xoves, xuño 12, 2008

Unha flota da OTAN reunirase dende mañá no Arsenal de Ferrol para preparar unhas manobras multinacionais

De: santiago diaz-garzón morillo -xantia@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 12 de junho de 2008 16:30
Asunto: MINISTERIO DE DEFENSA O, DE LA AMENAZA?



Unha flota da OTAN reunirase dende mañá no Arsenal de Ferrol para preparar unhas manobras multinacionais

FERROL, 11 Xuño. EUROPA PRESS.-

Os catro buques militares integrados na unidade permanente da OTAN 'Standing Nato Maritime Group-1' (SNMG-1), que comanda a fragata española F-103 'Blas de Lezo' como buque insignia, permanecerán dende mañá ata o día 16 atracados no muelle do Arsenal militar de Ferrol.

Trátase dunha visita con "carácter operativo", como preparación do exercicio de adestramento multinacional denominado Loyal Mariner organizado pola Alianza Atlántica. O contralmirante ferrolano Juan Rodríguez Garat está ao mando da Agrupación. Xunto con a F-103, prevese a chegada dos buques "FGS Lüebeck", da República Federal de Alemaña, o 'Vasco da Gama', de Portugal, e o 'USS Nicolas' de Estados Unidos.

A SNMG-1 é unha agrupación naval multinacional, permanentemente asignada á OTAN, que proporciona á Alianza a capacidade de responder a situacións de crise en calquera lugar, e con capacidade para actuar independentemente.

A Agrupación é un dos catro elementos permanentes da OTAN, entorno ao que se pode constituír unha forza maior capaz de dar resposta a diferentes misións, como evacuacións de non combatentes, actuacións de contraterrorismo, resposta a crise e operacións de embargo, entre outras.

Nos últimos meses a agrupación realizou exercicios no Océano Atlántico e o Mar Báltico e, recentemente, contribuíu á Operación Active Endeavour no Mediterráneo Occidental.

Nas próximas semanas participará no Exercicio Loyal Mariner 2008, no que se someterá a unha proba de certificación para o período de garda da NATO Response Force, no segundo semestre de 2008. Antes de chegar a Ferrol, a Agrupación visitou os portos de Dublín (Irlanda), Glasgow (Reino Unido), Hamburgo (Alemaña) e Lisboa (Portugal).

Enlace coa noticia orixinal


MINISTERIO DE DEFENSA OU, DA AMEAZA?

Poden coincidir ata 25 buques de guerra no arsenal militar de Ferrol [cargados de caramelos e xoguetes para os nenos], gaseros na ría e, que tal se cargamos de yijadistas un boeing 747 e dirixímolo cara ao aeroporto da Coruña, a través do corredor aereo que atravesa a coidade de Ferrol e a regasificadora de mugardos (REGANOSA)?
___________

No Espazo Libertario: Ciclo de cinema Antimilitarista no mes de xuño

De: Unión Libertaria -unionlibertaria@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 12 de junho de 2008 17:34
Asunto: Ciclo de cinema Antimilitarista no mes de xuño



Pregamos a difusión da seguite información referida á actividade cultural que se sinala:

Ciclo de cinema Antimilitarista no mes de xuño:

O venres 13 de xuño ás 20:30 horas proxectarase a película "El Puente" (1959) do director Bernhard Wicki.

Lugar: Espazo Libertario, Avda. de Esteiro, 10 baixo.

Organiza: Unión Libertaria.

Entrada libre.

Referencia:

http://www.filmaffinity.com/es/reviews/1/356325.html


Próximás proxeccións:

Venres 20: La marca de Caín - Marc Munden, 2007

Venres 27: Redacted - Brian de Palma, 2007
___________________

Fragmento do filme "A Ponte" de Bernhard Wicki



______________

martes, xuño 10, 2008

Ante o anuncio da chegada dun novo gaseiro para REGANOSA, este Mércores 11 de Xuño, convocada nova concentración e manifestación de protesta

De: Comité Cidadán de Emerxencia
Para: artabra21@gmail.com

Data: 10 de junho de 2008 19:33

Asunto: Concentracion mércores 11 : Entrada gaseiro nº 22



Anunciada a entrada do gaseiro nº 22, cara a Planta de Reganosa, cargado de GNL

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Convoca unha
CONCENTRACIÓN – CACEROLADA
Desde o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol
E POSTERIOR MANIFESTACIÓN

Até a Praza do Concello de Ferrol
Mércores 11 de xuño, ás da Tarde
PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Participa !!
_________

Mabel Rivera e Enrique Banet, produciron e realizaron o documentario "O Salario do Silencio". [Trailer]




Blog solidario coa veciñanza de Meá

Descarga o PDF do Boletín nº14
http://na-defensa-da-ria-de-ferrol.blogspot.com/

Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
________

Características do Buque:
Buque: Madrid Spirit
IMO: 9259276
Siñal de chamada: ECFM
Porto de Rexistro: Santa Cruz de Tenerife
Bandeira: España
Tipo: LNG
Tonelaxe Bruto: 90.835 TRB
Alugado por Unión Fenosa: Unuión FENOSA
Ano de Construción: 2004
Asteleiro: IZAR Construcciones Navales S.A.
Ciudade: Puerto Real
Pais: España
Número de casco: 105
Eslora: 284,40 mts
Manga: 42,50 mts
Puntal: 25,40 mts
Calado: 12,30 mts
Velocidade: 19,5 nudos

Nombres Anteriores: IVAN TAPIAS (como/as)
MADRID SPIRIT (2004)

________

Presentación, en Ferrol, do nº 24 da revista "Razón Socialista", da A. C. Fuco Buxan

De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 10 de junho de 2008 00:50

Asunto: XOVES 12: presentacion RAZON SOCIALISTA nº 24



XOVES 12: presentacion RAZON SOCIALISTA nº 24

Presentación do nº 24 da nosa Revista semestral
"Razón Socialista"
na Galería Sargadelos de Ferrol
Xoves, 12 de xuño, ás 20 horas

Intervirán:
Manuel A. Rodríguez Carballeira
Presidente da A.C. "Fuco Buxán"
Aitor Bouza Manso
Alumno de 2º de BAC e Presidente da
A.X. "Aprende a Escoitar"
José Torregrosa Rodríguez
Director de "Razón Socialista"

Entrada libre

--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es
__________

Pasado un ano do levantamento da cautela arqueolóxica na Mourela - As Pontes - Presentación dun estupendo traballo documental

De: Choiva Ázeda -choivazeda@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 10 de junho de 2008 12:09
Asunto: Cabodano do levantamento da cautela arqueolóxica na Mourela (As Pontes)



A Plataforma en Defensa do Patrimonio das Pontes quere lembrar o cabodano da necrópole da Mourela, a través dunha presentación multimedia dun estupendo traballo documental sobre a desidia, a manipulación e o maltrato sistemático do patrimonio prehistórico en As Pontes e en Galicia. Isto non é un simple acto de responsabilidade civil, e moito máis, é un berro desesperado do máis fondo da humanidade que aínda nos resta.

Ve-lo video:


A ambigüidade do discurso

Restan xa poucas horas para que se cumpra a primeira efeméride da destrución do Círculo Lítico da Mourela e aínda nada sabemos deses informes que restaban importancia á conservación da necrópole e que falaban de cabanas medievais e outras lerias, deses mesmos informes que aconsellaban a destrución do círculo e que daban o visto bon á grave alteración dun conxunto funerario milenario. Onde están eses informes? Por que logo dun ano non foron feitos públicos?

Levamos doce meses asistindo aos avatares da mala planificación dunha obra pública que día a día está a pór en perigo a integridade do noso patrimonio cultural e imos xa fartos e cansos de que a administración ignore os nosos consellos, que con todo o cariño que lles gardamos como administrados que somos deles, non chegamos a comprender que é o que se pretende facer no lugar. Entristecerianos moito ver un túnel ocupando o furado da Mourela.

Hai que lembrar que no mes de xuño do pasado ano, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural levantaba a cautela sobre os restos da necrópole megalítica e establecía unha serie de áreas de exclusión de obra no perímetro das mámoas. Esta decisión política excluía a necesidade de garantir a máxima protección dos elementos que aínda quedaban, ignorando a proposta plantexada pola Plataforma e por ADEGA para a construción dun túnel baixo o xácigo, que nun principio fora apoiada por Patrimonio.

Desbotada esta alternativa por parte da Consellería de Política Territorial, alegando a inviabilidade técnica e económica do proxecto, iniciáronse as tarefas de desmonte para a construción dunha gabia. Gabia que ben podería figurar no récord Guiness cos seus sesenta metros de profundidade como a máis fonda do mundo, aínda que tamén podería ser proposta a récord da ineptitude na planificación dunha obra pública.

Parece que a decisión de trazar unha autovía por medio dun campo de mámoas impide que a gabia conte cun sistema de terrazas laterais que neutralicen os desprendementos de terreo, que regulen a escorrentía das augas e que deixe pasar a luz do sol. É por isto que a día de hoxe as obras seguen paradas.

Unha mámoa ao bordo da gabia

En contínuas comunicacións dirixidas ao Director Xeral de Patrimonio Felipe Arias Vilas, informábaselle sobre o risco de afectación das áreas de exclusión de obra que a súa dirección establecera no mes de xuño de 2007 e solicitábaselle a paralización das obras que estaban a afectar á área de exclusión de obra da mámoa catalogada co código GA15070127.

A día de hoxe a mámoa atópase a uns tres metros do bordo do talud, lonxe dos 40 metros de distancia establecidos por Patrimonio. Ao noso entender a situación actual impide a súa documentación se temos en conta a perigosidade de acometer a escavación deste elemento, por mor dos desprendementos. Das comunicacións ao director xeral nada sabemos, ninguén se sentiu aludido ao parecer. Mágoa que as oracións e as plegarias nada serven contra a forza da gravidade.

Intoxicación informativa

Como guindiña para este pastel administrativo tivemos a sorte de coñecer a semana pasada na televisión local das Pontes, unhas declaracións da Consellería de Política Territorial nas que se nos "informaba" aos ponteses do retraso nas obras da autovía por mor das choivas. Nada se dicía dos contínuos desprendementos de terra na Mourela, que obligaron a modificar os plans de actuación na zona, que engadiron máis tempo á finalización da obra e que están a por en perigo a integridade dos elementos patrimoniais que ainda quedan na Mourela. Tampouco se informaba das contínuas fendas na estructura de gunitado na parede Norte da gabia, que tiveron que ser feitas de novo en repetidas ocasións.

A choiva tivo algo que ver, pero non son os fenómenos ambientais os que planifican as obras públicas.

Reflexión final

Certo é que nos últimos meses preocupámonos moito ou demasiado por todo o que aconteceu na Mourela e dende algún sector local criticouse a nosa inoperatividade noutros temas a nivel patrimonial que afectan aos elementos arqueolóxicos das Pontes. Mais o caso da Mourela é un caso real e actual que exemplifica perfectamente cal é o interese e a atención que se lle presta ao patrimonio, tanto dende a corporación local como dende o goberno da Xunta. Por isto, a nosa teima de defender o que ninguén defendeu, a nosa teima por esclarecer o que ninguén esclareceu e a nosa ilusión por ver algún día o que é noso, respectado.

PLATAFORMA NA DEFENSA DO PATRIMONIO DAS PONTES

PINCHA NO SEGUINTE ENLACE PARA VE-LO VIDEO:
http://www.amigus.org/mourela
--
Correo enviado pola
ASOCIACIÓN SOCIO-CULTURAL CHOIVA AZEDA
http://www.choiva-azeda.blogspot.com
____________________

Remata a Folga de Fame que viña mantendo José Álvarez en Ferrol, contra a instalación do "Escudo Estelar Europeo"

Remata a Folga de Fame que viña mantendo, o activista do Movimento Humanista, José Álvarez en Ferrol, desde o pasado 22 de maio, polo Desarme e contra a instalación do "Escudo Estelar Europeo" de mísiles.

O domingo, 8 de xuño, finalizarei ás 12 do mediodía a folga de fame que empecei o día 22 de maio, durante 17 días, coa intención de denunciar publicamente o intento U.S.A. de instalar a súa "Escudo de mísiles" en Centroeuropa, de costas á xente.

Durante estes días, en Ferrol, por contacto directo e entre amigos foise correndo a voz pola cidade da necesidade de presionar ao goberno checo cos envíos masivos de firmas desde toda Europa para lograr que non asinase esa mesma semana o acordo cos Estados Unidos. A nosa cidade sumouse así á correntada de activismo que se viviu noutras cidades europeas como Copenague, Budapest, Trieste, Milán, Roma, Zúric, Toulousse, Berlín, Málaga, etc

Grazas a toda a xente que colaborou, ata fose de Europa, como en USA, Chile, México, Australia?; grazas ás campañas con xente solidaria en folga de fame, campañas con xaxúns de 24 horas, mobilizacións de todo tipo; grazas ao aumento de adhesións e mensaxes de apoio e á recollida de firmas, logramos que o goberno checo tivese unha entrevista cos humanistas de Praga. Por suposto, o goberno pronunciou bonitas palabras e nada máis, pero aprazamos un mes a firma do tratado con EE.UU. Co tempo gañado, aquí en Ferrol actívase xa todo contacto na rúa para que reenvíe os links dos blogs informativos ás súas liñas de amigos, que á súa vez llos reenvían a outros co fin de ampliar a superficie informada e multiplicar exponencialmente as firmas.

Tras a resposta do goberno checo, os dous Jan deixan a súa folga de fame e toma a substitución a sociedade civil (políticos, artistas, intelectuais fan folgas de 24 horas na República Checa). Giorgio Schultze, portavoz do humanismo en Europa, comeza a súa folga de fame no mesmo momento en que a deixan os dous activistas checos. Hai xa indicios de núcleos de non violencia, activados entre amigos, por todos os barrios de Ferrol. O freo escéptico é substituído polo entusiasmo coa perspectiva de poder levar adiante con forza , cojuntamente, a acción solidaria.

Vese a necesidade de chegar ao Parlamento Europeo, alí Jan Tamas e Giorgio Schultze terán unha reunión o próximo día 11. Entre tanto se van gañando adhesións de organizacións varias e agrupacións políticas. Ponse en marcha unha campaña para lograr a adhesión dos deputados dos distintos países e lograr que a Unión Europea debata a temática do Escudo Estelar. Exponse a posibilidade dun encontro semanal en Ferrol entre amigos que están en simpática sintonía coa non violencia activa.

Cara ao fin da folga comézase a correr a voz de que o domingo día 22 deste mes tamén Ferrol sumarase ás manifestacións das cidades europeas que reclaman a paz cun gran encontro de confraternización entre todos os amigos que colaboraron ou queren colaborar nesta campaña europea a favor do desarmamento. O próximo día 22 en múltiples cidades do planeta participaremos da Xornada de Folga de Fame Mundial, para que se deixen de instalar tantos mísiles nucleares e teñamos en cambio máis pan, saúde e educación?

José Álvarez.
________________

Enlace co artigo orixinal

Enlace relacionado no Blog da PA21
___________

Reflexións de Fidel Castro: A política cínica do imperio [A mantenta dun discurso de Obama, candidato á Presidencia do EE.UU]

Reflexións de Fidel

A política cínica do imperio

Non sería honesto da miña parte gardar silencio despois do discurso de Obama a tarde do 23 de maio ante a Fundación Cubano-Americana, creada por Ronald Reagan. Escoiteino, como fixen co de McCain e o de Bush. Non gardo rancor cara á súa persoa, porque non foi responsable dos crimes cometidos contra Cuba e a humanidade. Se o defendese, faríalles un enorme favor aos seus adversarios. Non temo por iso criticalo e expresar con franqueza os meus puntos de vista sobre as súas palabras.

Que afirmou?

"A través da miña vida houbo inxustiza e represión en Cuba, e nunca durante a miña vida o pobo coñeceu a verdadeira liberdade, nunca na vida de dúas xeracións coñeceu o pobo de Cuba unha democracia... non vimos eleccións durante 50 anos... Nós non imos soportar estas inxustizas, xuntos imos buscar a liberdade para Cuba," exprésalles aos anexionistas e continúa: "Esa é a miña palabra. Ese é o meu compromiso. ...é hora de que o diñeiro estadounidense faga que o pobo cubano sexa menos dependente do réxime de Castro. Vou manter o embargo..."

O contido das palabras deste forte candidato á Presidencia de Estados Unidos, me exonera da necesidade de explicar o porqué desta reflexión.

O propio José Hernández, un dos directivos da Fundación Cubano-Americana ao que Obama eloxia no seu discurso, era o propietario do fusil automático de calibre 50, mirilla telescópica e raios infravermellos capturado por casualidade xunto a outras mortíferas armas, durante a súa transportación por mar cara a Venezuela, onde a Fundación proxectou asasinar ao que isto escribe nunha reunión internacional que tivo lugar en Margarita, estado venezolano de Nova Esparta.

O grupo de Pepe Hernández desexaba volver ao pacto con Clinton, a quen o clan de Mais Canosa traizoou, ofrecéndolle mediante fraude a vitoria a Bush no 2000 porque prometera asasinar a Castro, algo que todos aceptaron gustosos. Son rejuegos políticos propios do sistema decadente e contraditorio de Estados Unidos.

O discurso do candidato Obama pódese traducir nunha fórmula de fame para a nación, as remesas como esmolas, e as visitas a Cuba en propaganda para o consumismo e o modo de vida insostible que o sustenta.

Como vai enfrontar o gravísimo problema da crise alimentaria? Os grans hai que distribuílos entre os seres humanos, os animais domésticos e os peixes, que de ano en ano son cada vez máis pequenos e máis escasos nos mares sobreexplotados polos grandes arrastreiros aos que ningún organismo internacional foi capaz de frear. Non é fácil producir carne a partir do gas e o petróleo. O propio Obama sobreestima as posibilidades da tecnoloxía na loita contra o cambio climático, aínda que está máis consciente que Bush dos riscos e do escaso tempo dispoñible. Podería asesorarse con Gore, que é tamén demócrata e deixou de ser candidato, porque coñece ben o ritmo acelerado en que se incrementa o arrequecemento. O seu próximo rival político aínda que non aspirante, Bill Clinton, experto en leis extraterritoriales como a Helms-Burton e a Torricelli, pode asesoralo nun tema como o bloqueo, que prometeu erradicar e nunca cumpriu.

Como se expresou no seu discurso de Miami o que sen dúbida é, desde o punto de vista social e humano, o máis avanzado candidato á postulación presidencial en Estados Unidos? "Durante 200 anos" -dixo- "Estados Unidos deixou en claro que non imos soportar a intervención no noso hemisferio, con todo debemos ver que hai unha intervención importante, o fame, a enfermidade, a desesperación. Desde Haití ata Perú podemos facer algo mellor as cousas e debemos facelo, non podemos aceptar a globalización dos estómagos baleiros¼ " ¡Magnífica definición da globalización imperialista: a dos estómagos baleiros! Debemos agradecerllo; pero fai 200 anos Bolívar loitou pola unidade de América Latina e fai máis de 100 anos Martí deu a súa vida combatendo contra a anexión de Cuba a Estados Unidos. Onde están as diferenzas entre o que proclamou Monroe e o que dous séculos despois proclama e reivindica Obama no seu discurso?

"Teremos un enviado especial da Casa Branca, como o fixo Bill Clinton" ? expresou case ao concluír? "¼ imos ampliar o Corpo de Paz e ímoslles a pedir a máis novas que fagan que os nosos vínculos coas xentes fáganse máis fortes e quizais máis importantes. Podemos forxar o futuro, e non deixar que o futuro fórxenos a nós." É unha bela frase, porque admite a idea, ou polo menos o temor, de que a historia fai aos personaxes e non ao revés.

Os Estados Unidos de hoxe non teñen nada que ver coa declaración de principios de Filadelfia formulada polas 13 colonias que se rebelaron contra o colonialismo inglés. Hoxe constitúen un xigantesco imperio, que non pasaba naquel momento pola mente dos seus fundadores. Nada cambiou con todo para os indios e os escravos. Os primeiros foron exterminados a medida que a nación estendíase; os segundos continuaron sendo obxecto de poxas nos mercados ?homes, mulleres e nenos? durante case un século, a pesar de que "todos os homes nacen libres e iguais", como afirma a declaración. As condicións obxectivas no planeta favoreceron o desenvolvemento dese sistema.

Obama no seu discurso atribúe á Revolución Cubana un carácter antidemocrático e carente de respecto á liberdade e os dereitos humanos. É exactamente o argumento que, case sen excepción, utilizaron as administracións de Estados Unidos para xustificar os seus crimes contra a nosa patria. O bloqueo mesmo, por si só, é genocida. Non desexo que os nenos norteamericanos edúquense nesa bochornosa ética.

A revolución armada no noso país non sería talvez necesaria sen a intervención militar, a Emenda Platt e o coloniaje económico que esta trouxo á illa.

A Revolución foi produto do dominio imperial. Non se nos pode acusar de habela imposto. Os cambios verdadeiros puideron e deberon orixinarse en Estados Unidos. Os seus propios obreiros, fai máis dun século, lanzaron a demanda das oito horas, filla da produtividade do traballo.

O primeiro que os líderes da Revolución Cubana aprendemos de Martí foi crer e actuar en nome dunha organización fundada para levar a cabo unha revolución. Sempre dispuxemos de facultades previas e, unha vez institucionalizada, fomos elixidos coa participación de máis do 90 por cento dos electores, como é xa costume en Cuba, e non a ridícula participación que moitas veces, como en Estados Unidos, non chega ao 50 por cento dos electores. Ningún outro país pequeno e bloqueado como o noso sería capaz de resistir tanto tempo, a base de ambición, vaidade, engano ou abusos de autoridade, un poder como o do seu veciño. Afirmalo constitúe un insulto á intelixencia do noso heroico pobo.

Non cuestiono a aguda intelixencia de Obama, a súa capacidade polémica e o seu espírito de traballo. Domina as técnicas de comunicación e está por encima dos seus rivais na competencia electoral. Observo con simpatía á súa esposa e as súas nenas, que o acompañan e animan todos os martes; é sen dúbida un cadro humano agradable. No entanto, véxome obrigado a varias delicadas preguntas, aínda que non pretendo respostas, unicamente consignalas.

1º É correcto que o Presidente de Estados Unidos ordene o asasinato de calquera persoa no mundo, sexa cal for o pretexto?

2º É ético que o Presidente de Estados Unidos ordene torturar a outros seres humanos?

3º É o terrorismo de estado un instrumento que debe utilizar un país tan poderoso como Estados Unidos para que exista a paz no planeta?

4º É boa e honorable unha Lei de Axuste que se aplica como castigo a un só país, Cuba, para desestabilizalo, aínda que custe a vida a nenos e nais inocentes? Se é boa, por que non se aplica o dereito automático de residencia aos haitianos, dominicanos e demais países do Caribe, e faise o mesmo cos mexicanos, centroamericanos e suramericanos, que morren como moscas no muro da fronteira mexicana ou en augas do Atlántico e o Pacífico?

5º Pode Estados Unidos prescindir dos inmigrantes, que cultivan vexetais, froitas, améndoas e outras exquisiteces para os norteamericanos? Quen varrería as súas rúas, prestaría servizos domésticos e realizarían os peores e menos remunerados traballos?

6º Son xustas as redadas de indocumentados que afectan ata a nenos nacidos en Estados Unidos?

7º É moral e xustificable o roubo de cerebros e a continua extracción das mellores intelixencias científicas e intelectuais dos países pobres?

8º Vostede afirma, como recordei ao comezo desta reflexión, que o seu país advertiu fai tempo ás potencias europeas que non admitiría intervencións no hemisferio, e á vez reitera a demanda dese dereito, reclamando ao mesmo tempo o de intervir en calquera parte do mundo co apoio de centos de bases militares, forzas navais, aéreas e espaciais distribuídas no planeta. Pregúntolle, é esa a forma en que Estados Unidos expresa o seu respecto pola liberdade, a democracia e os dereitos humanos?

9º É xusto atacar sorpresiva e preventivamente sesenta ou máis escuros recunchos do mundo, como os chama Bush, sexa cal for o pretexto?

10º É honorable e cordo investir millóns de millóns de dólares no complexo militar industrial para producir armas que poden liquidar varias veces a vida na Terra?

Vostede debese coñecer, antes de xulgar ao noso país, que Cuba, cos seus programas de educación, saúde, deportes, cultura e ciencias, aplicados non só no seu propio territorio senón tamén noutros países pobres do mundo, e o sangue derramado en solidariedade con outros pobos, a pesar do bloqueo económico e financeiro e as agresións do seu poderoso país, constitúe unha proba de que pode facerse moito con moi pouco. Nin á nosa mellor aliada, a URSS, foille permitido trazar o noso destino.

Para cooperar con outros países, Estados Unidos só pode enviar profesionais vinculados á disciplina militar. Non pode facelo doutra forma, porque carece de persoal en número suficiente disposto a sacrificarse por outros e ofrecer apoio significativo a un país con dificultades, aínda que en Cuba coñecemos e cooperaron connosco excelentes médicos norteamericanos. Eles non teñen a culpa porque a sociedade non os educa masivamente nese espírito.

A cooperación do noso país nunca a subordinamos a requisitos ideolóxicos. Ofrecémoslla a Estados Unidos cando o Katrina golpeou duramente a cidade de Nova Orleans. A nosa brigada médica internacionalista leva o nome glorioso de Henry Reeve, un mozo nacido nese país que loitou e morreu pola soberanía de Cuba na primeira guerra pola nosa independencia.

A nosa Revolución pode convocar a decenas de miles de médicos e técnicos da saúde. Pode convocar de forma igualmente masiva a mestres e cidadáns dispostos a marchar a calquera recuncho do mundo, para calquera nobre propósito. Non para usurpar dereitos nin conquistar materias primas.

Na boa vontade e disposición das persoas hai infinitos recursos que non se gardan nin caben nas bóvedas dun banco. Non emanan da política cínica dun imperio.

Fidel Castro Ruz

Maio 25 de 2008

_______________

Enlace co artigo orixinal no "Granma Internacional"
__________

Acta da reunión de conformación do Grupo de Traballo: Grupo de Análise e Proposta

Proceso participativo para a reforma do Regulamento de Participación Cidadá: Acta da reunión de conformación do Grupo de Traballo: Grupo de Análise e Proposta

Mércores 28 de maio de 2008, no Salón de Plenos do Concello de Ferrol, de 20:00 a 22:00 horas.

O mércores 28 de maio, reuníronse no Salón de Plenos do Concello de Ferrol, algo máis de 60 persoas que traballarían entre as 20:00 e as 22:00 horas na definición das principais problemáticas que ten que confrontar o movemento asociativo ferrolá, e a cidadanía en xeral, de cara a unha estratexia de fomento da participación cidadá sobre a que desenvolver o Regulamento.

A reunión iniciouse cunha presentación dos obxectivos que persigue o proceso participativo de reforma do Regulamento por parte do Concelleiro de Participación Cidadá, Javier Galán Pérez. De seguido, a equipa técnica responsable do Plan de Participación da Axenda 21 Local, presentou a grandes trazos os espacios de participación e a dinámica de traballo que ía seguirse neste proceso de participación de reforma do Regulamento:

a) os obxectivos da participación dentro do proceso de reforma: a constitución de espazos de traballo desde o ámbito político e social.

b) identificación das problemáticas principais que existen hoxe de cara un fomento da participación cidadá e que convén ter en conta no proceso de elaboración do Regulamento.

De cara a identificación destas cuestións as persoas participantes estiveron traballando en grupo (conformáronse, aleatoriamente, un total de tres grupos de traballo, identificados segundo a cor das carpetas que se entregaron ao inicio da reunión) durante 45 minutos. Unha vez consensuadas as principais opinións, expuxéronse en plenario o traballo dos grupos.

Grupo 1 vermello:

* Destaca a falta de implicación das administracións no fomento das políticas participativas. A falta de apoio das Institucións, trasládase á carencia de medios, a non fomentar o sector asociativo e ao escaso recoñecemento que as asociacións como interlocutoras coa Administración Local.

* Respecto á situación do movemento asociativo, compréndese a necesidade de superar a fragmentación que caracteriza ao tecido asociativo...e ter una participación responsable. Fálase, neste sentido, de participación “proactiva” e de ter capacidade de interlocución, “ter forza suficiente para influír”. Ponse o acento na vertebración das asociacións e en gañar capacidade de interlocución, asumindo responsabilidade na promoción deste tipo de iniciativas de “democracia participativa”.

* Destacase a convocatoria da xuntanza e o inicio do proceso polo que pon o acento nunha mellora do diálogo entidades-Concello e dos seus resultados.

* Moitas das entidades asociativas tampouco destacan por ser moi participativas (desde a base ou desde as Xuntas Directivas), destacando que é moi frecuente unha toma unipersoal de decisión. Ainda así valórase a actividade do tecido asociativo de Ferrol , destacando o nivel de resposta á convocatoria que axuda a que as entidades se coñezan, propiciando unha mellor cooperación e o diálogo entre as mesmas: (...) o importante é coñecernos nós a nós memos (as asociacións)”, e identificar intereses comúns e “puntos de unión”...mesmo proponse o interese de “facer unha guia sobre todas as asociacións”, que exprese o que fan, etc.

* A continuidade e sostenibilidade deste proceso vai depender en gran medida do movemento asociativo e da constancia no traballo e seguimento ao proceso.


Grupo 2 azul:

* Valórase positivamente a convocatoria da xuntanza e o traballo desenvolto en cada un dos grupos.

* O descoñecemento que existe entre as entidades faise patente neste tipo de encontros, ao tempo que sirve para identificar colectivos e asociacións, xerar debate e comezar a tecer redes de traballo.

* Considérase a necesidade de ter en conta as decisións que se tomen desde os espazos participativos que se queren xerar (a través do Regulamento) como os xa existentes (Consellos Sectoriais, por exemplo), polo que cómpre sexan vinculantes e non consultivas.

* No que respecta á ordenación dos datos e actividades das asociacións (a través do Rexistro) cómpre se poida visualizar os datos referidos ás subvencións e axudas que reciben, procurando a máxima transparencia do proceso.

* Ao tempo, e en relación aos novos mecanismo administrativos que cómpre desenvolver de cara un mellor funcionamento do concello, e de mellora dos fluxos de comunicación e información que se inicien, proponse o deseño de protocolos administrativos. Ao tempo, e na liña de dotar ao concello de mecanismos de mellora e modernización administrativa, recoméndase a posibilidade de descentralizar o rexistro do concello ou de artellar recursos específicos de información cidadá (teléfono da cidadanía).

* Ampliar e propiciar a participación ao sectores sociais excluídos ou que menos participan.

* No que se refire ao movemento veciñal, identificouse como febleza a posible desmobilización e desmotivación do colectivo. Ligado a isto considérase preciso que as asociacións non se movan polos seus intereses políticos e que aposte por un traballo en común.


Grupo 3 amarelo:

* Valórase positivamente o proceso iniciado, ainda que se cuestiona a pertinencia de abrir o Regulamento a un documento máis ambicioso que o está en vigor, cando este non se pon en marcha. A proposta de documento coa que se vai traballar da a sensación de promover máis espazos burocráticos e pouco dinámicos.

* Respecto da vontade política que debe estar presente no proceso, enténdese que é central recoller unha postura conxunta da institución cara este proceso por canto do seu compromiso, o Regulamento terá posibilidade de aplicarse ou non.

* Igual que noutro dos grupo, identifícanse carencias no funcionamento da Administración aos que dar saída de cara unha mellor efectividade da participación e da información dirixida á cidadanía. Neste sentido faise preciso mellorar os mecanismos de comunicación e dar a coñecer como funciona a institución por dentro: procesos, tempos e responsabilidades no que atinxe aos procedementos administrativos, etc.

* No referido á situación da participación, e as inercias instaladas nas propias entidades, como na cidadanía en xeral, identifícanse as seguintes eivas:a falta de hábitos por establecer estratexias colaborativas entre as entidades, mesmo a competitividade que se pode dar entre os barrios (cando menos pode chegar a transmitirse esa imaxe), a necesidade de motivar á cidadanía a participar nas asociacións o naquelas iniciativas que se inicien, o descoñecemento para animar á xente a participar, tamén de mellora da imaxe que se traslada á xente do que son as asociacións. Ligado a este punto identifícase outra carencia, a necesidade de aproveitar o entramado que existe no concello, abrindo a colaboración, participación e coñecemento a outro tipo de colectivos que traballan no ámbito do Tercer Sector (cooperativas, ONGDS, etc).

Finalmente, á saída, cada participante cubriu unha ficha onde recoller os seus datos e, no seu caso, da entidade á que representan. Nesa ficha facían constar a súa disponibilidade por formar parte do grupo de traballo para a reforma do Regulamento

Próxima reunión da Grupo de Traballo

A próxima reunión está prevista para o xoves 12 de xuño con horario de 20:00 a 22:00 horas. A carta de convocatoria será enviada a todas as persoas interesadas, comunicándoselles o lugar de reunión, ainda por determinar.
_____________

Enlaces Relacionados:

___________________

Proceso participativo Regulamento de Participación Cidadá: Listado de persoas e entidades participantes que cubriron a ficha


Nome e Apelidos
Colectivo

Jose Ramón Jove Vidal
Sartaña

Juan Fernández Sixto
Artabra 21

Jose Manuel Varela Muiño
DYA Dentente Y Ayuda

Jose Martín Rodríguez
Fuco Buxán

Berta María Barbeito Cernadas
DYA

Serxio Perille Seoane
ADEGA Trasancos

Mercedes Inglés González
ASFEDRO

Pilar Rodríguez Venancio
AVV Caranza

Carlos Carballeira Pereiro
Fundación ADRA

Jesús Cereijo López
AVV Covas

José Fontao Pita
AVV Santa Mariña

Xosé Xesús Oca Ben
ADEGA Trasancos

José Ruzo López
Ex-alcoholicos Ferrolterra

Fátima Ferreira Golpe
AVV Valle de Esmelle

Yolanda Semsino Canosa


Maria Dorado Martínez
Grupo Minusválidos Ferrolterra

Maria Carmen Bayolo
Mulleres Santa Mariña

María García Abelenda
Persoas Xordas Ferrol

Bernardo Rego Garate
A Cultural López Bouza

José Espiñeira Rivas
AVV Serantes

Angela Sixto Filgueira
Fundación ADRA

Magdalena González Grandel
Asociación Prioriño

José Martínez Vargas
AVV San Antonio da Cabana

Jose Lage Bañobre
AVV O Cruceiro Santa Cecilia

Vitoria Fernández López
AVV Xunta Veciñal Doniños

Alberto Saavedra Fernández
AVV Ferrol Vello

Begoña Díaz Alonso
AVV Santa Uxía Mandía

Consuelo Romero Méndez
Mulleres Rurais de Doniños

Jesús Lata Fernández
AVV Rosalía de Castro A Graña

Jose Manuel Cereijo López
AVV Santa Comba de Covas

Xosé Miguel López Pérez
AVV Fontelonga

Salustiano Gómez Rodríguez
AVV o Cruceiro O Valón

Xosé Ramón Fernández Lamas
ASPANEPS

María Teresa Rúa
Cooperativa A Xoaniña

Juan Manuel Cainzos Mora
Asociación Ex-alcoholicos

Ana Beceiro Mosquera
AVV San Pablo Catabois

Arcadio Ares Arias
AVV Ultramar

Carlos Aneiros Rico
AVV Fontelonga

Azucena Muiños Cela
AVV Rosalía de Castro

Fernando Mera Grandal
Asociación Asturiana de Ferrolterra

José Polo Veiga
AVV O Lago

Manuela Castro Cebreiro
Sociedade Artística Ferrolana

Luis Taboada González
AVV Centro Ferrol

Cesar Manso
Roi Xordo
_____________

Participación Cidadá: convocatoria para o xoves día 12 de xuño de 2008

De: Participación Cidadá
-participacion@ferrol.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 9 de junho de 2008 12:22
Asunto: convocatoria para o xoves día 12 de xuño de 2008


Achégolle a convocatoria, a acta de conformación e os datos fichas.

Un saúdo

Participación Cidadá: convocatoria para o xoves día 12 de xuño de 2008

Estimada Señora, Estimado Señor:

Despois da xuntanza mantida o pasado mércores no Salón de Plenos do Concello, onde se vos trasladou ás entidades e persoas participantes o inicio do proceso de reforma do Regulamento de Participación Cidadá, convocámoslle a participar na primeira reunión do grupo de traballo que se vai celebrar o xoves 12 de na Aula magna do edificio da UNED situado na Rúa María, 52. A hora de inicio da reunión é as 20:00, tendo prevista unha duración de dúas horas.

Atendendo aos debates que se deron na reunión anterior, a xuntanza aproveitará as temáticas expostas respecto das carencias no ámbito da participación cidadá e que se deberan dar saída no Regulamento. Coa idea de aproveitar as reflexións, achegámoslle o documento coa acta da reunión e poder así retomar debates sobre os que cómpre profundizar. Ao tempo lembrámoslle que o documento co esbozo do Regulamento está a súa disposición na web do concello www.ferrol-concello.es ou, se o prefire, poder recoller unha copia na Oficina de Participación Cidadá (segundo andar na Casa do Concello).

Neste sentido, quixéramos transmitirlle que no caso de estar anotadas dúas persoas da súa entidade para asistir á reunión, e por cuestións de operatividade e representación doutros colectivos, só poderá asistir unha persoa por asociación.

Para calquera cuestión pode poñerse en contacto coa equipa de coordinación técnica do proceso (Rosa Muñiz Castro 627 570 949; rosa.munhiz@cidadania.coop) ou da Concellaría de Participación (981 944 000 ext 219; participacion@ferrol.es).

Agradecendo de antemán a súa colaboración, reciba un cordial saúdo.

Javier Galán Pérez

Concelleiro de Participación Cidadá


______________

Documentos anexos nos Arquivos Ártabros:
__________

Enlace Relacionado:

A Concellaría de Participación Cidadá quere poñer en marcha un proceso de diálogo social, para traballar a proposta de Participación Cidadá
_______________
__________________

luns, xuño 09, 2008

Luns 9 e martes 10 de Xuño, emisión en "Canal Historia" TV, o documentario: O prezo do progreso - O po diabólico

Polo seu interese, para moitos centos de traballadores da nosa Comarca afectados de asbestose que é unha doenza pulmonar de orixe profesional ou ocupacional, decorrente da inalación de poeira de amianto e caracterizada por fibrose pulmonar crónica e irreversíbel, informamos da emisión deste documentario no"Canal Historia" TV. Mais non só para as persoas afectadas por esta enfermidade, senon para á Clase Traballadora no seu conxunto que somos quen pagamos coa nosa saúde e vida, o lucro duns cantos capitalistas e políticos corruptos e sen escrúpulos, que no nome do progreso, instalan calquer tipo de industria o fan traballar con productos altamente tóxicos ou perigosos, con tal de obter diñeiro a puñados e en pouco tempo, a pesar da ameaza que pode supoñer, tanto para a humanidade como para o medio ambiente, certos productos e industrias contaminantes e perigosas.



www.Tu.tv


"O prezo do progreso: O po diabólico"

  • Luns 9 de Xuño
    22:30h
  • Martes 10 de Xuño
    06:30h , 14:30h
A miúdo, cando o mundo está inspirado por grandes visións, raramente bótase a vista atrás, as miradas só se dirixen cara adiante. Ás veces, a fe no progreso pode ser tan intensa que o mundo está disposto a calquera cousa con tal de garantir un novo salto tecnolóxico cara adiante, a pesar da ameaza que pode supor tanto para a humanidade como para o medio ambiente. Esta serie é un exame histórico de como e até que punto todos nós, como comunidade internacional, somos capaces de responder ás advertencias sobre os perigos que algunhas das innovacións tecnolóxicas representaron durante o último século. Podemos dicir que non tivemos tanto éxito.

Enlace coa web do Canal Historia
________________

Enlace cun interesante artigo, escrito por Por Patrick Herman
09.08.07

Amianto: Un crime social case perfeito

O escándalo do ar contaminado veu á tona. A invisibilidade social das vítimas do amianto tivo fin coas recentes vitorias na Xustiza e o barullo das vítimas do traballo con esa fibra mortal.

"A fábrica matou moitas decenas de persoas que só pedían para traballar para vivir e non sabían que traballaban para morrer"

"Le Monde Diplomatique"
________________________

Luns 9 xuño: Conferencia de Juan Torres López, en Ferrol

De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol -fucobuxan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 8 de junho de 2008 09:33

Asunto: Luns 9 xuño: Conferencia de Juan Torres López




TORRES LÓPEZ, "CRISIS FINANCIERA, DEMOCRACIAS RESTRINGIDAS : ¿DÓNDE NOS LLEVA LA GLOBALIZACIÓN NEOLIBERAL?", NO SALÓN DE ACTOS DO VICERREITORADO DO CAMPUS DE ESTEIRO, ORGANZA FUCOBUXAN

fuco buxán Asociación Cultural
Organiza dentro do ciclo Democracia e Compromiso

Luns, 9 de xuño, ás 20 horas Salón de Actos do Vicerreitorado Campus de Esteiro - Ferrol

Unha conferencia que leva por título: "CRISIS FINANCIERA, DEMOCRACIAS RESTRINGIDAS : ¿DÓNDE NOS LLEVA LA GLOBALIZACIÓN NEOLIBERAL?"

Presenta: MANUEL A. RODRÍGUEZ CARBALLEIRA Presidente da A.C. Fuco Buxán

Inservirá: JUAN TORRES LÓPEZ * Catedrático de Economía Aplicada, Universidad de Málaga

Colabora: Universidade de A Coruña-Campus Ferrol Entrada libre

* Juan Torres López, (Granada, 1954), Doutor en CC. Económicas e Empresariais, foi docente na Universidade de Granada e hoxe ocupa cátedra na de Málaga. Foi Secretario Gral. de Universidades e Investigación de la Junta de Andalucía. E autor de 17 libros e colaborador doutras publicacións, articulista, e investigador. Actualmente coordina o Seminario Interdisciplinar de Estudios sobre Inmigración y el Observatorio del empleo y la Exclusión Social, ambolosdous da Univ. de Málaga.

Dos seus libros, destacan: "Manual de Economia Política" (6 ediccións) "Economía de la Comunicación de masas" "Análisis económico del Derecho" "Economía del delito y de las penas" "España va bien y el mundo tampoco""La globalización neoliberal del dinero y las finanzas"
"Pensiones públicas ¿y mañana qué?", etc.

Máis información en : www.juantorreslopez.com
----------------
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

domingo, xuño 08, 2008

Reportaxe Fotográfica da Manifestación - Xuño 2008

Programa especial de Rádio FilispiM, intervençons e Manifesto

De: Rádio FilispiM 93.9FM -filispina@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 8 de junho de 2008 19:25

Asunto: Programa especial de Rádio FilispiM, intervençons e Manifesto


Aquí tedes o programa especial de Rádio FilispiM cubrindo a manifestaçom do 8 de Junho em Ferrol, as intervençons e o manifesto.

En defesa da Ria
Contra as novas ameazas de REGANOSA

Redifusión do programa:
Martes às 16:00hs.
Sábado às 11:00hs.
Domingo às 20:00hs.
no 93.9 da FM

Programa especial de Rádio FilispiM - Descargar [115MB]


Intervençons e Manifesto - Descargar [15MB]

O Comité Cidadán de Emerxencia concéntrase hoxe contra Reganosa


O Comité Cidadán de Emerxencia concéntrase hoxe contra Reganosa
A Plataforma Ártabra 21 fai un chamamento a todos os veciños e veciñas para que apoien a manifestación que parte ás 12 horas de Curuxeiras.

laopinióncoruña.es »

REDACCIÓN. FERROL. O Comité Cidadán de Emerxencia para a Defensa dá ría de Ferrol convocou para hoxe, ás 12.00 horas no peirao de Curuxeiras, unha manifestación contra a localización da planta de gas de Mugardos.

A plataforma fixo un chamamento aos veciños para que participen no acto de protesta e manifesten así o seu rexeitamento ao actual emprazamento da regasificadora. Advirten, ademais, de novas ameazas "para o ecosistema, os postos de traballo, os fogares e as vidas humanas".

A Plataforma Ártabra 21 tamén manifestou onte o seu apoio "incondicional" a todos os voluntarios que permanecen encerrados desde o pasado martes na Casa Consistorial de Ferrol para protestar contra a planta de gas e, do mesmo xeito que o Comité Cidadá de Emerxencia, fai un chamamento a todos os veciños para que apoien a manifestación de hoxe.

O colectivo oponse á ampliación da capacidade da planta, que considera unha "provocación e insulto" á cidadanía porque supón, destaca, un maior número de buques cargados de gas natural licuado (GNL) e "un gran aumento do risco que xa agora existe". A Plataforma Ártabra 21-que reclama unha política "participativa e respectuosa e defensora do medio natural"- fai fincapé, ademais, na agresión ambiental á ría que supón as instalacións de Reganosa e denuncia a "ilegalidade que representa a instalación, que incumpre as normas de distancia mínima a lugares habitados e de liberdade de manobra para os gaseros".

Enlace coa noticia orixinal en "La Opinión de A Coruña"
___________

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Manifestación desde o Porto de Ferrol
8 DE XUÑO, ÁS 12 DO MEDIODÍA


Blog solidario coa veciñanza de Meá

Descarga o PDF do Boletín nº14

http://na-defensa-da-ria-de-ferrol.blogspot.com/

____________

sábado, xuño 07, 2008

Balakandra - Ou iso parecia -

O grupo Balakandra de San Sadurniño, estrea peza dedicada á Luita Cidadá contra o despropósito da planta de gas de REGANOSA. A disfrutala !

Balakandra - Ou iso parecia -Descargar


Balakandra
Fusión / Folk / Acústica

Para escoitalos en directo, achegate este ano ao Festival do Río Castro en Narahio este 5 de Xullo de 2008.


BALAKANDRA nace en San Sadurniño a principios do ano 2004 no seo do grupo Saraibas froito das inquedanzas musicais de varios dos seus membros que trataban así de dar renda solta ós seus coñecementos de outros estilos e técnicas musicais. Co “parón” do grupo Saraibas, a idea de Balakandra comeza a tomar forza e a asentarse como grupo. Nesta primeira formación estaban Martín Sanjurjo, "Farru" Rodríguez e Juanjo Porta. No ano 2004 Balakandra presentase ó concurso “GALIZA SONS FOLK” alcanzando a final do concurso e grabando así un disco conxunto cos outros dous finalistas. Durante os anos 2005 e 2006 tocan por gran cantidade de concellos, salas e festivais de Galiza. A principos do ano 2007 Juanjo ten que abandonar o grupo, pero Martín e Farru seguen adiante con Balakandra incorporandose Manolo Dopico, o que fora guitarrista de grupos coma Leixapren e Maria Manuela. Na primavera do 2007 entra a voz de Amparo Calvo, membro de Saraibas, e no outono incorpórase "Dubi" Lamas ó baixo. Xa coa nova formación asentada Balakandra volta á carga e están a preparar un longo 2008 no que pasearán a súa música por toda Galiza coa mente posta na grabación do seu primeiro disco. A súa música: Dificil sería poñer unha etiqueta ao que nos ofrecen Balakandra, nas súas cancións mistúranse o rock co jazz, o pop co bluegrass, o blues co chachacha ou country e mesmo atísvanse algunhos ritmos balcánicos, todo isto pasado por un filtro de folk galego. Os concertos de Balakandra non deixan indeferente a ninguén atrapando ao público nesta viaxe polos sons do mundo. Balakandra son: Martín Sanjurjo: Mandolina, Guitarra Midi, Violín, Dobro e Voz, Farru Rodríguez: Batería, Percusións, Acordeón e Guitarra, Manolo Dopico: Guitarra acústica e española, Mandocelo e Voz, Amparo Calvo: Voz e Percusión, Dubi Lamas: Baixo.

Se queredes escoitar mais pezas deste grupo, neste enlace podedelas baixar e escoitar:
http://www.myspace.com/balakandra
______________

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Manifestación desde o Porto de Ferrol
8 DE XUÑO, ÁS 12 DO MEDIODÍA


Blog solidario coa veciñanza de Meá

Descarga o PDF do Boletín nº14

http://na-defensa-da-ria-de-ferrol.blogspot.com/

__________

Non podemos aguantar máis. Rádio FilsipiM, 93.9 FM, volve a rúa, este domingo tod@s co Comité de Emerxencia para a Ría de Ferrrol

De: Rádio FilispiM 93.9FM -filispina@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 6 de junho de 2008 18:25

Asunto:Non podemos aguantar máis. Rádio FilsipiM, 93.9 FM, volve a rúa, este domingo tod@s co Comité de Emerxencia para a Ría de Ferrrol


Non podemos aguantar máis. Rádio FilsipiM, 93.9 FM, volve a rúa, este domingo tod@s co Comité de Emerxencia para a Ría de Ferrrol

Radio FilispiM, 93.9 FM, volve á rúa!!

Este domingo 8 de xuño de 2008 a partir das 11:30 da mañá retransmitiremos
en directo
Manifestación en defensa da ría
Contra as ameazas de reganosa

Dende o estudio de RFM, estabeleceremos comunicación en directo coa manifestación.

Participa no programa especial,
a partir das 11:30 no 93.9 da FM,
chama desde a mani ao teléfone do noso estudio:
692 54 77 44
Rádio FilispiM



Redifusión do programa:
  • Martes às 16:00hs.
  • Sábado às 11:00hs.
  • Domingo às 20:00hs

Porque NON PODEMOS AGUANTAR MÁIS.
Escoita as cuñas radiofónicas, no seguinte enlace:
http://www.opaii.blogspot.com

Lembra!!!
_________

Resumo e Video da Rolda de Prensa celebrada no Salón de Recepcións do Concello de Ferrol o pasado venres 6 de Xuño de 2008, polo Comité Cidadán ...

De: Comité Cidadán de Emerxencia
Para: artabra21@gmail.com
Data: 7 de junho de 2008 11:58
Asunto:2ª Roda de Prensa do CCE: 6.06.08
2ª Roda de Prensa do CCE: 6.06.08




RESUMO DA RODA DE PRENSA CONVOCADA POLO CCE O 6.06.2008

Hoxe venres 6 de xuño, ás 12 horas, no Salón de Recepcións do Pazo Municipal de Ferrol, onde están pechados desde o pasado martes varios membros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, en demanda de que o Goberno Municipal asuma unha postura clara de rexeitamento a ubicación da Planta de Gas de Reganosa no interior da Ría, tivo lugar unha comparecencia do CCE ante os medios de comunicación, na que abordaron tres cuestións fundamentais:

1.- Denuncia ante a Fiscalía Anticorrupción de Madrid.

Este CCE presenta ante a Fiscalía Anticorrupción unha denuncia do que considera unha operación fraudulenta, protagonizada polo Ex -Presidente da Xunta de Galicia, Sr. Fraga, o Ex –Conselleiro de Economía, Sr. Orza e o Presidente de Reganosa, Sr. Tojeiro.

Trátase dunha estafa a todos os consumidores e á normativa de retribucións do sistema Gasístico Nacional, consistente en pagar, con fondos públicos, uns prezos exaxeradamente altos, para instalar unha Planta de Gas en terreos dun socio de Reganosa - o Sr. Tojeiro -quen se embolsa nesta operación 30 millóns de euros (case 5.000 millóns de Ptas.), que van constar como activos (inflados artificialmente) de Reganosa, a quen, con diñeiro público, o Sistema Gasístico reintegrará con altos intereses.

Esta operación fraudulenta é a que motiva a instalación da Planta nun lugar inadecuado, poñendo en perigo a toda a poboación circundante. Fronte a isto, hai que ter en conta que o Estado ofertaba, case gratuitamente, a ubicación no Porto Exterior.

A discusión non é se Galicia precisa ou non do Gas Natural, a discusión é se Galicia para ter gas debe someterse a estas graves irregularidades económicas e poñer en perigo a vida de milleiros de persoas e ao ecosistema dunha das súas mellores rías e os seus postos de traballo.

2.- Nova Sentenza do TSXG contra Reganosa.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o máis importante órgano xudicial de Galicia, acaba de dictar unha sentenza ( a terceira no mesmo senso) estimando a denuncia efectuada por varias Entidades Veciñais de Ferrol e Mugardos, na que sostén que a reforma do Plan Xeral de Ordenación Urbana realizada no Concello de Mugardos para modificar a cualificación do chan e dar cabida na súa actual ubicación á Planta de Reganosa, carece do obligatorio Estudo de Impacto Ambiental, que permitiría aos cidadáns coñecer a incidencia da modificación do planeamiento no medio ambiente e considerándose que a súa instalación nese lugar é ilegal e xa que logo, ilegal tamén a súa autorización de funcionamento.

Esta resolución do TSXG vén confirmar e avalar a posición mantida desde fai oito anos por este Comité Cidadán de Emerxencia en canto á ilegalidad da instalación de Reganosa no interior de nosa Ría.

Pon de manifesto así mesmo, as graves irregularidades en que incurrieron aqueles cargos públicos que desoyendo as advertencias e soslayando a normativa deron apoio coa súa firma a este cambio de usos.

3.- O CCE fai unha chamada á participación na Manifestación do próximo domingo 8 de Xuño, para que deste xeito a cidadanía exprese o seu rexeitamento á ubicación desta Planta de Gas no interior da Ría, e ás novas ameazas que agravan o perigo sobre o noso ecosistema, os nosos postos de traballo, os nosos fogares e as nosas vidas:

- Voadura dá canle de entrada a Ría.
- Incremento dá capacidade de regasificación e de tráfico de buques perigosos no interior de Ría.
- Transporte de gas en camións cisterna.

Para os que din que a Planta xa está construída, aseguramos que hai numerosos precedentes de casos similares nos que as Autoridades competentes tomaron as medidas oportunas para revocar a súa autorización ou trasladar a súa actividade.

Estamos a tempo de evitar unha traxedia,

EN DEFENSA DA VIDA, DA RÍA E DA LEGALIDADE DEMOCRÁTICA

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!

Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
____________

Momento quente na loita cidadá na defenda da Ría contra as agresións de REGANOSA e as súas nova ameazas

Hoxe agardase a entrada dun novo gaseiro cargado con GNL, para a ilegal e perigosa REGANOSA, vai ter que facelo en pleamar diurna por unha estreita bocana da Ría de apenas 150 m de largo navegabeis e uns 4.000 m de longo até pasar os castelos de San Felipe e A Palma. Catro remolcadores, varias lanchas de amarre, dúas de practicos e unha patrullerea da Guardia Civil do Mar, participaran na costosa e perigosa maniobra.

O Comité Cidadán de Emerxencia ten convocada unha protesta ante a entrada deste buque, como asi ven facendo perante máis dun ano, cada vez que entra un buque gaseiro, para lembrar o grande despropósito gasístico que nos impuseron o negocieiro Sr.Tojeiro, o seu grupo empresarial GADISA, os seus socios transnacionais ENDESA e UNION FENOSA, ...Caixa Galicia, ... a anterior administración Fagra-Aznar e os continuistas "progresistas" do bipartito na Xunta de Galicia. Hoxe, Sábado 7, ás 7 da Tarde hai unha nova cita [sonora e vermella] diante do Edificio Administrativo da Xunta en Ferrol, para desplazarnos en manifestación até a Praza do Concello, onde hai un peche de voluntari@s do do movimento opositor á Planta de Gas, desde o pasado martes.

O Domingo, 7 de Xuño de 2008, agardamos unha importante Manifestación en Ferrol, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e apoiada por numerosos colectivos da Comarca e outros do resto de Galiza ligados à Rede Galiza Non Se Vende que xa amosou o seu apoio á mobilización cun comunicado público e facendo un chamamento á participación.

Neste momento, a pesar da campaña propagandística de REGANOSA apoiada mediatícamente, sobre todo polo Grupo Voz, con lindezas do estilo de "El gas alumbra a la mitad de Galicia", non poden ocultar dúas novas que veñen a reforzar ao movimento opositor a REGANOSA, como són:
Non faltemos ás citas, reforcemos o movimento opositor á Planta de Gás, con renovación dos apoios de persoas e entidades sociais, culturais, veciñais, sindicais, políticos; difundir e publicitar a loita cidadán; facer e buscar contributos económicos; participar nas mobilizacións e no reforzo organizativo do Movimento Opositor, ... tod@s somos necerari@s.


Plataforma Ártabra 21

Comunicado Público

A Xunta Coordinadora da Plataforma Ártabra 21, acordou apoiar incondicionalmente a actitude do Comité Cidadán de Emerxencia, recluído no Concello de Ferrol, en protesta pola instalación da Planta de Gas de Reganosa no interior da ría ferrolá.

Ademais da agresión medioambiental á ría, do perigo para todos os seres vivos, e da ilegalidade que representa a instalación desa planta, incumprindo as normas de distancia a lugares habitados e de liberdade de manobra para os buques gaseiros, agora temos que aturar a provocación e o insulto á cidadanía que supón, a ampliación da súa capacidade regasificadora e o conseguinte aumento de entrada de buques gaseiros cargados, o que supón un grande aumento do risco que xa agora existe.

Chamamos ós membros desta Plataforma, e á cidadanía en xeral, para asistir á manifestación convocada polo Comité Cidadán para o Domingo 8 ás 12 h. desde o peirao de Ferrol.

__________

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
Manifestación desde o Porto de Ferrol
8 DE XUÑO, ÁS 12 DO MEDIODÍA

Blog solidario coa veciñanza de Meá

Descarga o PDF do Boletín nº14

http://na-defensa-da-ria-de-ferrol.blogspot.com/


________________