martes, setembro 11, 2007

Organizado polo colectivo Fusquenlla: Proxección de “O salario do silencio” en Pontedeume: xoves 20 de setembro a partir das 20:00 h. na Biblioteca

De: manuel dominguez -manudominguez@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 10 de setembro de 2007 19:41
Asunto: proxección en Pontedeume do salario do silencio



Convocatorias setembro

Organizado polo colectivo Fusquenlla: Proxección de “O salario do silencio” en Pontedeume

Será presentado pola actriz e produtora executiva do documental, Mabel Rivera, e por Enrique Banet, director. Un alegato contra o silencio imposto sobre a planta de gas en Mugardos

El Salario del Silencio é un traballo documental que pretende aportar unha información obxectiva e contrastada sobre a problemática da planta regasificadora construída dentro da Ría de Ferrol, na parroquia de Mehá (Mugardos). Pero o que pretende, sobre todo, é axudar a romper o silencio que sempre rodeou a esta instalación e informar á sociedade de cómo se levan a cabo certos proxectos empresariais ou urbanísticos que poden afectar gravemente aos cidadáns, aos que nunca se lles consulta sobre decisións que atentan impunemente contra as súas vidas, o seu entorno e, sobre todo, a súa seguridade.

O silencio (ou a manipulación) dos medios foi de tal alcance que non é de extrañar que os afectados, aos que poucas veces se lles dá oportunidade de falar sen cortapisas, se volcasen con absoluta xenerosidade neste traballo, ávidos de poder manifestar todo aquilo polo que levan tanto tempo loitando sen recibir a atención que merecen, tanto polo seu esforzo como pola gravidade dos feitos que denuncian.

A proxección será o xoves 20 de setembro a partir das 20:00 h. na Biblioteca Municipal. Tanto Mabel Rivera como Enrique Banet serán os encargados de presentar o traballo realizado por eles mesmos. Tamén estarán presentes Miguel López (da Asoc. Veciñal Fontelonga), e Luz Marina Torrente (Presidenta da Plataf. de Veciños O Cruceiro de Mehá). A todos eles e elas agradecémoslles o seu compromiso social na defensa da ría, do hábitat e da xustiza social.
_____

Documentario

"O Salario do Silencio"

Sobre a Planta de Gas na Ría de Ferrol

Realizado por:

Mabel Rivera e Enrique Banet

Producción: Namche Film, S.L.

Lampai (Teo, A Coruña)

A Grela, 1 C.P.: 15883

Tlfno: 981 800 200

-----------------------

Trailer do documentario
"O salario do Silencio"

-----------------------

Tamén para a súa difusión poñerse en contacto co Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

O seu correo electrónico é: comitecidadan@iespana.es

A súa web: http://comitecidadan.org/
_____________

Derrubando muros de silencio - "A propietaria do solar de reganosa tiña de socio a un conselleiro do PP"

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
Para: artabra21@gmail.com
Data: 10 de setembro de 2007 12:33
Asunto: Derrubando muros de silencio - "A propietaria do solar de reganosa tiña de socio a un conselleiro do PP"



Derrubando muros de silencio


A propietaria do solar de reganosa tiña de socio a un conselleiro do PP
A parcela foi vendida á promotora da planta cando a Xunta entrou no proxecto

SONIA VIZOSO - Santiago - El País-10/09/07

Reganosa comprou os terreos onde se levantou a planta de gas de Ferrol a unha empresa participada polo ex conselleiro de Economía do PP José Antonio Orza. No momento da operación, este ex membro do Goberno de Manuel Fraga era socio da propietaria do solar, Forestal do Atlántico, a través dunha sociedade denominada Industrias do Taboleiro, SA (Intasa). Orza interveu na transacción por partida dobre: como socio da firma que vendeu a parcela e como responsable de Economía da Xunta, que posúe o 10% da empresa que a adquiriu.

A compravenda do solar para construír a regasificadora dentro da ría de Ferrol realizouse en 2001. O 23 de marzo daquel ano o consello de administración de Reganosa aprobou unha ampliación de capital de 6 millóns de euros que deu entrada aos socios que participan do proxecto da planta, entre eles a Xunta. A empresa promoveu ademais aquela operación financeira para "asumir os investimentos necesarios para a adquisición de terreos en Punta Promontorio (Mugardos)", segundo consta no Rexistro Mercantil.

A parcela elixida era propiedade de Forestal do Atlántico, unha empresa integrada no Grupo Tojeiro da que o entón conselleiro de Economía tiña participación. José Antonio Orza era socio de Forestal a través de Intasa, unha sociedade integrada no accionariado da propietaria dos terreos e na que o ex membro do Goberno galego tiña participación. Intasa posúe o 31% de Forestal, segundo o último apunte respecto diso recollido no Rexistro Mercantil en 1996.

A elección desta localización para a planta é a razón que motivou o movemento cidadán contra a regasificadora. Tanto o Comité Cidadán de Emerxencia dá Ría como o PSDEG e o BNG opuxéronse entón ao proxecto porque consideraban un erro emprazar o complexo nos terreos comprados a Forestal. Esta localización obriga aos gaseros a sortear a estreita e pouco profunda ría de Ferrol para descargar a súa mercancía en Reganosa. Os opositores a este emprazamento sempre defenderon como alternativa o porto exterior de Caneliñas que esta semana empezou a operar.

A implicación de Orza desde a Xunta en promover unha regasificadora dentro da ría foi importante, como empresario e como conselleiro. O entón responsable de Economía presidiu o grupo de traballo que desde abril de 2000 encargouse de dirixir os traballos para integrar á Administración autónomica e ao resto dos socios privados en Reganosa, unha sociedade que creara o empresario Roberto Tojeiro un ano antes. Cando Tojeiro fundou a promotora da planta, Orza tamén tiña participación nela, xa que Forestal do Atlántico era accionista.

Orza foi nomeado conselleiro por Manuel Fraga en 1990. Entón, era socio de Roberto Tojeiro en varias sociedades -Forestal do Atlántico, Imegasa e Intasa- e formaba parte dos seus consellos de administración. Cando entrou no Goberno galego renunciou a eses postos, pero non se desprendeu dunha participación de case o 1% en Intasa.

Intasa foi unha das empresas que máis préstamos e avais recibiu da Xunta a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), dependente da consellería que dirixiu Orza. Segundo un informe do Consello de Contas de 1996, é unha das sete sociedades ás que este organismo prestou máis diñeiro. O órgano fiscalizador apreciou entón "certa concentración" nos préstamos outorgados "a algúns sectores da economía galega, entre eles o madeireiro". Naquela lista de firmas beneficiadas por préstamos do Igape tamén está Forestal do Atlántico.

En 1996, Intasa foi, con Forestal do Atlántico, unha das 11 empresas que recibiu un aval do Igape para realizar investimentos. O Consello de Contas revela no seu informe que as sociedades do Grupo Tojeiro "acaparan" un 30% destas axudas públicas. O órgano fiscalizador advirte unha irregularidade: "Na totalidade das operacións de aval o Consello da Xunta exime ás empresas de prestar garantías. Con todo, non aparece xustificada no expediente a motivación que leva a adopción desta medida excepcional".

Enlace co artigo orixinal

__________________

ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Web veciñal
Blog veciñal

________

A Plataforma Ártabra 21, prepara a súa próxima Asemblea Xeral

Convocatoria da XUNTA COORDINADORA da PA21

12 de SETEMBRO de 2007.

Convocatoria da XUNTA COORDINADORA para o vindeiro Mércores -12 de Setembro ás 8 h. da tarde no Mesón A Nosa Terra, preto de Sartaña.

Orde do día

1 .- Lectura e aprobación, se procede, da ACTA anterior.
2 .- Estado de contas-
3 .- Información Xeral.-
PRAZA DE PORTA NOVA.
PRAZA DE SARTAÑA.
LEIXA E MANDIÁ
4 .- Situación actual obras Depuradora.
Edificio eventual do MERCADO.
5 .- PLANTA DE GAS .-
6 .- ORDE DO DÍA, VINDEIRA ASEMBLEA -25 SETEMBRO.
7 .- Suxestións e preguntas.

Ferrol a 10 de SETEMBRO DE 2007

Asdo. - A Xunta Coordinadora.
Bruno Lopes, Ernesto Lopes, José R. Jove, Xosé M. Sanxoán

domingo, setembro 09, 2007

Novas citas na loita contra a ilegal e perigosa Planta de Gas que a administración permitiu construir a REGANOSA dentro da Ría de Ferrol

Este pasado venres, un buque metaneiro, o "LNG Oyo", entraba na Ría de Ferrol, coa súa perigosa carga, para a ilegal REGANOSA. Tivo que cruzar un angosto canal que ten unha bocana de apenas 150 metros de ancho navegábeis, e 4.000 metros de longo, para chegar á planta regasificadora que REGANOSA construi en Punta Promontoiro, co problema engadido de que esta operación só se pode realizar en mar morta, da pleamar diurna, que apenas dura vinte minutos. Na citada operación participan catro remolcadores, lanchas de práticos, de operarios de Capitanía Marítima e varias patrulleiras da Guardia Civil. Este é un feito que se ven repetindo desde principios de maio deste ano. Esta é a séptima vez que entra un buque destas características na nosa Ría, sen que as autoridades fagan nada para impedi-lo. Máis ben fan todo o contrario, facilitan a entrada dos perigosos buques poñendo en perigo a vidas das persoas que vivimos nas poboacións que están à beira da Ría. Os gobernos municipais pasan das súas responsabilidades e miran para outro lado.


O PAPEL DA ADMINISTRACIÓN E OS RESPONSÁBEIS POLÍTICOS


Primeiro foi a administración dos gobernos da dereita, do PP, Aznar e Fraga, os que chanchullaron e transgrediron a legalidade para que tivese lugar o despropósito gasístico dentro da nosa Ría. Desde marzo de 2004 e xuño de 2005, son os gobernos, chamados progresistas, de Zapatero e Touriño-Quintana, os responsábeis de que este desprósito, continue a súa ilegal e perigosa andaina. Non só permitindo e autorizando, senon con apoios explícitos dos responsábeis políticos e do goberno PSOE-BNG, alegando que é unha planta estratéxica para Galiza. Non cremos que a estas alturas, logo dos movimentos estatais e internacionais no mundo do gas, se siga mantendo tal "escusa-patraña".

O papel das administracións locais da Ría é penoso, a de Mugardos totalmente comprada e atada; as de Narón, Neda e Fene, como que con elas non vai o asunto, e a de Ferrol, pretende deixar de exercer a súa función de defensa da cidadanía, pretendendo renunciar a defender os dereitos cidadańs, nos contenciosos abertos contra REGANOSA e a localización actual da Planta de Gas, nos que participa como parte afectada.


O GOLIAT


REGANOSA é moi forte, son grandes multinacionais da enerxía [ENDESA, UNION-FENOSA, SONATRACH] , entidades financieiras [CAIXA GALICIA, CAIXANOVA, BANCO PASTOR] e a propia Xunta de Galicia, xunto a un grupo empresarial [Grupo Tojeiro], o promotor que utilizou mil argucias, para conseguir permisos, autorizacións, millonarios subsidios e que lle legalizaran o ilegalizábel. Realizou recheos ilegais da Ría, estamos falando de miles de metros cuadrados, para construir unha planta regasificadora, nunha Ría totalmente poboada e cunha bocana de entrada estreita e un longo canal. Unha planta regasificadora ao lado dun perigoso complexo petroquímico e unha planta térmica de coxeneración eléctrica que queima fueloil. Regasificadora que ten imposibilidade física de cumprir a Lei, e os condicionados de seguridade exixidos, polas normativas estatais, europeias e internacionais. Ademáis incumple a principal normativa que é a do SENTIDO COMÚN, o respecto á vida das persoas, da seguridade das poboacións, o respecto á nosa Ría e ao marisqueo do que viven centos de persoas. Ría, xa ferida de morte polos continuos recheos, polos residuos urbanos que nela vertemos todos os días, polos residuos de empresas con moito poder como é MEGASA e pola incompetencia e irresponsabilidade de políticos de todas as cores e ideoloxias, que prometían mais non cumprían.


O DAVID


Frente a todo isto, un movimento cidadán enriquecedor, diverso e plural, opositor a tanta corrupción e intereses políticos e económicos inconfesábeis, colle forza e apoios cualitativos e cuantitativos, e fai tremer ao poder político e económico que sustenta o despropósito gasístico que representa REGANOSA e toda a trama que lle rodea.




A UNIDADE, A ORGANIZACIÓN, A MOBILIZACIÓN, A SOLIDARIEDADE E OS ARGUMENTOS


A acción desenvolvida pola xente do mar, lembremos o bloqueo do "Galicia Sprit" e outros posteriores; a manifestación do 3 de Xuño; a Marcha a Teixeiro pola liberdade do seu Patrón Maior; os 49 días de peche na Casa do Concello de Mugardos da veciñanza, as mostra de solidariedade que xenera... E sobre todo, a actividade desenvolvida polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, desde o ano 2001, con Carmelo Teixeiro de coordenador, incansábel, constante, responsábel e entregado á causa; a iniciativa da constitución dunha Asemblea Cidadá, onde conflui a veciñanza e o movimento social da comarca, a través de asociacións e entidades de todo tipo, verdadeira dirección política do movimento opositor a REGANOSA, unido pola frase "PLANTA DE GAS FORA DA RIA". Os manifestos de apoio, os estudos e informes, os Blog e Web, os artigos de opinión, ... Son actividades e forzas sociais e políticas que teñen o mesmo sentido e dirección, que conforman un movimento opositor real, con argumentos e acción, co obxectivo claro dun rotundo NON !! á planta regasificadora dentro da nosa Ría.

Maís información no:
Boletín Informativo nº 13 do CCE , formato PDF


A BATALLA XURÍDICA E ADMINISTRATIVA

Non menos merecedora de eloxios é a batalla no campo xurídico e administrativo, onde se está facendo un traballo excelente e meritorio. Alegacións, recursos, peritaxes, mocións, recollida de asinaturas, escritos, denuncias, ... e un sinfin de trámites xurídicos e administrativos de grande valor, con duas sentencias favoraveis do TSXG, sobre a tramitación medioambiental, que condenan a REGANOSA e á ADMINITRACIÓN.


AS PRÓXIMAS CITAS

Nos próximos días temos unhas citas de moita importancia ás que lles debemos prestar atención:

- 13 de Setembro, xoves, ás 7 da tarde, Asemblea Cidadá, nos locais da Asociación Veciñal de Ferrol Vello, no Porto de Ferrol.

- 15 de Setembro, sábado, reparto de propaganda e mesa en Caranza, diante do Campeonato Internacional de Triatlón que terá lugar no barrio.

- 15 de Setembro, sábado, ás 2 da tarde, saída do autobus, diante do Edificio de Correos, na Praza de Galiza de Ferrol, para desprazar-nos até Ribadavia, atendendo a un convite do movimento popular desa comarca contra a pretensión de instalación dunha grande incineradora - vertedoiro de lixo, na comarca do Ribeiro, chamado eufemisticamente Parque Medioambiental de Carballeda de Avia. A veciñanza opon-se polos perxuizos que lles vai causar á agricultura da zona e por estar moi próximo a núcleos de poboación [+ info]. É unha mobilización cidadán que convoca a Plataforma Veciñal da Comarca do Ribeiro "Temos Dereito a Saber". [Coordena o Comité Cidadán de Emerxencia, quen queira desprazar-se até Ribadavia no autobus, ten que apontar-se no seguinte telefono 690612737].

- 16 de Setembro, domingo, reparto de propaganda e mesa, no Feiron de Ferrol, desde as 11 da mañá.

- 20 de Setembro, Xoves, ás 20:00 hrs, na Biblioteca Municipal de Pontedeume, Organizado polo Colectivo Fusquenlla: Proxección de “O salario do silencio”. Será presentado pola actriz e produtora executiva do documental, Mabel Rivera, e por Enrique Banet, director. Tamén estarán presentes Miguel López (da Asoc. Veciñal Fontelonga), e Luz Marina Torrente (Presidenta da Plataf. de Veciños O Cruceiro de Mehá).

- 21 de Setembro, venres, proxeción pública do documentario "O salario do Silencio", ás 9 da noite na Praza do Hino Galego en Esteiro. Organizada pola A. V. Fontelonga, Fervesteiro, Fundaçom Artábria e NÓS-UP. No caso de que chova realizara-se na carpa do Festival de Fervesteiro que estará situada no campo de batallóns ao lado da muralla do asteleiro.

- 21 e 22 de Setembro, celebrarase en Esteiro o Festival Fervesteiro, adicado a Loita Cidadá contra REGANOSA, será apregoeira do Festival Luz Mariña Torrente, presidenta da Plataforma Veciñal "Cruceiro de Meá" e unha das portavoces da veciñanza pechada na Casa do Concello de Mugardos.

- 22 de Setembro, Sábado, ás 12 do mediodía, Salón de Actos da Universidade, Facultade de Humanidades - Campus de Esteiro, reunión de intelectuais, xente das letras e da cultura, para elaborar e asinar un manifesto contra o despropósito gasístico de REGANOSA.

- 25 de Setembro, Martes, ás 7 da tarde, Asemblea Xeral da Plataforma Ártabra 21.

- 30 de Setembro, domingo, ás 12 do mediodía, MANIFESTACIÓN CIDADÁN, con saída desde o Porto de Ferrol, diante do edificio da Autoridade Portuaria, até a Praza do Concello de Ferrol, baixo o lema "PLANTA DE GAS FORA DA RIA".


_________________

QUE PASOU ESTE VENRES ?

De:CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 8 de setembro de 2007 15:27

Asunto: Séptimo gasero e envio de firmas.



O sétimo gasero con destino a Reganosa entrou, adiantandose uns 30 minutos á única pleamar diúrna das 14,10, atopándose unicamente cunha cacerolada-tamboreada nos peiraos de Ferrol, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia, que a pesar das horas de medio día contou coa participación dunhas 150 persoas no extremo sur do perirao fronte ás murallas do arsenal Naval Militar, despois do embarcadoiro de pasaxe de lanchas para Mugardos,

Tal concentración tivo como finalidade expresar o seu rexeitamento pola entrada ilegal na Ría de Ferrol dun sétimo buque Gasero, chamado “LNG OYO” cunha eslora de 285,4 metros, cargado con 127.000 m3 de Gas Natural Licuado para descargar nas instalacións que Reganosa está construíndo dentro da angosta Ría de Ferrol, sen garantía algunha, de modo que en caso dun accidente ou emerxencia durante a descarga ese buque gaseiro, non pode saír ao mar aberto, con rapidez e polos seus propios medios tal e como require a norma EN-1532. Así mesmo sen que Reganosa teña todos os permisos, sen a acta de explotación comercial ou de funcionamento definitivo que ten obrigación de solicitar segundo o articulo 85 do Real Decreto 1434/2002, por todo o cal desde o pasado 9 de maio, existe un risco real para a vida humana na Ría de Ferrol, para a súa riqueza marisqueira e para o emprego dos seus 600 traballadores do mar.

Para esta concentración ao Subdelegado do Goberno na Coruña enviouse-lle unha comunicación reiterándolle que os condicionados da autorización de Reganosa deben ser verificados pola Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, pero a mesma en febreiro de 2004 indebidamente trasladounos ao Área de Industria e Enerxía da Coruña para verificalos antes da autorización definitiva, o cal comunicouse o pasado 11 de xullo ao Ministro de Industria na súa visita a Ferrol, nun dossier que se entregou ao seu Xefe de Gabinete. Así mesmo nos últimos meses con escritos e entrevistas comunicouse a o devandito Subdelegado, ao Delegado do Goberno e a Jorge Sanz Oliva, Director Xeral de Política Enerxética e Minas.

Ás 12 da mañá deste venres sete de setembro tamén representantes do Comité Cidadán de Emerxencia acudiron ao Rexistro da Xunta de Galicia en Ferrol, onde presentaron senllos escritos dirixidos ao Ministro de Industria, Joan Clos, e ao Director da área de Industria e Enerxía da Coruña, Francisco Barroso Palomino, acompañándolles 3.525 firmas de cidadáns que manifestan o seu total desacordo coa localización dunha planta de Gas Natural Licuado dentro de Ría de Ferrol, que Reganosa esta construíndo ameazando a vida de mais de 100.000 habitantes. Recórdaselles que é imposible que Reganosa poida resolver os condicionados da súa autorización de construción de febreiro de 2004, particularmente en relación coas distancias á poboación que require o artigoculo 12 do Real Decreto 1254/99 de 16 de xullo (Directiva Seveso II), segundo testemuño do informe de 22 de xaneiro de 2004 da Dirección Xeral de Urbanismo, único organismo competente para a aplicar en Galicia dito artigo da Directiva Seveso II. Así mesmo que tamén é imposible que Reganosa poida resolver a saída ao mar dos gaseros en caso de emerxencia, segundo require a norma EN-1532 de obrigada aplicación tal e como testemuña outro condicionado da Autoridade Portuaria de Ferrol no seu informe de 31 de outubro de 2001, en resposta á pregunta que lle fixo a Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas no seu escrito de 15 de outubro de 2001. Por todo iso SOLICÍTASELLES que non sexa aprobado o acta de funcionamento definitivo de Reganosa.

Asimesmo achegase o puiblicado hoxe nos xornais, ABC, Diario de Ferrol, La Opinion, La Razón e La Voz de Galicia, amosando que logo de que se romperon os muros de silencio o tema de Reganosa ten mais audiencia nos medios, moito mas hai un año ou no primer trimestre deste ano 2007 cando La Voz de Galicia ainda censuraba todas as informacións e actuacions do CCE.

Nota.-
[Por enviar o CCE os ficheiros en formato PDF, das noticias escaneadas dos jornais impresos, costa un pouco pasa-los a JPG ou PNG, para publicar neste Blog, polo que, por economizar un pouco de tempo que falta fai, non o imos facer. A persoa que teña interese nestes ficheiros, pode-os solicitar por correio-e a artabra21@gmail.com . Ou visitar as edicións dixitais dos xornais nomeados polo CCE]
_________________


GALERÍAS FOTOGRÁFICAS DA CONCENTRACIÓN E ENTREGA DE ASINATURAS DESTE VENRES 7 DE SETEMBRO DE 2007

_____________________

NOTICIAS DE INTERESE, PARA ANALISAR


Diario de Ferrol - Sábado, 8 de Septiembre de 2007
Reganosa retirará as denuncias polo bloqueo dos gaseros
O sétimo buque que deixa gas natural licuado en Reganosa atracou onte entre a sonora protesta dunhas 70 persoas que secundaron a medida convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia. A atracada realizouse con normalidade, en parte ante o anuncio de que a empresa retirará a denuncia polo bloqueo de gaseros anteriores.


La Voz de Galicia8/9/2007
O peche en Mugardos custa xa ao Concello máis de 20.000 euros
O alcalde de Mugardos, Xosé Fernández Barcia, pediu onte ao conselleiro de Presidencia, Xosé Luís Méndez Romeu, «axuda económica» para poder facer fronte aos gastos que orixina a «ocupación» do Concello por parte dun grupo de veciños que se opón a Reganosa. A protesta cumpriu xa 46 días. «Xa levamos gastado fóra dous orzamentos máis de 20.000 euros por traballos extra dá Policía Local e gastos de electricidade», expón o rexedor, que pide á Xunta que «cando menos se adopte a decisión de desprazar persoal dá Policía Autonómica ou dá Garda Civil», xa que agora os tres policías locais fan gardas de 24 horas cada dous días. Barcia di que non quere «cortar ou dereito a protestar» dos veciños, pero insiste na necesidade dunha solución ao conflito.

____________________

Actuación dos Cempés en Mugardos en solidariedade coa veciñanza pechada na Casa do Concello

De: Plataforma Veciñal "Cruceiro de Meá"
ocruceiromeha@yahoo.es
Para: artabra21@gmail.com
Data: 9 de setembro de 2007 10:22
Asunto: Actuación dos Cempés en Mugardos en solidariedade coa veciñanza pechada na Casa do Concello


Hoxe, día 9 de setembro ás 20:00 horas actuará na praza do concello de Mugardos OS CEMPÉS, solidarizándose deste xeito cos encerrados como consecuencia da localización da planta de gas de REGANOSA no interior da ría.
____________________


_______________

Este grupo volve unirse para ofrecer un dos seus últimos concertos para apoiar e dalgún xeito loitar pola barbarie que esa planta significa na contorna de todo Ferrol Terra.

Esperamos a vosa presenza ante tan significativa visita.

VENCEREMOS

PLANTA DE GAS FORA DÁ RÍA
_________________


__________________
PLATAFORMA VECIÑAL "O CRUCEIRO DE MEÁ"
ocruceiromeha@yahoo.es
http://ocruceirodemea.blogaliza.org/
_______

Señoritos voraces, artigo de Suso de Toro

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 9 de setembro de 2007 11:26
Asunto: Señoritos voraces, artigo de Suso de Toro



Señoritos voraces

SUSO DE TORO 09/09/2007


A nosa autonomía naceu, como algunhas mazás, co verme dentro. Desde dentro do propio país trabállase dun modo sistemático para destruír o noso poder político. O poder político democrático é o dos cidadáns. Existen moitos outros poderes nunha sociedade dinámica, desde os empresarios aos sindicatos, desde os movementos sociais á actividade dunha persoa particular. Pero non é admisible que calquera deses poderes pretenda substituír ao seu antollo ao poder político. Os intereses particulares lexitimamente poden estar a favor dunha ou outra opción política, pero non é tolerable que pretendan destruír as institucións de goberno democrático, ao poder político mesmo.

Vén isto a conto da campaña de prensa contra a Cidade da Cultura que vimos contemplando sen que nos estrañe o seu descaro. A Cidade da Cultura foi un capricho dun gobernante irresponsable e megalómano; non respondía a ningunha necesidade social nin se sabía para que serviría, máis aló de glorificar a memoria de Manuel Fraga. Era unha tolemia que comprometería os nosos orzamentos para anos e a prensa galega debeu informar á cidadanía, pero non o fixo. Son contados os artigos que denunciaron de fronte aquel disparate. Cando había que facelo, practicamente toda a prensa galega calou, amparou o proxecto. Sobre todo a que agora denuncia a utilidade desa obra.

Por que o fixo? Seguramente por varias razóns. Estarían de acordo entón co proxecto e poida que o que agora lles parece disparate entón parecéselles marabilla. Poida que identificásense con aquel poder político ata o punto de silenciar graves decisións. E poida que, como percibían grandes sumas de diñeiro da Xunta, iso crease complicidade.

Pero por que o fan agora? pasaron varios anos e as obras están a metade de execución. A nova Xunta xa decidiu que a solución mellor era continuar e buscarlle algunha utilidade. (Doutra banda comeza a funcionar o porto exterior de Ferrol sen contar con accesos adecuados, mentres se afunde diñeiro no fondo do mar noutro porto exterior á beira e iso non merece páxinas de prensa). Poida que algúns se alarmen agora pola Cidade da Cultura porque vexan que se equivocaron entón, cando calaron. Ou poida que non se identifiquen con este Goberno e pretendan cambialo utilizando agora erros dos anteriores gobernantes contra os actuais. Ou poida que, aínda que seguen percibindo iguais ou maiores sumas de diñeiro tamén desta Xunta, pretendan recibir aínda máis.

Sexan estes ou outros os motivos, desde logo parece evidente que se pretende destruír a gobernabilidade. O novo Goberno da Xunta chegou moi condicionado por unhas eleccións que gañou por un só deputado a un poder político moi asentado non só na Administración senón tamén na sociedade. A Xunta do PP non só era dun partido, era tamén dalgúns grupos e empresas que estreitaran lazos con aquela Administración. E parece que o que perderon nas urnas quéreno recuperar agora a través de campañas de prensa.

Preténdese condicionar ao Goberno ata o punto de que só se poida gobernar co permiso dun xornal, coma se en Galicia houbese un poder político sobre o poder democrático do presidente da Xunta.

Houbo unha opresión histórica sobre Galicia e aínda a hai en certos aspectos, pero esconde o máis ferinte: o papel dalgúns galegos que se cren donos do país e pretenden devoralo. A autonomía e as súas posibilidades para crear un país que afronte os seus problemas históricos estivo e está sendo boicoteada sistematicamente desde dentro. E a debilidade e os enfrontamentos internos dos partidos que encarnan o cambio impídelles librarse da telaraña de intereses e ataduras que seguen actuando para condicionar a política democrática, a única que é lexítima. O demais son chantaxes. A política en Galicia é un xogo corrupto pola deslealdade ao país dalgúns poderes, señoritos que pretenden desde a sombra dominarnos a todos.

Enlace co artigo orixinal

________________
ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Web veciñal
Blog veciñal

________

[*] Suso de Toro.-

Xesús Miguel de Toro Santos, máis coñecido como Suso de Toro, é un escritor contemporáneo galego de grande éxito comercial.

Naceu en Santiago o 10 de xaneiro de 1956. Licenciado en Arte Moderna e Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. É guionista para televisión e colaborador habitual na prensa e na radio, publicou en galego máis de vinte libros de narrativa, teatro e ensaio. A súa obra, ademais de ser traducida a varias linguas, foi obxecto de estudo en diversas universidades europeas.


Suso de Toro na Biblioteca Virtual Galega.
_______________

sábado, setembro 08, 2007

Cinco Semanas

Cinco semanas.

Son cinco semanas, non son “cinco semanas en globo” como a primeira novela do escritor francés Julio Verne publicada en 1863 hai cento corenta e catro anos. Tampouco é unha ficción é unha realidade son cinco semanas as que as veciñas e veciños de Meá levan pechados no Concello de Mugardos en defensa das súas vidas e das nosas vidas, xa que todas elas están en perigo de maneira innecesaria por un proxecto do que se gaba Fraga Iribarne, ex-presidente da Xunta de Galicia e ex-ministro do réxime ditatorial de Franco, o proxecto de Reganosa en Mugardos, argallado entre o empresario Tojeiro e o propio Fraga Iribarne e que recibiron como un regalo envelenado, e non parece que con desagrado, os actuais máximos mandatarios da Xunta de Galicia o Sr. Touriño e o Sr Quintana.

Cando se produciu o tan desexado cambio de goberno na Xunta de Galicia, se paralizaron proxectos herdados do anterior Goberno como máis encoros para produción de enerxía eléctrica, novos parques eólicos, novos piscifactorías en espazos sensible e mesmo se paralizou durante un tempo a chamada Cidade da Cultura( outro dos proxectos dos que se gaba Fraga Iribarne), pero non se paralizou o proxecto de Reganosa que so tiña iniciado a construción dun depósito en pouco máis de dous metros de altura. ¿ Por que, cando os ciclos combinados de Endesa e Fenosa que é para quen se fai Reganosa e non por qué sexa estratéxica para Galicia, non van funcionar ata o 2008, non se acorda trasladar a Planta de Gas á segunda fase de Porto Exterior de Ferrol, acelerando así a súa demorada construción?. Simplemente por covardía política e por confundir o que son intereses das compañías eléctricas, que levan esquilmando Galicia anos e anos e pretendes seguir facendo, co que son os intereses de Galicia que de ningún modo coinciden cos intereses das compañías eléctricas que cada vez obteñen máis beneficios.

Os veciños e veciñas de Mugardos, da parroquia de Meá, están dando un exemplo de como se defende a legalidade e a xustiza ata as últimas consecuencias. Ese exemplo está sendo entendido pola intelectualidade e os/as artistas galegos, moitos deles comprometidos coa desaparecida, a saber por qué, Plataforma Nunca Máis, que lles veñen ofrecendo continuamente o seu apoio. Tamén polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol que xa leva organizado dúas mobilizacións de apoio e de rexeitamento da planta de gas en Mugardos, e que xa está preparando unha mobilización moi importante para o 30 de setembro en Ferrol.

Reganosa ten dúas sentenzas do TSXG en contra , non ten avaliación de impacto medio ambiental, non cumpre o RAMINP en canto á distancia que debe manter ás poboacións que é de 2000 metros como acaba de dicir o TSXG con respecto da EDAR de Ourense e que deberá ser derrubada. Reganosa non cumpre a norma de que un gaseiro poida saír da Ría de Ferrol polos seus propios medios. Reganosa xa sufriu un incendio, que durou dous días, nun dos seus tanques na súa construción e acaba de ter un escape nun dos gasoductos. Reganosa é ilegal e é perigosa e debe ser trasladada fóra da Ría como veñen defendendo desde hai cinco semanas, nun exemplo de dignidade e coherencia, polos homes e mulleres de Méa .

Agora que se está a debater a necesidade de que se aprenda o Himno Galego nas escolas, haberá que debater tamén a ensinanza da defensa da verdade, da legalidade, da xustiza e da vida, tomando como exemplo ós homes e mulleres de Mugardos que loitan pola Planta de Gas fóra da Ría de Ferrol. Seguramente nin eles e nin elas serán conscientes do que están facendo pero que teñan a seguridade de que “ os bos e xenerosos a súa voz entenden” e “ so os iñorantes e féridos e duros, imbéciles e escuros non os entenden non”.

Desde a Asociación veciñal de Esteiro “ Fontelonga”, tedes o noso total apoio.

________________
ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Web veciñal
Blog veciñal

________

Este venres, tivo lugar unha nova protesta diante da entrada do buque gaseiro "LNG Oyo" [Séptimo Buque], para a ilegal e perigosa REGANOSA

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA -avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 8 de setembro de 2007 10:44

Asunto: Nova protesta de "benvida" ó sétimo gaseiro de Reganosa



FERROL
Nova protesta de "benvida" ó sétimo gaseiro de Reganosa
Os convocantes non bloquearon o paso do "LNG Oyo" pero ameazan con volver á carga e concentrarse indefinidamente diante do Concello
E.P. . FERROL

A plataforma cidadá contraria a Reganosa concentrouse onte para recibir o gaseiro
FOTO: KIKO DELGADO


O buque LNG Oyo accedeu onte, ó redor das 13.50 horas, sen complicacións á ría de Ferrol. Trátase do sétimo gasero que recibe a planta de gas de Reganosa, situada en Mugardos (A Coruña), desde que iniciou a súa fase de probas o pasado 9 de maio. Nesta ocasión, os mariscadores non realizaron accións de protesta nin bloqueo en mar e a oposición cidadá a Reganosa limitouse á concentración dunhas 50 persoas no porto de Ferrol.

O gaseiro, con bandeira de Bermudas e construído no ano 2005, descargará 63.681 metros cúbicos de gas natural licuado, equivalente a 127.382 toneladas. Desde as 13.30 horas, un grupo duns 50 veciños secundaron no peirao de Ferrol a cacerolada de protesta contra Reganosa convocada polo Comité Cidadán de Urxencia da Ría de Ferrol (CCE), que desde 2001 se opón á actual localización da planta de gas en Mugardos e reclama o seu traslado ó exterior da ría ferrolá.

Con anterioridade, ás 12.00 horas, o Comité de Urxencia presentou no rexistro da Xunta de Galicia en Ferrol 3.525 firmas coas que lles solicitan ó Ministro de Industria, Joan Clos, e director da Área de Enerxía e Industria da Coruña, Francisco Barroso Palomino, que non se lle conceda a Reganosa a acta de funcionamento comercial.

Os membros do Comité aseguran que Reganosa supón "unha ameaza" para a vida dos cidadáns, porque consideran que non cumpre a distancia legal ós núcleos de poboación, nin ten asegurada a saída de buques gaseiros a mar aberto en caso de urxencia. Ademais, onte o peche dos veciños de Mugardos no consistorio da localidade en protesta contra a actividade de Reganosa cumpriu 46 días.

Nesta ocasión, os mariscadores decidiron en asemblea non realizar accións de bloqueo na ría, á espera da reunión que confían en manter a próxima semana con representantes da Delegación do Goberno en Galicia, as consellerías de Industria e Pesca e a propia Reganosa. No encontro, os mariscadores reclamarán que se modifique o sistema de regasificación actual de Reganosa, no que se utiliza auga da ría ferrolá, porque estiman que o proceso dana os bancos marisqueiros. No caso de que non se modifique o sistema, retomarán as accións de protesta contra os gaseiros e poderían realizar unha concentración indefinida na praza do Concello de Ferrol.

PORTO EXTERIOR

Comeza a actividade comercial en Caneliñas coa chegada dun buque x

O porto exterior de Ferrol estreou onte a súa actividade comercial coa chegada do buque Barock, que tiña previsto descargar 800.000 toneladas clínker nas naves de almacenaxe da empresa COP Galicia.

O Barock, procedente do porto chinés de Zhousan, atracou a primeira hora da tarde nunha manobra coordinada dende o CCS (Centro de Coordinación de Servizos) do Porto.

A infraestrutura de Caneliñas dispón dos medios para o atraque e operatividade de buques e na actualidade, as empresas concesionarias están a desenvolver os traballos de construción das súas instalacións. Atópanse na súa última fase as obras da rede de subministración eléctrica e o acondicionamento dos viais interiores.

O porto indica que está a realizar todas as accións necesariaspara compatibilizar o inicio da actividade comercial dos concesionarios cos traballos de acondicionamento das zonas de uso público e as obras das empresas desta zona.

________________

Enlace coa noticia orixinal
________________
ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Web veciñal
Blog veciñal

________

A. V. "O Cruceiro de Meá": Interesantes entrevistas a do ex-alcalde Toimil. Non ten perda.

De: Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
Para: artabra21@gmail.com

Data: 8 de setembro de 2007 13:16

Asunto: A boas horas!!!



A boas horas!!!

Interesantes entrevistas nunha revista comarcal a do ex-alcalde Toimil. Non ten perda.

Onde dixen digo, digo Diego

[Para ampliar as imaxens clicar acima delas]



______________

PLATAFORMA VECIÑAL "O CRUCEIRO DE MEÁ"
ocruceiromeha@yahoo.es
http://ocruceirodemea.blogaliza.org/
______
_______

SOS Courel: Entrega de sinaturas en Compostela o luns 10 de setembro.

De: Fusquenlla -fusquenlla@sospontedeume.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 8 de setembro de 2007 14:23
Asunto: Entrega de sinaturas en Santiago o LUNS


Encamiñando correo recebido:

---------- Mensagem encaminhada ----------
From: "S.O.S Courel" -soscourel@mundo-r.com-
To: -soscourel@mundo-r.com-
Date: Sat, 8 Sep 2007 12:47:30 +0200
Subject: Entrega de sinaturas en Santiago o LUNS


SOS Courel

SOS Courel quere participar na organización da “2ª Galicia non se vende”

Entrega das xa 21.000 sinaturas para a declaración de o Courel como Parque Natural

O próximo luns, 10 de setembro, ás 11:00 horas, acudiremos a Santiago de Compostela, ao Rexistro Xeral da Xunta, que está situado no Edificio de San Caetano, na planta baixa do Bloque Central.

Como teñen que selarnos todas as copias, por ser cada folio un documento independente, permaneceremos no edificio dende as 11:00 ata as 14:00.

Para ser identificados, portaremos camisolas de SOS Courel

Saúdos

Orlando Gregorio Álvarez Álvarez

Teléfonos 607 22 58 87; 982 16 52 18

_____

Enlaces Relacionados:

SOS CAUREL: Emerxencia no territorio de maior biodiversidade da Galiza
____________

xoves, setembro 06, 2007

O Comité Cidadán Informa: Última hora sobre entrega de escritos e Concentración Cidadán

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 6 de Setembro de 2007 20:33

Asunto: Última hora sobre entrega de escritos e Concentración Cidadán




O Comité Cidadán Informa:
Última hora sobre entrega de escritos e Concentración Cidadán



CONCENTRACIÓN NO PORTO DE FERROL


O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, sen descartar outras actuacións en función dos medios dispoñibles, acordou convocar unha cacerolada-tamboreada nos peiraos de Ferrol, para as 13 horas deste venres 7 de setembro, diante dos edificios da Autoridade Portuaria e que se desprazará ata o extremo sur ou miradoiro e paseo marítimo fronte ás murallas do Arsenal Naval Militar, existente despois do embarcadoiro de pasaxe de lanchas para Mugardos, coincidiendo con el séptimo gasero con destino a Reganosa tratará de entrar con a única pleamar diurna ás 14:10 hrs

Tal concentración ten como finalidade que a cidadanía poida expresar o seu rexeitamento pola pretendida entrada ilegal na Ría de Ferrol dun séptimo buque Gasero, chamado “LNG OYO” cunha eslora de 285,4 metros, cargado con 127.362 m3 de Gas Natural Licuado para descargar nas instalacións que Reganosa está construíndo dentro da angosta Ría de Ferrol, sen garantía algunha de Reganosa nin da Autoridade Portuaria de que en caso de unha emerxencia durante a descarga ese buque gasero poida saír a mar aberto, con rapidez e polos seus propios medios tal e como require a norma EN-1532. Así mesmo sen que Reganosa teña todos os permisos, sen a autorización de funcionamento comercial ou definitiva que require o articulo 85 do Real Decreto 1434/2002, sen ter resoltos os condicionados da súa autorización de construción que son imposibles de cumprimentar, entre eles a saída ao mar dos buques gaseros en caso de emerxencia e a distancia suficiente ata as poboacións segundo o artigo 12 do Real Decreto 1254/99 de 16 de xullo, incumprindo o RAMINP que require unha distancia mínima de dous quilómetros ata as poboacións, por todo o cal desde o pasado 9 de maio, con mais probabilidades na entrada e descarga dun buque gasero cargado de GNL, existe un risco real para a vida humana na Ría de Ferrol, para a súa riqueza marisqueira e para o emprego dos seus 600 traballadores do mar.


ENTREGA DE FIRMAS NO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA

Por outra banda ás 12 da mañá deste venres sete de setiembre, representantes do Comité Cidadán de Emerxencia acudirán as oficinas da Xunta de Galicia na Praza de España en Ferrol, en cuxo rexistro presentarán senllos escritos dirixidos ao Ministro de Industria, Joan Clos, e ao Director da área de Industria e Enerxía da Coruña, Francisco Barroso Palomino, acompañando cada un dos escritos con 3.525 firmas de cidadáns que manifestan o seu total desacordo coa localización dunha planta de Gas Natural Licuado dentro da pequena e angosta Ría de Ferrol, que Reganosa esta construíndo sen ter acreditado que cumpra coa lexislación vixente, nas proximidades de núcleos de poboación que suman mais de 100.000 habitantes, cuxa vida ameazaría en caso de entrar en funcionamento, co risco permanente dun accidente grave na planta ou nos grandes buques gaseros cargados de GNL, cuxa ruta de navegación pasaría a escasa distancia da poboación e do Arsenal Naval Militar. Por todo iso SOLICÍTASELLES que non sexa aprobado o acta de explotación comercial ou de funcionamento definitivo de Reganosa.

Ferrol 6 de setiembre de 2007
______________

Comité Cidadán de Emergencia para a Ría de Ferrol.

O seu correo electrónico é:
omitecidadan@iespana.es

A súa web:
http://comitecidadan.org/
_____________

Recurso de suplica contra a desestimación das medidas cautelares de suspensión da actividade de REGANOSA

De: Plataforma Veciñal "O Cruceirode Meá"
ocruceiromeha@yahoo.es
Para: artabra21@gmail.com

Data: 6 de Setembro de 2007 18:16

Asunto: Recurso de suplica contra a desestimación das medidas cautelares



Recurso de suplica contra a desestimación das medidas cautelares

O 6 de setembro presentouse o recurso de suplica contra a desestimación das medidas cautelares de suspensión da actividade da planta presentado hoxe ante o TSJ de Madrid por parte das Asociacións de Veciñais agrupadas no CCE.

Neste recurso as Asociacións de Veciñais volven pedir ao Tribunal que suspenda a entrada de buques na Ría, xa que devandito tráfico supón un perigo claro e directo para a poboación e a vida na Ría, sendo estes "a protección da poboación e dos recursos naturais", os intereses xerais que deben ser protexidos de forma cautelar e prioritaria, e non os puramente patrimoniais de REGANOSA.

No mesmo sentido as Asociacións explican no seu escrito por que a adopción dunha medida como a solicitada tampouco suporá prexuízo algún para o sistema gasista galego ou español, en tanto que este atópase, precisamente por razón da actividade en Reganosa e da súa mala planificación, con problemas para canalizar todo o gas que a Planta en Mugardos está inxectando, durante a fase de probas, nunha rede que neste momento está saturada.

Como fundamento das súas alegacións as Asociacións facilitaron ao TSJ de Madrid o Informe da Comisión Nacional da Enerxía, de 14 de xuño de 2007, no que este Organismo, como medida para paliar os problemas que está expondo Reganosa ao sistema, chega a propor, ata, o desvío dos buques destinados a Mugardos cara a outras plantas de Regasificación españolas que, por contar con consumo suficiente, non estean saturadas para así, desde devanditas plantas, seguir fornecendo a Galicia.

O problema é que Reganosa a día de hoxe non conta con clientes suficientes para dar saída ao gas que regasifica e iso é así porque os seus propios socios incumpriron os seus compromisos de compra de gas; compromisos que, paradoxicamente, foron os que no seu día lles permitiron obter o placet da CNE, xa que con eles maquillaron a viabilidade económico financeira do Proxecto.

O Proxecto de Reganosa non só resultou ser un disparate por razón da súa localización e do perigo potencial que supón para os cidadáns de Ferrol Terra, senón que pode acabar sendo, así mesmo, un fracaso para o sistema gasista porque os seus promotores tamén enganaron respecto da súa viabilidade económico financeira.

E o peor de todo será que a ineficiencia do sistema gasista provocado por REGANOSA non o pagarán senón os petos de todos os cidadáns a quen lles resultará máis caro o gas por culpa dun Proxecto que naceu ineficiente e marcado polas irregularidades e corruptelas

Recordar tamén que o día 9 de setembro ás 20:00 actuará na praza do concello de Mugardos o grupo musical OS CEMPES, en mostra de apoio e solidariedade cos encerrados no concello desde o día 23 de xullo.

PLATAFORMA VECIÑAL "O CRUCEIRO DE MEÁ"
ocruceiromeha@yahoo.es
http://ocruceirodemea.blogaliza.org/
_______

O Comité Cidadán de Emerxencia, ante a prevista chegada do séptimo metaneiro convoca unha concentración este Venres, 7 de setembro, ás 14:00 hrs

CONCENTRACIÓN

venres, 7 de Setembro
ás 1 da Tarde no Porto de Ferrol


para manifestar a nosa protesta
pola ilegal e perigosa entrada
dun novo buque gaseiro na Ría de Ferrol,
con GNL para REGANOSA
.

Acude con percusión e cacerolas

PARTICIPA !!


Convoca:
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
A RÍA É NOSA NON DE REGANOSA !!
REGANOSA ILEGAL E PERIGOSA !!

LNG Oyo, buque metanero de 285,40 m de eslora
[Clicar acima da imaxepara ampliar]

_________________

Convocada unha Asemblea Cidadá para o día 13 de setembro, xoves, ás 19:30 hrs, no local social da Asociación Veciñal de Ferrol Vello
[PROXIMAMENTE MÁIS INFORMACIÓN]

_________________

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 5 de Setembro de 2007 19:17

Asunto: O Metanero "LNG Oyo", é o séptimo con destino a Reganosa, en ruta para entrar na angosta ría de Ferrol este próximo venres 7 de setiembre



O Metanero "LNG Oyo", é o séptimo con destino a Reganosa, en ruta para entrar na angosta Ría de Ferrol este próximo venres 7 de setiembre de 2007 ás 14:10 horas.

Séptimo Metanero LNG OYO PARA REGANOSA.

O séptimo metanero con destino a Reganosa, chámase LNG Oyo. Foi construído no ano 2005 nos estaleiros coreanos Hyundai Heavy Ind., ten bandeira de Bermudas e o seu propietario é BW Gas Norway Cunha eslora de 285,40 metros ten capacidade para transportar 145.914 metros cúbicos de Gas Natural Licuado, trae unha carga de 63.681 toneladas de GNL equivalentes a 127.382 m3. Vén en ruta para entrar na angosta ría de Ferrol este próximo venres 7 de setiembre de 2007 ás 14:10 horas, coa única pleamar diúrna, para repetir a ameaza á vida humana durante a súa entrada e descarga, pois este tipo de buques no caso dunha emerxencia, durante a descarga ou na súa navegación por dentro da Ría, non teñen garantida a saída ao mar, con rapidez e polos seus medios, tal e como require a norma EN-1532 que é obrigatoria para Reganosa.

Segundo acordo da última Asemblea Cidadá do pasado 9 de agosto o Comité Cidadán de Emerxencia convocará como mínimo unha cacerolada nos peiraos de Ferrol, para unha hora antes da pleamar diúrna, sen descartar outras actuacións en función dos medios dispoñibles.
_________________

____________________________

Enlaces de interese:

Comité Cidadán de Emerxencia

Ferrol-CAPE

Videoteca Anti-REGANOSA

Noticiario do Noroeste

Regadeles

galice.net

A Ría é Nosa

Aturuxo

Ferrolan@s.com

Trasancos

P. V. "O Cruceiro de Meá"

Artritis

Rompendo Muros de Silencio

Plataforma Ártabra 21
__________________

mércores, setembro 05, 2007

Prevista a entrada dun novo buque gaseiro na Ría de Ferrol, para este venres 7 de setembro. E sobre algúns resultados da entrevista de onte en Madrid

Onte, 4 de Setembro tivo lugar unha reunión en Madrid na sede do Ministerio de Industria, na Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, co seu titular na dirección do organismo, Jorge Sanz e coa subdelegada de Hidrocarburos, Carmen Martínez. Pola importancia da noticia transcribimos como redactan a mesma diferentes xornais nas súas edicións dixitais de hoxe.

Nas próximas horas agardamos o análise de dita reunión polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, que manterá un encontro da súa Mesa de Traballo, hoxe 5 de setembro ás 8 da tarde nos locais da Asociación Veciñal de Ferrol Vello, no Porto de Ferrol. Ao mesmo tempo o Comité Cidadán tomará acordos diante da prevista entrada doutro buque gaseiro que se espera para o vindeiro venres, 7 de Setembro.



_________________

PARA ESTE VENRES 7 DE SETEMBRO, ESTÁ PREVISTA A ENTRADA DUN NOVO GASEIRO, POLO QUE TODO O MUNDO ATENTO Á CONVOCATORIA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA, POIS POR MANDATO DA ASEMBLEA CIDADÁ, TERÁ QUE TER LUGAR UNHA CONCENTRACIÓN NO PORTO DE FERROL, SEN DESCARTAR OUTRAS ACCIÓNS.
___________________


Diario de Ferrol
5 de Setembro de 2007

Industria comprométese a revisar os informes sobre Reganosa

O colectivo veciñal O Cruceiro de Mehá mostrou a súa satisfacción tras o encontro mantido con responsables da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas. Segundo os portavoces dos encerrados durante 44 días no Concello de Mugardos, o Ministerio de Industria revisará os informes sobre Reganosa.

REDACCIÓN > FERROL

Luz Mariña Torrente, presidenta da AVV O Cruceiro de Mehá, e a avogada Patricia Gabeiras mantiveron onte un encontro en Madrid co director xeral Jorge Sanz e coa subdelegada de Hidrocarburos de Industria, Carmen Martínez, no que, segundo a versión dos veciños, os representantes do ministerio mostráronse receptivos a estudar a información facilitada pola entidade en relación co procedemento de otorgamiento das autorizacións outorgadas á planta de Reganosa.

Neste sentido, os responsables ministeriais comprometéronse a revisar os informes que no seu día avalaron o funcionamento da planta de gas mugardesa, supeditado a que se cumprisen determinados condicionantes que, segundo expresan os afectados, non se tiveron en conta en posteriores autorizacións emitidas.

Entre os requisitos que condicionaban a autorización da construción da planta atopábanse o respecto ás distancias de seguridade aos núcleos de poboación e que os buques, en caso de urxencia, puidesen abandonar a ría o máis axiña posible e polos seus propios medios.

Así mesmo, os responsables de Industria aceptaron mediar cos máximos responsables do Ministerio para que o colectivo poida ser recibido polo seu titular, Joan Clos, ou ben polo secretario xeral de Enerxía, Ignaci Neto.

Ademais, continúa pendente a petición de entrevista co presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño. A asemblea dos afectados que iniciaron o pasado mes de xullo o peche decidiu de forma unánime continuar con esta medida de presión mentres non se produzan estes encontros.

Asemblea > Así mesmo, esta tarde manterán unha reunión co Comité Cidadán de Emerxencia ás oito no local da AVV de Ferrol Vello. A asemblea prodúcese dous días antes da chegada do próximo gasero, prevista segundo a Autoridade Portuaria para o venres.

O GNL "Ollo" chegará á planta mugardesa para descargar 63.681 toneladas de gas natural licuado. Na última asemblea cidadá, celebrada o pasado 9 de agosto, acordouse que en caso de chegada dun novo gasero realizaríase, como mínimo, unha concentración con cacerolada-tamborrada en Ferrol Vello ou en Mugardos, sen descartar a posibilidade de otrras actuacións, algunhas delas con lanchas, para realizar manifestacións por mar ou para obstaculizar a entrada dos gaseros, de forma real ou simbólica, segundo o Comité.

Enlace coa noticia orixinal no Diario de Ferrol

___________

A noticia no xornal El País, por Lorena Bustabad

O Ministerio de Industria promete á veciñanza de Mugardos revisar os permisos de Reganosa

LORENA BUSTABAD - Ferrol - 05/09/2007


O Ministerio de Industria comprometeuse onte a revisar todos os permisos concedidos no seu día a Reganosa para a construción e posta en marcha dunha planta de gas en Mugardos, ao sur da ría de Ferrol. É o compromiso que os veciños de Mehá aseguran haberlle arrincado onte ao director xeral de Política Enerxética e Minas, Jorge Sanz, tras 45 días de peche no concello mugardés e unha reunión na sede ministerial.

Satisfeita pola actitude "paciente e receptiva" do director xeral de Política Enerxética, a presidenta da plataforma veciñal de Meá, Luz Torrente, regresou a Mugardos cun "importante compromiso" debaixo do brazo: a revisión de todos e cada un dos permisos outorgados no seu día a Reganosa para a construción dunha regasificadora que opera en fase de probas.

Luz Torrente e Elena Rei, veciñas da parroquia mugardesa onde se asenta a instalación, abandonaron por unhas horas a súa protesta para viaxar a Madrid acompañadas da letrada Patricia Gabeiras e cargadas "con fotos e documentos" que na súa opinión evidencian os reiterados incumprimentos da compañía gasística. "Escoitáronnos e tomaron nota de todo. Ata recoñeceron que descoñecían algúns detalles do proceso", manifestou unha das afectadas,

Os veciños sosteñen que a planta está moi próxima ás súas vivendas (a menos de 200 metros das primeiras casas habitadas) e moi lonxe dos dous quilómetros que, como mínimo, esixe a directiva europea Seveso II. Ademais, aseguran que a norma EN-1532, que regula o tráfico de buques gaseros, non se cumpre nunha ría pequena e angosta como a ferrolá. "Cada permiso concedíase en base ao anterior e así ata formar unha bóla de neve. Pedimos que se revise todo de arriba abaixo", esixiu Torrente.

Un portavoz do ministerio consultado por este diario rehusó valorar o resultado dun encontro que cualificou de ámbito estritamente privado.

Pese ao compromiso formulado por Industria, os veciños anuncian que proseguirán un peche indefinido que iniciaron o pasado 23 de xullo. "Aínda esperamos que nos reciba o presidente da Xunta e o ministro de Industria, Joan Clos", declarou a portavoz do colectivo. Mentres, Reganosa agarda este venres a chegada do seu sétimo gasero, LNG Oyo, cargado con 63.681 toneladas de gas natural licuado.

Segundo as previsións da Autoridade Portuaria de Ferrol, o metanero arribará durante a pleamar diúrna do día 7, poucas semanas despois da atracada do último buque no medio das protestas dos mariscadores ferroláns que retomaron os bloqueos en sinal de protesta pola localización da regasificadora.

Reganosa defende que a planta cumpre "estritamente" o Regulamento de Actividades Molestas (Raminp) sobre a distancia que teñen que mediar entre a regasificadora e a poboación. A empresa promotora da instalación, na que participa a Xunta, sostén que na súa construción utilizáronse as "últimas tecnoloxías" de seguridade e que a probabilidade de que ocorra "calquera incidencia" é "moi remota".

Enlace coa noticia orixinal en "El Pais"

________________________________

Reganosa considera ´moi remota´ a posibilidade de incidentes na planta

Os veciños de Mugardos afirman que a Dirección Xeral de Política Enerxética comprometeuse onte a revisar a documentación sobre a seguridade da regasificadora.

REDACCIÓN Redacción.Ferrol

Reganosa asegurou onte que a planta de gas de Mugardos cumpre "estritamente" a normativa sobre a distancia que debe existir entre a regasificadora e a poboación e cualificou de "moi remota" a posibilidade de incidentes na instalación.

A empresa explicou onte que tanto o cumprimento do Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas (Raminp) como o uso de "modernas" tecnoloxías garanten que calquera incidencia na planta sexa pouco probable e afirma que, en todo caso, "os seus efectos limitaríanse ao propio recinto da terminal".

Reganosa informa nun comunicado de que o Raminp sinala nos seus artigos 5 e 20 que os 2.000 metros de distancia mínima entre a planta gasística e o núcleo de poboación establecidos no artigo 4 son unha distancia "orientativa" e non exixible en todos os proxectos, "a condición de que se adopten as medidas que se requiran en cada caso".

A compañía considera que ditas medidas quedaron establecidas nos reais decretos 1254/1999 e 1196/2003. O artigo 12 do primeiro fixa que os órganos competentes, neste caso a Xunta, serán os que determinen as distancias adecuadas á poboación, tras a elaboración dun estudo de seguridade.

No caso de Reganosa, o estudo pertinente foi elaborado, segundo a empresa, "por unha entidade independente e de prestixio", e avalado polo Executivo galego, que o aprobou este ano. A investigación estableceu que as "áreas vulnerables na zona terrestre non afectan á poboación", xa que se atopan dentro dos límites de Reganosa e da empresa lindeira, Forestal do Atlántico.

Reganosa tamén fai referencia ao segundo requisito establecido no artigo 4 do Raminp, que esixe que a localización dunha planta de regasificación atéñase ás ordenanzas municipais e aos plans de urbanismo.

A regasificadora manifesta que as súas instalacións atópase nunha zona cualificada no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PGOM) de Mugardos como chan urbano industrial G, que permite, expresamente, "o almacenamento e regasificación de gas natural licuado". "Polo tanto, segundo a normativa municipal, a localización da planta é correcta", destaca Reganosa.

Por outra banda, o vindeiro venres chegará a Reganosa o buque LNG Oyo con 63.681 toneladas de gas natural licuado. Será o sétimo que descargue na planta tras o inicio da súa fase en probas, o pasado 9 de maio.

Continúa o peche

Os veciños de Mugardos que se opón á planta de gas mostráronse onte "satisfeitos" coa reunión mantida en Madrid con representantes da Dirección de Política Enerxética e Minas e confían en que o organismo revise a documentación sobre a seguridade das instalacións. Aínda así, anunciaron que continuarán co peche de protesta iniciado no concello fai 44 días.

A portavoz dos afectados, Luz Mariña Torrente, manifestou a súa "satisfacción" polo encontro, que se prolongou durante dúas horas e media, e no que os representantes de Política Enerxética escoitaron "sen présas" e de modo "moi receptivo" os seus argumentos sobre a falta de seguridade da planta de gas. Segundo afirmou, a Dirección de Política Enerxética comprometeuse a revisar a documentación existente sobre a seguridade de Reganosa para constatar se cumpre cos condicionantes que se impuxeron para o funcionamento da planta.

Os veciños denuncian que Reganosa incumpre os requisitos establecidos na autorización concedida pola Dirección Xeral en 2002 e aseguran que a instalación incumpre a distancia mínima á poboación esixida na Lei Seveso II e no Regulamento de Actividades Molestas, así como que non acredita a saída a mar aberto dos gaseros en caso de accidente -reclamada na norma EN-1532-.

Luz Mariña Torrente afirmou que os representantes de Política Enerxética confirmaron que os veciños serán recibidos polo secretario do Ministerio de Industria ou o propio ministro, Joan Clos, "canto antes".

Enlace coa noticia orixinal en "La Opianión de A Coruña"

____________________________

Enlaces de interese:

Comité Cidadán de Emerxencia

Ferrol-CAPE

Videoteca Anti-REGANOSA

Noticiario do Noroeste

Regadeles

galice.net

A Ría é Nosa

Aturuxo

Ferrolan@s.com

Trasancos

P. V. "O Cruceiro de Meá"

Artritis

Rompendo Muros de Silencio

Plataforma Ártabra 21
__________________