xoves, outubro 11, 2007

SOS Courel vese na obriga de acudir aos Tribunais de Xustiza

De: S.O.S Courel
-soscourel@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 11 de outubro de 2007 07:56
Asunto: O Courel acude aos Tribunais de Xustiza


____________________________

____________________________
SOS Courel vese na obriga de acudir aos Tribunais de Xustiza

Amigas e amigos do Courel:

Se o tedes a ben, difundide esta mensaxe entre os vosos contactos, aos que lles poida interesar a defensa deste Espacio Natural e Cultural.

A Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel, coa axuda de todas e todos, tentou por todos os medios de parar a desfeita total do Courel. Como nin o Parlamento nin a Xunta escoitaron, agora só nos queda acudir a Xustiza.

E fixémolo xa este venres, 5 de outubro de 2007, recorrendo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a autorización do Consello da Xunta, de 21 de xuño de 2007, para a canteira, “La Campa-Santa Eufemia”, no medio da Cunca do Lor, no miolo dun xa masacrado Courel, aínda un dos espazos de maior valor cultural e ambiental da Europa.

Inmediatamente, a primeiros de novembro, teremos que recorrer tamén a licencia de actividade desta mesma canteira.

Logo, si se lle concedera, teremos que recorrer a licencia de apertura. E seguramente polo camiño surxirán máis contenciosos e recursos á estancias superiores aos que facerlle fronte.

Como o custo de todos estes procedementos, desgraciadamente é sempre proporcional a “magnitude da desfeita”, non temos máis remedio que pedir e aceptar donativos.

_____

2 1 0 0

2 1 8 3

5 6

0 2 0 0 1 8 1 1 0 9

____________

Por iso, para todas e todas e todos aqueles que estean interesados na defensa ambiental e cultural do Courel poñemos a súa disposición un nº de conta en “La caixa”, que podedes mirar no medio do texto de calquera dos seguintes enlaces:
Ou tamén podes miara o nº ao final deste artigo de prensa de EL PAÍS.

Mellor en páxinas fixas, porque ao difundir o nº de conta no texto do correo electrónico, pode xerar erros ou saltos de cifras.

Se o pesadelo rematara antes do previsto, todo o remanente económico desta campaña, utilizariámolo para a adquisición e restauración de algún anaco de souto abandonado, de calquera outro terreo ou de algunha construcción tradicional en ruínas no Courel, para uso e desfrute de todas e todos.

__________________________

A Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel
con NIF G27362474,
con enderezo postal en
“Santa Eufemia, nº32,
Folgoso do Courel. 27327 Lugo”
non ten ánimo de lucro,
e tal e como consta nos seus estatutos,
debe promover todas aquelas medidas que leven a acadar a
“Posta en valor, recuperación e conservación do Patrimonio Natural e Cultural do Courel”.
___________

Para calquera dúbida, aclaración ou queixa, utilizade o noso enderezo electrónico soscourel@mundo-r.com, o noso enderezo postal indicado arriba ou o
telefono 607 22 58 87.

Por suposto que renderemos contas de ingresos e gastos e manterémosvos informados.

Gracias por axudar

SOS Courel, 11 de outubro de 2007
______________________

Enlaces con fotos do desastre:

Fotos -1-
Fotos -2-

Video no Youtube:

Axuda urxente para o Courel !


Outras aclaracións:

Mentres o Courel se dispara cara un despoboamento seguro e o Parlamento cala, a Xunta lanza cortinas de fume a base de unha maraña de prazos e datos confusos sobre o futuro Parque Natural, de numero de concesións mineiras posibles e imposibles e de unha garabullada de promesas e medidas que nunca chegan; todo elo para tranquilizar a opinión pública sobre o inmenso escándalo.

Ao noso entender, o Consello da Xunta de Galicia, en xuño de 2007, errou ao entender mal a Lei, e autorizar unha canteira no medio da Cunca do Lor, na médula dun xa masacrado Courel.

A lei di: “ O Consello da Xunta valorará a compatibilidade ou non da explotación cos valores naturais, ambientais e paisaxísticos existentes”. Pois ben, a explotación funcionaba xa, a pesar de unha orde de peche, dictada precisamente por non ser compatible con eses valores.

Ao mesmo tempo esta autorización, é o precedente e o umbral ambiental necesario para a autorización de alomenos outras 54 explotacións mineiras neste territorio; e tamén é o requisito previo para a declaración do concello de Folgoso do Courel como “Concello Mineiro” tal e como se prevé na futura “Lei de promoción da minaría de Galicia”.

No Courel xa hai demasiadas canteiras cunhas condicións ambientais insostibles, recoñecidas polas propias empresas, cando pediron axuda económica ás Administracións para solucionar o problema ambiental no 2001.

Os postos de traballo:

No Courel hai posibilidade dabondo de crear moito máis dos cen postos de traballo, da canteira que se cuestiona, e son necesarios e urxentes para a restauración e conservación cultural e ambiental de todo o Courel.

A Xunta pode se quere, crear estes postos de traballo xa, sen traumas nin chantaxes para os traballadores; e os fondos poden saír por exemplo, do mesmo “cofre” de onde que saíron os do “Gaiás” ou os dos de momento, 4.000 sobresoldos de 15.000 euros anuais, para pasados e futuros altos cargos; e non imos valorar agora estes dous últimos “esforzos económicos públicos”.

Aos traballadores da pedra de Galicia, as Administracións débenlle, según algúns sindicatos e nós estamos tamén de acordo, un plan cun “esforzo económico Estatal”, para equiparar a idade de xubilación aos outros ramos da Minaría. De levarse a cabo permitiría a xubilación de moitas e moitos traballadores cunhas retribucións máis xustas que as actuais e recolocar todas as traballadoras e traballadores especialistas desta canteira nas outras da contorna.

Non hai desenvolvemento económico se non se respectan os valores culturais e ambientais.
_______________

GALERÍA DE DIAPOSITIVOS DO CAUREL
________________

martes, outubro 09, 2007

Video: Soberanía Alimentaria

Video: Soberanía Alimentaria.

Este vídeo, recomendado na web da Cooperativa de Consumo Responsable A Xoaniña, explica cun toque de humor, a traxédia que supón a usurpación, por parte do Mercado, do dereito dos pobos á soberania alimentaria. Pensar o que comemos, o que mercamos, como consumimos e como se produce, non é só unha cuestión de saúde, é unha cuestión de construción dunha sociedade máis xusta ou do imperio do Mercado e a destrucción do planeta. Nós eleximos, e coa nosa elección decidimos tamén.

É HORA DA SOBERANÍA ALIMENTARIA !!

___________________

___________________

Coordenadora Labrega Europeia

Sindicato Labrego Galego - CC.LL.

A Vía Labrega - Movimento Agrario Internacional

Foro internacional pola Soberania Alimentaria - Nyeleni 2007
_____________

domingo, outubro 07, 2007

Segundo a Axencia Reuters, o Goberno Italiano, deroga o decreto de aprobación da planta regasificadora de Brindisi-Puglia, irmá xemelga de REGANOSA

De: Ferrol CAPE -ferrol.cape@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 7 de outubro de 2007 20:55
Asunto: O caso Brindis en Italia: segundo a axencia Reuters, o goberno italiano deroga o decreto de aprobación da planta de gas


CANCÉLASE A PLANTA DE GAS DE BRINDISI (Italia), A IRMÁ XEMELGA DA PLANTA DE REGANOSA- PARABÉN ITALIA -

Segundo a noticia da axencia REUTERS datada en MILAN onte día 6 de Outubro, o Goberno italiano SUSPENDEU o decreto de aprobación da planta de gas licuado (GNL) de Brindisi que tiña en fase de construción a empresa BRITISH GAS. Logo de claros incumprimentos de Directivas europeas e de procesos xudiciais por sospeita de suborno.

Existe un claro paralelismo de accións políticas corruptas e incumprimentos legais coa planta de GNL de Mugardos que merece ser tido en conta polos nosos gobernos (autonómico e nacional)

VER INFORME COMPLETO NO DOCUMENTO ANEXO

Para estar na lista de países do primeiro mundo temos que ser respectuosos coas leis, regulamentos técnicos e cos dereitos constitucionais das persoas. Non chega con xurar diante do apostol Santiago que se farán cumprir as leis.

HAI QUE ESIXIR QUE SE CUMPRAN e máis cando os que as incumpren teñen cargos públicos.

Enlace co documento "O Caso Brindisi" nos Arquivos Ártabros

Recorremos a este sistema de difusión ante a negativa dalgúns medios de comunicación a publicar as nosas queixas e accións en contra da planta. Grazas pola vosa paciencia.

Planta de Gas fora dá Ría!

Edita: Colectivo universitario opositor á planta de gas natural licuado (GNL) da Ría de Ferrol.
Envía www.f-cape.org Colectivo universitario opositor á planta de GNL de Mugardos (Ría de Ferrol)

Noticia en : http://investing.reuters.co.uk/
_____

http://www.comune.brindisi.it/

Brindisi na Wikipedia

http://www.noalrigassificatore.it/

Proxecto de Regasificadora no porto de Brindisi na lolalidade de Capo Bianco
_________________

Contestación popular ante a entrada na Ría de Ferrol do 8º gaseiro para a ilegal e perigosa planta regasificadora de REGANOSA

De: comitecidadan@iespana.es
Para: artabra21@gmail.com

Data: 7 de outubro de 2007 21:34
Asunto: A cidadanía rexeita a entrada do 8º gaseiro a Reganosa.




Hoxe 7 de outubro , convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, a cidadanía manifestouse unha vez mais, rexeitando a entrada de buques gaseiros a Reganosa.

Unha vez mais, en desprezo da normativa legal de seguridade, un buque – O LNG Cross River - cargado con 135.000 m3 de GNL pon en perigo as nosas vidas cara unha Planta ilegal e perigosa, á que non lle é posible cumplir , dada a súa ubicación, a legislación vixente nesta materia, e que prosigue – nun estrano e prolongado período de probas - a súa ilegal e perigosa actividade, coa tolerancia e complicidade das autoridades cuxa obriga sería velar pola seguridade dos cidadáns e pola riqueza da Ría e o seu entorno.

Unhas 300 persoas congregáronse no porto de Curuxeiras para facer, como en anteriores ocasións, unha sonora protesta e trasladarse logo, nunha caravana de máis de medio cento de vehículos, ate as inmediacións da Planta, en Punta Promontorio onde mantiveron a protesta perante o atraque do buque. Posteriormente a caravana automovilística percorreu a vila de Mugardos, rematando nunha visita ós veciños e veciñas pechados no Concello hai más de 75 días.

Visita de solidaridade e de pronunciamento en contra dos actos vandálicos que esta veciñanza está a sofrir, como a bomba que estoupou hai poucos dias ou a queima da pancarta na fachada da Casa Consistorial esta mesma madrugada.

¡¡¡PLANTA DE GAS FORA DA RIA.!!!

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

O seu correo electrónico é:
comitecidadan@iespana.es

A súa web:
http://comitecidadan.org/
_______________

O caso Brindis en Italia: segundo a axencia Reuters, o goberno italiano deroga o decreto de aprobación da planta de gas

O CASO BRINDISI (ITALIA)

En Italia, os rexeitamentos as plántas regasificadoras propostas a situar en zonas próximas a poboacións agrupadas sucédense, como na ría de Ferrol, desde hai varios anos. Unha planta de almacenaxe e regasificación de Gas Natural Licuado (GNL) que se proxectaba instalar próxima a Monfalcone (Triestre), no Golfo de Venecia, norte do Mar Adriático, foi rexeitada pola poboación mediante referendo popular por un 62% de votos en contra. Era o ano 1996.

Pouco despois no ano 2001, a compañía británica British Gas e a italiana Enel Trade propón situar outra planta no porto de Brindisi, en Capo Bianco, nunha zona no exterior do porto principal de pasaxe. O concello de Brindisi e asociacións de ecoloxistas comezan unha fortísima campaña en contra da planta porque a consideran daniña ecoloxicamente, perigosa e contraproducente para o turismo moi importante desta cidade.

Logo dunha lenta xestión coas autoridades centrais e vendo que os "papeis" non se movían Tony Blair coméntalle a Berlusconi a conveniencia de axilizar "os permisos", (como sucedeu na planta da Ría de Ferrol). Conseguen a autorización de construción a finais do 2002 e con data de comezo das obras a principios do ano 2004. As asociacións de veciños, culturais, partidos políticos, etc, recorren esta autorización. As autoridades provinciais súmanse á oposición á planta de GNL en agosto de 2004. As primeiras denuncias envíanse a Europa en xaneiro do 2005 e en febreiro do mesmo ano ao goberno central.

Enel Trade, vendo o curso dos acontecementos, cede por fin a British Gas (BG) o seu 50% o 17 de xaneiro do ano 2005 (cando comezan as queixas en Europa). Coméntase no sector que British Gas creu que sen Enel Trade a construción da planta aceleraríase.

Un ano despois recoñécese que a autorización da planta violou leis italianas así como directivas europeas, en concreto : A Directiva 97/11/EC sobre Avaliación de Impacto Ambiental (Non se realizou) e a Directiva 96/82/EC - sobre Medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos que interveñan sustancias perigosas, tamén coñecida como -Lei Seveso II- (Non se aplicou, en especial o artigo 12 e o 13 sobre "ordenación do territorio e consulta á poboación", ademais os pescadores da ría de Brindisi opuxéronse á vertedura da auga de mar impregnada con hipoclorito sódico. Nesta planta de gas natural de Brindisi vemos unha concordancia de ilegalidades con respecto á de Mugardos.

En paralelo leva unha investigación policial co resultado de arresto, baixo sospeita de SUBORNO, das seguintes persoas relacionadas co proxecto:
  • Presidente de Bristish Gas de Italia, Franco Fazio

  • Dous directivos anteriores de BG, Fabio Fontana e Yvonne Barton

  • O anterior alcalde de Brindisi, Giovanni Antonini

  • Luca Scagliarini un home de negocios de Brindisi
Hai outras 27 persoas baixo sospeita e en proceso de investigación. Ademais precíntase a planta por orde xudicial.

Hai uns tres meses, o Ministro de Medio de Italia informa da súa solicitude de cancelación da autorización desta planta ao Ministro de Desenvolvemento Económico e convoca unha reunión sobre este asunto co ministro anterior, co alcalde actual de Brindisi e autoridades da rexión de Puglia.

En novembro pasado Tony Blair queixouse a Romano Prodi de que os traballos da planta se "demoraran innecesariamente". Prodi comentoulle o da oposición á planta e que non podía soslaiar ás autoridades locais e provinciais, e menos á xustiza. [Os opositores xa coñecían o interese de Tony Blair por esta regasificadora, pois son moi comentadas as súas conversacións con Silvio Berlusconi. De feito as asociacións opositoras á planta enviáronlle unha carta a Blair suxeríndolle que a colocaseno Támesis a lado de Westminster ou o London Bridge e recórdalle que Brindisi non é Súan, India ou Exipto).

Ademais a planta de gas natural licuado da Ría de Ferrol ten un grave inconveniente para poder partir o gasero en caso de emerxencia. Non se entende como o Ministro de Fomento Sr. Alvarez Cascos emite unha orde ministerial o 10 de maio de 2001, argumentando a ocupación urxente de terreos para comezar as obras do porto exterior de Ferrol porque "A CANLE DE ENTRADA NA RIA É PERIGOSA" e logo tres anos máis tarde INFORMAN FAVORABLEMENTE sobre a entrada e saída de buques gaseros polo mesmo canle.

Non se entende como o presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol informa no ano 2001 da obrigatoriedade da norma UNE NE 1532 sobre saída á mar de buques gaseros en caso de emerxencia, para a aprobación previa e con todo no ano 2004 o novo presidente da mesma Autoridade Portuaria de Ferrol Sr. Angel do Real Gamundi, coñecido por ser o capitán marítimo da Coruña cando o Prestige, NON INCLÚE esta norma de NE 1532 , de obrigado cumprimento, entre outras 20 condicións que impón, para INFORMAR FAVORABLEMENTE no momento de aprobación para a construción da planta.

Recordamos aos lectores, fiscais, xornalistas e avogados das asociacións de veciños que os incumprimentos que, de momento, vanse a suceder na planta de Mugardos se chegase a emitirse o Acta de funcionamento da mesma son os seguintes:

  • Zona de exclusión térmica ao redor da planta. Imposible de cumprir, segundo norma UNE NE 1473 , NFPA 59 A e Decreto 2414/ 1961. (RAMINP).

  • Imposibilidade de cumprir coa norma UNE NE 1532, sobre saída do gasero á mar en caso de urxencia e co dimensionamiento da canle de acceso á ría de Ferrol segundo as recomendacións do boletín nº 14 da SIGTTO (Sociedade internacional de armadores de buques gaseros e operadores de terminais de GNL).

  • R.D. 9 / 2.000 (Directiva 97/11/EC) sobre Avaliación de Impacto Ambiental. Non se realizou.

  • R.D.1254 / 1999 (Directiva 96/82/EC ? Lei Seveso II?). Non se seguiu en canto á ?política de asignación do chan?. Os veciños non foron consultados.

Onte 6 de outubro e segundo a axencia Reuters, o goberno italiano derroga o decreto de aprobación da planta de gas. Triunfou alí a legalidade, o rigor político e os dereitos dos cidadáns. Aquí en Galicia, ...

Máis información:

http://www.agitproponline.com/
http://en.wikipedia.org/wiki/BG_Group
http://business.guardian.co.uk/
http://www.brindisitg24.it/
http://www.planetark.com/
http://investing.reuters.co.uk/
_________

Comunicado urxente da plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá", sobre a queima, na madrugada de hoxe, da faixa que estaba na fachada da Casa do Concello

De: Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
ocruceiromeha@yahoo.es
Para: artabra21@gmail.com
Data: 7 de outubro de 2007 11:37
Asunto: URXENTE COMUNICADO DE PRENSA



URXENTE COMUNICADO DE PRENSA

Na madrugada do día 7 de Outubro sobre as 6:30 horas persoa ou persoas descoñecidas queimaron a pancarta que a veciñanza encerrada na Casa do Concello de Mugardos tiñamos colocada na fachada principal de devandito edificio, onde se indicaba o número de días que desde o 23 de Xullo levamos encerrados, 75 naquel momento.

A pesar de que os presentes no peche a esa hora atopabámonos no interior do edificio, os culpables do vandálico acto, non dubidaron en pór en perigo as nosas vidas, podendo provocar queimaduras ou algún problema grave de intoxicación se o lume ou o fume entrasen en devandito local.

Queremos recordar que con esta, é xa a terceira agresión que os veciños encerrados sufrimos durante a nosa protesta no concello:

1º Secuestro do mural por parte do alcalde.

2º Explosión dun artefacto no interior dun colector de vidro, próximo ás vivendas da veciñanza e ao local onde habitualmente realizamos as nosas reunións.

3º Queima da pancarta á que nos estamos referindo neste comunicado.

Unha vez máis denunciamos que nos sentimos prexudicados ante ese tipo de grupos de intransixentes que pretende impedir a liberdade de expresión de xente que protestamos cívica e exemplarmente contra a localización da planta de gas de REGANOSA no interior da ría de Ferrol.

Significar que no momento de enviar este comunicado xa se presentou a oportuna denuncia por parte da Asociación Veciñal "O Cruceiro de Mehá"

Significar tamén que aínda non se presentou no concello desta localidade nin o alcalde, Xosé Fernández Barcia nin ningún outro membro da corporación, ao obxecto de interesarse polos feitos acaecidos.

Aproveitamos tamén para recordarvos que hoxe ás 14:00 horas hai unha concentración-cacerolada no peirao de Ferrol como protesta da entrada do 8º gasero para REGANOSA. A continuación unha caravana de vehículos desprazarase desde o porto de Ferrol cara aos tanques de REGANOSA (Mugardos) a cal está prevista que chegue sobre as 15:15 horas

Mugardos, a 7 de Outubro de 2007

PLATAFORMA VECIÑAL "O CRUCEIRO DE MEÁ"
ocruceiromeha@yahoo.es
http://ocruceirodemea.blogaliza.org/
______________

A pancarta que queimaron:




Algúns medios xa se fixeron eco do asunto:

Grupo Voz

Noticias yahoo

__________________

venres, outubro 05, 2007

Alerta !, próxima chegada de buque gaseiro a Ferrol, cargado con GNL para REGANOSA, concentración cidadán o domingo 7 de outubro

Alerta, próxima chegada de perigoso buque gaseiro, cargado con GNL, para REGANOSA !!



Este domingo, 7 de outubro, está prevista a entrada dun perigoso buque gaseiro cargado con GNL, para a ilegal planta regasificadora que REGANOSA ten instalada dentro da Ría de Ferrol.

Trátase do “LNG Cross River”, de 288,75 m. de eslora e 48 de manga; 116.000 toneladas. Construido, en 2005, por Hyundai Heavy Ind Co. Ltd.Propiedade de Bonny Gas Transport, Ltd. Que navega cara a Ferrol, con bandeira de Bermudas e una carga de 135.000 m3 ( 67.500 T.) de GNL. Deberá entrar na pleamar diurna ás 14,47 horas.

Con motivo da chegada deste 8º buque gaseiro para Reganosa, prevista para o vindeiro domingo 7 de Outbro, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, acordou convocar unha concentración, ás 14:00 horas do domingo 7 de outubro, no peirao de Coruxeiras de Ferrol. Con cacerolas e todo tipo de percusión que se escoite moito ruído, fagamos unha concentración sonora.

Probabelmente que haxa outras posibeis accións a realizar, en protesta e alerta en relación co perigo que supón para a vida de milleiros de persoas a instalación ilegal da Planta de Gas no interior da Ría de Ferrol, e a entrada de buques cargados de GNL sen cumprir os condicionados de seguridade.

Concentración

domingo 7 de outubro
ás 2 da tarde no Porto de Ferrol,

para protestar contra a entrada
do 8º buque gaseiro
cargado con GNL, para REGANOSA


PARTICIPA !!

Convoca:
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

__________________

xoves, outubro 04, 2007

Festa da Lactación Materna, na Praza da Casa do Concello de Mugardos, sábado 6 de outubro

[Clica acima do cartaz para ampliar]

FESTA DA LACTACIÓN MATERNA

En solidariedade coa veciñanza
pechada na casa do Concello de Mugardos,
desde o 23 de xullo


Sábado 6 de outubro, ás 17:30 hs
Praziña da Casa do Concello de Mugardos


- Maquillaxe para nenos e nenas.

- Exposición de debuxos infantís.

- Recollida de asinaturas para iniciativa lexislativa popular
pro permiso maternal de seis meses.

- Tetada colectiva.

- Lectura do manifesto da WABA

SEMANA MUNDIAL DA LACTANCIA MATERNA
“A primeira hora de vida conta”
__

Grupo Comarcal "Mámoa Trasancos" da
Asociación Galega Pro-Lactación Materna - “Mámoa”
http://www.mamoa-trasancos.blogspot.com/

O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha rolda de prensa, mañá venres 5 de outubro

De: ATENEO FERROLAN
-a_ferrol@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.com
data: 4 de outubro de 2007 18:24
Asunto: Convocatoria dunha rolda de prensa




Mañá VENRES día 5 de outubro, ás 12 da mañá haberá no Ateneo Ferrolán unha


ROLDA DE PRENSA convocada polo

COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL para:

- Presentación das novas iniciativas a seguir.

- PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA

Agardamos a Vosa presenza. Grazas!
_____________

A actual Xunta deu 1.100 millóns de pesetas aos medios en axudas a dedo

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
avvfontelonga@mundo-r.com
Para: artabra21@gmail.com
Data: 4 de outubro de 2007 17:34
Asunto: A actual Xunta deu 1.100 millóns de pesetas aos medios en axudas a dedo


A actual Xunta deu 1.100 millóns de pesetas aos medios en axudas a dedo

6.619.642 euros, máis de 1.100 millóns de pesetas. Esta é a exorbitante cantidade de cartos públicos que o bipartito da Xunta de Galicia repartiu entre os medios de comunicación a través de convenios. Galiciaconfidencial publica por vez primeira as cifras destas subvencións aos xornais, radios, axencias e diarios electrónicos galegos. A diferenza das axudas polo uso do galego, os convenios non se reparten en función duns criterios publicados no DOG. É dicir, son axudas directas que dependen unicamente do ‘criterio’ de cada consellería.

Todos os datos deste artigo poden contrastarse no Rexistro de Convenios, publicado en internet pola Vicepresidencia da Xunta. Por exemplo, os detalles duns dos convenios con máis cartos poden consultarse aquí.

Na maioría dos acordos (que cubren toda a etapa do bipartito), os medios comprométense a publicar informacións sobre as actividades das consellerías a cambio de cartos. Nalgúns casos específicase que se fará mediante publicidade, pero noutros cóbrase a cambio de publicar novas institucionais disfrazadas de información propia, algo difícil de distinguir para moitos lectores.

Grupos e xornais en papel
Segundo o Rexistro, o Grupo Voz é o principal beneficiado, levándose aproximadamente un de cada catro euros. E é que o Grupo Voz recibiu 1.714.520 euros (uns 285 millóns de pesetas) a través de 18 convenios. Divídense en 11 acordos co xornal, catro con Radio Voz, un con Canal Voz (a filial de internet), un coa Corporación Voz e outro coa Fundación Rey Fernández Latorre.


Gráfico convenio medios
A continuación ‘clasifícase’ o Grupo El Progreso. Logra a segunda posición entre os máis subvencionados con 1.253.287 euros (208 millóns de pesetas), grazas aos 12 convenios do xornal El Progreso de Lugo (662.219,67 euros), Diario de Pontevedra (dez protocolos por 441.067 euros) e do único convenio que apañou o gratuíto en galego De Luns a Venres (150.000 euros).

Terceiro posto no reparto para Prensa Ibérica, dono de Faro de Vigo (922.029 euros en dez convenios) e de La Opinión da Coruña (192.989 euros en sete protocolos). É dicir, un conxunto de 1.115.018 euros (185 millóns de pesetas, cen menos que o Grupo Voz) en dezasete paquetes para o tamén chamado ‘Grupo Moll’.

A Editorial Compostela tamén sae ben parada. A matriz de El Correo Gallego, apañou a metade de cartos públicos que o Grupo Voz. Foron 12 acordos con El Correo Gallego (782.559 euros), catro con Galicia Hoxe (193.000 euros) e un con Radio Obradoiro (10.000 euros). Suman 17 convenios e 986.059 euros, máis de 164 millóns de pesetas.

Tampouco lle vai de todo mal a Editorial La Capital, editora de El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños. Coas catro cabeceiras suma 443.674 euros (case 74 millóns de pesetas) a través de nove convenios.

O grupo de xornais con menos axudas da Xunta o Grupo La Región. A cabeceira de Ourense apaña 292.466 euros, tres veces máis que Atlántico Diario (Rías Baixas Comunicación) con 85.000 euros en tres acordos. Suman en total 11 convenios e 377.466 euros, case 63 millóns de pesetas.

Pero é o periódico conservador ABC o que fecha o ‘ranking’ de subvencións aos diarios. A delegación galega da cabeceira madrileña quedouse con 94.042 euros -15,6 millóns de pesetas- en tres convenios. Tamén en papel, o semanario A Nosa Terra logrou este ano un convenio por valor de cincuenta mil euros, algo máis de 8 millóns de pesetas.

Emisoras de radio
As cadeas de radio tamén se benefician, pero gozan de menos axudas que a prensa escrita. Así sucede nos xa citados casos de Radio Voz (169.000 euros, uns 28 millóns de pesetas) e Radio Obradoiro (10.00 euros, algo máis de millón e medio de pesetas), cantidades moi inferiores aos seus ‘pais’ en papel, La Voz e El Correo.

Despois de Radio Voz, son o conxunto de emisoras que emiten programación da Cadena Ser as que máis suman. Son 118.000 euros, uns 19 millóns de pesetas en cadanseu convenio da Secretaría Xeral de Comunicación con Radio Coruña, Radio Lugo, Radio Pontevedra, Radio Ourense, Radio Principal e Radio Vigo.

Terceiro posto no ‘ranking’ de radios para a COPE, 95.000 euros, case 16 millóns de pesetas en dous protocolos. Cuarto lugar para Cadena Noroeste (36.000 euros en dúas partidas). Con un só convenio quedaron Onda Cero (25.00 euros), e Radio Líder (10.000 euros).

Axencias de información
As axencias, que subministran aos xornais gran parte dos seus contidos, tamén son destinatarios destas axudas directas dende San Caetano. Así, a Axencia Galega de Noticias, controlada polo Grupo El Progreso, apañou 153.794 euros (25 millóns de pesetas). Europa Press recibiu algo máis da metade desa cantidade, 98.783 euros (uns 16 millóns e medio de pesetas).

Diarios en internet
Os novos medios exclusivamente dixitais tamén recibiron un anaco do pastel, aínda que trátase dun cacho moito máis pequeno cos outros. Así o coruñés Xornal.com –editado por Xornal Galinet SA- asinou dous acordos polos que recibiu 33.000 euros, case 5,5 millóns de pesetas. O seu competidor compostelán Vieiros.com so firmou un convenio coa Secretaría Xeral de Comunicación. Foron 20.000 euros, uns 3,3 millóns de pesetas.

Non son as únicas axudas públicas
En definitiva, salvo contadas excepcións (entre elas, por exemplo, a edición galega de El País, Radio Galicia, Tempos Novos, Efe ou A Peneira), Galiciaconfidencial demostra que PSdG e BNG están a utilizar os departamentos da Xunta que controlan para subvencionar moi xenerosamente á práctica totalidade dos empresarios da comunicación do país.

Cómpre subliñar que estes convenios de colaboración non están regulados por uns criterios transparentes, como sucede co máis de millón de euros repartido en axudas polo uso do galego, convocatoria que si publica o Diario Oficial de Galicia.

Ademais é probábel que non todas as consellerías estean informando ao Rexistro de todos os convenios que firman, malia ser a súa obriga legal, polo que o montante final podería resultar aínda maior dos 1,6 millóns de euros. A esta cantidade hai que sumarlle as axudas polo galego, a numerosa publicidade institucional e os contratos con varias produtoras propiedade de xornais que fornecen de novas locais á TVG.

Consellería a consellería
Se ben é certo que subvencionar masivamente aos empresarios da comunicación xa era práctica común na era Fraga, a ninguén se lle escapa que o actual enorme volume de subvencións inflúe na autonomía que algunhas empresas confiren aos seus xornalistas para cumprir o seu traballo, informar obxectivamente aos cidadáns. Trátase, ademais, de empresas que en moitos casos ofrecen condicións laborais ínfimas aos seus traballadores.

Sexa como for, en vindeiras entregas Galiciaconfidencial detallará estes convenios, para analizar polo miúdo o reparto de cartos públicos, consellería a consellería, medio a medio.

Enlace coa noticia orixinal en Galica Confidencial
[Recomendamos entrar na noticia orixinal, ademais ten máis de vinte interesantes comentarios]
________________
ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Web veciñal
Blog veciñal

________

o convite para unha manifestación nacional contra o Plano Acuícola convocada polas diversas Plataformas en Corrubedo, o 4 de novembro

De: Plataforma Corrubedo
corrubedo@altermundo.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 4 de outubro de 2007 13:57
Asunto: MANIFESTACIÓN NACIONAL CONTRA O PLANO ACUÍCOLA


MANIFESTACIÓN NACIONAL CONTRA O PLANO ACUÍCOLA EN CORRUBEDO

Saúdos:

Achégovos o convite para unha manifestación nacional contra o Plano Acuícola convocada polas diversas Plataformas de Afectados/as e ADEGA. Tamén o manifesto. Será o vindeiro domingo 4 de novembro ás 12h en Corrubedo. Pregámosvos que consideredes a oportunidade de apoiar a convocatoria e asinar o manifesto, e agardamos contar convosco ese día en Corrubedo.

A presentación pública do evento será este mércores 10 de outubro ás 12h no decurso dunha rolda de prensa no Clube Internacional de Prensa de Compostela (Av. da Coruña, 6, baixo, Compostela). Aínda que o prazo para recibir adesións manterase aberto até o mesmo día da manifestación, no acto de presentación daremos conta dos apoios recibidos, que figurarán nos cartaces.

POLA NOSA COSTA, POLO NOSO MAR,
NON AO PLANO ACUÍCOLA!

A COSTA É GALEGA, E NON DE NORUEGA!


Co patrocinio de:


Contacto

Colectivo Ártabra 21

Ártabra 21 é un medio de comunicación do colectivo social que leva o seu nome.

http://artabra21.blogspot.com.es/

Para saber máis dirixe-te ao SOMOS do blogue.

O noso correo-e de contacto é:
artabra21[arroba]gmail.com

Podes encontra-nos en twitter e facebook.

Obrigad@s !

Saúde e liberdade!
_______________

martes, outubro 02, 2007

Velada literaria con Carlos Meixide e Séchu Sende na Casa do Concello de Mugardos, este xoves 4 de outubro

De: Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
ocruceiromeha@yahoo.es
Para: artabra21@gmail.com
Data: 2 de outubro de 2007 22:05
Asunto: Velada literaria con Carlos Meixide e Séchu Sende na Casa do Concello de Mugardos, este xoves 4 de outubro


[Clica acima da imaxe para ampliar]

o xoves 4 de outubro ÁS 19:30 haberá unha velada literaria con Carlos Meixide e Séchu Sende, en apoio e solidariedade cós veciños pechados desde ó 23 de Xullo no concello de MUGARDOS en oposición á ubicación da planta de gas de REGANOSA dentro da ría ferrolá

grazas pola vosa presenza

VENCEREMOS

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !

PLATAFORMA VECIÑAL "O CRUCEIRO DE MEÁ"
ocruceiromeha@yahoo.es
http://ocruceirodemea.blogaliza.org/
______________

Convocan unha reunión en Compostela para analizar a conveniencia de realizar unha resposta unitaria ante tanta agresión á vida e a Terra

De:Fusquenlla -fusquenlla@sospontedeume.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 1 de outubro de 2007 17:05
Asunto: Aviso de reunión



Ao remate da manifestación celebrada onte no Ferrol contra a planta de gas, reunímonos unha serie de organizacións pertencentes á Rede Litoral Vivo. Había un consenso xeralizado en promover unha reunión en Santiago para debatir a actual situación: Reganosa, Plano sectorial de acuicultura, etc, situación que en nada mellorou dende o 6 de maio.

Trátase de estudar se é posíbel promover algunha resposta unitaria.

Por outra banda, falouse moito da necesidade de ampliar a Rede Litoral Vivo a outro tipo de colectivos que teñen graves problemas e non formaban parte de RLV (Minas do Courel; Terra Cha...). Unha posibilidade consiste en refundir a rede litoral Vivo no movemento "Galiza non se vende".

Estas e outras cuestións querémolas tratar nunha asemblea que convocamos dende _*Rede Litoral Vivo*_ a celebrar o *sábado 20 de outubro ás 12 h. na Galería Sargadelos de Compostela.

*Agardamos a asistencia de todos os colectivos e particulares que estean interesados en seguir defendendo o noso territorio, o mellor que temos e que está seriamente ameazado.*
_______________

domingo, setembro 30, 2007

Manifestacion 30 de Setembro'07 - PLANTA DE GAS FORA DA RIA!!

Un novo pulso a REGANOSA coa cidadanía na rúa

Apesar dunha mañá chuviosa, os ánimos non decaeron e o día tornou-se claro a partir das once da mañá. Os elementos deron-nos unha tregua e a manifestación puido coller cor e esplendor. A Asociación Veciñal de Ferrol Vello, engalanou a súa fachada con bandeiras da dignidade, e a música saía das xanelas do local social, animando a concentración que enchia o paseo do porto ferrolán. A xente aproveitaba para comprar as chapas, camisolas vermellas e bandeiras nos postos do Comité Cidadán. Muitas foron as persoas que secundaron a convocatoria do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. O Porto de Ferrol tinxido de cores, mais o vermello, da bandeira da dignidade, predominaba en todo o percorrido até a Praza do Concello. Multitude de persoas berrando consignas contra a planta de gas de REGANOSA. A Praza do Concello ateigada de xente; multitude de faixas e bandeiras; as primeiras palabras de Luz Mariña, portavoz da veciñanza pechada na Casa do Concello de Mugardos; ánimos e chamadas a continuar a loita contra o despropósito gasístico; a convizón de ter a razón, é a nosa forza. Montse Garel foi a encarregada de leer un longo comunicado do Comité Cidadán de Emerxencia, rematando a lectura do manifesto coa seguinte idea: “É hora de que os organismos competentes poñan fin ao perigo que supón Reganosa. É o momento de que unha decisión administrativa ou política non autorice o funcionamento, pois é imposible que Reganosa cumpra os condicionados. Aínda estamos a tempo de evitar unha catástrofe con miles de víctimas.”PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!

A mobilización contou cun importante apoio de movimentos cidadáns doutras partes do País que sofren a agresión medioambiental e a paranoia do productivismo a toda consta, nun mundo de recursos limitados. A manifestación, contou nalgúns casos con nutridas representacións de colectivos como os da defensa do Courel; os da comarca do Ribeiro; os de Oseiro-Arteixo; os da Ría de Arousa, da de Vigo e da Ría de Pontevedra; os das Encrovas-ALousa-Cerceda; os da Merza-Vila de Cruces; ...

O apoio e presencia na manifestación foi moi importante de grupos comprometidos coa causa, a veciñanza pechada na casa do Concello de Mugardos e a Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"; a nosa Plataforma Ártabra 21; ecoloxistas de diferente cor ADEGA, VERDEGAIA, GREENPEACE...; anarquistas e libertar@s reivindicando a "DEMOLIZÓN DO REGANOXO"; independentistas sinalando "CULPÁVEIS e RESPONSÁVEIS"; asociacións veciñais de toda a comarca; Esquerda Unida e as concelleiras e concelleiros do seu grupo municipal; militantes socialistas, comunistas, nacionalistas, de CCOO; ... a USTG; ... a CIG-SAÚDE e da oposición sindical a REGANOSA; ... A Cofradía de Pescadores; colectivos culturais como a Fundaçom Ártabria e A.C. Fuco Buxan; ... e a música puxeron-na a charanga AGresca de Cerceda e A Revolta de Trasancos. Seguro que quedan colectivos e entidades varias por nomear, quen se sinta agraviad@ que envie un correio-e e @ nomearemos.

Con esta manifestación o movimento cidadán, botou un novo pulso a REGANOSA que conta con complicidades institucionais, políticas e sindicais aos que non lles importa traizoar os intereses da cidadanía. O movimento popular ten que facer fronte a grandes poderes políticos e económicos que contan cunha importante cobertura e apoio mediático. Polo que nos queda facer un grande esforzo de información e concienciación da cidadanía, dicer, convencer, de que NUNCA É TARDE, para defender a Ría, a seguridade e a vida que podemos virar-lle o pulso definitivo a REGANOSA, con unidade, organización e loita.

Agora cumpre reunir-se, para avaliar o feito e o estado da situación, preparar un novo calendario de actividades e mobilizacións. O Comitá Cidadán de Emerxencia ten que poñer-lle data a Asemblea Cidadá.



Enlace á Galería de Diapositivos,
para ve-los ampliados na xanela chea

____

Galería fotográfica da manifestación de Ferrol [30.09.2007]




Copia este código por se che apetece poñer a galería fotográfica da manifestación de Ferrol no teu blog ou web


____________

Información de interese e moi boa galería fotográfica en Zero Vacas, non a perdas
_______________

A manifestación segundo Rádio Filispím.

Rádio FilispiM cubriu a manifestaçom do día 30 cum programa especial de duas horas no que podedes escoitar comentários dos manifestantes e a leitura do comunicado final.

O programa reemitira-se esta semana vários dias:

Luns [Segunda-Feira]: 15:00hs.
Mércores [Quarta-Feira: 16:00hs.
Venres [Sexta-Feira: 08:00hs.
Domingo: 15:00hs.


Rádio FilispiM
emite no 93.9 da FM
e póde-se escoitar em moitas partes da
Comarca de Trasancos.
_________________

Quedan poucas horas para a manifestación, non faltes, participa para cambiar as cousas

Mural realizado en Fene, na Avda das Pías, por membros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol [28.09.2007]

Domingo 30 de Setembro,
ás 12 da mañá,


moitísimas galegas e galegos,
manifestarémo-nos
desde o Porto de Ferrol até a Praza do Concello,

demandando:

1º Ao Goberno Central que ten competencias para decidir que, en base a eses condicionados non resoltos, non sexa aprobada a acta de funcionamento definitivo de REGANOSA.

2º Á Xunta de Galicia para que renuncie á herdanza envelenada do caso REGANOSA, e así mesmo, reoriente a súa política enerxética para que deixe de ser unha ameaza para a Ría

e para a vida de miles de persoas de Ferrol Terra.

3º Ao Concello de Ferrol para que acorde dirixirse ao Tribunal Supremo a fin de que faga firme a sentenza 536/2004 favorable á cidadanía de Ferrol e que anula a falsa tramitación ambiental de REGANOSA.

4º Ao Concello de Mugardos, para que revise as licenzas, permisos e acordos con REGANOSA, que están ameazando a vida e os intereses da veciñanza.

Así mesmo demandamos lle sexan retiradas ás denuncias e sancións aos traballadores e traballadoras do mar, derivadas da defensa da Ría e dos seus postos de traballo.

NON FALTES

PARTICIPA NA MANIFESTACIÓN, MENTIRAS NUNCA MÁIS!


¡¡¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!!

__

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA
PARA A RÍA DE FERROL

O seu correo electrónico é:
comitecidadan@iespana.es

A súa web:
http://comitecidadan.org/
____

sábado, setembro 29, 2007

Asemblea celebrada nos locais da CIG en Ferrol o pasado 26 de setembro en oposición a REGANOSA

De: Afiliadas e Afiliados Cig-Ferrol
-oposicionsindicalareganosa@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 28 de setembro de 2007 22:33
Asunto: Asemblea celebrada nos locais da CIG en Ferrol o pasado 26 de setembro



Asemblea celebrada nos locais da CIG en Ferrol o pasado 26 de setembro en oposición a REGANOSA

Sindicalistas, delegadas de persoal, de comités de empresa e xuntas de persoal, así como afiliadas en xeral, todas integrantes da Confederación Intersindical Galega [CIG] desta Comarca, celebramos unha Asemblea Aberta o pasado 26 de setembro, pola tarde, no salón de Actos dos locais da CIG de Ferrol, na Rúa Pondal en Esteiro.

Esta non foi unha asemblea convocada polos organismos da central sindical , senón por persoas que temos en común estar afiliadas á mesma central sindical e rechazar o despropósito gasístico de REGANOSA.

Nesta Asemblea informou-se, debateu-se e asinou-se un manifesto público de oposición á localización da Planta de Gas dentro da Ría de Ferrol. E apoiar a manifestación do vindeiro domingo 30 de setembro no Porto de Ferrol. Na citada Asemblea participaron 41 persoas, que recolleron 118 asinaturas, de cargos sindicais e afilación en xeral, destacando un importante número de persoas que están participando no peche da veciñanza na Casa do Concello de Mugardos . Entre, as persoas asinantes está un membro da Executiva Nacional da Confederación; de executivas nacionais dos sindicatos de rama; unha membro da Executiva Comarcal; varias da Dirección Comarcal e varios de executivas comarcais de rama, así como delegados e delegadas sindicais; membros de xuntas de persoal e comités de empresa da comarca.

Na citada Asemblea acordou-se engadir ao manifesto, un parágrafo pedindo a retirada de sancións e as denuncias que manten a fiscalía contra a xente do mar , como tamén solicitar da Executiva Comarcal unha certificación e cópia de toda a documentación e acordos que haxa na central sindical sonbre o asunto da planta regasificadora, tanto actual como dos antecedentes. E finalmente acordou-se [despois de pasada a manifestación do 30 de setembro, á que imos acudir identificados individualmente, con autocolantes da CIG] continuar facendo actividades e recoller máis apoios, xa para un manifesto xeral de rexeitamento da planta regasificadora de REGANOSA.

Quedaron de coordenar estes acordos as persoas que participan na Asemblea Cidadá.

O manifesto foi enviado aos medios informativos.

Enlace co Manifesto
_____
Oposición sindical
contra o despropósito gasístico de REGANOSA

Blog:
http://manifesto-sindical.blogspot.com/
________________

O Xeneral

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA -avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 29 de setembro de 2007 17:38
Asunto: Artigo de Manolo Rivas en El País




MANUEL RIVAS
O xeneral

MANUEL RIVAS El País 29/09/2007

A última batalla do tenente xeral Gabeiras foi ecolóxica. Moi novo, loitou como artilleiro no bando franquista e logo combateu en Rusia na División Azul. A vida dá moitas voltas: a primeira escritura galaica, en granito e con punzón de sílex, é o labirinto. José Gabeiras era xefe de Estado Maior o 23-F e foi a intelixencia executora que desmontou o golpe. O novo artilleiro vencedor na guerra, desarmou de verdade ao franquismo catro décadas despois. Foi el, en persoa, quen detivo aos xefes golpistas. Primeiro, a Armada. Logo, a Milans. Pero o último posto do tenente xeral Gabeiras foi o de presidente de honra do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. A esa misión entregouse en corpo e alma. E ese era o seu brasón, presidir un comité ecolóxico, cando faleceu en xaneiro de 2005. Amaba a ría de Ferrol e opúxose á instalación no interior da bahía, no enclave natural de Meá, dunha xigantesca regasificadora. Repugnáballe a localización no corazón da ría desa planta potencialmente perigosa, mentres se estaba construíndo un custoso porto exterior, que sería o emprazamento adecuado. Agora, os grandes barcos gaseros han de entrar pola angosta embocadura e en horas de pleamar. Pero tamén lle repugnaba o método. Todo fíxose co máximo sixilo, cunha rede de poderosas complicidades e con represalias aos técnicos ou funcionarios discrepantes. O comité que presidiu Gabeiras publicou agora un libro revelador que pon os pelos de punta: Os muros do silencio. Como os pon a visión dun documental sobre este asunto, O salario do silencio, obra de Enrique Banet e Mabel Rivera. Cando se uniu aos veciños opostos ao proxecto, Gabeiras recibiu a chamada telefónica dun preboste conservador. Tras unha introdución zalamera, o dirixente político espetoulle: "Sabe vostede, xeral, con que compañías anda?". Hai xente que non se corta un pelo. Cando o negocio está en marcha, son moi igualitarios: o mesmo dálles amedrentar a unha mariscadora que a un ex xefe do Estado Maior. Aos 88 anos, Gabeiras cumpriu con honra e valor a súa última misión patriótica: denunciar a inxustiza.

Enlace co artigo orixinal no xornal "El País"

________________
ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Web veciñal
Blog veciñal

________

Bugallo debe comprometerse cos cidadáns a dimitir do seu posto cando se comprobe que o proxecto que el apoiou é unha carga financieira insostíbel

De: Xan Carlos Ansia Xan Carlos Ansia -xancarlosansia@hotmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 29 de setembro de 2007 18:47
Asunto: CulturaSiMausoleoNon.SANCHEZ BUGALLO DEBE COMPROMETERSE A DIMITIR



ENVIAMOS A SEGUINTE NOTA DE PRENSA CO ROGO TEÑAN A BEN PUBLICAR RESEÑA NESE MEDIO DE COMUNICACIÓN.(Santiago, 29.setembro,2007)

AS VISITAS AO GAIÁS CERTIFICAN A INDEFINICIÓN E A CARENCIA DE CONTIDOS DA CIDADE DA CULTURA.

. A Plataforma pidelle ao goberno municipal de Santiago de Compostela que non utilice recursos públicos para xustificar os usos erraticos e o despilfarro das obras.

.Criticamos a campaña do alcalde Bullago de acoso e persecución das asociacións que non corcodan coa propaganda localista e comercial a favor da continuidade dos usos programados por Fraga Iribarne.

A Plataforma Cultura Si Mausoleo Non, considera un acto de abuso de poder e sometemento das institucións aos intereses políticos de Sánchez Bugallo e Nestor Rego,a campaña efectuada con fondos públicos do Concello de propaganda e xustificación das obras do Gaiás. Non se esta a facer publicidade de Santiago de Compostela e o seu patrimonio artistico e cultural, estanse utilizando as institucións para xustificar unha obras e uns destinos dos edificios en construcción que xa foron calificadas de despilfarro e inutilidade polos mesmos que agora a defenden.

A maioria dos cidadáns de Santiago desaproban os usos e destinos finais tal e como estan concebidos actualmente, e estarian de acordo en darlle aos edificios outros destinos mais en consonancia coas necesidades reais da cidade e co seu aproveitamento para o conxunto da sociedade galega. A pregunta de si esta Vostede de acordo en que nos edificios do Gaiás se habiliten infraestructuras e recursos relacionados coa Sanidade, a Educación e o Benestar Social, estamos certos que a resposta é afirmativa. O alcalde de Santiago dalle a espalda as necesidades dos cidadáns de Compostela e opta por apoiar desde o principio a Cidade da Cultura, que en tempos mesmo quixo chamarlle cidade Fraga Iribarne. O señor Bugallo debe explicarlle aos cidadans de Compostela como lle vai quitar rendimento a unha inversión de 600 millóns de euros finais e un gasto anual de 48 millóns de euros por mantemento das instalacións, si o proxecto continúa destinado aos usos proxectados por Manuel Fraga e Pérez Varela. O señor Sánchez Bugallo debe comprometerse cos cidadáns a dimitir do seu posto cando se comprobe que o proxecto que el apoiou desde o principio é unha carga financieira insostible para os orzamentos de Galiza,un verdadeiro "desfalco económico" considerada xa como un "burato negro" para o erario público.

Asdo. Xan Carlos Ansia
Portavoz Plataforma Cultura Si Mausoleo Non
Tlfo.658656957

http://culturasimausoleonon.blog.com/
__________________-

xoves, setembro 27, 2007

Visita e actuación o próximo venres día 28 de setembro ás 20:30 no concello de Mugardos de Uxía Senlle

De: Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
ocruceiromeha@yahoo.es
Para: artabra21@gmail.com
Data: 27 de setembro de 2007 20:52
Asunto: Actuación próximo venres día 28 de setembro ás 20:30 no concello de Mugardos de Uxía Senlle




Actuación de Uxía Senlle o próximo venres día 28 de setembro, ás 20:30 na Casa do Concello de Mugardos, en solidariedade coa veciñanza pechada desde o pasado 23 de Xullo, contra a localización da planta de gas dentro da Ría.

PLATAFORMA VECIÑAL "O CRUCEIRO DE MEÁ"
ocruceiromeha@yahoo.es
http://ocruceirodemea.blogaliza.org/
______________

Uxia Senlle, artista galega, música e cantante, é unha das persoas que representa unha parte da cultura galega. Persoa comprometida co seu País, desde moi nova, mais coñeceselle principalmente a raíz do afundimento do buque Prestige en novembro de 2002 fronte ás costas galegas, Uxía actuou como voceira do colectivo cidadán Nunca Máis que reclamaba a depuración de responsabilidades e unha maior proteccion do medio mariño e litoral. Anos despois, en 2006, Uxía volveu actuar como voceira de Nunca Máis durante a crise dos incendios forestais de agosto de 2005 e 2006.

A participación de Uxía Senlle, nun acto de solidariedade coa veciñanza de Mugardos pechada na Casa do Concello, ten un valor simbólico moi importante, e de referencia para o País, dado que Uxía representou ao movimento popular e cidadán máis importante dos últimos tempos na Galiza como foi NUNCA MÁIS.

Difundamos esta actuación e visita de Uxía á veciñanza de Mugardos, así como a manifestación do vindeiro domingo 30 de setembro, ás 12 do mediodía no Porto de Ferrol, contra o despropósito gasístico de REGANOSA.
____________

Inaugurará o venres 28 de Setembro, ás 12 horas, diante dos medios de comunicación a PINTURA MURAL instalada na Avenida das Pías, Perlío – Fene

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para:artabra21@gmail.com
Data: 27 de setembro de 2007 20:18
Asunto: Convoc CCE inaugurac. MURAL Perlio 28.09 12 h.



O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA
PARA A RÍA DE FERROL


Inaugurará o venres 28 de Setembro, ás 12 horas,
diante dos medios de comunicación
a PINTURA MURAL
instalada na Avenida das Pías, Perlío – Fene
(baixo Iglesia San Estevo de Perlío),
cuxo tema, lembrando o “Guernica” de Picasso,
e mostrar a peligrosidade da Planta de Gas
na súa ubicación no interior da Ría.

Acto organizado dentro das actividades de difusión
da Manifestación convocada para o
Domingo 30 de setembro ás 12 h.
desde o Porto ó Concello de Ferrol.


¡¡¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!!

__

O seu correo electrónico é:
comitecidadan@iespana.es

A súa web:
http://comitecidadan.org/
_______________

Reganosa: a cuestión da necesidade estratéxica e a xeopolítica do gas

Achegamos este artigo escrito por Trasmallo, que foi publicado o 12 de xuño deste ano 2007, na rede CMI Galiza.Indimedia.org. Facémolo polo seu intereses e contribución ao debate sobre a planta regasificadora de REGANOSA. Pois desde posturas de esquerda, manten-se a definición de estrátexico para o País a inatalación dunha planta de gas. Mesmo está en debate, como é posíbel, que desde as executivas dos sindicatos de clase, crean nos argumentos das grandes coorporacións enerxéticas e financieiras, poñendo-se do lado do gran capital, e menoscaben os argumentos dos movimentos populares e sociais que loitan decididos pola seguridade e saúde do pobo, polo medioambiente, contra a corrupción, contra a irracionalidade dunha industrialización destructora do planeta e empobrecedora dos pobos.


Reganosa: a cuestión da necesidade estratéxica e a xeopolítica do gas.

A planta de gas de Ferrol está envolta na polémica pola súa manifesta ilegalidade en moitas frontes, a súa perigosa localización e o seu negativo impacto ambiental. A estas alturas todos recoñecen que a súa localización idónea tería que ser no porto exterior, pero moi poucos cuestiónanse se é unha instalación realmente necesaria. De forma xeral, até polos máis críticos admítese que é unha infraestrutura estratéxica para o desenvolvemento económico de Galiza.

Existen, con todo, multitude de datos que indican con claridade que a regasificadora é a estas alturas un proxecto anacrónico que máis que resultar beneficioso para a economía é todo un risco a medio e longo prazo desde o punto de vista da rendibilidade do investimento e como proxecto impulsor de benestar económico e social.

Desde o punto de vista enerxético, a planta de gas enmárcase nun escenario de gran aumento de demanda mundial deste recurso en vésperas de que se acade o máximo histórico de produción do seu irmán fósil, o petróleo. De feito, as dúbidas sobre o abastecemento global destes recursos finitos están producindo un importante e rápido aumento de prezos que no momento actual rolda os 70 dólares para o barril de Brent e os 8 dólares para o gas, moi lonxe dos 35 dólares de media para o petróleo de hai dous ou tres anos e dos 6 dólares previstos para o gas no ano 2040 (1).

O complicado contorno xeopolítico da enerxía fósil está ben definido nos informes da ASPO (2), nos que se aprecia a clara tendencia á baixa da produción por imperativo xeolóxico mentres a demanda mantén un crecemento continuo debido ao aumento da poboación mundial, ás necesidades de economías emerxentes como China e India e sobre todo ao malgasto enerxético dos países occidentais con EEUU á cabeza. Esta situación ameaza con xerar conflitos internacionais para asegurar o abastecemento debido a que boa parte dos xacementos gasísticos están en rexións consideradas "inestabeis", tal e como xa ocorre cos conflitos de Afganistán e Iraq entre outros. Neste caso, o posicionamento estratéxico para o control dos recursos por parte de EEUU non deixa lugar a dúbidas.

Previsións de producción de gas e petróleo según a ASPO

A incerteza e inestabilidade que xera o aumento da demanda e a posíbel aparición de guerras e incidentes está ben descrita no informe do SIPRI (3) publicado este mes de xuño no que se afirma que "aínda que a maioría dos estados considera hoxe en día que o estalido dun conflito armado é unha medida extrema, é probábel que xurdan conflitos internos debido aos recursos enerxéticos... A importancia estratéxica das rexións ricas en reservas de petróleo e de gas, sen dúbida, aumentará. Non só Oriente Medio, senón tamén África, Asia Central, América do Sur, e o sueste de Asia serán potencialmente zonas de conflito nas décadas vindeiras". Neste sentido, as reservas de gas están moi concentradas en Rusia co 28% mundial e noutros 7 países co 75%.

Con este panorama, é de esperar que tan axiña como a anunciada crise de produción de fósiles estale nos mercados, o gas deixe moi pronto de ser competitivo nos termos en que hoxe se entende a taxa de retorno enerxético para este tipo de combustibles. Se a isto sumámoslle a posibilidade de desabastecemento debido ao exceso de demanda global ou á aparición de conflitos xeopolíticos, a aposta polo gas non ten, con estas previsións, ningún futuro; e o que é peor, convértenos enerxeticamente dependentes nun escenario de alta incerteza.

A declaración da planta de gas como instalación estratéxica por parte das "autoridades" tamén se sustenta en principios de eficiencia e ecoloxía. O tan cacareado "crecemento sostíbel" que como ben expón o Dr. Albert Barlet (4), profesor emérito de física da Universidade de Colorado en Boulder, é coma se un doutor lle dixese a un paciente, "goza vostede dun saudábel cancro". O crecemento continuo é o paradigma da economía de mercado que actuando contra recursos non renovabeis é absolutamente inviábel e non sostíbel dentro deste mundo finito. Esta falacia lóxica está de plena actualidade en boca de políticos e de empresas como Enagas e Acciona que nos venden a moto de que vai ser posíbel un futuro de equilibrio ecolóxico nun planeta en constante crecemento.

En nome deste crecemento sostíbel dísenos que o gas natural emite un 40% menos de CO2 que o carbón, e un 33% menos que o petróleo, pero trátasenos de ocultar que a pesar diso é responsábel de emisións cada vez maiores, porque é necesario queimar case o triplo de gas que de fuel para producir 1 Mw de enerxía. A contaminación por este gas invernadoiro está aumentando, xa que a súa utilización está crecendo rapidamente en Europa (especialmente no estado español) e nos Estados Unidos. Ademais, o metano, o compoñente principal do GNL é tamén un gas invernadoiro, só que 21 veces máis potente que o propio CO2. E ao longo de todo o proceso de licuefacción, regasificación, transporte e combustión, emítese unha cantidade moi importante deste nocivo gas xa que dada a súa extraordinaria volatilidade pérdese aproximadamente un 15% do total. O gas natural non ten futuro nun marco sostíbel por non ser renovábel e altamente contaminante. No caso de Ferrol é sabido que a regasificadora empregará hipoclorito sódico para eliminar plancton e microorganismos da auga que utilizará no proceso de regasificación, devolvendo esta auga morta varios graos por baixo da súa normal temperatura. Isto poderá afectar enormemente ao ecosistema e sen dúbida poderá prexudicar gravemente os recursos marisqueiros.

Polo que se ve, Reganosa unicamente é estratéxica para o capital investidor que busca beneficios a curto e pode que, moi collido polos pelos, a medio prazo da man da política incondicional do mercado, desde a dereita á esquerda gobernante ao uso e sorpresivamente doutros que querendo defender prazas de poder non foron capaces de superar neste asunto un enfoque localista nunha cuestión como a enerxética que a estas alturas é globalización en estado puro. Un asunto que con toda seguridade marcará o rumbo dos acontecementos do planeta nos próximos anos se non somos quen de perfilar un novo modelo que se centre na sustentabilidade. Un novo modelo baseado no aforro, a eficiencia, a reutilización, a reciclaxe, a renovabilidade e, sobre todo, nunha nova forma de organización da sociedade que profunde na democracia e permita aos cidadáns ser donos das súas decisións. Unha proposta tremendamente complexa e moi afastada do que calquera político dos que nos toca está disposto a considerar. Ten sempre a palabra o pobo responsábel e organizado se este quere dispor da verdade e da liberdade.

(1). GEOPOLITICS OF NATURAL GAS. An Analysis of Prospective Developments in the Natural Gas Trade and Geopolitical Implications. James A. Baker III Institute for Public Policy, Energy Forum. Ryce University.

(2). Association for the Study of Peak Oil & Gas.

[ASPO PORTUGAL - síto da secção portuguesa da Associação para o Estudo do Pico do Petróleo e do Gás - ASSOCIATION FOR THE STUDY OF PEAK OIL AND GAS – ASPO]

A ASPO é uma rede internacional de cientistas e investigadores que se debruçam sobre a questão do Pico de Hubbert.


Esta associação tem como objectivos:

  • Estudar a disponibilidade de Petróleo e Gás na Natureza;
  • Modelar o esgotamento, tomando em devida conta a economia, a tecnologia e a política;
  • Divulgar este tema crítico e alertar para as consequências para a Humanidade
http://www.aspo-portugal.net


(3). Stockholm International Peace Research Institute.

(4). Arithmetic, Population, and Energy. Dr. Albert Bartlet [*]
Arithmetic, Population, and Energy. Dr. Albert Bartlet [**]

______________________

Enlace co artigo orixinal en Galiza.indimedia.org
________________

Video: Aritmética, Poboación e Enerxía
Z.Zar
52 min 41 seg - 22-xaneiro-2007
http://ninuclearniotras.blogspot.com
________


___________________

Os fundamentos esquecidos da crise enerxética. Crise enerxética. Cenit petroleo. Enerxía nuclear. Sostenibilidade. Enerxías ... todos » alternativas. Crecimento sustentábel. Máis info tamén en www.ninuclearniotras.blogspot.com e www.crisisenergetica.org

O movimento polo decrecimento [Armando Jaen]
http://www.terra.org/articulos/art01372.html

O desenvolvimento no modelo económico actual xera pobreza, ignorancia, insolidaridade, consumismo, uniformidade, violencia... e por suposto: É insostíbel.
http://decrecimiento.blogspot.com

O paradoxo de Jevons
http://es.wikipedia.org/wiki/Paradoja_de_Jevons

___________________

O centro dos meios independentes -CMI - IMC- é unha rede mundial para unha información independente dos medios convencionais, co fin de difundir a información a nivel mundial. Que traballa pola solidariedade entre os pobos e as comunidades e fai que as noticias que se producen no mundo non sexan controladas polas grandes multinacionais da comunicación, evitando deste xeito a manipulación e intoxicación informativa. Un medio alternativo de comunicación para as persoas e colectivos que traballan por un mundo mellor, para a emancipación da humanidade.

Documentació do Proxecto Global

CMI Indymedia
Indymedia é un colectivo de organizacións e medios de información independentes, centos de xornalistas comprometidos coa verdade e a democracia, para informar e compartir as noticias a nivel mundial, sen os filtros das grandes corporacións mediáticas.
http://www.indymedia.org/
http://galiza.indymedia.org/
_________

Artigo e Información de:
manxopar@gmail.com
____________________

A veciñanza expropiada de canido resposta ao edil de urbanismo do Concello de Ferrol

De: Expropiados Ferrol -expropiadosferrol@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 26 de setembro de 2007 18:03

Asunto: Resposta ao edil de Urbanismo do Concello de Ferrol



Ola a todos!

Ante as declaracións do concelleiro de Urbanismo, Angel Mato sobre a solución do problema das expropiacións de Canido os veciños queremos precisar o seguinte:

O conflicto non está totalmente solucionado, porque polo momento os dous veciños que tiñamos dereito a un realoxo e non chegaramos a un acordo con Albantur non teñen nada asinado. É certo que nas últimas semanas a oferta realizada pola empresa respostou as nosas demandas, pero todavía non se concretou nun documento por escrito, que están consensuando os avogados de ambas partes. Tendo en conta os precedentes do proceso, xa que noutras ocasións se realizaron ofertas que logo nunca se cumpliron, os veciños pedimos o Concello que sexa riguroso coas súas declaracións os medios. De feito unha das afectadas ten un acordo asinado antes das últimas municipais, no que se lle prometía que se lle compraría e rehabilitaría unha casa en Canido, e o inmoble aínda non foi mercado pola empresa.

O Concello insiste en presentarse como mediador nun conflicto, cando el é o responsable. Unha empresa non pode decidir ó prezo que vai pagar por unha expropiación da que se vai beneficiar, senón que é a Administración a que debe facelo para velar porque se cumpran os dereitos das partes. De feito foi o arquitecto municipal do concello de Ferrol quen realizou as tasacións dos inmobles, a uns prezos insultantes e empregando un sistema - tasalas segundo o valor catastral- que non se axusta o que marcan as leis que rexen as expropiacións. De ahí partiron tódolos problemas. Polo tanto é o concello, tal como lle indicou o Valedor do Pobo en sucesivas ocasións, o que ten capacidade para obligar a empresa a pagarlle un prezo xusto ós afectados. Os veciños aceptamos negociar con Albantur para desbloquear a situación e axilizar o proceso.

Moitas grazas a todos
Expropiados Ferrol -expropiadosferrol@gmail.com-
Canido-Ferrol
_________