mércores, novembro 12, 2014

Asemblea Eleccións Municipais Maio de 2015: "O Concello e Proceso Constitui​nte Municipal de Podemos en Narón", conovocada asemblea aberta para este sábado 15 de novembro ás 6 da tarde, no local social de Piñeiros


Sábado 15 de novembro, as 18 horas - Asemblea Eleccións "O Concello e Proceso Constitui​nte Municipal de Podemos Narón".


Dende o Círculo de Podemos Narón á asemblea que terá lugar no local social de Piñeiros o vindeiro sábado día 15 as 18:00 horas co seguinte orde do día:
  • Eleccións municipais O Concello, tratase de debater a posible promoción dende Podemos Narón dunha candidatura municipalista na forma de Agrupación de Electores.
  • Proceso constituinte municipal de Podemos Narón, e folla de ruta de actividades presenciais e nas redes. Tratase de aclarar en que consisten os procesos constituintes municipais de Podemos, así como para debater y decidir cales serán as accións para levar a cabo todo o proceso no caso de Podemos Narón.
Un cordial saúdo

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/1571315929751081/

RRSS de Podemos Narón
Facebook: Foro de debate Podemos Narón

Enviado por:
Podemos Narón
-podemos.naron@gmail.com-
11 de novembro de 2014 14:01
______________

Asemblea Aberta de Barrio da 'Marea Ártabra' en Ferrol Vello, este Xoves 13 de Novembro, ás 8 da tarde, no Porto de Ferrol, nos locais da asociación veciñal fronte a Praza da Ranita


Asemblea Aberta de Barrio da 'Marea Ártabra' en Ferrol Vello.

Día: Xoves 13 de Novembro.
Hora: ás 20:00 hs
Lugar: no Porto de Ferrol, nos locais da asociación veciñal fronte a Praza da Ranita.

Os gobernos que nos rexen dan as costas ao sufrimento e á desesperación dos nosos veciños e veciñas, que non soportan máis desindustrialización, máis malgasto, máis agresións medio ambientais, máis política social baseada na caridade, máis precarización do emprego e da vida mesma. Fronte a esta política que quere converter a nosa comarca nun camposanto industrial, nunha paisaxe futurista desértica, a cidadanía de Ferrolterra debe ter a capacidade de organizarse, de avanzar en rebeldía e tomar o poder para devolver a Ferrol as cores da cultura, da industria, do asociacionismo e do cooperativismo, un Ferrol participativo e con políticas orientadas por e para a xente do común.

É a hora de loitar e vencer!

Un saúdo

Grupo de comunicación da coordinadora da Marea Ártabra

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/1514039035514369/

Como asinar o manifesto e unirse á 'Marea Ártabra'
Pode-se asinar o manifesto de apoio cubrindo un formulario no seu sitio na rede: Acceder.

Para contactar
Presentou-se o manifesto que se pode ler nun blogue que abriron no seguinte enderezo: http://mareaartabra.blogspot.com.es/  ou mareaartabra.org. Tamén hai un enderezo de correo electrónico: mareaartabra[arroba]gmail.com.

A Marea Ártabra nas redes sociais
:
Enlaces relacionados:

A 'Marea Ártabra' en Ártabra 21 | Acceder.
A 'Marea Ártabra' desde o buscador libre DuckDuckGo. | Ir a Web.
_____________

domingo, novembro 09, 2014

Táctica desde Córdoba - Moi interesante Vídeo de pouco máis de cinco minutos


Mensaxe 'Fronte Cívica', Somos Maioría realizado en Córdoba o día 6 de Novembro de 2014.


http://youtu.be/U9wsQDHLSmM

Sitio-e estatal:
http://www.frentecivicosomosmayoria.es/

Conta no Twitter:
https://twitter.com/Frente_Civico

Conta en Facebook:
https://www.facebook.com/FrenteCivicoSomosMayoria
__________

sábado, novembro 08, 2014

Agora temos un importante reto, encher a Praza do Obradoiro de Compostela, o 29 de Novembro - #FerrolterraVai


O pasado 22 de Marzo, confluían case un millón de persoas en Madrid, en diversas columnas de cidadáns e cidadás dos distintos territorios e nacións do estado español, para dicir basta xa!, á política do goberno e da Troika. Esta iniciativa chamada Marchas da Dignidade, uniu a moitas persoas afectadas polas políticas inxustas e empobrecedoras dos diferentes gobernos corruptos. Na Galiza, as Marchas organizan-se coordenadas por unha Plataforma Galega que convocou diferentes mobilizacións, entre elas a de “Rodea o Parlamento”.

Agora temos un importante reto, encher a Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela, o 29 de Novembro. Cinco columnas entrarán na Capital Galega, para confluír ás 12 do mediodía, nunha grande concentración polo PAN, TRABALLO e TEITO.

Somos moitos e moitas as que imos marchar para defender: o dereito ao traballo ; os dereitos sociais e a renda básica ; o dereito a unha vivenda digna ; os servizos públicos como a sanidade e a educación ; a loita contra a corrupción ; contra o pago da débeda ilexítima que nos afoga ; contra a estafa e o roubo bancario ; ...

Temos determinación para conseguir un cambio e ímolo demostrar marchando sobre Compostela o 29N.

Mobiliza-te con nós o 29N en Compostela en “Ocupemos o Obradoiro”, cinco columnas das Marchas da Dignidade sobre Santiago de Compostela. E no resto dos territorios e nacións do Estado, o 29N cinco millóns de persoas na rúa contra o réxime corrupto, polo PAN, TRABALLO e TEITO.

Aberta a inscrición para participar nas marchas do 29N:

. Camiñando do 25 ao 29 de Novembro.

. En Autobús o 29 de Novembro.

Contacta con nós enviando un correo a:
marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com

ou chamando ao telefono das Marchas da Dignidade de Ferrolterra:
603 213 863

O 29N, Ferrolterra Vai!



Sitios-e:
Ferrolterra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Estatal: http://marchasdeladignidad.org/
Redes:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
https://www.facebook.com/MarchasDignidade
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
______________

Unha vez máis o Comité Cidadán de Emerxencia mobilizou-se ante a entrada dun gaseiro cargado para a ilegal e perigosa Reganosa - Vídeo


Este venres 7 de Novembro de 2014, entraou un novo gaseiro cargado con miles de toneladas de gas natural licuado (GNL/LNG), para a ilegal e perigosa Reganosa, Planta de Gas situada en Punta Promontorio, no concello de Mugardos, no corazón da Ría de Ferrol, moi próxima a os núcleos de poboación e con máis de 50.000 persoas morando na súa contorna, nun radio de menos de 3.000 metros. Todo un despropósito acompañado de corrupción política e económica.

O buque que entrou nesta ocasión é o “LNG Sevilla Knutsen”, un metaneiro de bandeira española e grande porte, con unha eslora de 290,00 m, 45,80 m de manga, 26,50 m de puntal, 12.90 m de calado e 173.400 m³ de capacidade, moi superior á permitida pola normativa en vigor. Este buque fixo o nº 182 desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Como sempre que entra un buque que pon en perigo á poboación da contorna da Ría de Ferrol, o Comité Cidadán de Emerxencia convocou unha concentración. Desta vez na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, ás 7 da tarde. A concentración desenvolveu-se ao redor da denuncia que presentou o Comité ante a Fiscalía Especial para Delitos Económicos Relacionados coa Corrupción, escrito para que se investiguen dentro das causas abertas pola mala xestión da Caixa Galicia e posteriores entidades derivadas, as irregulares operacións financeiras con Reganosa e a responsabilidade do ex-director xeral da Caixa, José Luís Méndez López que na actualidade segue sendo membro do Consello de Administración da mencionada empresa regasificadora (Acceder á Denuncia).

O compañeiro coordinador do comité Cidadá, Manuel A. Rodríguez Carballeira (Lalán), dirixeu-se ás persoas concentradas e aos cidadán en xeral denunciado unha vez máis á corrupta, ilegal e perigosa Reganosa (vídeo).


http://youtu.be/JwPJJ0pdroQ

Hai dous anos e medio (11 de maio de 2012) que se ditou a Sentenza polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel. Mesmo este 15 de Setembro, foi admitido a trámite, polo Tribunal Supremo, o Recurso de Casación contra a decisión da Xunta de Galicia e o Concello de Mugardos que denegan a nulidade do novo PXOM en execución da mencionada Sentencia.

Tras a Sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a localización de Reganosa, temos que esixir o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • MÓVETE CONTRA A IMPUNIDADE !!
  • PECHE XA!!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA  !!
10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas?

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE ERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada polo:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
6 de novembro de 2014 10:02
_______

venres, novembro 07, 2014

O BNG convoca unha segunda Asemblea Aberta en Ferrol, para recoller propostas para as Municipais 2015 - Sábado 8 de Novembro no Centro Cultural Carvalho Calero


Nas Municipais de 2015 - BNG - Asembleas Abertas

Nova Asemblea aberta "Construindo Futuro" para recoller propostas para as Municipais 2015.

Sábado 8 de Novembro de 2014, ás 6 da tarde, no Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño

Web oficial de "Construíndo Futuro":
http://www.construindofuturo.info/

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/812885198753158/

Conta no facebook:
https://www.facebook.com/bng.ferrol

Conta en Twitter:
https://twitter.com/bngferrol

Sitio-e:
http://bng.gal/ferrol/

Correo-e:
ferrol@bng-galiza.org

Local Social:
Rúa Naturalista López Seoane, 13 Baixo | Esteiro - 15402 Ferrol
Telf.: 981 364 058 | Fax: 981356 700
_____________

BNG - Asembleas Abertas en Ártabra 21 | Acceder.

BNG - Asembleas Abertas no buscador libre Duckduckg | Acceder.
___________________

Este xoves 6N houbo unha Xunta comarcal da Alianza Social Galega para mobilizar-se ante a aceleración da tramitación para a aprobación Lei Mordaza

XUNTANZA ALIANZA SOCIAL GALEGA
COMARCA DE FERROL


Ante o acelerón da tramitación parlamentaria da Lei de Seguridade Cidadá, celebramos unha xuntanza este xoves, 6 de novembro ás 18 horas nos locais do Sindicato CIG coa asistencia dos Secretarios/a comarcais dos sindicatos CIG, CC OO, UGT. Carlos Outeiro pola Mesa Normalización Lingüística, Xosé M. Sanxoán pola Plataforma Sanidade Pública de Ferrolterra, segundo os acordos tomados pola ALIANZA SOCIAL GALEGA este pasado día 24 de outubro en Santiagpo de Compostela e que se traslada as comarcas as seguintes accións e mobilizacións.    

Xoves, día 13 de Novembro pola tarde .-
CONCENTRACIÓN SILENCIOSA diante da sede do Partido Popular.

Domingo 23 de Novembro, ás 12 horas .-
MANIFESTACIÓN COMARCAL con saída da Praza de España, continuando pola Rúa Real até a Praza do Concello.

Ferrol, a 6 de novembro de 2014.-

Secretaría .-

Notas.-
  • O Sindicatos UGT non apoia mobilizacións contra os Partidos Políticos e non apoia esta concentración.
  • A cartelaría estará dispoñible para recoller nos sindicatos.    
  • O MANIFESTO o vai ler un membro da Mesa de Normalización.                       
  • A pancarta de cabeza irán os representantes sindicais, CC OO, CIG, UGT, USTG, SINDICATOS DE ESTUDANTES, A MESA, PLATAFORMA SANIDADE PÚBLICA-FERROLTERRA.
  • Os representantes dos sindicatos encargaranse das comunicacións, manifesto, notas de prensa...etc.    
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
www.plataformadspferrol.blogspot.com
plataformadspferrol@gmail.com

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol gmail.com-
6 de novembro de 2014 23:34

___________________

xoves, novembro 06, 2014

As Marchas da Dignidade manifestaron-se en Ferrol como no resto das cidades da Galiza, para anunciar a grande mobilización 'Ocupemos o Obradoiro' do 29N


A Ruada da Dignidade avanzou polas rúas de Ferrol enfrontando o vento e a chuvia que acompañou esta tarde á reivindicación de Pan, Traballo e Teito!

O obxectivo deste rueiro era informar á cidadanía da mobilización do 29 de Novembro que baixo o lema “Ocupemos o Obradoiro”, pretende encher de xentes vindas de diferentes puntos de Galiza, a cidade de Compostela.

Polo dereito ao traballo, pola defensa dos servizos públicos, polo dereito a unha vivenda digna, contra a corrupción, por unha auditoria da débeda, contra o abuso bancario,... son algunhas das reivindicacións que se escoitaron nesta marcha que rematou nunha asembleia a micro aberto, diante do edificio da Xunta.

De Ferrol partirán autobuses o propio día 29 de novembro, e unha columna partirá andando o dia 24 para unirse á columna que partirá d'A Coruña e cubrir os 100 quilómetros que separan a comarca Ártabra da capital de Galiza.

#29NeuVOU #29NOcupemosObradoiro
O 29N en Compostela en “Ocupemos o Obradoiro”, cinco columnas das Marchas da Dignidade sobre Santiago de Compostela. E no resto dos territorios e nacións do Estado, o 29N cinco millóns de persoas na rúa contra o réxime corrupto, polo PAN, TRABALLO e TEITO.

Aberta a inscrición para participar nas marchas do 29N:

. Camiñando do 24 ao 29 de Novembro.

. En Autobús o 29 de Novembro.

Contacta con nós enviando un correo a:
marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com

O 29N, Ferrolterra Vai!

Marchas da Dignidade Ferrolterra Contacto: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Grupo no facebook:
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/ | Conta no facebook: https://www.facebook.com/MarchasDignidade | No twitter: https://twitter.com/galizaMarcha22M | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/.

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!
____________

Aberta a inscrición para o Congreso Hildegart que se celebrará do 5 ao 8 de decembro de 2014, no Ateneo Ferrolán


Aberta a inscrición para o Congreso Hildegart


O Congreso do centenario de Hildegart Rodríguez Carballeira vai celebrarse nos días do 5 ao 8 de decembro de 2014. A inscrición para o mesmo está xa aberta na web do congreso http://congresohildegart.ateneoferrolan.org/  e na secretaría do Ateneo (R/Magdalena, 202-204). O prezo da inscrición para o Congreso será de 6 euros e para as persoas socias do Ateneo e outras entidades organizadoras, será de 5 euros.

A entrada ao congreso será libre, mais as persoas inscritas terán dereito ademáis ao material do Congreso, un desconto no material da tenda do Congreso e un diploma de asistencia.

--
Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
www.ateneoferrolan.org
e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.:  +34 981 357 970 |
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | FERROL (A Coruña)
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
Tamén no Facebook: http://www.facebook.com/pages/Ateneo-Ferrolan/134569549934117
Séguenos en Twitter: @ateneoferrolan
Campaña de APOIO e DEFENSA do Ateneo. Patrimonio da cidade
APOIA e DIFUNDE!
https://www.facebook.com/pages/Salvemos-o-Ateneo/1430118530577463?ref=hl
http://salvemosoateneo.blogspot.com.es/p/o-ateneo.html
Faite soci@! Colabora con nos!
Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar-Cajarural Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350


Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-secretaria@ateneoferrolan.org-
5 de novembro de 2014 19:01

_________________

mércores, novembro 05, 2014

A CIG repudia a manipulación e utilización perversa do Informe do Consello de Contas e advirte que presentará denuncia na Fiscalía - Presentará unha querela contra a Xunta de Galiza por discriminación na adxudicación dos cursos de formación - Vídeo


Ante a información que está saíndo estes días nos medios de comunicación referida aos cursos de formación na que deliberadamente se intenta vincular a nosa central sindical con posíbeis corrupetelas na utilización de fondos públicos. | A CIG repudia a manipulación e utilización perversa do Informe do Consello de Contas e advirte que presentará denuncia na Fiscalía. | Presentará unha querela contra a Xunta de Galiza por discriminación na adxudicación dos cursos de formación.


Diante da utilización perversa e da manipulación que se está a facer do Informe do Consello de Contas, co que se pretende trasladar a opinión pública a imaxe dunha utilización fraudulenta dos fondos de formación, entre outras organizacións por parte da CIG, a central nacionalista toma a decisión de presentar unha denuncia e entregar dito Informe perante a Fiscalía para que quede irrefutabelmente probado que por parte da CIG non houbo utilización fraudulenta nin delituosa no uso destes fondos públicos.

Ademais presentará unha querela contra a Xunta de Galiza por discriminación na adxudicación dos cursos de formación e solicitará rectificación pública a aqueles medios que baixo o epígrafe “Los escándalos de corrupción” están a publicar informacións que “denigran” a imaxe da central sindical. De non o faceren a CIG presentará unha querela por “difamación e inxurias”.

Así o anunciou esta mañá en rolda de prensa o secretario xeral, Suso Seixo, quen compareceu acompañado polo secretario confederal de Formación e apoderado de forGA, Anxo García Torres.

Neste sentido, Seixo subliñou que se do Informe do Consello de Contas se desprendese algún elemento que puidera ter carácter delituoso tería que ser o propio Consello de Contas quen entregara o informe á Fiscalía. “Damos por feito que se non fixo é porque non ve tales indicios”, afirmou. En todo caso, explicou que o fará a propia central sindical porque “ante a manipulación que se está a facer por certos medios de comunicación destes datos, para preservar a imaxe da CIG e que quede claro que non se cometeu ningún delito, pedimos que esta proceda a investigar e actuar”.

Xunto a isto anunciou que a CIG tamén vai presentar querela por prevaricación contra a Xunta de Galiza por discriminación na adxudicación de cursos. Nestes momentos, acumúlanse preto de 15 sentenzas do TSXG onde se recoñece a existencia de dita discriminación e nas que mesmo se fan chamamentos expresos á Xunta para que remate con esta actitude, indicándose incluso que a Xunta “está a actuar con mala fe e temeridade respecto dos cursos de formación que lle está a denegar de forma continuada á central sindical”.

Intencionalidade política

A este respecto o secretario xeral da CIG sinalou que “non é casual que se faga público nestes momentos un informe que está elaborado hai tempo e que aparece publicado xusto agora cunha clara intencionalidade política”. A isto engadiu que, ao seu entender, o que se pretende é “tapar as denuncias de malversación de fondos públicos e de uso fraudulento dos fondos de formación por parte das empresas de Gerardo Crespo –Operación Zeta-, con graves implicacións no propio PP e dalgúns dos seus dirixentes, nesa suposta trama de corrupción, que poden mesmo chegar ao Presidente da Xunta por vínculos de amizade con algunhas persoas implicadas”.

Considerou que intentar vincular, a través do informe do Consello de Contas, certas irregularidades administrativas que se mencionan no mesmo co caso da trama de corrupción da Operación Zeta é “tremendamente inxusto” porque se poñen ao mesmo nivel posíbeis irregularidades administrativas con un caso de “uso fraudulento e malversación de cartos públicos”, intentando denigrar a imaxe da nosa central sindical  cando a CIG “ten demostrado ao longo dos anos a nosa pulcritude en todo o relacionado coa utilización dos recursos dos cursos  de formación”.

Seixo abundou que con esta manobra “búscase, por parte do PP, e coa descarada complicidade dalgún medio de comunicación que lle debe favores, dar a imaxe de cara a opinión pública de que todas as entidades que participamos na impartición de cursos de formación facemos un uso fraudulento e corrupto dos recursos”.

A isto, Anxo García Torres engadiu que, de feito, a forGA se presentou como acusación popular na causa penal de Gerardo Crespo o pasado 24 de outubro, porque “é parte interesada en que se aclare o que está ocorrendo cos cursos de formación”.

O suposto negocio da formación

O secretario xeral da CIG especificou ademais que lonxe de ser un negocio, a formación á CIG cústalle cartos. Sobre isto explicou que tal e como está montada por parte da Xunta, máis alá de recortar de forma tremenda os recursos destinados á mesma, o que está provocando é que se dificulte proporcionar formación recorrendo ao mecanismo de entregar por adiantado só o 20% do custo dos cursos o que obriga tanto á CIG como á forGA a recorrer a pólizas de crédito para poder financiala. “Se non estiveramos a financiala cos nosos propios recursos hoxe habería traballadores e traballadoras en Galiza que non poderían acceder a ela”.

Para Seixo de fondo está tamén a intención de dar unha mala imaxe do actual modelo de formación para ir cara o modelo que defende o PP, que é entregarlle directamente os recursos ás empresas para que, ao final, sexan os grandes grupos quen controlen a formación profesional.

Nese sentido, Anxo García Torres, explicou que a formación para o emprego é unha parte da negociación colectiva e que hai tres maneiras de impartila: completamente pública, que é a opción que defende a CIG; xestionada polos axentes sociais, que é o actual modelo, porque son parte da negociación colectiva, ou privatizada por completo, que é a dirección cara a que quere camiñar o Partido Popular. “Consecuentemente, o negocio da formación está na terceira, na privatización completa dos recursos dos traballadores que pagan a través da súa nómina”. Por iso cuestionou que se fagan titulares nos que se fale do “gran negocio da formación, cando é o que quere o PP e ao que nós nos opoñemos”.

Informe do Consello de Contas

No relativo aos aspectos salientados nas diferentes informacións publicadas a respecto do Informe do Consello de Contas sobre supostas irregularidades administrativas, García Torres foi explicando unha tras outra matizando que, en todo caso, ditas explicacións xa están recollidas nas alegacións presentadas ao propio Informe no seu momento por parte da forGA. Así mesmo, destacou que no propio  informe da Asesoría Xurídica do Consello de Contas aválanse as alegacións presentadas pola CIG sobre estas cuestións, entre elas que información e cal non debía entregarse pola central sindical e forGA ao Consello de Contas.

Sobre os “cursos singulares”, como o de Cata de Viños ou de Inglés lembrou que foron previamente aprobados pola consellaría de Traballo e que foron solicitados “non porque singularmente nos dera un día por solicitalos senón en base á demanda que hai en certos sectores produtivos deste país”. Por iso considerou que tildar de “singular o curso de cata de viños, co sector vitivinícola que hai en Galiza é non saber de que estamos falando”.

Respecto do tema da subcontratación de forGA con outras entidades afirmou que “é certo” e ademais “totalmente legal”, tal e como recolle explicitamente a normativa pola que se rexe a convocatoria de cursos de formación, na que especificamente se estabelece que no caso da contratación da docencia non ten consideración de subcontratación.

Canto ao aluguer dos locais da CIG que utiliza a forGA para impartir a formación, dicir que iso é absolutamente obrigatorio entre dúas entidade con personalidade xurídica propia que teñen unha relación comercial e na que estes alugueiros se pagan a prezo de mercado. De non facelo así, matizou, “si que estaríamos cometendo unha ilegalidade e ademais, esta actividade de alugueiros de locais está dada de alta como tal en Facenda e por ela, a CIG paga o IVE e o Imposto de Sociedades”.

En todo caso, o secretario confederal de Formación subliñou que toda a información económica, contable e fiscal de forGA é pública e consta no Protectorado de Fundacións da consellaría de Presidencia.

Respecto da indicación de que non constan partes asinados polos alumnos/as da forGa explicou, como xa se fixo constar nas alegacións remitidas, “que estamos a cumprir escrupulosamente” co que estabelecen a este respecto as instrucións das propia Dirección Xeral de Colocación e Formación, que determinan que mensualmente se debe cubrir un parte denominado ‘Modelo E,’ que recolle a asistencia mensual no que o profesorado ha asinar diariamente o control e asistencia de cada un dos alumnos. “Outra cousa é que o Consello de Contas considere que isto non é suficiente, mais nese caso terá que solicitar da Xunta de Galiza que modifique as instrucións”, concluíu.                   

Santiago de Compostela, a 5 de novembro de 2014

Agardando que sexa do voso interese.
Recibide un cordial saúdo.
Gabinete de Comunicación CIG

Para máis información sitio-e do Forga:
https://www.forga.gl/


http://youtu.be/wDKPd5k5JVw


Enviado por:
Confederación Intersindical Galega
cig-galiza@cig-galiza.org-
5 de novembro de 2014 19:21

Ante a información que está saíndo estes días nos medios de comunicación referida aos cursos de formación na que deliberadamente se intenta vincular a nosa central sindical con posíbeis corrupetelas na utilización de fondos públicos, remitos o posicionamento oficial da CIG e pedímosvos que fagades a maior difusión posíbiel entre o voso entorno desta información. | Así mesmo, ademais desta nota, podes visitar a web da CIG e forGA para ter información máis detallada sobre esta cuestión. | Suso Seixo, Secretario Xeral da CIG.

________________

O Colectivo Ártabra 21 chama a participar nas mobilizacións das Marchas da Dignidade do 6 e 29 de Novembro - #6NRuadaDignidadeFerrolterra - #29NeuVOU #29NOcupaObradoiro


MOBILICEMO-NOS COAS MARCHAS DA DIGNIDADE POR UN OUTRO MODELO SOCIAL SUSTENTÁBEL, DEMOCRÁTICO, PARTICIPATIVO, XUSTO E SOLIDARIO

Este outono chegou quente, parecía que se prolongaba o verán, mais o comezo de novembro levou-nos á cruda realidade, as borrascas coa chuvias, tronadas e sensación de frío, ... indican-nos que é necesario pensar en quen está vivindo unha situación límite nas súas condicións de vida. Ferrolterra, Eume e Ortegal, comarcas avellentadas, en declive industrial e demográfico, necesitan un revulsivo social, necesitan despertar, saír á rúa e reivindicar, construír, poñer as bases para transformar. Crianzas na escola sen apenas almorzar, zapatos furados e mollados, sen a roupa adecuada, ... pais e nais nas casas sen actividade laboral remunerada, prestacións esgotadas, nin renda básica de subsistencia elemental. Apoios familiares, Cáritas, Cociña Económica, ... en definitiva caridade, ... fai falta un estado social de Solidariedade, de compartir, de criar estrutura solidaria e xustiza social, comunitaria ou pública, mais colaborativa e corresponsábel. Iso de se nos tocan a un tocan-nos a tod@s, onde está?. Están tocando a moitas e moitos miles, mais non se albisca solución. O naval tocado apunto de afundir-se, polas políticas ocultas dos diferentes gobernos que moitos vemos: cargar-se o naval público, un sector clave para as nosas comarcas. Algúns medios de comunicación amosan-nos un réxime corrupto, esgotado, insolidario, inxusto, ... gobernado por unha casta de políticos mediocres e ladróns, que en vez de servir ao pobo, comportan-se como samesugas insaciábeis. Mentres a esquerda social e política está cega, muda, xorda, ... cando non lixada por elementos oportunistas, arribistas e corruptos, seguen-se ocupando das súas pequenas leiras, para non perder espazo político, ou competindo por un pequeno espazo nunha institución, sen dar-se conta de que o que hai que facer e gañar e transformala en beneficio dos intereses e necesidades do pobo.

A situación de desemprego, nas comarcas do noroeste galego, non por non novidosa, non deixa de ser preocupante, sobre todo por falta de perspectivas de futuro, de esperanza. Non hai proxectos, nin planos de futuro, desde os poderes públicos, para que as cousas cambien para mellorar a situación da poboación. Por poñer só un exemplo, en datos facilitados pola última Enquisa de Poboación Activa [1], da cidade de Ferrol (redondeados en centenas), dun total de 60.100 persoas maiores de 16 anos, as persoas que teñen un emprego ou o buscan, son unhas 30.200, é dicir mais ou menos a metade, das cales están empregadas só 21.200, e sen emprego 9.100 persoas (unha taxa de desemprego superior ao 30%) [2]Estes datos de pouca actividade e de desemprego son moi alarmantes, sobre todo se parece que se están convertendo en crónicos. O concello de Ferrol, agoniza non só polo seu declive (industrial, urbanístico e demográfico) senón que principalmente pola ferida do desemprego e a precariedade, ao resto dos concellos das comarcas, pasa-lles outro tanto.
                        
Desde as Marchas da Dignidade de Ferrolterra veñen denunciando esta situación, mais sobre todo queren estar mobilizad@s contra esta situación, o paro e a precariedade non debe ser o noso estado natural, non queremos esta situación, queremos mellorar e vivir con dignidade, queremos Pan, Traballo e Teito.

Este inverno, non queremos pasar frío, non queremos pasar fame, non queremos vivir na pobreza enerxética, non queremos que as nosas amizades e familias teñan que seguir pagando (precarizando-se) por que os poderes públicos, os partidos do sistema, a casta política, só actúe e viva para enriquecer-se, empobrecendo-nos á grande maioría da poboación.

A casta dos grandes empresarios agora anuncian-nos que se pode crear emprego [3], precarizando aínda máis á maioría da poboación, recortando-nos servizos públicos e dereitos, e que só enriquecendo-se eles, pode-se criar "emprego". Malditos unha e outra vez, malditos, ... Non lles chega con facer-nos pasar un inverno de morte, fame, enfermidades e moita precariedade. Agora queren seguir gobernando as nosas vidas, decidindo cando temos que comer e cando non, ... Preparemos a loita este outono, e combatamos no inverno e a primavera será nosa, hai que botalos !! pero con "b", botalos dos gobernos, incapacita-los para tomar decisións por todos nós, hai que botalos das nosas vidas e que devolvan o roubado, con intereses e comisións, ...

Para máis miseria esta-se negociado o Acordo Transatlántico de Comercio e Inversións (TTIP nas súas siglas en inglés), entre EUU e a Unión Europea onde se pretende entregar o control das nosas vidas, dos nosos bens, das nosas terras, dos nosos servizos públicos, ... ás grandes corporacións multinacionais [4].

Limitan o acceso á xustiza, impoñendo as taxas xudiciais, recortan en sanidade, educación, dependencia, … ; privatizan os servizos públicos, a xestión da auga e venden os nosos servizos de saúde e hospitais a fondos de inversións e corporacións multinacionais; impoñen a LOMCE que é o mesmo que o conservadorismo rancio e o neoliberalismo entren nas aulas contaminando ás nosas crianzas; e lexislan para deteriorar aínda máis á universidade pública pretendendo expulsar, pola vía de falta de recursos económicos, á clase traballadora dos estudos universitarios; teñen preparada unha Lei Mordaza, din de "seguridade cidadá", para criminalizar a protesta e limitar a liberdade de expresión, folga e manifestación;  pretendían roubar o dereito das mulleres a decidir sobre o seu propio corpo, mais non puideron; ...

Organícemo-nos, concienciemos, mobilícemo-nos, a situación xa é insoportábel para miles de familias, ... loitemos por unha renda básica, contra a pobreza enerxética, por unha vivenda digna e contra a exclusión social. Denunciemos, fagamos visíbel o que "están sufrindo de xeito indignante a outra cara da corrupción e o latrocinio das elites". A outra cara do réxime corrupto, son as miles de persoas vítimas do sistema de ladróns, do sistema político que permite que miles, centos de miles e millóns de persoas vivamos na precariedade, sen futuro, coa ameaza da pobreza crónica, de malvivir da caridade.

Os datos da última Enquisa de Poboación Activa (EPA) veñen demostrar que as políticas de precarización, desprotección social e empobrecemento da clase traballadora que está levando a cabo o goberno do, polo de agora, Reino de España e o da Xunta de Galicia, e mesmo os dos concellos, están expulsando a milleiros de persoas do seu chamado mercado laboral, "destruíndo o que queda de traballo digno e estábel e xerando empregos miserábeis que están facendo cada vez máis frecuente a figura do traballador ou traballadora que, malia ter un posto de traballo, segue na pobreza e a exclusión. Lonxe de mellorar a situación de emerxencia social, non deixan de profundala cun transfundo obsceno de escándalos de corrupción que desbasten sobre todo ás vítimas deste réxime que se ve forzado a facer redadas masivas de políticos".

As nosas propostas teñen que saír á rúa: ningunha persoa en paro sen prestación; nin un desafiuzamento máis, parque público de vivendas, vivenda digna e adecuada para tod@s; non á emigración forzosa da mocidade; acabar coa criminalización das persoas inmigrantes, recoñecendo a súa contribución a fomentar a diversidade e riqueza do noso País, e tamén recoñecendo os seus dereitos como calquera outra cidadá máis; como medida moi urxente: non consentir que haxa familias que se queden sen os recursos enerxéticos necesarios para a supervivencia; establecemento dunha renda básica, incondicional e universal; garantir que ningún neno e nena carezan de alimentación, vestimenta adecuada, acceso ao material escolar, acceso a auga e a enerxía; garantir a protección e os coidados esenciais ás persoas maiores; garantir o dereito à saúde a través dos sistemas públicos de prevención e dun sistema sanitario público e universal, sen repagos, nin copagos; ... participar nas mobilizacións das Marchas da Dignidade do 6 e 29 de Novembro.

#6NRuadaDignidadeFerrolterra
PARTICIPA, EN FERROL, O XOVES 6 DE NOVEMBRO, ÁS 6 DA TARDE DESDE A PRAZA 10 DE MARZAL (entre As Pías e as Casa Baratas) e remate sobre as 7 da tarde, cunha Asemblea Popular Aberta na Praza Amada Garcia (Diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia).
#29NeuVOU #29NOcupaObradoiro
O 29N en Compostela en “Ocupemos o Obradoiro”, cinco columnas das Marchas da Dignidade sobre Santiago de Compostela. E no resto dos territorios e nacións do Estado, o 29N cinco millóns de persoas na rúa contra o réxime corrupto, polo PAN, TRABALLO e TEITO.

Ferrol, a 4 de Novembro de 2014

Colectivo Ártabra 21 | Correo-e: artabra21@gmail.com |
Sitio-e: http://artabra21.blogspot.com.es/. | Somos.

Notas.-
[1] Datos da última EPA (Enquisa da Poboación Activa) correspondente ao terceiro trimestre de 2014, publicada polo IGE (fonte do INE) o 23 Outubro do mesmo ano.
http://www.ige.eu/estatico/estat.jsp?ruta=html/gl/OperacionsConxunturais/EPA.html
[2] Hoxe agardamos que se publiquen os datos de paro rexistrado que só van variar un pouco, dado que non todo o mundo se rexistra e tamén polo sistema de contabilizar, pois por exemplo non se contabilizan as persoas que cobran subsidio para maiores de 55 ou mesmo as persoas desempregadas que están realizando cursos de formación.
http://www.ige.eu/
[3] O Consello Empresarial pola Competitividade (CEC), integrado polos grandes empresarios de España, propón novas reformas para crear 2,3 millóns de emprego en catro anos e asegura que a taxa de paro podería reducirse así ao 14,2 % en 2018.
http://www.europapress.es/economia/laboral-00346/noticia-economia-macro-grandes-empresas-proponen-medidas-situar-paro-debajo-11-2018-20141103113013.html
[4] Acordo Transatlántico de Comercio e Inversións (TTIP nas súas siglas em inglés), entre EUU e a Unión Europea.
http://www.mrafundazioa.org/es/articulos/este-tratado-comercial-transatlantico-es-un-ataque-frontal-contra-la-democracia
https://stop-ttip.org/
http://noalttip.blogspot.com.es/
__________________

martes, novembro 04, 2014

Asemblea Aberta de Barrio, da 'Marea Ártabra', en San Xoan Berton, este mércores 5 de Novembro, ás 6 da tarde, na Praza de Rosalía e, se chovese, no local da asociación veciñal

Continuando coa súa actividade expansiva e de contacto coa veciñanza nos diferentes barrios da cidade, a Asemblea Aberta da 'Marea Ártabra' de Ferrol, acordou un calendario para o mes de novembro. Ademais do que agora nos anuncia para mañá mércores 5 de novembro, tamén están programadas asembleas abertas de barrio en Ferrol Vello, para o xoves, 13; en Canido para o xoves 20; e en Santa Mariña, para o xoves 27.

Asemblea de barrio San Xoan Berton

Por acordo da asemblea o mércores 5 de novembro en San Xoan Bertón, na Praza de Rosalía e, se chovese, no local da AVV, ás 18:00 horas terá lugar asemblea de barrio da Marea Ártabra de Ferrol, onde daremos conta do que é a Marea Ártabra, os nosos obxectivos de cambio da política municipal coa máxima participación cidadá e transparencia, para acadar un Concello do pobo para o pobo. Darase a palabra aos veciños e veciñas que queiran para poñer de manifesto a problemática específica do seu barrio e, así, paralelamente ir elaborando un programa político para o Concello de Ferrol.
É a hora de abrir as xanelas e deixar paso á Marea Ártabra, unha marea de aire novo, a marea dos pobos de Ferrolterra, da inmensa maioría que sofre os recortes de dereitos, unha marea das xentes que queren varrer do mapa e para sempre a política dos que gobernan para uns poucos e xestionar e rexer nós mesmos/as os nosos destinos.

Porque somos maioría as persoas que queremos gobernos que veñan servir aos concellos e non servirse deles, que pensamos que os cargos públicos deben estar ao servizo dos e das cidadáns e non dos seus partidos, que queremos corporacións locais que defendan os intereses estratéxicos dos seus territorios, que temos a certeza de que alternativas comúns, candidaturas cidadás e plurais a partir do protagonismo directo dos veciños e das veciñas poden devolver os concellos á cidadanía.

Por iso, nós, que formamos parte desta Marea Ártabra, queremos alentar un proceso asambleario que rescate a esperanza e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría social promovendo candidaturas de unidade para as vindeiras eleccións municipais, subliñando a importancia que teñen os concellos como espazos de participación, transformación e emancipación, proceso que necesariamente debe culminar coa convocatoria dunha grande asemblea cidadá, un proceso para un novo suxeito político do que saia un programa e unha candidatura do pobo e para o pobo.

Foto da pasada asemblea no barrio de Recimil | 23.10.2014.

Reparto da convocatoria entre a veciñanza


Este martes 4 de novembro,  ás 11:00 e ás 18:00 haberá reparto de volantinas e cartaces no barrio para dinamizar a asemblea, sendo o punto de encontro a cafetería Piaceri na Estrada de Castela 223.

Un saúdo

Grupo de comunicación da coordinadora da Marea Ártabra

Como asinar o manifesto e unirse á 'Marea Ártabra'
Pode-se asinar o manifesto de apoio cubrindo un formulario no seu sitio na rede: Acceder.

Para contactar
Presentou-se o manifesto que se pode ler nun blogue que abriron no seguinte enderezo: http://mareaartabra.blogspot.com.es/  ou mareaartabra.org. Tamén hai un enderezo de correo electrónico: mareaartabra[arroba]gmail.com.

A Marea Ártabra nas redes sociais
:
Enlaces relacionados:

A 'Marea Ártabra' en Ártabra 21 | Acceder.
A 'Marea Ártabra' desde o buscador libre DuckDuckGo. | Ir a Web.

Información baseada na enviada por:
marea artabra
-mareaartabra@gmail.com-
3 de novembro de 2014 23:214
4 de novembro de 2014 14:09
___________________

luns, novembro 03, 2014

Rolda de Prensa das Marchas da Dignidade Ferrolterra para convocar a 'Ruada da Dignidade' do 6N na Praza Dez de Marzal e #OcupaObradoiro do #29NeuVOU - Vídeo


Hoxe, 3 de novembro de 2014, tivo lugar a Rolda de Prensa das Marchas da Dignidade Ferrolterra, ás 12 do mediodía, no interior da Oficina da Avenida de Vigo, do Servizo Galego de Emprego.

O motivo do encontro cos medios, foi informar das actividades das Marchas da Dignidade que convocaron á cidadanía a participar o 6 de Novembro, nas 7 cidades galegas, en manifestacións que servirán coma preparación para unha marcha reivindicativa que confluirá en Santiago de Compostela o 29 de Novembro ás 12:00 do mediodía baixo o lema "Ocupemos o Obradoiro".

En Ferrolterra, a manifestación será en forma de Ruada da Dignidade, unha mobilización de carácter informativo que comezará na Praza Dez de Marzal ás 6 da tarde, para rematar na Praza Amada Garcia nunha Asemblea Popular Aberta, onde quen quixer apoiar ás Marchas poderá tomar a palabra.

Unha vez máis, as consignas PAN, TRABALLO E TEITO serán o nexo común que xunte as aspiracións das máis de corenta organizacións e colectivos sindicais, políticos e dos movimentos sociais de Galiza, ao respecto da situación que estamos a vivir a maioría social, que somos @s traballador@s e os sectores populares.

A Rolda de Prensa foi para explicar os obxectivos e desenvolvemento dos actos citados, e o papel das Marchas da Dignidade Ferrolterra neles.

Por que se escolleu a oficina de emprego para realizar a Rolda de Prensa?

"Escolleu-se este emprazamento en relación ás últimas estatísticas que sitúan a Ferrol coma a cidade con maior taxa de paro de Galiza, duplicando as contabilizadas noutras cidades galegas coma A Coruña, Lugo e Santiago. ...".

Evento no facebook da Ruada da Dignidade do 6N en Ferrol:
https://www.facebook.com/events/651608051624816/


http://youtu.be/rfOuJb5QgzQ

Marchas da Dignidade Ferrolterra Contacto: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Grupo no facebook:
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/ | Conta no facebook: https://www.facebook.com/MarchasDignidade | No twitter: https://twitter.com/galizaMarcha22M | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/.

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!
____________

domingo, novembro 02, 2014

De fondo as Eleccións Municipais de Maio de 2015: Sobre o asalto da praza ao palacio municipal


Desde Ártabra 21 convidamos a ler e analizar a editorial de Somos Ninguén (ideas para o común), publicada no seu sitio-e o pasado 13 de Outubro, as compañeir@s fan unha completa reflexión que consideramos de interese para quen rexeita o Capitalismo como modelo social, cultural e económico e aposta pola transformación social, por un outro mundo posíbel e necesario. Paga a pena parar-se con este texto que pasamos a transcribir a continuación. E se non é moito pedir, de paso, ler o moi actual 'Chamamento aos electores da Comuna de París de 1871' que está transcrito con anterioridade.

Sobre o asalto da praza ao palacio municipal

A aparición de iniciativas cívicopolíticas en distintas urbes e vilas de Galiza, dirixidas a que a praza entre tamén nos palacios municipais, é un síntoma de que a cidadanía se move, é crítica, non traga. Cualidades extraordinarias para aqueles pobos que rexeitan o neoliberalismo como cultura de vida, os narcóticos do bipartidismo e que receitan grande coalicións para resolver os problemas dos seus, non dos nosos.

Unha das reflexións máis interesantes xurdidas ao fío da efervescencia política que vive o país reside no compromiso dos movementos sociais de daren o paso de asumir responsabilidade política institucional e, por tanto, abrir a posibilidade de candidatarse para ocupar un espazo institucional. Unha vez adoptada esta decisión, a tarefa de base no eido sociopolítico realizada por distintos colectivos debe confluír nunha alternativa programática e práctica total ao poder estabelecido. Isto inclúe sopesar os escenarios máis que probábeis despois de maio de 2015, dende a política de alianzas -por acción ou por omisión- ate a procura de vías concretas na vida municipal para comezar a fuxida do capitalismo e da lóxica do lucro. A maiores, os concellos que estabelezan maiorías non neoliberais deberán adoptar -son imprescindíbeis para vida dos máis- decisións políticas que os colocarán en situación de insubmisión legal. Porque esa é a paisaxe real que debuxan os anos de proceso deconstituínte e de demolición de todos os marcos políticos con cheiro a pacto entre clases. Ten o movemento socio político realmente existente potencia abonda para se enfrontar á máis que probábel ofensiva do bloque dominante?

O debate arredor da participación dos movementos sociais na vida institucional parece estar abondo maduro para responder en clave afirmativa. Guanyem Barcelona ou a Marea Atlántica teñen o embrión nas prazas e nos espazos públicos onde levan anos combatendo a prol da cidadanía do común e cun alto grao de independencia partidista. Este último feito, a súa autonomía, dótaos dunha distinción positiva ante formulacións da esquerda e do nacionalismo excesivamente ligadas ás cúpulas dos partidos políticos e aos intereses inmediatos, adoito de mera auto reprodución. Porén, de consolidarse a decisión de participar nas eleccións municipais, haberá que afrontar outra cuestión: até que punto se hipotecarían os movementos sociais se as súas expresións asociativas se centran no eido político-institucional? A compatibilidade é posíbel pero tamén a fricción entre ambos espazos. Procurar fórmulas que desactiven esta dicotomía resulta unha cuestión non menor.

Esta nova ficha no taboleiro da esquerda galega obrigou ás organizacións políticas xa existentes a posicionarse. Deron respostas dispares. A sociedade civil -segundo a entendía Gramsci e non segundo a máis común acepción liberal- móvese a maior velocidade e con máis capacidade de invención ca as maiormente esclerotizadas cúpulas partidistas. Estas responden con boa vontade, no mellor dos casos, ou cun repregamento narcisista, no peor. Non entenden que a inestabilidade do capitalismo provoca mutacións profundas na existencia das persoas e, polo tanto, na política. Neste escenario, esvaécese aquel mundo en que a esquerda fiaba as súas posibilidades ao electoral e logo, unha vez nas institucións, administraban políticas salvíficas sen máis atadura ca a propia palabra dada e a militancia no partido. Agora os votos deciden tamén ser políticos e queren o poder. Para iso, formulan estruturas e mecanismos para garantir a participación do movemento cívico. Velaquí sen dúbida o gran reto que marcará a distancia coas outras ofertas electorais e servirá de baremo para coñecer se realmente é posíbel artellarmos na praxe unha democracia radical.

Nas mareas

A Marea Atlántica da Coruña foi pioneira en interpelar o pobo saltando calquera filtro partidista. Pero, ao mesmo tempo, obrigou aos partidos a intervir, porque a súa mensaxe radical e aberta afectaba as súas propias bases. As reaccións ao seu chamado resumen o campo do posíbel das estratexias partidistas.

Por unha banda, as declaracións de desprezo e altanería por parte do portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, revelan un entendemento aristocrático da cousa pública e unha visión de curto alcance sobre o que acontece na nación galega. Entregado e diluído nun discurso á vez sectario e moderado -todo dentro dunha orde, quen son estes que veñen alterar o que estaba ben como estaba-, con todo Vence foi desautorizado non se sabe moi por quen e pasou de avalar as teses dos alcaldes neoquintanistas aínda no Bloque ou de cuestionar mesmo as siglas da organización a ser máis papista que o papa. En calquera caso, non poucos militantes de base do BNG expresaron, e expresan distancias, coa postura da súa propia dirección.

As forzas integradas en AGE, o outro polo da esquerda nacional, tiveron posicións matizadamente diferentes, aínda que todas apostan pola participación individual en candidaturas de unidade popular. Pero a diferenza de ambas posturas son un retrato da desorientación practicamente absoluta da hipótese política denominada Fronte Ampla. O caso das mareas de Ferrol e de Vigo pode servir de exemplo perfecto para falar tanto de Esquerda Unida como de Anova. Desta última organización, en Vigo, atópanse entre os promotores da marea varios dos seus dirixentes locais (e o apoio explícito á metodoloxía aberta e non controlable cupularmente por parte da Coordenadora Local de Anova) que choca coa promoción dun presunto Gañemos Vigo -que nunca celebrou asemblea ningunha- por parte da deputada de AGE Chelo Martínez. No caso de Esquerda Unida existe unha comprensión do papel que debe xogar esta organización nos procesos de base no caso vigués que bate co intento de protagonizar e controlar a Marea Ártabra cunha rolda de prensa desacertada en absolutamente todo.

As mareas son procesos imprevisíbeis. Este carácter xera o temor nas cúpulas partidistas afeccionadas a pactar nas mesas, restaurantes e salóns privados. A incerteza alarma a aquelas organizacións que botan contas sobre as estruturas de control e financiamento derivadas da súa presenza municipal e da que tantos réditos extraen arestora.

A autonomía e soberanía das mareas debe ser un principio intocábel. É o xeito de garantir, ou de tratar de garantir, un proceso lonxe do control por arriba, da negociación de burócratas a nivel nacional. Ben se sabe que estas negociacións tamén poden existir no eido local, pero o peso e o protagonismo dos movementos sociais das localidades dificulta estes amaños. Esta soberanía non desemboca na inexistencia dun programa de mínimos que sirva de fío a todas as candidaturas cidadás. Por iso, o encontro recentemente celebrado na Coruña -que agardamos sexa o primeiro pero non o derradeiro- das distintas iniciativas parece un marco axeitado para poñer en común os retos, traballos e conclusións desta viaxe común. Sobre todo, é moi necesario atopar a fórmula xurídica para enfrontar a loita nas deputacións, verdadeiras máquinas de control dos concellos a partir da última reforma e secular niño de caciquismo. A contradición entre unha institución que a esquerda e os movementos de emancipación galegos sempre rexeitaron, por se tratar dun fórceps xurídico e político externo e funcional á dominación do Estado centralista, e a participación na mesma ha de aparecer. E o debate non se debe esquivar a forza de pragmatismo nin rexeitar de maneira doutrinaria. O que se reprime politicamente acaba sempre por emerxer.

A cartografía política do país mudou e desexamos que mude de vez co éxito das mareas, sempre e cando estas sexan expresións da vontade cívico política e non dos brazos de madeira ou dos pactos de salón. O desafío para os movementos sociais e de base é absoluto porque se son capaces de manter o combate institucional mentres sosteñen e conforman unha alternativa na sociedade civil, o salto furar nas estruturas últimas do sistema sería de xigante.

O resultado só se pode saber se arriscamos.

Editorial de Somos Ninguén. | 13.10.2014

Nota.- A Imaxe de cabeceira titúlase “O levantamento” (1931), exposto no MOMA de Nova Iorque. O pintor e muralista mexicano Diego Rivera, tras chegar da URSS logo dunha viaxe como membro do Partido Comunista de México, expresa neste mural o combate entre os traballadores que loitan polos dereitos sociais e laborais e o exército que reprime, como símbolo universal da loita de clases. A muller é representada, a xeito de homenaxe (é a protagonista do cadro) como unha das “soldaderas” mexicanas que loitaron na revolución mexicana.
_____________________

De fondo as Eleccións Municipais de Maio de 2015: Chamamento aos electores da Comuna de París de 1871


Se de municipalismo falamos, ben está lembrar o movemento municipalista por antonomasia, a Comuna de París de 1871. Velaquí o seu “Chamamento aos electores” que, salvo polo seu apelo exclusivo ao xénero masculino, segue de absoluta vixencia.



COMUNA DE PARÍS 1871 - CHAMAMENTO AOS ELECTORES.

Cidadáns,

non perdades de vista que os homes que vos servirán son aqueles que xurdirán electos por vós das vosas propias filas, vivindo a vosa propia vida, sufrindo os mesmos males.

Rexeitade tanto aos ambiciosos como aos arribistas; tanto uns coma outros non teñen en conta máis que os seus propios intereses e rematan sempre por considerarse indispensables.

Rexeitade igualmente aos charlatáns incapaces de pasar á acción, sacrificarán todo a un discurso, a un efecto oratorio ou a unha palabra enxeñosa.

Evitade tamén a aqueles que a fortuna favoreceu de máis, posto que dificilmente quen posúe unha fortuna está disposto a considerar ao traballador coma o seu irmán.

En fin, procurade homes de conviccións sinceras, homes do pobo, resoltos, activos, que teñan un sentido recto e unha honestidade recoñecida.

Dirixide as vosas preferencias a aqueles que non competirán polos vosos sufraxios, o verdadeiro mérito é modesto e corresponde aos votantes elixir aos seus representantes e non a aqueles que se postularen.

Cidadáns,

estamos convencidos de que, se tendes en conta estas observacións, inauguraredes por fin a verdadeira representación popular, teredes atopado a mandatarios que nunca se considerarán os vosos amos.

Chamamento do Comité Central da garda nacional aos electores parisienses.

Hotel de Ville, 25 de marzo de 1871.

Fontes: http://www.somosninguen.org/ | http://lallibertatdelsantics.blogspot.com.es.

sábado, novembro 01, 2014

Afiliadas e afiliados de CCOO de Ferrolterra convocan unha concentración este mércores 5 de novembro, por un sindicato ético, loitador, transparente e democrático e para que se repoña canto antes a estrutura da Asesoría Xurídica


ASEMBLEA DE CC.OO DE FERROL

O pasado venres días 24 de outubro, levouse a cabo unha Asemblea de afiliados e afiliadas de CC.OO, cunha maior afluencia que a anterior, participando na mesma 245 afiliados e afiliadas, que abarrotaron a sé do Sindicato. Na citada Asemblea, convocada polo conflito na Asesoría Xurídica, na que se demanda a reincorporación de Cartelle e unha solución definitiva ao conflito que o propio Sindicato Nacional xerou na mesma, acordouse por unanimidade non só o rexeitamento ás medidas adoptadas pola dirección do Sindicato, senón tamén o apoio firme e decidido ás propostas de mobilización que se suscitaron na mesma.

Tamén se mostrou o rexeitamento profundo á actuación levada a cabo polo Secretario Xeral do Sindicato Nacional, José Manuel Sánchez Aguión, e a Secretaria Xeral da Unión Comarcal de Ferrol, María Áurea Vázquez Estraviz que, desde o inicio do conflito, se veñen negando sistematicamente tanto a informar das decisións adoptadas como a abrir unha vía de diálogo que, pensando exclusivamente nos afiliados e afiliadas e nos traballadores e traballadoras da comarca en xeral, repoña canto antes a estrutura da Asesoría Xurídica, que contaba cun enorme prestixio sobradamente coñecido.

Esta actitude da Secretaria Xeral da Unión Comarcal, María Áurea Vázquez Estraviz, que se nega a acudir ás masivas asembleas de afiliados e afiliadas que se están celebrando, malia ser emprazada a participar en cada unha delas, pon de relevo unha actitude prepotente e irresponsable.

A Asemblea tamén acordou denunciar enerxicamente a denigrante campaña de descrédito que se está orquestrando desde o inicio do conflito. Unha campaña de descalcificacións continuada contra a Asesoría Xurídica e, en especial, contra o compañeiro Cartelle, sustentada na demagoxia e en falsidades, chegando xa a extremos intolerables, con comentarios que deben avergoñar aos compañeiros e compañeiras que os promocionan.

A Asemblea tamén acordou non tolerar esta campaña de difamación, polo que a partir de agora vaise a prestar especial atención a este feito, tanto como para tomar as medidas xurídicas oportunas como para denunciar con nomes e apelidos e publicamente as actuacións destas persoas, co fin de que teñan que xustificar e probar ante todos os afiliados e afiliadas as acusacións tan graves que están realizando.

Para alcanzar estes obxectivos, a Asemblea acordou convocar unha GRAN CONCENTRACIÓN ante a sé do Sindicato en Ferrol o MÉRCORES día 5 de NOVEMBRO, ás 18:00 horas, e solicitar o apoio de todos os presentes e do conxunto da afiliación para que esta mobilización logre que se visualice con toda claridade e contundencia o sentir e a demanda dos afiliados e afiliadas de CC.OO.

En Ferrol, a 25 de outubro de 2014.

FERRAMENTAS QUE UTILIZAMOS NA ACTUALIDADE.

BLOG: http://democraciaccoo.blogspot.com.es/
(En construción pero con 'pestanas' xa actualizadas).
TWITTER: https://twitter.com/DemocraciaCCOO
(Síguenos e difunde entre os teus contactos).
FACEBOOK: https://www.facebook.com/pages/Por-a-Democracia-en-CCOO/467813986694554
(Dálle ao 'GÚSTAME' e difunde entre os teus contactos).
EVENTO: https://www.facebook.com/events/359124597597101/
('ASISTE' á concentración do próximo día 5 de Novembro).

Un saúdo e grazas anticipadas por colaborar na causa.

POR UN SINDICATO ÉTICO, LOITADOR, TRANSPARENTE E DEMOCRÁTICO.
__________________

Médicos Sen Fronteiras pon a Cuba como exemplo fronte ao ébola e a España como contraexemplo: os medios españois ... calan - Vídeo


José Manzaneda, coordinador de Cubainformación.- "Gustaríame que comparásemos a resposta do Goberno cubano e a do Goberno español, por exemplo. O Goberno cubano mandou 160 profesionais de saúde que pensa aumentar a 300. É o goberno que deu unha resposta máis rápida, máis eficaz e máis contundente a esta epidemia no oeste de África. Iso é bastante impresionante, si comparamos as posibilidades de cada goberno" (1).

Así de claro era José Antonio Bastos, presidente de Médicos sen Fronteiras España, quen criticaba ao Goberno español pola súa achega fronte ao ébola de apenas medio millón de euros, "unha cantidade ínfima" segundo a ONG (2), e que "é -engadía- a metade do aportado por un país (moito máis pobre) como Bolivia" (3).

Podemos ler isto nunha nota da axencia Europa Press (4). Con todo, a maioría dos grandes medios españois, incluso utilizando partes desta nota, pasaron por alto a incómoda comparación entre Cuba e España realizada por Médicos sen Fronteiras (5).

Entre os diarios de gran tirada, só 'El País' menciónaa de pasada (6). Ningún dos informativos de televisión que recolleron a roda de prensa mencionouna tampouco (7).

O presidente de Médicos sen Fronteiras España criticaba tamén ás grandes potencias, como EEUU, Francia e Reino Unido, cuxas promesas de envío de materiais e profesionais quedáronse, a día de hoxe, en palabras: "Os equipos de Médicos sen Fronteiras no terreo non (vimos) (...) aínda nada" (8).


http://youtu.be/NdXMVBvzMaY


Publicado no canle de Cubainformación TV | 31.10.2014

Notas.- 
(1) https://www.youtube.com/watch?v=r04e6HUp0Lk
(2) http://elpais.com/elpais/2014/10/29/ciencia/1414597391_214598.html
(3) http://www.elperiodico.com/es/noticias/sanidad/medicos-sin-fronteras-dice-que-llegado-limite-frente-ebola-3645504
(4) http://www.europapress.es/internacional/noticia-msf-destaca-respuesta-gobierno-cuba-frente-falta-compromiso-ejecutivo-rajoy-20141029160130.html
(5) http://www.abc.es/sociedad/20141029/abci-medicos-fronteras-stop-ebola-201410291706.html
(6) http://elpais.com/elpais/2014/10/29/ciencia/1414597391_214598.html
(7) http://www.rtve.es/noticias/20141029/medicos-sin-fronteras-sobre-epidemia-ebola-estamos-limite-podemos-mas/1038400.shtml
(8) http://elpais.com/elpais/2014/10/29/ciencia/1414597391_214598.html

Fonte: Cuba Información.
__________

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, presentou ante a Fiscalía Especial para Delitos Económicos Relacionados coa Corrupción, escrito para que se investiguen dentro das causas abertas pola mala xestión da Caixa Galicia e posteriores entidades derivadas, as irregulares operacións financeiras con Reganosa e a responsabilidade do ex-director xeral da Caixa, José Luís Méndez López que na actualidade segue sendo membro do Consello de Administración da mencionada empresa regasificadora


O Comité Cidadán de Emerxencia, presentou ante a Fiscalía Especial para Delitos Económicos Relacionados coa Corrupción a seguinte comunicación.

Fiscalía Especial para Delitos Económicos Relacionados coa Corrupción
C/ Manuel Silvela Nº 4
28010 Madrid

Manuel A. Rodriguez Carballeira, Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol , Humberto Fidalgo Couce, membro do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, Vicepresidente de ADEGA-Trasancos e Luz Mariña Torrente López, en representación da Plataforma de Veciñ@s O Cruceiro de Mea, actuando na súa representación.

EXPOÑEN:

Tendo coñecemento que esta Fiscalía está investigando diversas operacións irregulares realizadas polos responsábeis de diferentes entidades bancarias, entre as que se atopa Caixa Galicia e Nova Caixa Galicia e que produciron importantes quebrantos a estas entidades financeiras. Operacións que segundo o FROB serían "operacións de financiamento e refinanciación para a adquisición de inmóbeis ou participacións en sociedades ... Ademais inclúen operacións de cancelación de débedas. e operacións de investimento (situacións precarias desde o punto de vista económico ou patrimonial, por exemplo)".

Queremos poñer no seu coñecemento, por si fosen constitutivos de delito, os seguintes feitos:

1.- Crédito de Caixa Galicia e BBVA no ano 2005 para construír a planta de gas de Reganosa.

Pois ben o 23 de outubro de 2005 na cidade de Ferrol asinábase entre representantes da empresa Reganosa e os representantes das entidades bancarias BBVA e Caixa Galicia a concesión dun crédito de 416 millóns de euros, para a construción dunha planta de gas no interior da Ría de Ferrol, que segundo Jose Luís Branco (director territorial do BBVA) "supón o proxecto de financiamento máis voluminoso do mercado español", mentres que Jose Luís Mendez, director de Caixa Galicia outro dos asinantes subliñaba que "con esa operación Reganosa colle velocidade de cruceiro"?.

2. No ano 2006 Roberto Tojeiro Diaz pignora á Caixa Galicia un 15´9% da súa participación na sociedade mercantil Reganosa. Segundo algúns medios de comunicación esta operación tivo un custo para Caixa Galicia de 7.6 millóns euros. É importante sinalar que, de ser certa esta cantidade, non se correspondería co valor das participacións ofrecidas en peza.

Naquel ano Roberto Tojeiro Diaz era presidente do Consello de Administración de Reganosa e á súa vez pertencía ao Consello de Administración da Corporación Caixa Galicia cuxo presidente era José Luís Méndez López.

3.- En setembro do 2010, pouco antes da fusión das dúas caixas galegas, o grupo empresarial Tojeiro (Gadisa, Forestal do Atlántico, Imegasa, ...) recupera as accións pignoradas de Reganosa e nomea a José Luís Mendez López membro do Consello de Administración de Reganosa, cargo no que se mantén na actualidade. Jose Luís Méndez López, exdirector de Caixa Galicia saíu da entidade logo de levala á creba, con máis de 18 millóns de euros.

4.- A planta de gas Reganosa é unha instalación ilegal, perigosa e inútil que expón á poboación da Ría de Ferrol a un risco innecesario e supón un delito continuado en canto produce un sobrecusto ao sistema gasista de 60 millóns de euros cada ano. O Tribunal Supremo en Sentenza firme de 11 de Maio de 2012 confirma a ilegalidade da planta de gas de Reganosa.

SOLICITAN

A esta Fiscalía que investigue a operación da concesión dun préstamo para a citada instalación por parte de Caixa Galicia, así como a actuación do exdirector xeral desta entidade, José Luís Méndez López na pignoración e posterior recuperación das participacións de Reganosa.

Ferrol a 31 de Outubro de 2014

Asinado.-. Manuel A. Rodriguez Carballeira, Humberto Fidalgo Couce e Luz Marina Torrente Lopez.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Enviado por:
comitecidadan
-comitecidadan@gmail.com-
31 de outubro de 2014 16:32

________________

xoves, outubro 30, 2014

O Museo de Historia Natural de Ferrol ven de incorporar un novo fósil de cetáceo, peza paleontóloxica de importante valor científico


Novo fósil de cetáceo


O Museo de Historia Natural de Ferrol ven de incorporar unha nova peza paleontóloxica de importante valor científico. Trátase dun cránio fósil dun cetáceo do mioceno cunha antigüidade aproximada de 20 millóns de anos. O exemplar corresponde á especie Choneziphius leidyi, unha das catro especies descubertas o ano pasado polo equipo de investigación do que forma parte Ismael Miján e cuxo holotipo atópase nos fondos deste mesmo museo. Actualmente só existen sete exemplares en todo o mundo sendo este novo espécimen o oitavo, seis dos cales están depositados na nosa colección paleontolóxica. É o máis grande desta especie atopado ata agora, e presenta características morfolóxicas novas que servirán para profundizar nas investigacións sobre anatomía que se realizarán no futuro.

O fósil foi atopado por un barco pesqueiro con base en Cedeira en augas galegas ao norte do cabo Ortegal e foi doado ao museo polo pescador Benigno Romero.

Dende a SGHN queremos reiterar o agradecemento aos pescadores que colaboran co Museo e que permiten profundizar nas investigacións sobre a bioloxía evolutiva dos cetáceos.

Sociedade Galega de Historia Natural

Para contactar coa Delegación ferrolá da Sociedade Galega de Historia Natural:
  • Casa do Coronel. Praza de Canido s/n. 15401 Ferrol.
  • Apartado de Correos nº 356. 15480 Ferrol.
  • Teléfonos: 881 931 315 - 881 931 314 - 698 141 384.
  • ferrol@sghn.org
Museo de Historia Natural da SGHN

Enviado por:
FERROL
-ferrol@sghn.org-
30 de outubro de 2014 16:40
__________________