domingo, novembro 02, 2014

De fondo as Eleccións Municipais de Maio de 2015: Sobre o asalto da praza ao palacio municipal


Desde Ártabra 21 convidamos a ler e analizar a editorial de Somos Ninguén (ideas para o común), publicada no seu sitio-e o pasado 13 de Outubro, as compañeir@s fan unha completa reflexión que consideramos de interese para quen rexeita o Capitalismo como modelo social, cultural e económico e aposta pola transformación social, por un outro mundo posíbel e necesario. Paga a pena parar-se con este texto que pasamos a transcribir a continuación. E se non é moito pedir, de paso, ler o moi actual 'Chamamento aos electores da Comuna de París de 1871' que está transcrito con anterioridade.

Sobre o asalto da praza ao palacio municipal

A aparición de iniciativas cívicopolíticas en distintas urbes e vilas de Galiza, dirixidas a que a praza entre tamén nos palacios municipais, é un síntoma de que a cidadanía se move, é crítica, non traga. Cualidades extraordinarias para aqueles pobos que rexeitan o neoliberalismo como cultura de vida, os narcóticos do bipartidismo e que receitan grande coalicións para resolver os problemas dos seus, non dos nosos.

Unha das reflexións máis interesantes xurdidas ao fío da efervescencia política que vive o país reside no compromiso dos movementos sociais de daren o paso de asumir responsabilidade política institucional e, por tanto, abrir a posibilidade de candidatarse para ocupar un espazo institucional. Unha vez adoptada esta decisión, a tarefa de base no eido sociopolítico realizada por distintos colectivos debe confluír nunha alternativa programática e práctica total ao poder estabelecido. Isto inclúe sopesar os escenarios máis que probábeis despois de maio de 2015, dende a política de alianzas -por acción ou por omisión- ate a procura de vías concretas na vida municipal para comezar a fuxida do capitalismo e da lóxica do lucro. A maiores, os concellos que estabelezan maiorías non neoliberais deberán adoptar -son imprescindíbeis para vida dos máis- decisións políticas que os colocarán en situación de insubmisión legal. Porque esa é a paisaxe real que debuxan os anos de proceso deconstituínte e de demolición de todos os marcos políticos con cheiro a pacto entre clases. Ten o movemento socio político realmente existente potencia abonda para se enfrontar á máis que probábel ofensiva do bloque dominante?

O debate arredor da participación dos movementos sociais na vida institucional parece estar abondo maduro para responder en clave afirmativa. Guanyem Barcelona ou a Marea Atlántica teñen o embrión nas prazas e nos espazos públicos onde levan anos combatendo a prol da cidadanía do común e cun alto grao de independencia partidista. Este último feito, a súa autonomía, dótaos dunha distinción positiva ante formulacións da esquerda e do nacionalismo excesivamente ligadas ás cúpulas dos partidos políticos e aos intereses inmediatos, adoito de mera auto reprodución. Porén, de consolidarse a decisión de participar nas eleccións municipais, haberá que afrontar outra cuestión: até que punto se hipotecarían os movementos sociais se as súas expresións asociativas se centran no eido político-institucional? A compatibilidade é posíbel pero tamén a fricción entre ambos espazos. Procurar fórmulas que desactiven esta dicotomía resulta unha cuestión non menor.

Esta nova ficha no taboleiro da esquerda galega obrigou ás organizacións políticas xa existentes a posicionarse. Deron respostas dispares. A sociedade civil -segundo a entendía Gramsci e non segundo a máis común acepción liberal- móvese a maior velocidade e con máis capacidade de invención ca as maiormente esclerotizadas cúpulas partidistas. Estas responden con boa vontade, no mellor dos casos, ou cun repregamento narcisista, no peor. Non entenden que a inestabilidade do capitalismo provoca mutacións profundas na existencia das persoas e, polo tanto, na política. Neste escenario, esvaécese aquel mundo en que a esquerda fiaba as súas posibilidades ao electoral e logo, unha vez nas institucións, administraban políticas salvíficas sen máis atadura ca a propia palabra dada e a militancia no partido. Agora os votos deciden tamén ser políticos e queren o poder. Para iso, formulan estruturas e mecanismos para garantir a participación do movemento cívico. Velaquí sen dúbida o gran reto que marcará a distancia coas outras ofertas electorais e servirá de baremo para coñecer se realmente é posíbel artellarmos na praxe unha democracia radical.

Nas mareas

A Marea Atlántica da Coruña foi pioneira en interpelar o pobo saltando calquera filtro partidista. Pero, ao mesmo tempo, obrigou aos partidos a intervir, porque a súa mensaxe radical e aberta afectaba as súas propias bases. As reaccións ao seu chamado resumen o campo do posíbel das estratexias partidistas.

Por unha banda, as declaracións de desprezo e altanería por parte do portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, revelan un entendemento aristocrático da cousa pública e unha visión de curto alcance sobre o que acontece na nación galega. Entregado e diluído nun discurso á vez sectario e moderado -todo dentro dunha orde, quen son estes que veñen alterar o que estaba ben como estaba-, con todo Vence foi desautorizado non se sabe moi por quen e pasou de avalar as teses dos alcaldes neoquintanistas aínda no Bloque ou de cuestionar mesmo as siglas da organización a ser máis papista que o papa. En calquera caso, non poucos militantes de base do BNG expresaron, e expresan distancias, coa postura da súa propia dirección.

As forzas integradas en AGE, o outro polo da esquerda nacional, tiveron posicións matizadamente diferentes, aínda que todas apostan pola participación individual en candidaturas de unidade popular. Pero a diferenza de ambas posturas son un retrato da desorientación practicamente absoluta da hipótese política denominada Fronte Ampla. O caso das mareas de Ferrol e de Vigo pode servir de exemplo perfecto para falar tanto de Esquerda Unida como de Anova. Desta última organización, en Vigo, atópanse entre os promotores da marea varios dos seus dirixentes locais (e o apoio explícito á metodoloxía aberta e non controlable cupularmente por parte da Coordenadora Local de Anova) que choca coa promoción dun presunto Gañemos Vigo -que nunca celebrou asemblea ningunha- por parte da deputada de AGE Chelo Martínez. No caso de Esquerda Unida existe unha comprensión do papel que debe xogar esta organización nos procesos de base no caso vigués que bate co intento de protagonizar e controlar a Marea Ártabra cunha rolda de prensa desacertada en absolutamente todo.

As mareas son procesos imprevisíbeis. Este carácter xera o temor nas cúpulas partidistas afeccionadas a pactar nas mesas, restaurantes e salóns privados. A incerteza alarma a aquelas organizacións que botan contas sobre as estruturas de control e financiamento derivadas da súa presenza municipal e da que tantos réditos extraen arestora.

A autonomía e soberanía das mareas debe ser un principio intocábel. É o xeito de garantir, ou de tratar de garantir, un proceso lonxe do control por arriba, da negociación de burócratas a nivel nacional. Ben se sabe que estas negociacións tamén poden existir no eido local, pero o peso e o protagonismo dos movementos sociais das localidades dificulta estes amaños. Esta soberanía non desemboca na inexistencia dun programa de mínimos que sirva de fío a todas as candidaturas cidadás. Por iso, o encontro recentemente celebrado na Coruña -que agardamos sexa o primeiro pero non o derradeiro- das distintas iniciativas parece un marco axeitado para poñer en común os retos, traballos e conclusións desta viaxe común. Sobre todo, é moi necesario atopar a fórmula xurídica para enfrontar a loita nas deputacións, verdadeiras máquinas de control dos concellos a partir da última reforma e secular niño de caciquismo. A contradición entre unha institución que a esquerda e os movementos de emancipación galegos sempre rexeitaron, por se tratar dun fórceps xurídico e político externo e funcional á dominación do Estado centralista, e a participación na mesma ha de aparecer. E o debate non se debe esquivar a forza de pragmatismo nin rexeitar de maneira doutrinaria. O que se reprime politicamente acaba sempre por emerxer.

A cartografía política do país mudou e desexamos que mude de vez co éxito das mareas, sempre e cando estas sexan expresións da vontade cívico política e non dos brazos de madeira ou dos pactos de salón. O desafío para os movementos sociais e de base é absoluto porque se son capaces de manter o combate institucional mentres sosteñen e conforman unha alternativa na sociedade civil, o salto furar nas estruturas últimas do sistema sería de xigante.

O resultado só se pode saber se arriscamos.

Editorial de Somos Ninguén. | 13.10.2014

Nota.- A Imaxe de cabeceira titúlase “O levantamento” (1931), exposto no MOMA de Nova Iorque. O pintor e muralista mexicano Diego Rivera, tras chegar da URSS logo dunha viaxe como membro do Partido Comunista de México, expresa neste mural o combate entre os traballadores que loitan polos dereitos sociais e laborais e o exército que reprime, como símbolo universal da loita de clases. A muller é representada, a xeito de homenaxe (é a protagonista do cadro) como unha das “soldaderas” mexicanas que loitaron na revolución mexicana.
_____________________

De fondo as Eleccións Municipais de Maio de 2015: Chamamento aos electores da Comuna de París de 1871


Se de municipalismo falamos, ben está lembrar o movemento municipalista por antonomasia, a Comuna de París de 1871. Velaquí o seu “Chamamento aos electores” que, salvo polo seu apelo exclusivo ao xénero masculino, segue de absoluta vixencia.



COMUNA DE PARÍS 1871 - CHAMAMENTO AOS ELECTORES.

Cidadáns,

non perdades de vista que os homes que vos servirán son aqueles que xurdirán electos por vós das vosas propias filas, vivindo a vosa propia vida, sufrindo os mesmos males.

Rexeitade tanto aos ambiciosos como aos arribistas; tanto uns coma outros non teñen en conta máis que os seus propios intereses e rematan sempre por considerarse indispensables.

Rexeitade igualmente aos charlatáns incapaces de pasar á acción, sacrificarán todo a un discurso, a un efecto oratorio ou a unha palabra enxeñosa.

Evitade tamén a aqueles que a fortuna favoreceu de máis, posto que dificilmente quen posúe unha fortuna está disposto a considerar ao traballador coma o seu irmán.

En fin, procurade homes de conviccións sinceras, homes do pobo, resoltos, activos, que teñan un sentido recto e unha honestidade recoñecida.

Dirixide as vosas preferencias a aqueles que non competirán polos vosos sufraxios, o verdadeiro mérito é modesto e corresponde aos votantes elixir aos seus representantes e non a aqueles que se postularen.

Cidadáns,

estamos convencidos de que, se tendes en conta estas observacións, inauguraredes por fin a verdadeira representación popular, teredes atopado a mandatarios que nunca se considerarán os vosos amos.

Chamamento do Comité Central da garda nacional aos electores parisienses.

Hotel de Ville, 25 de marzo de 1871.

Fontes: http://www.somosninguen.org/ | http://lallibertatdelsantics.blogspot.com.es.

sábado, novembro 01, 2014

Afiliadas e afiliados de CCOO de Ferrolterra convocan unha concentración este mércores 5 de novembro, por un sindicato ético, loitador, transparente e democrático e para que se repoña canto antes a estrutura da Asesoría Xurídica


ASEMBLEA DE CC.OO DE FERROL

O pasado venres días 24 de outubro, levouse a cabo unha Asemblea de afiliados e afiliadas de CC.OO, cunha maior afluencia que a anterior, participando na mesma 245 afiliados e afiliadas, que abarrotaron a sé do Sindicato. Na citada Asemblea, convocada polo conflito na Asesoría Xurídica, na que se demanda a reincorporación de Cartelle e unha solución definitiva ao conflito que o propio Sindicato Nacional xerou na mesma, acordouse por unanimidade non só o rexeitamento ás medidas adoptadas pola dirección do Sindicato, senón tamén o apoio firme e decidido ás propostas de mobilización que se suscitaron na mesma.

Tamén se mostrou o rexeitamento profundo á actuación levada a cabo polo Secretario Xeral do Sindicato Nacional, José Manuel Sánchez Aguión, e a Secretaria Xeral da Unión Comarcal de Ferrol, María Áurea Vázquez Estraviz que, desde o inicio do conflito, se veñen negando sistematicamente tanto a informar das decisións adoptadas como a abrir unha vía de diálogo que, pensando exclusivamente nos afiliados e afiliadas e nos traballadores e traballadoras da comarca en xeral, repoña canto antes a estrutura da Asesoría Xurídica, que contaba cun enorme prestixio sobradamente coñecido.

Esta actitude da Secretaria Xeral da Unión Comarcal, María Áurea Vázquez Estraviz, que se nega a acudir ás masivas asembleas de afiliados e afiliadas que se están celebrando, malia ser emprazada a participar en cada unha delas, pon de relevo unha actitude prepotente e irresponsable.

A Asemblea tamén acordou denunciar enerxicamente a denigrante campaña de descrédito que se está orquestrando desde o inicio do conflito. Unha campaña de descalcificacións continuada contra a Asesoría Xurídica e, en especial, contra o compañeiro Cartelle, sustentada na demagoxia e en falsidades, chegando xa a extremos intolerables, con comentarios que deben avergoñar aos compañeiros e compañeiras que os promocionan.

A Asemblea tamén acordou non tolerar esta campaña de difamación, polo que a partir de agora vaise a prestar especial atención a este feito, tanto como para tomar as medidas xurídicas oportunas como para denunciar con nomes e apelidos e publicamente as actuacións destas persoas, co fin de que teñan que xustificar e probar ante todos os afiliados e afiliadas as acusacións tan graves que están realizando.

Para alcanzar estes obxectivos, a Asemblea acordou convocar unha GRAN CONCENTRACIÓN ante a sé do Sindicato en Ferrol o MÉRCORES día 5 de NOVEMBRO, ás 18:00 horas, e solicitar o apoio de todos os presentes e do conxunto da afiliación para que esta mobilización logre que se visualice con toda claridade e contundencia o sentir e a demanda dos afiliados e afiliadas de CC.OO.

En Ferrol, a 25 de outubro de 2014.

FERRAMENTAS QUE UTILIZAMOS NA ACTUALIDADE.

BLOG: http://democraciaccoo.blogspot.com.es/
(En construción pero con 'pestanas' xa actualizadas).
TWITTER: https://twitter.com/DemocraciaCCOO
(Síguenos e difunde entre os teus contactos).
FACEBOOK: https://www.facebook.com/pages/Por-a-Democracia-en-CCOO/467813986694554
(Dálle ao 'GÚSTAME' e difunde entre os teus contactos).
EVENTO: https://www.facebook.com/events/359124597597101/
('ASISTE' á concentración do próximo día 5 de Novembro).

Un saúdo e grazas anticipadas por colaborar na causa.

POR UN SINDICATO ÉTICO, LOITADOR, TRANSPARENTE E DEMOCRÁTICO.
__________________

Médicos Sen Fronteiras pon a Cuba como exemplo fronte ao ébola e a España como contraexemplo: os medios españois ... calan - Vídeo


José Manzaneda, coordinador de Cubainformación.- "Gustaríame que comparásemos a resposta do Goberno cubano e a do Goberno español, por exemplo. O Goberno cubano mandou 160 profesionais de saúde que pensa aumentar a 300. É o goberno que deu unha resposta máis rápida, máis eficaz e máis contundente a esta epidemia no oeste de África. Iso é bastante impresionante, si comparamos as posibilidades de cada goberno" (1).

Así de claro era José Antonio Bastos, presidente de Médicos sen Fronteiras España, quen criticaba ao Goberno español pola súa achega fronte ao ébola de apenas medio millón de euros, "unha cantidade ínfima" segundo a ONG (2), e que "é -engadía- a metade do aportado por un país (moito máis pobre) como Bolivia" (3).

Podemos ler isto nunha nota da axencia Europa Press (4). Con todo, a maioría dos grandes medios españois, incluso utilizando partes desta nota, pasaron por alto a incómoda comparación entre Cuba e España realizada por Médicos sen Fronteiras (5).

Entre os diarios de gran tirada, só 'El País' menciónaa de pasada (6). Ningún dos informativos de televisión que recolleron a roda de prensa mencionouna tampouco (7).

O presidente de Médicos sen Fronteiras España criticaba tamén ás grandes potencias, como EEUU, Francia e Reino Unido, cuxas promesas de envío de materiais e profesionais quedáronse, a día de hoxe, en palabras: "Os equipos de Médicos sen Fronteiras no terreo non (vimos) (...) aínda nada" (8).


http://youtu.be/NdXMVBvzMaY


Publicado no canle de Cubainformación TV | 31.10.2014

Notas.- 
(1) https://www.youtube.com/watch?v=r04e6HUp0Lk
(2) http://elpais.com/elpais/2014/10/29/ciencia/1414597391_214598.html
(3) http://www.elperiodico.com/es/noticias/sanidad/medicos-sin-fronteras-dice-que-llegado-limite-frente-ebola-3645504
(4) http://www.europapress.es/internacional/noticia-msf-destaca-respuesta-gobierno-cuba-frente-falta-compromiso-ejecutivo-rajoy-20141029160130.html
(5) http://www.abc.es/sociedad/20141029/abci-medicos-fronteras-stop-ebola-201410291706.html
(6) http://elpais.com/elpais/2014/10/29/ciencia/1414597391_214598.html
(7) http://www.rtve.es/noticias/20141029/medicos-sin-fronteras-sobre-epidemia-ebola-estamos-limite-podemos-mas/1038400.shtml
(8) http://elpais.com/elpais/2014/10/29/ciencia/1414597391_214598.html

Fonte: Cuba Información.
__________

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, presentou ante a Fiscalía Especial para Delitos Económicos Relacionados coa Corrupción, escrito para que se investiguen dentro das causas abertas pola mala xestión da Caixa Galicia e posteriores entidades derivadas, as irregulares operacións financeiras con Reganosa e a responsabilidade do ex-director xeral da Caixa, José Luís Méndez López que na actualidade segue sendo membro do Consello de Administración da mencionada empresa regasificadora


O Comité Cidadán de Emerxencia, presentou ante a Fiscalía Especial para Delitos Económicos Relacionados coa Corrupción a seguinte comunicación.

Fiscalía Especial para Delitos Económicos Relacionados coa Corrupción
C/ Manuel Silvela Nº 4
28010 Madrid

Manuel A. Rodriguez Carballeira, Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol , Humberto Fidalgo Couce, membro do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, Vicepresidente de ADEGA-Trasancos e Luz Mariña Torrente López, en representación da Plataforma de Veciñ@s O Cruceiro de Mea, actuando na súa representación.

EXPOÑEN:

Tendo coñecemento que esta Fiscalía está investigando diversas operacións irregulares realizadas polos responsábeis de diferentes entidades bancarias, entre as que se atopa Caixa Galicia e Nova Caixa Galicia e que produciron importantes quebrantos a estas entidades financeiras. Operacións que segundo o FROB serían "operacións de financiamento e refinanciación para a adquisición de inmóbeis ou participacións en sociedades ... Ademais inclúen operacións de cancelación de débedas. e operacións de investimento (situacións precarias desde o punto de vista económico ou patrimonial, por exemplo)".

Queremos poñer no seu coñecemento, por si fosen constitutivos de delito, os seguintes feitos:

1.- Crédito de Caixa Galicia e BBVA no ano 2005 para construír a planta de gas de Reganosa.

Pois ben o 23 de outubro de 2005 na cidade de Ferrol asinábase entre representantes da empresa Reganosa e os representantes das entidades bancarias BBVA e Caixa Galicia a concesión dun crédito de 416 millóns de euros, para a construción dunha planta de gas no interior da Ría de Ferrol, que segundo Jose Luís Branco (director territorial do BBVA) "supón o proxecto de financiamento máis voluminoso do mercado español", mentres que Jose Luís Mendez, director de Caixa Galicia outro dos asinantes subliñaba que "con esa operación Reganosa colle velocidade de cruceiro"?.

2. No ano 2006 Roberto Tojeiro Diaz pignora á Caixa Galicia un 15´9% da súa participación na sociedade mercantil Reganosa. Segundo algúns medios de comunicación esta operación tivo un custo para Caixa Galicia de 7.6 millóns euros. É importante sinalar que, de ser certa esta cantidade, non se correspondería co valor das participacións ofrecidas en peza.

Naquel ano Roberto Tojeiro Diaz era presidente do Consello de Administración de Reganosa e á súa vez pertencía ao Consello de Administración da Corporación Caixa Galicia cuxo presidente era José Luís Méndez López.

3.- En setembro do 2010, pouco antes da fusión das dúas caixas galegas, o grupo empresarial Tojeiro (Gadisa, Forestal do Atlántico, Imegasa, ...) recupera as accións pignoradas de Reganosa e nomea a José Luís Mendez López membro do Consello de Administración de Reganosa, cargo no que se mantén na actualidade. Jose Luís Méndez López, exdirector de Caixa Galicia saíu da entidade logo de levala á creba, con máis de 18 millóns de euros.

4.- A planta de gas Reganosa é unha instalación ilegal, perigosa e inútil que expón á poboación da Ría de Ferrol a un risco innecesario e supón un delito continuado en canto produce un sobrecusto ao sistema gasista de 60 millóns de euros cada ano. O Tribunal Supremo en Sentenza firme de 11 de Maio de 2012 confirma a ilegalidade da planta de gas de Reganosa.

SOLICITAN

A esta Fiscalía que investigue a operación da concesión dun préstamo para a citada instalación por parte de Caixa Galicia, así como a actuación do exdirector xeral desta entidade, José Luís Méndez López na pignoración e posterior recuperación das participacións de Reganosa.

Ferrol a 31 de Outubro de 2014

Asinado.-. Manuel A. Rodriguez Carballeira, Humberto Fidalgo Couce e Luz Marina Torrente Lopez.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Enviado por:
comitecidadan
-comitecidadan@gmail.com-
31 de outubro de 2014 16:32

________________

xoves, outubro 30, 2014

O Museo de Historia Natural de Ferrol ven de incorporar un novo fósil de cetáceo, peza paleontóloxica de importante valor científico


Novo fósil de cetáceo


O Museo de Historia Natural de Ferrol ven de incorporar unha nova peza paleontóloxica de importante valor científico. Trátase dun cránio fósil dun cetáceo do mioceno cunha antigüidade aproximada de 20 millóns de anos. O exemplar corresponde á especie Choneziphius leidyi, unha das catro especies descubertas o ano pasado polo equipo de investigación do que forma parte Ismael Miján e cuxo holotipo atópase nos fondos deste mesmo museo. Actualmente só existen sete exemplares en todo o mundo sendo este novo espécimen o oitavo, seis dos cales están depositados na nosa colección paleontolóxica. É o máis grande desta especie atopado ata agora, e presenta características morfolóxicas novas que servirán para profundizar nas investigacións sobre anatomía que se realizarán no futuro.

O fósil foi atopado por un barco pesqueiro con base en Cedeira en augas galegas ao norte do cabo Ortegal e foi doado ao museo polo pescador Benigno Romero.

Dende a SGHN queremos reiterar o agradecemento aos pescadores que colaboran co Museo e que permiten profundizar nas investigacións sobre a bioloxía evolutiva dos cetáceos.

Sociedade Galega de Historia Natural

Para contactar coa Delegación ferrolá da Sociedade Galega de Historia Natural:
  • Casa do Coronel. Praza de Canido s/n. 15401 Ferrol.
  • Apartado de Correos nº 356. 15480 Ferrol.
  • Teléfonos: 881 931 315 - 881 931 314 - 698 141 384.
  • ferrol@sghn.org
Museo de Historia Natural da SGHN

Enviado por:
FERROL
-ferrol@sghn.org-
30 de outubro de 2014 16:40
__________________

Akelarre Feminista o 1 de Novembro, ás 8 da tarde, na Praza do Himno Galego de Ferrol


AKELARRE FEMINISTA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES


As mulleres da MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES de Ferrolterra convidámosvos ao Akelarre Feminista que celebraremos, xunto con todas as personas que queiran acompañarnos para conxurar o patriarcado que nos oprime, o próximo día

1 de Novembro dende as 20h ata que o noso corpo de meigas aguante!! na Praza do Himno Galego en Esteiro - Ferrol

Ao luar, ao calor do lume, xuntarémonos para crear e compartir conxuros, para atoparnos cos nosos desexos para o futuro.

Faremos os conxuros da MMM :
- Raio de lúa e pelos de axila para poder decidir no meu corpo e na miña vida

ARDAN ATADURAS DO MEU CORPO ARDAN!!!

- Porque nos convirte en obxecto de consumo e mercantiliza as nosas relacións.

Que lle dicimos ao capital?

ARDE CAPITAL ARDE!!!

e vos animamos a todas as que queirades acompañarnos nesa noite máxica a que compartades con nos os vosos propios conxuros.

Convidámosvos a beber a BEBERAXE MÁXICA e liberadora das meigas, en forma de queimada, que prepararemos para compartir con toda a xente que asista á gran festa do Akelarre Feminista.

Somos mulleres e non estamos caladas nin soas, escoita cantas somos patriarcado!!!!

Meigas do universo convocámosvos a queimalo todo e que arda ben!!!

"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
30 de outubro de 2014 14:28

_________________

As mutuas, Bankia e outras mariscadas, ... Entrevista de Ignacio González Orozco a Manuel Martín García (Portavoz de SOS Sanidade Pública)


As mutuas, Bankia e outras mariscadas
Texto: Ignacio González Orozco [*]

Xoves, 30 de Outubro de 2014

A sanidade pública vai camiño de converterse nun club privado, tanto polo seu futuro réxime de funcionamento como polas normas que de fato lle impoñerán os seus novos xestores, as mutuas de accidentes laborais, pouco afines aos principios de universalidade e calidade que debesen inspirala. Como sempre, a moeda ten dúas caras: contratos millonarios por unha banda, con presumibles beneficiarios en suxeitos próximos ao mundo das finanzas e á xerarquía do réxime popular, e degradación do servizo para os máis. Así pois, outra volta de porca do goberno de Rajoy aos dereitos civís e laborais.

O goberno presidido por Mariano Rajoy homenaxeou á emblemática e sempre venerable data do 18 xullo de 2014 coa aprobación do proxecto de Lei de mutuas, polo cal concédese a estas entidades maior capacidade de intervención no control das baixas laborais, a fin de acabar "pretexto oficial" co absentismo inxustificado nos centros de traballo. Grazas aos novos celadores da saúde pública, o executivo confía en aforrar ás arcas estatais uns 300 millóns de euros anuais. O borrador do novo ordenamento, unha vez cursado pola Comisión de Emprego do Congreso dos Deputados (22 de outubro de 2014), espera o seu definitivo debate e aprobación na cámara baixa.

A Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública (FADSP) dúbida das intencións gobernamentais, e enmarca o propósito real deste medida no proceso de privatización da sanidade; por suposto, a costa da eficiencia do servizo, o prestixio dos seus profesionais e, como non, dos dereitos dos cidadáns e cidadás, lesionados agora na percepción dunha asistencia médica de calidade, pois se teme que as mutuas prioricen o aforro pecuniario aos criterios estritamente facultativos. Ademais, a FADSP cualifica ás mutuas de "entidades nada transparentes, incursas en numerosas irregularidades, que funcionan con escaso ou nulo control".

Nas súas orixes, as mutuas só tiñan competencias en baixas e casos de invalidez por accidente de traballo. Con todo, a partir de 1994 e grazas aos distintos gobernos, socialistas ou populares, adquiriron progresivo control sobre as baixas por enfermidade común, dado que, segundo a versión oficial, a súa xestión dos casos de invalidez transitoria é máis eficaz ... o cal equivale a dicir que a diario recortan os períodos de baixa, para reducir o monto das cantidades devengadas durante tales períodos. Neste sentido, a Confederación Xeral de Traballadores e Traballadoras (CGT) denuncia que as altas prematuras non só atentan contra a saúde dos traballadores e traballadoras senón que tamén incrementan o número de accidentes laborais, que creceron un sete por cento no primeiro semestre de 2014.

Sobre estas cuestións opina o doutor Manuel Martín García (Níjar, 1951), especialista en Medicina Familiar e Comunitaria e Máster en Saúde Pública, que actualmente traballa como facultativo no Centro de Saúde de Seixo (Marín, Pontevedra). Desde 2011 exerce tamén a presidencia da FADSP.

Pregunta: Negan vostedes que o número e a duración media das baixas laborais sexan excesivos en España. A que se refiren? Que datos manexan?

Manuel Martín García: O número de procesos de incapacidade temporal non controlados nin informaticamente polos Servizos Centrais do Instituto Nacional da Seguridade Social, nin manualmente polas súas direccións provinciais, representa o 64 % do total de procesos. O incumprimento de numerosas comunidades autónomas da obrigación de remitir os partes médicos de confirmación dos procesos fai imposible realizar os controis adecuados. Falta información. As estimacións oficiais de que o número de baixas laborais é excesivo non se basean, xa que logo, en datos obxectivos. Detrás destas medidas está o Acordo de Financiamento Sanitario do Consello de Política Fiscal e Financeira, que estableceu como fórmula para incrementar o financiamento do sistema sanitario público a redución do gasto en baixas laborais das comunidades autónomas.

As mutuas melloran a xestión das baixas?

As mutuas, antes da crise, non demostraron máis capacidade que os médicos do Servizo Nacional de Saúde (SNS) para mellorar a xestión das incapacidades temporais (IT), xa que non foron capaces nin de reducir o número de baixas, nin a súa duración nin o nivel de gasto asociado. Así o denunciou o Tribunal de Contas.

Con todo, a precariedade laboral e a facilidade para o despedimento si reduciron o número de baixas, pero en detrimento da saúde dos traballadores e traballadoras. Supoño que vostedes coñecen o problema de cerca.

As reducións nas baixas laborais por enfermidade responden ao temor das persoas doentes a ser despedidas por estar de baixa [un suposto incluído na reforma laboral de marzo de 2013]. Con esta norma preténdese dar plenos poderes e mellorar as oportunidades de negocio das mutuas e das patronales.

A nova lei de mutuas prevé a creación de baremos de duración para as distintas enfermidades, segundo a idade e profesión do enfermo. Ten esa iniciativa algún rigor médico?

En todo caso tería un valor estimativo moi relativo, dada a enorme variabilidade de enfermidades e o comportamento impredicíbel das mesmas, moi relacionado coas características particulares de cada paciente.

Malia todo o anterior, as mutuas corren máis para dar as altas médicas?

Evidentemente. Estas entidades dependen das patronais e o que paga manda.

Pensa o goberno que os enfermos son cuentistas e vostedes, os médicos, os seus cómplices?

O goberno pon baixo sospeita aos traballadores "aos que se achaca unha conduta fraudulenta e defraudadora coas baixas por enfermidade" e tamén aos facultativos de Atención Primaria. A reforma se fundamenta na necesidade de acabar coa suposta fraude por parte dos traballadores de baixa e presupón a incapacidade dos especialistas de Atención Primaria, con catro anos de formación, así como a maior capacidade de control das mutuas, cun persoal de formación descoñecida. Se parte do prexuizo de considerar que a xestión privada é superior á pública, e non se ten en consideración que a baixa laboral é unha medida terapéutica que o médico utiliza en beneficio da saúde dos seus pacientes.

Haberá posibilidade de conflito entre diagnósticos diferentes, segundo o médico da mutua e segundo o médico da Seguridade Social?

Preténdese que as mutuas asuman o control das prestacións por enfermidade común. Con esta cesión de poder ás mutuas, as baixas deixarán de estar sometidas ao control dos servizos públicos da Seguridade Social. As mutuas pasarán a ser as controladoras dos mesmos, asumindo a xestión das prestacións por enfermidade común en detrimento dos facultativos dos servizos públicos de saúde. As mutuas controlarán as baixas dos traballadores desde o primeiro día, e non terán que esperar ata o decimosexto, como ata agora. Poderán citar ao traballador para revisión e emitir propostas de alta aos servizos públicos de saúde, que deberán responder nun máximo de nove días. Si a mutua considera que o traballador pode traballar, formulará unha proposta de alta á inspección médica dos servizos de saúde, que terá cinco días para contestar; si non o fai, a mutua poderá novamente recorrer á Seguridade Social, que terá outros catro días de prazo para emitir un informe. Eses prazos, ademais dun acoso ao traballador doente, son insuficientes para garantir unha decisión pertinente.

É dicir, poderá darse o caso de traballadores que teñan que ir traballar sen haber sanado da súa enfermidade ou lesión.

Evidentemente, si. O que supoñerá un grave risco para saúde do traballador/ora afectado/a e do resto do persoal.

Os conflitos de diagnóstico, serán solucionados por algunha autoridade competente na materia? Quen terá a decisión final?

Tanto os médicos de familia como os inspectores da Seguridade Social quedarán supeditados aos criterios dos médicos e inspectores da mutuas (ao servizo da patronal), que poderán dar altas laborais por motivos burocráticos utilizando de xeito torticera o silencio administrativo positivo por incomparecencia de catro días (sen ter en conta criterios sanitarios).

Un comunicado da FADSP asegura que as mutuas son "entidades nada transparentes, incursas en numerosas irregularidades". Podería ser máis explícito? A que irregularidades e falta de transparencia refírense?

Por exemplo, fai poucos anos a Fiscalía Anticorrupción actuou contra a Mutua Universal (terceira entidade do sector en importancia) por un presunto delito e malversación de caudales públicos, por desviar fondos da Seguridade Social a fins distintos dos propios da actividade mutualista.

As mutuas son entidades sen ánimo lucrativo? algo así como Caixa Madrid, por poñer un exemplo de actualidade lucrativa (e delituosa).

A mutua Fremap cargou á Seguridade Social 43,2 millóns de euros por dietas, viaxes para a xunta directiva e as súas parellas, coches de luxo para os directivos e ata mariscadas. É dicir, 43,2 millóns de diñeiro público. Nunha recente auditoría realizada a esta mutua detectáronse tamén actividades ilegais, como pagos a colaboradores comerciais para captar novos mutualistas.

Quen foi antes, a galiña ou o ovo: o goberno aspira a mutualizar a Seguridade Social, converténdoa de fato nun réxime sanitario privatizado, ou son as mutuas un eficaz grupo de poder que presiona ao goberno para facerse con parte ou a totalidade da Seguridade Social?

Con esta lei preténdese avanzar na privatización da asistencia sanitaria dos traballadores, transformando as mutuas (que son asociacións empresariais) en concesións administrativas, que xestionarán a Incapacidade Transitoria por enfermidade de acordo ao modelo de Novas Formas de Xestión Privada (Lei 15/1997). En segundo lugar, contribúese ao cambio de modelo sanitario impulsado polo goberno de Rajoy, que pretende substituír o SNS público, universal, accesible, equitativo e redistributivo, por un modelo baseado no aseguramento (cotizacións e provisión privada de acordo ao Real Decreto 16/2012).

Coñecen vostedes intereses directos de membros do goberno ou altos cargos do PP no negocio das mutuas?

Fremap está presidida por Mariano de Diego, presidente da patronal de mutuas (AMAT), e entre as súas vocais atópanse o exdirector de Relacións Laborais da CEOE José da Cavada (quen criticou que se dean catro días de permiso aos traballadores por defunción dun familiar de primeiro grado cando sexa necesario pernoctar fose do lugar de residencia, "dado que agora as viaxes non se fan en dilixencia"); Pedro Barato, presidente do sindicato agrario ASAJA e da Federación Española de Autónomos; o conselleiro de Presidencia da Comunidade de Madrid, Salvador Vitoria, e Ildefonso Sánchez Barcoj, un dos responsables das tarxetas black de Bankia, á que cargou 484.200 euros.

Outra cuestión importante afecta á confidencialidade dos historiais clínicos.

A nova lei acaba co dereito dos traballadores á confidencialidade da súa historial clínico (garantido pola Constitución e as Leis Orgánicas 15/1999 e 41/20029), ao poñer a disposición das Mutuas Patronais todos os datos sobre a saúde dos traballadores, estean ou non relacionados coa baixa laboral por enfermidade. Con todo os profesionais da sanidade pública non terán á súa disposición o historial clínico sobre accidentes ou enfermidades laborais, e hai que ter en conta que o 20 % das causas de baixa laboral por continxencias comúns son, en realidade, continxencias ou enfermidades laborais, adquiridas no ambiente de traballo.

Publicado na  Revista Rambla. | 27.10.2014

[*] Ignacio González Orozco, redactor xefe da revista Rambla.

Publicación da entrevista con Manuel Martín.

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
29 de outubro de 2014 14:21

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
www.plataformadspferrol.blogspot.com
plataformadspferrol@gmail.com
_________________

Sociedade precaria, ... Por David Rodríguez

Por David Rodríguez [*]
30.10.2014

Non diga sociedade do risco, non diga sociedade líquida, diga sociedade precaria. A precariedade é o espírito dos tempos. Do primeiro lume acendido no fondo dunha cova no afastado paleolítico aos sistemas públicos de seguridade social da Europa do século XX, a do ser humano é unha loita por se dotar de redutos nos que se sentir a salvo, mundos artificiais estables onde a imprevisibilidade da vida á intemperie poida ser domesticada. Pero xa non. Hoxe o canto á ideoloxía da intemperie escóitase a diario, coreada ao unísono por todos os altofalantes e repetidores do sentido común à la page. O canto á matogueira e ao suxeito desgaxado da sociedade que, coa soa axuda do seu machete, sabe abrir carreiro entre as silvas; o canto eufemístico á competitividade, á liberdade individual e á capacidade emprendedora é a música de fondo dos nosos días.

Da precariedade estritamente laboral, na que aspirar a un posto de traballo remunerado con certa perdurabilidade no tempo como para permitirse edificar unha vida digna semella unha esixencia demasiado rigorosa para as capacidades do mercado de traballo, á precariedade horaria e a súa incompatibilidade coas máis elementais aspiracións humanas, como poida ser parir e criar un fillo ou unha filla. Da precariedade alimentar dun sistema que xa exterminou ao campesiñado e que hoxe só ofrece alimentos industriais de baixa calidade á precariedade enerxética dos que xa non poden permitirse luz ou calefacción (de novo o lume da cova) e cuxa fenda no acceso a estes recursos non fará máis que aumentar a medida que a crise enerxética global avance.

Toda institución que, coas súas eivas, puidese actuar como abrigo -da familia ao Estado- vese galvanizada até, como dicía o clásico, esvaecer no aire, devorada polo Saturno económico que a todos nos quere expostos, vulnerables e dispoñibles.

Na teoría dos marcos ideolóxicos que desenvolve George Lakoff baseándose nos descubrimentos da neurociencia este divide aos individuos progresistas e reaccionarios en función de se neles predomina o marco mental da protección ou da disciplina. A analoxía coa escatoloxía xudeocristiá é obvia, distinguindo ao Yavhé protector que acolleu ao ser humano no paraíso do Yavhé castigador que enviaría ao ser humano ao desterro fóra do paraíso. Hoxe é o Yavhé castigador, o Yavhé que non ofrece ningún tipo de contrapartida á mera represión, o que trunfa. Así, o ser humano expulsado do paraíso, botado ao mesmo horizonte mortal que o resto das bestas, coñecerá na súa carne o sufrimento e a dor de vivir na intemperie.

É falsa a dialéctica que conduciría inexorablemente, de querer situar ao ser humano racional no centro, a Auswitz. O mundo despois de Auswitz desprazou ao ser humano a un recuncho infecto até convertelo nun animal. O ser humano do ultracapitalismo globalizado é o ser humano naturalizado. O ultracapitalismo globalizado non recoñece institucións políticas, polo que o ser humano só pode ser considerado en tanto que ser vivo, non ser político. Trátase do ser humano pre-prometeico, o ser humano que volveu renunciar ao lume que o quecía nas noites de inverno.

Paradoxalmente, este ser humano naturalizado non só é o que peor convive coa Natureza en toda a historia da especie, senón que, de feito, está a destruíla. No novo barbarismo tecnoloxizado dos mercados financeiros globais, o medio natural sacrifícase, precarízase, sen ofrecer recambio algún, en forma de segunda natureza artificial, co que substituílo. Demostrando así que racionalidade e tecnoloxía non sempre van xuntas: hai unha tecnoloxía conducente ao darwinismo social incompatible coa Natureza. Hai unha tecnoloxía ilustrada conducente á protección social, única garante da sostibilidade ambiental. Semella obvio que para o seu bo funcionamento respectivo, na Natureza e nas sociedades humanas deben rexer leis totalmente diferentes.

Ollen ao seu redor, vexan a precariedade en toda parte. Que clase de aprendices de bruxo son as elites que rexen os destinos do mundo dende o último terzo de século até os nosos días? Quen era un Reagan, un Blair, un Aznar, unha Merkel, os xefes do FMI ou do BCE, os executivos de Lehman Brothers, ou de Bankia, ou das caixas galegas, e tutti quanti, senón líderes precarios, irresponsables curto-pracistas e mediocres?

Ollen para Gaza ou para Ucraína, ollen para Iraq ou Afganistán e verán por todas partes a seres humanos reducidos a mera carne sufrinte, semellante a gando despezado no matadoiro. Ollen para a África negra que se desangra nos estreitos do sur de Europa e por epidemias incontroladas como o ébola e non verán nada máis que un grande caos, un polvorín de inestabilidade en mans de pirómanos que xa comezou a estoupar.

O Funambulista Coxo

Publicado o 29 de Outubro de 2014 no blogue:

ofunambulistacoxo.blogspot.com.

[*] David Rodríguez Rodríguez (Vigo, 1975) mantén o blogue http://ofunambulistacoxo.blogspot.com desde o ano 2005. É autor das obras de teatro radiofónico O Bambán e Nunca me esquecerei de ti (gañadora e finalista respectivamente do I e IV Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural). Escribiu o poemario Lapidarias. Os versos escuros e participou no libro colectivo Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural.

_________________

mércores, outubro 29, 2014

Ruada da Dignidade en Ferrolterra, o xoves 6 de Novembro, ás 6 da tarde desde a Praza 10 de Marzal até a Praza Amada Garcia


PARTICIPA, EN FERROL, O XOVES 6 DE NOVEMBRO, ÁS 6 DA TARDE DESDE A PRAZA 10 DE MARZAL (entre As Pías e as Casa Baratas) e remate sobre as 7 da tarde, cunha Asemblea Popular Aberta na Praza Amada Garcia (Diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia).

O pasado 22 de Marzo, confluían case un millón de persoas en Madrid, en diversas columnas de cidadáns e cidadás dos distintos territorios e nacións do estado español, para dicir basta xa!, á política do goberno e da Troika. Esta iniciativa chamada Marchas da Dignidade, uniu a moitas persoas afectadas polas políticas inxustas e empobrecedoras dos diferentes gobernos corruptos. Na Galiza, as Marchas organizan-se coordenadas por unha Plataforma Galega que convocou diferentes mobilizacións, entre elas a de “Rodea o Parlamento”.

Agora temos un importante reto, encher a Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela, o 29 de Novembro. Cinco columnas entrarán na Capital Galega, para confluír ás 12 do mediodía, nunha grande concentración polo PAN, TRABALLO e TEITO.

Somos moitos e moitas as que imos marchar para defender: o dereito ao traballo ; os dereitos sociais e a renda básica ; o dereito a unha vivenda digna ; os servizos públicos como a sanidade e a educación ; a loita contra a corrupción ; contra o pago da débeda ilexítima que nos afoga ; contra a estafa e o roubo bancario ; ...

O 6 de novembro quentamos motores en toda Galiza preparando as marchas do 29N. Ferrolterra mobiliza-se, este 6N, xunto a Lugo, Vigo, Ourense, Compostela, A Coruña e Pontevedra.

Temos determinación para conseguir un cambio e ímolo demostrar marchando sobre Compostela o 29N.

Mobiliza-te con nós o 6N en Ferrol na “Ruada da Dignidade” e o 29N en Compostela en “Ocupemos o Obradoiro”, cinco columnas das Marchas da Dignidade sobre Santiago de Compostela. E no resto dos territorios e nacións do Estado, o 29N cinco millóns de persoas na rúa contra o réxime corrupto, polo PAN, TRABALLO e TEITO.

Evento no facebook da Ruada da Dignidade do 6N en Ferrol:
https://www.facebook.com/events/651608051624816/

Aberta a inscrición para participar nas marchas do 29N:

. Camiñando do 24 ao 29 de Novembro.

. En Autobús o 29 de Novembro.

Contacta con nós enviando un correo a:
marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com

O 29N, Ferrolterra Vai!

Sitios-e:
Ferrolterra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Estatal: http://marchasdeladignidad.org/
Redes:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
https://www.facebook.com/MarchasDignidade
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/

_______________

Urxencias, desexos, posibilidades colectivas

URXENCIAS, DESEXOS, POSIBILIDADES COLECTIVAS

O fraude hipotecario é xa evidente. O acceso á vivenda foi substituído por un aparente acceso á propiedade que resultou ser o acceso á débeda perpetua. Estamos obrigando a cambiar o réxime hipotecario, mais vai cambiar ó réxime da vivenda? Faremos que a vivenda sexa un verdadeiro dereito incondicional? Depende de nós ter e compartir desexos vivenciais, e darlles formas axeitadas. A vivenda é un dereito, vivir tamén!

Neste momento unha grande parte dos desafiuzamentos veñen de non podermos pagar os alugueiros. Esta é a realidade. Nin temos soldo nin temos prestación, nin baixan os prezos, nin hai parque de vivenda pública. Pero estamos nós, e as 20.000 vivendas baleiras da cidade.

Teremos sempre que pagar por vivir? A nosa vida non é unha contribución de por sí? Será mellor cando a mocidade marche toda e o país quede abandonado ós voitres?.
Os cambios xerais só poden vir dunha multitude de procesos de reflexión, cambio persoal e compartido, novas experiencias, acordos e loitas. Xa aprendinmos pola forza que os nosos supostos representantes son puros depredadores antisociais. As grandes empresas sométennos a chantaxe permanente e o réxime actual favorece a economía somerxida xeral en beneficio duns poucos.

Depende de tod@s nós recoñecer que só paga a pena vivir nunha sociedade si partillamos responsabilidades, imaxinación e goce, si aprendemos xunt@s, si temos sempre na cabeza que non pode quedar ninguén abandonado no camiño.

Sen economías cooperativas e complementarias, nas que tod@s teñamos sitio, non van rematar o paro e a emigración. Sen responsabilizármonos de proxectos sociais e aprender a relacionármonos doutro xeito, e sen poñer os coidados no centro, non imos ter un modelo no que a vida floreza sen o pánico continuo do despido.

Nada se fai de súpeto, non hai un único camiño, mesmo a loita ten moitos camiños. As urxencias van primeiro. Unha das urxencias do momento é que paren dunha vez todos os desafiuzamentos, sexan de aluguer ou de hipoteca, e que teñamos tempo de construír o modelo de dereito á vivenda que queremos, para que ninguén quede na rúa. A segunda urxencia é pensar e falar entre tod@s, cada quen con quen teña a man.

Nin casas sen xente nin xente sen casa!

STOP Desafiuzamentos A Coruña
--
@desahuciocoruna
Blog: stopdesahuciosacoruna.blogspot.com
Facebook


Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra FSdeFerrolTerra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
28 de julho de 2014 23:45
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
_____________________

Antón Sánchez no Parlamento Galego: "O PP é un partido estruturalmente corrupto" - Vídeo


O deputado de AGE, Antón Sánchez, destacou no pleno do Parlamento de Galicia que os continuos casos de corrupción que se están a coñecer e que implican a altos cargos do Partido Popular a todos os niveis, demostran que estamos a falar "non de casos illados senón dun partido estruturalmente corrupto". A reacción da presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, como non podía ser outra, chamar á orde ao deputado de AGE mentres os deputados e deputadas do PP prefiren abandonar o hemiciclo con rostro de indignación. Seica hai verdades que non gusta escoitar.


http://youtu.be/0PhJHhVlXpw

Publicado no canle Hai Alternativa | 28.10.2014

http://alternativagalega.com/
______________________

martes, outubro 28, 2014

Denuncian a privatizacion, por parte do goberno de Nuñez Feijóo, da formacion do persoal sanitario

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública denuncia a privatizacion da formacion do persoal sanitario

Ante a noticia de que a Conselleria de Sanidade contratará a unha empresa privada por un total de 228.600 euros para que se encargue de poñer en marcha iniciativas para formar aos profesionais en proxectos de  mellora da calidade, seguridade e de redución de custos, e para coordinar proxectos de mellora e a súa posta en práctica, desde a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública queremos denunciar:
  1. Que nos parece escandaloso que mentres se obriga a pagar os medicamentos aos pensionistas, recórtanse 2000 prazas de persoal sanitario, péchanse centos de camas hospitalarias ou se abandona a construción de 66 novos centros de saúde, adxudíquese a unha empresa privada (por unha cifra escandalosa) a formación do persoal e o desenvolvemento de proxectos asistenciais que podería desenvolver perfectamente cos recursos actuais do sistema sanitario público.
  2. Consideramos que a finalidade desta decisión é (ademais de favorecer a empresas con intereses cruzados coa actual administración), alecionar aos traballadores do sistema sanitario público na xestión privada e convencerlles das bondades do mercado, a competencia e os recortes asistenciais.
  3. Esta proposta esta intimamente relacionada co desenvolvemento das novas Unidades de Xestión Clínica destinadas a fragmentar os centros públicos en múltiples empresas acolleitas á xestión privada, que competirán entre si no mercado sanitario que a Xunta pretende desenvolver en Galicia para dar entrada ao sector privado e recortar asistencia sanitaria. A empresa adxudicataria non só formará ao persoal sanitario senón deberá coordinar o deseño e a posta en práctica destas Unidades.
  4. Desde a nosa Asociación reiteramos o chamamento á rebelión social e profesional contra a descapitalización, o desmantelamento e a privatización da sanidade pública galega.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

27 de outubro de 2014

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
27 de outubro de 2014 21:09

http://www.plataformadspferrol.blogspot.com
_______________________

Campaña da Marcha Mundial das Mulleres de Galiza contra a violencia machista


IMPLÍCATE CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA.
RACHA COA INDIFERENCIA


Participa na campaña da Marcha Mundial das Mulleres de Galiza contra a violencia machista:
#FóraMachismo25N

Que propoñemos?

Queremos que a nosa mensaxe do 25 de novembro, Día internacional contra a violencia machista, se escoite nas rúas e nas redes e para iso lanzamos unha campaña que queremos axudedes a espallar.

A idea é gravar un video/tirar unha foto decindo ou ensinando unha frase contra a violencia machista e colocar ese material nas redes sociais 'nominando' a coñecidas/amigas/colegas para que se sumen á campaña e fagan o mesmo, colocar a foto ou video nas redes sociais e espallar a máis e máis xente.

O noso obxetivo é que moitas e moitos demos a cara contra a violencia machista e achegar a nosa mensaxe a todo tipo de persoas, a aquelas que se sumarán ás mobilizacións do 25 N nas diferentes cidades e a aquelas que non o farán pero que estan dispostas a difundir e espallar a nosa mensaxe a través das redes sociais.

Como participar?

Sube unha foto nas túas redes sociais (Twitter, Facebook ou Instagram) na que apareza a frase que queiras e a etiqueta #FóraMachismo25N e nomina a outras persoas para que tamén o fagan e estendan a campaña.

Sube un video ás túas redes sociais (Twitter, Facebook ou Instagram) na que digas a frase que queiras e a etiqueta #FóraMachismo25N e nomina a outras persoas para que tamén o fagan e estendan a campaña.

Envíanos ás túas fotos e/ou videos se queres que ademáis de nas túas redes sociais formen parte da nosa campaña nas redes: nacional@feminismo.info

Como podo ver/seguir a campaña?

Os videos que realicemos dende a Marcha aparecerán aquí:
http://www.youtube.com/user/mmmgaliza
As fotos e videos de quen siga a campaña poderás atopalas buscando coa etiqueta #FóraMachismo25N nas redes sociais
--
"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
28 de outubro de 2014 13:16

___________________

Convocada unha nova Asemblea da 'Marea Ártabra' en Ferrol, para este xoves 30 de outubro, ás 19:30hs no Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño


Convocatoria III Asemblea da 'Marea Ártabra'.


Convocatoria Aberta  a calquera cidadán ou cidadá que qixer participar.

Día: xoves 30 de Outubro.
Hora: 19:30hs.
Lugar:  Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño.

Convocámosvos a III Asemblea da Marea Ártabra, o vindeiro xoves, 30 de outubro, ás 19:30 horas, coa seguinte orde do día:
  1. Lectura da acta anterior.
  2. Valoración asemblea de barrio en Recimil.
  3. Organización:
    - Propostas grupos de traballo.
    - Proposta cronograma Marea Ártabra.
  4. Proposta datas asembleas de barrio.
  5. Comisión coordinadora. Altas e baixas.
Quedades emprazados a asisitir, participar, facer propostas e contribuír entre todos e todas a que medre a Marea Ártabra, para ser quen de conformar un programa participado centrado na xente do común, e unha candidatura escollida libremente e en transparencia entre todos e todas.

A Marea Ártabra comezou o mapeo da cidade o pasado xoves 23 de outubro no barrio de Recimil (Foto), onde a veciñanza expuxo a sua preocupación polo futuro do barrio, que recollemos con atención para a elaboración dun programa político que dea solución real aos problemas que atinxen directamente ás persoas.

Un saúdo

Grupo de Comunicación da Coordinadora da 'Marea Ártabra'.

Como asinar o manifesto e unirse á 'Marea Ártabra'
Pode-se asinar o manifesto de apoio cubrindo un formulario no seu sitio na rede: Acceder.

Para contactar
Presentou-se o manifesto que se pode ler nun blogue que abriron no seguinte enderezo: http://mareaartabra.blogspot.com.es/  ou mareaartabra.org. Tamén hai un enderezo de correo electrónico: mareaartabra[arroba]gmail.com.

A Marea Ártabra nas redes sociais
:
Logo da marea cidadá:

Enlaces relacionados:

A 'Marea Ártabra' en Ártabra 21 | Acceder.
A 'Marea Ártabra' desde o buscador libre DuckDuckGo. | Ir a Web.

Enviado por:
marea artabra
-mareaartabra@gmail.com-
28 de outubro de 2014 17:12
___________________

Coñecendo o Universo coa Sociedade Galega de Historia Natural


Coñecendo o Universo 2014-2015


Como todos os anos, a Sociedade Galega de Historia Natural, en colaboración coa Concellería de Educación do Concello de Ferrol, organiza a actividade "Coñecendo o Universo".

As actividades realizaranse na aula ambiental de RECICLATERRA. Os días despexados no miradoiro e cando non sexa posible na aula das instalacións.

Cada grupo de alumnos non será superior a 25. Se un aula ten máis alumnos poderán  asistir todos.

Dadas as particularidades do ceo de Galicia, debido ás súas condicións atmosféricas, se contemplan dúas posibilidades:

Con ceo despexado, a observación directa mediante telescopios.

Con ceo cuberto, en aula mediante programas informáticos e presentacións a través do programa STELLARIUM.

Efectuaranse 14 sesións repartidas nos meses de novembro e decembro de 2014 e xaneiro de 2015.

As datas son as seguintes:
  • Novembro 2014: días 18, 20, 25 e 27.
  • Decembro 2014: días 2, 4, 9 e 11.
  • Xaneiro 2015: días 13, 15, 20, 22, 27 e 29.
As saídas faranse en autobús desde o colexio ás 18:30 e o regreso ao centro desde Reciclaterra ás 20:00. O autobús corre por conta da propia actividade.

Cada centro escolar de Ferrol poderá solicitar os días que desexen ata un máximo de 6. As prazas cubriranse por rigoroso orde de inscrición.

Para mais información:

Sociedade Galega de Historia Natural

Teléfono: 881931315

Correo electrónico: astronomia@sghn.org

Enviado por:
ASTRONOMIA
-astronomia@sghn.org-
28 de outubro de 2014 17:58

___________________

luns, outubro 27, 2014

Asemblea Aberta a todos os sindicatos, organizacións e colectivos cidadáns e a toda cidadanía en xeral - Organizar una mobilización en resposta á escalada de represión sindical e social que estamos a sufrir dende o estado e as súas institucións


Convocatoria dunha Asemblea Aberta a todos  os sindicatos, organizacións e colectivos cidadáns e a toda cidadanía en xeral

Día: Mércores 29 de Outubro.
Hora:  ás 20 h.
Lugar: Ateneo Ferrolán (Rúa Madalena 202-204).
Obxectivo: Realizar unha asemblea aberta coa intención de organizar una mobilización en resposta á escalada de represión sindical e social que estamos a sufrir.

Dende o Sindicato CNT de Ferrol invitamos aos demais sindicatos, organizacións e colectivos cidadáns e a toda cidadanía a participar nunha asemblea aberta coa intención de organizar una mobilización en resposta á escalada de represión sindical e social que estamos a sufrir dende o estado e as súas institucións.

A convocatoria é para o próximo mércores día 29 de outubro ás 20:00 horas, no Ateneo Ferrolán.

Temos que dar unha resposta na rúa ao intento de amedrentarnos e calarnos.

Se tocan a unh@, tócannos a tod@s. A rúa non é súa.

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/1389048941376267/

Enviado por:
ferrol@cntgaliza.org
-ferrol@cntgaliza.org-
25 de outubro de 2014 12:56

_________________________

Rolda de prensa sobre os resultados da votación dos tres documentos (político, organizativo e ético) en Podemos - Video e enlaces

Por un municipalismo cidadán, ... Por Andrés Pedreño

Por Andrés Pedreño [*]
27.10.2014


É urxente construír un municipalismo cidadán que priorice a subsistencia e a calidade da vida cotiá cidadá por encima de calquera lóxica do beneficio privado.


O pasado 19 de setembro tivo lugar uno deses pequenos acontecementos que suceden na vida pública, do cal nin os seus propios actuantes teñen (temos) conciencia da innovación política que implica. Lola Sánchez, eurodiputada de Podemos, ante 300 persoas, nunha asemblea do Círculo Podemos de Murcia, en plena rúa (na praza dos Patos do Barrio de Vistabella), toma a palabra e conta á cidadanía o que estivo facendo no Parlamento Europeo desde que tomou acta de deputada tralas eleccións do pasado 25 de maio. Contou e someteuse ás preguntas que lle suscitaron os cidadáns que até alí se achegaron. Velaquí un acto de democracia absoluta, sinal inequívoco do novo signo dos tempos.

Reteño do seu "rendición de contas" o labor que está facendo na Comisión de Comercio para tratar de solicitar información sobre os tratados de libre comercio que a Unión Europea está negociando de forma pouco transparente (isto é, de costas aos cidadáns) con EEUU (TTIP polas súas siglas en inglés) e Canadá (CETA polas súas siglas en inglés). O que contou é tremendo e tremendamente importante.

Os inversores globais teñen un grave problema de diñeiro. Non saben que facer con tanto diñeiro como acumularon explotando aos pobos do mundo. A súa lóxica é obter diñeiro para conseguir máis diñeiro. Para iso necesitan lugares e sectores rendíbeis onde investir ese diñeiro. David Harvey: "para recuperar unha taxa de crecemento do 3% haberá que atopar novas oportunidades rendibles de investimento global para 1,6 billóns de dólares en 2010, cifra que aumentará ata achegarse aos tres billóns en 2030" (O Enigma do Capital, 2012). Un deses espazos onde agrandar o valor do diñeiro son os servizos públicos. Pero para iso tales servizos teñen que deixar de estar protexidos polo dereito público. Para convertelos en maquinaria de facer diñeiro teñen que deixar de ser servizos cuxa prioridade sexa a de satisfacer necesidades colectivas.

Desde fai décadas, os concellos seguiron esa lóxica: privatizar servizos e/ou externalizarlos para que empresas privadas se apropien dels ou os xestionen privadamente. É urxente reverter este proceso e construír un municipalismo que fronte aos inversores globais suscite unha práctica política que priorice a subsistencia e a calidade da vida cotiá cidadá por encima de calquera lóxica do beneficio privado e que extirpe o mal da corrupción política dos concellos. A revolución cidadá ha de apostar por tomar os concellos para recuperar para a colectividade cada un dos servizos públicos privatizados nesta longa noite do neoliberalismo corrupto en versión hispana (este capitalismo de amigos e mangantes).

Desde fai uns anos, desenvolveuse un moi interesante movemento cidadán pola remunicipalización dos servizos de augas. Pois en moitos concellos trátase dun servizo privatizado ou baixo control privado dalgunha das tres ou catro corporacións trasnacionais que controlan a auga a nivel global.

Coa crise, foron moitas as familias afectadas pola práctica das empresas municipais de augas de ameazalas con cortarlles o fornezo de auga potábel porque acumularan dous non pagos. Estes non pagos débense ao feito de que a crise quitoulles o traballo, desposuír das axudas públicas, empuxoulles á pobreza. Ante esta situación, o movemento cidadán dixo: 1) a auga non é unha mercancía, nun mínimo antropolóxico necesario para a vida digna; 2) os servizos municipais de auga non deben estar en mans privadas e temos que recuperalos como bens públicos; e 3) as tarifas do auga deben rexerse como taxas e non como prezos privados, pois pola contra as empresas privadas farán da auga un negocio subíndonos todos os anos a factura da auga con razóns arbitrarias relativas á súa estrutura de custos.

As multinacionais da auga neste país adiantáronse ao que Lola Sánchez explicou que vai suceder co Tratado de Libre Comercio da Unión Europea e EEUU (TTAIP). aproveitaron a situación de ruína e débeda de moitos concellos para presionar aos alcaldes para que privaticen os servizos municipais de auga e para obter vantaxosos contratos de xestión a cambio de adiantar unha avultada cantidade de diñeiro por períodos de tempo longos a 20 ou 25 anos -o denominado 'canón concesional'-, diñeiro adiantado que as empresas recuperan incrementando as tarifas da auga aos cidadáns.

O municipalismo ou a recuperación cidadá dos concellos reapropiaran-se para o municipio de cada un dos servizos privatizados ou externalizados en todos estes anos. Pero non é suficiente. Os servizos municipais deben ser bens públicos e tamén bens comúns. E en canto bens comúns que satisfán necesidades colectivas deben estar baixo control cidadán. Si deixámosllos en exclusiva aos profesionais da política, ao final haberá corrupción. Por iso necesitamos mecanismos de participación cidadá, controis cidadáns. O municipalismo ao que aspiramos é unha revolución política que pon os concellos ao servizo dos cidadáns e baixo o seu control e participación.

[*Andrés Pedreño Cabnovas, Profesor de Socioloxía da Universidade de Murcia e membro do círculo Podemos Murcia.

Publicado en eldiario.es. | 13.10.2014

Enviado por:
Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
14 de outubro de 2014 19:24
___________

xoves, outubro 23, 2014

A Xunta perpetúa a esmola da RISGA nos orzamentos de 2015



Hai uns días o goberno da Xunta presentaba o borrador de orzamentos para 2015 que recollen o aumento da partida destinada a RISGA. Dita partida contará cun orzamento inicial de 47´7 millóns de euros, un 12% máis do gastado en 2014 (42´7 millóns de euros).

As manobras da Xunta por tratar de disimular a miseria na que cada día vivimos máis persoas alporízannos, e moito. Mentres eles enchen titulares falando das bondades da súa merda de política social nós padecemos os seus plans de inclusión, de emprego, de vivenda... que lonxe de eliminar a desigualdade e a inxustiza, perpetúan a pobreza ao mesmo tempo que fan medrar os privilexios -e contas bancarias- dunha minoría.

O 1 de xaneiro de 2014 entrou en vigor a nova lei de RISGA, que lonxe de mellorar as condicións de vida das persoas máis empobrecidas engadiu máis problemas para todas as partes implicadas: solicitantes, beneficiarias, servizos sociais dos concellos, consellería... Problemas que chocan cuns responsables que só falan do esforzo que din facer nesta materia, que supuxo: aumento do número de perceptores, crecemento das partidas, redución da diferenza coa media estatal de RISGA por habitante... Uns datos que nin abondan, nin ofrecen solucións á miseria na que viven cada día máis persoas e que fican en papel mollado se os comparamos con estes:


- Atrasos na tramitación en Galiza superiores aos 8 meses.

- Contía media inferior aos 400€/mes (RISGA 2013).

- Un 41% das solicitudes foron denegadas en 2013.*

- No que levamos de 2014 apenas hai solicitudes resoltas das feitas neste ano de entrada en vigor da nova lei.

- A taxa de perceptores de RISGA por habitante é inferior á media estatal, moi lonxe de Euskadi tanto en beneficiarias como en orzamento. Cunha táboa o vemos moi clariño:

E a todo isto hai que sumar máis violencia e control en forma de inspeccións nos domicilios na procura de fraude entre os perceptores. Pois nada, que mexan por nós e din que chove.

Estamos cansas e fartas de tanta miseria, explotación, de sabermos que cando pasen os axustes estruturais as que ficaremos no labirinto da exclusión e da pobreza somos nós.

Non queremos esmolas, precisamos xustiza social! Renda Básica das iguais e moito máis, XA!

Coia, outubro 2014
---

[*] http://odscoia.arkipelagos.net/sites/odscoia.arkipelagos.net/files/informe_risga_eapn_gz_2014.pdf

--
OFICINA DEREITOS SOCIAIS - COIA (ODS-Coia)
odscoia.arkipelagos.net | odscoia@riseup.net |@odscoia | tel: 696 618 732
Estamos os luns de 17h00 a 19h00 en Coia, nos locais da parroquia do Cristo da Vitoria (rúa Baiona 9, Vigo)

Enviado por:
Oficina Dereitos Sociais - Coia
-dereitossociais@gmail.com-
23 de outubro de 2014 16:11

_________________________