venres, agosto 22, 2014

Impidamos a entrada de Bastida no cárcere - O Comité Cidadán de Emerxencia fai un chamamento á solidariedade - Tod@s paramos o Galicia Spirit ! - Bastida somos tod@s !!


IMPIDAMOS A ENTRADA DE BASTIDA NO CÁRCERE!

Tod@s paramos o Galicia Spirit!
Bastida somos tod@s !
!

En Maio de 2007 a imaxe dun gaseiro bloqueado na entrada da Ría de Ferrol foi portada de todos os medios de comunicación. A acción convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia, na que participamos centos de cidadáns e cidadás, incluídos os mariscadores, impediu a entrada ilegal do primeiro gaseiro cargado con GNL na Ría de Ferrol. Rachábanse os muros de silencio sobre a barbaridade dunha planta de gas reubicada dentro da Ria.

A resultas daquela acción, Bernardo Bastida, entón patrón maior da Confraría de Ferrol foi condenado a 13 meses de prisión polos delitos de desobediencia grave e coaccións, ou ao pago de 2.700 € para eludir a cadea.

A condena de Bastida reflicte a situación dun país onde os corruptos pasean con total impunidade e aqueles que defenden a legalidade, a vida e a Ría son condenados.

A planta de gas de Reganosa é un exemplo de corrupción político- financieira, e todas as persoas de ben, estivemos con Bastida fechando a Ria aquel mes de maio do 2007.

O CCE chama a toda a cidadanía a colaborar contribuíndo cunha axuda económica para impedir que Bernardo Bastida entre na cadea.

Conta Corrente no Banco Santander,
titular: Luz Marina Torrente e outros
IBAN: ES71 0049 3315 77 2894017995
Concepto: Axuda Bernardo Bastida


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada polo:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
22 de agosto de 2014 00:54
_______________

Enlaces relacionados:

Ría de Ferrol: Reportaxen fotográfica do Bloqueo do Galicia Spirit, de Alberto Saavedra da A.V. Ferrol-Vello [07.05.2007].

Fotos da Colectivo Ártabra 21 -artabra21@gmail.com- | Colectivo Ártabra 21
Autor: CA21 | Enlace coa noticia relacionada coa Galería Fotográfica.

Ártabra 21: Recebimento de Bernardo Bastida na lonxa do porto ferrolán [15.06.2007].
__________________












________________________

xoves, agosto 21, 2014

A ría de Ferrol e a propaganda, ... Por Alexandre Carrodeguas

Por Alexandre Carrodeguas [*]
21.08.2014

O concello de Ferrol esta a levar a cabo unha campaña totalmente falsaria en relación co saneamento da ría de Ferrol. A falacia consiste en "vender" un saneamento integral da ría que non vai ser tal. O proxecto basease nunha depuración intensiva e unitaria que vai mesturar augas residuais e pluviais que en caso de choiva forte van provocar verquidos contaminantes a ría de Ferrol. Polo tanto dicirlles os veciños e veciñas de Ferrol que a partires de agora van ter unha ría totalmente saneada e faltar a verdade. E facelo con cartos públicos nestes tempos de carestía e crise e algo que contribúe a degradar mais do que xa está o prestixio das administracións públicas. O concello non debería facer campañas publicitarias demagóxicas pensando unicamente nas próximas eleccións municipais. O concello non debería de enganar a veciñanza Ferrolá sobre as virtudes dun proxecto obsoleto e desfasado que vai chegar tarde mal e arrastro. Senón que debería aplicarse en mellorar un proxecto que contemple o necesario saneamento "integral" da ría e a sua rexeneración. E asi mesmo non debería gravar excesivamente a cidadanía cos novos recibos da auga. E tempo xa doutra política non propagandista que atenda as necesidades reais da cidade.

[*] Alexandre Carrodeguas, activista social de Ferrol Terra, promotor de plataformas cidadáns en defensa do patrimonio urbanístico e cultural; defensor dos espazos públicos e da rehabilitación dos cascos históricos; membro de Verdegaia e do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

Enviado por:
Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
21 de agosto de 2014 15:00

_________________________________________

Presentación do libro “La ficción democrática” no Ateneo Ferrolán, na que contarán coa presenza do prologuista Rafael Cid, este venres 22 de Agosto


O venres 22 de Agosto ás 20:30 no Ateneo Ferrolán faremos a presentación do libro “La ficción democrática” na que contaremos coa presenza do prologuista Rafael Cid.


Rafael Cid: Xornalista e escritor de longa traxectoria. Activista libertario desde a súa mocidade, foi adxunto ao Comité Nacional de CNT ao comezo da "Transición" e un dos responsábeis de Comunicación de CNT neses anos.

Director de "Castilla Libre", logo de Eduardo de Guzmán; fundador e director de "Historia Libertaria" a finais da década de 1970, en cuxa publicación rescataron a moitas figuras do movemento libertario; tamén foi director da colección 'Anatema' da editorial Aguilar.

Actualmente colabora activamente como xornalista de opinión en Radio Klara, Kaos na Rede e outros medios alternativos, e é tamén asiduo colaborador da Linterna Xorda.

Para ampliar información podedes ir a
http://www.lalinternasorda.com/
--
Unión Libertaria - unionlibertaria.org
Av Esteiro 10 baixo
Ferrol

Enviado por:
Unión Libertaria
-unionlibertaria@gmail.com-
21 de agosto de 2014 10:57
___________

A 'marea' cidadá tamén chega a Ourense - Mentres, n'A Coruña, a Marea Atlántica segue acadando apoios co obxectivo de conseguir os 2.500 asinantes que se fixou como aval necesario para continuar o proceso en outono


A 'marea' cidadá tamén chega a Ourense   


Seguindo o ronsel da Marea Atlántica da Coruña ou de Guanyem Barcelona, membros de diferentes movementos sociais e da esquerda na cidade de Ourense traballan tamén nunha "proposta de posible candidatura municipal e cidadá" de cara aos comicios locais de 2015. Os impulsores do que pretende ser un proceso semellante ao que se impulsou na capital herculina ou o que está a nacer en Vigo levan tempo xa traballando nun manifesto e mantendo contactos para facer o vindeiro 1 de setembro ese texto fundacional e os seus primeiros asinantes.
Ourense en Común fará público o seu manifesto e os primeiros asinantes o vindeiro 1 de setembro
"Estamos seguindo a vía que se abriu na Coruña ou en Vigo e tamén a liña de Guanyem ou Municipalia", aseguran fontes do grupo promotor, que recoñecen que a Marea Atlántica "é un referente" á hora de promover esta plataforma, denominada Ourense en Común, que xa conta con páxina web que está apañando diferentes apoios, algún espérase que coñecido, para comezar un camiño que prevén "longo".

Os obxectivos son semellantes ao resto das mareas: confluencia, recuperar o poder para a maioría, transparencia, participación cidadá e horizontal, rexeneración democrática... Todo ao servizo do ben común e coa vista posta nas eleccións municipais e na clara intención de que movementos sociais e formacións da esquerda alternativa se dilúan de cara aos comicios neste obxectivo común. Os destinatarios da mensaxe, no ámbito partidista, parecen claros: BNG, Anova, EU ou Podemos, así como outras formacións minoritarias.
"Temos claro que isto non debe ser unha suma de siglas, senón un espazo de confluencia e integración"
"Temos claro que isto non debe ser unha suma de siglas, senón un espazo de confluencia e integración, a través da adscrición individual para que todos nos diluamos neste espazo común", explican as mesmas fontes, que aclaran que o propósito é que todas esas formacións alleas ao bipartidismo, da esquerda alternativa e que compartan o ideario común "decidan non presentar candidatura" ás eleccións municipais para lograr artellar un verdadeiro proxecto popular e cidadán. "Sabemos que é un proceso longo e complicado, pero pódese lograr e iso é o que imos intentar", insisten.

Ourense en Común únese así ás cada vez máis numerosas iniciativas que están a xurdir nas vilas e cidades, tanto de Galicia como no conxunto do Estado. As intencións do Goberno do PP de levar a cabo unha polémica reforma electoral, coa que quedarían vetadas as coalicións e se outorgaría o poder absoluto nos concellos a aqueles partidos que superen o 40% dos votos, parece darlle un pulo aínda maior a estas plataformas cidadás.

En canto ás formacións políticas, a chamada recorrente á confluencia de Anova, Esquerda Unida ou Espazo Ecosocialista uníronse nas últimas semanas algúns alcaldes do BNG que, en contra da tese actual da cúpula da fronte, reclamaron liberdade para poder pactar listas abertas nas que se inclúan organizacións estatais como EU ou mesmo Podemos e poder conformar así unha especie de fronte popular co que competir nas vilas e cidades contra o bipartidismo e a fortaleza da dereita do PP. Entre os asinantes do manifesto Somos Maioría, que pula por esta unión, xúntanse dirixentes de Anova, Esquerda Unida ou CxG, pero tamén rexedores do Bloque.
A Marea Atlántica celebra a súa primeira asemblea aberta de barrio e a #mareacultura
E mentres, a Marea Atlántica segue acadando apoios co obxectivo de conseguir os 2.500 asinantes que se fixou como aval necesario para continuar o proceso en outono. Supera as 1.500 desde que comezou a andaina e comeza a celebrar as asembleas abertas "nas que empezar a construír dende abaixo un proxecto alternativo de cidade, sen exclusións, para o 99%". A primeira delas, barrial, celebrouse na Agra do Orzán este mércores e para o xoves está prevista a denominada #mareacultura, que se levará a cabo a partir das 20 horas diante do Teatro Rosalía. En Vigo, pola súa banda, a Marea acadou xa as 500 sinaturas de apoio ao seu manifesto inicial.

Por Miguel Pardo | @depunteirolo | Imaxe da web de Ourense en Común | © ourenseencomun.info | Publicado no xornal Praza Pública 21 de Agosto de 2014 | Licenza Creative Commons by-sa.

Praza Pública precisa de Ti:
A forza de Praza Pública son os seus lectores e lectoras. Praza é un medio da súa comunidade de lectores. A existencia do xornal depende das achegas realizadas por todos nós [+info].
____________

O Ateneo Ferrolán ultima os preparativos do Congreso do Centenario de Hildegart Rodríguez Carballeira (1914-2014) e fai un convite para participar no mesmo


Congreso do Centenario de Hildegart Rodríguez Carballeira (1914-2014)


Ademais de tentar recuperar e divulgar a figura de Hildegart Rodríguez Carballeira e o seu pensamento, o Congreso quere contribuir de xeito xeral á recuperación da historia do pensamento feminino e dos movementos da liberación da muller no século XX

A figura de Hildegart Rodríguez Carballeira é unha das máis coñecidas da nosa historia contemporánea. Sobre a súa persoa teñense feito películas, novelas, obras de teatro e numerosos libros e traballos de investigación. En todo o que se ten feito sobre ela paira a sombra do seu tráxico fin e as circunstancias do asesinato pola man da súa nai, a ferrolá Aurora Rodríguez Carballeira; como consecuencia, a súa traxectoria vital e o seu pensamento no eido da reforma sexual ou da crítica política, ficaron en parte ocultos. Cen anos despois do seu nacemento, o Ateneo Ferrolán tenta lembrar á Hildegart sexóloga, xornalista, activista política ou feminista, coa celebración dunha serie de actos de homenaxe e un congreso de investigación que poña en valor a súa figura histórica e o seu pensamento, todo o lonxe que sexa posible do sensacionalismo e da superficialidade.

O cerne do Congreso é o chamamento ás investigadoras e investigadores para contribuir cos seus traballos a este comicio, que artellamos arredor dalgúns dos temas que están presentes na obra de Hildegart Rodríguez Carballeira e tamén sobre o contexto no que desenvolveu a súa actividade:
  • A figura histórica de Hildegart Rodríguez Carballeira
  • Hildegart e a reforma sexual no primeiro tercio do século XX
  • Hildegart e a oposición de esquerdas na II República
  • As mulleres do tempo de Hildegart
O conxunto dos traballos de investigación presentados e aceptados polo comité científico do Congreso serán obxecto de presentación pública nos días 6 a 8 de decembro de 2014 e serán publicados nas actas do Congreso.

A celebración do Congreso estará complementada por outras actividades como exposicións, debates, cine e teatro, así como a celebración dun acto público de homenaxe á figura de Hildegart Rodríguez Carballeira. Tamén vanse facer publicacións e estamos preparando unha páxina web sobre o Congreso e sobre Hildegart (http://congresohildegart.ateneoferrolan.org/).

O conxunto de actividades do Congreso quere servir para achegar ao público de todo o mundo á historia e ao pensamento dunha das mulleres máis destacadas da nosa historia: Hildegart Rodríguez Carballeira. E malia fixar o obxectivo nunha única persoa, o Congreso quere contribuir de xeito xeral á recuperación da historia do pensamento feminino e dos movementos da liberación da muller no século XX.

Convidamos a todolas investigadoras e investigadores que traballaran algún aspecto da historia e do pensamento de Hildegart, así como os temas nos que ela desenvolveu a súa actividade, a compartir os seus coñecementos co público en xeral e coa comunidade investigadora, para tentar recuperar e divulgar a figura de Hildegart Rodríguez Carballeira e o seu pensamento. A data límite para presentar propostas de traballos para exponer no Congreso é o 15 de setembro.

Eliseo Fernández
Presidente do Ateneo Ferrolán

Enviado por:
Congreso Hildegart - Ateneo Ferrolán
-congresohildegart@ateneoferrolan.org-
20 de agosto de 2014 21:55

Prégase difusión: Convite para participar no Congreso do Centenario de Hildegart Rodríguez Carballeira (1914-2014)

____________

mércores, agosto 20, 2014

GAÑEMOS: Legalizar siglas ou crear movimento, esta é a cuestión, ... Por Javier Caso Iglesias

Por Javier Caso Iglesias [*]
20.08.2014


A miña opinión persoal é que legalizar unha denominación, para concorrer ás eleccións municipais por parte dos espazos políticos e sociais que clamamos pola cidadanización da democracia, é secundario; penso que o importante é ter unha enorme masa crítica de xente que apoie a idea da confluencia e intentar que ninguén hexemonice ou patrimonialice os proxectos que se poñan en marcha, pois cando se comeza a facer esforzos por patrimonializar algo, ese algo termina perdendo interese para a cidadanía e termina sendo unha cousa de catro; os exemplos unitarios lanzados até agora terminaron mal consecuencia do intento, por parte dalgunhas organizacións ou persoas, de hexemonizar-los.

Como fixen público en varias ocasións, a nosa tarefa é tratar de influír, participar para iso, para tratar de influír coas nosas propostas, en todos os espazos de confluencia que se creen, pero sen embarcarnos definitivamente en ningún dunha forma total até que estes non se adapten ao que o pobo está demandando a gritos como necesidade perentoria, isto é, a constitución dunha fronte ou espazo político e social amplo e moi incluínte, sen hexemonismos nin patrimonialismos, que traballe de forma integradora e inclusiva, alentando procesos colaborativos abertos ao pobo na elaboración das súas propostas e programas e realizando primarias abertas, democráticas, moi participadas e transparentes para elixir e ordenar as súas candidaturas; procesos nos que ninguén dos movementos sociais ou políticos que impulsen esas candidaturas municipalistas unitarias de ruptura co réxime do 78 sexa excluído do proceso e do seu dereito a presentarse para poder ser elixido.

Insisto en que si non existe unha masa crítica cidadá ampla detrás destes proxectos toda legalización de siglas non servirá para nada máis aló dun gasto enorme de diñeiro. Ademais, subliño, que a idea é empoderar ao pobo, pois si isto é así debe ser a propia cidadanía, a través dos representantes que elixa, quen legalicen esas siglas. Todo o demais é ofrecer pratos cociñados e seguir facendo as cousas por arriba.

En resumo, e expresado en palabras do colec­tivo Ate­neo de Zaragoza: "Esta­mos orga­nizando, entre todas, un desborde popular, que supere par­tidos e movimen­tos, que nos supere a nosoutras mes­mas e per­mita soñar con outras for­mais de vivir. O momento é agora. Gañemos".

Como sempre digo, estas son as miñas ideas que deixo ao voso mellor criterio.

[*] Javier Caso Iglesias (Cáceres, 1964). Analista Político e Activista Social.

Artigo publicado no seu blogue persoal 'Pasión pola Dialéctica' o 20 de Agosto de 2014:
http://javiercasoiglesias.blogspot.com.es/
___________

Andrea, un paradigma de cómo o Estado español entende o interese superior dos nenos e das nenas e o seu dereito a recibiren protección e a seren escoitados - Texto analítico da Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME) a raíz da análise dos tráxicos feitos denunciados polo Comité de Nacións Unidas para a Eliminación da Discriminación contra a Muller que condena ao Estado español por non ter actuado de maneira dilixente para evitar a violación dos dereitos de Ángela González, unha muller vítima de violencia de xénero, e a súa filla Andrea, que foi asasinada polo seu pai durante o réxime de visitas en 2003


Andrea, un paradigma de cómo o Estado español entende o interese superior dos nenos e das nenas e o seu dereito a recibiren protección e a seren escoitados


O pasado 4 de agosto coñeciamos a decisión do Comité de Nacións Unidas para a Eliminación da Discriminación contra a Muller de condenar o Estado español por non ter actuado de maneira dilixente para evitar a violación dos dereitos de Ángela González, unha muller vítima de violencia de xénero, e a súa filla Andrea, que foi asasinada polo seu pai durante o réxime de visitas en 2003.

A raíz da análise dos tráxicos feitos denunciados polo organismo comunitario, a Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME) presenta un texto analítico, que a continuación achegamos, no que quere resaltar que este caso, lonxe de tratarse dunha excepción, sitúase como un paradigma das carencias na atención á infancia maltratada do Estado español. A pé feito dos datos concretos que remataron co asasinato de Andrea, o texto de AGAMME analiza os atrancos estruturais que se están a atopar os menores vítimas de maltrato ou abuso neste país, así como os familiares que tentar velar polos seus dereitos: falta de especialización dos profesionais que atenden aos menores vítimas, carencias na coordinación das distintas áreas da Administración, escasa sensibilidade do sistema xudicial, son algúns dos lugares comúns detectados dende AGAMME. A asociación salienta, asemade, que os continuos intentos da nai da menor, Ángela González, ao esixir responsabilidades pola morte da súa filla fosen ignorados nas distintas instancias da Administración e tivese que ser un organismo internacional quen, once anos despois, faga xustiza.

Dende a Asociación Galega contra o Maltrato a Menores esíxese á Administración que asuma as responsabilidades correspondentes no caso de Andrea e, ao tempo, tome as medidas necesarias para que as carencias denunciadas pola ONU non volvan ter lugar.

Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME).-

Andrea

Un paradigma de como o Estado español entende o interese superior dos nenos e das nenas e o seu dereito a recibiren protección e a seren escoitados.

Datos do caso:
  • Antecedentes de violencia de xénero.
  • Petición de protección para a nai e para a nena dende que esta tiña tres anos.
  • Máis de 40 denuncias de malos tratos.
  • Informes de traballadoras sociais a favor dun réxime de visitas sen protección.
  • Réxime de visitas a favor do pai sen medidas de protección.
  • 4 anos de loita para conseguir protección para a nena.
  • Andrea é asasinada polo seu pai durante unha visita.
  • Idade de Andrea nese momento: 7 anos (2003).
  • Esixencia de responsabilidades da nai cara á Administración de xustiza ao longo de 8 anos.
  • Procedementos todos eles infrutuosos
  • Agosto de 2014: condena da ONU ao Estado español
Foi imprevisible a morte de Andrea, tal e como pretende o Defensor do Menor?
Cambiaron tanto as cousas dende 2003, como defende Ana Mato?

Nada hai máis destrutivo para una sociedade que a morte violenta dun neno ou dunha nena. E, a pesar dos intentos para minimizar o impacto da nova por parte dos cargos que representan á Administración competente, o caso de Andrea ten o agravante de que a nena e a súa nai non só recibiron a agresión da violencia física no seu máximo expoñente, senón tamén a violencia exercida polo Estado. Sen poñer en dúbida as consecuencias que esa violencia tivo e segue tendo sobre Ángela González, nai da menor, centrámonos aquí en Andrea e en cómo o Estado foi partícipe na súa vitimización, partindo do contido da Lei de Protección Xurídica do Menor (LPXM), que data do ano 1996 e que, entre outras cousas, adopta plenamente o articulado da Convención dos Dereitos dos Nenos e das Nenas (CDN). Tamén porque cremos que Andrea, aínda que podemos dicir que é vítima secundaria de violencia de xénero, é por riba de todo vítima de violencia contra a infancia
  1. É deber do estado proporcionar os servizos cualificados, adaptados e suficientes para atender ás vítimas menores de idade.
  2. Andrea tiña dereito a non recibir trato discriminatorio (neste caso presuntamente porque quen denunciaba o maltrato e pedía protección era a nai, nunha situación de violencia de xénero e conseguinte ruptura conxugal)
  3. Igualmente, Andrea tiña dereito a que se obrase en base ao seu interese superior, incluso aínda que estivesen en xogo outros intereses ou dereitos lexítimos.
  4. Andrea tiña dereito a ser escoitada. Para que este dereito poida ser exercido, é imprescindible que se ofrezan as condicións adaptadas ás necesidades especiais de cada neno ou nena (especialización de profesionais). Segundo a LPXM, a idade non pode ser un impedimento para o disfrute deste dereito.
  5. Andrea tiña dereito a recibir protección perante calquera tipo de maltrato.
A LPXM estaba plenamente vixente cando Ángela González decidiu denunciar a situación de violencia que sufrían ela e a súa filla. Non imos negar que a lei é mellorable e que están pendentes reformas lexislativas necesarias. Porén, xa hai dez anos, o problema non era a lei, senón como se aplicou. Ou máis ben como non se aplicou. Polo tanto hai que dicirlle á Sra. Mato que a explicación non é satisfactoria: existían con anterioridade a 2003 instrumentos lexislativos que terían permitido a protección de Andrea e puideron ter evitado o seu falecemento.

O caso de Andrea é paradigmático porque a Administración non pode negar o evidente: hai una nena asasinada e é o propio sistema quen permitiu que se desen as condicións para a materialización desa morte.

Atopamos unha serie de lugares comúns nos procedementos similares ao que nos ocupa e que conducen sistematicamente á desprotección das vítimas menores de idade:
  • Os informes forenses e psicosociais. Os servizos públicos de psicoloxía forense e os equipos psicosociais seguen a estar formados por profesionais non especializados/as en atención a vítimas menores de idade, ao igual que os médicos forenses; os equipos están saturados de traballo o cal revirte en períodos de espera excesivamente longos; non están suficientemente coordinados con outros servizos públicos que poden achegar información relevante respecto á situación dos nenos e nenas; cométense erros na custodia da proba e na interpretación das probas médicas; as avaliacións de testemuño conclúen con frecuencia coa imposibilidade de realizar o estudo pola curta idade da vítima, moi a miúdo conclúen considerando inválida a declaración, ben por escasa habilidade na entrevista con nenos e nenas, ben porque se aplican incorrectamente os instrumentos propios da psicoloxía, ben porque se utilizan prácticas profesionais non avaladas pola comunidade científica.
  • Unha instrución insuficiente que non permite coñecer realmente sobre a comisión ou non do delito e sobre os riscos que corre a vítima.  É habitual a vulneración de dereitos procesais da vítima, como a inadmisión non motivada da proba proposta.
  • Xulgados de 1ª instancia pouco sensibles cara aos dereitos dos nenos e das nenas, como o seu dereito a seren escoitados e a recibir protección. Xulgados que a miúdo se amosan máis preocupados por defender os dereitos parentais.
  • Sentenzas que se ditan en base á xurisprudencia asentada ao longo de 15 anos de mala praxe xudicial e de aplicación da sap e da terapia da ameaza [1].
  • Unha Fiscalía que non vela polo cumprimento dos dereitos dos nenos e das nenas no procedemento (dereito a recibir atención cualificada para evitar a vitimización secundaria e para que a proba sexa da máxima calidade posible, dereito a seren escoitados, dereitos procesais…).
  • A ameaza xudicial de perda de custodia en caso de incumprimento do réxime ordenado por sentenza.
En definitiva imponse a través das accións da Administración a cronificación das situacións de maltrato, situándose aos nenos e nenas vítimas nunha posición de completa desasistencia. Como mostra, pódese consultar o informe de Save the Children do ano 2012 [2], no que se analizan os 65 autos en Audiencias Provinciais de todo o Estado (entre o 1 xaneiro de 2011 e o 30 de xuño de 2012), nos que se investigaba abuso sexual no ámbito familiar.

Respecto ao anuncio das reformas lexislativas que están pendentes, é preciso respostarlle á Sra. Ministra que o cambio que precisamos ten que ser máis comprometido e valente que o que se nos propón nos textos dos proxectos de lei publicados recentemente. Dende logo non vai poder ser con custo económico cero, como pretende o goberno: é imprescindible reformar e aumentar cadros de persoal, crear unidades especializadas, formar profesionais, concienciar á sociedade no seu conxunto

Porén, debemos insistir en que as reformas non só se fan necesarias no lexislativo, senón que vai ser imprescindible unha reforma de raíz en todo o tecido administrativo relativo á atención á infancia e adolescencia maltratadas:
  • Un dos temas que permanece pendente é que non existe un servizo universal de atención a nenos e nenas vítimas e de asesoramento e apoio ás familias protectoras: os servizos e a fiscalía de protección de menores teñen competencias só cando existe situación de desamparo, cando hai unha familia que protexe non existe ningún servizo especializado que dea atención ás vítimas menores de idade, que coordine a todos os profesionais que traballan simultaneamente en distintas áreas (sanidade, educación, servizos sociais, corpos de seguridade) e que ofreza orientación, información e apoio á familia que se fai cargo do neno ou da nena.  As oficinas de atención á vítima que contempla o Proxecto de Lei do Estatuto da Vítima non cumpre con ese requisito de máxima especialización na atención a menores de idade vítimas, testemuñas ou en procedementos xudiciais.
  • Por outra banda, da mesma maneira que existen instrucións nos diversos organismos públicos para atender a violencia de xénero, outro tanto ten que suceder coa violencia contra a infancia e a adolescencia.
  • Os equipos forenses e psicosociais públicos actualmente en activo non están cualificados para atender a nenos, nenas e adolescentes. É preciso crear unidades especializadas e establecer requisitos de formación e experiencia rigorosos de tal maneira que se cumpran as Directivas que veñen dende a Unión Europea[3].
  • Co fin de que sexan aplicables as normas procesais de participación e dereito á defensa das partes, así como para permitir a asunción do protagonismo na análise da proba por parte do xulgador, deberá xeralizarse a instalación das cámaras Gessell, que son por outra banda de custo baixo, en todos os xulgados nos que se realice avaliación do testemuño de persoas menores de idade polo procedemento da proba preconstituída ou a través de profesional experto/a. 
  • Creación de Fiscalías especializadas en violencia contra a infancia e a adolescencia que asuman a atención de todos os casos de maltrato cara a nenos, nenas e adolescentes, e non só aqueles nos que se dá situación de desamparo.
  • Por último, e quizais debería ser o primeiro, é preciso un traballo de educación e formación dos profesionais que traballan no ámbito xudicial e nos servizos adxuntos, co obxectivo de “desprogramar” os prexuízos fortemente asentados respecto á falta de credibilidade dos nenos e das nenas. Arredor do ano 2000 permitiuse a entrada no sistema xudicial da práctica non científica, coñecida como síndrome de alienación parental, que conleva unha terapia específica baseada na ameaza e coacción de nais e fillos/as e que implica a ausencia de credibilidade das vítimas menores de idade que estarían (segundo os seus ideólogos) programadas polas proxenitoras co fin de danar aos proxenitores. Posteriormente refutouse duramente  esta práctica de tal xeito que xa non se nomea nas sentenzas e oficialmente está desterrada do noso sistema xudicial. Nada máis lonxe da realidade: a teoría está tan fortemente afianzada que non precisa ser nomeada de maneira explícita para impedir a validación dun testemuño ou para xustificar unha perda de custodia. É suficiente a súa insinuación para que se inicie a terapia sap,  con vulneracións flagrantes de dereitos que non precisan motivación nin xustificación en feitos ou fundamentos de dereito.
Dado que existe unha responsabilidade do goberno e da Administración de xustiza (publicacións, campañas, cursos de formación realizados a prol da sap) é o seu deber restaurar a normalidade e a boa práctica.  É preciso que se realice unha campaña de longa duración e ccon proxección tanto cara ao ámbito xurídico e administrativo como cara á sociedade na que se faga explícita a repulsa de todas as prácticas que sistematizan a desacreditación dos nenos, nenas e adolescentes e a culpabilización de quen exerce o deber de denunciar o maltrato infantil e o abuso sexual, así como uns principios de boas prácticas en base á CDN de aplicación nos distintos servizos (equipos forenses, puntos de encontro, xulgados, corpos de seguridade, fiscalía, sanidade, educación, servizos sociais) e corpos profesionais (avogacía, traballo social, psicoloxía,…).

Outro punto sobre o que reflexionar, a raíz da condena da ONU ao Estado español, é o que sucede na nosa Administración respecto ao dereito da cidadanía a presentar queixas, reclamacións ou denuncias por incumprimentos da propia Administración. Durante 8 anos, Ángela González insistiu na reclamación da responsabilidade da Administración na morte da súa filla, chegando ao Supremo. En todos os procedementos recibiu resposta negativa. Tivo que ser un órgano internacional quen fixese xustiza. Deste xeito, o dereito da cidadanía a pedir contas á Administración convértese nunha pantomima: o organismo onde se presenta a denuncia consulta co organismo que realizou o acto denunciado e a xustificación deste último adóptase como boa: Defensor del Pueblo, Valedor do Pobo, Fiscalía, servizos de inspección… Polo tanto faise necesario establecer mecanismos de control de calidade dos servizos e asegurar que os organismos que deben velar polo dereitos cidadáns fronte á Administración sexan realmente independentes e realicen as súas investigacións por procedementos  que non se limiten a pedir informes ao organismo ao que se fai a denuncia.

A resposta da Ministra Ana Mato nas súas declaracións a raíz da condena da ONU ao Estado español encádrase nesta estratexia da Administración española cando ten que dar explicacións ou responsabilizarse ante a cidadanía: unha fuxida cara a diante, sen recoñecer os erros, sen sinalar responsables, non é tolerable. É necesario depurar responsabilidades, civís e/ou penais. Que espera a Fiscalía para esixilo? O Estado español ten unha conta pendente con Andrea, unha conta insaldable. En base a esa débeda ten a obriga de marcarse unha meta: nin un neno, nin unha nena máis sometidos á vitimización cronificada pola mala praxe xudicial:
  • O caso de Andrea debe servir de patrón para analizar os erros do sistema xudicial e inducir cambios de maneira inmediata.
  • É esixible a revisión de todos os casos nos que se ordenaron rexímenes de visitas ou de custodia a favor de proxenitores sobre os que existían procedementos por maltrato, abuso sexual ou violencia de xénero e que foron sobreseídos sen que se chegase á libre absolución do acusado. Sexa cal sexa o custo económico, pois nada ten máis valor que a vida das nosas nenas, nenos e adolescentes.
  • Revisión da xurisprudencia, anulando todas aquelas sentenzas análogas ao caso que nos ocupa e aquelas nas que se empregou explícita ou implicitamente a sap e a terapia da ameaza.
  • A protección das vítimas menores de idade e o seu interese superior deben primar sobre os dereitos parentais.
  • É preciso devolver o sentido orixinario ao artigo 9 da CDN sobre o dereito dos nenos e nenas a relacionarse con ambos proxenitores, dereito que na práctica os xulgados non teñen reparo en converter en obriga.
  • Non é admisible xa o prexuízo do neno e da nena incapaces de ofrecer testemuño válido. Todos os nenos e todas as nenas teñen o dereito a seren escoitados e a que se lles tome en consideración, tanto nos procedementos civís coma nos penais, segundo o que establece a CDN no seu artigo 12, analizado e interpretado exhaustivamente na Observación Xeral nº 12 do Comité dos Dereitos do Neno e da Nena.
  • O Estado español asinou hai 25 anos a Convención dos Dereitos do Neno e da Nena, pero non a cumpre nunha porcentaxe elevada do seu articulado: a Administración debe formarse en CDN e obrigarse a seguir os seus principios en cada unha das accións.  Ningún neno nin ningunha nena cos seus dereitos esmagados.
Para rematar, queremos dar as grazas a Ángela González pola súa valentía e tesón, pois a pesar da dor que leva consigo proseguiu coa loita na busca de xustiza, xa non para a súa nena, senón coa intención altruísta de conseguir que isto non se volva repetir.

Sufrir con ela a ausencia de Andrea é o primeiro paso necesario para modificar o actual estado das cousas. A Administración debe recoñecer o seu erro, facer público ese recoñecemento, pedir perdón. E indemnizar e sancionar esas neglixencias con dureza, de tal xeito que quede gravado na memoria colectiva.


Ferrol, a 18 de agosto de 2014

Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME).-

Notas.-

[1] sap: abrev. síndrome de alienación parental, ideada polo psiquiatra norteamericano R. Gardner nos ‘80 pretende describir unha enfermidade mental supostamente causada pola nai na filla-o coa intención de danar ao pai, acusándoo falsamente de abuso sexual ou maltrato e convertindo á nena-o no instrumento para tal fin. Foi utilizada dende os seus inicios exclusivamente no ámbito xudicial, coa intención de  desacreditar o testemuño de nenos ou nenas vítimas. Inclúe unha proposta “terapéutica”,  que se basea na ameaza e a coacción á vítima e a quen denuncia. Entrou no estado español arredor do ano 2000. Máis información en www.agamme.org

[2] La justicia española frente al abuso sexual infantil en el entorno familiar. Un análisis de casos a la luz de los estándares internacionales de derechos humanos. Save the Children. 2012.

[3] DIRECTIVA 2011/92/UE do 13.12.2011, relativa á loita contra os abusos sexuais e a explotación sexual dos menores e a pornografía infantil e pola que se sustitúe a Decisión marco 2004/68/JAI do Consello. | DIRECTIVA 2012/29/UE do 25.10.2012, pola que se establecen normas mínimas sobre os dereitos, o apoio e a protección das vítimas de delitos, e pola que se sustitúe a Decisión marco 2001/220/JAI do Consello.

Agradécese a difusión, para máis información poden contactar no correo electrónico agammeferrol@gmail.com.

--
Web oficial:
http://www.agamme.org/


Enviado por:
Agamme
-agammeferrol@gmail.com-
18 de agosto de 2014 08:56

__________________

Enlaces relacionados de interese:

_____________________________

domingo, agosto 17, 2014

O medo ao Ébola, ... Por Pablo Vaamonde


Por Pablo Vaamonde [*]
17.08.2014


O virus do Ébola provoca unha enfermidade hemorráxica grave e potencialmente mortal. Este mes de agosto os medios de comunicación non falan doutra cousa. Semella que fose unha doenza nova mais non é así. O primeiro caso coñecido data de 1976 (Zaire) e desde a década dos noventa varios países africanos (Guinea, Congo, Nixeria, Liberia) veñen declarando todos os anos casos de morte provocados por este virus. Este verán a dimensión da epidemia foi superior á de anos anteriores. Preto de mil persoas morreron por esta causa e a OMS declarou a situación, a primeiros de agosto, como unha “emerxencia sanitaria internacional”.

Non cómpre menosprezar a gravidade da situación, pero hai que lembrar que este non é o principal problema de saúde dese continente. As principais causas de mortalidade en África son a SIDA, a malaria, as enfermidades diarreicas, a tuberculose.  Os africanos sofren, enferman e morren prematuramente pola pobreza e a desnutrición, polas deficientes condicións de vida e a falta de auga potable, pola violencia social e a falta de horizonte para as súas vidas. Por iso cruzan desertos durante meses e expoñen as súas vidas no mar e tentan saltar as barreiras que lles coloca o mundo occidental. Virán máis, moitos máis, para fuxir do inferno sen saída que teñen nos seus países de orixe.

Mais habitamos un mundo dominado polo medo. Vivimos nunha “sociedade do risco” (Ulrich Beck) e cada certo tempo xorde un perigo, unha ameaza ou unha doenza descoñecida que ocupa as portadas dos xornais e provoca o pánico xeral. Existe unha auténtica maquinaria para fabricar medos colectivos como mecanismo de dominación social. El Roto ten unha viñeta maxistral na que un executivo di: “Tivemos que asustar á poboación para tranquilizar aos mercados”. Naomi Klein (A doutrina do shock) explicou moi ben como os temores globais son contaxiados desde o poder para xustificar o recorte de dereitos, as actuacións xenófobas, a limitación das liberdades. O pánico provocado por certas doenzas (gripe aviaria, gripe A, que resultaron non ser tan perigosas como dicían) foi utilizado tamén para favorecer certos negocios multimillonarios. As doenzas que causan maior mortaldade en África non teñen grande interese para as empresas farmacéuticas; o mundo occidental tampouco fai gran cousa para aliviar a pobreza extrema, a fame endémica e as guerras crónicas que provocan miles e miles de mortos. Pero hai indicios de que, no caso do virus Ébola, tamén hai intereses económicos potentes que tentan sacar beneficio do medo global. Vexamos.

-O negocio. Polo momento non se produciu ningún caso de contaxio do Ébola fóra de África. Pero neste brote de 2014 houbo dous estadounidenses infectados, que foron trasladados a EEUU para ser tratados cun preparado experimental (ZMapp). Trátase dun cóctel de tres anticorpos monoclonais que está na primeira fase de ensaio clínico e só foi probado con simios. Os seus resultados son totalmente incertos e, por iso, o tratamento estándar para o Ébola segue a ser a terapia de apoio. Este foi o “soro milagroso” aplicado ao misioneiro español Miguel Pajares (repatriado de forma tardía e nunha peripecia rocambolesca) que morreu aos cinco días de chegar a Madrid. Mais, mesmo no caso de que este remedio chegase a demostrar a súa eficacia, non sería posible atallar a epidemia en África con este tipo de fármacos, polo seu elevado custe e pola extraordinaria dificultade para a elaboración. Habería que empregar estratexias de prevención e detección precoz, que son factibles pero non ofrecen espazo de negocio para as empresas farmacéuticas.

-O marketing. A empresa Mapp Bio leva varios anos buscando un tratamento para este virus en colaboración co Departamento de Defensa dos EEUU. O soro agora utilizado está fabricado con plantas do xénero nicotiana, que tamén se utiliza para o tabaco. Por esa razón a produción corre a cargo da empresa Kentucky Bioprocessing (filial da empresa tabacalera americana Reynolds). O tratamento administrado a estas tres persoas podería representar, de ser exitoso, a mellor campaña de marketing deste produto. O falecemento do misioneiro español pode provocar certa desconfianza. Pero o certo é que a curación do Ébola cotiza no Nasdaq: as acción de Tekmira, empresa de Vancouver que está ensaiando unha vacina para este virus, aumentaron case un 40% nunha semana. Tamén resulta interesante observar como a industria farmacéutica aparece de novo aliada co Departamento de Defensa dos EEUU e coas empresas tabaqueras.

-A repatriación. Miguel Pajares, misioneiro infectado polo Ébola, foi repatriado desde Liberia, o sete de agosto, para ser tratado en Madrid. Faleceu cinco días despois. O centro designado para o seu tratamento, o Hospital Carlos III,  foi unha referencia estatal e internacional para a investigación e o tratamento de doenzas infecciosas e tropicais e para afrontar situacións sanitarias de gravidade. Os seus profesionais teñen un gran prestixio e cualificación. En 2013 o goberno madrileño converteu este centro especializado nun hospital de media estancia, dedicado a atender pacientes derivados doutros hospitais da Comunidade e pechou o Servizo de Urxencias. A repatriación do relixioso español obrigou a evacuar o Hospital, a reabrir a porta de Urxencias e a recuperar os dispositivos de atención para emerxencias que foran desmontados oito meses antes. Tiveron que reabrir a sexta planta do Hospital (con habitáculos de “presión negativa” imprescindibles para atender este tipo de pacientes) e montar a toda presa medidas e equipos de illamento. Toda esta montaxe mediática da repatriación e o tratamento co “soro milagroso” (mentres a ministra Mato estaba agochada), tentou demostrar unha situación de normalidade, mais non hai tal: o Hospital Carlos III xa non está en condicións para atender unha situación de emerxencia ou facer fronte a unha epidemia.

Pretenden que esta intervención sexa vista pola poboación como unha actuación humanitaria. Non se nega. Pero tamén podemos preguntarnos, como fan os responsables da Marea Branca de Madrid (MEDSAP), por qué se denega diariamente atención sanitaria a numerosos colectivos neste país e por qué se abandona á súa sorte a persoas, da mesma Orde San Xoán de Deus, tamén infectados polo virus (a relixiosa Chantal Pascaline morreu en Liberia). Tamén cómpre lembrar que este virus non comezou neste mes de agosto. A OMS só decretou a emerxencia internacional cando houbo vítimas occidentais. Pero ninguén fai nada para axudar aos africanos que sofren, padecen e morren no máis absoluto abandono.

Blogue persoal de Pablo Vaamonde:

Pavillón de Repouso

http://pablovaamonde.blogspot.com.es/

[*] Pablo Vaamonde, nado na Baña en 1956. É médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña). Foi fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005), presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005 e vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña e responsable do Programa de Formación Continuada de 1998 a 2005. Foi director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas entre 2005 e 2006. Tamén foi membro da Comisión Sectorial de Sanidade que elaborou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, colaborador habitual dos medios e autor de tres libros de narrativa: O fillo do emigrante (2002), O mes de abril (2004), Luz Divina e outros retratos (2006). Recibiu o Premio Lois Peña Novo en 2005, polo seu compromiso na promoción e defensa da língua de Galicia e é colexiado de Honra con Emblema de Prata (2007) do Colexio Oficial de Médicos da provincia de A Coruña.

Publicado no seu Blogue persoal | 14.08.2014.

Enviado por:
Inácio Martínez
-inaciogz@gmail.com-
17 de agosto de 2014 10:45

________________

sábado, agosto 16, 2014

Recortes na sanidade e listas de espera en Atención Primaria

Desde a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública queremos denunciar que a atención sanitaria en Galicia esta sufrindo un importante deterioro como consecuencia da política de recortes do sistema sanitario publico que supuxeron:
  • A redución de persoal sanitario mediante a xubilación forzosa dos profesionais asistenciais, amortizando as prazas vacantes creadas.
  • O peche de máis de 1000 camas nos hospitais durante o verán.
  • A non substitución dos profesionais de vacacións nos hospitais e Centros de Atención Primaria.
Este deterioro evidenciase no:
  • Colapso xornal dos servizos de urxencias hospitalarios.
  • Crecemento das listas de espera para consultas e intervencións cirúrxicas.
  • Aparición de listas de espera en Atención Primaria, algo incompatible coa propia natureza deste nivel que é a porta de entrada ao sistema sanitario e que debe atender de xeito inmediato as demandas asistenciais.
  • Deterioro da calidade da atención e a masificación das consultas de AP.
Desde a nosa Asociación facemos un chamamento á cidadanía e ás organizacións sociais, políticas e sindicais para que mostren publicamente o seu rexeitamento aos recortes e ao peche de camas hospitalarias no verán; e esixan a substitución dos profesionais sanitarios e o fin da política de redución de persoal.

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública
14 de agosto de 2014
Tno: 669704177

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
http://www.plataformadspferrol.blogspot.com
plataformadspferrol@gmail.com
_______________

Preocupados, ... Por Amadeo Varela

Por Amadeo Varela [*]
16.08.2014


Supoño que calquera traballador que crea na necesidade de ter unha representación, para defender os seus lexítimos intereses, ten que estar preocupado polo “consello” que algúns cargos do PP lle deron hai uns días aos membros do comité de Navantia, dicindo que non deberían meterse en debates políticos. Hai que ser moi cándido para pensar que os debates políticos, de calquera tipo, poden ser indiferentes para os que teñen que vivir pendentes de decisión políticas, sobre todo no caso de traballadores de empresas públicas. Quero pensar que aquel “consello” foi soamente un xeito pouco afortunado de falar e que non tiña a intención de enviar unha sutil ameaza. De calquera xeito, coido que os do comité teñen a suficiente experiencia e sentido do humor para non pensar moito no que un par de “iluminados” digan ou queiran insinuar e continúen co seu traballo, porque senón, pobres dos que teñan que agardar que os políticos profesionais lles amañan os problemas.

Publicado no Diario de Ferrol | 15.08.2014.

[*] Amadeo Varela Rodríguez -Ferrol 1936, foi traballador de BAZAN, é o autor de "Recordos do vello Racing" publicado no 2000, "Bazan e Ferrol - Unha simbioses perfecta?" (a historia dunha época, "... detrás de cada barco que nace, hai moitas horas de esforzo. Nesa tarefa, miles de traballadores foron gastando a súa saúde e a súa vida") publicado no 2003 e coautor de "Retallos da Memoria II" ("Memorias de neno" sobre a súa vida de pequeno nunha familia republicana perseguida), publicado no 2009. Autor de numerosas cartas e artigos na prensa local. Autor de sitios na rede sobre Ferrol. Cofundador da Asociación San Fernando para defender o Patrimonio Histórico do barrio ferrolán de Recimil contra a súa pretendida demolición, membro do Colectivo Recimil co que promoveu a Plataforma Ártabra 21 e a Plataforma en Defensa dos Espazos Públicos. Na actualidade forma parte do Colectivo Ártabra 21.
__________________


xoves, agosto 14, 2014

EUA voltam ao Iraque: terrorismo ou petróleo?, ... Por Steve Coll


EUA voltam ao Iraque: terrorismo ou petróleo? |  Nos confins do Curdistão, uma cidade onde vivem “milhares de americanos”. Que os levou até lá? Qual o verdadeiro motivo da nova campanha militar de Obama?

Por Steve Coll [*]
14.08.2014



Defender Erbil: essa foi a principal causa que levou o presidente Obama de volta à guerra no Iraque na semana passada, dois anos e meio depois de cumprir a promessa de campanha e retirar de lá os últimos soldados.

Depois de Mazar-i-Sharif, Nasiriyah, Kandahar, Mosul, Benghazi, e incontáveis outras pontos de intervenção militar dos EUA – cidades cujos nomes derrotariam todos os candidatos de programas de “adivinhe onde fica” antes de 2001 – chegamos agora a Erbil. Pode-se bem perdoar o isolacionista: “Chegamos… onde?!

Erbil tem longa história, mas, em termos de política económica, entende-se melhor a cidade hoje como uma espécie de “Deadwood” curda, como no serie de David Milch para a HBO, sobre uma cidade da corrida do ouro, cujo anti-herói, Al Swearengen, convence um governo local a inventar por ali um verniz de governo e normalidade, porque interessa aos negócios dele.

Erbil é cidade da corrida do petróleo, onde os poderes locais manobram similarmente os seus ambíguos poderes para garantir ganhos financeiros – deles mesmo e de qualquer pioneiro selvagem esperto o bastante para conseguir investir dinheiro sem ser imediatamente roubado.

Erbil é a capital do Governo Regional Curdo & Petróleo, no norte do Iraque. Ali os EUA construíram alianças políticas e armaram milícias peshmerga curdas muito antes de o governo Bush invadir o Iraque em 2003. Desde 2003, tem sido o local mais estável de um país instável. Mas semana passada, guerrilheiros muito bem armados, leais ao Estado Islâmico  no Iraque e Levante, ISIL, ameaçaram os arredores de Erbil, o que forçou a espetacular ação de Obama. (O presidente também ordenou operações aéreas para entregar ajuda humanitária a dezenas de milhares de yazidis e outras minorias não muçulmanas  cercadas no remoto Monte Sinjar. Um Curdistão seguro garantiria santuário para esses sobreviventes).

A região curda é funcional do modo como gostaríamos de ver” – Obama explicou em fascinante entrevista que deu a Thomas Friedman, publicada na 6a-feira. “É tolerante com outras seitas e outras religiões, como gostaríamos de ver em outros pontos. Por isso achamos importante assegurar que esse espaço esteja protegido”. Dito assim, até parece verdade, e até certo ponto é convincente.

O Curdistão é, sim, um dos já raros aliados confiáveis dos EUA no Médio Oriente, nesses tempos. A economia conheceu um boom em anos recentes, atraindo investidores de todo o mundo, o que fez erguer-se ali um fulgurante novo aeroporto internacional com as mais modernas e também fulgurantes facilidades e serviços. Claro, comparado à, digamos, Jordânia ou Emirados Árabes Unidos, o Curdistão tem um deficit terrível, na condição de aliado dos EUA: o Curdistão não é estado. Nem tem nada a ver com fabricar a unidade nacional do Iraque, que continua a ser o principal projeto do governo Obama no Iraque. Vistas as coisas por esse ângulo, a explicação que Obama ofereceu para o seu casus belli pareceu um pouco incompleta.

Conselheiros de Obama explicaram aos jornalistas que Erbil abriga um consulado dos EUA e que “milhares” de norte-americanos vivem lá. A cidade tem de ser defendida, dizem eles, contra o risco de o EIIL passar por lá, destruir tudo e ameaçar vidas de norte-americanos. Tudo muito bem, mas… O que fazem lá, em Erbil, os tais milhares de norte-americanos? Em busca de ar puro é que não estão.

A Exxon Mobil e a Chevron estão entre as muitas empresas de petróleo e gás com contratos grandes e pequenos para perfurar no Curdistão, contratos cujos números compensam as empresas pelo risco político sempre alto. (A Chevron disse, semana passada, que estava retirando alguns expatriados do Curdistão; a Exxon Mobil não quis comentar) Com essas gigantes do petróleo chegaram, como sempre os de sempre: empresas de serviço nos campos de petróleo, contadores, empresas de construção, de transporte e, no fundo do poço da cadeia económica, diversos empreendedores cavando espaço.

Percorrer com os olhos a lista telefónica da Câmara de Comércio de Erbil é uma experiência poética, só dos nomes dos empreendimentos: Cozinha dos Sonhos, Sonho Vivo, Ouro Puro, Gala Eventos, Emoções Eventos e o endereço onde eu pensaria em fazer minha última refeição, se colhido no torvelinho de um massacre do ISIL, “Famous Cheeses Teak”.

Nada tem a ver com petróleo. Depois de você tiver escrito essa frase 500 vezes na lousa, até aprender, assista ao documentário “Why We Did It” [Porque nós fizemos aquilo] de Rachel Maddow, para conhecer a visão altamente sofisticada, embora agudamente jornalística, e entender de uma vez por todas que a economia mundial do petróleo sempre lá esteve, desde o início, como parceira silenciosa do fiasco dos EUA no Iraque.

Claro  que é dever do presidente Obama defender vidas e interesses dos EUA, em Erbil e onde for, com petróleo ou sem. Mas o caso é que, em vez de ordenar a imediata evacuação dos cidadãos, ele ordenou campanha de ataques aéreos que durarão meses, para defender o status quo do Curdistão, em campo – presumivelmente, seria essencial para um Iraque unificado capaz de isolar o EIIL. Mas o status quo no Curdistão inclui produção de petróleo por empresas internacionais, como seria honesto declarar. OK. A defesa do Curdistão que Obama ordenou deve funcionar, se a peshmerga curda puder ser novamente recolhida, reunida e fortalecida em campo, depois de uma alarmante retirada, semana passada.

Mas há buracos na lógica de Obama sobre Erbil. O presidente disse claramente, semana passada, que ainda acredita que um governo duradouro de unidade nacional – que inclua líderes sérios da maioria xiita do Iraque, curdos e sunitas  que se opõem ao EIIL – possa ser formado em Bagdade, ainda que exija mais semanas, além dos três meses de dificuldades que já se passaram desde a mais recente eleição parlamentar no país.

O projeto de um governo unificado em Bagdade, forte o bastante para derrotar o EIIL com um exército nacionalista e na sequência extrair dele os seguidores dos sunitas parece cada vez mais ideia delirante; era difícil, na entrevista a Friedman, entender de que lado Obama realmente está.

Por que tem sido tão difícil construir qualquer tipo de unidade política em Bagdade e há tanto tempo? Há muitas importantes razões – a desastrosa decisão dos EUA de desmobilizar o Exército Iraquiano, em 2003, e de apoiar a furiosa des-Baathificação, que afastou os sunitas, distanciamento que ainda não foi corrigido; ódio sectário crescente entre xiitas e sunitas; o envolvimento de sunitas com a filosofia da Al-Qaeda e com o dinheiro e ‘soft power’ do Golfo Persa; a interferência do Irão; as dificuldades das fronteiras pós-coloniais do Iraque; o mau governo em Bagdade, particularmente sob o primeiro-ministro Nouri al-Maliki. Mas outra razão, e de primeira ordem, é que os EUA cobiçam o petróleo dos curdos.

Durante o governo Bush, aventuras como a da empresa Hunt Oil, que tem sede em Dallas, pavimentaram o caminho para a Exxon Mobil, que acertou um negócio em Erbil em 2011. Bush e seus conselheiros não conseguiram forçar empresas norte-americanas de petróleo, como a Hunt, a sair do Curdistão  nem a sancionar investidores não norte-americanos. Deixaram os gatos selvagens agir como bem entendessem, sempre insistindo que os políticos de Erbil negociassem uma partilha de lucros do petróleo e a unidade política, com Bagdade. O governo de Erbil nunca entendeu exatamente a necessidade de um compromisso final com políticos xiitas de Bagdade – e com os curdos ficando cada vez mais ricos, nos seus próprios termos, eles passaram a atrair empresas de petróleo mais confiáveis e mais ricas; assim, cada vez mais se foi criando a impressão de que aquele governo governava um estado de-facto. O governo Obama nada fez para reverter essa tendência.

Assim também, em Erbil, nas semanas vindouras, pilotos norte-americanos defenderão por ar a capital cuja crescente independência e crescente riqueza já afrouxaram os laços com o Iraque, ao mesmo tempo em que, em Bagdade, diplomatas dos EUA ainda insistem quixotescamente no esforço para alinhavar junto todos os pedaços do mesmo país, para enfrentar o EIIL.

Obama a defender Erbil defende, de facto, um estado-petróleo curdo não declarado. Sobre as fontes de sedução geopolítica desse estado – como fornecedor não russo, de longo prazo, de gás para a Europa, por exemplo –, melhor não falar, se houver crianças ou gente civilizada na sala, como Al Swearengen, da serie Deadwood, entenderia. A vida – como disse Swearengen num episódio – é quase sempre feita de “um serviço sujo depois do outro”. É como a política dos EUA no Iraque.

[*] Steve Coll (1958), jornalista USAméricano. Artigo publicado na revista norte-americana New Yorker | 14.08.2014 | Tradução de Vila Vudu. | http://www.esquerda.net/.

Foto: Erbil, é a capital do Curdistão baixo administração iraquiana (Wikipedia).
___________

Xeración, ... Por Amadeo Varela

Por Amadeo Varela [*]
14.08.2014


Dise que a actual é unha xeración perdida e hai quen fai chistes á súa conta e lles chama a xeración dos “nin-nin” por aquilo de que nin estudian, nin traballan. Supoño que esa será unha moi pequena minoría que poda vivir á conta dos seus maiores, algo que non durará sempre e que rematará por incluílos no grupo de desesperados, aqueles da outra serie de “nin”, que nin poden independizarse, nin poden fundar un fogar e formar unha familia, nin encontrar un traballo digno, nin albiscar un futuro aceptable e xa nin confían en nada nin en nadie, nin conservan a esperanza de se poder realizar como persoas; ou nese outro grupo de “nin”, que nin poden manter á súa familia, nin poden pagar a hipoteca, nin teñen quen lles dea traballo. Se isto non se amaña axiña, coido que non será só unha a xeración perdida, o que nos levará a unha situación xeral de pobreza, como resultado desta despiadada guerra económica na que nos teñen mergullados. Oxalá que non sexa así.

Publicado no Diario de Ferrol | 12.08.2014.

[*] Amadeo Varela Rodríguez -Ferrol 1936, foi traballador de BAZAN, é o autor de "Recordos do vello Racing" publicado no 2000, "Bazan e Ferrol - Unha simbioses perfecta?" (a historia dunha época, "... detrás de cada barco que nace, hai moitas horas de esforzo. Nesa tarefa, miles de traballadores foron gastando a súa saúde e a súa vida") publicado no 2003 e coautor de "Retallos da Memoria II" ("Memorias de neno" sobre a súa vida de pequeno nunha familia republicana perseguida), publicado no 2009. Autor de numerosas cartas e artigos na prensa local. Autor de sitios na rede sobre Ferrol. Cofundador da Asociación San Fernando para defender o Patrimonio Histórico do barrio ferrolán de Recimil contra a súa pretendida demolición, membro do Colectivo Recimil co que promoveu a Plataforma Ártabra 21 e a Plataforma en Defensa dos Espazos Públicos. Na actualidade forma parte do Colectivo Ártabra 21.
__________________


Temos á mestra atada no pátio, ... Por Lupe Ces


Por Lupe Ces [*]
14.08.2014


Nesta cidade somos como esse grupo de crianças que corre polo pátio da escola, e uns abusons se lhes achega a roubar a pelota, ou simplesmente a empurra-las porque sim, porque estavam aí. Somos todas aquelas crianças a quem se lhes rouba o bocadilho no recreio para tirar-lho ao cham e esmagar-lho co pé. E nom temos mestra a quem acudir, está amarrada de pés e mans no médio do patio e cunha banda posta nos olhos. Ademais agora, hai que pagar taxas para achegar-se a ela. Asim somos...

Hai uns dias davam-nos nos focinhos co do dique flotante, mas neste último recreio os abusóns dérom-nos cumhas lonas publicitarias que invadem a cidade. Falam de seguir comendo com tranquilidade o marisco da Ria, falam de banhar-se e gozar das suas augas... Falam de saneamento... No-lo dizem ou no-lo contam? Tenhem-nos que explicar mediante campanha publicitária que ter umha Ria saneada é cousa boa? Temos que pagar a autopropaganda do governo do Partido Popular?

Um novo insulto, unha nova burla. Porque os abusons forom os que permitirom que se lixara a Ria... Porque os abusons som os que levam retrasando a sua recuperaçom... Porque os tanques de tormenta que estám construindo só vam ser aliviadoiros. O sistema de saneamento polo que apostarom é obsoleto (mestura augas pluviais e residuais) e o seu funcionamento vai ser energeticamente moi custoso (irá no nosso recibo), e as grandes industrias vam seguir vertendo... Pero eles nom escoitam quando se lhes quere explicar, mesmo quando se elaboram alternativas para solucionar ou paliar esta chapuza, como fai a "Comisión Social de Seguimento do proxecto e obras de saneamento da marxe norte da Ría de Ferrol"...

Temos poucas oportunidades na vida de aprender a defender-nos dos abusons. Cumpre fazer-lhes frente no pátio. Ailha-los, mostrar-lhes que somos máis, e que se nos tocam a umha, tocam-nos a todas. Temos que conseguir que aqueles que lhes vam detrás, por medo ou por admiraçom, se convençam de que podem ser as suas vítimas em qualquer minuto do próximo recreio. E que ademais, o patio é de todas, polo que nom se lixa, coida-se, respecta-se... Se nom fazemos isso de crianças, nunca seremos pessoas adultas. Sempre teremos abusons nas instituiçons, nas empresas, nas ruas, nas casas... e seguiremos aguardando indefinidamente a que alguém desate á mestra no patio, para que venha a salvar-nos. Quererá esta cidade madurar de vez? Entrar na idade adulta?

[*] Lupe Ces Rioboo -Caranza Ferrol 1958, é mestra, activista social, integrante da Marcha Mundial das Mulleres e da Rede Social de Ferrol Terra. Forma parte do Consello Editorial de Altermundo e do Colectivo Ártabra 21.
Blogue persoal: Caranza free opiniom.
_________

luns, agosto 11, 2014

Hiroshima e Nagasaki 69 anos despois, ... Por Amy Goodman coa colaboración de Denis Moynihan


Amy Goodman coa colaboración de Denis Moynihan [*]
11.08.2014


"Odio a guerra", afirmou Koji Hosokawa cando nos atopabamos xunto á chamada Cúpula da Bomba Atómica en Hiroshima, Xapón. Nun extremo do Parque Conmemorativo da Paz de Hiroshima se erige o esqueleto dun edificio de catro pisos. O edificio foi un dos poucos que quedaron en pé despois de que Estados Unidos lanzase a bomba atómica en Hiroshima o 6 de agosto de 1945 ás 8.15 da mañá. Tres días máis tarde, Estados Unidos lanzou unha segunda bomba en Nagasaki. Centos de miles de civís morreron, moitos ao instante e outros tantos lentamente como consecuencia de queimaduras graves e do que máis tarde pasou a coñecerse como enfermidades provocadas pola radiación.

O mundo observa arrepiado os diversos conflitos militares da actualidade, que deixan tras de si só máis destrución. En Libia e en Gaza, en Siria, en Iraq, Afganistán e Ucraína. Non moi lonxe dos mortos e os feridos deses conflitos, os mísiles nucleares agardan alertas, en espera do terrible momento en que a arrogancia, un accidente ou a falta de humanidade provoquen o próximo ataque nuclear. "Odio a guerra", reiterou Hosokawa. "Odio a guerra, non aos estadounidenses. A guerra volve tolas ás persoas".

En 1945, Koji Hosokawa tiña 17 anos. Traballaba no edificio da compañía telefónica, a menos de 3 quilómetros de distancia da zona cero, onde caeu a bomba: "Estaba a tres quilómetros cara ao noreste desta zona. Alí fun exposto á bomba. Había un edificio moi robusto, de modo que sobrevivín de milagre". A súa irmá de 13 anos non correu coa mesma sorte: "A miña irmá menor tamén había ir a traballar e atopábase a 700 ou 800 metros de distancia do hipocentro e alí foi exposta á bomba. Estaba cunha mestra e os alumnos. En total, as 228 persoas que estaban alí xunto a ela morreron".

Camiñamos polo parque cara ao Museo da Paz de Hiroshima. Alí exhíbense as imaxes da morte: as sombras das vítimas queimadas proxectadas nos muros dos edificios, as fotografías do caos que sobreveu á bomba e das vítimas da radiación. Case sete décadas máis tarde, a Hosokawa aínda se lle enchen os ollos de bágoas ao relatar o sucedido. "A maior dor da miña vida é que a miña irmá menor morra pola bomba atómica", sostivo.

Un día antes de reunirme con Koji Hosokawa estiven en Tokio, onde entrevistei a Kenzaburo Oe, ganador do Premio Nobel de Literatura. "Cando era pícaro, aos 12 anos de idade, Xapón ingresou na guerra e foi ao final da guerra que Xapón sufriu os bombardeos de Hiroshima e Nagasaki. Naquel entón sufrín unha gran conmoción, pero tamén a miña nai, as nosas familias, todas as persoas naquel entón estaban azoradas pola bomba atómica. Tratábase da maior catástrofe que xamais experimentaramos, por iso o sentimento de ter que sobrevivir a isto, de superalo e empezar de novo foi moi poderoso".

Agora, con case 80 anos, Kenzaburo Oe reflexionou moito achega da conexión que existe entre a bomba atómica e o desastre de Fukushima, a planta nuclear que colapsou cando un terremoto e un tsunami devastadores azoutaron Xapón o 11 de marzo de 2011. O Premio Nobel díxolle ao xornal francés Le Monde: "Hiroshima debe quedar gravado na nosa memoria: é unha catástrofe máis terrible que os desastres naturais porque foi provocada polo home. Repetila, ao mostrar a mesma falta de respecto pola vida humana coa construción de plantas de enerxía nuclear, é a peor traizón á memoria das vítimas de Hiroshima", afirmou.

Tralo desastre de Fukushima, Oe afirmou: "Todos os xaponeses sentiron un profundo arrepentimento. O aire que se respiraba en Xapón era case o mesmo que trala bomba de Hiroshima ao finalizar a guerra. Debido a este clima, o Goberno [en 2011], co consentimento da poboación xaponesa, prometeu desfacerse ou desactivar as máis de 50 plantas nucleares de Xapón", sostivo o Premio Nobel.

Sobreviventes da bomba atómica como Koji Hosokawa, escritores como Kenzaburo Oe, do mesmo xeito que centos de miles de persoas que agora son anciás, foron testemuñas do resurximento dae éra nuclear en 1945 e volveron a experimentar os súas devastadoras posibilidades recentemente en Fukushima. Malia suscitar riscos diferentes para a humanidade, hai un vínculo entre os arsenais de armas nucleares e as plantas nucleares, xa que os produtos derivados dalgunhas plantas nucleares poden utilizarse como material para fabricar oxivas nucleares. Xa sexa que se trate dun acto de guerra, dun acto de terrorismo proveniente dun arma nuclear que caeu en mans dun actor non estatal ou dun accidente nunha planta nuclear, os desastres nucleares son terriblemente destrutivos, pero son totalmente evitables. Necesitamos unha nova forma de pensar, un novo esforzo para eliminar as armas nucleares e pasar a utilizar enerxía segura e renovable en todo o mundo.

Cando nos iamos do Parque da Paz de Hiroshima, Koji Hosokawa pediume que me detivese. Miroume aos ollos e díxome que non me esquecese das vítimas: "Todas esas persoas vivían aquí", afirmou. "Vivían aquí".

Publicado o 8 de agosto de 2014 en Democracy Now.

© 2014 Amy Goodman

Tradución ao español do texto en inglés: Mercés Camps. Edición: María Eva Blotta e Democracy Now! en español, spanish@democracynow.org

Texto traducido, ao Galego, por Ártabra 21, apoiando-se nos recursos públicos de tecnoloxía lingüística desenvolvidos polo o Seminario de Lingüística Informática (SLI) da Universidade de Vigo.

[*] Amy Goodman, é a condutora de Democracy Now!, un noticiero internacional que se emite diariamente en máis de 750 emisoras de radio e televisión en inglés e en máis de 400 en español. É co-autora do libro "Os que loitan contra o sistema: Heroes ordinarios en tempos extraordinarios en Estados Unidos", editado por Le Monde Diplomatique Cono Sur.

Denis Moynihan, é o co-fundador de Democracy Now! Desde 2002, el participou da distribución da organización en todo o mundo, o desenvolvemento de infraestruturas, e a coordinación dos complexos transmisións en directo de varios continentes. Vive en Denver, onde está a desenvolver unha nova estación de radio non comercial comunitaria.

Escoitar:
-Audio en español-

Enlaces de interese:
Enviado por:
"Democracy Now!" -boletin@democracynow.org-
10 de agosto de 2014 20:50
_______________