mércores, xuño 27, 2007

Proxéctase por diferentes lugares da xeografía galega "O salario do silencio" que analiza á planta de Reganosa en Mugardos

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Para: artabra21@gmail.com

Data: 27 de Junho de 2007 17:52

Asunto: "O salario do silencio" analiza á planta de Reganosa en Mugardos




"O salario do silencio" analiza á planta de Reganosa en Mugardos
Un documental producido por Enrique Banet e Mabel Rivera rompe o silencio sobre a polémica instalación de Ferrol.

Miércoles, 27 de junio de 2007

XORNAL. COM - Santiago.- "O Salario do Silencio" é un traballo documental que pretende aportar unha información obxectiva e contrastada sobre a problemática da planta regasificadora construída dentro da Ría de Ferrol, na parroquia de Mehá (Mugardos). Pero o que pretende, sobre todo, "é axudar a romper o silencio que sempre rodeou a esta instalación e informar á sociedade de cómo se levan a cabo certos proxectos empresariais ou urbanísticos que poden afectar gravemente aos cidadáns, aos que nunca se lles consulta sobre decisións que atentan impunemente contra as súas vidas, o seu entorno e, sobre todo, a súa seguridade", di a productora, Namche Films, nunha nota de prensa.

"O silencio (ou a manipulación) dos medios foi de tal alcance que non é de extrañar que os afectados, aos que poucas veces se lles dá oportunidade de falar sen cortapisas, se volcasen con absoluta xenerosidade neste traballo, ávidos de poder manifestar todo aquilo polo que levan tanto tempo loitando sen recibir a atención que merecen, tanto polo seu esforzo como pola gravidade dos feitos que denuncian", engaden.

O proxecto conta coa colaboración de numerosas asociacións e colectivos veciñais, profesionais, ecoloxistas, xurídicos, culturais, corpos de seguridade, sanitarios, etc., etc., que integran o Comité Cidadán de Emerxencia. "E contamos tamén coa negativa dos responsables directos desta situación: tanto os directivos da planta como certos alcaldes e algún que outro concelleiro e alto cargo, que ou ben se negaron a ser entrevistados, ou ben seguimos agardando a que se poñan ao teléfono. Se por eles fose, o silencio continuaría", rematan.

A productora

NAMCHE FILMS está formada por Enrique Banet, director de fotografía pola E.O.C. e realizador de televisión, que se encargou da dirección, guión, cámara e edición deste traballo; e Mabel Rivera, actriz, ocupouse da documentación, produción executiva e voz en off.

"O Salario do Silencio" gravouse orixinalmente en galego, aínda que para chegarmos a un público máis amplo saímos ao mercado inicialmente en español, dado que esta produción é totalmente independente, e está orientada ao mercado do DVD. Os beneficios irán destinados á Confraría de Mariscadores de Ferrol, a quen tamén dedican este traballo.

Proxeccións
O documental foi xa proxectado en Ferrol, Brión, Mugardos e Cangas, pero averá novas oportunidades de velo mañá 28 xuño as 20:30 horas na Escola de Belas Artes de Pontevedra.

Están pendentes de confirmación outras datas (4 e 5 de xullo) en Compostela e Vigo, respectivamente, e tamén será posible velo nas próximas semanas en A Coruña, Lugo, O Porriño, Redondela e Ribeira, entre outras localidades.
_________________________________________

Asociación Veciñal Fontelonga de Esteiro - Ferrol

web da asociación:
http://fontelonga.org/

Blog da asociación:
http://www.blogoteca.com/blogfontelonga/index.php
_________________________________________

Manolo Amor, obreiro, antifascista, activista político, sindicalista, ... referente de entrega, compromiso e solidaridade co movemento obreiro ...

De: Fuco Buxán -fucobuxan@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de Junho de 2007 22:00
Asunto: Condolencia polo falecemento de Manuel Amor Deus


A Asociación Cultural “Fuco Buxán” quere expresar a súa dor polo falecemento, víctima de cruel enfermidade producida pola súa exposición laboral ó amianto, do amigo e compañeiro Manuel Amor Deus.

A súa personalidade será sempre un referente de entrega, compromiso e solidaridade co movemento obreiro e a esquerda deste país; primeiro desde o seu traballo en BAZAN, na súa destacada actividade política e sindical no PCG e CCOO, nos cárceres da dictadura tralo Xuizo dos 23 e despois, na democracia, desde as súas responsabilidades sincicais e a loita polo recoñecemento da asbestosis como enfermidade adquirida no traballo.

fuco buxán
Asociación Cultural

O enterro terá lugar hoxe, mécores día 27 de xuño, ás 12 horas no Cemiterio de Catabois.

Asociación Cultural Fuco Buxán. Apartado de Correos, 240.
Telf.: 981.325.492. Ferrol 15400. Galicia. España.
fucobuxan@yahoo.es
fucobuxan@fucobuxan.com
www.fucobuxan.com

_____________
Autor da Foto: José Pardo Abril de 2001
_____________


A noticia no xornal comarcal Diario de Ferrol

O sindicalista Manuel Amor falece vítima do amianto
"foi o amianto, co que xogabamos coma se fose calquera cousa nunha Bazán onde a xente intoxicábase e morría". Manuel Amor Deus falaba así da morte do seu amigo e compañeiro José María Riobó, en maio de 2003. Parecía estar ditando o seu propio epitafio.

REDACCIÓN > FERROL

Manuel Amor Deus, Manolo Amor para todos os seus compañeiros na loita contra a ditadura, faleceu a pasada madrugada, aos 66 anos de idade, vítima dun cancro de pulmón que, non sen esforzo, como todo na súa vida, foille recoñecido xuridicamente como unha consecuencia da súa exposición ao amianto durante os anos de traballo na antiga Bazán. O mesmo camiño sen retorno que percorreron outros antes que el e no que o precedeu o propio Riobó -con Amor e Rafael Pillado os últimos liberados do denominado "proceso dos 23"- catro anos atrás. Unha frase pronunciada por Amor Deus naquela ocasión resume en certo xeito a filosofía coa que loitou desde a política e o mundo sindical: o ocorrido co amianto é "froito do capitalismo, que explota a Deus bendito".

Manuel Amor Deus foi o primeiro secretario xeral do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia. Nacido no seo dunha familia traballadora, politicamente inscrita na esquerda republicana -o seu pai e o seu tío eran militantes do Partido Comunista- ingresou na Escola de Aprendices de Bazán con 14 anos e durante catro recibiu unha formación que completaría posteriormente no estaleiro Astano. A mediados dos 60, xa operario de Bazán, comezou a concienciarse das condicións de traballo da súa contorna, con longas xornadas laborais e deficiencias en materia de seguridade e saúde, pero foi un accidente que presenciou na propia factoría e no que se viu implicado cando pretendía salvar a un amigo -algo que a punto estivo de custarlle a súa propia vida- o que lle fixo tomar a determinación de afiliarse ao Partido Comunista e a Comisións Obreiras.

Referencia sindical > A comezos da década dos 70, coa loita contra a ditadura máis activa que nunca e os principais dirixentes obreiros ferroláns -Rafael Pillado, Xulio Aneiros e Francisco Fernández Filgueiras- detidos, Manuel Amor encabezou a candidatura de Comisións Obreiras e pasou a converterse nunha figura de referencia para o movemento sindical galego.

Despedido en 1972 polo seu activismo, foi encarcerado e permaneceu en prisión ata 1976. Mentres estivo encarcerado sufriu a morte dun dos seus fillos e a do seu pai. Xa en liberdade, dedicouse a percorrer Galicia para organizar o sindicato e en 1978 foi elixido secretario xeral de CCOO, cargo no que permaneceu durante dez anos. Pouco tempo despois, en 1992, tivo que cesar na súa actividade laboral como consecuencia dunha incapacidade permanente. En 2004 detectóuselle o tumor que finalmente acabaría coa súa vida. O amianto, finalmente, gañoulle a batalla.

Enlace coa noticia orixinal no Diario de Ferrol
_____________________

Na morte de Manolo Amor Deus

E iso por que, Manolo? Non tiñas outra cousa mellor que facer? Seica non sabías que tiñas que vir a casa xunto con Eduardo Saborido? Leite, Monolo. Miúdo grolo. Pero, non quedamos que ti eras máis forte que a asbestosis que tiveches que tragar naqueles tempos? Pero, home, se só tiñas dous anos máis que eu...

Manolo quédome coas túas risotadas, a túa socarronería e o inmenso afecto que destilabas por todos os poros. Quédome tamén coa túa sabedoría. Pero non che admito que tiveses présa en saudar ao noso Cipri. Manolo, díxencho fai tempo: que se morran os cardos borriqueros. Pero, tan cabezón como sempre, non me fixeches caso. Manolo, así as cousas, pídoche que me poñas aos pés de María Castiñeira, a gran dama do pobo galego.

Recollido do Blog de José Luis López Bulla -Parapanda-

http://lopezbulla.blogspot.com/

Enlace co texto orixinal no seu Blog
_____________________

luns, xuño 25, 2007

Non máis violencia contra as mulleres: Concentración en Ferrol polo asasinato de Estrella Geremias

De: Marcha Mundial das Mulleres
Coordenadora Local de Ferrolterra
-marchagaliza.ferrol@gmail.com-
Para:artabra21@gmail.com
Data: 25/06/2007 09:06
Asunto: concentración Estrella Geremias



CONCENTRACIÓN

polo asesinato de Estrella Geremias

Contra a violencia de xénero

Hoxe Luns, 25 de Xuño

Ás 8 da tarde, na Praza do
Concello de Ferrol


Convoca:
Coordenadora Local de Ferrol - Terra da
Marcha Mundial das Mulleres



Concentración en Ferrol polo asasinato de Estrella Geremias

A Coordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres en Ferrolterra convoca unha concentración de repulsa ante unha nova vítima mortal da violencia machista.

A concentración terá lugar na Praza do Concello ás 20 hs, de hoxe, luns, 25 de xuño de 2007.

O caso de Estrella Geremias en Oleiros, ven a engrosar unha longa lista de vítimas, que non vai deixar de medrar mentras esta sociedade non rexeite as estruturas e ideoloxias machistas que estan na raíz que alimenta esta violencia, que sega, de xeito tan tráxico a vida de tantas mulleres, e que obriga a miles a denunciar situacións de maltrato cada ano.

A sociedade non pode ser cómplice destes asesinatos pensando que se tratan de feitos individuais ou responsabilizando ás vítimas por non romper con situacións onde se ve ameazada a sua vida. Estas actitudes demostran a ignorancia que ainda existe na nosa sociedade en canto aos mecanismos de dominación que desenvolve este tipo de violencia.

Agardamos e esiximos un posicionamento unánime e radical contra a violencia machista por parte de toda a sociedade e en todos os ámbitos.

Coordenadora Local de Ferrol-Terra
Marcha Mundial das Mulleres na Galiza

O seu Blog: http://feminismo-ferrolterra.blogspot.com
O seu correo-e: marchagaliza.ferrol@gmail.com

FENE [Ferrol-Terra]:
Escola Fonte do Campo S/N
15500 Fene - Galiza

Telfs 652201003 - 667685430 - 696732735

http://www.feminismo.info/
http://feminismo-galego.blogspot.com/
http://www.marchemondiale.org/

_____________________________________

A planta de gas e Ferrol Diario

Opinión
De: amadeo -avarela36@mundo-r.com-
Para:artabra21@gmail.com
Data: 23 de Junho de 2007 11:11
Asunto: A planta de gas e Ferrol Diario.

¡Saúde amigos!:

Como considero conveniente que todos saibamos quen é quen neste asunto da planta de gas, envíovos estas dúas notas que remitín a Diario de Ferrol, xa hai algún tempo, e que non foron publicadas.

A primeira é a crónica dun desastre anunciado.

A segunda e unha carta aberta dirixida ó Sr. Aymerich, en resposta a un incalificable comentario seu publicado en Diario de Ferrol o Domingo 10 de xuño.

Quizais a non publicación destas notas obedeza á súa pouca calidade literaria. Ou quizais se deba á pouca importancia do autor. Non sei.


Noutros momentos, publicáronme escritos de crítica forte ó anterior Alcalde, aínda que en letra miudiña e medio agachados... En fin.


De calquera xeito, coido que iso da “liberdade de prensa” non conta para a xente da rúa. Mais o que temos que pensar seriamente é que “a rúa é nosa, e non de Fraga”. E que “a ría é nosa, e non de Tojeiro”.


Unha aperta. Amadeo.
avarela36@mundo-r.com
___

Sr. Director de Diario de Ferrol: Prégolle encarecidamente a publicación dista carta aberta a D. Carlos Aymerich, voceiro do grupo parlamentario do BNG en Santiago, pois como opositor á ubicación da planta de gas dentro da ría, síntome aludido no seu artigo do pasado domingo día 10. Atentamente.

A propósito dun artigo de Carlos Aymerich sobre REGANOSA

Opiniom
De: amadeo -avarela36@mundo-r.com-
Para:artabra21@gmail.com
Data: 23 de Junho de 2007 11:11
Asunto: A propósito dun artigo de Carlos Aymerich.

Carta aberta a D. Carlos Aymerich


Respectado Sr.: O seu artigo publicado no Diario de Ferrol [*] do pasado domingo día 10, deixoume tan abraiado, que non acerto a entender a intención do mesmo.

A súa referencia á posibilidade da instalación dunha planta de gas no Musel, paréceme fora de lugar. ¿Esquece vostede que aquí ninguén está contra da planta, senón da súa ubicación?

¿Quere vostede culpar a EU e a PSOE do disparate da instalación da planta dentro da ría? Pois mire vostede, a min tanto me ten quen fora o culpable. A planta está aí, e o BNG e vostede mesmo, recoñecen que non debería estar. Xa que logo, esqueza vostede ós culpables e faga o que poida por remedialo.

Fala dos mocazos da policía e da intervención da fiscalía na contra do patrón maior da confraría, pois ben, ¿qué medidas tomou o BNG perante do seu socio de goberno na Xunta, para forzar a dimisión dos responsables? ¿É que ó BNG non lle doen os paus que reciben no lombo os galegos?

Refírese ó Comité de Emerxencia, dun xeito sibilino, esquecendo de novo que ese Comité non pretende mandar a planta a Xixón, senón aquí preto á outra beira da ría.

Denuncia a militancia pesoista de Carmelo e Pillado, que precisamente están a loitar contra un feito do que vostede responsabiliza ó PSOE do goberno central e tamén do goberno da Xunta, do que vostedes – non o esqueza - tamén forman parte.

Pretende vostede aclarar “desde o nacionalismo” algunhas cousas que segundo vostede, Carmelo e Pillado silenciaron, e sinala “catro verdades”.

1.- Di vostede que o BNG foi a única forza política que formulou alegacións contra a ubicación da planta. Seino e sabémolo a maioría das ferrolás e ferroláns. Por iso, o cambio de conducta do BNG foi especialmente doloroso para moitos de nós.

Di que se opuxo a esa ubicación “cando o había que facer”. ¿Agora non hai que facelo? ¿Cal é a diferencia? ¿A participación do BNG no goberno da Xunta? Espero que non utilice o razoamento de que “agora xa está feita”, porque iso supón a institucionalización da política de feitos consumados, que como vostede ben sabe, é un dos soportes nos que se apoia a corrupción.

2.- As autorizacións procederán de quen procedan, pero o feito é que, a planta está nun lugar que segundo vostede non é o idóneo, e que aí moi preto, hai un sitio mellor para esa instalación. Pode que vostedes non poidan cambiala, mais o que si poderían é apoiar sen reservas ós veciños de Ferrol que reclamamos o traslado ó porto exterior (non ó Musel).

3.- A súa preocupación para que Galicia non perda o tren da transformación enerxética, paréceme moi louvable, mais o que non entendo é por que perderíamos ese tren coa planta en Caneliñas.

Na situación actual, o que si perdemos é a ría e o medio de traballo dos mariscadores, poñendo ademais en perigo a saúde e as vidas de moitas persoas.

Vostede ponse, e pon ó BNG, na difícil alternativa de xogar coa seguridade da xente de Ferrol para salvar a Galiza. Coido que esaxera. Con planta ou sen planta, Galicia vai saír adiante, mais iso si, loitando duramente contra a corrupción de todo tipo. Para iso votamos o cambio os galegos e, xa que logo, hai que cambiar todo o que está mal.

4.- Non nos veña con iso das garantía de seguridade. Vostede sabe, que a seguridade total non existe en ningures. Todos os días ocorren accidentes teoricamente imposibles, por un despiste humano, por circunstancias meteorolóxicas, ou por unha insignificante peza defectuosa na que ninguén reparou.

Ademais, vostede sabe moi ben, que esa instalación non cumpre con dúas das normas máis importantes: a distancia ós núcleos de poboación e a saída rápida dos barcos da zona de perigo.

Eu estou seguro de que non é vostede o encargado de facer cumprir esas normas, pero quizais podería denunciar o asunto, ¿non si?

Por outra banda, sabe vostede que son moitas as persoas que están - estamos - en contra da ubicación da planta. Repito, da ubicación, non da planta. ¿Todas esas persoas teñen motivos inconfesables? ¿Son confesables os motivos dos que a defenden?

Prégolle que esqueza a parte accesoria do asunto, e se centre na realidade da cuestión: A planta está onde non debe, e hai un lugar idóneo moi preto. Cambiala ou non cambiala, esa é a cuestión.

E postos a poñer a cada un no seu lugar, eu quero poñerme no meu:

Son un xubilado de Bazán, habitual votante do BNG, que hai catro anos participei na lista electoral dese partido, a petición dos responsables locais, e traballei activamente durante toda a campaña, para tentar de levar ó noso candidato á alcaldía, cousa que non conseguimos por moi pouco.

Protestei pola marcha da construcción naval, pola desfeita de Astano, da Fenya, da Pysbe, da Maderera e de moitas outras trapalladas que nos fixeron. E agora protesto por algo que entendo que non ten razón de ser.

Agardo da súa xenerosidade que non me clasifique entre os que teñen “motivacións políticas e económicas menos confesables”.

Atentamente, Amadeo Varela Rodríguez.
avarela36@mundo-r.com

_____________________

[*] Ligamos co mesmo artigo, mais publicado en IndymediaGaliza, pois non o atopamos na hemeroteca do Diario de Ferrol.
_____________________

A catástrofe de Reganosa

Opinión
De: amadeo -avarela36@mundo-r.com-
Para:artabra21@gmail.com

Data: 23 de Junho de 2007 11:11

Asunto: Artigo de opinión sobre REGANOSA



A catástrofe de Reganosa

Algunhas cadenas de televisión nos ofrecen a cotío reportaxes documentais de graves acidentes, baixo os títulos de “Grandes Catástrofes” ou “Segundos Catastróficos”, nos que, unha vez estudiadas as circunstancias dos desastres polos especialistas correspondentes, aparece case sempre como causante a concatenación de feitos que, aisladamente resultarían inofensivos.

Un pedazo de ferro aparentemente inofensivo, esquecido nunha pista dun aeroporto, ocasionou o desastre dun “Concord”: Un neumático do tren de aterraxe estalou, a llanta da roda ó tocar no chan fixo saltar chispas que, dalgún xeito, prenderon lume nun depósito de combustible.

Nunha cidade de Norteamérica, o contacto entre dúas tuberías de distintos materiais provocou unha pequena corrosión teóricamente imposible. A corrosión perforou a tubería de combustible, que durante moito tempo espallou gas polo subsolo da cidade; o cheiro alertou ós cidadáns, mais ninguén atopou a causa. Un día de moito calor produciuse unha serie de explosións que case borraron do mapa á cidade enteira.

Un inestable vaso plástico de café, verteu o seu líquido nos controles dun gran avión: O inofensivo café filtrouse polo medio dos conductores eléctricos e fixo curtacircuito entre dous terminais, provocando o sinal erróneo de avaría nun dos motores, inducindo ó piloto a desconectalo. Pouco despois, sucedeu o mesmo co segundo motor, o que obligou ó piloto a desconectalo tamén e tentar unha aterraxe de emerxencia que rematou en desastre total.

Noutro avión, algún operario esqueceu un pedazo de cinta plástica utilizada para protexer os sensores nas operacións de limpeza. Os sofisticados circuitos electrónicos, faltos da sinal dos sensores, transmitiron informacións erróneas e contradictorias de altitude e velocidade. Os pilotos estiveron voando practicamente a cegas durante certo tempo, e o desastre foi o resultado final.

Despois dos minuciosos estudios para averiguar as causas destes e outros accidentes, a conclusión final establece como desencadenante dos feitos a estupidez humana e moitas veces os intereses económicos.

Segundo estas conclusións, un desastre na estación regasificadora de Reganosa no pode tardar, tendo en conta que xa se produciron os primeiros fallos debidos á estupidez humana: o emplazamento da planta, pola teimosía de Fraga e Tojeiro; o consentimento das Autoridades e dos Políticos, polos intereses económicos; a apatía resignada dun pobo afeito a aturar todas as desgracias que lle botan enriba.

A cadea de despropósitos xa comezou. É cuestión de tempo que se vaian engadindo os seguintes elos: unha válvula atascada, unha tormenta imprevista, unha “agulla rocosa” no canal…

¿Pesimista? Non. Hai cousas que se ven vir.

Amadeo Varela Rodríguez
amadeo -avarela36@mundo-r.com-
_______________________________

venres, xuño 22, 2007

Videos da concentración, para alertar do perigo que supón REGANOSA dentro da Ría de Ferrol e para protestar pola entrada dun novo buque [21.06.2007]


Video feito por Damch



Video pillado na web do Colectivo Anarquista Unión Libertaria:
unionlibertaria.org



___________________

Videos da concentración [Cacerolada-Tamborrada 21.06.2007], para alertar do perigo que supón REGANOSA dentro da Ría de Ferrol e para protestar pola entrada dun novo buque cargado de gas. Desde as nove da noite até as dez e media, máis de trescentas persoas mantiveron unha protesta sonora, batendo en cacerolas, para alertar do perigo que supoñen as instalacións de REGANOSA dentro da Ría de Ferrol, facendo da Ría unha zona insegura e perigosa que no caso de accidente as consecuencias serían irreparábeis e catastróficas.
___________________

Unha sonora cacerolada tamborreada recibeu en Ferrol ao terceiro gaseiro para REGANOSA [21.06.2007]

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 22 de Junho de 2007 08:53

Asunto: Unha sonora cacerolada tamborreada recibeu en Ferrol ao terceiro gaseiro para REGANOSA


Cunha sonora cazorelada, tamborreada e pitada dunha hora e media desde as 21 horas hasta as 22,30 horas, unhos 1.500 participantes convocados polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrrol, recibiron a entrada na Ría de Ferrol do terceiro metaneiro con destino as instalacións que a empresa Reganosa está construíndo.

Achégase a nota do contido comunidado aos medios de comunicación nunha rolda de prensa que tivo lugar ás 20:00 horas na que tomaron a palabra Carmelo Teixeiro Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia e Bernardo Bastida Patrón Maior da Confradía de Pescadores de Ferrol.

___________________

Rolda de prensa a raíz da chegada do tercer metaneiro cargado de GNL para Reganosa.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
21 de xuno de 2007

As actuacións realizadas con motivo dos dous primeiros metaneiros cargados de GNL, Galicia Spirit e Mourad Didouche, pulverizaron os muros de silencio que durante sete anos estaban impedindo se coñecése fóra de Ferrolterra e no resto do mundo o conflito social que desde o ano 1997 os promotores de Reganosa provocaron co apoio da Xunta de Galicia, cunha Planta de Gas que están construíndo dentro da Ría de Ferrol, a pesar de que desde o ano 1994 existe un lugar para iso, onde se está construíndo o Porto Exterior. Nesta nova etapa informativa queremos mostrar o noso agradecemento aos medios que están emitindo contidos de fondo neste conflito. Neste novo marco o pasado día 10 de xuño xa fixemos público o noso reto a un debate en directo e cara a cara cos máximos representantes da Xunta de Galicia, a fin de que desistan no seu apoio a Reganosa e empecen a pensar nunha plataforma gasista galega, por gasoduto ou planta de Gas, con promotores distintos e con proxectos compatibles co desenvolvemento sostible e que respecten a vida humana e o medioambiente.

Con motivo da chegada hoxe dun terceiro buque gasero para Reganosa, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, logo de analizalo na Asemblea Cidadá, descartou para hoxe a utilización de lanchas e acordou unha concentración cunha cacerolada e tamboreada, nos peiraos de Curuxeiras en Ferrol, para as 21 horas, que se iniciará diante dos edificios da Autoridade Portuaria e desprazarase ata o extremo sur ou miradoiro e paseo marítimo fronte ás murallas do arsenal Naval Militar, despois do embarcadoiro de pasaxe de lanchas, a fin de que a cidadanía poida:

a) Demostrar a súa solidariedade para que sexan sobreseídos os procesos xudiciais en curso contra o Patron Maior da Confradía de Pescadores de Ferrol e outros os traballadores do mar na Ría de Ferrol, por mor das denuncias que contra os mesmos foron presentadas, por actuacións ou incidentes que se produciron no contexto de actividades do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, en defensa da vida da riqueza marisqueira da Ría e da legalidade, realizadas con motivo dos metaneros Galicia Spirit e Mourad Didouche.

b) Expresar o seu rexeitamento pola pretendida entrada ilegal dentro da Ría de Ferrol dun terceiro buque Gasero, agora o chamado “Cádiz Knutsen” cunha eslora total de 284,4 metros e cargado con 114.400 m3 de Gas Natural Licuado para descargar nas instalacións que Reganosa está construíndo dentro da angosta Ría de Ferrol, sen que Reganosa teña todos os permisos, sen terminar as súas obras, sen a autorización de funcionamento que require o articulo 85 do Real Decreto 1434/2002 de 27 de decembro, sen ter cumprimentado os condicionados da súa autorización de construción, entre eles o articulo 12 do Real Decreto 1254/99 de 16 de xullo sobre distancias suficientes ata as poboacións, sen que Reganosa nin a Autoridade Portuaria acrediten que se poida realizar a saída ao mar dos buques gaseros no caso dun accidente durante a descarga, coa máxima rapidez e polos seus propios medios, segundo require a norma EN-1532, polo que desde o pasado 9 de maio, con mais probabilidades na entrada e descarga dun buque gasero cargado de GNL, existe un risco real para a vida humana na Ría de Ferrol, para a súa riqueza marisqueira e para o emprego dos seus 600 traballadores do mar.

c) Manifestar e reclamar ao Ministerio de Industria, que o seu organismo provincial na Coruña chamado “Área de Industria e Energía”, dependente da Delegacion do Goberno, non autorice a entrada en funcionamento de Reganosa.

Noutras actuacións e coa finalidade de que Reganosa non entre en funcionamento, acordouse:

a)En próximos días presentar unha querela penal, por infracción das normas de seguridade establecidas, cuxa inobservancia pode ocasionar resultados catastróficos e poñan en concreto perigo a vida, a integridade física das persoas ou o medioambiente.

b)En datas próximas convocar unha gran mobilización en Ferrol, con recollida de firmas para alcanzar o maior numero posible reclamando que non sexa autorizado o funcionamento de Reganosa.

Reiteramos que desde o pasado día 9 de maio, existe un perigo real e aumento da probabilidade de accidente grave cada vez que un metanero cargado de GNL entre a descargar, a sabendas de que en caso de eemrxencia non pode saír ao mar aberto polos seus medios e con toda rapidez, tal e como require a normativa aplicable.

Por todo iso, con esta nova forma de protesta de hoxe, esperamos que as autoridades competentes salgan da súa rutina e entendan que somos nós os que estamos ao lado da orde e da lei, en defensa da vida e da riqueza natural da ría, así mesmo para deixar constancia de que están fóra da lei quen sigan permitindo que as instalacións de Reganosa continúen ameazando a vida de miles de persoas, ao medioambiente da Ría e o emprego dos actuais 600 traballadores do mar. ¡Planta de Gas Fora dá Ría.!
_________________________

Novamente REGANOSA, coa complicidade das autoridades, pon en perigo á poboación da Ría, permitindo a entrada ilegal e perigosa dun novo buque gaseiro

Autor da Foto: Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
Para amliar a imaxe, clicar acima dela


Novamente REGANOSA, coa complicidade das autoridades locais, autonómicas e centrais, pon en perigo á poboación que mora na beira da Ría de Ferrol. Desta vez era o buque "Cadiz Knutsen", o terceiro gaseiro que entraba, cargado con 57.000 toneladas de GNL, para descargar na ilegal planta regasificadora, instalada, contra a vontade popular, en Ponta Promontoiro no concello de Mugardos.

Sobre as dez e media da noite, atracaba no porto privado de Mugardos -roubado polo Grupo Tojeiro á Ría e ao patrimonio cidadán- o metaneiro de UNIÓN FENOSA, importante socio de REGANOSA. Atraque excesivamente caro, catro remolcadores; servizo de práticos; situación de alerta na Capitanía Marítima e Autoridade Portuaria; a Ría chea de embarcacións da Guardia Civil do Mar; desprazamento de antidisturbios á cidade, desta vez estacionados nun lugar "discreto" do porto ferrolán; importante depliegue da brigadilla da Guardia Civil e de información da Policia Nacional; triple despliegue de seguridade privada dentro de REGANOSA; dietas por doquier e numerosos salarios para comprar o silencio, a complicidade, a intoxicación e a manipulación informativa. Un prezo caro, excesivamente caro.

Desde as 9 da noite, máis de trescentas persoas mantiveron unha protesta sonora, petando en cacerolas, para alertar do perigo que supoñen as instalacións de REGANOSA dentro da Ría de Ferrol e pola entrada dun novo buque cargado de gas, criando inseguridad e un potencial perigo de irreparábeis e catastróficas consecuencias. E REGANOSA sen ter un Plano de Emerxencias Exterior, nen aprobado, nen se quera elaborado, como é preceptivo por Lei.

Previamente ás oito da tarde o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, daba unha Rolda de Prensa, nos locais da Asociación Veciñal de Ferrol - Vello. Da cal pasaremos información completa cando o Comité Cidadán pase a nota informativa, mais que resumindo, e interpretando, veñen dicer que a defensa ante as medidas represivas [xudiciais e policiais] da administración están desviando a atención e consumindo os recursos dos que dispoñemos para facer frente ás ilegalidades de REGANOSA, aos cómplices e á corrupción política subxacente. Non somos nós os que teñen que estar diante dos tribunais, como acusados, senon eles, é por iso polo que imos interpoñer unha demanda polo penal por infracción das normas de seguridade estabelecidas na lexislación vixente.

Por outra banda, estanse recibindo cartas para comparecer como imputados por coación, desobediencia e atentado, polo que non podemos pedirlle as mariscadoras e mariscadores que sexan a parte que máis medios e responsabilidade arriscan neste conflicto que é de toda a cidadanía. Pois cumpriron con creces os obxectivos, de romper os muros de silencio que lograran construir ao redor da cidadanía opositora á planta de gas. A xente do mar, non só foi a protagonista, senon unha peza clave que pasará a historia desta cidade, da comarca e de Galiza, na defensa da Ría e da vida da poboación de Ferrol Terra de Trasancos e Bezoucos.

E por último que as Cofradías de Pescadores, teñan aberta unha vía de diálogo, que ten servir para demostrar a ilegalidade da propia planta regasificadora; da falta da avaliación de impacto medio ambiental, como así se sentencia por dúas veces polo TSXG; da contaminación mariña das súas verteduras ao mar; dos incumprimentos dos condicionados de seguridade de distancia con respeito ás zonas poboadas e da imposibilidade de saída dos buques, a mar aberto, en caso de emerxencia, polas limitacións que impoñen as mareas e o estreito canal da nosa Ría, como así recoñece a Normativa oficial elaborada pola propia Capitanía Marítima do Porto de Ferrol.

_____________


Nota informativa do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, sobre a mobilización de onte [21.06.2007] no peirao de Ferrol e a Rolda de Prensa celebrada nos locais da Asociación Veciñal de Ferrol - Vello, diante da entrada na Ría de Ferrol do buque metaneiro "Cadiz Knutsen".

[Enlace coa Nota de Prensa e fotografías nos Árquivos Ártabros]

_____________

Foto: Luis Polo no Diario de Ferrol

A noticia no Diario de Ferrol
O terceiro gaseiro de Reganosa foi recibido con ruído de cacerolas
O ruído dunha cacerolada na que participaron ao redor de 300 persoas recibiu onte ao "Cadiz Knutsen", o terceiro gaseiro que chegou a Reganosa, cargado con 57.000 toneladas de GNL. O Comité de Emerxencia Cidadán non tratou de impedir nesta ocasión a entrada do buque na Ría, como mostra de que non é a confrontación senón a defensa de vidas humanas o obxecto da súa protesta. O barco atracou en Mugardos ás 22.30.

[Enlace coa noticia orixinal na edición dixital do Diario de Ferrol]
____________________

Incumprimentos legais e técnicos da planta regasificadora que a empresa REGANOSA, ten instalada dentro da Ría de Ferrol.

O proxecto desta planta incumpre os seguintes regulamentos e directivas europeas e lexislación española:

1- R.D. 9 / 2.000 (Directiva 97/11/EC) sobre Avaliación de Impacto Ambiental. Non se realizou.

Hai dúas sentenzas favorables aos veciños do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pero foron recorridas ao Supremo por Reganosa. Mentres, seguen coas obras e coa súa politica de feitos consumados e o amparo desde a Xunta. Por iso protestan os mariscadores, pois se van a quedar sen emprego por mor das enormes verteduras de auga moi fria con cloro e bisulfito que realizarán para regasificar e quentar o gas licuado.

2- R.D.1254 / 1999 (Directiva 96/82/EC ? Lei Seveso II). Non se seguiu en canto á "política de asignación do chan". A poboación non foi informada dos riscos. Non se conoce unha Avaliación Cuantitativa de Riscos. Non se pediu o parecer á poboación. Existe un complexo petroleiro denominado Forestal do Atlantico xusto á beira de Reganosa que almacena uns 300.000 m3 de combustibles máis outros produtos químicos o cal propicia o efecto dominou en canto a accidentabilidade que a lei SEVESO II especifica claramente que non se poden situar en proximidade pois ambas son susceptibles de xerar accidentes maiores.

3- Decreto 2414/ 1961. (RAMINP - Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas). Este regulamento esixe unha distancia mínima de separación de 2.000 m entre a planta e a poboación agrupada máis próxima. Neste caso a planta está apenas a 100 m do lugar do Penedo e de aproximadamente 800 m do núcleo central de Mugardos (6.000 habitantes), e de Ferrol a 1.900 mts.

4- Norma UNE 1532. Sobre o Interfaz buque gaseiro- terminal de descarga. Non se cumpre a condición de saída a mar aberto do buque gaseiro en caso de emerxencia e en calquera condición de tempo atmosférico. O gaseiro quedaría atrapado no interior da Ría de Ferrol, pondo en serio perigo a máis de 100.000 persoas.

5- Norma UNE - EN 1473. Non se deixou unha zona de exclusión térmica ao redor da planta, para a seguridade das persoas e propiedades de particulares en caso de accidente grave.

6- R.D. 145 / 1989. Regulamento sobre portos con mercancías perigosas. Non se deixou distancias a núcleos de poboación agrupada.

7- Norma NFPA 59 A . Non se deixou zona de exclusión térmica.

8- Lei 8/1975. Impide situar unha instalación deste tipo a menos dunha milla de distancia á base naval de Ferrol. (zona de seguridade militar).

9- Lei 16/2002 (Directiva Europea 96/61/CE) de Prevención e control integrados da contaminación.
________

xoves, xuño 21, 2007

A PA21, chama ás diferentes asociacións e colectivos da Comarca e a cidadanía en xeral, a participar, na concentración convocada no peirao de Ferrol

Conforme ao acordado na última Asemblea Xeral da PA21, e como así ven sendo desde que se constitueu a nosa plataforma cidadá, de apoio ao Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e a Asemblea Cidadá en tódalas súas resolucións encamiñadas á oposición da Planta de Gas dentro da Ría, a Plataforma Ártabra 21, chama ás diferentes organizacións, asociacións e colectivos da Comarca e a cidadanía en xeral, a participar hoxe xoves, 21 de xuño, ás 9 da tarde na concentración [cacerolada - tamborrada] convocada no peirao de Ferrol, para protestar pola entrada dun novo buque gaseiro cargado de GNL [Gas Natural Liquidificado] e para alertar do perigo que supoñen as instalacións de REGANOSA dentro da Ría de Ferrol.

__________________________


Enlace co Blog que oferta un número importante de enlaces con noticias que se produzen con respeito á planta regasificadora de REGANOSA

__________________________

Algúns audios interesantes do programa especial de Rádio FilispiM sobre a manifestación do 3 de xuño en Ferrol, con entrevistas de moito interese.

[ E n t r a ]

__________________________

FUNDAMENTOS.-

___________________
FUNDAMENTO 1º : Non cumpre co RAMINP (Reglamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas) Decreto 2414/1961.

FUNDAMENTO 2º : Non cumpre o R. D. 6//2.001 do 8 de maio sobre EVALUACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL (Directiva europea 97 /11 /CEE) - NON SE TIVO EN CONTA - (Modifica o R.D. Lexislativo 1302/1986 do 28 de xuño - Directiva europea 85/337/CEE).

FUNDAMENTO 3º
: Non cumpre a norma UNE - NE 1532 sobre INSTALACIÓNS E EQUIPOS PARA GAS LICUADO ? Interfaz entre buque e terra ? Marzo de 1.997 SAÍDA Ao MAR DE BUQUES GASEROS EN CASO DE URXENCIA REQUERIMIENTOS PRINCIPAIS SOBRE ASPECTOS DE SEGURIDADE DE BUQUES GASEROS A CUMPRIR NOS TERMINALES DE DESCARGA DE GAS NATURAL LICUADO (GNL).


FUNDAMENTO 4º
: Non cumpre o R.D. 1254 / 1999 "Medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos que interveñan sustancias perigosas" (Directiva Europea 96/82/CE ? Lei Seveso II)

_________________________

VERTEDURAS NA RÍA POR PARTE DE REGANOSA

____________________________________

Convocatoria da Asemblea Xeral Ordinaria da PA21, para o martes 26 de xuño

CONVOCATORIA DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

26 de Xuño de 2007

A Xunta Coordinadora da Plataforma Ártabra21, convócavos para celebrar unha ASEMBLEA XERAL ORDINARIA ás 8 h. da tarde do día 26 de Xuño no local da Fundaçon Artabria.

Orde do día

1 .- Lectura e aprobación da ACTA da ASEMBLEA anterior.

2 .- Estado de contas.

3 .- INFORMACION XERAL.-

Petición da PALABRA NO VINDEIRO PLENO ORDINARIO para lembrar a nova Corporación Municipal a nosa constante denuncia respecto a PRAZA DE PORTA NOVA, FRAGA DE MENÁNCARO, CHA DE LEIXA E MANDIÁ, PRAZA DE SARTAÑA , Participación Cidadán, .etc, ademais do prioritario e grave problema da PLANTA DE GAS .

* Praza de Porta Nova.
* Praza de Sartaña.
* Fraga de Menáncaro.
* Leixa e Mandíá.
* Expropiados de Canido.
* Rehabilitación de Ferrol Vello e Recimil
* Campo de golf nunha zona declarada Red NATURA.
* Os Corrais.
* PLANTA DE GAS.

4 .- Integración e sinatura na PA21 da Frente Popular Galega.

5 .- RELEVOS na XUNTA COORDINADORA.

6 .- Determinación do día, lugar e hora da seguinte Asemblea da PA21.

7 .- Suxestións e preguntas.

Ferrol a 20 de Xuño de 2007.

A Xunta Coordinadora

asdo. José R. Jove; Bruno Lopes ; Juan F. ; Xosé M. Sanxoán
___________________________________

Acta da pasada Asemblea Xeral Ordinaria da Plataforma Ártabra 21, celebrada o 6 de xuño

Adxúntovos acta do asunto que se terá que someter a aprobación na próxima asemblea ordinaria do 26 de xuño.



ACTA ASEMBLEA ORDINARIA MAIO 2007


En Ferrol a 6 de xuño de 2007 no Centro Cultural Carvalho Calero, sendo as 19:15 h., se celebra a asemblea mensual ordinaria correspondente ao mes de maio coa asistencia de 22 persoas. Esta asemblea estaba prevista para o día 29 de maio pero debido aos graves acontecementos xurdidos nesa data (mobilización pola entrada na ría do 2º gaseiro, detención de Bastida, represión policial, etc.) acordouse trasladala ao día de hoxe.

Fai de moderador Mel Sanxoán e de secretario José R. Jove.

Precisamente é Mel quen abre a asemblea dicindo que sería conveniente dadas as circunstancias actuais no que atinxe a Planta de Gas, alterar a orde do día quedando como segue:

1.- PLANTA DE GAS.-

Despois dun pequeno debate, acórdase a elaboración dun comunicado nos seguintes termos:

o Esixir a posta en liberdade de maneira inmediata de Bernardo Bastida, que está a sufrir as consecuencias dunha decisión política cando o seu delito non é outro que defender a vida, a ría e a legalidade.
o Pedir a dimisión das persoas que estima o Comité Cidadán de Emerxencia que dalgún xeito están relacionadas coa entrada dos buques e a represión policial.
o Apoiar ao Comité Cidadán de Emerxencia e a Asemblea Cidadá en tódalas súas resolucións encamiñadas á oposición da Planta de Gas dentro da ría.

2.- CONTAS.-

Jove informa que a PA21 a día de hoxe ten un saldo favorable na súa conta corrente de 308,25 €.

Tamén indica que están pendentes de cobro diversas cantidades de diferentes entidades convocantes das manifestacións da Praza de España, en defensa dos espazos públicos, e engade que se continuará facendo xestións para eliminar esa débeda.

3.- PUNTO PRINCIPAL.- AVALIACIÓN E BALANCE ANUAL NESTE PRIMEIRO ANO.-

Inicia Mel este punto, indicando que é necesario facer unha análise e crítica entre tod@s o máis ampla posible para deseñar o presente e futuro de nosa Plataforma.

Engade que estamos en pleno debate organizativo para preguntar cómo queremos que participen os partidos políticos ou se debemos revisar outro tipo de propostas para estas organizacións.

Se abre un turno de palabras que comeza Inácio, dicindo que na súa opinión a PA21 cumpríu os seus obxectivos. Destaca que houbo unha unión importante entre diversos colectivos que tiñan uns fins concretos reivindicando un cambio de política urbanística, e o Paseo Urbano polos Despropósitos levado a cabo o día 20 de maio é significativo do sucedido nesta lexislatura.

Engade que se contribuíu á caída do goberno, e que a partires de agora ábrese unha etapa co novo goberno, que no caso de que solucione diversos problemas, algúns colectivos poideran desaparecer.

Tamén di que no tema de participación ainda hai que moito por facer e fai fincapé en que o tema da Planta de Gas é moi importante.

Xan Ramírez di que os obxectivos que se barallaron no inicio, relativos a actuacións no ámbito comarcal, non se cumpriron. E que sería interesante retomar outros temas, outras alternativas e contactar con xente doutros sitios. Recoñece que houbo unha serie de circunstancias que impediron levar algunhas ideas a cabo. Propón tamén que en cada asunto no que se participou con resultado positivo habería que celebralo. Tamén propón que no próximo pleno ordinario da nova corporación se pida a palabra para expresar, un por un, o que os colectivos afectados non poideron facer na anterior lexislatura.

No tema da participación dos partidos políticos dentro da PA21, manifesta que non foron obstáculo en ningún momento senón todo o contrario, apoiaron as iniciativas cidadás.

Mauricio da parabéns polas actividades levadas a cabo neste primeiro ano, e di que non ten claro a actitude do novo goberno indicando que os problemas de fondo van continuar: transporte, parques, servizos públicos, privatizacións, etc. Manifesta tamén que isto non vai ser un paraíso, aínda que poidera parecelo comparándoos cos anteriores. En todo caso a PA21 non se pode desactivar e é necesario ampliar a democracia participativa.

Engade que non comparte a exclusión dos partidos políticos dentro da PA21 xa que o balance foi positivo, e pensa que máis que pechar hai que abrir as portas.

Manuel coincide basicamente con tódolos anteriores pero quere matizar que as actuacións se centraron no ámbito metropolitano, cando deberían de expansionarse a toda a comarca, Ortigueira, As Pontes, Pontedeume, etc.

Inácio, ao fío disto considera importantes os temas do lago artificial das Pontes e o Círculo Lítico da Mourela.

En canto a presenza dos partidos políticos na PA21 di que a plataforma debería ser apartidaria porque permitiría a entrada de diferentes colectivos civís.

Bruno, en relación coa presenza dos partidos na PA21, di non entender a situación, e considera un erro abrir este debate. Indica que o control dos partidos na plataforma durante este ano foi nulo e pensa que os que queiran entrar non poden establecer as condicións.

Jove, no tema da presenza dos partidos políticos na PA21, quere aclarar que cando a PA21 lidera as mobilizacións da Praza de España e convida como convocantes a diferentes entidades, os asistentes as reunións decatámonos de que isto limita a posible entrada doutros colectivos civís, cara a conseguir unha maior participación cidadá principalmente a das asociacións veciñais.

Engade tamén que o ámbito de incidencia da PA21, se non afectou á comarca foi primeiro porque xurdiron temas importantes como son o edificio da Praza de España e a Planta de Gas, e segundo porque sendo realistas temos as nosas limitacións por falta de efectivos tanto na xunta coordinadora como nas asembleas.

En canto a pedir a palabra no próximo pleno, di que é máis axeitado pedila en nome da PA21 e cunha soa intervención tocar tódolos temas que nos afectan ou nos preocupan.

Finaliza dicindo que neste ano hai que destacar o traballo fundamental de Inácio como responsable do blog, así como o de Mel como portavoz.

O veciño de Mandiá, colaborador da asociación veciñal di, que tal e como se quedara na asemblea de abril, xa lle comunicou ao presidente da asociación a disposición da PA21, pero opina que non ten demasiado interese. A actuación que neste momento estase a desenrolar relativa ao acceso ao Porto Exterior a cualifica de “desfeita”. Asegura tamén que en Mandiá existe moita pasividade e que faría falta dar un paso adiante.

No que atinxe a PA21 considera que as mobilizacións foron positivas e que el, a título individual ten pensado entrar na plataforma.

Josecho Placer (Frente Popular Galega) da as grazas por ser convidados. Di que teñen solicitado a súa integración na PA21 e considera importante a participación porque existen moitas problemáticas coa veciñanza que requiren organización para canalizar as reivindicacións e para impulsar un novo xeito de comprender a vida.

Mel, en relación coa integración da FPG, di que a xunta coordinadora incluirá este tema na orde do día da próxima asemblea, para que sexa ratificado pola mesma.

4.- NOVAS INCORPORACIÓNS Á XUNTA COORDINADORA.-

No día de hoxe entra a formar parte da xunta coordinadora Bruno Lópes.

5.- PRÓXIMA ASEMBLEA.-

Acórdase que a próxima asemblea correspondente ao mes de xuño terá lugar o martes día 26 de xuño as 20:00 h. no local da Fundaçon Artábria.

Sen máis asuntos que tratar as 20:40 h. remata a asemblea.

Asdo.

José R. Jove

A asociación Veciñal de Ferrol Vello: Con motivo da chegada dun terceiro gaseiro cargado de Gas Natural Licuado

De: AVV FERROL VELLO -avvferrolvello@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de xuño de 2007 01:08
Asunto: O valente ten medo do contrario o covarde do seu propio temor

O valente ten medo do contrario o covarde do seu propio temor

Con motivo da chegada dun terceiro gaseiro cargado de Gas Natural Licuado, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol acordou convocar á cidadanía, para o xoves 21 de xuño, ás 21 horas, a unha concentración nos peiraos de Ferrol para unha cacerolada-tamborrada de protesta e alerta en relación co perigo que supón as instalacións de Reganosa.
________________________

A. VV. FERROL VELLO
Xunta Directiva
C/ Curro, 1. 15401 - FERROL
Tlf./fax: 981.356842

mércores, xuño 20, 2007

Cacerolada no porto de Ferrol, contra a entrada do terceiro Gaseiro na Ría de Ferrol para REGANOSA

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 20 de Junho de 2007 18:35

Asunto: Tercer buque Gasero para REGANOSA





Con motivo da chegada dun terceiro gaseiro cargado de Gas Natural Licuado, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol acordou convocar á cidadanía, para o xoves 21 de xuño, ás 21 horas, a unha concentración nos peiraos de Ferrol para unha cacerolada-tamborrada de protesta e alerta en relación co perigo que supón as instalacións de Reganosa.

Ás 20, 00 horas, do xoves 21 de xuño, nos locais da A.VV de Ferrol Vello terá lugar unha rolda de prensa na que se explicarán os motivos desta concentración e outras actuacións a realizar.

Achegase nota .

Carmelo Teixeiro

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

O seu correo electrónico é: comitecidadan@iespana.es

A súa web: http://comitecidadan.org/
_________

O terceiro metanero que cargado de gas natural licuado pretende entrar na Ría de Ferrol, chámase “Cadiz Knutsen”, cunha eslora total de 284,4 metros, manga ou ancho de 42,5 metros e calado de 11,3 metros, ten capacidade para 138.000 m3. de GNL.

A esta hora coñécese que a entrada na Ría de Ferrol do devandito metanero podería producirse coa segunda pleamar diúrna do xoves 21 de xuño, que terá lugar ás 22:09 horas.

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol acordou convocar á cidadanía a unha concentración para as 21 horas deste xoves 21 de xuño, nos peiraos de Ferrol, no extremo sur onde atracan as lanchas de pasaxe e no miradoiro existente fronte ás murallas do Arsenal Naval Militar, para protagonizar unha sonora cacerolada e tamboreada.

Ás 20, 00 horas, do xoves 21 de xuño, nos locais da A.VV de Ferrol Vello terá lugar unha rolda de prensa na que se explicarán os motivos desta concentración e outras actuacións a realizar.

DADOS TÉCNICOS.-

O Metanero Cádiz Knutsen.

Propiedade de Union FENOSA, o metenero Cádiz Knutsen comezou a navegar no mes de xuño de 2004, unha vez superadas as probas de mar e de gas. O buque está destinado ao transporte de gas natural licuado a baixas temperaturas, “-163ºC”, ten unha capacidade de 138.000m3, mide 284,40 metros de eslora e desenvolve unha velocidade máxima de 19,5 nós. É o segundo dos construídos no estaleiro Puerto Real e supuxo máis de 1.750.000 horas de traballo. O gasero pertence á flota que UNION FENOSA contratou para transportar gas natural licuado (GNL) desde a planta de licuefacción que constrúe no porto exipcio de Damietta.

O buque necesita ao redor de 15 días para efectuar unha viaxe Exipto - Ferrol - Exipto navegando á velocidade de deseño, ou preto de 10 días se a descarga prodúcese na terminal de Sagunto. A flota de UNION FENOSA conta con outro metanero de 140.500 metros cúbicos.

- Velocidade en servizo: 19,5 nós
- Tripulación: 40 persoas
- Potencia: 28.000 kW a 83 rpm xerados por unha turbina de vapor tipo Kawasaki-IZAR, fornecida pola Fábrica de Turbinas de IZAR situada en Ferrol.
______________________________

Alguns audios do programa especial de Rádio FilispiM

De: filispina@gmail.com
Para: artabra21@gmail.com

Data: 20 de Junho de 2007 22:00

Asunto: Alguns audios do programa especial de Rádio FilispiM




Alguns audios interesantes do programa especial de Rádio FilispiM sobre a manifa do 3 de Junho.

O programa repítese:
LUNS a partir das 15:00hs.
MÉRCORES a partir das 16:00hs.
VENRES a partir das 08:00hs.

Alguns audios:


Mulher Anónima


Rapaza Anónima


Home Anónimo


Camilo Nogueira [BNG]


Consigna Planta de Gas Fora da Ria


Consigna en Teixeiro ten que estar Tojeiro


Filispina


Filispina


Filispina


Pilar Diaz [EU-IU]


Presidenta A.VV. Mehá-Mugardos


X.M. Beiras [BNG]


Yolanda Diaz [EU-IU]

Radio Filispim emite no 93.9 da FM.

O Valedor esíxelle novamente ó Concello de Ferrol que realoxe os veciños de Canido

De: Expropiados Ferrol -expropiadosferrol@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 20 de Junho de 2007 11:51

Asunto: O Valedor esíxelle novamente ó Concello de Ferrol que realoxe os veciños de Canido



AFECTADOS POLAS EXPROPIACIÓNS DE VIVENDAS EN CANIDO (FERROL)

O Valedor esíxelle novamente ó Concello de Ferrol que realoxe os veciños de Canido

O Valedor do Pobo dirixiuse novamente ó Concello de Ferrol para esixirlle que solucione o problema dos veciños afectados polas expropiacións no barrio de Canido. A institución que dirixe Ramón Vázquez Sandes recibiu recentemente a resposta da entidade local á súa recomendación de decembro de 2006, pero non a considera suficiente. “Non se sinala nada en relación co dereito de realoxo dos afectados e a correspontente peza separada de realoxo nin cos criterios de valoración”, indica o Valedor nunca carta dirixida ós afectados.

O pasado decembro o Valedor recomendoulle ó goberno local que os criterios de valoración das vivendas non se correspondían cos previstos na Constitución e que os veciños debían ser realoxados “preferentemente” nun novo piso do sector por urbanizar. No barrio a promotora madrileña Albantur proxecta construir máis de 260 vivendas. Pero a comunicación do Concello non tocou ningún destes dous puntos. O Valedor espera actualmente unha resposta definitiva á súa recomendación. En caso de que a nova corporación local non a remita con urxencia, a queixa dos veciños de Canido chegará o Parlamento de Galicia a través do informe anual que presenta Ramón Vázquez Sandes.

Malia que o goberno local aprobou en 2004 que os 18 inmobles afectados polas expropiacións tiñan un valor conxunto de 224.932 euros (uns 12.000 euros por casa) o Concello non lle remitiu ó expediente o Xurado de Expropiación de Galicia ata o 9 de novembro de 2006. Este órgano é a primeira garantía para os expropiados no caso de estar en desacordo coas valoracións realizadas pola Administración.

Os veciños afectados esperan que a nova corporación de esquerdas de Ferrol tome en serio a recomendación do Valedor do Pobo e solucione o problema de xeito definitivo.
_______________________
Espolio en Canido:
____________________________

O exconselleiro José Antonio Orza é socio do grupo que promove Reganosa

De: [Retirado por solicitude da persoa que o enviou]
Para: artabra21@gmail.com

Data: 19 de xuño de 2007 19:44

Asunto: URXENTE...MOI URXENTE.....LEDE E DENUCIADE


Queridos amigos botarlle unha ollada a este link e reaccionar.

Moita sorte e aínda que sexa estranxeiro " A ría tamén e miña" (espero q este ben escrito).
__________________

O exconselleiro José Antonio Orza é socio do grupo que promove Reganosa

O que fora titular de Economía con Manuel Fraga participa no accionariado dunha das empresas industriais do Grupo Tojeiro e tivo vínculos con polo menos outras dúas sociedades.

Desde a súa consellería, Orza impulsou a participación da Xunta na planta de gas e avalou o pacto para garantir a súa viabilidade.

Martes, 19 de xuño de 2007


Por, J. RODRÍGUEZ / XORNAL - Madrid.-

Actualmente deputado do PP en O Hórreo, aínda que relativamente desvinculado do día a día do partido de Núñez Feijóo, o exconselleiro José Antonio Orza Fernández mantén unha participación no accionariado dunha das sociedades que conforman o Grupo Tojeiro, principal impulsor e accionista de referencia da polémica planta de gas de Mugardos, segundo filtraron a Xornal.com fontes do sector enerxético. Trátase de Industrias del Tablero (Intasa), con sede social en San Sadurniño, en Ferrolterra, e dedicada á fabricación de madeiras chapadas, de fibra e paneis. Así consta no Rexistro Mercantil da Coruña, de acordo coas contas e o balance presentados pola propia empresa.

Os últimos estados contables da firma corresponden ao exercicio de 2005. Fontes oficiais vinculadas ao grupo e o mesmo Orza confirmaron a este diario dixital tal vinculación, materializada en calidade de socio.

A relación co Grupo Tojeiro do que no seu día foi un dos conselleiros con máis poder e máis duradeiros de Manuel Fraga vén de moito antes da súa participación no accionariado de Intasa. De feito, Orza foi secretario do consello ou administrador de polo menos outras dúas firmas que conforman o grupo industrial que promove a planta de gas na ría de Ferrol. En concreto, e segundo datos do Rexistro Mercantil, o parlamentario popular formou parte dos órganos de administración de Forestal del Atlántico (Foresa) e Impregnaciones Melamínicas Gallegas ata principios dos noventa.

A de maior peso dentro do grupo, Forestal do Atlántico, nacera poucos anos antes, en 1989, co obxectivo de fabricar colas e resinas para a industria do taboleiro. Actualmente moi diversificada e con intereses no sector enerxético, a empresa suma uns ingresos que roldan os 80 millóns de euros e conta con 200 empregos directos.

A presenza de Sodiga no Grupo Tojeiro

Os vínculos da Administración galega de Manuel Fraga co Grupo Tojeiro tamén veñen da man da Sociedade para o Desenvolvemento Industrial de Galicia (Sodiga), dependente da Consellería de Economía en tempos de Orza á fronte de devandito departamento. Cinco anos despois de que o entón conselleiro de Ecomomía deixase os seus postos de secretario do consello de varias sociedades do grupo, vinculación confirmada tamén por fontes oficiais de Tojeiro e por el mesmo, a firma de capital risco pública decidía participar como socio estable en Intasa, cun paquete superior ao 16% do capital, en Forestal del Atlántico e en Impregnaciones Melamínicas Gallegas.

No caso da primeira de devanditas sociedades, Orza mantense como socio dentro do seu accionariado, "unha participación que no seu día foi un agasallo e que non chega ao 1% do capital", asegura o ex conselleiro.

"O xa falecido promotor de Intasa, José Rodríguez López, que o foi tamén doutros proxectos empresariais como Larsa -explica Orza- fíxome esa cesión antes de que accedese á Consellería de Economía, e é unha participación que mantiven durante estes anos".

En declaracións a Xornal.com, o exconselleiro e actual deputado popular aclara tamén que o paquete en Intasa figura nas súas declaracións de Patrimonio e na de bens de altos cargos do Parlamento de Galicia.

Acordos confidenciais nos papeis

En calidade de titular de Economía, José Antonio Orza tamén participou no deseño e execución dun plan para garantir nun pacto, con algúns puntos confidenciais, a viabilidade e rendibilidade de Reganosa. En xullo de 2000, segundo detallou no seu día a edición galega do País, a Xunta e os principais promotores da planta de gas de Mugardos asinaron un convenio que obrigaba ao Goberno de Fraga a axilizar os permisos para a regasificadora, estudar "co máximo interese" a concesión de subvencións e a intervir para facer rendible a planta no caso de que xurdisen complicacións.

Algunhas das partes máis sensibles do acordo mantivéronse en segredo ata o primeiro trimestre deste ano.

Na firma de devandito pacto, ademais de Roberto Tojeiro, Manuel Fraga e o entón conselleiro de Industria Rodríguez Yuste, estaba José Antonio Orza. Tamén o falecido Victoriano Reinoso, entón vicepresidente de Unión Fenosa, e Rodolfo Martín Villa, que o era de Endesa e agora está ligado ao Grupo Présa.

Impulsor da iniciativa da planta regasificadora en 1997, cando a título individual anuncia o proxecto, o Grupo Tojeiro, á marxe das dúas grandes eléctricas (Endesa e Unión Fenosa), conta actualmente cun participación no capital de Reganosa do 18%, mentres que o resto de accionistas teñen paquetes de menor relevancia: Caixa Galicia (10%), a alxerina Sonatrach (10%), Banco Pastor (5%) e Caixanova (5%).

A Xunta mantén unha participación do 10%. Desde que se anunciou o proxecto e ata marzo do ano 2000, a planta levantada en Mugardos sobre terreos dos Tojeiro era propiedade ao 100% do grupo industrial ao que está vinculado Orza. Reganosa, a pesar de ser moi contestada en Ferrol, está considerada pola Xunta como un proxecto estratéxico para Galicia, que por esa vía apontoa a súa independencia enerxética, fronte aos intereses doutros operadores, especialmente Gas Natural.

O Grupo Tojeiro, un pulmón industrial de Galicia

Presidida polo empresario Roberto Tojeiro e dirixida cada vez con máis poderes por un dos seus fillos, trátase dunha corporación de capital galego que opera nos sectores da distribución alimentaria e de combustibles, na fabricación de produtos químicos e fertilizantes, no transporte por estrada, así como na transformación de madeira.

Tojeiro exerce unha posición dominante no comercio do noroeste español grazas á rede de Gadis, de supermercados e medianas superficies, tras absorber a finais dos noventa a Supermercados Claudio. A sede central está en Piadela-Betanzos.

O exconselleiro que prestigió á Xunta de Fraga

José Antonio Orza está considerado nos medios políticos e económicos de Galicia como o conselleiro de Manuel Fraga con máis prestixio, e mantén excelentes relacións cos máis destacados empresarios de Galicia.

A súa traxectoria política estivo sempre avalada pola súa profesionalidade e, a pesar da súa tremenda influencia, sempre quixo manterse nun discreto segundo plano. Nin sequera a oposición socialista e nacionalista foi capaz de buscarlle as cóxegas.

Enlace co artigo orixinal en "O Xornal.com"

Ferrol cape informa de enlaces e publicacións sobre verteduras á Ría de Ferrol e a Planta de Gas de REGANOSA

De: Ferrol CAPE -ferrol.cape@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 19 de Junho de 2007 15:43
Asunto: VERTEDURAS A RIA DE FERROL - PLANTA DE GAS FORA DA RIA -


www.f-cape.org (Colectivo universitario opositor á planta de gas de Ferrol

Ola a tod@s!

Enviamos un enlace dun artigo de Vieiros sobre as verteduras á Ría de Ferrol do sistema de regasificación da planta de gas.

Sobre a Tecnoloxía que utiliza REGANOSA para vaporizar o gas utilizando auga do mar


Tamén informamos que o nº 121 (xuño 2007) da revísta TEMPOS NOVOS recolle dous artigos sobre a planta de gas de Ferrol. Un subscríbeo o profesor Manuel Afonso Domínguez da UDC e o outro de Xosé M Villaverde e Xan duro da Asociación ecoloxista Verdegaia.
Saudos,

www.f-cape.org