número de inmobles deshabitados, un total 19.283 vivendas baleiras (4.057 construídas na última década), seguida de Vigo con 18.588 (3.982) e Ourense con 14.561 (3.238). O número é moi elevado igualmente en Lugo, con 12.370 (1.962), Compostela con 9.512 (2.318), Ferrol con 8.318 (914), e Pontevedra con 6.886 (1.549). Vilagarcía, Sanxenxo, Ames, Lalín, Arteixo, Culleredo, Carballo, Monforte ou Narón tamén superan as tres mil vivendas baleiras en todos os casos.

Ante esta situación unha das demandas dos colectivos que traballan por un acceso universal á vivenda, recollido da Constitución, é que as administracións públicas poñan a disposición das persoas sen fogar ou en risco de perder a súa vivenda (por un lanzamento hipotecario ou pola imposibilidade de facer fronte ao pago do aluguer) o parque de vivendas do que dispoñen. Unha das consecuencias da crise económica e do rescate e nacionalización das entidades bancarias quebradas foi que a meirande dos seus activos inmobiliarios foron recollidos pola Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria (Sareb), o chamado banco malo, e de propiedade estatal.

A Sareb acumula activos inmobiliarios valorados en 65 mil millóns de euros, o que a converte sobre o papel na meirande inmobiliaria de Europa, aínda que moitos destes activos terán finalmente un valor moito máis reducido. En calquera caso, o Estado posúe a través do Sareb máis de cen mil inmobles novos e un número moi importante de predios que nos últimos meses comezou a poñer á venda, tamén en Galicia.

Por Marcos Pérez Pena, publicado no xornal Praza Pública 7 de xaneiro de 2014
Licenza Creative Commons by-sa.

Praza   Pública precisa de Ti:
A forza de Praza Pública son os seus lectores e lectoras. Praza é un medio da súa comunidade de lectores. A existencia do xornal depende das achegas realizadas por todos nós [+info].
___________________

Baleiro, ... Por Amadeo Varela


Por Amadeo Varela [*]
09.01.2014


O das gradas dos estaleiros; o das pequenas empresas e comercios pechados; o das vivendas abandonadas; o das cabezas pensantes que terían que atopar solucións para encher tanto baleiro.

Non é a primeira vez que os estaleiros fican sumidos neste clamoroso silencio; máquinas paradas, guindastres inmóbiles e traballadores tristes e silandeiros, desesperados pola falta de traballo que traerá aparellada a falta do soldo con que manter á familia. Non, non é a primeira vez, nin a segunda, pero puidera ser a derradeira se non saímos todos na defensa do traballo, de todo o traballo que, malia ser declarado na Constitución como un dereito e un deber, estase a converter nun privilexio. E hai tamén un doloroso baleiro nos corazóns dos vellos traballadores que investiron toda a  vida nas súas empresas; nos da xente maior, que contemplan impotentes como a vida esmorece sen poder disfrutar da compaña de fillos e netos emigrados. Baleiro, maldito baleiro.

Publicado no Diario de Ferrol | 06.01.2014.

[*] Amadeo Varela Rodríguez -Ferrol 1936, foi traballador de BAZAN, é o autor de "Recordos do vello Racing" publicado no 2000, "Bazan e Ferrol - Unha simbioses perfecta?" (a historia dunha época, "... detrás de cada barco que nace, hai moitas horas de esforzo. Nesa tarefa, miles de traballadores foron gastando a súa saúde e a súa vida") publicado no 2003 e coautor de "Retallos da Memoria II" ("Memorias de neno" sobre a súa vida de pequeno nunha familia republicana perseguida), publicado no 2009. Autor de numerosas cartas e artigos na prensa local. Autor de sitios na rede sobre Ferrol. Cofundador da Asociación San Fernando para defender o Patrimonio Histórico do barrio ferrolán de Recimil contra a súa pretendida demolición, membro do Colectivo Recimil co que promoveu a Plataforma Ártabra 21 e a Plataforma en Defensa dos Espazos Públicos. Na actualidade forma parte do Colectivo Ártabra 21.

Foto: Anxo Miján.
_________________