martes, febreiro 20, 2007

Mércores, 22 de febreiro: reunión da Xunta Coordenadora da PA21

Convocatoria da XUNTA COORDINADORA para o vindeiro mércores , día 21 de Febreiro ás 7,30 horas da tarde no LOCAL da Fundaçon Artabria.

Orde do día:

1 .- Lectura e aprobación, se procede, da ACTA anterior.
2 .- Estado de contas-
3 .- Información Xeral.
- Novidades en Menáncaro.
- Recimil.
- Sartaña.
- Marcha atrás Plano da Piscifactoría de PONZOS.
4 .- CONSTITUCIÓN DA REDE LITORAL VIVO.
5 .- MANIFESTACION PARA O 4 DE MARZO- PRAZA DE PORTA NOVA.
6.- CONVOCATORIA PARA A ASEMBLEA DO DÍA 27 NO IES. MARQUES DE SUANZES.
7 .- Suxestións e preguntas.

Ferrol, a 20 de Febreiro de 2007.

Asdo. - A Xunta Coordinadora.
Amadeo Varela, Ernesto Lopes, Miguel Reimundez, José R. Jove e Xosé M. Sanxoán

Necesidade de recadar urxentemente fondos para contenciosos contra Reganosa

De: Comité Cidadán -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 20 de Fevereiro de 2007 09:11
Asunto: Fondos para contenciosos contra Reganosa - Urxente-


Información sobre a provision de fondos para pago de peritaxes designados pola sala segunda do Tribunal de Xustiza de Galicia.

En primeiro lugar hai que saudar e agradecer a dilixencia de todos cantos fixeron posible reunir 2.100 euros na primeira semana con donaciones na conta aberta no BBVA.

Estes peritaxes son moi importantes para o contencioso que esta aberto no TSXG e para todos os demas. Achego as providencias recibidas do TSXG para ingreso de fondos, nesta copia achega borrouse os nomes dos tecnicos designados, por motivos que se poden entender sen explicacións.

Aos que todavia non ingresaron, ao final deste email reitéranselles os datos da conta bancaria onde se roga fagan os ingresos.

Onte luns fíxose un primeiro pago de 1.900 euros para costear o peritaje do Enxeñeiro quimico, despues de que non fose posible obter unha reduccion do custo que nos habia comunicado o TSXG. A impresión é que neste trámite é inviable a reducion de custo.

Tamén onte luns o TSXG chegounos comunidado dunha segunda providencia para aportar 2.000 euros do peritaxe dun Capitan de Mariña Mercante.

Hoxe martes a primeira hora o saldo na conta é de 920 euros, polo tanto antes do venres precísanse 1.080 euros para poder contar tambien co peritaxe do Capitan de Mariña Mercante.

A quen non fixo aínda o ingreso rógase que o faga esta semana e antes do venres ás 12 horas.

O terceiro Peritaxe designado polo TSXG é dun Arquitecto, aínda non se recibiu a comunicadion do TSXG, pode vir en calquera momento. Se chegase esta semana o último día de prazo caería na próxima. É de esperar que sexa un custo similar.

Como xa se informou, estes peritajes teñen que responder a unhas preguntas que o noso avogado presentou ao Tribunal.

Datos da conta bancaria para doazons
Banco: BBVA.
A nome de Carmelo Teijeiro Menéndez e doutros compoñentes do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Desde dentro de España o numero de conta é:
0182-0181-59-0201548440 do BBVA

Desde fóra de España:
Codigo BIC: BBVAESMNXXX
codigo internacional de conta bancaria
IBAN ES96 0182 0181 5902 0154 8440

Saúdos cordiais
Carmelo Teixeiro

Anexo -I- Providencia peritaxe dun Capitán de Mariña Mercante

Anexo -II- Providencia peritaxe de Inxeneiro Químico

Manifesto por unha nova cultura do territorio

De: XAN RAMIREZ -xanramirez@gmail.com-
Para: "Plataforma Artabra 21 A Plaraforma da Costa Artabra, Ortegal e Eume" -artabra21@gmail.com-
Data: 20 de febrero de 2007 11:19
Asunto: Manifesto por unha nova cultura do territorio


MANIFESTO POR UNHA NOVA CULTURA DO TERRITORIO

A evolución que están experimentando os usos do solo en España, principalmente por mor dos avances dunha urbanización realizada de forma masiva e sobre terreos non sempre axeitados, é moi preocupante. Este proceso está tendo consecuencias ambientais e paisaxísticas moi negativas cuxo alcance, en moitos casos, non vén sendo nin considerado, nin corrixido. O actual modelo de urbanización está tendo de igual maneira consecuencias perniciosas para a calidade de vida dos cidadáns -dos que son expresión nidia as dificultades de acceso á vivenda, o incremento da mobilidade e o aumento dos custos dos servizos- e pode comportar efectos preocupantes para o mesmo equilibrio do sistema financeiro e a actividade económica, tal como advertiron en reiteradas ocasións as autoridades fiscais e monetarias. Ademais, a práctica do urbanismo deveu demasiado a cotío sinónimo de opacidade, de “mala política” e aínda de corrupción. Así, o instrumento que debería servir para ordenar os usos do territorio en beneficio da colectividade acabou identificándose, en moitos casos, cunha técnica inintelixible onde a participación democrática do conxunto de actores presentes nos territorios é irrelevante e prevalecen os intereses dos axentes urbanizadores.

No eido disciplinar, a propia expresión “ordenación do territorio” non acadou aínda un suficiente consenso científico-técnico, e a súa práctica real na maioría das Comunidades Autónomas non chegou a ser relevante en termos político-administrativos. Así, consómese voraz e desordenadamente un recurso limitado, o territorio, sen dispoñer de instrumentos adecuados e sen que se albisquen respostas suficientes ós graves e irreversibles danos que en moitos lugares se están a ocasionar.

A xestión prudente do territorio debe converterse no elemento central dun novo debate cidadán. Un debate democrático no que participen tódolos actores concernidos, nomeadamente aqueles que menos capacidade teñen para facer oír a súa voz. É imprescindible que a sociedade española tome conciencia de que, de persistir, o mal uso e desgoberno do territorio carrexaría, tras dunha curta etapa de grandes beneficios privados, longos períodos de onerosos custos ambientais, económicos e sociais. A maior capacidade técnica para transformar a natureza e os espazos de vida, o rápido aumento da poboación e dos niveis de consumo debe ir acompañada de prudencia e respecto no uso e na xestión dos recursos de que dispomos. Só así conseguiremos manter e mellorar o noso nivel de benestar, só así aproveitaremos as grandes potencialidades de que goza o noso territorio, só así evitaremos legar ás xeracións vindeiras unha España desfigurada, chea de riscos e repleta de exasperacións cotiás, de desequilibrios territoriais, de procesos segregadores e de deterioro irreversible de elementos culturais, simbólicos e patrimoniais.

O bo goberno do territorio, da cidade e do campo, como o representado no marabilloso fresco do Pazo Comunal de Siena, é responsabilidade de todos. Por iso debe converterse nun tema político de primeira orde, entendendo por político non unicamente a práctica institucional ou partidaria, senón tamén o compromiso do conxunto dos cidadáns. Cada cidadán ten dereito a vivir nun ámbito digno, san e belo, pero tamén ten o deber de coidalo e de esixir que velen por el quen teñen a representación da sociedade. Neste senso hai que saudar con optimismo o incremento das asociacións e entidades que en toda España pugnan por preservar determinados espazos ameazados por procesos de urbanización inadecuados. Pero debemos ser quen de dar a estes movementos non só un carácter defensivo e local, senón tamén propositivo e xeral. Urxe pois pór as bases dunha nova cultura do territorio. Unha nova cultura territorial que impregne a lexislación estatal e autonómica, que oriente a práctica de tódolos concellos e o conxunto das administracións, que provea o marco adecuado para o bo funcionamento do mercado, que corrixa en beneficio da colectividade os excesos privados e que faga prevalecer os valores da sustentabilidade ambiental, a eficiencia funcional e a equidade social.

Esta nova cultura do territorio debe estar sustentada, a xuízo dos asinantes, nos seguintes principios, criterios e prioridades:

1. O territorio é un ben non renovable, esencial e limitado. A sociedade atopa nel soporte ou sustento material ás súas necesidades, así como referente da súa identidade e cultura. As características naturais de cada territorio e a existencia nel de trazos e formas que proveñen do pasado confírenlle singularidade e valores de diversidade. Por iso, o territorio debe ser entendido como recurso, pero tamén como cultura, historia, memoria colectiva, referente identitario, ben público, espazo de solidariedade e legado. A nova cultura do territorio debe ter como primeira preocupación atopar o xeito para que, en cada lugar, a colectividade poida gozar dos recursos do territorio e preservar os seus valores para as xeracións presentes e vindeiras.

2. O territorio é unha realidade complexa e fráxil. Toda realidade territorial, todo lugar, está composto de múltiples elementos naturais e culturais e das súas interrelacións, que deben ser adecuadamente consideradas. As actuacións con grande incidencia territorial (urbanización, obras públicas, extracción de minerais, roturacións, forestacións, etc.) teñen habitualmente consecuencias irreversibles. Por iso, deben realizarse con conciencia da dita complexidade e avaliando previamente as múltiples repercusións posibles. O principio de precaución é de imprescindible aplicación a todas estas transformacións.

3. O territorio contén valores ecolóxicos, culturais e patrimoniais que non poden reducirse ó prezo do chan. Estes valores sociais difíciles de medir en termos monetarios convencionais deben ser tomados sistematicamente en consideración polas administracións responsables de velar polas súas calidades e potencialidades. A apropiación privada de calquera parte do territorio debe ser compatible cos devanditos valores; por iso, a propiedade do chan e a vivenda debe ser exercida con respecto da súa función social, e coa asunción plena da responsabilidade de potenciar a súa utilidade, o seu valor ambiental e o seu potencial paisaxístico.

4. Un territorio ben xestionado constitúe un activo económico de primeira orde. En efecto, a correcta xestión do proceso de urbanización permite reducir os custos da mobilidade para as persoas e as empresas, conter os prezos do chan e a vivenda, así como moderar as cargas da prestación dos servizos. Por outra banda, dispor dunha contorna de calidade non só evita danos ambientais e de saúde, senón que tamén confire valor engadido ós produtos e ós servizos, en particular os turísticos, básicos para a economía española. A xestión sustentable do territorio é certamente unha obriga social e ambiental, mais resulta tamén un urxente imperativo económico.

5. O planeamento territorial e urbanístico é un instrumento esencial para a actuación dos poderes públicos. Así, fronte a toda veleidade desreguladora, hai que defender a importancia da lexislación, a normativa e a xestión urbanística para o bo goberno do territorio. Ora ben, a práctica urbanística debe dotarse de novos horizontes e de novas ferramentas disciplinares e administrativas. Só deste xeito dará resposta ás necesidades sociais, propiciará a coordinación política horizontal entre distintos departamentos e fomentará a concertación vertical entre administracións e cos axentes sociais. O conxunto de administracións competentes deben propiciarentón unha revalorización do planeamento territorial e xeral, suprimindo a utilización espuria doutros instrumentos de menor alcance espacial pero con alta incidencia real, cuxa aplicación abusiva tivo como consecuencia a urbanización masiva, desordenada e inadecuada de solo rústico.

6. O planeamento municipal debe ter como principal obxectivo facilitar o acceso á vivenda, o goce dos servizos e a preservación do ambiente. O planeamento municipal é a escala básica da práctica urbanística, pero en demasiadas ocasións os planos locais de ordenación está servindo case exclusivamente para impulsar procesos de expansión urbana. Ante esta deriva, hai que defender planos municipais de ordenación que atribúan valores positivos a todas e cada unha das partes do termo municipal, baseando o crecemento urbano en criterios ecolóxicos e sociais, alén da simple consideración da oportunidade económica ou de ocasionais negocios particulares inmediatos. En particular, debe abandonarse a concepción do solo rústico como un espacio residual, perennemente pendente de urbanización futura e comprender que a permanencia de solos rústicos destinados ás prácticas agrarias faise imprescindible por razóns ambientais e ecolóxicas, ata nos contextos espaciais das maiores cidades e aglomeracións urbanas. A defensa do espazo aberto, como matriz territorial básica é hoxe unha prioridade que debe ser perseguida adecuadamente, ata mediante procedementos de adquisición de terras e/ou expropiación por interese social.

7. O planeamento territorial debe prover acordos básicos sobre o trazado das infraestructuras, o desenvolvemento dos asentamentos e o sistema dos espazos abertos. Nun territorio en proceso de integración o planeamento municipal non pode facer fronte por si só ás dinámicas de transformación do espazo. Por iso hoxe é máis necesario ca nunca dispor dun planeamento a escala territorial que coordine e vincule o planeamento municipal, en prol dun novo modelo de urbanización, baseado no aforro no consumo de solo, a convivencia de usos e a cohesión social. O planeamento territorial debe ser un compromiso á vez xeral e suficientemente concreto, por cuxo cumprimento e desenvolvemento será avaliada a actividade política dos partidos e responsables públicos que o formulan e aproban. Sobre as Comunidades Autónomas recae a grande responsabilidade de demostrar unha maior vontade política de ordenar o seu territorio superando a situación creada case exclusiva do planeamento urbanístico. Deben aumentar a súa capacidade administrativa e técnica para realizaren planos de ordenación e de faceren real a orde territorial que se propoñan ter. É imprescindible a formulación de modelos de ordenación territorial para ámbitos metropolitanos, litorais e de espazos rurais, con cidades medias e/ou espazos naturais protexidos.

8. O Goberno central e as Cortes Xerais do Estado non poden desentenderse do territorio. Con pleno respecto ás competencias que a Constitución española outorga ás Comunidades Autónomas e ós municipios en ordenación territorial e urbanismo, a administración xeral do Estado non pode deixar de considerar o territorio como parte das súas responsabilidades. No momento actual é inaprazable a revisión da lexislación aínda vixente dende 1998 sobre medidas liberalizadoras en materia de solo e resulta imprescindible unha nova lexislación do solo que supere a visión estreita segundo a cal a vocación esencial do chan sería a súa urbanización. A lexislación do Estado debe requirir ás administracións competentes a atribución de valores sociais positivos a tódalas partes do territorio español, posto que todas elas afectan á calidade de vida dos cidadáns, todas teñen funcións naturais, ecolóxicas ou ambientais e en todas elas plásmanse trazos históricos e do patrimonio cultural. Sobre o goberno central recae igualmente a responsabilidade de revisar e propor o consenso relativo a un novo modelo de financiamento para os gobernos locais que responda ós principios de suficiencia financeira e adecuación de recursos ós servizos reais que deben prestar.

9. Nun mundo máis integrado a xestión do territorio debe atender tamén ós compromisos de solidariedade e responsabilidade global. O Estado español subscribiu e/ou ratificado diferentes acordos internacionais (Convención sobre conservación e protección da vida silvestre e o medio natural, Berna, 1979; Carta Europea de Ordenación do Territorio, Torremolinos 1983; Convención para a protección do patrimonio arquitectónico de Europa, Granada 1985; Declaración de Río de Xaneiro sobre o medio ambiente e o desenvolvemento, 1992; Estratexia territorial europea, Postdam, 1999; Principios directores para o desenvolvemento territorial sustentable do continente europeo, 2000, Hanover; Convención europea da paisaxe, Florencia, 2000). Nestas circunstancias, o conxunto das administracións públicas españolas están obrigadas a seguiren as orientacións que en ordenación do territorio desenvolven outros estados europeos de forma consecuente cos devanditos tratados e con repercusións moi positivas para os seus cidadáns.

10. O pulo dos valores de sustentabilidade ambiental, eficiencia económica e equidade social require dunha nova cultura do territorio. Para promovela é necesario un grande acordo que debe ter o seu reflexo tanto na actuación administrativa como nas prácticas sociais. Así, as administracións que actúan en cada nivel territorial (local, autonómico, estatal e europeo) deben revisar os seus obxectivos, as súas normativas e instrumentos de xestión territorial para poñelos da forma máis efectiva ó servizo da colectividade. E os cidadáns, ó mesmo tempo que reclaman o dereito dun trato equitativo en calquera territorio, teñen tamén o deber ético de velar polo benestar das xeracións vindeiras.

Maio 2006

Delegación Galega do Colexio de Xeógrafos
Apdo. 41 - 15780 - Santiago de Compostela
galicia@geografos.org - www.xeografos.org

Conferencia sobre Cha de Brión o próximo xoves, día 22 de febreiro, ás 20.00 na sala do Colexio de Arquitectos de Ferrol

Clicar acima da imaxen para ampliar


De: Miguelanxo Reimúndez
Para: artabra21@gmail.com
Data: 19 de febreiro de 2007 13:54
Asunto: convite charla sobre Cha de Brión


Achego convite para unha charla sobre Cha de Brión do próximo xoves, día 22 de febreiro, ás 20.00 na sala do Colexio de Arquitectos de Ferrol (Rua Real 14-16 baixo, Ferrol)

O tema da conferencia é un proxecto interdisciplinar realizado en Monte Penide, espazo de monte entre Vigo e Redondela semellante pola súa situación, riqueza e amenazas a Cha de Brión, que pretendía formular unha nova maneira de ordenar un espazo periférico de interese ambiental, cultural, histórico e paisaxístico, sen destruir ningún dos seus valores.

Agradecería que se mandase esta invitación ao resto dos colectivos da plataforma

un saudo

Miguel Reimúndez

Que o Alcalde asuma o seu cargo para solucionar os problemas da veciñanza dos Corrais

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 19 de febreiro de 2007 11:51
Asunto: Que o Alcalde asuma o seu cargo para solucionar os problemas da veciñanza dos Corrais

Esquerda Unida-IU de Ferrol solicita que o Alcalde asuma o seu cargo para solucionar os problemas da veciñanza dos Corrais

Como se lembrará o pasado venres día 16 membros de Esquerda Unida-IU de Ferrol, entre os que se atopaba a candidata á Alcaldía de Ferrol, Yolanda Díaz Pérez, acudiron a visitar aos veciños acampados na zona dos Corrais e coñecer “in situ” as súas demandas e danos sofridos tras o último desbordamento do río.

Unha vez alí a delegación desta formación política puido comprobar como moitos dos veciños e veciñas quedaron sen enseres como consecuencia da entrada masiva de auga nas súas propiedades, como moitos deles teñen inutilizadas as partes baixas das súas casas e teñen que facer a súa vida persoal e familiar nas partes altas das casas dado o estado no que quedaron as súas vivendas. Pero estas non son as únicas perdas ou danos sofridas pola veciñanza, tamén puidose comprobar como a situación está a afectar ao estado anímico do colectivo e das persoas que o integran.

No día de hoxe, o Grupo municipal de Esquerda Unida-IU, asinado pola candidata a Alcaldía e Voceira municipal, Yolanda Díaz, presentou un escrito dirixido ao Alcalde de Ferrol para que na súa responsabilidade de Alcalde de Ferrol, como máximo representante dos veciños e veciñas do Concello, proceda a iniciar os trámites para formar unha mesa integrada por representantes dos veciños e das veciñas dos Corrais (Serantes), polos responsables da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, da Xunta de Galicia e/ou daquelas administracións ou organismos con competencias no asunto co fin de solucionar definitivamente os problemas que periodicamente ven padecendo a veciñanza dos Corrais (Serantes) polas inundacións do dito río, así como dos danos e perdas producidas tras a última inundación.

Para Esquerda Unida-IU de Ferrol a actitude mostrada polo Alcalde Ferrol ata o momento neste asunto denota por un lado a súa ineficacia e irresponsabilidade e, por outra, a súa insensibilidade cara este colectivo.

Ineficacia e irresponsabilidade porque como máximo representante dos veciños e veciñas tiña que ter actuado xa, no sentido que se lle indica no escrito presentado polo noso Grupo Municipal, e esixir con firmeza unha solución aos problemas da veciñanza dos Corrais. Un Alcalde ten que ser o primeiro dos veciños e das veciñas en reivindicar a solución aos problemas destes e destas. Na nosa opinión, non é excusa lavarse as mans como fixo ata agora e dicir que non é competencia do Concello e ao igual que reivindica, incluso con cartos de todos e todas por medio de propaganda, determinadas infraestructuras necesarias para a nosa cidade, debe levantar o teléfono e iniciar as xestións oportunas para defender aos veciños e veciñas de Ferrol poñéndose á cabeza das súas demandas.

Insensibilidade porque estamos a falar dun asunto que afecta a un dos dereitos básicos das persoas, o dereito á vivenda, un dereito que se veu conculcado polo desbordamento dun río que leva anos sen recibir os coidados de limpeza que lle son propios. Un Alcalde non pode dar a espalda aos seus veciños e ás súas veciñas ante unha situación que lles está afectar ás súas propias vidas. O Alcalde ten, na nosa opinión, que baixar do seu pedestal, poñerse a par da veciñanza e ter como propios os seus problemas.

Así pois, dende Esquerda Unida-IU de Ferrol solicitámoslle ao Sr. Alcalde que dunha vez dea os pasos pertinentes para solucionar o problema creado no que existen varias administracións implicadas e que tome a iniciativa en aras a solucionar as cuestións técnicas para que non se volvan a producir novos anegamentos, para tratar das inquedanzas e dos danos e perdas dos veciños e veciñas dos Corrais. De facelo, esta formación política e os veciños e veciñas da nosa cidade llo agradecerán.

Ferrol, 19 de febreiro de 2007

Esquerda Unida-IU de Ferrol

sábado, febreiro 17, 2007

Video emitido no Programa da TVE2 L900, sobre a Planta de gas que ten a empresa REGANOSA, en Punta Promontoiro, na Ría de Ferrol

Ver video titulado "Un gasoducto no meu xardín", emitido polo canal público TVE2, o dominingo 28 de xaneiro de 2007, sobre a Planta de gas que ten a empresa REGANOSA, en Punta Promontoiro, no Concello de Mugardos, dentro da Ría de Ferrol [No Noroeste da Galiza] .

Enlace relacionado da Plataforma Ártabra 21

venres, febreiro 16, 2007

Rede Litoral Vivo: Confírmase a concentración convocada para o sábado 17 de febreiro, ás 17 hrs, na Alameda Vella de Cangas

Da Rede LItoral Vivo recibeuse este email, que se comunica a todos cantos teñan preocupacion por estos asuntos e poidan ter a oportunidade de asistir o sabado a Concentración convocada en Cangas

Confírmase a concentración convocada para o sábado 17, AS 17 HORAS, na Alameda Vella de Cangas.

As asociacións compoñentes do Foro Social de Cangas convocan unha concentración o próximo sábado 17 de febreiro as 17 horas.

O motivo é expresar o rechazo a unha actuación xudicial de dúas velocidades: rápida contra os veciños e veciñas de Cangas acusados de delito de coaccións por paralizar as obras do porto deportivo, incluíndo a ameaza dunha actuación policial contundente, e lenta para todos os expedientes xudiciais e administrativos abertos contra os promotores do porto e a Autoridade Portuaria de Vigo, tendo como exemplos o prolongamento no tempo de mais de un ano da petición de paralización cautelar, a ralentización do expediente aberto pola Fiscalía de Medio Ambiente por indicios de delito contra a ordenación do territorio, falsidade documental e prevaricación (entre outros), ou a falla de resposta de Costas á petición de apertura de expediente de deslinde que clarifique o rexistro como propiedade privada dunha finca de dominio público marítimo terrestre.

Estanse a realizar contactos con asociacións interesadas na defensa do medio ambiente do ámbito galego para que se sumen a concentración e expresar xuntos o rechazo a un urbanismo destrutor que se atreve a saltarse as leis e presiona a xustiza, forzas do orden e medios de comunicación para conseguir os seus obxectivos.

FORO SOCIAL DE CANGAS

Comité Cidadán de Emerxencia: Comentarios e reaccións sobre a Conta bancaria e gastos urxentes de informes periciales

De: Comité Cidadan -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de febreiro de 2007 01:39
Asunto: Comentarios e reaccións sobre a Conta bancaria e gastos urxentes de informes periciales

Onte mércores comunicouse por email a apertura dunha conta bancaria para recoller donaciones e os motivos polos cales tomouse dita inicativa.

Na Asemblea Cidadá celebrada na tarde de onte comunicouse esta iniciativa

En devandita Asemblea Cidadá informouse que xa se habian recibido o ingreso de varias donaciones que sumaban a cifra de 135 euros, cunha comunicación por email doutros 100 euros mais que ían ingresar hoxe, todos eles de persoas a titulo individual. Tamén informouse que dos tres peritos designados en primeiro lugar polo Tribunal, só un deles, o Enxeñeiro Químico, aceptara facer o informe e que puxera un custo de 1.900 euros, o cal comunicounos o Tribunal con prazo ata o luns para ingresar ese custo nunha conta do Tribunal. Así mesmo informouse que renunciaran os dous primeiros designados na clase de Capitan de Mariña Mercante e de Arquitecto, estando á espera de que os designados como en segundo posto respondan se aceptan. Abofé, que ditos informes periciales son moi importantes xa que serán aceptados polo Tribunal deste contencioso e tamén tendrán o mesmo efecto noutros contenciosos a trámite que están atrasados.

Por email recibíronse comunicacións de persoas e Asociacións integradas na Asambles Cidadá que xa realizaron ingresos nesa conta.

Hoxe xoves existen sete movementos de ingreso, que suman 445 euros, con cifras de 50, 100, 100, 50, 15, 30, 100, euros que parecen de persoas a título individual. Por un email recibido ás 17,02 comunica o ingreso de 100 euros por unha asociación que parece realizar unha transferencia telemática, sen poder-se saber se é un dos ingresos onde consta a palabra "transferencia" en concepto ou se esa cifra aparecera mañá no ingreso.

Tamén nun email recibiuse a seguinte suxestión:

"Ola. Suxíroche que botes contas e dígasnos algo asi como "se todos os que recibimos estas comunicacións ingresamos X euros, chegásenos para poder pagar os peritos". Asi saberemos a que aternos e teremos unha referencia de que cantidade se espera que ingresemos."

Unha suxestión similar foi presentada onte na Asemblea Cidadá, barajandose cifras orientativas duns 100 a 200 euros por asociacion e de 10 a 30 euros por persoa a titulo individual para cubrir unha cifra proxima aos 6.000 euros que se estima que custasen os tres informes periciales, no caso de que os dous que faltan por coñecer o seu importe fose igual ao do Enxeñeiro Quimico xa coñecido de 1.900 euros. Falamos xa con devandito enxeñeiro químico para que nos rebaixase o custo tendo en conta que somos asociacións sen ánimo de lucro traballando por un interés xeral, Aínda non deu a súa resposta que esperamos para este venres, pois o luns próximo é o último día de prazo para ingresar o seu custo na conta que nos comunicou a sala segunda do TSXG.

Pero algunhas asociacións e persoas xa aportaron nos últimos dous meses, p.e. Federación Roi Xordo que aportou 200 euros para gastos dun procurador, algunhas persoas que aportaron diversas cantidades neste mes de xaneiro tamén para un procurador. Así pois queda a xuízo destas persoas ou Asociacións decidir se poden aportar máis nestes momentos.

Para todos pode servir como referencia as cifras que se estan ingresando e as cifras que a modo orientativo baralláronse onte na Asambles Cidadá. No caso de que os peritos finalmente nos poñan custos inferiores aos estimados, existen débedas que debemos abonar e outros gastos tamén pendentes tal e como se di na nota achega.

Nos sete movementos de ingresos que se realizaron, a mayoria pon en concepto o nome de quen o fai, e iso parece mellor xa que se lle pode recordar a quen non ingrese.

Se alguén non quere deixar no banco constancia do seu nome no apartado concepto, pode comunicalo a leste e-mail comitecidadan@iespana.es

Mañá confirmarei na sucursal do banco se se poden facer transfeencias telemáticas cos datos que se están facilitando de número de conta.

Saúdos Cordiais
Carmelo Teixeiro
Coordinador do CCE

A todas as persoas que queiran contribuir economicamente co Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Conta Bancaria.-

Unha das iniciativas que esta tarde[14.02.2007] preséntase á X Asemblea Cidadá é unha conta bancaria que o Comité Cidadán acordou abrir, a fin que na mesma póidanse ingresar donativos para gastos de actividades e nos contenciosos abertos, nos que os avogados non cobran pero aos procuradores hai que abonarlles algunhas cantidades de diñeiro para gastos de teléfono, fotocopias etc.

Vimos contando con algúns técnicos que gratuitamente fannos informes periciales, pero tales informes non son vinculantes para os maxistrados quenes poden non facerlles caso.

Nun os contenciosos, a maiores o noso avogado pediu ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que designe tres técnicos, Capitán da Mariña Mercante, Arquitecto e un Enxeñeiro Químico, para que respondan a unhas preguntas que o noso avogado preparou. O asunto motivou un forte recurso en contra da devandita designación, presentado polos avogados que representan ao Concello de Mugardos e a Reganosa, recurso que perderon e o Tribunal resolveu realizar a designación dos devanditos técnicos por sorteo da lista que dos seus respectivos colexios profesionais. Envioulles unha comunicación para que digan se aceptan e o custo do seu informe, que logo o Tribunal comunicaranos dándonos un prazo de cinco días para facer o ingreso do custo nunha conta do TSXG, para entregalo a cada técnico.

Antonte o TSXG comunicounos por escrito que o custo do peritaje do Enxeñeiro Químico é de 1.900 euros, que debemos ingresar nunha conta do TSXG como máximo ata o vindeiro luns. Se non se fai o ingreso é que prescindimos de devandito peritaje e non se pode nomear outro.

Supoñemos que os outros dous técnicos poñerán unha cifra similar, e que en próximos días recibiremos do TSXG senllos comunicados co custo dos informes do Capitán de Mariña Mercante e do Arquitecto. Polo tanto estamos ante unha necesidade de financiamento inmediato duns 6.000 euros nun prazo dunha semana, se é que queremos aproveitar esa oportunidade, xa que estes informes periciales son máis aceptables polo Tribunal e tamén o será noutros contenciosos que están admitidos a trámite.

Pese aos donativos ata agora recibidos, temos gastos realizados e algunhas débedas que debemos abonar, xa que lastran novas iniciativas. A iso súmase a necesitade de abonar os citados tres informes periciales, ou polo menos algún deles, para os que o Tribunal aceptou designar técnicos.

Por iso o Comité Cidadán de Emerxencia acordou abrir unha conta bancaria, que xa se adiantou pola mañá por e-mail debido á necesidade de que en próximos días dispóñase de ingresos suficientes para polo menos abonar o importe do informe pericial dun dos tres técnicos designados polo TSXG e se fose posible dos tres. En canto ao importe, imos falar cos técnicos para que nos poñan un custo asumible polas nosas posibilidades, tendo en conta que se trata de asociacións sen animo de lucro que estamos defendendo intereses xerais de todos os habitantes afectados na Ría de Ferrol.

Non temos obrigación de abonar o custo deses tres informes periciales. Se excederan das nosas posibilidades verémonos obrigados a prescindir dos mesmos e seguiremos co que nos sexa posible, só cos informes dos técnicos que nolos fan gratuitamente. No CCE concluímos que debemos intentar sufragar estes informes periciales, intentando rebáixennos o custo, xa que é unha oportunidade a maiores que non debemos perder. Temos ata o luns para abonar o custo do primeiro. En días seguintes virán os outros dous. Hoxe xa se produciron os primeiros ingresos nesa conta bancaria aberta.

Código conta desde o interior do Estado Español:
0182-0181-59-0201548440

Códigos da Conta desde o exterior:
Código BIC: BBVAESMXXX
Código Internacional da Conta:
IBAN ES96 0182 5902 0154 8440

Nota importante:
[Á hora de facer o ingreso, como titulares deben aparecer, no impreso xustificante de abono ou transferencia, Carmelo Teijeiro Menéndez e outros compoñentes do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol]

xoves, febreiro 15, 2007

Ante a noticia de descartar o proxecto de construción dunha instalación de explotación de acuícultura na zona de Ponzos - Covas

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 15 de febreiro de 2007 9:37
Asunto: Ante a noticia de descartar o proxecto de construción dunha instalación dunha explotación de acuícultura na zona de Covas

“Esquerda Unida-IU congratúlase da decisión da Xunta de descartar Ponzos para instalar unha piscifactoría”

Esquerda Unida-IU de Ferrol ante a noticia de descatar o proxecto de construcción dunha instalacióndunha explotación de acuícultura na zona de Covas por parte da iniciativa privada quere manifestar o seguinte:

En primeiro lugar, congratularnos da decisión da Xunta de Galicia, manifestada no día de onte polo Voceiro de Pesca do Grupo socialista no Parlamento galego por ser unha decisión que representa a volta á cordura dende un punto de vista do planeamento, a ordenación do territorio e a preservación dos nosos recursos naturais.

En segundo lugar, manifestar que a decisión tómase no mesmo sentido que, no seu día, manifestou Esquerda Unida-IU de Ferrol cando tomou posicionamento en relación ao proxecto. Isto é tomando en consideración que o consumo de solo protexido para a instalación dunha empresa privada é, dende o punto de vista do planeamento, irracional. Máis se lle engadimos o escaso número de postos de traballo que se crearían dado o elevado grao de mecanización destes complexos.

En terceiro lugar, Esquerda Unida-IU de Ferrol quere esixir ás distintas administracións públicas que non se lancen a lanzar globos sondos a creas expectativas de creación de emprego, nunha zona tan necesitada del, e actúen con seriedade e rigor estudando os distintos aspectos que afectan a todas estas “grandes ideas” e evitando debates estériles entre a cidadanía.


Por último, significar que a zona onde se pretendía localizar a devandita empresa é unha das moitas maravillas naturais que posúe o noso Concello, digna de ser preservada e potenciada, polo que pedimos a Adminsitración local, autonómica e estatal un esforzo en aras a protexer, conservar, divulgar e explotar suntentablemente este anaco, apenas urbanizado, da nosa costa.

Ferrol, 15 de febreiro de 2007

Esquerda Unida-IU de Ferrol

Polo de agora: paralizado o proxecto de facer unha piscifactoría en Ponzos afectando a zona LIC

De: Antonio Gª -angaji@yahoo.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data:15 de Fevereiro de 2007 17:30
Asunto: Polo de agora: paralizado o proxecto de facer unha piscifactoría en Ponzos afectando a zona LIC


¡Outro éxito!: PONZOS. ...

Queridos/as compañeiros/as:

Parabéns a todos/as por otro éxito: Polo de agora: paralizado o proxecto de facer unha piscifactoría en Ponzos afectando a zona LIC ¡outro éxito noso e de todolo ecoloxismo local!.

Blog de SOS Ponzos:
http://www.salvarponzos.blogspot.com/

Xoves, 15 de Febreiro de 2007

A Xunta dá marcha atrás na gran planta de acuicultura
Admite agora que o enclave de Ponzos ten valores ecolóxicos
Argumenta que a instalación estaba dentro de «un borrador» que se está modificando

A Xunta ten practicamente decidido eliminar do seu plan galego de acuicultura -tecnicamente Plan Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria- unha planta de cría en engorde de rodaballo na zona de Ponzos (Covas), no litoral de Ferrol. A noticia avanzábaa onte mesmo o portavoz de Pesca do PSOE no Parlamento galego, José Manuel Lage, anuncio logo confirmado por fontes consultadas por La Voz dentro do sector e do Goberno galego.

Enlazar coa noticia orixinal completa no xornal La Voz de Galicia

Recuperación ambiental da Mina das Pontes: A FEG quere saír o paso das declaracións realizadas hoxe polo Conselleiro de Medio Ambiente

A FEG PIDE A MEDIO AMBIENTE QUE ACLARE CAL VAI SER O FUTURO DO RÍO EUME

A FEG quere saír o paso das declaracións realizadas hoxe polo Conselleiro de Medio Ambiente, sobre o reproche feito cara este colectivo no que se referiu á intención da FEG de trasladar a súa queixa á Unión Europea, e onde recriminou que “o normal será que viñeran a falar con nós antes de ir a Europa” .

Dende a FEG queremos contrastar que si existiron os contactos coa propia Consellería sobre este asunto xa que foi motivo, recentemente, de petición por escrito e por rexistro, con data de 29 novembro 2007, no que se formularon seis preguntas concretas sobre o proxecto e a propia captación sobre o río Eume. Preguntas ademais que foron contestadas, por escrito, pola propia Consellería, con data 19 xaneiro 2007, diante precisamente do Consello Galego de Medio Ambiente.

O contido do escrito dirixido pola Consellería de Medio Ambiente ao respecto foi precisamente o motivo que levou á FEG a estudar a posibilidade da vía Europea para frear este disparatado e custoso proxecto, debido a que na contestación, de redacción moi imprecisa, dedúcese un avanzado estado das autorizacións e resolucións administrativas: con favorable Declaración de Impacto Ambiental (do 8/07/2005), e outorgadas as concesións de captación de auga durante 15 anos a favor de Endesa Generación S.A. por resolución do 11/08/2005, e de autorización de vertido por resolución 10/08/2005. Expedientes todos resoltos durante o goberno en funcións. Igualmente a FEG non lle consta que a Consellería tivera intención de parar o proxecto, e á vista das últimas noticias publicadas en días recentes a execución do proxecto parece inminente. E por iso que a Federación consciente da complexidade e trabas legais que existen para revisar autorizacións administrativas recorrerá á opción de Europa para tentar salvar o río Eume e a súa marisma na desembocadura.

A Federación lle consta, que outras asociación, de ámbito galego e estatal teñen a intención de dirixirse á unión Europea, co mesmo motivo que a FEG.

Anexo: Preguntas á Consellería de Medio Ambiente formulada por rexistro, con data de 29 novembro, para ser atendidas no Consello Galego de Medio Ambiente celebrado o 1 decembro

¿Existe algunha Previsión de dano ambiental sobre o río Eume en relación a prevista captación de auga para o recheo do burato da mina das Pontes? ¿Canto caudal se vai a captar e transvasar do Fume á lagoa artificial? ¿Como se vai a recircular a auga dende o lago novamente o río Fume?¿Existe risco de contaminación coas augas procedentes do lago? ¿Cal val a ser o esforzo inversor da Consellería na execución da acción, e cales son as previsións futuras de inversión para manter a lagoa en condicións óptimas de salubridade?

Resposta da Consellería de Medio Ambiente, por escrito, e diante do Consello Galego de Medio Ambiente celebrado o 19 de xaneiro

Resposta:

Un recheo dun oco mineiro de gran tamaño pode supoñer uns riscos importantes de danos ambientais, tanto para as condicións físico- químicas, como estruturais e as propiamente ambientais do río. Por este motivo tramitouse un procedemento de avaliación ambiental, no que a autoridade ambiental emitiu a correspondente (8/07/2005).

(aquí pódese incluír unha copia do texto íntegro da Declaración de Impacto Ambiental)

A citada declaración de impacto ambiental debe servir de marco ás posteriores autorizacións substantivas, entre elas a concesión de desvío de auga dende o río Eume e a autorización de vertido para as augas evacuadas dende o oco, ambas outorgadas pola Administración Hidráulica.

As condiciones obxectivas e que vinculan atópanse na resolución da concesión a favor de Endesa Generación S.A. de 11/08/2005 e de autorización de vertido do 10/08/2005, que en resumo son:

—Toma do río Eume: toma no azud da central térmica das Pontes (toma directa do río Eume), no concello das Pontes e coordenadas X=592.214 Y=4.810.673, cun volume máximo anual de 120 Hm3, caudal máximo instantáneo de 20m3/s e caudal equivalente medio de 3,8 m3/s. Para o seu transporte ata o oco constrúese un canal de 5964 m. O prazo máximo para a derivación de augas é de 15 años.

—A calidade das augas, unha vez enchido o oco e este alimente o río Eume por rebose, atópase controlada polas condicións establecidas pola autorización de vertido (pódese xuntar copia da resolución de 10/08/2005).

— Establécese un control sistemático de vertido, cuios parámetros e valores límites se inclúen na táboa de Nivel de control 1 e a de control específico de metais na de control 2.

— Establécese un plan de vixilancia ambiental con libro de rexistro a disposición da Administración con control semanal para o nivel de control 1 e mensual para o nivel de control 2.

—O control do PH e do caudal máximo de vertido realizarase de forma gráfica continua.

—A empresa concesionaria manterá as instalacións de tratamento de efluentes líquidos (TEL) para efectuar, se fora necesaria unha depuración correctora das augas de rebose do lago antes do seu vertido ó río Carracedo.

—As augas de enchido del oco da mina poderán adicionarse na canle de entrada con neutralizantes (cal) mediante os correspondentes dispositivos.

—Ademais o concesionario corrixirá a acidez das augas que drenan cara o lago mediante seis humidais a distintas cotas con filtro de grava caliza, capa de materia orgánica y celda de superficie con plantación de vexetación de Typhalatifolia

En principio entendemos que non debe existir esforzo inversor por parte da Consellería e que toda a carga económica ata a restauración final e permanente do lago debe ser a cargo do concesionario de acordo cos principios medioambientais que rexen na UE. O esforzo inversor por parte da Consellería debe limitarse ós traballos de control e seguimento do proceso.

14/02/ 2007

FEDERACIÓN ECOLOXISTA GALEGA (FEG)

As asociacións ecoloxistas galegas desenvolven desde hai máis de dúas décadas un importante labor de concienciación ambiental da sociedade civil e de presión sobre as Administracións en defensa do medio ambiente do que depende o noso benestar e a nosa sobrevivencia. A FEDERACIÓN ECOLOXISTA GALEGA (FEG) naceu para coordenar os esforzos das asociacións ecoloxistas do noso país.



Avogamos por un modelo de desenvolvemento ecoloxicamente sustentábel e socialmente xusto, capaz de garantir as necesidades básicas de todos os habitantes do noso planeta sen destruír o ambiente. Galicia é o noso ámbito de actuación e a nosa prioridade. Desde Galicia tamén contribuímos á defensa do medio ambiente global.



FEG. Apartado de correos: 949 - 15780 Santiago

E-mail: feg@jet.es

web da FEG:
http://www.federacionecoloxista.org/

Blog das notas de prensa da FEG nesta páxina:
http://federacionecoloxista.blogsome.com/

mércores, febreiro 14, 2007

Recuperación da Mina das Pontes: A FEG lamenta que se conciba a solución de restauración dun complexo problema ambiental orixinando outro

A Federación Ecoloxista Galega considera que detrás do plan de restauración do burato da mina das Pontes, esconde-se unha importante tragadeira de cartos públicos de longo percorrido ...

A FEG denunciará diante das instancias Europeas que o transvase do Eume deixará durante varios anos un Parque Natural mantido só co caudal ecolóxico e con efectos sobre a ría de Pontedeume.

A Federación Ecoloxista Galega considera que detrás do plan de restauración do burato da mina das Pontes, a converter segundo a publicidade de Endesa nun idílico lago interior, se esconde unha importante tragadeira de cartos públicos de longo percorrido e, en boa medida, subtraídos de futuros fondos destinados á protección medio ambiental.

Lamenta que ademais se conciba a solución de restauración dun complexo problema ambiental orixinando outro, neste caso, sobre o río Eume, e para o que se pretende captar e transvasar augas dun río que alimentan un Parque Natural, e unha bacía que augas abaixo está incluída na Rede Natura. O río Eume, xa de por si na actualidade, afronta unha perda notable na calidade dos seus ecosistemas acuáticos e das súas augas, debido aos problemas ambientais orixinados polos saltos e encoramentos hidroeléctricos existentes augas arriba da fraga, como para someter agora o río a catro anos de estiaxe prolongado e vivindo a expensas do caudal ecolóxico. Esta modificacións no caudal tamén poden reverter negativamente sobre a ría de Pontedeume, con efectos sobre os ecosistemas das marisma e colmatación da mesma de xeito irreversible por deposición de lodos ao diminuír o caudal, consecuencias que poden derivar na afectación definitiva da súa produtividade.

Considérase inasumible a magnitude do proxecto, no que tódalas súas fases de execución teñen un grado elevadísimo de incertidume para garantir o control que evite a contaminación de millóns de litros de auga limpa, e que se almacenarán durante décadas, con estratos de profundidades ata os 200 metros, e no que o seu custe ambiental e económico, moi elevado, pasará a ser asumido directamente pola sociedade galega no ano 2012, unha vez que Endesa ceda á Xunta e ao Concello de As Pontes para que o manteñan nesas supostas condicións idílicas, incluso aptas para o baño.
A FEG considera que as tarefas de mantemento rutinarias do lago xerarán un custe permanente de fondos, destinados a abordar de xeito continuado a depuración, captación e recirculación de auga ao río, seguir transvasando auga do Eume, manter a estabilidade dos taludes, corrixir a acidez e a anoxia, e evitar todo tipo de posible contaminación de augas, así coma facer fronte a outros posibles cambios asociados a modificacións microclimáticas co incremento de néboas.

Dende a FEG poñemos en dúbida o suposto éxito de viabilidade e garantías do proxecto que manifesta o edafólogo e catedrático da Universidade de Santiago Felipe Macías, principal responsable técnico deste plan, xa que a realidade dos últimos anos ven a demostrar o seu estrepitoso fracaso na solución de conflitivos problemas ambientais en espazos naturais moi fráxiles, e así pode sinalarse coma o principal responsable científico da destrución das turbeiras de cobertor da Serra do Xistral (das que tanto defendeu nos seus primeiros anos de docente na Universidade), no que coma consultor/empresario abriulle o camiño aos seus clientes da promoción eólica, e no que fallaron sistematicamente as medidas de conservación por el ideadas e deixando na actualidade a Serra do Xistral nun estado de conservación paupérrima; ou máis recentemente no caso do Cabo Touriñán, no que redactou un pouco crible e adaptado estudo de impacto ambiental favorable para construír unha macropiscifactoría que, finalmente, foi rexeitado polo goberno galego por motivos precisamente de protección ambiental que o goberno si soubo ver.

A FEG empraza á Xunta de Galicia a que non se embarque nunha aventura que pode pesar coma unha lousa económica e un gravísimo problema a solucionar no futuro, pedindo que estude outras alternativas reais e factibles, incluso a de non intervención de xeito xeral con control do depósito de augas de precipitación, e no que ata pode ser posible adecuar coma grande espazo ao aire libre para a interpretación da evolución xeomorfolóxica e mineral.

13/02/ 2007

FEG. Apartado de correos: 949 - 15780 Santiago

E-mail: feg@jet.es

web da FEG:
http://www.federacionecoloxista.org/

Blog das notas de prensa da FEG nesta páxina:
http://federacionecoloxista.blogsome.com/

martes, febreiro 13, 2007

Convocatoria de novas mobilizacións contra o macro-edificio da Praza da Porta Nova

CONVOCATORIA MANIFESTACIÓN - DOMINGO 4 DE MARZO

De: Convocantes en defensa dos espazos públicos
-defendendo.os.espazos.publicos@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 13 de febreiro de 2007 13:53
Asunto: Convocatoria de novas mobilizacións contra o macro-edificio da Praza da Porta Nova

A XUNTA de CONVOCANTES en DEFENSA DOS ESPAZOS PÚBLICOS, REUNIDOS no local SOCIAL da Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga", este luns, día 12 ás 7 da tarde;

A C O R D A M O S :

CONVOCAR á CIDADANÍA de Ferrol á unha nova MANIFESTACIÓN de REXEITAMENTO da construción do macro-edificio na Praza de Porta-Nova /Praza de España para o DOMINGO 4 DE MARZO AS 12 HORAS.

A convocatoria estivo debatida e meditada en varias xuntanzas na esperanza e á espera de que o goberno local, anunciara xestos e algún compromiso de cambiar de rumbo na area de urbanismo respecto a Praza.

Estarán acompañadas con mobilizacións, anunciadas con antelación, de REPRESENTANTES SOCIAIS para constituír MESAS INFORMATIVAS nas proximidades do PAZO MUNICIPAL DO CONCELLO para manifestar e explicar aos veciñ@s dos despropósitos do GOBERNO MUNICIPAL na PRAZA DE PORTA NOVA [Praza de España], empecinado na CONSTRUCIÓN DUN EDIFICIO QUE NINGUÉN QUERE NA PRAZA.

Ferrol a 13 de Marzo de 2007.

asdo. Xunta de CONVOCANTES POLA DEFENSA DE ESPAZOS PÚBLICOS.
--
Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]:

Plataforma Ártabra21- (PA21),
Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación Cultural Fuco Buxán,
CIG-Ferrol,
CC.OO Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
UGT-Ferrol.
USTG-Ferrol

Denuncian a pasividade e a descoordinación do Goberno Municipal na reivindicación do Edifico de Aduanas

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 13 de febrero de 2007 13:18
Asunto: Denuncian a pasividade e a descoordinación do Goberno Municipal na reivindicación do Edifico de Aduanas

Esquerda Unida-IU de Ferrol denuncia a pasividade e a descoordinación do Goberno Municipal na reivindicación do Edifico de Aduanas

Ante a contestación do Señor Alcalde de Ferrol en relación coa pregunta da Candidata á Alcaldía Yolanda Díaz sobre o Edificio de Aduanas e do posterior comunicado de prensa desta formación política, Esquerda Unida-IU de Ferrol quere manifestar:

Como se lembrará, a xestión encomendada polo Pleno da Corporación municipal ao Grupo de Goberno tiña a súa razón no punto 7 da Moción presentada polo Grupo Municipal de Esquerda Unida-IU no Concello de Ferrol e aprobada polo Pleno de 27 de xullo de 2006 por unanimidade e no que se acordaba iniciar conversas co Ministerio de Hacienda para conveniar a cesión do edificio de Aduanas.

Agora resulta que o Alcalde xustifica a súa pasividade dicindo que el fixo os deberes pois enviou unha carta a unha responsable do Ministerio para facerlle constar o interese do Concello nese edificio. Isto é, na nosa opinión, a firme evidencia de que o Grupo de Goberno, co Alcalde a cabeza, é absolutamente inoperativo nas cuestións que máis preocupan á veciñanza dos barrios da nosa cidade. Cómo é posible que enviando unha carta en agosto, e non tendo resposta á mesma, o Sr. Alcalde non utilizara outros medios para conseguir o que o Pleno lle está obrigando?.

Para Esquerda Unida-IU a actitude partidista do Alcalde, neste e noutros asuntos, denota que está máis por representar os seus intereses de enfrentamento e de facer oposición dende o cargo institucional que ostenta que na consecución dunha mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas da nosa cidade. Polo tanto, esixímoslle que coa mesma contundencia que se está a expresar noutros asuntos nos que está a enfrentar a institución do Concello con outras administracións se poña a traballar na consecución dun ben que sen dúbida repercutirá na calidade de vida da veciñanza de Ferrol Vello.

Ademais, non queremos deixar de amosar a nosa perplexidade cando indica que el mesmo está a levar as negociacións, mellor dito redactar unha carta, exonerando de responsabilidade ao Concelleiro de Urbanismo. No primeiro comunicado únicamente, e dende esta formación, trasladouse a resposta do Concelleiro de Urbanismo se agora resulta que este non estaba informado do que está facer o Alcalde só podemos dicir que a descoordinación no Grupo de Goberno é absoluta.

Coñecida era a descoordinación de áreas de goberno dependentes de concelleiros do PP e IF, por exemplo Urbanismo e Deportes, pero tras as declaracións do Alcalde se nos faga ver que a descoordinación atópase tamén dentro do mesmo Grupo Municipal do PP. A situación xa non e que roce, e que é esperpéntica. O Alcalde polo seu lado, os Concelleiros do PP por outro, IF ao seu. Agora nos preguntamos cando o Tenente de Alcalde dicía, nun medio de comunicación, o18 xuño de 2005: “En un año están hechos todos los deberes para cambiar Ferrol totalmente”. Se realmente o paso deste Grupo de Goberno cambiou totalmente Ferrol para mellor ou se polo menos fixeron algún dos deberes cando non son capaces sequera de dar cumprimento a un acordo dunha moción e que votaron favorablemente.

Ferrol, 13 de febreiro de 2007

Esquerda Unida-IU de Ferrol

O Concelleiro Delegado de Urbanismo, Guillermo Evia, realiza paseos matutinos pola Praza da Porta Nova

Poxecto que está executando Abeconsa - Imaxen tirada do Diario de Ferrol

O Concelleiro Delegado de Urbanismo, Guillermo Evia, realiza paseos matutinos pola Praza da Porta Nova, despachando co Xefe de Obra, e entre despacho e despacho fai declaracións de prensa intentando de novo confundir á cidadanía [13.02.2007].

Hoxe, en declaracións a unha cadena de TV, se lle deu por dicir que as empresas subministradoras non queren seguir facilitando os materiais pola alarma que se crío a raíz da incertedume respecto a se as obras van continuar ou non, votando-lle a culpa de todo "guiso" a quen denuncia as irregularidades urbanísticas, a quen denuncia os intentos de usurpación dos espazos públicos para beneficios privados, a quen denuncia a construción dun macro-edificio innecesario que baixo a fachada de sistema ocupacional público, escónde-se a cesión dun espazo público a unha empresa privada, para que o explote a súa conveniencia, con ánimo de lucro, sen un uso definido, mas coa pretensión de facer un centro comercial, de servizos administrativos privados e de lecer.

Sr Evia, non pretenda confundir á cidadanía, pois unha cousa é urbanizar a Praza, con máis que discutíbel gosto estético, que niso non entramos, e outra moi distinta é a construción do macro-edificio ou mesmo as dúas cafeterías que tamén están en cuestión.

Urbanicen a Praza dunha vez, e deixen-se de edificios en superficie para usos e beneficios privados, que precisamente é iso o que cuestionamos.


______

Achegamos os enlaces con noticias de hoxe que publica La Voz de Galicia, con declaracións de onte do Sr. Evia.

O Concello asume xa outro atraso nas obras da praza de España.
Urbanismo descarta que as tarefas poidan estar concluídas durante o próximo mes.
As xestións para a recalificación do chan do recinto.
O goberno local aspira agora a que os traballos se acaben antes das municipais.
O Concello pide máis datos a Abeconsa para darlle unha prórroga de seis meses.


Á espera do informe da Xunta sobre a construción do edificio central.
O responsable de Urbanismo tamén sinalou onte que o Concello de Ferrol continúa sen ter unha resposta oficial por parte da Xunta en relación á necesaria modificación puntual da achaiadura na praza de España para a construción do edificio central de 21 metros de altura.

domingo, febreiro 11, 2007

Constituiuse a Rede Litoral Vivo, o 10 de febreiro de 2007, onde está integrada a nosa Plataforma Ártabra 21

FOTO: Cris Tobío, tirada do xornal Galicia-Hoxe

Noticia tirada da web de Verdegaia

http://www.verdegaia.org/

Constituiuse a Rede Litoral Vivo



Sábado, 10 de Febreiro do 2007
Integrada por Anduxía, Bouzas Móvete, Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, Foro Social de Cangas, Colectivo Fusquenlla de Pontedeume, Plataforma Ártabra 21, Plataforma contra o Viaduto e a Variante de Outes, Plataforma pola Defensa das Illas Cíes, Salvemos Monteferro, Asociación O Carballal, ADEGA , Amigos da Terra, Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR), Colectivo Ecoloxista do Salnés, Federación Ecoloxista Galega (FEG), Greenpeace, Luita Verde e Verdegaia; constituíuse esta mañá en Compostela a Rede Litoral Vivo.

A costa galega, particularmente as rías, conta cunha riqueza paisaxística, biolóxica e etnográfica única e fai parte imprescindíbel da nosa identidade cultural, das nosas referencias emocionais e do noso futuro colectivo.

Porén, esta singularidade non ten sido salvagardada polas administracións nin respectada dende o ámbito privado. O desenvolvemento urbanístico e industrial descontrolado, unhas inexistentes políticas de ordenación do territorio e un errado concepto do "progreso" tradúcese na destrución de grandes partes do noso litoral, proceso acelerado nos últimos anos e sen perspectivas de frearse, o que pode supoñer, se non se pon couto, a marea gris definitiva que remate de asolagar a nosa costa.

Este proceso supón unha enorme perda cultural, ambiental e económica que a miopía xeralizada que padecemos obvia, cometendo os mesmos erros que noutras zonas do estado e facilitando a perda de biodiversidade, de calidade de vida e a rendibilidade socieconómica da nosa costa.

Perante esta situación, estes colectivos deciden constituír a REDE LITORAL VIVO coa finalidade de:

  • Compartir información e experiencias entre persoas e colectivos en defensa do patrimonio natural, social e cultural do litoral galego e propoñer alternativas de uso, conservación e restauración que conserven a costa. A Rede actuará de multiplicadora dos esforzos destinados a xerar alternativas e cambio no modelo de xestión costeiro.

  • Apoiar ás mobilizacións sociais en defensa do litoral e actos de protesta pola represión e a inxustiza (denuncias, xuízos) contra persoas e colectivos que pacificamente están a exercer o libre dereito a defendelo, difundindo alertas e convocatorias de mobilización.

  • Difundir as novas dos colectivos, logrando que transcendan do ámbito local, convertendo a Rede nunha ferramenta de amplificación da problemática do litoral galego e permitindo adoptar unha visión de conxunto das agresións á costa.

  • Aumentar a sensibilización social mediante a divulgación e a concienciación da cidadanía ofrecendo unha canle de denuncia e participación activa.

  • Xerar sinerxias que permitan mellorar a capacidade de presión sobre gobernos e empresas sumando as forzas dos colectivos integrantes.

No seu Manifesto "Por un Litoral Vivo" estes colectivos demandan que a sustentabilidade sexa a guía que marque as actuacións no litoral, unha serie de medidas lexislativas que garantan dita sustentabilidade, e transparencia, participación social e responsabilidade na xestión das distintas administración. Como medidas de emerxencia inmediatas esixen a Prohibición dos desenvolvementos urbanísticos e industriais naqueles lugares onde non estean garantidos a depuración completa de augas residuais, o subministro enerxético e de auga ou que a sua construcion provoque un impacto ambiental ou paisaxístico negativo; e a posta en marcha inmediata dunha moratoria que deteña as agresións no espazo marítimo-litoral permitindo unha Planificación Integral dos Usos do litoral no que se recollan todos os aspectos derivados da ocupación humana, do uso do medio mariño e dos seus recursos así como a previsión sustentábel da ocupación do mesmo.

Máis información en www.redelitoralvivo.info

A noticia en El Correo Gallego

A noticia en Galicia-Hoxe



sábado, febreiro 10, 2007

Presentan medio milleiro de alegacións contra o proxecto da piscina de Sartaña

Como xa anunciamos, onte 9 de febreiro, ás 12 do mediodia, a veciñanza de Sartaña concentrouse diante do Pazo Municipal e presentaron sobre unhas 500 alegacións no rexistro do Concello de Ferrol, para reclamar sentido cmún, xustiza e un procedemento legal no asunto do intento de apropiación da Praza Pública de Sartaña, para un negocio privado, e todocon a complicidade do Goberno Municipal [PP e IF]. A continuación transcribimos a noticia que publica o xornal comarcal Diario de Ferrol, na súa edición de hoxe.

Diario de Ferrol
Ferrol | Sábado, 10 de febreiro de 2007

Presentan medio milleiro de alegacións contra o proxecto da piscina de Sartaña

O procedemento que está levando a cabo o grupo de goberno con respecto ao expediente relativo á construción dun centro deportivo, de lecer e saúde na praza Sartaña, en Ultramar, é a principal razón que levou aos veciños que se opoñen a esta actuación, integrados na Plataforma Ártabra 21, a presentar onte no rexistro municipal máis de 500 alegaciones.

REDACCIÓN > FERROL

Como explicou o portavoz do colectivo, José Ramón Jove, "estamos en total desacordo en como se está levando o procedemento" desta actuación, recordando que na última sesión plenaria o alcalde retirou da orde do día a aprobación do proxecto constructivo debido a que decidiu resolver o recurso de reposición interposto en xuño por EU-IU antes de proceder á aprobación de devandita actuación.

Jove recordou que os veciños presentaron mil alegaciones contra o anteproyecto que, como subliñou, aínda non foron contestadas, polo que reclama que o Concello lles déa resposta antes do seu debate e aprobación por parte do pleno da corporación.

Tamén indicou que o proxecto constructivo introduciu algunhas modificacións, polo que considera que debería abrirse un novo proceso de presentación de alegacións.

Ademais, incidió en que o centro que o goberno local pretende construír asentarase sobre un espazo que "será dificilmente de xustificar que é zona deportiva". A este respecto, José Ramón Jove recordou que o colectivo vecinal que se opón a esta intervención mantivo contactos con responsables da Xunta que, segundo asegurou, "teñen as mesmas reservas e inquedanzas que nós".

"O centro proxectado non é para uso de todos vos ferroláns, senón que é para ou enriquecemento dunha empresa privada e haberá que pagar por utilizalo", aseveró o portavoz vecinal, que engadiu que a praza Sartaña "é un espazo público e non estamos dispostos a que nolo arrebaten".

Nas alegaciones á decisión plenaria do pasado 1 de febreiro, os veciños solicitan que o proxecto constructivo se someta a exposición pública -cun prazo de presentación de alegacions non inferior a dez días e facendo constar os cambios introducidos- e que se resolvan as reclamacións presentadas antes da aprobación de devandita iniciativa.

____________________________
Noticia orixinal no Diario de Ferrol
____________________________

Ferrol-Cape: A Planta de Gas de Ferrol e Arteixo

De: Ferrol CAPE
Para: artabra21@gmail.com
Data: 10 de febreiro de 2007 14:07
Asunto: A PLANTA DE GAS de FERROL E ARTEIXO

www.f-cape.org , blog opositor á ubicación da planta de Gas Natural Licuado (GNL) dentro da Ría de Ferrol

PREGAMOS A MÁXIMA DIFUSIÓN AOS VOSOS CONTACTOS E PERSOAS INTERESADAS.
Grazas.

Ola de novo:

Transcribimos un artigo da Opinión de hoxe día 10 de febreiro sobre a planta de Ciclo Combinado de SABON. (Arteixo). NON FACEMOS COMENTARIOS pois é AUTOEXPLICATIVO. ¡ Igual que coa PLANTA DE GAS de FERROL !. En Galicia hai señores que "campan polos seus respetos" sen que ninguén se atreva a pararlles os pés.

Aconsellamos aos veciños de MESOIRO y ARTEIXO (e tamén aos DAS PONTES) que se informen sobre os efectos do SMOG das emisións das plantas de Ciclo Combinado na poboación infantil. Entre os traballos que coñecemos hai un moi interesante (e premiado) do hospital clínico LA FE de Valencia.

Saudos,
www.f-cape.org

La Opinión de A Coruña
http://www.laopinioncoruna.es/
Sábado, 10 de febrero de 2007
A Coruña / Metro
ARTEIXO
A PLATAFORMA CONTRA As LIÑAS DE ALTA TENSIÓN PRESENTOU ALEGACIONES A MEDIO AMBIENTE

Os veciños de Oseiro piden que non se autorice o ciclo combinado de Sabón

O colectivo recorda que existe un compromiso para trasladar o tendido eléctrico que será moi difícil de cumprir unha vez que a nova planta térmica estea a pleno rendemento.
FERNANDO V. MARTUL

A Plataforma vecinal contra as liñas de alta tensión de Oseiro solicitou á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta que deniegue a autorización ambiental integrada á ampliación da central de ciclo combinado da térmica de Sabón, promovida por Unión Fenosa.

O colectivo, que desde fai anos demanda a retirada da liña de alta tensión que atravesa a urbanización Sol e Mar e outros núcleos de poboación de Arteixo, iniciou o pasado mes de xaneiro unha campaña de movilizaciones e medidas administrativas para esixir o cumprimento do acordo asinado no seu día polo Concello, a Xunta e a empresa eléctrica para o traslado dos tendidos. Os veciños consideran urxente a ejecución dese compromiso antes de que se leve a cabo a ampliación da central térmica. Argumentan que se agora que a planta funciona de modo intermitente e só para atender aumentos puntuales de demanda, non se trasladan as liñas, unha vez que a nova central funcione de forma continua será prácticamente imposible que se execute o convenio.

Os veciños concentráronse ante o concello de Arteixo coincidindo co último pleno e anunciaron novas movilizaciones ata que se atendan as súas demandas. Aproveitaron que o proxecto de instalación do ciclo combinado está en fase de exposición pública e presentación de alegaciones para solicitar á Xunta que non o autorice.

O escrito de alegaciones destaca o impacto do proxecto sobre a saúde das persoas e sobre os espazos naturais e tamén a vulneración dos convenios internacionais sobre prevención do cambio climático, ademais do incumplimiento do convenio citado anteriormente, que inclúe un compromiso expreso de trasladar o tendido.

Os veciños destacan que a central preténdese instalar no centro xeográfico dunha zona de gran concentración de poboación, próxima aos 16.000 habitantes e subliñan que a 1.800 metros atópase un colexio de Educación Infantil e Primaria con 310 alumnos. Alegan que se vulnera o Reglamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas, que esixe unha distancia mínima de 2.000 metros aos núcleos de poboación. Engaden que a zona soporta xa graves problemas de contaminación e a concentración de ata 8 empresas cualificadas como perigosas.

A central está a 250 metros do embalse de Rosadoiro, que abastece de auga a Arteixo e ao polígono industrial e nas inmediaciones existe un humedal cualificado como Lugar de Interese Comunitario. Os veciños cuestionan que o uso do gas natural garanta a redución de emisións de CO2 por baixo do límite fixado polo Protocolo de Kyoto.

________________________________________________

Noticia orixinal no xornal La Opinión de A Coruña
________________________________________________

O Courel está xa na Rede Natura, o Goberno ven de lanzar unha tímida sondaxe "para tomar o pulso" á opinión sobre a declaración de Parque Natural

De:lupe ces -lupeces@gmail.com- 10 de Fevereiro de 2007 11:26
Para: "Plataforma Ártabra 21" -artabra21@gmail.com-

---------- Forwarded message ----------
From: Orlando <orlandogregorio@mundo-r.com>
Date: 09/02/2007 01:21
Subject: Courel Parque Natural
To: orlandogregorio@mundo-r.com

Estimad@ compañeir@:


O Courel está xa na Rede Natura e agora o Novo Goberno ven de lanzar unha tímida sondaxe na Voz de Galicia, edición de Lemos, "para tomar o pulso" á opinión sobre a declaración de Parque Natural.

Sería convinte que interviras no debate electrónico http://www.lavozdegalicia.es/ed_lemos/opina.jsp, sería un gran logro que a participación fose masiva.

Estamos seguros de que un pequeno anaco do Courel será Parque Natural, porén dende SOS Courel estamos en contra de calquera "paripé en miniatura" cremos que se debe declarar integramente as cuncas do Lor, do Selmo, do Soldón e do Ferreiriño como mínimo.

A xente do Courel está a favor do PN, pero estase a boicotear tal declaración por outros intereses que todos coñecedes:

- No Courel non hai médico a partir das dez da noite, dende o 2002.

- No Courel non hai transporte público dende o 2004, cunha poboación totalmente envellecida.

- No Courel non hai nin un só veciño ou veciña que traballe en Medio Ambiente.

- @s trece integrantes das brigadas do lume, traballan fora do noso Concello, non hai ningunha brigada no Courel.

- O Lixo municipal segue tirado polo monte.

- A Estación Biolóxica, non se fai, despois de os veciños da vila de Seoane, comprar un solar por 12.000 euros fai 7 anos.

- A Ferrería permanece pechada dende a súa restauración con fondos públicos, fai arredor de 8 anos.

- O albergue que se rematou no verán do 2006, construído con fondos públicos, aínda non se abriu, por, ao parecer, problemas na relación camas/ metros cadrados.

- No 2003, os veciños pediron o asfaltado da pista forestal que dá aceso directo a Monforte, acurtándose a distancia ao Hospital Comarcal nunha media de 25 quilómetros, en troques a Xunta ven de aprobar a unha super estrada por Quiroga, xustificándoa polo transporte da lousa. Mentres o acceso a A6, segue atascado no quilómetro 3, despois de 3 anos.

- Mentres @s pouc@s veciñ@s que quedan a maioría xubilad@s se afanan por coidar o souto, o mellor da Provincia; a Xunta segue a arar os montes con "buldozers" e a plantar piñeiros.

- Cando xa se ten dabondo comprobado, que as canteiras non serven para fixar a poboación, temos a menor densidade de poboación de Galiza; xa están en marcha 4 novos proxectos para outras tantas canteiras de lousa.

- ..............................................


Esta mensaxe pódeslla pasar aos/as teus/túas amig@s.

Saúdos

SOS Courel.

Enderezo electrónico soscourel@mundo-r.com


--
Lupe Ces Rioboo
981946412/652201003

Campaña para que se constrúa o túnel para salvar o Círculo Lítico da Mourela nas Pontes

Choiva Ázeda -choivazeda@hotmail.com- 10 de febrero de 2007 2:44
Para: artabra21@gmail.com

A Plataforma Cidadá en Defensa do Patrimonio das Pontes e o colectivo ecoloxista ADEGA,

xunto con diversas asociacións do tecido social das Pontes están a recoller sinaturas para esixírlle a

COTOP (Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes) que tome a decisión de

construír un túnel que evite a destrucción da necrópole, e así mesmo, que continúe o seu

estudo, reconstrucción e posta en valor do xacemento milenario.

Para máis información e para asinar en apoio desta proposta pincha neste enlace:


http://www.amigus.org/mourela.php

Se non che interesa recibir máis E-MAILS nosos, só tes que enviar un correo ca palabra BAIXA

choiva-azeda.blogspot.com

Asociación Cultural Choiva Azeda

AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

VER VÍDEO "HAI SOLUCIÓN" : AQUÍ

Praza da Porta Nova: A empresa que reforma a praza pide unha prorroga de seis meses, de prazo, máis para rematar as obras

10/02/2007

A Dirección de Obra da unión de empresas que están realizando as obras de urbanización da Praza da Porta Nova e o macro-edificio, solicita unha prórroga para finalizar a urbanización na zona sobre o estacionamento.

Polo interese desta nova, achegamos o enlace coa noticia publicada no xornalde La Voz de Galicia, hoxe dia 10 de febreiro de 2007.
_______________________

Noticia en La Voz de Galicia
_______________________

Presentadas alegacións ao Proxecto Sectorial do parque empresarial de Leixa e ao Estudo de impacto Ambiental

De: Antonio Gª
Para: artabra21@gmail.com
Data: 9 de febreiro de 2007 17:32
Asunto: Alegacions ó Proxecto de Polígono Industrial Leixa (Ferrol).2007. Plataforma Defensa Brión-Leixa. Impacto sobre medio natural, arqueolóxico, ...


Queridos compañeir@s: Vos enviamos resumo da nota de prensa e alegacions sobre o asunto do polígono industrial de Leixa, enviada hoxe á prensa, por se vos vale para algo.

Unha aperta e que teñades tod@ unha boa fin de semana

Antonio Gª

Enviamos a seguinte nota informativa de “Plataforma pola Defensa Natural e Patrimonial dos Montes de Brión e de Leixa” por se podedes informar dela na nosa paxina web.

Unha aperta e boa fin de semana

Atentamente:

Antonio García Jiménez
“Plataforma pola Defensa Natural e Patrimonial dos Montes de Brión e de Leixa”
Vogal de Adega-Trasancos

ASUNTO: PRESENTADAS ALEGACIÓNS ó “Proxecto sectorial do parque empresarial San Pedro de Leixa (Ferrol)” e ó “Estudo de Impacto Ambiental”
(D.O.G. 9.1.200)

ENTIDAD QUE A REMITE: “Plataforma pola Defensa Natural e Patrimonial dos Montes de Brión e de Leixa”, integrado por ADEGA(Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza ), Club de Montaña de Ferrol, Esquerda Unida-IU, Nós-UP, e veciños de Brión e de Leixa

DATA de presentación: 8.2.2007

MOTIVOS E XUSTIFICACIÓN: Adxuntamos en arquivos asociados as alegacions presentadas completas, así como un mapa-croquis do zona proxectada para o polígono industrial e á súa relación con fragas, castro e rede hospitalaria.

Básicamente as alegacions presentadas están baseadas en:

-Se o polígono industrial de San Pedro de Leixa se levase a cabo, tería un impacto ambiental moi importante para a zona, afectando á fraga de “A Pega” (un dos últimos reductos de bosque autóctono non ripícola que se conserva), e fragas de ribeira xunto ós cauces fluviais.

-Afectaría a máis de 40 especies de animáis englobadas dentro da Directiva Hábitats 92/43/CEE ou directiva Aves (Directiva79/409) etiquetadas de “interese especial” ou “vulnerable”

- Afectaría de forma severa , os cauces fluviais da zona, especialmente O Regato de Fonteiroa e o Rego de Leixa.

-Estaría en estreito contacto có Hospital Novoa Santos e có Hospital Xeral de Defensa, e moi preto da zona están o Hospital Arquitecto Marcide e o Centro de Minusválidos. É evidente o perigo que supón ter un polígono industrial, con posible tránsito o almacenamento de mercadurías perigrosas cerca de estos hospitais.

-Estarían colindantes ou no interior do polígono industrial, restos arqueolóxicos notables e catalogados como o Castro da Leixa (Croa) , Castro de Sta Icia , e a mámoa de Trasancos.

-Ademáis, hai solo industrial nas proximidades de Ferrol (parques empresariais de Narón, Fene, Pontedeume,etc) con moita superficie valeira, así como no porto exterior de Ferrol.

-Esta actuación iria en contra das actuáis recomendaciones na loita contra o Cambio Climático, por conlevar aumento das emisións de C02 e unha destrucción irreversible de masas forestaies, humedáis e afectación de ríos.

Enlace Alegacións e Mapa-croquis