venres, xuño 06, 2014

En Ferrol o 6 e 7 de Xuño, III Xornadas sobre o Maltrato á Infancia e á Adolescencia - AGAMME - Pobreza e violencia estrutural

A Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME) organiza as “III Xornadas sobre o Maltrato á Infancia e á Adolescencia. Pobreza e violencia estrutural”, nas que contrastados investigadores e profesionais analizarán de qué maneira a actual política de recortes en servizos públicos está a afectar aos dereitos básicos da infancia. As charlas terán lugar no Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena 202-204), o venres 6 de xuño de 17.00h a 21.00h e o sábado 7 de xuño de 10.00h a 14.00h.

Como cada ano, a Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME), celebra as súas Xornadas sobre o Maltrato á Infancia e á Adolescencia que, dende unha perspectiva ampla e multidisciplinar, analizan aqueles problemas sociais afectan aos dereitos dos nenos e as nenas no noso país. Estas terceiras xornadas levan por título “Pobreza e violencia estrutural” e nelas profundizarase na perda de dereitos da infancia que o actual panorama socioeconómico está a causar, levando a un terzo dos nenos e nenas do Estado español aos lindes da exclusión social, tal e como recentes informes publicados veñen de constatar.

Deste xeito, a primeira cita das Xornadas, o venres 6 de xuño, componse dunha serie de relatorios que ofrecerán unha radiografía do actual contexto económico, político e social. As palestras darán inicio, ás 17.15h coa intervención de Diego Costoya, do xornal marxista El Militante, que ofrecerá unha análise da actual situación económico-política que nos leve a saber algo máis do que se agocha tras a tan nomeada “crise”. Ás 18.00h. o profesor David Álvarez, da Fundación para a Ciencia e a Tecnoloxía de Portugal, afondará dende un punto de vista da epidemioloxía social as distintas tipoloxías de violencia que se están a dar na sociedade contemporánea. Xa ás 19.15h chegaralle a quenda a Fernando Blanco, membro de Esculca. Observatorio Galego dos Dereitos Humanos, que nos falará dos centros de menores en Galiza, baixo o título “Centros ou cárceres de menores?”. Para rematar esta primeira parte das xornadas, Santiago González Avión, sociólogo e membro da Asociación Diversidades falaranos da transmisión xeracional da pobreza en Galiza.

A segunda parte das xornadas, desenvolverase na mañá do sábado 7 de xuño, e analizará os efectos que a actual política de austeridade e recortes en servizos públicos está a provocar en nenos, nenas e adolescentes. Para comezar, ás 10h, celebrarase unha mesa redonda sobre educación, na que participarán Guillermo Díaz, do Sindicato de Estudantes, Xabier Sánchez, da Federación ANPAs de Ferrolterra, e Lupe Ces do CEIP M. Masdías de Ferrol. A seguir, ás 11h, analizaranse os principais problemas que deben afrontar os nenos e nenas discapacitados, nun relatorio que correrá a cargo de Lidia Martín, traballadora da Asociación Sociocultural “ASCM” de Persoas con Discapacidade. Ás 11.20h tócalle a quenda a Beatriz Dorrío, psicóloga do Patronato Concepción Arenal, que nos falará dos nenos inmigrantes, da perda de dereitos legais e das afeccións psicolóxicas que experimentan as crianzas que teñen que deixar o seu país de orixe. Xa ás 11.40h, da man de Inacio Martínez, de STOP-Desafiuzamentos afondaremos na perda do fundamental dereito á vivenda.

Logo dunha pausa para o café, afrontaremos a recta final das III Xornadas sobre o Maltrato á Infancia e á Adolescencia. Pobreza e violencia estrutural. Ás 12.30h Raúl Asegurado, educador nun centro de menores, falaranos de protección de menores. Ás 12.50h, Inés Fernández, da ONG Médicos del Mundo, analizará as dificultades para o acceso á cobertura sanitaria dos máis pequenos no Estado español. Por último, ás 13.10h, Cristina Martínez, de Mulleres Xuristas Themis, afondará en cómo a actual política de recortes afecta á defensa legal das crianzas. Ao remate desta última intervención, abrirase un debate co público asistente, no que participarán todos os profesionais e especialistas que interveñen nesta xornada do sábado.

Dende a Asociación Galega contra o Maltrato a Menores agradecemos a asistencia e difusión das Xornadas. Enviamos adxunto o cartel das mesmas e o díptico coa información puntual de cada intervención. Se desexan máis información poden solicitala nos teléfonos 636142012 / 616035193 ou no enderezo electrónico agammeferrol@gmail.com.

Web da asociación:
http://www.agamme.org/




Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
5 de junho de 2014 11:25
_______________

venres, maio 30, 2014

Presentación en Ferrol do libro 'Guía para o desecenso enerxético", da asociación Véspera de Nada', por unha Galiza sen petróleo - No Ateneo Ferrolán, o mércores 4 de Xuño, ás 8 da tarde


PRESENTACIÓN DO LIBRO: “GUIA PARA O DESCENSO ENERXÉTICO”


Todo o que nos rodea está impregnado de petróleo: desde os alimentos que comemos ata os medicamentos que nos sanan. Mais o consumo inxente que practicamos desde hai décadas levounos a alcanzar o teito do petróleo, estancar a súa extracción e alcanzar unha máxima inevitable: cada vez temos menos cru e o pagamos máis caro.
As consecuencias son palpables: vivimos un colapso financeiro e dos mercados, conflitos políticos e sociais, colapso do sistema sanitario e crise cultural e de valores. A rebelión preséntase como única vía para transformación a realidade, apostando polo decremento e o consumo sustentable. Así o cree o colectivo Véspera de nada, que vén de publicar esta Guía para o descenso enerxético, con consellos para que as galegas e galegos comecemos a construír unha Galiza sen petróleo.
Pero, estamos preparados para dispoñer de menos enerxía? Son as renovables un substituto real do petróleo? Está a sociedade industrial e de consumo actual condenada á desaparición? Estamos listos para liderar unha transformación socieconómica e cultural? É posible unha Galiza post-petróleo?

PRESENTACIÓN DA GUÍA EN FERROL.

DATA: MÉRCORES 4 DE XUÑO DE 2014.
HORA: 20:00hs
LUGAR: ATENEO FERROLAN (Rúa Magdalena 202-204 Ferrol)

PRESENTA: Bernardo Maiz (Historiador)

INTERVEÑEN:
  • Manuel Rei (Mecenas da guia).
  • Begoña de Bernardo (Enxeñeira Agrónoma e membro de Vespera de Nada)
  • Xoan Doldan (Economista e Presidente de Vespera de Nada)
---

Máis información:

http://galiza.pospetroleo.com/

Asociación Véspera de Nada, por unha Galiza sen petróleo:
http://www.vesperadenada.org/

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/286630841513316/?ref_dashboard_filter=upcoming&source=1

Enviado por:
miguelanxo@sapo.pt
-miguelanxo@sapo.pt-
25 de maio de 2014 17:32
___________

Exposición – Subasta Solidaria: “Somos Cultura, Somos Imaxe, Somos Artes Plásticas” - Apoio ao Ateneo Ferrolán


Desde o 2 ata o 27 de Xuño.

Este mes de xuño, a quenda é para a pintura, a fotografía e as artes plásticas, que encherán de obras, a sala de exposicións baixo o nome: "O Ateneo somos cultura, Somos imaxe, Somos artes plásticas".

Permanecerá aberta á participación en todo momento. Dende a súa inauguración o día 2 de xuño ata a súa clausura o 27 do mesmo mes, os autores que o desexen poderán doar as súas obras e sumarse á iniciativa.

Outro motivo que fai diferente a exposición é a posibilidade de puxar polas distintas obras. Un exemplo: paséaste pola sala e namóraste perdidamente dunha peza de Suso Basterrechea, ou dun Patinha, ou da lámina de Siro. Miras o seu prezo de saída, parécete ben -e máis aínda ao destinarse o recadado a salvar o Ateneo-, anotas os teus datos e vas facendo un oco na parede ata o último día da exposición.

Chegas o venres 27 de xuño, preparado para levarche o teu cadro baixo o brazo e oh, sorpresa!, catro persoas máis namoráronse del e aumentou o seu prezo. Así que, ou te resignas, ou te resgas un pouco máis o peto.

Ata o momento, a exposición conta con obras de Manuel Patinha, Alfonso Costa, Tino Poza, Suso Basterrechea, Luis Rapela, Spela Trobec, Jesús Balado, María Manuela, Miguel Anxo Varela, Carmen Martínez, Eduardo Pereira, Anxo Alvarez, Xaquín Marín, Siro López, Manolo Rei, Fátima Fernández, Carlos Pereira, Isabel Pintado, Tonia Vázquez, Delio Sánchez, Mª José Leira ....

Pero calquera artista pode sumar a súa obra ás anteriores, sexa unha figura consolidada ou un afeccionado; así haberá prezos alcanzables e poderase chegar a máis público, á vez que se promove os novos autores.

Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
www.ateneoferrolan.org
e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.:  +34 981 357 970 |
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | FERROL (A Coruña)
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
Tamén no Facebook: http://www.facebook.com/pages/Ateneo-Ferrolan/134569549934117
Séguenos en Twitter: @ateneoferrolan

Campaña de APOIO e DEFENSA do Ateneo.
Patrimonio da cidade  APOIA e DIFUNDE!
https://www.facebook.com/pages/Salvemos-o-Ateneo/1430118530577463?ref=hl
http://salvemosoateneo.blogspot.com.es/p/o-ateneo.html

Faite soci@! Colabora con nos!
Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar-Cajarural Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-secretaria@ateneoferrolan.org-
30 de maio de 2014 12:25

______________

Campaña do Foro Galego da Inmigración a prol do dereitos das persoas migrantes - Sábado 31 de maio, ás 11.30hs, no Ateneo Ferrolán


SÁBADO 31 DE MAIO, NO ATENEO FERROLÁN ÁS 11:30hs

ORGANIZA : FORO GALEGO DA INMIGRACIÓN - FERROL

A Campaña pretende concienciar ao conxunto da sociedade galega do forte impacto que as políticas das diferentes administracións públicas están a producir nos dereitos das persoas migrantes e as intolerables situacións que padecen, parte de:

Os aberrantes e vergoñantes  acontecementos que están a suceder nos últimos meses nas Fronteiras españolas de Ceuta e Melilla confirman as denuncias que se viñan realizando de prácticas violentas, posiblemente  delictivas, e en todo caso  irregulares por parte da Policia e da Garda Cívil no “control” desas fronteiras.  Engadimos a iso, o intolerable  anuncio do Goberno Central de realizar cambios lexislativos que regularicen  ese tipo de prácticas (nomeadamente a expulsión inmediata sin garantías legais dos detidos xa no interior do territorio español) e actuacións, que van en contra dos máis elementais principios democráticos e dos dereitos humanos.

E incide, sen esquecer que as agresións que estamos a sufrir afectan ao conxunto da cidadanía, queremos visibilizar neste Documento e nesta Campaña as agresións silenciosas e silenciadas que está a sufrir o colectivo de persoas migrantes, especialmente as que se atopan en situación de irregularidade administrativa, neste momento no Conxunto do Estado e na Galiza.

Salientamos así:

1.- A exclusión sanitaria das persoas migrantes en situación de irregularidade administrativa, que probablemente sexa a maior e a máis cobarde das eliminacións de dereitos básicos constitucionais e humanos que se teñen producido no Estado Español nestes últimos anos. Un “parche” de beneficencia posto en marcha pola Xunta de Galicia, a través do PGPSP, non limita a gravidade deste feito.

2.- A multiplicación das redadas racistas denunciadas por moitos colectivos e asociacións en diferentes zonas do Estado Español. Denunciadas e recoñecidas, tamén polos propios sindicatos policiais. Esas redadas, teñen na Galiza a forma de identificacións selectivas en lugares públicos como estacións de bus ou tren, centros de saúde, prazas pública, zonas de lecer, etc. Teñen tamén a forma da persecución que as brigadas de estranxeiría realizan con persoas que tentando tramitar a documentación necesaria para regularizar a súa situación, se atopan con visitas policiais nos seus domicilios, que son o primeiro paso para a súa posterior expulsión de territorio español. Perseguíndo así, como se foran perigosas delincuentes, ás mulleres que coidan das nosas persoas maiores ou dependentes, por exemplo.

3.- Outros episodios concretos na Galiza que vimos denunciando nos últimos meses serían por exemplo, a persecución do colectivo de vendedores ambulantes formado por nixerianos ou senegaleses na Coruña ou en Lugo; a aprobación nesa primeira cidade dunha nova Taxa por decomiso de mercadoría orientada a perseguir na práctica a estas persoas tentando “roubarlles” o seu único medio de vida . Outro exemplo sería a desafortunada intervención da Policia Local en concellos da zona do Barbanza na persecución deste colectivo, extralímitandose claramente nas súas funcións, ocorrido no pasado Nadal.

4.- Resulta moi preocupante tamén o aumento dos casos de explotación laboral do colectivo de traballador@s migrantes, de forma concreta no ámbito do emprego doméstico. Estas realidades increméntanse polas dificultades que moitas persoas migrantes teñen para renovar as súas autorizacións de residencia, pola nula flexibilidade amosada pola Administración nesta cuestión. Isto regresa a situacións de irregularidade administrativa e de exclusión por tanto, a persoas e familias que podían levar varios anos residindo e traballando aquí de forma regular.

5.- Salientamos, por outra banda, os recurtes de orzamentos nos servizos sociais e a desaparición práctica dos programas e recursos adicados polas administración públicas galegas e estatais ao colectivo de persoas migrantes. De forma complementaria o escandaloso tixeirazo do 70% dos orzamentos adicados pola Xunta de Galiza á chamada “cooperación internacional”, con cifras similares a nivel estatal ou no ámbito das administracións locais.

6.- A situación dos CIEs (CENTROS DE INTERNAMENTO DE ESTRANXEIROS), tamén denunciada hai tempo, segue a ser tremenda. Éstes pequenos “Guantánamos”, onde se hacinan persoas que o único delicto que cometeron foi atoparse nunha situación de irregularidade administrativa, inevitable porque a lexislación non lles permite regularizarse. Espazos para os que o goberno central ven de aprobar unha lamentable normativa de funcionamento e nos que se transgreden de forma sistemática dereitos humanos. Nós últimos meses coñecemos varios casos de falecementos en situación estranas de persoas nestes Centros, tamén a sorprendente intervención da policía antidisturbios no CIE de Barcelona a pasada noite de fin de ano. Unha vergoña que non deberíamos tolerar durante máis tempo.

Por todo iso a Campaña ¡SOS DEREITOS DAS PERSOAS MIGRANTES EN GRAVE PERIGO! que se estenderá ata o mes de xuño de 2014 , pretende buscar o apoio formal de colectivos, asociación, entidades, sindicatos e grupos políticos na defensa dos dereitos das persoas migrantes e contra a persecución policial e administrativa á que se atopa sometido este colectivo na Galiza e no Estado Español.

Foro Galego de Inmigración-Ferrolsusana beatriz alaníz gonzález
sual259@hotmail.com

http://forogi.wordpress.com/2014/05/05/campana-sos-dereitos-migantes/

Enviado por:
columna caranceira
-columnacaranceira@gmail.com-
22 de maio de 2014 11:56
_______________

sábado, maio 24, 2014

Con Reganosa de fondo: Intervención Xudicial de Gas Natural Fenosa, en Italia, para investigar a infiltración da Mafia - Nota de Prensa do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

A xustiza de Italia ordenou hoxe a intervención temporal das sociedades de Gas Natural Fenosa naquel país, no marco dunha investigación iniciada pola Fiscalía de Palermo en prevención a “unha posible infiltración do crime organizado” a través das contratas do grupo.

Gas Natural Fenosa é unha das primeiras accionistas (21%) da Planta de Reganosa e o CCE, hai tempo, ven poñendo de manifesto a súa preocupación por unha serie de operacións, aparentemente especulativas, de descarga de gaseiros para en datas inmediatas volvelo a cargar rumbo a outros países, entre eles Italia. En diversas ocasións e ante distintos organismos solicitou o CCE a investigación destas operacións e unha vez máis insiste nesta demanda.

O 18 de febreiro do 2013, unha representación do CCE, mantivo un encontro co Fiscal Xeral de Galicia a propósito da problemática da Planta de Gas de Reganosa e no amplo dossier presentado, entre as denuncias pola situación de ilegalidade, reafirmada tras a sentenza do Tribunal Supremo, a perigosidade da mesma e a ameaza que supón para a cidadanía o incumprimento de toda a lexislación medio ambiental e de seguridade e o proceso de destrución da Ría de Ferrol (polo uso fraudulento da auga do mar, os verquidos e o recheo ilegal coa complicidade das diferentes administracións) se solicitaba tamén da Fiscalía a investigación seguinte:

É ben coñecido que o estado español, por falta de xacementos, é un obrigado importador de Gas Natural para cubrir as súas necesidades. Solicitamos á Fiscalía que investigue cales e quen son as sociedades que realizan as extrañas operacións de exportación de gas que desde Reganosa se fan a Italia, Israel, Arxentina, Xapón, etc…

Solicitamos coñecer cal é o prezo que o Sistema Gasista paga ás empresas por abastecer de gas natural licuado ao Estado Español e como posteriormente se xestiona a venda de este produto para o mercado exterior unha vez que xa ten producido custes no sistema gasista español que pagamos todos os consumidores.

Solicitamos a esta Fiscalía que dada a situación de evidente ilegalidade, perigosidade e dano medio ambiental inicie actuacións encamiñadas á suspensión da actividade de Reganosa”.

Tamén no mesmo mes de Febreiro 2013, o CCE entregou a Delegación do Parlamento Europeo que visitaba a nosa Ría, un extenso informe no que se aludía a este tema:
"Debido á baixa actividade, Reganosa abriu unha novo negocio á marxe da condicións da Autorización 'unha nova liña de negocio', a participación no mercado do GNL, utilizando a planta como simple depósito para especular en devandito mercado. Sirva respecto diso os seguintes exemplos:

No mes de febreiro de 2011, o gasero SCF Polar carga en Mugardos 68.000 m³ de GNL para transportalos a Italia (A Spezia). Un gas que, poucos días antes, descargara o 'Cheikh o Mokrani', procedente de Alxeria. Por que o gas arxelino fai a ruta Orán- Ferrol- Génova, que supón 4.540 millas náuticas, cando a distancia de Orán a Génova só é de 715 millas?.

O día 13 Maio de 2011 o gasero Norman Lady entra a descargar procedente de Trinidad-Tobago (Point Fortin) 66.094 m³de GNL, logo volve cargar a mesma cantidade e sae o dia 16 rumbo a Arxentina (Bos Aires).

O día 4 de Outubro de 2011 o Gasero 'SCF Polar' -Vello Gasero de 42 anos de antigüidade e bandeira liberiana- procedente das Palmas, entra en Reganosa para cargar 69.700 m³ de GNL con destino a Arxentina que o día anterior descargase o Gasero, 'Catalunya Spirit' procedente de Trinidad-Tobago.

O 3 de Abril de 2012 o gasero 'LNG Catalunya Spirit' procedente de Trinidad-Tobago, descarga preto de 50.000 Tons de GNL e sen soltar amarras, volve cargar e parte o día 7 con destino a Bahía Branca- Arxentina.

A participación especulativa no mercado do gas, aumenta as operacións de risco dos gaseros no interior da Ría. Mais do 60% dos gaseros que operan coa planta de Reganosa son vellos gaseros con bandeira de conveniencia e moitos con máis de 30 anos de antigüidade.

Debe de recordarse os antecedentes

En 1997, a Garda Civil descubriu a xigantesca fraude do gasóleo 'Operación Remolque', que consistía en importalo dicindo que era para exportar, para así eludir o pago fiscal a Facenda, pero realmente vendíase no país. Pois ben, as instalacións de Forestal eran a base de devanditas operacións; a fraude aínda debe de estar sendo investigado polo xulgado. Todos estes datos foron publicados nos medios de comunicación e están recollidos no libro 'Muros de silencio. Corrupción e ameaza en Ríaa de Ferrol. O caso Reganosa', editado pola Asociación Cultural Fuco Buxán en maio de 2007.

Si, a planta de gas de Reganosa é produto dun caso gravísimo de corrupción financeira e política, que ademais incumpre a máis básica normativa de seguridade industrial e medio ambiental estatal e europea. Os problemas que suscita a Planta de Reganosa, resultado da corruptela, son insubsanables. Por iso, a planta debe desaparecer da ría.

10.- Incumprimento de Reganosa de separación de actividades

A DIRECTIVA 2009/73/CE DO PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO de 13 de xullo de 2009 (Documento anexo nº 11) sobre normas comúns para o mercado interior do gas natural, establece que debe haber separación de actividades de xeración (regasificación), transporte (gasodutos) e fornezo a terceiros (cargas de gas a buques e exportación).

Por unha banda, Reganosa estase beneficiando das retribuciones do sistema gasista para o que considera infraestruturas gasistas e gran parte do seu beneficio sae de usar esas infraestruturas para as súas vendas a terceiros países e peaxes por transporte nos gasodutos da súa propiedade, que non beneficia para nada ao sistema gasista español. Os únicos beneficiarios son os seus socios".

Ferrol, 23 de maio de 2014

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada polo:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
23 de maio de 2014 23:48
______________

venres, maio 23, 2014

Defender os dereitos da clase traballadora non é delito! - Realizaron-se concentracións de protesta nas sete cidades da Galiza contra a represión sindical


Delegados/as da CIG, CCOO e UGT concéntranse nas cidades galegas para denunciar a represión sindical e reclamar o indulto para as/os sindicalistas con penas de prisión.


Delegados e delegadas da CIG, CCOO e UGT concentráronse diante da Delegación do Goberno na Coruña, das Subdelegacións do Goberno de Lugo, Ourense e Pontevedra e dos edificios da Xunta de Galiza en Ferrol e Compostela para denunciar as penas “desproporcionadas, inxustas e abusivas” coas que pretenden amedrentar e debilitar a capacidade de resposta da clase traballadora e exixir o indulto para os dous compañeiros e as dúas compañeiras con sentenzas de cadea.

Máis info no xornal dixital Avantar.


En Ferrol360

Máis dun centenar de persoas concéntranse en Ferrol «contra a represión sindical»

Convocados polos sindicatos CCOO, UGT, CIG e USTG ante o edificio administrativo da Xunta de Galicia, foron máis dun centenar as persoas que desde as 12 do mediodía deste xoves acudiron a un acto celebrado conjuntamente en todas as cidades galegas.. ... [Seguir lendo]

MARTA CORRAL | Ferrol | Xoves 22 maio 2014 | 15:20

Foto: Marta Corral en Ferrol360.
_____________

CIG-Navantia reitera que sobra propaganda electoral pero faltan as decisións políticas que darían solución ao naval - O Naval de novo na rúa en demanda de carga de traballo e denunciar falsas promesas electorais


Ante a maquinaria propagandística posta en marcha con motivo do inicio do corte de chapa do flotel

Ante o aparato propagandístico desenvolvido con motivo do inicio do corte de chapa do buque BAP (Buque de apoio a plataforma) a CIG de Navantia manifesta o seguinte:


• É sospeitosa a grande difusión que lle dou ao evento, tanto Navantia invitando á toda a prensa, como dalgún medio público interrompendo a súa emisión para conectar en directo para “que os oíntes escoitasen” o ruído do corte de chapa.

• Tampouco nos pode pasar desapercibido que estamos no peche dunha campaña electoral, que xa comezara co anuncio da construción dun “buque gris”. Non teñen ningún rubor, son os verdadeiros responsábeis da falta de carga de traballo que sufrimos,  e cando poñen un parche á situación, anúnciano a bombo e prato.

• Ao igual que pasou con Barreras, programan o comezo do corte de chapa atendendo a uns intereses electorais, que nada teñen que ver cos fitos construtivos. A día de hoxe non están constituídas as quendas dos cadros de persoal que lle teñen que dar continuidade aos traballos. A previsión é de non comezar o “traballo real” até entrado o mes de xuño.

Así pois, estamos ante unha nova manipulación política dos gobernos, que están máis preocupados dun puñado de votos que de darlle solución ao principal problema que padece esta comarca: a falta de emprego.

Pensamos que a Dirección da empresa ten que deixar de facer campaña política e dedicar os seus esforzos a reforzar a posición comercial, impulsar a innovación e conseguir a carga de traballo que sosteña o emprego nesta comarca.

Volvemos a reiterar que a solución a esta comarca está en decisións políticas, que non queren tomar. Necesitamos un dique, o levantamento do veto xunto á anulación das restricións impostas á contratación de construción civil.

Sección Sindical da CIG Navantia-Ferrol.

Navantia-Ferrol, a 22 de maio de 2014.

Fonte: Avantar

---



En Ferrol 360

Sátira contra as promesas políticas para despedir a campaña do naval de Ferrol

Falsos ministros, alcaldes e presidentes. Billetes que tamén son de mentira e promesas que se leva o vento, seica a choiva incesante deste xoves. Cumpríanse nove horas do corte da primeira chapa para o flotel de Pemex e os traballadores do naval de Ferrol desafiaban ao mal tempo, percorrendo a pé nunha marcha reivindicativa o traxecto que dista entre o astillero de Esteiro e o Cantón de Molíns. ... [Seguir lendo]

Sátira contra as promesas políticas para despedir a campaña do naval de Ferrol | RAÚL SALGADO | @raulsalgado | Ferrol | Xoves 22 maio 2014 | 19:42

Foto: Raúl Salgado en Ferrol360.
_____________

martes, maio 20, 2014

Qué está pasando en Venezuela? - Vídeo


Como entender mellor as razóns da estratexia golpista que está levando a cabo a oligarquía Venezolana en contra do proceso bolivariano?

De que se trata este famoso "golpe suave"?


http://youtu.be/ZV9rqU-CRkk


Esta é unha semente de autodefensa mediática da Universidade Popular do Bo Vivir

Publicado em 13.05.2014 | Minga TV

Minga TV é unha web TV que fai parte do proxecto de Comunicación Popular da Universidade Popular do Bom Vivir, feita en Ecuador.

A Universidade Popular é un espazo de encontro, dialogo e formación política que busca recuperar, experimentar e fomentar prácticas e saberes solidarios e alternativos, tanto populares, como académicos e militantes. Somos mulleres e homes provenientes de organizacións políticas, movementos sociais, e da cidadanía, como parte do proceso de creación do Poder Popular, cun claro compromiso coa construción do socialismo do Bom Vivir.

A Universidade Popular é un observatorio e un laboratorio do Poder Popular, no que colectivamente imos creando conciencias, xerando alternativas concretas... construíndo o Socialismo do Bom Vivir ...
Correo-e:
contacto@universidad-popular.org

Conta no facebook:
https://www.facebook.com/UniversidadPopularBuenVivir

Radio Minga:
http://radiomingauniversidadpopularbuenvivir.ivoox.com

Enviado por:
Eva Golinger
evagolinger@gmail.com
20 de maio de 2014 02:01

____________________

luns, maio 19, 2014

Publicado Ubuntu 14.04 LTS con asistencia durante cinco anos e en galego

Ubuntu 14.04 LTS é unha versión de confianza, seguro e intuitivo para as empresas, gobernos e ensino, tamén é un substituto de baixo custo para Windows XP ou Windows 7. Conectado coa nube e como sempre en galego.

Ubuntu, 14.04 LTS Desktop está dispoñible para descargar desde o 17 de abril de 2014. A Asistencia de longa duración (LTS) recibirá asistencia de Canonical durante cinco anos. É un escritorio estable, fiable, seguro e de baixo custo a longo prazo para implementacións de grande escala dentro das organizacións empresariais e do sector público.

O lanzamento 14.04 LTS ofrece unha experiencia sólida e intuitiva que é doada de xestionar”, Jane Silber, CEO de Canonical. “É unha alternativa viable e accesible para as empresas que meditan o cambio de Microsoft”.

Hoxe, Ubuntu está a ser amplamente utilizado pola Gendarmerie, Penn Manor School District, o goberno de Uttar Pradesh, na Universidade de Delhi, e do Goberno da India. Moitas destas organizacións substituíron Windows para reducir custos. Por exemplo, a Gendarmerie francesa reduciu os custos nunha proporción do 40%, mentres que Penn Manor School District en EEUU aforrou máis de 360 ​​mil dólares o primeiro ano *.

Ubuntu fornece unha base forte, segura e esta versión recibirá cinco anos de actualizacións de seguridade gratuítas. CESG do Reino Unido, o organismo do goberno, que avalía os sistemas operativos e software de seguridade, recentemente atopou Ubuntu como o ambiente de traballo máis seguro.

Os usuarios obterán unha mellor experienca, con melloras na interface Unity. O lanzamento tamén inclúe compatibilidade cos formatos de ficheiro de Windows, solucións na nube baseadas no navegador e a suite LibreOffice compatible co Office de Microsoft.

Ubuntu 14.04 LTS é óptimo para escritorios e portátiles con áreas multitáctiles e pantallas táctiles, tamén inclúe compatibilidade para pantallas con alta densidade de píxeles (DPI). Isto significa que os usuarios poden tirar o máximo proveito do máis novo hardware no mercado.

A versión 14.04 LTS terá un desenvolvemento continuo para unha verdadeira converxencia entre escritorio, teléfono e tablet. A tenda de aplicacións de Ubuntu está crecendo con aplicacións do ecosistema de desenvolvedores que están a usar o Ubuntu SDK para crear aplicacións que funcionan a través de teléfono, tablet e escritorio; efectivamente, calquera dispositivo Ubuntu. Estas aplicacións redimensiónanse automaticamente para facer o mellor uso do espazo dispoñible, mantendo a mesma funcionalidade, e todo desde o mesmo código base. Os creadores de Ubuntu poden programar unha vez e chegar a un universo cheo de dispositivos diferentes.

En Ubuntu 14.04 LTS, os usuarios tamén teñen a opción de probar Unity 8, a interface de usuario de próxima xeración que están rodando en teléfonos e tabletas.

Ubuntu véndese actualmente en todo o mundo, pre-cargado no hardware de socios, incluíndo Dell, HP e Lenovo. Canonical traballa en estreita colaboración con estes socios para probar e facer seguro a Ubuntu, e seguirá a facelo co 14.04 LTS.

Ubuntu 14.04 LTS [Descargas]

orixinal en inglés

Fonte: http://www.ubuntinho.com/

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
19 de maio de 2014 08:15
________________________

domingo, maio 18, 2014

Defender a língua nom é delito! - NÓS-Unidade Popular exige a imediata absolviçom de tod@s @s processad@s por defender a nossa língua o 8F


Nos próximos dias 20, 22 e 23 de maio decorrerá em Compostela o julgamento contra  12 patriotas que, em fevereiro de 2009, junto a centenas de galegas e galegos, enfrentárom o desafio que ao nosso povo lançou a manifestaçom fascista convocada por Galicia Bilingüe em contra da nossa língua.

A nossa organizaçom estivo presente e participou nessa histórica jornada, na qual, se combateu com firmeza ao espanholismo mais reacionario e retrógrado ruas da capital da Galiza.

Naquela data, nom faltarom à convocatória destacados dirigentes do PP, como Alfonso Rueda ou Carlos Negreira, de UPyD, com Rosa Diez à cabeça, e membros de Falange que, dérom coberturà a inaceitável marcha que polas ruas compostelanas pretendeu transmitir a falsa ideia de umha suposta “imposiçom do galego”.

Para desenvolver aquela farsa, nom duvidárom em recorrer ao deslocamento de autocarros de diferentes pontos do Estado espanhol, como Salamanca ou Madrid, entre outros.

Após dous adiamentos, @s processad@s chegam a esta nova vista com petiçons de penas de prisom que somam 46 anos e umha multa de 34.000 euros. Entre eles e ellas, encontra-se o nosso companheiro Abraám Alonso Pinheiro, membro da Direçom Nacional da Unidade Popular.

Galicia Bilingüe, como umha associaçom interesseiramente magnificada e sobredimensionada polos media burgueses que apostam na definitiva eliminaçom da nossa língua e no menosprezo da nossa identidade nacional, cumpriu entom o seu papel e, posteriormente, praticamente desapareceu do mapa político e mediático da galiza.

Porém, NÓS-Unidade Popular, como organizaçom consciente e conseqüente com a defesa da nossa língua, nom esquece e mostrará todo o seu apoio nas concentraçons  previstas no tribunal do penal Nº 2 de Compostela, com a participaçom da nossa militáncia.

Portanto, a Unidade Popular, que viveu a sanha e brutalidade com que a polícia espanhola reprimiu as legítimas mostras de indignaçom perante aquela ofensa à nossa identidade, quer expressar a sua completa solidariedade e apoio com todas as pessoas julgadas.

Denunciamos a tentativa de criminalizar o movimento em defesa da nossa língua e apelamos à participaçom massiva nas concentraçons convocadas nos três dias de julgamento, a começar pola terça-feira, 20 de maio, às 9:00 horas, às portas dos tribunais de Fontinhas em Compostela.

Defender a língua nom é delito!

Direçom Nacional de NÓS-Unidade Popular

Galiza, 16 de maio de 2014
NÓS-Unidade Popular | Correio-e: nacional@nosgaliza.org | nosup.imprensa@gmail.com | Telefones: Porta-Vozes: 659 306 973 (Rebeca Bravo), Responsável Nacional de Imprensa: 616 868 589 (Carlos Morais) | Responsável Nacional de Organizaçom: 669 778 474 (Bruno Lopes Teixeiro) | Sede Nacional: Rua Costa do Vedor 47, rés-do-chao. Compostela. Galiza | web: www.nosgaliza.org | twitter: @nosgaliza .

Enviado por:
NÓS-Unidade Popular NÓS-UP
-nosup.imprensa@gmail.com-
16 de maio de 2014 16:26

__________________

venres, maio 16, 2014

As leis da competencia na esquerda


Polo seu interese e actualidade, publicamos a última editorial da revista dixital 'Somos Ninguén -Ideas para o común', titulada 'As leis da competencia na esquerda', publicada o 14 de Maio de 2014
. Agardamos que sexa de proveito para o pensamento e a acción.


En tempos de reestruturación capitalista, hai moitos síntomas que nos axudan a diagnosticar algunhas doenzas da esquerda contemporánea. A da fragmentación é unha das principais. Responde coma un reflexo nun espello á lóxica que o mando imprimiu nas relacións de produción, é unha manifestación aguda da hexemonía cultural do poder. Un proletariado fragmentado, e por tanto sen recoñecerse, desposuído de identidade, perde capacidade para enfrontarse eficazmente ao dominio e ao control, para sequera identificalos como tales, e en fases críticas, a súa resposta á reestruturación é lenta e feble.

A fragmentación traslada o antagonismo. Da loita de clases á competencia entre iguais mediante a despersonalización colectiva. A unidade, pola contra, prodúcese a partir de identidade recoñecida e de conciencia conquistada, conciencia das necesidades, como apuntaba Engels. Así se expresan estas lóxicas antagónicas, con maior intensidade en días de disputa política electoral: enquisas, interpretacións e a realidade reconstruída polos medios de comunicación. En primeiro termo, as dúas pólas do Partido da Orde (Partido Popular e Partido Socialista) teñen reservado espazo para o simulacro de competición; ao fondo, as esquerdas obrigadas a competir entre si polo reparto dos restos. Esa é a foto fixa do sistema e do réxime de representación. No espectáculo non hai lugar para a improvisación. A sorpresa non se concibe; por tanto, non existe.

Mal fará a esquerda se lle apón derrotas e sufrimentos só á perversidade e á intelixencia do poder. O poder é perverso e intelixente, sen dúbida, pero conta coa aquiescencia involuntaria dunhas organizacións diluídas nas lóxicas da competencia. A competencia proxecta no plano político a sombra da intervención mercantil noutros campos sociais, unha intervención que despraza sistematicamente as funcións dos produtos materiais ou inmateriais deses ámbitos ata convertelos en puras mercadorías con valor de cambio. Esa sombra transforma tamén, segundo a mesma lóxica mercantil, as funcións das organizacións de esquerda ata convertelas en simples mercadorías. Daquela, os obxectivos mudan. A necesidade de autorreprodución, que expresa o corporativismo non xa da organización senón do seu cadro dirixente, substitúe calquera perspectiva situada nos diversos espazos de acción social, supedita as necesidades dos grupos sociais que se di representar, da clase, ás necesidades internas da organización e dos seus cadros dirixentes. A política desaparece nun malabarismo de conspiracións, de tácticas que invaden os espazos dos proxectos estratéxicos e de estratexias que se someten ás dinámicas conservadoras das institucións e se desvían a horizontes inalcanzables. A separación entre as organizacións de esquerda e o pobo que debera usalas como ferramenta de intervención e transformación, de conquista e exercicio dun poder democrático e igualitario, vaise ensanchando ata a inmensidade. E cando se produce a incomunicación absoluta, as organizacións resultan ineficaces, inofensivas para o cambio de mans do poder. Ou sexa, incapaces de contribuír a transformar as relacións de produción, que é transformar as vidas comúns desde a súa base material.

Na súa redución a simples aparellos de autorreprodución, as organizacións pasan de querer aglutinar as multitudes e dotalas de corpo político a representar precariamente a súa propia militancia. Se a organización debera ser unha imaxe da sociedade que se proxecta, convértese apenas nunha caricatura de trazo groso dos aparellos do réxime e reproduce os mecanismos do poder que combate. Nese proceso, acaba por producirse un desfase social que muda por unha primaria conciencia de si mesma a conciencia das necesidades do corpo social que a esixe, que a necesita e a constrúe e lle dá vida e razón de ser. É o camiño que vai desde a revolución á supervivencia. O resistencialismo perde o seu sentido de conservación do terreo conquistado e expresa a doenza obsesiva da necesidade de supervivencia. O instrumento deveu inservible. Impera o fetichismo da mercadoría. A lóxica de mercado que asalta a política e o espazo social esixe que cada organización ocupe un espazo de maneira ordenada. A reserva dun nicho de consumidores é o obxectivo mercantil que substitúe os proxectos políticos. O inimigo, entón, é quen ocupa espazos próximos, quen ameaza con invadir o propio espazo e con crebar a lóxica do espectáculo e da ocupación de andeis. E aí amósase en toda a súa inmensidade impoñente a competencia. As organizacións de esquerda compiten entre si por un mesmo espazo. A unidade nun proxecto común é unha utopía, case unha quimera. A lóxica da fragmentación segue a manifestarse na competencia entre semellantes.

Asaltadas pola perplexidade das derrotas históricas, as organizacións tamén tenden a refuxiarse e a confiar máis na pureza da verdade revelada ca na vertixe de camiñar e o risco de non atinar. Ou de atinar… A relixión tamén se impuxo e se impón á política e á razón.

Pero os tempos esixen unidade. E esixen tamén a devolución do protagonismo político ao suxeito colectivo. Se en realidade aspiran a ser ferramentas de transformación, as organizacións terán que se entregar furibundas á necesidade de acumular forzas, de conquistar procesos de unidade que rompan identidades prefiguradas e fosilizadas, de evitar reproducir liortas extemporáneas, de recoñecer na súa unidade construída a partir da riquísima diversidade o suxeito colectivo que as esixe. E terán que fundirse, crebar fronteiras e compartir dialecticamente proxectos, puntos de vista e matices ata sintetizalos nun mínimo común imprescindible.

Non vemos moi lonxe desta esquemática descrición o que ocorre no ámbito da esquerda en Galicia desde a aparición no escenario político de Anova e da Alternativa Galega de Esquerda (AGE). Nese escenario parece producirse unha loita desesperada do BNG na defensa dun nicho de mercado que ata non hai moito tempo aparentaba posuír en exclusiva.

O mundo está fóra dos círculos íntimos das organizacións. Confundir a sociedade co interior da propia organización ou os intereses da maioría social cos do grupo dirixente é un erro de tráxicas dimensións. Como o é ocultar o mundo coa sombra da organización.

Pensar na organización e non no suxeito social que ten que dirixila é a posición máis reaccionaria.

info[arroba]somosninguen.org

Somos Ninguén é un proxecto en construción. No ano V da última crise sistémica do capitalismo globalizado queremos chantar estes alicerces sen saber moi ben -e sen preocuparnos demasiado- como serán as paredes, as fiestras nin o teito [Quen Somos].
info[arroba]somosninguen.org


Fonte: http://www.somosninguen.org/


Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
15 de maio de 2014 19:53
________________________

xoves, maio 15, 2014

Recital solidario de poesía no Ateneo Ferrolán - xoves 15 de Maio, ás 19:30hs


SOMOS CULTURA. SOMOS POESÍA!
RECITAL SOLIDADARIO de POESÍA


Xoves 15 de maio no salón de actos do ATENEO FERROLÁN ás 19,30 horas.

O Ateneo Ferrolán na súa liña dun modelo de xestión cultural aberta, solidaria e participativa estamos a levar adiante unha serie de actividades por medio da unidade de todos os sectores implicados na defensa da cultura ferrolán e o seu futuro.

Hoxe damos un paso máis nesa liña como é a xuntanza de colectivos e persoas varias do sector da poesía por medio da celebración dun Recital Solidario de Poesía coincidindo coas Letras Galegas. Un grupo aberto, con poetas de diferentes estilos para ver esa apertura e xeito de facer cultura que representa o Ateneo Ferrolán.

Acompañamento musical con Violín: Estrela Gómez.
Cantautor: Fernando Naveiras "Fefi".
        
Recitan en directo:
1) Miguel Anxo Fernán Vello
2) Eva Veiga
3) Xosé Leira
4) Rosa Méndez
5)  Sergio Fernández
6)  Fátima Fernández
7)  Angeles Delgado
8)  Xurxo Gago

PUBLICACIÓN Solidaria de poemas
Publicación con poemas dos autores como un xeito de solidariedade co Ateneo Ferrolán.

Poetas.

Carmen Arenas
Isabel Buelta
Txiki Calvo
Manuel Calvo
Angeles Delgado
Isabel Espiñeira
Fátima Fernández
Miguel Anxo Fernán Vello
Sergio Fernández
Xurxo Gago
Rosi García
Marta González
Arsenio Iglesias
Loli Leira
Xosé Leira
Rosa Martínez Dios
Rosa Méndez
Mario Regueira
Aurora Valentina
Josefina Vázquez
Eva Veiga
Isaac Xubín

--
Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
www.ateneoferrolan.org

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.:  +34 981 357 970 |
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | FERROL (A Coruña)

BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/

Tamén no Facebook: http://www.facebook.com/pages/Ateneo-Ferrolan/134569549934117

Séguenos en Twitter: @ateneoferrolan

Faite soci@! Colabora con nos!
Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar-Cajarural Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-secretaria@ateneoferrolan.org-
14 de maio de 2014 12:30
____________

mércores, maio 14, 2014

Convocada a VII Asemblea aberta das Marchas da Dignidade Ferrolterra - No Ateneo Ferrolán o luns 19 de maio, ás 6 da tarde

VII Asemblea aberta das Marchas da Dignidade Ferrolterra

Ola compañeir@s:

Tras a reunión do grupo de traballo mantida o pasado día 5, decidimos convocar a VII Asemblea aberta das Marchas da Dignidade Ferrolterra para o próximo luns 19 de maio, ás 6 da tarde no Ateneo Ferrolán. Para que a asemblea se desenvolva dun modo áxil, propoño que as quendas de palabra sexan de 3-4 minutos e que se cingan ao punto que se está a tratar, xa que a maioría das persoas que participamos nas Marchas estamos tamén a participar na campaña electoral das eleccións europeas.
A orde do día, tamén vai en arquivo docx., é a seguinte:

ORDE DO DÍA VII ASEMBLEADAS  MARCHAS DA DIGNIDADE FERROLTERRA

1.- Elección de moderador/a.

2.- Presentación e debate do aprobado na I Asemblea Nacional da Columna Galega das Marchas da Dignidade:
  • Acción "Rodea o Parlamento Galego". En coordinación cos demais territorios do Estado, levarase a cabo esta acción o día 21 de xuño, sábado, ás 12 do mediodía. Consistirá en rodear o Parlamento formando unha cadea humana.
  • Facer unha manifestación en Outono que sexa réplica da de Madrid, pero nos territorios. No caso de Galicia será en Santiago, con saídas de “columnas” de diversos puntos do país e chegada ó Obradoiro. Na Plataforma Estatal propoñen en outubro, entre o 20 e o 25. A plataforma Galega propón o 22 de novembro, polo feito de ter máis tempo xa que no verán, e en setembro, non son boas datas para mobilizar. A proposta levarase á Plataforma Estatal, que terá a próxima xuntanza no mes de xuño.
  • Apoiar aos detidos o 22M e os actos que se fagan no seu apoio.
  • Manter a coordinadora nacional creada para o I Asemblea Nacional. Actualmente está composta por 7 persoas, unha por cada cidade. Pode unirse a ela quen estime oportuno.
  • Creación dunha conta mancomunada por tres persoas (unha da C.G.T., outra do Sindicato Ferroviario e outra da Fronte Cívica Somos Maioría de Coruña) na entidade Caixa Rural. Esta conta abrirase co recadado na asemblea celebrada en Teo.
3.-  Presentación e debate doutras propostas presentadas en devandita asemblea:
  • Engadir ao lema "Pan, traballo e teito" a palabra "Paz".
  • Facer fincapé no tema da débeda.
  • Promover as asembleas locais e comarcais e que as propostas sexan aprobadas de abaixo arriba.
  • Vertebrar a Plataforma Galega e facer que teña unha mínima estrutura organizada.
  • Promover o cooperativismo.
  • Convocar unha folga xeral indefinida.
4.- Aprobación de orzamento para a compra de consumibles para a fabricación de chapas. Hai dous orzamentos: un para 500 chapas (70 Euros) e outro para 1000 (113,7 Euros).

5.- Cambio no nome de dirección de correo electrónico por outro que nos identifique como Marchas da Dignidade e elección da persoa ou persoas que se encarguen de manter dita conta de correo.

6.- Propostas e debate sobre que son e o que queren ser as Marchas de Ferrolterra.

7.- Quenda de palabra aberta.

--

Marchas da Dignidade de Ferrolterra
Contacto: columnacaranceira@gmail.com  | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!

Anexo.-
Orde do día en formato doc (Acceder | Baixar).

Enviado por:
columna caranceira
-columnacaranceira@gmail.com-
8 de maio de 2014 10:43
____________

martes, maio 13, 2014

Salvemos a Horta Comunitaria de Caranza


A A.VV. de Caranza, leva tempo cunha acción veciñal ao servizo do Partido Popular. Ten-nos acostumad@s a propostas moi reaccionarias e só se dedican a pasear-se cos concelleir@s de quenda, para xustificar a súa inoperancia, apego ao cargo e clientelismo a máis non poder. Unha asociación veciñal que non representa os intereses da veciñanza do barrio, mais preocupada polos intereses do partido que goberna hoxe no Concello de Ferrol, con José Manuel Rey Varela como Alcalde.

Nos últimos días centos de veciñ@s xunto con varias asociacións do barrio mobilizaron-se para denunciar ao Concello de Ferrol, polo abandono ao que está sometido o Mercado Municipal. A citada asociación veciñal que non é digna de levar o nome de "Cuco Ruíz de Cortazar", é cómplice deste abandono. Moitas veciñas e veciños, amosan o rexeitamento ante a actitude de comandita entre dirixentes veciñais da citada asociación e os dereitistas membros do goberno municipal. Actuan como se foxen os vicerreis do barrio, por exemplo nos últimos meses dando permisos para utilizar prazas públicas como estacionamentos (caso inauguración do Auditorio); a tala de ducias de árbores porque supostamente molesta a algún veciñ@; a colocación de boloardos sen contar coa veciñanza; encher de terra sen prensar a explanada da traseira do Mercado, sen proxecto, nen seguridade, que tivo que denunciar o Colexio Público do barrio, polo perigo que corrían as crianzas, polo transito continuado de camións, ..., unha obra que carecia do letreiro correspondente co número de licencia e nome de quen a facia. E xa non falemos do acordo coa dereita para enterrar a participación cidadá e os orzamentos participativos. Favor que aínda lles debe o Sr. Vilariño (actual Presidente da Autoridade Portuaria) e daquela Concelleiro de "Participación" Cidadá.

Destacados directivos desta asociación veciñal, non soportan que haxa vida social no barrio que eles non autoricen. É por iso que todo o que escape ao seu control hai que destruír-lo e agora dan-se conta que hai veciñanza que está disposta a defender o seu Mercado Municipal, fronte a especulación e o abandono. Mobilizacións e denuncias que cuestionan o seu poder e ideoloxía caciquil. Non o poden permitir.

Agora inventan-se denuncias de veciñ@s contra a Horta Comunitaria de Caranza (os denunciantes son eles mesmos claro). A quen lle facían dano un grupo de parad@s que hai dous anos decidiron traballar unhas parcelas desocupadas e poñelas a producir de xeito ecolóxico? Que fácil é ir a polo máis débil!

Correo-e:
comunitariadecaranzahort@gmail.com

Conta no facebook:
https://www.facebook.com/HortaComunitariaDeCaranza

Albúns de fotos:
https://www.facebook.com/HortaComunitariaDeCaranza/photos_albums
__________

Concentración deitada no hall de entrada do Hospital Arquitecto Marcide, mércores 14 de maio, ás 11 da mañá, por unha sanidade pública e universal, sen copagos nen repagos






CONCENTRACIÓN MAÑÁ MÉRCORES 14 DE MAIO, ÁS 11 DA MAÑÁ NA ENTRADA MARCIDE

CONCENTRACIÓN (DEITADA)
Por unha sanidade pública, universal e gratuíta !!!

Durante os meses de verán vanse pechar centos de camas e mesmo unidades enteiras nos hospitais. Do mesmo xeito, o SERGAS vai pechar axendas de Atención Primaria. Todo isto vai provocar un grave deterioro da calidade asistencial, con colapsos dos servizos de urxencias e un grande aumento das listas de espera, ademais dun maior paro no sector.

Non podemos consentilo !

PARTICIPA !!

14 de maio

Enviado por:
cig-saude.ferrol@sergas.es
-cig-saude.ferrol@sergas.es-
13 de maio de 2014 11:34

http://www.cig-saude.info/ferrol/

_______

Como apoiar a Lazos Prol Solidariedade na actual situación de emerxencia


A asociación 'Fuco Buxán' envía-nos unha carta, para difundir publicamente, como dar axuda, económica ou en especie, a Lazos prol Solidariedade, carta que a continuación transcribimos:


Estimados amigos/as e socias/os:

Como xa coñecedes a Asociación Lazos Prol Solidariedade fixo hai poucas datas un chamamento urxente solicitando axuda para poder continuar a prestación de servizos a un dos sectores máis necesitados de axuda.

19 anos de resposta comunitaria ao VIH, 19 anos de traballo solidario na procura de xustiza social.

O máximo apoio que lles podemos prestar e a Solidariedade e difusión do problema, pero entanto non atopan outras solucións, é urxente a nosa axuda por algunha destas vía:

Axuda económica

A través da Conta do Banco Pastor IBAN ES78 0238 8107 1706 0015 0462.

Tamén se pode facer un donativo na sede da entidade, onde se fai un recibín.

Ou facéndose socio/a mediante ingreso na conta bancaria antes mencionada, de 24 euros anuais, e indicar cota de socio 2014 e nome completo. Unha fotocopia do resgardo se enviará a Lazos co nome completo, DNI e contacto, para recibir a comunicación da Entidade.

Axuda en especie

Entregando na sede: Vasos de plástico (moi importante), leite, colacao, café, descafeinado, azúcar, galletas, zume, cereais, froita e bollería. Eses alimentos son os que se dispensan nos almorzos que ofrece LAZOS.

O preocupante neste intre é que se deben cotas da Seguridade Social e Facenda o que imposibilita acceder a novas subvencións e pon en perigo a sostenibilidade da Entidade.

Engádese o comunicado de Lazos prol Solidariedade e os datos de contacto.

Dirección sede: Avda. Dr Fleming 8-10 Baixo
15401 Ferrol ( A Coruña )

Tfno./Fax 981350777
Tfno. Móvil :698147975
Dirección web: http://comitelazos.blogspot.com
Nueva dirección web (en construcción): www.lazosprosolidariedade.org
Infórmate sobre a proba do VIH pinchando aquí
En Facebook
En twitter

Enviado por:
A.C. Fuco Buxán Fuco Buxán
-fucobuxan@gmail.com-
12 de maio de 2014 23:09
http://www.fucobuxan.net/

___________________

Foto tirada do Diario de Ferrol.
__________________________

luns, maio 12, 2014

Enquisas a prol do sistema, ... Por Xosé Cid

Por Xosé Cid [*]
12.05.2014


Estes días fixéronse públicas dúas enquisas, unha de Sondaxe e outra do CIS. As dúas teñen varios aspectos en común: presentan os dous grandes partidos estatais como vencedores e fortalecidos malia todos os vendavais socioeconómicos sucedidos e provocados. E por suposto, deixan as posicións de esquerdas e nacionalistas en porcentaxes moi recortadas ou ben por baixo do que hai unhas semanas se prevía.

En canto ás estimacións e proxeccións de voto da empresa Sondaxe, sucede ademais algo sorprendente: AGE pasa de ter moi boas expectativas hai pouco máis dun mes, a situarse por debaixo do 10%. Advirten, iso si, de que estas previsións están pendentes de que se decante aínda máis dun 30 % dos votantes.

Rapidamente, ou simultaneamente, aparecen en La Voz de Galicia varios artigos explicando por que tanto AGE como o BNG van obter uns resultados pouco alentadores.

No caso do BNG a explicación é moi fácil pra os comentaristas políticos. Estarían pagando a súa alianza con EH-Bildu, e aclaran que iso é tanto como aliarse con Herri Batasuna. Só un puntiño de contención lles impide dicir o que realmente pensan e lles gustaría publicar: que o Bloque vai aliado cos vellos militantes de ETA. E se puidesen facelo, non perderían a ocasión de escribir «de la ETA», algo que podería provocarlles auténticas ondanadas de pracer psicopolítico.

E con AGE parece que algúns comentaristas estiveron moi atentos a coleccionar todas as eivas pra explicarnos as causas dun claro descenso, dende o 14% nas autonómicas a este suposto 10% das europeas. O que pasou é que Anova/AGE fixo moi mal as cousas, afirman. Primeiro montamos o numeriño co caso da deputada que denominan «díscola». Despois resulta que Beiras fixo unhas declaracións extemporáneas –sinalan– e politicamente moi incorrectas, ao afirmar que en Galicia non existía iso que eles chaman o «fenómeno del terrorismo». E finalmente, pra acabar de completar o faco, tamén lles parece tremendo que en Anova houbese diferentes posicións políticas e que estas se aireasen nos medios con total impudicia.

En ningún momento se lles pasou pola cabeciña explicarnos como se entende que ao PP só lle custe un punto e medio porcentual –que dirían os comentaristas– todas as falcatruadas, todos os desamaños e desastres económicos e sociais provocados pola súa política de destrución «do todo», que diría Cunqueiro. Políticas do goberno central que nos afectan, e políticas do desleixo e do encubrimento da corrupción en Galicia que padecemos en primeiro termo. Iso si, volven andar por aí bailando uns contratos pra Navantia, sempre tan ao xeito.

A  liquidación fraudulenta das caixas a ninguén lle pareceu un espolio,  a estafa aos aforradores non conta, o paro en aumento deica hai catro días e que tardará moito en chegar a onde estaba en 2011 tampouco ten consecuencias electorais, a emigración de miles de mozas e mozos é irrelevante, os intentos de privatización da sanidade a ninguén lle importan, ao parecer; as relacións do presidente Feijoo con narcos non pasan de ser unha trasnada simpática, as ducias de casos de corrupción que atinxen a cargos municipais e á propia portavoz do goberno de Feijoo, Paula Prado, seica son «peccata minuta». Todo iso a xente non o ve, non o valora, seica, e polo tanto non se vai reflectir nas eleccións europeas. Iso é o que nos están contando.

Ou sexa, segundo os comentaristas políticos, os do PP son uns auténticos magos. A Feijoo acabarán chamándolle «Alberto Houdini». Víchelo? (o espolio xeral). Xa non o ves! Ou como dicimos en galego: «víchesme eiquí onte». Que pra Paula Prado sería algo así como: «Si me has visto ni te acuerdas».

A xente, a opinión pública, veñen dicirnos, seica está escandalizada polas pugnas democráticas internas de Anova. Pero a ninguén lle parece raro que Príncipe, poño por caso, fale coa boca chea e sen cortarse un pelo contra Caballero todas as semanas na radio e na TV. A xente, a opinión pública, é tremendamente sensible ás miudallas insignificantes que poden afectar a nosa imaxe. Pero non ve, nin sente, ao parecer, as consecuencias das políticas de Feijo e de Rajoy.

E el será certo todo iso que nos contan? Persoalmente non o creo. En outubro de 2012 publicouse, é posible que en La Voz, que AGE acadaría un deputado. Algúns andabamos daquela por aí dicindo medio en broma: «Anova nove». E foron nove de AGE, que era o implícito no prognóstico.

Non creo que o PP obteña en Galicia tan bos resultados como predín, cun desgaste tan lene. Non creo nin acredito –como agora tanto se di–, niso de que o PSOE pasa en Galicia do 20% ao 29% en quince segundos. Non trago ese conto de que AGE vai caer por debaixo do 10%. Non me parece crible en absoluto que todas as enquisas previas que lle daban máis dun 12% á coalición Izquierda Plural no Estado estivesen erradas e agora resulte que sairán cinco deputadas/os case raspando. E tampouco me cheira ben iso de que UPyD vai obter tan alta porcentaxe como se nos anuncia.

Teño pra min que todo isto non é máis ca propaganda do sistema en forma de enquisas, propaganda pagada, obviamente. Un síntoma de que os dous grandes partidos temen seriamente perder o control do tinglado electoral.

[*] Xosé Cid, xsocide@terra.com.
_____________

Emerxencia Social: Lazos Prol Solidariedade necesita axuda - "19 anos de resposta comunitaria ao VIH, 19 anos de traballo solidario na procura de xustiza social"

19 anos de resposta comunitaria ao VIH, 19 anos de traballo; solidario na procura de xustiza social

Benqueridos/as amigos/as,

Póñome en contacto con vós co fin de dar a coñecer a situación da entidade que represento, a data 9 de Maio do 2014.

A actividade da Asociación LAZOS PROL SOLIDARIEDADE estase vendo condicionada pola economía até o punto de que si non entra o luns 12 ou martes 13 de maio liquidez, vémonos obrigados, unha vez máis, a paralizar servizos que vimos prestando desde 1995. Unha entidade que cobre, entre outras cousas, necesidades básicas de alimentación, asesoramento sobre enfermidades que, de non ser atendidas poden menoscabar a saúde pública, realiza probas de detección de infeccións transmisibles, achega á rede sanitaria a aquelas persoas que permanecen fóra do sistema, non pode o seu funcionamento verse afectado por a demora no cobro das subvencións públicas, do exercicio 2013.

Desde o 26 de marzo do 2014 as contas bancarias da entidade atópanse en números vermellos, o que implica que os servizos que prestamos vense afectados, e nalgún caso téñense que deixar de prestar, por exemplo os almorzos que se lles ofrece aos usuarios e usuarias ademais doutros que cobren necesidades básicas. Os proveedores da entidade e as empresas que nos prestan servizos, algúns deles indispensables para a apertura das sé e para o funcionamento das actividades, reclámannos as débedas que temos contraídas con eles.

Os traballadores e traballadoras da entidade atenden problemáticas moi complexas onde o sufrimento é un elemento común na maioría das súas intervencións. Estes, non poden verse afectados pola situación da entidade porque pode afectar á calidade da atención.

Necesitamos a vosa axuda, a de todas e todos, dos cidadáns e cidadás, das Administracións Públicas, Autonómicas e locais, e das empresas privadas. Esperamos que esta urxencia atope resposta inmediata. Calquera axuda contribuiría a que a entidade poida continuar prestando os seus servizos.

En Ferrol, a 9 de maio de 2014

Carlos Varela en representación da Xunta Directiva da Asociación LAZOS

Carlos Varela
Presidente
Tfno.: 698147975


Dirección sede: Avda. Dr Fleming 8-10 Baixo
15401 Ferrol ( A Coruña )

Tfno./Fax 981350777
Tfno. Móvil :698147975
Dirección web: http://comitelazos.blogspot.com
Nueva dirección web (en construcción): www.lazosprosolidariedade.org
Infórmate sobre a proba do VIH pinchando aquí
En Facebook
En twitter

Enviado por:
Lazos Pro Solidariedade
-comiteantisidaferrol@gmail.com-
9 de maio de 2014 15:52
Boas, enviamos nota de prensa co motivo da situación que estamos a atravesar na nosa entidad. Un saúdo. Carlos Varela.
_______

Foto tirada do xornal dixital  Compos Times, que foi publicada nunha interesante entrevista de Pablo Montero  a Carlos, con data do 14 de Marzo de 2014.
_____________________

sábado, maio 10, 2014

Un paso adiante e mais outro paso adiante, Galiza! - 17 de Maio de 2014, no día das Nosas Letras: Mobilización Expansiva - Manifesto - Enlaces

Este 17 de Maio de 2014, ás 12 do mediodía, comezara en toda Galiza a mobilización expansiva, en Ferrol Terra na Praza do Concello, diante do Pazo Municipal, comezará o roteiro pola lingua. Desde a Plataforma Queremos Galego, integrada por máis de 700 entidades, chaman a participar nesta mobilización reivindicativa pola lingua galega.

Manifesto “Un paso adiante e mais outro paso adiante, Galiza!”, da autoría de Marica Campo, que será lido nas 8 mobilizacións que terán lugar o 17 de maio de 2014 na Galiza.

O galego é a nosa lingua. A Galiza ten unha lingua de seu que é o galego. Por isto, non podemos tolerar  que no noso país, hoxe, o español, coa axuda do Inglés, se utilice como o seu sepultureiro. Até o Estatuto de Autonomía, que xa ten 33 anos, declara que o Galego é a lingua propia de Galiza. En boa lóxica, xa que é así, está na súa casa e non precisa permiso das outras,  impostas e alleas,  para se mover libremente polas diversas estancias.

Todos os avances das forzas emancipadoras da humanidade  foron sempre na dirección de combater a exclusión social. Agora, na tan amentada crise, denúnciase decote o aumento dos excluídos. Mais nós, galegas e galegos, levamos moito tempo vivindo unha crise particular que non é filla conxuntural da que din que se desatou hai sete anos. A nosa crise ten outros nomes e apelidos: son o noso dereito a existir como tales, a traballar na nosa terra e a facermos uso libre e estendido da nosa lingua, os que están sendo vulnerados.

A ela, á nosa lingua, foille imposto historicamente un manual de redución. A que a reduciron? Reducírona á oralidade, á fala; reducírona a unha clase social, os oprimidos carentes de todo poder de decisión; reducírona a uns lugares, as aldeas; reducírona a unha idade, os vellos.

O ano pasado lembramos que se cumprían 150 anos desde que unha muller chamada Rosalía de Castro culminara un proceso de dignificación da lingua galega, rompendo esa trampa mortal de falsa naturalidade, isto é, dun uso marxinal permitido, e elevándoa á máxima altura estética e patriótica. A partir dela e até os nosos días,  a nosa lingua foi cobrando naturalidade e dignidade noutros espazos sociais e públicos a cadora máis amplos e diversos.

Somos todas e todos os que estamos aquí fillos ou descendentes deste esforzo;  mais, ao mesmo tempo, responsábeis de lle asegurarmos continuidade. Neste labor, non só non contamos coa protección institucional, senón que temos que gastar o tempo a defendérmonos das ilegalidades que os poderes públicos perpetúan contra o galego.

Amigas e amigos, o tempo actual non é propicio para a existencia de Galiza e do seu signo principal, a lingua galega, porque a globalización pretende arrasar con toda diferenza que ouse desafiar a hexemonía do imperial dominante. Non os imos compracer. Non temos a menor vontade de suicidio nin de resignación. Por isto, parafraseándomos a Díaz Castro, o poeta a quen celebramos este ano, diremos:
  • Un paso adiante e mais outro paso adiante, Galiza, no uso da nosa lingua nas aulas, tamén como lingua vehicular  escandalosamente prohibida pola Xunta para certas materias.
  • Un paso adiante e mais outro paso adiante, lingua nosa, nos medios de comunicación e na publicidade.
  • Un paso adiante e mais outro paso adiante, no uso do Galego pola Administración.
  • Un paso adiante e mais outro paso adiante, porque iso é o xusto, para a nosa palabra na Xustiza.
  • Un paso adiante e mais outro paso adiante nas misas e demais celebracións relixiosas.
  • Un paso adiante e mais outro paso adiante na oferta de ocio.
  • Un paso adiante e mais outro paso adiante en todos os novos soportes comunicativos.
  • Un paso adiante e mais outro paso adiante nos transportes públicos.
  • Un paso adiante e mais outro paso adiante no comercio.
  • Un paso adiante e outro paso adiante en todas as artes e as letras.
Porque unha lingua normal é unha lingua ubicua, omnipresente,  e este decálogo non nace dunha invención nosa, senón que está contido na Carta Europea das Linguas non Estatais, aceptado como lexislación superior do Estado en 2001 e igualmente presente no Plano Xeral de Normalización Lingüística,  aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia vai para dez anos, e desprezado por quen o tiña que executar.

Debe ser a lingua obxecto de uso e de defensa todos os días do ano en todos os lugares e momentos, porque non é un adorno ou unha peza cultural: é o noso ser e precisa dunha defensa cívica e dun amor colectivo e dunha mobilización social tan potente como a que dedicamos a outros asuntos que teñen a ver co diñeiro, co traballo ou con dereitos conquistados.

O poeta Díaz Castro, escribiu nun seu poema estes versos: “Alumarei con fachas de palabras, / ancho herdo meu, o mundo que me deron”. Falar a nosa lingua é darlle luz, é dicir, visibilidade. E tamén calor, amparo social, porque a lingua non é individual e precísanos a todas e a todos para seguir nomeando o mundo desde nós.

Adiante, pois, sempre! Un paso adiante e mais outro paso adiante, Galiza, coa lingua que nos crea e que nos cría, que nos fai ser e existir.
Viva a lingua galega!

Fagámola vivir e ser útil!

É tempo de falarmos: somos nós!
http://www.queremosgalego.org/

Enviado por:
Queremos Galego
-queremosgalego@queremosgalego.org-
9 de maio de 2014 07:38

__________

Enlaces de interese:

_________________