sábado, outubro 27, 2007

Certificado das Escrituras do Rexistro da propiedade de Pontedeume en referencia ao "Pelotazo, Forestal - Reganosa, Orza e Tojeiro"

[Para ampliar clicar acima das imaxens]
_______________

Plano de Reganosa e parcelas colindantes do asunto "Pelotazo Forestal - Reganosa, Orza e Tojeiro"

[Para ampliar clicar acoma da imaxe]

Texto de Denuncia á Fiscalia do pelotazo FORESTAL - REGANOSA, ORZA e TOJEIRO.

[Para ampliar clicar acima das imaxens]

venres, outubro 26, 2007

Denuncia á Fiscalia do TSXG dun pelotazo económico no despropósito chamado REGANOSA

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 26 de outubro de 2007 17:51
Asunto: Denuncia á Fiscalia do TSXG dun pelotazo económico




Denuncia á Fiscalia do TSXG dun pelotazo económico


Unha plusvalía do 1.552 % na venda dunha parcela a Reganosa confirma que foi o "pelotazo", non a xeración de xeración de emprego, a verdadeira motivación do Sr. Tojeiro para situar a Planta de Gas en Punta Promontorio (Mugardos).

Segue en nota adxunta co resumo da rolda de prensa celebrada hoxe no Ateneo.

Reganosa é a maior agresión ambiental que se esta producindo en Galiza. Coa súa entrada en funcionamento en probas desde o 9 de maio pasado, Reganosa ameaza a vida de miles de cidadáns, a riqueza marisqueira da Ría e o seu patrimonio histórico.

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, desde hai máis dun ano, con escritos e entrevistas no Ministerio de Industria, vén reclamando que non sexa aprobada o acta de explotación comercial ou de funcionamento definitivo de Reganosa. Esta reclamación fundaméntase en que coa localización dentro da Ría de Ferrol é imposible que Reganosa poida cumprimentar os condicionados de distancias suficientes ata as poboacións que require o articulo 12 da Directiva Seveso II e a saída a mar aberto dos buques gaseros en caso dunha urxencia durante a descarga ou na súa transito polo interior da angosta Ría de Ferrol.

Ademais da ameaza á vida humana e á riqueza marisqueira da Ría, nos últimos oito anos o Comité Cidadán de Emerxencia vén seguindo o proceso de irregularidades no que están inmersas as autorizacións e permisos a Reganosa. Continúan descubríndose datos e informacións evidenciando que non foron o emprego nin a xeración de riqueza as verdadeiras motivacións do Sr. Tojeiro e os seus apoios para situar a Planta de Gas en Punta Promontorio (Mugardos). Agora descóbrese que o principal motivo é o pelotazo económico-urbanístico, constatado cunhas certificacións do Rexistro da Propiedade de Pontedeume, segundo as cales a empresa "Forestal do Atlántico", propiedade do Grupo Tojeiro, das propiedades de chan rustico que comprara a particulares, o 2 de febreiro de 2001 segregó unha leira de 75.000 m2 rexistrándoa cun valor de 47 millóns cincocentas mil pesetas. Así mesmo que con data 27 de abril de 2001, menos de dous meses despois, Forestal do Atlántico S.A vendeu a Reganosa dita parcela de 75.000 m2 polo valor de setecentos trinta e sete millóns de pesetas, é dicir, que en menos de dous meses xerou unha plusvalía contorna ao 1.552 %.

Coa participación de José Antonio Orza, entón Conselleiro de Economía, neste "pelotazo" inscríbese no marco do Convenio con cláusulas confidenciais asinado en xullo do ano 2000 polo Sr. Fraga entón presidente da Xunta de Galicia, co Sr. Tojeiro e outros socios de Reganosa. Así mesmo que José Antonio Orza era socio do Sr. Tojeiro na empresa chamada Forestal do Atlántico S.A., encostada á cal constrúese a Planta de Gas de Reganosa.

Os lindes desa parcela de 75.000 m2 coinciden cos de dúas parcelas que teñen como lindero sur o camiño real. Unha delas de 37.694 m2 é na que Reganosa ten construídos dous tanques para almacenar GNL. A outra parcela de 33.414 m2, é na que Reganosa proxecta construír outros dous tanques. Esta segunda parcela é chan rustico de protección especial de patrimonio onde está asentado o xacemento romano de Caldoval. O actual Director Xeral de Patrimonio é coñecedor de que a Reganosa non lle será autorizada esa segunda fase e cando se confirme proporá a Reganosa que o xacemento Romano de Caldoval sexa posto en valor ?in situ?. Por iso o Alcalde de Mugardos abandonou a súa peregrina idea de trasladar o xacemento para o soto dun cine que o Concello comprou fai uns dous anos para esa finalidade.

Esas certificacións do Rexistro da Propiedade de Pontedeume foi posta en coñecemento da Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na súa Adscrición en Ferrol, a fin de ampliar a denuncia que fai uns meses presentouse en relación co Convenio de xullo de 2000 e para o que están abertas unhas dilixencias previas.

A Xunta de Galicia queda emprazada para abrir unha investigación sobre estas irregularidades e a retirar do Tribunal Supremo os recursos de casación que ten presentados contra as sentenzas do TSXG que anulan a tramposa tramitación ambiental de Reganosa elaborada pola Consellería de Medio en xuño do ano 2001.

Ferrol, 26 de outubro de 2007

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@iespana.es
http://comitecidadan.org
___________________

Documentación do "Pelotazo" nos arquivos Ártabros:

Escrito de denuncia á Fiscalia do TSXG

Certificacións do Rexistro da propiedade de Pontedeume

Plano elaborado polo Comité Cidadán de Emerxencia

_______



A PA21 esixe solucións de futuro para a Praza da Porta Nova - Praza de España

A Xunta Coordinadora, acordou solicitar ao Concello toda INFORMACIÓN posible sobre o futuro da PRAZA DA PORTA NOVA - PRAZA DE ESPAÑA.

Expresamos nosa satisfación pola PARALIZACIÓN DAS OBRAS, máis queremos que se determine o futuro da PRAZA, iniciando un proceso de recuperación deste ESPAZO PÚBLICO sen edificación algunha e darlle unha función de disfrute pública, así mesmo preocúpanos que a situación se prolongue demasiado nos despachos ou como arma arroxadiza de campaña electoral, polo que a cidadanía esixe unha relativa rápida solución e da máxima calidade para esta PRAZA EMBLEMÁTICA.

INFORME PRAZA DE ESPAÑA- PORTA NOVA

A Xunta Coordinadora da PA21, reunida na tarde deste pasado día 17 de outubro, no seu debate interno respecto a política municipal sobre os Espazos e PRAZAS PÚBLICAS como unha das prioridades desta Plataforma acorda:

SOLICITAR :

UN INFORME DA ALCALDÍA E CONCELLARÍA DE URBANISMO, MEDIANTE O SECRETARIO DO CONCELLO DAS NOVAS PROPOSTAS DE FUTURO E XESTIÓN DA PRAZA DE ESPAÑA - PRAZA DA PORTA NOVA.

Lembramos que a Plataforma Ártabra 21, a través de diversas iniciativas promoveu un movemento social para a PROTECCIÓN E CONSERVACIÓN DA PRAZA COMO UN ESPAZO PÚBLICO DESTINADO AO DISFRUTE E GOZO DA CIDADANÍA LIBRE DE EDIFICIOS, AINDA MENOS PARA A EXPLOTACIÓN OU ESPECULACIÓN PRIVADA EN SUPERFICIE.

Este MOVEMENTO SOCIAL estivo sempre representada pola maioría social e veciñal da cidade de Ferrol para salvagardar e reivindicar seu uso de espazo público .

Ferrol a 24 de Outubro de 2007.

A XUNTA COORDINADORA.
José R. Jove, Amadeo Varela, J. Fernandez, Xosé N. Sanxoán
__________________

Burla Negra organiza o domingo 28 de outubro en Mugardos, acto de solidariedade na loita contra REGANOSA

De: Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
ocruceiromeha@yahoo.es
Para: artabra21@gmail.com
Data: 25 de outubro de 2007 18:19
Asunto: Actuación domingo 28 concello Mugardos



O vindeiro domingo día 28 de Outubro ás 18:30, no concello de Mugardos, actuarán, en solidariedade cos veciños pechados en protesta da localización da planta de gas de REGANOSA no interior da ría de Ferrol, BURLA NEGRA.

[Clicar acima do cartaz para ampliar]

Invitámosvos a tod@s a gozar con estes artistas que solidariamente acoden a apoiar a nosa causa.

VENCEREMOS !

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !

PLATAFORMA VECIÑAL "O CRUCEIRO DE MEÁ"
ocruceiromeha@yahoo.es
http://ocruceirodemea.blogaliza.org/
________________

mércores, outubro 24, 2007

O conflito das expropiacións de Canido segue sen resolverse

De: Expropiados Ferrol
-expropiadosferrol@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 24 de outubro de 2007 12:40
Asunto: O conflito de Canido segue sen resolverse



AFECTADOS POLAS EXPROPIACIÓNS DE VIVENDAS EN CANIDO (FERROL)

A tardanza na solución do problema está provocando a deterioración das vivendas que os afectados non poden reparar porque van ser derrubadas

O conflito de Canido segue sen resolverse

Un mes despois de que o Concello anunciase a solución ó conflito das expropiacións de Canido, esta segue sen chegar. Ningún dos tres veciños ós que debería de ofrecérselles un realoxo alcanzou un acordo en firme coa empresa promotora Albantur, que pretende construír no barrio ferrolán unha nova urbanización de 260 vivendas. Os afectados piden ó concelleiro de Urbanismo, o socialista Angel Mato, que explique por que tivo tanta présa en publicitar o desbloqueo dunha situación que comezou en 2004. Ese ano o Concello taxou ilegalmente os 18 inmobles expropiados por un valor de 224.932 euros, uns 12.000 euros por cada un, e iniciou un proceso de expropiacións que excede o esperpento.

Tres anos despois, os veciños están fartos de coaccións, ameazas de desaloxo e promesas que nunca se cumpren. A suposta solución á que fai referencia o concelleiro baséase simplemente nunha oferta da empresa Albantur. Os tres afectados pendentes de realoxo, están dispostos a aceptala, con todo, levan dous meses esperando a que llos convoque para asinar os documentos xurídicos que a avalen.

O propio Valedor do Pobo resalta, na última comunicación remitida ós veciños, que a situación actual é inaceptable. A institución que agora dirixe Benigno López enviou dez cartas ó Concello pedindo que lle concrete como vai ofrecerlles o reacollo ó que legalmente teñen dereito. Desde fai varios meses, o consistorio limítase a responderlle que hai unha negociación aberta. “Non pode entenderse que esa efectividade (a do realoxo) veña só pola vía dunha prolongada negociación entre os afectados, o Concello e a promotora”, resalta o Valedor, quen engade que “a actual indefinición crea unha situación de inseguridade que vostedes, os afectados, padecen, e que non deberían soportar”.

A tardanza na solución do conflito está carrexando, ademais, novos problemas. As vivendas expropiadas son antigas e algunhas necesitarían reformas para poder vivir nelas dignamente. Pero os afectados non poden facer obras, porque as casas vanse a derrubar. Os veciños reclaman unha vez máis ó Concello que poña fin ó problema, pois polo momento parece que só ten interese en simular que está resolto. De prolongarse esta situación, os afectados veríanse obrigados a iniciar un novo procedemento xudicial contra o consistorio para reclamarlle danos e prexuízos polas molestias ocasionadas.
______________________

Convocatoria da da XIV Asemblea Xeral da Plataforma Ártabra 21

Estimad@s ARTABR@S.- Estamos CONVOCAD@S para celebrar unha ASEMBLEA o vindeiro martes, día 30 ás 7,30 horas da tarde no Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO.

Unha primeira parte da ASEMBLEA será para debater os pontos da Orde do Día, e unha segunda parte para os pontos finais que analizaremos os cometidos e funcións da Plataforma que é necesario impulsar e mesmo ampliar ou abrila a novas incorporacións.

A maioría das organizacións e persoas que conforman esta PA21 estamos convencidos da necesidade de fortalecer e impulsar sua presenza ante posibles ameazas de actuación políticas inadecuadas, economicas ou contra o medio ambiente, entorno natural, actuacións sociais...etc., polo que debemos continuar preservando os intereses xerais de tod@s nos.

Non importa tanto o grado de implicación das distintas organizacións que xa teñen seu traballo interno e con dificultades por a falta de persoal, pois pensamos que a presenza de entidades e colectivos na PA21, a fortaleze .

Pensade tamén que un dos grande exitos da PLATAFORMA é o seu BLOG e as súas comunicacións, facendo das reivindicacións sociais un argumento que nos implica a tod@s.

Temos que facer unha REDE REIVINDICATIVA E SOCIAL QUE IMPLIQUE A TODA A ZONA NORTE DESTAS COMARCAS.

Debatelo dentro de vosas organizacións para pedir vosa entrada na PA21 coa garantía de ser totalmente democraticos e asemblearios nas tomas de decisións.

- Tamén hai sitio a título PERSOAL.

Sería máis facil CONFIRMAR a vosa asistencia.

xosé mel. - 649 024 612


XIV ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

30 de Outubro de 2007

A Xunta Coordinadora da Plataforma Ártabra21, convócavos para unha ASEMBLEA XERAL ORDINARIA ás 7.30 h. da tarde, o martes día 30 de Outubro -07 no Centro Cultural CARVALHO CALERO.

Orde do día:

1 .- Lectura e aprobación , se procede, da ACTA da ASEMBLEA anterior.
2 .- Estado de contas.
3 .- INFORMACION XERAL.-
a .- LEIXA – MANDIÁ; SARTAÑA; RECIMIL; PRAZA DE SARTAÑA; PRAZA DE PORTA NOVA-PRAZA DEESPAÑA ; MENÁNCARO;
4 .- PLANTA DE GAS .-
5 .- INFORMACIÓN DA REUNIÓN EN COMPOSTELA DA REDE LITORAL VIVO O PASADO DÍA 20.
- REDE GALIZA NON SE VENDE
- MANIFESTACIÓN NACIONAL EN S. COMPOSTELA PARA O DOMINGO- 17 DE FEBREIRO -2008 .
6 .- INVITACIÓN A NOVAS INCORPORACIÓNS DE ORGANIZACIÓNS NA PLATAFORMA ÁRTABRA21.
- Próxima ASEMBLEA -
7 .- Suxestións e preguntas.

Ferrol a 23 de Outubro de 2007.

SAÚDE.


* A Xunta Coordinadora –
Asdo. Amadeo Varela, José R.Jove, Inácio Martínez, Xosé M. Sanxoán

_________________________

A veciñanza pechada na Casa do Concello de Mugardos porque REGANOSA ameaza a súa seguridade e as súas vidas, emite un comunicado no 3º mes de encerro


COMUNICADO DE PRENSA CON MOTIVO DO TERCEIRO MES DE PECHE NA CASA DO CONCELLO DE MUGARDOS

Con motivo do terceiro mes de peche no concello de Mugardos por parte das veciñas e veciños afectados pola localización da Planta de Gas Natural Licuado de REGANOSA no interior da ría de Ferrol, queremos mostrar a nosa máis enérxica protesta pola falta de interese que, desde a Xunta de Galicia estase tendo para connosco xa que, a día de hoxe, non houbo ningún movimento de achegamento por parte do bipartito que goberna Galiza con respecto ás entrevistas pedidas por este colectivo que tan exemplar e cívicamente está levando a cabo o peche.

Por outra banda dicir que houbo un comportamento totalmente diferente por parte dos organismos estatais dependentes do Ministerio de Industria, quen realmente teñen competencia para a autorización definitiva. Destes últimos se podemos dicir que canto menos, atenderon e escoitado as nosas peticións en diferentes reunións así como en varias conversacións telefónicas, dándonos unha idea moito máis positiva do seu interese puntual sobre a problemática do asunto que nos compete. Conversacións, por outra banda, enfocadas en todo momento a intercambiar información sobre os informes incompletos e os condicionados que se deron para obter a AUTORIZACIÓN ADMINISTRATIVA PREVIA do 2002 e de CONSTRUCIÓN do 2004 da xa mencionada Planta de Gas.

É por iso que, logo destes 92 días ininterrompidos de peche no concello de Mugardos esiximos, con máis forza que nunca, paralícese dunha vez por todas calquera actividade da planta de gas de REGANOSA xa que non reune as condicións para o seu funcionamento e, debido á súa localización, entre outras moitas causas, nunca poderá reunilas.

Recordar tamén que as obras ilegais hai que paralas antes de que poidan causar desastres irreversibles na sociedade.

Mugardos, 23 de outubro de 2007

PLATAFORMA VECIÑAL "O CRUCEIRO DE MEÁ"
ocruceiromeha@yahoo.es
http://ocruceirodemea.blogaliza.org/
_______________________

Resumo do falado na reunión da "Rede Litoral Vivo" que se celebrou o 20 de outubro en Compostela

De: Fusquenlla
Para: artabra21@gmail.com

Data: 22 de outubro de 2007 17:15
Asunto: Reunión do 20 de outubro







Resumo do falado na reunión que se celebrou o 20 de outubro en Compostela

Xuntanza da “Rede Litoral Vivo”

Sábado, 20 de outubro do 2007, 12:00 hs.

Galeria Sargadelos de Santiago de Compostela


Entidades asistentes:

Verdegaia, Veciños/as de Mehá (Mugardos), Salvemos Monteferro, Foro Social de Cangas, A Ria Non se Vende (Vigo), Greenpeace, Burla Negra, Agrupación de Montaña “Augas Limpas”, Centro Social A Revolta, Plataforma Veciñal de Quilmas (Carnota), Plataforma Medioambiental de Corrubedo (Ribeira), Ortigueira Sostible, Afectados/as Vertedoiro de Carvalleda de Ávia (Ribadavia), Fusquenlla (Pontedeume), Plataforma Ártabra 21 (Ferrol), Fundación Galicia Verde e S.O.S. Courel.

Desculparon a sua ausencia o Comité Cidadán de Emerxencia (Ferrol) e a Sociedade Galega de Historia Natural.

Hora de comezo: 12:15 hs (Galería Sargadelos).

Hora de remate: 15:05 hs (cafetería Rua Bella).

Orde do día:

1.- Redefinición da Rede Litoral Vivo.

2.- Movilizacións.

3.- Festival Terractiva (Arzúa).

1.- Ante a previsión de que se incorporen á Rede novos colectivos procedentes doutras localidades do interior do País, afectadas por diferentes desfeitas non relacionadas co litoral, acórdase por maioría integrar ditas entidades na Rede e denominala “Rede Galiza Non se Vende”. Houbo outra proposta de chamala “Terra Viva” mais non tivo éxito.

En calquera caso, todos/as estiveron dacordo en manter o esprito co que se criou a Rede Litoral Vivo de non permitir a integración de partidos políticos nen sindicatos.

Para a elaboración dunha nova páxina Web da Rede Galiza Non se Vende encargouse Fusquenlla de contactar co Coordenador Xeral de Verdegaia para traballar neste asunto. A páxina sería tipo Blog.

Para presentar en Rolda de prensa á nova Rede Galiza Non se Vende acordouse agardar a ter elaborada a páxina Web, que terá que ser en breve prazo. Propúxose que cada colectivo prepare un tema relevante da sua localidade para comentar na Rolda de prensa se é posíbel e para incluír na nova web.

Recalcouse que a Rede é horizontal e que, polo tanto, calquera das entidades que a integran poden, e deben, tomar por si mesmas a iniciativa de convocar as xuntanzas de dita Rede cando sexa preciso, evitando que as convocatorias partan sempre dun mesmo colectivo.

2.- Verdegaia comezou reprochando as formas en como se levaron a cabo a entrega de sinaturas e de alegacións contra as piscifactorías no Rexistro da Xunta de Galicia por parte de colectivos como Adega e a Plataforma Veciñal de Quilmas, sen contar coa Rede Litoral Vivo, cando ambas asociacións son integrantes da mesma. Outras entidades como Greenpeace e A Ria Non se Vende (Vigo) tamén criticaron dita aptitude insolidaria. Tamén se criticou a fiscalización da movilización do dia 4 de novembro en Corrubedo por parte de Adega. Tanto a Plataforma Veciñal de Quilmas como a de Corrubedo xustificaron dita aptitude con argumentos como que Adega foi a que fixo alegacións aos proxectos de Quilmas e de Corrubedo e traballou máis estes temas que outros colectivos; que a Rede Litoral Vivo estaba adormecida ou que, no caso de Corrubedo, non se coñecía a Rede Litoral; entre outros argumentos. O debate foi subido de tono nalgúns momentos.

Verdegaia informou que non vai apoiar a movilización do dia 4 de novembro en Corrubedo, tras decisión da maioría dos seus Núcleos comarcais. Non obstante, todas as entidades que integran a Rede si apoiarán e participarán en dita movilización ante a necesidade de frenar e de amosar a nosa oposición ó Plan Acuícola, á proliferación de piscifactorías e, en suma, á privatización e destrución do litoral. Acórdase apoiar como Rede Litoral Vivo, dado que Galiza Non se Vende todavía non foi apresentada públicamente. Por parte da Rede pediúselle a Verdegaia que recapacitase, dado que tal decisión podería resultar contraproducente tanto para a propia asociación como para os obxectivos que se pretenden coa movilización en Corrubedo.

Por outra banda, acordouse convocar unha grande manifestación nacional por parte da Rede Galiza Non se Vende para o Domingo dia 17 de febreiro do 2008; pois considerouse que convocar unha manifestación nacional antes desa data resultaría precipitado debido á falta de tempo necesario para elaborar o material, convocar a un grande número de entidades, etc. En calquera caso, acordouse participar naqueles actos reivindicativos previstos no que queda de ano e aproveitalos para dar a coñecer a nova Rede e informar da grande movilización.

Para preparar a grande movilización do 17 de febreiro do 2008, creouse unha Comisión de traballo integrada por membros de Fusquenlla, A Ria Non se Vende, S.O.S. Courel, Afectados/as polo Vertedoiro de Carvalleda de Ávia (Ribadavia), Burla Negra, Greenpeace e Verdegaia.

S.O.S. Courel informou, ademáis, sobre a nova Lei de Minería, comprometéndose a conseguir información sobre o asunto para formular alegacións.

3.- Informouse que o 17 de novembro está previsto o Festival Terractiva en Arzúa e que hai dispoñibeis tres stands para publicitarse. Acordouse que a Rede Galiza Non se Vende participe en dito festival e se aproveite un dos stands para dar a coñecela e informar sobre a grande movilización de febreiro.

*Nota: Pasadas as 14:00 hs tivemos que marchar da Galería Sargadelos porque dito establecimento pechaba a esa hora e, polo tanto, trasladarnos á cafetería Rua Bella para rematar a xuntanza.

Antón Fortuna (Verdegaia)
________________________________

luns, outubro 22, 2007

Tres meses de peche, actos en Mugardos e artigo en Galicia Hoxe "Reganosa, sen riscos?"

De:Platafoorma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
ocruceiromeha@yahoo.es
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de outubro de 2007 20:18
Asunto: Actuación para o 23 de outubro no terceiro mes de peche e artigo no xornal Galicia Hoxe


[Clicar acima do cartaz para ampliar]

ACTUACIÓN NO CONCELLO DE MUGARDOS CON MOTIVO DO TERCEIRO MES DE PECHE

O martes día 23 de outubro ás 19:30 horas, actuarán Fran Rey ao piano e Germán Lamas, voz e Luis Cuba no baixo, solidarizándose deste xeito cos veciños e veciñas pechadas desde hai xa 3 meses no concello de Mugardos, en protesta pola localización da planta de gas de REGANOSA no interior da ría de Ferrol.

Agradecendo a todos e todas a vosa presenza enviámosvos un cordial saúdo.

VENCEREMOS PLANTA DA GAS FORA DA RÍA

Tamén leer a reportaxen que transcribimos máis abaixo, publicado no xornal Galicia Hoxe o domigo 21 de outubro de 2007.

grazas, unha aperta

PLATAFORMA VECIÑAL "O CRUCEIRO DE MEÁ"
ocruceiromeha@yahoo.es
http://ocruceirodemea.blogaliza.org/
______________


Mugardos
Reganosa, sen riscos ?

Os expertos desdín a empresa e recoñecen que os buques poderían ter problemas para saír en caso de emerxencia porque a entrada da ría é estreita e o calado limitado

REDACCIÓN . SANTIAGO 21.10.2007

Entrada dun buque gaseiro á planta regasificadora de Reganosa en Mugardos, na comarca de Ferrolterra FOTO: Kiko Delgado



Nos últimos meses a planta regasificadora de Mugardos sementou a polémica. E hai só cuestión de días as discrepancias en torno a Reganosa avivárona aínda máis se cabe.

Os medios galegos trasladáronlle á cidadanía un informe de seguridade que Reganosa lle entregou a Industria no que indicaba "a probabilidade coa que traballamos de que suceda un accidente grave é dunha nun millón de anos", sentenciaba a responsable de Seguridade e Medio Ambiente, Paula Pieroni, quen sinalou que a planta regasificadora xa implementou as medidas de seguridade necesarias para actuar.

Para verificar este sorprendente dato, Galicia Hoxe contactou cun inspector marítimo encargado de controlar a seguridade de todos os barcos e, entre eles, dos gaseiros.

O experto declara que na teoría un buque destas características non ten practicamente ningún perigo, sempre que cumpra as condicións que se lle esixen. É dicir, "se se traballa baixo unhas condicións normais, non ten porque pasar nada". Con todo, recoñece que o único inconveniente que presentan este tipo de buques xorde cando se descargan, non antes. "O risco de que haxa un rebentón está máis vixente cando os tanques están baleiros ou da metade para abaixo polo gas que queda dentro destes".

Despois de todas estas declaracións, o inspector marítimo confesa que "o risco en si non sería tan grave". Refírese ó porto de Ferrol, do que recoñece que ten unha entrada abondo estreita e un calado limitado. Continúa explicando que en caso de emerxencia o buque tería problemas para saír. E precisamente para evitar ese problema, a Capitanía Marítima de Ferrol pensou nunha alternativa que consiste en "ter preparado un remolque a proa e outro a popa, de modo que se hai algún accidente se achegaría un remolcador e engancharía eses remolques que están colgando para sacar e consegurirían así, levar o barco para fóra, para alta mar". "No caso de que houbera problemas coas mareas e, polo tanto, problemas de calado, pensaron noutra posibilidade", asegura. "Buscaron un lugar afastado da terminal, unha zona reservada e arredada da poboación. E arrimaríase o barco alí", expón.

Unha vez aclarado isto, reitera "o risco en si non sería tan grave". E compara esta situación coa refinería coruñesa e di "se vamos a poñer trabas, incluso a refinería ten os seus perigos porque como estes tanques estén medio vacíos e salte unha chispa rebentarían".


Un quecemento das augas que afectaría o marisqueo

Por outra parte, o experto cre que a preocupación dos mariñeiros é un posible quecemento das augas. É dicir, temen que as elevadas temperaturas do sistema de refrixeración da regasificadora de Mugardos alteren o ciclo natural de vida de todas especies acabando con elas e coa ría ferrolá a posteriori. O inspector entende os seus medos, aínda que engade que non se deben adiantar os acontecementos porque primeiro hai que estudar ata onde isto pode prexudicar a ría.


EN PRIMEIRA PERSOA

"A seguridade nos gaseiros é a mínima. Hai moitas neglixencias"

Un mariñeiro que estivo embarcado en gaseiros, asfalteiros e petroleiros durante máis de 15 anos explica que estes barcos teñen moitos riscos polo feito de que transportan mercancías perigosas. Pese a que explica que son buques moi seguros, está convencido de que os elevados perigos que se corren xorden a consecuencia de que non se aplican as medidas de seguridade que se lles esixe. Di que "isto funciona moi mal".

Por outra banda, confesa que os mariñeiros que coma el traballaron neste tipo de buques non son conscientes do perigo que iso conleva. "A xente que estamos dentro non sabemos o que é iso. Non che esixen nada e ignoras todo o que alí acontece". Continúa expoñendo que o día a día é moi duro. "Traballas as túas oito horas, pero estás pendente durante todo o día. Vaste para a cama pero non estás tranquilo. Sempre estás pendente. "Tes medo continuamente", di, pero tamén recoñece que cando xa levas moito tempo embarcado "te acostumas a que salten determindas alarmas a cotío. Pero cando realmente te preocupas é cando salta algunha que non o fixo nunca". Afirma que "a vida está continuamente en perigo" e que "cada vez peor", o que provoca que "te sintas impotente", engade.

De feito, relata que traballando nun asfalteiro explotou un tanque. "O fallo foi humano, dun soldador en concreto, e non do propio barco", conta. "Por sorte non houbo feridos. Non pasou nada", pero sabe que isto son avisos que un día se fan realidade. E cre que son mostras da cantidade de neglixencias que se cometen.


OS GASES

A perigosidade do metano

O técnico superior marítimo asegura que o butano é moito máis perigoso que o metano porque o primeiro se transporta a presión e en caso de fuga podería prender lume. No entanto, o metano sae cunha temperatura moi alta, polo que se iría conxelando e o perigo de que prendese lume é moito menor, explica.

A temperaturas moi elevadas

O experto asegura, doutra banda, que o metano ou tamén chamado gas natural se transporta a través de tanques con características moi especiais e superprotexidos, dentro dos cales as temperaturas son moi frías, xa que oscilan entre menos 160 ou 180 graos.

Recoméndase entrar neste enlace na edición dixital do xornal Galicia Hoxe pois podense leeerr e facer comentarios
_______________________

domingo, outubro 21, 2007

Información sobre o encontro en Compostela da Rede Litoral Vivo

Ola Compañeir@s.- Como estaba anuciado , onte día 20 de Outubro , tivo lugar en Compostela unha reunión de Plataformas, entidades e organizacións ecoloxistas e sociais na Galería Sargadelos.

Debateuse a posibilidade de CAMBIO DE NOME da REDE LITORAL VIVO por que non representaba todo o conxunto da GALIZA , os ríos, augas , montañas e terras interiores.
A proposta foi APOIADA por tod@s en cambiar o nome e ante o éxito e eco social na pasada MOBILIZACIÓN DE GALIZA NON SE VENDE, a terna de nomes foron varios, optando ao final pola denominación REDE GALIZA NON SE VENDE.

Decidimos deseñar unha nova PAXINA na REDE cunha nova estrutura e enlaces para as distintas plataformas e organizacións que unha comisión será a reponsable de subir as noticias relevantes para tod@s.

Apoiamos as MOBILIZACIÓNS previstas contra as politicas de PISCIFACTORIAS que mandaremos información máis no meúdo.

Para rematar ACORDAMOS FACER UNHA MOBILIZACIÓN NACIONAL EN COMPOSTELA PARA O DÍA 17 DE FEBREIRO-08 .

Continuremos informando e esperando algunha observación por parte de todas as organizacións.

Nesta zona coordinaremos Fusquenlla( TO ) Verdegaia, PA21 e Comite de Emerxencia...Penso que deberíamos ter unha reunión para debater todas as propostas e acordos.

Ésta información é un avance oficioso para a PA21 , a espera dunha reunión con TO e ANTON FORTUNA para a sacar unha informacion oficial.

Saúdos

mel sanxoán
______________

venres, outubro 19, 2007

O lago das Pontes

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 19 de outubro de 2007 19:04
Asunto: O lago das pontes



O lago das Pontes

A CERNA DO XALUNDES
O lago das Pontes
Marcelino Fernández Mallo
19/10/2007 - Vieiros

Como di meu pai, “o tempo pasa pero non o ves pasar”. Isto é o que pode ocorrer coa mina de lignito que explota Endesa en As Pontes a ceo aberto: tras trinta anos de extraer mineral para alimentar a súa central térmica, disque van deixar o lugar, máis ou menos, tal como o atoparon. Habemos ver.

O plan é pechar a chamada Mina do Tesouro o vindeiro 31 de decembro. A partir de xaneiro, e a través dun canal de 5.700 metros case rematado, a compañía eléctrica principiará a verquer no inmenso buraco auga procedente do río Eume. En total, serán 540 millóns de metros cúbicos que se transvasarán dende o leito fluvial durante catro anos ata formar o meirande lago artificial de Europa, o cal ocupará unha superficie de 8 quilómetros cadrados (así como a Illa de Arousa).

Nos últimos meses, escoitáronse voces supostamente autorizadas que defendían o lago artificial coma un auténtico dinamizador económico. Eu, agás a actividade previsible dun par de restaurantes durante as fins de semanas e o aluguer dunhas lanchas de pedais, non vexo qué outras actividades económicas se poden desenvolver a partir da nova lagoa. Os responsables do proxecto desvelaron hai pouco os plans para crear unha praia artificial, unha illa ornitolóxica e un peirao para embarcacións deportivas. Isto nun país, Galicia, con máis de 1.700 quilómetros de costa!

O transvase de auga presenta riscos importantes que paga a pena lembrar. Por suposto, o primeiro será o impacto sobre o propio caudal do río Eume e, consecuentemente, sobre a fauna e flora que vive no seu interior e na contorna. O segundo dos interrogantes será a calidade da auga que conforme o lago, pois o buraco que deixa a mina amosa unha alta presencia de pirita, mineral tóxico cuxo efecto se pretende minimizar cunha capa de arxila branca. O terceiro problema sería a contaminación por reborde das propias augas do Eume se finalmente se produce a acidificación do lago por mor da pirita. Por último temos a propia loxística da operación pois seica o seu éxito vai depender do ritmo do transvase, atopando opinións diferentes en función do técnico ou experto consultado.

Ante un novo macroproxecto de incertos efectos, altos custos e moi escasa produtividade previsible, propoñemos a seguir unha alternativa que se nos antolla máis coherente co feito a subsanar e, sobre todo, coas necesidades reais do país. Vexamos.


Visión Alternativa creadora de traballo e riqueza

As Pontes áchase a 40 quilómetros do porto exterior de Caneliñas. Logo ten unha evidente oportunidade para converterse nun importante centro loxístico. A súa localización implica unha fácil relación con sectores fundamentais para a economía galega como a construción naval, a pesca ou o agrogandeiro. A central de Endesa seguirá a funcionar a pleno rendemento pola importación de hulla asiática e polos investimentos comprometidos para abordar o ciclo combinado a partir do gas de Reganosa. As Pontes soa como posible destino da planta que veña substituír a amortizada factoría de Ence na ría de Pontevedra. Ademais, está a 25 quilómetros de Vilalba, logo terá conexión directa coas vías de alta velocidade (por estrada ou ferrocarril) do Cantábrico e de conexión coa Meseta. En resumidas contas, As Pontes reúne as condicións para virar nun dos centros neurálxicos da economía galega no inmediato futuro.

Por outra banda, Galicia leva sufrindo cando menos dez anos unha pésima planificación de solo industrial e un déficit importante de superficie nas áreas con maior potencial produtivo. A esta negativa circunstancia hai que engadir a ampla dispoñibilidade de terreo industrial no norte de Portugal a prezos extremadamente competitivos.

Por último, por máis ca o Conselleiro de Traballo insista no obxectivo do pleno emprego en tres anos, a teimuda realidade é que o noso país continúa a perder traballadores novos cada ano ao tempo que a taxa galega de actividade mantense sete puntos por debaixo da española, sendo a cuarta peor do Estado.

Así pois, se Galicia precisa crear máis postos de traballo dos que xera ao ritmo actual de actividade; se sofre unha persistente falta de solo industrial; se As Pontes supón unha localización con vantaxes salientables, e se a Mina do Tesouro carece, evidentemente, de calquera valor ecolóxico, se todo isto é así, alguén debería explicar de onde saíu a idea de asolagar oito quilómetros de solo aproveitables para usos industriais.

Por que non analizar unha opción que achegue un valor real ao noso país? Supoñamos que o lago dos oito quilómetros cadrados redúcese á súa oitava parte, co cal diminúen notablemente os riscos comentados ao comezo do artigo. Supoñamos que, por exemplo, outros dous quilómetros se deixan para zonas residenciais, de servizos (garderías entre eles) e de lecer. Supoñamos que se instala nalgún punto do lugar un centro especializado de servizos empresariais (ordenadores de gran capacidade, sistemas de xestión de telecomunicacións, asesoramento tecnolóxico, departamento de axudas...). Supoñamos que se destina o resto da superficie a grandes parques empresariais especializados en (sigo cos exemplos) loxística, enerxía e I+D enerxético, biotecnoloxía e innovación agrogandeira. Supoñamos que se reforza notablemente a OPYDE (oficina de desenvolvemento da bisbarra de As Pontes) con equipos expertos en cada un deses sectores apoiados con empresas consultoras do primeiro nivel en captación de proxectos de investimento. Supoñamos que se ofrece o solo industrial a 10 céntimos o metro cadrado (nada extraordinario tendo en conta que nestes momentos está prevista a inundación do terreo). Supoñamos que o Goberno galego entra en negociacións coas principais empresas europeas en cada un dos sectores definidos. Supoñamos que crea un gran fondo de investimento con capital propio máis as achegas das grandes empresas e dos grandes empresarios galegos, tanto os que están no país como os que andan por Cataluña, Madrid, México ou Brasil. Supoñamos que nos embarcamos nun gran proxecto de atracción de empresas de alto valor engadido e gran capacidade de creación de traballo e riqueza.

Un auténtico desafío. Complicado, evidentemente, pero se cadra, digno cando menos de estudar. Isto ou quedar mirando como van caendo os metros cúbicos de auga dende o río Eume ata o artificial lago das Pontes.

Enlace co artigo orixinal en Vieiros
___________________
ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Web veciñal
Blog veciñal

________

Enlaces relacionados:

Xornadas: Restauracion Mina das Pontes, 2 de decembro


Recuperación da Mina das Pontes: A FGG lamenta que se conciba a solución de restauración dun complexo problema ambiental orixinando outro


Recuperación ambiental da Mina das Pontes: A FEG quere saír o paso das declaracións realizadas hoxe polo Conselleiro de Medio Ambiente

Guerrilleiros das Fragas rexeita o modelo de recuperación de Endesa
_________________________________

xoves, outubro 18, 2007

A Plataforma Ártabra 21 solidarizase coa SGHN e demanda que se cumpra o acordo con respecto á localización do Museo de Historia Natural

A Xunta Coordinadora da Plataforma Ártabra21, reunida na tarde deste día 17 de outubro-07, acorda emitir o seguinte comunicado.

A Plataforma Ártabra21, APOIA as demandas da SGHN nas súas reivindicacións para a cesión da CASA DO CORONEL, facilitándolle os recursos e necesidades propias, dentro do posible, para exercer o seu cometido.

Esta PA21 aceptará calquera outra solución que necesariamente teña a aprobación da SGHN .

A PA21 esixirá o máximo esforzo do Concello de Ferrol para que a SGHN quede instalada e situada na cidade de Ferrol, non admitindo baixo ningún pretexto a perda ou a marcha de nosa cidade.

Somos conscientes do recoñecido prestixio da SGHN, o significado e alcance da súa obra ligada a cidade de Ferrol polo que pedimos todos os esforzos ao Goberno Local para a consecución dos deus fins e obxectivos.

Ferrol a 17 de Outubro de 2007.

A Xunta Coordinadora.
Asdo. Amadeo Varela, José R. Jove, Bruno Lopes, J. Fernández, Xosé M. Sanxoán

O último en tecnoloxía, moi segura, excelente, ben estructurada, a mellor, localización segura... e outras lindezas

A ilegal e perigosa REGANOSA, foi a anfitriona dun numeroso grupo de directivos de empresas ligadas ao gas. O propio "Diario de Ferrol" que non é sospeitoso de ser un opositor á planta regasificadora, o formulaba perfectamente na súa edición de hoxe, calificaba a reunión como unha especie de "benvida á familia". REGANOSA entra no clube gasístico internacional, pois necesita grandes apoios e avalales de corporacións empresariais, para homologarse ante a sociedade. Todo foron parabéns, os amigos de REGANOSA fixeron declaracións de apoio e valoración das excelencias da planta regasificadora, fruto de intereses económicos moi particulares e corrupción política. Non houbo sorpresas era o que agardabamos. Moitas son as plantas regasificadoras que teñen problemas coa sua localización e o cumprimento das normativas de seguridade, ...

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, quixo exteriorizar a súa oposición a esta perigosa planta de gas localizada dentro da pequena e angosta Ría de Ferrol, concentrandose diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia e do Hotel onde se aloxan varios directivos do gas.



______
Fotos e video do compañeiro:

Amador Ferreiro Alvarez
aferreiroalvarez@yahoo.es
________________

Dúas varas de medir

Dúas varas de medir

No lugar do Ferrazo da Ría de Arousa, dende o ano 2000 están instalados uns depósitos de hidrocarburos líquidos con 80.000 toneladas almacenadas. Estas instalacións foron autorizadas no seu día pola Consellería de Industria.

De xeito similar ás instalacións de Reganosa na nosa ría, as de Vilagarcía teñen sido obxecto de rexeitamento e protestas populares, protagonizadas pol@s nos@s compañeir@s da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa.

Ao igual que no noso caso, o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza tense pronunciado en contra das instalacións, no caso de Vilagarcía nunha sentenza que anula a autorización administrativa da Xunta e ademais recoñece o perigo que supoñen os depósitos do Ferrazo para a Ría de Arousa e os seus habitantes.

Recentemente o actual Conselleiro de Industria, Sr Blanco, nunha visita a Vilagarcía manifestou con contundencia que a actividade dos depósitos do Ferrazo non podía seguir. Pero con iso o Sr. Fernando Blanco, a súa Consellería e o Goberno da Xunta amosan duas varas de medir.

Na Ría de Ferrol o complexo petroquimico chamado "Forestal del Atlántico" con 280.000 toneladas de combustibles líquidos e outros productos quimicos canceríxenos, mais a regasificadora de Reganosa con tanques que almacenan 300.000 toneladas de GNL e cos grandes buques gaseiros que entran a descargar, representa un perigo moito maior ao dos depósitos do Ferrazo en Vilagarcía, agrandado ademais polo feito de que os buques gaseiros a plena carga non teñen garantias de sair o mar en caso de unha emerxencia durante a descarga ou no seu tránsito polo interior da Ría de Ferrol.

No caso de Reganosa o TSXG emiteu duas sentenzas que anularon a tramposa tramitación ambiental feita pola Xunta de Galicia no ano 2001
, pero a firmeza de ditas sentenzas está atrancada porque no ano 2004 e no ano 2006 foron recurridas o Tribunal Supremo por Reganosa e tamen pola Xunta de Galicia.

Todo isto amosa que o Sr. Blanco, o goberno da Xunta e os partidos que o sosteñen non teñen un proxecto de país, pois aquí din isto e alí aquilo, aquí coa participación do 10% en REGANOSA ameazan a vida human e a riqueza marisqueira da Ria, mentras que alí actúan logo dunha sentenza xudicial. Nen sequera son quen de recibir @s veciñ@s de Meá, que levan case 90 días de peche. O Conselleiro Fernando Blanco, ao igual que todo o goberno da Xunta, debe saber que o verdadeiro cambio non é o de unhas persoas por outras. O verdadeiro cambio é a erradicación da prepotencia e a arbitrariedade con un proxecto coherente de país.

Saudamos este éxito da poboación de Arousa, que é de tod@s e manifestamos a nosa confianza e determinación na consecución dos nosos obxectivos.

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

___________

Sesión fotográfica a mesma escala das rías de Arousa e Ferrol

[Clicar acima das imaxens para ampliar]



Fotográfias de satélite, a mesma escala, das instalacións de Ferrazo e REGANOSA

[Clicar acima das imaxens para ampliar]



Outras fotografias de interese, con detalles da situación das instalacións, tanto a de Ferrazo en Vilagarcia, como a de Reganosa e as poboacións do contorno da Ría

[Clicar acima das imaxens para ampliar]


_______________
Enlaces Relacionados:
________________

Manipulación e Belas Artes ... un barco gaseiro entrara na ría de Ferrol para despachar a súa mercadoría na planta de Mugardos ...

Manipulación e Belas Artes
15.10.2007
X.L. Méndez Ferrín

Hai unha semana lía no grande xornal madrileñista de Arteixo unha noticia de oito ou dez liñas nas que se daba conta de que un barco gaseiro entrara na ría de Ferrol para despachar a súa mercadoría na planta de Mugardos e que, en consecuencia, trescentas persoas, ben contadas ao parecer polo corresponsal anónimo, nin unha máis nin unha menos, se manifestaron contra tal tránsito e contra tal actividade insalubre e perigosa para a seguridade dos seres humanos. Estas poucas liñas facían mención lacónica de que un grupo de veciños (non mencionaba o protagonismo dos de Meá ou Mehá) leva 76 días de encerramento na casa do concello de Mugardos en protesta contra a emprazamento da planta regasificadora do, ao parecer todopoderoso, señor Tojeiro dentro da Ría. Parco pero certo. Ora si, no mesmo número do mesmo xornal coruñés de que falamos, vimos que a información de poucas liñas sobre a planta de Reganosa viña seguida de oito ou dez páxinas completas, entre as cales unha de publicidade aberta da citada Reganosa , pre-enchidas de brillante prosa e brillante despregue fotográfico sobre a candidatura da parte dazaoitesca de Ferrol á condición de Patrimonio da Humanidade, que é cousa que nunca certei a saber en que consista. (Deixemos, por hoxe, sen considerar o desprezo que os políticos de Ferrol demostran, desde sempre, polo seu casco histórico medieval, máis ben invilecido, e que só teñan ollos para o Ferrol militar borbónico e producto do Despotismo Ilustrado).

Tamén eu gosto do Ferrol do século XVIII, home non. Pro iso non me impide observar que o xornal de que falamos utilizou a imaxe e o esplendor da enxeñaría e a arquitectura neoclásica emanada da razón cesarista borbónica para ocultar que o medio ambiente, a salubridade e a vida das persoas están ameazadas realmente pola planta regasificadora de Reganosa dentro da Ría cando onda no Prioiriño Pequeno (o de "Chico" vén do Ministerio da Mariña, Madrid tamén) hai sitio dabondo para a súa instalación. A beleza, a proporción, a severidade, a grandeza do espírito militar neoclásico constituiron no seu día atributos a un tempo utilitarios e belos, por non dicer funcionais, dunha cidade-enclave estretéxico do Despotismo absolutista. Hoxe, ese Ferrol de pedra clasicista está a servir como pantalla de distracción destinada a ocultar o Ferrol e os núcleos de poboación da ría que leva o seu nome onde que viven seres humanos que se sinten ameazados por unha fábrica de gas que pode ocasionar unha catástrofe. Se eu fose profesor de xornalismo, sen dúbida daría unha clase práctica sobre manipulación da opinión baseándome nas páxinas do xornal que provocaron esta columna. A Historia da Arte ao servizo da ocultación da realidade, titularíase a lección.

Lean o libro Muros de silencio. Corrupción e ameaza na Ría de Ferrol, por Enrique Barrera Beitia e Manuel Ángel Rodríguez Carballeira. Procúrenno na Asociación Cultural Fuco Buxán de Ferrol porque é duro de o atopar por aí xa que, dalgunha maneira, é un libro prohibido polo poder realmente existente. Demasiados intereses políticos e económicos pesan sobre o asunto da gaseira de Mugardos. De momento, a colusión entre PP, PSOE e BNG coincide en todo co espírito demostrado no Hórreo por estas tres forzas para designar un Valedor do Pobo de quen imos ter que velarnos.
_________________
Nota.-
Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 7 de setembro de 1938) é un escritor galego amplamente recoñecido como o máis importante e representativo da literatura galega contemporánea.
___________________

mércores, outubro 17, 2007

Sábado 20 de outubro, reunión de "Rede Litoral Vivo" en Compostela

banner-2.gifDe: Fusquenlla
-fusquenlla@sospontedeume.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de outubro de 2007 19:57
Asunto: Reunión en Santiago





Lembrámosvos dende "Rede Litoral Vivo" que se celebrará unha reunión o próximo sábado, 20 de outubro, en Compostela. Pregámosvos, aos que teñades páxina web, que anunciedes amplamente a convocatoria.

O movemento que o 6 de maio se aglutinou arredor do lema "Galiza non se vende" segue vivo e non renuncia a conseguir un cambio de rumbo na andaina depredadora de certas empresas.

O desenvolvemento industrial e económico non é tal se non vai acompañado dunha protección eficaz das nosas rías, da terra e do aire que respiramos. Por estas razóns, a Rede Litoral Vivo, na que se integran máis de vinte asociacións ecoloxistas, chama a unha xuntanza que se celebrará o vindeiro sábado día 20 ás 12 h. na Galería Sargadelos de Compostela.

Pregamos a asistencia de todos os colectivos cidadáns, organizacións ecoloxistas, representantes da cultura e calesquera cidadáns que sintan a necesidade ineludíbel de opoñerse á perda do privilexiado hábitat galego, o que mellor define a nosa identidade.

http://www.sospontedeume.com/
_______________

martes, outubro 16, 2007

Unha nova concentración tivo lugar hoxe [16.10.2007] no Porto de Ferrol en protesta pola entra do 9º gaseiro na Ría de Ferrol

De: Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de outubro de 2007 22:10
Asunto: 2º comunicado de hoxe.



COMUNICADO DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL

Hoxe 16 de Outubro, seguindo a convocatoria do Comité Cidadán de Emerxencia, unhas 300 `persoas concentráronse no Peirao de Curuxeiras a partir das 19 horas, agardando o segundo intento de entrada, nesta xornada, do 9º buque gaseiro que arriba a Reganosa – o Cádiz Knusten" que, cargado de 138.000 m3 de GNL, foi recibido cunha sonora e longa protesta.

Unha vez mais, este Comité Cidadán, quere facer púbrica denuncia do perigo a que se está a someter á poboación de Ferrolterra coa ubicación da planta no interior da Ría e o tránsito por ela, o pé das nosas casas e das nosas vidas, dunhos gaseiros que xamais cumplirán os condicionados de seguridade.

Nesta ocasión, fracasado o primeiro intento polas condicións climatolóxicas – cunha visibilidade de 1000 metros por debaixo do normativo – e sin que os modernos medios de auxilio a navegación, subministrados por Reganosa nún alarde mediático, lles foran suficintes, forzaron temerariamente o segundo intento, en condicións de calado extremo e nocturnidade, o límite do establecido na normativa de navegabilidade, co consentimento e complicidade da Autoridade Portuaria.

Novamente este Comité Cidadán reafírmase na necesidade de seguir loitando – con tódolos medios legais o noso alcance - pola nosa vida, o noso patrimonio e a riqueza da Ría de Ferrol.

¡¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!!

Ferrol, 16 de Outubro de 2007

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
___________________
Enlaces relacionados:
__________________

No momento máis quente da loita cidadá "Planta de Gas Fora da Ría", a Asociación Cultural Fuco Buxan, editou o libro "Muros de Silencio", escrito colectivamente polos membros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol:
·Carmelo Teixeiro Menéndez
·Enrique Barrera Beitia
·M. Angel Rodríguez Carballeira

Lamentamos que o libro non foxe escrito na nosa lingua propia, o galego, nen nos convencen as razóns que se diron para elo [puideron-se escoller outras alternativas], mais non por iso non deixa de ser un importante documento para entender, o porqué e o como puideron instalar a planta regasificadora dentro da Ría de Ferrol, sobre a corrupción subxacente e a ameaza que significa para a saúde ambiental da Ría e a vida da poboación que vive no seu contorno.

Podedes conseguir este libro, nas librerias e papelerias da comarca ou poñendo-vos en contacto coa asociación en: Apartado de Correios, 240.
Ferrol 15400. Galiza
Tlfn. 981.325.492
fucobuxan@yahoo.es
http://www.fucobuxan.com/

----------------------
Artigo de Manuel Rivas, no xornal El País [25.05.2007]
"Os Muros de Silencio"
______________

Homes galegos pola Igualdade: 21 de outubro en Compostela, mobilizando-nos contra a violencia de xénero

De: Homes Galegos pola Igualdade
homesgalegospolaigualade@yahoo.es

Para: artabra21@gmail.com

Data: 16 de outubro de 2007 22:46

Asunto: HOMES GALEGOS POLA IGUALDADE: CONCENTRACIÓN CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA - 21 OUTUBRO - SANTIAGO DE COMPOSTELA



HOMES GALEGOS POLA IGUALDADE:
CONCENTRACIÓN CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA
- 21 OUTUBRO -
SANTIAGO DE COMPOSTELA


COLABORA PARTICIPANDO E DIFUNDINDO ESTA MENSAXE, É UN SINXELO PERO IMPORTANTE PASO PARA RACHAR COA VIOLENCIA

Homes Galegos pola Igualdade, convoca a toda a sociedade galega á

CONCENTRACIÓN CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

Domingo 21 de outubro ás 12:00 h., na Praza do Toural en Santiago.

A violencia masculina contra as mulleres ten unha magnitude inaceptable, milleiros de mulleres maltratadas e decenas de mulleres mortas se repiten anualmente, o que supón un ataque intolerable aos dereitos humanos e as liberdades democráticas no noso país.

Quenes cremos na xustiza social e na igualdade, temos a obriga moral e política de esixir unha resposta firme ás nosas institucións, pero tamén temos a obriga de apoialas e poñer todos os recursos que estean ao noso alcance.

É preciso que toda a sociedade participe activamente no cambio da xerarquía de valores, é necesario que non calemos, que nos fagamos responsables, xa que o silencio fainos cómplices de que esta situación se perpetúe.

Nese día Sevilla, Madrid, Barcelona, Málaga, León, Santiago, e posiblemente outras cidades estarán unidas por un mesmo obxectivo, por unha mesma causa.

Dende aquí, Homes Galegos pola Igualdade, convoca a toda a sociedade galega a unha concentración o Domingo 21 de outubro ás 12:00 h., na Praza do Toural en Santiago.

Na que invita á participación activa, ás persoas responsables políticas de Galicia que cada día máis introducen a perspectiva de xénero nas súas axendas, ás asociacións de mulleres que traballan dende hai décadas pola erradicación da violencia e o apoio ás vítimas, ás persoas que dende os seus entornos de traballo (Medios de comunicación, Universidades, Concellos, centros educativos, CIMs, Xulgados, Servizos Sociais, as Forzas e Corpos de Seguridade, etc) que todos os días poñen o seu gran de area, nesta, cada día máis tupida rede de persoas que loitan contra a violencia.

Pero particularmente queremos incentivar a participación dos homes que asumen o compromiso de enfrontarse a calquera conduta que supoña desconsideración ou maltrato de calquera tipo cara as mulleres e cara a infancia, porque somos os homes os primeiros que temos que rachar coa complicidade que temos cos homes que exercen violencia.

Grazas, vémonos en Santiago.

[Clicar acima da imaxe para ampliar]

Cómo criar un grupo de homes profeministas?:

Homes Galegos Pola Igualdade

Avda. Buenos Aires, 26 – 1º
36500 Lalín (Pontevedra)

Tels.: 661 181 725 – 609 827 021 - 619 861 242
609 276 501 - 661 582 721

correio-e:
homesgalegospolaigualade@yahoo.es
_______________

Aduaneiros Sem Fronteiras pechan o sitio na internet por ver ameazada a súa liberdade de expresión

Comunicado

Sendo requiridos por Dom Pablo Carvajal de la Torre, representante legal de Dona Yolanda Castaño Pereira, a retirar do nosso site o desenho gráfico “Tu Quoque Iolanda?” e os comentários a ele adjuntos, sob ameaça de demanda judicial por delitos de injúrias com publicidade, e nom querendo ferir a delicada sensibilidade da nossa insigne poetisa, Aduaneiros sem Fronteiras, questionando-nos até que ponto tem sentido continuar a fazer humor gráfico neste país e a desenvolver umha autocrítica da razom galega, vimos de decidir fechar o nosso site por enquanto o nosso legítimo direito à liberdade de expressom nom se veja a salvo de coacçons judiciárias fora de lugar.

alfandega@aduaneirossemfronteiras.org

____________________
Administradores e redactores do Blog da Plataforma Ártabra 21, solidarizan-se co sítio de humor gráfico galego "ADUANEIROS SEM FRONTEIRAS".
__________________________

Este é o post e comentarios que provocaron a ameaza xudicial:

Tu quoque Iolanda?

A imagem “http://www.codigocero.com/IMG/jpg/iolanda_boneca2.jpg” contém erros e não pode ser exibida.

Comentarios nun Blog do Movemento polos Dereitos Civís [MpDC]:

Enlace co Blog
__________________

O "Cádiz Knutsen", non puido entrar na Ría por mor da néboa, vaino intentar hoxe á tarde: concentración ás 7 da tarde no Porto de Ferrol

Urxente:
A néboa aliada da cidadanía e do Comité Cidadán


Hoxe Martes 16 de Outubro, o gaseiro non puido acceder ó interior da Ría de Ferrol, por facerse imposible a navegación na mesma por estar pechada de néboa.

O que por si mesmo denuncia o engano que pretende Reganosa, cando nos dí que con modernos GPS podese entrar e saír da ría sen problemas.

Este feito ratifica as posicións mantidas polo Comité Cidadán, da singularidade da Ría de Ferrol e da ameaza que supón para a población a ubicación da Planta de Reganosa no interior da Ría, e a entrada de gaseiros. Plantexando ás Administracións competentes que non deben otorgar a licencia de explotación comercial á Planta. E asemade suspende-la entrada ilegal dos buques gaseiros cargados de GNL.

O Comité Cidadán de Emerxencia, CONVOCA A TODA A CIDADANÍA , para ás 7 desta tarde no Peirao de Curuxeiras, para desenvolver unha cacerolada de protesta contra a ilegal e perigosa entrada do “Cádiz Knutsen”.

PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA DE FERROL!

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Novo correio-e do Comité:
comitecidadan@gmail.com
Web do comité:
http://comitecidadan.org

------------------
Enlace Rrelacionado
_______________

luns, outubro 15, 2007

Concentración, este martes 16 de Outubro, para protestar pola entrada na Ría dun novo buque con GNL, para a ilegal e perigosa REGANOSA

CONCENTRACIÓN

Martes, 16 de Outubro ás 8 da mañá

no Porto de Ferrol

e ás 9 da mañá, diante do
Edificio Administrativo da Xunta de Galicia

para protestar pola entrada na Ría
dun novo perigoso buque gaseiro
cargado de GNL para a ilegal REGANOSA

Convoca:


Comité Cidadán de Emerxencia para a a Ría de Ferrol
http://comitecidadan.org

Prégase a difusión da convocatoría
__________

Comunicado:

En reunión celebrada hoxe 13 de outubro o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol acordou dirixir a cidadanía a seguinte convocatoria dunha CONCENTRACION - CAZOLADA, este Martes 16 de Outubro, ás 8 da mañá no Porto de Ferrol. Para rexeitar a entrada na nosa ría dún novo gaseiro "Cádiz Knutsen", cara a ilegal e perigosa Planta de Gas, que arribará coa primeira pleamar diurna ás 8,15 horas. Sobre ás 9 da mañá, a protesta trasladaráse ante o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia na Plaza de España. É importante asistir con elementos de percusión, camisetas, bandeiras, buzos blancos, ….

Unha vez máis estase a poñer en perigo as nosas vidas, a riqueza da nosa ría e os seus postos de traballo, polo inadecuado asentamento dunha Planta incapaz de cumplir os condicionados legais de seguridade.

PLANTA DE GAS FORA DA RIA!!

Comité Cidadán de Emerxencia para a a Ría de Ferrol
http://comitecidadan.org

________________
O 14 de Xullo pasado o buque gaseiro "Cádiz Knutsen ", estaba atracado no peirao que ocupa ilegalmente REGANOSA en Punta Promontorio, descargando GNL, cando ao mesmo tempo REGANOSA realizaba o verquido de sopa química na nosa Ría.

[Clicar acima da foto para ampliar]

Este buque vai ser a terceira vez que entre na Ría con a súa perigosa carga e con este van ser 9 os buques que están introducindo GNL en REGANOSA [sobre 1.240.000 m3 de GNL], no seu sexto mes de funcionamento en probas. Que probas son estas sen acta de funcionamento, con dúas sentencias do TSXG que anulan a tramitación da avaliación de impacto ambiental, sen implantar un Plano Exterior de Emerxencias, cunha planta regasificadora que incumple as normativas europeias e estatais de seguridade e medioambientais, planta de gas construida ao amparo dunha perversa corrupción política e que baixo o engano de "industria estratéxica e de interese xeral" so se esconde un ineteresse económico moi particular... e os políticos que supostamente nos representan e as diferentes administracións [central, autonómica e local] quedan de brazos cruzados ou mais ben avalan este despropósito.

Acta de funcionamento, non !

Esixamos responsabilidades !

Non a REGANOSA !

Non aos políticos corruptos !

Planta de Gas Fora da Ría !

Todas e todos ás Concentracións !

Martes 16 de Outubro:

* Ás 8 da mañá no Porto de Ferrol

* Ás 9 da mañá diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia

____________
Características do Buque:

O Metanero Cádiz Knutsen.

Propiedade de Union FENOSA, o metenero Cádiz Knutsen comezou a navegar no mes de xuño de 2004, unha vez superadas as probas de mar e de gas. O buque está destinado ao transporte de gas natural licuado a baixas temperaturas, “-163ºC”, ten unha capacidade de 138.000m3, mide 284,40 metros de eslora e desenvolve unha velocidade máxima de 19,5 nós. É o segundo dos construídos no estaleiro Puerto Real e supuxo máis de 1.750.000 horas de traballo. O gasero pertence á flota que UNION FENOSA contratou para transportar gas natural licuado (GNL) desde a planta de licuefacción que constrúe no porto exipcio de Damietta.

O buque necesita ao redor de 15 días para efectuar unha viaxe Exipto - Ferrol - Exipto navegando á velocidade de deseño, ou preto de 10 días se a descarga prodúcese na terminal de Sagunto. A flota de UNION FENOSA conta con outro metanero de 140.500 metros cúbicos.

- "Cádiz Knutsen" Buque metanero de Unión FENOSA Gas.
- Construido en IZAR Puerto Real (Cádiz)
- Eslora: 284,40 m. Manga: 42,50 m. calado: 11,33 m.
- Capacidade: 138.000 m3 de GNL
- Velocidade en servizo: 19,5 nós
- Tripulación: 40 persoas
- Potencia: 28.000 kW a 83 rpm xerados por unha turbina de vapor tipo Kawasaki-IZAR, fornecida pola Fábrica de Turbinas de IZAR situada en Ferrol.
_______________

No momento máis quente da loita cidadá "Planta de Gas Fora da Ría", a Asociación Cultural Fuco Buxan, editou o libro "Muros de Silencio", escrito colectivamente polos membros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol:
·Carmelo Teixeiro Menéndez
·Enrique Barrera Beitia
·M. Angel Rodríguez Carballeira

Lamentamos que o libro non foxe escrito na nosa lingua propia, o galego, nen nos convencen as razóns que se diron para elo [puideron-se escoller outras alternativas], mais non por iso non deixa de ser un importante documento para entender, o porqué e o como puideron instalar a planta regasificadora dentro da Ría de Ferrol, sobre a corrupción subxacente e a ameaza que significa para a saúde ambiental da Ría e a vida da poboación que vive no seu contorno.

Podedes conseguir este libro, nas librerias e papelerias da comarca ou poñendo-vos en contacto coa asociación en:

Apartado de Correios, 240.
Ferrol 15400. Galiza
Tlfn. 981.325.492
fucobuxan@yahoo.es
http://www.fucobuxan.com/

----------------------
Artigo de Manuel Rivas, no xornal El País [25.05.2007]
"Os Muros de Silencio"
______________