xoves, novembro 19, 2015

Baixo o lema "Paremos o Feminicidio", a Marcha Mundial das Mulleres convoca en Ferrol, como noutras cidades da Galiza, actos de denuncia e reivindicación para este 25 de Novembro Día Internacional Contra a violencia Machista


25 NOVEMBRO DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA. | "PAREMOS O FEMINICIDIO" | MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES DE FERROLTERRA.

A Coordinadora Comarcal de Ferrolterrra da Marcha Mundial das Mulleres, convoca os actos de Ferrolterra, este mércores 25 de Novembro, ás 8 da tarde, en Narón, na Praza da Gándara (monumento á Muller), para "unir as nosas enerxías ás de miles de mulleres que, arredor do mundo, estarán a denunciar e a amosar o máis profundo rexeitamento ás violencias que continuamos vivindo nos nosos corpos de mulleres". Chamán á participación "para seguir denunciando a violencia machista, e para que, xunto a outras e outros, aportemos as nosas vontades para facer realidade a utopía doutro mundo que é necesario construír, libre de violencia e de inxustizas, porque non é bo continuar con tanta dor, medo e impotencia, rabia, tristeza e frustración, polas múltiples agresións que, acotío, vivimos as mulleres".

MARCHAMOS POLO DEREITO DAS MULLERES A UNHA VIDA SEN VIOLENCIA!!

Mulleres en marcha ata que todas sexamos libres!!

-- "As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
http://www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
https://twitter.com/MMMGaliza

Que é a Marcha ?
A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
16 de novembro de 2015 23:25
______________

Cataluña, Galiza e Euskadi, non son un problema, son unha realidade, ... Por André Abeledo

Por André Abeledo [*]
19.11.2015


CATALUÑA, GALIZA E EUSKADI, NON SON UN PROBLEMA, SON UNHA REALIDADE. | O DEREITO A AUTODETERMINACIÓN NON É UN PROBLEMA PARA A CLASE OBREIRA.


Cando se fala do “problema catalán”, do “tema catalán”, é sempre tentando crear a opinión na cidadanía de que o dereito a autodeterminación dos pobos non é un “dereito”, tentando de criminalizar a quen o defende.

Non existe un problema catalán, nin galego, nin vasco, existe en todo caso unha “realidade” ou “singularidade” a que temos que dar resposta política.

O dereito a autodeterminación dos pobos non debe ser visto como un perigo, nin como unha ameaza para a clase obreira.

A patria burguesa non é a mesma que a patria obreira, os oligarcas temen calquera cambio que poda afectar os seus intereses, e cando defenden centralidade, ou a independencia, o fan pensando neses intereses, e non no ben do seu pobo.

Defendo a unión voluntaria de pobos libres, de nacións que deciden camiñar xuntas, fainos máis fortes, enriquécenos esa diversidade de culturas, tradicións, e historia diferenciada.

Pero converter o estado nunha prisión de pobos é sempre unha decisión dos explotadores.

Precisamos cambiar o actual modelo de estado, herdado do nacional catolicismo, e froito dunha falsa transición, ben sexa mediante un estado Federal, ou un estado plurinacional onde cada nación, entendendo que falamos de nacións de pobos libres, poda decidir que tipo de relación quere ter co resto do estado.

Recoñecendo o dereito a decidir, poderemos construír un futuro en común.

Eu defendo que ese futuro debe ser socialista, penso que é o único xeito de ser capaces de construír entre todas e todos un futuro sen odios, unha unión de vontades onde impere a igualdade a xustiza social e o respecto a diferencia.

Parafraseando a Lenin, que resumiu a esencia do que trato de dicir nunha frase, dun xeito maxistral, "non se pode falar de liberdade, si antes non se recoñece o dereito dos pobos a separarse da súa metrópole cando o crean conveniente ".

Outra frase moi afortunada é a de Salvador Seguí, “o único inimigo que hai en Cataluña, é o mesmo que en Madrid: o capitalismo

Non consintamos que os miserables que se envolven en bandeiras para beneficio persoal, os que venden odio e mentiras, consigan enfrontar os pobos de España.

A loita é de clases, o pobo traballador ten que estar xunto para defenderse dos que so sementan miseria.

Narón, 16 de Novembro de 2015.

[*] André Abeledo Fernández, é un activista sindical, social e político de Ferrolterra; traballador e membro do Comité de Empresa de Mercadona; e coordinador de Esquerda Unida de Narón. Concelleiro por esta forza política no Concello de Ferrol, elixido nas Eleccións Locais de Maio de 2015. Contas de André no facebook e no twitter.

Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
16 de novembro de 2015 23:56
______________

luns, novembro 09, 2015

O sector pesqueiro sinalou en Cangas as claves que AGE levará ao Parlamento galego e europeo


O sector pesqueiro sinalou en Cangas as claves que AGE levará ao Parlamento galego e europeo. | Esta xornada de análise articulouse en torno a oito mesas temáticas desenvolvidas por máis de quince representantes directos do sector. | A grave situación de contaminación nas rías, a merma de postos de traballo e a desigualdade de xénero, algúns dos temas abordados.


Hoxe tivo lugar a segunda das sesións da  xornada "As pescas e a acuicultura na Galiza no contexto da Política Pesqueira Común (PPC): retos e propostas de futuro", que deron inicio onte, venres 6, no Auditorio Municipal de Cangas.

Ademais de para dar a coñecer na voz do propio sector as claves principais do marisqueo, a pesca e a acuicultura na Galiza, sinalar as principais problemáticas e debater conxuntamente na procura de solucións, esta xornada tivo o obxectivo tamén principal de funcionar como un espazo de encontro entre o sector, ca participación do deputado de AGE Juan Fajardo e a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, "co fin de artellar un grupo de traballo amplo con xente do sector para trasladar as iniciativas aos Parlamentos galego e europeo".

Na quenda de hoxe analizamos a primeira hora "O marisqueo na Galiza. Situación, retos e propostas",encetando este espazo ca mariscadora e vicepatroa da Confraría de Pontevedra, Marina Buceta, quen narrou como tradicionalmente na ría de Pontevedra "eramos case todas mulleres", mais non foi até 1999 cando comezaron a "estar aseguradas", marcando un punto e aparte o ano 2000, "no que empezamos a ter inquedanzas", xa que non contaban con elementos de xestión básicos, como as cotas ou as tallas, "vendíamos como podiamos". Foi tamén nestes inicios do século XXI cando as mariscadoras conseguiron ter unha lonxa na que poder vender, "foi un cambio radical, melloramos, logramos ter carto na man", valorou Buceta.

Sen embargo, proseguiu, "actualmente somos 400 mulleres, pero no 2000 eramos 800, moitas abandonaron". E é que o futuro, "nunca o vin tan negro". Demasiados son os ataques  ao ecosistema galego e ás actividades produtivas, froito do desleixo dunha Administración política pouco concienciada co coidado da biodiversidade do noso país: "con tanta contaminación que hai na ría, alí case non hai animal que viva, os verquidos fecais son o que máis nos afecta".

Buceta explicou que hai xa 3 anos que as mariscadoras de Pontevedra non meten berberecho, "e a ameixa tamén está morrendo, vémola toda coa boca aberta". Esta situación provocou que a día de hoxe practicamente so podan traballar en Ameixal e Combarro. "Temos moitas praias afectadas e as bateas do fondo da ría tamén o están", polo que non poden vender produto fresco. "Non podemos vivir así, gañamos no verán e no Nadal e o resto son todo meses mortos, hai xente que non pode afrontar pagar o seguro", alertou.

Pola súa banda, Rafael González, mariscador a flote na ría de Ferrol, coincidiu con Buceta en que "isto cada vez vai a peor", e exemplificou a situación sinalando que na zona das Pías, malia a abarcar medio millón de metros cadrados, "de zona produtiva haberá 200.000".  Mención a parte mereceu a ría de Ferrol, "afectada por unha contaminación bestial, recheos e lodos por todos lados". A isto engádese a presenza dunha fábrica de colas "que bota metais pesados á ría, plomo... E iso vai para o fondo e mata todo", reiterou. González esixiu solucións para a Ría de Ferrol, onde na actualidade marisquean unhas 500 persoas, "pero poderiamos chegar a ser 1000", se o se tomara en serio o coidado da ría. En relación ao controvertido porto exterior de Ferrol, Gonzalez foi contundente: "nin solución do paro nin nada. Os ecoloxistas avisaron do que podía pasar, e pasou. A ría está infrautilizada e golpeada por todos os lados".

Pechou esta primeira mesa adicada ao marisqueo José Luís Lorenzo, representante do colectivo da navalla de Cangas, un grupo que deu inicio no ano 1996 integrado por 25 persoas. "Daquela non tiñamos nin idea, guiábanos o grupo de Fisterra que xa funcionaba. Empezamos a cegas e por presións porque a maioría eramos ata daquela furtivos". A principal preocupación nos inicios foi manter o recurso de forma sostíbel, "había que seguir as cotas, non esquilmar todo". Polo que decidiron implicarse directamente, "vixiabamos as praias... Fixemos unhas normas con sancións para a sobrepesca, o furtivismo… custou traballo e man dura", recoñeceu. Para González, un dos principais problemas aos que se enfrentan na recollida da navalla son as biotoxinas, causantes de peches cautelares na ría "dun día para outro e sen distinción de especies", o que implica semanas sen traballar e grande frustación, xa que, realizadas as analíticas, "a navalla nunca dá (positivo por biotoxinas)". Os problemas aos que se está a enfrontar o colectivo repercuten tamén ás veces en tensións internas, fronte ao que González apelou á unidade do sector, ao tempo que salientou botar en falla "asesoramento das Administracións, que nos informen de por que fan así, non simplemente ditar normas".

A sesión de tarde desta xornada de sábado deu comezo ca mesa "A invisibilidade das mulleres no mundo da pesca. As mariscadoras a pé: un modelo de organización", integrada por cinco mulleres.

Pencha Santasmarinas Raposo, muller feminista que ten asumido distintas responsabilidades na Consellería de Pesca da Xunta de Galicia -entre elas a de Xefa do Servizo de Organización no Sector Marisqueiro-, abríu a súa intervención analizando o xeito mesmo no que adoita describirse o sector: "as mulleres no  mundo da pesca eran invisibles. Cando eu cheguei á pesca, referíanse sempre aos mariscadores, cando a maioría son mulleres, mariscadoras. Nós mesmas nos invisibilizamos cando falamos de nós en masculino". Porén, o marisqueo a pé en Galiza lévano mulleres, inda que tamén elas están a ser eliminadas paulatinamente, "mariscadoras a pé había 12.000 no ano 2003, hoxe quedan 4.000 e pico; armadoras 243, redeiras 324... En total, 20.000 mulleres están relacionadas co mar en Galiza e non se fala nunca delas", sentenciou. Santasmarinas denunciou a "marxinalidade" na que se atopaban as mulleres cando ela se incorporou ao traballo na Xunta de Galicia. As mariscadoras e redeiras "son unhas namoradas desta profesión, moitas non gañaban case nada e érano porque lles gustaba, e o eran desde pequenas", daí a importancia "de loitar porque  fora unha profesión", salientou,  pola convocatoria de cursos específicos para mulleres, conseguir que percibiran a mesma retribución económica que os homes, e ir superando obstáculos. Nesa estratexia resultou fundamental fomentar "que se relacionaran entre elas". "Comezamos a crear agrupacións de mariscadoras para erradicar o furtivismo interno e consolidouse, o seguinte paso foi que as mariscadoras cotizaran á Seguridade Social", analizou Santasmarinas.

A primeira destas agrupación foi creada en Arcade que, como sinalou  Consuelo Vidal Carvajal, ex presidenta da Agrupación de Arcade, presente tamén nesta mesa na tarde de hoxe, "foi o lugar pioneiro. Empezamos a organizarnos no 94".

Logo de tantos anos de loita e experiencia, a conclusión para Pencha Santasmarinas é clara: "Hai que procurar que as mariscadoras non dependan da Administración, porque a Administración non sempre está disposta a defendelas. Teñen que elas por si mesmas saber defenderse."

Así o subscribíu punto por punto Geli Martínez,  redeira do cerco de Cangas e seguinte ponente nesta mesa. "Pasamos de ser invisibles a estar organizadas.  Comprendín que tiñamos que abrirnos e decidimos entrar na Federación, saín elixida e collín o cargo de presidenta", explicou. Agora, pelexa cada día ca diversidade de problemáticas asociadas á multidisciplinar práctica profesional das redeiras. As redeiras do palangre, apuntou, que desenvolven a súa laboura maioritariamente en Burela e Malpica , "traballan a prezos moi baixos, ademais teñen un alto  nivel de intrusismo, e aí non hai regras de ningún tipo. Traballan para efectos navais". O problema do intrusismo, lembrou, afecta tamén ás redeiras de artes menores, presentes en toda  Galiza. As redeiras do cerco, sen embargo, non padecen o intrusismo "porque o noso traballo non se pode levar para a casa", ironizou Martínez, "tes que saber e ter unha formación para facer este traballo".  Para ela, todas as redeiras deberían manexar as distintas variedades para "poder vivir de redeiras", e sinala a importancia de que esta actividade puidera contar con unha cualificación profesional. "En Cangas intentamos diversificarnos e hoxe temos tal carga de traballo que non damos feito", argumentou. O aumento desta carga produtiva levounas tamén a tomar conciencia da necesidade de prestar atención á  saúde laboral desta actividade, "temos xornadas de traballo moi grandes e monótonas, e o noso traballo lévanos a ter moitos problemas de cervicais", e de seren tomadas en conta medidas retributivas que se axusten ás características desta profesión, como "solicitar un coeficiente redutor" que estableza unha idade de xubilación axeitada.

Cangas, 7 Novembro, de 2015

Máis información: Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) | Tlf: 609 845 861, lidia.senra@europarl.europa.eu | http://ageuropa.gal/ | https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez

Enviado por:
AGEe Europa
-ageeneuropa@gmail.com-
7 de novembro de 2015 19:46
____________

domingo, novembro 08, 2015

A PAH de Ferrol e Comarca chama a participar na concentración de protesta diante dun xuízo por execución hipotecaria que vai ter lugar o vindeiro martes 10 de novembro - O mesmo día en Compostela presentara-se polo movimento antedesafiuzamentos unha proposta de moción no Parlamento Galego


A PAH de Ferrol e Comarca convoca unha concentración de protesta diante dun xuízo por execución hipotecaria que vai ter lugar o vindeiro martes 10 de novembro, ás 11:00hs nos xulgados de Ferrol, do Banco Santander contra un compañeiro da propia PAH.

A PAH vai contar coa avogada Maite Ortiz e o avogado José María Erauskin de Gipuzkoa, onde "están conseguindo parar en moitos casos aos voitres carroñeiros da banca", din desde as PAH, e que se lles solicitou apoio e sen dubidalo responderon positivamente á petición.

A PAH de Ferrol e Comarca, convidan a participar ao tecido asociativo na acción de protesta, para "que se saiba nos xulgados de Ferrol que non é un campo abonado para os bancos onde como ata agora, fixeron o seu libre albedrío". Din as compañeiras e compañeiros da plataforma antidesafiuzamentos. Manifestando que se lle dea a "máxima difusión para que se saiba que non nos imos a deixar vencer e que chegaremos ata o final na loita polos nosos dereitos. SI PÓDESE".

Desde STOP Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra, non podiamos máis que amosar a nosa solidariedade e manifestar que conten con nós na difusión da acción do 10 de Novembro e que participaremos activamente na concentración que vai ter lugar o mesmo día do xuízo, diante dos Xulgados de Ferrol, ás 11 da mañá.

As Marchas da Dignidade de Ferrolterra, na súa última Asemblea decidiu apoiar a concentración de protesta diante dun xuízo por execución hipotecaria do Banco Santander contra un compañeiro da PAH.

O xuízo coincide co acto de rexistro e contacto no Parlamento Galego cos grupos, para a presentación dunha Moción Parlamentaria que con carácter xeral esta-se a presentar, adaptado ás circunstancias en cada territorio, no conxunto do Estado  que é un documento de "Exisencias PAHs/STOP" que desenvolve estes cinco puntos:
1. Dación en pago retroactiva. Mecanismos de segunda oportunidade, condonación da débeda, liberar aos avales e eliminar as cláusulas abusivas.
2. Aluguer estable e asequible. Modificar a lei para que os contratos do aluguer sexan máis estables e seguros.
3. Vivenda accesible. Paralización dos desafiuzamentos e creación dun parque de vivenda público de vivenda a través da mobilización da vivenda baleira.
4. Subministros básicos garantidos. Evitar cortes e responsabilizar ás subministradoras.
5 Creación dun observatorio da Vivenda.
Estaremos ese Martes 10 de Novembro en Compostela, representando á nosa Comarca.

Moción Parlamentaria en formato pdf | Acceder/Baixar.

Si se Pode !! |Saúde e Vivenda Digna !!


Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra | Está Adherida ás PAHs (17.03.2013) e forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs.

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Páxina no facebook:
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

Local:
Avda. Castelao S/N.
Local de Arméria Soc. coop. Galega
Traseira do Mercado Municipal de Caranza
1406-Ferrol

___________

EU Narón: A veciñanza non ten que pagar, deben recibir xustiza, no caso da Cementeira de Castro hai responsables con nomes e apelidos



EU Narón: A veciñanza non ten que pagar, deben recibir xustiza, no caso da Cementeira de Castro hai responsables con nomes e apelidos.

Dende Esquerda Unida de Narón  "sorpréndenos", aínda que non demasiado, a insistencia e vehemencia con a que o PP defende os intereses da Cementeira de Castro.

Dende o PP permítense xogar a "xuíces" ou máis ben a "adiviños" cando len o futuro e ditan a sentencia, decidindo pola súa conta quen vai pagar as costas do derribo da Cementeira.

Permítense facer “chistes” preguntándose se EU pagará unha parte, aínda sabendo que en EU Narón estamos limpos, e o carón das veciñas e veciños.

Dende o PP coas súas declaracións tentan converter as vítimas, que é a veciñanza, en culpables, polo feito de esixir xustiza, e de paso dar a imaxe de que a Cementeira é inocente, que pasaba por alí, que é un suxeito neutro neste asusto, e que non ten ningunha responsabilidade.

Neste "traballo" como avogados da Cementeira, o PP de Narón fai un fraco favor o esclarecemento da verdade, porque ten que haber culpables con nomes e apelidos, e a xustiza ten quen ser igual para todos, e necesario depurar responsabilidades.

Xa esta ben de defender a impunidade nuns casos, e a inmunidade noutros, a xustiza ou é para todos ou non é xustiza.

GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA NARÓN


Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter.
Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.

Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
6 de novembro de 2015 11:50
_____________

xoves, novembro 05, 2015

Xornada "As pescas e a acuicultura na Galiza no contexto da Política Pesqueira Común (PPC): retos e propostas de futuro" - Cangas do Morrazo, 6 e 7 de Novembro


"As pescas e a acuicultura na Galiza no contexto da PPC: retos e propostas de futuro". | Xornada informativa e de debate sobre o sector pesqueiro. Auditorio Municipal de Cangas, venres 6 e sábado 7 de novembro. | Acuicultura, cotas pesqueiras, pesca artesanal, marisqueo, acordos de pesca da UE ou o papel das mulleres na pesca galega, temas principais.


Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) e o Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) -do que AGEe forma parte no Parlamento Europeo-, desenvolverán este venres 6 e sábado 7 a xornada "As pescas e a acuicultura na Galiza no contexto da Política Pesqueira Común (PPC): retos e propostas de futuro" [1], que terá lugar no Auditorio Municipal de Cangas e será introducida polo alcalde desta vila fortemente vinculada ao mar, Xosé Manuel Pazos Varela.

Da man da eurodeputada de AGEe, Lídia Senra, e a través dun esquema de traballo en torno a oito mesas temáticas, abordaranse aspectos clave do sector pesqueiro galego, "procurando ao mesmo tempo propiciar un espazo de encontro e intercambio entre os distintos colectivos profesionais", apunta Senra.

Así, o deputado de AGE Juan Fajardo, encetará a xornada do venres 6 dando conta dos riscos do modelo de acuicultura que proxecta a Xunta de Galicia, entre o que podemos atopar a controvertida mudanza da actividade marisqueira en "acuicultura" a nivel lexislativo. Nesa mesma xeira, o técnico superior en produción pesqueira e acuícola, Xurxo Pérez Rodal, e o responsábel de pesca sostíbel de Anova Terra, Miguel Ángel Arís Abilleira, abordarán criticamente as estratexias de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+I) no eido acuícola.

Como non podía ser doutro xeito, a problemática das cotas pesqueiras e a loita dos mariñeiros do cerco, será tamén tratada pormenorizadamente na tarde do venres a través do representante da Asociación de Armadores de Cerco de Galicia (ACERGA), Andrés García Boutureira.

Será tamén neste primeiro día de xornada en Cangas cando se debata en torno á situación do sector mexilloeiro, cun relatorio a cargo de Alfonso Alcaide Núñez, do Consello Regulador do Mexillón de Galicia.

A xornada do sábado 7 articularase ao redor de catro eixos principais: marisqueo, as mulleres na pesca, a pesca artesanal e os acordos pesqueiros da UE con terceiros países.

"O marisqueo na Galiza. Situación, retos e propostas", é o epígrafe que dará cabida ás intervencións de Marina Buceta Alonso, mariscadora e vicepatroa  da Confraría de Pontevedra, quen porá sobre a mesa as claves do marisqueo a pé, e o mariscador Rafael González Ferreiro, quen dará conta da situación do marisqueo a flote na Ría de Ferrol; José Luís Lorenzo García e o patrón maior da Confraría da Pobra do Caramiñal, José Manuel Iglesias,  completarán esta mesa.

Nesta liña produtiva, a pesca artesanal contará con dous ámbitos de análise. Por unha banda, exporanse os retos e propostas deste sector, que serán trasladadas polo pescador e patrón maior da Confraría de Cangas, Francisco Javier Costa. Pola súa banda, o patrón maior da Confraría de Corucubión, José Dominguez Buitrón, exporá os principais riscos para a pesca de baixura.

A quenda de mañá pechará ca intervención "Os acordos de pesca entre a Unión Europea e países terceiros. Do papel á realidade", introducida pola eurodeputada de AGEe, Lídia Senra.

O sábado será tamén o momento de abordar a situación de invisibilidade das mulleres no mundo da pesca, salientando a situación das mariscadoras a pé e o seu modelo de organización nun espazo desenvolvido por Pencha Santasmarinas Raposo, unha das mulleres feministas máis destacada no sector pesqueiro, merecedora da Medalla Castelao 2010, e que ten asumido distintas responsabilidades na Consellería de Pesca da Xunta de Galicia, entre elas a de Xefa do Servizo de Organización no Sector Marisqueiro.

Santasmarinas estará acompañada pola redeira Geli Martínez Sotelo; a patroa maior de Arcade, Rita Míguez de la Iglesia e a presidenta da Agrupación de Mariscadoras de Arcade, Rosa Vilán Branco, que completarán a análise da situación das mulleres no sector pesqueiro galego.

A  posta en común das mesas temáticas será realizada a través de distintos espazos de debate ao longo dos dous días nos que desenvolverá a xornada.

A deputada de AGEe, Lídia Senra, salientou como obxectivo principal da mesma "ter a oportunidade de intercambiar puntos de vista con representantes de distintos ámbitos das pescas,  para deste xeito obtermos unha visión ampla e clara de cales son as preocupacións do sector con respecto á Política Pesqueira Común (PPC) e traballar dende AGEe para poder trasladalas no Parlamento Europeo".

Bruxelas, 5 Novembro de 2015.

[1] Adxuntamos cartaz e programa.

---

Máis información:

Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) | Tlf: 609 845 861, lidia.senra@europarl.europa.eu | http://ageuropa.gal/ | https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez

Enviado por:
MONTOTO VAZQUEZ Vera
-vera.montotovazquez@europarl.europa.eu-
5 de novembro de 2015 11:22
SENRA RODRÍGUEZ Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
5 de novembro de 2015 18:13

_____________

Apresentaçom do último livro de Teresa Moure e Magusto popular as atividades da fim de semana na Fundaçom Artábria


Apresentaçom do último livro de Teresa Moure e Magusto popular as atividades da fim de semana na Fundaçom Artábria


A oferta cultural nom para na Fundaçom Artábria, e este mês de outono vem carregado de atividades no nosso Centro Social.

Apresentaçom de Óstracia com Teresa Moure

Esta sexta-feira, 6 de novembro, às 20.30hs a escritora e professora da USC, Teresa Moure apresenta o seu novo livro “Ostrácia” publicado por Através Editora.

A protagonista de Ostrácia é a revolucionária bolchevique Inessa Armand, russa de origen francesa.

Após o seu matrimónio com um proprietário rural da alta burguesia com quem teve quatro filhos, subverteu todas as normas da sua sociedade ao se juntar aos 28 anos com o seu cunhado, de 17, com quem tem o quinto. Luitadora incansável, feminista, é enviada ao pior dos ostracismos, o Ártico, porque na sua casa se celebravam reunions anti-czaristas e se encontraram leituras marxistas. À volta do exílio, ingressa no Partido Bolchevique onde chega a ocupar altas responsabilidades. Inessa Armand, mulher de nome esquecido, foi capaz de romper todas as convençons para construir um mundo novo. No entanto, apenas é lembrada com uma frase: «a amante de Lenine».”

Magusto Ártabro

No sábado 8 temos umha das citas clássicas do mês de novembro na Fundaçom Artábria com as castanhas como protagonistas.

Desde as 20.00hs celebramos o Magusto na Fundaçom Artábria, na Travessa de Batalhóns, com castanhas à grelha de balde com cada consumiçom. Além deste exquisito manjar que chega mais umha vez desde os melhores soutos de Viana do Bolo, haverá chouriços e liscos com pam ao preço de 3 euros a raçom.

Exposiçom de Esperanza Vázquez

Aliás lembramos que desde o dia 2 e até final de mês está disponível a exposiçom da fotógrafa ferrolana Esperanza VázquezBranco e Negro” no nosso Centro Social. A monstra pode ser visitada em horário de apertura do Café-bar entre as 10.00h

--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!
....
 A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Enviado por:
Joam Tavia
-jtavia@gmail.com-
5 de novembro de 2015 19:28

Recomendo-vos a apresentaçom deste livro. Xam.

______________

martes, novembro 03, 2015

Xornada solidaria con Aarom, Atanes e Mario - Este sábado 7 de novembro en Pontedeume, concentración ás 7 da tarde


Xornada solidaria con Aarom, Atanes e Mario


Como sabedes, o vindeiro 10 de Novembro o noso compañeiro Aarom vai ser, xunto outros dous estudantes, xulgado por defender un ensino público, galego e non patriarcal.

Hai máis dun ano estes tres estudantes participaban nunha protesta contra a LOMCE. O seu delito foi atreverse a intentar ser escoitados na visita que Feijoo e o Conselleiro de Ensino realizaban a facultade de Matemáticas. Ao intentar achegarse a estes ilustres persoeiros, foron interceptados por cinco persoas que @s empurran e @s agreden. Despois dun mes, a policía española realiza unha detención-espectáculo, deténdoos e acusándoos de atentado á autoridade.

Por estes feitos pídenlles 9 anos de cadea e unha multa en concepto de indemnización.

Non podemos ficar calad@s, e por iso convocamos para o próximo sábado 7 de novembro unha Xornada de solidariedade.
 
19:00 Concentración na Praza do Convento de Pontedeume
21:00 Cea Solidaria no Terra (prezo 5€) Podedes apuntarvos neste enderezo ou chamando ao 645951343

ABSOLUCIÓN PARA AAROM, ATANES E MARIO!!!

Blog: http://colectivo-terra.blogspot.com.es/
Facebook: https://www.facebook.com/colectivo.terrapontedeume
Twitter: https://twitter.com/colectivo_terra
Correo-e: colectivoterra@gmail.com
Local Social do Colectivo Terra
Boa Vista 8 Baixo. Pontedeume. GZ

Enviado por:
Colectivo Terra
-colectivoterra@gmail.com-
3 de novembro de 2015 16:26

______________

A asociación Fuco Buxán organiza, dentro do Ciclo Democracia e compromiso, unha charla baixo o titulo: "Polo dereito á enerxía. Outro modelo, outro recibo", a cargo de Pablo Álvarez Fernández, presidente de Nosa Enerxía


A Asociación Cultural Fuco Buxán, dentro do Ciclo Democracia e compromiso, organiza unha nova charla, para este Venres, 6 de novembro, ás 19:30hs, na Biblioteca Municipal - Praza de España, na Sala audiovisual, no 2º andar. Baixo o titulo: "Polo dereito á enerxía. Outro modelo, outro recibo", a cargo de Pablo Álvarez Fernández, presidente de Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega, que participa na Plataforma por un Novo Modelo Enerxético (Correo-e da Plataforma en Galiza: px1nme.gal@gmail.com).

Web da Plataforma:
http://www.nuevomodeloenergetico.org/

Web de Nosa Enerxía:
https://www.nosaenerxia.com/

Web de Fuco Buxán:
http://www.fucobuxan.net

Enviado por:
fucobuxan
-fucobuxan@yahoo.es-
3 de novembro de 2015 19:5

_____________

luns, novembro 02, 2015

Actos na terceira semana galega de loita contra as fronteiras - Presentación en Ferrol da moción para o Pleno do Concello e charla de Ainhoa Nadia Douhaibi Arrazola, integrante de Tanquem els CIEs


III SEMANA GALEGA DE LOITA CONTRA ÁS FRONTEIRAS

STOP DEPORTACIÓNS
MOCIÓN FERROL CIDADE LIBRE DE CIEs-DEPORTACIÓNS


Actos en Ferrol

Martes 3 de Novembro de 2015
  • Ás 12 do mediodía, Rolda de Prensa, para presentar a moción "Ferrol Libre de CIEs" no Pazo Municipal do Concello de Ferrol.
  • Ás 19:30hs, Charla na Galería Sargadelos (Esquina rúas Rubalcava e María), con Ainhoa Nadia Douhaibi Arrazola, integrante de Tanquem els CIEs de Barcelona.
O Foro Galego de Inmigración, convoca unha rolda de prensa informativa o martes día 3 de novembro  ás 12 do mediodía para presentar a moción "Ferrol Libre de CIEs" no Pazo Municipal do Concello de Ferrol, que  con poterioridade presentarase de xeito formal no Concello coa intención de que esta Moción  poida ser presentada e aprobada polo Pleno Municipal.

Este acto encadrase na III Semana Galega de Loita contra as Fronteiras que se está a desenvolver entre o 2 e o 5 de novembro coa participación da activista  Ainhoa Nadia Douhaibi Arrazola do Colectiu Tanquem els CIEs de Barcelona.

En Ferrol, este acto completárase coa charla desta activista, como xa indicamos, ás 19:30hs na Galería Sargadelos.

No resto da Galiza desenvolveranse actos familiares, en diferentes cidades, o luns día 2 e o mércores día 4, na Coruña e Compostela, e o xoves día 5 en Vigo e Lugo.

A moción Cidade libre de CIEs/Deportacións, pretende o compromiso dos concellos e da veciñanza para coas persoas, tamén veciñ@s nosas, que en cidades como Compostela ou no resto de Galicia, pola mera situación de irregularidade administrativa  sufren a persecución policial, o traslado e ingreso en CIEs –co conseguinte desarraigo-, e despois as intolerables deportacións forzadas,e ás veces violentas , aos seus países de orixe. Aquí en Galicia no ano 2014, case 600 persoas sufriron estas situacións.

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
(Rede de asociacións e entidades de apoio á persoa inmigrante)

Coordinadora de Ferrolterra

https://forogi.wordpress.com/

Enviado por:
susana beatriz alaníz gonzález
-sual259@hotmail.com-
1 de novembro de 2015 23:28

______________________

domingo, novembro 01, 2015

Esquerda Unida de Narón amosa o seu apoio e solidariedade ao pobo Saharauí


Comunicado de EU Narón en apoio o pobo Saharauí


Esquerda Unida de Narón quere amosar o seu apoio e solidariedade o pobo Saharauí, un pobo que esta a sufrir unha moi difícil situación humanitaria despois de que o pasado día 17 e 18 de Outubro, os campamentos de refuxiados fosen afectados por fortes choivas e vento que deron lugar as grandes inundacións, que provocaron importantes danos nas casas de adobe e nas tendas de campaña que son as vivendas das que dispón este pobo castigado, segundo a Media Lúa Vermella Saharauí a situación nestes momentos é dramática e faltan produtos básicos, alimentos, medicamentos, tendas de campaña, roupa, etc.

A Media Lúa Vermella Saharauí fai un chamamento os Estados, as Organizacións Internacionais, as Organizacións non Gobernamentais, as Asociacións de Amizade, a sociedade civil, e a todas as amigas e amigos do pobo Saharauí para que axuden con tendas, alimentos, medicamentos, para poder auxiliar o pobo Saharauí neste cataclismo, posto que este pobo depende totalmente da axuda humanitaria.

Pódense realizar achegas que serán transferidas integramente á Media Lúa Vermella Saharauí, ditas aportacións serán xustificadas no seguinte numero de conta de A Banca.

ES51 2080 5409 11 3040113236

Dende Esquerda Unida queremos amosar non só o noso apio solidario ante esta crise humanitaria, tamén queremos denunciar que esta situación dramática se debe en gran medida a ocupación do Sáhara por Marrocos, o pobo Saharauí vese obrigado a vivir en campos de refuxiados en condicións moi precarias, como si fosen estranxeiros na súa propia terra.

É o noso deber denunciar os abusos que sofren todos aqueles Saharauís que loitan por defender a dignidade e os dereitos do seu pobo, as detencións abritarías, as torturas, e os encarceramentos son o pan de cada día no Sáhara ocupado por Marrocos.

Esiximos a descolonización e que se inicie un proceso cara a independencia do Sáhara, xa son 40 anos de ocupación e oprobio, a comunidade internacional, e sobre todo o estado español, teñen a obrigación moral de presionar o goberno de Marrocos neste sentido, un goberno español amigo da ditadura marroquí que non esta a altura da súa débeda histórica co pobo Saharauí, para o goberno español e a comunidade internacional os intereses económicos priman sobre as persoas, e os dereitos humanos pasan así a un segundo plano, a vítima é o pobo Saharauí.

SÁHARA LIBRE!

GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter.


Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.

Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
1 de novembro de 2015 20:28
_____________

sábado, outubro 31, 2015

A Marea Ártabra diante da situación do sistema de saneamento e depuración en Ferrol


COMUNICADO  DE PRENSA DE MAREA ÁRTABRA SOBRE EMAFESA-URBASER


O colectivo cidadán MAREA ÁRTABRA de Ferrol quere expresar ante a opinión pública a súa opinión sobre a situación existente na formalmente  empresa pública EMAFESA;  os estatutos desa sociedade  na práctica dán o control da mesma á empresa privada que non ten a maioría de participación económica, o que é posible grazas a colaboración de anteriores equipos de goberno no Concello que aceptaron e aprobaron ese tipo de xestión que permite que os intereses cidadáns queden supeditados ao intereses estritamente económico da parte privada, o que significa:

Un encarecemento constante do servizo para a cidadanía, encarecemento que en parte ven explicado polo beneficio  que URBASER quere obter.

Unha, como mínimo, ausencia de vixiancia e información completa real á cidadanía sobre as condicións da auga que non só se utiliza para aseo senón para preparar alimentos e para beber.

Como vimos recentemente, incluso a anterior Alcaldía e Urbaser se permitiron  imputar a  cobro aos veciños/as unha taxa por uns servizos  de depuración que na práctica no se ofrecen. Sobre isto debemos insistir en que ademais tampouco coñecemos  se realmente a cuantía da nova taxa de depuración  responde ao coste real do servizo, tale como a Lei dispón, xá que durante o mandato de Rey Varela a cuantía desa taxa  varióu á baixa  en función non de estudos técnicos  veraces e públicos,  senón en función das explicacións que ao respeito  pediran o Concello de Narón –afectado pola taxa- e a veciñanza de Ferrol.

A maiores chamamos unha vez máis a atención sobre as condicións nas que queda o Concello de Ferrol no marco dos acordos asinados no seu día coa Administración Autonómica e a Estatal para a construción e sostemento da rede de saneamento da Ría, rede que ademais de cara  e obsoleta  non cumplirá a súa pretendida función de evitar máis contaminación: os/ as veciños/as asumimos unha  rede e unha depuradora con deficiencias, o pago dunha aportación económica nunha cuantía superior á que nos correspondería para unha obra e un servizo calificado de interese xeral, na que curiosamente non paga nada o estado e, –insistimos- sen que saibamos canto é o custe real de construcción desas obras e o do seu mantemento, especialmente no referido ao custe enerxético.

Por si fora pouco, as contas de EMAFESA tampouco están aprobadas polo Pleno.

Enlazado co anterior debemos decir que é lamentable  que Rey Varela, despois de amosar o pouco que velóu polos intereses dos/as cidadáns de Ferrol frente aos intereses de URBASER, aparezca agora nada máis e nada menos que como Conselleiro de Benestar…  O   PLAN HIDROLÓXICO aprobado pola Xunta estes días era unha boa ocasión para enmendar eses sobrecostes que se cargan sobre os pobos de Ferrol de comarca para a rexeneración da Ría, pero non é así.

Transcorrido un tempo prudencial para ver o comportamento de URBASER nesa nova fase política en Ferrol, todos podemos constatar que perseveran en bloquear toda intervención tendente á transparencia e a poñerse ao servizo dos requerimentos do Goberno municipal para velar polo  interés  público,  polo que ESIXIMOS A DIMISIÓN DO CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN DE EMAFESA, sin prexuízo doutras responsabilidades  que poidan derivarse da auditoria e das dilixencias que están en marcha sobre a súa xestión.

Esiximos tamén  que EMAFESA cese de contratar persoal por medio de Empresas de Traballo Temporal no que entendemos que é un fraude laboral inadmisible nunha empresa “mixta”.

SOLICITAMOS  ao Alcalde e Comisión de Goberno municipal que convoque unha xuntanza de asociacións e colectivos veciñais e sociáis de Ferrol para informar do estado actual na xestión de EMAFESA, taxa de Saneamento etc… e para recibir e debatir propostas, dúbidas etc.. ao respeito, en cumplimento do obxetivo de lograr a maior participación cidadán posible, así como de potenciar a mobilización  para logar variar o comportamento e a contribución da Xunta e do Goberno  Estado en todo o referido á sostenimento e mellora da rede de saneamento da Ría de Ferrol,  reivindicación que tén asemade unha dimensión  comarcal na que hai que implicar nuha fronte de traballo unida e constante a tódolos demáis Concellos.

Mareaartabra.gal | #MareaArtabra | @mareaartabra | info@mareaartabra.gal | Facebook



Enviado por:
Espacio Lector Nobel Ferrol
-ferrol@libreriasnobel.es-
30 de outubro de 2015 20:42

_______________

A loita polos montes do Cha continua - III Xornadas do Monte Veciñal en Doniños, hoxe sábado 31 de Outubro

Conferencia sobre a xestión do monte veciñal do Cha que agora, co apoio de novo goberno municipal de Ferrol (Ferrol en Común | PSOE), conseguirase recuperar por medio da xustiza, a pesares da inxusta e cerril oposición dos actuais directivos do PARTIDO POPULAR, que influíron no Xurado de Montes da Xunta de Galicia para que non recoñecera a condición de monte veciñal de Brión e Doniños, que o Cha tivo dende tempo inmemorial ata que foi  incautado en 1960, cando o concello da ditadura decidiu apropiarse dos montes veciñais das parroquias do anexionado en 1939 concello de Serantes.

Enviado por:
Comunidade Montes do Cha
-comunidade-montesdocha@hotmail.com-
29 de outubro de 2015 21:44

______________

venres, outubro 30, 2015

Eliximos Narón denuncia que se está a pagar até 3 veces o custo normal por traballos técnicos, como ocorreu co recen paralizado proxecto da reitoral de Pedroso


Eliximos Narón denuncia sobre prezos nos orzamentos das obras do POS 2016


Como xa denunciamos onte no pleno o concello está a pagar sobreprezos polas obras e traballos no concello. Estase a pagar ata 3 veces o custo normal por traballos técnicos, como ocorreu co recen paralizado proxecto da reitoral de Pedroso por incumprimento da normativa e cuxa factura chegou os 72.000 euros para unha obra de 360.000, e dicir, o 20% do valor da obra.

Noutros concellos os traballos técnicos como os do POS (PLAN DE OBRAS E SERVIZOS) fannos os propios funcionarios do concello, e en Narón, aínda por riba de pagar sobre prezos, presentan bastantes deficiencias e erros, que no caso das obras do POS-2016 roldan os 8.000 euros. Ademais dos erros, aparecen unhas voces de “imprevistos”, que non figuran nos orzamentos do POS doutros concellos, e que de 300 en 300 supoñen outros 8.300 euros.

Pero a cousa non remata aí, as contas soen ir con medio metro mais de ancho que a estrada e que, multiplicado polo largo das mesmas, sonche moitos metros cadrados contabilizados de mais. Ademais, seguimos a sumar sobre prezos porque os custes unitarios de cada concepto son mais altos que noutros proxectos do contorno e que nas bases de datos da construción.

Como resultado unhas valoracións con orzamentos incrementados por riba dun 40% mais na maioría dos casos, así que poderíamos estar a falar de mais de 160.000 euros de sobre prezos.

Aínda que, á hora de licitar, os prezos tendan a baixar algo dende logo non cremos que o faga nun 40 % e, por tanto, estaremos a pagar sobre custos moi importantes. Mentres tanto, xa de comezo, estamos a contratar un 40% menos de obras en termos de custo.

Esta denuncia feita por Eliximos Narón na xunta de portavoces e no pleno de onte, e a vista da votación, non lles preocupa aos partidos do goberno.

http://eliximos.esy.es/

Eliximos Narón Electores (ENE)
Participación cidadá
Grupo Municipal Mixto de Narón
Concello de Narón
Praza de Galicia s/n – Entrechán
15570 Narón (A Coruña)
Telf.: 981337700 - Ext.: 1066 - Móbil: 673141822 /
E-mail: grupomixto_ene@naron.es

Enviado por:
ENE Eliximos Narón Electores
-eliximos@gmail.com-
30 de outubro de 2015 08:12

____________

Un novo asasinato machista, fai que en Ferrol, como noutras cidades da Galiza, se convoque unha concentración de repulsa da violencia machista, que neste caso acabou coa vida de Maria - Praza do Concello, ás 8 da Tarde, deste sábado 31 de Outubro - Que a indignación de toda a sociedade saia á rua para rexeitar o cruel asasinato e denunciar a violencia contra as mulleres


A COORDENADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN DE REPULSA EN FERROL POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE MARÍA

Unha vez máis sairemos á rúa para amosar a nosa indignación polo asasinato dunha muller por violencia machista. María foi asasinada polo seu compañeiro sentimental pagando coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas.

Sairemos novamente para rexeitar este cruel asasinato e denunciar unha vez máis a violencia machista instalada na nosa sociedade.
É precisa unha resposta social contundente contra a violencia machista.

Non consentiremos que a violencia machista continúe asasinándonos!!!!

O SÁBADO 31 DE OUTUBRO, ÁS 20:00H NA PRAZA DO CONCELLO DE FERROL, DIANTE DO PAZO MUNICIPAL.

-- "As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
http://www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
https://twitter.com/MMMGaliza

Que é a Marcha ?
A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Foto de

Información baseada na enviada pola:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
30 de outubro de 2015 10:04
__________________

Resultado e crónica da moción sobre a cementeira do Xoves día 29 no pleno do Concello de Narón


Resultado e crónica da moción sobre a cementeira do Xoves día 29 no pleno do Concello de Narón

Con un salón do pleno ata a bandeira de veciñas e veciños agardando a votación da moción que presentaba Esquerda Unida sobre a cementeira de Castro o resultado da votación foi o seguinte:

En contra da moción de EU: 15 votos, 10 de TEGA, e 5 do PP.
Abstencións: 2 votos do BNG.
A favor da moción: 4 votos, 1 de EU, 2 do PSOE, e 1 de ELEXIMOS.

Escoitáronse berros de traidores e vendidos dende unha parte do público asistente.

Dende EU de Narón resumimos todo nun titular:

TEGA aliase co PP para tumbar a moción de Esquerda Unida sobre a cementeira, mentres o BNG mira para outro lado e se abstén.

Intervención defendendo a moción do Concelleiro de EU Narón André Abeledo Fernández durante o Pleno.

"Hoxe todas as concelleiras e concelleiros, todos os grupos políticos deste consistorio temos a oportunidade de poñernos o carón das veciñas e veciños, e non dos poderosos, temos a oportunidade de comezar a facer xustiza a unha loita veciñal de 12 anos encabezada polos veciños de Castro, unha loita exemplar que demostra como a mobilización, a perseveranza, e o compromiso son capaces de vencer xigantes.

Ningún partido que defenda os dereitos dos veciños pode votar en contra deste acordo.

Esta moción de Esquerda Unida da voz as reivindicacións dos veciños neste pleno, unha voz amparada pola razón, pero tamén por sentencias xudiciais FIRMES, tanto do Tribunal Supremo como do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza. Este proceso xudicial chegou o seu FIN, e  non deixa lugar a dubidas sobre a ilegalidade da Cementeira de Castro.

Señor Alcalde non nos confundamos, nin tentemos confundir, a Cementeira foi declarada ilegal nas mais altas instancias, e non hai ningunha causa xudicial aberta que poda cuestionar a súa ilegalidade.

A outra sentencia a que vostedes se refiren na prensa, ten que ver en todo caso con unha posible recalificación de terreos, que agardamos que non aconteza polo ben da da saúde democrática de Narón, unha sentencia dun xuízo que non chegou a realizarse porque falta de un documento, esta si que non é firme, porque esta recorrida polos veciños, pero non ten nada que ver, nin afecta o mais mínimo o feito incuestionable de que en Narón esta a funcionar unha Cementeira ilegal, con sentencias FIRMES repítolles do TS e do TSXG.

Todos debemos ser coherentes e consecuentes, esta semana imos cansados de escoitar chamamentos o respecto as decisións xudiciais en Cataluña, os mesmos partidos que se enchen a boca de legalidade polo tema catalán, ¿pensan mirar para outro lado en Narón cando falamos de respecto a legalidade?.

Hai outro tema sángrante, que é tan, ou mais grave, esta Cementeira feita mo medio das casas dos veciños é ademais un perigo para a saúde, é un tipo de industria altamente contaminante, non pode estar hai, non se poden poñer os intereses económicos por enriba da saúde das persoas. E non o digo eu, o din especialistas, o din estudos médicos, o di a LEI.

Xa é hora de que esta loita do Concello de Narón contra os seus propios veciños remate, é tempo de reparar o dano feito, temos a obriga de estar a altura, aquí estamos para servir o pobo de Narón e non a ningún outro tipo de interese, e isto vai sobre todo para os partidos que se din de esquerda, a nosa trincheira ten que estar cos veciños e non coa Cementeira.

Agora tócanos a todos posicionarnos, dicir non a moción, é darlles as costas os veciños, a lei, e a xustiza. Absterse é non posicionarse, é mirar para outro lado, e seguir dándolles as costas os veciños. Aquí cada un vai ter que aturar a súa conciencia e asumir as consecuencias da súa decisión política a hora de votar esta moción."

Tras a defensa da moción escoitáronse aplausos.

GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter.

Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.


Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
30 de outubro de 2015 12:53
_____________

domingo, outubro 25, 2015

O BNG convoca unha Asemblea Informativa aberta á veciñanza de Ferrol, para explicar cal é a situación da rede de Saneamento na cidade e como esta a situación coa empresa mixta Emafesa - Este martes 27 de outubro às 8 da tarde no Centro Cultural Carvalho Calero


O BNG convoca unha Asemblea Informativa aberta á veciñanza de Ferrol, para explicar cal é a situación da rede de Saneamento na cidade e como esta a situación coa empresa mixta Emafesa - Este martes 27 de outubro às 8 da tarde no Centro Cultural Carvalho Calero

ASEMBLEA INFORMATIVA SOBRE A AUGA E O SANEAMENTO

Nesta reunión entre outras cuestións abordaremos a seguinte problemática:

1.-Durante o mes de xullo deste ano os veciños e veciñas desta Cidade sufrimos restriccións na rede de abastecemento municipal por problemas na potabilización da auga. Despois de tres meses a comisión de investigación anunciada polo actual goberno está paralizada.

2. Durante o mes de Agosto confirmouse algo que todos e todas intuíamos. A depuradora da cidade, despois de décadas de abandono, non depuraba. Esto non impediu que se nos cobrase por este servizo máis de 800.000 euros no remate do ano 2014.

3. A día de hoxe os convenios asinados polo PP no anterior mandato seguen vixentes e as súas condicións tamén.

4. O convenio coa empresa ACUAES obriga aos veciños e veciñas da cidade a pagar a partir de 2016 as obras da infraestrutura de saneamento que se estan a desenvolver na cidade e que deberían rematar neste ano 2015.

5. O convenio con Augas de Galicia implica que o Concello de Ferrol ten que xestionar unha infraestrutura obsoleta e que no momento actual non funciona como é a EDAR.

6. A encomenda de xestión asinada con EMAFESA establece que os veciños paguemos unha taxa para pagar as obras incluídas no convenio con ACUAES, a posta en funcionamento da rede que supón máis de 2M de euros e polo servizo de depuración das augas residuais do Concello que segue sen existir.

Ao engano do PP sobre a EDAR súmaselle agora o acordo do goberno de PSOE, EU, ANOVA e adscritos a titulo individual en PODEMOS para non revisar ningún destes acordos nen cuestionar un deseño de rede unitaria, irracional e insostible económica e medioambientalmente.



Web oficial do BNG:
http://bng.gal/

O BNG de Ferrol no facebook:
https://gl-es.facebook.com/bng.ferrol

O BNG de Ferrol no twitter:
https://twitter.com/bngferrol

Local Social do Bloque Nacionalista Galego en Ferrol
Rúa Naturalista López Seoane, 13 Baixo - 15402 Ferrol (A Coruña)
Telef.: 981 364 058

Foto a Veciñanza de Ferrol convocada pola Plataforma polo saneamento integral ría de Ferrol.

Información baseada na enviada polo:
BNG
-bng@ferrol.es-
23 de outubro de 2015 11:48

___________________

Como noutras cidades da Galiza, en Ferrol está convocada unha concentración de repulsa polo asasinato, por violencia machista, de Conchi Reguero Peón - Praza do Concello, ás 8 da Tarde, deste luns 26 de Outubro - Que a indignación de toda a sociedade saia á rua para rexeitar o cruel asasinato e denunciar a violencia contra as mulleres


A COORDENADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN DE REPULSA EN FERROL POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE CONCEPCIÓN REGUERA PEÓN

Unha vez máis sairemos á rúa para amosar a nosa indignación polo asasinato dunha muller por violencia machista. Celia foi asasinada pola súa ex parella pagando coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas.

Sairemos novamente para rexeitar este cruel asasinato e denunciar unha vez máis a violencia machista instalada na nosa sociedade.

É precisa unha resposta social contundente contra a violencia machista.

Non consentiremos que a violencia machista continúe asasinándonos!!!!

O LUNS  26 ÁS 20:00H NA PRAZA DIANTE DO CONCELLO DE FERROL

-- "As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
http://www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
https://twitter.com/MMMGaliza

Que é a Marcha ?
A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Información baseada na enviada pola:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
24 de outubro de 2015 14:35
__________________

Proposta veciñal para a Rehabilitació0n da Ribeira de Barallobre - Concentración de Apoio este martes 27 de Outubro ás 7 da tarde


CONVOCATORIA CONCENTRACIÓN- RIBEIRA BARALLOBRE

Martes , 27 de Outubro ás 19 horas, nos arredores das antigas instalacións de  Fondomar na  Ribeira de Barallobre.

Convocatoria aberta a toda a cidadanía na Ribeira de Barallobre co fin de reivindicar a recuperación deste Espazo Público e Rehabilitación do Edificio Fondomar para usos socio-culturais e deportivos.

Reivindicar e promocionar este LUGAR pola súa excelencia PAISAXÍSTICA.

Implicar ao Concello e gobernou local para que COORDINE coas demais Administracións públicas este PROXECTO e a consecución de Fondos Europeos.

Esperamos recibir resposta da petición de xuntanza co Alcalde de Fene.

Informamos que recibimos resposta dalgúns grupos políticos para realizar unha entrevista relativa a rehabilitación deste espazo público.

Convidamos a toda a veciñanza a participar nesta concentración reivindicativa na Ribeira de Barallobre en Asemblea participativa e aberta.

Saúdos

- Colectivo veciñal Barallobre.-


PROPOSTA VECIÑAL DE REHABILITACIÓN RIBEIRA DE BARALLOBRE.

Sr. Alcalde –Presidente - Concello de Fene.-
Grupos Políticos – Entidades Sociais  Concello de Fene.-

Veciñ@s da Ribeira de Barallobre –Ribeiroa- expresamos a nosa queixa e preocupación motivado ao estado de abandono permanente nesta zona costeira da Parroquia de Barrallobre deste Concello de Fene. Estas instalacións de FONDOMAR S.L. foron unha antiga concesión, situadas no peirao de BARALLOBRE, retornando na actualidade a Administración de COSTAS.

A veciñanza da Ribeira de Barallobre sofren as consecuencias desta inoperancia das administracións e falta de propostas para este lugar, onde vívese unha situación de abandono e falta de PROXECTO para unha zona sensible da costa a cal conta con recursos naturais e marisqueiros propios baixo a administración da Confraría de Barrallobre que resulta  un motor importante para a economía local.

Nosa PROPOSTA consiste en convertir esta zona nun ESPAZO VERDE ou PARQUE, asi como REHABILITAR este edificio para fins deportivos, servizos, sociais e culturais para a cidadanía. Consideramos que esta parte da Ría de Ferrol,  Ribeira de Barallobre ten un particular e único valor PAISAXÍSTICO e MEDIO AMBIENTAL.

Estas antigas instalacións, ofrece a oportunidade de REHABILITACIÓN deste edificio para uso múltiples como hostelaría, zonas destinadas a albergar material de embarcacións tradicionais, naútico- deportivo, espazos para a participación cidadá. Este fin posibilitaría unha oferta cultural, deportiva e lecer para a xuventude e cidadanía nos deportes naúticos de remo, vela ou a recuperación das embarcacións tradicionais co obxecto de rescatar a tradición mariñeira.

Pedimos que a nova corporación municipal do Concello de Fene deberá  COORDINAR coas administracións da Xunta de Galicia, Deputación Provincial de A Coruña, Autoridad Portuaria, proxectos europeos – UE - ,  un planeamento de REHABILITACIÓN para a RIBEIRA co obxecto de recuperar e revitalizar este espazo público nun exercicio de política municipal, consensuando cos responsables de COSTAS e administracións competentes as fórmulas necesarias para a consecución dun proxecto vital.

Aínda temos que soportar na Ribeira de Barallobre unha MURALLA arredor destas instalacións ruinosas, polo que consideramos este peche innecesario e inconveniente para este lugar e pedimos o seu derrube e abrir este espazo ao mar.

Esta proposta cidadá debe ser analizada en base a unha reflexión política sobre as posiblidades reais que ofrece este ESPAZO de inmenso valor PAISAXÍSTICO, MEDIO AMBIENTAL, DEPORTIVO e SOCIOCULTURAL co obxectivo de conseguir a transformación deste espazo privilixiado e incomparable nun lugar de encontro cultural e social para o Concello de Fene e a nosa Ría de Ferrol.

Seguiremos informando de nosas actividades e seguiremos a reivindicar as nosas demandas a través dos medios de comunicación.

Por todo isto, pedimos as Forzas Políticas e sociais un compromiso firme para conseguir a transformación deste lugar nun Parque ou espazo verde e a rehabilitación destas instalacións como lugar de referencia sociocultural, deportivo e lecer.

Fene, Outubo de 2015 .-

Enviado por:
RIBEIRA BARALLOBRE
-ribeira.barallobre@gmail.com-
24 de outubro de 2015 19:59
___________________

Informar aos cidadáns e cidadás acerca dos abusos na súa factura eléctrica e as posibilidades de reclamación e resarcimento de que dispoñen, no Ateneo Ferrolá, este Luns 26 de Outubro, terá lugar un Aula Formativa


CONVITE DE ADICAE PARA AULA FORMATIVA: “COÑECE A TÚA FACTURA DE ELECTRICIDADE E APRENDE A REDUCILA”

ADICAE, Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas e Seguros, desenvolve esta aula co apoio da Consellería de Economía e Industria e o Instituto Galego de Consumo.

O Obradoiro ten como obxectivo informar aos cidadáns e cidadás acerca dos abusos na súa factura eléctrica e as posibilidades de reclamación e resarcimento de que dispoñen, pero ademais, informarase sobre as últimas novidades no sector tras a reforma eléctrica.

DIA: Luns, 26 de outubro de 2015
HORA: 18:00
LUGAR: Ateneo Ferrolán, Rúa Magdalena, 202-204, Ferrol - 15402, A Coruña

Esperámosvos a tod@s!!
---
Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
www.ateneoferrolan.org

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.:  +34 981 357 970 |
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | FERROL (A Coruña)

BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/

Tamén no Facebook: http://www.facebook.com/pages/Ateneo-Ferrolan/134569549934117

Séguenos en Twitter: @ateneoferrolan

Fai unha achega pola cultura https://achegas.ateneoferrolan.org Campaña de APOIO e DEFENSA do Ateneo. Patrimonio da cidade

http://salvemosoateneo.blogspot.com.es/p/o-ateneo.html

Faite soci@! Colabora con nos!
Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar-Cajarural Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350


Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-secretaria@ateneoferrolan.org-
25 de outubro de 2015 13:10
_______________

mércores, outubro 21, 2015

As Marchas da Dignidade de Ferrolterra, fan un chamamento a participar na Columna Norte que marchará sobre a Praza do Obradoiro o vindeiro sábado 24 de Outubro - Informan de autobuses desde Ferrol, pasando por Caranza, Fene e Cabanas, até Santiago de Compostela


IMPORTANTE!!

BUSES DESDE FERROLTERRA PARA ENCHER O OBRADOIRO O PRÓXIMO 24-O


O próximo sábado 24 de Outubro saíran autobuses desde Ferrolterra.

Ás 9:30 da mañá sairán desde a praza 10 de Marzal, no barrio de Recimil en Ferrol, facendo paradas en Caranza, Fene e Cabanas. Chegando ao antigo mercado do gando de Salgueiriños en Compostela, onde a Columna Norte (11:00hs) entrará en manifestación até a praza do Obradoiro (12:00hs), onde terá lugar o acto final da mobilización. A volta de regreso a Ferrolterra será as 14:30 do mediodía. O custo da viaxe será 5 euros por persoa.

Para anotarse podedes chamar ao número de telefono 602 587 531 ou mandar un correo a marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com e deixar o voso nome e telf. ou tamén podedes enviar unha mensaxe a través do facebook. O límite para anotarse será o próximo venres ao mediodía. Canto antes vos apuntedes mellor, para facilitarnos saber cantos buses hai que contratar.

Ánimo!! fagamos que a columna de Ferrolterra sexa forte, alegre e combativa. Quédannos moitas batallas que afrontar, que saiban os da TROIKA (Fondo Monetario Internacional, Banco Central Europeo e Eurogrupo) e os seus servidores PP, PSOE e CIUDADANOS, que a columna ferrolterra vai ser dura de roer, Ferrolterra Resiste!!!

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/1091688770848836/

IMPORTANTE, VÍDEO PARA COMPARTIR POLAS REDES SOCIAIS PARA ANIMAR Á XENTE Á PARTICIPAR NESTA MOBILIZACIÓN.

https://youtu.be/vfsDwU7Fd_c

IMPORTANTE, ENLACE AO BLOG DAS MARCHAS DE FERROLTERRA PARA DIFUNDIR POLAS REDES SOCIAIS, ONDE ESTÁ UN PEQUENO TEXTO QUE FIXA UNHA POSICIÓN POLÍTICA E SOCIAL PARA ANIMAR A PARTICIPAR NESTA MOBILIZACIÓN RECOLLENDO A SITUACIÓN ACTUAL QUE ESTAMOS A VIVIR.

http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/2015/10/polo-dereito-vivir-dignamente-as.html

Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com  | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/.

Ven debater no grupo:
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!

Enviado por:
Marchas Dignidade
-marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com-
18 de outubro de 2015 22:41
___________